A AUGA

Page 1

ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ยบ B


Auga… Auga… Auga… Auga é vida. O 60% do noso corpo é auga. Nós somos auga.

Sen auga non pode haber vida tal como nós a coñecemos.

O 71 % da superficie da Terra está cuberta de auga.

A presencia da auga nas nosas vidas é tan grande…


A QUÍMICA DA AUGA

A molécula da auga ten un átomo de osíxeno e dous átomos de hidróxeno. O hidróxeno tende a ionizarse ao perder o seu único electrón e formar ións H, que son protóns xa que o hidróxeno non ten neutróns. O hidróxeno únese covalentemente ao osíxeno ao compartir o seu único electróns con este (xa que o osíxeno require 2 electróns extra para formar o octeto)


CAMBIOS

FÍSICOS

Os estados da auga son: líquido, sólido, gasoso Continuamente prodúcense cambios na auga, son os seguintes: De líquido a sólido - SOLIDIFICACIÓN. De sólido a líquido -FUSIÓN De líquido a gasoso - EVAPORACIÓN De gasoso a líquido - CONDENSACIÓN De gasoso a sólido - SUBLIMACIÓN INVERSA De sólido a gasoso - SUBLIMACIÓN

DA

AUGA


XEOLOXÍA: “O ciclo da auga” O ciclo da auga consiste nun ciclo continuo que realiza a auga. Este ten varias partes. 1) A evaporación: a auga do mar, dun río, dun lago... evapórase formando o vapor de auga. 2) A condensación: o vapor de auga condensa formando as nubes. 3) A precipitación: consiste en que das nubes cae a chuvia, neve, sarabia... 4) A recolección: a auga pode acabar en distintos lugares: na terra ou no mar, río, lago... a) Na terra: a auga pode acabar absorbida pola terra e formar parte das augas subterráneas, onde pode ser usada como alimento para plantas e animais ou rematar no océano onde comezaría o ciclo de novo. b) No mar, río, lago: nos ríos a auga percorre o seu camiño e desemboca no mar onde comezaría un novo ciclo. Nos lagos simplemente repítese o ciclo.


As palabras relacionadas coa auga: Na nosa lingua existen moitas palabras relacionadas coa auga que levan o prefixo hidro. Hidro provén do grego e significa "auga". Algunhas das palabras que levan o prefixo hidro son:

hidróxeno hidroeléctrico hidrosfera hidroavión hidrosoluble

hidrocarburo hidrocéfalo hidrodinámico hidrocele...


Expresións relacionadas coa auga Moitas expresións que utilizamos a diario están relacionadas coa auga, como por exemplo:

Claro coma a auga

Feliz coma peixe na auga Estar coa auga ao pescozo Estar entre dúas augas Estar seguro coma a auga nun cesto Augarse a festa Bailarlle a auga

Sacar auga das pedras

Facerse a boca auga


A AUGA NOSREFRÁNS S Na nosa lingua úsanse moito os refráns. A auga aparece en moitos deles. Ás veces a palabra úsase nunha metáfora. Aquí temos algúns exemplos.

-Auga que no has de beber, déixaa correr. -Abril, augas mil. -Tanto da a agua na pedra que a quebra.

-Cada un quere levar a agua ao seu muíño e deixar seco o do seu veciño.

-Auga e neve excesiva, no deixan criatura viva.

-A auga do ceo no fai furado. -Auga fría e pan quente mata a xente. -Auga pasada no move muíño. -Á mala choiva, bon paraugas.


A AUGA E A ARTESANÍA A artesanía foi moi importante a o longo do tempo respecto a auga, para transportala dun lado a outro e necesitaban un recipiente para levala. Para solucionar ese problema as persoas tiveron que descubrir que tiñan que facer todo isto para crealos: • • • • •

Tiñan que ir á mina para seleccionar o barro en pedra. Despois moíano, engadíanlle auga e amasábana ata que estaba uniforme para metela no forno. Colocaban un pelouro (unha pedra pequena que a erosión fixo lisa e arredondada) no torno. Unha vez feitas os recipientes, poñendo auga de vez en cando e facendo a forma coas mans, íanas poñendo a secar de forma gradual. Unha vez secas procedían ao esmaltado e ao enfornado.


