Page 1


Organización e maquetación : Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Deseño da portada: Miriam Rivas Fernández, Bruno González Fano, Marta Rodríguez Fernández, José Ramón Costoya Soto, baixo a supervisión do profesor José Luís González)


INDICE 1-Índice …………………………….………………….1 2- Limiar…………………………….……………… ..2 3- Olimpíada matemática ……….…………………….3 4- Navegando polos libros………….…………………5 5- Sen pelos na língua ...................................................9 6- Falando con.............................................................10 7- A volta a Roma em treinta imaxes..........................14 8- Literatura do IES Canido……………......................19 9- Os inventos sostíbeis................................................22 10- Viaje a la nieve........................................................24 11- Obsevando as estrelas............................................26 12- En memoria a Miguel Hernández...........................27 13- Entroido 2011.........................................................29 14- Ortigueira, unha clase na natureza..........................32 15- Olimpíada cultural..................................................39 16- Historia e mito........................................................42 17- Visitamos o Acuarium Finisterrae..........................44 18- O mercado medieval..............................................46 19-Somos palabra de vento..........................................48 20- Xogos populares.....................................................54 21- Beni Mellal – Ferrol.................................................55 22- Xincana polar..........................................................56 23- Ruth Matilda Anderson...........................................57 24- Poesía cooperativa..................................................61 25- Recreos literários....................................................63 26- Innovdora asignatura...............................................66 27- Axenda 21...............................................................68 28- Escola de famílias.....................................................71 29- O portugues simples...............................................76 30- Letras galegas 2011.................................................78 31- Rebumbio................................................................79 32- Despedidas..............................................................81 1


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

LIMIAR

ROMANCE DOS NAVEGANTES Navegamos, navegantes non lle temamos ao mar, lista temos a bitácora, quilla, leme e mais compás, ben que é longa a singradura noso oficio é navegar. Navegamos, navegantes, a onde o vento nos levar; e se non houbese vento, remos temos p´ra remar cos que tirarlle ao mar bravo lindas suligras de sal. Navegamos, navegantes, rema que te remarás, até que as mans se endurezan coma ramos de coral, até que o ronsel escriba palabras de vendaval. Navegamos, navegantes, se te cansas de remar levanta os remos ben alto, mais non cíes para atrás p'ra que no colo da brétema non perdamos a Polar. Navegamos, navegantes, singradura de metal, baixo do ceo a velame, no convés un alalá, baixo o convés as sentinas, baixo as sentinas... o mar

2


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

XIII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO 2010-2011 Resolver un problema é atopar un camiño alí onde non se coñecía previamente camiño algún, atopar a forma de saír dunha dificultade, atopar o xeito de sortear un atranco, acadar o fin desexado, que non é acadable de forma inmediata, utilizando os medios adecuados. G. Polya en Krulik e Reys, 1980,

Organiza:da pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática, celebrouse na súa fase de zona o venres 8 de abril de 2011 no IES Sofía Casanova, coa participación de varios institutos e colexios privados da zona norte da provincia da Coruña. Asistiron seis alumnos deste centro: • Aguiar Armada, Diego • Cebreiro Rodríguez, Noelia • Fernández Randulfe,Marcos

• • •

Ferro Alvarez, Francisco Troitiño Ruíz, David Sánchez Brage, Noelia

Deberon de resolver cinco problemas [os mesmos en todas as zonas] propostos pola organización. Podedes intentalo

3


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

As respostas podédelas atopar na web; http://www.olimpiadagalega.org/ , pero dende o departamento de matemáticas vos aconsellamos intentedes resolvelo antes de miralas. A fase final da XIII Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO terá lugar o venres 20 de maio nas instalacións do IES Manuel Antonio e do Centro Residencial Docente de Vigo, para a que foi clasificado en primeiro da zona de Ferrol Marcos Fernandez Randulfe de 2º ESO A; polo que van os nosos parabéns e desexamos teña moita sorte na fase final Tamén debemos sinalar a posición de suplente de Diego Aguiar Armada tamén de 2º ESO A que ó por un chisco no irá a Vigo.

4


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

NAVEGANDO POLOS LIBROS Pensamos que os libros son barcos que nos levan ao coñecemento, e o coñecemento lévanos á cultura, e a cultura a sermos persoas. Por iso deseñamos barcos e escribimos unhas frases que indican o noso pensamento sobre a lectura.

-Este barco ten mil libros, cada libro ten mil páxinas, cada páxina mil letras. Se o sumamos todo, dános a literatura. (Tomás Manso Fraga, 1º ESO-A)

-Os libros son marabillosos porque te levan a outra dimensión. (Daniel Fernández Fortuna, 1º ESO-A)

-Un libro é un océano cheo de letras, un libro é unha galaxia chea de palabras, un libro é un mundo infinito. (Carla Díaz Toimil, 1º ESO-A)

-Ler fomenta a nosa intelixencia e a nosa cultura. (Sarai Lourido Abelleira, 1º ESO-A)

5


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

-A imaxinación crea os libros e os libros crean a imaxinación. (Erik Martínez Sixto, 1º ESO-A)

-Cando les un libro e non escoitas, non poderás escoitar a historia que garda. (Vera Marisa Ribeiro Gonçalves, 1º ESO-A)

-Un libro é un barco que te leva polo mar da literatura. (Tomás Manso Fraga, 1º ESO-A)

-Os libros son como o mar, vese o principio pero non o final. (Sonia Guerrero Martínez, 1º ESO-A)

-Ler é como entrar no paraíso. (Raúl Albela Carnero, 1º ESO-A) -Cando comezas a ler un libro xa non podes parar porque estás metido dentro del. (Claudia Cortizo Barro, 1º ESO-A)

-Ler un libro é como entrar nun mundo novo, nunca sabes co que te podes atopar. (Adrián Laíño Mosconi, 1º ESO-A)

-Os libros son amigos que te ensinan unha gran lección. (Marta Ramallo Sánchez, 1º ESO-A)

-Se te mergullas nun libro de aventuras, coa túa imaxinación, pódelas facer túas. (Muriel Muiños Rivera, 1º ESO-A)

6


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

-Que vivan os libros, que viva a literatura. (Tomás Manso Fraga, 1º ESO-A)

-Non mires só cos ollos. Non fales só coa boca. Non escoites só coas orellas. E déixate levar polo soño dos libros. (Sabela Rodríguez, 1º ESO-B) -Ler é soñar, se les navegarás a un mundo de aventuras e sabedoría. (Irene Pérez, 1º ESO-B)

-Cando o libro trata de axitadas aventuras e asegura a túa perda na súa xungla de letras. Agárrate ao seu gran mastro para manterte a flote na proa das súas historias. (Ángela Placer, 1º ESO-B)

-O libro é un mar de palabras no que navegas para atopar o mundo da imaxinación. (Juan Muíños, 1º ESO-B)

-Nas librerías hai libros feitos especialmente para ti. (Dylan Alonso, 1º ESO-B)

-Ningún científico pode inventar algo máis fermoso que ler e soñar. (Daniel Solloso, 1º ESO-B)

-A lectura ábrenos o horizonte para imaxinar. Os libros fan que te atrevas a imaxinar. (Francisco Ramos, 1º ESO-B)

7


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

-Ler é como o Universo… infinito e cheo de posibilidades. (Cristina Vázquez, 1º ESO-B)

-Unha lingua morta podería salvar miles de vidas e millóns de libros sairían a flote. (Santiago Calvo, 1º ESO-B)

-Cando dormes introdúceste nun mundo marabilloso. (Jenifer López, 1º ESO-B)

-Sube a bordo e viaxa por un mar de historias. (Anónimo, 1ºE.S.O.B)

-Un libro é un barquiño que flota sobre o mar e fai ondas moi especiais. (Jorge Souto, 1º ESO-B)

-Se un mundo de cores, soños e amor queres descubrir… un bo libro terás que abrir. “Toda la vida es sueño y los sueños sueños son” [Calderón de la Barca]. (Gala Dacosta, 1º ESO-B)

-Tempos atrás a biblioteca de Alexandría foi a máis fermosa; cos seus pergamiños escritos polos mellores e máis famosos escritores desa época. Por que estragariamos tal beleza? (Rubén Fernández, 1º ESO-B)

(Recompilación feita por Tomás Manso, de 1º ESO-A)

.

