Outro anaco de sabedoría

Page 1


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Visita ao Museo do Pobo Galego

Obradoiros de maiores Concello de Brión

Coordinación: Elena Remesar Marque Deseño e maquetación: A. Patiño Nimo

2


Outro

anaco sabedoría Con este segundo libro rematamos outro ano de novas experiencias, diversión e traballo xuntos. Un curso no que estivemos especialmente ilusionados e motivados polo recoñecemento que tivo o libro do ano pasado. O que máis nos alegrou foi a boa acollida que tivo entre a xente de todas as idades, principalmente entre as nosas familias e amigos. Isto fíxonos pensar que o que temos que dicir aínda importa; temos

de

moitas cousas gardadas que poden ser interesantes e útiles. Ao abrir o caixón das nosas lembranzas, saen cousas que parecían xa esquecidas, pero entre todos os compañeiros, traballando sempre en grupo, puidemos recuperalas. O primeiro libro fixémolo con “timidez” e un pouco de medo, pero neste xa fomos máis atrevidos e ás veces un pouco pillos. Esperamos que vos guste.


Adiviñas Esta selección de adiviñas, foi feita buscando as máis curiosas e inxeniosas. Pódense usar como un xogo entre os maiores e os máis novos, no que as risas están aseguradas.


b A miña nai é tartamuda o meu pai é cantador teño branco o meu vestido e amarelo o corazón (O ovo) CHONCHA Alto me vexo naquel lugarexo que chova que neve daquí non me apexo. (A campá) MANUEL BLANCO Fala e non ten boca anda e non ten pés qué cousa é? (A carta) MANUEL BLANCO Alto pompín redondo polete que chova, que neve que non se derrete. (O sol) CHONCHA Anda e non ten pés come e non ten boca canta comida lle dan toda lle parece pouca. (O muíño) MANUEL BLANCO 5


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Que cousiña cousa será que cando vai pro monte, vai engruñado e cando ven para casa, ven estarricado. (O adival) CHONCHA Que é una cousiña, cousa que os ricos gardan e os pobres tiran. (Os mocos) ISOLINO Son moi bonito por diante e moi feo por detrás cambeo a cara a cada instante e arremedo ós demais. (O espello) JOSE Zancarrandullo andaba na festa no medio hinchaba no rabo roncaba, tiña orellas e zangoneaba. (A gaita) MANUEL BLANCO Que cousa é, que nace na devesa e come cos señores á mesa. (A mosca) ISOLINO 6


b Sube sempre chea, baixa baldeira, se non me dou presa a sopa está fría. (A culler) ISOLINO Chapín sobre chapín, chapín enchapinado, si non cho digo eu, non o acertas en todo o ano. (A cebola) PILAR Nace no monte, bebe na fonte, métese na casa, e baila como unha rapaza. (O sol) MANUELA Brazos teño son desiguais co meu ritmo movo os mortais. (O reloxio) ROSA Branca son negra tamén e son doce como a mel. (A uva) ROSA 7


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Ten os dentes afiados e deixa os terreos ben alisados. (O peine) ROSA Unha dama no verde campo cun vestido todo bordado. (A serpe) ROSA Unha señora alta e delgada pasa pola auga sin ser mollada. (A sombra) JOSE Vence ó tigre vence ó león vence ó touro, a os homes e o rei e todos caen os seus pés. (O sono) JOSE Cinco irmáns son e van todos en disminución. (Os dedos dos pés) JOSE Que será será que nada pide e todo dá. (A nai) ROSA 8


b Branco como o leite e negro como o carb贸n son doce como o mel e agrio como o lim贸n. (O amor) ROSA Entre dous texen entre dous repican uns non chegan a nada e outros multipl铆canse. (O matrimonio) ROSA Derrumbo carballos derrumbo tellados a min non me paran nin silveiras nin valados. (O aire) JOSE Redondo, redondo non ten tapa nin fondo. (O anel) FLORA Moitas monxi帽as nun convento van de flor en flor e fan dulce dentro. (A colmena) FLORA 9


Cantigas Cantigas sabemos a moreas, nelas estĂĄn representadas as nosas vivencias e a nosa historia, con ese ton de ironĂ­a que tanta graza nos fai. Cada unha trĂĄenos lembranzas de momentos vividos, ou de cando as cantabamos na celebraciĂłn de festas ou para dicir cousas que doutro xeito non nos atreveriamos.


b

A CANDELARIA Cando a Candelaria chora o inverno vai fóra, si a Candelaria rí o inverno está por vir. Chore ou ría , ou deixe de chorar a metade do inverno está por pasar. (MANUEL BLANCO) Chora, ría ou faga vento non está fóra nin dentro. (MARINA)

11


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

CANTIGAS CURTAS O muíño do portelo eu ben lle sei o tempero cando está alto baixalo canto está baixo erguelo. (ESTHER) María si vas á feira cómprame un porco rabelo que si mo compras con rabo non me colle no cortello. (ESPERANZA) As horas son camiños cando esperamos saber e séculos cando sabemos o que se pode aprender. (ESPERANZA) Unha vella díxolle a outra polo burato da porta ti goberna a túa vida que a miña non che importa. (DIGNA)

12


b Pelitreques non ten barbas que llas comeu a morriña e Xan das Carqueixas doulle unhas vellas que tiña. (ISOLINO) Miña sogra quéreme mal porque lle ando co fillo cando eu non o queira que o meta no bolsillo. (CARMEN) Aparta loureiro verde deixa clarear a lúa que estou no medio de monte non vexo cousa ningunha. (MARUJA) Esta aldea de Chave moi bonita pode ser, ten un loureiro no medio que alumea sen arder. (PURA)

13


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Adiós Chave de Carballo a espalda voute virando a despedida é boa a volta sabe Deus cando.

(Esta cantábana os mozos cando ían á guerra)

(PURA)

Eu cantar cantaba ben a gracia non era moita quedoume no lavadoiro cando fun lavar a roupa. (PURA) Anda! vaite polo mundo que o mundo dáche o pago, o mundo tamén arregla o que anda desarreglado. (MANUEL BELLO) De domingo a domingo véñote a ver, cando será domingo meu amor, para volver. (MANUEL BELLO)

14


b A semana de Ramos lava os teus panos, que para a Pasión lavarálos ou non. (PILAR) Namorei de ti nena o ver que cantabas ben, agora morro de pena o teu cantar non me mantén. (ERMITAS) Rosiña andaba descalza Rosiña porque quería a casa do zapateiro Rosiña ben a sabía. (PURA) Nos tempos nos que vivimos todo se volven tabernas por iso moitos dos homes andan as catro pernas. (MANUELA)

15


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Xulián da pucha branca ten un galo que ben canta unha muller que ben fía, e Xulián que máis quería. (MANUEL BELLO) Teño unha herba na horta que lle chaman correola para ti falar comigo fáltache un ano de escola. (PURA) Anque che son moreniña éche do polbo da eira xa me verás o domingo nin a rosa da roseira. (PURA) Teño lanchas teño remos teño sardiñas no mar teño unha nena bonita xa non quero traballar. (MANUEL BELLO)

16


b Meu amor é pequeno tamén eu son pequeneira heino de aprender a xastre tamén eu son costureira. (PURA) Anque che son pequeniño entre os carballiños tortos vexo nacer as herbas por debaixo dos meus zocos. (MANUELA) Moito te quero vidiña e túa nai non me quer, ese demo desa vella en todo se hai de meter. (MANUELA) Miña nai e maila túa quedan na porta berrando por culpa de unha galiña que ten amistade co galo. (ERMITAS)

17


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Paxariño gorrión dime onde tes o niño nas Torres de Altmira naquel mesmo buratiño. (PILAR) María fía na roca mete ovillo no mandil fía María fía que eu termo do candil. (ROSA) Na parroquia de Brión temos unha capilliña onde veñen os romeiros a rezarlle a Santa Minia. Santa Minia milagrosa Santa Minia milagrosa no campo de Santa Minia hei de plantar unha rosa. (AURORA)

