Búsola

Page 1

bĂşsola

AuroraSantos Beatriz Hervel l a Clara Martin

ManuelGago Noemi lopez

N 3 2008

olga castro olga osorio



EDITORIAL Ao longo dunha xa longa vida atopeime con encargos ben difíciles, e este, co me distingue SUSO RUBIO, de escribir para BÚSOLA é un deles, xa que ao meu descoñecemento do asunto a tratar hai que engadir que un, sen ter facilidade para nada, a ten máis para debuxar que para escribir. Para máis, o nome de BÚSOLA tropeza co BÚXOLA que eu sempre utilizei e os dicionarios non só non me quitan dúbidas, senón que me quitan as dúas posibilidades. Pero consulto con SUSO, e demóstrame que o de BÚSOLA é correcto, ademais de ser un nome moi suxestivo, xa que como estades fartos de saber é un instrumento que serve para orientar. E neste caso é para orientar dende O VALADOURO, en todas as posibilidades da difusión cultural nesta procelosa sociedade. Fotografía, Pintura, Escultura, Narrativa, Banda Deseñada, Ciencia... (agardo que Humor) se desenvolven ao longo e ancho das súas páxinas, e todo isto adobiado por unha excelente maqueta que fai doado ver a publicación con interese e sen deixar atrás ningunha sección, das que non salientaría ningunha para non quitar mérito ás outras, aínda que teño preferencias polas que falan de plástica. Como tamén tiña que facer unha ilustración, ocorréuseme –por deformación profesional- argallar unha búsola-pallaso, buda, que cos seus brazos indicara as direccións correctas para distinguir o humor da charramanguería e procacidade reinantes, e para guiarnos no camiño de manter vivo o noso peculiar senso do humor.

Xaquín Marín


bĂşsola


quen #3 proxectobúsola www.busola.net

// dirección Suso Rubio

// lingua Natalia Mirón

//colaboracións Álvaro Pons Besbe Eliana Martíns

// web Patricia Saco patriciasaco@utopia.com

// deseño Miguel Alonso

// impresión Tórculo Artes Gráficas S.A.



# 10

# 44

OlgaOsorio

ManuelGago

# 21 ClaraMart铆n

# 53 Noem铆L贸pez

# 25 OlgaCastro

# 59 Recensi贸ns

# 36 AuroraSantos

# 63 BeatrizHervella

sumario



PRÓLOGO En 2004 tivemos un soño... unha idea aberta á creación e ao coñecemento, á cultura e á ciencia... novas tendencias, novas formas de expresión e vangardas. Un soño de papel que se dobraba en catro puntos cardinais coa forma da rosa dos ventos, era unha búsola que debía intuir outros nortes nun século fascinante onde a comunicación e o intercambio de ideas flúe en constante fluxo. A idea foi da imaxinación ao prelo e con este son catro números que pechan un primeiro ciclo de creación e consolidación dun estilo de publicación. O lema novos autores, novas creacións segue vixente: buscar, orientar, promover e difundir. Ese é o noso propósito, a obriga ética que impulsa o labor dunha entidade pública en favor da cultura sen máis beneficio que sentirnos un eslabón necesario e eficaz entre creadores e destinatarios. Mentres, seguimos aprendendo, mellorando e traballando tan intensa e rapidamente como nos permitan, intentando incrementar a periodicidade, calidade e variedade que atopas nos nosos sumarios. Era preciso un soporte acorde á calidade das achegas seleccionadas, por ese motivo o espírito de Búsola foi interpretado visualmente de xeito magnífico por Miguel Alonso, un gran valor no deseño editorial galego que coas súas solucións gráficas nos desenvolve unha factura estética moderna, persoal e lexíbel... un luxo, outro, poder incorporar á nosa galería de persoeiros ilustres outro faro de Galicia, Xaquín Marín, luz abondosa e imprescindíbel para navegar en décadas de realidade dun impaís que ri, pese a todo, coa esperanza nun futuro mellor.


Olga O

10 | BÚSOLA


Osorio

BÚSOLA | 11


Érase unha vez unha parroqu setenta e dúas familias, cos seus xa, a escola... Hoxe, apenas Vilacampa só quedan once viv con casas pechadas, abandona

12 | BÚSOLA


uia do Valadouro na que vivían s bares, o campo da festa, a igres vinte anos máis tarde, en vendas habitadas que conviven adas e mudas...

BÚSOLA | 13


14 | BÚSOLA


FOTOGRAFIA OLGA OSORIO

BÚSOLA | 15


16 | BÚSOLA


FOTOGRAFIA OLGA OSORIO

BÚSOLA | 17



FOTOGRAFIA OLGA OSORIO

BÚSOLA | 19


Cando se persegue un soĂąo, renĂşnciase a moitas cousas.


as mans da alma por Clara Martín

e

ran as seis da mañá. Non o vira reflectido en ningún reloxo, tampouco podía escoitar dende a caseta as campás da igrexa, tan afastada como a aldea, non había ningún son no ambiente que lle confirmara a hora que era, nin unha radio, nin un televisor, non obstante, Simón Tembrás sabía que eran exactamente as seis da mañá. Baixa a gorra e levanta a solapa do gabán ata agacharse da néboa no interior do seu corpo e camiña polo vieiro esvaradío e húmido que chega á praia. É certo que podería atallar polo camiño de pedra e subir á estrada que levaba ao porto, pero leva demasiado tempo amañecendo no mar para cambiar de costumes e o mar é agora a primeira muller e a única que

acariña cada mañá. Para Simón, o mar ten alma feminina. A area está crebadiza e pode escoitar os queixumes baixo os seus pés. Sube cara ao porto coa cabeza agachada engulindo o seu bafo, coas mangas do gabán engurradas nos petos, como sempre. No seu rostro amoréase o salitre pegañento do recordo e coa mirada escura e as mans xeadas da alma entra na cantina da lonxa. Dobre, Tembrás? E Simón asinte coa mirada mentres achega a banqueta á barra coa punta do zapato. O home coloca diante del un vaso de augardente cunha palliña dentro, Simón absorbe lentamente para embeberse do licor que lle inflama a gorxa. Alborexa no mar, amañece na súa pel e a calor de dentro transpira desexo. Cando se persegue

BÚSOLA | 21


un soño renúnciase a moitas cousas, pensa Simón con cada grolo.

ano, só quería tocala coas mans da alma.

Empurra o brazo ata agochar a tea sobrante no peto dereito e camiña cara á lonxa, o eco sonoro das voces mestúrase cos berros agonizantes das gaivotas. Diríxese covardemente cara á manchea de redes e busca acubillo entre as sombras que a noite deixou nas súas entrañas e dende alí míraa. Comeza a poxa e ela non poderá velo, aínda que sabe que está, sabe que sempre estivo e que posibelmente seguirá estando ata que lle medren dedos nos tocos desertos dos seus brazos.

Sae un sol feble e tremoroso e cando, como cada mañá, o porto se enche de actividade, Simón séntase ao pé do mariñeiro de pedra instalado no centro da praza, mirando ao mar, coma el, ancorado no cemento e nas lousas, tamén coma el encallado en terra pola inutilidade. Apetécelle un cigarro e o Chino tarda, pegaríanselle as sabas, malditas mans inútiles!

Repara nela mentres canta prezos con acordes de muiñeira e arrastra caixas que esparexen anacos de mar xeado. Por un intre acerta a acadar un destelo de luz entre as redes e entón trema e agáchase, torcendo a mirada cara á baldosa encharcada. Por que non lle deixa que a mire?, só mirala; por que non lle crerá? Que xa non lle cómpre máis que iso, máis que ver as súas mans brancas aterecerse co xeo das bandexas, para poder sentir de novo correr o sangue polas veas mutiladas das súas mans seccionadas, que só quere vela rir para lembrar o alampar do mar mentres faenan na noite escura. Por que lle ordena esquecer? Esquecer…

- Ola Tembrás!

Remata a poxa e Tembrás sae mesturándose co barullo da xente. Séntese mellor cando vén de vela e retén a súa imaxe na retina. Se ela o entendese! Non tiña mans, de acordo, pero sería quen de agarimala coa mirada como non o farían os dedos afundidos no océ22 | BÚSOLA

O bruído do rapaz faino abalear:

- O Chino díxome que te buscara na praia á saída, para fumar outro, contarasmo despois? - Arreando, rapás! Pensou que estrañaría ao Chino pero víñalle ben traballar, levaba moito tempo facendo o vago e dende que empezara o curso case non pisaba a escola. Ao principio rifáralle seriamente pero logo foise acostumando á súa compaña, egoistamente retíñao ao seu carón con historias medio fantásticas medio reais pero o rapaz tíñao claro, non quería estudar, nin tampouco ser repoñedor na tenda, o Chino quería irse nun mercante.

Meses atrás coñecérase que o - Que pasa rapás? e o teu irmán? Duquesa, un barco de transporte de contedores precisaba persoal, - Ao Chino collérono de repoñe - engraxadores, mecánicos e axudor no super, acéndoche o ciga - dantes para a sala de máquinas e rro? Meu irmán díxome que me contaba os días que faltaban ata a primavera para cumprir dezaoito e deixarías darlle algunha calada. entregar unha solicitude inmedia- Unha de tres, de acordo? E, ao tamente, dixese seu pai o que tocar as letras rematou, a derra - dixese. deira sempre é miña. Así que Tembrás sabía que non lle quedaba moito tempo de fumar co - Veña! Chino e asumía que o cativo o - Así que o Chino deixa a escola. substituíra, á conta de lembrar un pasado que ás veces aderezaba - Si, meu pai díxolle que no mar con aires exóticos totalmente non o quería, que estudase ou tra - incertos. Pero o cativo do Xan ballase en terra, pero no mar non. emperrábase en saber como perCóntame como perdiches os dera as mans, aínda que era certo dedos, Tembrás. que ese relato era o que máis interesaba sempre, igual que ao maior, - Cala e achega, que o fuma o e el precisaba das mans dos rapaaire. rigos para matar a súa ansiedade e - Contarasmo Tembrás? os seus pulmóns sarrapentos. - Quieto aí! As letras quéimoas eu, achégamo e lárgate.

Ás veces colocábaas fronte a el, erguendo os brazos e imaxinaba


NARRATIVA CLARA MARTÍN

os dedos grosos e degretados, as unllas encadradas pola sombra negra do esforzo. Chegaba a sentir a dor nas falanxes inexistentes, imaxinando o estoupido ao tocar a brasa ou a dozura da area fina e húmida da beiramar, o esgueiro das rochas ou a tenrura da auga en calma. Erguía os brazos e puña os tocos a contrasol e de súpeto crecíanlle dedos de luz, finos e velaíños coma nunca tivo e rapidamente os dedos buscaban a espalda dela, a pel branca do seu pescozo, a raíz do seu cabelo, rodeaban a súa cabeza ata pecharlle os ollos e sentir o seu alento salgado entre as mans. Entón, cego do resplandor, descubría os vultos deformes e anegrados albiscando nas mangas do xersei, coas súas coseduras, como unha prenda rematada á présa, con puntadas desgastadas, convertendo os seus brazos en elementos inútiles, insensíbeis, inservíbeis. Simón envellecera de súpeto. Cando aquela noite se sentou no bote tiña case corenta anos e unha promesa no peto. Cando se persegue un soño renúnciase a moitas cousas, dixéralle ela antes de partir. E o soño era ela e a renuncia o mar. Agora, como un vello máis, as mañás pasaban unha tras outra por diante do banco do paseo marítimo no que compartía sol cos vellos da aldea, compartía sol e lembranzas, doenzas e aburrimento, engurras e demencias. Preto xa do mediodía camiña a modo cara a praia, sóbralle tanto o tempo! - Tembrás!- Simón xírase e o bufi-

do que recibe faino retroceder.

protexe ao seu barco das tempes tades.