8


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Reflexións dos alumnos de 4º ESO “Sen pelos na lingua”

Vendo esta obra de teatro, doume conta de que realmente son moi absurdos os pensamentos actuais de que o galego é un idioma de pailáns. Os cataláns falan o seu idioma e non sinten vergoña. Pep Guardiola fai unha rolda de prensa e non se avergoña de falar castelán a nivel internacional Iván Varela

O propósito desta obra é que o público se ría co galego e que se dean conta de que non nos podemos despreocupar del porque, a este paso, acabará perdéndose. Manuel Cambeiro

Unha lingua por si mesma non é menos ou máis importante ca outra; unhas teñen maior ou menor utilidade internacional, como é o caso do inglés, pero non por iso é máis importante. Carmela Rego Esta obra de teatro ensinoume que, non por falar galego es diferente, e que o galego, ao igual que as demais linguas, serve para todo. Eloy Pita Debería de haber moitas máis obras de teatro como esta (en galego) porque é unha magnífica forma de traballar a prol da lingua. Jose Naveiras

Recoméndolle á xente que vexa esta obra porque o pasarán moi ben e se darán de conta do importante que é a nosa lingua. Pamela Madrigal

Hai momentos na obra nos que se critica o rexeitamento dalgunha xente cara ao galego. Eu creo que é un idioma igual que outros, e, para min é como se falara o meu; e síntome orgulloso de aprendelo. Ayoub Touaf 9


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Nós non eliximos onde nacemos nin a lingua que falamos, pero depende de onde sexamos, temos uns costumes e lingua diferente dos demais e deberiamos de estar orgullosos diso. Elsa Díaz. A imposición do galego pode xerar rexeitamento aínda que é unha cousa incomprensíbel xa que o castelán é un idioma imposto e ninguén o rexeita da mesma forma que se rexeita o galego. Irene Martínez.

É unha obra que vale a pena ver, adicada a calquera tipo de xente, con finalidade ou ben lúdica ou ben didáctica para reflexionar. Pero iso si, reflexionar en galego. Irene Gräf

A obra trata, dunha maneira cómica, os problemas da lingua galega; respecto a isto, cómpre dicir que hai unha serie de movementos en contra dela, e, realmente isto é vergonzoso porque temos a sorte de ter unha lingua propia e non facemos máis que desprestixiala. Román Verdeal

Por que nós mesmos, os galegos, desprezamos a nosa lingua? Nunca me parara a pensalo, pero esta obra amosoume situacións que vemos cada día e sentín verdadeira vergonza; a obra deixa claro que non é por unha cuestión política ou cultural, senón da nosa cabeciña, duns prexuízos e un complexo de inferioridade que non podemos quitar nin a paus. A min abriume os ollos. Jose Costoya.

FALANDO CON... ROSA ANEIROS Falamos dunha das voces femininas máis destacadas e premiadas da nova promoción de narradores galegos. Rosa Aneiros Díaz naceu en Taraza (Valdoviño) en 1976, e, en 1998 licenciouse en Ciencias da Comunicación na Universidade de Compostela. Actualmente colabora como xornalista dixital no portal do Consello da Cultura Galega, ademais da docencia que imparte na Facultade de Humanidades da USC, en Lugo.

10


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Rosa Aneiros veu ao IES Canido para presentarnos o seu libro “Ás de bolboreta” aos alumnos de 4º ESO. Nesta charla explicounos en que elementos se baseaba para artellar as súas historias e por que os personaxes desta novela son de diversas culturas e países. No medio de anécdotas que ía intercalando ao longo da súa charla, explicounos o duro traballo dun escritor, as horas que se teñen que pasar diante dun folio en branco ou con só dúas liñas escritas; pero todo ese traballo, dixo finalmente, compensa cando xa se edita e o público o le, comentando opinións que ás veces coinciden coas delas e outras non. Foi unha charla amena e educativa. Contestounos amablemente todas as preguntas que lle formulamos e deunos ánimos para que escribísemos as nosas historias porque, se temos esa inquietude, temos que levala a cabo. Andrea Romero Lago 4º ESO B

ALICIA BORRÁS O día 30 de marzo, o alumnado de 1º e 2º da ESO, recibimos a visita de Alicia Borrás, a autora de Nata y Chocolate, un dos libros que lemos na materia de lingua castelá. Logo da súa intervención, fixémoslle a seguinte entrevista. Como se lle ocorreu desenrolar a historia? A que se refire co morcego que sente Sonia na barriga? Esta historia de Nata y Chocolate, naceu polo simple pracer de escribir, sen premeditación ningunha. Foi xurdindo pouco a pouco, pensando en vós e nas cousas que vos poden suceder. O morcego que Sonia sente na súa barriga ten un nome: medo. Pareceume unha maneira moi sinxela de representalo. Cando un sente alegría, parece que unha bolboreta axita as súas ás dentro de nós ata chegar ao corazón. Pensei que un morcego, pola contra, poderíanos producir angustia ou arrepíos. Por iso referinme ao medo dese xeito.

11


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Cre que pode haber moitos casos de alumnos ou alumnas que sufran exclusións similares por parte dos seus compañeiros? Eu penso que, senón moitos, si existen algúns , só por iso paga a pena reflexionar sobre eles. Baseouse nalgún feito real para escribir a historia?Cando alguén escribe un libro, de seguro que hai moitos feitos reais que lle dan forma, e tamén de seguro que existen unha dose de fantasía importante. Observar todo o que pasa arredor dun, fai moito máis fácil o oficio de escribir. Ten algún autor ou autora que sexa fonte de inspiración para as súas historias? Aínda que non o recorde, claro que os haberá. Os libros que un le, forman parte da nosa vida para sempre… Aínda así, sempre digo que a miña principal fonte de inspiración sodes vós. Creo moitísimo en todo o que me ides contando día a día. Ten algunha web o blog que poidamos visitar para saber algo máis das súas novelas ou a súa forma de escribir. Non teño. Pero hei de ter, prométovolo, de todos os xeitos podedes estar en contacto comigo todo o que queirades. Que libros e películas lle gustan? Hai tantos!…. e tantas películas, gústame moito o cine español e o arxentino, gústanme sobre todo as películas que me fan saír do cine cun sorriso, aínda que sexan moi tristes ou duras. Como comezou a súa carreira de escritora? Escribindo. Dende nena o fago, e aínda non perdín o gusto, máis ben podería dicir que cos anos vai medrando moito máis. Agora faime moi feliz saber que vós estades aí lendo algo que eu vos conto. Grazas por iso. Graciñas, pola nosa parte, por axudarnos a reflexionar sobre a convivencia de todos nos institutos e colexios. Esperamos vela de novo en próximos cursos no noso centro. Apertas e moitos bicos de todos nós, especialmente dos colaboradores do Club de Lectura “Os Morcegos 2010”. Este libro recomendámosllo a todos os alumnos e as alumnas do noso instituto, pais, nais e demais integrantes da comunidade educativa, porque o alumnado de 1º e 2º da ESO deste curso 2010-2011 podemos dicir que nos enganchou a historia, que nos

12


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

mobilizou e debatemos sobre os pequenos detalles do acoso escolar. É moi rápido de ler, en dúas horas xa o tedes rematado. Recomendámosvos lelo este verán senón o fixéchedes aínda. O prezo é menor de oito euros. Gala Dacosta, 1 ESO-A en nome do Club de Lectura Os Morcegos 2010, do IES Canido

