ALBORADA

Page 1

Aquel estraño curso…

CEIP ALBEIROS R/Garaballa de Arriba 9, 27003 – Lugo Tfno. 982 215 282 e-mail: ceip.albeiros@edu.xunta.gal


PÁXINAS: 3. Editorial 4. Un curso diferente 5. Os figos 6. O xeito das froitas. 9. Nadal. 12. Visita a S. Paio de Narla. 14. A nosa biblioteca. 16. Día da Paz. 17. O xogo da Bilioca. 20. Día da muller. 21. Traballando na igualdade. 22. O Coronavirus. 26. Os nenos e nenas de 1º… 29. Conto: O gato e o can. 30. Palabras do coronavirus. 32. Así vemos o coronavirus. 34. Artisteando. 38. Doors into English. 44. Diario da corentena. 50. Todo vai sair ben. 53. Receita para o Covid-19 54. Xardineiros de 3º A. 57. Os maios. 58. Primavera. 62. Letras Galegas 2020. 63. Carvalho Calero. 65. As pitas baixo a choiva. 68. A coeducación nas aulas a chave da igualdade. 70. Despedida de 6º.


Pese á situación que estamos a vivir, chega un novo número da nosa revista Alborada. Nin que decir ten, que estes últimos tres meses foron totalmente inesperados: dun día para outro, as nosas aulas foron as nosas casas, vímonos a través de pantallas, falabamos por “emails”… Todo foi diferente, estraño, novo… mais pouco a pouco saímos desta coa axuda e colaboración de todos. Pois por todo isto, este ano dende o colexio de Albeiros queremos dar grazas e lembrarnos especialmente de… “Primeiro de todo, e o máis importante, do noso alumnado por adaptarse tan ben a esta nova e complicada situación. Parabéns!. Das familias, por botarnos unha man para poder chegar a todos os nosos alumnos e alumnas. Moitas grazas!


Especial mención aos nenos e nenas de 6º de primaria que inician unha nova etapa, e que por mor desta situación non tiveron a despedida que se merecen. Vai por diante o noso cariño e ánimo e esperamos que, malia que só sexa un pouquiño, se lembren destes 9 anos que pasaron connosco. Moita sorte!. E como non, á nosa querida compañeira Reyes. Chega ao seu fin unha etapa de esforzo e traballo. Nunca é sinxelo despedirse dunha persoa coma ela e menos deste xeito, pero queremos dicirlle que é unha enorme satisfacción ser parte da súa historia e que queda pendente esa despedida que se merece. Moitas grazas por todo!”. Pois aínda así, case sen decatarnos, outro ano toca ao seu fin e con el damos por finalizado este curso escolar o cal nunca esqueceremos. Máis que nunca, desexamos que chegue o novo curso e a que chaman “nova normalidade” e poidamos volver á tan ansiada vida cotiá.

Sen máis, despedímonos dándovos unha aperta (virtual) moi grande e desexámosvos unhas felices e merecidas vacacións.


Un curso diferente

OUTONO : INVASIÓN DE ESQUÍOS



A escritora María Reimóndez visitou o centro para ter unha charla co alumnado de 3º e 4º de primaria e falar do seu libro “O xeito das froitas”


TRABALLOS SOBRE O LIBRO DE MARÍA REIMÓNDEZ “O XEITO DAS FROITAS”


A escritora firmando libros.


E CHEGOU NADAL


O COLE FOISE ENCHENDO DE COR


POLO NADAL 4º A E 4º B, XUNTÁRONSE PARA COLOREAR UNHA ÁRBORE E CANTAR UNHA PANXOLIÑA BEATLE .


En Xaneiro @s nen@s de 4 anos visitamos a Torre-Fortaleza de San Paio de Narla. Pasámolo moi ben no autobús e tamen vendo o Castelo.

Gustáronnos

moito as explicacións e as actuacións das

personaxes que ian aparecendo ao longo do percorrido.



A nosa biblioteca Dende o mes de outubro

contamos con

biblioteca

un recanto novo

inclusiva

Biblioteca inclusiva


Contamos con estes recursos • Xogos para estimular e mellorar a linguaxe, recursos para mellorar as funcións executivas, para mellorar a coordinación motora e para mellorar a atención

• Traballamos a creatividade a partir da realización de composicións que se visualizan ata o infinito grazas á colocación en ángulo dos espellos. Espazo de manipulación e experimentación.

•Iniciámonos na robótica e na programación a través do robot Albert.

Xogos educativos

Robótica

Espello montesori

Mesa e panel de luz •Traballamos diferentes contidos nun espazo motivador.