18


b As mozas de Bastavales hai que boa festa fan, o outro día de Reises día de San Xulián. Hai ruada no pallote hai ruada no pallote pra que vaian bailar os mociños con bigote. (AURORA) Ano Novo con ben veñas, como o sol por entre as tellas, os cabritos coas cabras, e os año cas ovellas. (MANUEL BELLO) O caravel cando nace, de pequeniño arrecende, non hai cousa máis fermosa que un amor cando se pretende. (DIGNA)

19


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Anque canto, canto rabias o que as oe, as comprende deume Deus a habilidade de comprar a quen me vende. (DIGNA) Perguiza queres pan, si señora si mo dan, vai buscar o coitelo, non señora non o quero. (ROSA LAMAS) Moreniña é máis ben, moreniña é máis ben, tamén o trigo é moreno e o molete sabe ben. (ROSA LAMAS)

20


b MARQUISO Era unha noite de choiva e de frío a que pasei no muíño do río. Toda contenta empecei a cantar pra non ter medo e a noite pasar. Petan a porta saín a correr era Marquiso que viña moer. Entrou para dentro a porta cerrou e un bo desengano o pobre levou. Viña cun conto levado dos demos cousa que as mozas non sempre queremos. O pillo dicíame eu quero moer no muíño do río hoxe ten que ser. Hai Marquisiño que risa me das no meu muíño ti non moerás. No meu muíño non manda ninguén todos queren moer porque moe moi ben. Pois se ti queres pra min moerá e se non queres xa che pesará.

21


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Pois se me pesa hei de pousar pero por ti non penso chamar. Os homes cativos eu nos os podo ver e todos que veñen marchan sen moer. Desta vez digo que negra me vin pra me defender deste galupín. Como eu teño xenio logo me enfadei e co lubiadoiro no lombo lle dei. Pero Marquiso como un caradura veuse arrimando e agarroume a cintura. Boteino fóra cerreille a porta porque pensei que lle dera unha volta. Pero Marquiso que mal lle saleu levou na chepa e máis no moeu. Cántiga con son de muiñeira, recollida por ROSA BARBAZÁN, coa axuda da xente maior de Luaña. Cantábana as mozas de Vexo, na parroquia de Luaña (no ano 52 ou 54) en tempo de Antroido. Cando chegaba o Antroido, recorrían as aldeas gaiteiros e pandereteiras. As máscaras bailaban vestidas de galegas con traxes antigos.

22


b NOITE DE SAN XOÁN Por ser noite de San Xoán noite de encantos e bruxas por ser noite de San Xoán téñoche medo Maruxa. San Xoán pideulle a Cristo que non o atormentase para ver bailar o sol o día da súa romaxe. Madrugada de San Xoán madrugada moi garrida que baila o sol cando nace e rí cando morre o día. Hei de brincar o lume na noite de San Xoán hei de poñer a flor na auga para lavar a cara mañán. Sálvame, sálvame lume de San Xoán que non me morda nunca nin cadela nin can. (ERMITAS) 23


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

NOITE DE SAN XOÁN Na noite de San Xoán non vaias á fonte como vas que che poden saír as meigas disfrazadas de rapás. Na noite de San Xoán prenderás a cacharela para saltar o lume non podes caer nela. Asade as sardiñas tomade un bo viño e despois de toda a noite durmirás un pouquiño. Nesta noite máxica alá pola madrugada saen as meigas todas a facer as trapalladas. Arrancan as portelas botan petardos ao aire corren polas rúas coma unhas condenadas.

24


b Alá pola madrugada se non queres sorpresas non durmas na cama sae a rúa coma elas. Na noite de San Xoán pon un ovo na ventana antes de meterse o sol e mírao de madrugada. Na noite de San Xoán se sorte queres ter apaña chopos máis herbas para no teu tellado poñer. Na noite de San Xoán pon flores en auga de noite a rociar para o outro día a cara lavar. (ROSA BARBAZÁN)

25


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

O ANTROIDO (Regueifa entre os protagonistas do antroido na mesa)

O máis bonito ben se ve o máis valente tamén, se queres loitar comigo non teño medo a ninguén. Anque botes e rebotes e deixes de rebotar anque botes e rebotes por debaixo has de quedar. Eu son a dona da mesa, diga que non o que queira, teño orellas e fuciños comede… son a caheiraaa. Cala ti cara de porco presumida e falangueira, que onde estamos os chourizos xuntarase… a vila enteira. Facede o favor de calarreee teñámola festa en paz, xa que é hora de xantar deixemos de… parrafeareee. 26


b Veña vindo a cacholaaa, veñan vindo os chourizos, queremos telo antroido máis farteiro e máis feitizooo. Eu son o máis farteiro, eu son o máis bonito, e non hai no mundo enteiro quen poida… comigo. Aquí estamos as filloas moi amigas do antroido, el sin nós non fai festa nós sin él non temos donooo. Non acabedes a festa, estirade axiña o coiro, aquí estamos as orellas para rematare o antroidooo. Vinde, vinde meus señores, veña toda a comparsa, pros gaiteiros hai filloas e mel para… ama de casa.

27


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Vinde á festa de antroido vinde á festa antroidana, de hoxe nun ano esteamos xuntos nesta foliada. Adeus festa do antroido adeus meu amiguiñooo, ata domingo de Pascua non comerei máis touciño. (ROSA BARBAZÁN)

28


b O BURRO DO ANTROIDO Que pases bos carnavais eu así cho desexo e leva este burriño cando vaias de paseo. Mándoche este burro non che parecerá mal quero que te rías un pouco no tempo de carnaval. Se queres saber quen son pronto cho direi o martes de carnaval en Brión estarei. Non rompas a cabeza nin penses que eu son porque nunca saberás quen este burro che mandou. E se algún día o sabes non che parecerá mal todo se perdoa e máis sendo en carnaval.

29


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Adeus meu amiguiño adeus meu ben que levas este burriño sen saber de quen. A miña dirección: Rúa Zapato Número Bota Piso de suela o resto non che importa. (ROSA BARBAZÁN) Os mozos\as mandábanse “o burro” (en forma de tarxeta ou carta) normalmente para citarse; pero tamén podía ser un vacile.

30


b O MATRIMONIO O primeiro ano bico con bico o segundo cu con cu e o terceiro que tes ti que tes tu. (CHONCHA) Solteiriña non te cases aproveita a boa vida que eu ben sei dunha casada que chora de arrepentida. (MANUEL BLANCO) Ser solteiro e boa cousa e ser casado tamén, deixarei para cando morra pensar que me convén. (MANUEL BLANCO) Deus me de pacencia con esta miña muller nin ela fai o que eu digo nin eu fago o que ela quer. (CHONCHA)

31


Outro anaco de Sabedor鱈a

- obradoiros de memoria -

Es alto como un pino delgado como unha vara eu non me caso contigo que non me caves na cama. (ERMITAS) Mi単a nai por me casar prometeume bois e vacas agora que me casei doume un pote de papas. (ERMITAS) Mi単a nai por me casar ofreceume o cu dun pote e agora que me casei doume con el no cocote. (ROSA) Non te case con oleiros que os hai na mi単a terra os oleiros son de barro de barro fainos calquera. (ROSA)

32


b

vvv vvv vvv

33


Refráns Os refráns son e serán sempre unha fonte inesgotable de sabedoría, que nos axudan a comprender porqué suceden as cousas, que tempo vai facer en cada época do ano, cando temos que sementar e cando recoller, e ata nos din a roupa que temos que poñer.


b “A auga de maio, non molla o saio” (MARINA) “A muller de bo recado, enche a casa ata o tellado” (CONCHA) “En abril queima a moza o mandil” (LOURDES) “A muller de bo aliño, cría, fía, debande e vende o liño” (CONCHA) “Moza namorada, chora, rí, canta e cala” (CARMEN) “O home pon, a muller dispón” (MARUJA) “En xaneiro, bufanda, abrigo e sombreiro” (FLORA) “En abril os espárragos para min, e en maio para ti” (ERMITAS) “Si o cuco non cuca en marzo ou abril, pobre de min” (ERMITAS)

