BIBLIOMOAS. Boletín da Biblioteca

Page 1

BIBLIOMOAS

BOLETÍN CULTURAL DA BIBLIOTECA Decembro 2018

IES Monte das Moas

Iniciamos unha nova andaina

Novas do mundo Hoxe: Ciencia

Por que agora un boletín da biblioteca? E por que non?? Temos moitas cousas que contar actividades, música, ciencia, crítica literaria... Non paramos! e queremos que que todos vós e o mundo que nos rodea sexades os protagonistas. Animádevos a participar activamente coas vosas achegas e facede deste BOLETIN unha activa canle de comunicación.

Os clubs de lectura en marcha Temos para todos os gustos: de 1º e 2º de ESO con lecturas de fantasía: “Escarlatina, a cociñeira defunta”, e de amor, amizade, ou defensa do medio ambiente: “Trala sombra do bruxo”. En 3º “O carteiro de Bagdad” fíxonos reflexionar sobre as desfeitas das guerras, a valentía e a amizade. “Iridium” , deunos unha lección de valentía para superar os problemas da vida. E tamén temos un grupo numeroso de intrépidos lectores en inglés.

Descobren unha bacteria que “come” o plástico. O plástico pode durar ata 450 longos anos e non foi ata 2016 cando se descubriu unha bacteria capaz de descompor o PET (tereftalato de polietileno) presente nos envases máis comúns. Grazas a eses estudos acaban de dar cunha enzima presente nalgunhas bacterias que sorprendentemente pode “comer” o plástico nuns poucos días. Será este o fin do plástico sobrante que ameaza o medio ambiente ou acabaremos nós “comidos” por tan terrible inimigo?

Neste número 

Os clubs de lectura

Formación de Usuarios

Distintos clubs de lectura nas súas sesións

Ciencia

Formación de Usuarios

Crítica Literaria

Este ano fixemos unha xeira de charlas para os alumnos de 1º de ESO que chegaron novos ao instituto para que aprenderan a manexarse no caos ordenado da nosa biblioteca. Ademais da explicación a rapazada puido xogar ao

O Samaín

Recomendacións da Biblioteca

Música e cine

Unha carreira por ver que equipo aprendeu máis sobre a biblioteca.

Xoga connosco


O puño e a letra. Antoloxía en “Cómic Poético”. Se non che gusta ler poesía, proba con estes poemas mesturados con cómic.

Jordi Sierra i Fabra na Coruña

Crítica literaria El Gran Sueño de Jordi Sierra i Fabra Imaxinades un escritor que pasa pola Coruña e que nos invíta a tomar un té para presentarnos a súa última obra?…

Son 40 poemas seleccionados da obra poética de Yolanda Castaño, interpretados en viñetas por 40 autores, tanto veteranos como novos creadores do panorama da banda deseñada galega. Dende a absoluta liberdade individual para recrear, ampliar, ou analizar os textos, os resultados ofrecen novos enfoques e re-lecturas cheas de matices e suxestións para os poemas. Unha obra que atrae visualmente polas coloridas lustracións, pero con gran profundidade temática.

Pois si, trátase de Jordi Sierra i Fabra o mesmo que viste e calza. En fin, contounos moitas anécdotas da súa vida e obra e asinounos un dos exemplares que podedes coller na biblioteca, un libro con trepidantes aventuras duns emigrantes do século XIX que poderíamos atopar no mapa da nosa actualidade. Como di o autor: «Miles de emigrantes seguen desprazándose cada ano polo mundo, fuxindo, sobre todo, de guerras, pero tamén de fames negras ou persecucións políticas. Ninguén se acorda dos que morren, e, ás veces, nin dos que viven». Yolanda Castaño co seu libro

Cara o cruz de Lou LUBIE “Cando todo comezou, tiña dezaseis anos e estaba no último ano do instituto”, con estas palabras dá comezo este cómic e nada máis terminar de lelas, iniciamos unha viaxe vital e persoal da man da autora ao longo de cento corenta páxinas, que se nos fan curtas, moi curtas. Non é unha viaxe imaxinada, froito da inventiva da súa autora, senón unha viaxe lembrada e relatada a partir da experiencia vivida, sufrida, gozada e gozosamente asumida. Do que trata este libro é de facernos testemuñas do descubrimento de que no interior da autora habita un “raposo” e para saber quen ou que é deberás ler (e gozar) o libro. Na biblioteca do instituto pódelo atopar.