DIFERENTES RECIPIENTES USADOS PARA CONTER AUGA


A AUGA NA POESÍA A AUGA APARECE MOITAS VECES NOS POEMAS MÁIS COÑECIDOS DOS NOSOS POETAS O mar Ti nunca víche-lo mar cos seus berros bruadores, coas súas escumas de prata, cos barcos e os pescadores. -¿Ti nunca víche-lo mar a tercer e a destecer ondas azuis que van á praia mansa morrer? -¿E ti non sabes que o mar é unha inmensa longura, auga e ceo, ceo e auga, maxestade e fermosura?

O MEU PETO Levo no peto auga de nube, sombra de bosque, brillo de insecto, unha moeda, un papel branco cun trazo recto, lúas e soles, brancas folerpas, lampos de inverno, mans que se collen, risas de amigos, bicos a centos .

ADEUS RÍOS ADEUS FONTES Adeus , ríos; adeus,fontes; adeus,regatos pequenos; adeus,vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra,miña terra, terra donde meu eu criei, hortiña que quero tanto figueriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento. paxariños piadores, casiña do meu contento, muiños dos castañares, noites claras de luar...


A auga nos contos Hai contos que cando eramos pequenos os nosos pais e avós nos contaban, e nos siguen contando. Hai contos que aparecen a auga por exemplo: o leñador que se lle cae o machado ao río, a gotiña Goti...

Érase unha vez unha gotiña chamada Goti que vivía coa súa familia nun pantano. Un día Goti notou que o nivel da auga do pantano descendía de maneira moi rápida...

Había unha vez un pobre leñador que pasaba un día polo río e caeuse o seu machado na auga e da auga saíu un anxo da auga e deulle un acha de ouro. Pero o leñador dixo que non quería esa hacha e devolveulle a súa e deulle unha de ouro...

E así en moitos outros contos


A auga nas cancións En bastantes cancións aparece a auga como un elemento importante, sobre todo as que se relacionan co mar. Eí vén o vento do mar-e eí vén o vento mareiro eí vén o meu queridiño vestido de mariñeiro. Eí vén o vento do mar-e eí vén o vento mareiro eí vén o meu queridiño vestido de mariñeiro... (Treixadura)

Catro vellos mariñeiros Catro vellos mariñeiros, catro vellos mariñeiros todos metidos nun bote. Boga, boga, mariñeiro, imos pra Viveiro, xa se ve San Roque. Boga, Boga, mariñeiro, imos pra Viveiro, xa se ve San Roque. Ailalelo ailalalelo. (Popular)

A Rianxeira Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van, no te embarques rianxeira que te vas a marear. Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van, non te embarques rianxeira que te vas a marear...


A AUGA E O CINE A auga é un elemento moi importante nas películas desde o comezo do cine ata hoxe en día xa que algunhas das máis famosas non se entenderían sen este elemento. Estas son algunhas das películas nas que a auga tamén é protagonista:


Pinturas nas que a auga é protagonista Hai moitos cadros famosos nos que a auga ten un papel importante. Por exemplo... Venus xurdindo das augas é un cadro pintado polo pintor Sandro Botticelli. Está pintado sobre lenzo. Mide 278,5 centímetros de ancho por 172,5 centímetros de alto. Consérvase na Galería Uffizi, en Florencia. Este cadro foi no seu momento unha obra revolucionaria. Representa un tema mitolóxico procedente da cultura clásica grecorromana anterior ao cristianismo.

Os nenúfares forma parte dun ciclo de pinturas ao óleo que executou o pintor impresionista Monet ao final da súa vida. Mide 219 x 602 centímetros. Actualmente exhíbese no Museo da Orangerie das Tullerías en París, Francia. Son representacións do Xardín de Giverny.

