PDAE

Page 1

Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecol贸xica de Galiza 2008-2013


Redacción do documento Eido Galicia, S.L. – A Coruña • Alejandro Sánchez de Dios. Enxeñeiro agrónomo. • Miguel Fernández Pardo. Enxeñeiro agrónomo. • Moni Martínez García. Enxeñeira técnica agrícola. Revisión lingüística • Carme Pais Filgueira. • Antonia Vega. Grupo de traballo da Consellería do Medio Rural • Gonzalo Flores Calvete. Director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal • Eliseo Miguélez Díaz. Subdirector xeral de Produción Agraria Sustentábel e Fomento Asociativo Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria • Ricardo Rivas Barros. Subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria. Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria • José Manuel Fernández Castro. Xefe de Área do Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias. Delegación Provincial de Pontevedra Coordinación • Xosé Ramón Vázquez Carreira. Xefe de Servizo de Coordinación de Programas. Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria A CMR agradece a importante colaboración de Xan Pouliquen (Xestión Agropecuaria e Natureza, S.L). Así mesmo, agradece as achegadas de numerosas persoas e organizacións do sector na fase de discusión pública do borrador deste Plan, e moi especialmente as de Xan Neira Seijo (Escola Politécnica Superior. Universidade de Santiago) e de Ernesto Sánchez Salgado (Director técnico do CRAEGA), que serviron para enriquecer e mellorar a versión final deste documento. Edita: La Nuestra Comunicación Publicitaria S.L. Maqueta: Singulart Comunicación Visual Impresión: Gráficas Anduriña ISBN: 978-84-453-4736-2 Depósito Legal: PO 112-2009


Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecol贸xica de Galiza 2008-2013


Galiza contou ata hai unhas décadas cun sistema de produción tradicional que, aínda que non posuía a etiqueta de ecolóxico, tiña todas as súas características. Na actualidade dispoñemos dun sistema público de certificación para a agricultura ecolóxica a través do CRAEGA, como único organismo encargado da certificación e control da produción ecolóxica no noso territorio, ademais da defensa da denominación xenérica Agricultura Ecolóxica, a aplicación do seu regulamento, a vixilancia do seu cumprimento, así como o fomento e control da calidade dos seus produtos amparados. O consello regulador está a facer un proceso de adaptación do seu regulamento ao novo marco legal e constitúese, tal e como se define no artigo 12 da Lei 2/2005 de promoción e defensa da calidade agroalimentaria galega, como unha corporación de dereito público con personalidade xurídica propia, autonomía económica e plena capacidade para cumprir os seus fins. Este paso adiante vai servir sen dúbida para unha mellora no desenvolvemento do sector e na procura dos seus obxectivos. O Plan de Desenvolvemento Rural da Agricultura Ecolóxica de Galiza busca aplicar medidas para o fomento da produción e o afortalamento da súa transformación e comercialización no noso País, ademais de deseñar estratexias de mellora do coñecemento, formación e a investigación, e tamén de promoción e procura de novos mercados. Algunhas das medidas que se aplican consisten no apoio aos mozos produtores, na modernización das explotacións ecolóxicas ou na implantación de servizos de aconsellamento e de sistemas de calidade nas explotacións. Para este programa, contamos cun orzamento de 39,4 millóns de euros para o período 2008-2013, co obxectivo de asentar as bases dunha produción ecolóxica diversificada na que temos unhas potencialidades que é preciso desenvolver para que poida competir en igualdade de condicións e cos seus propios medios nun mercado cada vez máis globalizado e esixente. Aínda que o nacemento da agricultura ecolóxica en Galiza é recente, en pouco máis dunha década este tipo de producións fóronse asentando paseniño no noso País, ante novas fórmulas de consumo cada


vez máis presentes debido á crecente conciencia social sobre ecoloxía e respecto ao medio, tamén no ámbito agroalimentario, e á crecente demanda de produtos de calidade sans e naturais. A súa evolución nos últimos anos foi considerábel ao incrementárense nun 387% as hectáreas destinadas á produción ecolóxica. A superficie inscrita en agricultura ecolóxica en Galiza é de algo máis de 9.600 ha, con máis de 450 entidades operadoras (preto de 400 explotacións e 60 transformadores). A posta en marcha das axudas agroambientais convertéronse nun punto de inflexión importante no desenvolvemento da agricultura ecolóxica. Así, Galiza pasou da recolección de mazás para sidra e castañas ecolóxicas a producir unha variedade de alimentos de calidade –carne e leite de vacún, froitas e hortalizas, aves– que hoxe son etiquetados baixo o selo distintivo do CRAEGA e que gozan dun aprecio no mercado que elixe sabores do País e se preocupa pola seguridade alimentaria e as producións certificadas. A produción ecolóxica é unha das opcións concordantes coas directrices derivadas da nova PAC e dos seus instrumentos de xestión. Ademais, dende a Consellaría do Medio Rural impulsamos o Contrato de Explotación Sustentábel, para fomentar modelos que, máis alá de formar parte dunha liña de axudas específica, se configuren para favorecer o desenvolvemento de sistemas de produción sustentábeis en termos económicos e ambientais, que potencien os alimentos sans e de calidade e que contribúan a fixar poboación no rural. A capacidade de innovación do sector agrario e, en concreto, da produción ecolóxica, precisan agora de novos retos e de modelos de xestión plasmados no Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza, que serán protagonizados por mulleres e homes que cren no noso medio rural e que teñen garantía de futuro no noso País. Alfredo Suárez Canal Conselleiro do Medio Rural


Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecol贸xica de Galiza 2008-2013


Parte primeira: caracterización e diagnose

11

Introdución

13

Xeneralidades

17

Concepto e ámbito de aplicación Metodoloxía As fontes estatísticas e de información

Contexto internacional Superficie e número de explotacións Contexto mundial Contexto europeo Mercado e consumo

Contexto do Estado

17 20 22

25 25 25 27 31

35

Superficies e explotacións Principais orientacións produtivas Orientacións agrícolas Orientacións gandeiras Transformación industrial

35 39 39 40 41

A agricultura ecolóxica en Galiza

45

As cifras da produción ecolóxica galega Peso relativo Distribución provincial e relación coa SAU Distribución por orientacións principais Evolución temporal da produción ecolóxica galega Datos económicos da actividade Caracterización das orientacións produtivas Consideracións xerais Descrición das principais orientacións produtivas Orientacións agrícolas Pastos, pradeiras e forraxes Bosque e recolleita silvestre: castaña e mazá

45 45 46 48 50 52 56 56 58 58 58 58

7


Froiteiras Hortalizas e tubérculos Viña Outras producións agrícolas Orientacións gandeiras Vacún de carne Vacún de leite Avicultura Apicultura Outras producións gandeiras

62 62 64 65 66 66 68 70 72 73

O sector da transformación

74

Manipulación e envasado de froitos secos Manipulación e envasado de produtos hortofrutícolas Adegas Industrias cárnicas Industrias lácteas Fabricación de alimentos para o gando Outras industrias

75 76 76 76 77 78 78

A comercialización e o consumo Canles de comercialización Consumo Competencia con outros sistemas de produción

Control, certificación e calidade Os sistemas de certificación A identificación da produción. Logotipos de produción ecolóxica As importacións de produtos ecolóxicos de países terceiros O papel do CRAEGA

A nova norma europea de produción ecolóxica Antecedentes á reforma: o plan de acción europeo en materia de alimentación e agricultura ecolóxica de 2004 O novo regulamento sobre produción ecolóxica

8

79 79 80 81

83 83 85 87 88

93 93 98


A produción ecolóxica e o seu contorno Os condicionantes xenéricos da agricultura galega A incidencia da agricultura ecolóxica na protección do medio Agricultura ecolóxica e loita contra o lume A xestión sustentábel dos espazos naturais Agricultura ecolóxica e calidade hídrica Os instrumentos de axuda

Diagnose baseada na análise DAFO Introdución Análise DAFO do sector da produción ecolóxica

101 101 102 102 103 104 104

111 111 113

Oportunidades

119

Ameazas

122

Fortalezas

125

Debilidades

128

Parte segunda: eixes, obxectivos e medidas

137

Obxectivo final e obxectivos intermedios

139

Eixes e medidas

143

Estruturación do Plan Descrición dos eixes e medidas

143 145

Orzamento do Plan

161

Avaliación e seguimento

169

Parámetros de avaliación Comisión de avaliación e seguimento

Parte terceira: descrición das medidas

169 170

173

9


10


Parte Primeira: caracterizaci贸n e diagnose

11



Introdución A produción ecolóxica galega ten a oportunidade de desenvolver as súas potencialidades nun momento no que os poderes públicos europeos semellan ser capaces, sequera parcialmente, de visualizar o papel que as mulleres e homes do rural xogan no mantemento e preservación dun medio do que se beneficia o conxunto da poboación. Así, as directrices da Política Agraria Común avanzan no sentido de consideraren o fomento produtivo como intimamente ligado ao desenvolvemento sustentábel e ao respecto a un medio ameazado, integrando as medidas de desenvolvemento rural conxuntamente coas de sostén aos prezos e mercados. Esta filosofía concrétase a nivel regulamentario na articulación dun conxunto de instrumentos que comezan co Regulamento (CE) 1698/2005 e as directrices estratéxicas comunitarias de desenvolvemento rural, das que xorde o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza, que constitúe un banzo máis á hora da adaptación ao noso país dos instrumentos que van definir esas políticas agrarias. O Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza, que ten suposto un grande esforzo de coordinación e participación do conxunto do sector, nace como consecuencia do PDR, articulando, definindo e orzamentando un gran feixe de liñas estratéxicas que permitirán planificar eficazmente os recursos dos que se dispón, cun obxectivo final: un sector ecolóxico capaz de competir, en igualdade de condicións e cos seus propios medios, nun mercado cada vez máis globalizado e esixente. Por outra banda, se queremos acertar no enfoque estratéxico cómpre facérmonos unha reflexión: a agricultura ecolóxica é certamente un sistema produtivo per se, pero tamén é moito máis. Presenta trazos moi diferenciados, tanto no referente á actitude vital e a motivación de gran parte do sector produtor e técnico como no que ten que ver co perfil das persoas consumidoras. Contén en si mesma unha forte imbricación co que supón a relación terra/agricultura, moi diferente da relación custo/beneficio que regula certos modos de produción máis industrializados. Está subsumida cada vez máis no papel da produción agraria como elemento de sostemento da poboación rural, o seu modo de vida e o contorno onde se desenvolve. Por todas estas razóns, e moitas máis que se desprenden do expresado ao longo do documento, resultaría ineficaz e mesmo absurdo estabelecermos unha metodoloxía clásica de enfoque directo ao produto/negocio, descoidando aspectos ás veces intanxíbeis pero tan reais como poida ser a análise dos medios de produción. No entanto, a tentación contraria resulta igualmente perigosa: esquecer que a agricultura ecolóxica comparte espazo cos outros tipos de produción nun sistema económico ao tempo pechado e globalizado, que ou ten vocación comercial ou non poderá existir, e que estamos inmersos nun contorno social, político e administrativo que comporta un estreito marco legal de referencia –o contexto normativo derivado da PAC, a lexislación sobre seguridade alimentaria ou as propias normas técnicas sectoriais son tres exemplos concluíntes– podería dar como resultado unha formulación estratéxica irreal e, por ende, inaplicábel.

13


Do acerto no equilibrio entre esas dúas posicións vai depender en boa medida o éxito futuro das estratexias definidas no Plan. Por último, cómpre adiantar que a redacción do documento está estruturada ao modo clásico destes instrumentos de planificación: • A Primeira parte está dedicada á descrición -o máis realista posíbel- da situación de partida, a identificación das potencialidades e os problemas e a diagnose do sector. • A Segunda parte estabelece os obxectivos finais do planeamento e os obxectivos intermedios necesarios para a súa consecución. • A Terceira parte concreta as medidas que se van a executar e a súa concreción orzamentaria e temporal.

14




XeNEralidades Concepto e ámbito de aplicación Ao falarmos de agricultura ecolóxica, podemos utilizar unhas cantas definicións bastante concordantes. Así, o Codex Alimentarius FAO/OMS defínea como “Un sistema global de xestión da produción que favorece a saúde dos agroecosistemas, incluída a biodiversidade, os ciclos ecolóxicos e a actividade biolóxica dos solos. Favorece as prácticas de xestión con preferencia aos factores de produción de orixe exterior, tendo en conta o feito de que os sistemas locais deben adaptarse ás condicións rexionais. Dende este punto de vista, utilízanse métodos culturais, ecolóxicos e mecánicos, na medida do posíbel, preferibelmente aos produtos de síntese, para exercer todas as funcións específicas do sistema”. A Federación Internacional de Movementos de Agricultura Ecolóxica (IFOAM) coordina a rede mundial de movementos de agricultura ecolóxica e define a produción ecolóxica como aquela que responde a un conxunto de 17 principios, que son: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13.

Producir alimentos de elevada calidade nutritiva en cantidade suficiente. Interactuar construtivamente e potenciando a vida cos sistemas e ciclos naturais. Fomentar e intensificar os ciclos biolóxicos dentro do sistema agrario, que comprende os microorganismos, a flora e fauna do solo, as plantas e os animais. Manter e incrementar a fertilidade dos solos a longo prazo. Promover o uso asisado e o coidado axeitado da auga, os recursos acuáticos e a vida que sosteñen. Axudar na conservación do solo e auga. Empregar, na medida do posíbel, recursos renovábeis en sistemas agrarios organizados localmente. Traballar, na medida do posíbel, dentro dun sistema pechado con respecto á materia orgánica e os nutrientes minerais. Traballar, na medida do posíbel, con materiais e substancias que poidan ser reutilizados ou reciclados, tanto na leira como noutro lugar. Proporcionar ao gando condicións de vida que lle permitan desenvolver as funcións básicas do seu comportamento innato. Minimizar todas as formas de contaminación que poidan ser producidas polas prácticas agrícolas. Manter a diversidade xenética do sistema agrícola e do seu contorno, incluíndo a protección dos hábitats de plantas e animais silvestres. Permitir que todos os involucrados na produción agrícola e transformación ecolóxica leven

17


14. 15. 16. 17.

unha vida acorde coa Declaración dos Dereitos Humanos da ONU, que poidan cubrir as súas necesidades básicas, obter ingresos adecuados e satisfacción polo seu traballo, incluíndo un contorno laboral seguro. Ter en conta o amplo impacto social e ecolóxico dos sistemas agrarios. Que os produtos non alimentarios se obteñan a partir de recursos renovábeis e que sexan completamente biodegradábeis. Promover que as organizacións de agricultura ecolóxica funcionen de acordo a liñas democráticas e o principio da división de poderes. Progresar cara unha cadea de produción

Por outra banda, atopámonos cunha definición de agricultura ecolóxica formulada en base ao marco legal no que nos desenvolvemos: o Regulamento (CE) 2092/91 –que é, por outra parte, unha normativa con especial referencia á etiquetaxe e ao control– estende o seu ámbito de aplicación (e, polo tanto, o ámbito que abrangue ao que a lexislación europea estabelece como ecolóxico) a aqueles produtos transformados e non transformados con principios de produción e normas específicas de control incluídos nos anexos I e II do regulamento. Finalmente, o Regulamento (CE) 834/2007, que será o novo marco legal de referencia a partir do 1 de xaneiro de 2009, define a produción ecolóxica como “o uso de métodos de produción conformes as normas estabelecidas no presente regulamento en todas as etapas da produción, preparación e distribución”. Para os efectos deste Plan, dado o seu carácter de instrumento de xestión e planificación inscrito nun marco normativo concreto, entenderase funcionalmente como agricultura ecolóxica a que aplica sistemas produtivos incluídos nas definicións regulamentarias, pero sen perder de vista, na súa filosofía, os conceptos expresados nas dúas primeiras definicións1. No tocante ao marco temporal de aplicación, todo o edificio de planificación referido á Política Agrícola Común estabelece un horizonte permanente para o período 2007–2013, polo que ese debería ser o aplicado para o Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza.

. Cabería aquí discutir se debe ser obxecto do Plan a totalidade da produción incluída nos sistemas admitidos regulamentariamente como ecolóxicos ou soamente a produción certificada. Entendemos que habería máis ben que falar de produción CERTIFICÁBEL, isto é, aquela produción que, utilizando os sistemas admitidos polo regulamento europeo, é controlada polo órgano oficial de certificación e control, independentemente de que sexa comercializada lucindo o logotipo ecolóxico. Esta é, na nosa opinión, a única maneira de incluír no Plan unha gran cantidade da produción que, por cuestións de inexistencia de canles comerciais ou por problemas regulamentarios –caso do xénero comercializado a granel– opta por ser vendida á marxe da etiquetaxe ecolóxica. 1

18


No entanto, o Plan ten un carácter de instrumento derivado do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza, e aproveita moitas das súas liñas de actuación. A data de aprobación comunitaria do PDRG foi o 15 de febreiro de 2008, o que, ademais de explicar en parte que a posta en marcha do PDAE tivera que agardar ata este momento, fai que o horizonte temporal de aplicación sexa no noso caso o período 2008 2013.

19


Metodoloxía A redacción do Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza foi realizado seguindo as directrices que aparecen recollidas no esquema metodolóxico que se achega.

SECTORES

FONTES DE FINANCIAMENTO

produtor industrial Craega comercial administración

entrevistas sectoriais

enquisa a produtores/as fontes de datos documentais

outras fontes públicas

fontes privadas

PDR de Galiza

Consellaría do Medio Rural

alegacións

consultas na fase de caracterización

CARACTERIZACIÓN SECTORIAL

Publicación web

análise DAFO

matriz DAFO

deseño das medidas

Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza

obxectivos intermedios (6 eixes–14 subeixes)

obxectivo final Gráfico 1: Esquema metodolóxico da elaboración do Plan.

A característica definitoria da construción do Plan é a súa elaboración participativa. A análise situacional, a diagnose e as propostas de mellora deben partir fundamentalmente do propio sector, como gran coñecedor dos seus problemas e expectativas. O método de elección das persoas e colectivos consultados respondeu a criterios de pluralidade: foi consultada a totalidade do sector produtor mediante unha enquisa, os sindicatos agrarios, os grupos ecoloxistas, as asociacións de produtores e de industrias de transformación, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, os organismos da Administración relacionados coa produción ecolóxica, a comercialización, a calidade alimentaria, a formación e a investigación e diversas persoas expertas a título individual.

20


No esquema anterior represéntanse con frechas de cor verde as diferentes etapas de consulta e discusión levadas a cabo ao longo da redacción. De acordo co alí reflectido, a participación do sector concrétase nos elementos seguintes: 1. Enquisa aos produtores. Foi levada a cabo unha enquisa a 357 produtores, cun total de 151 respostas, isto é, un 45,1%2. A enquisa contaba cun total de 21 preguntas sobre caracterización das explotacións, percepción dos problemas e actitude fronte ao futuro. As respostas de maior interese aparecen espalladas ao longo dos diferentes apartados e amósanse en cursiva, co fin de diferencialas dos datos de carácter obxectivo. 2. Entrevistas sectoriais. Foron realizadas entrevistas en grupo aos axentes antes mencionados co fin de recoller datos e opinións de interese para a caracterización. 3. Consultas na fase de definición da caracterización. Todo o proceso de redacción foi sometido a un proceso continuo de consultas e validación dos diferentes apartados, construíndo así un sistema retroalimentado que achegou unha gran riqueza de matices ao documento3. 4. Exposición pública e presentación de alegacións. Unha vez rematado o primeiro dos borradores, foi sometido a consulta na páxina web da Consellería do Medio Rural por un prazo de 4 semanas co fin de recibir alegacións e propostas de mellora. Foron recibidas un total de 23 alegacións, moitas das cales pasaron a formar parte do presente documento4. Agora ben, o labor non remata coa aprobación do Plan. Cara á consecución dos obxectivos finais, tan importante como o acerto na definición da estratexia global é a posta en práctica de sistemas fiábeis de verificación, seguimento e avaliación, para ir comprobando, durante o período de vixencia, o cumprimento dos diferentes obxectivos intermedios e, en caso necesario, propoñendo actuacións de mellora continua. Con este obxectivo, o último apartado do Plan define o Sistema de Avaliación e Seguimento do Plan, a súa composición e os seus mecanismos de actuación.

. O número total de respostas representa un erro inferior ao 5% sobre un nivel de confianza da enquisa superior ao 95%. Isto significa que os resultados obtidos poden considerarse como satisfactorios en termos estatísticos. No entanto, o nivel de erro ascende significativamente ao atendermos ao grao de respostas dos diferentes subsectores, especialmente nos grupos minoritarios da produción, o que fai que os resultados, na súa vertente específica, deban ser tidos en conta só con carácter orientativo. 3 . Os autores aproveitan aquí a oportunidade de mostrar o maior dos agradecementos á gran cantidade de persoas que investiron neste proceso moito máis tempo e esforzos do que sería razoábel pedir. 4 . Á hora da redacción deste novo borrador fica pendente un novo proceso de consulta pública e presentación de alegacións que terán de novo a oportunidade de seren incorporadas ao documento. 2

21


As fontes estatísticas e de información Antes de abordarmos a análise de datos correspondentes á produción ecolóxica nos diferentes niveis (mundial, europeo, español e galego), convén facer unha serie de consideracións relativas á calidade e ao nivel de precisión das fontes estatísticas e de información dispoñíbeis. 1. Non todos os países posúen sistemas de certificación e control equiparábeis aos dos de maior tradición produtiva. Así, por exemplo, algúns países do continente africano certifican unicamente a produción destinada á exportación, e mesmo moitos deles non posúen sistemas de recollida de datos para a produción ecolóxica5 2. Dentro da superficie inscrita como ecolóxica conviven dúas tipoloxías: por unha banda, as correspondentes a áreas de baixa produtividade, sen cultivar ou con cultivos de baixa rendibilidade (bosques, aproveitamentos silvestres ou silvopastorais, pastoreo en matos...), nas que a inscrición como produción ecolóxica non ten suposto apenas ningunha modificación no manexo, e que xeralmente coinciden con amplas extensións de terreos. Pola outra, as terras dedicadas a cultivos con maiores necesidades de intensificación produtiva en man de obra ou en medios de produción, onde houbo que sufrir un proceso de reconversión que supuxo modificación das prácticas culturais, nas que xeralmente se atopan producións de maior valor engadido, e que pola súa propia natureza non son desenvolvidas en grandes superficies. Se á hora de considerarmos o peso da produción ecolóxica dun determinado país ou área xeográfica o criterio de análise é a superficie inscrita, sen ter en conta o tipo de aproveitamento, o valor real aparece deturpado. Velaí o caso de Australia: cun 40% da superficie mundial e un 97% da súa superficie ecolóxica destinada ao pastoreo, o valor da súa produción era en 2003 inferior ao 1% do total mundial. 3. A inexistencia dun modelo sistemático de recollida e tratamento estatístico de datos non afecta exclusivamente os países emerxentes: a propia Unión Europea é consciente das súas limitacións neste eido. Así, no “Plan de acción europeo en materia de alimentación e agricultura ecolóxica” de 2004, e dentro das 21 actuacións básicas alí recollidas, a actuación nº 3 postula mellorar a recollida de datos estatísticos concernentes á produción e ao comercio dos produtos ecolóxicos6. Como consecuencia, o novo Regulamento (CE) 834/2007 estabelece ese mesmo principio no seu Considerando 36 e no seu artigo 36.

. Van Elzakker et al. en Organic farmer in Africa. The world of organic agriculture. Statistics and emerging trends 2007. IFOAM . Plan de acción europeo en materia de alimentación e agricultura ecolóxica. Documento de traballo dos servizos da Comisión. 2004.

5 6

22


4. Esta carencia de ferramentas estatísticas convértese en dramática á hora de achegármonos á análise do comercio internacional: abonda con dicir que non existe un código arancelario específico para os produtos ecolóxicos, polo que os datos referidos aos movementos comerciais son, no mellor dos casos, estimativos. 5. Da ausencia de información precisa sobre importacións e exportacións, e da case inexistente sobre comercio entre comunidades autónomas, derívase a imposibilidade de obtermos información obxectiva sobre o balance produción–consumo, a non ser por datos procedentes do sector comercial ou de enquisas a consumidores. Todas estas circunstancias obrigan a que a análise sobre a caracterización sectorial estabelecida en base a datos estatísticos teña que ser abordada coa debida cautela.

23



Contexto internacional 7 Superficie e número de explotacións Contexto mundial

Na actualidade, a agricultura ecolóxica ten presenza en aproximadamente 130 países de todo o mundo. Estímase unha superficie total de produción superior aos 30 millóns de hectáreas repartidas entre preto de 720.000 explotacións, o que supón unha superficie media por explotación lixeiramente superior ás 40 ha. As máis de 12 millóns de hectáreas cultivadas en Australia sitúan esta área como a máis importante do mundo en canto á superficie dedicada á agricultura ecolóxica, seguida de Europa e Sudamérica.

24%

9%

10%

1% 15% 41% Mapa 1: Distribución da superficie en produción ecolóxica por continentes

. Toda a información contida nos cadros e gráficos da epígrafe procede de “The World of Organic Agriculture. Statistics & Emerging Trend 2007 & 2008”. International Federation of Organic Agriculture Movements (IFOAM) & Research Institute of Organic Agriculture (FiBL). 7

25


Australia, China e Arxentina son, por esta orde, os países onde a agricultura ecolóxica ten un maior peso relativo, cunha porcentaxe que supón máis da metade da superficie mundial en produción. En canto ás orientacións produtivas, máis do 60% corresponden a pastos permanentes e pasteiros, situándose nun segundo termo os cereais e os cultivos forraxeiros. O conxunto destas orientacións ocupa unha superficie que se achega ao 80% da agricultura ecolóxica mundial. No referente ao número de explotacións, México, con algo máis de 125.000, concentra o 17% do total mundial, aínda que a súa superficie media é soamente de 3,21 ha. Uganda, con case 90.000 explotacións, India e Italia (con arredor de 45.000 cada unha) son os seguintes países de acordo con estre criterio.

Resto 23,91% Alemaña 2,71%

Australia 40,42%

Brasil 2,89% España 3,05% Uruguai 3,06% Italia 3,77% Gráfico 2: Porcentaxe de superficie en agricultura ecolóxica no mundo.

26

EEUU 5,33%

China Arxentina 7,56% 7,30%


Contexto europeo Aínda que a produción ecolóxica ten o seu berce na Europa Central8, na primeira metade do século XX, o auténtico crecemento do sector ten lugar a partir dos anos 80. A partir da súa inclusión no marco dos programas de desenvolvemento rural, a agricultura ecolóxica europea experimenta unha notábel engalaxe, ao pasar das 100.000 ha e 6.300 explotacións en 1985 (menos dun 0,1% do total da SAU) a 5,6 millóns de ha e 155.000 explotacións para a UE-15 en 2006, que representan un 4,51% do total da súa SAU. No caso dos países recentemente incorporados, a agricultura ecolóxica está menos desenvolvida pero, tendo en conta o peso dos sistemas extensivos en moitos deles e os primeiros pasos dados na implantación dos métodos de control e certificación, é de prever un rápido crecemento da súa produción, comportándose entón como uns fortes competidores para certas orientacións. Dentro do contexto europeo destaca Italia, con algo máis de 1,1 millóns de hectáreas e 45.000 explotacións, á que seguen en importancia España, Alemaña e Reino Unido. Estes catro países abranguen preto da metade da superficie total da agricultura ecolóxica en Europa, que se cifra en aproximadamente 7,4 millóns de hectáreas e máis do 40% das explotacións (85.000 sobre un total de 200.000) de todo o continente.

1.200.000 1.000.000 800.000 600.000 400.000 200.000 Ucraína

Portugal

Rep. Checa

Grecia

Austria

Francia

R. Unido

Alemaña

España

Principais países produtores

Italia

0

Gráfico 3: Superficie (ha) en Europa.

. Os antecedentes máis inmediatos pódense atopar na Alemaña de 1913 co movemento antroposófico de R. Steiner e a Agricultura Biodinámica de H. Pfeifer. En 1930 H. Müller dá corpo en Suíza ao movemento pola agricultura órgano – biolóxica, e a finais dos anos 40 xorde en Inglaterra o movemento orgánico e a creación da Soil Association, inspirados polo “Testamento Agrícola” de A. Howard (1940). A Agricultura Ecolóxica tal como é concibida na actualidade aparece en Francia a finais dos anos 50 coa asociación Nature et Progrès. 8

27


Por riba da superficie total e o número de explotacións, o elemento que máis determina a importancia da produción ecolóxica dentro de cada país é a relación entre a extensión territorial destinada a esta e a Superficie Agraria Útil (SAU) total. O valor medio a nivel mundial está nun 0,65% de ocupación. Os valores máis altos atópanse nos países europeos (cunha media UE-15 do 4,51%), moi superiores aos correspondentes aos países de maior peso absoluto (Australia, por exemplo, presenta datos do 2,80%, China do 0,40%, Arxentina do 1,70% e os Estados Unidos do 0,50%). En Europa, onde, obviando o caso de Liechtenstein –no que a súa reducida dimensión territorial provoca que con tan só 1.000 ha en agricultura ecolóxica estas representen preto do 30% da súa SAU–, a importancia relativa da produción ecolóxica resulta especialmente destacábel en países como Austria, Suíza ou Italia, con valores de arredor do 10%.

28

Gráfico 4: Relación da superficie

Rep. Checa

Timor

Letonia

Portugal

Grecia

Estonia

Italia

Suíza

Austria

ecolóxica fronte á SAU

Liechtenstein

30% 25% 20% 15% 10% 5% 0%


A Táboa 1 recolle os datos de superficie total e relación fronte á SAU dos principais países do mundo con presenza da Agricultura Ecolóxica.

Táboa 1: Superficie de agricultura ecolóxica e porcentaxe fronte á SAU nos principais países produtores do mundo. País

Superficie (ha) % respecto SAU

Australia 12.294.290 China 2.300.000 Arxentina 2.220.489 Estados Unidos 1.620.351 Italia 1.148.162 Uruguai 930.965 España 926.390 Brasil (2005) 880.000 Alemaña 825.539

País

2,80% 0,40% 1,70% 0,50% 9,00% 6,10% 3,70% 0,30% 4,80%

Superficie (ha) % respecto SAU

Reino Unido Canadá Francia India México Austria Grecia República Checa Portugal

604.571 604.404 552.824 528.171 404.118 361.487 302.256 281.535 269.374

3,80% 0,90% 2,00% 0,30% 0,40% 13,00% 7,60% 6,60% 7,30%

O Gráfico 5 detalla os valores de superficie ecolóxica en relación coa SAU dos Estados da Unión Europea antes dos últimos procesos de integración. Ademais da forte disparidade nos valores (que oscilan dende o 13% de Austria ata o 1% de Irlanda), resulta destacábel a situación dalgúns Estados membros que, a pesar dunha elevada superficie total, presentan porcentaxes relativas por debaixo da media da UE-15 (4,51%) ou mesmo da actual UE-27 (3,98%), como son os casos de España, Reino Unido ou Francia.

14% 12% 10% 8% 6% 4% 2% 0% Luxemburgo

Bélxica

Irlanda

Holanda

Dinamarca

Finlandia

Suecia

Portugal

Grecia

Austria

Francia

Reino Unido

Alemaña

España

Italia

UE-15 UE-27

Gráfico 5: Porcentaxe de AE fronte á SAU na UE-15

29


Os Mapas 2 e 3 conteñen de novo información sobre os pesos relativos das superficies en agricultura ecolóxica e relación coa SAU, referida esta vez á totalidade dos países europeos.

Mapa 2: Porcentaxe de superficie en AE con respecto ao total europeo

30

>10% 5-10%

Mapa 3: Porcentaxe en AE fronte á súa SAU nos países europeos.

>9% 6-9%

3-5%

3-6%

1-2%

1-3%

<1%

<1%


Mercado e consumo O consumo de produtos ecolóxicos está a medrar fundamentalmente naqueles países cun certo grao de desenvolvemento económico. A principal demanda provén dos EE.UU., a Unión Europea e o Xapón, con mercados internos que acoden en boa medida á importación para fornecerse. A estimación de vendas a nivel mundial cífrase en arredor de 25.500 millóns de € (ano 2005), cun incremento medio anual do 14% dende 2002. O mercado europeo, cun volume comercial interno de 13.850 millóns de €, aglutina algo máis da metade das vendas mundiais de produtos ecolóxicos, e concéntrase fundamentalmente en Alemaña, Reino Unido, Francia e Italia. Tras dos Estados Unidos, o mercado alemán é a principal referencia a nivel mundial, cun sostido crecemento comercial debido en boa medida á firme introdución das cadeas de supermercados nas vendas deste tipo de artigos. A Táboa 2 e o Gráfico 6 recollen os datos de volume comercial e consumo dos principais países europeos. O conxunto da produción ecolóxica europea representaba en 2004 unha cifra estimada de arredor do 2% do valor da produción agrícola total9

. Fonte: Plan de acción europeo en materia de alimentación e agricultura ecolóxicas. 2004.

9

31


Táboa 2: Volume de mercado e consumo per cápita de produtos ecolóxicos en Europa. Consumo per cápita (€)

País

Volume de mercado (€)

Alemaña Italia Reino Unido Francia Suíza Países Baixos Austria Suecia Dinamarca

3.900.000.000 2.400.000.000 2.333.000.000 2.200.000.000 763.000.000 467.000.000 450.000.000 433.000.000 306.734.500

47,27 41,52 39,12 36,73 103,11 28,83 55,56 48,11 56,80

Volume de mercado (€)

País España Finlandia Irlanda Portugal Noruega Polonia República Checa Hungría Ucraína

Consumo per cápita (€)

300.000.000 80.000.000 66.000.000 50.000.000 41.000.000 30.000.000 12.000.000 4.000.000 2.500.000

7,11 15,38 16,50 4,81 8,91 0,79 1,18 0,56 0,08

No referente ao consumo de produtos ecolóxicos por habitante e ano en Europa, a media sitúase nos 28,8 €, e destaca o elevadísimo consumo de Suíza, con 103 €/cápita. Os catro países cun maior volume de negocio en cifras absolutas (Alemaña, Italia, Reino Unido e Francia) presentan cifras de aproximadamente 40 €/cápita. Cómpre salientar ademais que, entre os Estados europeos máis destacados na produción ecolóxica, soamente España se atopa por debaixo da media europea de consumo, con 7,11 €, isto é, menos da cuarta parte da media europea.

30% 25% 20% 15% 10% 5% 0%

Gráfico 6: Volume comercial (%) e consumo per cápita (€)

32

España

Dinamarca

Suecia

Austria

Países Baixos

Suiza

Francia

Reino Unido

Italia

Alemaña

Media Europea 28,8 €

Volume de mercado Consumo per cápita

120 100 80 60 40 20 0




Contexto do estado 10 Superficies e explotacións Ao igual que na meirande parte de Europa, o ascenso da agricultura ecolóxica prodúcese a partir da posta en marcha da normativa europea sobre produción agraria ecolóxica, o Regulamento (CEE) 2092/91. No entanto, é a partir do ano 2000 cando comeza un proceso de crecemento máis ou menos sostido das superficies ocupadas, que levará á súa multiplicación en case 2,5 veces no período 2000-2006. Pola súa parte, o número de entidades operadoras tivo unha evolución algo máis serodia: duplicouse no trienio 1998–2000, mentres que soamente se incrementou nun 35% no devandito período 2000–2006. Das máis de 920.000 hectáreas de superficie en produción do conxunto do Estado, preto do 60% atópanse en Andalucía, á que lle seguen en importancia cuantitativa Aragón e Estremadura, con porcentaxes de arredor do 7%.

Superficie ha

Operadores

2006

2005

2004

2003

2002

2001

2000

1999

1998

1997

1995

1993

20.000 18.000 16.000 14.000 12.000 10.000 8.000 6.000 4.000 2.000 0 1991

1.000.000 900.000 800.000 700.000 600.000 500.000 400.000 300.000 200.000 100.000 0

Operadores Superficie

Gráfico 7: Evolución histórica da superficie e número de entidades operadoras no Estado.

. Agás referencia específica, a fonte de datos estatísticos da epígrafe correspóndese coas publicacións: “Agricultura Ecológica. Estadísticas 2001-2006”. MAPA 10

35


Gráfico 8: Superficie de produción ecolóxica (ha) por comunidades autónomas (2006)

537.269

80.000 64.557

70.000 55.355

60.000

46.335

50.000 40.000

23.908 26.424 30.798

30.000 18.841 6.967

5.140

5.114

8.609

9.623

Cantabria

Madrid

Canarias

A Rioxa

Galiza

20.000 10.000

70.516

12.639

1.015 3.280

Andalucía

Aragón

Estremadura

Castela A Mancha

Cataluña

C. Valenciana

Navarra

Murcia

Baleares

Castela e León

Asturias

Euskadi

0

Na actualidade, o número total de entidades operadoras11 ascende a algo máis de 19.000. Neste caso, de novo, a Comunidade maioritaria resulta ser Andalucía, aínda que só cun 36% do total, o que indica o carácter maioritariamente extensivo das súas explotacións. Séguelle Estremadura, cun 22% do total. O resto das comunidades non presentan valores por riba do 6% en ningún dos casos. A superficie inscrita incrementouse nun 91% para o total estatal no período 2001-2006, evolución positiva que resultou especialmente significativa no caso dalgunhas zonas de produción como Asturias (953%, ao pasar de 300 ha no ano 2001 a preto de 3.300 ha en 2006), Andalucía (400%) ou Galiza, onde o incremento foi de 387%. Pola contra, no mesmo intervalo de tempo produciuse certa regresión na superficie produtiva doutras áreas como Castela e León (21%) e, sobre todo, Estremadura, onde se perderon máis de 100.000 ha, feito debido, en opinión dalgúns expertos, á redución das axudas agroambientais e a problemas comerciais que levaron ao abandono dun considerábel número de explotacións12.