RESEÑAS DE NATA Y CHOCOLATE 1 O libro “Nata y chocolate” recolle elementos fundamentais que nos indican o que está sucedendo no caso de Sonia: o acoso escolar. A idea que eu mesma podo obter, unha idea ben clara do da historia, que Sonia, como non tiña por que aturar aquela situación, descubría outro mundo para escapar do real, utilizou a lectura, e coñeceu persoas singulares como a profesora substituta para dese xeito coñecer a Chocolate, o fillo adoptado da profesora Inés, que será o seu novo e mellor amigo. A lectura e a sensibilidade das persoas son as que fan triunfar a Nata, a Sonia. Son armas para loitar contra as desigualdades. Todas nós e todos os nenos criticamos o acoso recibido por Sonia. Eso mesmo temos que saber aplicalo na nosa realidade do instituto e da nosa sociedade. Gala Dacosta Diehl -1º ESO-B

2 O libro fainos ver que no mundo pode haber moitos casos coma o de “Nata”. Sonia síntese soa e triste, ninguén se parece enterar do seu caso ata que chega Inés, a súa nova profesora, que fai que Sonia se sinta segura de si mesma. A autoestima, a confianza nunha mesma, é moi importante. Temos que loitar por nós mesmas e por conseguir que cada un de nós sexa diferente e igual que os demais. Blanca Nuñez Yáñez -1º ESO-B

3

Nata y chocolate, é un libro que todo o mundo pode ler facilmente en dúas horas; é un texto moi claro que fai pensar á xente, a todos nós como adolescentes dos moitos casos de acoso escolar que pode haber nas escolas de todo o mundo, e como é tan fácil caer no acoso case sen darnos conta. O peor é que non teñamos capacidade de recoñer o acoso e quedarnos inactivos ante esa agresión constante. Laura Rodriguez Pereira – 1º ESO-B

13


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

A VOLTA A ROMA EN 30 IMAXES

14


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

15


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

16


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

17


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

18


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

OLIMPÍADA CULTURAL As olimpíadas culturais son un proxecto que se iniciou este curso no noso instituto, pero que xa se leva practicando hai anos en diferentes centros escolares de Galicia, co fin de que os alumnos aprenderan un pouco máis de cultura. As olimpíadas culturais consisten en diferentes preguntas, sobre distintas materias e coñecementos en xeral, que se expoñen aos diferentes alumnos do centro para que desta forma podan resolvelas e conseguir o máximo puntos posibles para o seu equipo. Para que isto sexa posible, un grupo de tres alumnos de calquera clase do centro deberán forman un equipo ao cal lle poñerán un nome. Despois disto deberán entregar un formulario cos datos do grupo e o nome de cada unha das persoas que o compoñen. Tras haber entregado o formulario, os supervisores das olimpíadas culturais (profesores do centro) deberán crear unha lista con cada un dos nomes dos equipos e unha táboa para anotar os puntos que vaian obtendo. Cando isto se remate, poderase dar comezo ás olimpíadas. Cada día de clase expóñense as preguntas nun taboleiro, ou varios, nos cales os membros dos diferentes equipos poderán resolver e responder ás preguntas que se fan. Hai distintos tipos de preguntas:

1. Pregunta diaria Cada día no taboleiro da olimpíada ponse unha pregunta distinta. Se a resposta é correcta, o marcador increméntase nun punto, se é incorrecta non sumaba. A forma de respostar as preguntas é igual en todas as probas: cúbrese un papel onde figuran as respostas, o nome do grupo, as sinaturas dos seus membros e mais a data. Para respondelas temos á nosa disposición todos os medios de documentación da biblioteca (computadores, enciclopedias etc.).

39


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

2. Pista a pista Como o seu nome indica, esta proba trata de resolver unha incógnita mediante pistas. Cada semana a incógnita renóvase. Cada día dáse unha pista diferente á do día anterior, quedando un total de cinco pistas por semana. Só se pode responder unha vez á semana. Se a resposta é correcta cunha pista, obtéñense cinco puntos, se é correcta con dúas pistas, catro ppuntos, e así sucesivamente. De ser incorrecta, non suma.

3. O preguntón O Preguntón consiste nunha cuestión de elevada dificultade e de moitísima importancia, pois é a pregunta máis puntuada da Olimpíada, cun valor de 5 puntos, que pode distanciar uns grupos doutros.

4. O reto O reto recibe ese nome porque ao contestar, apóstanse de 1 a 3 puntos, que poden sumarse ou restarse aos puntos totais do grupo. A semana que se dá para contestar non é esaxerada, pois é a pregunta máis complicada da Olimpíada. A diferencia da Pregunta Diaria e o Pista a Pista, que se contestan o día que se publican as preguntas, o Preguntón e mais o Reto publícanse un día e dáse unha marxe dunha semana para contestar. Diariamente anótanse os puntos de cada equipo referente ás preguntas que acerten ou non, desta forma ata que chegue ao final. Ao final, anotados os puntos de cada equipo, quen teña máis puntos gañará as olimpíadas.

40


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Este curso apuntáronse 23 equipos, 18 do primeiro ciclo da ESO, e 5 de 3º e 4º; pero cinco equipos non entraron ao final no xogo, polo que os equipos participantes foron 18 en total, o que supón un total de 54 alumnas e alumnos participantes. O concurso durou tres semanas e o equipo gañador foi o Madidas, con 29 puntos; seguido do Myron and brothers, con 27 puntos, e Caciques e Olimpic de Canido, con 26 puntos. Nun principio non había en xogo ningún premio en concreto, se non o premio coma é a cultura que gañas ao responder a cada pregunta das olimpíadas. Con todo e con isto, os gañadores da olimpíada cultural deste ano premiáronse co carimbo dun ex libris, deseñado polo pintor Leandro. Na nosa opinión, as olimpíadas culturais, serviron para que moito alumnado dos diferentes cursos despertaran un pouco máis a curiosidade por saber, puideran aprender un pouco máis sobre temas curiosos e desta forma aumentar os nosos coñecementos para ben da nosa cultura. Diego Aguiar Armada, Marcos Fernández Randulfe, David Troitiño Ruiz, Equipo Madidas, gañadores da I Olimpíada Cultural do IES Canido

41


Revista Navegantes Nº 14

HISTORIA E MITO

IES CANIDO

por Claudia Pena López 1ºBAC

Poderíase considerar a Herodoto o primeíro dos historiadores desde a óptica que posuímos a día de hoxe sobre o termo. Viviu no século V a.C. e foi un gran viaxeiro ao que lle gustaba contrastar os datos do que vivira no transcurso das súas experiencias e que expresou o seu desexo de dar a coñecer a historia da súa patria, non deixando que esta morrese no tempo. Para tal feito, deixounos en herdanza a súa importantísima obra que leva o seu mesmo nome e narra en nove libros a historia de Grecia, tratando moi polo miúdo temas como a situación da muller na época, a forma de vida dos gregos ou as Guerras Médicas, enfrontamento no que Herodoto defende a figura grega por representar para el liberdade e xustiza. Cada un deses nove libros va¡ adicado a unha das musas gregas: Clío, Euterpe, Talía, Melpómene, Terpsícore, Erato, Polimnia, Urania e Calíope; consideradas ínspiradoras da arte, da música, da poesía e das ciencias. A mitoloxía grecolatina deixounos noción de múltiples relatos de beleza sublime que aínda a día de hoxe espertan emocións de todo tipo naqueles que son testemuñas das mesmas. Deuses e heroes eran os principais protagonistas dos mitos e lendas clásicos que en ocasións servían ao pobo como explicación daqueles acontecementos ós que non eran quen de lles atopar explicación. Da mitoloxía extraemos romances marabillosos que dan orixe a novos mitos e seres fantásticos. Un bo exemplo serían os amores de Terpsícore (musa da danza) e Aqueloo dos que naceron as sereas. Filla de Zeus e Mnemosine, ao igual que as outras oito musas, Terpsícore, a quen se adica un dos devanditos libros constituíntes do Herodoto é representada coma unha rapaza estilizada e xovíal que luce unha coroa de flores e que na man leva unha lira que emite fermosos sons.

