Verne 1

Page 1

* "Miguel Strogoff" Un mensaxeiro do zar percorrendo Rusia para entregar unha mensaxe importante, sorteando inimigos, perigos e vivindo mil aventuras

* Os fillos do capitán Grant" Mary e Robert viaxan a Australia para rescatar ao seu pai tras recibir unha mensaxe nunha botella * "A volta ao mundo en 80 días" Aventuras a través dos continentes. Humor, diversión, perigo, amor...

... e moitos máis

B Ú S CA S E

Xulio Verne

Busca na Biblioteca do teu cole ou do teu barrio... e cobra a recompensa.

Un escritor con pluma científica RE C O M P E N S A : A V E N T U RA S , E M O CI Ó N, CO ÑE CE M E NT O .. .

bibliotecaceipsagradafamilia.blogspot.com

A aVentura de ler!


Biografía

Jules Gabriel Verne naceu en Nantes no ano 1828 e morreu en Amines no ano 1905. Era o maior de cinco irmáns : tres nenas e dous nenos. Estudou Leis en París e acadou a carreira de avogado coma o seu pai, aínda que nunca a exerceu. Seu pai nunca lle perdoou que non se adicase a avogacía e por iso deixou de pagarlle a súa estancia en París. Jules Verne gastou todos os seus aforros en libros e pasou longas horas nas bibliotecas estudando xeoloxía, inxenería, astronomía... Verne apenas tiña cartos para comer e isto ocasionoulle grandes trastornos alimenticios e nerviosos. Exerceu de axente de bolsa e grazas a este traballo comezou a viaxar por diversas partes do mundo En 1859 casa con Honorine Morel, unha viúva rica coa que tivo o seu único fillo Michel. Grazas a este matrimonio e ao éxito que posteriormente tiveron as súas obras, alcanzou unha boa posición económica.

Curiosidades * Tanto a el coma ao seu irmán gustáballes ler revistas de viaxes e os barcos. Aprenderon a navegar eles sós.

* Aos 11 anos escapou de casa para embarcar como grumete no Coralie, un barco que zarpaba rumbo ás Indias. A súa intención era conseguir un colar de coral para unha curmá súa da que estaba namorado. Seu pai castigouno duramente por este feito e a súa curmá riuse del, feito este que faría de Jules Verne un misógeno.

* Foi un exemplo para moitos científicos, entre eles Yuri Gagarin, o primeiro astronauta que realizou un voo completo ao redor da Terra. Gagarin dixo : " Foi Verne quen me fixo decidirme pola astronáutica" *Admiraba a Charles Dickens e George Welles

* As súas primeiras obras apenas tiveron éxito. * Escribiu preto de 80 libros.

A aVentura de ler! * "Cinco semanas en globo" Obra que o lanzou ao éxito. Unha aventura polo continente africano * Vinte mil leguas de viaxe submarino" Barcos desaparecidos, montros marinos, tesouros, polbos xigantes... e un capitán especial * Da Terra a Lúa" Preparación da viaxe para ir á Lúa. Este relato foi publicado nun xornal e durante a súa publicación multitude de lectores chamaron ao xornal para anotarse e formar parte da viaxe


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.