Cabazas do Samaín 2018

Page 1


O Samaín é unha celebración de orixe celta. A Noite do 31 de outubro para os celtas era como a “noitevella”que da paso ao “aninovo” e que indicaba o comezo do inverno. Representaba a noite no que os mortos convivían cos vivos, nesta noite as ánimas dos finados volvían visitar ás súas familias. O cristianismo adoptou esta data como a festa de honra aos mortos e designou o Día de Todos os Santos e o día seguinte como o Día dos Defuntos. En Galicia, hai anos, cando chegaba o outono, recollíanse as cabazas que se sementaran entre o millo. Os rapaces tallaban caveiras arrepiantes e a noite do 31 de outubro poñíanlle candeas dentro e colocábanas entre as silveiras, nas fiestras das casas para meterlle medo á xente que por alí pasaba. 5ºA


Os nenos e nenas do CEIP A Ponte, queremos lembrar esta data e tamén facemos as nosas cabazas. Algunhas terroríficas representando vampiros, bruxas, traga-

nenos, vomitonas… Outras representan animais; temos gatiños, morcegos,

porquiñas,

arañas…Temos

tamén

bebés,

ata

xemelgos. Rapeiros, pallasos… O alumnado do Centro xa votou pola cabaza que máis lle gustou o xoves 31 pero agora tócavos ao resto da Comunidade Educativa dar a vosa opinión.Tan só tedes que seleccionar a que máis vos gusta. Xuntando os votos sairán as cabazas gañadoras que recibirán

premio. Parabéns a tod@s, porque todas son fabulosas.



30
























Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.