42


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Ao namorar do deus río Aqueloo, trouxo ao mundo ás sereas, posuidoras dunha voz causante de feitizos. As sereas gregas (nomeadas pro vez primeira na célebre Odisea de Homero) eran seres metade ave e metade muller na súa orixe mais en relatos posteriores pasaron a ser unha mestura perfecta entre muller e peixe. Segundo contan algunhas lendas, as sereas ousaron rivalizar coas propias musas quenes, ao saír vencedoras lles arrincaron as súas plumas provocándolles tal vergoña que marcharon ás costas de Sicilia, onde exerceron un forte poder de atracción sobre os mariñeiros facéndoos náufragos ao provocariles a distracción causante do choque dos navíos nas afiadas costas mediterráneas. Os "Cantos de serea" resultaban atraentes a todo home que os escoitase e tiñan a forza suficiente para orixinárilelo comezo da perdición . 0 mesmísimo Odiseo puido padecer os seus meigallos de non ser precavido por Circe, e coma el moitos outros personaxes, socorridos na actualidade para protagonizar historias para nenos e non tan nenos. 0 mundo no que vivimos está claramente influenciado polos nosos devanceiros, país da civilización moderna e instauradores da base de todo canto se atopa ao noso redor. Moito máis alá do que podamos chegar a imaxinar e observar cun simple ollar atoparémonos guiños constantes ao marabilloso mundo clásico, sede indiscutible de xeraciéns que seguirán a progresar permanentemente en torno ao que eles foron no seu tempo.

43


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

VISITAMOS O AQUARIUM FINISTERRAE Unha actividade moi intensa foi o día que o alumnado de 2º da ESO fomos aos museos científicos da Coruña: a Casa das Ciencias -con sesión de planetario-, o Aquarium Finisterrae e mais a Domus. En cada unha destes espazos andamos, observamos, tomamos notas, abraiámonos, descubrimos, aprendemos, estudamos, tiramos fotos, divertímonos... De cada unha das visitas fixemos un traballo didáctico. E como sempre se aprende algo, velaquí un test para comprobar o nivel de coñecementos sobre o noso mar con fotos do acuario que visitamos.

2. Que a) está b) está c) está

1. Este raro becho é un: a) un matalote (peixe) b) un cachalote (mamífero) c) un axolote (anfibio)

é o que fai esta estrelamar? bailando correndo de palique cos lorchos

4. Que vén sendo isto da fotografía? a) a dentadura dunha orca b) unha escultura moderna c) unha cuncha de tridacna xigante

3. Quen toma notas con tanto empeño? a) o capitán Nemo b) o señor Kevin Rodeiro c) un empregado da limpeza

44


vista Navegantes Nº 14

5. Que a) unha b) unha c) unha

IES CANIDO

6. Onde están estas alumnas? a) na ponte de Pontedume b) no Aquarium Finisterrae c) non están

é o que se ve na fotografía? roca moca foca

7. Cantas gaivotas se ven aquí? a) dúas gaivotas b) catro gaivotas c) non son gaivotas, son gaivotos

8. Que fai José Manuel nesta foto? a) un encrucillado b) toma datos sobre o polbo c) escribe unha poesía

10. Que se ve aquí a) pedriñas b) non se ve nada c) un peixe mimético

9. Que representa a fotografía? a) un círculo con algo dentro b) é unha petaca de melgacho c) é un ovo de galo

Daremos as solucións o ano que vén, se nos lembramos.

45


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

46


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

47


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

SOMOS PALABRA DE VENTO Este artigo correspóndese a unha actividade de sensibilización e respecto pola atmosfera, polo planeta, pola vida. O noso alento é vento e somos vento porque temos vida. Falamos do ar, do vento dende nós, dende o noso propio nome. É un dos traballos de 2º da ESO, pertencentes ao noso programa da Axenda 21 Escolar de Galicia. Cada persoa escribiu un acróstico co seu nome, expresando nel palabras de vento. Cada persoa, tamén, tirou a fotografía que acompaña a cada poema. Como fungas, papaventos, Lanzándote cara ao vento! Arrastrado polo ar Unha senda vas formar Dende Arousa ata Ortigueira Irás sempre pola beira Ata deitarte no mar. Claudia Gallego Sixto 2º ESO-A

Antonte sentín unha brisa, Non era unha calquera. Tiven desexo por collela. Ole a súa esencia de primavera. Non era máis ca unha brisa de vento. Intentei buscala mais non fixen nada. Os meus sentimentos fóronse co vento. Antonio Leira Rodríguez 2º ESO-A

Dende o avión Imaxina o tempo En silencio Gozando con paixón Ondas do vento. Diego Aguiar Armada º ESO-A

48


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Mágoa é o que sinto cando nos meus Adentros penso nas vidas que Roubamos aos demais seres da Terra. Todas as nosas derrotas. Interiormente me lamento do Noso futuro incerto. Martín Bouza Leira 2º ESO, A

Xoga o vento coa paisaxe Un conxunto de areas e tempo Revólvense areas co vento, e Xogan vento e areas, co tempo... O fin é divertirse e cambiar o mundo. Xurxo Pena Espeso 2º ESO-A

Vento que ves e que vas E fas mover o muíño Nos que apertas as aspas, Tamén axudas a respirar o lume, O lume que me ilumina.

José Zar Varela 2º ESO-A

49


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Sopra vento amigo, A mañá esperta contigo. Bule meu amigo, É cedo para voar Lembra sempre o que che digo A mañá agárdate, amigo. Sabela López López 2º ESO-A

Xa se escoita o son do vento. Unha árbore que chora bágoas de follas Ramas que veñen, pólas que van, Xa se escoita o son do vento. O son do vento empeza a falar. Xurxo Avendaño Pérez 2º ESO-A

Malia o poder do lume, Ar xoga con el. Reducir a chama a fume Coma se nunca houbera ren. O poder, pois, non é costume: Sempre se esfuma algunha vez. Marcos Fernández Randulfe 2º ESO-A

50


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Sempre danzando por alí Ía o vento de país a país, Marchando a toda velocidade. O vento é imprescindible Non se pode ver, por iso é invisible. Simón Álvarez Daví 2º ESO-B

Árbore en movemento Nun prado deserto De rúas Rúas e rúas, E a fráxil Árbore continúa seguindo o vento. Andrea Velo López 2º ESO-B

Boneca que sopra, Esporas a voar. Lévaas o vento Entón ata outro lugar, Nacen novas plantas p'ra soprar. Belén Hermida Bueno 2º ESO-B

51


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Débiles follas, Ar que sopra. Voan as follas co Intenso ar, Desexoso do mar. David Troitiño Ruíz 2º ESO-B

Inmersa estou Nun océano de vento, Esperando a que o Sol, por fin, apareza. Inés Santiago Morón 2º ESO-A

Mireiche os ollos mentres sucabas o ceo Ante min a forza dunha ave Rexa Temerosa Á espera do seu futuro incerto. Marta García Martínez 2º ESO-A

52


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Mirando as nubes, Andando nun camiño sen fin Nin corpo nin mente, Ulindo a fragancia das flores, Enchéndome de aire. Logo gozando da brisa. Xosé Manuel Reina Romero 2º ESO-B

Mesmo se puideras, Aire, pecharte nun globo Roularías polo ceo e Irías lixeiro e calmoso Nun globo avermellado, Aire preso e pechado. Marina González Estévez 2º ESO-B

Nas árbores Óese unha brisa, E móvense bailando ao compás Lento da chuvia que os molla Indo dun lado a outro Ata que a música remata. Noelia Cebreiro Rodríguez 2º ESO-B

...porque somos vento, somos palabra de vento.