. Enténdese por entidades operadoras ao conxunto das explotacións e das industrias. . Segundo os datos do MAPA, o número de explotacións inscritas en Estremadura no ano 2001 superaba as 7.100, mentres que en 2006 esta cifra viuse reducida ata as 3.671. 11 12

36


Gráfico 9: Incremento de superficie de produción ecolóxica por CC.AA. no período 2001-2006 953,14%

500% 387,42%

400%

400,35%

265,22%

300%

225,93%

168,35% 111,78%

69,30%

100%

40,50% 38,64%

48,22%

8,99%

0,44%

Castela-A Mancha

Cataluña

C. Valenciana

Navarra

Murcia

-62,67%

Baleares

Castela-León

Galiza

A Rioxa

Canarias

Madrid

Cantabria

Asturias

Euskadi

-20,93%

Andalucía

0% -100%

Media estatal: 90,98%

Aragón

78,43%

Estremadura

200%

213,29%

Gráfico 10: Porcentaxe de superficie en agricultura ecolóxica fronte á SAU nas CC.AA. españolas 11,93%

12%

9,15%

10%

8,50%

8%

6,02% 4,76% 4,49% 4,41%

6%

3,55% 2,96% 2,46% 2,33%

4%

1,49% 1,31% 1,05% 0,83% 0,42% 0,23%

2%

Castela-León

Euskadi

Asturias

Castela-A Mancha

Galiza

Madrid

Estremadura

Cantabria

Aragón

A Rioxa

C. Valenciana

Navarra

Cataluña

Murcia

Canarias

Baleares

Andalucía

0%

37


No Gráfico 10 obsérvase como dez comunidades autónomas presentan unha porcentaxe en agricultura ecolóxica fronte á súa SAU por debaixo da media estatal (3,70%), xa de por si inferior á media europea. Estas áreas representan en conxunto arredor do 25% da superficie total do Estado. No extremo oposto, cómpre destacar de modo especial ás comunidades de Andalucía (58% da superficie en agricultura ecolóxica do Estado), Illas Baleares ou Canarias, con valores de relación superficie/SAU moi por riba da media estatal e ao nivel dos países de maior grao de desenvolvemento da produción.

38


Principais orientacións produtivas Orientacións agrícolas

As orientacións agrícolas con maior presenza no eido estatal corresponden a pastos e forraxes (destinados á produción gandeira ecolóxica) e a bosque e recolleita silvestre, sempre con Andalucía á cabeza en canto a superficie dedicada. Cómpre mencionar ademais outras áreas de produción especialmente destacadas, como Aragón e Castela A Mancha -no cultivo de cereais e leguminosas- ou Cataluña, onde a superficie de pastos, forraxes e bosque e recolleita silvestre supera en conxunto as 45.000 hectáreas. Tamén, xa en referencia a orientacións de índole máis minoritaria, resulta de interese citar algúns exemplos, como a produción de oliveiras, onde Estremadura é unha destacada produtora (37% da superficie ecolóxica estatal), ou a produción de cítricos, hortalizas e tubérculos, onde a Comunidade Valenciana e Murcia gozan igualmente de certa importancia relativa. Por último, a viticultura ecolóxica (arredor do 2% do total das producións ecolóxicas vexetais) ten o seu maior expoñente nas áreas produtivas de Castela-A Mancha, Murcia e a Comunidade Valenciana.

Outros 11,53%

Cereais e leguminosas 12,23% Oliveiras 10,09%

Pastos, pradeiras e forraxes 40,89%

Froitos secos 4,81%

Bosque e recolleita silvestre 20,45% Gráfico 11: Superficie en AE por grupos de cultivos no conxunto do Estado (2006)

39


Orientacións gandeiras De igual modo que na produción vexetal, a meirande parte das explotacións gandeiras están localizadas na Comunidade andaluza, agás no caso da avicultura, liderada polas Illas Baleares, e o vacún de leite, no que o 35% das explotacións e o 52% das cabezas se sitúan en Galiza. As cifras relativas relacionadas co peso do sector gandeiro ecolóxico sofren algunhas modificacións cando se fala do número total de animais. Así, o vacún de leite reforza o seu dominio galego ao acadar máis da metade das cabezas en produción, destacando tamén Galiza na produción avícola (sobre todo de posta), Castela-A Mancha e Euskadi ocupan o primeiro e segundo posto respecto do ovino de orientación láctea.

Apicultura 7,58% Avicultura 6,63%

Outros 3,62%

Porcino 3,83%

Ovino Cabrún 32,00%

40

Vacún 46,33%

Gráfico 12: Nº de explotacións gandeiras ecolóxicas no conxunto do Estado (2006)


Transformación industrial O sector da transformación de produtos ecolóxicos está a evolucionar paralelamente ao crecemento da superficie produtiva. Así, no período 2001-2006, as instalacións relacionadas tanto coa produción vexetal como coa animal viron duplicado o seu número. Táboa 3: Distribución por tipos das industrias ecolóxicas do Estado 2001

2002

2003

2004

2005

2006

Produción vexetal

814

1.127

1.371

1.597

1.713

1.807

Produción animal

183

147

222

267

289

367

Industrias

Soamente tres sectores abranguen preto da metade das máis de 1.800 industrias relacionadas coa produción vexetal e inscritas na agricultura ecolóxica. Trátase das industrias dedicadas á manipulación e envasado de produtos hortofrutícolas frescos, adegas e embotelladoras de viño e cavas e almazaras e/ou envasadoras de aceite. Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana son, nesta orde, as áreas do Estado onde se sitúan o maior número destas instalacións. A Táboa 4 recolle os datos desagregados por tipos de industrias no conxunto do Estado. Táboa 4: Industrias controladas en AE no conxunto do Estado (2006) Actividades industriais relacionadas coa produción vexetal Actividade Nº industrias

%

Manipulación e envasado de produtos hortofrutícolas frescos

323

17,87%

Adegas e embotelladoras de viños e cavas

292

16,16%

Almazaras e/ou envasadoras de aceite

239

13,23%

Panificación e pastas alimentarias

189

10,46%

Conservas, semiconservas e zumes vexetais

117

6,47%

Manipulación e envasado de cereais e legumes

96

5,31%

Manipulación e envasado de froitos secos

82

4,54%

Elaboración de especias, aromáticas e medicinais

61

3,38%

Preparados alimenticios

61

3,38%

Galletas, dozaría e pastelaría

42

2,32%

305

16,88%

Outras

41


Actividades industriais relacionadas coa produción animal Actividade Nº industrias Matadoiros e salas de despezamento

%

100

27,25%

Carnes frescas

63

17,17%

Mel

60

16,35%

Leite, queixos e derivados lácteos

51

13,90%

Embutidos e salgaduras

33

8,99%

Fábricas de alimentos para animais

31

8,45%

Ovos

29

7,90%

Por outra parte, a actividade industrial derivada da produción ecolóxica gandeira atópase concentrada en gran medida nas instalacións dedicadas á manipulación de produtos cárnicos (53%), ás que lle seguen aqueloutras cuxa finalidade é a extracción e/ou envasado de mel (16%), industrias lácteas, fábricas de alimentos para animais e, por último, envasado de ovos. O maior número deste tipo de industrias atópase en Cataluña (22%) e Andalucía (15%), seguidas de Asturias e Galiza.

42

Andalucía

Aragón

Estremadura

Cataluña

C. Valenciana

Navarra

Baleares

Murcia

Industrias animais

Castela-A Mancha

Industrias vexetais

Castela-León

Galiza

A Rioxa

Canarias

Madrid

Cantabria

Asturias

450 400 350 300 250 200 150 100 50 0

Euskadi

Gráfico 13: Nº de industrias controladas en AE por comunidades autónomas (2006)


Aínda que estabelecer unha comparanza entre industrias de distinta tipoloxía e capacidade de produción resulta complicado, máxime tendo en conta o peso das instalacións de carácter mixto ecolóxico/convencional, resulta de interese subliñar, tal como o recollen a Táboa 3 e o Gráfico 13, que as instalacións industriais relacionadas coa produción animal representan menos do 20% do total, e só superan en número ás de produción vexetal nos casos de Asturias e Cantabria. Unha última consideración en relación coa caracterización da agroindustria ecolóxica está relacionada coas súas normas de produción: o nivel de especificidade e harmonización das normas de produción relacionadas cos transformados ecolóxicos está moi lonxe de acadar os que xa ten a produción fresca ou non transformada, nomeadamente no referente ao emprego de substancias tecnoloxicamente coadxuvantes e nos propios procesos produtivos. Mesmo existe un caso, o das industrias enolóxicas, no que realmente o produto certificado é elaborado conforme unha norma convencional a partir de uvas de cultivo ecolóxico. Cómpre rematar con esta situación se queremos aumentar a confianza do consumo sobre estes produtos, considerados como estratéxicos no desenvolvemento da agricultura ecolóxica.

43



A agricultura ecolóxica en Galiza As cifras da produción ecolóxica galega

13

Peso relativo

A superficie inscrita en agricultura ecolóxica en Galiza é de algo máis de 9.600 ha (1% da total do conxunto do Estado), cun número de entidades operadoras que ascende a 456 (396 explotacións e 60 instalacións de elaboración). A evolución desta superficie segue a mesma dinámica que a do total estatal, cunha gráfica de crecemento similar ao longo do tempo, aínda que cun inicio máis tardío.

Estado (ha)

Galiza (ha)

1.000.000 900.000 800.000 700.000 600.000 500.000 400.000 300.000 200.000 100.000 0

12.000 10.000

Estado Galiza

8.000 6.000 4.000 2.000 2006

2005

2004

2003

2002

2001

2000

1999

1998

1997

1995

1993

1991

0

Gráfico 14: Peso relativo Galiza/Estado 1991-2006

. As fontes comúns de datos da epígrafe foron as publicacións correspondentes a“Agricultura Ecológica. Estadísticas 2001-2006” (MAPA) e datos achegados polo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). O diferente nivel de actualización entre ambas as dúas fontes (no caso do CRAEGA a febreiro de 2008) pode provocar que para a mesma referencia existan variacións entre as cifras presentadas. No caso de fontes diferentes ás dúas citadas, a referencia recóllese no correspondente cadro ou gráfico. 13

45


Distribución provincial e relación coa SAU A Táboa 5 contempla os valores da evolución provincial das superficies totais e número de operadores inscritos no CRAEGA no período 2001–2006. Táboa 5: Evolución provincial de superficies e operadores 2001-2006 Provincia Nº de operadores Superficie (ha) 01 02 03 04 05 06 01 02 03 04 05 A Coruña 20 31 45 54 69 80 250 410 514 597 716 Lugo 146 159 185 210 265 244 1.139 1.754 2.157 2.711 3.648 Ourense 24 33 43 50 59 67 543 1.372 3.104 3.242 4.579 Pontevedra 27 39 49 47 59 65 43 50 173 175 212

06 823 4.212 4.355 234

Como se pode ver, o 90% da superficie galega inscrita en agricultura ecolóxica atópase concentrada nas provincias de Lugo e Ourense. En canto ao número de entidades operadoras, máis da metade localízanse na provincia de Lugo, mentres que o resto seguen unha repartición moito máis homoxénea no resto das provincias.

sen superficie menos de 10 ha de 10 a 100 ha

de 100 a 250 ha de 250 a 500 ha máis de 500 ha

Mapa 4: Distribución de superficie por concellos

46

sen operadores menos de 5 de 5 a 10

de 10 a 20 de 20 a 40 máis de 40

Mapa 5: Distribución de entidades operadoras por concellos


Os Mapas 4 e 5 indican a distribución xeográfica da produción ecolóxica galega, tanto en superficie total como en número de entidades operadoras, a partir dos datos do CRAEGA. Ao longo deste capítulo incluiranse novos mapas coa distribución por orientacións produtivas, xerados mediante técnicas SIX a partir das fontes consultadas. No entanto, convén lembrar as consideracións realizadas con anterioridade sobre a precisión e valoración dos datos estatísticos á hora de tomar en conta esta información como unha sinxela axuda visual á comprensión do sector. Resulta de interese citar tamén que a porcentaxe galega de superficie en agricultura ecolóxica fronte á súa SAU (1,31%) atópase entre as máis baixas do Estado (media do 3,70%) e dista moito de achegarse a aqueles países onde a produción ecolóxica ten acadado un peso significativo dentro do conxunto da actividade agraria.

47


Distribución por orientacións principais A Táboa 6 reflicte a clasificación por orientacións principais do total das explotacións inscritas en agricultura ecolóxica en Galiza, segundo os datos facilitados polo CRAEGA correspondentes ao primeiro trimestre de 2008. Enténdese por orientación principal, no caso de tratárense de explotacións con máis dunha orientación, a que achega maior superficie, número de pés ou número de cabezas á explotación.

Táboa 6: Nº explotacións segundo as orientacións principais, incluíndo explotacións en reconversión Orientación principal Nº de produtores Bosque e recolleita de produtos silvestres (castañas, mazás, noces...)

89

Froiteiras

81

Horta

58

Viña

17

Outras producións vexetais

17

Vacún de carne

76

Vacún de leite

22

Ovino e Cabrún

13

Avicultura

17

Apicultura

17

Outras producións animais Total

2 409

Dos datos da táboa despréndese o predominio das explotacións rexistradas en aproveitamentos vexetais (64%) fronte ás especializadas en orientacións de carácter animal. É salientábel tamén que as orientacións máis numerosas son as correspondentes a bosque e recolleita de produtos silvestres e a froiteiras, ao superar entre ambas as dúas o 40% do total de explotacións, seguida das explotacións dedicadas á gandaría de vacún de carne e producións de horta. O 84% (arredor de 8.000 ha) da superficie produtiva galega está ocupada pola orientación “pastos e forraxes”, valor que flutúa dende o 65% en Pontevedra ao 95% (máis de 4.000 ha) en Ourense. O 90% desta orientación produtiva atópase nas provincias de Lugo e Ourense, cunha clara ligazón á produción ecolóxica de vacún.

48


En segundo lugar, cuns valores moito menos significativos, sitúase a produción de “bosque e recolleita silvestre”, ao atinxir a preto dun 10% da superficie total en agricultura ecolóxica de Galiza. Lugo, con máis de 700 ha inscritas, é a provincia onde existe maior superficie, aínda que o valor porcentual máis elevado rexístrase na Coruña, cun 19% da súa superficie. Respecto á produción ecolóxica animal, as cifras resultan moi clarificadoras. A orientación de vacún de carne preséntase como principal expoñente, con máis da metade do total das explotacións e case 8.000 cabezas en produción. Preto do 80% destas explotacións están localizadas nas provincias de Lugo e Ourense. O vacún ecolóxico de carne galego representa o 6,7% e o 4,9% respectivamente das explotacións e número de cabezas do total estatal. O vacún de leite, aínda que con tan só 1814 explotacións (10 na provincia de Lugo) e algo máis de 1.200 cabezas, tamén resulta moi representativo no contexto galego e sitúa a Galiza á cabeza da produción láctea ecolóxica do conxunto do Estado.

. O dato de 22 explotacións da Táboa 6 inclúe as que están en período de reconversión.

14

49


Evolución temporal da produción ecolóxica galega O Gráfico 15 indica a evolución temporal do sector dende os inicios da implantación do sistema de certificación, tanto no referente á superficie inscrita como ao número de entidades operadoras, que inclúe as explotacións e as instalacións de elaboración.

Superficie (ha)

Operadores (nº)

2006

2005

2004

2003

2002

2001

2000

1999

1998

500 450 400 350 300 250 200 150 100 50 0 1997

10.000 9.000 8.000 7.000 6.000 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0

Superficie

13

174 182 265 1.974 3.585 5.948 6 .726 9.156 9.623

Operadores

11

43

83 115 217 262 322 361 425 456

Superficie Operadores

Gráfico 15: Evolución de superficies e nº de explotacións en Galiza 1997-2006

Unha percepción interesante, que permite un achegamento máis preciso ao coñecemento da realidade, consiste na análise da evolución temporal da situación sectorial. Así, cómpre discernir catro etapas na evolución da actividade da produción ecolóxica galega inscrita no CRAEGA: 1ª ETAPA: ATA 1998 Comeza o desenvolvemento da agricultura ecolóxica en Galiza. Ao peche da campaña de 1998 estaban rexistradas 174 hectáreas e 34 explotacións. As primeiras certificacións do CRAEGA abranguían a produción ecolóxica de castaña.

50


2ª ETAPA: 1998-2000 O número de explotacións inscritas aproxímase á centena e o de instalacións de elaboración autorizadas é de 18. O ritmo na evolución no número de inscricións resulta moi superior ao da superficie acollida, con orientacións produtivas maioritarias como a castaña e a mazá con destino á elaboración de sidra. Cara ao fin do ano 2000 atopábanse rexistradas un total de 265 hectáreas e o peso económico da produción da castaña representaba o 46% do volume total de negocio da produción ecolóxica galega. 3ª ETAPA: 2000-2004 As primeiras axudas á produción ecolóxica en Galiza introdúcense no ano 2000 coa liña “programas agrarios”, xestionada polo Servizo de Produción e Sanidade Vexetal e dentro do programa operativo cofinanciado por fondos do FEOGA-O (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola–Sección Orientación). Con todo, o verdadeiro arranque da produción ecolóxica galega prodúcese a raíz do estabelecemento no 2001 das axudas agroambientais. Ao remate das inscricións en 2001, a superficie total ascendía a preto de 2.000 hectáreas, cifra que se viu triplicada a finais da campaña 2003. O forte compoñente territorial destas axudas (prímase unha base territorial ampla) deu pulo principalmente ás producións ecolóxicas gandeiras, sobre todo aquelas con orientación cárnica, sector que estaba a vivir un momento de crise. Así, no ano 2002 irrompen as certificacións relacionadas coa produción láctea e cárnica, cun peso económico que, xa na finalización da campaña, representaba o 54% do volume total do negocio, e que no ano seguinte (campaña 2003) acadaba o 70%. Nesta etapa, paralelamente ao incremento da superficie e do número de explotacións inscritas, medra tamén a industria, cun total de 282 entidades operadoras rexistradas no peche do exercicio 2003. 4ª ETAPA: 2004 ATA A ACTUALIDADE O ritmo de crecemento diminúe. O incremento da superficie inscrita para o período 2005–2006 é do 5%, achegándose así ás mencionadas 9.623 hectáreas totais. O número de explotacións medrou nun 7% para o mesmo lapso de tempo.

51


Datos económicos da actividade A inexistencia dunha estrutura estábel para o mercado de produtos ecolóxicos dificulta a comercialización de boa parte das producións, feito que motiva que soamente aqueles sectores que ou ben se teñen apoiado nas canles convencionais ou ben aqueles capaces de artellar sistemas comerciais efectivos manteñan as súas cotas de vendas. Así, do volume de negocio total da produción ecolóxica galega para o ano 2006, o 77% corresponde a leite e derivados (58%), carnes (13%) e ovos (6%). Nas Táboas que seguen recóllese a evolución dende 1999 ata 2006 dos volumes de negocio e de produción certificada en orixe para os distintos sectores produtivos.

Táboa 7: Volume de produción por orientacións (1999–2006) Volume de produción 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Orientacións vexetais Produción

Castañas produtor (kg) Castañas industria (kg) Mazás (kg) Recolleita silvestre (kg) Bosque e recolleita silvestre (kg) Vexetais (kg) Produción hortícola (kg) Kiwis (kg) Froiteiras (kg) Produción hortofrutícola (kg) Hortalizas e tubérculos (kg) Conservas vexetais (kg) Cereais (kg) Outras producións vexetais (kg) Pan (ud) Panificación (kg) Sidra (l) Vinagre (l) Viños, vinagres e sidras (l)

52

205.117 100.756 50.640 76.215 60.079 --- --- --- --- --- 5.000 10.000 --- --- 1.800 2.100 --- --- --- --- --- --- --- --- --- --- --- --- 9.722 13.300 --- --- --- 44.500 --- --- --- ---

7.000 88.420 282.822 --- --- 20.240 --- 15.000 --- --- --- --- --- --- 12.100 --- 163.776 8.363 ---

--- --- --- --- --- --- 255.022 348.178 --- --- --- --- 142.436 --- --- --- 156.881 --- --- 104.072 --- --- --- --- --- --- --- --- --- --- 8.355 27.570 --- --- --- --- 7.896 114.079

2005

2006

--- --- ----- --- ----- --- ----- --- --55.684 67.549 113.156 --- --- ----- --- ----- --- --571.537 571.830 288.433 --- --- --40.817 30.503 15.338 186.047 48.678 49.227 7.860 14.635 11.110 92.705 17.609 3.090 --- --- --12.168 15.120 14.299 --- --- ----- --- --225.306 219.587 148.053


Táboa 7: Volume de produción por orientacións (1999–2006) Produción Volume de produción 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 Orientacións animais Polos produtor (ud) Ovos (ducias) Lácteos (l) Carnes (kg) Alimentos animais (kg) Mel e produtos apícolas (kg) Outras elaboracións (kg)

935 --- --- --- --- --- ---

2.481 340 --- --- --- --- ---

4.454 --- --- --- 748 1.333 20.332 90.620 --- 1.428.616 3.632.833 6.166.079 --- 7.800 54.616 145.532 --- 421.195 667.797 888.040 --- --- 1.900 12.902 --- --- --- 13.743

--- 223.464 7.505.068 430.764 995.194 14.294 127.168

Táboa 8: Volumes económicos por orientacións (1999–2006) Volume de negocio (€) 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 Orientacións vexetais

2006 --427.528 8.716.694 398.000 1.127.134 21.318 148.524

Produción

Castañas produtor 123.278 Castañas industria 89.423 Mazás 14.443 Recolleita silvestre --- Bosque e recolleita silvestre --- Vexetais 23.791 Produción hortícola --- Kiwis 1.848 Froiteiras --- Produción hortofroitícola --- Hortalizas e tubérculos --- Conservas vexetais --- Cereais --- Outras producións vexetais --- Pan 10.634 Panificación --- Pastas --- Sidra --- Vinagre --- Viños, vinagres e sidras --- Envasados en tenda ---

60.556 4.838 122.793 189.036 --- 50.994 --- --- --- --- 72.034 119.381 --- --- 2.539 18.030 --- --- --- --- --- --- --- --- --- --- --- --- 15.942 14.472 --- --- 1.500 --- 44.397 58.418 --- 12.501 --- --- 9.015 ---

--- --- --- 220.325 --- --- 178.045 --- 74.099 --- --- --- --- --- --- 22.480 --- --- --- 47.290 ---

--- --- --- 233.820 --- --- --- --- --- 171.356 --- --- --- --- --- 18.952 --- --- --- 148.362 ---

--- --- --- --- --- --- --- --- 141.580 45.405 --- --- --- --- --- --- 200.747 147.918 --- --- 52.681 63.213 145.209 200.734 3.317 3.602 53.095 16.117 --- --- 22.928 27.228 --- --- --- --- --- --- 210.964 210.916 --- ---

2006 --------73.712 ------187.813 --62.708 230.953 5.037 34.025 --26.751 ------154.041 ---

53


Táboa 8: Volumes económicos por orientacións (1999–2006) Produción Volume de negocio (€) 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 Orientacións animais Polos produtor Polos industria Ovos Lácteos Carnes Alimentos animais Mel e produtos apícolas Outros Outras elaboracións TOTAL

15.887 8.178 --- --- --- --- --- --- --- 287.482

37.802 28.624 613 --- --- --- --- --- --- 395.816

56.282 51.074 1.349 --- --- --- --- --- --- 576.376

--- --- --- --- 11.135 34.636 893.720 1.886.774 34.416 198.366 231.658 285.943 --- 6.636 12.254 14.769 --- --- 1.725.423 2.999.615

--- --- 120.129 3.101.505 478.569 342.071 42.334 --- 97.670 5.012.799

--- --- 283.673 3.697.352 1.188.362 424.490 39.511 --- 450.939 6.799.458

2006 ----476.351 4.523.958 1.000.394 508.420 84.586 --448.901 7.817.650

A ampliación paulatina do abano de produtos certificados motivou a modificación do sistema de agrupamento, razón pola que en practicamente ningún caso existe continuidade no tempo para os datos presentados. Así, por exemplo, as orientacións “castaña” e “mazá” (produción en soutos tradicionais ou pomares), que eran recollidas nos listados de datos dos primeiros anos, foron englobadas no grupo “recolleita silvestre” e posteriormente no de “bosque e recolleita silvestre”, e cando estas orientacións produtivas implicaron manexos que transcenderon á recolleita tradicional, pasaron a contabilizarse coa consideración de “froiteiras”. Esta é unha proba máis que enriquece a idea da necesidade de proceder a unha reforma da sistemática de recollida de información no sector. O Gráfico 16 amosa a evolución da cifra total de negocios do conxunto do sector en Galiza. O maior incremento porcentual no volume de negocio total obsérvase entre os anos 2001–2002 (200%), período no que, como xa se comentou, entran a formar parte do mercado de produtos ecolóxicos, producións gandeiras tan significativas como o vacún de carne e de leite. Nas campañas 2003 e 2004 os incrementos foron do 65-75% anual, mentres que a partir deste momento os valores comezan a diminuír, con porcentaxes do 36% e 15% para os anos 2005 e 2006 respectivamente. Realmente non existe unha información detallada sobre a estrutura económica das explotacións e as súas contas económicas e, por conseguinte, dos datos económicos globais do sector; os datos anteriores son en realidade estimacións e aproximacións, pero neste caso Galiza non é a excepción: trátase dun problema común ao sector ecolóxico en toda Europa, que vai ser abordado previsibelmente coa posta en vigor da nova normativa de produción.

54


8.000 7.000 6.000 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0

Volume de negocio (miles de € )

2006

2005

2004

2003

2002

2001

2000

1999

Gráfico 16: Evolución do volume de negocio

55


Caracterización das orientacións produtivas Consideracións xerais

Un dos principios fundamentais da agricultura ecolóxica, e que conforma unha das diferenzas máis salientábeis coa produción convencional, é que o achegamento á actividade agraria debe realizarse a partir de agrosistemas sustentábeis nos que se integren as producións que se pretenden desenvolver. Para iso, resulta ás veces moito máis importante unha correcta observación do medio (territorio, clima, solo, agricultura convencional...) que as técnicas de manexo ou de cultivo que se van empregar, e mesmo que as propias orientacións elixidas. Resulta fundamental, no contexto da produción ecolóxica, que sexa o contorno quen facilite e acolla o aproveitamento da actividade, dado que, sen iso, o proceso pode resultar económica e ecoloxicamente inviábel. Ao fío destas consideracións, dentro do conxunto das producións ecolóxicas galegas implantadas, obsérvanse diversos graos de adaptación ao medio que van dende orientacións cun forte nivel de integración, nas que apenas é necesaria a intervención nas técnicas de manexo -de tal maneira que ás veces o único elemento de mediación é a certificación- ata aqueloutras onde resulta preciso manter unha intervención continuada en medios de produción e man de obra para soster a produción. Así, podemos considerar a existencia de tres grandes grupos de orientacións: • Nun primeiro grupo estarían comprendidas aquelas producións cunha integración total ou case total no medio, onde apenas se teñen producido modificacións entre a propia actividade e a súa consideración como ecolóxica. Estariamos a falar fundamentalmente de aproveitamentos como a “recolleita silvestre”, onde teñen cabida os soutos de castaña, os pomares tradicionais á beira dos predios ou a recolleita de cogomelos no monte. A gandaría de vacún de carne en réxime extensivo, cun desenvolvemento fundamentado nos pasteiros e con dispoñibilidade dunha ampla base territorial, podería tamén definirse deste modo. • En segundo lugar, e como termo intermedio, xorden outras producións onde comeza a ser necesaria a adopción de pautas substitutivas ou paliativas para a súa implantación. A avicultura, cunha gran dependencia de concentrados de produción ecolóxica, ou o vacún de leite, onde ademais dos pensos resulta imprescindíbel o concurso duns rendementos forraxeiros aceptábeis, son algúns exemplos. • Por último, aproveitamentos como o viñedo, onde a climatoloxía galega fai practicamente imprescindíbel a aplicación de tratamentos antifúnxicos periódicos, ou o caso da horta de verán, cando menos nalgunhas áreas, son producións onde se fai precisa a aplicación de medios de loita máis complexos de cara á súa implantación.

56


Estas consideracións resultarán claves á hora de estabelecermos liñas de planificación estratéxica, concretadas nos sistemas de ordenación produtiva: resulta obvio que, á hora de valorar a posibilidade de accións de fomento diferencial por áreas xeográficas ou mesmo á hora de estudar a introdución de novas orientacións, o nivel de integración da orientación e o medio no que se vai desenvolver resulta imprescindíbel para a súa competitividade.

57


Descrición das principais orientacións produtivas Orientacións agrícolas Pastos, pradeiras e forraxes As preto de 8.100 hectáreas dedicadas a este aproveitamento sitúano de xeito moi destacado á cabeza das producións ecolóxicas galegas. A pesar de que nalgúns casos existen parcelas rexistradas integradas noutro tipo de explotacións, a produción atópase case totalmente vinculada ás producións gandeiras ecolóxicas, e de xeito fundamental ás de vacún. Ao igual que no caso da produción convencional, onde en ocasións as explotacións galegas vense na necesidade de mercar forraxes doutras áreas do Estado para a alimentación do seu gando, a produción ecolóxica de forraxes para a súa venda poderíase converter nunha opción de interese, sobre todo naquelas zonas que contan con dispoñibilidade de rega.

Bosque e recolleita silvestre: castaña e mazá Á marxe de casos moi puntuais, como por exemplo a recolleita de loureiro, este aproveitamento atinxe á produción de mazá para sidra, noz e fundamentalmente castaña. O criterio de discriminación empregado pola definición desta orientación (“recolleita silvestre”) con respecto da orientación denominada “produción froiteira” baséase na total ausencia de coidados ou manipulacións regulares das árbores (podas, estabelecemento de marcos de plantación, fertilización...), circunscribíndose a recolleita aos pomares ou soutos tradicionais. Os Mapas 6 e 7 reflicten a distribución de superficies dedicadas a soutos e pomares respectivamente, de acordo con datos do CRAEGA15.

58


sen explotacións menos de 1ha de 1 a 10 ha

de 10 a 20 ha de 20 a 50 ha máis de 50 ha

Mapa 6: Superficie de castiñeiros (silvestre) por concello

sen explotacións menos de 1ha de 1 a 10 ha

de 10 a 20 ha de 20 a 50 ha máis de 50 ha

Mapa 7: Superficie de maceiras (silvestre) por concello

Como se ve nos mapas, a meirande parte da superficie dedicada a esta actividade concéntrase nos concellos da montaña de Lugo16, como son Baralla, Láncara, O Incio ou Folgoso do Courel, con pequenas áreas, no caso dos castiñeiros, nas outras tres provincias. A pesar do elevado número de explotacións rexistradas e da superficie total inscrita (arredor das 1.000 hectáreas), cómpre tomar esta posíbel fortaleza produtiva coa debida cautela. Por unha parte, esta orientación recolle tamén outras superficies que non responden directamente á recolleita de froitos (por exemplo, piñeirais, carballeiras ou monte baixo para recolleita de cogomelos). Pola outra, a superficie inscrita responde ás prácticas ecolóxicas de manexo vinculadas á parcela de localización das árbores, feito que, considerando a maioritaria presenza de pés illados, sobredimensiona as cifras finais.

. É precisamente nestes casos onde se visualiza con maior claridade a diferenza entre superficies e producións, de acordo co sinalado na primeira epígrafe deste capítulo. 16 . Esta marcada focalización responde, ademais da propia presenza deste tipo de aproveitamentos nesta área da Galiza, ao feito da creación inicial dunha asociación que motivou a agregación de inscricións ao facilitar os trámites administrativos e o traballo comercial. 15

59


No entanto, trátase de pautas estatísticas comúns ás outras áreas do Estado e da agricultura ecolóxica internacional, polo que se mantén a súa representatividade relativa. É fundamental resaltar tamén que se trata en calquera caso dun aproveitamento considerado como un mero complemento da renda familiar, cunha clara falta de profesionalización produtiva. Os resultados da enquisa ás explotacións reforzan as anteriores afirmacións. Trátase de produtores e produtoras que non viven desta actividade e que amosan incerteza ante a continuidade do aproveitamento. Ademais, consideran suficiente a información dispoñíbel e o apoio para a realización de trámites burocráticos, aínda que demandan un maior nivel das axudas á produción así como a promoción de canles comerciais.

60


Froiteiras Defínese esta orientación como a correspondente a explotacións nas que as árbores froiteiras están sometidas a algún tipo de práctica cultural, por sinxela que sexa. Dentro das algo máis de 300 hectáreas inscritas como aproveitamento ecolóxico de froita, existen explotacións puntuais de castiñeiros ou producións como ameixeiras, cerdeiras, mirabeles ou pequenos froitos, aínda que o carácter comercial restrínxese case exclusivamente á mazá e ao kiwi. A case totalidade da produción de mazá destínase á elaboración de sidra ecolóxica. As perspectivas de mercado son polo momento moi limitadas ao existir unha única industria de transformación, que ten por outra banda cuberta a súa capacidade de lagar. Os concellos lugueses de Láncara e Baralla centran a meirande parte do volume producido. Xa cunha menor representatividade, pódense citar tamén outras áreas de produción como os concellos de Ourense, Chantada ou Muxía. De igual modo que no caso da produción de kiwi convencional, o kiwi ecolóxico galego posúe un destacado peso relativo dentro do conxunto do Estado. Este feito, engadido á sinxela adaptación deste cultivo ás pautas da agricultura ecolóxica e á existencia en Galiza de empresas de comercialización, outorga certa potencialidade ao seu cultivo, sobre todo fundamentado na demanda exterior. Mapa 8: Distribución de maceiras (orientación froiteira) por concello

sen explotacións menos de 1 ha de 1 a 10 ha

de 10 a 20 ha de 20 a 50 ha máis de 50 ha

61


Hortalizas e tubérculos A rendibilidade da produción hortícola ecolóxica en Galiza resulta moi limitada, precísase xeralmente doutros ingresos para completar a renda familiar. A actual superficie en produción é de aproximadamente 60 hectáreas, apenas o 1% do total estatal. Como resulta habitual, a principal eiva desta orientación refírese ao escaso desenvolvemento do mercado galego. O escaso volume de produción, xunto á atomización e dispersión das explotacións, dificulta a implantación de canles comerciais estábeis, correspondéndolle, na meirande parte dos casos, á propia explotación o labor de dar saída á súa produción. Segundo estimacións realizadas por persoas expertas, arredor do 75% das hortalizas ecolóxicas galegas son comercializadas a través de venda directa ou comercio polo miúdo e máis do 90% do total do produto vendido expídese a granel (100% no caso da pataca, ao non existir envasadoras rexistradas), co aval dos volantes de circulación pero sen contar co preceptivo selo do CRAEGA. Resulta importante engadir tamén que o estabelecemento de explotacións hortícolas ecolóxicas presenta dificultades en determinadas áreas de produción por mor de contaminacións derivadas dos cultivos convencionais.

sen explotacións menos de 1 ha de 1 a 2 ha

de 2 a 4 ha de 4 a 6 ha máis de 6 ha

Mapa 9: Distribución de horta ecolóxica por concellos (Fonte: CRAEGA 2008)

62

sen explotacións menos de 1 ha de 1 a 2 ha

de 2 a 4 ha de 4 a 6 ha máis de 6 ha

Mapa 10: Distribución de horta convencional por concellos (Fonte: Directorio hortoflorícola 2007)


Os Mapas 9 e 10 recollen a distribución espacial das explotacións de horta ecolóxica e do conxunto convencional-ecolóxico17 respectivamente. A súa análise amosa a existencia dun elemento singular: a localización dos principais focos da produción hortícola ecolóxica mantén unha marcada discordancia respecto das áreas tradicionalmente destinadas á horticultura en Galiza (coincidentes cunha distribución no contorno do eixo atlántico -comarcas do Baixo Miño, O Salnés, Bergantiños ou Betanzos-). Así, as maiores superficies hortícolas en agricultura ecolóxica atópanse en concellos como Baralla, Curtis, Palas de Rei ou Ribadeo. O principal elemento diferenciador que se obtén da enquisa realizada ás explotacións é a demanda de apoio dende a Administración, xa que se trata dunha das orientacións produtivas onde menor impacto económico teñen as axudas dispoñíbeis. Apréciase tamén un maior nivel de discrepancia co funcionamento do Consello Regulador que no caso das restantes producións.

