Escolas Culturais e Deportivas do Concello de Brión 2019-20: Axenda cultural, deportiva e formativa

Page 34

Nota 1

Normas xerais de funcionamento Estas táboas e horarios que presentamos son de orientación, podendo sufrir variacións en función da demanda das actividades. As idades márcanse por ano de nacemento. Os grupos de idade son de referencia. Poderíanse realizar cambios en función da experiencia na actividade, o nivel ou a progresión do alumno ou do número de inscritos segundo o criterio do/a monitor/a da actividade. Dependendo da actividade, o número mínimo de alumnos varía entre 8 e 12 inscritos. Aquelas actividades que non teñan suficientes alumnos inscritos serán eliminadas, polo que o horario poderá ser redistribuído. As inscricións realizaranse en persoa (non por teléfono) no Departamento de Cultura e Deportes da Casa de Cultura en horario de 9 a 14 horas. Tamén poderán enviarse por correo electrónico, asinadas dixitalmente ou escaneadas, a casaculturabrion@gmail.com. - Novas solicitudes: do 19 de agosto ao 13 de setembro As actividades darán comezo o día 1 de outubro no primeiro cuatrimestre e o 1 de febreiro no segundo. Establécese un período de proba de 15 días, ata o 15 de outubro e o 15 de febreiro, no que se poderán dar de baixa sen ter que pagar a cota. As baixas que se tramiten despois deste período de proba deberán pagar o prazo correspondente da cota.

Para realizar o pagamento das cotas só hai dúas opcións: 1. Domiciliación do pagamento: Hai que solicitar e cubrir a folla de domiciliación no momento de facer a matrícula. 2. Pagamento non domiciliado en dúas cotas: As cotas pagaranse nos meses de novembro-decembro e marzo-abril. Enviaranse por correo postal os recibos para realizar o pagamento dende o Servizo de intervención municipal, non podendo pagar a cota antes de recibir a comunicación no domicilio. Na comunicación xa figurarán as instrucións para realizar o pagamento.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.