53


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

XORNADA DE XOGOS POPULARES Gracias á colaboración de Vicedirección, Dpto. De Educación Física e de todo o alumnado, celebrouse unha experiencia lúdica relacionada cos xogos de toda a vida, como a chave, a rá, as lombas,os peóns, etc... Foi unha xornada na que todos desfrutamos e compartimos xogos que algúns xa tiñan olvidados, outros nunca practicarán e algúns que seguramente lle tiñan escoitado aos seus pais ou avós. A nosa intención foi en primeiro lugar que o pasarades ben pero tamén faceros reflexionar sobre a diversidade de posibilidades que tendes para empregar o voso tempo de lecer, en moitos casos so con un pouco de ganas, un pouco de imaxinación e o material axeitado, temos os ingredientes necesarios para facer á nosa vida mais agradable e, por suposto, mais saudable. Lembrade que houbo un tempo en que non existían as consolas, nin a televisión, nin os móbiles, nin ningún trebello moderno deses que enchen as nosas vidas. E que facían os nosos maiores non hai tanto tempo?, pois xogar na rúa, cando non circulaban vehículos, ou pasaba un moi de vez en cando, cantando ou bailando nas festas ou xogando aos mesmos xogos que vos mesmos probachedes nesta xornada. Recuperade os xogos populares, saíde á rúa e non vos arrepentiredes¡¡¡. O curso que ven repetiremos a experiencia cos mesmos xogos e engadindo outros novos,e lembrade que estamos á vosa disposición para facelo mais a miudo, pola nosa parte propoñemos unha liga estable de chave ao longo do curso que ven ou unha olimpiada de xogos populares, agardamos propostas¡¡¡. Gracias a todos, pequenos e grandes, profesorado e alumnado, por participar e sobre todo por pasalo ben.

54


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

BENI MELLAL- FERROL

1.813 Km

No outono de 2007 saín da miña cidade (Beni Mellal, no Atlas Marroquí) cara a Tánger onde estiven un mes esperando o momento oportuno para colarme nun camión. Cheguei a España e, a pesar de ter familia aquí, non fun ao seu encontro, quixen buscarme a vida eu só. Dirixinme cara a Castela-A Mancha, a un pobo pequeno onde coñecín a un vendedor ao que acompañei polos mercadillos da zona durante aproximadamente sete meses, co cal vivín durante este tempo. Despois vin que non ía ter futuro, nin papeis e decidín viaxar nun bus desde Madrid cara a Ferrol porque moitos amigos me informaban de que se estaba ben alí. Unha vez en Ferrol dirixinme á policía buscando un fogar . A policía levoume a un centro de menores, onde unha das súas primeiras actuacións foi escolarizarme no I.E.S. Canido no cal vou polo terceiro curso, tendo uns resultados ata o momento bos en 4º da ESO . Emigrei do meu país deixando atrás á miña familia ,os meus estudos e grandes amizades para conseguir un futuro mellor para min e para a miña familia. Ao principio foi duro, sobre todo pola diferenza de idioma e da cultura moi diferente á miña. Supereino aos poucos, cunha gran axuda dalgúns/has educadores/as, dalgúns/has profesores/as e amigos/as, incluso adultos alleos as institucións,... Cada día voume integrando nesta sociedade. Despois de tres anos, xa en 4º da ESO, pretendo acabar a ESO e logo formarme para ter un traballo. Nun futuro próximo imaxínome sendo un home, tendo un traballo e cunha vida social, con amigos e máis tarde cunha familia. Gustaríame axudar economicamente á miña familia en Marrocos, e visitalos nas vacacións.

55


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

XINCANA POLAR Se ben nun principio ninguén da miña clase decidiu vir apuntarse comigo e, debido a isto, non vía a actividade moi prometedora, o certo é que resultou ser sorprendente. Na charla aprendín historia polar dun modo áxil e nada aburrido. Pode ser que o relator non fora un gran orador, pero condensábao coa paixón que se vía nos seus ollos e na súa maneira de falar. Semellaba verdadeiramente emocionado, conseguindo transmitirnos a súa afección polas aventuras árticas e á vez concienciándonos da importancia do respecto e coherencia co medio ambiente, coa fin de conservar a biodiversidade que, sobre todo nestas zonas, se ve moi afectada. Ademais a música resultou acertada e as fotomontaxes estaban moi ben realizadas. Em definitiva, moito máis produtiva do que eu imaxinaba. En canto á acampada na Praza de España tamén valeu a pena, exceptuando o non durmir nada. Coñecín rapaces novos, fíxenme amigo de coñecidos e aprendín a montar unha tenda de campaña nun tempo recor (tamén a desmontala). Con todo, o mellor resultou ser o chocolate con churros matutino que foi o único capaz de espabilarmen logo de tantas horas velando. Segundo o meu parecer, as probas non estaban moi ben niveladas tendo en conta a separación entre os científicos e os que non o eran. Finalmente, debo engadir que, se se dá o caso de repetila outro ano, recoméndolla a calquera xa que só por ver algunhas imaxes do Ártico e do Antártico merece a pena. Iago Pérez González 1ºBAC

56


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Coñecendo Galicia con Ruth Matilda Anderson No mes de decembro, os alumnos de 2º de ESO realizamos unha saída á Fundación “Caixa Galicia” onde visitamos a exposición de Ruth Matilda Anderson, fotógrafa estadounidense que visitou Galicia, xunto co seu pai, no ano 1924 e retratou as paisaxes e costumes galegas. Recuperáronse moitas das imaxes que esta recolleu ao longo da súa viaxe por Galicia, e expuxéronse en numerosas salas. Xa alí, a guía da Fundación foinos ensinando as fotografías e, xunto con estas, os costumes galegos de antano. Estaban expostas imaxes sobre a natureza e mais de moitas cidades galegas, entre elas Ferrol. Tamén abondaban as fotografías dos trebellos utilizados no pasado e as das vestimentas que se usaban. Ademais fixemos un obradoiro de pescuda sobre a vida de Ruth Matilda, no que nos informamos tamén dos seus traballos anteriores e posteriores á súa visita a Galicia. A exposición foi moi entretida e, á vez, aprendemos moitas cousas do pasado da nosa terra. Despois duns días, tivemos que realizar un traballo polo que debemos ampliar aínda máis os nosos coñecementos. Aprendemos moitas cousas interesantes, repasamos outras que xa sabiamos e a vez gozamos moito coa saída. Unha das actividades que fixemos derredor da exposición de Ruth Matilda, foi a de supor que eramos amigas dalgún dos nenos por ela fotografados, e que lle tiñamos que escribir unha carta. Estas son as nosas: 1 Queridos amigos: Bótovos moito de menos dende que marchei a Ferrol. A nova cidade é moi bonita e fixen moitos amigos pero ningún é tan bo coma vós. Vou ao parque e ao mercado coa miña nai, tamén á escola. Esta cidade ten poucos coches pero meu pai esta pensando en mercar un, así

57


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

podería ir vervos á vila. Quero falar con vós pero non por carta. Hai moito que non sei nada voso: nin como estades, se o pasades ben… Tampouco respondedes ás miñas cartas. Así que o único que espero é que leades esta carta, respondades un non, e que esteades ben. Agardo que nos vexamos pronto. Unha aperta Inés