DIA DA PAZ


BIBLIOCA Os nosos compañeiros/as de 5ºB propóñennos este xogo para celebrar o Día do Libro. Cada unha das probas está relacionada cun libro. Para superar este xogo deberedes facer as probas que nos propoñen a continuación. Coloca as túas fichas na saída, colle un dado e a xogaaaarrrr!!!!

Cadros 1, 4, 8, 15. Avanza ata o seguinte libro. Se caes no 1 avanzarías ata o 4 e tirarías de novo. “De librín a librín e tiro porque o lin”. Cadro 2: “Cardcaptor Sakura”: Debes aguantar a respiración entre 5 e 10 segundos. Cadro 3: “Carapuchiña Vermella”: Ouvea como un lobo. Cadro 5: “Adiviña canto te quero”: da 20 saltos nun minuto. Cadro 6: “A Bela e a Bestia”: Baila una canción 20 segundos. Cadro 7: “O Rei León”: Salta dez veces cos pés xuntos. Cadro 9: “Librovirus”: Quedas unha quenda sen tirar. Cadro 10: “Lectura rápida”: Avanzas tres cadros. Cadro 11: “PerroHolmes”: Debes agochar unha moeda de 1 euro e dar pistas para que algún familiar a atope. Cadro 12: “Athenea, deusa da sabedoría”: Di o nome de dous personaxes mitolóxicos. Cadro 13: “As probas de Apolo”: Representa con mímica o animal ou obxecto que leva sempre o deus Neptuno consigo. Cadro 14: “Unha de medo”: Dalle un susto a un adulto.


Cadro 16: “10 calcetíns fuxitivos”: Para superar esta proba deberás coller 10 pares de calcetíns soltos, facer una bóla con cada par e, ao rematar, construir una pirámide con eles. Cadro 17: “A serea”: Superarás esta proba se dramatizas un peixe. Cadro 18: “Corre, corre cabaciña”: Da tres voltas á cama ou á mesa en 10 segundos. Cadro 19: “75 consellos para sobrevivir aos profes e as súas manías”: Di ou escribe 5 manías do teu profe. Cadro 20: “Pinocho”: Para superar esta proba terás que estar 30 minutos sen contar mentiras ou medrarache o nariz igual ca a Pinocho. Cadro 21: “Os Compas escapan da prisión”: Terás que dar 25 saltos á pata coxa cara diante sen cambiar de perna (veña, os máis cativos poden cambiar de perna). Cadro 22: “Liberade a Willy”: Quedarás unha quenda sen tirar. Cadro 23: “Bandeira pirata”: Quedas dúas quendas sen xogar. Cadro 24: “Biblioca”: Di o título do teu libro preferido. Bravooo, conseguíchelo. Recorda ler sempre.


SAÍDA

1

2

4 9 14

7 10

8

12

15 20

24: BIBLIOCA

22

23




Cando estabamos todos e todas concentrados polo remate da segunda avaliación... de súpeto aparece este pequeno microorganismo que aínda que non o vemos ... METE MOITO MEEEEEDO!!! Ao noso grupo deunos moito que pensar... Como imos facer co curso? Poderemos volver a xuntármonos? Como poderemos axudar e colaborar?

QUÉDOME NA CASA!!!

Para ilustrar todo o que temos pasado queremos compartir con vós os nosos debuxos... Sempre con moito ánimo TODO VAI SAÍR BEN!!


SAIREMOS DESTA!!!

Quedei na casa e colaborei en todo. Todos os días estudei un pouquiño.

Cantas palabras aprendín!! -coronavirus -pandemia -confinamento -estado de alarma ...

Esa foi a miña maneira de axudar. Quen me ía dicir que non había de volver ao cole este curso…


Todos os días saín a ventá ás oito da tarde. Pero... non estabamos sós, había moita xente que tamén saía

TODOS A APLAUDIR!!! Dabamos as grazas a todas as persoas que seguían a traballar para axudármonos ao resto da xente, loitando contra o virus: • Persoal sanitario • Persoal dos supermercados • Limpeza • Policía • Bombeiros...

GRAZAS A TODOS E TODAS!!!


Por fin pasamos fases: 1, 2,...