- Sempre fas iso? Pero ela díxome que cando se per - Si, mira que ben o fago- e o segue un soño renúnciase a moi rapaz lanza un rouquello con máis tas cousas e eu souben que para intención que intensidade. tela debía resignarme a perder o Ledicia, esquecer o mar, as noites - Semellas un ganso. Aínda non sen lúa, as unllas cheas de sal e os tes alcume? pés húmidos das marexadas. Era a derradeira vez que o último - Non, ao Chino chámanlle así Tembrás saía a faenar e era a pri porque tardou moito en pronun - meira que non importaba a captu ciar o erre, iso di miña nai. ra. - Pois ti serás o Ganso a partires de agora, gústache? - O Ganso! Non está mal. Podo ver as cicatrices? - Acende o cigarro primeiro. -Cóntame como perdiches os dedos, Tembrás. Simón aspira profundamente iluminando a brasa engurrada do pitillo e a primeira palabra sae envolta no fume candente da memoria. - Ledicia. Era a derradeira vez que sairía a faenar co Ledicia. Vendera o barco a un armador de Malpica pero aquela noite a alma de todos os Tembrás arrastroume mar adentro. Levaba no peto do gabán dúas pasaxes para Bos Aires e deixara en terra a unha moza que votaba cadeados, puña trancas e pasaba pechos a vinte anos de miseria. Si, eu podía ser o seu pai, pero non o era, e agarimábaa como un rapás, amábaa como un home e protexíaa como un bo mariñeiro

Naveguei cara ao norte, fondeei a tres millas da costa e votei as redes, como tantas, tantas noites. Despedinme das pantasmas que non tardaron en xurdir das pro fundidades do remordemento, des pedinme das sombras que medra ban nas entrañas da conciencia e da dor, despedinme do mar para non volver… e non volvín. Virei a embarcación e puxen rumbo a porto pero un golpe seco fixo cambalear a cuberta e perdín o equilibrio. Caixas, cordas e apa rellos caeron sobre min e parte do lastre aprisionoume as mans. O Ledicia chocara contra un pequeno contedor que flotaba e unha vía de auga abriuse na embarcación. Eu permanecín inmóbil, escoitando, alerta… e sabes que, Ganso? - …? - Pensei que era o derr a d e i ro Tembrás que morrería no mar. - Pero salváronte! - Cando se persegue un soño BÚSOLA | 23


renunciase a moitas cousas. Eu renunciei á morte por tela a ela. Rematou o cigarro, vai sendo hora de xantar. Por riba da mesa da cociña, Lola, a súa irmá, deixara un prato de carne guisada con patacas, picada en anacos miúdos. Eran as dúas da tarde. Non o vira reflectido en ningún reloxo, tampouco podía escoitar dende a caseta as campás da igrexa, tan afastada como a aldea, non había ningún son no ambiente que lle confirmara a hora que era, nin unha radio, nin un televisor, non obstante, Simón Tembrás sabía que eran exactamente as dúas da tarde.

Perfil

CLARA MARTIN

Escritora en lingua galega e castelá, foi galardoada con distintos premios literarios. No certame III Romaría Etnográfica Raigame (Celanova, Ourense) obtivo o primeiro premio co relato “Ficarei en Lisboa”; acadou o segundo premio dos concursos Airiños do Xunco (Lugo) e XIV Certame Literario de Piñor (Ourense) coas obras Á sombra da estatua e Os bicos de Xudas, respectivamente; e foi finalista en certames internacionais e nacionais, como no Certamen de Relato Corto Abaco, con “Pienso palabras”, ou no VI Certamen Carmen Martín Gaite, con Las manos del alma. Colaborou no libro Sempre mar, do colectivo Burla Negra da Plataforma Nunca Máis e ten, así mesmo, distintas publicacións en páxinas web e mencións honoríficas en diversos certames literarios. Actualmente, exerce como dramaturga nas obras representadas pola compañía teatral Sete Lobos (Ourense).


Unha década

implicadas POR OLGA CASTRO


Achegada do 2008 traerá canda si o décimo aniversario de Implicadas/os no desenvolvemento. Nestetempo,oorganizacióntencambiadoavida de 38.000 persoas da India e Etiopía e removido milleiros de conciencias en Galiza. Porque, precisamente, os dous ámbitos de traballo de Implicadas son a sensibilización e presión política dende Galiza e a cooperación ao desenvolvemento en dúas das zonas máis pobres do planeta. E, en ambos os dous, Implicadas aplica unha perspectiva anovadora no noso país: ser unha organización con conciencia galega e con enfoque de xénero.

26 | BÚSOLA


As crianzas son, xunto coas mulleres, as/os destinatarias/os preferentes dos proxectos de Implicadas, con actividades lúdicas, educativas e de lecer.

O

entre as fundadoras da organización, logo de ter traballado como voluntaria en diferentes proxectos de cooperación na India, promovidos na maioría dos casos por organizacións locais.

O ano 1997 estaba a piques de rematar cando un grupo de persoas puxeron en común a súa forma de entender a pobreza como un problema estrutural e político a nivel mundial, como un sistema de explotación duns países sobre outros. E puxeron en común tamén os pasos a seguir para erradicala: reverter a organización desigual no planeta transformando dende Galiza, e dende os países do Norte en xeral, o noso modo de vida como único xeito posíbel para dinamitar as bases que sustentan a pobreza. Con este fin decidiron crear, en 1998, a organización non gobernamental de desenvolvemento Implicadas/os no desenvolvemento, unha ONGD apartidaria e aconfesional que dende o seu nacemento tivo como liña fundamental de traballo adoptar unha postura crítica para concienciar á cidadanía galega sobre as verdadeiras raíces da pobreza no planeta. E para realizar, tamén, campa-

ñas de presión aos gobernos e ás empresas: “Debemos facer campañas de presión en Occidente porque son xustamente os nosos gobernos os que teñen capacidade de tomar decisións nos grandes o rganismos supraestatais que deciden o futuro do planeta (e nos que precisamente se impide a entrada dos países en vías de desenvolvemento). E ademais, porque son xustamente as nosas

Foi precisamente a través deste traballo e dun proceso de diálogo coa sociedade civil do Sur onde viu a necesidade de crear en Galiza unha organización que servise de ponte entre a cidadanía galega e do Sur, que axudase a cambiar a pobreza dende as bases. “Visto en retrospectiva, o feito de comezar a miña aprendizaxe e o traballo de Implicadas na India foi tamén fundamental dado que este

A oenegué de xénero Implicadas/os no des envolvemento (IND) traballa dende Galiza a prol da erradicación da pobreza na India e Etiopía empresas as que máis explotan á cidadanía do Sur, en especial a mulleres e crianzas, nas fábricas e talleres que tan rendíbeis lles resultan montar nos países pobres”, explica María Reimóndez Meilán. Ela é a presidenta de Implicadas. É tamén a encargada de propiciar o encontro

país é unha superpotencia dos enfoques participativos e políticos na cooperación. Implicadas e o meu coñecemento xa basto sobre a cooperación nace do Sur, e creo que isto marca tamén moito o carácter da organización”, comenta Reimóndez. “Ademais, cando fundamos Implicadas en Galiza BÚSOLA | 27


As/os traballadoras/es sociais e educadoras/es contratados para a aplicación do proxecto de Tiruchy reúnense periodicamente con PDI e con Implicadas para avaliar o feito e planificar as liñas de actuación vindeiras.

<

existía unha carencia moi clara de o rganizacións que tomasen as súas decisións dende aquí e que traballasen realmente dende Galiza. No meu traballo con organizacións estatais constatara que cousas tan simples como que se traducisen as comunicacións ao galego, resultaban inviábeis. Por desgraza é unha situación que perdura. E realmente se non se respectan as diferenzas nos propios países do Norte paréceme que tampouco se poden respectar e apreciar os coñecementos do Sur", engade. En Implicadas inciden sempre en que a pobreza endémica que sofren millóns de persoas no Sur é permanente e constante. E xustamente por iso, o compromiso con estas comunidades empobrecidas tamén debe selo e, xa que logo, deben de crearse oportunidades de participar na erradicación da pobreza ás galegas e aos galegos. Esta participación búscase coa información sobre diferentes realidades (por exemplo a través de exposicións e charlas), campañas de presión ou acción política e formación de voluntariado. A participación debe chegar a toda a cidadanía galega, alá onde viva. 28 | BÚSOLA

Con ese fin, Implicadas procura descentralizar as súas iniciativas e campañas para levalas a toda a xeografía galega, dende cidades como Vigo, Lugo ou Compostela nas que funcionan grupos de traballo, até bisbarras ou concellos como Bergantiños, Baiona, As Pontes, Arteixo ou A Mariña. “O grupo maioritario está en Vigo, pero tamén realizan un labor moi importante e continuado os grupos de Lugo e de Compostela, onde hai varias iniciativas en marcha e onde chegamos e implicamos a moitas persoas”, apunta Blanca Rodríguez, coordinadora de voluntariado. Porque, efectivamente, a base do traballo de Implicadas é o esforzo voluntario de socias/os e simpatizantes. En 1998 comezaron sendo só catro voluntarias. En 2007, vinte persoas de todos os recantos de Galiza son voluntarias ‘presenciais’ da organización e outras dezaseis son ‘cibervoluntarias’, persoas que colaboran con Implicadas en diferentes tarefas a través da rede. Malia que neste momento a organización conta con dúas persoas contratadas, o groso do traballo desenvólveo o voluntariado, ao que se lle dá orientación para que poida realizar tarefas para as cales

está formado. “Buscamos tamén de forma activa implicar a persoas que poidan desenvolver o seu labor profesional dentro da organización, neste caso de forma non remunerada, como por exemplo o gabinete de prensa que funciona con xornalistas e estudantes de xornalismo voluntarias/os, ou a tradución, realizada por tradutoras/es profesionais tamén de forma voluntaria”, matiza Rodríguez. Ademais das actividades para as que xa están formadas as voluntarias, en Implicadas entenden que o voluntariado é un compromiso que require formación e profesionalidade. Por iso dende a oenegué organízanse xornadas de formación de xeito periódico e dáselle a oportunidade ao voluntariado de asistir ás sesións formativas doutros organismos como a Coordinadora de ONGDs de Galiza. CULTURA GALEGA E SOLIDARIEDADE É o esforzo destas persoas voluntarias o que fai posíbel todas as actividades de sensibilización que promove Implicadas, e nas que sempre se busca unha sinerxia con outros movementos sociais presentes en Galiza e un traballo con


SOCIAL OLGACASTRO

todos os estamentos sociais, dende a administración pública ao tecido empresarial galego. Implicadas traballa con especial fluidez co mundo da cultura, que considera un elemento fundamental para cambiar as actitudes da cidadanía. Mostra desta interacción son iniciativas como o Implícate, un festival anual de palabra e música solidaria no que participan coñecidas artistas do mundo da danza, da televisión, do teatro, da música e das letras e que en decembro de 2007 chegou xa á súa terceira edición. Artistas plásticas galegas tiveron un papel central na exposición Maquila Boutique, na que a través de esculturas, montaxes e paneis informativos se promovía a reflexión sobre a explotación das mulleres na industria téxtil. Así mesmo, autoras e autores galegos colaboraron activamente no librodvd O son das buguinas (Xerais) con diferentes relatos que fan pensar sobre o antes, durante e despois da tsunami de 2004, un fenómeno natural que provocou a destrución máis mortal coñecida até o momento na historia mundial recente precisamente polas condicións de pobreza dominantes previamente nas zonas afectadas. E poetas galegas, moitas das cales xa teñen participado en recitais poéticos organizados por Implicadas, colaboraron cos seus versos no libro “Vanakkam / Benvidas” que en 2007 publicou a editorial Galaxia e que incluiu tamén poemas de autoras tamiles para estabelecer un vínculo de unión entre ambos mundos. E se a implicación do mundo empresarial e da cultura é impor-

tante, a colaboración con outras o rganizacións non gobernamentais é fundamental “en campañas conxuntas e actividades de todo tipo, agrandando así a forza e a calidade do movemento das oenegués ante a sociedade civil e gobernamental”, asegura Rodríguez. Un exemplo é o centro de recursos e iniciativas para a solidariedade CRISOL, que Implicadas ten en Vigo xunto á oenegué de comercio xusto Amarante. Igualmente a organización ten estabelecidos lazos con Menoria, a Asociación Galega de Familias Adoptantes en Etiopía, coa que se cofinancia un proxecto de desenvolvemento urbano en Addis Abeba. As relacións esténdense tamén a outros movementos sociais como os sindicais, co traballo co Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), que entre outras iniciativas comparte o seu local en Lugo con Implicadas. Ou a participación e implicación de todos os colectivos sociais e culturais de Burela en setembro de 2006 na organización do festival musical, cultural e solidario Implícate na Mariña. Este festival, no que converxeron a reflexión sobre as dinámicas que propician as desigualdades entre os pobos coas propostas musicais dos grupos noveis da comarca, contou con actividades culturais, musicais, gastronómicas, turísticas, deportivas, solidarias, lúdicas, formativas e de comercio xusto, o que o converteu en todo un referente do verán. As actividades de sensibilización de Implicadas abranguen moitas máis iniciativas, como clubs de

Perfil

OLGA CASTROVÁZQUEZ Naceu en Lugo en 1980 aínda que se sente mariñá, pois dende os catro anos vive en Cervo. Licenciouse en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela (2002) e en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo (2004), onde prepara a súa tese de doutoramento sobre feminismos, tradución e cambio social dentro do Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias. Combina a investigación coa docencia, con tarefas de tradución, co labor de xornalista e co traballo como voluntaria na oenegué Implicadas no desenvolvemento.