35


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

“Xuño é o mes de San Xoán, que as once con día dan” (BLANDINA) “Polo Santiago esconde o coello o rabo, e polo San Miguel vólvese a ver” (ERMITAS) “En setembro, polo San Miguel, están as uvas o mesmo co mel” (BLANDINA) “En febreiro, corre a auga polo regueiro” (FLORA) “Cando canta o cuco, ven o pan o suco” (DIGNA) “Mentres a formiga traballa, a chicharra canta” (MANUEL BELLO) “Can rabelo, arrenegado como o demo” (ROSA) “Cando en marzo canta a rá, en maio xa calará” (ROSA) “A confianza é a nai dos perdidos” (MARUJA) 36


b “A cabra cega, o monte é largo” (MANUEL BELLO) “A lúa de xaneiro é a máis clara do ano enteiro” (LOURDES) “Quen neste mundo quere andar, ten que oir, ver e calar” (ESTHER) “A verdade é coxa, pero chega” (ERMITAS) “Moitos son amigos, e poucos os escollidos” (PILAR) “O que visita na voda e non na enfermidade, non é amigo de verdade” (ERMITAS) “Faite o parvo, está calado, e terás moito logrado” (CARMEN) “Fíate en deus e non corras, e verás que pelo botas” (PILAR) “Fillos criados, traballos dobrados” (JOSE) 37


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

“Xuventude e leña verde, todo é fume” (ISOLINO) “Folla de millo, para durmir é boa; frouma do pino, déixaa para túa sogra” (PILAR) “Galo que non canta en xaneiro, sirve para calquera poleiro” (MANUEL BELLO) “Lúa ó mondigo, baixamar no río; lúa posta, baixamar na costa” (MANUEL BLANCO) “Maio turbado e San Xoán craro, fan un ano temperado” (LOURDES) “Meu santiño San Andrés, eu como foi non sei… fumos dous e viñemos tres” (PILAR) “Moito e ben, non o fai ninguén” (DIGNA) “Morra a marta, morra farta” (MARUJA) “Na semana da Ascensión, tres días de carne e tres días de non” (PILAR) 38


b “Na terra dos lobos, hai que ouvear coma todos” (MANUELA) “Nabo, nabiza e grelo, trindade do bo galego” (FLORA) “Gárdate do can que non ladra, e do home que non fala” (ROSA) “Gato escaldado, a auga fría tenlle medo” (ESTHER) “Ata San Pedro bota o millo o as fabas sen medo” (ROSA) “Home que o erguer di “upa”, e ó sentar día “ai”, non sirve para a filla fa miña nai” (CHONCHA) “Labrador sen carro, can sen amo, curro sen balado e nena sen amor, sonche a cousa peor” (ISOLINO) “Non sirvas a quen serviu, nin pidas a quen pediu” (FLORA) “Nos meses sin “r”, marisco non comas, nin marisco merques” (JOSE) 39


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

“Nunca faltou un roto para un descosido” (MARINA) “O barato de balde é caro” (LOURDES) “O home é lume, a muller estopa, chega o demo… e sopra” (PILAR) “O pan con ollos, o queixo sen ollos e o viño que salte ós ollos” (ISOLINO) “Ovella que bea, bocado que perde” (FLORA) “Febreiro, catro capas e un sombreiro” (BLANDINA) “Febreiro, como o tres todo o mes” (CARMEN) “Can fraco, todas son pulgas” (PILAR) “Sabe máis o demo por vello, que por demo” (CARMEN)

40


b “Quen ben te quere, farate chorar” (MARINA) “Non as fagas, non as temas” (MANUELA) “Tanto lle quere o demo a súa nai, que lle quita os ollos” (ERMITAS) “Santa Lucía saca na noite e mete no día” (ENCARNA) “O que come na tixola, perde a memoria” (MANUELA) “Tres cousas hai que sempre frías están: barriga do home, cu da muller e fociño do can” (PEPE) “O que nunca tivo un porco e agora ten un porquiño, anda todo o día quiniño, quiniño” (PEPE) “Cando os cartos falan, os demais calan” (PEPE)

41


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

“A galiña que canta como o galo, quere ver o seu amo enterrado” (LOURDES) “Non compres a quen comprou, compra a quen o herdou, que non sabe o que custou” (ROSA LAMAS) “Non busques a túa moza o día da romaría, busca pola semana ca roupa de cada día” (ROSA LAMAS)

42


b

vvv vvv vvv

43


Expresións populares Recollemos expresións ou frases, que se utilizaban moito antes, e que están a perderse. Esta xeito de falar, reflexa a riqueza lingüística e poética do noso pobo.


b “Barres por onde pasea a noiva” (Barrer só por onde se ve) ESTHER LAGO “O que so queira estar, que so se vexa” MARUJA “Deus castiga sen pau e sen pedra” LOURDES “Son pa un cesto” (Cando estas falando e non che fan caso) ESTHER “Non chuspas para arriba…” (O que che parece que nunca che vai pasar, moitas veces acábache pasando) PILAR “Que estas sexan as balas que me atravesen” (Brindando) ELENA “Chega o sábado a noite, María colle a roca e ponse a fiar” (Cando se fan as cousas tarde, mal e arrastro) MARUJA “Non se oe nada Sr. abade” (Cando te fas o xordo) CARMEN “Es bruta coma un arado vello” MANUELA 45


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

“Eu non comulgo con rodas de muíño. (Significa que non cres o que che están dicindo) LOURDES “Tés cara de leite fervida”(Cando estás pálido e tés mala cara) MARUJA “O que ten cu, ten medo” MANOLO BELLO “A vergonza era verde, e comeuna unha cabra” (Cando alguén di: “dáme vergoña”) ESTHER “Está San Pedro revolvendo as patacas” (Cando trona) CHEMA “O carrizo da chinchola, un pouco rí e outro pouco chora” (Cando os nenos pequenos non saben si rir ou chorar) ESTHER “Non hai soberbia que non caia, senón a que non se bota” MANUELA “San Silvestre, meigas fora” (Cando che caen as cousas) MANUELA

46


b “Padrica meu frade, por un oído me entra e por outro me sae” (Cando che botan unha reprimenda, pero non che interesa o che din) MANUELA “Arre negado sexa o demo, en algunha romaría xa parecen os homes a borra da cascarilla” (Dicíase cando ías a unha festa e os homes eran moi cativos) DIGNA “Xacomín era gaiteiro, e non quero máis tamborileiro” (Cando che ofrecen algo, e dis:” non que xa comín”) DIGNA “Xuntouse a fame coa gaña de comer” (Cando se xuntan dous que son parecidos) MARUJA “Falas máis que unha matrácula” ROSA BARBAZÁN “Ten queda” (Significa: queda quieta) ROSA “Hai roupa ó sol” (Cando había nenos diante,e non se podía falar dalgúns temas ) LOURDES CAMPAÑA 47


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

“Moito lle da a tinxideira” (Para dicir que é moi falador) PILAR “Pareces un arpeu” (Cando unha persoa ía mal arranxada) PILAR “Ir á trapa” ou “Ir ó común” (Ir ó baño) MARINA “Andar sempre atrás, como a ravela do arado” MANUELA “Nunca choveu que non escampase” (Xa virán tempos mellores) ESTHER “Está o galiñeiro alborotado” PILAR “Trastes vellos, o faiado” (Cando non teñen en conta os maiores) PILAR “Díxolle o pote ó caldeiro, chégate alá que me luxas” (Cando unha persoa se da moita importancia) PILAR

48


b “Auga pasada non move muíños” (Para que non se teñan en conta as cousas pasadas) BLANDINA “Hai que gardar das risas para as choras” (Cando che vai ben, aforrar por si veñen tempos peores) MARUJA “Non estires o pé máis do que da a manta” (Non levar unha vida por encima das túas posibilidades) LOURDES “Non hai pouco que non chegue, nin moito que non se acabe.” BLANDINA “O home fai os cartos, pero os cartos non fan ó home.” MARINA “Na casa dun, ata o cu descansa.” MARINA “Cada un na súa casa é un rei.” JOSE “Amiguiño si, pero a vaquiña polo que vale” (Nos negocios non hai amigos) ERMITAS 49


