O XORNALIÑO DE ROBIÑO

Page 1

http://bibliorobino.blogspot.com/

Prezo: Gratuito Edición especial: O Camiño de Santiago

Director: Robiño Marzo de 2021

O alumnado do CEIP Humberto Juanes entrevista a peregrinos do Camiño de Santiago Como parte do traballo que se está a facer no centro, o alumando de infantil e primaria entrevistou a varios peregrinos famosos e famosas no centro. ÍNDICE 3 anos A: Entrevista a Robiño e María 3 anos B: Entrevista a Marián 4 anos A: Entrevistan a Susi 4 anos B: Entevista a Robiño e María 5 anos A: Entevista a Filo 4ºB: Nota de prensa 5 anos B: Entrevista a Laura 3ºA: Entrevista a varias familias da clase 4ºA: Entrevista a Carmen Vázquez 5ºB: Entrevista a David Gil. 6ºA: Entrevista a Xosé Lois 6ºB: entrevista a Fany

2 3 5 9 12 15 15 16 20 22 28 29 BO CAMIÑO!

PODCASTS: 2ºB: Entrevista a David Villamarín 1ºB e 3ºA: Entrevista a Carmen Pose 5ºA: Entrevista a Discamiño 1ºA : Entrevista a Kiko 2ºA: Entrevista a Victoria Moreu

34 34 35 35 36 1


2


3


4


5


6


7


8


9


10


11


12


13


14


NENAS E NENOS DE 6º DE INFANTIL B ENTREVISTAN A LAURA, NAI DE EILA. PREMEDE NO ENLACE PARA VER O VIDEO.

15


16


17


18


19


SANTIAGO DESDE DENTRO Unha entrevista de 4ºA Os alumnos de 4º A entrevistamos á nosa compañeira e mestra Carmen Vázquez para coñecer un pouco máis esta cidade e como vive una persoa de Santiago o camiño. Imos ver que nos contou! - Naciches en Santiago ou eres de aquí e fuches vivir alí? Nacín en Santiago. Meus pais son de Baiona, cando casaron nos anos setenta foron a vivir a Santiago. Alí naceron tódolos meus irmáns máis eu. Algúns están xa casados vivindo en Santiago. Eu mudeime a Baiona polo traballo do meu home. - Cantos anos viviches alí? Dende que nacín ata fai dous anos. En total corenta anos. - Como se vive alí? Moi ben. É unha cidade moi fermosa e dun bo tamaño. Pódese ir camiñando a tódolos sitios. O peor de Santiago e que chove moito. - Visitaches a catedral? Moitas veces. No colexio e no instituto é normal os profes fagan vivitas á catedral cos alumnos. Tamén fun con familiares a ensinarlles a catedral cando viñan de visita a Santiago. -Que é o máis interesante da catedral? A catedral ten moitas cousas interesantes de coñecer e cun valor histórico moi importante. O Pórtico da Gloria, o botafumeiro, o órgano da catedral, o Apóstolo Santiago e o seu sepulcro, o museo da catedral… -Vense moitos peregríns en Santiago? Gústanvos? Vense moitos peregríns na zona vella de Santiago. Ás veces resultan un pouco incómodos porque enchen os bares da zona, pero gusta velos. Ó chegar á catedral o celebran cantando, tirándose no chan, facendo fotos… 20


-Viches algún peregrino con traxe? Normalmente os peregríns van cunha roupa axeitada para facer o camiño. Non van de traxe tradicional. Vense peregríns con traxe na Praza do Obradoiro, onde está a catedral, para vender recordos e souvenirs. -A comida é diferente ou máis ou menos igual? Igual que no resto de Galicia. -Cal é o teu postre favorito de Santiago? A tarta de Santiago e as pedras de Santiago. Están feitas con chocolate branco e améndoas.

E aquí remata á nosa entrevista, nós xa quedamos con ganas de máis, pois polo que nos contou Carmen esta é una cidade que ten moitas razóns para visitala e descubrila. 21


22


23


24


25


26


27


Semana da prensa do 8 ao 12 de marzo 2021

Redacción 6º A

ENTREVISTA A XOSE LOIS BLANCO OTERO, PROFE XOSE

PASIÑO A PASIÑO CON XOSE DESCUBRIMOS O CAMIÑO O ALUMNADO DE 6º A ENTREVISTA A XOSE LOIS POLA SEMANA DA PRENSA E CÓNTALLES MOITAS COUSAS DO SEU TRABALLO DE CONDUCTOR DE AMBULANCIA

DANDO

COBERTURA

AOS

PEREGRINOS

POLO

CAMIÑO

DE

SANTIAGO.