XA SAÍN Á RÚA!!! Pero teño que ser moi responsable, seguir as medidas que me indican para previr o posible contaxio e


OS NENOS E NENAS DE 1ยบ

DIVERTร MONOS

COLABORAMOS

XOGAMOS


SEMPRE

PROTEXÉNDONOS

FRONTE


Á

COVID - 19


CONTO COLECTIVO 1ยบ





Alumn@s de 4 anos


Durante este tempo que tivemos que quedar na casa os nenos e nenas de 4º A aproveitamos, ademais de traballar coas mates, as linguas, etc. para coñecer dun xeito moi divertido a artistas de distintos estilos e épocas como Goya, El Greco, Matisse, Juan Gris, Frida khalo e Magritte. Cada semana o profe nos presentou unha obra moi famosa dun pintor e nós tivemos que botar man da nosa imaxinación e creatividade para facer as nosas propias versións. A verdade é que aprendimos moito e pasámolo xenial disfrazándonos e facendo, coa axuda das nosas familias, as nosas versións. Se queredes ver o traballo previo que fixemos con cada un dos cadros podedes velos na parte de plástica da aula virtual de 4º A. Seguro que aprendedes un montón de cousas e que vos animades a facelo e pasalo igual de ben que o pasamos todos nós.

Nas seguintes páxinas mostrámosvos algúns dos nosos traballos.


JUAN GRIS La fenêtre aux collines

MAGRITTE ”The son of man”


MATISSE “nu bleu II”

GOYA “A maja vestida”


FRIDA KAHLO

autorretrato

EL GRECO “O cabaleiro da man no peito”


Doors into English by Teacher Conchi and Teacher Ele


Co comezo de curso, tamĂŠn chegaron as portas temĂĄticas da nosa aula. Recordades a primeira de todas?

Despois, en novembro decidimos celebrar o Halloween. Que medo!

Quen se anima a atopar as diferenzas que hai entre as seguintes imaxes? TamĂŠn podedes colorealas.



Co frío, chegou Thanksgiving.

Logo o Nadal e o momento de recibir os agasallos polos que tanto agardamos

No mes de febreiro decidimos celebrar o día de San Valentín escribindo dedicatorias ben agarimosas aos nos@s amig@s e familiares.

Como non puidemos facer unha porta para o verán, que che parece se debuxas ti unha? Anímate e envíanos unha foto ao noso correo. Podes facela nun papel, nesta folla ou tamén online nos seguintes enderezos: https://muro.deviantart.com/

https://sketch.io/sketchpad/













Elaboración Bota nunha cacerola medio quilo de agarimo, uns tres cuartos de apertas e uns bicos, con sentido. Ponlle un chorro de paciencia e un chisco de alegría, un bo puñado de ánimo e un pouco de fantasía

Posoloxía Remove moi ben a mestura e gárdaa na neveira. Tómaa cada mañá cun par de madalenas.


XARDINEIROS DE 3ยบA .


PASATEMPOS XARDINEIROS


XEROGLÍFICOS Plantas con flores

ATOPA AS DIFERENCIAS

AGORA…A ADIVIÑAR!!! SOMOS VERDES E AMARELAS TAMÉN SOMOS COLORADAS É FAMOSA A NOSA TARTA E TAMÉN PODES COMERNOS SEN QUE ESTEMOS COCIÑADAS

Ten xemas e non é ovo Ten copa e non é sombreiro Ten follas e non é libro

QUE É?

UN SEÑOR GORDIÑO MOI COLORADIÑO NON TOMA CAFÉ SEMPRE TOMA TÉ

CAEN CAEN SEN PARAR E NON DEIXAN DE BAILAR

PICTOGRAMA



O alumnado de 5 anos realizamos estes debuxos da primavera durante o confinamento.

5 anos


5 anos


5 anos ADRIÁN

ALMA

ADAM

CANDELA

KARLA

JOEL

DANIELA


YAGO

RODRIGO

TEO

YONI

LARA XIANA

LEILÍA

5 anos





AS PITAS BAIXO A CHOIVA Ricardo Carvalho Calero Aquel serán, detrás dunha fiestra eu ollaba chover.

E de súbito vin as pitas. Malpocadas!

Coas colas baixas, a cabeza afundida, achegadas ao muro, nos recunchos, esmorecidas, murchas, tristeiras, a auga escorregaba por riba delas, teimosa, cruelmente. Non o puiden aturar. Baixei como un lóstrego e abrínlles a porta da casa. Mais as galiñas non se moveron.


Chameinas en van. "Churras, churras “

E saín ao curro, atafegado para conducir a grea a teito. Mais cando chegaba cabo dunha ave, esta fuxíame e afastábase máis cada vez.

Así, mollado eu mesmo ata non poder máis, púxenme a berrar e a chorar con moito desconsolo.

