Visita á cidade de Nagasaki

Page 1

Boas xente! Acabamos de visitar as cidades de Osaka e Kioto. O que máis nos gustou aos dous foi a visita do “Castelo do Osaka”. Agora estamos nas aforas de Kioto pensando ideas de como viaxar ata Nagasaki, que é o noso próximo obxectivo. Buscamos no noso ordenador portátil como chegar ata Nagasaki e, grazas ao google maps, vimos que pasaba un bus en media hora polo centro de Kioto. Nesta longa viaxe pasaremos 11 horas no autobús, moitas van ser de descanso e o resto para pensar o que imos facer alí. Ao chegar a Nagasaki temos pensado practicar deportes típicos xaponeses como o kung-fu, o karate ou o taichi, esperamos aprender e que nos gusten. Tamén colleremos un teleférico chamado Nagasaki Ropeway para poder subir ao monte Isana, desde donde se teñen unhas vistas espectaculares de toda a cidade, sobre todo pola noite cando se ve toda iluminada.

Sobre esta gran cidade, o 9 de agosto 1945, lanzouse a segunda bomba atómica. Inicialmente o blanco era Niigata, pero estaba chovendo, e finalmente cambiaron o destino. O bombardeiro estadounidense “Bockscar” ía en busca de astilleiros pero encontrouse a fábrica de armas Mitsubishi. A cidade reconstruíuse despois da guerra; levantáronse novas edificacións, construíronse novos templos e erixiuse un museo sobre a bomba atómica.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.