Ola! Bos días a todos e todas amigos e amigas de Radio Vilameán!! O alumnado de 6ºA quere facer unha entrevista moi especial a Xose Lois, un dos profesores máis queridos do colexio. Él é mundialmente coñecido como “chuche” ou “cañijo”. O profe Xose traballou nas ambulancias dando cobertura a todos os peregrinos que facían o camiño de Santiago. Xose, fixeches algunha vez o camiño? Non sempre tiven ganas pero nunca o fixen camiñando. Preferín facer outras rutas e non estar con tanta xente mesturado. Canto tempo traballaches no servizo de ambulancias? Traballei un ano facendo o servizo de ambulancias. Por onde facías o percorrido, algún camiño en particular? Nos arredores de Santiago e como era ano Xacobeo pois había moita xente. Que zona era a máis gustosa de visitar? A zona do monte do Gozo porque había moitos concertos e como era verán era moi atractivo e podías ver os concertos. Ías só ou acompañado, algunha amizade especial? Na ambulancia íamos catro e ademáis coincidín co meu curmán. Algunha anécdota do camiño mentras traballabas? Unha vez que recollimos a un ciclista que caira da bicicleta que acabara de saír da súa casa que vivía xusto en Santiago e levámolo a él e a súa bici na ambulancia. Algunha incidencia grave ou lesións máis frecuentes? Pois sí, dende graves como mortes ata bochas nos pés, pequeñas magulladuras… Un consello….Que visitedes a páxina web e no apartado de normalización hai unhas rutas de tramos do camiño e varias opcións moi interesantes e chulas. Consultádeas!

Atoparedes a entrevista completa no SEGUINTE ENLACE:

28


O alumnado de 6ºA entrevista a Fanny, que fixo o Camiño de Santiago en dúas ocasións -Alumnado: Como te atopas Fanny? -Fanny:Moi ben -Alumnado: Temos preparada unha entrevista a Fanny, querémosche dar as grazas porque sabemos que nestos momentos estas medio confinada. -Fanny:Si, grazas a vós. -Alumnado: Porque dada a túa situación de saúde persoal, pois non podes estar traballando, es profesora de aqui do cole e aproveitamos da confianza que temos contigo e abusamos un pouquiño e nos organizamos e nos programamos para facerche esta entrevista -Fanny:Ola! -Alumnado: Ola! Vale, a Ana Rodicio a coñeces verdade? -Fanny:Sí, sí a coñezo ben. -Alumnado: Ben entón, posto que xa fixemos as presentacións, este grupo é de 6ºB, ainda que somos moi faladeiros, podemos decirche que somos uns rapaces e rapazas moi riquiños, co saibas, ainda que algunha travesura...facemos. -Fanny:Como todos e todas... -Alumnado: Entón temos unhas preguntiñas que ti xa coñeces tamén porque nós envíamosche un pequeno anticipo. -Fanny:Vale, grazas, perfecto. -Alumado: Hoxe é 11 de marzo, e vamos entrevistar a unha persoa que coñece moi ben este cole e o Camiño de Santiago. Nós neste curso temos como tema do cole “Pasiño a pasiño facemos o Camiño” 29