2º A Primaria


A COEDUCACIÓN A CHAVE DA IGUALDADE Hoxe en día a humanidade está chea de estereotipos sociais que reforzan as desigualdades de xénero. Tanto os medios de comunicación coma as persoas

que

teñen

influencia

nos

medios

transmiten estes prexuízos. A educación é a base para crear unha sociedade igualitaria para inculcar o respecto entre nenos e nenas, para evitar conflitos de xénero no futuro. A través da educación, promóvese a igualdade de xénero entre o noso alumnado e lóitase contra os estereotipos sociais que fomentan a desigualdade. A coeducación e a educación non sexista, potencia o desenvolvemento de valores como a igualdade entre os nenos e nenas. Debemos promover a equidade na aula e tamén a educación pola igualdade dende unha idade temperá. A través de dinámicas de grupo e didácticas lúdicas, as mestras e mestres, crean alternativas educativas para eliminar os estereotipos que fomentan a violencia e a desigualdade de xénero dende a infancia. Como proposta pedagóxica do centro escolar, a coeducación é un proceso educativo que favorece o desenvolvemento integral das persoas con independencia do sexo ao que pertenza. Entendemos a escola como a chave da igualdade, que defende os principios da coeducación, que corrixe e tamén elimina todas as desigualdades ou mecanismos de discriminación por razón de sexo, na que os alumnos e alumnas poidan desenvolver libremente a súa personalidade nun clima de igualdade real. A coeducación, pretende unha educación con base na aceptación do pluralismo, a diversidade e a diferencia; así como o profundo respecto por esa diferencia, que permita o desenvolvemento das individualidades e a plena realización do humano en ambos sexos. Os obxectivos para levar a cabo a coeducación deben fomentar a realización de relacións máis xustas e igualitarias. Teñen que preparar a nenos e nenas axeitadamente

para súa

integración na vida de xeito funcional e activo, atendendo as súas potencialidades persoais.


Manter un coñecemento do sistema sexo-xénero, como unha construción sociocultural para proporcionar unha identidade masculina e feminina. Educar aos nenos e nenas na tolerancia, na solidariedade , na cooperación, na inclusión... Chegar a un tratamento igualitario entre sexos das mesmas idades. Sensibilizar sobre a importancia da coeducación para conseguir uns modelos de relación non sexista. Na comunidade educativa eliminar as pautas e comportamentos machistas. Descartar a violencia, en todos os seus aspectos, especialmente na violencia de xénero e implantar normas de respecto. Analizar de xeito reflexivo e crítico a linguaxe, asumindo outras alternativas para o seu uso e evitando a desigualdade. Entender o sexismo, como un problema de desigualdade social que ten o seu orixe nas ideoloxías e na estrutura socioeconómica. Coñecer os impedimentos para lograr a igualdade de oportunidades entres homes e mulleres. Favorecer e intervir na resolución de conflitos. Nestes tempos de globalización , nunha sociedade heteroxénea e intercultural, onde os nenos e nenas, deben aprender a vivir de xeito democrático, respectando as desigualdades e fomentando unhas relacións integras das persoas. Que mellor lugar que nun centro educativo, onde se desenvolva un ensino inclusivo, a través dunha escola inclusiva , onde se promove a coeducación, os seus valores e obxectivos dentro do currículo escolar. A coeducación, quere dicir, que as aulas representan pequenas comunidades democráticas e a oportunidade de realizar libremente o alumnado, de xeito seguro, a súa personalidade, opinións, gustos e intereses. A pluralidade das aulas, xera situacións educativas e retos de cara é ao proceso de aprendizaxe axeitado. Comparte a escola inclusiva coa coeducación, a construción de espazos sociais, íntegros, democráticos e participativos , socialmente enriquecidos que faciliten a aprendizaxe e poñan énfase no interese por convivir, relacionarse, comprenderse...Debe impulsar unha educación de calidade e equitativa para todo o alumnado. (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN )


DESPEDIDA DE 6º

6ºA

6ºB

Queridos compañeiros e amigos: Despois de nove anos neste centro, chegou o momento de despedirnos. E neste caso a despedida é triste porque non a puidemos facer como nos gustaría...pero tamén leda pois a marcha significa que pasamos para o instituto, para seguir coa nosa formación e co noso crecemento persoal. Non é unha despedida definitiva, é un ATA SEMPRE! Como agasallo de despedida queremos deixarvos uns recordos das nosas mellores vivencias neste colexio. Unha aperta moi forte para todos, e non nos esquezades!!! Que nós tamén vos levaremos sempre na nosa memoria.