. No último caso trátase máis concretamente das explotacións de horta con máis de 500 m2 de invernadoiro, que son as incluídas na estrutura do Directorio Hortoflorícola 2007. 17

63


Viña O cultivo de viña baixo os parámetros da agricultura ecolóxica en Galiza goza polo momento de moi escasa representatividade, cunha superficie en produción inferior ás 40 ha, o menor valor dos das áreas do Estado onde conta con presenza. Un dos principais problemas para o seu desenvolvemento é o período de reconversión, que ten un mínimo de 3 anos. A meirande parte das explotacións existentes en Galiza atópanse neste período de transición, e ao mesmo tempo as pequenas adegas nas que se elabora só se poderán inscribir ao finalizar o dito intervalo de tempo. Ademais, á marxe de casos puntuais, as iniciativas están vinculadas ás denominacións de orixe dos viños galegos, con presenza na actualidade nas áreas protexidas de Valdeorras, Ribeira Sacra e Rías Baixas, e que tamén se estenderá en breve ás de Monterrei e Ribeiro. Factores como o minifundio, a concentración de produción de viña en determinadas zonas, a orografía e, sobre todo, a climatoloxía galega, complican tecnicamente as posibilidades da viticultura ecolóxica. Non obstante, o elevado custo da aplicación de tratamentos fitosanitarios e o efecto negativo que estes teñen no cultivo están a facer que na propia viticultura convencional se estean a reducir as aplicacións ao máximo, recorrendo a métodos preventivos extensíbeis á agricultura ecolóxica, feitos que aumentan as opcións de adaptación e a viabilidade do cultivo ecolóxico. O viño de produción ecolóxica estase a introducir paulatinamente nos mercados e a gañar importancia dentro do contexto das producións ecolóxicas, aínda que polo momento a demanda concéntrase fóra de Galiza, fundamentalmente en países do contorno europeo.

sen explotacións menos de 1 ha

de 1 a 5 ha máis de 5 ha

Mapa 11: Distribución de viña por concello

64


Outras producións agrícolas Dentro deste grupo de carácter máis puntual, pódense citar outros aproveitamentos como os cereais (sempre con pequenas superficies de produción e vinculación directa con explotacións gandeiras ou ben con destino a panificación mediante a súa venda a pequenas tafonas), a faba (escasa presenza en pequenas explotacións da área da mariña lucense) ou as herbas aromáticas e medicinais, comercializadas cortadas e secas e cun mercado limitado que aínda está por desenvolver.

65


Orientacións Gandeiras Vacún de carne Galiza presenta unhas magníficas condicións para a produción de carne ecolóxica de vacún, sustentadas sobre todo nun manexo tradicional que, en moitos casos, apenas se afasta dos fundamentos da agricultura ecolóxica. Como xa se citou con anterioridade, a verdadeira expansión desta orientación veu da man da aplicación no ano 2001 das axudas agroambientais. No entanto, ademais do indubidábel pulo deste apoio económico, o vacún ecolóxico de carne sustentouse nun destacado dinamismo do sector, baseado en explotacións asentadas e con firme vontade de continuidade produtiva así como en iniciativas comerciais destinadas á apertura de mercados. Na actualidade, Galiza, con preto de 4.000 animais, sitúase, tras Andalucía, Cataluña e Estremadura, no cuarto lugar do contexto estatal en número de cabezas de vacún de carne en produción ecolóxica, cifra que representa arredor do 5% dos efectivos gandeiros do Estado. Este valor porcentual resulta inferior á representatividade do vacún de carne de produción convencional, onde o censo galego supón arredor do 11% do total estatal18.

sen explotacións de 0 a 50 cab. de 50 a 100 cab.

de 100 a 150 cab. de 150 a 200 cab. máis de 200 cab.

Mapa 12: Distribución de vacún de carne ecolóxica por concellos

. Fonte: “Anuario de Estadística Agroalimentaria 2006”

18

66

sen explotacións de 1.000 a 4.000 cab. menos de 100 cab. máis de 4.000 cab. de 100 a 1.000 cab. Mapa 13: Distribución de vacún de carne total por concellos (Fonte: Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estudos e Publicación da CMR 2006)


Os Mapas 12 e 13 recollen os datos sobre o total de cabezas de vacún de carne de orientación ecolóxica, comparadas cos datos totais. Tal como se pode apreciar, as explotacións ecolóxicas atópanse fundamentalmente nas provincias de Lugo e Ourense, cunha distribución que responde na meirande parte dos casos a unha serie de variábeis comúns: • Áreas con destacada presenza de gandaría de vacún con orientación cárnica. • Elevada dispoñibilidade de base territorial, asentada na posibilidade de emprego de extensas superficies de montes veciñais en man común ou en procesos de concentración parcelaria. • Existencia de movementos cooperativistas con actuacións específicas para a saída comercial da carne ecolóxica. Respecto da comercialización, máis do 60% da carne ecolóxica da Galiza sae ao mercado a través de tres agrupacións de produtores que, en conxunto, teñen introducido alternativas, tales como a cría de razas autóctonas en perigo de extinción ou tecnoloxías de envasado como a atmosfera modificada e o skin19, encamiñadas á apertura de novos ocos comerciais20. Polo que respecta ás explotacións non asociadas, o sistema comercial varía dende a venda directa ao consumo final con subministración a domicilio, a saída de animais cara a outras áreas do Estado onde se produce a certificación ou ben, maioritariamente e por mor dos baixos prezos de mercado, a venda como carne de produción convencional. Unha vez se actúe sobre os actuais atrancos comerciais, as perspectivas de futuro para a orientación semellan boas. Unha das posíbeis alternativas que se deberían seguir podería ser o apoio en estruturas comerciais cun nivel de introdución estábel, como pode ser a da IXP Ternera Gallega. Así, de igual modo que xa se está a facer con éxito no caso dos viños ou queixos con denominación de orixe, a sinerxía de ambos os dous selos achegaría a combinación dun sistema de manexo e traballo específico coa garantía de orixe do produto. En principio sería posíbel afianzar un primeiro mercado obxectivo como é o estatal, para paulatinamente ou en determinados produtos ou momentos apostar pola exportación. Tal e como se recolle na enquisa, ademais do mantemento das axudas agroambientais, a principal demanda exposta por parte das explotacións de vacún de carne fai referencia á necesidade de apoio ao desenvolvemento comercial e á apertura de mercados, sobre todo a nivel interno galego. . Denomínase skin a un sistema de envasado ao baleiro, formado por dous filmes soldados: o superior adoita ser multicapa, con elevado efecto barreira e transparente, mentres que o inferior é semirríxido, o que proporciona ao produto un efecto tridimensional moi valorado comercialmente. 20 . SÁNCHEZ DE DIOS, A. et al. “Produtos Cárnicos Galegos: oportunidades de mercado”. Consellería do Medio Rural. 2006. 19

67


Vacún de leite Ademais do leite, outros produtos lácteos como os queixos e iogures ecolóxicos están a rexistrar aumentos significativos na súa demanda. Neste sentido, é imprescindíbel resaltar a boa posición relativa de Galiza, que se atopa á cabeza do conxunto estatal da produción láctea ecolóxica de vacún. As máis de 1.200 cabezas das explotacións galegas supoñen máis da metade do total de animais de vacún de leite ecolóxico do Estado, porcentaxe superior á xa relevante posición relativa da orientación convencional de vacún de leite do país (arredor do 35%). Na campaña 2006, a certificación de leite ecolóxico de vacún ascendeu a 8,7 millóns de litros, o que supuxo case o 60% do volume de negocio dos produtos ecolóxicos galegos. As expectativas deste aproveitamento son moi positivas, pois tras a forte expansión inicial, á que seguiron uns anos de certo parón na inscrición de explotacións, na actualidade a demanda do produto está a producir a tramitación de novos rexistros. O emprego, en gran medida, de canles comúns para os lácteos convencionais e os ecolóxicos conseguiu un destacado nivel de introdución no mercado deste tipo de produtos. A necesidade de contar con abundante superficie de orientación forraxeira, así como os fortes requirimentos económicos para a aparición de explotacións de nova creación, derivan na reconversión de granxas de produción de leite no seo dalgunhas das áreas de produción láctea tradicionais en Galiza. Ademais, a existencia de iniciativas transformadoras, ben a título individual (queixos, iogures, leite pasteurizado) ou ben con vinculación aos centros de recollida e elaboración (leite UHT), definen a localización de boa parte das explotacións desta tipoloxía. Os Mapas 14 e 15 reflicten a distribución espacial do vacún de leite de produción ecolóxica comparada coa distribución total.

68


sen explotacións de 0 a 50 cab. de 50 a 100 cab.

de 100 a 150 cab. máis de 150 cab.

Mapa 14: Distribución de vacún de leite ecolóxico por concellos

sen explotacións de 0 a 1.000 cab. 100 a 1.000 cab.

1.000 a 5.000 cab. 5.000 a 10.000 cab. máis de 10.000 cab.

Mapa 15: Distribución de vacún de leite total por concellos (Fonte: Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estudos e Publicacións da CMR 2006)

Basicamente, a distribución da produción ecolóxica coincide coas áreas de maior produción leiteira convencional. Para a reconversión de explotacións convencionais resulta imprescindíbel contar cunha alta dispoñibilidade de base territorial e con cargas gandeiras reducidas, que ao mesmo tempo que permiten a adaptabilidade ás pautas da regulamentación ecolóxica tamén outorguen viabilidade ao cambio. A produción ecolóxica vese limitada, xa que logo, cara a explotacións de dimensión mediana–grande. De acordo coa enquisa, as explotacións de vacún de leite amósanse, polo xeral, satisfeitas con teren tomada a decisión de reconversión cara á agricultura ecolóxica. Ao igual que o de vacún de carne, son un sector dinámico e que albisca boas perspectivas de futuro. Por último, non botan de menos melloras de mercado, senón un maior nivel de aconsellamento.

69


Avicultura Actualmente toda a produción avícola ecolóxica de posta en Galiza xira arredor dunha mesma integradora da que forman parte un total de oito granxas que dispoñen en conxunto de arredor de 14.000 pitas poñedoras. Estes valores sitúan a produción galega á cabeza da do Estado, cunha porcentaxe que se achega ao 24%. O volume de negocio no ano 2006 foi de case 480.000 €, un 6% do total das producións ecolóxicas galegas. Existen ademais algunhas pequenas explotacións individuais inscritas tamén no CRAEGA, pero que non comercializan a súa produción como ecolóxica (vendas a particulares, hostalaría ou mesmo autoconsumo). O mercado de ovos ecolóxicos está a experimentar unha demanda crecente. A introdución nas cadeas de distribución e a boa aceptación por parte do sector consumidor están a converter como principal factor limitante á propia capacidade de produción e non á falta de mercado. O sector consumidor galego absorbe aproximadamente o 40% do total da produción, comercializándose a restante noutras áreas do Estado e mesmo exportando cara a Portugal. Non obstante, existe outra serie de condicionantes que non convén esquecer: • O incremento sufrido polos prezos dos cereais afecta en gran medida a produción avícola en xeral, feito que se agrava aínda máis no caso dos pensos ecolóxicos. Ademais, a flutuación no prezo dos concentrados vese limitada tamén pola obrigatoriedade da súa composición proteica de orixe vexetal. • As restricións en canto á dispoñibilidade de superficie ou as limitacións no estabelecemento de lotes tara en gran medida a dimensión das explotacións ecolóxicas. Este feito mingua a competitividade destas granxas fronte a outras producións, como, por exemplo, os ovos campeiros. • Á marxe de consideracións lexislativas, na actualidade, e cun horizonte temporal cando menos a curto prazo, a comercialización de ovos caseiros resulta un claro factor de competencia. sen explotacións menos de 100 pitas 100 a 1.000 pitas

1.000 a 2.000 pitas 2.000 a 3.000 pitas máis de 3.000 pitas

Mapa 16: Distribución da avicultura de posta por concellos

70


Polo que respecta á produción ecolóxica de aves con orientación cárnica, a demanda atópase sen unhas claras previsións de crecemento inmediato. A estrutura produtiva resulta semellante á do caso anterior, cun funcionamento de cría integrado e concentrado e un posterior sacrificio e comercialización con asociación directa a este. Atópanse rexistradas tan só catro explotacións, aínda que a súa dimensión (case 11.000 polos de engorde) e a escasa presenza deste aproveitamento no conxunto do Estado fan que o volume de produción galego, equivalente ao de Cataluña, tan só se vexa superado pola avicultura ecolóxica de carne en Andalucía.

sen explotacións menos de 100 polos 100 a 1.000 polo

1.000 a 2.000 polos 2.000 a 3.000 polos máis de 3.000 polos

Mapa 17: Distribución da avicultura de carne por concellos

71


Apicultura O sector da produción de mel ecolóxico foi un dos que menor pulo recibiu coa posta en marcha das axudas agroambientais. Así, o número de explotacións e o de colmeas e alvarizas estivo moi limitado ata datas recentes. Esta situación parece que está a mudar, contabilizándose na anualidade 2006 preto de 4.200 colmeas inscritas, aproximadamente o 10% das rexistradas en agricultura ecolóxica no Estado. A produción apícola existente repártese case en exclusiva entre as provincias de Ourense e, sobre todo, Lugo. As explotacións de Lugo comercializan o seu produto envasado (ben individualmente ou ben de modo agrupado), principalmente no mercado galego e de xeito máis ocasional noutras áreas do Estado. No entanto, no caso das explotacións ourensás, a saída do produto realízase a granel, con destino maioritario cara á exportación. Esta última opción de venda, a pesar dun menor prezo de saída, presenta as vantaxes da comercialización conxunta de toda a produción e o aforro de custos tanto en envases ou etiquetaxe como nos investimentos necesarios en instalacións. En definitiva, a produción de mel ecolóxico constitúe un aproveitamento cunha interesante potencialidade en Galiza. O principal atranco para o seu desenvolvemento ten relación coa acusada dispersión de núcleos poboacionais e ao minifundismo galego, o que dificulta o cumprimento dos radios mínimos de pecoreo libres de posibilidade de contaminación por mor da agricultura convencional. A orientación deberá ir entón ligada a áreas xeográficas máis illadas e menos intensivas; caso, por exemplo, das zonas de soutos ecolóxicos, montes en man común ou espazos protexidos.

sen explotacións ata 25 colmeas 25 a 50 colmeas

50 a 150 colmeas 150 a 250 colmeas máis de 250 colmeas

Mapa 18: Distribución de colmeas por concello

72


Outras producións gandeiras A aplicación das axudas agroambientais e a súa relación directa coa dispoñibilidade de base territorial motivou, como xa se viu, a suba de varias producións gandeiras ecolóxicas, entre elas, tamén as de ovino e cabrún. Ora ben, a pesar da inscrición de varias explotacións desta tipoloxía produtiva, a falta de demanda deste tipo de carnes baixo os parámetros da agricultura ecolóxica ten motivado que as tentativas comerciais desenvolvidas ata o de agora non tiveran ningunha resposta por parte do mercado. En canto ás restantes producións gandeiras, con carácter xa totalmente puntual, e cunha presenza de explotacións unicamente a título individual, pódese citar a existencia dunha explotación porcina ecolóxica no norte da provincia da Coruña, centrada na cría de animais de raza Porco Celta para a elaboración de embutidos, así como o funcionamento no concello de Boqueixón dunha granxa ecolóxica de poldros para carne.

sen explotacións 250 a 500 cab. ata 100 cab. máis de 500 cab. 100 a 200 cab. Mapa 19: Distribución de ovino e cabrún por concellos

73


O sector da transformación Previamente á análise das instalacións de procesado segundo os sectores produtivos, resulta de interese citar unha serie de aspectos definitorios da industria ecolóxica galega. Entre o relativamente elevado número de operadoras rexistradas (65 segundo os datos máis actuais dispoñíbeis) atópanse industrias de moi distinta entidade produtiva. Así, a grandes trazos distínguense: • Instalacións que contan cunha elevada capacidade transformadora (caso, por exemplo, do envasado de leite UHT, o procesado de castaña ou os matadoiros), que son fundamentalmente industrias convencionais con seccións de produción ecolóxica, ben sexa pola separación de procesos produtivos no espazo ou ben no tempo. • En segundo lugar existen industrias de tamaño medio-pequeno nas que adoita existir unha vinculación máis exclusiva co procesado de produtos ecolóxicos e onde comeza a facerse máis directa a relación explotación/industria. Sería este o caso de, entre outros, algunha envasadora de produtos hortofrutícolas ou a industria láctea para a comercialización de leite pasteurizado ou queixos. • Por último, contabilízanse pequenas operadoras que responden á mera necesidade de inscrición no rexistro de industrias para poder realizar unha mínima transformación e contar co preceptivo selo de certificación. Aquí, a figura do produtor e do elaborador é a mesma, tratándose de pequenas instalacións envasadoras de horta, mel ou viño, por citar algúns exemplos.

Táboa 9: Número de industrias inscritas en produción ecolóxica 2006 Nº industrias

Actividade

% sobre o conxunto do Estado

Industrias relacionadas coa produción vexetal

74

Manipulación e envasado de produtos hortofrutícolas frescos

9

2,78%

Adegas e embotelladoras de viños

4

1,02%

Panificación e pastas alimentarias

8

4,23%

Conservas, semiconservas e zumes vexetais

3

2,56%

Manipulación e envasado de froitos secos

5

6,09%

Elaboración de especias, aromáticas e medicinais

2

3,27%

Preparados alimenticios

2

3,27%

Galletas, confeitaría e pastelaría

1

2,38%

Outras

2

0,65%


Táboa 9: Número de industrias inscritas en produción ecolóxica 2006 Actividade

Nº industrias

% sobre o conxunto do Estado

Industrias relacionadas coa produción animal Matadoiros e salas de despezamento

8

8,00%

Mel

4

6,67%

Leite, queixos e derivados lácteos

7

13,72%

Fábricas de alimentos animais

3

9,67%

Ovos

2

6,89%

Nos existen datos estatísticos sobre o volume produtivo, a facturación nin emprego xerado polo sector, o que leva a facer de novo incidencia na necesidade da reforma do sistema de información estatística. A porcentaxe da elaboración e a comercialización entre o conxunto de operadoras inscritas en agricultura ecolóxica achégase ao 13%, mentres que a nivel estatal este valor atópase arredor do 10%. A localización destas agroindustrias áchase moi espallada no conxunto de Galiza, con presenza en máis de 40 concellos. A Coruña e Palas de Rei, en Lugo, con tres instalacións de procesado de produtos ecolóxicos en cada caso e, sobre todo, o concello de Chantada, con seis rexistros, amosan a maior concentración destas. Cando se realiza unha comparativa entre o reflexo económico da produción gandeira ecolóxica fronte á produción vexetal, e estes datos se contrastan co número de produtores de cada un dos dous subsectores, a conclusión obtida é dun significativo desequilibrio. Mentres que nos produtos de orixe animal a transformación (e polo tanto o valor engadido) resulta maior, na produción vexetal esta atópase moi limitada. De aí que resultaría importante pensar no fomento da transformación dos produtos vexetais ecolóxicos, quizais indo máis aló do actual envasado en tarros de vidro, con actuacións encamiñadas cara a, por exemplo, pratos precociñados, deshidratados, ensaladas de cuarta gama ou mesmo ultraconxelados (como se está a facer coa castaña). Podería ser ademais un bo xeito de rachar a estacionalidade e ter unha presenza máis continuada no mercado.

Manipulación e envasado de froitos secos A castaña ecolóxica destínase ás industrias galegas, con manipulacións cara á obtención de, entre outros produtos, castaña cocida envasada ao baleiro, purés, castaña en xarope ou, sobre todo, castaña ultraconxelada (de gran aceptación e con destino cara á exportación –Francia, Suíza, Alemaña, EE.UU.– para a preparación posterior de elaborados).

75


A presenza de destacadas fábricas de procesado de castaña convencional na xeografía galega e o seu rexistro no CRAEGA concentra tamén a manipulación de castaña de produción ecolóxica. Contabilízanse un total de cinco destas instalacións, sitas no concello de Ourense (2) e no suroeste da provincia de Lugo, nos concellos de Chantada, Monterroso e O Páramo, con cadansúas industrias.

Manipulación e envasado dos produtos hortofrutícolas O envasado do produto hortícola fresco (barquetas, redes, bolsas...) baixo o amparo do selo de produción ecolóxica resulta practicamente inexistente en Galiza. A pesar da potencial competitividade do sector da transformación de produtos hortícolas ecolóxicos e dos investimentos que se teñen realizado nos últimos anos na industria galega, ata o de agora o nivel de desenvolvemento resulta limitado. Elabóranse marmeladas, salsas de tomate, conservas de espinaca, conservas de coliflor..., sempre con envasado ao baleiro en tarros de cristal. Por último, a produción de mazá ecolóxica no territorio galego destínase fundamentalmente á elaboración de sidra ecolóxica, coa actividade dunha única industria, sita no concello de Chantada, cuxa capacidade de transformación (na actualidade cuberta) limita polo momento a expansión da recolleita de froito para tal fin.

Adegas En consonancia coa expansión que está a experimentar a viticultura ecolóxica na actualidade, xa teñen presenza no mercado viños ecolóxicos de procedencia galega. Trátase de modo fundamental de explotacións/ adegas de colleiteiros, sen que existan grandes industrias transformadoras implicadas ata o momento.

Industrias cárnicas Os escasos cambios técnicos necesarios para a adaptación das instalacións de sacrificio convencionais cara á produción ecolóxica fan que o rexistro destas últimas teña en todos os casos carácter mixto, sen que se considere necesario o estabelecemento de industrias específicas para o tratamento do gando de produción ecolóxica. Os matadoiros autorizados traballan exclusivamente a maquía, sen intervir en ningún caso na comercialización do produto. Así, ao tratárense de matadoiros convencionais que teñen obtido a acreditación para operar tamén en ecolóxico, a súa localización responde, ademais de estar no contorno das áreas de produción, á proximidade aos grandes centros de consumo.

76


sen explotacións ata 50 cab. 50 a 100 cab.

100 a 150 cab. 150 a 200 cab. máis de 200 cab.

industrias cárnicas

Mapa 20: Localización das industrias cárnicas inscritas

sen explotacións ata 50 cab. 50 a 100 cab.

100 a 150 cab. máis de 150 cab. industrias lácteas

Mapa 21: Localización das industrias lácteas inscritas

Industrias lácteas A industria láctea ecolóxica atópase moi concentrada, cunha única instalación de transformación para a obtención de leite UHT (concello de Vilalba), que recolle materia prima de explotacións espalladas pola xeografía galega, e un conxunto de industrias de moita menor capacidade produtiva, que elaboran leite pasteurizado, queixos ou iogures, e que fundamentalmente están vinculadas a explotacións individuais. En conxunto, coa elaboración dalgún dos produtos citados, presentan actividade no momento actual sete agroindustrias rexistradas baixo a epígrafe “leite, queixos e derivados lácteos”. Tal coma se pode observar no mapa que se xunta, a distribución destas instalacións lácteas de transformación responde á propia localización das explotacións de produción.

77


Fabricación de alimentos para o gando No rexistro de instalacións industriais do CRAEGA atópanse recollidas tres fábricas de pensos, aínda que actualmente mantén actividade de elaboración e certificación de concentrados ecolóxicos tan só unha delas, sita no concello de Rodeiro. Arredor da metade dos pensos ecolóxicos consumidos nas explotacións galegas proveñen da devandita agroindustria. Esta actividade industrial aínda non ten acadado a suficiente demanda de mercado que faga viábel a construción de novas fábricas ou liñas específicas para a produción de pensos ecolóxicos, resultando moito máis axeitada a reconversión de instalacións convencionais de pequena dimensión. A este feito convén engadirlle outras consideracións: • A dificultade para a limpeza e eliminación de residuos no funcionamento de liñas de procesado mixtas convencional/ecolóxica presenta serios atrancos para a consecución da certificación de produto ecolóxico. • Os problemas loxísticos derivados da escasa demanda na subministración de materias primas de produción ecolóxica provocan un incremento engadido ao xa de por si elevado prezo dos cereais ecolóxicos no momento actual.

Outras industrias As restantes actividades industriais que existen na actualidade amosan un peso representativo moito menos significativo dentro da produción ecolóxica galega. Así, entre outras, cítanse: • Especias, aromáticas e medicinais. Instalacións de pequeno volume produtivo con dedicación á produción e envasado deste tipo de plantas. Presentan ademais elaboración combinada con outros produtos como deshidratados de fungos e hortícolas. A materia prima é, na súa maior porcentaxe, de procedencia galega. • Das oito industrias rexistradas con orientación cara á panificación, seis delas están vinculadas a grandes centros comerciais. A dificultade para a obtención de cereais ecolóxicos do país fai que se recorra na meirande parte dos casos a materias primas de fóra de Galiza. • Envasado de ovos. No concello de Ourense, así como no de Chantada, na provincia de Lugo, teñen presenza cadansúas instalacións destinadas á clasificación e envasado de ovos ecolóxicos. • Outras. Elaboracións diversas, que van dende xerminados de soia e alfalfa (con destino a estabelecementos de herboristaría e dietética) ata preparados alimenticios (pan relado, mesturados de algas...).

78


A comercialización e o consumo 21 Ademais do reducido número de explotacións, da súa escasa dimensión e da dispersión destas, o problema fundamental da agricultura ecolóxica en Galiza é a estruturación da propia produción e das súas canles comerciais, hoxe en día apenas desenvolvidas. Resulta paradoxal que as explotacións afirmen ter elevadas dificultades para comercializar os seus produtos, e que, ao mesmo tempo, se vexan con capacidade de vender un volume maior se o tivesen. Ademais, o sector consumidor fai notar frecuentemente a dificultade para atopar produtos ecolóxicos. Polo tanto, resulta moi clara a actual deficiencia das canles comerciais e cómpre buscar estratexias para estreitar as distancias entre os sectores produtor–consumidor a través de elos intermedios eficientes e con marxes razoábeis.

Canles de comercialización Na actualidade, os produtos ecolóxicos están presentes na práctica totalidade dos circuítos comerciais (venda directa, comercio polo miúdo, comercio por xunto, circuítos especializados, gran distribución, comercialización on line…), aínda que a súa estruturación e loxística de distribución non están a satisfacer plenamente nin ao consumidor nin, sobre todo, ao sector da produción. As principais canles de mercado en Galiza son as seguintes: 1. Venda directa: Sistema empregado fundamentalmente para as pequenas producións. O propio produtor ou produtora encárgase tamén da parte comercial, ben na propia explotación ou ben a través de feiras e mercados. As vendas limítanse a produto fresco, sobre todo froitas e hortalizas, abranguendo en ocasións outro tipo de artigos como, por exemplo, o mel. 2. Comercio polo miúdo. Dentro desta tipoloxía de estabelecementos podemos distinguir: - Pequenas tendas de alimentación que dispoñen entre as súas referencias dalgúns produtos ecolóxicos. - Herbolarios e tendas de dietética. A pesar do seu carácter pioneiro dentro do comercio ecolóxico, o seu papel na distribución alimentaria está a diminuír e non resulta habitual atopar produto de procedencia galega nestes. - Tendas especializadas. Trátase de puntos de venda de trazos característicos, case sempre ligados a grandes núcleos de poboación e que unicamente comercializan produtos ecolóxicos. O persoal ao seu cargo adoita contar cun maior nivel de formación e capacidade para o aconsellamento e,

. Fontes: “Plan d’action européen en matière d’alimentation et d’agriculture biologiques. Commission des Communautés Européennes”. “Estudio de mercado. Observatorio del Consumo y la Distribución Alimentaria. Monográfico Productos Ecológicos. Informe Tercer Trimestre 2007”. “Estudio del Sector Industrial de Producción Ecológica. MAPA 2004”. “Consumo de Productos Ecológicos. Observatorio del Consumo y la Distribución Agroalimentaria del MAPA”. “El Sistema Comercial de los Productos Agroalimentarios Ecológicos en España. Arias Lario, N., Cuestas Díaz, P.J., Ruíz de Maya, S.”. 21

79


en ocasións, existe unha relación directa con explotacións do contorno. Convive o produto fresco (hortalizas, froitas e lácteos), case sempre de procedencia galega, con produto transformado. - Asociacións e cooperativas de consumo. As principais características dos puntos de venda deste tipo de agrupacións son coincidentes ao caso das tendas especializadas. Preténdese, no entanto, un maior vínculo e fidelización da demanda, resultando práctica habitual o desenvolvemento de actividades dinamizadoras (publicacións, charlas, cursos…). Ademais dun maior compoñente de concienciación medioambiental, o seu funcionamento responde á procura dun tipo de artigos que a distribución convencional non está a cubrir. - Gran distribución. Unha das claves do éxito do mercado de produtos ecolóxicos noutros países europeos foi o interese e introdución das cadeas de supermercados, logrando deste modo achegarse a un maior número de persoas consumidoras. No entanto, a nivel estatal as dificultades para un abastecemento en volume suficiente e homoxéneo ao longo do tempo ten limitado en gran medida o tipo de produtos aos que se pode acceder a través deste tipo de estabelecementos. Este feito agrávase moito máis no caso dos produtos ecolóxicos galegos, dos que soamente casos illados conseguiron facerse un espazo nos andeis, como, por exemplo, o leite UHT, os iogures, a carne de vacún ou os ovos.

Consumo A pesar de que os estudos estatísticos máis recentes afirman que un 60% das persoas consumidoras en Galiza (64,1% a nivel estatal) mercan ou teñen algunha vez mercado produtos ecolóxicos22, as respostas negativas seguen a fundamentarse, ademais de no seu elevado prezo, no descoñecemento e nas dificultades para atopar estes artigos nos puntos de venda habituais. Pola contra, motivos relacionados coa saúde e a calidade son os que máis se mencionan á hora de decidir a súa compra, mentres que a sensibilización medioambiental adopta un papel secundario. Por outra parte, o sector comercial amosa optimismo respecto da evolución positiva que na presenza no mercado están a cobrar os alimentos ecolóxicos. Percíbese un aumento na demanda e unha maior oferta por parte do sector distribuidor, ao tempo que se considera que contar con estes artigos proxecta unha boa imaxe do estabelecemento. No entanto, séguese a facer notar unha xeneralizada falta de coñecemento por parte das persoas compradoras.

. Cifras que, polas consideracións expostas ao longo de apartados anteriores, deben ser admitidas coas debidas cautelas.

22

80


Competencia con outros sistemas de produción Un elemento de competencia adicional á propia produción convencional é, para os produtos de agricultura ecolóxica, o procedente dos outros sistemas de produción controlada. Ademais das producións ligadas á orixe, a produción integrada, aínda que polo momento apenas ten implantación en Galiza, está a ser, noutras áreas de maior desenvolvemento, un competidor a ter en conta. O baixo nivel de información das persoas consumidoras sobre as diferenzas entre ambos os dous sistemas e a crenza –equivocada sen dúbida pero real– de que a produción integrada vén sendo algo así como un camiño intermedio ou unha forma light de produción convencional está a ocasionar unha certa distorsión na percepción do consumo. Proporcionar unha información correcta e clara será a única maneira de loitar contra este equívoco, e ese deberá ser un dos enfoques estratéxicos das campañas informativas e divulgativas. Existe adicionalmente un serio problema de competencia coas producións caseiras, xeralmente procedentes de excedentes do autoconsumo, e que ocupan un certo espazo no pequeno comercio galego de alimentación. Estes produtos son, por razóns de tradición cultural e tamén polas súas características organolépticas, habitualmente demandados polas persoas consumidoras, e ocupan un oco no que a produción ecolóxica tería posibilidade de asentarse.

81



Control, certificación e calidade Un dos procesos máis interesantes referido á evolución social nos países europeos, que se está a producir dende o último terzo do século XX, é o cambio radical no comportamento, a esixencia e os niveis de organización do sector consumidor. Cuestións como o crecente interese pola nutrición e a abundante información nos medios, as sucesivas crises e alarmas alimentarias e a irrupción como interlocutores sociais das organizacións de defensa do consumo foron incidindo progresivamente na visión política dos poderes públicos. Así, dende finais dos anos 90, as institucións comunitarias foron construíndo un edificio normativo de control e inspección que culmina, polo de agora, no Regulamento (CE) 178/200223 e no chamado “paquete de hixiene”24, que fundamentan o Sistema Europeo de Seguridade Alimentaria. Paralelamente van xurdindo, no mesmo ámbito, as diferentes figuras de produción agraria e alimentaria certificada, que inclúen, ademais das medidas xenéricas ás que antes se fixo referencia, normas específicas de control e certificación, ben para garantir a orixe e/ou métodos de produción ligados á orixe (caso das denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas e especialidades tradicionais garantidas), ben a aplicación de sistemas de produción específicos (casos da agricultura ecolóxica e da produción integrada)25.

Os sistemas de certificación Para estes sistemas de produción controlada é preciso construír mecanismos que garantan ao sector consumidor que o produto adquirido foi indubidabelmente producido ou elaborado seguindo as normas de produción e/ou orixe estabelecidas legalmente. Este é precisamente o papel que xogan os sistemas de certificación: determinan métodos de aval da produción por medio de entidades de control e certificación, que son as encargadas de velar polo cumprimento dos compromisos adoptados polas empresas operadoras acollidas ao sistema de produción. Cada país ou grupo de países determina os mecanismos de certificación e control e os requisitos esixíbeis ás entidades de control. No referente á agricultura ecolóxica, segundo o Organic Certification Directory da publicación Organic Standard, no ano 2006 operaban a nivel mundial 395 organismos certificadores de produción ecolóxica, . Regulamento (CE) 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2002, polo que se estabelecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, créase a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e fíxanse procedementos relativos á seguridade alimentaria. 24 . Regulamentos (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios, (CE) nº 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se estabelecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, e (CE) nº 854/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se estabelecen normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano. 25 . Nótese que, fronte ao que xeralmente se pensa, a certificación en agricultura ecolóxica non ten como obxectivo garantir a orixe dunha produción, senón a aplicación das normas regulamentarias de produción, sexa cal fose a súa orixe xeográfica. Técnica e regulamentariamente é factíbel –e de feito non inhabitual– certificar produción ecolóxica de orixe diferente á do país ou comunidade no que se produce a certificación. Se o que se quere é garantir a orixe dunha produción ecolóxica, pódese –e débese– recorrer á dobre certificación. 23

83


localizados fundamentalmente no continente europeo (41%), Asia (24%, sobre todo na China e no Xapón) e Norteamérica, onde operan o 20% das entidades rexistradas. Na Unión Europea, o Regulamento (CEE) 2092/91 sobre a produción agrícola ecolóxica introduce a posibilidade de que cada Estado membro determine que o labor de control sexa exercido por organismos públicos e/ou privados. Así, conviven situacións de países nos que a totalidade da produción é certificada por unha entidade pública con outros nos que todo o sistema descansa nas mans de certificadoras privadas –é o caso de Portugal–, e mesmo con países onde as dúas alternativas son posíbeis. A harmonización de sistemas tan dispares resulta dificultosa e limita, entre outras cousas, a posibilidade da obtención de datos estatísticos. O caso é particularmente grave nas importacións de países en desenvolvemento. O novo Regulamento (CE) 834/2007 obriga a que os sistemas nacionais de control desempeñen as súas funcións conforme o Regulamento (CE) 882/2004 , e que as entidades privadas de certificación e control estean acreditadas conforme a Norma Europea EN 45011 sobre «Requirimentos xerais para as entidades que realizan a certificación de produtos» (ISO/IEC Guía 65). No Estado, o Real decreto 1852/1993 trasladou as competencias nesta materia ás comunidades autónomas, entre as que predomina a opción de control e certificación pública, sempre cunha ligazón máis ou menos directa coas súas consellerías ou departamentos de agricultura. En Castela-A Mancha, Andalucía e Aragón está autorizada a actuación de organismos privados de certificación e control, e só nesta última comunidade coexisten ambas as dúas opcións.

Logotipos públicos de agricultura ecolóxica dalgunhas comunidades autónomas

O caso de Andalucía, pola importancia do seu sector ecolóxico e pola complexidade que presenta o seu sistema de certificación e control, ben merece unha atención especial. Como xa se ten dito, na comunidade andaluza está autorizada a certificación da produción a través de entidades privadas. É así que, ata hai pouco tempo, convivía a actuación dun organismo público (o Comité Andaluz de Agricultura Ecológica) con varias entidades privadas. Nun intre determinado, o CAAE transfórmase nunha entidade privada sen ánimo de lucro, e a súa sección de certificación convértese na empresa “Servicio de Certificación CAAE, S.L.”, isto é, nunha entidade privada de certificación máis, que mesmo presta servizos de control e certificación fóra das fronteiras andaluzas.

84


A identificación da produción. Logotipos de produción ecolóxica De acordo coa normativa, os produtos certificados levan unha etiquetaxe numerada adicional á da súa propia marca comercial, que indica que o proceso produtivo do alimento se atopa sometido ao control do organismo certificador correspondente. O problema para a identificación provén da convivencia de multitude de logotipos diferentes, correspondentes ás entidades de control públicas dos países, das comunidades autónomas nos casos nos que son competentes e finalmente das entidades privadas de certificación. A Unión Europea, intentando limitar este problema, deu o paso de instituír un logotipo común europeo, aínda que ata agora tiña carácter complementario e non obrigatorio. A partir do 1 de xaneiro do 2009, de acordo co Regulamento (CE) 834/2007, a súa inclusión pasará a ter carácter obrigatorio27, aínda que poderán seguir incluíndose os restantes logotipos nacionais.

