A Nova Peneira 88. Finais de Xaneiro 2018

Page 1

ANO 7 - nº 88

finais de xaneiro 2018- 2€

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

A alcaldesa de Tomiño (BNG) Páx. 22-23 Sandra González

O alcaldable de Pazos de Borbén (AV) Páx. X-XI Luciano Otero A Mesa e deputación presentan unha auditoria sobre a situación do Galego 6

O alcalde de Cangas (ACE) Páx. XIV-XV Manuel Pazos

O alcaldable de A Guarda (BNG) Páx. 29 Ángel Vaz

A LOurIñA

O BNG solicita unha Comisión pola contaminación do lindano en Mos

BAIXO MIñO

12

Goián celebra o seu tradicional 26 Entroido

O alcalde de Tui (C21) Carlos Vázquez

Páx. 24-25

Analizan a actualidade nas nosas páxinas rEPOrTAXE

O CONdAdO

Ponteareas subvencionou actividades de centros culturais

O Entroido de Salceda

31

36

rEdONdELA

AEr pide sumarse ao recurso contra o transvasamento XII do Verduxo


[ 2] Finais de xaneiro 2018 EDITORIAL TINO LAGO Director de A Nova Peneira

A

ALBERT CAMUS E A MONARQUÍA ESPAÑOLA

defensa da arquitectura política do estado español, en forma de monarquía, é criticable desde tres parámetros de análise diferentes; desde unha perspectiva cuantitativa, desde un punto de vista político e desde unha visión moral. A ONU recoñece a existencia de 196 estados políticos, deses case 200 países só 26 se artellan en forma de monarquía. Un 13% dos estados, recoñecidos como tales pola comunidade internacional, son monarquías e un 87% non. No que respecta ás consideracións políticas, os defensores de que o xefe de estado non sexa elixido pola vontade maioritaria dos cidadáns e das cidadás, senón que se senten cómodos no papel de súbditos, sempre argumentan a mesma simpleza :”Dinamarca, Suecia, Holanda, Noruega..son monarquías e teñen un nivel de vida notable”, xa que logo, debe haber unha relación de causalidade entre este tipo de deseño político e o desenrolo económico e social salientable. É falso, non a hai, nin física nin metafísica. Á hora de esgrimir semellante argumento sempre esquecen o resto de estados monárquicos: Marrocos, Arabia Saudí, Xordania, Suazilandia, Tailandia, Tonga...Nos países do primeiro mundo, unha significativa porcentaxe de persoas teñen un nivel de vida digna, independentemente da súa forma política. E nos estados do terceiro mundo, unha elevadísima porcentaxe de persoas viven

por baixo dos mínimos límites da decencia independentemente da súa forma política. Por último, que un xefe de estado xurda do dedo dun ditador, baixo cuxo mandato se practicou o asasinato extra xudicial sistémico, non resiste a máis mínima análise moral honesta. En Italia ou Alemaña un xefe de estado designado herdeiro por Mussolini ou por Hitler sería absolutamente impensable. Nunha entrevista a unha TV suíza no ano 1.970, o futuro rei Juan Carlos definía a Franco como “un exemplo “polo que sentía “afecto e admiración”. En Alemaña, estas palabras serían delituosas, facer apoloxía do nazismo é delito. No pasado mes de xaneiro, o xornal italiano “Corriere della sera” publicaba un suposto episodio da vida do rei emérito. Presuntamente estaba a

manter relacións íntimas cunha rapaza no seu iate, cando os seus escoltas advertiron que se achegaba a súa esposa, a raíña Sofía. Co gallo de evitar ser descuberto no adulterio, non se lles ocorreu outra cousa que botar á rapaza ao mar. Semellante conducta, propia dun psicópata, non ten ningún tipo de consecuencia nin política, nin xurídica, porque a monarquía española non resiste a análise moral máis ínfima. Recentemente o rei emérito cumpriu 80 anos, as felicitacións dos que asumen voluntariamente o papel de lacaios rozaron a náusea xurdida na máis profunda da das profundidades. Non, o anterior xefe do estado non foi figura clave da democracia, nin marcou ningún tipo de camiño cara a paz nin cara a ningures. Figuras chaves foron Castelao ou Marcos Ana por exemplo. O anterior xefe do estado foi un listo que soubo situarse a carón de quen ostentaba o poder, e aproveitarse da situación, para poder vivir como un multimillonario a conta do esforzo das clases traballadoras, que son os que financian os seus iates, as súas cacerías e os seus luxos indecentes. Dicía Albert Camus que a comprensión de que a vida é absurda non pode ser un fin senón o comezo. Considerar á monarquía española como exemplo en positivo de algo é absurdo. Comprendámolo e que sexa o comezo da construción, democrática e pacífica, da República dos pobos libres de Hespaña.

OPINIÓN

BALDOMERO IGLESIAS Mero

R

SEMPRE QUE PASA IGUAL, PASA O MESMO!

esulta incrible enterarse da segunda parte das novas que acontecen. Vimos de ver os telexornais e adoece un por saber, verdadeiramente, a verdade que oculta por detrás das retortas palabras dos informadores. Nótaselles moito a premura en dar información movida, chea de viravoltas e ocultacións, de cousas raras e sobre todo carentes de fluidez e limpeza. Hai pouco armaron un lío terrible co conto das obras de arte que, á forza, levaron a Sijena, en concreto ao Real Mosteiro de Santa María. Durou días enteiros de perversidades. Ninguén dixo nas informacións que as obras ían agora a un Museo privado e do que curiosamente é vicepresidente o irmán do ministro Méndez de Vigo. Que cousas! E arman todo este follón para levar as obras a unha colección privada? E seica tamén o pai do ministro e mais un irmán, outro, foron condecorados Cabaleiros de Honor-Devoción en Obediencia da Soberana Orde Militar de San Xoán de Xerusalén, Rodas e Malta. Cando lemos isto, en medios de escasa difusión, pónsenos a cara de parvos e percibimos que son moitos os que nos vacilan, en contubernio globalizado de abuso,

do dano cultural e facémonos máis incrédulos. A mesma asociación Acción Pública para la Defensa del Patrimonio Aragonés (Apudepa), loita a favor do patrimonio cultural e contra da especulación, sobre todo política, que se fixo e fai, secundada polos medios de subvención lixeira, transfundida polos mandamases de turno. Agora, despois do dano causado, o goberno fala e deféndese das acusacións restando importancia ao parentesco do ministro coa toda poderosa Orde de Malta. Din que mesmo quixeron ser honrados, e que se recorreu o traslado das obras pero que o xuíz non quixo atenderlles nin pospoñelo. Só queda a certeza de que todos os medios actuaron de tal xeito que dimensionaron de máis o tema e puxeron fóra de consideración o ponderado punto de partida, propicio de entendemento. Chego a entender ás dúas partes que loitan polo patrimonio material e artístico que anda en xogo, pero non entendo a actitude do goberno español, envelenando, nótaselle interese especial en crear monstros para logo combatelos. Ademais de interferir mediante procedementos lexislativos reprobables –art. 155, de forza e de au-

sencia de razón. Inventan o delito e, logo, cométeno para despois tramar con outros tratando de desculpar a primeira fase de odio perturbado que emitiron. De sempre, todo o mundo o sabe, fixeron boicot aos produtos cataláns. Iso é unha evidencia, todo isto era e é unha vinganza obtusa que arraigou entre xente de pensamentos inocentes e conservadores que creron a estafa. Demonizaron a concordia e agora buscan socios para combater ese mesmo delito, ese drama que deu os froitos interesados que deu, e que se reflicte en millóns de cataláns que amosan carraxe, dano, o veleno inoculado, a falta de decencia en fondo e forma dos responsables. A loita, de novo, está servida. Os interlocutores do Estado perderon calquera creto, non son competentes para arranxar o tema das nacións do Estado. En Galiza tamén sabemos diso, dese desprezo cara a nós e ao Noso. Ese mesmo desprezo e desatención, xa case xenético, que debilita as nosas raíces e modos de entender o mundo, a nosa identidade. Esa que non é de esquerdas nin de dereitas, esa que non deberan manipular e sobar. Esa que vai dentro, nas entrañas, ou non vai. Estes

