Guía de lecturas de Nadal 2019

Page 1

Para alumnado da ESO A balada dos unicornios Ledicia Costas. Ed. Xerais. 2017 A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes… Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. O Grupo An Alfaya. Ed. Xerais. 2018 Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Memorias de un amigo imaginario Matthew Dicks. Ed. 001. 2012 Max só ten 8 anos e non é como os demais nenos. El vive para dentro e canto menos o molesten, moito mellor. Consumir preferentemente Raúl Vacas. Ed. Anaya. 2006 En Consumir preferentemente non se fan concesións, non se atopan nin romanticismos gratuítos nin sensiblerías, moi ao contrario. La joven Jane Austen Julian Jarrold. DVD. 2007 Jane Austen leva toda a súa vida a soñar co verdadeiro amor...

Para alumnado de Bacharelato Tres días é unha vida Pierre Lemaître. Ed. Rinoceronte. 2019 Un lugar tranquilo como Beauval vai sufrir unha serie de sucesos tráxicos que van cambiar a vida da vila. A través da experiencia de Antoine imos ir descubrindo a parte máis escura do ser humano.

REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES

A música dos seres vivos María Reimóndez. Ed. Xerais. 2015 A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben volver ao seu estado anterior. Juguetería Mágica Ángeles Carter. Ed. Sexto Piso. 2019 Novela gótica que nos invita a acompañar a Melanie na súa transición cara á vida adulta.

Jeune Juliette Anne Émond. 2019. DVD Juliette, no seu segundo ano de instituto, ten que soportar as burlas de compañeiros e compañeiras. Acomplexada polo seu exceso de peso, vai adentrándose na adolescencia, onde a agardan grandes mudanzas e acontecementos.

GUÍA DE NADAL 2019 www.biblioceipamaia.blogspot.com www.coapalabranaboca.blogspot.com.es/ www.agrobiblio.blogspot.com.es www.bibliocarlosnieto.blogspot.com.es/ www.iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com.es/ http://www.bibliobarouta.blogspot.com axaneladeventin.blogspot.com eei.covas@edu.xunta.es eei.igrexa.ames@edu.xunta.es Máis guías en: www.edu.xunta.es/biblioteca/blog


Primeiros lectores El cuento sin fin de Martín Julia Donaldson/Axel Scheffler. Ed. Bruño 2019 Había unha vez un neno chamado Martín, que un día sentou nun sillón a ler o seu conto favorito do pirata Patapau, que le un conto dunha nena chamada Riciños de Ouro, que le…

Bechopoemas e outras bestas Leire Bilbao. Ed . Kalandraka 2019 Voan, nadan, reptan e ruxen poeticamente. Nestes versos divertidos e rebuldeiros habitan coñecidas criaturas que nos sorprenderán co seu enxeño e orixinalidade.

El banquete de los monstruos Emma Yarlett. Ed. Edelvives 2019 Monstruo atópase a Comida no bosque e decide celebrar un banquete para os seus amigos e servilo nel. Cada un escribiralle unha carta suxeríndolle as súas preferencias de preparación: ao baño, moi frío, viscoso…

De 7 a 9 anos O dragón Antón e o sapo Rosendo Rosalía Morlán. Ed. Fervenza.2019 A través de poesías-conto, conto-poesía, descubrimos o dragón Antón e o sapo Rosendo, que viven dende hai séculos no Castelo de Rocha Forte. Xuntos descubrirán lugares máxicos por toda Galicia. HIJA Ariel Andres Almada e Sonja Wimmer. Editorial: Cuento de Luz.2019 Hija é un fermoso conto para ler ás fillas curiosas. Unha mensaxe chea de amor e para emocionarse con cada ilustración. Mortiña. Unha historia para esmendrellarse de risa Barbara Cantini. Hércules ediciones. 2018 Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable can. TANGRAM DOBLE 2 Tangrams de plástico, de diferente cor e unhas tarxetas clasificadas por niveis de dificultade nas que por unha cara indica a silueta da figura a realizar e pola outra a solución.

De 9 a 12 anos O Principiño Antoine de Saint-Exupéry. Ed. Adapta. 2019 Libro de Lectura Fácil. Un aviador atópase perdido no deserto do Sáhara, despois de que o seu avión sufrise unha avaría. Aí coñece o Principiño, que procede doutro planeta. O Principiño explícalle a súa historia e fálalle do seu planeta, a súa rosa, o seu amigo o raposo e os diferentes adultos que encontrou na súa viaxe ata a Terra. El libro dorado de los niños Cristina Romero e Francis Marín Ed. Ob Stare 2016 Que significa nesta sociedade a masculinidade ou ser neno? Se es un neno, ou algunha vez fúchelo, O Libro Dourado dos Nenos contén palabras e imaxes que che axudarán a lembrar o poderoso que es, pero poderoso dunha forma diferente á que quizais che contaron ata o de agora... Donde habitan los monstruos Spike Jonze.2009 (DVD) Max, un neno que non para de facer travesuras, é enviado ao seu cuarto como castigo. Alí mergúllase nun mundo de fantasía poboado por monstros que o nomearán rei e cos que vivirá múltiples aventuras.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.