lectura, cursos e seminarios, ciclos formativos coa posibilidade de visitar os proxectos da organización no Sur, exposicións... ENFOQUE DE XÉNERO Ademais de ter conciencia galega, Implicadas é unha oenegué de xénero e con enfoque de xénero. É dicir, Implicadas traballa dende a convicción de que non se pode rachar coa desigualdade entre países ricos e pobres sen antes erradicar a discriminación de xénero –a discriminación que sofren as BÚSOLA | 29


mulleres polo feito de selo– porque esa é a primeira desigualdade que existe en todo o mundo. “A primeira desigualdade (Norte/Sur) si se adoita ter presente e entender que cómpre traballar para pórlle fin. Pero a segunda, a de xénero, pasa máis desapercibida, pois os estereotipos sociais da nosa cultura (tamén patriarcal e discriminatoria) dificúltannos entender que homes e mulleres non viven a pobreza do mesmo xeito, e que, polo tanto, se queremos contribuír ao desenvolvemento debemos ter en conta esa realidade”, analiza Reimóndez. Pero non sempre (ou case nunca) ten sido así. Durante décadas, na cooperación ao desenvolvemento fixéronse proxectos que co suposto obxectivo de mellorar a vida da comunidade ignoraron totalmente ás mulleres e mesmo foron en detrimento das súas condicións de vida. Por exemplo, en moitos proxectos de reorganización do traballo agrícola as mulleres perdían o pouco acceso que tiñan á terra ao centrarse a tecnoloxía nos homes. Estas intervencións non tiñan en conta que nunha comunidade empobrecida as mulleres padecen a dobre discriminación de seren mulleres e seren pobres, e iso maniféstase no menor acceso aos escasos recursos existentes, na sobrecarga de traballo pola concentración de traballo doméstico e non doméstico nas mans das mulleres, na limitación dos seus movementos, decisións, participación social e sexualidade, na violencia sistemática contra elas e en tantas outras situacións que, se un proxecto non ten en conta, fracasará en lograr un impacto positivo nese 50% da poboación que 30 | BÚSOLA

somos as mulleres. Facer ver en Galiza esta discriminación é piar esencial do labor de sensibilización de Implicadas, e para iso o primeiro paso é desenmascarar a propia discriminación de xénero que existe nos países ricos. E o segundo, romper cos estereotipos que existen e que invisibilizan ás mulleres do Sur, pois elas son realmente motores fundamentais de cambio social coñecedoras de valiosas estratexias que cómpre aproveitar e difundir. COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO En Implicadas teñen claro que o importante para cambiar a pobreza é a presión política e a sensibilización, pero tamén saben que iso non soluciona o inmediato que é que millóns de persoas morren de fame cada día. Por iso, dende a organización contribúese tamén a paliar a situación de pobreza extrema no presente máis inmediato promovendo e financiando proxectos integrais de cooperación ao desenvolvemento. “Entendemos a cooperación ao desenvolvemento non como unha acción asistencial aos países pobres; nin como transferir medios e tecnoloxías aos Países do Sur para que aprendan a desenvolver a súa industria; nin tampouco como inxectarlles fondos e cartos recadados nos países ricos para que empreguen no que necesiten, porque nestes tres casos estaríamos creando unha situación de dependencia desas comunidades e porque ademais, hai moitos problemas que non se poden solu-

Nenas e nenos burelaos participan no Carretauga, un dos xogos máis populares do Implícate na Mariña celebrado en Burela o 1 e 2 de setembro de 2007. O xogo buscaba a reflexión sobre o consumo de auga e sobre as condicións das nenas etíopes que teñen que camiñar quilómetros todos os días, privándose de ir á escola, para garantir a subministración de auga ás familias.

cionar cos cartos, senón coa política”, afirma Reimóndez. Daquela, o que entenden en Implicadas é que os proxectos de cooperación ao desenvolvemento son un proceso que busca a independencia das comunidades da axuda externa e a superación da discriminación de xénero. É por isto tamén que a organización traballa sempre man a man con oenegués do propio país, que son as que desempeñan o traballo de forma diaria e teñen o coñecemento sobre o terreo, a cultura, a lingua e os problemas directos das comunidades. O traballo con organizacións locais tamén garante que nos países en vías de desenvolvemento se consoliden estruturas de participación social e democráticas que leven a un cambio social nalgúns casos (como no de Etiopía, sumida nunha ditadura) fundamentais para a xeneralidade do país. O traballo con organizacións locais é para Implicadas un proceso de aprendizaxe entre partes en pé de igualdade, a través do que se desenvolve unha rela-


ción baseada na confianza, no coñecemento e no respecto cultural, co único requisito de compartir unha filosofía de traballo. Os proxectos, ademais, son iniciativas para cambiar a realidade non satisfactoria nun período de tempo limitado. Ao remate do proxecto, as comunidades locais terán a capacidade de autoxestionar as actividades sen axuda externa (e, deste xeito, sen dependencia) da

vai creando. “Nós non imos traballar alí un tempo, no sentido tradicional de enviar cooperantes aos proxectos, senón que estabelecemos un contacto previo con oenegués da zona movidas por unha filosofía afín á nosa, dándolle importancia ao enfoque de xénero e ao respecto do medio como motor de todos os proxectos, e que promovan a independencia das comunidades para que poidan facerse cargo de todas as actividades do proxecto ao remate deste”, explica Reimóndez. Implicadas participa nos procesos de planificación e de avaliación do proxecto de forma presencial, nos que se compilan datos oficiais como os ingresos, niveis de analfabetismo, mortalidade infantil, etc., pero nos que o verdadeiramente esencial é a

As mulleres do Sur son os motores fundamentais do cambio social. onegué. Para iso, é esencial que as comunidades locais desempeñen un papel activo e protagonista dende o principio, decidindo o que necesitan e manifestando as súas demandas a través dunha estrutura social democrática que o proxecto

participación da comunidade e, sobre todo, das mulleres. “Non se pode planificar un proxecto simplemente recollendo datos de enquisas porque nestas non temos datos desagregados e non nos mostra, por exemplo, se as mulleres teñen acceso a eses ingresos ou non, se é o home o que os manexa”, engade Reimóndez. Por iso nos procesos de planificación se realizan reunións coa comunidade nas que se busca unha presenza maioritaria de mulleres. E se isto non é posíbel, fanse xuntanzas por separado con homes e mulleres para determinar necesidades, para ver as estratexias que a comunidade xa pon en marcha ou cre que son axeitadas para resolver os problemas existentes. Despois fanse mapas das aldeas ou suburbios e unha enquisa-mostra na que se recollen os indicadores relevantes, incluídos aqueles específicos de xénero (idade de matrimonio das mulleres, violencia de xénero, control da sexualiBÚSOLA | 31


dade, etc). Só cando as mulleres poden comunicar os seus problemas é cando se pon en evidencia que nos países en vías de desenvolvemento a discriminación que sofren as mulleres en distintos eidos da súa vida está acentuada e agravada polo factor pobreza: as mulleres non teñen acceso aos recursos, carecen igualmente de fonte de ingresos, son vítimas da violencia de xeito sistemático, carecen de autonomía para tomar decisións sobre asuntos familiares e da comunidade, sofren un férreo control sobre a súa aparencia e movementos, presentan un índice de analfabetismo moi superior ao do sexo oposto, deben cumprir con infinidade de obrigas sociais que son sempre labores non remunerados (atender o fogar, a agricultura de subsistencia, coidados 32 | BÚSOLA

das crianzas ou persoas anciás, etc.) que cobren unha xornada laboral de dezaseis horas diarias, e naqueles casos nos que as mulleres si acceden ao mercado laboral, con frecuencia son empregadas por multinacionais que as prefiren para seren explotadas, ao pagarlles salarios máis baixos e sometelas a unhas malísimas condicións de traballo. Neste proceso de planificación do traballo, márcanse os obxectivos e a metodoloxía necesaria para acadalos, lembrando que a opresión das mulleres é unha situación global a escala planetaria e analizando, sempre, as estratexias propostas para ver que impacto terían sobre as mulleres, co fin de evitar xustamente aumentar a súa carga de traballo coa suposta escusa de

mellorar a vida doutros membros da unidade familiar, como se estes fosen máis importantes cás propias mulleres. Ao final do proceso de planificación cóntase cun documento no que se especifican todos os problemas detectados, os obxectivos, as actividades e por suposto o orzamento que se precisa. Neste documento recóllese todo o que logo se medirá para saber se o proxecto tivo, ou non, éxito. Comeza entón a aplicación do proxecto, que sempre abarca medidas integrais que se centran en aspectos educativos, sanitarios, de autosuficiencia económica, de xeración de ingresos, de empoderamento das mulleres, de corresponsabilidade dos homes, etc., encamiñadas a apoiar ás comuni-


SOCIAL OLGACASTRO

Entre as actividades de sensibilización de Implicadas atópanse os recitais poéticos, como o celebrado no Museo Histórico de Sargadelos en abril de 2006 coa presenza, tamén, dunha especialista en danza do ventre.

dades para que poidan mellorar as súas condicións de vida a través da formación, da capacitación laboral e da boa optimización dos seus propios recursos. Os proxectos funcionan grazas a unha estrutura de persoal de base, mulleres seleccionadas da propia comunidade co único requisito de teren unha educación básica mínima, para se encargaren das actividades diarias do proxecto (clases de apoio para nenas/os, alfabetización de mulleres, ou outras), e seren o vínculo diario e máis directo coa comunidade. Alén diso, o proxecto contempla a contratación por parte da organización local (é dicir, contratando a mulleres preferentemente e a homes do país e da zona), de traballadoras sanitarias, traballadoras sociais, asesoras de xénero e formación ou outro persoal especializado que poida precisarse. É na fase de aplicación cando se combinan as iniciativas conducentes ao empoderamento e participación das mulleres con aqueloutras iniciativas encamiñadas a cuestionar e desafiar os roles tradicionais das mulleres, que son o motor da familia e da sociedade. Ante a vio-

“A opresión das mulleres é unha situación global a escala planetaria” lencia, aplícanse programas de sensibilización e intervención; ante a sobrecarga de traballo das mulleres, búscase incentivar a participación e responsabilidade dos homes nas tarefas tradicionais das mulleres; e ante a falta de acceso aos recursos e aos ingresos, aplícanse metodoloxías que poñan nas mans das mulleres as actividades económicas. E un dos mellores exemplos son os microcréditos. Implicadas foi a primeira oenegué galega que empregou os microcréditos, unha metodoloxía que permite a independencia das comunidades e unha vía alternativa de acceso a fondos endóxena e perdurábel que fai que persoas pobres poidan acceder a pequenos capitais doutro xeito inaccesíbeis, que fai empoderar a poboación dos países en vías de desenvolvemento. Pero sobre todo, a mulleres, que deste xeito gañan acceso á esfera pública, independencia económica, e modelos de comportamento que lles permiten abandonar o seu papel tradicional. A aplicación da estratexia dos microcréditos realízase a través de grupos de aforro (tamén chamados grupos de autoaxuda na súa tradución literal do inglés Self-Help Group), que non son outra cousa que grupos asamblearios de entre quince e vinte mulleres que se reúnen para aforrar, instaurando así o hábito do aforro. Unha vez que o grupo ten cartos aforrados rota ese crédito entre as súas compoñen-

tes, cunha absoluta autoxestión nas decisións: deciden cando reunirse, canto queren aforrar en canto tempo, canto se lle presta a cadaquén, en que investir os cartos, cando debe devolvelos, en cantos prazos e con que xuros, etc. O poder de decisión do grupo tornouse claro, por exemplo, hai uns meses, cando nun dos proxectos da organización na India unha muller pediu cartos no grupo de aforro de microcrédito para pagar o dote da súa filla. Daquela o grupo rexeitou a súa petición ao considerala unha práctica reprobábel, “o que, por suposto, é froito dun labor de concienciación intenso que vimos facendo dende Implicadas nos nosos proxectos integrais sobre o inxusto e pernicioso desta práctica pola que as familias das mozas teñen que pagarlle á familia do mozo para casala. E unha práctica que, ademais, provoca que máis de 25.000 mulleres sexan asasinadas na India para que os homes poidan volver casar, de xeito que as súas familias poidan seguir facendo cartos ao cobrar de novo o dote”, conta Reimóndez. E o dote é, así, unha das razóns polas cales as familias non queren ter fillas e as discriminan dende que nacen. Ademais do labor de concienciación, o proxecto encárgase de darlles capacitación laboral e empresarial ás mulleres para que poidan tamén poñer en marcha negocios que as axuden a saír da pobreza. A contribución económica de Implicadas, xa que logo, céntrase BÚSOLA | 33