Tarde de domingo na illa da Grande Jatte é un cadro pintado polo neoimpresionista Georges Seurat, un exemplo de puntillismo. A illa da Grande Jatte atópase no río Sena, en París, entre A Défense e o suburbio de Neuilly dividida polo Pont-de-Levallois.


OS SERES MITOLÓXICOS E A AUGA SEREAS A lenda conta que eran seres humanos no pasado, pero convertéronse nun peixe por poderes descoñecidos. Hai tamén teorías sobre un tipo de serea alada que acabou por dexenerar na muller do peixe que coñecemos hoxe. De feito, na Grecia antiga, as sereas estaban representadas como aves cun torso de muller. A serea acuática ten o corpo superior dunha fermosa muller con pel bronceada e pelo rubio ou verdoso. A parte inferior é a dun peixe con cola e escamas verdes, prateadas ou marróns.

NINFAS As Ninfas son personificacións das actividades creativas e alentadoras da natureza, a maioría das veces identificadas co fluxo de vida das fontes. Foron convocados ás reunións dos deuses sobre o Olimpo e eran fillas de Zeus. A diferenza dos deuses, as ninfas adoitan ser consideradas espíritos divinos que animan a natureza, están representadas en obras de arte como belas doncelas, que aman, cantan e danzan. -Aínda

que nunca se envellecen ou morren de enfermidade e poden producir fillos completamente inmortais, elas mesmas non son necesariamente inmortais, podendo morrer de diferentes xeitos.

NEREIDAS As nereidas foron consideradas ninfas do mar, xa que vivían nas profundidades do océano, pero xurdiron na superficie para axudar aos mariñeiros que navegaban polos mares tempestuosos, sendo os máis famosos entre os que corrían mentres viaxaban


en busca do VELLOCINO DE OURO. Aparécense aos homes do mar montados sobre golfiños e outros animais mariños. Os gregos adorábanas nos mares e acantilados, onde se lles ofrecían leite, aceite e mel.

HIPOCAMPO Fisicamente ten a cabeza, o torso e as pernas superiores do cabalo, aínda que os cascos son substituídos por aletas. A parte inferior é a dun peixe grande, cunha cola que pode alcanzar ata 4 metros de lonxitude. O seu corpo está cuberto de escamas, excepto a parte que é cabalo, que ten un pelo curto. A súa cor varía entre verde e azul. Os hipocampos son pacíficos aínda que, se están ameazados, pelexan apretando as súas mandíbulas e esmagando a súa presa. O normal é que non sexan atacados, xa que son moi rápidos e poucos animais poden alcanzalos.

LEVIATÁN O leviatán pertence á mitoloxía hebrea, é unha mestura entre unha serpe e unha balea. Na Biblia descríbese que o leviatán representa un enorme monstro mariño creado por Deus e que significa o mal. No seu corpo ten as escamas tan preto que forman unha cuncha e iso o fai un escudo protector. Ten dentes moi afiados e é moi parecido a un dragón pero sen ás e este é mariño.


A AUGA NA GA STRONOMÍA A auga utilízase para moitas cousas na cociña: para beber, para limpar as mans, lavar os alimentos e para poñer as cousas en remollo. E, sobre todo, úsase para cociñar os alimentos.

Hai moitos alimentos que se teñen que cociñar con auga: • • • • • • •

Polbo Pasta Arroz Marisco Legumes Carne ó caldeiro Ovos cocidos...

Hai outros alimentos que se consumen coa auga coa que se cociñan: • • • • • • • • • •

Consomés Sopas Callos Caldos Potaxes Guisos Lentellas Fabada Purés Infusións...

Como podemos comprobar a auga é un elemento imprescindible no campo da gastronomía.