Logotipo europeo de agricultura ecolóxica (Versións española, británica, franco-xermana e portuguesa)

A confusión que produce no consumo a multiplicidade de marcas e logotipos resulta evidente. Aínda a pesar dos pasos dados no intento de clarificación sobre a imaxe pública da agricultura ecolóxica, coa prohibición do uso dos prefixos Bio- e Eco- nas marcas comerciais, todos os estudos de mercado demostran que o sector consumidor atopa moitas dificultades na identificación dos produtos ecolóxicos, confundindo estes con denominacións comerciais pouco claras (referencias ao “san” ou ao “natural” dentro dunha marca convencional, por exemplo) ou rexeitando como non ecolóxicos produtos certificados dos que non recoñecen o logotipo, por ser de orixe estranxeira ou de certificadoras privadas. Co obxectivo de facilitar a identificación do produto, nalgúns países tense optado polo emprego de logotipos oficialmente recoñecidos, como nos casos francés e alemán.

Logotipos francés e alemán de agricultura ecolóxica Estaba prevista a creación dun novo logo europeo que substituíra o anterior. De acordo con informacións recentes, é posíbel que a obrigatoriedade de uso se vexa retrasada un ano, a proposta da Comisión, por dificultades aparecidas no rexistro do novo logotipo. 27

85


Por último, convén recordar aquí que o modo de produción ecolóxico non é incompatíbel con outras figuras de produción controlada, como poden ser as que amparan a orixe xeográfica dos alimentos, e mesmo con marcas de calidade ou de garantía de carácter público ou privado, ata o punto de que non é infrecuente ver nos andeis produtos alimentarios con dous ou mesmo tres logotipos diferentes (por exemplo, un produto ecolóxico ao mesmo tempo pertencente a unha IXP e integrado nunha marca de calidade sectorial), ademais da súa propia marca comercial. Aínda que a sobreabundancia de logotipos leva de seguro a aumentar aínda máis a confusión das persoas compradoras, pode resultar interesante e mesmo aconsellábel o reforzamento do logotipo ecolóxico, cando sexa posíbel, co correspondente a unha figura de recoñecemento da orixe. Os problemas derivados da dobre certificación –principalmente de custo, pero tamén de carácter técnico, como pode ser a obrigatoriedade de cloración das augas de procesado– poden e deben ser resoltos mediante a colaboración dos consellos reguladores implicados.

86


As importacións de produtos ecolóxicos de países terceiros A crecente liberalización dos mercados de alimentos afecta tamén os produtos certificados, como é o caso da agricultura ecolóxica. As importacións de países terceiros, moitas veces produtos tropicais demandados pola industria alimentaria ecolóxica europea para formaren parte dos seus produtos finais, están a aumentar considerabelmente. Agora ben, resulta fundamental asegurar que as esixencias de control das importacións teñan o mesmo nivel de credibilidade e seguridade que a produción interna, ao tempo que se garantan unhas condicións equitativas de comercio. Desta maneira, a Unión Europea ten estabelecido un réxime de equivalencia para os produtos importados, de maneira que se probe indubidabelmente que os produtos importados foron elaborados de acordo coas súas normas de produción ecolóxica e sometidos a normas de inspección equivalentes ás da propia Unión Europea. Para determinar esta equivalencia, na actualidade aplícanse dous sistemas: 1. Equivalencia das normas coa normativa europea. Os países terceiros poden solicitar da Unión Europea o recoñecemento da equivalencia das súas normas de produción coas europeas. No caso de ser recoñecida, a totalidade dos seus produtos poden ser importados e circular libremente no seo da Unión. É o caso, ata o de agora, dun grupo de oito países28. 2. Sistema paralelo (en vigor ata o 31 de decembro de 2005). Este sistema permite aos Estados membros, baixo a súa responsabilidade, expedir, a instancia do importador, autorizacións de importación para LOTES de produtos de terceiros países que non figuran na lista de equivalencia. A licenza é expedida caso a caso, non con carácter xeral. Este sistema aplícase actualmente ás importacións de máis de 90 países, entre eles, ás dos EE.UU. e o Xapón. Nun próximo apartado analizarase a modificación a este sistema imposta pola nova regulamentación da produción ecolóxica.

. Ata 2005, Australia, Arxentina, Costa Rica, Hungría, Israel, Nova Zelandia, Suíza e República Checa. Posteriormente dous deles pasaron a formaren parte da Unión. 28

87


O papel do CRAEGA A regulación da produción agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito de Galiza depende da Consellería do Medio Rural que, a través do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), creado mediante a Orde do 7 de maio de 1997, vela polo cumprimento da normativa e constitúe o único organismo oficial encargado da certificación no país. O código ES-GA-AE recoñéceo como Autoridade de Control ante a Unión Europea. En Galiza, pois, o único sistema válido de certificación para a agricultura ecolóxica é o público. A vixente Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, reforza o papel dos consellos reguladores á hora de estabelecer os mecanismos de control, xestionar a información e colaborar coa Administración nas propostas de mellora do sector. Neste caso, e co horizonte da posta en marcha do PDAE, a implicación e participación do Consello resultará vital como axente dinamizador, aglutinante e mesmo motor de moitas das iniciativas. Para iso o CRAEGA deberá estar dotado de medios máis modernos e adecuados ao seu novo rol, que se inclúen dentro das liñas integradas no Plan. Un aspecto importante que convén resaltar é o papel que xoga o CRAEGA como único organismo encargado da inspección, certificación e control da produción ecolóxica no noso ámbito territorial. Moitas veces tense falado da escasa adaptación que presenta a normativa de certificación ecolóxica fronte a algunhas das realidades produtivas do país, e moi singularmente no referente ás pequenas producións avícolas e de horta. É evidente que ese feito representa un serio atranco á hora de permitir a incorporación de certos sistemas produtivos –por outra banda singularmente integrados na nosa realidade agraria– no conxunto da produción ecolóxica certificada, pero convén non perder de vista que as dificultadas veñen en moitas ocasións dadas, non tanto pola normativa de control e certificación, senón polas regulamentacións relacionadas coa seguridade alimentaria, e mesmo coas normas de ordenación territorial. Tanto unhas coma outras transcenden o marco de decisión do sector e afectan a intereses de carácter xeral. Ao fío desta realidade cómpre facérmonos unha reflexión: existe un marco normativo xenérico co que a agricultura ecolóxica, como calquera outro sistema de produción, pode e debe convivir, sen recorrer continuamente á solicitude de excepcións, que non teñen como orixe a propia idiosincrasia produtiva, senón razóns relacionadas coa dimensión técnico-económica das explotacións. Será en boa medida a propia evolución do sector a que deberá dar resposta a moitos deses problemas, e non ao revés. As principais dificultades relativas ao sistema de certificación da produción ecolóxica galega son, de acordo co expresado polo sector, as seguintes:

88


1. Comercialización das pequenas producións avícolas de carne. As dificultades atinxen fundamentalmente ás esixencias sanitarias de sacrificio. O Regulamento (CE) 853/200429 estabelece, no seu anexo III, unhas condicións moi estritas que deben cumprir as instalacións para o sacrificio das aves de curral. A única excepción, de acordo co establecido no artigo 1, serían “a subministración directa por parte do produtor de pequenas cantidades de carne (……) sacrificados na explotación ao consumidor final ou a estabelecementos locais de venda polo miúdo que subministran a devandita carne como carne fresca ao consumidor final”. Isto é, o sacrificio caseiro só é permisíbel, no mellor dos casos, para venda directa na explotación ou en mercados locais. Calquera outro destino do produto esixe o sacrificio nun matadoiro dotado de todas as instalación esixidas no anexo III, isto é, nun matadoiro industrial. Convén lembrar aquí que, precisamente polo seu carácter de sistema que achega excelencia na calidade, a agricultura ecolóxica é particularmente sensíbel aos riscos derivados das alertas alimentarias. Ou dito noutras palabras: se por pretender a aplicación de normativas sanitarias non restritivas, o que se gaña é a posibilidade de poder certificar producións avícolas sacrificadas en condicións excepcionais a forza de incrementar o risco de aparición dun problema de seguridade alimentaria, quen acabará pagando o prezo non será só a pequena produción, senón o conxunto do sector ecolóxico.

. Regulamento (CE) Nº 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se estabelecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal. 29

89


O sacrificio a maquía de pequenas producións gandeiras ecolóxicas nos matadoiros industriais só é factíbel no caso do gando maior. No caso das aves existen grandes dificultades para a separación das liñas en espazo ou tempo, polo que a única alternativa razoábel a esta disxuntiva debe ser a agrupación das pequenas explotacións para a comercialización en común, dotándose de instalacións mínimas para o sacrificio da totalidade da súa produción. Para conseguilo, o Plan estabelece liñas como a 3.1.1 e a 4.3.2. 2. Comercialización de producións hortícolas a granel, ou, en xeral, comercialización a granel de artigos de calquera natureza. Aquí, os problemas parecen máis ben referirse á interpretación da norma legal e á etiquetaxe e á presentación. Neste caso a norma fundamental sería o Regulamento (CE) 852/200430, que estabelece a non esixencia de instalacións industriais para o caso das denominadas “operacións conexas”, definición que inclúe aquelas operacións levadas a cabo na explotación “que non alteren a natureza substancial do produto”. As actividades de selección, calibrado e mesmo envasado dos produtos hortícolas frescos na explotación estarían, segundo a interpretación normativa de moitas persoas expertas, claramente incluídas nese concepto, polo que non lle serían de aplicación as esixencias hixiénicas das industrias. Non obstante, a interpretación normativa que esixe número de rexistro sanitario para as operacións de envasado invalida na práctica este precepto e impide o envasado na explotación. O resultado é que a gran maioría da produción hortícola ecolóxica galega non pode ser envasada e debe ser na práctica vendida a granel, sen o logotipo correspondente. Esta cuestión, de gran importancia, debería ser discutida con amplitude por todos os organismos implicados.

. Regulamento (CE) Nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

30

90


utro tema é a necesidade de estabelecer unha norma de presentación e etiquetaxe que garanta a inclusión O do logotipo no maior abano posíbel de producións. Solucións como o precinto de envases de granel, as microetiquetas ou as mallas ecolóxicas están xa no mercado e en plena aplicación noutros países e sectores. No entanto, a nova normativa de produción ecolóxica europea introduce un par de novidades que poden axudar a corrixir moitas das eivas derivadas da insuficiente adaptación á realidade produtiva. Por unha banda, os sistemas de inspección camiñan no sentido de potenciar o control por riscos, o que vai sen dúbida beneficiar xenericamente á pequena produción. Por outro, introdúcese a posibilidade –á espera de desenvolvemento regulamentario posterior– de estabelecer excepcións á norma xenérica en base ás peculiaridades produtivas locais. Falarase máis deste tema no seguinte apartado. A enquisa realizada entre os operadores galegos permitiu obter a súa valoración sobre o labor desempeñado polo CRAEGA. Entre os resultados obtidos, cómpre destacar os seguintes aspectos: • Percíbese unha boa avaliación sobre o control ao que se somete ás explotacións. • Existe tamén unha resposta positiva ante a valoración da realización de trámites e xestións administrativas. • A maior controversia xerada fai referencia á promoción e defensa dos intereses dos produtores, labor que recibe unha valoración media.

91



A nova norma europea de produción ecolóxica Antecedentes á reforma: o plan de acción europeo en materia de alimentación e agricultura ecolóxica de 2004 A petición do Consello, os servizos da Comisión redactan, en xuño de 2004, un documento titulado “Plan de acción europeo en materia de alimentación e agricultura ecolóxica”, co obxectivo de definir as modificacións necesarias no ámbito lexislativo da agricultura ecolóxica europea para garantir un desenvolvemento continuo do sector ecolóxico europeo e facilitar as importacións de produtos ecolóxicos procedentes dos países en desenvolvemento. Este documento acadou unha gran importancia nas análises posteriores para a planificación estratéxica do sector e contén un total de 21 liñas ou propostas de actuación, denominadas Accións, que son, textualmente, as seguintes: • Acción 1 Introducir modificacións ao Regulamento (CE) n° 2826/2000 do Consello (promoción do mercado interior), o que daría á Comisión maiores posibilidades de acción directa para organizar campañas de información e promoción da agricultura ecolóxica. Lanzar a escala comunitaria unha campaña de información e promoción estendida en varios anos con destino aos consumidores, aos comedores de institucións públicas, ás escolas e outros protagonistas clave do sector alimentario sobre as vantaxes da agricultura ecolóxica e, en particular, os seus aspectos positivos para o ambiente, e destinadas a sensibilizar aos consumidores e a promover o recoñecemento dos produtos ecolóxicos e, en particular, do logotipo comunitario. Lanzar campañas de información e promoción ad hoc para tipos ben definidos de consumidores como os consumidores ocasionais e os comedores públicos. Multiplicar os esforzos de cooperación da Comisión cos Estados membros e as organizacións profesionais co fin de pór a punto unha estratexia para as campañas. • Acción 2 Crear e administrar, en Internet, unha base de datos que proporcione a lista das distintas normas, privadas e nacionais (incluídas as normas internacionais e as normas nacionais dos principais mercados á exportación), comparada á norma comunitaria.

93


• Acción 3 Mellorar a recollida dos datos estatísticos que se refiren á vez á produción e ao mercado dos produtos ecolóxicos. • Acción 4 Permitir aos Estados membros completar con axudas o apoio comunitario concedido ás organizacións de produtores do sector das froitas e hortalizas adoptadas na produción ecolóxica. • Acción 5 A Comisión porá a punto un “menú” que enumerará todas as medidas comunitarias que poden ser utilizadas polo sector ecolóxico relacionadas coa produción, a comercialización e a información. • Acción 6 A Comisión recomenda vivamente aos Estados membros utilizar plenamente os instrumentos postos á súa disposición polos seus programas de desenvolvemento rural para apoiar a agricultura ecolóxica, por exemplo, pondo a punto plans de acción, nacionais ou rexionais, orientados sobre: - O estímulo da demanda pola aplicación dos novos programas de calidade. - As accións destinadas a preservar as vantaxes para o ambiente e a protección da natureza a longo prazo. - Os incentivos concibidos para os produtores ecolóxicos para que transformen completamente ou parcialmente a súa explotación. - A concesión aos produtores ecolóxicos das mesmas posibilidades que aos agricultores tradicionais polo que se refire á axuda aos investimentos. - Os incentivos concibidos para os produtores para facilitar a distribución e a comercialización mediante integración da cadea de produción sobre a base de acordos entre os operadores. - O apoio dos servizos de divulgación. - A formación e o ensino para o conxunto dos operadores da agricultura ecolóxica que cubran a produción, a transformación e a comercialización. - A agricultura ecolóxica como método de xestión privilexiado nas zonas sensíbeis desde o punto de vista do ambiente (sen limitar a agricultura ecolóxica a estas zonas). • Acción 7 Reforzar a investigación relativa á agricultura ecolóxica e aos seus métodos de produción. • Acción 8 Converter o regulamento en máis transparente, definindo os principios básicos da agricultura ecolóxica.

94


• Acción 9 Garantir a integridade da agricultura ecolóxica reforzando as normas e mantendo as datas finais previstas para os períodos transitorios. • Acción 10 Completar e profundar na harmonización das normas en canto á agricultura ecolóxica: - Elaborando a lista dos aditivos e auxiliares tecnolóxicos autorizados na fabricación dos produtos animais transformados. - Reflexionando sobre a oportunidade de adoptar normas específicas para os viños ecolóxicos. - Mellorando as normas en canto a benestar dos animais. - Preguntándose sobre a necesidade de estender o ámbito de aplicación a outros ámbitos como a acuicultura. • Acción 11 Crear un grupo de expertos independentes destinado a formular advertencias técnicas. • Acción 12 Engadir disposicións ao Regulamento (CEE) nº 2092/91 para precisar: - Que os produtos cuxa etiquetaxe indica que conteñen OXM non poden etiquetarse como produtos ecolóxicos.

95


- Que os límites máximos de etiquetaxe xerais son os mesmos que os aplicábeis á presenza accidental de OXM nos produtos (outros que as sementes) utilizados na agricultura ecolóxica. A Comisión pregúntase sempre sobre a necesidade de fixar límites máximos específicos para as sementes utilizadas na agricultura ecolóxica e a que nivel. • Acción 13 Mellorar o resultado dos organismos e servizos de inspección, introducindo un enfoque baseado no risco31, orientado aos operadores que presentan altos riscos en termos de prácticas fraudulentas e prescribindo inspeccións cruzadas de conformidade co Regulamento (CEE) nº 2092/91. • Acción 14 Proseguir o traballo en curso ao CCR (Centre Commun de Recherche) para pór a punto métodos de mostraxe e análises aplicábeis na agricultura ecolóxica. Co fin de reducir o risco de fraude, convén dotarse de novas técnicas que garantan unha mellor rastrexabilidade, cando cumpra. • Acción 15 Os Estados membros deben estudar a posibilidade de aplicar o sistema de definición das parcelas estabelecido para a xestión da PAC á localización e ao seguimento das parcelas na agricultura ecolóxica. • Acción 16 Garantir unha mellor coordinación entre os organismos de inspección e entre estes organismos e os servizos de control de acordo co Regulamento (CEE) nº 2092/91. • Acción 17 Desenvolver un réxime de acreditación específico dos organismos de inspección de acordo co Regulamento (CEE) nº 2092/91. • Acción 18 A Comisión publicará o informe anual dos Estados membros sobre a supervisión dos organismos de inspección que conterá estatísticas sobre o tipo e o número das infraccións detectadas. • Acción 19 Multiplicar os esforzos para inscribir terceiros países na lista de equivalencia, ata no referente ás avaliacións in situ. Modificar o Regulamento (CEE) nº 2092/91 do Consello relativo á agricultura ecolóxica substituíndo á derrogación nacional actual para as importacións por un novo réxime permanente que recorra ás . Denomínase enfoque baseado no risco a aquel sistema de inspección que ten en conta o risco que presenta cada operador, para determinar o número e intensidade dos controis. 31

96


avaliacións técnicas da equivalencia realizadas por organismos designados para ese efecto pola comunidade. Para iso, podería estabelecerse unha lista comunitaria única e permanente de organismos de inspección recoñecidos como equivalentes para as súas actividades nos terceiros países que non figuran aínda na lista de equivalencia, logo da realización das consultas convenientes. Seguir garantindo que a definición da equivalencia cos terceiros países teña en conta as diferenzas de clima e condicións de cultura e gandaría, así como da fase de desenvolvemento da agricultura ecolóxica en cada país. Na entrada en vigor deste réxime, dar á todos os produtos importados o acceso ao logotipo comunitario. • Acción 20 Efectuar unha comparación sistemática entre as normas comunitarias en canto á agricultura ecolóxica, as directrices do Codex Alimentarius e as normas do IFOAM. Multiplicar os esforzos para unha harmonización xeral e o desenvolvemento dun concepto multilateral de equivalencia, fundado nas directrices do Codex Alimentarius, en colaboración cos Estados membros, os terceiros países e o sector privado. Contribuír ao reforzo das capacidades nos países en desenvolvemento, no marco da política de desenvolvemento da UE, facilitando a transmisión da información sobre as posibilidades ofrecidas por instrumentos de apoio máis xeral que se deben utilizar en favor da agricultura ecolóxica. Outras medidas destinadas a facilitar os intercambios de produtos ecolóxicos procedente dos países en desenvolvemento. • Acción 21 Mellorar o recoñecemento das normas e sistemas de inspección practicados pola UE en canto á agricultura ecolóxica pedindo un mandato de negociación ao Consello. Simultaneamente, é importante explotar as posibilidades actuais de organizar campañas de comercialización para os produtos ecolóxicos europeos (véxase tamén acción 1). Ao longo do tempo transcorrido dende a redacción do documento, algunhas das recomendacións foron xa aplicadas, singularmente as referidas á promoción dos produtos. Outro grupo de recomendacións tivéronse en conta na redacción da nova regulamentación sobre produción ecolóxica, en especial as accións 3 (recollida de datos estatísticos), 8 (definición regulamentaria dos principios básicos da agricultura ecolóxica), 9 (mantemento dos períodos transitorios), 10 (harmonización de normas), 12 (límites aos OXM), 13 (seguridade alimentaria e control baseado no risco), 15 (identificación de parcelas), 19 (listas de equivalencia de importación) e 21 (reforma dos sistemas de inspección). A acción 6, relativa á elaboración de plans específicos referidos á agricultura ecolóxica, é en definitiva o alicerce da redacción deste Plan.

97


O novo regulamento sobre produción ecolóxica O vindeiro 1 de xaneiro de 2009 entrará en vigor o Regulamento (CE) 834/2007 do 28 de xuño, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CE) 2092/91. Este regulamento introduce unha serie de modificacións que van afectar, en maior ou menor medida, todos os aspectos relacionados coa produción, transformación, comercialización, presentación e certificación da produción ecolóxica galega, polo que é preciso facer unha aproximación comparativa aos principais elementos de variación. No entanto, cómpre ter en conta que, como en todas as situacións desta natureza, moitos dos cambios de maior importancia terán, con toda seguridade, lugar mediante a redacción de normas complementarias posteriores, polo que é necesario manter a expectativa ata a súa aparición. Dun xeito esquemático, as principais modificacións que se introducirán coa nova regulamentación son as seguintes: 1. Os obxectivos, normas e principios da produción ecolóxica son incluídos directamente no corpus regulamentario, nos artigos 4 a 7, no canto das referencias indirectas da regulamentación actual. Este feito ten unha gran importancia, posto que, ao definir os principios básicos, se contribúe á transparencia, mellórase o coñecemento do produto e, sobre todo, ao definir finalidades e non medios, queda aberta a porta á introdución das prácticas locais cara a unha maior flexibilidade de aplicación da norma. Este punto responde á solicitude manifestada na Acción 8 do Plan de Acción Europeo. 2. Amplía o ámbito de actuación á totalidade das fases da gandaría, produción de plantas, alimentos para os animais e produtos transformados, eliminando as excepcións actuais. Inclúe así mesmo os produtos da acuicultura e as adegas. Isto responde especificamente á Acción 10 do Plan de Acción Europeo. 3. Estabelece con maior claridade as limitacións aos OXM, prohibindo explicitamente o seu uso e estabelecendo a equivalencia xeral do límite máximo para a presenza accidental do 0,9% tamén á produción ecolóxica. Responde á Acción 12 do devandito Plan. 4. Estabelece a obrigatoriedade de uso do logotipo UE, aínda que permite o uso simultáneo cos outros logos nacionais e privados. Responde así ao incluído no punto 3 do Plan, non concretado en ningunha Acción. 5. Permite a imposición de normas privadas máis estritas, sempre que sexan tamén de aplicación na produción convencional. 6. Garante que soamente os alimentos que conteñan un mínimo do 95% de ingredientes ecolóxicos

98


poidan ser etiquetados como ecolóxicos. Así mesmo, permite que os alimentos non ecolóxicos poidan especificar os ingredientes ecolóxicos, pero soamente na súa listaxe. 7. Respondendo ao novo sistema europeo de seguridade alimentaria, integra a produción ecolóxica no sistema xeral de inspección e introduce os sistemas de control baseados no risco, respondendo así ao solicitado na Acción 13 do Plan. Mantén, obviamente, os controis específicos derivados da natureza ecolóxica da produción. 8. Estabelece un novo réxime de importacións dos países terceiros, que permite flexibilizar as condicións de certificación, mantendo ao mesmo tempo o réxime de equivalencia de países. Os produtos importados poderán empregar o logotipo UE, pero indicando o lugar de produción. Responde á Acción 19 do Plan. 9. En principio, non introduce modificacións nas listas de substancias autorizadas na produción, facilitando a transición entre regulamentos.

99



A produción ecolóxica e o seu contorno Os condicionantes xenéricos da agricultura galega 32

As particulares condicións territoriais, demográficas e socioeconómicas de Galiza teñen configurado unha estrutura agraria específica, cunha serie de características definitorias que comparten a case totalidade das nosas explotacións, tanto no sector da agricultura convencional como na ecolóxica. Aínda que estas singularidades son xa suficientemente coñecidas e estudadas, convén non perdelas de vista á hora da caracterización do sector, dado que van determinar moitas das estratexias aplicábeis. Así, entre os principais factores cunha influencia directa na situación actual da agricultura ecolóxica no país, resulta de interese citar: • Unha distribución das entidades de poboación cun elevado grao de dispersión. Ao longo da xeografía galega atópanse espallados arredor de 30.000 núcleos de poboación, cuxo escaso tamaño se traduce nunha densidade demográfica moi reducida. Trátase dun factor que condiciona o estabelecemento dalgunhas das orientacións produtivas, como é o caso, por exemplo, da apicultura ecolóxica, cunhas amplas necesidades de áreas libres de fontes potenciais de contaminación. • O avellentamento da poboación e a migración cara a áreas urbanas está a despoboar o rural galego. Este feito, ao tempo que incrementa a porcentaxe de territorio baixo a definición de rural (menos de 150 habitantes por km2), tamén resta man de obra potencial para o desenvolvemento de actividades agrarias. • O réxime de tenza e a estruturación da propiedade outorgan ao agro galego un elevadísimo grao de minifundismo. A reducida dimensión das explotacións condiciona en moitos casos o acadar uns valores mínimos de rendibilidade. A pesar de que a media de superficie por explotación en produción ecolóxica resulta moi superior aos valores medios galegos (24 ha fronte a arredor de 7 ha respectivamente), trátase dunha cifra proporcionada eminentemente polo concurso das explotacións gandeiras de ampla base territorial, quedando relegadas as restantes producións a dimensións mínimas. • O nivel de dependencia económica da actividade agraria resulta en xeral reducido. As explotacións non adoitan contar con man de obra allea á unidade familiar, e resulta habitual que a fonte principal de ingresos proveña do sector secundario ou terciario (labor desempeñado case sempre polo home), mentres a agricultura considérase como un complemento de rendas, cunha elevada taxa de ocupación feminina.

Da enquisa realizada entre as explotacións ecolóxicas obtense que tan só un terzo delas vive fundamentalmente desta ocupación e que outro terzo recibe ingresos de fóra do sector primario. Ademais, no caso das explotacións que mesturan producións convencionais e ecolóxicas, a segunda delas é secundaria.

. Fonte: “Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013”

32

101


A incidencia da agricultura ecolóxica na protección do medio Aínda que é un feito dabondo coñecido, non é de máis dar aquí unhas pinceladas sobre aspectos específicos no papel que a produción ecolóxica supón como axente de desenvolvemento e protección ambiental, que servirán para articular liñas de actuación.

Agricultura ecolóxica e loita contra o lume 9.000 hectáreas da superficie de produción ecolóxica galega (preto do 95% do total) atópanse rexistradas baixo as orientacións de “pastos e forraxes” e “bosque e recolleita silvestre”. Estas producións desenvólvense fundamentalmente en áreas de moi baixa actividade agraria, con aproveitamento extensivo de superficies de pasteiros, monte baixo ou soutos, onde o uso dos seus recursos tradicionais ten diminuído en gran medida ou mesmo desaparecido. Ademais do beneficio económico directo que posibilita a recuperación produtiva destas zonas mediante a agricultura ecolóxica, cómpre valorizar como un elemento de importancia fundamental o papel xogado como mecanismo de loita contra os lumes. Os labores de roza e control da vexetación que exerce o pastoreo extensivo do gando (bovino, ovino, cabrún, cabalar…) xunto á limpeza necesaria para a recolleita silvestre de froitos (por exemplo, castaña ou mazá), posibilitan o contar cun sistema efectivo de prevención fronte ao impacto medioambiental dos lumes e o elevado custo das loxísticas de extinción.

102


A xestión sustentábel dos espazos naturais Arredor do 12% do territorio galego atópase incluído no seo da Rede Galega de Espazos Protexidos (Lei 9/2001 do 21 de agosto, de conservación da natureza). Baixo este amparo atópanse recollidas diversas figuras ou categorías, entre as que destacan pola súa representatividade os parques naturais e, fundamentalmente, as Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), constituídas en gran medida por terreos de monte baixo. No primeiro dos casos, a devandita lexislación contempla como instrumentos de planificación e ordenación de usos os Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) e os Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUX), desenvolvidos en maior ou menor grao para o conxunto dos 6 parques naturais existentes en Galiza. Para o segundo suposto, a regulación das ZEPVN (correspondentes á Rede Natura 2000 e integradas polos LIC -Lugares de Importancia Comunitariae ZEPAS -Zonas de Especial Protección das Aves-) está a cargo dos plans de conservación, cuxo estado actual atópase á espera do desenvolvemento do Plan Director de Conservación da Rede Natura 2000 de Galiza. De calquera xeito, e sempre coa consideración da delimitación de zonas de reserva específicas para determinadas áreas dos parques naturais (onde se restrinxe a intervención humana e prevalece a conservación e preservación sobre calquera outra actividade), permítese a actividade agraria baixo unha serie de parámetros. Así, presentan especial preferencia os usos e actividades que sexan compatíbeis e que non vulneren os valores naturais. A agricultura ecolóxica atópase pois nunha posición vantaxosa ao concordar con este tipo de requirimentos e contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas agrarios de alto valor natural. O respecto polas actividades tradicionais, o aproveitamento sustentábel do contorno e o feito de asumir compromisos ambientais alén dos xa obrigatorios, confiren a esta modalidade de produción agraria unha perfecta adaptabilidade á figura de protección destes espazos naturais.

103


Agricultura ecolóxica e calidade hídrica Malia que a meirande parte do territorio galego non está afectado por concentracións excesivas de nitratos nos acuíferos, non convén esquecer o papel da agricultura ecolóxica na preservación da calidade das augas. Por unha banda, o manexo extensivo da gandaría ecolóxica, con dispoñibilidade de amplas bases territoriais e baixas cargas gandeiras nas explotacións, minimiza a posibilidade de contaminación a partir das dexeccións do gando. Ademais, a prohibición do emprego de fertilizantes químicos así como de fitosanitarios de síntese limita os efectos negativos derivados destes dentro dos sistemas naturais e da saúde. Porén, resulta importante destacar o paso por diante que as pautas de manexo ecolóxicas supoñen, con accións sobre as que xa se ten avanzado como a concienciación e sensibilización sobre os problemas ambientais e a aplicación das boas prácticas agrarias máis respectuosas co medio.

Instrumentos de axuda O Regulamento (CE) 1290/2005 estabelece un marco xurídico único para o financiamento dos gastos correspondentes á Política Agrícola Común coa institución de dous fondos: o FEAGA (Fondo Europeo Agrícola de Garantía) e o FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural). O especial fincapé que, para o período 2007-2013, se fai sobre o desenvolvemento rural como un dos piares fundamentais da PAC, queda definido polo Regulamento (CE) 1698/2005 -xunto co seu Regulamento de aplicación (CE) 1974/2006-, que desenvolve as normas xerais da axuda comunitaria a través do FEADER. Así, o Consello é o encargado de elaborar as directrices estratéxicas comunitarias de desenvolvemento rural, para a aplicación dos grupos de medidas dirixidas á consecución dos obxectivos prioritarios definidos. En coherencia con estas directrices, séntanse as bases precursoras e de referencia do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza e, porén, do Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica (PDAE) de Galiza. Segundo o conxunto de medidas recollidas no PDR de Galiza, a Táboa 10 recolle as medidas de tipo xenérico que teñen aplicación directa ou indirecta na agricultura ecolóxica.

104


Táboa 10: Resumo das medidas incluídas no PDR con relación á produción ecolóxica Medida PDR

Descrición

1.1.1.- Accións relativas á información e formación profesional, incluídas a divulgación de coñecementos científicos e prácticas innovadoras de persoas que traballan nos sectores agrícola, alimentario e forestal

Actividades de formación (temas técnicos, formación económica, novas tecnoloxías, manexo sustentábel dos recursos naturais…)

1.1.2.- Instalación de agricultores mozos

Axudas cara ao acceso á titularidade ou cotitularidade das explotacións de agricultores mozos

1.1.4.- Utilización de servizos de aconsellamento

Favorecer o acceso aos servizos de aconsellamento ás explotacións destinados a mellorar o rendemento global e o cumprimento dos requisitos ambientais

1.1.5.- Implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento

Apoio ás entidades de presten servizos de aconsellamento e xestión especializados así como á mellora da calidade de vida dos labregos e labregas co fomento e implantación de servizos de substitución

1.2.1.- Modernización das explotacións agrícolas

Acadar unha posición competitiva das explotacións a nivel produtivo, ambiental, de calidade e de seguridade alimentaria

1.2.3.- Aumento do valor engadido dos produtos agrícolas e forestais

Mellora da competitividade da industria agroalimentaria coa introdución de novas tecnoloxías e co fomento de produtos de calidade e ecolóxicos

1.2.4.- Cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías na agricultura, a alimentación e a silvicultura

Deseño, desenvolvemento e ensaio de produtos, procesos e tecnoloxías. Investimentos materiais ou inmateriais relacionados coa cooperación

1.3.1.- Cumprimento das normas estabelecidas na normativa comunitaria

Compensación dos custos e as perdas de ingresos ocasionados pola aplicación de normas no ámbito da protección do ambiente, a saúde pública, a sanidade animal e a fitosanidade, o benestar dos animais e a seguridade no traballo

1.3.2.- Apoio aos agricultores que participan en programas relativos á calidade dos alimentos

Fomentar a participación nos distintos programas comunitarios, así como noutras figuras de calidade previstas na Lei 2/2005

105


Táboa 10: Resumo das medidas incluídas no PDR con relación á produción ecolóxica Medida PDR

106

Descrición

1.3.3.- Apoio ás agrupacións de produtores en materia de desenvolvemento de actividades de información e promoción de produtos no marco de programas relativos á calidade dos alimentos

Apoio ás organizacións ou agrupacións de produtores para actividades de información e promoción de produtos de calidade

2.1.1.- Axudas destinadas a indemnizar os agricultores e agricultoras polas dificultades naturais en zonas de montaña

Compensación polos custos adicionais (de produción) e perdas de ingresos (como resultado da redución de outputs da explotación) como consecuencia das dificultades naturais para a produción agrícola da zona

2.1.2.- Axudas destinadas a indemnizar os agricultores e agricultoras polas dificultades naturais en zonas distintas das de montaña

Terán o obxecto de indemnizar polos custos adicionais e as perdas de ingresos derivados das dificultades que supón a produción agrícola na zona en cuestión

2.1.4.1.- Axudas a produtoras e produtores agrarios que estabelezan métodos de produción respectuosos co ambiente e de conservación da paisaxe

Cubrir os custos adicionais e as perdas de ingresos derivados do compromiso de cumprimento alén das normas obrigatorias estabelecidas, así como dos requisitos mínimos para o uso de protección das plantas, de fertilizantes e doutros requisitos obrigatorios estabelecidos pola lexislación estatal e autonómica

2.1.4.2.- Conservación de recursos xenéticos na agricultura

Impulsar as producións agropecuarias autóctonas en sistemas de produción de calidade compatíbeis co ambiente

2.1.5.- Axudas relativas ao benestar dos animais

Compensación dos custos adicionais e ingresos non percibidos por mor da implantación de compromisos alén dos requisitos obrigatorios estabelecidos na lexislación vixente (mellora das instalacións de alimentación e de aloxamento…)

2.1.6.- Axudas aos investimentos non produtivos

Apoio a investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou da rendibilidade da explotación agrícola ou forestal (mellora da paisaxe, recuperación de elementos históricos, preservación de hábitats, loita contra a erosión)

2.2.2.- Primeira implantación de sistemas agroforestais en terras agrícolas

Axudas destinadas a cubrir os custos de implantación de sistemas de utilización de terras que combinan a explotación forestal e agrícola nas mesmas terras


Táboa 10: Resumo das medidas incluídas no PDR con relación á produción ecolóxica Medida PDR

Descrición

3.1.1.- Diversificación cara a actividades non agrícolas

Incentivos cara á diversificación e carácter multifuncional das explotacións agrarias

3.1.2.- Axudas á creación e o desenvolvemento de microempresas

Axudas á creación, modernización, ampliación ou traslado de pequenas unidades de produción, distintas das agrarias, radicadas nas áreas rurais galegas

3.2.3.- Conservación e mellora do patrimonio rural

Apoio á elaboración de plans de xestión e protección para a preservación da calidade paisaxística e da diversidade biolóxica, así como incentivar a conservación e a valorización dos elementos patrimoniais e culturais das zonas rurais

4.1.1, 4.1.2, 4.1.3.- Estratexias de desenvolvemento local

Apoio a proxectos tanto de natureza produtiva como non produtiva cuxo obxectivo final sexa mellorar o nivel de desenvolvemento económico e social da zona de intervención

Ademais dos requisitos específicos de aplicación para cada unha das medidas expostas, existen unha serie de aspectos comúns, a todas ou varias delas, que cómpre considerar por mor das esixencias regulamentarias das que emana a súa aplicación. Entre estas cuestións atópase a integración de varias medidas na figura do Contrato de Explotación Sustentábel (CES), actuación impulsada dende a Consellería do Medio Rural. O obxectivo fundamental do CES será o de fomentar modelos produtivos sustentábeis dende o punto de vista ambiental e social, configurándose como instrumento para, entre outros, contribuír a fixar poboación no rural, potenciar a produción de alimentos sans e de calidade, mellorar a xestión do territorio rural ou favorecer o desenvolvemento de sistemas de produción sustentábel en termos económicos e ambientais. A súa funcionalidade estará destinada ademais á integración nunha única convocatoria de diversas medidas de desenvolvemento rural con carácter sustentábel. O mantemento da actividade e dos compromisos durante 5 anos, obter unha porcentaxe mínima de ingresos da actividade agraria e/ou ter unha porcentaxe mínima de dedicación á actividade agraria constitúen requisitos indispensábeis para poderse acoller a un CES. Para a subscrición dun CES será indispensábel acollerse a algunha destas dúas medidas, que serán xestionadas en exclusiva a través deste:

107


2.1.4.1.- Axudas a explotacións agrarias que estabelezan métodos de produción respectuosos co ambiente e de conservación da paisaxe (axudas agroambientais) 2.1.5.- Axudas relativas ao benestar dos animais Ademais, considerarase como criterio de prioridade cara á consecución das axudas: 1.1.2.- Instalación de agricultores mozos 1.1.4.- Utilización de servizos de aconsellamento 1.2.1.- Modernización das explotacións agrícolas 1.3.2.- Apoio aos agricultores que participan en programas relativos á calidade dos alimentos 2.1.1.- Axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas de montaña 2.1.2.- Axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas distintas das de montaña 2.1.6.- Axudas aos investimentos non produtivos

108




Diagnose baseada na análise DAFO Introdución A análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) é unha ferramenta de planificación, creada a finais dos anos 60 inicialmente para a análise da situación competitiva dunha empresa dentro do mercado, pero estendida despois a marcos máis amplos de carácter estratéxico, e que ten acadado unha gran importancia nos últimos 30 anos. O seu obxectivo último consiste en determinar as vantaxes e desvantaxes competitivas que presenta a empresa ou o sector considerado, e o conxunto de estratexias que se van empregar que máis potencien as vantaxes e compensen as desvantaxes, en función das propias características da empresa ou sector e das do contorno exterior. Metodoloxicamente, consiste en concretar nunha matriz de 2 x 2 elementos a avaliación dunha serie de factores que, unha vez identificados, clasificados e no seu caso priorizados, proporcionan un cadro sistemático de información sobre a capacidade da empresa ou do sector para soster ou incrementar as súas vantaxes competitivas, ou ben para combater as súas desvantaxes. A clasificación dos factores que define a análise DAFO é a seguinte: • Debilidades ou puntos débiles da estrutura interna dende o punto de vista da súa capacidade competitiva. • Fortalezas ou puntos fortes da estrutura interna. • Ameazas ou factores externos que inciden negativamente sobre a posición competitiva. • Oportunidades ou factores externos positivos. A estrutura xenérica da matriz DAFO recóllese esquematicamente no Gráfico 17. Puntos fortes

Puntos febles

Análise da estrutura interna

FORTALEZAS

DEBILIDADES

Análise do contorno externo

OPORTUNIDADES

AMEAZAS

Gráfico 17: Esquema xenérico da matriz DAFO

111


A ferramenta DAFO debe completarse analizando de xeito illado cada enfrontamento entre pares de elementos da matriz, de maneira que cada enfrontamento debe ser analizado para estudar as consecuencias e as accións que da dita situación se poidan derivar. Isto é, do enfrontamento entre ringleiras e columnas da matriz derívanse as diferentes formulacións estratéxicas, do seguinte xeito: 1. Estratexias defensivas (Fortalezas vs. Ameazas). Os medios con que o sector conta para defenderse das ameazas. 2. Estratexias ofensivas (Fortalezas vs. Oportunidades): De existiren, representan a potencialidade de crecemento do sector considerado. 3. Estratexias de supervivencia (Debilidades vs. Ameazas): A capacidade do sector para enfrontarse coas ameazas externas contando cos seus propios medios. 4. Estratexias de reorientación (Debilidades vs. Oportunidades): A capacidade do sector para aproveitar oportunidades que eventualmente se poidan presentar sen contar para iso cos puntos fortes. O esquema dos cruzamentos entre elementos da matriz recóllese no Gráfico 18.