2 Queridos amigos: Hai tanto tempo que non nos vemos! É todo tan diferente… Sabedes? Aquí no teño que traballar transportando cousas, en Ferrol os nenos non traballan. E podo ir á escola! Seguro que non sabedes o que é… É un edificio moi grande no que me ensinan a facer moitas cousas. Antonte aprendín a restar. Xa vos explicarei o que é! Pero, aínda así, teño moita morriña. Bótovos de menos a vos, ós nenos da vila, á avoa… Que tal está? Mira que ficar alí… Pero estaba tan decidida a quedar, que tivemos que deixala. Dicídelle que a voto moitísimo de menos, por favor. E vos que tal? Espero que esteades todos ben. Seguides a traballar xuntos, coas manteigueiras? E os vosos pais, como van? Gustariades de vir a visitarme? Que tal a túa ferida do pé, Catuxa? Son tantas preguntas sen respostar… Contestade axiña, por favor. Repito: Bótovos de menos. Unha aperta Marta

58


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

3 Bos Aires, 25 de Agosto de 1924 Querida María: Tan só hai un mes que non nos vemos e xa preciso falar contigo. Teño tantas cousas que che contar! Dende que marchei para América non paro de pensar en ti, no resto dos rapaces, na Alba...Como está? Mellorou da súa enfermidade? Mándalle bicos da miña parte. Aquí todo é distinto: vou á escola, e as cousas vannos moi ben. Ao papá gaña moitos cartos alí na fábrica, e o meu irmán Braulio, o maior, lembras?, está pensando que para o ano vai ir el tamén á fábrica a traballar. A min non me chista esa idea, xa que entón tería que quedar sempre a coidar de Laura, Xan e a pequerrecha Ana. E eu non quero! Fixen novos amigos, incluso coñecín xente que tamén ven de España... Pero ninguén coma ti, nin coma ningún dos rapaces. Bótovos moito de menos, teño moita morriña! Despídome, bicos para todos. A túa amiga, Claudia

4

Outra actividade do mesmo traballo foi a busca dunha imaxe que Ruth Matilda sacou no ano 1925 en Ferrol. O traballo consistía en identificar o lugar, ir alí e sacar unha foto do mesmo encadre que a de Ruth Matilda e logo describir as diferenzas que atopabamos entre ambas fotografías. Este é o noso resultado:

59


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Fotografía de Ruth Matilda Anderson, Ferrol 1925

A nosa fotografía, Ferrol, 2010

Rúa Real, esquina coa Rúa Méndez Núñez e Praza de Amboaxe

Cales son as semellanzas, cales as diferencias? Sendo a mesma esquina, cal é máis bonita? Claudia Gallego, Marta García, Inés Santiago, 2º ESO-A

60


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

POESÍA COOPERATIVA Unha actividade novidosa deste curso foi á da poesía cooperativa. No último trimestre, na parede dun dos descansos da escaleira colocouse un papel branco cunhas instrucións, un título e dous versos iniciais dun posíbel romance. A idea era que de forma esporádica e voluntaria calquera membro da comunidade educativa continuase o romance engadindo un verso. Non conseguimos que o romance se fose construíndo só deste xeito, polo que houbo que motivar e pedir expresamente a algunhas persoas, explicando de ti a ti, a nosa intención. Á fin logramos construír un romance entre varias persoas, que se ben pode que non se dea por acabado, si ten un xeitiño lírico interesante. Para o próximo curso pensamos insistir, porque a poesía “é unha arma cargada de futuro”. Así que, dende estas páxinas, convidamos a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, persoal non docente e profesorado) a escribir versos cooperativos. Quen queira experimentar, pode completar o título deste romance, e continualo dándolle o final que quixer.

Velaquí o experimento deste curso:

61


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO ROMANCE DE ... Camiña, camiña a Lúa entre silencios de prata, cando acontece o solpor ela anda e anda e anada. Leva a Lúa sobre o lombo unha sombra e unha luz clara, unha amorosa paixón que lle invade toda a alma.

Doce Lúa do teu peito, doce Lúa, doce ollada, eu non te deixo de amar, ti es a miña namorada. Cantas noites de luar o teu cantar me cantabas, mais onte, lúa de sangue, cantaches con voz amarga un triste verso de amor de andoriña namorada.

Andoriña, voa, voa, libre, soa e sosegada. Non te perdas polo ceo, non me chames namorada. No lombo levas luz negra, no ventre levas luz branca, co sol rubio baixo os ollos encamiña a túa ollada.

62


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

RECREOS LITERARIOS Velaquí unha actividade novidosa deste curso relacionada coa animación á lectura e que partiu da Biblioteca Navegantes. Durante os dous recreos dun día, normalmente os martes, e cunha periodicidade quincenal -aínda que non foi sempre posíbel mantelaorganizamos unhas sesións de animación á lectura que contou cun formato novidoso en canto que: o o o

o

o o

o

foron de asistencia voluntaria, o aforo estaba limitado a 32 persoas, cumpría ter unha entrada para poder asistir ás sesións de lectura, estiveron organizadas por profesorado de diversos departamentos, motivando a colaboración de alumnado diverso, cada sesión foi dedicada a un tema ou tipo de lectura, procurouse que os temas ou tipos de sesión fosen diversos e estimulantes, para o desenvolvemento das sesións preparouse material de apoio: textos fotocopiados que se repartiron para acompañar as lecturas, presentacións, música, ambientación, iluminación, obxectos...

63


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

O calendario deste curso resumímolo no seguinte cadro:

DATA

TEMA

COORDINACIÓN

1

21, Teatro lido: A farsa das decembro zocas, de Carvalho Calero

Manuela García Méndez (Depto. Lingua galega)

2

25, xaneiro

Contos de pantasmas

Malena Mejuto (Depto. Matemáticas)

3

8, febreiro

Cousas, de Castelao (lectura e proxección)

Marta Fernández Vargas / Berna Souto Bogo (Depto. Lingua inglesa) Antón Cortizas (Depto. Bioloxía)

4

23, febreiro

Grandes inventos da Humanidade

5

22, marzo

Contos de medo (narración Andrés Díaz Prieto (Depto. oral) Matemáticas)

6

5, abril

Letras de cancións (música Reyes García (Depto. Música) e literatura).

7

12, abril

Chistes e anécdotas

Raquel Paz (Depto. Lingua castelá)

8

3, e 10 maio

Relatos mitolóxicos

Arturo Cribeiro / Begoña Allegue (Depto. Linguas clásicas)

9

31, maio

Contos em verso para meninos perversos, de Roald Dahl (ou outro)

Reyes Montero (Depto. Tecnoloxía) e alumnado lusófono do centro

Lectura en portugués 10

14, xuño

Guións cinematográficos: lectura e proxección de curtametraxes

64

Alfredo Rodríguez (Depto. Educación física)


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Teatro lido: A farsa das zocas, de Carvalho Calero

Contos de medo

Inventos: a lima

Roald Dahl, lectura en portugués

Dos resultados non nos podemos queixar, dada a acollida por parte do alumnado, que asistiu ás sesións cunha media aproximada dunhas 22 persoas por sesión, de tal modo que pensamos repetir para o curso próximo, cun novo plan e calendario, tentando corrixir os erros ou frouxidades observadas.