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

“Dígoche filla, enténdeme nora” (Falar ca filla diante da nora, algo que non te atreves a dicirlle directamente a ela) MARUJA “Ese é un castigo de Deus.” CARMEN “É máis feo que pegarlle a un pai.” CARMEN “Non sabe o raposo cando as galiñas dormen fóra” PILAR “Este non di máis que pataqueiradas” LOURDES “A ti aínda non che xiou na cabeza.” “Ti aínda non lle viches o cu a curuxa” (Significa que debes madurar) ISOLINO “Non está o alcacén pra gaitas” (Cando andan as cousas revoltas, e non hai gañas de leria) CARMEN

50


b

vvv vvv vvv

51


Narracións Nesta recompilación de narracións, amósanse as diferentes personalidades dos autores deste libro. A maioría delas son froito de vivencias persoais, nas que contan tradicións xa esquecidas ou lembranzas de días moi sinalados. Tamén nos falan de lugares moi importantes para eles, que queren compartir con nós.


b A ALAMEDA DE SANTIAGO Na alameda de Santiago están as dúas Marías peregrinos e galegos quítanlle fotografías. A alameda de Santiago ten árbores , flores e un bonito paseo, para ver os teus amores. Nun banquiño redondo sentan os namorados, mirando para a catedral soñando con acabar casados. DOLORES OTERO

53


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

A MATA DO PORCO Agora mátase o porco en calquera tempo, ou xa non se mata; pero o tempo de matar o porco era polo Sanmartiño. Era un día de moito traballo pero tamén de festa e ledicia, porque se comían cousas que non se probaban o resto do ano, como o raxo ou os miolos. Todos os da familia viñan a axudar, polo que a diversión estaba asegurada. A casa enchíase de cheiros, que eran moi peculiares, uns bos e outros malos. Deste animal aproveitase todo, ata o sangue e as tripas gordas; co que se fan as morcillas. Botáselle, ademais do sangue, pan esmiuzado (mellor duro), pasas, piñóns, figos, azucre, especias para morcillas e faise un rustrido con graxa e cebola. Énchense as tripas e cócense, despois sácanse e cólganse a secar. Cómense fritas na tixola, cortadas en toros. Outra cousa que se fai sempre, son os chourizos, que se fan con carne picada, pemento doce e picante, allos moi picadiños e sal. Revólvese todo e deixase en maceración uns días, despois métese esa mesturase nas tripas delgadas, átanse e póñense a afumar. ERMITAS Cando se mataban os porcos era festa familiar, o gran día dos rinchóns que non podían faltar. BLANDINA 54


b A MULLER DO AGRO Muller, fouce, agulla, leira, monte, seiva de vida na casa, sofrida, xeitosa, forte, ledicia, axuda, compaña, espiga sen debullar. Formiga traballadora alma e ollos sempre expertos, espilida e humildosa xornaleira en lar alleo, obradoira no seu lar. Tecelana da montaña artesana das mariñas sempre abondosa e runfleira coma as frondas das sombrizas no fondo do piñeiral. Labradora ou mariñeira pomba , raíña no pombal que agadoupa pola vida invernos nas leiras o rente do río e choros e prantos na beira do mar. 55


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Muller, eu che rindo homenaxe arestora, e non sei ó dicir o teu nome si rir ou chorar. Este precioso poema, trouxo CARMEN, sacouno da “Revista Betanzos” (1942) e o seu autor é: Obdilio Vaquero Galindo.

56


b ALUMEAR O PAN Facíase sempre o 30 de Abril, para que o centeo medrase ben e san. Tíñamos que ter un varal ou vara grande, e que estivese seco, porque si estaba verde pesaba máis. Quitábamos a palla de centeo do palleiro, iámola poñendo no chan, e ó ter o mesmo longo que de varal, poñiamos outra fila por riba. Logo facíamos unhas corres de palla, que había que retorcer moi ben para que non rompesen. Atábase toda a palla coas corres, empezando por riba e deixando un cacho sen atar, que era onde se ía poñer o lume. Así que viña a noitiña, saiamos todos os da aldea en fila para a veiga, que era onde estaba o centeo, ao chegar alí prendíamos lume nos fachicos, e ollo! moi importante era acadar a maior altura posible co fachico, ademais de alumear mellor. Era un día moi esperado, porque o pasábamos moi ben. Facíanse competicións e ata pelexas coas varas, e sempre había troula. LOURDES

57


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Cantábase: Alumear o pan no día de San Xulián cada espiguiña de trigo o seu ferradiño de pan. MARUJA Alumea o pan cada espiga o seu cribán. MANUELA

58


b AS NOSAS QUERIDAS NAIS O 1º domingo de Maio é un día moi especial, no que debemos lembrar as nosas queridas nais, que nos deron de mamar. Algúns xa non as temos porque Deus así o quixo pero aos que as teñades non as tiredes o lixo. Nai hai unha soa e tédela que coidar, porque unha vez que os falte de menos a ides botar, porque neste mundo non hai como os biquiños e caricias dunha querida nai. Agora veume a memoria un verso que así dicía: “Vin unha nai rezando aos pés da Virxe María era unha santa escoitando o que outra santa dicía”. 59


Outro anaco de SabedorĂ­a

- obradoiros de memoria -

Vamos darlle un aplauso porque creo que o merecen e elas como son bueniĂąas seguro que nolo agradecen. ISOLINO

60


b ASÍ É A MIÑA VILA AGORA A parroquia é Viceso aldea de Vilar un sitio moi bonito para poder visitar. Ten un novo alumeado e beira rúas para pasear, podedes traer o coche porque tendes onde aparcar, é a envexa de todos que pasan polo lugar. Recóllennos o lixo unha vez por semana lévano para Lousame e non para Sogama. Temos unha liña de transporte pois iso é o primeiro de Luaña para Santiago pasa Modesto Riveiro. Hai dúas granxas gandeiras pero están modernizadas non están de calquer maneira, 61


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

tamén temos un ferreiro e unha costureira, non acaba aquí a lista pois tamén temos na aldea un médico dentista. Para que vexades que é unha aldea moderna, non temos restaurante pero si unha taberna. E se temos todo o que dixen que máis podemos pedir saúde ao noso Señor para moitos anos vivir. ISOLINO

62


b ASÍ PENSABAN OS HOMES DAS MULLERES HAI 60 ANOS As mulleres do século presente xa queren ao home en todo igualar fuman negro, montan en vespa e cortan o pelo ao ras. Guían coche ao mesmo ca un chofer non lles asusta ningún tropezón en bares discuten e beben a algunhas exhiben un bo pantalón. Xa non queren saber nada de bordados, guisos nin coser e aquel que pretendan por marido estas cousas terá que aprender. E se chega a vir un bebé ai! que festa que será non saberá quen é papá ou mamá. ISOLINO

63


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES As mulleres deste mundo para poder malvivir, ademais de traballar tamén teñen que parir. Isto é unha cousa que así dispuxo Dios; porque se non fora por elas, ai! se tiveramos que parir nós. Elas coidan dos seus fillos, de pequenos e maiores, non lles importa o traballo pois fano de mil amores. Queren a igualdade e teñen toda a razón, porque hai moitas que traballan sen gañar un patacón. A violencia hai que cortala e facelo urxentemente, para que o home e a muller se respecten mutuamente.

64


b Para que isto sexa así, eles téñense que entender porque na vida é bonito gañar pero tamén hai que saber perder. Está visto e comprobado e ninguén o pode dudar, que as mulleres hoxe en día non teñen porque aguantar, que as insulten gravemente ou que lles queiran pegar, porque teñen o dereito para poder denunciar. Pobre daquel home que teña tal intención, pois acabará os días metido nunha prisión. A violencia hai que cortala e facelo urxentemente, para que o home e a muller se respecten mutuamente.