Balnearios: Un balneario é un lugar onde as persoas van relaxarse e a mellorar a súa saúde, aproveitando as súas augas termais. Por que hai tantos balnearios en Galicia? Hai tantos balnearios en Galicia porque en Galicia existen moitas augas termais. Balnearios de Galicia: En Galicia hai moitos balnearios: Mondariz, Vila Termal Laias, Lobios, Arnoia, a Toxa, Augasantas... Mondariz: É un dos destino de turismo termal mais representativos de toda Galicia, algo que é todo un honor. Cunha gran tradición termal, o Balneario de Mondariz atópase nunha ubicación privilexiada , xunto dun dos meandros do río Tea. É en Mondariz onde, na segunda parte do século XIX, se descubriron as propiedades minerais das súas aguas, o que levou a envasalas declarandoas de Utilidade Pública. Vila Termal Laias: A Vila termal de Laias atópase nunha ubicación privilexiada, xunto coa preciosa paisaxe que deixa o río Miño ao seu paso, en pleno corazón do Ribeiro e moi cerca de lugares de interese turístico. Termas de Cuntis: A comarca de Caldas é ben coñecida por as súas augas termais. En concreto , as termas de Cuntis , onde los romanos coñecían as propiedades dos múltiples manantiais da zona. Ao longo dos anos , foi crecendo a súa fama, aumentado considerablemente o número de persoas que buscan tratarse gracias a calidade das súas augas termais. Lobios Caldaría Hotel Balneario: É un dos destinos máis demandados para o turismo termal en Galicia, gracias á calidade das súas aguas. Esta tradición xa vén da época romana, a tenor dos baños termais atopados no conxunto arqueolóxico de Aquis Querquennis de Bande. Nesta zona, outro de los atractivos turísticos é o Parque Natural de Xurés. Arnoia Caldaria hotel balneario: Arnoia está situada no corazón de O Ribeiro, en Ourense , nun lugar espléndido polo seu patrimonio e o súa gastronomía, con atractivos como a ruta do Viño do Ribeiro o a Vila de Ribadavia. Nesta localidade , o manantial de A Veiga tamén é un gran protagonista, posto que as súas augas que brotan a 22º teñen unhas calidades espectaculares para diferentes tratamentos relaxantes, avalados no 1996 cando os seus manantiais foron declaradas Augas Mineromedicinais.


DEPORTES DE AUGA Hai moitos deportes que se practican na auga e cada vez se practican máis. Pódense practicar tanto no mar coma no río ou nas piscinas e pantanos. No mar prácticanse: -O esquí acuático -Surf -Remo -Vela -Moto náutica o jet ski. -Kitesurf -Windsurf -Piragüismo -Bodyboard -Kayak-polo No río practicánse: -Kayak -Piragüismo -Esquí acuático -Descenso de ríos -Hidrospeed

Deportes de piscinas: -Natación -Natación sincronizada -Waterpolo -Voleibol -Flowboarding -Aguacycling -Hockey subácuatico

Deportes de pantanos: -Vela -Piragüismo -Remo -Windsurf

Hai algúns deportes que se fan tanto no río como no mar. Por exemplo o kayak ou o piragüismo...


A AUGA E A RELIXIÓN En case todas as relixións a auga ten un papel importante. HINDUÍSMO No hinduísmo e a auga posúe poderes de purificación espiritual. Lavarse con a auga pola mañá é unha obriga diaria . Cerca de cada templo atópase unha fonte de auga e os adeptos deben bañarse nela antes de entrar. A miúdo os lugares de peregrinación se sitúan na orilla dos ríos; sobre todo se veneran os sitios onde converxen dous ou tres ríos. Para os hindúes, sete rios son sagrados : o Ganxes e os ríos de Godavari, Kaveris, Narvadas, Saravatis, Sidhus e Yamuna ..

CRISTIANISMO No cristianismo a auga utilízase para bautizar a os recén nacidos. O sentimento do sacramento do Bautismo é sinxelo: ser incorporados na igrexa como membros de Cristo, eliminando en nós a pegada do pecado de Adán e darnos a oportunidade de librarnos das consecuencias do pecado.

BUDISMO A auga utilízase no marco dos funerais budistas, ésta vértese ata desbordala nun recipiente situado ante os monxes e o corpo do defunto.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.