AMEAZAS

OPORTUNIDADES

FORTALEZAS

Estratexias defensivas

Estratexias ofensivas

DEBILIDADES

Estratexias de superviviencia

Estratexias de reorientación

Gráfico 18: Estratexias derivadas da análise DAFO

A análise DAFO vai ter como función a formulación obxectiva e sistemática da situación do sector da agricultura ecolóxica recollida na epígrafe anterior, coas seguintes características: 1. Contrariamente ao mais habitual á hora de realizar este tipo de análise, non se trata de confrontar opinións, senón datos contrastábeis. Por iso, a totalidade dos elementos que se introducen na análise de Debilidades e Fortalezas son datos obxectivos que se obteñen das diferentes fontes de caracterización expostas anteriormente (traballo con persoas expertas, revisión bibliográfica e estatística e/ou enquisa ao sector produtor). 2. O forte predominio dos puntos débiles (Ameazas e, sobre, todo, Debilidades) é unha consecuencia, pero tamén unha explicación, do escaso papel que a produción ecolóxica está a xogar dentro do conxunto da produción agraria galega. 3. O deseño das diferentes estratexias que vén dado pola matriz DAFO vai ter como resultado a xeración das medidas propositivas que se van desenvolver no último dos apartados do Plan.

112


Análise DAFO do sector da produción ecolóxica A continuación recóllense de maneira sistemática os diferentes puntos fortes e débiles que conforman a matriz DAFO. É salientábel que, cara a unha comprensión maior da estrutura, se ten botado man á organización dos diferentes puntos axeitados a unha clasificación xenérica típica en modelos similares. Resulta preciso, non obstante, facer unha serie de consideracións previas: 1. A produción ecolóxica galega comparte no diagnóstico moitos puntos fortes e débiles co resto do sector agrario. Na nosa análise, en razón á brevidade, pretendeuse facer especial fincapé nos elementos específicos do sector, obviando moitos dos matices correspondentes á situación xenérica da agricultura galega e que poden ser atopados en diferentes fontes. Naqueles casos nos que se considerou de especial interese fíxose referencia a elementos comúns. 2. Non se levan a cabo análises DAFO separadas por orientacións produtivas. A razón é obvia: se o sector ecolóxico galego ten unha dimensión reducida, á hora de estudarmos os diferentes subsectores atopámonos con realidades en moitos casos minúsculas, e neses casos a análise DAFO non sería máis que un puro exercicio académico, sen ningunha capacidade de aplicación. No entanto, naqueles casos nos que existe un punto forte ou débil dun subsector especialmente significativo é recollido na análise. 3. Pode chamar a atención que unha determinada situación poida ser clasificada á vez como punto forte e débil. Esta característica da técnica DAFO non só non representa unha contradición, senón que mesmo supón unha vantaxe. Pensemos, por exemplo, na escasa demanda interna do mercado galego. É evidente que se trata dun punto débil, xa que incide, en boa medida, na debilidade do sistema comercial. Pero tamén é, ao mesmo tempo, un punto forte, posto que a expectativa de crecemento potencial resultará moi elevada. As Táboas 11 recollen os elementos da matriz DAFO que posteriormente se explican máis polo miúdo.

113


Táboa 11a: DAFO do sector da agricultura ecolóxica galega (resumo) ANÁLISE DO CONTORNO EXTERNO: OPORTUNIDADES E AMEAZAS Cod.

Oportunidades

Cod.

Ameazas

O-1

A produción ecolóxica é unha das opcións máis concordantes coas directrices derivadas da nova PAC e os seus instrumentos de xestión

A-1

Excesiva dependencia das axudas agroambientais para certas orientacións produtivas

O-2

As restricións medioambientais á produción derivadas da política comunitaria supoñen unha vantaxe competitiva para a produción ecolóxica

A-2

Axudas á reconversión non dispoñíbeis na práctica para certas producións

O-3

Interese social da agricultura ecolóxica

A-3

Estrutura administrativa non desagregada

O-4

Existencia de instrumentos de xestión e promoción adecuados á realidade social, económica e produtiva.

A-4

Complicación na xestión administrativa

A-5

Deficiencias na xestión da información sectorial

A-6

Dificultades para a certificación de produtos a granel

A-7

Lexislación sanitaria restritiva

A-8

Escaso desenvolvemento das normas de transformación de produtos ecolóxicos

Derivadas do contorno político e administrativo

Derivadas do contorno estrutural

114

O-5

A produción ecolóxica como ferramenta de manexo sustentábel dos montes

O-6

Existencia de grandes superficies de montes veciñais en man común

O-7

Posibilidade de incrementar o valor da produción sustentábel nas áreas de produtividade agraria reducida

O-8

Presenza de áreas naturais protexidas


Táboa 11a: DAFO do sector da agricultura ecolóxica galega (resumo) ANÁLISE DO CONTORNO EXTERNO: OPORTUNIDADES E AMEAZAS Cod.

Oportunidades

Cod.

Ameazas

Derivadas do contorno socio - cultural O-9

Preocupación pola seguridade alimentaria e producións certificadas

A-9

Riscos sobre a confianza dos consumidores derivados de eventuais crises alimentarias

O-10

Aprecio polos produtos e os sabores do país

A-10

A produción ecolóxica certificada non garante a orixe

O-11

Crecente conciencia social sobre ecoloxía e respecto ao medio

Derivadas da análise de competitividade O-12

Imaxe positiva do produto galego

A-11

Competencia de terceiros países nos mercados europeos

O-13

Incremento da demanda en Europa

A-12

Competencia de produtos foráneos no mercado galego

O-14

Existencia dalgunhas explotacións e empresas consolidadas

A-13

Competencia doutros produtos de agricultura controlada

A-14

Competencia con producións caseiras

A-15

A produción ecolóxica está ás veces demasiado relacionada con determinados estratos de consumidores e canles comerciais

Derivadas da estrutura de clientes e canles O-15

Potencial de desenvolvemento dos mercados internos

O-16

Cambio nos hábitos de consumo familiares

O-17

Consumo das comunidades galegas no exterior

115


Táboa 11b: DAFO do sector da agricultura ecolóxica galega (resumo) ANÁLISE DO CONTORNO INTERNO: FORTALEZAS E DEBILIDADES Cod.

Fortalezas

Cod.

Debilidades

D-1

Posibilidade de contaminación accidental con organismos modificados xeneticamente, pesticidas ou outras substancias

D-2

Limitacións agronómicas

D-3

Estrutura territorial das explotacións: dimensión pequena, terreo moi parcelado

Condicións ecolóxicas e agronómicas F-1

Existen áreas e/ou orientacións produtivas nas que se produce unha boa adaptación ambiental ás condicións climáticas

Estrutura das explotacións

Recursos humanos F-2

Elevado nivel de dinamismo e implicación de moitos dos axentes implicados

D-4

Escaso nivel de profesionalidade

F-3

Saber facer e experiencia acumulada

D-5

Explotacións pouco dinámicas e sen continuidade

F-4

Posibilidade de obtención de produtos con calidades axeitadas a certos nichos de mercado

D-6

Unha importante parte da produción ecolóxica está situada en áreas de baixa produtividade e en cultivos de rendibilidade limitada (bosques e aproveitamentos silvestres, castiñeiro, maceira…)

F-5

Existencia de razas e castes autóctonas

D-7

Pouca aceptación dalgúns produtos ecolóxicos

F-6

Presenza de volumes de produción xa significativos en certas orientacións e crecemento sectorial

D-8

Escasa produción de produtos hortofrutícolas ecolóxicos e reducida comercialización no mercado interior

F-7

Existencia de instalacións industriais con capacidade para absorberen incrementos de produción

D-9

Baixo grao de elaboración do produto vendido

D-10

Poucos estabelecementos para a elaboración e transformación das producións ecolóxicas

Produto e medios de produción

Aprovisionamento

116

D-11

Falta de dispoñibilidade de pensos ecolóxicos competitivos

D-12

Falta de material xenético certificado adaptado


Táboa 11b: DAFO do sector da agricultura ecolóxica galega (resumo) ANÁLISE DO CONTORNO INTERNO: FORTALEZAS E DEBILIDADES Cod.

Fortalezas

Cod.

Debilidades

D-13

Dificultade para atopar produtos para loitar contra pragas e enfermidades

Aprovisionamento

D-14

Escasa información sobre os produtos utilizábeis en AE e falta de mecanismos regulados para a certificación de insumos utilizábeis na produción

D-15

Oferta escasa e de custo superior aos alimentos convencionais nunha maioría de produtos

D-16

Dependencia das axudas agroambientais

Balance económico das explotacións F-8

Existencia de axudas á produción

Formación e coñecemento F-9

Supervivencia do coñecemento técnico tradicional

D-17

A agricultura ecolóxica require un maior nivel de formación que a convencional

F-10

Experiencia e tradición técnica dalgunhas producións

D-18

Perda dos coñecementos tradicionais se non se pon interese en rescatalos, preservalos e actualizalos

F-11

Crecente número de actividades formativas en agricultura e gandaría ecolóxicas

D-19

Falta de servizos técnicos de apoio efectivos

D-20

Na formación regulada (FP e Universidade) a produción ecolóxica non está suficientemente representada

D-21

Dificultade para atopar profesionais cualificados para a formación

D-22

Complexidade no proceso

D-23

Aspectos mellorábeis no funcionamento do CRAEGA actual

D-24

Tratamento das excepcións regulamentarias

Control e certificación F-12

O sector da produción ecolóxica galega conta cun sistema de control e certificación fiábel e ben valorado

117


Táboa 11b: DAFO do sector da agricultura ecolóxica galega (resumo) ANÁLISE DO CONTORNO INTERNO: FORTALEZAS E DEBILIDADES Cod.

Fortalezas

Cod.

Debilidades

D-25

Deficiente articulación interna do sector. Falla de perspectiva do “sector” e falla de artellamento sectorial

D-26

Falta de profesionalización do movemento asociativo

Cooperación e artellamento sectorial F-13

Progresiva articulación do sector

Innovación e transferencia tecnolóxica F-14

Concienciación do sector da importancia da I+D para o seu futuro

D-27

Déficit de medios para a difusión de coñecementos

F-15

Capacidade de innovación nos produtores

D-28

Falta de investigación orientada a lograr unha produción máis continua e variada e cara a sistemas de produción en gandaría ecolóxica

D-29

Insuficiente dedicación de persoas e medios á I + D neste sector

D-30

Insuficiente investigación sobre sementes e variedades aptas para a produción ecolóxica

Mercado

118

F-16

Desenvolvemento de solucións comerciais propias por produtores

D-31

Falta de suficientes estruturas e servizos comerciais

F-17

Inicio da consolidación de grupos de consumidores de produtos ecolóxicos

D-32

A demanda de produtos ecolóxicos en España está pouco desenvolvida

F-18

Distribución en circuítos curtos

D-33

Deficiente nivel de información social sobre os produtos ecolóxicos

F-19

Novas fórmulas de consumo social cada vez máis presentes en Europa

D-34

Confusión das persoas consumidoras por mor das distintas etiquetas existentes

D-35

Confusión no uso de vocábulos afíns

D-36

Percepción por parte do sector consumidor de que os prezos dos produtos ecolóxicos son altos

D-37

Mercados concentrados en poucos operadores


Oportunidades (puntos fortes externos) Derivadas do contorno político e administrativo O-1: A produción ecolóxica é unha das opcións máis concordantes coas directrices derivadas da nova PAC e os seus instrumentos de xestión Os obxectivos da nova PAC, ligados á produción de calidade, á seguridade alimentaria e á consideración da protección ao medio dentro da propia política sectorial, concrétanse na aplicación das medidas agroambientais. Unha agricultura como a ecolóxica, de baixa intensidade, é claro que responde singularmente ben ás estratexias de sustentabilidade, polo que a aplicación destas medidas constitúe unha clara oportunidade para o desenvolvemento da produción ecolóxica. O-2: As restricións medioambientais á produción derivadas da política comunitaria supoñen unha vantaxe competitiva para a produción ecolóxica Abondando no anterior, as condicións de condicionalidade das axudas ligadas a requirimentos medioambientais favorece os modelos sustentábeis, o que conduce a outorgar á produción ecolóxica un plus de competitividade. O-3: Interese social da agricultura ecolóxica A produción ecolóxica é xeradora de externalidades positivas; a substitución da produción intensiva é a maiores redutora de externalidades negativas. Polo tanto, a produción ecolóxica ten un interese social que se manifesta nos ámbitos da paisaxe (protección de paisaxes definitorias de Galiza), da saúde (do consumidor, do produtor e da sociedade en xeral), da ecoloxía (protección dos recursos naturais produtivos e non produtivos), da cultura (protección de sistemas tradicionais de manexo). En definitiva, contribúe ao desenvolvemento rural no seu conxunto, amén de servir como un vehículo educativo para a conservación do medio e dos espazos rurais tradicionais. O-4: Existencia de instrumentos de xestión e promoción adecuados á realidade social, económica e produtiva A existencia dunha Administración agraria autónoma e de instrumentos desenvolvidos especificamente para o país non pode ser considerada como algo obvio ou tecnicamente irrelevante. Existen multitude de casos no marco económico europeo onde a inexistencia de mecanismos de co-participación rexional incide moi negativamente nas posibilidades de planificación. Unha mostra desta importancia é o interese que o vixente Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza e os seus instrumentos específicos presentan para o desenvolvemento de liñas estratéxicas da produción ecolóxica.

119


Ao longo da exposición das diferentes medidas poderase observar como é precisamente esta oportunidade a que pode corrixir debilidades e ameazas, ou potenciar fortalezas en gran parte dos casos, o que demostra de novo a súa importancia.

Derivadas do contorno estrutural O-5: A produción ecolóxica como ferramenta de manexo sustentábel dos montes A crecente concienciación da Administración e da sociedade sobre o risco que comporta o abandono e o manexo inadecuado dos montes está a supor a aparición de novas formas de xestión sustentábel dos seus recursos, entre os que a produción ecolóxica silvopastoril ou de recolleita silvestre pode ter un espazo de aproveitamento. O-6: Existencia de grandes superficies de montes veciñais en man común Os montes veciñais poden achegar grandes extensións de terreo, necesarias para resolver a limitación de superficie necesaria para desenvolver orientacións gandeiras. O-7: Posibilidade de incrementar o valor da produción sustentábel nas áreas de produtividade agraria reducida A agricultura ecolóxica supón unha oportunidade para aquelas áreas de produtividade agraria reducida. Superficies de monte ou mato pódense reconverter en ecolóxicas practicamente sen custos adicionais, incrementando desta forma o valor e a sustentabilidade do terreo: xeración e retención de solo agrícola, rexeneración da auga potábel, preservación de paisaxe... O-8: Presenza de áreas naturais protexidas As áreas naturais protexidas, en especial os parques naturais, poden ser unha fonte interesante de desenvolvemento da produción e do consumo de alimentos ecolóxicos.

Derivadas do contorno socio-cultural O-9: Preocupación pola seguridade alimentaria e producións certificadas As crises alimentarias de fin de século teñen ocasionado unha forte preocupación por parte do consumidor pola calidade do que consomen, o que se ten traducido nun forte incremento da demanda de produtos alimentarios certificados.

120


O-10: Aprecio polos produtos e os sabores do país O mercado galego ten lembranza do que son os sabores de vello, e apréciaos. Tamén ten unha especial atracción polos produtos autóctonos. Existe pois un espazo de mercado moi ben definido. O-11: Crecente conciencia social sobre ecoloxía e respecto ao medio Incide na ampliación da base social das persoas consumidoras de produtos ecolóxicos.

Derivadas da análise da competitividade O-12: Imaxe positiva do produto galego A marca “Galiza” vende. O alimento galego beneficiase dunha imaxe, fóra de Galiza, moi positiva, da que se pode beneficiar o alimento ecolóxico. O-13: Incremento da demanda en Europa O norte de Europa está a experimentar un forte incremento da demanda de produtos ecolóxicos que pode ser aproveitada polas producións galegas máis competitivas. O-14: Existencia dalgunhas explotacións e empresas consolidadas Certas explotacións e empresas de transformación xa levan moitos anos producindo alimentos certificados e acadaron xa unha certa estabilidade

Derivadas da estrutura de clientes e canles O-15: Potencial de desenvolvemento dos mercados internos Tanto o mercado español como sobre todo o galego está aínda moi lonxe de obter os niveis medios de consumo dos países do seu contorno, polo que é previsíbel un forte desenvolvemento a curto e medio prazo da demanda. O-16: Cambio nos hábitos de consumo familiares A redución dos tempos dedicados á compra nos contornos urbanos e o crecemento das unidades de consumo individuais leva ao incremento da demanda de produtos de longa conservación, o que supón de novas oportunidades para produtos de terceira e cuarta gama e, en xeral, de produtos transformados.

121


O-17: Consumo das comunidades galegas no exterior A fonte tradicional de demanda de produtos galegos formada polas comunidades galegas no exterior pode verse ampliada coa nosa produción ecolóxica.

Ameazas (puntos débiles externos) Derivadas do contorno político e administrativo A-1: Excesiva dependencia das axudas agroambientais para certas orientacións produtivas Aínda que é verdade que as axudas públicas contribúen a defender a viabilidade de orientacións que nun primeiro intre, dada a súa reducida dimensión e a súa novidade, non terían garantido un mínimo de rendibilidade, nalgúns casos a presenza das axudas pode ocasionar a penetración no sector de axentes máis interesados na percepción que na produción. Por outra banda, a sobredependencia non garante a supervivencia da produción no momento de desaparición do incentivo. A-2: Axudas á reconversión non dispoñíbeis na práctica para certas producións As limitacións de superficie e o nivel de percepción por unidade de superficie fai que na práctica as axudas á reconversión, e nomeadamente as axudas agroambientais, non sexan alcanzábeis ás explotacións con menores dispoñibilidades de terra. A-3: Estrutura administrativa non desagregada Debido á escasa dimensión do sector, non existe dentro do organigrama da Administración agraria galega unha unidade especificamente dedicada á produción ecolóxica, o que pode ocasionar unha dispersión de esforzos. A-4: Complicación na xestión administrativa Tanto os procedementos administrativos derivados da certificación como da condicionalidade das axudas introduce elementos adicionais de dificultade na xestión das explotacións ecolóxicas. A-5: Deficiencias na xestión da información sectorial A nivel europeo non existe un sistema de información estatístico que recolla datos relativos á produción ecolóxica, o que representa un grave atranco á hora de estabelecermos puntos de partida para unha correcta

122


planificación. Por outra parte, a inexistencia de códigos arancelarios específicos da produción ecolóxica impide a obtención exacta de datos sobre comercio con terceiros países. A-6: Dificultades para a certificación dos produtos a granel A normativa europea sobre seguridade alimentaria e a propia regulación específica da certificación ecolóxica presenta dificultades para a venda a granel. Algúns destes problemas semellan non ter unha solución doada, pero a regulación das excepcións que introduce o novo regulamento europeo poden permitir unha aplicación máis flexíbel das normas de venda de produtos a pequena escala. A-7: Lexislación sanitaria restritiva Existen impedimentos normativos para a cría de animais que dificultan a legalización de orientacións moi próximas á produción ecolóxica, como no caso de animais menores (aves, coellos). Así mesmo, as restricións aos sistemas de matanza caseiros ou en instalacións de pequeno tamaño dificultan a venda ecolóxica certificada do gando menor: aves, coellos, ovino, cabrún. Trátase, singularmente no segundo dos casos, de cuestións de seguridade alimentaria que transcenden o ámbito e a capacidade deste Plan, pero convén, no entanto, manifestalos. A-8: Escaso desenvolvemento das normas de transformación de produtos ecolóxicos As novas esixencias en seguridade alimentaria e a harmonización normativa requiren a redacción e aprobación de normas adicionais para os procesos de elaboración e/ou transformación dos produtos, e singularmente no sector enolóxico.

Derivadas do contorno socio-cultural A-9: Riscos sobre a confianza dos consumidores derivados das eventuais crises alimentarias Aínda que é esta unha característica común a todas as producións alimentarias, o segmento dos consumidores ecolóxicos é particularmente sensíbel a este tipo de feitos. A-10: A produción ecolóxica certificada non garante a orixe Aínda que esta circunstancia forma parte da estratexia de desenvolvemento da produción ecolóxica a nivel europeo -e é polo tanto imposíbel de modificar nas actuais circunstancias- para producións moi ligadas ao medio pode resultar interesante reforzar a certificación con outros selos de garantía da orixe xeográfica.

123


Derivadas da análise da competitividade A-11: Competencia de terceiros países nos mercados europeos Aínda que a presenza nos mercados europeos da nosa produción ecolóxica é aínda moi pequena, a crecente importación de produtos de países terceiros a prezos competitivos vai supoñer unha traba cara ao desenvolvemento dunha eventual acción exportadora. A-12: Competencia de produtos foráneos no mercado galego Algúns produtos, sobre todo de horta e froita, procedentes de fóra de Galiza levan xa algún tempo no mercado galego, cada vez con maiores taxas de introdución. Mesmo, nalgún caso, están a entrar en épocas de produción no noso país, co conseguinte risco potencial para o futuro. A-13: Competencia doutros produtos de agricultura controlada A extensión dos sistemas de produción controlada, nomeadamente os de produción integrada, os selos de garantía ou as diferentes figuras de promoción de orixe están, en maior ou menor medida, supoñendo un elemento competitivo cada vez maior na produción en fresco e na transformada. A-14: Competencia con producións caseiras Existe no noso país unha gran tradición de produtos “caseiros”, procedentes en moitas ocasións de excedentes de autoconsumo, que presentan unha imaxe de calidade coa que os produtos ecolóxicos deben competir en desigualdade de condicións, ao non lle seren esixidas aos primeiros garantías de rastrexabilidade.

Derivadas da estrutura de clientes e canles A-15: A produción ecolóxica está ás veces demasiado relacionada con determinados estratos de consumidores e canles comerciais Aínda que se trata dun fenómeno que vai perdendo forza coa penetración da agricultura ecolóxica nos circuítos convencionais, o feito de que historicamente a produción ecolóxica estivese fortemente ideoloxizada ten limitado a súa extensión a segmentos masivos de consumidores.

124


Fortalezas (puntos fortes internos) Condicións ecolóxicas e agronómicas F-1: Áreas e/ou orientacións produtivas nas que se produce unha boa adaptación ambiental ás condicións climáticas Determinadas áreas xeográficas do país reúnen, polas súas condicións climáticas e as prácticas culturais integradas no medio, moi boas condicións para o desenvolvemento dalgunhas das orientacións produtivas.

Recursos humanos F-2: Elevado nivel de dinamismo e implicación de moitos dos axentes implicados No seo da agricultura ecolóxica galega existen axentes e organizacións fortemente implicadas no seu desenvolvemento. F-3: Saber facer e experiencia acumulada Tanto no seo da produción como da transformación, o aconsellamento e a investigación esixen axentes con experiencia acumulada que pode ser aproveitada.

Produto e medios de produción F-4: Posibilidade de obtención de produtos con calidades axeitadas a certos nichos de mercado Os produtos amparados baixo a indicación agricultura ecolóxica presentan unha calidade diferenciada, e son valorados e apreciados por segmentos crecentes de mercado. F-5: Existencia de razas e castes autóctonas O binomio produción ecolóxica-emprego de variedades autóctonas resulta particularmente interesante pola propia adaptación ao medio desas variedades e polo valor comercial engadido.

125


F-6: Presenza de volumes de produción xa significativos en certas orientacións e crecemento sectorial Existen algunhas orientacións produtivas con capacidade e presenza suficiente para penetrar en mercados de exportación. Por outra banda, o crecemento do sector nos últimos anos, tanto en superficie como en produtores, permite enxergar un maior grao de penetración comercial. F-7: Existencia de instalacións industriais con capacidade para absorberen incrementos de produción Isto é así no caso das producións animais, nas que na maioría dos casos comparten instalacións coa produción convencional, e non tanto no caso das producións agrícolas.

Balance económico das explotacións F-8: Existencia de axudas á produción Sobre todo para as explotacións con maior base territorial, como as de produción de carne de vacún e leite.

Formación e coñecemento F-9: Supervivencia do coñecemento técnico tradicional Existe no noso país unha rica herdanza de coñecementos técnicos tradicionais que aínda se conservan, que poden ser utilizados pola agricultura ecolóxica mediante a súa adaptación. Cómpre pois facer esforzos na recollida dese coñecemento que está a desaparecer con certa velocidade. F-10: Experiencia e tradición técnica dalgunhas producións Despois dunha década de actividade, existen algúns casos nos que a experiencia e o dinamismo técnico son unha realidade que convén aproveitar. F-11: Crecente número de actividades formativas en agricultura e gandaría ecolóxicas A pesar de que aínda non son suficientes, estanse a impartir cursos nos niveis de formación profesional e, en pequena medida, nos centros universitarios.

126


Control e certificación F-12: O sector da produción ecolóxica galega conta cun sistema de control e certificación fiábel e ben valorado O sector da produción avalía moi positivamente o labor de certificación realizado polo CRAEGA. Isto ten dúas lecturas: por unha banda, o interese de poder contar coa produción para estender unha imaxe de confianza que é clave para os consumidores; pola outra, denota o interese dos produtores por defender a súa certificación ou, o que é o mesmo, o interese do sector polo seu desenvolvemento.

Cooperación e artellamento sectorial F-13: Progresivo artellamento do sector Estase asistindo a un proceso progresivo, aínda que incipiente, de estruturación do sector. As entidades implicadas no sector da produción ecolóxica (asociacións de consumidores, produtores e industrias) poden constituír os nodos na articulación dunha rede que facilitará a mellora do sector.

Innovación e transferencia tecnolóxica F-14: Concienciación do sector da importancia da I+D para o seu futuro Detéctase un pequeno incremento da demanda de actividades de I + D e de formación debido á dinámica de crecemento do sector. F-15: Capacidade de innovación nos produtores O sector produtor desenvolveu respostas técnicas ante determinadas dificultades produtivas e móstrase receptivo ante novas técnicas e produtos.

Mercado F-16: Desenvolvemento de solucións comerciais propias por produtores Para loitar coa deficiente estrutura comercial, existe un certo dinamismo no desenvolvemento de iniciativas comerciais propias por parte da produción, a maioría de pequeno tamaño, pero algunhas singularmente ben implantadas: tendas propias, transformación e/ou envasado do produto e venda directa.

127


F-17: Inicio da consolidación de grupos de consumidores de produtos ecolóxicos Estes colectivos, e singularmente as cooperativas de consumidores, poden servir de motor no desenvolvemento do mercado interno pola súa experiencia acumulada. F-18: Distribución en circuítos curtos É posíbel encontrarmos xa varias formas de distribución en circuítos curtos, indo dende a venda directa ata vendas en feiras e tendas de barrio ou vía internet. Estas fórmulas revisten especial interese para o caso da pequena produción. F-19: Novas fórmulas de consumo social cada vez máis presentes en Europa As fórmulas de consumo social (restauración colectiva, sobre todo no eido da xeriatría e os comedores escolares) teñen cada vez máis presenza en Europa, coa crecente aparición de empresas de servizos especializadas en restauración ecolóxica.

Debilidades (puntos débiles internos) Condicións ecolóxicas e agronómicas D-1: Posibilidade de contaminación accidental con organismos modificados xeneticamente, pesticidas ou outras substancias Actualmente, as explotacións presentan o grave risco de recibiren tratamentos químicos procedentes de leiras veciñas por vía das augas ou de outro tipo de fontes de contaminación. O mesmo podería acontecer eventualmente cos produtos transxénicos. As explotacións ecolóxicas están totalmente indefensas fronte a dous perigos, máxime tendo en conta que as características estruturais das explotacións galegas (parcelación e tamaño reducido) as fan especialmente vulnerábeis a este problema. D-2: Limitacións agronómicas Como xa se referiu con anterioridade, determinadas orientacións produtivas presentan niveis de adaptación ecolóxica ao medio moi febles, particularmente no referido á presenza de enfermidades.

128


Estrutura das explotacións D-3: Estrutura territorial das explotacións: dimensión pequena, terreo moi parcelado A produción gandeira ecolóxica, para ser rendíbel, precisa de traballar en pastoreo con cargas gandeiras baixas, para o que se esixen explotacións cunha certa base territorial. As explotacións de carne, e de leite en menor medida, están moi necesitadas de superficies máis grandes e máis concentradas.

Recursos humanos D-4: Escaso nivel de profesionalidade Trátase dunha característica común coa agricultura convencional. Menos dun 40% dos produtores teñen esta actividade como a principal. D-5: Explotacións pouco dinámicas e sen continuidade Unha parte moi importante das explotacións non van ter sucesión, ou non se formula no curto prazo ningún tipo de actuación ou non teñen pensado o que será o seu futuro.

Produto e medios de produción D-6: Unha importante parte da produción ecolóxica está situada en áreas de baixa produtividade e en cultivos de rendibilidade limitada (bosques e aproveitamentos silvestres, castiñeiro ou maceira) Como consecuencia diso unha porcentaxe considerábel da superficie dedicada á produción ecolóxica concéntrase en produtos con rendementos reducidos. D-7: Pouca aceptación dalgúns produtos ecolóxicos En particular, algúns grupos de consumidores aceptan mal carnes pola cor máis escura ou a súa menor tenrura, ou nalgúns casos o consumidor non acepta o aspecto heteroxéneo dalgunhas froitas e hortalizas. D-8: Escasa produción de produtos hortofrutícolas ecolóxicos e reducida comercialización no mercado interior Actualmente hai pouca oferta de produtos hortofrutícolas ecolóxicos no mercado interior, en particular dos producidos ao aire libre.

129


D-9: Baixo grao de elaboración do produto vendido Do mesmo xeito que na produción convencional galega, o grao de transformación do produto é baixo, sobre todo nas producións agrícolas, o que redunda no seu menor valor engadido. D-10: Poucos estabelecementos para a elaboración e transformación das producións ecolóxicas Necesidade dun maior número de instalacións para a elaboración e transformación dos produtos, que así o requiran, que cumpran coa normativa aplicábel á industria ecolóxica.

Aprovisionamento D-11: Falta de dispoñibilidade de pensos ecolóxicos competitivos As materias primas para os alimentos concentrados para o gando proceden na súa maioría do mercado internacional, a altos prezos. D-12: Falta de material xenético certificado adaptado Carécese de material xenético certificado axeitado ás condicións galegas. As variedades de plantas hortícolas certificadas proceden na súa maioría de climas e terras moi distintas ás nosas, co conseguinte problema tanto comercial (alimentos que non gustan), como técnico (maiores problemas de cultivo), como de coherencia co que debe ser a agricultura ecolóxica na que se deben utilizar as variedades do país, adaptadas ás súas condicións. D-13: Dificultade para atopar produtos para loitar contra pragas e enfermidades Dificultades para atopar produtos permitidos e adecuados en eficacia, custo e dispoñibilidade, para a loita contra pragas e enfermidades. A investigación neste campo é moi escasa. D-14: Escasa información acerca dos produtos utilizábeis en agricultura ecolóxica e falta de mecanismos regulados para a certificación de insumos utilizábeis na produción. Actualmente o sector produtor conta cunha moi escasa e confusa información sobre as materias activas e produtos comerciais utilizábeis na agricultura ecolóxica.

130


Balance económico das explotacións D-15: Oferta limitada e de custo superior aos alimentos convencionais nunha maioría de produtos O baixo volume de produción unitaria e o espallamento das explotacións ocasiona unha oferta dispersa e un incremento dos custos de transporte. Por outra banda, a pequena rendibilidade dalgunhas producións motiva que o balance económico só se poida equilibrar grazas ás axudas agroambientais. Todo iso redunda na gran maioría dos produtos nun diferencial de prezo evidente con respecto aos procedentes da agricultura convencional. D-16: Dependencia das axudas agroambientais Polo argumentado anteriormente, algunhas explotacións ecolóxicas non poderían continuar a producir arestora sen percibir estas axudas. Estas producións, no seu actual estado técnico e comercial, non serán rendíbeis nin a curto nin a longo prazo.

Formación e coñecemento D-17: A agricultura ecolóxica require un maior nivel de formación que a convencional As prácticas ecolóxicas de cultivo requiren en xeral maior información, adestramento, tempo e habilidades no manexo que as prácticas convencionais. Isto supón un obstáculo á incorporación de novos agricultores. D-18: Perda dos coñecementos tradicionais se non se pon interese no seu rescate, a súa preservación e a súa actualización Moitos dos coñecementos tradicionais utilizábeis na produción ecolóxica poden desaparecer se non se presta interese ao seu rescate, preservación e utilización. D-19: Falta de servizos técnicos de apoio efectivos Cóntase cunha mínima dispoñibilidade de aconsellamento técnico cualificado e de medios neste sentido. D-20: Na formación regulada (FP e Universidade) a produción ecolóxica non está suficientemente representada Considérase que a presenza da produción ecolóxica na formación regulada, tanto no ámbito da FP como da Universidade, é moi precaria.

131


D-21: Dificultade para atopar profesionais cualificados para a formación É palpábel a insuficiencia de profesionais cualificados na formación específica en agricultura ecolóxica e un claro déficit de recursos pedagóxicos desenvolvidos expresamente para esta actividade. Isto ocorre tanto na produción como na elaboración ou a comercialización.