en financiar o persoal, as actividades educativas, sanitarias e de formación, pero a parte económica xérana de forma independente e autónoma as mulleres. En definitiva, os microcréditos son unha fonte fundamental de empoderamento para as mulleres. “Fomentan a creación de grupos nos que as mulleres poden falar abertamente dos seus problemas familiares e tamén comunitarios. Elas mesmas xeran os cartos, e iso dálles autoestima e independencia. Ademais, os grupos propician que tomen iniciativas como iren falar, elas mesmas, cos políticos para arranxar un problema da súa comunidade” explicou a feminista e activista india N. Manimekalai na súa visita a Galiza o pasado mes de abril, invitada por Implicadas. Os proxectos de cooperación ao desenvolvemento de Implicadas vanse avaliando de forma periódica. Cada tres meses, as organizacións locais remítenlle a Implicadas os seus informes de actividades e os informes económicos, que realiza un/ha consultor/a externo/a, aínda que despois o voluntariado de Implicadas participa activamente nas avaliacións anuais e finais dos proxectos. En todas as avaliacións, un dos medidores máis importantes que se utilizan é comprobar se se está avanzando en desfacer a desigualdade de xénero. Iso si, hai que ter en conta que o proxecto pon as bases, pero erradicar a discriminación de xénero, ao tempo que se erradica a discriminación de pobreza, supón un lento cambio social e da mentalidade. Malia esta suposta lenti34 | BÚSOLA

tude, algún destes medidores transmiten a sensación de que as cousas van por bo camiño e evidencian a necesidade de facer máis esforzos aínda neste campo: “Na India todas as asociacións xuvenís de lecer están compostas só por mozos, pois as mulleres non teñen mocidade: pasan de nenas a adultas. Porén, nos proxectos de Implicadas a condición para crear asociacións era que fosen mixtas. E este imperativo funcionou como un revulsivo: elas e eles comezaron a cuestionarse por que as cousas tiñan que ser dun determinado xeito e a reflexionar, e finalmente, elas e eles sós, mesmo opoñéndose ás súas familias, conseguiron formar estes grupos mixtos”, relata Reimóndez. Ademais dos medidores de xénero, resulta esencial outro indicador: que o proxecto vaia poñendo os chanzos para que a comunidade se responsabilice das actividades. Para isto cómpre formar á comunidade en diversas cuestións e tamén, a medida que os seus ingresos van aumentando, cómpre implicala economicamente con contribucións ao salario das traballadoras de base, por exemplo, que ao remate do proxecto pode contratar a comunidade se o considera necesario. OS PROXECTOS DE IMPLICADAS Xustamente o traspaso total de competencias á comunidade é a fase na que se atopa na actualidade o proxecto de desenvolvemento urbano centrado en dez suburbios da cidade de Tiruchy, no estado de Tamil Nadu (India), desenvolvido a través do traballo da contraparte PDI (People

Development Initiatives) e co apoio económico da Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Esta fase é a conclusión do traballo permanente do proxecto na implicación da comunidade. Neste último ano, tras un longo traballo na creación de grupos de aforro, asociacións de mocidade, voluntariado sanitario e de xénero e en definitiva na instauración de prácticas participativas e democráticas, constituíronse os Consellos de Suburbio. Neles están representadas persoas de todos estes grupos para xestionar as actividades en cada suburbio, e ao tempo envían unha representante ao Consello Comunitario, que aglomera os consellos dos dez suburbios do proxecto. Logo destes catro anos, o proxecto de Tiruchy propiciou un desenvolvemento integral de máis de 8.000 persoas, tocando os sectores da educación, da sanidade, das actividades económicas, da organización comunitaria, dos dereitos humanos e das mulleres, pois o proxecto estaba encadrado nas políticas de igualdade de xénero, na promoción dos dereitos das mulleres, nas políticas de sanidade (control da natalidade, saúde reprodutiva) e na xestión local a través do microcrédito. Ao final do proxecto as mulleres xestionan máis de 45.000 euros que foron aforrando e rotando de forma autónoma. Tamén na India, Implicadas ten en marcha o proxecto de rehabilitación e desenvolvemento da zona costeira de Karaikal, no estado de Pondicherry. Este proxecto comezou uns días despois da tsunami, e nun principio centrábase en actua-


SOCIAL OLGACASTRO

cións de emerxencia e rehabilitación socioeconómica para os once meses posteriores á catástrofe. Mais co tempo, a través da contraparte PDI, decidiron continuar a traballar na zona. Neste momento o proxecto segue os pasos do de Tiruchy con intervencións en educación, sanidade e creación de grupos de aforro, aínda que a un ritmo certamente máis lento debido ás circunstancias que rodean as intervencións. O reasentamento das comunidades é aínda custoso (dun distrito de 100.000 persoas, 30.000 víronse desprazadas pola tsunami), pero Implicadas ten previsto continuar traballando nesta zona, con PDI, outros tres anos máis. En Etiopía Implicadas comezou a traballar en 2004 cun proxecto piloto de xeración de ingresos e capacitación comunitaria na zona montañosa de North Wollo, financiado pola propia oenegué e Caixa Galicia. En colaboración coa organización local WSO (Women Support Organisation) pretendíanse activar tres grupos de aforro formados por mulleres e creados pola organización de maneira autónoma, así como formar a dúas traballadoras de base que se encargarán da atención sanitaria e de impartir clases de apoio e da alfabetización destas mulleres, das máis pobres entre as pobres. Esta pequena intervención de proba obtivo resultados abraiantes. Na zona creáronse máis de oitenta grupos de forma espontánea, ao ver as mulleres o cambio que supuxeran para as súas veciñas estes grupos. Neste momento Implicadas e WSO pretenden ampliar a intervención nesta zona.

Na capital de Etiopía, Addis Abeba, Implicadas puxo tamén en marcha o programa de apoio e empoderamento das mulleres cabeza de familia, co que se pretendía capacitar as familias das nenas da rúa en dezanove suburbios da capital etíope a través da formación de grupos de aforro e crédito, da capacitación laboral das mulleres, da sensibilización en temas de xénero, da sensibilización sanitaria e da prevención do VIH/SIDA. O proxecto está financiado por Implicadas co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e realízase en colaboración coa contraparte OPRIFS (Organization for Prevention, Rehabilitation and Integration of Female Street Children), unha organización local que traballa na rehabilitación de nenas da rúa e na prevención do traballo e explotación das nenas a través do desenvolvemento urbano. Co propósito de conseguir o desenvolvemento xeral da comunidade beneficiaria (en especial das mulleres) nos sectores da educación, da sanidade, da economía, do medio e da capacidade organizativa mediante a implicación de toda a comunidade, para así chegar a un concepto integral de desenvolvemento, Implicadas conta ás súas costas con dez anos de traballo. Neles, ten contribuído a mellorar as vidas de 38.000 persoas beneficiarias dos proxectos no Sur, a concienciar a poboación galega sobre as

verdadeiras causas da pobreza e a dinamizar o panorama cultural galego coa interacción entre cultura e solidariedade. Porén, as Implicadas insisten en que aínda fica moito por facer. Conclúe Reimóndez: “Creo que a xente ten que comprender que non facer nada é xa contribuír a que as cousas sigan como están. Ás veces a xente pensa que o que faga unha persoa soa non conta, pero nós somos o exemplo de que cando eses esforzos se unen, cambian o mundo. Por iso agardamos que se nos unan moitas máis mans. En Implicadas son todas benvidas!”

http://www.implicadas.org http://www.implicadas.blogspot.com

A participación da comunidade, como neste caso do grupo de mulleres etíopes da rexión montañosa de North Wollo, é fundamental á hora de planificar as actuacións dos proxectos de cooperación.

BÚSOLA | 35


Aurora

Santos



ESCULTURA AURORASANTOS



ESCULTURA AURORASANTOS




ESCULTURA AURORASANTOS

Perfil AURORA SANTOS Aurora Santos é arquitecta técnica, aínda que a súa inquietude polas artes plásticas levouna a participar en distintos seminarios e talleres de gravado e pintura. Realizou numerosas exposicións a título individual e participou en mostras colectivas, como a exposición itinerante do cuarto concurso de carteis deportivos da Deputación da Coruña, a VII Mostra Unión Fenosa-Macuf ou as instalacións de "Camiño, sentido da vida. As pedras do camiño" sobre distintos tramos do Camiño de Santiago, entre outras. A súa obra pode contemplarse en institucións como a Xunta de Galicia ou o Museo de Arte Construtivista de Málaga

BÚSOLA | 43


O futuro das masas

líquidas

POR MANUEL GAGO


Unha aposta especulativa sobre como as multitudes humanas dominarĂĄn a Internet e o mundo

BĂšSOLA | 45


INTERNET MANUELGAGO

P

REVENCIÓNS INICIAIS. Pensándoo ben, ao único futurólogo ao que realmente lle foron ben as cousas durante moito tempo –ata o punto de poder vivir disofoi ao francés Jules Verne. O escritor francés sabía como gañar o pan. Viviu nun momento de considerábel expansión industrial e científica, estaba no ollo do furacán do progreso económico mundial e era un lector consumado de digests científicos e gacetas de exploración colonial. Verne reciclaba o que vía e lía e mesturábao poderosamente coa súa mellor ferramenta, a imaxinación, sempre cun pé na terra. O caso contrario sería o de Nicholas Negroponte, antigo director do MIT e un gran lanzador de vaticinios. Por exemplo, en 1995, en Being Digital, o libro que cimentou a súa sona como gurú, Negroponte afirmou pérolas como que “habería máis bonecas Barbie conectadas a Internet que americanos”. Afirmacións tan felices conduciron ao futurólogo a unha sorte de ostracismo actual do que a duras penas se está a recuperar. Por iso prefiro falar do futuro a curto e medio prazo, seguindo o exemplo de Verne. Non como unha predición astrolóxica, senón como unha prospección, unha investigación das diferentes liñas de investigación, de desenvolvemento e de evolución. Moitas das cousas das que falaremos existen na actualidade ou están en pleno proceso de desenvolvemento. O seu triunfo, a súa efervescencia, dependerá de moitos factores. Algúns lóxicos, outros absurdos, 46 | BÚSOLA

outros como resultado dunha loita de poder ou hexemonía. Como o debate a mediados dos 80 entre Beta e VHS. Beta era mellor. Pero gañou VHS. MSX era un grande ordenador, pero gañou o Spectrum. Se cadra, se alguén le este número de Búsola dentro de quince anos escachará da risa con este artigo: é posíbel que lle vaia falar das Betas, dos MSXs e do combustíbel ForzaSol –aquel proteico combustíbel feito a base de toxo- do futuro. Pero non vivo dos vaticinios a medio prazo. A interpretación do futuro é sempre un acto do presente. Pois a interpretar. Boa parte da innovación que está a rexer e rexerá nos vindeiros anos os cambios tecnolóxicos e sociais do cambio de século baséase nun concepto absolutamente novo: o aproveitamento da masa humana non só como forza motriz, senón como forza intelectual. Para entendernos, unha analoxía: as pirámides de Exipto. Durante moito tempo, as pirámides valeron para explicar a existencia dunha sociedade piramidal, na que un montón de seres humanos da base exercían de forza motriz e un pequeno núcleo de dirixentes e sabios concebían o complexo proxecto de enxeñaría da tumba do faraón. Ao que me refiro, a miña predición, é que, hoxe en día, estamos a punto de inverter o proceso. A multitude podería deseñar a pirámide. Debido ás limitacións de tempo e espazo, defenderei o meu cálculo a partir de catro conceptos: o triunfo da cultura popular e a conseguinte emerxencia das Smart Mobs (as multitudes intelixentes), a desaparición da tecnoloxía e a

tecnoloxía difusa e a creación da enerxía intelixente. Non teñen nin idea de a que me refiro? Fagan un café, concédanme unha oportunidade e continúen esta lectura. CULTURA POPULAR, ALTERNATIVA, ALTA COSTURA: MELLOR IMOS INVENTADO OUTROS CLICHÉS. Dicía antes que estamos nunha época similar á de Jules Verne. Por suposto, a tecnoloxía e a técnica son practicamente consubstanciais ao Homo Sapiens e non se pode entender o triunfo global dunha especie tan delicada e desprotexida como a nosa sen a nosa capacidade para inventar enxeños que dominen a natureza. Pero hai determinadas épocas nas que a tecnoloxía se acelera. Que a xente é quen de percibir que hai unha turbina, un motor real de transformación, e que o vén pasar por diante dos ollos. Aféctalles na vida cotiá. Ocorreu no século XIX, na época de Verne. A Terra facíase máis pequena mentres o tren gañaba velocidade, a vida podía prolongarse con facilidade alén dos cincuenta anos, os máis geeks dos científicos vitorianos comezaban a facer apuntamentos de voz nos seus gramófonos, como se le no marabilloso Drácula de Bram Stoker. A noite –o máis importante de todo- era cada vez menos noite e, polo tanto, como sempre explican os nosos avós, as lendas, que se nutren de penumbras, acabáronse. E cando as lendas se acabaron, o mundo cambiou radicalmente. A principios do século XXI, vivi-