Comezamos:

Ola chámome Uxía e son de 6ºA . Levo no cole 9 anos, e claro, teño moitísimos recordos. Cando ía a infantil, encantábame sempre plantar na horta e o mellor é que ademais de pasalo ben aprendiamos moito. Tamén gustábanme moito os talleres que facíamos e o que máis me gustou foi no que fixemos sales de baño. Acórdome que en terceiro fixemos unha clase no recreo de ximnasia rítmica… foi moi divertida! Encantábanos tamén dar pinchacarneiros no recreo. Tivemos unha guerra de auga no verán e fixemos un picnic na herba. Pero o mellor que me levo de todos estes anos son os meus compañeiros…!

Ola ! Eu son Iria María de 6ºB e uns dos meus recordos era que en infantil mordiámonos entre nosoutros .Todos os profesores que eu tiven foron super bos con nós . E sempre nos divertiamos sen nada, solo con nosoutros falando e ríndonos entre nós.

Ola! Eu son Kevin Carballido de 6ºB. O recordo dunha profe, era de Idalia que nos trataba con amor e os venres como premio dábanos chicles ,gominolas e tamén viamos películas; era super divertido.

Ola! Eu son Hugo, de 6ºA e este ano remato a ensinanza neste colexio. Algúns dos meus mellores recordos son: - Coñecín ós meus compañeiros, ensináronme a xogar con eles, e a compartir os xoguetes; cando acababamos as tarefas en infantil e iamos xogar detrás aos coches de Spiderman e as cociñas, cando no patio de infantil subiamos polo terreo de terra e nos tirabamos... tamén cando esperabamos que os de primaria se foran a clase e como o noso recreo seguía, podíamos ir ao patio de primaria. - Agradecer o ben que me trataron @s profesores que tiven, pois tiveron moita paciencia e o ben que nos ensinaron a ser un grupo amigo e respectar ós compañeiros, sen liortas nin distincións entre nenos e nenas, xogabamos todos xuntos á corda, ó escondite, ó fútbol, ó pilla pilla, etc. En fin marcho de Albeiros pero levo moitos recordos que van ser para toda a vida xa que aprendín moitas cousas boas.


Ola! eu son Estíbaliz de 6ºA. Non me imaxinaba un fin de curso así pero hai que adaptarse. Xa non somos aqueles nenos que empezaban o cole. Completos descoñecidos que comezamos a estudar xuntos e que agora, para min sodes os mellores. Vou botar de menos a todos e cada un de vós , non só aos de sexto… sempre me apoiastes nos momentos bos e nos malos e nunca vos esquecerei. Quero que saibades que non vos esquecerei e que nada é eterno…boa sorte ao próximo sexto porque ides vivir momentos realmente extraordinarios e se podo, non dubidarei en ir visitarvos. :)

Ola! Eu son Claudia de 6º A . Algúns dos mellores momentos que pasei nestes nove anos no cole foron : En terceiro de primaria, no entroido, cando fomos todos en pixama ao colexio . Foi moi divertido!. Tamén en cuarto cando viñeron os policías ao colexio e trouxeron aos seus cans adestrados, gustoume moito. Tamén o pasei moi ben na excursión a Monforte que fixemos en quinto. Divertímonos moito e foi a primeira en que puidemos sacar fotos porque nos deixaron levar móbil. A verdade e que pasei 9 anos incribles neste cole.

Ola! eu son Naiara Diéguez de 6ºA Os meus mellores momentos neste cole foron: cando pasei de infantil a primaria, porque sentinme máis maior; cando tivemos a nosa primeira excursión ao parque de bombeiros; tamén o primeiro día de sexto de primaria xa que era o noso último ano, pero con mala sorte non o puidemos acabar da mellor maneira. Os meus agradecementos son para todos os profesores que tiven. Como últimas palabras para este cole dicir: Grazas por estar sempre con nós, por todas as excursións, as festas de fin de trimestre e por suposto aos meus compañeiros de 6ºA.

Ola! Eu son Pablo de 6ºA e algún dos meus momentos máis felices destes nove anos na escola son: Cando saquei o meu primeiro dez, aqueles días que, ata cando chovía, íamos a maioría dos meus compañeiros a investigar sobre un monstro que se inventou un compañeiro, cando fixen o meu primeiro amigo, pero sobre todo cando pasei a primaria, aínda que cando cheguei a 3º xa quería volver a infantil e por último, e non menos importante, cando empecei a xogar ao fútbol cos meus compañeiros en vez de quedarme nas escaleiras a falar coas profesoras. Eses son os momentos máis felices dos meus nove anos aquí, na miña inesquecible escola.