Control e certificación D-22: Complexidade no proceso O propio proceso de certificación e control é complexo de cara aos produtores, polo que se estima necesaria a implementación de medidas de soporte técnico. D-23: Aspectos mellorábeis no funcionamento do CRAEGA actual Aínda que o CRAEGA está a cumprir razoabelmente coa misión que ten encomendada e presenta unha boa valoración xeral por parte do sector, denota unha serie de déficits que impiden a mellora da súa achega. Un exemplo sería a carencia de medios para incrementar a propia recollida de datos sobre o sector, coa conseguinte incapacidade para realizar actividades de carácter estratéxico. D-24: Tratamento das excepcións regulamentarias A interpretación da lexislación ou o sistema de certificación están dando lugar a sistemas de produción ecoloxicamente non racionais. En especial, certas prácticas de cría gandeira como a produción de carne de aves ou de ovos, ou mesmo a produción de vacún de carne, estanse a desenvolver baixo sistemas moi próximos á produción convencional.

Cooperación e artellamento sectorial D-25: Deficiente artellamento interno do sector. Limitacións na perspectiva do “sector” e falla de artellamento sectorial Á marxe de loábeis iniciativas, trátase dun sector atomizado e pouco coordinado, o que afecta tanto a concentración da oferta como a creación de canles de comercialización. A atomización reduce o poder negociador dos produtores, dificulta a aplicación de plans estratéxicos de mercadotecnia así como o desenvolvemento de programas de formación. Non existe unha perspectiva dos intereses de grupo, polo que as accións levadas a cabo son sempre individuais, o que numerosas veces conduce a contradicións e conflitos que reducen o potencial de desenvolvemento do sector.

132


D-26: Falta de profesionalización do movemento asociativo O movemento asociativo peca dunha escasa profesionalización. Por dispor de medios reducidos, non se aposta ou non se pode apostar pola contratación de persoal cualificado, con experiencia e dedicación exclusiva. No seu lugar, adóitase recorrer a moito traballo voluntario e persoas recentemente tituladas. Deste xeito, as entidades asociativas, tanto as de produción como de consumo, levan un desenvolvemento moito máis lento e menos seguro.

Innovación e transferencia tecnolóxica D-27 Déficit de medios para a difusión de coñecementos Ata a data, o sector non conta apenas con medios de difusión de coñecementos e transferencia da tecnoloxía, o que impide a actualización e intercambio de coñecementos e experiencias dentro do sector, particularmente para a gran cantidade de agricultores e gandeiros que se incorporan a este. D-28: Insuficiencia na investigación orientada a lograr unha produción máis continua e variada e cara a sistemas de produción en gandaría ecolóxica Falta investigación encamiñada a optimizar os procesos de produción e obter unha produción máis continua e variada. De igual modo, é reducida a información referente ao control de pragas e enfermidades en agricultura ecolóxica e a sistemas produtivos gandeiros adaptados ás nosas circunstancias. D-29: Insuficiente dedicación de persoas e medios á I + D neste sector Posibelmente pola súa reducida dimensión actual e non ter o atractivo doutras ramas da investigación, o sector recibe unha atención insuficiente en I + D que non se corresponde co seu potencial. D-30: Insuficiente investigación sobre sementes e variedades aptas para a produción ecolóxica Na actualidade non existe practicamente produción de semente comercial no noso país con arranxo ás normas de produción ecolóxica. Esta realidade é moi similar na maioría dos países europeos, coa excepción de Holanda e Alemaña. Por esta causa a Comisión Europea tivo que demorar a aplicación estrita da normativa ata o ano 2004, en espera de que o desenvolvemento do sector produtivo permita satisfacer as necesidades do mercado.

133


Mercado D-31: Falta de suficientes estruturas e servizos comerciais Hai escaseza de estruturas e servizos comerciais polo que non é doado garantir unha distribución conforme os niveis de esixencia do comercio. Unha considerábel porcentaxe da produción ecolóxica véndese a través de tendas especializadas, presentando xa que logo un nicho de mercado moi reducido. A gran distribución mostra un escaso interese nestes produtos, en certa medida motivado pola descontinuidade da produción e a súa falta de homoxeneidade. Por outra banda, a comercialización directa por parte dos produtores e produtoras tropeza con multitude de dificultades de variada índole (técnicas, ecolóxicas, sociais, administrativas) que limitan as posibilidades de desenvolvemento das canles de comercialización curtas e mesmo da venda directa. D-32: A demanda de produtos ecolóxicos en España está pouco desenvolvida O mercado interno é moi reducido, en parte debido ao descoñecemento por parte do consumidor e pola falta de campañas específicas de promoción que apoien o consumo destes produtos. D-33: Deficiente nivel de información social sobre os produtos ecolóxicos A sociedade en xeral ten un escaso coñecemento sobre as características dos alimentos ecolóxicos e como son producidos, como se identifican, os beneficios para a saúde e o positivo balance enerxético e ambiental que achegan. O sector da distribución alimentaria carece en xeral dunha visión suficientemente informada do que son os alimentos ecolóxicos, as súas características e como se elaboran. Deste xeito non poden realizar unha difusión correcta aos consumidores. En canto aos propios produtores, existe, polo xeral, un nivel de formación comercial non suficiente para os novos mercados, en especial os de fóra das fronteiras de Galiza, o que impide mesmo unha aplicación correcta dos prezos de venda. A calidade enténdese como algo intrínseco ao produto ecolóxico, ou con claves moi distintas do que requiren os mercados. Existe a tendencia de crer que xa por ser ecolóxico o produto debe ter saída comercial con prezo diferencial, porque si. D-34: Confusión do consumidor debido ás distintas etiquetas existentes Aínda que en Europa só existe un logotipo de agricultura ecolóxica, o feito de que non sexa obrigatorio, a

134


convivencia con selos de certificadoras privadas e os das diferentes comunidades e países, e o seu parecido con logotipos doutros sistemas de produción controlada inducen á confusión no consumidor. D-35: Confusión no uso de vocábulos afíns A utilización de termos como “artesanal”, “de toda a vida”, “san”, “libre de residuos” ou “natural” crea confusión no consumidor. Sería conveniente regular o uso deste tipo de vocábulos. D-36: Percepción por parte dos consumidores de que os prezos dos produtos ecolóxicos son altos Os estudos de mercado amosan que os consumidores teñen a percepción de que os produtos ecolóxicos son caros, aínda que a realidade é que son menos caros do que se pensa, e para algúns produtos case non existen diferenzas. D-37: Mercados concentrados en poucos operadores Algunhas producións caracterízanse por teren como destino comercial moi poucos, ou mesmo un só comprador (caso da mazá para sidra, o leite ou o kiwi), o que supón unha clara debilidade comercial.

135


136


Parte Segunda: eixes, obxectivos e medidas

137



Obxectivo final e obxectivos intermedios Dende un punto de vista estritamente produtivo, a caracterización do sector apuntada nas epígrafes precedentes leva a unha conclusión evidente: a produción ecolóxica galega –e moito máis se nos referimos á transformación– ocupa un espazo moi reducido en relación co conxunto do Estado, que se atopa, á súa vez, moi lonxe de acadar niveis de produción e sobre todo de consumo interno similares aos dos países do seu contorno. Mesmo no caso das orientacións produtivas de maior “éxito” do panorama galego (leite, carne de vacún ou produción de castañas, por sinalar tres exemplos) as cifras absolutas de produción están a unha enorme distancia dos seus valores potenciais. O caso do leite, no que conviven unha importante produción relativa (35% do total do Estado, similar á contribución da produción de leite convencional) e un sector constituído por menos dunha vintena de produtores, resulta paradigmático. Todas as estratexias incluídas nos plans redactados por outras comunidades autónomas con maiores niveis de desenvolvemento sectorial coinciden en sinalar como obxectivo estratéxico básico o fomento das producións, sobre todo no referente ás destinadas ao mercado interior. Razón de máis para que, nunha situación de “marxinalidade” como a galega –entendida esta expresión no seu sentido primario, cuantitativo e non no pexorativo– un obxectivo final do planeamento estratéxico consista na potenciación de aqueles eixes e medidas encamiñados á consolidación e á potenciación do crecemento da nosa agricultura ecolóxica, tanto no mercado interior como, naqueles casos nos que as condicións o permitan, nos mercados exteriores. Agora ben, esta estratexia de consolidación e engalaxe produtiva debe ser entendida como un obxectivo final, ou máis ben como o corolario dun conxunto de obxectivos iniciais e intermedios de planificación, estruturación e consolidación sectorial que, de teren éxito, darán como resultado harmónico o obxectivo final perseguido. Nunha situación de partida como a nosa, apuntar directamente a obxectivos produtivistas, baseados no financiamento externo ao sector, non só non vai contribuír á súa sustentabilidade senón, o que é aínda máis grave, vai resultar inútil. En canto á definición dos obxectivos intermedios, a análise DAFO proporciona información sobre os puntos clave sobre os que é factíbel intervir para mellorar a competitividade, aproveitando para iso os puntos fortes dos que se dispón. Unha análise formal do contido da matriz permite determinar que é posíbel, cos medios dispoñíbeis, incidir sobre os seguintes elementos: • Niveis de información relativos ao marco produtivo e ao contorno da competencia. • Estrutura das explotacións. • Formación dos produtores

139


• Produto e medios de produción. • Niveis de transformación. • Estrutura comercial. • Certificación e normas de produción. • Articulación sectorial. • Coñecemento do produto, marketing e publicidade. • Investigación e transferencia tecnolóxica. A ordenación sistemática deses elementos dá lugar á formulación dos obxectivos intermedios, que coinciden cos eixes estratéxicos que se desenvolverán no apartado seguinte.

140




Eixes e medidas Estruturación do Plan Unha vez definidos os obxectivos do Plan, cómpre estabelecermos un sistema de estruturación correlativa das diferentes actuacións globais e específicas, de maneira que resulten comprensíbeis tanto na formulación como no seguimento. Utilizando unha metodoloxía similar á que se estabelece no Regulamento (CE) 1698/2005, trataríase de definir os diferentes eixes e medidas do seguinte xeito: • Eixes: De acordo coa definición incluída no citado regulamento, denomínase eixe a un grupo coherente de medidas con propósitos específicos resultantes directamente da súa aplicación e que contribúen a un ou máis dos obxectivos do Plan. • Medidas: Aqueles proxectos, contratos, acordos ou outras accións, seleccionados de acordo cos criterios estabelecidos no Plan, executados por un ou varios beneficiarios, e que axudan á aplicación dun eixe. No noso caso, e dada a relativa inconcreción que presenta a definición dos eixes, tense botado man da creación de subeixes como forma de achegamento intermedio ás medidas propostas. Por outra banda, é conveniente tomar en conta as consideracións feitas, ao falarmos do método DAFO, en canto á definición de estratexias como aplicación dos diferentes puntos fortes sobre os puntos débiles. Co fin de non complicar excesivamente a explicación co contido dos diferentes eixes, remítese ás fichas xustificativas de cada medida para atopar, sequera indirectamente, a súa xustificación DAFO. O Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza estrutúrase nos seguintes eixes e subeixes: EIXE 1: PLANIFICACIÓN PREVIA E MELLORA DO COÑECEMENTO SOBRE O SECTOR Sub - eixe 1.1. Mellora das fontes de información sectorial. Sub - eixe 1.2. Ordenación produtiva. Sub - eixe 1.3. Análise do mercado. EIXE 2: ACTUACIÓNS SOBRE O PRODUTO E OS MEDIOS DE PRODUCIÓN Sub - eixe 2.1. Fomento da produción. Sub - eixe 2.2. Tecnificación e planificación produtiva. Sub - eixe 2.3. Medios de produción. Sub - eixe 2.4. Produción ecolóxica e xénero. EIXE 3: ACTUACIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS

143


EIXE 4: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN E A ARTICULACIÓN SECTORIAL Sub - eixe 4.1. Mellora no coñecemento do produto e accións de promoción. Sub - eixe 4.2. Redes comerciais e novas formas de consumo. Sub - eixe 4.3. Articulación sectorial e social. EIXE 5: CONTROL E CERTIFICACIÓN EIXE 6: ACTUACIÓNS SOBRE O COÑECEMENTO, A FORMACIÓN E A INVESTIGACIÓN Sub - eixe 6.1. Coñecemento e formación. Sub - eixe 6.2. Investigación.

144


Descrición dos eixes e medidas EIXE 1: PLANIFICACIÓN PREVIA E MELLORA DO COÑECEMENTO SOBRE O SECTOR A planificación a medio prazo que precisa o Plan require instrumentos capaces de garantir unha distribución adecuada dos recursos, de maneira que se maximice o impacto ao final do período, ao tempo que se produza un desenvolvemento produtivo equilibrado. A planificación previa das actuacións e o recurso aos estudos de base convértense desta maneira nun eixe obrigatorio de carácter horizontal.

Sub - eixe 1.1. Mellora das fontes de información sectorial. Unha das eivas máis evidentes que presenta o sector da agricultura ecolóxica en toda Europa33, e máis nomeadamente en Galiza, é a falla case absoluta de datos específicos de carácter estatístico e comercial, o que non permite a realización de traballos de estudo e caracterización do sector coa suficiente precisión e profundidade. Cuestións tan fundamentais como poden ser o volume económico total do mercado de produtos ecolóxicos (produción + importacións–exportacións), consumo per cápita ou nivel de información do consumidor carecen de resposta no noso país, polo que se fai imposíbel coñecer adecuadamente a situación do sector e seguir a súa evolución. Cómpre pois que, con carácter básico e dende o principio do seu desenvolvemento, o Plan estabeleza un programa de recollida e tratamento sistemático dos datos básicos do sector, nas súas vertentes produtiva e comercial, baixo a forma de directorios de produtores, elaboradores e distribuidores galegos, que recollerán os datos identificativos e infraestruturais e enquisas periódicas de situación que servirán para caracterizar as variábeis que forman parte das contas económicas sectoriais. MEDIDA 1.1.1. - Reforzamento dos sistemas estatísticos da agricultura ecolóxica. MEDIDA 1.1.2. - Estudos sobre caracterización técnico–económica das explotacións ecolóxicas.

Sub - eixe 1.2. Ordenación produtiva. A propia pequena dimensión do sector en Galiza brinda a oportunidade de poder estabelecer mecanismos de planificación case dende a base, libres das inercias que se producirían de existir un sector máis desenvolvido. E non cabe dúbida que o primeiro elemento desa planificación deberá ser a promoción dunha política de ordenación da produción baseada en criterios que favorezan a implantación e o desenvolvemento de cada orientación produtiva naquelas áreas nas que se dean as condicións agrolóxicas máis adecuadas, e polo tanto, tanto os rendementos técnico–económicos como as condicións de sustentabilidade se vexan máis favorecidas. Cómpre pois o desenvolvemento de estudos de ordenación produtiva que analicen para cada área do territorio as características agronómicas, estruturais e comerciais, de maneira que se poidan estabelecer criterios obxectivos de idoneidade de cada orientación produtiva nas diferentes localizacións xeográficas. Sería interesante tamén incluír o estudo de producións que na actualidade non teñen representación dentro . Unha característica común a todos os plans estudados é precisamente a referencia a esa falla de instrumentos de información.

33

145


da produción ecolóxica galega, pero que contan con potencialidade para o seu desenvolvemento futuro. Non se trata con esta liña de actuación de pechar o acceso ás medidas de apoio ás explotacións que cumpran coas esixencias técnicas e/ou legais polo simple feito da súa localización, senón de actuar de xeito positivo, priorizando recursos aos espazos e ás orientacións nos que resultarán máis efectivos, limitando con isto o risco de desaparición futura de explotacións en escenarios de diminución das axudas directas. MEDIDA 1.2.1. - Estudos territoriais de adaptación óptima de orientacións produtivas MEDIDA 1.2.2. - Plans sectoriais de desenvolvemento de actividades produtivas específicas. MEDIDA 1.2.3. - Estudos sobre implantación de novas orientacións ecolóxicas.

Sub - eixe 1.3. Análise do mercado. O reducido valor da demanda interna do mercado de produtos ecolóxicos en Galiza constitúe unha das debilidades máis patentes, pero tamén un dos parámetros sobre o que máis doada pode resultar a actuación. Agora ben, para perfilar unha estratexia de promoción e información axeitada sobre calquera produto cómpre coñecer con exactitude cal é o perfil do obxectivo comercial e a súa posición previa sobre ese produto, cales son as razóns para o consumo e as razóns para o rexeitamento, e cales serían as modificacións que se van incluír para conseguir un maior nivel de aceptación. Os estudos sobre o comportamento do consumidor34 están referidos a nivel de Estado, e non existe ningún estudo especificamente galego. Tendo en conta o noso peso demográfico con relación ao conxunto da mostra, os resultados dos diferentes traballos resultan moi dificilmente aplicábeis para a análise da nosa situación, por correcta que sexa a súa metodoloxía xenérica. Cómpre pois realizar un estudo específico, composto por enquisas de campo, entrevistas ao sector consumidor e a axentes de comercialización, que permita definir os perfís concretos da nosa situación. Outra ferramenta moi interesante de carácter comercial é a referida aos estudos de benchmarking, técnica que consiste nun estudo sistemático da situación do sector noutras áreas xeográficas nas que se recoñece un mellor funcionamento para realizar unha comparación e poder aplicar métodos de mellora. Este sistema de traballo ten demostrado a súa eficiencia en moitos países e mesmo noutros sectores da economía galega. MEDIDA 1.3.1. - Estudo de mercado sobre a produción e o consumo de produtos ecolóxicos en Galiza. MEDIDA 1.3.2. - Estudo da posición competitiva do sector ecolóxico galego.

. O estudo de mercado monográfico sobre produtos ecolóxicos do observatorio do consumo e a distribución alimentaria do MAPA, correspondente ao último trimestre de 2007 inclúe, por exemplo, só 75 enquisas a consumidores galegos sobre un total de 1.200, co que o nivel de confianza resulta metodoloxicamente correcto a nivel estatal, pero claramente insuficiente a nivel galego. En canto ás entrevistas ás amas de casa, non se fixo campaña de campo en Galiza. 34

146


EIXE 2: ACTUACIÓNS SOBRE O PRODUTO E OS MEDIOS DE PRODUCIÓN O obxectivo último do PDAE, como se ten reiterado, é a consolidación do sector baseada nun incremento sustentábel do nivel produtivo, ata chegar aos niveis que con carácter obxectivo lle corresponden. As actuacións directas sobre o produto e o contorno produtivo son pois fundamentais, pero reiteramos de novo que non son as únicas e nin sequera as máis importantes para acadar o obxectivo final. Inclúense dentro deste eixe o conxunto de medidas referidas directamente ao fomento da produción, pero tamén as referidas ao que, nun sentido amplo, podemos considerar como medios de produción: o medio físico, o medio humano, os insumos e os medios técnicos.

Sub - eixe 2.1. Fomento da produción. Todos os axentes sociais consultados coinciden en que o desenvolvemento sectorial pasa inexorabelmente polo incremento do número de explotacións e dos niveis de produción. Por outra banda, está claro que a reconversión á produción ecolóxica é un proceso custoso, tanto en recursos económicos como en formación e capacitación, polo que require ser apoiado pola Administración con axudas económicas e técnicas que compensen os produtores polos beneficios ambientais que este sistema achega. Así o entenden os mecanismos de xestión da política agraria, cunha batería de axudas encamiñadas á defensa da sustentabilidade que xa foron analizadas en epígrafes precedentes. Moitas destas medidas contan con referencias específicas á produción ecolóxica, polo que parece evidente que a súa aplicabilidade está garantida. De feito, como xa se ten analizado, a existencia dos pagamentos agroambientais foi un dos factores que motivou o crecemento do sector. Convén non perder de vista, no entanto, a debilidade que esta situación pode implicar a longo prazo para a propia supervivencia das explotacións, debido ao risco de entrada de operadores máis interesados na percepción económica que en aspectos de sustentabilidade, ou, o que é máis perigoso, que a mellora temporal nas contas de explotación actúe como freo á adopción de medidas de mellora da competitividade. Cómpre, pois, ser coidadosos na aplicación deste factor, ligando, na medida do posíbel, as accións de fomento á análise dos plans de negocio que garantan a sustentabilidade e a viabilidade económica das explotacións, así como implementando programas sectoriais e territoriais ben deseñados.

147


MEDIDA 2.1.1. - Desenvolvemento das axudas agroambientais para a produción ecolóxica. MEDIDA 2.1.2. - Priorización na aplicación das medidas incluídas no PDR. MEDIDA 2.1.3. - Fomento da produción ecolóxica nos espazos naturais de Galiza.

Sub - eixe 2.2. Tecnificación e planificación produtiva. Este subeixe incide basicamente sobre os factores máis importantes que inciden na explotación ecolóxica, como son o factor humano e as prácticas culturais, en tanto que son as que lle prestan a este modo de produción o seu carácter máis definitorio. De acordo con isto, o contido do subeixe pódese desagregar en tres elementos estratéxicos diferenciados: 1. A actuación sobre o factor humano compensando dous tipos de debilidades identificadas: o progresivo envellecemento da poboación, común á toda a actividade agraria galega, e o déficit atopado nos niveis de aconsellamento técnico para desenvolver sistemas eficientes. 2. A mellora da eficiencia das explotacións, especialmente nos seus aspectos económicos e sobre todo ambientais. Aspectos tan importantes como a loita contra a erosión e o efecto invernadoiro poden ser, sequera parcialmente, combatidos nas explotacións agrarias mediante a potenciación dos seus recursos autóxenos, o desenvolvemento da cuberta vexetal, o incremento da autosuficiencia por medio da explotación dos recursos naturais internos, o mantemento da biodiversidade, o consumo responsábel, o desenvolvemento de tecnoloxías de baixo custo ou o recurso ás enerxías renovábeis. 3. Garantir unha coexistencia xusta cos restantes sistemas produtivos, impedindo na medida do posíbel a agresión de fontes de contaminación externa ás explotacións, como xeito de manter a propia eficiencia do sistema. MEDIDA 2.2.1. - Apoio á instalación de mozos produtores. MEDIDA 2.2.2. - Implantación de servizos de aconsellamento ás explotacións. MEDIDA 2.2.3. - Utilización de servizos de aconsellamento á xestión e á produción. MEDIDA 2.2.4. - Apoio á modernización e mellora das explotacións ecolóxicas. MEDIDA 2.2.5. - Promoción da protección dos cultivos ecolóxicos fronte a contaminantes e OXM. MEDIDA 2.2.6. - Apoio á implantación de sistemas de calidade nas explotacións.

Sub - eixe 2.3. Medios de produción. Ao longo do diagnóstico foron identificadas unha serie de debilidades derivadas da dificultade de abastecemento de insumos específicos para a produción ecolóxica. Este é o caso das sementes e plántulas certificadas, algúns tipos de alimentos para o gando, fertilizantes e substancias para control dalgunhas pragas e enfermidades ou maquinaria específica.

148


Aínda que algúns expertos manifestan que é un problema derivado do reducido tamaño do sector en Galiza, e que polo tanto debería resolverse por si mesmo co propio desenvolvemento, o Plan aposta pola actuación, na medida do posíbel, cara á axilización na resolución destes problemas. MEDIDA 2.3.1. - Apoio á produción de sementes, plantas de viveiro e animais de reposición certificados. MEDIDA 2.3.2. - Fomento da recuperación e uso de recursos xenéticos locais. MEDIDA 2.3.3. - Apoio ao deseño e desenvolvemento de maquinaria específica de agricultura ecolóxica. MEDIDA 2.3.4. - Identificación e recompilación de prácticas culturais tradicionais.

Sub - eixe 2.4. Produción ecolóxica e xénero. De conformidade co disposto na Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, que ten como obxectivo fundamental garantir a vinculación da totalidade dos poderes públicos galegos co cumprimento da transversalidade como instrumento imprescindíbel para o exercicio das competencias autonómicas en clave de xénero, co obxecto de conseguir a eliminación de calquera tipo de discriminación, e do estabelecido no Programa de desenvolvemento rural de Galiza, aplicarase o enfoque de xénero e a posibilidade de aplicar unha discriminación positiva a favor da muller, con carácter horizontal, naquelas medidas nas que, pola súa configuración e obxectivos, se estima que a diferenciación de xénero contribuirá en maior medida á incorporación feminina ao mercado laboral e á implicación activa do colectivo, facendo máis visíbel o labor que tradicionalmente veñen realizando as mulleres.

149


EIXE 3: ACTUACIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS A produción ecolóxica galega presenta un forte déficit de valor engadido, motivado pola existencia dun grao de transformación menor que no caso da produción convencional. Para combater esta debilidade, cómpre favorecer o desenvolvemento de instalacións específicas para a transformación, cando sexa posíbel, e cando menos, a adaptación das industrias convencionais favorecendo o desdobramento de liñas de produción. No entanto, esta non é unha cuestión específica da produción ecolóxica e debe ser enmarcada dentro doutras políticas da Consellería do Medio Rural. De feito, nos encontros mantidos coas industrias ecolóxicas quedou claro que o problema fundamental é a falta de volumes e calidades de produción axeitadas ás súas necesidades. Nun escenario de competitividade global, non abonda coa simple implantación de industrias transformadoras, senón que é preciso fomentar sistemas que reforcen o aseguramento da calidade nos procesos, adicionalmente ás derivadas do sistema de control e certificación ecolóxico. O recurso das cadeas de comercialización ao cumprimento, por parte dos seus fornecedores, de estándares voluntarios de certificación35 é unha práctica común que potencia a posibilidade de introdución dos produtos nas canles comerciais da gran distribución, e que resulta singularmente importante para a exportación. O apoio á implantación por parte das industrias de transformación dos devanditos estándares voluntarios vai reforzar esta liña estratéxica. MEDIDA 3.1. - Apoio á creación e modernización da industria ecolóxica.

. Ademais da norma xenérica de aseguramento da calidade, ISO 9001:2000, estase a falar fundamentalmente da Normas IFS (International Food Standard), BRC (British Retail Consortium) e UNE-EN-ISO 22000 (relativa aos sistemas de xestión da seguridade alimentaria). 35

150


EIXE 4: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN E A ARTICULACIÓN SECTORIAL Sub - eixe 4.1. Mellora no coñecemento do produto e accións de promoción. Ao longo da exposición da diagnose quedou claro que unha das maiores debilidades do sector era a escasa demanda interna dos produtos derivados da agricultura ecolóxica, tanto no mercado galego como no español. Apareceu tamén como unha das causas desta debilidade a falla de coñecemento preciso, por parte da poboación, sobre os beneficios ambientais e para a saúde que levan de seu, así como a confusión existente sobre a multiplicidade de denominacións e de logotipos procedentes das producións certificadas, e nomeadamente da ecolóxica. Así pois, a promoción do coñecemento e a divulgación da información sobre os alimentos ecolóxicos convértese nunha acción de evidente carácter estratéxico. MEDIDA 4.1.1. - Campañas publicitarias de fomento do coñecemento e o consumo. MEDIDA 4.1.2. - Elaboración e distribución de material de difusión en puntos de venda. MEDIDA 4.1.3. - Realización de accións promocionais e de desenvolvemento de mercados. MEDIDA 4.1.4. - Actividades de divulgación a vendedores e consumidores. MEDIDA 4.1.5. - Promoción e fomento do consumo en estabelecementos hostaleiros. MEDIDA 4.1.6. - Accións para a difusión do PDAE. MEDIDA 4.1.7. - Presenza da agricultura ecolóxica nunha área temática na Semana Verde. MEDIDA 4.1.8. - Elaboración dunha carpeta de recursos educativos. MEDIDA 4.1.9. - Presenza da agricultura ecolóxica nos centros de educación ambiental.

Sub - eixe 4.2. Redes comerciais e novas formas de consumo. Outra das limitacións máis patentes apuntadas na diagnose, referente ao mercado e que incide negativamente na formación da demanda interna, era a debilidade e dispersión das estruturas comerciais, tanto convencionais como específicas, referentes á produción ecolóxica, que se ve agravada pola dispersión da oferta. Unha resposta efectiva para paliar as limitacións pasa polo apoio aos modelos de agrupación de produtores que coordinen a produción –organizando, por exemplo, sistemas de escalonamento de datas de colleita para ampliar os períodos de comercialización– e promovan a concentración da oferta por medio de sistemas de xestión loxística (centrais de compras, concentración de rutas de recollida e transporte...). A prioridade xenérica destes sistemas será a demanda interna tanto en canles curtas como convencionais, e, para aqueles produtos nos que existan posibilidades reais de competitividade, atenderase á promoción da venda en mercados exteriores. MEDIDA 4.2.1. - Fomento da concentración da oferta mediante a creación de centrais de compras MEDIDA 4.2.2. - Apoio ás canles curtas de comercialización MEDIDA 4.2.3. - Axudas á distribución local

151


Sub - eixe 4.3. Articulación sectorial e social. Unha das formas que se ten revelado en Europa como máis eficaces para o desenvolvemento sustentábel da demanda interna consiste en –aproveitando a fortaleza derivada das súas vantaxes para a saúde– estimular o consumo social derivado da atención pública á restauración para colectivos especialmente sensíbeis (comedores escolares, hospitais, residencias da terceira idade, catering doméstico a dependentes...). Unha actuación coordinada de actividades de divulgación e información ao consumidor co consumo directo tense revelado como moi eficaz. Neste sentido, convén reforzar o apoio á consolidación das organizacións de consumidores ecolóxicos e ás nacentes experiencias de ecoloxía urbana, tanto nos casos das iniciativas xa en marcha como no daquelas que sen dúbida irán aparecendo no futuro. Sobre todo no primeiro dos casos, o seu papel como promotores do fomento da produción ecolóxica é moi relevante, dado que agrupa persoas cun elevado nivel de inquedanzas en canto á saúde alimentaria. Ademais, traballan fundamentalmente no desenvolvemento do mercado interno, o que se corresponde directamente co obxectivo global do eixe e cos desexos expresados pola práctica totalidade dos axentes sociais que participaron na elaboración do Plan. Favorecer a estruturación do sector na nosa Comunidade, tanto do seu conxunto como dos seus diferentes subsectores -produción, transformación, comercio ou consumo- é outro dos obxectivos estratéxicos ao entender que unhas estruturas sectoriais fortes, ben organizadas e coordinadas, serán de gran axuda para a súa viabilidade e desenvolvemento futuro. En segundo termo, é preciso reforzar o nivel de articulación interna do propio sector co obxecto de que se converta nun sector consciente de si e que actúe como tal. O desenvolvemento equilibrado da produción verase facilitado por un sistema organizativo que permita a negociación vertical. Os intentos de creación de interprofesionais son unha mostra diso. Débese ter en conta que a produción ecolóxica presenta a este respecto dúas características destacábeis: en primeiro lugar, que os seus intereses sectoriais presentan especificidades para as que é preciso articular mecanismos de autoorganización diferentes dos da produción convencional. En segundo lugar, que, seguramente en maior grao que no resto dos sectores produtivos, existe polo de agora unha certa confluencia de obxectivos estratéxicos entre os distintos elos da cadea produtiva galega, que cómpre potenciar. MEDIDA 4.3.1. - Fomento do consumo de produtos ecolóxicos a través do consumo social. MEDIDA 4.3.2. - Fomento do asociacionismo en comercialización. MEDIDA 4.3.3. - Creación e apoio a plataformas de dinamización. MEDIDA 4.3.4. - Realización de estudos de mercado por asociacións de produtores.

152


EIXE 5: CONTROL E CERTIFICACIÓN Quedou claro á hora de falarmos da importancia do CRAEGA, tanto no control e certificación da produción como no papel que lle atribúe a Lei de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, que as medidas de reforzamento dese dobre papel deben formar tamén parte dos eixes estratéxicos do Plan. O primeiro dos puntos nos que cómpre incidir é o referido á mellora dos medios dos que o CRAEGA debe dispor para exercer eficientemente as súas funcións no eido da recollida e mantemento de datos sobre a produción acollida, e tamén no reforzamento da mellora na calidade, reforzando o proceso de autocontrol das explotacións e das empresas. O segundo é o referido á creación e xestión do Portal de Internet da Agricultura Ecolóxica Galega, sistema de xestión do coñecemento que permita a integración e o acceso a toda a información dispoñíbel referida á produción ecolóxica. Este portal pode e débese converter nun referente para todo o sector agrario galego: o propio tamaño do sector pode permitir unha xestión doada da información, polo que podería servir de sistema de xestión piloto da información para estender despois a metodoloxía a sectores máis complexos. O portal deberá integrar como mínimo: • A propia páxina web do CRAEGA, tanto de acceso público, de carácter divulgativo, como unha área de acceso restrinxido, na que mesmo se podería integrar a xestión documental e administrativa mediante o recurso a formularios electrónicos. • Información de carácter legal e sobre axudas, achegada pola Administración, con inclusión de formularios e posibilidade de solicitudes e tramitación on line. • Unha área de información e novas interesantes para o sector, para o público e mesmo para os medios de comunicación. • Área de formación, coa posibilidade de integrar dos cursos on line aos que se fai referencia no Eixe 6. • Foro de usuarios no que compartir información e dúbidas, administrado polo CRAEGA. • Área de contactos empresariais para a posta en marcha de relacións comerciais internas e externas. • Integración de sistemas de venda por internet, pago seguro e lonxa on line por sistema de poxas. • Posibilidade de integración das páxinas dos membros ou, como mínimo, ligazóns a estas. O terceiro e último dos puntos compete á revisión e adaptación de normativas, contando coa posibilidade brindada pola nova regulamentación referida ao tratamento de excepcións, o desenvolvemento da figura de artesanía alimentaria e a busca de solucións comúns entre os distintos órganos reitores das producións certificadas. MEDIDA 5.1. - Creación e mantemento do portal web da agricultura ecolóxica galega. MEDIDA 5.2. - Apoio á mellora da organización e funcionamento do CRAEGA. MEDIDA 5.3. - Apoio á certificación da produción. MEDIDA 5.4. - Adaptación da pequena industria á figura de artesanía alimentaria. MEDIDA 5.5. - Dinamización das sinerxías coas demais figuras de produción certificada galegas.

153


EIXE 6: ACTUACIÓNS SOBRE O COÑECEMENTO, A FORMACIÓN E A INVESTIGACIÓN Sub - eixe 6.1. Coñecemento e formación. A agricultura ecolóxica presenta como característica diferencial requirir niveis de formación mais especializados que a convencional. A organización dunha formación adecuada para os produtores e produtoras, pero tamén para o sector técnico e de aconsellamento, convértese nun elemento fundamental no planeamento estratéxico sectorial. MEDIDA 6.1.1. - Desenvolvemento de actuacións de divulgación de coñecementos e investigacións. MEDIDA 6.1.2. - Fomento da formación e información dirixidas a persoal técnico da Administración. MEDIDA 6.1.3. - Plans de formación e posta ao día para técnicos formadores en produción ecolóxica. MEDIDA 6.1.4. - Actividades formativas dirixidas á incorporación e reconversión á agricultura ecolóxica. MEDIDA 6.1.5. - Programas e actualización das ferramentas de acceso para a formación dos produtores. MEDIDA 6.1.6. - Fomento dunha rede de explotacións colaboradoras. MEDIDA 6.1.7. - Fomento da participación galega en encontros técnicos fóra de Galiza.

Sub - eixe 6.2. Investigación. Para calquera sociedade é importante fomentar a investigación e o desenvolvemento de prácticas innovadoras. Aínda que trate con aspectos moi de vello, a produción ecolóxica é hoxe por hoxe unha actividade produtiva extremadamente innovadora. De aí a necesidade de desenvolver a I+D+I neste sector. Debe quedar claro que se entende aquí por I+D+I calquera proceso de investigación e desenvolvemento que permita un maior crecemento da produción e comercialización, e non só os procesos de innovación tecnolóxica. A especificidade da produción ecolóxica obriga a que a formulación da I+D+I presente tamén unha serie de trazos diferenciais, como son: • O sistema deberá integrar os labores de investigación, os de transferencia da tecnoloxía, a divulgación e a formación. • Debe estabelecerse un sistema de participación do sector na planificación dos labores de investigación, sobre todo no referente á expresión das necesidades reais máis inmediatas. • Deberase ter en conta a gran variedade de orientacións produtivas que teñen lugar no seo da produción ecolóxica galega. MEDIDA 6.2.1. - Implicación dos centros de formación e experimentación agraria da Administración. MEDIDA 6.2.2. - Incremento da capacidade operativa dos laboratorios públicos. MEDIDA 6.2.3. - Atención á demanda en I+D+I dos centros de investigación da Administración. MEDIDA 6.2.4. - Cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías.