INTERNET MANUELGAGO

mos un clima similar. Ocorren cousas incríbeis diante dos nosos ollos. Cambios tecnolóxicos impactantes. Existe un clima de innovación. Xunto ás novas máquinas, o signo dos cambios, real, na percepción social, é o oráculo máxico da Internet. Nos nosos terminais informáticos accedemos a quilos e quilos (obsérvese que non me refiro a kilobytes, refírome a algo realmente pesado) de información sobre calquera cousa. Esa información está producida pola xente, nunha sorte de cultura popular na que todo o mundo é editor. Cultura popular? Si, cultura popular. Lidera parte dos cambios desta nova revolución, baseada no novo paradigma produtivo do dixitalismo que xa colleitara, teoricamente, Manuel Castells a mediados dos 90. E nos últimos cinco anos, as microachegas de millóns de usuarios transformaron radicalmente a Internet. E agora, un inciso económico. A finais dos 90 vivimos aquel crack financeiro coñecido como a burbulla das “punto com”. Empresas vendedoras de investimentos nunha incipiente Rede con pouca base real, executivos que se aproveitaron da euforia tecnolóxica e os ociosos capitais especulativos de finais da década case tumban ao sector das novas tecnoloxías. Tardou varios anos en recuperarse, pero cando o fixo, levaba moita experiencia aprendida. Vivimos hoxe nunha segunda burbulla? É difícil sabelo, pero hoxe hai unha base de usuarios e unhas empresas cun proxecto máis sólido.

De feito, unha significativa base das empresas máis rendíbeis no mercado bolsista están baseadas na electrónica de consumo ou nos contidos dixitais xerados por múltiples fontes. Unha rápida ollada ao Nasdaq, o índice electrónico das cen empresas máis poderosas nos Estados Unidos, permite apreciar con claridade o cambio de paradigma. No Nasdaq o lugar destacado é o de empresas produtoras de electrónica de consumo (Sony), que fan posíbel a publicación de contido nas redes dixitais por miles de usuarios; tamén están empresas que

Perfil

MANUEL GAGO

Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é xornalista, director de culturagalega.org, o portal de divulgación do Consello da Cultura Galega e profesor na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O seu blog persoal é Capítulo 0 *Podes discutir e conversar sobre este artigo en Capítulo 0, o blog de Manuel Gago http://www.manuelgago.org/blog

fornecen a infraestrutura física necesaria para o mantemento dese contorno virtual (Cisco Systems) e empresas que organizan e almacenan esa información (Google). Unha lectura do índice Nasdaq permite comprender rapidamente en que posición estamos. A finais dos 90, as empresas tecnolóxicas viviron un boom nunha Internet que aínda tiña os pés de barro. As estatísticas demográficas fálannos de que o mercado está consolidado. Se no mundo desenvolvido o sector terciario, de servizos, xeraba a porción máis relevante do Produto Interior Bruto, nos vindeiros anos observaremos a hexemonía económica das actividades económicas que supoñen a evolución deste sector servizos: a bonanza económica será para aquelas empresas que sexan capaces de canalizar e fornecer servizos á enorme demografía dixital. A que permita xestionar todas as novas achegas da cultura popular. Cultura popular. Durante moitos anos este foi un termo moi pedante, empregado nos chamados estudos culturais, como oposición ao que se entendía como alta cultura. Unha parte clave da definición era o soporte no que ese contido popular era publicado: ¡Que me dices! fronte a A B C ; Marvel vs. The New York Times. A cultura popular era diferente, por cualidade, da cultura underground e esta, á súa vez, da alta cultura. A marca indicaba a que nivel pertencía un contido. Pero os propios creadores das diferenzas están a construír os métodos técnicos para eliminar estas barreiras, na busca dunha audiencia que cada vez se BÚSOLA | 47


“Os vellos conceptos son como zombies: nin están vivos nin mortos no mundo actual” guía por criterios diferentes para informarse e entreterse. Entre os sisudos artigos de Javier Pradera e as demandas dun comité local pola iluminación noturna da aldea só hai un click. Por suposto, como dirían os marxistas, tamén está a superestrutura. Pero, cada vez máis, esta superestrutura social móvese como un flan chinés e as anteriores e sólidas estruturas institucionais ou familiares esvaecen. Os sociólogos están bastante perplexos coa nova realidade, ata o punto de definila como “líquida”. Zygmunt Bauman é un dos defensores desta tese no seu libro A modernidade líquida. Os vellos conceptos son como zombies: nin están vivos nin mortos no mundo actual. Nos cibermedios norteamericanos danlle unha definición case de manual de uso, que eu tamén emprego nas miñas clases: User Generated Content (contido xerado polo usuario), en contraposición ao contido xenerado por ¿non usuarios? Deséñanse mecanismos para habilitar ao usuario a que publique (o que queira) baixo a bandeira dunha marca mediática que ata hai pouco convidaba a unha selecta elite de creadores de opinión. “Publicar en La Voz de Galicia non é calquera cousa” escoitei eu dicir a algún redactor xefe deste medio. E era certo. Dependía do arbitrio e interese dun equipo editorial. Pero publicar en lavozdegalicia.es, a cabeceira dixital, simplemente depende da vontade de cada un. Os medios venden a súa suposta imaxe de referencia para a cambio obter contido da ex-audiencia, que agora tamén o crea por ela mesma. 48 | BÚSOLA

Que inaccesíbeis parecían antes as marcas e que baratas se puxeron no novo mercado! Dez anos despois da creación do xornalismo dixital, existen xa métodos de integración dos usuarios na nosa cabeceira. E o éxito desta dependerá da súa capacidade de negociación entre usuarios, redactores e fontes de organización. O que non se sabe é en que medida será un colaborativo mambo ou unha sudorosa amalgama colectiva de bailadores de house.

millóns activos destas publicacións. A diferenza do pasado, agora non é preciso inxerir centos de opúsculos para facerse unha idea máis ou menos cabal do espírito colectivo ante determinados temas. Hoxe por hoxe, coñecer o espírito das masas publicantes depende, en primeira instancia, dos teus coñecementos de programación..

Un exemplo fascinante: en 2005, Jonathan Harris e Sepandar Kamvar iniciaron en San Nos últimos dous ou tres anos, Francisco We feel fine, un proxecmoitos creativos procedentes do to que é á vez quente e emocional mundo académico e dos medios e frío e sospeitoso. We feel fine están a facer un xénero novo de tenta radiografar en tempo real os animación audiovisual: a info-fic - sentimentos dos usuarios que pubción. A maior parte deles especu- lican na web, a través da lectura lan co futuro dos medios de comu- automática de ducias de miles de nicación dos vindeiros cincuenta blogs distribuídos por todo o anos. Todas estas pequenas curtas mundo. A información que obtén teñen unha palabra en común, que clasifícaa por xénero, por idade, se repite ata a sacidade como un organízaa en función do sentimenmantra: Google! Google é como o to, do contexto e a pon en relación grande ente que ninguén, hai dez co tempo meterolóxico da cidade anos, podía ter sospeitado. Un na que foi publicado! Trátase convidado inesperado á festa que dunha exploración inicial do que se acaba facendo o máis popular e acontecerá no futuro, aventurando simpático, cando menos ao princi- a converxencia cada vez maior pio. E que é a primeira entidade das nosas vidas no contorno dixique sabe interpretar con cifras e tal. sen un baruto ideolóxico o espírito dunha época. Google reinven- No verán de 2007, un medio tan tou o Zeitgeist. rápido coma os blogs comeza a ser demasiado lento. Nunha sorte ZEITGEIST E SMART MOBS: de epidemia colectiva, un novo OS ESPÍRITOS EXISTEN (E servizo chamado Twitter arrasa PÓDENSE CALCULAR). Se entre moitos usuarios. Trátase de puideramos ver este noso mundo responder, continuamente, unha convertido en píxeles, a marea de única pregunta: “Que estás a facer contidos creados polos usuarios agora?”. E a xente responde, e sería como un enorme tsunami vaia se responde. Algúns, con dez dixital. Technorati –un importante ou doce entradas ao día. Vou ao buscador centrado en blogs- cifra- perruqueiro. Estou na praia cos ba en marzo de 2007 uns setenta colegas. O meu xefe acaba de


primeiros volumes monográficos sobre Google, intrigáballe especialmente. O Zeitgeist é, basicamente, o cálculo dos termos máis buscados en Google. Simplemente un xogo? Decididamente non. Pensa ben na ferramenta: centos de miles de preguntas formuladas continuamente. Unha humanidade que pregunta a unha máquina. E unha máquina que é quen de identificar cales son as tendencias máis relevantes nesa busca. Esta é unha fotografía insólita. Este xogador do World of Warcraft, o mundo virtual en liña máis exitoso, chegou ao final do mundo virtual, cabalgando sen parar desde os reinos orientais. Warcraft, e todos os universos virtuais que están en auxe neste momento, son espacios en formación en crecemento continuo. Pero os usuarios sempre van máis rápidos que os xestores do sitio.

berrar comigo. Síntome só. O importante é que todo iso pódese procesar. Pódese xuntar con outros contidos similares. Pódese comprender. O grande éxito da Internet actual é o triunfo dos estándares que permiten esa comprensión. Moita xente non o sabe, pero en gran medida, o noso xeito de crear quedou homoxeneizado. En termos informáticos, é compatíbel. Todos somos PCs. Publicas blogs con Blogspot, en MSN Spaces, ou empregas tecnoloxías que xeran compatibilísimas sementes RSS. Sen sabelo, estaste a poñer en órbita con miles de persoas, a través das máquinas. Como todos empregamos a mesma tecnoloxía básica, as

máquinas poden calcular e establecer comparacións. O caso da Wikipedia. Jimmy Wales merece un premio Nóbel. Por suposto, podemos debatir se o artigo relativo a George W. Bush ou a Manuel Fraga Iribarne deixou de ser exacto durante cinco minutos de boicot, pero a Wikipedia, a enciclopedia construída por unha coalición inmensa de particulares que decidiron compartir regras, é o maior banco de coñecemento xamais construído. Howard Rheingold, un gurú dos movementos sociais na Internet con gran precisión vaticinadora, chamoulle a estas masas autoorganizadas Smart Mobs, Multitudes Intelixentes, e mantén un imprescindíbel blog con ese nome (www.smartmobs.com). As Smart Mobs reúnen coñecemento e activismo colectivo, de forma máis ou menos espontánea, baixo o apoio tecnolóxico. Un dos elementos máis gráficos para comprender a humanidade activa de Internet é o Google Zeitgeist. Ao xornalista John Batelle, autor de Buscar, dos

Google tomou prestada a palabra Zeitgeist do pensamento do filósofo alemán Hegel. Na idea hegeliana, o Zeitgeist era a experiencia do clima cultural dominante nunha época determinada. Na interpretación de Google, o Zeitgeist é o clima cultural dunha hora concreta nunha masa de individuos concretos. E é só un primeiro paso. Obter máis e máis información é só unha cuestión de vontade e potencia de cálculo. Políticos e empresas aínda non comprenden as potencialidades deste tipo de ferramentas. Pero no futuro inmediato obteremos con facilidade diagnósticos en tempo real da percepción social dun acontecemento; como sempre, poderanse trucar ou alterar estes resultados, pero non será demasiado doado. En que medida debemos sentirnos ameazados ante isto? A segunda lei máis vulnerada deste país debe s e r, sen dúbida, a Lei de Protección de Datos (preguntas pola primeira? A Lei de Costas, sen dúbida). A nosa información persoal, cedida a corporacións, é vendida, prestada e distribuída en BÚSOLA | 49


Larry Page e Sergey Brin, fundadores de Google. O lema corporativo da súa empresa: “Don’t be evil” (Non sexas malo). Estes dous mozos son os responsábeis directos da transformación actual da web.