Ola! eu son Noé de 6ºA. Recordo algúns dos mellores momentos que pasei no colexio de Albeiros, durante estes nove anos: a visita dos Reis Magos polo Nadal e os seus agasallos, a casa do terror no Samaín, os desfiles de Entroido cos meus compañeiros e, sobre todo, os divertidos xogos dos magostos. Tamén me gustou moito unha excursión que fixemos a un parque eólico. Alí explicáronnos como funcionan os eólicos desde o seu interior, ensináronnos algúns eólicos antigos e ademais había unha tenda, na que vendían coches e outros xoguetes, que se movían con enerxía solar. Dáme peniña deixar o meu cole!


Ola! Eu son Daniel Fernández Díaz de 6ºA e para min o mellor de toda a escola foi coñecer a todos os meus amigos e profesores, tamén gustoume aprender todas as cousas que eu sei, ao principio do colexio eu xa coñecía a algunhas persoas porque ía con eles na gardaría e iso axudoume a adaptarme, tamén gustoume moito xogar cos meus amigos ao fútbol, baloncesto, escondite ... En xeral gustoume case todo, é unha pena que xa isto acabe xa, porque todos estes anos foron divertidos.

Ola! Eu son Naiara Fernández de 6º A. De todos estes anos no colexio, as cosas que máis me gustaron foron: En infantil recordo xogar con Uxía, era e sigue sendo unha das miñas mellores amigas, na clase tiñamos un polbo de xoguete que me gustaba moito, outro día saltamos a reixa para ir ó patio dos maiores, que risas e que medo... Cando pasei para primaria notei un cambio moi grande. O que máis me gustaba era facer plástica, coidar a horta e as excursións. Os cursos que máis desfrutei foron sexto e cuarto. Moitas gracias a todos os profes e todo o persoal do centro. ATA OUTRA!!

Ola! Eu son Carolina de 6ºA. E vou contar as miñas mellores tres experiencias durante estes 9 anos. A primeira experiencia foi cando eu estaba en infantil e mexeime e a profesora tivo que chamar a miña nai para que me viñera a cambiar. Cando chegou miña nai fomos ao baño e todos os meus compañeiros miraban como me cambiaba a roupa. O segundo recordo foi cando en infantil iamos ao areeiro e chegabamos á casa con area nos pés e nos petos dos mandilóns. E a última experiencia era cando uns compañeiros e eu iamos ao campo de herba e había letras marcadas nas árbores e pensabamos que o colexio estaba encantado. E por último quero dar as grazas a todo o colexio e aos profesores que me tocaron en todos os cursos e que saibades que nunca me esquecerei do colexio de Albeiros:)

Ola! son Xoel Gómez García de 6ºA, este é o meu último ano no cole e quería compartir algunhas cousas que me pasaron nestes últimos anos. Por exemplo cando en 3º dixen que éramos ovíparos, ou cando a mestra de 3º nos dixo que iamos ver un vídeo de morcegos pero non o puxo, entón Silvia e máis eu repetiámosllo, Silvia cansou de dicirllo pero eu levo máis de tres anos lembrándollo; ou os nosos fermosos carnavais que sempre gañabamos cos primeiros premios, tamén os dous mellores profes que tivemos: o de música, Miguel e a nosa profe Olga; tamén as nosas excursións, as mellores, o condutor sempre quedaba xordo do que gritabamos.


Ola! Eu son Iria López Lastra de 6ºB Teño un recordo de cando eu ía en primeiro de primaria que os meus compañeiros e eu fixeramos unha obra de teatro titulada “Fai un xuízo ao lobo” interpretámola no ano 2015 no día do libro. Aquel ano o día do libro era dedicado a Saturnino Calleja. A obra trataba sobre un xuízo no que o acusado era o lobo feroz ,a ver se era culpable ou inocente e ían varios personaxes de distintos contos. Eu recordo que ía do sastrecillo valente. Pero ao final o lobo saíu inocente.

Ola! eu son Silvia de 6ºA; o paso durante estes anos polo colexio de Albeiros foi algo que, estou segura, non esquecerei. Non teño dúbida en dicir que o mellor desta estancia no colexio foi coñecer aos meus amigos e compañeiros, cos que pasei os mellores momentos . Tamén me levo a grandes persoas como algunhas das miñas profesoras :Lucia a que botarei de menos e Gloria, a miña profesora de infantil, que tivo moita paciencia con nós.Non podo escribir moito máis pero... un resumo do que escribín sería: GRAZAS.