-Alumnado: Fanny, que é o primeiro que nos queres contar... -Fanny: O Camiño de Santiago fíxenno dúas veces, e foron moi distintas as dúas veces. A primeira fíxenna dende Ferrol que son 118 km que fíxenno co meu marido. Comezamos o 6 de agosto e o rematamos o 10 de agosto. Este camiño fixémolo seguido e foron 5 etapas ( 5 días). O segundo, a segunda vez que fixemos o camiño foi por etapas, o fixemos en 15 semanas diferentes, pois un fin de semana facíamos a primeira etapa, ás tres semanas faciamos a segunda etapa (esto o fixen dende A Garda e foron 162 km ). A primeira etapa foi A Garda - Baiona que esa a fixemos un pouco mal xa que era A Garda - Oia e logo de Oia - Baiona e a xuntei e fixemos A Garda - Baiona que esa tamén acabamos moi cansos e cos pés bastante doídos. Logo fixemos Baiona - Vigo que foron 23 km, Vigo- Redondela foron 18, Redondela- Caldas 21, Caldas - Padrón 17 e Padrón - Santiago 26. Estes foron os dous camiños que fixen, eu estou moi contenta, gustoume moito e volveria facer un cada ano. -Alumnado:Que destacarías mais do que coñezes do camiño? -Fanny: Que destacaria?, eu mais que nada destacaría o sentimento, ti cando chegas a Santiago e ves a Catedral e toda a xente tirada no chan vendo a Catedral e moi bonito e emocionate para min, tamen coñeces moita xente durante o camiño eu ainda teño relación cunha parella valenciana, e tamen polo tema polo que o fagas. Eu fíxenno por tema relixioso por unha promesa que tiña entón ese sentimento de chegar ali porque prometiches algo e moi emocionante. Eu chorei as dúas veces que o fixen, chorei nada mais chegar a Santiago.

-Alumnado: Como te preparas para facer o camiño ? -Fanny: Realmente eu a primeira vez que o fixen non camiñei nada, ia sen camiñar sen teer nada de adestramento físico. Deberíamos de poder facer antes do camiño unha estapa de 15 km un día para poder poñernos en forma. Nós non fumos aos Albergues nos fumos a hostais ou hoteles entón un par de dias antes hai que reservar o hotel e logo tema de roupa compramos roupa que poidamos tirar porque asi unha camiseta vella chegas ao sitio e a podes tirar, ou ropa interior te duchas e a tiras e quitas peso da mochila. -Alumnado: Resúltache moi complicado?

30


-Fanny: A primeira vez si, porque ia sen esntrenar entón dunha etapa a outra tiña os pès con vinchocas, tiven un pé bastante mal pero bueno a min me resultou moi gratificante, o mal que o pasei ao chegar á Catedral dixen que podería facelo outro agora mesmo. Asensación pracentera ou tés unha sensación que son moitos km e remataches por fin, entón é unha cousa que eu recomendo facer. -Alumnado: Pensas que hoxe en dia segue tenendo sentido facer o camiño?, Por que?

-Fanny: Claro, dependendo da persoa, o camiño ti cando chegas a Santiago para darche a Compostelana pregúntache por que o fas e danche varios motivos: por motivos relixiosos, por coñecer Galicia e facer turismo, por unha promesa por deporte…, eu claro para min ten sentido por ser relixiosa e por unha promesa. -Alumnado: Dende a túa perspectiva como profe que ti es, deste cole podríamos facer o Camiño? -Fanny:Eu creo que todo o mundo o pode facer, máis despacio ou máis rápido. Eu o que digo é que a Catedral non se vai mover dali, entón nós non podemos ter presa por chegar, polo tanto eu creo que calquera persoa o pode facer sen ningun tipo de problema, e o recomendo facer unha vez na vida. -Alumnado: E agora imos ter un pequeno cambio, imos facer un pequeno xiro na entrevista, vale? -Fanny:Vale, perfecto! -Alumnado: Que é o que mais che gusta facer? -Fanny: Pois moitas cousas, son unha persoa que me encanta facer cousas, podo pintar un corredor como facer unha alfombra ou coser unha manta. Encántame recortar e unha cousa que me encanta facer é ler. Gústame o cine e gustanme moito os xogos de mesa, sempre teño que estar facendo cousas. Nos fin de semana fago moito senderismo, realmente, fago de todo un pouco, o que me deixen. -Alumnado: Cal é o teu menú galego preferido? -Fanny: Son moito de doces, entón as filloas e as orellas encántanme, pero de comida o que mais me gusta é o cocido, sempre entra ben. 31