mecanismos de decisión que non chegamos nin a entender na súa secuencia completa. E, a pesar diso, os usuarios non sinten/sentimos unha especial aprehensión a que nos computericen e nos inserten nunha secuencia de cálculo. A alta tolerancia dos usuarios a esta manipulación da súa privacidade débese a que as nosas inquinas están disoltas nunha morea de datos colectivos. Teño a percepción de que cedemos a nosa privacidade de xeito case gratuíto a cambio de ben pouco. É algo preocupante, e no futuro avanzará aínda máis. Abran o directorio de cookies do seu navegador, as pequenas pastillas de código que nos insertan moitos sitios web. E descubriran a cantidade de pegadas que deixamos polo mundo adiante. Pero son pegadas invisíbeis, sen consecuencias inmediatas. Como un efecto bolboreta, que non sabemos que resorte activa en que parte do mundo. O noso futuro, en realidade, é invisíbel, e difuso. Pero baséase en que as máquinas son capaces de enfocar case con igual exactitude as querenzas das masas coma as dos individuos. 50 | BÚSOLA

TECNOLOXÍA DIFUSA: CADA VEZ MENOS HARDWARE E MÁIS SOFTWARE. Nunha recente conferencia, William Mitchell, director do MIT (o famoso laboratorio tecnolóxico sobre investigación de tecnoloxías de comunicación) falou sobre a estética do futuro. “Canto máis tecnoloxicamente avanzada sexa unha cidade, menos se parecerá a Blade Runner. A tecnoloxía tende a ser ubicua e non intrusiva. Os grandes cambios que están por vir non os veremos. Así que a cidade do futuro é esta mesma”. Pareceume unha afirmación reveladora. Esta revolución non ten opoñentes de categoría porque non hai un inimigo estrito. A tecnoloxía tende a disolverse. O exemplo máis claro está no ordenador de mesa. A CPU que todos temos nas nosas casas. Antes a CPU ocupaba un lugar no despacho, no estudio, no cuarto dos rapaces, no salón. Agora, iso é unha rémora. Coas conexións WiFi, o noso espazo doméstico estase a reinventar con portátiles de potencia aceptábel a un prezo asumíbel. A venda de PCs de mesa derrúbase en relación ao ubicuo, razoabelmente barato e cómodo portátil. A capacidade de computación dos pequenos dispositivos persoais –teléfonos móbiles, reprodutores de audio, cámarastamén se incrementou de xeito notábel. Xa non hai unha especialización clara dos usos do ordenador. Xa non vale só para o traballo ou o lecer. Agora, as lóxicas empurran ao usuario a facer converxer todo. O hardware comeza a ser irrelevante. Os ordenadores –tal e como os comprendiamos-

comezan a desaparecer. O seguinte paso é a integración da tecnoloxía no mundo cotiá, deixando de ser algo especial. A conectividade sen fíos. Un paso de xigante foi o anuncio a finais de maio da primeira aplicación comercial da tecnoloxía multitáctil. Jeff Han, un investigador de orixe chinesa, asombrara ao mundo cando a primeiros de 2006 comezaron a aparecer os seus primeiros prototipos de ordenadores que se baseaban na interacción física das túas mans sobre a pantalla. A r r a s t r a r, mover, ampliar, todo cos dedos, como amasar pan nunha artesa. A Han non lle foi difícil atopar un socio financeiro para desenvolver o seu produto. Microsoft presentou en xuño de 2007 o Microsoft Surface, unha mesiña –literal- coa que o usuario pode interaccionar, e que desprega os elementos de xeito case físico. Pousa sobre ela un teléfono e descargaranse as fotografías que teña no seu interior. Os propios dispositivos móbiles comezan tamén a ofrecer prestacións considerábeis e os usuarios comezan a asumilos. Coa naturalización de tecnoloxías de comunicación sen fíos, como o Bluetooth, superáronse moitas barreiras de uso. A converxencia multimedia arredor destes pequenos dispositivos chegou máis tarde do que moitos informes de operadoras telefónicas preconizaron a finais dos 90, pero chegou. Por camiños un pouco diferentes aos pensados. Unha rápida ollada a Flickr, o principal sitio web de fotografías do


INTERNET MANUELGAGO

mundo, permite comprobar a penetración do uso dos teléfonos como novas cámaras para a vida cotiá. Dous lanzamentos de teléfonos móbiles de última xeración permiten avanzar como será a gama media de teléfonos contra os anos 2009 ou 2010. O Nokia N95, un incríbel terminal que concentra unha cámara de cinco megapíxeles con óptica Carl Zeiss, wifi, un GPS, gravación de vídeo en calidade case DVD e unha cómoda interface de distribución multimedia. Steve Jobs, o presidente de Apple, marabillou ao mundo tamén en 2007 coa presentación do longamente agardado iPhone, a evolución natural do seu iPod cara o mundo da telefonía. O iPhone non ten tantas prestacións coma o Nokia N95, pero aventura algo do que podería ser o futuro das interfaces. O iPhone non ten teclado, é todo pantalla. Pero é unha pantalla táctil, que cambia de contidos en función da aplicación na que esteas a traballar, de xeito contextual. O beneficio: evidente, en termos prácticos. O teclado sempre vai ter unicamente as teclas que precisas. Por suposto, o gran desafío está bastante máis abaixo. As baterías. Aí aínda temos un problema. Cada vez os nosos dispositivos empregan máis capacidades multimedia, que consumen un número moi grande de recursos enerxéticos. Pero seguimos a ter baterías baseadas en vellos están-

dares de ión-litio, co cal, a recarga enerxética segue sendo demasiado precisa. É dicir, aínda hai un vínculo demasiado evidente entre o mundo real e os gadgets que precisan estar sempre conectados a un espazo virtual. Novos experimentos están tentando prolongar ao máximo a resistencia destas baterías, inaugurando novos métodos de eficiencia enerxética. Agora imos no autobús e o noso móbil mantén unha conversa paralela e informal co móbil da moza guapa que está sentada en fronte grazas á conectividade BlueTooth. O aire está atravesado por miles de ondas de información. Mentres nós a penas somos quen de coñe-

cer a alguén novo, e facémolo un a un, os nosos dispositivos manteñen multitudinarias conversas colectivas ao longo de todo o noso paseo. Debera facernos reflexionar.

LUCES INTELIXENTES, ENERXIA DINÁMICA. Toda esta evolución tecnolóxica, da que é ben sinxelo apreciar a dirección na que camiña, segue unha liña moi clara que supera tamén os tradicionais gadgets e computadores. O hardware difuso ou líquido afecta, de xeito similar, ao invento decisivo dos séculos XIX e XX, a electricidade. A enerxía convértese nun factor intelixente. Observemos como se aplica na luz. Un exemplo de tecnoloxía invisíbel, difusa e eficiente son os LEDs (diodos emisores de luz). Están por todas partes, ata no gardaluvas dos coches dos nosos pais cando lles regalamos esas famosas lanternas sen pilas, pero

O Microsoft Surface, unha mesa que, en realidade, é unha pantalla multitáctil. Os ordenadores son, cada vez, menos “ordenadores”.

BÚSOLA | 51


INTERNET MANUELGAGO

antes xa os viamos na punta dos nosos mandos a distancia. A diferenza das bombillas convencionais, os leds teñen un consumo enerxético mínimo, un custe moi reducido e, sobre todo, permiten unha interacción moi sinxela con circuitería informática. Ou sexa, podemos incluír os leds con moita facilidade en complexos contornos informáticos. Ao longo de todo o mundo, experiencias científicas, e artísticas, vinculan leds, procesos informáticos e humanos, e a informática encárgase de facer interaccionar os dous extremos. Edificios enteiros que cambian de aparencia en función do movemento de persoas no seu interior, luces que te seguen segundo vas camiñando, roupa que varía de cor en función do teu estado de ánimo ou en función da intensidade do antro no que esteas metido. A luz está a converterse, cada vez máis, en materia dixital e, polo tanto, en materia manipulábel. Pero, e isto resúltame moi interesante, comeza a converterse nun concepto colectivo, no que un elemento ata agora considerado perigoso, operado por técnicos e para usos moi restrinxidos, comeza a capilarizarse noutros contornos sociais. Este fenómeno redundará por forza na eficiencia enerxética da que andamos tan necesitados. Hai pouco, dúas empresas de sostenibilidade en colaboración coa Universidade de Delft realizaron un proxecto piloto en Rotterdam para desenvolver unha discoteca sostíbel e eficiente a nivel enerxético. Basicamente, a 52 | BÚSOLA

caldeira desta discoteca serán os pasos da xente sobre a pista de baile, así que supoño que parte da responsabilidade recaerá na música que pinche o DJ. O certo é que nos vindeiros e inmediatos anos se modificará substancialmente o concepto que temos de iluminación e o uso que facemos da enerxía. No metro de Tokio ensáianse métodos para retroalimentar o sistema de iluminación das galerías a partir da forza empregada polas multitudes que se moven. Aínda estamos en estado embrionario, pero a enerxía será, de xeito determinante, a base destes cambios sociais e tecnolóxicos. Observemos moita da idea actual de obtención de enerxía eléctrica a partir de paneis solares. En certo xeito, trátase de inverter o proceso, producir o abondo para alimentar as necesidades eléctricas domésticas e vender o sobrante á compañía eléctrica. Ciencia ficción? As diferentes tecnoloxías de xeración de enerxía solar incrementaron o seu rendemento nos últimos anos de xeito espectacular. EPÍLOGO ESPECULATIVO. Eu creo, por suposto, que os tempos pasados foron peores, pero é pouco razoábel elucubrar se o futuro será mellor ou peor que o presente. Se cadra, non será na tecnoloxía onde debamos buscar o índice de felicidade social. Outra cousa é que si podemos apostar algo polas direccións tecnolóxicas, porque existen liñas de investigación que arrincan nos 80 e sabemos a cara onde van.

Se cadra, en dez anos, o tradicional concepto de ordenador (enorme CPU nunha mesa con pantalla) teña desaparecido, como tal, e o que merquemos será a intelixencia coa que queiramos dotar a algo. Esa intelixencia que eliminará elementos da nosa bioloxía e da nosa cultura: a sensación de estar perdidos, que se solucionará con GPSs cada vez con mapas máis detallados; a aparición da amizade virtual, seriamente forxada a través de anos de contacto exclusivamente dixital e a noción de redes persoais de coñecidos moitísimo máis amplas que as actuais. Tamén deberá afrontarse a desaparición paulatina de referentes comúns: esas construcións simbólicas, tan asociadas ao Estado e ao Poder dende Sumeria, que se plasmaban en estatuas, pirámides, xornais, placas, lendas, series de televisión que pertencían a todos, poemas épicos, en beneficio de referentes asociativos. Nese futuro, as luces acenderanse ao noso paso –aforrando moito diñeiro ao erario público- e as máquinas almacenarán unha versión estendida da nosa memoria física –xa o fan. Seremos xestores do noso propio centro informativo, e a nosa identidade estará a medias neste mundo e a medias no outro. Seremos parte dunha multitude á que daremos sentido e nos dará sentido. Creámola a partir de software e hardware, e convertirase nun ente independente, continuamente mutante, ao que o poder temerá e monitorizará. Unha multitude intelixente, perigosa, aberta e líquida. Estamos preparados?


Noemi LopEZ


APAGA A LUZ, QUERO MEDO. Exposición. AGPI 2007

54 | BÚSOLA


BÚSOLA | 55


56 | BÚSOLA


O VIXIANTE DOS SOテ前S. Ilustraciテウn para o libro de Ana Carreira. Editorial Galaxia


Perfil

NOEMÍ LÓPEZ

As lendas e os contos sempre formaron parte da miña vida, a través dos meus avós. Gozo dando forma e cor a personaxes e historias, é a mellor maneira que atopo para expresarme. Gústame inventar historias en imaxes e, debido á miña paixón polo cine e pola música, o movemento e os xogos de planos están moi presentes nas miñas ilustracións. No campo do deseño gráfico traballo fundamentalmente o cartelismo. Paralelamente comecei a facer ilustracións para outros soportes como xornais e revistas e, pouco despois, en publicacións de literatura infantil e xuvenil, todo isto compaxinado con outro tipo de encargos como animación, libros de texto e proxectos multimedia.