154


155


EIXE 1. PLANIFICACIÓN PREVIA E MELLORA DO COÑECEMENTO SOBRE O SECTOR Sub - eixe 1.1. Mellora das fontes de información sectorial Medida 1.1.1. Reforzamento dos sistemas estatísticos da agricultura ecolóxica Medida 1.1.2. Estudos sobre a caracterización técnico–económica das explotacións ecolóxicas

Sub - eixe 1.2. Ordenación produtiva Medida 1.2.1. Estudos territoriais de adaptación óptima de orientacións produtivas Medida 1.2.2. Plans sectoriais de desenvolvemento de actividades produtivas específicas Medida 1.2.3. Estudos sobre implantación de novas orientacións ecolóxicas

Sub - eixe 1.3. Análise do mercado Medida 1.3.1. Estudo de mercado sobre a produción e o consumo de produtos ecolóxicos en Galiza Medida 1.3.2. Estudo da posición competitiva do sector ecolóxico galego

EIXE 2. ACTUACIÓNS SOBRE O PRODUTO E OS MEDIOS DE PRODUCIÓN Sub - eixe 2.1. Fomento da produción Medida 2.1.1. Desenvolvemento das axudas agroambientais para a produción ecolóxica Medida 2.1.2. Priorización na aplicación das medidas incluídas no PDR Medida 2.1.3. Fomento da produción ecolóxica nos espazos naturais de Galiza

Sub - eixe 2.2. Tecnificación e planificación produtiva Medida 2.2.1. Apoio á instalación de mozos produtores Medida 2.2.2. Implantación de servizos de aconsellamento ás explotacións Medida 2.2.3. Utilización de servizos de aconsellamento á xestión e á produción Medida 2.2.4. Apoio á modernización e mellora das explotacións ecolóxicas Medida 2.2.5. Promoción da protección dos cultivos ecolóxicos fronte a contaminantes e OXM Medida 2.2.6. Apoio á implantación de sistemas de calidade nas explotacións

Sub - eixe 2.3. Medios de produción Medida 2.3.1. Apoio á produción de sementes, plantas de viveiro e animais de reposición certificados Medida 2.3.2. Fomento da recuperación e uso de recursos xenéticos locais Medida 2.3.3. Apoio ao deseño e desenvolvemento de maquinaria específica de agricultura ecolóxica Medida 2.3.4. Identificación e recompilación de prácticas culturais tradicionais

Sub - eixe 2.4. Produción ecolóxica e xénero

156


EIXE 3. ACTUACIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS EIXE 4. MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN E A ARTICULACIÓN SECTORIAL Sub - eixe 4.1. Mellora no coñecemento do produto e accións de promoción Medida 4.1.1. Campañas publicitarias de fomento do coñecemento e o consumo Medida 4.1.2. Elaboración e distribución de material de difusión en puntos de venda Medida 4.1.3. Realización de accións promocionais e de desenvolvemento de mercados Medida 4.1.4. Actividades de divulgación a vendedores e consumidores Medida 4.1.5. Promoción e fomento do consumo en estabelecementos hostaleiros Medida 4.1.6. Accións para a difusión do PDAE Medida 4.1.7. Presenza da agricultura ecolóxica nunha área temática na Semana Verde Medida 4.1.8. Elaboración dunha carpeta de recursos educativos Medida 4.1.9. Presenza da agricultura ecolóxica nos centros de educación ambiental

Sub - eixe 4.2. Redes comerciais e novas formas de consumo Medida 4.2.1. Fomento da concentración da oferta mediante a creación de centrais de compras Medida 4.2.2. Apoio ás canles curtas de comercialización Medida 4.2.3. Axudas á distribución local

Sub - eixe 4.3. Articulación sectorial e social Medida 4.3.1. Fomento do consumo de produtos ecolóxicos a través do consumo social Medida 4.3.2. Fomento do asociacionismo en comercialización Medida 4.3.3. Creación e apoio a plataformas de dinamización Medida 4.3.4. Realización de estudos de mercado por asociacións de produtores

EIXE 5. CONTROL E CERTIFICACIÓN Medida 5.1. Creación e mantemento do portal web da agricultura ecolóxica galega Medida 5.2. Apoio á mellora da organización e funcionamento do CRAEGA Medida 5.3. Apoio á certificación da produción Medida 5.4. Adaptación da pequena industria á figura de artesanía alimentaria Medida 5.5. Dinamización das sinerxías coas demais figuras de produción certificada galegas

157


EIXE 6. ACTUACIÓNS SOBRE O COÑECEMENTO, A FORMACIÓN E A INVESTIGACIÓN Sub - eixe 6.1. Coñecemento e formación Medida 6.1.1. Desenvolvemento de actuacións de divulgación de coñecementos e investigacións Medida 6.1.2. Fomento da formación e información dirixidas a persoal técnico da Administración Medida 6.1.3. Plans de formación e posta ao día para técnicos formadores en produción ecolóxica

158




Orzamento do plan De acordo co detalle recollido na parte terceira do Plan, a Consellería do Medio Rural, a través dos seus orzamentos e da aplicación das medidas do Programa de Desenvolvemento Rural que teñen aplicación na agricultura ecolóxica, pon a disposición do sector unha cifra total de 39.5 millóns de €, que se van aplicar no período 2008–2103, o que representa unha media de máis de 6,5 millóns de € anuais. Esta cifra supón o importe necesario, xunto coa achega privada (9,6 millóns de €, necesaria para cubrir o importe completo das medidas de financiamento mixto) para levar a cabo a totalidade das actuacións previstas no deseño estratéxico e achegármonos así ao obxectivo final proposto. Agora ben, estes importes son indicativos, de acordo cun escenario considerado realista á luz das expectativas de crecemento. Pero é moi importante sinalar que, dado que a produción ecolóxica vai ter prioridade nas liñas de axuda da Consellería, será apoiada en maior medida, en todo canto sexa posíbel, de producirse un escenario de maior crecemento ao planificado, e polo tanto, con maior necesidade de recursos. De feito, pódese afirmar que no período 2008–2013 os recursos públicos dispoñíbeis para a agricultura ecolóxica non van ter un teito prefixado. Nas páxinas seguintes recóllense os cadros orzamentarios correspondentes ao conxunto do investimento público, ao investimento privado e ao investimento total, respectivamente.

161


2008

2009

2010

EIXE 1: PLANIFICACIÓN PREVIA E MELLORA DO COÑECEMENTO SOBRE O SECTOR Subeixe 1.1.: Mellora das fontes de información sectorial

30.000

30.000

30.000

Subeixe 1.2.: Ordenación produtiva

30.000

60.000

65.000

-----

35.000

40.000

60.000

125.000

135.000

887.700

1.035.650

1.183.600

1.752.507

2.044.591

2.336.675

285.698

408.314

440.931

2.925.905

3.488.555

3.961.206

Subeixe 1.3.: Análise do mercado TOTAL EIXE 1

EIXE 2: ACTUACIÓNS SOBRE O PRODUTO E OS MEDIOS DE PRODUCIÓN Subeixe 2.1.: Fomento da produción Subeixe 2.2.: Tecnificación e planificación produtiva Subeixe 2.3.: Medios de produción TOTAL EIXE 2

EIXE 3: ACTUACIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS TOTAL EIXE 3

729.037

850.543

972.049

EIXE 4: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN E A ARTICULACIÓN SECTORIAL Subeixe 4.1.: Mellora no coñecemento do produto e accións de promoción

162.500

262.500

187.500

----

210.000

230.000

Subeixe 4.3.: Articulación sectorial e social

45.000

80.000

135.000

TOTAL EIXE 4

212.500

557.500

557.500

150.000

190.400

176.500

Subeixe 4.2.: Redes comerciais e novas formas de consumo

EIXE 5: CONTROL E CERTIFICACIÓN TOTAL EIXE 5

EIXE 6: ACTUACIÓNS SOBRE O COÑECEMENTO, A FORMACIÓN E A INVESTIGACIÓN Subeixe 6.1.: Coñecemento e formación

163.000

261.000

241.000

Subeixe 6.2.: Investigación

290.000

520.000

520.000

TOTAL EIXE 6

453.000

781.000

761.000

4.530.442

5.992.998

6.563.256

TOTAL INVESTIMENTO PÚBLICO

162


2011

2012

2013

TOTAL

10.000

10.000

30.000

140.000

30.000

15.000

15.000

215.000

-----

-----

-----

75.000

40.000

25.000

45.000

430.000

1.331.550

1.479.500

1.479.500

7.397.500

2.628.760

2.920.844

2.920.844

14.604.222

473.547

521.164

521.164

2.650.818

4.433.857

4.921.508

4.921.508

24.652.539

1.093.555

1.215.061

1.215.061

6.075.306

185.500

220.500

205.500

1.224.000

250.000

180.000

200.000

1.070.000

170.000

215.000

215.000

860.000

610.500

620.500

625.500

3.184.000

142.200

149.700

158.000

966.800

241.000

241.000

251.000

1.398.000

520.000

520.000

520.000

2.890.000

761.000

761.000

771.000

4.288.000

7.081.112

7.692.769

7.736.069

39.596.645

Cadro I: Resumo dos investimentos públicos previstos no Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza

163


2008

2009

2010

EIXE 2: ACTUACIÓNS SOBRE O PRODUTO E OS MEDIOS DE PRODUCIÓN Subeixe 2.2.: Tecnificación e planificación produtiva

31.292

36.507

41.722

Subeixe 2.3.: Medios de produción

184.156

214.849

245.542

TOTAL EIXE 2

215.448

251.356

287.264

EIXE 3: ACTUACIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS TOTAL EIXE 3

729.037

850.543

972.049

EIXE 4: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN E A ARTICULACIÓN SECTORIAL Subeixe 4.1.: Mellora no coñecemento do produto e accións de promoción

8.786

10.929

10.929

----

210.000

230.000

Subeixe 4.3.: Articulación sectorial e social

45.000

50.000

85.000

TOTAL EIXE 4

53.786

270.929

325.929

15.000

50.000

50.000

Subeixe 4.2.: Redes comerciais e novas formas de consumo

EIXE 5: CONTROL E CERTIFICACIÓN TOTAL EIXE 5

EIXE 6: ACTUACIÓNS SOBRE O COÑECEMENTO, A FORMACIÓN E A INVESTIGACIÓN Subeixe 6.1.: Coñecemento e formación

5.000

5.000

5.000

TOTAL EIXE 6

5.000

5.000

5.000

1.018.271

1.427.828

1.640.242

TOTAL INVESTIMENTO PRIVADO

164


2011

2012

2013

TOTAL

46.937

52.153

52.153

260.764

276.235

306.927

306.927

1.534.636

323.172

359.080

359.080

1.795.400

1.093.555

1.215.061

1.215.061

6.075.306

10.929

10.929

10.929

63.431

250.000

180.000

200.000

1.070.000

90.000

120.000

120.000

510.000

350.929

310.929

330.929

1.643.431

10.000

10.000

10.000

145.000

5.000

5.000

5.000

30.000

5.000

5.000

5.000

30.000

1.782.656

1.900.070

1.920.070

9.689.137

Cadro II: Resumo dos investimentos a cargo do sector previstos no Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecol贸xica de Galiza

165


2008

2009

2010

EIXE 1: PLANIFICACIÓN PREVIA E MELLORA DO COÑECEMENTO SOBRE O SECTOR Subeixe 1.1.: Mellora das fontes de información sectorial

30.000

30.000

30.000

Subeixe 1.2.: Ordenación produtiva

30.000

60.000

65.000

-----

35.000

40.000

60.000

125.000

135.000

887.700

1.035.650

1.183.600

1.783.798

2.081.098

2.378.398

469.854

623.164

686.473

3.141.353

3.739.911

4.248.471

Subeixe 1.3.: Análise do mercado TOTAL EIXE 1

EIXE 2: ACTUACIÓNS SOBRE O PRODUTO E OS MEDIOS DE PRODUCIÓN Subeixe 2.1.: Fomento da produción Subeixe 2.2.: Tecnificación e planificación produtiva Subeixe 2.3.: Medios de produción TOTAL EIXE 2

EIXE 3: ACTUACIÓNS SOBRE A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS TOTAL EIXE 3

1.458.074

1.701.086

1.944.098

EIXE 4: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN E A ARTICULACIÓN SECTORIAL Subeixe 4.1.: Mellora no coñecemento do produto e accións de promoción Subeixe 4.2.: Redes comerciais e novas formas de consumo

171.286

273.429

198.429

----

420.000

460.000

Subeixe 4.3.: Articulación sectorial e social

90.000

130.000

220.000

TOTAL EIXE 4

266.286

828.429

883.429

165.000

240.400

226.500

EIXE 5: CONTROL E CERTIFICACIÓN TOTAL EIXE 5

EIXE 6: ACTUACIÓNS SOBRE O COÑECEMENTO, A FORMACIÓN E A INVESTIGACIÓN Subeixe 6.1.: Coñecemento e formación

168.000

266.000

246.000

Subeixe 6.2.: Investigación

290.000

520.000

520.000

TOTAL EIXE 6

458.000

786.000

766.000

5.548.713

7.420.826

8.203.498

TOTAL INVESTIMENTO

166


2011

2012

2013

TOTAL

10.000

10.000

30.000

140.000

30.000

15.000

15.000

215.000

-----

-----

-----

75.000

40.000

25.000

45.000

430.000

1.331.550

1.479.500

1.479.500

7.397.500

2.675.697

2.972.997

2.972.997

14.864.985

749.782

828.091

828.091

4.185.454

4.757.029

5.280.588

5.280.588

26.447.940

2.187.110

2.430.122

2.430.122

12.150.612

196.429

231.429

216.429

1.287.429

500.000

360.000

400.000

2.140.000

260.000

335.000

335.000

1.370.000

961.429

931.429

956.429

4.827.431

152.200

159.700

168.000

1.111.800

246.000

246.000

256.000

1.428.000

520.000

520.000

520.000

2.890.000

766.000

766.000

776.000

4.318.000

8.836.768

9.592.839

9.656.139

49.285.783

Cadro III: Resumo dos investimentos totais previstos no Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza

167



Avaliación e seguimento Un aspecto fundamental da aplicación do Plan, que pode condicionar en boa medida o seu éxito final, é o establecemento dun método obxectivo, fiábel e participativo para a avaliación e o seguimento, ano a ano, do conxunto das medidas propostas e o grao de cumprimento dos obxectivos intermedios. Este sistema de seguimento conta con dous elementos: un, de carácter técnico, consiste en definir os parámetros de medida que deberán ser avaliados parcial e totalmente para garantir o resultado. O outro, de carácter organizativo, terá como obxecto deseñar a composición e atribucións do órgano encargado de velar pola correcta aplicación do método de avaliación.

Parámetros de avaliación Unha primeira opción para a avaliación do PDAE pode ser confiala ao cumprimento duns valores numéricos establecidos a priori, referentes a aspectos puramente cuantitativos da actividade. Exemplos deste método poderían ser prefixar un valor final da superficie ou do número de operadores amparados, número de cursos realizados, número de industrias que solicitaron axudas para a reconversión ou proxectos de I+D sectoriais. A estimación do cumprimento sería entón moi sinxela, abondando con comparar os datos finais cos obxectivos de partida. Non obstante, e a pesar das súas vantaxes, este método adoece de non ter en conta a interrelación entre as diferentes medidas; non é válido, por exemplo, para estimar o impacto da maioría das medidas contidas no PDR e non fai unha diagnose de carácter cualitativo. Non achega así mesmo solucións intermedias para o caso de desviacións, en positivo ou en negativo, nos prazos anuais. Enténdese, pois, que o método máis eficaz, aínda que máis dificultoso, debe ter un marcado carácter cualitativo, baseado da realización, con carácter anual, de cadanseus informes de avaliación, que, a modo de espello parcial do propio PDAE, conterán información sobre a caracterización completa do sector e a variación dos datos no período considerado, unha análise da nova posición competitiva e das razóns que a explican, ademais, por suposto, da medición dos parámetros numéricos aos que antes se facía referencia, e que se recollen para cada medida na súa correspondente ficha técnica. Para todas as medidas relacionadas coas axudas incluídas no PDR, a hipótese de partida para a estimación dos valores orzamentarios é a estimación dunha demanda xerada polo sector de arredor do 5% das axudas de sustentabilidade e un crecemento medio anual de entre o 10 e o 15% segundo subsectores. Como xa se ten dito, trátase dunha hipótese aberta, capaz de ser modificada á alza no caso de que as demandas dos produtores –e, porén, o éxito na aplicación do Plan– foran superiores.

169


Comisión de Avaliación e Seguimento Trátase do órgano que dá resposta ao modelo organizativo explicado no apartado anterior. A Comisión de Seguimento e Avaliación do PDAE estará composta por membros representantes dos diferentes axentes implicados na aplicación do Plan (Administración, produtores, industrias, comercialización e consumo), nomeados pola Consellería do Medio Rural, e terá como misións: • O seguimento das diferentes actuacións do Plan • A revisión e control do informe de avaliación anual • A coordinación entre os diferentes axentes implicados. • Emitir propostas de modificación do Plan e/ou accións correctoras. A Comisión de Seguimento reunirase con periodicidade semestral e emitirá un informe anual.

170



172


Parte Terceira: descrici贸n das medidas

173


MEDIDA 1.1.1. Reforzamento dos sistemas estatísticos da agricultura ecolóxica Xustificación da medida Anotouse en repetidas ocasións á falla dunha estrutura de información eficaz como unha das causas responsábeis da dificultade de aplicación de enfoques estratéxicos ao sector. Descrición Elaboración de directorios de produtores, industrias de transformación e comercializadores de agricultura ecolóxica que recollan a totalidade dos datos sobre estruturas e infraestruturas produtivas, persoal empregado, volume de produción, contas de explotación, importacións e exportacións. Estes directorios terán carácter quinquenal e servirán de base para a elaboración de plans específicos e para a construción do sistema de contas sectorial. Esta actuación é diferente pero complementaria da necesaria recollida de información estatística atribuída ao CRAEGA. Coa base dos directorios elaborarase unha Enquisa de Situación sobre unha mostra representativa dos tres subsectores, que permitirá estimar a evolución dos diferentes parámetros. Estas enquisas terán periodicidade anual. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural Realización dos directorios: 30.000 €, con carácter quinquenal Realización das enquisas: 10.000 €, con carácter anual, os anos intermedios ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

30.000

10.000

10.000

10.000

10.000

30.000

Criterio de avaliación Realización do directorio: anos 2008 e 2013 Realización de 1 enquisa anual a partir de 2009

174


MEDIDA 1.1.2. Estudos sobre a caracterización técnico–económica das explotacións Xustificación da medida Trátase doutra medida que pretende incidir no grao de coñecemento sobre as estruturas sectoriais, co fin de facilitar o planeamento. Descrición Utilizando como fonte principal de traballo o conxunto de datos estruturais, produtivos e económicos obtidos nos directorios da medida 1.1.1, elaborarase una metodoloxía que permita a construción de modelos teóricos de avaliación técnico–económica das explotacións, en función das súas orientacións produtivas, tamaño e localización. Isto pode permitir coñecer con certa aproximación os valores económicos esperábeis para unha explotación, con carácter previo á súa implantación. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. Realización do estudo base: 40.000 €, en dúas anualidades ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

20.000

20.000

2011

2012

2013

Criterio de avaliación Realización do estudo base: anos 2009 e 2010

175


MEDIDA 1.2.1. Estudos territoriais de adaptación óptima de orientacións produtivas Xustificación da medida Unha correcta xestión do planeamento estratéxico require coñecer a capacidade de adaptación de cada orientación ao espazo no que se vai desenvolver. Descrición Estudo de caracterización das variábeis agroclimáticas, estruturais e comerciais das diferentes comarcas, co obxectivo de analizar a capacidade óptima de acollida das diferentes orientacións produtivas, tanto actuais como potenciais en cada espazo xeográfico. Prestarase especial atención á identificación e localización xeográfica de castes autóctonas e de produtores de agricultura convencional con potencial de reconversión. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

30.000

30.000

15.000

15.000

15.000

15.000

Criterio de avaliación Realización do estudo completo e avaliación de resultados: ano 2013. Avaliacións intermedias con carácter anual.

176


MEDIDA 1.2.2. Plans sectoriais de desenvolvemento de actividades produtivas Xustificación da medida Independentemente da planificación xenérica das orientacións, cómpre, nalgúns casos, desenvolver actuacións de planeamento sectorial con carácter inmediato para asegurar o desenvolvemento naqueles casos nos que se ten comprobada a potencialidade, pero que contan con debilidades ben definidas e resolúbeis. Descrición Realización de plans de desenvolvemento sectorial e/ou local que teñen por obxecto a definición das potencialidades produtivas dun territorio en materia de produción ecolóxica, ou a definición das actividades produtivas que poidan precisar un maior desenvolvemento industrial para a transformación. Cada plan sectorial incluirá a estratexia de difusión e implantación de cultivo en cada zona. A modo indicativo, e en base ao coñecemento actual, sinálase a necesidade de estudos específicos sobre pera e mazá de mesa, cereais, patacas e materias primas para a alimentación animal. Máis concretamente sería interesante a priorización de elaboración de estratexias nos seguintes casos: - Produción de cereais e grans para a alimentación animal, asociados co manexo de montes veciñais (rotacións de longa duración, manexos agrosilvopastorais). - Plans locais para as zonas de Monforte de Lemos, A Limia e Chantada (neste caso especificamente para castaña e mazá). - Produción de trigo do país para a alimentación humana. - Plan de desenvolvemento da castaña ecolóxica, prioritariamente nas áreas de Verín-A Gudiña e O Courel, de acordo coa posíbel futura Indicación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia”. - Plan de desenvolvemento do kiwi ecolóxico na zona suroeste, en relación coas accións de fomento asociativo en comercialización. - Plan de desenvolvemento da produción de horta ecolóxica na zona de Ordes-Betanzos e na zona suroeste da Coruña. - Plan de desenvolvemento da produción de leite ecolóxico nas comarcas de Terra Chá, do Deza e a zona de confluencia das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra (Friol - Melide - Palas de Rei...). - Plan de desenvolvemento da produción de ovos ecolóxicos en plantacións de froiteiras. - Estudo detallado da produción ecolóxica do Porco Celta.

177


Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

30.000

30.000

15.000

Criterio de avaliación Planeamento das prioridades na realización dos plans sectoriais. Seguimento dos investimentos: anos 2009 a 2011.

178

2012

2013


MEDIDA 1.2.3. Estudos sobre a implantación de novas orientacións ecolóxicas Xustificación da medida As posibilidades de atopar novas oportunidades de mercado pasan, no caso das producións ecolóxicas, pola análise previa das condicións agroclimáticas, estruturais e comerciais do produto e do seu contorno. Descrición A partir da información obtida nos estudos territoriais de adaptación agroclimática (Medida 1.2.1), os estudos sobre a caracterización técnico–económica (Medida 1.1.2) e o estudo de mercado (Medida 1.3.1) resulta factíbel analizar a capacidade de implantación, en determinadas áreas xeográficas, daquelas novas orientacións que presenten un maior interese comercial. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. Realización do estudo : 20.000 €. ANO

2008

INVEST. PÚBLICO

2009

2010

2011

2012

2013

20.000

Criterio de avaliación Realización do estudo: ano 2010.

179


MEDIDA 1.3.1. Estudo de mercado sobre a produción e o consumo de produtos Xustificación da medida A escasa demanda interna da produción ecolóxica e a insuficiencia das fontes de información sobre o comportamento do sector consumidor galego son dous dos puntos débiles de maior importancia atopados na diagnose. Cómpre pois avanzar no coñecemento das razóns que impulsan ao consumo á hora da toma de decisións de compra de produtos derivados da agricultura ecolóxica. Descrición Realización dun estudo de mercado que se levará a cabo mediante enquisas a unha mostra representativa dos consumidores galegos (un número non inferior ás 400, con representación proporcional de todos os estratos poboacionais) e un sistema prospectivo, a base de xuntanzas sectoriais e entrevistas persoais a consumidores, axentes de comercialización, industriais e produtores. O obxectivo do estudo é coñecer con precisión os motivos de compra ou rexeitamento dos produtos, así como estabelecer operativas para incidir na demanda interna. O estudo completarase cunha análise da situación e perspectivas da exportación realizada segundo a información procedente das entrevistas. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. Realización en dúas anualidades. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

20.000

40.000

Criterio de avaliación Realización do estudo: Comezo en 2009, remate en 2010.

180

2011

2012

2013


MEDIDA 1.3.2. Estudo da posición competitiva do sector ecolóxico galego Xustificación da medida Para coñecer as limitacións para o desenvolvemento da demanda interna non abonda co coñecemento actual da estrutura do sector e nin sequera coa realización de estudos sobre o comportamento potencial do consumo. Nunha situación de crecente globalización resulta moi importante coñecer os puntos fortes e débiles en comparación coa situación actual e futura do contorno competidor. Descrición Realización dun estudo de competitividade sectorial mediante técnicas benchmarking, para analizar a posición do sector en comparación co doutras áreas xeográficas de posición competitiva diferente á nosa, tanto de comunidades españolas como de áreas produtivas europeas. Este tipo de instrumentos teñen demostrado a súa eficacia en estudos doutros sectores produtivos galegos e do sector ecolóxico noutros países. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

15.000

Criterio de avaliación Realización do estudo: 2009.

181


MEDIDA 2.1.1. Desenvolvemento das axudas agroambientais para a produción Xustificación da medida As medidas agroambientais pretenden servir de elemento de compensación aos produtores agrarios polo custo que lle supón a prestación do papel na defensa medioambiental e de fixación do tecido rural que prestan. Ese papel resulta aínda máis determinante no caso de modelos produtivos respectuosos como a agricultura ecolóxica, que están a desempeñar un importante papel nese eido, coa agravante da perda de competitividade que presentan fronte aos sistemas convencionais. Agora ben, convén non perder de vista que estas axudas deben estar fortemente ligadas coa sustentabilidade, polo que é preciso a subscrición de compromisos de permanencia mínima e de continuidade na aplicación das prácticas respectuosas. Como complemento específico ao caso da produción ecolóxica galega, é preciso incidir en que as medidas agroambientais serán amplamente difundidas nas comunidades de montes, en especial aquelas medidas relacionadas co manexo dos pastos. O obxectivo final é neste caso a recuperación de sistemas de produción agrosilvopastorais tradicionais adaptados ás condicións socioeconómicas actuais. Descrición A medida desenvolverá os pagamentos correspondentes ás Medidas 214.1 (axudas a produtores agrarios que estabelezan métodos de produción respectuosos co ambiente e de conservación da paisaxe) e 215 (axudas relativas ao benestar dos animais). Ambas as dúas medidas están ligadas á subscrición do Contrato de Explotación Sustentábel por parte dos produtores, conforme o disposto na Orde da Consellería do Medio Rural do 25 de xaneiro de 2008. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo das medidas 2.1.4.1. e 2.1.5. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

887.700

1.035.650

1.183.600

1.331.550

1.479.500

1.479.500

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais. 182


MEDIDA 2.1.2. Priorización na aplicación das medidas incluídas no PDR Xustificación da medida A gran maioría das medidas contidas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, con aplicación específica para a agricultura ecolóxica, contarán con medidas adaptadas no PDAE. Agora ben, existen dous supostos nos que se fai moi dificultosa a súa inclusión: o primeiro, no caso daquelas medidas nas que, pola súa propia natureza, a súa aplicación á produción ecolóxica é inespecífica e require de análises polo miúdo e de consultas que se van desenvolver a posteriori. E, en segundo lugar, medidas xenéricas nas que o desenvolvemento regulamentario vai xogar un papel de peso para comprobar a súa adaptación aos requirimentos do sector. Cómpre polo tanto estabelecer un mecanismo de avaliación continua dese tipo de medidas para comprobar a posibilidade de aplicación, sempre contando co obxectivo de priorización das axudas. Descrición Naqueles casos nos que se considerou de interese especial, as medidas de axuda incluídas no PDR foron xa desenvolvidas como medidas específicas do presente Plan. No entanto, existen unha serie de medidas de carácter xenérico para as que se priorizará, na medida do posíbel, a súa aplicación para o sector da agricultura ecolóxica. Trátase dunha medida de carácter horizontal. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento Medida sen custo directo. Criterio de avaliación Seguimento continuo do desenvolvemento normativo para garantir o criterio de priorización.

183


MEDIDA 2.1.3. Fomento da produción ecolóxica nos espazos naturais de Galiza Xustificación da medida Frecuentemente, a presenza dunha área protexida é fonte de conflito coa produción agraria, cando en realidade debería ser fonte de sinerxías. Á súa vez, os ingresos económicos xerados polas áreas protexidas poden axudar a manter a poboación no rural. É, pois, importante que se estude a posibilidade de limar as fontes de conflito entre produción agraria e os criterios de protección da natureza a través da implantación de sistemas produtivos ecolóxicos que sexan rendíbeis. Descrición Impulso dunha dinámica estruturada de colaboración entre os órganos administrativos responsábeis da xestión dos espazos protexidos e a produción agraria (Consellerías de Medio Ambiente e do Medio Rural) para crear un clima capaz de xerar sinerxías positivas entre ambas as dúas percepcións. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural e Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Planificación do orzamento Medida sen custo directo. Criterio de avaliación Seguimento das actuacións da Administración.

184


MEDIDA 2.2.1. Apoio á instalación de mozos produtores Xustificación da medida A liña de fomento á incorporación de mozos produtores pretende facer fronte ao proceso de despoboamento do medio rural. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.1.2. do PDR na súa aplicación á agricultura ecolóxica. Esta medida prioriza explicitamente a produción ecolóxica. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.2. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

676.829

789.634

902.439

1.015.244

1.128.048

1.128.048

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

185


MEDIDA 2.2.2. Implantación de servizos de aconsellamento ás explotacións Xustificación da medida O sistema de pagamentos agroambientais, a ecocondicionalidade e a propia xestión de control e certificación ecolóxica introduce no día a día das explotacións un certo grao de complicación administrativa, que en moitas ocasións non pode nin debe ser resolta polos propios produtores. Os servizos de aconsellamento ás explotacións tratan de proporcionar axuda nese eido, dunha maneira regulada pola Administración, que ao mesmo tempo financia ese servizo. Igualmente, cómpre resolver o déficit de asesoramento técnico mediante o apoio á contratación de técnicos polas asociacións de agricultura ecolóxica. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.1.5 do PDR que fomenta a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento aos produtores por parte de empresas ou entidades de servizos. Estas empresas deberán cumprir cos requirimentos estabelecidos pola Orde de 13 de febreiro de 2008 da Consellería do Medio Rural. Contratación de técnicos de agrupacións de agricultura ecolóxica, en base á aplicación da mesma medida. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.5. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

176.311

205.696

235.082

264.467

293.852

293.852

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

186


MEDIDA 2.2.3. Utilización de servizos de aconsellamento á xestión e á produción Xustificación da medida O segundo banzo do sistema de aconsellamento ás explotación é o que lles permite financiar as actuacións mínimas requiridas pola complicación técnica e administrativa que leva consigo a xestión das axudas e os requirimentos ambientais nas explotacións. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.1.4 do PDR que fomenta a utilización, por parte dos produtores, de servizos de aconsellamento. Esta medida prioriza implicitamente a produción ecolóxica. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.4. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

85.785

100.082

114.380

128.677

142.975

142.975

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

187


MEDIDA 2.2.4. Apoio á modernización e mellora das explotacións ecolóxicas Xustificación da medida O fomento dos investimentos que melloren o rendemento global das explotacións e cumpran coas normas comunitarias de respecto ao medio presenta especial importancia ao referírmonos á produción ecolóxica. Prestarase especial apoio ás explotacións cuxos titulares ou xefes de explotación sexan mulleres, de acordo coa medida horizontal expresada no PDR. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.2.1 do PDR que fomenta a modernización das explotacións agrícolas, mediante axudas aos investimentos materiais nas explotacións. Priorización á produción ecolóxica, cun 5% adicional á contía xenérica da axuda. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.2.1. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

782.290

912.672

1.043.053

1.173.435

1.303.816

1.303.816

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

188


MEDIDA 2.2.5. Protección dos cultivos ecolóxicos fronte a contaminacións e OXM Xustificación da medida A produción ecolóxica presenta como debilidade a posibilidade de contaminación accidental de tipo biolóxico ou químico, procedente dos espazos lindeiros á explotación. Por outra banda, a existencia dun grave risco de contaminación biolóxica causada polo avance dos cultivos de organismos modificados xeneticamente obriga á prevalencia do principio de precaución. A Administración deberá garantir a calidade da produción ecolóxica, fronte a contaminacións biolóxicas e químicas e presenza de OXM, así como velar polo interese dos operadores e consumidores ecolóxicos. Descrición Impulso ás normativas de protección dos cultivos ecolóxicos fronte á contaminación e defensa da produción no caso de contaminación, coordinando coas outras Administracións as limitacións ao emprego de substancias susceptíbeis de producir danos na agricultura ecolóxica. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento Medida sen custo directo. Criterio de avaliación Seguimento das actuacións da Administración.

189


MEDIDA 2.2.6. Apoio á implantación de sistemas de calidade nas explotacións Xustificación da medida Un dos principais elementos competitivos cos que pode contar unha empresa na actualidade para acadar unha boa posición de mercado é certificar os seus produtos ou servizos a través dun sistema de calidade. Conséguese así un sistema de traballo de mellora continua no que se integran os procesos e procedementos de traballo do produtor. Entre as principais finalidades perseguidas, pódense citar as seguintes: ofrecer ao cliente unha garantía adicional, dada por unha terceira parte á da propia empresa, que certifica que o produto ou sistema de traballo cumpre cunhas especificacións de calidade predefinidas. Potenciar a imaxe da empresa e axudar a acadar unha mellor posición competitiva dentro do mercado. Acceso a novos mercados onde este tipo de esixencias resulta cada vez máis frecuente. Mellora da propia estruturación interna da empresa e dos seus procesos de traballo. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.2.1. do PDR que fomenta a modernización das explotacións agrarias, mediante axudas aos investimentos inmateriais e, concretamente, ás asistencias técnicas de implantación de sistemas de calidade e certificacións ambientais. Os requirimentos loxísticos e económicos deste tipo de medida aconsellan a súa implantación, ademais de nas industrias no sector transformador, a través de entidades asociativas para o sector produtor. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza e sector produtor. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medida 1.2.1. do PDR, 50% a cargo do sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

31.292

36.507

41.722

46.937

52.153

52.153

INVEST. PRIVADO

31.292

36.507

41.722

46.937

52.153

52.153

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

190


MEDIDA 2.3.1. Apoio á produción de sementes, plantas de viveiro e animais de reposición certificados Xustificación da medida A escaseza de material certificado para a reposición constitúe unha das debilidades máis importantes que se aprecian no sector, no referente á disposición de medios de produción nas explotacións. Descrición Puntuación máxima nos plans de mellora ás explotacións que se queiran dedicar á produción de plantas e sementes ecolóxicas ou á cría de animais de reposición para subministrar ás explotacións do sector. Apoio, nos viveiros autorizados, á obtención de material vexetal certificado para a produción ecolóxica. É importante subliñar o papel da muller no desenvolvemento dunha rede de sementes, xa que tradicionalmente a obtención das sementes foi un papel que veu realizando a muller, e ela é, xeralmente, a posuidora do ‘saber facer’ tradicional na súa obtención. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza e sector produtor. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medida 1.2.1. do PDR, 50% a cargo do sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

108.000

126.000

144.000

162.000

180.000

180.000

INVEST. PRIVADO

108.000

126.000

144.000

162.000

180.000

180.000

Criterio de avaliación Instalación ou reconversión de polo menos dous viveiros e dúas granxas avícolas para cría certificadas.

191


MEDIDA 2.3.2. Fomento da recuperación e uso dos recursos xenéticos locais Xustificación da medida O fomento da recuperación e o mantemento das variedades locais é un xeito adecuado de garantir o mantemento da biodiversidade e a sustentabilidade das producións ecolóxicas. Para iso cómpre, ademais da intervención da Administración, a participación do sector produtor para á súa implantación. Descrición Fomento da recuperación e uso de variedades vexetais locais, en risco de erosión xenética e razas autóctonas en perigo de extinción. Impulso á colaboración do sector co Banco de Xermoplasma do CIAM e o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Axudas aos produtores que cultiven ou críen este tipo de especies, en compensación aos menores rendementos obtidos, en consonancia coa Medida 2.1.4.2. do PDR (conservación de recursos xenéticos na agricultura). Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, en colaboración con produtores interesados. Planificación do orzamento 70% a cargo da Medida 2.1.4.2. do PDR, 30% a cargo dos produtores. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

177.698

207.314

236.931

266.547

296.164

296.164

INVEST. PRIVADO

76.156

88.849

101.542

114.235

126.927

126.927

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios propostos. Colaboración con, polo menos, catro explotacións/ano.

192


MEDIDA 2.3.3. Apoio ao deseño e desenvolvemento de maquinaria específica de agricultura ecolóxica Xustificación da medida O desenvolvemento da agricultura ecolóxica require a introdución de maquinaria específica adaptada a este modo de produción, pero tamén á dimensión e dependencia de man de obra das explotacións galegas, como maneira de paliar o déficit tecnolóxico sectorial. Descrición Fomento da cooperación entre produtores ecolóxicos, centros tecnolóxicos e/ou de investigación e talleres de construción de maquinaria, para o desenvolvemento de apeiros especificamente deseñados para o seu uso en agricultura ecolóxica. Esta medida está en consonancia coa Medida 1.2.4 do PDR (cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías na agricultura, a alimentación e a silvicultura). Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.2.4. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

45.000

45.000

45.000

45.000

45.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios propostos.