65


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Nalgunha parte do mundo a muller non vale nada, cómprana como unha mercancía para logo ser explotada, traballando como escrava e despois ser violada. E para que isto nunca pase nin na terra nin en Marte, temos que poñer todos algo da nosa parte. Isto eu remataríao cun verso pequeniño: “que o home trate a muller con máis tenrura e cariño, pero tamén é importante que Deus nos de sentidiño”. ISOLINO

66


b MUÍÑOS Os muíños do Muiñeiro levan moito millo moído para todo Bastavales e tamén para Bugallido. Viñan aquelas mulleres cos saquiños na cabeza e os homes cos sacos ó lombo pa despois levar fariña e facer masa na artesa para cocer broa no forno. Quen compuñeu os muíños era Hipólito Fontáns que para compoñelos muíños tíñache moi boas mans. A aldea do Muiñeiro tiña dous ou tres veciños visitada as vinte catro horas do día polos que viñan ós muíños.

67


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Agora a aldea do Muiñeiro ten só dúas casas que están moi ben construídas pero están pouco visitadas. COUSAS DE CASTRO VELLO

68


b O SANTO ARANDEL O campo do Santo Arandel ten unhas árbores que dan sombra para comer debaixo delas sardiñas, cachelos e broa. E tamén lle fixeron lareiras e mesiñas de pedra para facer as fogatas e xuntarse as familias o día da romaría. O campo do Santo Arandel non ten silvas nin ten toxos e está moi preparado para que bailen os mozos. Os que veñan a esta festa han de marchar satisfeitos van comer broa, cachelos e sardiñas e máis viño do ribeiro. Veño do Santo Arandel do Santo Arandel eu veño veño de comer sardiñas, broa e máis cachelos. 69


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

E con isto dixen todo non teño máis que dicir queira Deus para o ano poidades volver a vir. COUSAS DE CASTRO VELLO

70


b OS MONTES DE GALICIA Galicia todo é beleza, mirada por onde queiras e todo natureza; que bonitos son os montes teñen un verde exemplar, teñen pedras misteriosas os ríos saen ao mar. Porque queiman os montes? que nos van arruinar non saben o mal que fan moitos tiñan que pagar. Os paxariños escapan os que poden escapar, porque no medio do lume morre todo o que alí hai. Que pena nos dan os montes fican as pedras ao sol, respiramos a borralla que nos tinxe o corazón.

71


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Cando miro para o monte teño ganas de chorar, non hai pinos nin carballos, non hai leña para o lar. Por iso a vida é curta e nos temos que aprender, que vivir o día a día e o que temos que facer. BLANDINA

72


b OS QUINTOS DO 57 Quintos do 57, xa vos podedes preparar, porque no mes de febreiro vos tendes que incorporar. Xa vai chegando a hora de preparar a maleta, que a mili vos espera, con diana e con retreta. Todos marchan aflixidos, tristes e desconsolados, pensando nas noivas que lles quedan esperando. Para ti xa se acabaron as festas e diversións, agora só che quedan dereitas e variacións. Preocupados por facer ben a instrución porque como a fagas mal, pasarás o pelotón. 73


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

A boca óleche a rancho, as mans a fusil a espalda a macuto e o oído a cornetín. Deixaranche o machete e o fusil, correaxe e municións, e unha manta de durmir. Tamén che deixarán a “seriana”, a gorra e ata o gorro, que che queda máis mili que o soldado de “cascorro”. MARUJA (Recordo do seu marido cando fixo o servizo militar)

74


b PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA DUNHA NENA HAI SESENTA ANOS Despois de tantos anos, e lémbrase claramente dese día, un día moi importante. Era un luns de setembro, as nove da maná, e díxolle a súa nai: -Arriba preguiceira, que tés que ir á escola. A nena brincou da cama e o casulo ruxeo, a súa irmá protestou. A súa nai lavoulle a cara con auga moi fría, cousa que non lle gustaba nada, e atoulle o pelo con dous lazos brancos. Púxolle na man: o silabario, a “pizarra” e o “pizarrillo” e deulle un bico. Non a levou ninguén a escola, foi soíña; o día antes, seu pai xa lle ensinara onde era. Chegando a escola, bateu no chan e rompeu o “pizarrillo”, que era moi delicado. Cando chegou, xa estaban dentro, e non se atrevía a entrar. Paseou por diante da porta dúas ou tres veces, e a mestra saíu a fóra e preguntoulle como se chamaba, díxolle o seu nome e tamén os de todos os da súa casa, incluído o can. A mestra sentouna o lado dunha nena loura; aquela nena era gordiña e tiña envexa dela, pensaba: “A esta seguro que lle dan moito leite, rosquillas e ovos”, o que máis lle gustaba a ela, pero deso vía pouco. O mediodía, cando foi para casa, fixéronlle moitas preguntas, ela sentíase moi importante porque aprenderá moitísimo. Xa 75


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

falaba castelán, nunca o oíra falar ata ese día. Tamén aprendeu a ser valente: “Eu non chorei” díxolle a todos. Aprendeu a compartir as cousas, a nena loura que era máis vella que ela, pediulle o anaco máis grande do “pizarrillo” e tivo que darllo, alí mandaba a nena loura. O que máis lle custaba era estar queda, catro horas eran unha eternidade para unha “bule-bule” coma era ela. A mestra ademais de ser mestra tamén era “doña”, e tiña as mans brancas, finas e con uñas longas; nunca tal vira… En fin, solo tiña seis anos, e este primeiro día para ela significou moitísimo. Para o día seguinte xa quedaba menos. CARMEN

76


b RETRATO DA AULA DE MEMORIA DA TARDE Está Ermitas ó meu lado falamos e falamos cordialmente e sen enfado Rosa é a bibliotecaria garda todo na casa e tamén na memoria. De profesora temos a Elena intelixente e moi alegre con ela non hai pena. Estou mirando a Pilar moi traballadora, dálle por falar e sempre ten ganas de cantar. En fronte teño a Lourdes modelo de exemplo e esforzo está aí, sempre cumpre. Tamén teño diante a Lourdiñas participa en todo, traballadora e moi boa rapaciña. Blandina é moi doce e tranquila sae para adiante e sempre espabila. 77


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Marina pon moita atención de signo libra fai as cousas con corazón. O José vai por diante e como está moi atento sempre lle sobra o tempo. Tamén temos a Isolino o poeta de Brión sácalle chiste a todo con el rimos un montón. Doutro lado teño a Flora aplícase moito, non perde o tempo e aproveita moi ben a hora. O final estou eu muller de pouca memoria non podo tomalo a coña se non me fixo ben dou vergoña. Si vos fixen mal retrato pídovos perdón apréciovos a todos fíxeno de corazón. CARMEN

78


b UN PASEO POR BRIÓN Un grupo de veciños de Brión, organizamos unha excursión polo Concello, porque hai moitos recunchos que aínda non coñecemos. Quedamos na Carballeira de Santa Minia, un lugar máxico cun encanto moi especial. O día non nos acompaña, porque está moi anubrado, pero aínda así dispoñémonos a gozar deste paseo, equipados con paraugas e chuvasqueiros pero moi ilusionados polo que vamos ver. Dende aquí un bus lévanos ata Ons. Ca mochila ó lombo iniciamos o noso recorrido dende o centro de piragüismo. Polo camiño a paisaxe é preciosa, vémonos rodeados de pinos, eucaliptos, carballos, castiñeiros… e de plantas como as brotas, toxos e loureiros, entre outros. A natureza móstranos todo o seu esplendor. Imos bordeando o río Tambre, e detémonos para observar os topónimos que definen distintos paraxes, como O Gandarón, Saniña, A Dorna, Vilela, A Gamallosa, Alvares, Sucanal, Pesquiera de Pasos, Peana da Copa, Covas de Pachón, Salaño, Coto dos Barbudos e Pías. Pasamos polas aldeas de Pazo e Fonteparedes, e chegamos á igrexa de Ons, unha magnífica construción de arte Neoclásica, onde se venera a Santa Eufemia e a Santa Rita; dende este lugar temos unhas magníficas vistas. Facemos unha parada para xantar, e imos ata Bastavales. Alí visitamos O Santo Arandel, cerca da aldea de Beca, onde atopamos unha carballeira con mesas e bancos de pedra e un altar, onde se celebra a misa o día da romaría do santo, o último domingo de Agosto. Ademais de homenaxear o santo, a xente 79


