22PERSONAXES DA GUERRA DE TROIA

Page 22

O outro Atrida MENELAO estaba casado con Helena, filla de Zeus ou de Tíndaro, de quen herdaría a autoridade en Esparta. Cando Helena foi raptada por Paris, Menelao resolveu co seu irmán Agamenón reunir a todos os príncipes gregos para formaren unha expedición contra Troia. Ao pé da cidadela troiana foi un heroe valente e sobranceiro. Venceu, entre outros, a Paris nun combate singular, loitou contra Eneas e contra Héitor e defendeu o corpo de Patroclo. Foi un dos que entraron na cidade agachados no cabalo de madeira. Menelao recupera a Helena. Hydria ática de figuras vermellas, ca. 480 a. C.

Trala caída de Troia volveu á patria con Helena, logo dunha pereginaxe dun ano.

Cultura Clásica 3º ESO 2010-11

22


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.