interlocutores non valen, son responsables do odio que xeraron, non vale ningún deles, non son limpos, nin demócratas, nin entenden a democracia como aquela norma que xera acordos que a todos esixen, que a todos liberan. Aquela que independentiza poderes para que controlen excesos, que dá sosego e xestiona o benestar, que a un tempo protexe minorías e dá voz aos que non a teñen, escoitando a todos. Aquela que non debilita ao ferido e coida aos desprotexidos. Nada de isto sucede. Os seus modos de actuación non son eses. Esta “suposta” democracia que eles interpretan non é a que soñabamos, nin sequera a que queremos para nós, nin para os nosos fillos. Está putrefacta e chea de leis inútiles, chea de corruptos que viven do esforzo de parados ou traballadores que non dan chegado a fin de mes. Non valen para xestionar, nin sequera para interlocutar os problemas que temos. Non son quen de entender o noso problema demográfico, mortal se non se pon remedio. Tampouco son capaces de xestionar o moito ou pouco que temos, pois nin sequera deixan ter unha información clarificadora e veraz.


Finais de xaneiro 2018 [ 3]

OPINIÓN

XABIER PÉREZ IGREXAS

JUAN C. PIÑEIRO DOCAMPO

Activista contradiscurso.net

Secretario Xeral de Compromiso por Galicia

Rumo propio cara á soberanía A

ofensiva do españolismo, nunha vaga de brutal recentralización e de violenta represión contra quen desafíe o statu quo da Transición e a súa “España una”, obriga o soberanismo a definir con maior precisión a súa folla de ruta. Ocorre non só na Catalunya, onde as forzas soberanistas teñen por diante o repto de efectivizar os resultados do pasado 21 de decembro. Tamén en Euskal Herria, cunha esquerda abertzale decidida a impulsar un proceso de acumulación que volva colocar no centro do debate a necesaria construción dun Estado vasco. Trátase, pois, de reaccionar en chave de contraofensiva contra o cada vez máis claro intento das clases dominantes españolas de rececentralizar o Estado. Na Galiza, sen perdermos de vista as condicións concretas, e especialmente o nivel de conciencia nacional e social e a correlación de forzas na que se expresa, era tamén necesario definirmos, ou se se quixer actualizarmos, unha folla de rota concreta sob a que avanzar desde o aquí e agora con rumo ao obxectivo estratéxico da plena soberanía nacional e popular. Trátase pois de conectarmos a acción política, social e institucional, que o nacionalismo galego desempeña no cotiá, no conxuntural e inmediato, co horizonte da República galega. Por complexa que xulguemos vaia ser a travesía ate lá, ou distante a situemos na cartografía política do presente.

Nesa dirección, mais sob perspectivas diferenciadas, teñen converxido nos últimos días dúas iniciativas de grande calado. Dunha banda a aprobación polo BNG da denominada “Estratexia Avanza Galiza”, coa vocación de ser un ambicioso plano de traballo que, sobardando os ciclos electorais, permita á fronte patriótica contribuír de xeito decisivo a sumar máis vontades conscientes a prol da causa dunha Galiza dona de si propia. Un documento que se desenvolve dentro do marco político delimitado na última Asemblea Nacional do Bloque, que supuxo o maior esforzo recente de actualización e reforzamento do proxecto nacionalista para Galiza. Pola súa parte, no ámbito social, corenta entidades do campo popular (sindical, cultural, deportivo, rural, estudantil, etc.) veñen de se artellar nunha iniciativa de base ampla, a “Vía Galega”, co obxecto de estreitar a colaboración en chave de sinerxía na tarefa de enraizar a nivel social a causa soberanista sob dúas premisas tan mínimas como fulcrais: o carácter nacional de Galiza e o dereito do noso pobo a decidir libremente o seu futuro. Diante da ofensiva do españolismo, o noso futuro non pasa por nos acantonar no buraco da defensa dunha autonomía anémica, senón por adiantar con audacia e intelixencia a liña de trincheiras. Só así poderemos avanzar, con rumo propio, cara á soberanía.

O éxtase “Mariano” de Soraya

C

on sinceridade, a quen non lle asusta a intervención da Señora Vicepresidenta do Goberno, na que fala de descabezar? A min asústame moito, como demócrata e como persoa. Só é explicable por unha iluminación transitoria do seu líder supremo, é dicir, por unha situación de éxtase “Mariano”, cal Juana de Arco do centralismo. Porque coido que politicamente non é explicable e tampouco moi inspiradora, valeulle para chegar a 4 deputados, en Galicia nin terían representación, igual a xente colleu medo. Convido, á quen queira, a ver a clase de políticos que son capaces de manipular de xeito tan grave a división de poderes do Estado, é unha intervención ben ilustrativa da súa forma de facer política: unilateralidade nas decisións, rancor, odio, control das administracións e rabia. O vídeo transmite moi ben o fondo da acción política do máis rancio PP. Mais a realidade é dura Señora Soraya, os líderes non son máis líderes por estar na rúa, mesmo iso no PP teñen que sabelo ben, son o único Partido Político imputado por corrupción co líder pola rúa sen problema, tamén parece que o seu guía espiritual figura en algún que outro informe policial. A sociedade catalá acaba de darlle unha lección, non só política, unha lección de

educación, coido ben merecida. Isto non ven máis que a demostrar a súa clara estratexia de destruír todo aquelo que non responde ó seu ideario e a súa máquina electoral, en calquera democracia tería que ter dimitido, pero no PP son máis do “se fuerte” que todo pasa. Temos que ter en conta que foi precisamente Dona Soraya xunto con Federico Trillo os que o 31 de Xullo de 2006, de forma totalmente unilateral, presentaban o tan famoso recurso contra un Estatut que fora referendado polo 73,9 por cento dos votantes en referendo e que incluso Josep Pique apoiaba. E fala de unilateralidade, incrible. De esta actuación deriva toda a situación actual. Por certo daquela coincidía o PP con ERC e a CUP, que cousas ten a vida. Non pode estar ó fronte do “Ministerio de Presidencia y para las Administraciones territoriales” unha “incha” do centralismo que demostra unha total falla de cintura e capacidade negociadora e un continuo abuso de poder, mesmo cando vai mercar roupa a unha grande superficie en coche oficial, eses pequenos detalles. .. Os líderes son aqueles que a maioría parlamentaria elixe señora Soraya, non aqueles iluminados por un éxtase “Mariano”, mal que lle pese.


[ 4] Finais de xaneiro 2018 OPINIÓN

A

gora déronlle aire a isto de Tabarnia, que din que é como Transnistria ou o Norte (serbio) de Kósovo. España, comparándose con Rusia e Serbia, dúas democracias de toda a vida. Que é? Supostamente é a suma das provincias de Tarragona e Barcelona, nun elemento contraposto ás independentistas (e traidoras?) Xirona e Lleida. Iso si, habería que ver o mapa dos municipios onde gañou cada bloque, o independentista e o unionista, nas eleccións do 21 de Decembro de 2017, e é que en Tabarnia, gañan os independentistas. Vexamos que viabilidade legal teñen. Porque, parece, pódese avanzar, que a poboación non está polo labor de algo tan estrambótico como unha división interna do Principat de Catalunya. Artigo 143. No exercicio do dereito á autonomía recoñecido no artigo 2 da Constitución, as provincias li-

JUAN KARLOS PÉREZ ÁLVAREZ Concelleiro de EAJ-PNV

TABARNIA

mítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns, os territorios insulares e as provincias con entidade rexional histórica poderán acceder ao seu autogoberno e constituírse en Comunidades Autónomas con arranxo ao previsto neste Título e nos respectivos Estatutos. A iniciativa do proceso autonómico corresponde a todas as Deputacións interesadas ou ao órgano interinsular correspondente e ás dúas terceiras partes

dos municipios cuxa poboación represente, polo menos, a maioría do censo electoral de cada provincia ou illa. Estes requisitos deberán ser cumpridos no prazo de seis meses desde o primeiro acordo adoptado respecto diso por algunha das Corporacións locais interesadas. A iniciativa, en caso de non prosperar, soamente poderá reiterarse pasados cinco anos. Deputación de Barcelona. 2015-2019. Deputados. PdeCat 14, ERC 11, PSC 10, Podem 7, PP

Concertos:

Venres 2 de febrero ás 23,00h.