65


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Innovadora Asignatura

No instituto do I.E.S de Canido existe unha asignatura chamada Maquetería na que o alumnado que participa nesas clases constrúe maquetas, murais e outras moitas cousas . Esta asignatura é moi entretida, non so polo ben que nesa hora se pasa, senón tamén polo pequeno descanso que podes tomar, facendo uns bonitos traballos na hora de Atención Educativa. Ademais durante todala mañá os alumnos teñen que estar sentados nunha non demasiado cómoda cadeira, polo que está moi ben ter unha hora na que poidas estar de pe e cunha " pequena liberdade de movementos", pero sen pasarse. A aula de maquetería e unha aula moi limpa e ordeada, e ademais nela hai unha gran cantidade de materiais , polo que dalgunha maneira hai que mantela ordeada, para que sigua estando tan limpa como antes, polo que os mestres desta asignatura teñen que encargarse de que tódolos alumnos axuden a limpar, e a recoller tódalas ferramentas utilizadas durante a clase. Nesta aula non hai ningún alumno que estea sen participar en ningunha tarefa porque a mestra , encárganse de que tódolos nenos estean traballando na súa tarefa e se xa, rematáchela túa, tes que ir pensando na seguinte tarefa 0 mellor de todo e a cantidade de ferramentas que alí se atopan desde martelos ata serras e pódense coñecer numerosos utensilios que agora xa non se utilizan e algúns deles son totalmente novos para os alumnos, e moi entretido traballar con ferramentas que descoñecemos, aprendendo a usalas. Coas tarefas e traballos que en cada trimestre nos manda a mestra, aprendemos cousas moi curiosas, cousas que nos arrodean

66


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

tódolos dias e nas que non pensamos, xa que estamos acostumados a usalas sen máis.

Cando me vin na obriga de ter decidirme por unha das asignaturas que me ofrecían no IES Canído non tiña moi claro que elixir, pero o final decidinme por Maquetería, e podo dicir que resultou ser unha boa elección, xa que durante o curso entretívenme moito a vez que aprendín moitas cousas. Adrián López Seijas

67


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

AXENDA 21: O alumnado é protagonista O día 26 de maio de 2011, varios institutos de Galicia reuníronse para expoñer os seus trebellos aos demais institutos no Pazo da Cultura de Pontevedra. As 10:20 os autobuses chegaron a Pontevedra e nese mesmo instante, os organizadores repartiron camisetas da axenda 21 e un aperitivo para os estudantes e profesores. A continuación, ás 10:45 no auditorio, realizouse a presentación da xuntanza. Ás 11:00 concorreu o espazo artístico cultural 1, coas exposicións do IES Xesús Taboada Chivite e O IES Lama das Quendas sobre a temática ambiental. Tra-la consecución do espazo artístico, diferentes institutos acudiron a presentación simultánea de experiencias dunha parte dos institutos. Ao fin das presentacións, o CIFP A FARIXA expuxo unhas proxeccións sobre o turismo sostible na cidades de Ourense no espazo artístico cultural 2. As 13:30 fixéronse as demais exposicións simultáneas dos outros institutos, na que o noso instituto, o IES CANIDO realizou unha presentación co lema Somos vento, somos palabra de vento, que contiña unha campaña de sensibilización sobre a enerxía eólica e a necesidade de manter a atmosfera limpa de contaminantes, a través da poesía e a fotografía. Ás 14:30 chegou a hora do xantar, na que os estudantes dispuxeron dunha campaña de alimentación saudable, pola parte da Consellería do mar. Despois do xantar, chegou o tempo das propostas polo alumnado de diferentes centros, na que eles mesmos farán un percorrido polas diferentes postos, interactuando nelas. Neste espazo tamén participaron diferentes entidades con diferentes proxectos.

68


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

O noso instituto (IES CANIDO por se non o saben), explicou os diferentes aspectos físicos do ar (como o efecto invernadoiro, correntes de convección…), e realizou diferentes enredos que ‘funcionan’ co ar: cinco modelos de avións de papel, chifres de papel e subiotes de lata, así como o chifre do merlo. Todos eles construídos con materiais reciclados. O noso reto era REFLEXIONAR sobre a importancia da REDUCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECICLADO, por esta orde. Ás 17:30 no auditorio, o IES AS INSUAS presentou as reflexións sobre a diferenza entre as posturas sociais-persoais, egocéntricas-egoístas e posturas dialogantes, consensuadas e respectuosas. Ao remate do espazo, concluíuse a xuntanza e os institutos recibiron un diploma de conmemoración , despedíndose a actividade ata o próximo ano. Simón Álvarez Daví, 2º ESO, B

Explicando a experiencia e presentando Asistentes á actividade Somos palabra os nosos acrósticos de Somos palabra de de vento escribindo candanseu acróstico

vento

69


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

O noso obradoiro de chifres e avións sempre estivo moi concorrido

Construíndo subiotes de lata

Imitemos o merlo co noso chifre de lata, coa nosa actitude...

Bon, o comedor non era moi cómodo...

O noso reto

Os avións de papel de guía telefónica voan moi ben

70


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

ESCOLA DE FAMILIAS, NECESARIA E INTERESANTE

O grupo de NAIS E PAIS de alumnos do I.E.S. de CANIDO que participamos no PROGRAMA da ESCOLA DE FAMILIAS nas ACTIVIDADES que se desenvolveron durante o Curso Escolar 2010-2011,

(Imaxe tirada da Internet)

queremos trasladar ao conxunto da Comunidade Educativa do Centro (Mestres, Alumnos, Persoal non Docente, Nais e Pais) A NOSA VALORACIÓN POSITIVA das devanditas ACTIVIDADES. Non temos mais que AGRADECER A ATENCIÓN prestada tanto polos RELATORES, como polas PERSOAS QUE NOS ACOMPAÑARON E AXUDARON en cada unha das xornadas (ANPA, conxerxes e profesorado, en especial a María Ramil, Rafa Martínez e, como non, a Antón Cortizas – perseverante no traballo-). As ACTIVIDADES desenvolvidas no PROGRAMA foron as seguintes: 1.- PREVENCION DAS DROGODEPENDENCIAS Foron seis xornadas intensas de traballo, pero moi divertidas e interesantes. Tratáronse temas relacionados coa prevención, habilidades sociais e de comunicación, resolución de conflitos, servizos e atención das distintas Administracións etc.

71


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Agradecemos aos relatores (Xaquín Bouza -membro de ASFEDRO- e a Joaquín Manobel –responsable da Área de Drogodependencias do Concello de Ferrol-), o amenas que foron as xornadas sobre estes temas, tanto á hora de cumprimentar os traballos da actividade (fichas, grupos de traballo etc.), así como a importancia da información e da documentación complementaria que nos achegaron.

Aprende cachola, que estás na escola. Ilustración: imaxe do Antroido 2011, IES Canido, aula de 2º ESO-A

Mirade se foron amenas que mesmo tivemos tempo para realizar PEQUENAS REPRESENTACIONS TEATRAIS. Cómpre destacar que cada xornada de traballo estaba acompañada dunhas LARPEIRADAS coas que nos agasallaba Xaquín, creando en nós unha pequena "dependencia". 2.- SEGURIDADE NA WEB (internet, redes sociais etc.) Foi realizada por Especialistas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Sendo fundamental a utilización das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), a xornada foi esclarecedora dos perigos reais das redes socias e de internet cando non poñemos as MEDIDAS DE SEGURIDADE IMPRESCINDIBLES para que os nosos fillos utilicen o seu computador con tranquilidade. 72


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

3.- TECNICAS DE ESTUDO En dúas palabras: MOI INTERESANTE. O insuficiente do tempo, obrigounos a pasar de puntillas en algunhas cuestións, pero cremos que ESTA ACTIVIDADE DEBERA REPETIRSE. Temos de agradecer a paciencia que tiveron os relatores, tanto María como Rafa, xa que se xerou tanta PARTICIPACIÓN no debate dos temas tratados que practicamente estaban pechando o Colexio cando nós estabamos recollendo a ferramenta de traballo. 4.- DOAZÓN DE ÓRGANOS Soamente polo feito de ter oportunidade de poder participar no coñecemento e a información dun tema tan interesante, importante e transcendente como este na VIDA das persoas, xa non fai falla facer ningún comentario máis. Unha curtametraxe realizada por profesorado e alumnado do centro, unha obra de teatro lido, interpretada tamén por alumnado, unha conferencia de doadores e receptores, así como unha interpretación musical dun grupo de alumnas do instituto, realizan unha actividade tan SOLIDARIA como ENTRETIDA. Se nos permitides queríamos trasladarvos unha pequena reflexión. A ESCOLA DE FAMILIAS temos que vela COMO UNHA FERRAMENTA da que dispoñemos as NAIS E PAIS para MELLORARMOS A NOSA FORMACIÓN. Recibindo unha INFORMACIÓN ESPECIALIZADA das diferentes problemáticas cotiás ás que nos enfrontamos diariamente na EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS, tanto no Ámbito Escolar (formas de