-Alumnado: Cal será o teu próximo proxecto para seguir co camiño? -Fanny:Vale, eu xa tiña un proxecto para facer no 2020 pero por culpa da pandemia non puido ser, entón se todo vai ben ímolo a facer este ano en agosto. Comezando dende Allariz unha semana enteira. -Alumnnado: Gustaríache seguir repetíndoo? -Fanny: Si, eu faría un camiño por ano. -Alumnado: Podrías dicir que es unha persoa polifacética? -Fanny: Si, adáptome a todo e encántame aprender cousas novas porque eu creo que todos e todas estamos capacitados para facer cousas novas, entón o que non sei facer o aprendo. -Alumnado: Preguntaremos agora polo Camiño da túa vida, cal é a mellor lembranza que gardas? -Fanny: Do Camiño ou da miña vida? -Alumnado :En xeral -Fanny: O parto da miña filla, ese momento en que sae un bebé, ese é a mellor lembranza da miña vida. -Alumnado: Ben, xa por último que consello poderías darnos a uns rapazes e rapazas coma nos? -Fanny: Aqui voume poñer pouco nai, e un consello para toda a vida, moito sentidiño, que agora esa palabra está moi de moda. Tedes que ter moitísimo coidado coas redes sociais e todo o que publicades en calqueira rede social, é o consello que lle dou a miña filla todo o que subades vai ser a vosa carta de presentación cara ao futuro. Todos os comentarios que poñades quedan en internet entón, creo que tedes que ter moito coidado e pensar ben o que facedes, porque pódese sacar unha captura de pantalla de calqueira cousa, ter coidado coas imaxes que compartides porque pode ser un gran problema e coido que vos que xodes unha xeración coas redes sociais e todo dixital o controlades moi ben.

32


Moitísimo coidado con todo o que facedes nas redes sociais e en internet en xeral, porque xodes moi amigos dunha persoa subides unha foto sen importancia, a outra persoa enfádase contigo fai unha captura de pantalla e pódevos fastidiar toda a vida. Entón como consello, mellor, primeiro aprendede a manexar as redes sociais. -Alumnado: A última pregunta é, cal foi a promesa pola que fixeches o Camiño de Santiago? -Fanny: Cando me diagnosticaron esclerosis múltiple e estaba no hospital fixen a promesa que ao salir do hospital ia facer o Camiño, e non puiden entón o fun aplazando porque non era factible nese momento. A primeira promesa foi pola que fixen no hospital, e o segundo foi pola miña nai porque ela non pode facelo. Eu levei unha credencial co seu nome e ia firmando por ela, cando chegamos a Santiago déronlle a Compostelana por facer o Camiño por ela -Alumnado: Que bonito!, ata aqui a entrevista moitas grazas e moita sorte!!!

33


O ALUMNADO DE HUMBERTO JUANES INVITA Á SÚA RADIO ESCOLAR A PEREGRINOS E PEREGRINAS NESTE ANO ESCOLAR DEDICADO AO CAMIÑO DE SANTIAGO O ALUMNADO DE 1ºA e 3ºA ENTREVISTA A CARMEN POSE Podes escoitalos no seguinte enlace facendo click na imaxe: 1ºB:

3ºA

A CLASE DE 2ºA ENTREVISTA A DAVID VILLAMARÍN, PAI DE JIMENA. David fixo o camiño de Santiago a cabalo. Na entrevista poderedes descubrir como foi a aventura. Preme no enlace

34


O ALUMNADO DE 5ºA RECIBE A JAVIER PITILLAS E ROSA, DA ASOCIACIÓN DISCAMIÑO Rosa e Javier, da asociación Discamiño, dan unha lección de superación ao alumando. Podes escoitar a entevista no seguinte enlace:

O ALUMNADO DE 1ºA ENTREVISTA A KIKO Podes escoitalos no seguinte enlace facendo click na imaxe:

35


A CLASE DE 2ºA ENTREVISTA A VICTORIA, NAI DE JAIME, NACHO E JESÚS, QUE FIXO O CAMIÑO DE SANTIAGO EN BICI DESDE ASTORGA Preme no enlace

MOITAS GRAZAS AOS PEREGRIN@S, LOCUTOR@S, REDACTOR@S, EDITOR@S, FOTÓGRAF@S, TÉCNIC@S DE SON, … EN DEFINITIVA, TODOS E TODAS AS QUE PARTICIPASTES NESTE NÚMERO ESPECIAL DO XORNALIÑO DE ROBIÑO 36


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.