2con2 Versións de Pop

3, C' s 3, Cup 3. 51 membros. Deputación de Tarragona. CiU 11 ERC 7 - PSC 6 - CUP 1 - PP 1 - C' s 1. 27 membros. Alguén cre que con esa distribución van tomar a iniciativa de impulsar Tabarnia? 183 municipios en Tarragona. 311 en Barcelona. Alguén pensa que 2/3 deses municipios, co PP cunha alcaldía e C' s con 0 poida adherirse? Asociación de Municipios para a Independencia. 249 adheridos na provincia de Barcelona, o 80%. 33'7% da poboación. 146 na provincia de Tarragona, case o 80%. 60'1% da poboación. Só podería ter algo de raíz se convencen á cidade de Barcelona. Onde entre podemos, pdecat, erc, psc e cup teñen unha maioría clara. Así pois, segundo a lei, o asunto Tabarnia está pechado antes de nacer. Por agora. Bo, se insisten, terán que saltarse a lei. Que lles vaia bonito.

Domingo 4. Sesión Vermú

Kala por Dios


Finais de xaneiro 2018 [ 5]

OPINIÓN

ÁNGEL PÉREZ FERNÁNDES. Profesor de filosofía

A

XESTOS

situación actual do caso de Cataluña débese á falta de xestos por parte do goberno de Mariano Rajoy. Esta é a opinión de Miquel Roca, un dos tres pais vivos da Constitución Española, que hai uns días compareceron ante a comisión que está a avaliar o estado autonómico, no Congreso dos Deputados. Non se debe a razóns históricas, económicas, de deseño constitucional ou calquera outras das que soamente os expertos teñen coñecemento. Por aí, como ben dixera Ortega e Gasset no seu discurso no debate sobre o Estatuto de Autonomía nas Cortes da República, non hai solución. O pobo catalán, dicía o madrileño, empéñase en illarse da evolución que leva a unión de entidades políticas cada vez maiores. A única política que queda con eles, dicía, é “conllevar” o asunto. É dicir, aturalos sen discutir sobre a cuestión da soberanía. En termos políticos iso comportou a solución autonómica. Daquela so tres rexións lograron o estatuto de autonomía, non houbo tempo para mais. Roca defende que o modelo autonómico español foi unha boa solución para resolver o problema da natureza composta do estado español na constitución do 78. Tan boa que acabou por morrer de éxito. O éxito foi a xeneralización do modelo autonómico, e por aí a xeneralización do principio democrático de non lle negar a uns o que se lles dá a outros. A morte do modelo non procede entón do famoso “café para todos” senón de non entender que a aspiración á soberanía do pobo catalán non se satisfai con máis e máis

competencias senón coa vontade de levarse ben que comporta o recoñecemento da súa identidade. A insaciabilidade dos nacionalistas catalás entón, sostén Roca, vén da vontade de seguir sendo admitidos como un pobo cunha identidade singular no Reino de España. Iso non rifa coa democracia. Nin coa Constitución Española. Non coa democracia porque recoñecer as diferenzas non é negar a igualdade. É dicir, democracia non é negarlle algo a un porque outros non o pidan. Tampouco non coa Constitución se se concibe como unha lei mellorable e aberta a novas interpretacións. Como debe ser o caso. O Senado pódese converter nunha cámara onde se traten politicamente as diferenzas entre as autonomías. Pero, entón, por que non se aturan máis os españois e os cataláns? Roca neste punto é taxativo. A sentencia do Tribunal Constitucional de 2010 foi un erro. O erro foi presentar o recurso, o de quen pretenden que os problemas políticos teñen solución xurídica. Daqueles que poñen o Estado por riba da democracia e así anulan a distancia que se require para que o estado sexa democrático. Estado e democracia non están feitos digamos para estaren xuntos. O primeiro non admite a constante crítica inherente á segunda. Para se aguantar deben atopar a distancia precisa. A que aparece naquel chiste que contou Roca dun home que chega a casa e sen mediar palabra a muller dille que quere o divorcio. El recórdalle todo o que vai perder. Ela simplemente contesta: “esperaba ouvir que inda me querías”.

MONCHO LAREU Membro de Anova e do CC da FPG

Unha presa de notas internacionais 1 . O laissez-faire neoliberal foi incrementando nos países do Atlántico norte o precipicio entre as camadas ricas e pobres, provocando que as súas estruturas económcas adoezan de condicións obxectivas para albergar na súa burocracia a largas capas do que eran as clases sociais medias e pequenoburguesas. 2. O colapso material da pequenaburguesía e da clase-media nos países do primeiro mundo transformáronas en clases inhábiles para se autorreproduciren como resultado da creba das súas, en apariencia, eternas bases materiais. O acceso á tecnoloxía mitiga a autoconciencia social de pobreza. High tech, low life, sociedade cyberpunk. 3. A postverdade, Trump, Le Pen, o Brexit, son a consecuencia dunhas clases medias en estado de choque e dunhas multitudes precarias sen unhas claras alternativas transformadoras á vista. A esquerda do primeiro mundo continúa apalermada dende os ´80. 4. Clausurado o eixo Washington-Berlín, abrolla o eixo Londres-Torre Trump – ao que lle sobra completamente unha Europa sen URSS– coma nunha repetición en forma de farsa da alianza neo-con Reagan-Thatcher de tan infaustas consecuencias para todo o proletariado do mundo. 5. Cunha Unión Europea defenestrada polo imperialismo internacional, desacreditada, antidemocrática e sen funcionalidade, os movementos de liberación nacional, con Cataluña e Escocia á fronte, están ante unha unha oportunidade democrática histórica e Galiza non pode quedar atrás pechada e limitada por un nacionalismo autocontemplativo.

6. A opción alternativa dos emerxentes BRIC´s alicérzase na súa compoñente heteroxénea, na degradacion das condicións de vida das súas traballadoras e na emerxencia de novas oligarquías con elevadas compoñentes represivas, corruptas e mafiosas. Son o mal menor na dialéctica interimperialista. 7. En América Latina avanta, non sen resistencia popular, unha contrarrevolución neoliberal, violenta e golpista cos nomes propios dos Temer, Macri ou Capriles que coaccionan –coa colaboración principal da CIA– o medre da ALBA e o rexurdimento latinoamericano. 8. Porén, a consolidación dos pobos socialistas e democrático-populares do mundo que resistiron o colapso do bloque soviético eurasiático, exemplifican e serven de espello para as nacións que brigan por un futuro de seu, por ser ceibes. Cuba avanza viva despois de Fidel. 9. Os estados e pobos árabes tamén se alzan para combater un imperialismo sedento de petróleo e sen escrúpulos que leva décadas substituíndo con golpes, invasións e sabotaxes os gobernos laicos e panárabes por reximes fundamentalistas terroristas apoiados polas teocracias wahabistas e israelitas. 10. Pero sobretodo, cómpre destacar a resistencia das mulleres curdas e palestinianas como a maior lección de dignidade e autodefensa das oprimidas. Son exemplo de que a tricontinental Latinoamérica-África-Asia non só resiste, senón que tamén é quen de pasar á ofensiva, por sobrevivir e para vencer.