193


MEDIDA 2.3.4. Identificación e recompilación de prácticas culturais tradicionais Xustificación da medida A aplicación de técnicas tradicionais, adaptadas ás novas prácticas culturais, é una fonte de mellora tecnolóxica, especialmente apuntada en Galiza. Xa foi sinalado, á hora de falarmos da caracterización, que a persistencia das vellas prácticas está en serio perigo. Un labor de recollida sistemática e científica desa memoria de prácticas agrícolas constitúe un valor en si mesmo, pero tamén unha maneira de contribuír á mellora das producións ecolóxicas. Descrición Realización dunha campaña de campo de recollida de datos de localización e descrición de prácticas culturais tradicionais. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

30.000

15.000

Criterio de avaliación Avaliación dos resultados da campaña ao remate desta.

194

2011

2012

2013


MEDIDA 3.1. Apoio á creación e modernización da industria ecolóxica Xustificación da medida As características específicas do sector ecolóxico galego, caracterizado pola pequena dimensión e a gran dispersión das explotacións, xunto á debilidade das estruturas comerciais, converte en fundamental o recurso ao incremento do valor engadido das producións, e polo tanto, a potenciación do tecido agroindustrial. O apoio ao sector transformador ecolóxico comparte liña de actuación coas medidas de fomento xenéricas da agroindustria, aínda que este sector ten a consideración de prioritario. Descrición Axudas directas á realización de investimentos no sector da industria alimentaria ecolóxica, cofinanciados ata o 50% co promotor privado. En consonancia coa Medida 1.2.3 do PDR (aumento do valor engadido dos produtos agrícolas e forestais). Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e sector agroindustrial. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medida 1.2.3. do PDR, 50% a cargo do sector industrial. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

729.037

850.543

972.049

1.093.555

1.215.061

1.215.061

INVEST. PRIVADO

729.037

850.543

972.049

1.093.555

1.215.061

1.215.061

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

195


MEDIDA 4.1.1. Campañas publicitarias de fomento do coñecemento e o consumo Xustificación da medida Practicamente todos os axentes consultados apuntan na necesidade de realizar algunha campaña de promoción das producións ecolóxicas de tipo institucional, co obxectivo último de mellorar o grao de coñecemento sobre a realidade dos alimentos ecolóxicos. Isto concrétase na realización de campañas xenéricas, levadas a cabo en diferentes medios e con distintas mensaxes de acordo ao público obxectivo, coa idea de transmitir por unha parte, unha imaxe de calidade, e por outra, unha imaxe positiva -creación dunha “conciencia ecolóxica”, segundo as palabras dalgunhas persoas consultadas- destes produtos, baseada nunha información adecuada ao consumidor, sen transmitir ningunha connotación pexorativa dos produtos convencionais. Nestas accións resaltarase a condición de produto certificado en todo o seu proceso dos produtos ecolóxicos. Deberase así mesmo deixar ben claro o que é e o que non é agricultura ecolóxica, en relación cos outros sistemas produtivos. Descrición Deseño e desenvolvemento de campañas publicitarias de información e promoción do consumo de produtos ecolóxicos galegos en prensa, radio e televisión, destinada ao consumo interno. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

30.000

100.000

50.000

60.000

70.000

80.000

Criterio de avaliación Seguimento das campañas. Target comercial do 30% da poboación galega.

196


MEDIDA 4.1.2. Elaboración e distribución de material de difusión en puntos de venda Xustificación da medida Dende os puntos de venda de alimentos ecolóxicos insístese na falla de información do consumidor. Por outra banda, non sempre é doado que ese consumidor poida saber onde se vende o produto ecolóxico. É moi importante nos sistemas de venda máis directos poder dispor da imaxe corporativa do CRAEGA. Descrición Edición de trípticos de carácter publicitario e informativo sobre as características dos alimentos ecolóxicos, a súa forma de produción e quen os produce. Distribución do material de difusión nos puntos de venda de alimentos ecolóxicos e para os produtores que o soliciten. Estes puntos estarán previamente rexistrados pola Consellería. Distribución de adhesivos identificativos do punto de venda do produto ecolóxico. Elaboración e distribución dun cartaz identificativo para os produtores que realicen venda directa baixo a supervisión do órgano de control. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 70% a cargo da Medida 1.3.3. do PDR, 30% a cargo do CRAEGA. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

10.000

15.000

15.000

15.000

15.000

15.000

INVEST. PRIVADO

4.286

6.429

6.429

6.429

6.429

6.429

Criterio de avaliación Seguimento das campañas.

197


MEDIDA 4.1.3. Realización de accións promocionais e de desenvolvemento de mercados Xustificación da medida As agrupacións de produtores poden levar a cabo campañas específicas de menor calibre, máis centradas nas súas posibilidades, pero non por iso menos eficaces que no caso das campañas institucionais. O enfoque das campañas será de tipo máis comercial. Descrición Cofinanciamento de programas de accións publicitarias específicas dalgún subsector, levadas a cabo por agrupacións de produtores ecolóxicos ou polo CRAEGA. Especial incidencia para produtos con dificultades de comercialización. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 70% a cargo da Medida 1.3.3. do PDR, 30% a cargo do sector produtor, comercializador, industrial e/ou CRAEGA. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

10.500

10.500

10.500

10.500

10.500

10.500

INVEST. PRIVADO

4.500

4.500

4.500

4.500

4.500

4.500

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

198


MEDIDA 4.1.4. Actividades de divulgación a vendedores e consumidores Xustificación da medida O alimento ecolóxico ten particularidades específicas que descoñece o consumidor habitual. O sector da venda presenta ás veces un certo grao de descoñecemento sobre esas características, polo que ten dificultades para vender o produto. O coñecemento e o aprecio polo produto é unha clave básica para a venda. As mesmas reflexións aplícanse aos axentes que poden realizar unha certa promoción dos alimentos ecolóxicos. Descrición Realización de xornadas e cursos de formación sobre a elaboración dos produtos ecolóxicos, as súas características e etiquetaxe, con destino a dependentes, xefes de sección e cociñeiros, escolas de hostalaría, xornalistas especializados en gastronomía e persoas consumidoras. Poderíase formalizar a través de convenios co Instituto Galego de Consumo e/ou escolas de hostalaría. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural e Instituto Galego de Consumo. Planificación do orzamento Consellería do Medio Rural, en colaboración co IGC. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

18.000

18.000

18.000

18.000

18.000

18.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

199


MEDIDA 4.1.5. Promoción e fomento do consumo en estabelecementos hostaleiros Xustificación da medida A promoción dos alimentos de produción ecolóxica a través da súa presenza na hostalería pode supor unha indubidábel promoción, principalmente de cara á súa achega a aqueles consumidores que os descoñecen. A vinculación de pratos típicos das distintas áreas de Galiza mediante o emprego de materias primas ecolóxicas, coa cultura gastronómica do sector da restauración, pode axudar a espertar o interese polo consumo deste tipo de produtos. Descrición Apoio á presenza dos produtos ecolóxicos para o seu emprego na hostalería galega. Esta iniciativa poderá desenvolverse de modo paulatino, comezando por unha primeira introdución nun número máis amplo de estabelecementos, a través de xornadas gastronómicas de promoción, para continuar posteriormente cunha presenza xa fixa na oferta naqueles puntos da restauración nos que se apreciase unha mellor acollida. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento Consellería do Medio Rural, en colaboración co IGC. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

Criterio de avaliación Celebración de xornadas gastronómicas, cunha duración mínima dunha semana e polo menos dúas veces ao ano, en distintas comarcas das catro provincias galegas.

200


MEDIDA 4.1.6. Accións para a difusión do Plan de Desenvolvemento Xustificación da medida O éxito do Plan só será efectivo se existe unha implicación real dos axentes sociais involucrados. Cómpre, xa que logo, levar a cabo unha verdadeira acción de difusión. Por outra banda, a elaboración do Plan é unha ferramenta moi interesante de promoción do produto ecolóxico galego fóra de Galiza. É preciso ter en conta que a comunicación fóra das nosas fronteiras terá tamén repercusións positivas sobre o conxunto das producións galegas. Descrición Convocatoria para todo o sector de produción ecolóxica, persoas e colectivos afíns a unha xornada onde se expoñerá o Plan. Distribución de folletos informativos nas oficinas agrarias comarcais, colectivos de consumo e tendas, tras a elaboración dunha estratexia de difusión específica. Edición do plan en formato libro como medio de difusión tanto dentro coma fóra de Galiza. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

12.000

12.000

12.000

2011

2012

2013

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

201


MEDIDA 4.1.7. Presenza da agricultura ecolóxica nunha área temática na Semana Verde Xustificación da medida A Semana Verde é hoxe por hoxe o maior expoñente do sector agrario galego. A presenza individualizada do sector ecolóxico nesta cita é outra medida importante para visualizar a equiparación da produción ecolóxica ao resto das producións en canto á súa seriedade e bagaxe tecnolóxica e científica. Descrición Creación dun espazo específico para a produción ecolóxica na Semana Verde. Servizo de restauración ecolóxica. Fomento da asistencia e participación de produtores ecolóxicos galegos. Sesións de formación especialmente dedicadas á produción ecolóxica e convocatoria de xornadas técnicas de interese ligadas ao tema. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

40.000

40.000

40.000

40.000

40.000

40.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

202


MEDIDA 4.1.8. Elaboración dunha carpeta de recursos educativos Xustificación da medida A difusión da produción ecolóxica é unha tarefa a moi longo prazo. Os nenos e nenas son o futuro do país, e por iso é importante introducir paseniñamente elementos de contacto e coñecemento directo sobre a produción e consumo de produtos ecolóxicos. Por outra banda, sábese que a preocupación dos pais pola saúde dos seus fillos e fillas é un factor moi importante na decisión da compra de alimentos ecolóxicos. A información dos pais é pois un elemento de moito interese cara ao desenvolvemento do consumo. Descrición Elaboración dun material de difusión xenérico sobre produción ecolóxica, co destino fundamental para centros educativos de primaria, gardarías e galescolas, tanto para os pais como para o profesorado e os alumnos. Entrega deste material nos centros de educación ambiental. Colaboración coa Consellería de Educación e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar na elaboración e difusión deste material. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural , en colaboración coa Consellería de Educación e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

25.000

2011

2012

2013

25.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

203


MEDIDA 4.1.9. Presenza da agricultura ecolóxica nos centros de educación ambiental Xustificación da medida A protección do medio natural vese moitas veces desligada da alimentación e da produción agraria. Cómpre recuperar o vello binomio natureza–produción de alimentos, e nada mellor para iso que o contorno natural. Descrición Colaboración cos centros de educación ambiental dependentes da Xunta de Galicia para o fomento da creación dunha área de traballo coa produción ecolóxica, con programación xustificativa: hortas ecolóxicas, colaboración con labregos/as que producen produtos ecolóxicos da zona e charlas divulgativas. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

12.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

204


MEDIDA 4.2.1. Fomento da concentración de oferta mediante a creación de centrais de compras Xustificación da medida Trátase dunha idea recorrente no sector, que aparece tamén directamente reflectida na diagnose: a dispersión produtiva incide moi negativamente na formación de canles de comercialización estábeis. A creación dun ou varios centros de negocios sectoriais, ou centrais de compras, representan unha solución moderna e eficaz que se ten desenvolvido con éxito noutros sectores e países con problemática semellante. Descrición Liña de traballo destinada á creación dun ou varios grupos galegos de compras ou centro de negocio da produción ecolóxica a partir da iniciativa de grupos de produtores interesados. Estas centrais serán xestionadas por asociacións de produtores e terán como obxectivo a comercialización en común da produción galega. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, Consellería de Innovación e Industria e sector produtor. Planificación do orzamento CMR a cargo da Medida 1.2.3. do PDR, Consellería de Innovación e Industria e sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

INVEST. PÚBLICO

90.000

90.000

90.000

INVEST. PRIVADO

90.000

90.000

90.000

2012

2013

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

205


MEDIDA 4.2.2. Apoio ás canles curtas de comercialización Xustificación da medida A falta dunha estruturación axeitada das canles de distribución dos produtos ecolóxicos a nivel xeral, e especialmente en Galiza, fai que sexa necesario emprender accións ao respecto, máis se cabe cando o nivel de consumo interno no noso país é dos menores do conxunto do Estado e os produtos ecolóxicos galegos chegan aos puntos de venta cunhas condicións loxísticas que distan moito de acadar niveis óptimos. Requírese polo tanto un firme apoio á mellora da estruturación da distribución, fundamentándose nun maior valor engadido a percibir polos produtores. Descrición Apoio as canles de comercialización que permitan un paso o máis directo posíbel dende o produtor ou o elaborador ata o consumidor. Entre estes tipos de sistemas de venda atópanse aqueles nos que non existe un elo intermedio entre a entidade de produción e o punto de consumo ou venda, tales como venda directa, creación de puntos de comercialización polo miúdo ou subministración directa á hostalería. En calquera caso, o beneficiario das axudas será o sector produtor ou, se é o caso, o transformador. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e sector produtor. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medida 1.2.3. do PDR, 50% a cargo do sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

60.000

70.000

80.000

90.000

100.000

INVEST. PRIVADO

60.000

70.000

80.000

90.000

100.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

206


MEDIDA 4.2.3. Axudas á distribución local Xustificación da medida Esta medida fundaméntase baixo os mesmos aspectos á anterior Medida 4.2.2, é dicir nunha deficiente estruturación da rede comercial de produtos ecolóxicos en Galiza. Ademais, a distribución local en cantidades limitadas, a pesar dun menor consumo de recursos en determinados aspectos, adoece de claras limitacións á hora de acometer iniciativas que melloren a súa operatividade. Descrición Axudas para o fomento da instalación de tendas especializadas baixo a xestión directa de operadores ecolóxicos. Contémplase ademais o apoio para a adquisición de instalacións e equipamentos (de conservación e transporte fundamentalmente) que melloren a calidade do produto distribuído. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e sector produtor. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medida 1.2.3. do PDR, 50% a cargo do sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

60.000

70.000

80.000

90.000

100.000

INVEST. PRIVADO

60.000

70.000

80.000

90.000

100.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

207


MEDIDA 4.3.1. Fomento do consumo de produtos ecolóxicos a través do consumo social Xustificación da medida A restauración colectiva, especialmente en colectivos sensíbeis ás pautas saudábeis como son a infancia e os maiores e o apoio da Administración para o seu fomento, son elementos citados polos produtores como motor da comercialización e elemento de promoción. A introdución dos produtos ecolóxicos galegos nos circuítos de consumo social presenta no entanto algunhas dificultades, como a dispoñibilidade de produto en cantidade e calidade suficiente, polo que se propón unha experiencia de introdución paulatina que sirva de aprendizaxe e identificación dos freos e necesidades. Descrición Posta en marcha, seguimento e avaliación paulatinas de experiencias en restauración e consumo social. Proponse, a modo de exemplo, a introdución inicial nun comedor escolar, unha residencia de maiores, un circuíto de catering para dependentes e un servizo de restauración da Xunta de Galicia. Á vista da resolución das necesidades procederíase á ampliación da experiencia. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural e Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

30.000

50.000

80.000

95.000

95.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

208


MEDIDA 4.3.2. Fomento do asociacionismo en comercialización Xustificación da medida Para xustificar a medida abonda coa presentación de dous exemplos: A produción de kiwi ecolóxico, malia o potencial detectado, non atravesa o seu mellor momento. Os produtores que queiran vender o seu produto máis ou menos directamente tropezan cos problemas da clasificación do produto e a súa conservación. Existe ademais unha gran carencia de formación comercial dos produtores. A proposta vai entón no senso de promover unha mellora das condicións de presentación e conservación do kiwi e proxectar a posibilidade de mellorar a renda asociada, mediante a agrupación da oferta. Existe tamén necesidade de reconducir o labor realizado no ámbito da produción de castaña. Trátase dun cultivo tradicional que na gran maioría dos casos non precisa modificacións culturais para recibir o aval de produto ecolóxico. No entanto, é importante sinalar unha recente tendencia á intensificación mediante o emprego de herbicidas nas plantacións. O souto é un elemento definitorio da paisaxe e cultura galegas, á vez que unha boa medida de prevención de incendios. É polo tanto necesario apoiar a reconversión á certificación ecolóxica. A reconversión debe dar lugar á xeración do valor engadido para os produtores agrarios. Actualmente as vendas son individuais, con moita variabilidade de prezos e calidades. De aí a necesidade de combinar o fomento da certificación co fomento do artellamento do mercado correspondente, que debe pasar por unha organización efectiva dos produtores. Descrición Fomento do asociacionismo comercial en zonas de gran produción, en especial a zona suroeste para o kiwi ou a zona centro de Ourense para a castaña, por poñer dous exemplos con posibilidades por tratárense de zonas de ampla produción. Trátase de exemplos, posto que a medida está aberta a outras orientacións. Priorización no acceso a liñas de axudas para a compra e emprego en común de maquinaria de recolección, se é o caso, selección, clasificación, conservación e envasado para a súa venda posterior en común.

209


Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e sector produtor. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medida 1.2.1. do PDR para a compra de maquinaria de recolección e 1.2.3. do PDR para a compra de maquinaria de proceso, 50% a cargo do sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

30.000

30.000

60.000

60.000

90.000

90.000

INVEST. PRIVADO

30.000

30.000

60.000

60.000

90.000

90.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

210


MEDIDA 4.3.3. Creación e apoio a plataformas de dinamización Xustificación da medida O desenvolvemento da produción ecolóxica precisa dunha acción colectiva. Os grupos que se van crear con esta acción deben de integrar inicialmente aos produtores locais e aos de consumidores. Deste xeito, disporase dun grupo dinamizador da produción ecolóxica a pequena escala. Débese pensar que serán os xeradores de ideas, pero tamén potenciadores da creación de puntos de venda e, mesmo, xermolos de futuras agrupacións comerciais. A descoordinación entre produtores e compradores e entre produtores entre si é unha realidade que dá como resultado un menor progreso técnico das explotacións, co conseguinte custo de oportunidade en termos de custos de produción, e tamén deixa unha parte da produción fóra dos circuítos de comercialización. Estes foros de encontro son unha fonte de mellora técnica moi importante e de difusión dos produtos. Non existe ningún lugar de encontro para os produtores no esquema actual de produción. Non é habitual que un produtor de leite ecolóxico se sente a intercambiar experiencias cun produtor de viña ecolóxica ou de horta. É menos probábel aínda que xunten os seus produtos para unha venda en común. Iso é un problema na medida en que un volume moi reducido de produción ecolóxica non permite un razoamento en termos de concentración da oferta dun produto único, como acontece na produción convencional. A creación destes foros debe ser un xermolo de contacto que leve posteriormente a favorecer a concentración horizontal dunha oferta diversificada. Descrición Mediante a iniciativa da Consellería do Medio Rural débese dinamizar o medio até conseguir que se estabilicen unhas estruturas de debate e acción que xunten, a nivel local, as persoas interesadas no desenvolvemento da produción ecolóxica. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

211


MEDIDA 4.3.4. Realización de estudos de mercado por asociacións de produtores Xustificación da medida A acollida polo mercado dun produto e as súas formas de presentación non depende tan só da súa propia calidade, senón que vén marcada en gran medida polas tendencias de consumo (que e para quen?), polo momento (cando?) e polo lugar da introdución (onde?). Cómpre por tanto dispor de estudos que proporcionen unha orientación o máis exacta posíbel das necesidades do mercado, para conferir ao produto unha base comercial de certa solidez. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.2.1 do PDR, que fomenta a modernización das explotacións agrícolas, mediante axudas aos investimentos inmateriais, e concretamente aos estudos e análises de mercado. Os requirimentos loxísticos e económicos deste tipo de medida aconsellan o seu desenvolvemento dende entidades asociativas de produtores. Así mesmo, esta medida contribúe indirectamente á articulación sectorial. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e sector produtor. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medida 1.2.1. do PDR, 50% a cargo do sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

15.000

20.000

25.000

30.000

30.000

30.000

INVEST. PRIVADO

15.000

20.000

25.000

30.000

30.000

30.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

212


MEDIDA 5.1. Creación e mantemento do portal web da agricultura ecolóxica galega Xustificación da medida As consideracións levadas a cabo á hora de expoñer o eixe deixan ben ás claras a importancia estratéxica que a creación do portal web pode supoñer para o avance do sector, tanto dende o punto de vista do planeamento (como fonte e repositorio de datos sectoriais), a xestión administrativa (coa posibilidade de tramitación on line de documentación), a formación (aloxamento dos cursos on line), a información (sección de novas e información legal), a comercialización (contactos comerciais, ligazón coas páxinas de interese e mesmo sistemas de venda electrónica ou poxas on line) e a articulación sectorial (por medio de foros de debate). Un instrumento coma este, se está ben deseñado e sobre todo se o está correctamente xestionado e mantido, presenta para o sector unhas posibilidades case ilimitadas. Convén non esquecer, por outra parte, o efecto publicitario que esta ferramenta pode supoñer e a posibilidade de servir de experiencia piloto para os restantes sectores produtivos galegos, posto que o reducido tamaño do sector permite unha xestión relativamente doada. Descrición Creación, xestión e mantemento do portal web da agricultura ecolóxica galega. O webmaster da páxina será o CRAEGA. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e CRAEGA. Planificación do orzamento 50% a cargo da CMR, 50% a cargo do CRAEGA. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

15.000

50.000

50.000

10.000

10.000

10.000

INVEST. PRIVADO

15.000

50.000

50.000

10.000

10.000

10.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

213


MEDIDA 5.2. Apoio á mellora da organización e funcionamento do CRAEGA Xustificación da medida A pesar da boa valoración xeral que recibe o CRAEGA nas enquisas, o papel adicional que a Lei de calidade lle outorga, unido ao incremento do volume de certificación e de operadores, fai necesario incrementar os medios materiais e humanos dos que dispón este organismo, co fin de mellorar os niveis de xestión e, por conseguinte, asegurar unha maior eficiencia no emprego dos recursos humanos e económicos. Descrición Axudas en medios materiais e humanos para o CRAEGA, co fin de que poida desenvolver as novas funcións que a normativa e a propia xestión dalgunhas medidas lle confire. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

90.000

90.000

70.000

70.000

70.000

70.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

214


MEDIDA 5.3. Apoio á certificación da produción Xustificación da medida A escasa entidade da meirande parte dos operadores ecolóxicos galegos fai que, a pesar do estabelecemento dun sistema de certificación proporcional á dimensión da explotación e ao volume comercializado, existan dificultades para facer fronte aos custos que supón contar co preceptivo selo de produción ecolóxica. Outros custos, tanto directos como derivados do consumo de recursos, por exemplo os gastos correspondentes á realización de análises, tamén supoñen un atranco para este tipo de pequenos produtores. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.3.2. do PDR que fomenta o apoio aos agricultores que participen en programas relativos á calidade dos alimentos, e que baixo criterios de prioridade entre os que se atopa a produción ecolóxica, comprende accións como o pagamento de incentivos anuais como compensación dos custos derivados da participación nestes sistemas de calidade. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.3.2. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

45.000

50.400

56.500

62.200

69.700

78.000

Criterio de avaliación Cumprimento dos obxectivos orzamentarios provisionais.

215


MEDIDA 5.4. Adaptación da pequena industria á figura de artesanía alimentaria Xustificación da medida Xa se ten falado na epígrafe da diagnose correspondente ao papel do CRAEGA, das dificultades derivadas da adaptación da normativa ecolóxica a certas producións. Falouse tamén das posibilidades que a nova normativa pode brindar ao tratamento de excepcións por prácticas locais. Outra figura que podería introducir certas posibilidades sería a de artesanía alimentaria recollida na Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega. Descrición Desenvolvemento da figura de artesanía alimentaria referida á súa aplicación ás pequenas industrias de transformación de produtos ecolóxicos. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento Medida sen custo directo. Criterio de avaliación Seguimento das actuacións da Administración.

216


MEDIDA 5.5. Dinamización das sinerxías coas demais figuras de produción certificada galegas Xustificación da medida Como é sabido, a produción ecolóxica certifica un modo de produción, pero non garante a orixe do produto. Este feito ten unha gran importancia á hora de aproveitar as vantaxes relativas á imaxe do produto galego como sinónimo de calidade. Unha solución pode ser, para aquelas producións que teñan figuras de promoción da orixe, aproveitar o recurso da dobre certificación, para o que cómpre facer esforzos por limitar o esforzo económico que pode supoñer. Descrición Potenciar a colaboración entre o CRAEGA e os restantes consellos reguladores de Galiza co obxectivo de facilitar a dobre certificación naqueles casos nos que sexa posíbel. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento Medida sen custo directo. Criterio de avaliación Seguimento das actuacións da Administración.

217


MEDIDA 6.1.1 Desenvolvemento de actuacións de divulgación de coñecementos e investigacións Xustificación da medida Co obxectivo de incrementar o labor formativo derivado dos estudos e actividades de investigación en materia de agricultura ecolóxica, tanto daqueles xa realizados como de daqueloutros aínda por desenvolver, resulta de interese o apoio á súa recompilación e divulgación. Descrición Apoio ás publicacións e artigos de divulgación relacionados coa produción ecolóxica mediante o fomento da súa distribución cara a aqueles axentes que se consideren obxectivo do aproveitamento dos seus contidos. Así mesmo, perséguese a realización dunha procura, ordenación e recompilación daqueles estudos e investigacións xa realizados en Galiza para fomentar o seu coñecemento e facilitar o acceso aos seus contidos. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

30.000

40.000

20.000

20.000

20.000

30.000

Criterio de avaliación Procura de estudos e artigos, recompilación, edición e distribución: 2008–2009. Difusión de publicacións especializadas: anual.

218


MEDIDA 6.1.2 Fomento da formación e información dirixidas a persoal técnico da Administración Xustificación da medida Ademais dun apoio dende o punto de vista da tramitación administrativa, resulta de interese o reforzo de coñecementos do persoal técnico da Administración para poder prestar aconsellamento fronte a dúbidas ou problemas de índole técnica xurdidos nas explotacións ecolóxicas. Descrición Realización de cursos de formación continua de 60 horas destinados ao persoal técnico da Administración. Entre os seus contidos, estes cursos deberán dar a coñecer as posibilidades reais que teñen os métodos de cultivo ecolóxico e a súa incidencia na calidade dos alimentos, así como os diferentes sistemas, técnicas e prácticas de aplicación. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.1. do PDR. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

3.000

6.000

6.000

6.000

6.000

6.000

Criterio de avaliación Realización de 1 curso no ano 2008 e 2 cursos anuais a partir de 2009. Control do número de asistentes e realización de avaliacións sobre os conceptos impartidos.

219


MEDIDA 6.1.3. Plans de formación e posta ao día para técnicos formadores en produción ecolóxica Xustificación da medida Dispor de persoal técnico capacitado didáctica e tecnicamente para levar a cabo as accións formativas ás que se fai referencia no PDAE así como para colaborar naqueloutras accións formativas, relacionadas coa produción ecolóxica que se considere oportuno desenvolver dende a Administración. Descrición Realización de cursos modulares de 200 horas de duración co fin de capacitar o persoal técnico para impartir accións formativas en materia de agricultura ecolóxica. Ademais da base teórica dos cursos, amosarase preferencia por proporcionar aos futuros formadores contidos técnicos de cara á súa divulgación posterior. Contemplarase tamén a posíbel inclusión de módulos específicos de actualización de coñecementos para aqueles técnicos que conten xa con experiencia previa. Os cursos irán dirixidos ao persoal titulado en especialidades agrarias, con preferencia para aqueles que se atopen en situación de desemprego. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.1. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

20.000

30.000

30.000

30.000

30.000

30.000

Criterio de avaliación Realización de 2–3 cursos anuais. Control do número de asistentes e realización de avaliacións sobre os conceptos impartidos.

220


MEDIDA 6.1.4. Actividades formativas dirixidas á incorporación e reconversión á agricultura ecolóxica Xustificación da medida Entre os produtores interesados na incorporación á agricultura ecolóxica e na reconversión das súas explotacións de manexo convencional, detéctase un xeneralizado descoñecemento dos fundamentos da agricultura ecolóxica e do seu significado. Ao mesmo tempo, carecen da suficiente información do que supón o inicio da actividade neste sistema produtivo e como desenvolver o manexo durante os períodos de transición. Estes feitos teñen como consecuencia que o produtor ecolóxico se atopa ante procesos de incerteza que poden ocasionar unha asimilación da produción ecolóxica deturpada ou mesmo suscitar o abandono da iniciativa. O desenvolvemento da Medida 6.1.3 facilitará o poder contar con formadores capacitados para impartir a devandita información. Descrición Cursos de introdución á produción ecolóxica cunha duración de 250 horas. Estarán dirixidos a futuros agricultores ecolóxicos, e o seu cometido fundamental será o de proporcionar aspectos teórico–prácticos e despexar as dúbidas que se presentan ante as novas pautas de manexo que se van adoptar. A actividade formativa presencial reforzarase ademais coa dispoñibilidade on line dos conceptos impartidos. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.1. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

25.000

50.000

50.000

50.000

50.000

50.000

Criterio de avaliación Realización de 1–2 cursos anuais. Control do número de asistentes e realización de avaliacións sobre os conceptos impartidos.

221


MEDIDA 6.1.5. Programas e actualización das ferramentas de acceso para a formación de produtores Xustificación da medida Esta acción concíbese como parte do conxunto de accións de difusión necesarias para un aumento do coñecemento da produción ecolóxica entre os operadores das explotacións inscritas. O desenvolvemento da Medida 6.1.3 facilitará o poder contar con formadores capacitados para impartir a devandita información. Descrición Fomentarase a formación en materias relacionadas coa agricultura ecolóxica mediante a prioridade desta temática na adxudicación dos cursos subvencionados así como a introdución de técnicas de produción ecolóxica dentro dos temarios de cursos non específicos (por exemplo, nos cursos de incorporación á empresa agraria e nos de aplicadores de produtos fitosanitarios). Tentarase vincular investigación, experimentación e formación e realizar prácticas como compoñente fundamental do traballo. Considérase de interese a participación activa no proceso de formación de operadores con suficiente e acreditada experiencia en produción ecolóxica. A actividade formativa presencial reforzarase ademais coa dispoñibilidade on line dos conceptos impartidos. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.1. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

40.000

70.000

70.000

70.000

70.000

70.000

Criterio de avaliación Realización anual dun mínimo de 20 cursos específicos (450–500 asistentes en total) sobre agricultura ecolóxica. Inclusión de temática relativa á produción ecolóxica no temario de determinados cursos de formación esixíbel.

222


MEDIDA 6.1.6. Fomento dunha rede de explotacións colaboradoras Xustificación da medida Participación activa do sector produtor ecolóxico por medio da aplicación práctica dos cursos de formación impartidos (Medidas 6.1.3, 6.1.4 e 6.1.5) así como a colaboración cos programas de experimentación e transferencia tecnolóxica desenvolvidos dende os centros dependentes da Administración. Descrición Estabelecemento dunha rede de explotacións ecolóxicas colaboradoras de demostración en materias de formación, experimentación e transferencia tecnolóxica. O manexo e funcionamento das explotacións participantes deberá ser rexistrado de modo exhaustivo co obxectivo de obter datos técnico–económicos que permitan a recompilación de información para a realización de estudos de rendibilidade, aplicación de prácticas culturais ou tratamentos específicos. Adoptaranse criterios de prioridade para a participación do máximo abano posíbel de orientacións produtivas. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e explotacións colaboradoras. Planificación do orzamento 50% a cargo da Medidas 1.1.1. e 1.2.4. do PDR, 50% a cargo da Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

40.000

60.000

60.000

60.000

60.000

60.000

Criterio de avaliación Participación de polo menos 1 explotación ecolóxica por provincia. Participación de cada explotación en polo menos 1 actividade (formación, experimentación ou transferencia tecnolóxica) con periodicidade anual.

223


MEDIDA 6.1.7. Fomento da participación galega en encontros fóra de Galiza Xustificación da medida A produción ecolóxica galega non posúe a suficiente perspectiva sobre o seu contorno de cara á asimilación de formas de produción ou comercialización xa implantadas en áreas cun maior desenvolvemento da agricultura ecolóxica. É de importancia obter tamén unha visión periódica de aspectos como as tendencias do mercado exterior ou procesos e tecnoloxías alleos ao país. Descrición Fomento da participación galega en encontros técnicos fóra do país coa asistencia de representantes de colectivos de operadores inscritos, así como a eventual presenza de técnicos da Administración implicados no sistema de produción ecolóxica. Os asistentes deberán preparar programas de traballo que comprendan tanto a recompilación da información recollida como, se fose o caso, a transferencia de información propia achegar aos ditos encontros. Este fomento de participación estenderase tamén á localización e participación activa en encontros a través da rede, aos que se lle dará publicidade a través das ferramentas correspondentes habilitadas para tal efecto. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza, e explotacións colaboradoras. Planificación do orzamento 50% a cargo Consellería do Medio Rural, 50% a cargo do sector produtor. ANO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

INVEST. PÚBLICO

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

INVEST. PRIVADO

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

5.000

Criterio de avaliación Asistencia de representación galega (polo menos catro asistentes) a un mínimo dun acto anualmente. Porcentaxe de actos anunciados (presenciais ou vía web) nos que participe unha representación galega: 50%. Publicación e divulgación dos informes e resultados dos encontros.

224


MEDIDA 6.2.1. Implicación dos centros de formación e experimentación agraria da Administración Xustificación da medida Alén das explotacións colaboradoras (Medida 6.1.6), cómpre dispor da implicación dos centros de formación e experimentación para a realización de proxectos de aplicación á produción ecolóxica, facilitando ademais a súa divulgación de cara a unha aplicación práctica. Descrición Reforzo da especialización do centro da Administración de formación e experimentación agraria especializado en materia de produción ecolóxica. Nestas instalacións, os produtores poderán coñecer os resultados derivados dos proxectos realizados, de modo que se favoreza a formación desenvolvida tanto no propio centro como nos demais cursos de agricultura ecolóxica impartidos. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.1.1. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

50.000

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000

Criterio de avaliación Participación activa de agricultores nos programas de experimentación e demostración levados a cabo no centro de formación.

225


MEDIDA 6.2.2. Incremento da capacidade operativa dos laboratorios públicos Xustificación da medida Os servizos prestados polo Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, a través das análises realizadas, considéranse como unha ferramenta indispensábel á hora de tomar certas decisións nunha explotación. Cómpre, polo tanto, mellorar a dotación de medios humanos e materiais para potenciar a prestación destes servizos e optimizar o tempo de resposta entre as solicitudes e a achega dos resultados ao destinatario, para así poder adoptar canto antes as medidas oportunas na explotación. Descrición Dotación ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia dos medios humanos e materiais necesarios para reducir ao mínimo os tempos de espera nas análises químicas e fisicoquímicas que se realizan: análises do solo, foliares e de residuos de produtos fitosanitarios, diagnoses fitopatolóxicas e outros. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural. Planificación do orzamento 100% Consellería do Medio Rural. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

70.000

120.000

120.000

120.000

120.000

120.000

Criterio de avaliación Comprobación dos tempos de espera entre o envío de mostras e a recepción de resultados.

226


MEDIDA 6.2.3. Atención á demanda en I+D+I dos centros de investigación da Administración Xustificación da medida É preciso promover unha maior presenza da produción ecolóxica nas actividades de I+D+I como medio de apoio á formación específica e para dar resposta ás demandas concretas do sector en formación e investigación. Descrición Para o desenvolvemento desta acción cómpre definir as demandas prioritarias do sector para actuar sobre as necesidades reais deste. As propostas concretas iranse definindo segundo o considere oportuno o propio sector, no entanto entre algúns dos eidos nos que se detectaron necesidades ao respecto son as seguintes: • Mellora da calidade e do valor engadido dos produtos ecolóxicos transformados. • Tecnoloxías asociadas a unha mellora da eficiencia da produción ecolóxica de cultivos para a alimentación humana, dos seus produtos transformados e das forraxes para alimentación do gando. • Tecnoloxías asociadas a unha mellor utilización dos residuos e coprodutos (incluídos os xurros) procedentes das explotacións agrarias, á prevención da contaminación ambiental derivada das prácticas agrarias e cara a axuda a unha produción agraria sustentábel. • Investigacións sobre os axentes biolóxicos causantes das zoonoses e problemas fitopatolóxicos para facilitar unha produción ecolóxica dos produtos agroalimentarios. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.2.4. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO

2008

2009

2010

2011

2012

2013

100.000

200.000

200.000

200.000

200.000

200.000

Criterio de avaliación Seguimento das accións.

227


MEDIDA 6.2.4. Cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías Xustificación da medida Creación de novos produtos, procesos e tecnoloxías para o aproveitamento das oportunidades de mercado e brindar así unha valiosa ferramenta competitiva ao sector produtor. Descrición Desenvolvemento da Medida 1.2.4 do PDR. Actuacións de colaboración entre o sector produtor e transformador e os centros de investigación e experimentación para promover a saída de alternativas que melloren a posición do produto galego no mercado. Entidade/organismo executor Consellería do Medio Rural, a través das medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza. Planificación do orzamento 100% a cargo da Medida 1.2.4. do PDR. ANO INVEST. PÚBLICO Criterio de avaliación Seguimento das accións.

228

2008

2009

2010

2011

2012

2013

70.000

100.000

100.000

100.000

100.000

100.000





Plan de Desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica de Galiza 2008-2013

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.