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

reúnese para comer sardiñas con cachelos e broa, regado con viño do país. Deixamos atrás a carballeira, e a man esquerda tomamos o camiño que nos leva o Castro Lupario, o camiño está cheo de vexetación, pero finalmente chegamos as ruínas da muralla do castro, datado no ano 500 a.C., está ben conservada, e tamén vemos a “Eira dos Mouros”; os mouros son personaxes mitolóxicos da cultura celta. Baixando do castro, dirección Francos atopamos unha ponte e parte dunha calzada romana, sobre o río Tinto. O nome desta ponte é “Ponte dos Mouros”. Cerca do camiño, baixando cara ó río, entre as matogueiras hai un burato, que din conduce a un túnel, que sae á “Eira dos Mouros” no Castro Lupario. Pasamos por Cabanelas, moi importante porque alí atopouse a talla do Santo Arandel, que data do século IX. Atopouse nun regueiro ó lado do lavadoiro da aldea, e na actualidade está no Museo do Pobo Galego . Chegamos á aldea de Francos, famosa pola romaría de San Martiño, que se celebra o 11 de novembro, nesta festa celébrase a feira cabalar, de gran interese na comarca. Aquí tamén se atopa un cruceiro do século VIII e a Capela do Espírito Santo. Abandonamos a aldea de Francos e volvemos a pasar pola Ponte dos Mouros en dirección a Angueira do Castro. Bordeando o Río Tinto a paisaxe e moi fermosa, deixamos a nosa esquerda o Pazo de Faramello. Pasamos por Angueira do Castro, unha aldea preciosa, ten un pazo e casas de pedra, algunhas restauradas. 80


b Chegamos ó final do noso paseo, porque xa estamos cansos. Aínda nos queda moito que recorrer, pero temos que deixalo pra outro día. LOLI VARELA

81


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

XIRINELDO Xirineldo, Xirineldo paxe do rei máis querido, quen me dera, Xirineldo, pasar a noite contigo! -Como son o seu criado, señora, burla comigo, -Non me burlo, Xirineldo, porque de veras cho digo. -A que hora hei de vir, señora? A que hora hei vir ó castillo? -Alá pola media noite, que estará o meu pai durmindo. Inda non deran as doce, Xirineldo no postigo. Espertou o rei dun sono, dun sono moi pensativo, colleu a espada na man e foi rondar o castillo; chegou o cuarto da infanta e os dous viu durmindo.

82


b -Qué farei eiquí, meu Deus? Qué farei eiquí Dios mío? Si é que mato a Xirineldo, é o meu paxe máis querido; si é que mato a miña infanta, queda o meu reino perdido. Porei a espada no medio para que sirva de testigo. Espertou Xirineldo, dun sono espavorecido; foille dar os días ó rei mal calzado e mal vestido. -De onde ves ti Xirineldo, tan triste e descolorido? -Veño de cortar rosas e de rondar o castillo. -Dime a verdade Xirineldo, que eu de corazón cho pido. -Máteme, máteme agora, que llo teño merecido. -Si te quixera matar moito tempo teño tido; casaraste coa infanta, gobernarás o castillo. CHONCHA

83


Rezos e panxoliñas Non pode faltar un apartado dedicado ás pregarias, porque neste pobo somos xente moi devota, principalmente da nosa santiña: Santa Minia. Tamén lembramos algunhas panxoliñas que se cantaban en tempo de Nadal, os máis novos ían polas aldeas, a pedir o aguinaldo.


b ALÁ VAI NOSA SEÑORA Alá vai Nosa Señora do Exipto pra Belén, leva o seu fillo no colo que lle parece moi ben, e no medio do camiño pediralle de comer, -Qué che darei eu, meu fillo, qué che darei eu, meu ben? O pan ten moita area, e a auga lixosa ven. Encontrará unha maceira que moi ricas mazáns ten; o ceguiño que as gardaba non llas podía coller. -Dame unha mazán , ceguiño para este Neno comer. -Entre, Señora, na horta e colla das que quixer; escolla das máis pequenas que son de millor comer. Come o Neno a mazán e o cego empeza a ver. -Quén che deu a vista, cego. cego quén che deu tal ben? -Pois doumo Nosa Señora e Xesús de Nazarét. (CHONCHA) 85


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

HIMNO DE SANTA MINIA Gala deste chan galego Minia! santiña avogosa válenos nena fermosa ti que vives xa no ceo. En Roma fuches nacida e mártir os quince anos foi asombro dos paganos a ofrenda da túa vida. Coa fe en Deus co ánimo aceso de Cristo cual fiel esposa ti que vives xa no ceo. ESTHER

86


b O NACEMENTO DO MESÍAS A noite de Nadal é noite de gran alegría, camiñando vai Xosé e máis a Virxen María. Camiñan para Belén para chegar con día, cando a Belén chegaron toda a xente durmía. Abre as portas porteiro a Xosé e a María, as portas non se abren ata que chegue o día. María estaba cansada María xa non podía, encontraron un portal que alí seica había, para gardarse da noite e do frío que facía. Alá pola media noite pariu a Virxe María, nun pobre pesebre onde a mula e o boi comían. 87


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Deitou ao neno nas pallas que no pesebre había, a mula e o boi co alento calor darían. María estaba tan pobre que un farrapo non tiña, sacou o velo branco que o seu cabelo cubría, fixo catro anacos e ao neno envolvía. Baixou un anxo do ceo, ricos panos traía, uns eran fina pana outros de lana fina. Outros de seda bordados para a Virxe María, o anxo viña cantando Bendita sexas María. Cando se enterou o pobo de que alí acontecía, foron a adorar o neno e ricas cousas traían.

88


b Chegaron dende Oriente os tres reis Magos, guiados por unha estrela ante o neno se postraron. Adoraron ao neno, uns agasallos traían, nun cofre de prata ouro, incenso e mirra. De volta a Oriente colleron outro camiño, para despistar a Herodes que non soubera do meniño. Xesús naceu pobre e humilde, pola nosa salvación, os trinta anos morreu na cruz, pola nosa redención. Agora vive no ceo ao lado do seu pai, e dende onde está, téndenos a todos a súa man. (ROSA BARBAZÁN)

89


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

ORACIÓNS DEDICADAS A VARIOS SANTOS Santa Bárbara bendita que no ceo estás escrita garda o pan e garda o viño garda a xente que vai polo camiño. ESTHER Miña santa Margarida, miña Margarida santa, tedes a casa no monte onde o paxariño canta. LOURDES Adeus, Virxen do Cristal, suspiriños que me levas! se che foran graus de millo sementarían moitas terras. FLORA Á Señora da Saleta o meu dengue lle hei de dar para que se me case a filla co máis rico do lugar. CARMEN MARQUE

90


b Tamén vai Nosa Señora entre as que pra sega van, fouciño de ouro no brazo e o Neniño pola man. MARUJA Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra, ben o podía ter de ouro, miña Virxe, se quixera. CHONCHA San Francisco é moi probiño, ten remendado o saial, val máis saial con remendos, que val un manto real. MANOLO BLANCO

91


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

PADRE NUESTRO MAIOR Padre nuestro maior sangue do noso señor, ánxeles van polo ceo, todos en procesión. San Pedro leva a cruz, San Xoán o pendón, entre eles todos vai Xesús cravado, atado de pés e mans, aberto polo costado. O sangue que del caía, caía nun cáliz sagrado, e o home que o beba neste mundo será reinado, e no outro rei coronado. O que esta oración dixere, todos os venres do ano, quita unha almiña da pena e a súa do gran pecado. ROSA BARBAZÁN

92


b PANXOLIÑA DE NOITEBOA Cun sombreiro de palla un galego a un portal foi; mentras adoraba ó Neno, comeulle o sombreiro o boi. Falade ben baixo, petade pouquiño pra que non esperte o noso Neniño, que é moi pequeno, moi pequerrechiño. Vinde axiña, compañeiros. vinde e correde ben e veredes ó Mesías nun pesebre sendo Rei. Vinde axiña, compañeiros,´ que xa todos van alá, que eu tamén lle levo un queixo, que é pro Neno e máis pra Nai. MANOLO BLANCO