[ 6] Finais de xaneiro 2018 GALICIA

Realizado entre os meses de febreiro e maio de 2017, examina o grado cumprimento das garantías lingüísticas nos concellos

A Mesa e deputación realizaron unha auditoría sobre o galego en 61 concellos da provincia

PONTEVEDRA.

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou para a Deputación de Pontevedra unha auditoría lingüística nos que se examina a dispoñibilidade de galego en 61 concellos. O traballo realizado entre os meses de febreiro e maio de 2017, examina o grado cumprimento das garantías lingüísticas nos concellos a través de cuestións básicas como os idiomas dispoñíbeis nas páxinas webs, nas

redes sociais, nos teléfonos de atención cidadá, a dispoñibilidade de servizos e/ou persoal técnico de normalización, o uso do galego nas actas dos plenos, bandos e impresos de trámites, na banca electrónica ou no apartado de turismo. As conclusións deste estudo foron presentadas por Marcos Maceira, presidente da Mesa e por Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua na III Xornada de Normalización Lingüística da Deputación.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, asegurou que "en xeral os concellos van avanzando na normalización do galego e adoitan ofrecer a maior parte da atención en lingua galega, se ben é certo que aínda queda por avanzar en implantación de servizos de normalización, e tamén naqueles servizos municipais que se ofrecen a través de empresas externas como a banca electrónica, por exemplo". Desde a Deputación lembran que "este documento non só nos permitirá levar a cabo a planificación lingüística axeitada senón que ademais nos debe axudar a deseñar novas fórmulas coas que normalizar por completo o uso do galego nas institucións públicas".

Conclusións da auditoría

Sobre a dispoñibilidade de servizo e de técnicos de normalización lingüística nos concellos a auditoría recolle que 49 non dispoñen nin de servizo nin de técnico/a, 12 contan con servizo e con técnico/a, e 34 están na Rede de Dinamización Lingüística –participan das ac-

tividades de dinamización da Xunta-. Outro dos puntos negativos é a prestación de servizos municipais a través de empresas externas, como a banca electrónica ou as concesionarias do servizo de augas. No servizo de banca electrónica, as persoas usuarias só teñen a opción de utilizar o galego se a entidade bancaria que colabora neste servizo dispón desa opción lingüística. Así, as persoas que utilicen as plataformas de pagamento de Abanca, SabadellGallego e Caixabank poderán elixir realizar as súas xestións tributarias en galego. Porén, as persoas que utilicen os servizos

de BBVA, Banco Pastor, Banco Popular, Banco Santander, Ibercaja Duero e Novo Banco só poderán utilizar o idioma español. Neste sentido, “os concellos e a Deputación de Pontevedra deben actuar para que os bancos, empresas de concesión de servizo de augas e outros cos que traballan ofrezan a posibilidade de uso do galego en trámites esenciais como pagamento de taxas, impostos, multas...” asegurou Maceira. En canto ao servizo de augas ofrecen atención en galego Aqualia, Viaqua e Consorcio de Augas do Louro, mentres que Gestagua e Espina y Delfín só permiten o español.


Finais de xaneiro 2018 [ 7]

GALICIA

Se constituirá formalmente o comité asesor e unha convocatoria de colaboración específica para disciplinas artísticas

O Museo de Pontevedra, no seu 90 aniversario, colaborará con institucións e colectivos de toda Galiza

PONTEVEDRA.

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, foi o encargado de ler unha Declaración Institucional con motivo do 90 aniversario da fundación do Museo de Pontevedra. O texto, que pretende involucrar ao conxunto da sociedade galega na vida do Museo, foi presentado a todos os grupos provinciais para que fixeran as súas aportacións e agárdase aprobalo por unanimidade. No documento explícanse as orixes da entidade, tales como que a constitución oficial do Museo está recollida na acta da sesión plenaria do 30 de decembro de 1927 que di textualmente “créase un museo provincial de Arqueoloxía, aproveitando o labor realizado pola Sociedad Arqueológica de Pontevedra e polo cronista de Pontevedra, Don Casto Sampedro, destinándose para esta finalidade 12.500 pesetas”. Ademais, apúntase que o regulamento de dito Museo non sería aprobado ata a sesión plenaria do 14 de xaneiro de 1929, e a primeira acto do Padroado data do 30 de xaneiro de 1929.

Comité técnico

Tal e como anunciaran o deputado de Cultura e Lingua e o director do Museo a comezos

deste ano 2017, nos vindeiros meses está previsto que se materialice a creación do comité asesor do Museo de Pontevedra, configurado por persoas con perfil técnico. “Nun ano no que o Museo cumpre 90 anos é de recibo avanzar na creación dun modelo que permita sentar as bases para o seu desenvolvemento futuro”, destacou Leal. A través da fórmula do comité asesor o que se pretende é abordar cuestións estratéxicas e a medio-longo prazo que afectan ao futuro do Museo, entre as que se contan cuestións tan cruciais como a remodelación e apertura dos edificios que permanecen pechados, a reestruturación de espazos expositivos, o posible cambio de nome do Sexto Edificio ou o dunha comunicación encamiñada a públicos específicos. Xosé Leal lembra que no mandato iniciado no ano 2015 se abriu unha nova etapa no Museo "na que priori-

zamos o traballo do equipo técnico e o que intentamos coa creación deste comité é precisamente salvagardar os criterios dos profesionais que forman o equipo desta institución".

Disciplinas artísticas

Tamén se está traballando na creación dunha liña de colaboración entre o Museo e os centros e institucións formativas relacionadas con diferentes disciplinas artísticas nun sentido amplo. Para isto, está a ultimar unha convocatoria pública para fomentar propostas de creación e investigación por parte do alumnado de disciplinas relacionadas coa arte, a comunicación e o deseño. Precisamente para sacar adiante esta convocatoria, o deputado de Cultura e Lingua mantivo unha xuntanza con responsables da Universidade de Vigo e das escolas citadas para tratar de adecuar a convocatoria.

I Xuntanza Galega de Asociacións e Grupos de defensa Animal

SANTIAGO.

O pasado sábado 13 de xaneiro, unha vintena de colectivos de defensa animal de toda Galicia sumamos forzas na I Xuntanza Galega de asociacións e grupos de defensa animal que se celebrou na cidade xacobea. É a primeira vez que unha gran parte das organizacións da nosa terra encontrámonos para debater sobre a necesidade de constituírnos nunha fronte común e plantarlle cara, entre outras cousas, á entrada en vigor da nova Lei de Protección e Benestar de Animais de Compañía de Galicia, xa anteriormente rexeitada por moitas de nós no seu trámite parlamentario. Durante a asemblea, de presenza abafadora feminina, saíron á palestra a gran cantidade de dúbidas que suscitan moitos dos artigos da citada lei, que desprotexe aos animais e deixa na estacada aos grupos e asociacións protectoras que, ante a desidia das administracións, levamos décadas asumindo de forma altruísta o peso da protección animal. O momento máis importante chegou coa unanimidade dos grupos para darlle luz verde á creación dunha figura que formalice esa unión, autoconvocándonos para unha vindeira xuntanza o día 3 de febreiro onde decidiremos a for-

ma xurídica definitiva a adoptar, os principios e fins que nos unirán e os obxectivos concretos polos que comezar a traballar. Son moitas as loitas que nos unen e obrigan a organizarnos, e que iremos definindo conforme se vaia construíndo este espazo común. Mais o fundamental e que todas compartimos, é a necesidade de ACABAR co sufrimento de todos os animais, algo que non nos deixa apenas descansar. Non queremos máis cárceres para os animais! Por último, dar as grazas a todas as persoas e colectivos que estiveron presentes nesta primeira xuntanza galega, a aquelas que non puideron asistir por estar recollendo animais neses precisos instantes, e informar ás que non se decataron de que aínda se poden sumar. - Apis; Colonias Canguesas; Micos De Barrio; Asociación Protectora De Animais Do Morrazo; Asociación Protectora De Animais Aloia; Lena; Amigos De Los Animales; Asuntos Sociais E Renda Básica; Anajata; La Pradera Beaheyder; Bigotes Colonias De Gatos -Lalín; Arca De Noia; Sos Animalia; Argo; Apaca; PPP En Adopción. 3pa; Terracan; Sos Pelines Protectora e Callejeritos Colonias Sin Hogar.