Ola! Eu son Yanira López de 6ºA, durante estes nove anos os meus mellores recordos, eses que nunca esquecerei ,son tódolos compañeiros de clase que tiven, dos que saquei os mellores amigos que teño ata agora. Deles lembro momentos que dificilmente esquecerei: esas risas ,esa complicidade e o respecto que tanto me deron e intentei darlles, e como non, ós profesores, que sen eles, sen todo o que nos ensinaron a respectarnos, a levarnos ben, a colaborar entre nós, a axudar ó que lle facía falta ,seguramente non houbera sido posible... dende aquel primeiro día que cheguei a este colexio choromicando... por todo iso, GRACIAS a todos. Ola!!!...Eu son Sara de 6ºA e vou contar algúns dos meus recordos no cole durante estes nove anos . O 1º que vou contar é o de fin de curso do ano pasado, algúns compañeiros fixemos unha coreografía , decoramos o noso vestiario e fíxome moita ilusión!!! . Tamén recordo que en infantil cando saíamos ó patio remataba cos pés cheos de area, pero eu pasábao xenial !!! .Outra cousa e que o primeiro ano de cole algún día quedeime durmida na clase encima da mesa, e así me atopou miña nai cando me foi recoller ......E por último quero dicir que para min este curso foi un dos mellores, grazas a que tivemos a Olga, unha das mellores profesoras!!! .......

Ola! Eu son Carla Mella de 6ºB. Teño unha pena moi grande porque marchamos do cole este curso e tamén moitas ilusións e medos pola nova etapa de secundaria. Pero temos que ser valentes iso me ensinou a miña gran amiga e primeira profe “Marior “Quéroa moitísimo e sempre seguirei os seus consellos. “ Yoli” a nosa profe moi querida dos últimos cursos de primaria, “ grazas por todo o que nos ensinaches, os bos consellos e que pena non poder desfrutar de ti moito máis nestes últimos meses”. O máis bonito e importante destes anos no cole foi coñecer os meus amigos “ somos un grupo marabilloso, unido e fixemos grandes cousas, gañamos premios porque traballamos sempre xuntos. E iso nunca vai a cambiar, é algo que perdurará sempre. Grazas a todos os demais profes do cole: Elena, Patricia, Anxo, Conchi, Dolores, Eliseo e grazas aos profes de prácticas, Roi e que tamén nos axudaron a crecer. GRAZAS A TODOS!!


Ola a todos e todas, eu son Isona Mestres Castiñeira de 6ºA e hoxe vou falar de todos os recordos que teño no meu colexio: En primeiro lugar agradezo todos os días que estiven nel polas amizades que fixen. Tamén teño que dicir que estes anos foron os máis divertidos e felices da miña vida, aínda que as veces tamén houberan momentos tristes. Algúns dos momentos nos que os meus compañeiros e máis eu pasámolo ben xuntos foron, por exemplo: cando facíamos as nosas excursións, aínda que non foran as mellores eran un bo momento para divertirse; ou cando fixemos unha guerra de auga todos xuntos. Para min o mellor recordo que teño foi cando cheguei a este cole, xa que era nova e todos os meus compañeiros fixéronme un libro cheo de debuxos feitos por eles para min. Finalmente teño que dar as gracias a todos os profesores que nos axudaron a ser mellores persoas e estudantes. ¡MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR ESTAR CONMIGO! Ola, eu son Miguel , de 6ºB. O primeiro recordo que teño é cando cheguei ao colexio, que me recibiron moi ben. Cando empezaron a ensinarme no cole; ese é o meu recordo favorito. Cando aprendín a ler, que nada máis chegar, á semana xa sabía! E o último bo recordo que teño, é coñecer a todos os meus compañeiros/as, amigos/as e mestra.

Ola eu son Antía de 6ºB, e un dos mellores recordos que teño foi cando empecei a vir a este colexio e coñecín aos meus compañeiros. Tamén recordo todas as excursións ás que fomos, o ben que o pasamos nelas e o bos amigos que somos. Agradezo aos meus compañeiros por estar sempre comigo e nunca olvidarei este colexio e aos meus compañeiros. E nunca olvidarei as nosas profesoras e aínda que algúns de nós vaiamos a institutos diferentes sempre estaremos xuntos nas boas e nas malas, pero espero que sexa sempre nas boas.

Ola!!! Son Hugo Penelo de 6ºB: As miñas mellores vivencias foron cando pasei a primaria, acórdome de todas as mestras que tiven e teño bos recordos de todas. Estou moi agradecido con todas por ensinarme tantas cousas. Gustoume moito facer amigos pero o que máis me gustou sen dúbida foi a hora do recreo, para xogar ao fútbol, falar cos amigos ou xogar ao baloncesto. Pero tamén encántame a hora de educación física, a de plástica e a de música.

