O noso paso pola escola

Page 1


O noso paso pola escola Este é un texto que realizamos todos os nenos e nenas de 6º. Recordo sempre escoitar falar na casa que cando eu tiña só uns 6 meses, miña nai xa dicíalle ó meu pai a que colexio lle gustaría mandarme. O meu pai dicía que era unha exaxerada e que era moi cedo para pensar niso aínda. A miña nai tiña razón, o tempo pasou voando, xa teño case12 anos e estou a rematar 6º de Primaria. Meus pais decidiron levarme ao colexio de Sada y sus Contornos, un colexio que me quedaba ao lado da miña casa, que era público para todos e todas e que tiña moita tradición en Sada. A moitos resultounos moi estraño o primeiro día de escola, algúns choramos, pero a maioría non temos un recordo moi nítido dese día, o que temos claro é que non é un recordo negro, polo que cremos que non o pasamos tan mal, ata pensamos que nos gustou vir á escola. En Infantil coñecemos á gran parte dos nenos e nenas que hoxe estamos aquí. Con María e Chus xogamos moito, tamén debuxamos, e empezamos a realizar as nosas primeiras aprendizaxes. Con Marga, para a que aínda somos os seus nenos e nenas, aprendemos as letras, os números, e moitos refráns, como: “marzo marzal, pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can”. Xunto con estas mestras realizamos as nosas primeiras excursións, como a unha granxa na que nos levaron en tractor. Cando pasamos de infantil a primaria algúns compañeiros se foron pero outros novos chegaron. Comprobamos que xa sabíamos facer moitas cousas, pero notamos un gran cambio e todo parecíanos difícil. Grazas á axuda dos nosos amigos e profes aprendemos un sen fin de cousas novas. Puri, en 1º e 2º, pelexo moito para conseguir que estivéramos quietos. Con ela aprendemos a sumar, restar e tamén a escribir mellor.


En 2º ciclo o noso mestre foi Luis, o mestre máis estrito, que deunos moita caña e conseguiu enderezarnos. Grazas a el temos moitos coñecementos, todos e todas gozamos coa súa maneira de dar clase, descubrindo cousas novas da natureza e facendo moitos experimentos, como cando fixemos dous bolos de pan, un de fermento e outro sen el. Nesta época chegou a nosa “super-teacher” de inglés, coa que aprendemos moito dunha maneira moi divertida. No terceiro ciclo tivemos moitos profes. En 5º Puri e sobre todo Ana, á que nunca esqueceremos. E por fin chegamos ao último curso da primaria, 6º. Tivemos a sorte de contar con Andrés e Miguel, dous mestres cos que vivimos un curso inesquecible. Esixíronnos moito pero gozamos de moitas experiencias marabillosas: visitáronnos xogadores do Deportivo, coñecemos a Gonzalo Moure e realizamos una viaxe incrible e única a Soria. E con isto rematamos a nosa etapa no colexio. Aquí pasamos nove anos da nosa vida, compartindo moitas vivencias cos nosos compañeiros e mestres, cos que formamos unha gran familia. Agora que somos maiores dámonos conta de que o colexio ten moitas carencias: polideportivo, comedor, patio cuberto... Pero todas estas carencias fainos estar moi unidos. Os alumnos e alumnas deste cole somos educados, respectamos o medio ambiente, traballamos pola paz, somos solidarios: recollemos xoguetes e comida para Haíti, diñeiro para Xapón, tapones para Aitana, comida para as persoas que o necesitan... Poderíamos contar moitas máis cousas boas, pero non caberían neste texto. Nunca pensamos que un colexio tan pequeno, deixaría una pegada tan grande na nosa vida e nos nosos corazóns. Nesta escola aprendemos moitas cousas, non para un exame, se non para a vida. Grazas Sada y sus Contornos, un anaco de ti sempre virá con nós. Ata sempre.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.