Penúltimas tendencias de Carlos Negro Carlos Negro demostra que si é posible facer poesía para adolescentes. Con Maquinaria explora a parte “masculina”, e foi todo un éxito. Con Penúltimas tendencias fai crítica dun modelo de beleza feminino ficticio e tamén da reprodución de roles tradicionais que as mulleres van asumindo suxeitas a tópicos que poden chegar a agochar, mesmo, os malos tratos.

Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion& cool& chic& sexy.


O SAMAÍN Terroríficas cabazas adornaron a nosa biblioteca no Día dos Mortos, arrepiantes relatos á luz das candeas, mortos de medo... ou de risa, pasamos, un ano máis, unha orixinal xornada de Samaín.

Imaxes das lecturas dalgúns dos contos

Contos premiados (1º e 2º Premio)

1º Premio: Sara Sanz Fonta, 3º D ESO 2º Premio: Gabriela Álvarez Lombardero, 1º D


A Biblioteca recomenda... Chega o Nadal e queremos que teñades en conta algunhas das nosas recomendacións…. PARA GOZAR:

El aire que respiras, Care Santos Virginia herda unha librería onde atopa unha historia que a mergulla na busca dun libro da época Napoleónica.

O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz Dez relatos que conxugan diferentes puntos de vista sobre o amor e o desamor.

A senda da sal, Fernández Dávila Un vello mariñeiro evoca anécdotas da súa

mocidade.

O último día de Terranova, Manuel Rivas, Historia dunha librería onde quererás entrar: amor, libros prohibidos...

XOGA CONNOSCO Onde está a “Fake News”? 1. A UNESCO declara Pa trimonio Inmaterial da Humanidade “A pedra seca galega”. 2. As Festas de María Pita do 2019 contarán coa actuación dos Rolling Stone, de xira por Europa. 3. Este curso celebramos o 30 aniversario do IES Monte das Moas. 4. A selección española de fútbol feminino sub 17 acadou o campeonato mundial en México.

Besta do seu sangue, Enma Pedreira O mito de Romasanta, o último lobishome. Atréveste?

El sol y sus flores, Rupi KAUR Segundo e poderoso poemario desta autora. Dividi-

Para participar terás que

ir a BIBLIOMOAS e buscar o concurso. Hai premio!!!

do en cinco movementos: murcharse; caer; enraizar ; medar e florecer.

Música e Cine O pasado 26 de novembro morría en Roma o director, guionista e produtor de cine Bernardo Bertolucci. A súa extensa obra, conta con títulos inesquecibles e referencia obrigada na cinematografía europea e mundial: O conformista, O último tango en París Novecento, A lúa, O último emperador (película moi premiada: Óscar e César ao mellor filme estranxeiro, Globos de Ouro,...) Beleza roubada e numerosas máis ata chegar á última que dirixiu: Eu e ti.

Edita: O Equipo da Biblioteca e alumnado colaborador.

Aínda que xamais dirixiu un musical, Bertolucci era un auténtico melómano, moi ecléctico nos seus gustos, que colaborou con afamados e prestixiosos compositores para as súas obras cinematográficas. Así,Yuchi Sakamoto e David Byrne encárganse da de “O último Emperador” e reciben o Óscar á mellor música. Se hai unha película de Bertolucci na que cine e música están estreitamente relacionadas, esta é, sen dúbida, A lúa. A protagonista –interpretada por Jill Clayburgh- é unha cantante de Ópera e, por conseguinte, a música clásica -de Verdi- forma parte da mesma historia que se narra. É moi destacable a escena na que o fillo da soprano presencia como esta canta algunhas arias de Il Trovatore.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.