73


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

estudo, convivencia nas aulas etc.) como no ámbito familiar e social (drogas, alcol, hábitos saudables, redes sociais etc), á marxe da posibilidade de poder TRATAR CALQUER TEMA DE INTERESE XERAL DAS FAMILIAS. Aparte do servizo de apoio e orientación para ás familias, a ESCOLA DE

FAMILIAS,

tamén

FOMENTA

a

colaboración entre o conxunto da Comunidade Educativa dos Centros de Ensino e FACILITA a relación entre as NAIS e PAIS do alumnado. Queremos

AGRADECER

MOI

ESPECIALMENTE A COLABORACIÓN DOS MEMBROS

DA

ANPA,

que

tamén

PARTICIPARON ACTIVAMENTE nas xornadas das

actividades,

demostrándonos

que

coa

colaboración de todos e fomentando, se cabe máis, a participación dos nosos fillos e fillas,

Escola de familias: entre todos gañamos en altura. (imaxe tirada da internet)

poderemos gozar de momentos entretidos.

Facemos un humilde chamamento á PARTICIPACIÓN de todas as NAIS E PAIS nas ACTIVIDADES realizadas tanto polo centro como pola ANPA. Ambos necesitan do NOSO APOIO E COLABORACIÓN. Desexámoslle a esta última, SORTE no traballo no vindeiro curso escolar, xa que, xuntando experiencia e ilusión, seguro que nos farán disfrutar de FESTIVAIS E XORNADAS LÚDICAS MOI INTERESANTES, coa

COLABORACIÓN

IMPRESCINDIBEL

COMUNIDADE EDUCATIVA.

74

DO

CONXUNTO

DA


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Se é bonito ver medrar un fillo, moito máis bonito e velo MEDRAR COMO PERSOA. Se temos a oportunidade de participar na súa formación por medio destas e outras iniciativas, non desaproveitemos as ocasións. Aínda que non o pareza, a eles gústalles. Bo verán e ata o curso que vén. Pablo González Campelo

Escola de familias: todos somos necesarios. (imaxe tirada da internet)

75


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

O PORTUGUÊS SIMPLES Por xentileza do Concello de Ferrol e mais da Associaçom Galega da Língua, impartíronse dúas sesións lectivas no noso centro, para dar a entender a proximidade entre galego e portugués, e como a nosa lingua abre para nós unha inmensa porta, a do mudo lusófono, con moi poucos coñecementos de partida, apenas coa idea de nós pertencermos tamén ao mundo da lingua portuguesa ou galego-portuguesa, como se queira. Unha das aulas foi pola tarde, para alumnado voluntario de 3º e 4º da ESO, e a segunda durante horario lectivo, para alumnado de 2º da ESO.

As turmas de 2º da ESO na aula de OPS Vocês estão a atender ou estão de brincadeira?

AULA DE PORTUGUÊS

CLASE DE PORTUGUÉS

Há alguns dias, recebemos os Hai uns días, recibimos o alumnado de 2º ESO unha alunos de 2º ano uma aula clase excepcional, unha clase excepcional, uma aula de português. de portugués.

76


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

A profesora Antía Cortizas impartiu unha clase de dúas horas, na que nos explicaba as poucas diferencias que ten co galego.

A professora Antia Cortiças nos deu uma aula de duas horas, em que explicava as poucas diferenças que tem com o galego.

Hai que dicir que foi unha clase moi educativa, ademais de interesante.

Há para dizer que foi uma aula muito educativa, para além de interessante.

Aprendemos que o portugués é un idioma moi culto, desenvolvido e tamén fácil de falar.

Aprendemos que o português é um idioma muito culto, desenvolvido e também fácil de falar.

A nosa opinión propia é que poucas persoas poden vivir unha experiencia tan enriquecedora en primeira persoa.

Nossa opinião própria é que poucas pessoas podem viver uma experiência tão enriquecedora em primeira pessoa.

Bran Porto García,

Jaelson Pinto de Oliveira

Compréndese?

Compreende-se?

77


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

LETRAS GALEGAS 2011

Entre outras actividades os alumnos elaboraron un Centón∗ a partir de textos de Lois Pereiro. Aquí tedes un dos poemas creados (hai que lelo en voz alta para escoitar a súa música...)

∗ 1-Manta feita de gran número de pezas pequenas de pano ou tea de diversas cores. 2.- Obra literaria, en verso ou prosa, composta enteiramente, ou na maior parte, de sentenzas e expresións alleas.

78


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

REBUMBIO POESÍA E IMAXE Fomos seleccionados de entre un montón de participantes de diversos centros de ensino no Certame de Poesía e Imaxe “ Galego sen filtro”, que cada ano organizan a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol e o Concello de Ferrol Nesta edición 0 gañador que nos representou foi Daniel Rodríguez Solloso, alumno de 1º ESO .

BIBLIOTECA NAVEGANTES Este curso dotamos de nome propio e logotipo á nosa biblioteca. Fixemos tamén un carné para cada persoa, catalogamos novos fondos, asentamos as bibliotecas de aula con listado propio. SUITE VOLLARD Os alumnos de 1º ESO visitaron a exposición"Suite Vollard" onde participaron nun obradoiro sobre a figura do Minotauro

79


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

Kaiak no Barqueiro 1º e 2º BAC

E máis, e máis que xa non puidemos recoller…

80


Revista Navegantes Nº 14

IES CANIDO

DESPEDIDAS CANIDO CON AROMA DE CAFÉ

Ao lembrar os anos que levo no IES Canido, non podo imaxinar o comezo do día sen o café e o saúdo amable de Loli. Deunos durante anos, co seu mellor sorriso, o bocata de media mañá, o petisco da súa apreciada tortilla, os cafuchos, curiosos, salgueiros e barallocas. Pero esas cousas banais non teñen comparanza co cariño que nos deixa, coa alegría e entusiasmo cos que traballou, co humor que a caracteriza, sempre disposta a botar unha risas e a compartir cos demais. Brindounos a súa menor ocasión, e vontade nas actividades en todo momento na máis, dando apoio cando desinteresadamente mellor posible, un neste labor integrou súa familia: a súa filla fillo... un tándem irrepetible.

axuda e colaboración á participou con boa do centro, integrándose vida escolar como a que cumpriu, e traballando para que todo lucise o exemplo a seguir. E incluso ós membros da Mar, Elías pai, Elías

Escoitounos a todos, pacientemente, durante anos; deunos bos consellos, soubo ser compañeira e boa amiga e nalgúns momentos mesmo fixo de nai. Botaremos de menos as súas gargalladas retumbando no vestíbulo cada mañá, as confidencias diarias na cafetería e o sorriso amable co que todos fomos sempre ben recibidos. Ese sorriso, que poucas veces se borrou da súa face, a pesar de todas as probas que a vida lle puxo por diante nestes anos. Pero, por riba de todas as experiencias compartidas, queremos expresarche o noso agarimo e agradecemento porque “amor con amor se paga” e nós temos moito que devolverche. Grazas, Loli, botarémoste sempre de menos.

81

Luz Otero


Revista Navegantes Nยบ 14

IES CANIDO

2ยบ BAC

82


Profile for Carmen Cuesta

NAVEGANTES  

Revista IES Canido

NAVEGANTES  

Revista IES Canido

Advertisement