93


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

PANXOLIÑA DE REIS Cantámosche os reises orellas de burro, cantámosche os reises fixécheste mudo. Cantámosche os reises canelas de cabra, cantámosche os reises non nos deches nada. CARMEN REMESAR

94


b SEÑOR MÍO PEQUENIÑO Señor mío pequeniño alá fun, alá cheguei tres Marías encontrei preguntando por Xesús. Xesús estaba na cruz cos peíños a sangrar chamando por Magdalena que llos viñera limpar. Tente Magdalena tente non llos veñas estimar estas son as cinco llagas que por ti han de pasar. Rudiei e rudiei cen leguas de monte andei encontrei nosa Señora cun ramalliño de oliva. Eu pedinlle unha folliña ela doume o seu cordón San Silvestre, San Simón bendíceme este cordón que mo dou Nosa Señora da raíz do corazón. AURORA 95


Receitas Coa riqueza gastronómica da nosa terra, e co que nos gusta comer, tiñamos que incluír un apartado de receitas. Quixemos recoller receitas case esquecidas, de comidas que hai moitos anos que non facemos, pero que nos gustaban moito; ademais de receitas actuais que son fáciles de facer e están boísimas.


b ARROZ CON BACALLAU -6 dentes de allo -2 pementos verdes -1 pemento vermello -2 culleradas de pemento doce -400 grs. de bacallau

-1 cunquiña de arroz por persoa -Chícharos

PREPARACIÓN:

1º) Dourar os allos en aceite de oliva 2º) Retirar os allos e fritir os pementos cortadiños. 3º) Engadir o pemento doce e o bacallau escorrido. 4º) Botar o arroz e os chícharos, pasalos un pouco. 5º) Engadir 3 cunquiñas de auga por cada unha de arroz. Cociñar de 12 á 18 min., segundo gusto. LOLI

97


O���� ����� �� S��������

- obradoiros de memoria -

BOLOS DO POTE -Fariña de millo -Centeo -Sal

PREPARACIÓN:

Facemos un bo caldo cuns osiños de costela e de lombelo, e un cacho de touciño da barriga. A masa dos bolos leva: tres partes de fariña de millo, unha de centeo, e auga férvida con sal. Mesturamos todo isto, facendo unha masa que deixaremos repousar un pouco. A esta masa dámoslle forma de bolos do tamaño de pelotiñas de tenis. Nunha pota anchiña, botamos a auga do caldo que fixemos e cocemos os bolos durante unha hora. Cómense coa carne do caldo. Se sobran facémolos en lonchiñas e quéntanse na tixola. LOURDES 98


b CALDO DE VIXILIA -1 cunca de fabas frescas -1 cunca de arroz (mellor do redondo) -1 cenoria picada -1 pemento vermello picado

-1 cebola picada -1 allo picado

PREPARACIÓN:

1º) Remollar as fabas. 2º) Botalas a cocer en auga fría (6 cuncas de auga) 3º) Cando empece a ferver , botar o arroz e cocer todo a lume lento 20 min. 4º) Facer un rustrido ca cenoria, o pemento, a cebola e o allo; rustrilo ben cunhas areas de sal e engadirlle pemento doce e comiños. Botalo na pota do arroz cando ferva. Deixalo repousar antes de servir, pero aínda está máis rico ó día seguinte. ESTHER

99


O���� ����� �� S��������

- obradoiros de memoria -

FARANGULLAS DE BROA -1 cebola mediana -300 grs. de broa -1 cullerada de graxa de porco

PREPARACIÓN:

1º) Rustrir a cebola, moi picadiña. 2º) Engádeselle a broa esmiuzada, teñen que quedar secas e ben cocidas. Pódeselle engadir medio chourizo ou unhas liscas de touciño (sempre que non teñas colesterol) CARMEN

100


b LOMBO DE PORCO CON SALSA DE NOCES - 1 Kg. de lombo de porco - Aceite, sal,pementa e pirixel.

Para a salsa de noces: -1 puñado de noces -1 cunquiña de pan raiado -1 cunquiña de leite - Salsa do lombo

PREPARACIÓN:

1º) Salgar e pementar o lombo. Pasámolo pola tixola para selalo e que non perda os xugos e quede máis tenra. 2º) Colocamos a peza de lombo nunha placa de forno cun chorro de aceite, unha culler de auga e un pouco de pirixel. 3º) Cocémolo durante 30 min. a 180º. 4º) Sacámolo e colocámolo nunha fonte para servir, torámolo sen chegar a cortalo de todo. 5º) Para facer a salsa: poñemos un cazo ó lume con parte dos xugos que soltou o lombo, engadimos as noces picadas, o pan raiado e o leite. Deixámolo ferver sen deixar de remexer para que non se corte, hasta que espese un pouco. 6º) Botámoslle a salsa por riba da carne e servímolo con guarnición de verduras. Podémolos acompañar con puré de patacas.

LOLI VARELA 101


O���� ����� �� S��������

- obradoiros de memoria -

MADALENAS DE PABLO -4 ovos -250 grs. de azucre e un pouco de azucre avainillado -150 grs. de aceite de xirasol -120 grs. de leite

-350 grs. de fariña de trigo -2 sobres dobres de gasificador (especial madalenas) -A reladura dun limón -Optativo: noces picadas, pebidas de chocolate, arandos…

PREPARACIÓN:

1º) Separar as claras das xemas 2º) Mesturar as xemas co azucre, remexer ben e engadirlle o leite e o aceite, seguir a remexer. 3º) Mesturar moi ben a fariña co gasificador e filtrala (cun coador). Engadila á mestura pouco a pouco. 4º)Engadir a reladura do limón e as claras a punto de neve, con coidado e movementos envolventes. 5º) Deixar repousar a masa na neveira 30 min. 6º) Poñer na bandexa do forno os moldes de silicona, ou flaneras, cos papeis das madalenas dentro, botar a masa sen encher os moldes (3/4 partes) e botarlle un chisquiño de azucre por riba. 7º) Cocer a 200º, co forno por enriba e por debaixo, aproximadamente 15 min.

PABLO 102


b PAPA LA VERZA - Caldo galego - Fariña

PREPARACIÓN:

Faise un caldo galego, como todos coñecemos. O primeiro día cómese o mellor, ó final cando queda auga sola, bótase fariña, reméxese ata facer papas. Chámase papa la verza porque sempre quedan restos de verzas. BLANDINA

103


O���� ����� �� S��������

- obradoiros de memoria -

RECEITAS DE ENTROIDO ROUPA VELLA (cos restos do cocido) - Restos de carne do cocido - Cebola -Patacas ou garavanzos

PREPARACIÓN:

1º) Pícase a carne que nos sobrou do cocido. 2º) Picar cebola, rustrila e mesturarlle a carne. Revolver uns 5 min. para que se mesturen os sabores. Servir con patacas fritidas (en cadrados) ou con garavanzos. ESTHER

104


b RECEITAS DE ENTROIDO FILLOAS -1 litro de leite -1 litro de auga -12 ovos -1 Kg de fariña de trigo (mellor da casa)

-1 culleriña de sal

PREPARACIÓN:

1º) Mesturar todo, primeiro o líquido e ir engadindo a fariña que admita. 2º) Batelo moi ben, e deixar repousar un mínimo de media hora. 3º) Untar a tixola ou a filloeira cun anaco de touciño, e facelas finiñas. Comelas cando estean mornas. ESTHER

105


O���� ����� �� S��������

- obradoiros de memoria -

RECEITAS DE ENTROIDO CALLEIRO -Tripas de porco (calleiro é o estómago do animal) -Pan -Leite -Pasas, piñóns…

-Ovos (bastantes) -Azucre (bastante)

PREPARACIÓN:

1º) Limpar moi ben as tripas e salgalas (3 meses aproximadamente) 2º) Desalgar moi ben as tripas, 3 ou 4 días, cambiándolles a auga. 3º) Amasar o pan e o leite, e deixar repousar. 4º) Engadirlle os ovos, as pasas e o azucre. Faise unha masa lixeira. 5º) Encher as tripas, atalas e cocelas no forno . A media cocedura pinchar as tripas, para que non rebenten. 6º) Cando arrefríen, cortar en toros e fritir na tixola. Tamén se pode comer frío.

