RECOMENDACIÓNS VERÁN 2014

Page 1

CINEMA ADULTOS Estamos no Verán. Xoán Curiel&Charo Pita. Editorial Galaxia. O libro con CD narra a historia duns amigos que queren ter un grupo de música.

Un palacio de cristal. Cornelia Funke. Editorial Siruela, colección As tres idades. Con este libro a autora está apoiando a campaña “Cada neno e nena conta” que a ONG Plan Internacional está levando a cabo para que todos os nenos/-as teñan unha identidade legal e non sexan vítimas de abusos.

Meerkat Mail. Emily Gravett. Editorial Macmillan. This is a story about travel, yes, but it's also about one of the most emotionally-rewarding parts of journeying afar... returning home.

O título orixinal é o de Monsieur Lazhar. Aínda que ten un comezo tráxico esta película trasládanos a un colexio de primaria da zona francófona do Canadá. Mellor película do Festival de Toronto, premio FIPRESCI e película canadense nominada aos Oscar. No Profesor Lazhar o modelo educativo vese cuestionado ofrecéndose outras visións complementarias. O GABINETE DAS MARABILLAS. Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía,1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». O contido deste libro, escrito por Irene e Rodrigo Pérez Pintos, divídese en catro partes: a biografía de Arxentino, o ensaio sobre o gabinete de curiosidades, o inventario do gabinete argallado por Arxentino e as fichas catalográficas máis destacadas do inventario. Lectura para adultos ou curiosos. CINEMA PARA TODOS O PEQUENO MAGO. Roque Cameselle&Xevi Benítez. Editorial Xerais. Libro con DVD. Uns perigosos piratas normandos atacan a cidade de Tui dispostos a saqueala. Bieito o Dubidoso, un neno de 9 anos, logra que os malvados fuxan.

O BODEGÓN OCULTO. A NATUREZA MORTA NA ARTE CONTEMPORÁNEA GALEGA. Coordinado por Carlos L. Bernárdez a Fundación Novacaixagalicia recolle 35 obras que percorren a evolución do bodegón na arte galega desde 1908 ata 2008 con Maside, Souto e Lugrís entre outros. Do 30 de abril ao 5 de xullo.


Hervé Tullet Licenciado en Belas Artes Tullet defínese coma un apaxionado da literatura infantil. Entre as súas publicacións podemos destacar a colección ¡Vamos a jugar! e La cocina de los dibujos ámbolos dous na Editorial Phaidon, El libro con mordisco, Editorial Cocobooks. A Editorial Kókinos ten publicado tamén os seguintes títulos Cinco sentidos, Sin título, ¡Soy un Blop!, Un libro. Aparentemente sinxelos, os libros de Tullet espertan a imaxinación do neno/a convidando a quen le a participar da acción.

Os libros da merenda. Urco Editores. Nutritivos coma un bocadillo e doces coma una onza de chocolate. Cun prezo anticrise podedes atopar Don Bento o porco fedorento, Don Fiz o repolo Feliz, Xoana a ra lacazana...

El pequeño teatro de Rebecca. Rebecca Dautremer. Editorial Edelvives. Marabilloso libro troquelado. A idea da autora é a de subir ao escenario 100 personaxes. Na versión orixinal en francés Le petit Théâtre de Rebecca.

XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça. Libro con CD. Nesta nova entrega de María Fumaça, ademáis das cancións, aparecen temas con pictogramas para que poidan disfrutar todos e todas.

La pequeña hija del Ganges. Asha Miró. Alba Editora. Este libro narra a historia de Asha, unha nena de sete anos, orfa, cuxo desexo é atopar uns pais que a queiran e a coiden.

Se vende papá. Se vende mamá, Se vende Garbanzo Care Santos&Andrés Guerrero. Barco de Vapor azul. O protagonista destas historias empéñase en vender todo aquilo que non o fai feliz. “Cambio irmán pequeno por unha irmá maior”

O poder de Amabel. Érica Esmorís. Sushi Books Editores. A historia de Amabel é a dunha superheroína caseira. Humor, tenrura, fantasía e realidade, fúndense neste divertido libro.

Maruja Mallo, caracola con alas. Luisa Antolín Villota&Juan Manuel Santomé Calleja. Hotel Papel Ediciones. Este libro conta a vida de Maruja Mallo dun xeito diferente.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.