[ 8] Finais de xaneiro 2018 GALICIA

En Marea propón medidas de protección contra o impacto sonoro de fogos de Denuncian a ocultación de información artificio e pirotecnia en pública relativa aos contratos cunha animais e humanos lanzamento de zonas habitadas multinacional por parte do SERGAS O grupo parlamentario En

En Marea considera que a negativa da Xunta a contestar a unha pregunta do grupo deixa en evidencia unha vez máis a súa preocupación polos intereses das grandes empresas e a súa clara intención de agochar o proceso de privatización do sistema sanitario público que están a impulsar

SANTIAGO.

En Marea solicitará información e explicacións sobre a falla de resposta da Xunta de Galicia a pregunta presentada polo grupo parlamentario relativa a diversos contratos do Sergas cunha multinacional americana, información que fora denegada con anterioridade a asociación de pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, considerou “unha barbaridade” que o Goberno galego trate de ocultar información pública

sobre como está a privatizar o servizo público de saúde do noso país. Desde En Marea entenden que esta introdución das empresas de xeito escuro é un paso máis no intento de consecución desas áreas de xestión clínica mal logradas que intentan agora acadar pola vía dos feitos como denunciou Eva Solla. Son xa varios os profesionais que teñen denunciado que introducir unha serie de maquinaria e probas para unhas especialidades si e para outras non, supuña impedir o acceso igualitario de todas as persoas ao sistema ao que se

suma o escurantismo desta introdución e facilitando a privatización do sistema ao permitir a entrada das empresas na xestións da nosa sanidade. “Estamos ante un feito realmente preocupante, é unha barbaridade que a Xunta de Galicia non acceda a facilitar información sobre esta nova privatización escudándose unha vez máis nos intereses dunha empresa privada incidindo aínda máis na opacidade da Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia que continúa a incumprir a súa propia Lei de Transparencia” concluíu Eva Solla.

SANTIAGO.

Marea plantexa a necesidade de elaborar por parte da Xunta un catálogo de boas prácticas sobre o emprego de pirotecnia, apostando por espectáculos con menor impacto sobre o Medio natural, a cidadanía e os animais, e fomentando estas alternativas nos concellos, estudando a posibilidade de utilizar fogos de artificio silenciosos ou de baixo impacto sonoro. O promotor da iniciativa, o deputado Francisco Casal, destaca a necesidade de tomar medidas de protección animal como a limitación acústica no uso de petardos e bombas, así como o alonxamento do seu punto de

ou naquelas nas que existan concentracións de animais, coma granxas, criadeiros ou zonas de esparexemento “para facer compatible a celebración destes espectáculos de arraigada tradición no noso territorio co respecto aos animais e a determinados colectivos de persoas, coma as crianzas, as persoas maiores ou aquelas que sofren trastornos de espectro autista”. Ademais, En Marea insta á Xunta de Galicia a redactar unha normativa específica sobre a utilización de artificios pirotécnicos e pide que se avalíe na Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia o impacto da pirotecnia na fauna doméstica e silvestre, promovendo estudos veterinarios e científicos sobre os compoñentes potencialmente perigosos destes artefactos. En Marea lembra na súa iniciativa que moitos colectivos internacionais, estatais e galegos de protección animal, como LIBERA! e a Fundación Franz Weber, realizan dende os últimos anos propostas a diferentes institucións e Concellos galegos para empregar métodos menos perxudiciais.


Finais de xaneiro 2018 [ 9]

GALICIA

Fixo unha achega de 6.000 euros que canalizou Solidariedade Galega

O Fondo Galego contribuíu a paliar a emerxencia alimentaria nos campamentos saharauís

PONTEVEDRA.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinou en 2017 un total de 6.000 euros á provisión de alimentos para a poboación refuxiada saharauí dos campamentos de Tinduf, en Alxeria. A devandita axuda humanitaria facilitóuselle á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), que á súa vez a canalizou a través das autoridades locais e da Media Lúa Vermella, que realizou a distribución segundo criterios de necesidade e urxencia. O esgotamento das reservas

de alimentos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigou ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao tempo que minguaron os alimentos frescos dispoñibles, tamén se acabaron os produtos micronutrintes, dirixidos a loitar contra a malnutrición e a anemia, poñendo en risco a 220.000 mulleres e nenos afectados por estas doenzas. Xerouse así unha grave crise alimentaria, que coincidiu co aumento das temperaturas, de aí o chamamento

á comunidade internacional para incrementar as doazóns. O Fondo Galego colaborou en varias ocasións con Sogaps para mellorar as condicións de vida das refuxiadas e refuxiados do Sáhara, principalmente en materia de sanidade e alimentación. A última foi en 2016, cando se cofinanciou con 10.000 euros a reconstrución dun centro sanitario que fora derrubado polas intensas chuvias do ano anterior. Así mesmo, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten apoiado a distintas poboacións refuxiadas, como a

palestina ou a siria, con accións de emerxencia e declaracións institucionais nas que reclamaba medidas ás altas instancias políticas para atallar as causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos.

Fondo Galego de Cooperación

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 91 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran

a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades.


[ 10] Finais de xaneiro 2018 GALICIA

O proxecto de Ramón Bilbao levou 156.706 € dunhas subvencións deseñadas para favorecer as grandes adegas e discriminar as máis pequenas

Unha adega da Rioxa acapara o 21% das axudas á reestruturación do viñedo en Galiza

SANTIAGO.

A Consellaría de Medio Rural publicou, o pasado 9 de xaneiro, a listaxe de persoas e empresas beneficiarias das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia de 2017. Dos 726.400 euros que se repartiron entre os 62 plans aprobados, unha adega da Rioxa, Ramón Bilbao, beneficiada con 156.706 euros, quedou co 21% do orzamento. Se imos ampliando o podio, seguen aparecendo grandes adegas con grandes subvencións. Así, só as cinco primeiras coparon o 60% dos cartos. Ademais de Ramón Bilbao, e por orde: Agrícola Anmar (Martín Códax), con 94.941 €; Terras Gauda, con 61.907 €; Virxe de Galir, con 74.753 €; e González Byass, de Xerez (Cádiz), con 51.115 €. Engadindo as dúas seguintes adegas (Pazo das Tapias, con 27.526 €; e Bodegas Campante, con 27.451), este

selecto grupo levaría case o 70% das axudas. Bernardo Estévez, responsábel do Viño no SLG e pequeno adegueiro no Ribeiro, explica que as axudas á reestruturación están deseñadas para beneficiar grandes adegas e que, por motivo das esixencias, exclúen as pequenas explotacións vitivinícolas. “Moitos viticultores e viticultoras, entre quen me inclúo, que estamos a plantar todos os anos novas viñas de pouca superficie -1.000 metros no meu caso- non pedimos as axudas” explica Bernardo. O motivo é que “as condicións que che impoñen non son rendibles, xa que Medio Rural obrígache a encargar os traballos da nova plantación a unha empresa e non te deixa facelos a ti mesmo, co cal a subvención non dá nin para cubrir o primeiro dia. Ao final quen poden pedir estas axudas son as grandes adegas, que si lles compensa”.