ROSA

106


b ROSQUILLAS DE LARANXA - O zume de tres laranxas - 6 xemas de ovos - 3 culleradas de aceite -50 grs. de azucre -1 copa de coñac

-1 sobre de fermento - Fariña, a que admita

PREPARACIÓN:

1º) Nun cunca poñemos as xemas, o azucre , zume das laranxas, o coñac e o aceite. Bátese ata que quede espumoso. 2º) Engadímoslle a fariña mesturada co fermento, amasando moi ben. 3º) Deixamos repousar. 4º) Colocamos a masa sobre unha mesa de mármore enfariñada, e facemos as rosquillas. 5º) Fritímolas en abundante aceite, moi quente, deixándoas dourar. Espolvoriñar con azucre. LOLI VARELA

107


O���� ����� �� S��������

- obradoiros de memoria -

TARTA DE AMÉNDOA DA AVOA -500 grs. de améndoas moídas -500 grs. de azucre -8 ovos -Un pouco de canela (optativo)

PREPARACIÓN:

1º) Bater as claras a punto de neve. 2º) Engadirlle as xemas, o azucre e a améndoa. 3º) Botalo nun molde enfariñado e engraxado. 4º) Metelo no forno a temperatura media ata que estea dourada. JOSE

108


b TARTA DE MILLO -250 grs. de fariña de trigo -150 grs. de fariña de millo -100 grs. de manteiga -100 grs. de azucre -1 sobre de fermento

-1 vaso de leite -4 ovos

PREPARACIÓN:

1º) Mesturar todos os ingredientes, primeiro os líquidos cos ovos e o azucre, e despois a fariña e o fermento (filtrados). 2º) Botar nun molde engraxado e enfariñado, e meter o forno a lume moderado, durante aproximadamente 30 minutos. JOSE

vvv

109


Remedios caseiros Dende a nosa experiencia, queremos compartir remedios caseiros pero eficaces, probados por nós. Moitas veces en épocas nas que non se compraba tanto como agora, usábamos cousas que tiñamos ao noso redor, porque xa se sabe que a necesidade agudiza o enxeño.


b -Para que os zapatos novos non aperten: botarlles crema hidratante por dentro. Tamén funciona, metelos no conxelador con periódicos húmidos dentro. MANUELA -Para quitar os brillos da roupa: botar auga con vinagre nun cepillo da roupa e cepillar, despois pasar o ferro cun pano húmido. ESTHER -Para que o ferro non se pegue a roupa: pulir o ferro con pasta de dentes, pasarlle un pano mollado con sal humedecida. ESTHER -Para sacarlle as escamas ó peixe: usar unha cuncha de vieira; non salpicarás escamas por toda a cociña. ESTHER -Para desalgar o bacallau máis rápido: poñelo en toros en leite. BLANDINA -Para cortar a cebola sen lágrimas: pasar o coitelo (que debe estar ben afiado) por un limón, unta tamén as mans con zume de limón. BLANDINA -Para que as patacas peladas con antelación non escurezan: deixalas en auga con zume de limón. BLANDINA 111


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

-Antes de gardar os filetes no frigorífico: úntaos con aceite, conservaranse mellor e non colleran olores. BLANDINA -Para que as xudías che queden máis brandas: cóceas en leite. BLANDINA -Para limpar os cubertos: lavala con auga de cocer as patacas, quedarán relucentes. BLANDINA -Para que o aceite da fritura quede limpo: engade unha clara de ovo cando fritas, esta absorberá todas as materias indesexables. BLANDINA -Grans infectados: poñer pelica de unto quente e tapala. MANUELA -Para que non saian “padrastros”(esas peles ó redor das uña): cortar as uñas en días sen “R”(luns,xoves, sábado ou domingo). AVOA DE ELENA -Para os “uñeiros”(infeccións ó redor das uñas): meter o dedo en auga o máis quente posible, varias veces. MANUEL BELLO -Para as feridas e rozaduras nos pés: cocer follas de eucalipto máis follas de pexegueiro, lavar ben a ferida. MANUELA e PURA 112


b -Remedio para a tose: facer unha infusión con auga e ourego, cocelo ben, e tomalo con mel e limón. MONCHA -Pedra de alume: ademais de ser un desodorizante natural, porque elimina as bacterias que dan mal olor, é moi eficaz para aliviar todo tipo de irritacións (despois do afeitado, picaduras de insectos). ELENA -Para eliminar as toupas: meterlle pedras de carburo nas galerías. ISOLINO

vvv

113


Un pouco de humor Para nós o humor está sempre presente, rímonos ata de nós mesmos, isto queda reproducido en todo o libro. Para esta parte gardamos unhas simpáticas frases e unhas cantigas que de seguro vos van facer sorrir.


b CANTIGAS Por la señal, da Santa Carnal comín touciño e fíxome mal, boteino no prato e comeuno o gato e boteino no pozo e comeuno o raposo. MARUJA Vino venitatis tatis que saes das verdes matas que os homes máis valentes os fas andar a gatas. Corres como a lebre voas como o miñato sóbeste a cabeza e fas burro o teu amo. JOSÉ QUINTANO

115


Outro anaco de Sabedoría

- obradoiros de memoria -

Divino San Caietán feito de pau de cerdeira líbrame santo bendito dunha muller cabrixeira. MANUELA Padre Nuestro que ven o maestro santificado co pau levantado. ISOLINO

116


b FRASES O que é capaz de sorrir cando todo lle está saíndo mal,é porque xa ten pensado a quen botarlle a culpa. JUSTA A tontería é a máis estraña das enfermidades. O enfermo non a sufre, senón os que están ó seu redor. PEPE O que nace pobre e feo, ten moitas posibilidades de que o medrar se desenvolvan ambas as dúas condicións. PEPE Alguén dixo que o traballo nunca matou a ninguén, pero para que imos a arriscarnos. JUSTA A verdadeira felicidade está nas pequenas cousas: un pequeno iate, unha pequena mansión. JUSTA

vvv

117


Participantes Este libro púidose facer grazas ao esforzo e á memoria dunha morea de compañeiros e compañeiras, sempre dispostos e animosos. A maioría dos participantes asisten aos Obradoiros de Maiores, que se imparten no Centro Social, aínda que hai colaboracións de familiares e amigos, que espontaneamente achegaron o seu “gran de area”. Tamén queremos agradecer o apoio do Concello de Brión a este proxecto. Grazas ao seu patrocinio podemos gozar dun libriño que entre todos fixemos con moito cariño.


b

José Manuel Blanco Vidal Concepción Blanco Vidal Dolores Varela Sánchez M. Antonio Bello Bermúdez Digna Villaverde López Pura Romero Blanco Esther Lago Liñares Encarna Lago Liñares María Lago Liñares Mª Concepción Tojo Fernández Manuela Díaz Rivas Justa Álvarez Amador Aurora Lamas Juncal Lourdes Núñez García Blandina Túñez Casal José Fernández Asensio Marina Montero Fariña Mª Josefa Campaña Landeira Pilar Turnes Turnes Ermitas Castro Pereira Rosa Lamas Juncal Flora Caamaño Vilas Mª Carmen Fernández Aido Rosa Barbazán Neo Isolino Cantelar Pais Ramona Maceira Barco Carmen Marque López Carmen Remesar Ocampo José Mª Forján Blanco José Quintano Esperanza Souto José Castro Dolores Otero Brea Pablo Becerra Suárez José Blanco García, Pepe Elena Remesar Marque

119


Ă?ndice


Presentación 3 Adiviñas 4 Cantigas 10 Refráns 34 Expresións populares 44 Narracións 52 Rezos e panxoliñas 84 Receitas 96 Remedios caseiros 110 Un pouco de humor 114 Participantes 118





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.