CAN DE PALLEIRO. Acuarela, témpera e lápis. 2004. Expo. AGPI

58 | BÚSOLA


búsolalibros 1 L’AFFICHE ROUGE

Mario Regueira Ed. Xerais de Galicia

1

2

O poema L´affiche rouge, cantado por Leo Ferré, e a Odisea son o leitmotiv co que Mario Regueira nos arrola ao longo da súa novela. Esta é definida como unha novela xeracional nun período de transición política pero amósanos, á vez, a evolución persoal dos protagonistas nunha narración que ben se pode enmarcar en triángulos complementarios. O primeiro, a relación de amizade e amor formada nun cruce das personaxes principais, Miguel, Xulio e Daniela, nunha vila chamada Lucerna, un mundo de novas experiencias, sentimentos puros e de mitos que precisan ser reais e que os enchen de esperanza. O seguinte triángulo é xeográfico: amosa a evolución da vida deste grupo de amigos que saen da Lucerna utópica e pasan a unha vida adulta, sendo Compostela a esquina xeométrica onde a situación persoal, social e os movementos políticos marcan o discorrer da historia. A frustración ao ver que os ideais nos que cren son os que os traizoan, fai que a viaxe continúe ata a Bretaña, soñada e idealizada, que se convirte nunha trampa e nunha nova decepción. Deste xeito regresan a Lucerna, a súa Itaca particular, a enfrontarse aos feitos acontecidos. Cando todo semella estar perdido, outro triángulo máxico, formado polos protagonistas secundarios, devólvenos a esperanza, non sen certo amargor, pero si coa visión de que todos os mitos e calquera Breith teñen a súa parte de verdade. Envolvendo esta historia hai referencias musicais, políticas e pasaxes moi emotivas e de reflexión, que fan que L´affiche rouge sexan todos aqueles que cando van a devorar o mundo e ven que é moi duro, seguen tentando roelo doutro xeito.

por Besbe

2 TRINTA E DOUS DENTES Xabier López López Editorial Galaxia

Esta novela arranca cunha metamorfose de reminiscencias kafkianas cando o protagonista, Paulo Barreiro, autor e director teatral, esperta convertido nun neno de dez ou once anos unha mañá calquera na súa cama. As similitudes rematan neste punto, porque o neno Paulo Barreiro acabará saíndo da súa casa por necesidade e para non morrer de fame. Aí comeza o periplo do protagonista como menor de idade, nun mundo de adultos no que se ten que defender e sobrevivir. O neno Paulo vaise atopando na súa aventura con multitude de personaxes que van amosando as miserias humanas e trazando a súa nova vida: a marxinalidade, o proteccionismo, a diferenza de clases, a traizón entre iguais, a superioridade dos adultos sobre os cativos, os segredos inconfesábeis, etc., todo iso salpicado, moi a miúdo, por doses de sexo en case todas as situacións imaxinábeis. Mentres tanto, a súa vida de adulto continúa na súa ausencia e, en certa medida, correspóndese cos progresos que fai na súa vida de infante. A personaxe vive nun corpo de neno mais os seus pensamentos continúan sendo os dun adulto. Isto fainos cavilar se a nosa vida discorre dun xeito concreto polas decisións que tomamos ou se, no fondo, somos monicreques nas mans doutras persoas que aceptamos como directores da nosa existencia. Trinta e dous dentes referencia a clásicos, Óscar de Günter Grass é un deles, que crean unha atmosfera previa que axuda moito á hora de evocar emocións. A lectura faise amena e mesmo podería ser un best-seller. O que se bota en falta é un final concluínte, pero sempre queda a dúbida de se o lector é o que debe reflexionar sobre o que acaba de ler e buscarlle un sentido aos feitos. BÚSOLA | 59


búsolacine 1 COUSAS DO KULECHOV Os de Aquí hay tomate son uns mestres do efecto Kulechov. Son expertos en coller unhas imaxes sen moita transcendencia, salpicalas da música pertinente para conseguir a sensación buscada, tensión, erotismo..., e que os espectadores crean ver algo máis que os fotogramas que pasan por diante dos seus ollos. 1

2

Pero tamén hai unha galega á que non se lle dá nada mal, Susana Rei Crespo, directora de Cousas do Kulechov. E é que se a un estranxeiro lle chegase esta curtametraxe con formato de falso documental, inevitabelmente veríanos como a estirpe supervivente dunha guerra cruenta con todos os elementos para a catástrofe perfectamente fiado coa voz do narrador Anxo Quintela. Hai varios momentos nos que Rei sobrepasa o límite do críbel. Sirva como exemplo a memorábel secuencia na que Quintela asegura descaradamente e con ese ton de noticiario de terror que require o asunto, que as costas galegas están a ser asediadas por unha flota estranxeira. Unha flota que está formada por bateas, que dende que un ve esa escena, é imposíbel meterlle o dente a un mexillón sen lembrar a terríbel invasión. Para a nosa tranquilidade, a resistencia galega bótase ao mar, e quen lle fai fronte é o noso exército formado por mulleres que nos seus mandís van mentendo de paso, navallas e berberechiños. Un excelente xogo co espectador, que aínda que esperta sorrisos cómplices, deixa no espectador un desasosego pensando no que nos meten polos ollos.

60 | BÚSOLA

por Eliana Martíns

2 SEN CHUMBO,

GASOLINA DA BOA

Creo que as curtametraxes para que sexan boas teñen que ter dúas cousas: ser impactantes e arriscadas. Iso explica o porqué do éxito de Sen chumbo, dirixida, montada e escrita por Jorge Saavedra. Sen chumbo, a triunfadora do Festival de Curtas de Cans, recolle os intres previos á toma dunha decisión. Cantas veces non dubidamos, non pensamos e repensamos a consecuencia dos nosos actos, do que pasaría se nos atrevesemos a facer iso que realmente queremos? Iso é o que nos ofrece Saavedra, un thriller que se presenta baixo unha fórmula habitual de presentación, nó e desenlace, pero aí rematan as semellanzas. Os nós multiplícanse polos cinco personaxes, interpretados de forma soberbia por cinco grandes actores e actrices, entre eles Xúlio Abonjo e Cristina Castaño, que recibiron senllos galardóns no Festival de Cans. Un thriller, xénero pouco habitual no cine galego, que destaca pola orixinalidade na súa proposta, examinar as consecuencias do que pasaría se cada un dos implicados actuase como lle prestaría nunha situación con tanta tensión como é un atraco nunha gasolineira. E consegue o obxectivo de manter a tensión durante os dezanove minutos que dura a cinta grazas á unha maxistral combinación de ritmo na montaxe e realización, pola utilización de planos curtos, polos xiros dramáticos en cada escena e polo uso que fai da música. E, sobre todo, por ter un bo guión e un bo equipo de actores con suficiente calidade para encher de matices aos cinco protagonistas do roubo.


búsolabanda

por Álvaro Pons

EL CIRCO DEL DESALIENTO David Rubín

É imposíbel non ver reflectido a David Rubín en El circo del desaliento (Astiberri). As súas viñetas están cheas de rabia, de forza incontible que nos agrede dende os seus debuxos. Ler as súas historias é loitar contra el, contra esa forza, co seu debuxo vital e enérxico, que nos fai loitar ante o terremoto das súas páxinas. Un vendaval, como ben cualifica Carlos Portela, que me atrevería a subir á categoría de furacán desatado. Toda unha violencia arrebatadora que contrasta brutalmente coas súas historias, persoais, íntimas, que saen de dentro do seu corazón coa contradición da tenrura nun envoltorio salvaxe. Historias curtas nas que Rubín bascula sempre sobre un denominador común: as máscaras. A necesidade de ocultar o seu verdadeiro eu, de esconderse tras o disfrace, toma forma en cada unha das súas historias, expresándose a través dese enfrontamento radical entre forma e fondo, entre exterior e interior. O debuxo é nervioso e vivaz, pero os seus diálogos son tenues e sentidos, perfecto paradigma dese combate interior que parece invadir todas e cada unha das páxinas desta obra, o reflexo case perfecto dun autor que non pode evitar volcar na súa obra os seus medos e incertezas.

Ler El circo del desaliento é pasear por unha mente torturada ante o

seu propio reflexo, consciente de que está atrapado nun corpo do que non pode saír, como o protagonista da brillante “Que se lo coma el salitre”, unha persoa que só ten a saída de agocharse tras a máscara, como na triste “Donde nadie puede llegar”, que abre o álbum, sabedor de que a vida só lle dá esa oportunidade. Todos os protagonistas destas historias antóllanse un só, un David Rubín que debe colocarse a máscara doutro David Rubín, o debuxante, o que a modo de superhéroe o salva do naufraxio, da caída infinita, nun exorcismo dos seus demos interiores, deses dragóns ameazantes que voan ao seu redor. Quizais o único que se pode obxectar a este álbum é que esa compulsión creadora se volve moitas veces en contra do propio autor. A súa innata capacidade narrativa vese freada por un debuxo que moitas veces parece inconexo, pouco terminado. Absorbe como unha esponxa influenzas que van do manga aos autores de L’Association, pasando por Javier Olivares e Miquelanxo Prado, pero parece como se os lápis e a tinta freasen ao autor, como se o seu pensamento estivese demasiado por diante do que debuxa e tivese un afán desmedido por acabar rápido a viñeta para poder enfrontarse á seguinte. Ese impetuoso impulso pasa factura nalgúns momentos a David, impedindo redondear un álbum que, pese a todo, é tremendamente recomendábel.

BÚSOLA | 61


DÁMSMITT Kike Benlloch / Manel Craneo

Menuda sorpresa levei ao ler Dámsmitt, a nova obra de Kike Benlloch e Manel Cráneo. Tiña as miñas esperanzas postas nela, pero debo recoñecer que, na monstruosa morea de tebeos que teño por ler, o álbum que editou primorosamente Dibbuks quedaba un pouco perdido, afogado pola suposta superioridade de autores con moito máis renome. Metín a pata, proclamo. Porque a obra de Benlloch e Cráneo merece estar entre os primeiros postos de lecturas recomendadas deste salón, cunha atractiva historia dun estraño e descoñecido país onde o servizo de correos é centro non só xeográfico do lugar, senón lugar común de diferentes historias que conflúen nel. Os autores xogan con pequenos detalles que van construíndo este estraño mundo, anacrónico e insólito, moi do gusto das fantasías de Perucho, no que os autores van deixando infinidade de flocos soltos que deben ser completados polo lector, que pasa a ser un elemento activo da historia. Un estraño suxeito de pasado descoñecido, inventor afecciona62 | BÚSOLA

do de aparellos a medio camiño entre a alquimia e a tecnoloxía, unha situación política ditatorial, un home que é rexeitado polo seu pasado xitano… ficcións e enigmas que só teñen en común ese lugar onde as cartas se cruzan de forma anónima, escondendo historias que nunca serán coñecidas. Non se puede dicir que Dámsmitt sexa unha obra redonda, pero ten esa chispa que esperta a curiosidade, que estimula a imaxinación con complexos misterios que nos levan a pasar de páxina sempre coa sorpresa á vista, coa dúbida de cal será o camiño que tomará a historia na seguinte viñeta, sabedores de que, en parte, será imaxinado por nós. Unha estrutura difícil e complicada, moi arriscada para uns autores que non se estrearan na narración longa, pero que, pese aos esvaróns, pasa con nota máis que solvente, cun excelente traballo gráfico de Manel Cráneo, de estilo persoal e sobria posta en escea, pero perfecto para a historia de Benlloch. Atentos a estes autores, darán que falar.