A listaxe de beneficiarias das axudas, como xa vimos, non fai máis que ratificar o que denuncia Bernardo Estévez. Ademais, tal e como se fai agora o reparto dos cartos para plantar viñedo novo, estase a favorecer o crecemento das adegas máis grandes que, de seguir así, terán cada vez un maior dominio sobre a produción, os prezos da uva, o mercado e o sector. Pola contra, as regras do xogo que impón Medio Rural condenan os proxectos de menor dimensión a ficar marxinados. É dicir, agora mesmo as políticas de Medio Rural estimulan a concentración do sector vitícola nunhas poucas adegas de grande dimensión apoiadas por grandes capitais, decotío foráneos, por unha banda; e favorecen a desaparición das máis pequenas e do tecido socio-económico que depende delas e que é indispensable para termos un medio rural vivo.

Para Bernardo Estévez “unha vez máis, queda claro cal e o fin da política agraria desta Consellaría: que non quede ni un so labrego nin labrega no rural para, desta maneira, non ter que dar servizos e, por suposto, ser os campións do aforro ante Madrid. Basta con que esas grandes empresas contraten xornaleiros e xornaleiras que non viven no rural para que traballen as súas novas viñas; iso si, con salarios de miseria e xornadas con principio pero sen fin”. Sorprende, ademais, que a Consellaría de Medio Rural reparta con tanta facilidade centos de miles de euros entre unha poucas adegas grandes e non sexa quen de crear unha partida orzamentaria para apoiar de maneira directa todas as explotacións vitícolas arrasadas pola sarabia e as xeadas en 2017. Estamos a falar de moitas familias viñateiras que viron moi minguadas as súas

ganancias, ou mesmo quedaron sen ingresos, situación que sufrirán durante dous anos (os últimos ingresos desas familias que viven só da uva foron pola vendima de 2016 e, se perderon a colleita do ano pasado, volverán ingresar cartos en 2019, se todo vai ben, polo que vendimen neste 2018). Dende o Sindicato Labrego Galego pedimos, unha vez máis, que a Consellaría de Medio Rural sente a dialogar co sector produtor outras normas do xogo para apoiar, estimular e potenciar a actividade das pequenas adegas familiares, que son as que realmente manteñen persoas vivindo no rural e do rural e as que conservan a esencia da nosa viticultura. E iso pode facelo coas modificacións normativas pertinentes que permitan un reparto máis xusto e equitativo dos cartos públicos de todos e todas á parte máis vulnerable e esquecida do sector produtor.


Finais de xaneiro 2018 [ 11]

OPINIÓN EVA SOLLA Coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea.

LINDANO. CANDO UN ACCIDENTE PRENDE UNHA FAÍSCA N

a primavera pasada puxéronse en contacto comigo compañeiros de Euskadi para trasladarnos o contido do informe que Ecologistas en Acción publicara no mes de maio sobre a presenza de residuos de lindano no territorio español. Que no Porriño hai lindano enterrado dende os 60 era vox populi. Que o tóxico é un perigosísimo canceríxeno non tanto. O accidente nas obras hidráulicas do Porriño do pasado outono non só puxo ao descuberto o branco veleno, se non que destapou a desidia das administracións a pesar de saber durante décadas que estes residuos son potencialmente perigosos para a saúde humana e medioambiental e que se situaban baixo vivendas, rúas e parques. O perigoso descubrimento, prendeu tamén a faísca da indignación da veciñanza. Unha indignación que non é para menos. O lindano é un tóxico canceríxeno de tipo 1. Fíxase nos tecidos graxos e

pode producir diversos tipos de tumores, problemas neurolóxicos e hormonais. A súa absorción prodúcese por inhalación, ao traverso da pel ou por inxestión. Varias décadas de porriñeses e porriñesas levan empregando auga de pozos, vivindo sobre el, detectando o seu olor cando quedaba á vista. Os riscos eran evidentes...como non vai existir indignación? A toxicidade de esta sustancia fixo que se comezase a limitar o seu uso nos 80, quedando prohibido vai 14 anos, alo polo 2.004. Dende entón, ten sido cualificado coma produto perigoso e prioritario facendo que se lexislase para descender os límites legais de sustancia presentes nas augas. Sen embargo, a pesar de ter toda esta información, dende o ano 1.999, ano en que a Xunta fixo unha serie de medicións e estudos dos solos afectados, non se ten tomado ningunha outra medida. Non se controlou a situación do chan, nin das augas da conca hidrográfica Miño-Sil, nin se

puxo en marcha ningún tipo de control de saúde específico da poboación de Porriño. Nin tan sequera das persoas que habitan en Contralto, enriba do produto canceríxeno. Esta situación é dunha irresponsabilidade maiúscula e non estrana que ante tanta incompetencia estén tratando de tapar as súas vergoñas denegando a información que se ten solicitado ao traverso da Valedora do Pobo, primeiro ao colectivo Adega e logo a Esquerda Unida. A Xunta agocha información. Vaia se a agocha! Vencido xa o prazo máximo que estipula o Parlamento de Galicia, tamén deixaba sen contestar a petición de información que esta deputada que escribe realizou no mes de novembro e da que, en teoría, están obrigados a dar conta. Fai xa un mes que a Conselleira de Medioambiente, a señora Mato, dicía na cámara galega que estaban xa rematando o informe preceptivo. Un mes despois nada sabemos aínda de que plan ten a Consellería de Me-

dioambiente e tampouco de medidas específicas da Consellería de Sanidade. É máis. A pasada semana un medio de comunicación acollía unha estuporosa nova que afirmaba que o Concello de O Porriño pagara algo máis de 82.000 euros para extraer o lindano que aparecera nas obras para depositalo nunha canteira do Concello de Ponteareas. ¿Que medidas se tomou para a súa extracción? ¿Como están eses residuos no lugar onde foron depositados? A incompetencia das administracións non parece ter límites. Como existindo tanta información se pode facer todo tan estrepitosamente mal? O accidente nas obras hidráulicas só ten un aspecto positivo: ter sido a faísca para que a información chegase á poboación e esta teña comezado a loitar polos seus dereitos. Agardemos que por unha vez quen manda rectifique e deixen de darlles as costas.


[ 12] Finais de xaneiro 2018 A LOURIÑA

A falta de información é a que crea alarma social

O BNG solicita a creación dunha Comisión de seguimento da contaminación de lindano en Mos MOS.

O Bloque Nacionalista Galego de Mos ven de facer un chamamento a todos os partidos e ao goberno municipal en particular, para que se cree unha Comisión de seguimento da contaminación de lindano no noso concello. Porse a traballar todos xuntos sobre este tema é o que se necesita para evitar calquera tipo de alarma social afirmou o grupo nacionalista. O BNG propuxo a creación desta comisión, desde onde estarían presentes os partidos políticos, técnicos do concello, así como aquelas persoas doutro ámbito que puideran aportar experiencia sobre o tema.

Nesta comisión faríase un seguimento dos traballos da empresa que está realizando o estudo nestes momentos para cerciorarse que se está realizando de xeito correcto, a demáis de realizar un convenio coa Universidade de Vigo para que o departamento correspondente poda facer una auditoría externa destes traballos para ver se poderían ser complementados, chegando incluso a facer un estudo propio por parte da universidade Chamar á comisión a persoas que pola súa idade puideran saber de zonas onde se tería usado o lindano ou estiveron nesa época ocupando cargos de responsabilidade tanto

na política como por exemplo no centro escolar. O que plantexa o BNG non é demagoxia, é o xeito de traballar en política, pondo os intereses do/as cidadáns por riba dos intereses políticos. Sabemos que é responsabilidade da Xunta de Galiza a descontaminación, pero iso non pode significar que o goberno do PP de Mos non se implique a fondo neste tema. A falta de información é a que crea, sen dúbida, alarma social. Todo este traballo debería ser completado pola consellería de sanidade, que deberían facer un estudo da posible afección na saúde das persoas que estiveron en contacto naqueles anos co este producto, tales como: -Traballadores que estiveron na fabricación. -Estudantes que estiveron nos centros escolares nesa época nas zonas afectadas. -Habitantes das vivendas cercanas aos aterramentos que se descubriron e se están a descubrir.

