Novidades de inicio de curso

Page 1

NOVIDADES DA REIBONTECA Abril 2018


Novidades da Reibonteca Este boletín contén algunhas das novidades que acabamos de catalogar e que están á disposición de todos os lectores e lectoras. Os libros de información están no apartado CDU da biblioteca. Os de lectura literaria están ordenados segundo o seguinte criterio: Prelectores L1 Primeiros lectores L2 Lectores autónomos L3 Lectores expertos L4 Banda deseñada BD En cada título tendes unha pequena reseña que non pode recoller todo o contido dos libros e soamente sinala algúns aspectos importantes do contido.


Libros informativos El agua Os máis pequenos poden atopar neste libro información moi básica e comprensible sobre este elemento fundamental para a vida.

¿Hay algo más pequeño que una musaraña? O muraño é o mamífero máis pequeno, pero sería semellante a un mamut se o comparamos cunha xoaniña. A mesma xoaniña que sería xigante comparada cun protozoo

Los oficios

O elefantiño Nunú descobre os xogos e xoguetes que pode utilizar para pasalo ben. Tamén descubre que pode xogar só ou con máis amigos.

El gran libro de las bestias

Por que os lobos oubéanlle á lúa? É certo que as hienas se rin? Por que lles gusta tanto a lama aos hipopótamos? Descobre as respostas a estas e outras moitaspreguntas neste libro.

Tu fantástico y elástico cerebro

O teu cerebro axúdache a pensar e a lembrar. Permíteche mover o corpo e sentir as emocións. Este libro ensínache as funcións do cerebro.

Vida amorosa de los animales Todos os animais teñen que aprender a seducir. Aquí atoparás todas as formas que teñen as especies de atraer as súas parellas, desde as máis semellantes ás humanas atas as máis sorprendentes.


El gran libro del cuerpo. Edrar e aprender, grande e pequeno, os cinco sentidos... O noso corpo está cheo de misterios que podemos descubrir con este sinxelo libro que explica todo o que hai de incrible nel.

¡Por qué el planeta Tierra es tan especial? Unha viaxe nun cohete imaxinario para descubrir os planetas do sistema solar. Ollo! Nalgúns non podemos aterrar porque son gasosos.

Diario de un viaje en el tiempo

Iniciamos unha viaxe no tempo acompañados por Augustus e a súa profesora para percorrer os principais fitos da humanidade, desde o descubrimento do lume, algo moi importante, á conquista da lúa, os primeiros xogos olímpicos, etc.

El gran libro de los bichos

Un libro cheo de datos sobre os insectos. Os insectos habitan en case todos os lugares da terra e este libro pode converter aos lectores e lectoras en observadores de bechos.

Inventario de dinosauros. Unha historia da vida na terra desde hai 4300 millóns de anos é o inicio deste libro ata chegar a hai 2300 millóns de anos en que apareceron os dinosauros. Foi un meteorito o causante da súa desaparición?

¿Qué es la evolución?

Un libro que fala das incribles transformacións que sufriron animais e plantas ao longo de millóns de anos e toda a ciencia que se esconde tras esas mudanzas.

Casas. Atlas de los hogares del mundo

As casas son algo máis que construccións, teñen personalidade propia independentemente de que sexan ricas e luxosas. Trátase do sentimento que espertan cando entramos nelas.


Literatura. Prelectores Max e os superheroes

Max imaxina os superheroes de banda deseñada, pero descubrirá que hai unha superheroína moito máis preto, a súa nai.

O chaleco de ratiño

A mamá técelle a ratiño un precioso chaleco. Todos os amigos do bosque queren probalo. Cada vez vai estirando máis e máis– Ratiño non pode poñelo... Pero todo ten solución.

Literatura. Primeiros lectores

O gatiño nocturno

Toni dona os seus xoguetes para que a Protectora teña diñeiro para coidar dos animais acollidos. Alí coñecerá a Valentín, un gato moi especial, que lle roubará o corazón.

Una jirafa y media

Se un día a túa xirafa estira, terás xirafa e media. E se pon un sombreiro cun burato, terás unha xirafa e media e unha rata cun sombreiro... Un libro divertido para ler e mirar.


Literatura. Lectores autónomos

Mis trucos para sobrevivir a la clase de natación. Gid vese obrigado a ir a clases de natación porque é un requisito ter unha serie de diplomas nese deporte, pero el sofre tanto que decide buscar todas as excusas do mundo para non asistir.

Maarón Este libro Aarón es un niño corriente que tiene que lidiar con los gamberros del barrio mientras se enfrenta a la muerte de un ser querido por primera vez. Pero tiene amigos, fuerza de voluntad, los consejos de su abuelo, unas latas de pintura y… ¡una capa marrón! Cuando se la pone deja de ser un chico vulnerable y se transforma en Maarón, un superhéroe capaz de vencer cualquier obstáculo y encontrar su fuerza interior. outros relatos deste estilo.

El misterio de la caca de perro abandonada Ascensión, Carmen e Rosalía son unhas adorables avoas, pero nada convencionais. Viven con Marcelo, o neto de Ascensión, e comparten o pracer de resolver misterios. Nesta ocasión van axudar a unha veciña a averiguar de quen é o can que caga todos os días diante da súa porta. Accidentalmente interpóñense nos plans duns ladróns de bancos.

Literatura Lectores expertos El chico más veloz del mundo Solomon é un neno etíope que soña con converterse en atleta.Un día o seu avó lévao a Adis Abeba e nada máis chega, o ancián cae desvanecido. Solomon inicia a carreira máis decisiva da súa vida para salvar a vida do seu avó.

El chico que nadaba con las priañas A vida de Stan cambia moito o día que o seu tío Ernie queda sen traballo e decide montar unha fábrica de conservas na casa. Stan non pode soportar o estrés e decide marchar cun circo ambulante, onde coñecerá o home que nadaba coas pirañas.


Literatura Lectores expertos Rosa Fría, patinadora de la luna Rosa Fría é un libro que forma parte do Pasaporte Lector. Escrito por María Teresa León, unha escritora da xeración do 27, muller de Rafael Alberti, unha gran descoñecida. Neste libro recrea en varias historias estilos diferentes, desde o conto clásico ao vangardista, aga a pena que o descubran.

Banda deseñada SUPER SORDA.

Cece Bell narra cómo perdió el oído cuando era muy pequeña y su experiencia con el Phonic Ear, un potente –e incómodo– audífono. El Phonic Ear permite a Cece oír – a veces, incluso cosas que preferiría no escuchar

Novas lecturas colectivas Recibimos unha doazón de libros de Sushi Books, a editorial do ex alumno e tradutor Moisés Rodríguez Barcia, isto vainos permitir ampliar o listado de lecturas colectivas con títulos como O libro da selva, Otto é un rinoceronte. Albert, Tippe e Tophat, Orla Tragarrás e outros. Todos estes libros son moi bos, sempre estiveron nas recomendacións de Nadal, e con edicións que son un luxo.


Reibonteca


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.