Ola! Eu son David de 6ºB de primaria e estes son os meus 3 mellores recordos: • • •

O primeiro é cando os meus compañeiros pensaron que era un bo candidato para presentar a festa de nadal e elixíronme. As saídas que fixemos co colexio a sitios de Lugo ou outras que ata saímos do municipio. Todas as persoas que coñecín no centro: como os titores, alumnos e os meus compañeiros. Nunca me esquecerei de todos eles


Ola! Eu son Alba Rodríguez de 6ºB Os mellores recordos que teño deste curso son: -

Que coñecín uns compañeiros moi bos. Facilitáronme a chegada ao cole. Foi una boa experiencia, que durou moi pouco.

Ola! Eu son Laura Rodríguez, de 6º B Os meus mellores recordos deste curso son: -

As mestras, son moi agradables. Que coñecín compañeiros moi divertidos. Foi una nova experiencia.

Ola, eu son Naiara Rodriguez, de 6ºB Con este pequeno escrito quero expresar os meus recordos e agradecemento ao profesorado que nos tocou para vivir un momento tan difícil na nosa vida escolar, por ter tanta paciencia e dedicación. Os mellores recordos son as excursións, onde todos cantamos como unha gran familia e o entroido que o vivimos cunha maxia especial e pasámolo moi ben. Son das miñas mellores experiencias vividas con vós. Moitas gracias a todos, quérovos moito!

Ola ! eu son Carla Rodríguez de 6ºB e vouvos a contar os mellores recordos que teño: O meu recordo favorito foi coñecer a todos estes profesor@s e a estes nen@s , tamén me gustaron moito as festas que temos organizado polo entroido. Gustáronme moito as excursións que fixemos porque, grazas a elas, aprendín un montón de cousas, Teño que admitir que tiven moitísima sorte con todo o que me tocou estes anos. Deume moita pena que non nos puidéramos despedir pero aínda así foi un gran pracer coñecervos a tod@s, un abrazo enorme.

Ola! Eu son Aroa, de 6ºB Teño moitas experiencias no colexio: -

O entroido, xa que me divertía nos ensaios, nas actuacións… e tamén ver aos mestres disfrazados os venres. Cando veu a garda civil, a xente que veu facer actuacións, … As excursións porque visitabamos sitios novos e aprendín moito. As festas do colexio; a paz, o festival de nadal, o samaín…

Quero dar as gracias a todos os profesores por todo o que aprendín , polos momentos xuntos e divertidos. Sodes fantásticos! É una pena non despedirme este ano como o merecedes, porque sodes estupendos. Nunca vos esquecerei, nin a vós, nin a toda a xente que coñecín.


Ola! Eu son Eyram de 6ºB, eu acórdome como se fóra onte dunha manualidade que fixéramos con Idalia en 2º de primaria. Tratábase dun esqueleto articulado con cartolina e con encadernadores. Outro dos meus mellores momentos no cole foi cando unha vez, en cuarto de infantil, rematamos unha manualidade case todos á vez e como ao terminar deixábannos xogar , puxémonos a dar voltas para ver quen aguantaba mais de pé.

Ola eu son Claudia de 6º B. Estes anos nos que estiven no cole foron marabillosos. Un dos recordos que teño no cole é cando xogabamos toda a clase a un xogo que lle chamabamos pilla pilla de barras, este xogo encantábanos e pasabámolo moi ben. Tamén recordo que me encantaba ir de excursión, pero hai dous que foron especiais para min : cando fomos ao parque de bombeiros e tamén gustoume moito a dos muíños de vento. Tamén recordo que me encantaba actuar nas actuacións de Nadal pero teño dous que foron especiais: as de o ano pasado que bailamos a de Rozalen e a de este ano que foron cancións variadas . Moitos bicos a todos os profesores , nenos e nenas sempre os levarei no corazón.

Ola! Eu son Bayron de 6ºB Quería dicirlles ás mestras e aos meus compañeiros e compañeiras, que moitísimas grazas por ensinarnos todo, e que eu deste cole, voume moi orgulloso. Botareivos en falta! . Con isto do coronavirus, non me puiden despedir de todos, pero irei visitarvos. Paseino moi ben no cole en todos os cursos. Quérovos a todos e a todas. Un bico e ata pronto!

GRAZAS POR TODO E MOITA SORTE!

ATA SEMPRE CEIP ALBEIROS



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.