GañaMos pide impulsar unha ordenanza municipal de protección animal e convivencia MOS.

A agrupación política GañaMos ve de instar á Xunta de Galicia a consignar os recursos orzamentarios necesarios para garantir a aplicación correcta da Lei de Benestar Animal de Galicia, así como o apoio técnico preciso para implementar as súas disposicións. Tamén instou ao Concelo de Mos a elaborar unha Ordenanza de Protección Animal e Convivencia no prazo de seis meses, contando cos grupos políticos, entes veciñais e asociacións animalistas. A recente aprobación da Lei de Benestar Animal polo Parlamento de Galicia e a falta dunha consignación orzamentaria mínima por parte do executivo autonómico evidencia unha vez máis a necesidade de establecer normas locais adaptadas aos tempos, ás demandas veciñais e ao interese da protección dos animais xunto cunha convivencia responsable. A nova Lei autonómica avanza nalgúns aspectos fundamentais, reclamacións que

viñan sendo continuadas por parte das entidades protectoras e dos colectivos que, advirten sobre un abandono animal que non deixa de medrar e que non recibe resposta precisa dende o conxunto dos poderes públicos. A derivación de competencias nesta materia dende a Xunta aos Concellos, coloca aos gobernos locais nunha situación complexa, xa que teñen que aplicar as disposicións, algunhas moi novidosas, como o ‘sacrificio cero’ ou a prohibición de encadeamento continuado, sen dispoñer dun investimento por parte da administración galega. Según GañaMos, só cunha remuda profunda da conciencia cidadá se poderá chegar a un Concello máis amigable e responsable cos animais, con taxas prácticamente nulas de abandono e con casos moi puntuais de crueldade, pero aplicar a Lei de Benestar Animal nos vindeiros meses esixirá unha resposta económica da Xunta, que dote a Mos de medios mínimos para afrontarlo.


Finais de xaneiro 2018 [ 13]

A LOURIÑA

O BNG rexistrou no Parlamento novas preguntas ao goberno galego para que explique as xestións realizadas PORRIÑO.

O BNG denuncia publicamente a pasividade da Xunta de Galiza na crise de Maderas Iglesias, unha situación que pon en risco a continuidade da empresa e que suporía a destrución de 250 postos de traballo, na súa maior parte mulleres. Segundo o deputado do BNG Luís Bará, “o peche das factorías de Mos e O Porriño tería consecuencias catastróficas na comarca, xa que estamos a falar dunha das empresas máis importantes por volume de emprego da zona sur da provincia de Pontevedra”. Cómpre ter en conta que existe un mandato parlamentario, mediante acordo unánime do pleno que tivo lugar o pasado 17 de outubro de 2017, que insta ao goberno galego a “facer xestións ante a propiedade de Maderas Iglesias SA coa finalidade de procurar a viabilidade e continuidade da empresa, velar

Os nacionalistas denuncian a pasividade da Xunta na crise de Maderas Iglesias polos dereitos laborais e polo mantemento do emprego”. Sen embargo, en máis de dous meses e medio non hai constancia de ninguna xestión por parte da consellaría de Industria e o conselleiro négase a recibir ao comité de empresa, que lle pediu unha entrevista fai máis de un mes. O pasado 28 de decembro unha representación do comité de empresa, das alcaldías da comarca e das organizacións sindicais reuniuse no parlamento galego con representantes de todos os grupos. E posteriormente integrantes do comité mantiveron un encontro co IGAPE. Nesta xuntanzas púxose de manifesto o apoio dos grupos parlamentares e a necesidade de que a consellaría de Industria

interveña diante da propiedade da empresa para procurar a viabilidade do emprego e da empresa. Sen embargo, o deputado naconalista Luís Bará considera que “o PP actúa con unha dobre linguaxe: desde os concellos e o grupo parlamentar amosa o apoio ao persoal de Maderas Iglesias, mentres que desde o goberno galego ponse de perfil e deixa que o empresario siga dando pasos cara ao peche desta empresa emblemática”. Na última rolda de negociacións, que comezou o pasado 12 de decembro, o empresario propuxo o despedimento de 140 traballadoras/es, coa ameaza de peche da empresa se non se acepta esta proposta. Unha chantaxe en toda regra, que forma parte do modus operandi do

dono da empresa. Unha situación límite que fai mais necesaria que nunca a intervención da Xunta de Galiza. Ante a situación crítica da empresa e esta nova ameaza do propietario, Luís Bará esixe “a intervención inmediata do conselleiro do Industria, que debe reunirse con todas as partes para explorar as posibilidades de que a empresa Maderas Iglesias manteña a actividade industrial e o emprego na comarca de Vigo”. Unha década de sacrificios do persoal pode acabar en desastre se non intervén a xunta A empresa “Maderas Iglesias S.A.” conta con centros de produción no Porriño e Mos. Foi unha das maiores produtoras de tarima flotante do mercado

internacional e chegou a contar cun cadro de persoal na comarca de mais de 800 traballadoras/es, sendo a porcentaxe do cadro de persoal do 80% de mulleres. Aínda que na actualidade o seu cadro de persoal vise reducido a 253 traballadoras/es, segue sendo unha das principais empresas da área de Vigo. Nos últimos anos o persoal da compañía tivo que soportar ata dous procesos concursais, (o primeiro resolto na fase de Preconcurso e o segundo resolto con acordo en setembro de 2013). Tamén tiveron que pasar por sete EREs (Expedientes de Regulación de Emprego) suspensivos, dos cales soamente en catro houbo acordo entre traballadores/as e a empresa.


[ 14] Finais de xaneiro 2018

ROMÁN GONZÁLEZ GARRIDO Membro de GañaMos

OS PROBLEMAS DE SAÚDE POLO LINDANO

A

nte o gravísimo problema que temos de actualidade agora mesmo, non me queda outra opción que a de escribir unhas liñas dedicadas a este asunto. Temos ante nós o que, ao meu criterio, é a maior catástrofe medioambiental e sanitaria que ten afectado a nosa comarca dende que eu teño recordos. Non vou falar de forma técnica da contaminación por lindano, nin dos compoñentes que este produto canceríxeno ten, xa que eu non son un técnico licenciado en químicas. Pero do que si podo falar é dos problemas de saúde que teñen as veciñas e veciños que viven nas diferentes zonas contaminadas, xa que estivemos preocupándonos de primeira man, absorbendo toda esta problemática. Grazas a que a Plataforma Antilindano da Louriña se puxo en contacto coas veciñas e veciños afectados, estamos a decatarnos de que hai problemas de tiroides, leucemias, cancros de pel, problemas respiratorios etc., algo que baixo o meu punto de vista, ten que ser suficiente para varias cousas. En primeiro lugar, para que as administración se poñan a traballar sen máis demora para darlle solución o problema e se deixen de pasar a pelota os uns aos outros poñéndose o servizo da Plataforma Antilindano, xa que esta formada polas propias veciñas e veciños afectados. Segundo, que as propias veciñas e veciños tomemos conciencia real do gravísimo problema que nos afecta. Debemos pensar no futuro que lle queremos deixar aos nosos herdeiros. Se agora que sabemos da problemática queremos seguir facendo como os nosos predecesores que non o souberon facer mellor ou non lles deixa-

ron, temos que pensar que está nas nosas mans darlle solución a este problema con todas as nosas forzas, e que os nosos herdeiros desfruten dunha terra libre do veleno que é o lindano. Non se merecen que lles deixemos en herdanza o mesmo que nos deixaron a nós, que non foi máis que todos estes problemas de saúde anteriormente mencionados. Eu non quero deixar esta auga envelenada que vai directa o organismo das persoas, e por iso pelexarei ata o final por darlle una solución a este envelenamento. En terceiro lugar, hai documentación suficiente enriba da mesa que demostra que dende hai anos todos os grupos políticos que gobernaron tanto en Mós coma no Porriño e tamén na Xunta tiñan coñecemento deste envelenamento dende hai moitos anos. Eu convido a todos eles a participar na creación dunha mesa non só de seguimento senón tamén activa na recollida de testemuñas para ubicar as verteduar, na que ten que estar tamén presente a lataforma Antilindano da Louriña. Deixemos de lado as críticas de demagoxia e oportunismo e poñamonos a traballar todos xuntos polo ben de todas as veciñas e veciños que para iso estamos aquí. Deixemos de lado os intereses partidistas dunha vez por todas, xa que iso o único que vai conseguir é que o obxetivo principal, que non é outro que a descontaminación da nosa terra, quede enquistado e non se de arranxado. Por último, e xa para rematar, penso que todas as veciñas e veciños debemos unirnos con un único obxectivo, que non é outro que limpar a