O proceso de elaboración dunha

PR E D I C I ó N meteorolóxica POR BEATRIZ HERVELLA

N

os últimos anos a sociedade está a demandar máis información meteorolóxica; e pese a que a meteoroloxía vai gañando pouco a pouco o interese dos medios de comunicación e da opinión pública, non se produce unha evolución parella na comprensión de como un meteorólogo realiza os seus prognósticos. Este aspecto segue sen quedar excesivamente claro e, ás veces, a poboación segue percibindo a elaboración das previsións meteorolóxicas como algo críptico,

escuro, o que repercute na súa credibilidade como produto final. Asócianse ás predicións meteorolóxicas termos complexos que a sociedade manexa, como "meteosat”, “modelo meteorolóxico”, “radiosondaxe”,... , pero que ás veces non se sitúan adecuadamente no proceso de elaboración do boletín meteorolóxico. Baixo esta idea nace este artigo, no que se pretende dar unha idea xeral de como se fai, con que ferramentas se conta e, sobre todo, en que se basea un prognóstico meteorolóxico, co obxectivo de facer

BÚSOLA | 63


Rede de estacións da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Galicia.

máis atractiva esta disciplina a todos aqueles interesados nela. En primeiro lugar, hai que comezar describindo o elemento de traballo do meteorólogo, que non é outro que a atmosfera, esa fina capa de aire e humidade que cobre o noso planeta e na que se xeran as nubes e a choiva. O tempo é, en liñas xerais, o resultado do aire e da auga presentes na atmosfera mesturándose baixo os efectos caloríficos do sol para produciren chuvia, nubes ou, na súa ausencia, permitir que luza o sol. A meteoroloxía é a disciplina que nos permite entender esas mesturas que teñen lugar dentro da atmosfera baixo intercambios de calor mediante a formulación dun conxunto de leis físicas que regulan estes procesos. Traducidas esas leis a ecuacións matemáticas poderemos saber, coñecendo as características da atmosfera nun instante dado, que pasará nun instante posterior, é dicir, se haberá 64 | BÚSOLA

nubes, chuvia ou sol. A situación é moi semellante á dun tren: se sabemos de onde e a que hora parte, así como a súa velocidade, poderemos, mediante unha simple ecuación matemática, deducir onde estará nun instante posterior. En síntese, parece claro que, en primeiro lugar, para realizar unha boa predición meteorolóxica precísase coñecer a situación atmosférica no momento de efectuar a predición; en segundo lugar, teremos que resolver as ecuacions matemáticas que reflicten os mecanismos que actúan sobre a atmosfera para poder predecilos no futuro e, finalmente, hai que avaliar e discutir os resultados para ofrecer un produto final que sexa facilmente comprensíbel. O primeiro paso, a caracterización atmosférica, implica un intenso e complexo labor de equipo. É preciso coñecer o valor de variables atmosféricas (presión, temperatura, vento, humidade... ) tanto en superficie coma nos distintos niveis atmosféricos. De feito, a meteoroloxía é un dos poucos campos de estudo nos que as fronteiras políticas non existen posto que a atmosfera é a mesma para todos, e todos precisamos datos dela. Cóntase con todo un conxunto de ferramentas empregadas con este obxectivo: estacións meteorolóxicas, avións meteorolóxicos,

radiosondaxes e satélites meteorolóxicos, entre outras. Existen millares de estacións meteorolóxicas por todo o planeta con datos das variables atmosféricas na superficie terrestre (normalmente mídese a temperatura do aire, a humidade relativa, a presión, a chuvia, a dirección e a velocidade do vento e a radiación solar global). No caso concreto de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ten unha rede composta na actualidade por 60 estacións meteorolóxicas. As características da rede, a ubicación das estacións, os sensores que posúen e sobre todo os seus datos, tanto históricos coma en tempo real, poden ser consultados libremente a través da páxina web de MeteoGalicia. Coas estacións coñecemos a atmosfera no seu estrato máis superficial, pero precisamos tamén información en altura, en vertical; para iso cóntase cos datos subministrados polos avións meteorolóxicos e fundamentalmente polas radiosondaxes. As radiosondaxes, que non son máis que sondas impulsadas por un globo, constitúen unha referencia esencial para o coñecemento de estrutura vertical da atmosfera. MeteoGalicia opera diariamente unha radiosondaxe que se lanza dende a Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE), no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela diariamente; os diagramas termodinámicos coa información subministrada pola radiosondaxe tamén poden ser consultados a través da páxina web de MeteoGalicia. Cóntase, por suposto, coa inestimábel


CIENCIA BEATRIZHERVELLA

Predición do modelo meteorolóxico local ARPS de chuvia acumulada (imaxe esquerda) entre as 14:00 e as 20:00 horas e da temperatura (imaxe dereita) ás 20:00 horas do día 9 de xuño de 2007.

información dos satélites do tempo, dos que o máis coñecido en Galicia é o Meteosat. Os satélites meteorolóxicos subminístrannos información sobre a cobertura nubosa de distintas zonas do planeta, así como das diferenzas térmicas entre as superficies continentais, acuáticas e nubosas. O Meteosat é un satélite xeoestacionario, é dicir, que permanece nun mesmo punto do ceo; o seu campo de visión é moi amplo polo que, cada media hora, ofrécenos información de practicamente medio planeta. MeteoGalicia subministra

libremente a través da súa web as imaxes derivadas da información enviada polo Meteosat, das que se pode inferir información tal como a temperatura da auga do mar, a temperatura e a altura das nubes presentes na atmosfera, a presenza de neve en terra, etc. Cos datos obtidos das miles de observacións realizadas por todo o planeta xéranse mapas que detallan as condicións atmosféricas dese instante; empregados con asiduidade nos espazos do tempo dos medios de comunicación, nes-

tes mapas márcanse as isobaras (ou liñas de igual presión), as áreas de altas presións ou anticiclóns, as de baixas presións ou borrascas e a posíbel presenza de frontes (ou fronteiras que separan masas de aire frío ou quente). Mediante estes mapas, os homes do tempo teñen unha fotografía a tempo real da situación atmosférica; saben claramente o que está a acontecer, e xa poden comezar a predecir que vai pasar. No proceso de predición cóntase na actualidade con dúas ferramenBÚSOLA | 65


tas clave: os ordenadores e os modelos meteorolóxicos. En décadas anteriores, a predición facíase grazas ao coñecemento e a experiencia dos homes do tempo que, partindo dun estado da atmosfera dado, trataban de extrapolar o que ía pasar nun futuro. Na actualidade, as técnicas de modelización numérica da atmosfera permiten unha aproximación máis axeitada e certeira do acontecer meteorolóxico. Deste xeito, en potentes ordenadores incorpóranse modelos meteorolóxicos. Un modelo meteorolóxico permite, partindo dun estado inicial cunhas características atmosféricas dadas, simular a evolución atmosférica mediante a tradución, con métodos matemáticos, das leis físicas da mecánica de fluidos e da termodinámica. Cos modelos, as predicións gañaron en exactitude, e teñen un razonábel éxito ata as seguintes 72 horas. A partir desa duración os resultados dun modelo meteorolóxico poden afastarse moito da realidade debido ao 66 | BÚSOLA

comportamento caótico da atmósfera. Por tanto, as observacións que determinan o estado inical da atmosfera (datos das estacións meteorolóxicas, das radiosondaxes e mesmo información subministrada polos satélites meteorolóxicos) son introducidas no modelo meteorolóxico e tras a súa execución en ordenadores obtense unha serie de resultados. Os modelos meteorolóxicos pódense empregar en modo global ou local. Os modelos globais presentan resultados para todo o planeta; pódense cualificar como moi xerais, moi someros; en todo caso estas solucións globais son necesarias para traballar cos modelos locais, aplicados a rexións xeográficas máis pequenas e nos que os resultados permiten distinguir as características locais de cada zona. Pese a que existen múltiples centros de predición meteorolóxica no mundo, practicamente ningún posue a capacidade de traballar

directa e diariamente cun modelo meteorolóxico global. De feito, os datos dos modelos globais son subministrados en maior ou menor medida polos 8 centros no mundo nos que, coa axuda de supercomputadoras, se executan modelos globais diariamente: o NCEP (National Centers for Environmental Prediction) en EEUU, o Servizo Ambiental Atmosférico de Canadá, a Oficina Meteorolóxica do Reino Unido, a Oficina Australiana de Meteoroloxía, a Axencia Meteorolóxica Japonesa, o Centro Europeo localizado en Inglaterra, a Oficina Meteorolóxica de Francia e a Oficina Meteorolóxica de Alemania. Os restantes centros de predición do mundo teñen, no mellor dos casos, algún modelo meteorolóxico local que aplican á súa xeografía e co que afinan os resultados obtidos polo modelo global. Un exemplo de como transcorre o proceso témolo aquí, en Galicia.


CIENCIA BEATRIZHERVELLA

MeteoGalicia obtén diariamente os resultados do GFS (Global Forecast System), un dos máis antigos modelos globais e en constante evolución que se executa no NCEP en EEUU. Cos datos do modelo global e cos datos de observación da rede de estacións meteorolóxicas que posue a nosa comunidade aliméntanse os dous modelos locais ou de pequena área implementados en Galicia: o ARPS (Advanced Regional Prediction System) e o MM5 (Mesoescale Model). Fíxose necesario configurar unha topografía e un uso de solos propio para a nosa rexión e adecuar estes modelos meteorolóxicos á nosa complexa orografía para obter unha adecuada predición a 84 horas de Galicia. MeteoGalicia executa ambos modelos dúas veces ao día nun superordenador do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Os modelos ofrecen resultados en diferentes mallas, como se denomina no argot meteorolóxico os distintos escenarios nos que hai resultados, diferenciados entre sí pola resolución horizontal que ten cada predición; máis explicitamente, pártese dun resultado do modelo global máis groseiro no que o paso de malla ronda os 100 km (é dicir, que non se poden distinguir diferenzas no tempo entre zonas distanciadas menos de 100 km) ata chegar a un resultado final co modelo local cun paso de malla de ata 6 km (é dicir, que o modelo podería dar por exemplo chuvia na cidade da Coruña, e indicar que non vai chover a 7 km da cidade). As predicións do modelo meteorolóxico grafícanse para facilitar a súa

interpretación; normalmente os campos de temperatura, presión, chuvia acumulada, dirección e velocidade do vento, así como o de humidade son os máis consultados. As predicións diarias dos modelos locais para Galicia poden ser consultadas a través, novamente, da web de MeteoGalicia. O paso final implica que o home do tempo, o prognosticador, concretice toda a información que chega dos distintos medios na elaboración dun mapa do tempo que sexa o máis significativo posíbel. O proceso semella simple pero hai que ter en conta que os modelos meteorolóxicos son aproximacións físicas e matemáticas dos procesos que teñen lugar na atmosfera, coas súas virtudes pero tamén coas súas limitacións; o prognosticador ten que avaliar a veracidade do que lle ofrecen os modelos e decidirse por unha solución final. Así, por exemplo, dous modelos meteorolóxicos distintos alimentados co mesmo modelo global e coas mesmas condicións atmosféricas iniciais darán practicamente sempre resultados diferentes (por suposto que en xeral só relativamente diferentes pero en síntese, distintos). Resulta, por tanto, moi importante a pericia e fundamentalmente a experiencia do prognosticador non só en coñecer as bondades dos modelos meteorolóxicos cos que traballa, senón sobre todo en coñecer a meteoroloxía e climatoloxía da área na que está a realizar a previsión. Nun intento de caracterización esquemática da meteoroloxía e

climatoloxía de Galicia pódese dicir que os principais axentes que controlan a nosa circulación atmosférica a nivel superficial son, pola súa latitude, lonxitude e posicionamento nas latitudes medias: o anticiclón dos Azores, a depresión de Islandia e os anticiclóns térmicos centroeuropeos. O anticiclón dos Azores, centrado xeralmente no arquipélago de onde toma o nome, é o responsábel da estabilidade e da ausencia de chuvias, e da circulación de ventos do nordés no verán; en inverno, normalmente móvese cara ao sur permitíndolle a entrada ás borrascas atlánticas, a inestabilidade e a chuvia. A depresión de Islandia, normalmente, tende a intensificarse no inverno, favorecendo a entrada de borrascas e as súas frontes asociadas, coa conseguinte circulación de ventos do oeste e das chuvias. Os anticiclóns térmicos centroeuropeos xéranse en inverno e son os responsabeis dos episodios de frío sobre Galicia. Por outro lado, a marcada topografía de Galicia condiciona, entre outras cousas, a distribución espacial da precipitación. Así, os rexistros máis elevados de chuvia danse a barlovento dos relevos das Rías Baixas e da Dorsal Galega e os máis baixos xustamente a sotavento dos mesmos relevos; basta ver que a zona de máxima acumulación anual de chuvia de toda Galicia está na serra do Suído, con máis de 1500 litros/metro cadrado acumulados ao ano, e a de menor acumulación está xustamente a sotavento desa mesma serra, e non é outra que a zona do Ribeiro, onde non se recollen máis de 250 litros/metro cadrado ao ano.

BÚSOLA | 67


Perfíl

BEATRIZ HERVELLA Nacín en Ourense en 1976. Licencieime en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), especializándome en Física de Partículas. No meu último ano encantoume unha asignatura que non era da miña especialidade e que, creo, condicionou a miña existencia: Física de Fluídos. Orientei o meu futuro nesa liña cunha tese de licenciatura realizada xa cun modelo meteorolóxico (“Ondas Topográficas e distribución do campo superficial de vento xerado por unha montaña e unha cavidade”).

O departamento da universidade no que estudaba deu orixe a MeteoGalicia, onde traballo dende o seu nacemento, no ano 2000. A partir de xullo de 2001 compaxino esta actividade coa realización e presentación de información meteorolóxica na TVG. Encántame o que fago! Un pouco á marxe da miña tarefa profesional emocióname a miña colaboración no disco Lume dos meus amigos, o grupo de Lamatumba. 68 | BÚSOLA

Se desexan converterse en prognosticadores do tempo por un día, dende a páxina web de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) pódese acceder libremente a todas as ferramentas de traballo descritas neste artigo, e que vostede precisa para a realización dunha predición meteorolóxica; o seu prognóstico pode comparalo co que nós realizamos diariamente e, quen sabe, ao mellor incluso pode melloralo.



N 3 2008

bĂşsola


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.