Os Tonios e as felicitació ns de ano novo

nosa terra deste veleno implacable, e para iso temos a Plataforma Antilindano, que non é mais que un grupo de veciñas e veciños afectados, que están a pedir unha unión de todas e todos, que será a única maneira de conseguir que a nosa voz sexa escoitada para así poder quitar o veleno da nosa terra. Por outro lado e centrándome no meu concello, en Mos, non nos podemos esquecer que aquí tamén temos lindano, que non é un problema exclusivo do Porriño e aínda que temos una alcaldesa que o único que lle preocupa é ocultar e tapar o problema en vez de loitar para darlle solución, algo que parece que non esta disposta cando afirma publicamente, que o estudio e posterior informe que esta a realizar a Xunta, é para demostrar que Mos esta libre de lindano, algo que non é mais que outra irresponsabilidade da Sra. Arévalo e que non fai máis que certificar que Mos precisa máis ca nunca un troco real na política municipal. Nós estaremos dispostos sempre a darlle esa alternativa a todas e todos os veciños do noso concello. Moita xente preguntarase de porque falo deste tema pois, aparte de todo o mencionado anteriormente, a xente ten que saber que eu vivín vinte anos preto da denominada zona cero do problema. Pasei parte da miña infancia xogando enriba deste veleno e con problemas de saúde e de pel que hoxe en día, despois de toda esta información comezo a darlles resposta. É por iso que, pola miña parte, apoiarei ata o final a loita por erradicar este problema e para que as administracións nos fagan un control médico a todas e todos os afectados.

HUMOR: MARCOS ESCUDERO http://cousasdebuxo.blogspot.com.es


Finais de xaneiro 2018 [ 15]

OPINIÓN ROBERTO RODRÍGUEZ DASILVA Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

PAVILLÓN PENA DE FRANCIA, EXEMPLO DA DESIDIA E INDIFERENCIA DO PARTIDO POPULAR

O

Pavillón Pena de Francia é un exemplo da desidia e indiferenza con que fai as cousas o goberno municipal do PP en Mós. Anunciaron aos catro ventos que ía estar arranxado e aberto en outubro, en novembro dixeron que para decembro e en decembro que xa estaba pero a realidade é que ata hoxe non se podía usar e aínda así con moitas deficiencias. Pasou exactamente igual que co Pavillón Oscar Pereiro, inauguraron, enchéronse de fotos e de titulares de prensa pero ninguén do goberno se dedicou a supervisar as obras para que as instalacións estivesen adecuadas as necesidades das veciñas e veciños. Nestas actuacións houbo tres

fontes de financiamento para estas obras, a maior parte dunha partida de fondos europeos coa que se arranxou a pista, fondos da Presidencia cos que se ían arranxar os vestiarios e un importe pagado polo seguro que supoñemos se investiu en arranxar as paredes derruídas hai case un ano. A nova pista con drenaxe esta feita pero a desidia e indiferenza fixo que ninguén se decatara de que ao elevar a pista quedaba un perigosísimo chanzo de case 40 centímetros ao borde da cancha. Un mes despois de que o goberno anunciara en falso a apertura do pavillón no último pleno, a alguén se lle ocorreu soldar unha varanda como elemento de seguridade, alo-

menos unha boa noticia, alguén gañou o soldo. O destino dos fondos de Presidencia para a reforma da cuberta e os vestiarios é unha incógnita porque o teito segue igual de mal que antes e o único renovado dos vestiarios son dúas portas novas, as cales nin sequera se fixeron do ancho que permita a accesibilidade as persoas con diversidade funcional. Todo estas demoras non son porque os concelleiros do PP nos mintan a propósito. Todas estas deficiencias non son porque eles sexan incapaces de arranxar o problema. Todo isto é consecuencia da súa DESIDIA E INDIFERENZA, do pouco que lle importan os problemas da xente.


[ 16] Finais de xaneiro 2018 A LOURIÑA MIGUEL A. RODRÍGUEZ ALONSO Concelleiro de GañaMos Asamblea Veciñal

A indiferenza do PP ante o drama laboral e económico dos traballadores de Madeiras Iglesias

A

compañados do voceiro nacional de En Marea, Luis Villares, reunímonos este martes 18 de xaneiro co comité sindical de Madeiras Iglesias. Escoitamos un verdadeiro drama humano das/dos traballadoras/es desta empresa; centos de familias da comarca que ven perigar os seus postos de traballo e a súa fonte de ingresos. Pero por moito que nós e En Marea apoiemos e defendamos os seus intereses, o que realmente necesitan é un goberno na Xunta ao que lle importen ás persoas traballadoras; un goberno que actúe en prol de arranxar os problemas la-

borais e non un goberno instaurado permanentemente na desidia e na indiferenza. O deixamento das Consellerías de Traballo e Industria únense as denuncias das/dos delegadas/os sindicais en relación a falta de control do IGAPE sobre a empresa (á cal lle concederon varios avais), co fin de evitar a súa descapitalización patrimonial. Unha historia que, por desgraza, se repite acotío, onde os traballadores quedan abandonados á súa sorte ante o total desamparo das administracións competentes que non aplican a lexislación vixente na defensa dos seus dereitos laborais.

GañaMós xunto con En Marea mostran o seu apoio aos afectados/as pola contaminación do lindano MOS.

GañaMós xunto con deputados de En Marea reuníronse con membros da Plataforma Anti-lindano da Louriña na xuntanza afirmaron que saben que o único xeito de que este desastre sanitario e ecolóxico non se volva a pechar en falso como no 98 e facer presión mediática para que estea presente na axenda política ata que se resolva satisfactoriamente. Na reunión, o deputado Marcos Cal aportou documentación do Ministerio de Fomento que evidencia que “a Xunta tiña información dende principios desta década de que terras, mananciais e o propio río Louro teñen contido en lindano 200

veces máis do permitido”. Dende Gañamos fixeron un chamamento á participación de todas as forzas políticas para resolver este grave problema. “Sabemos que a algúns partidos políticos lles incomoda este asunto porque cando gobernaron non fixeron nada por solucionalo e os que están gobernando prefiren mirar para outro lado e manter soterrado o veleno xunto coa verdade.” Dende GañaMós fan un chamamento á unidade ante este desastre sanitario e ecolóxico: ”Para rematar con esta herdanza envelenada toca arremangarse todas e colaborar sen partidismos para aquí e agora por fin á contaminación.” Recalcan que é importante

que todas nos impliquemos para recabar testemuñas de onde hai verteduras de lindano en Porriño e Mós e así mapear o veleno para que cando academos que as administracións se impliquen nun plan integral de descontaminación saibamos onde está agochado o veleno. Por iso solicitarán no vindeiro pleno de xaneiro que se artelle unha comisión para este fin.


Finais de xaneiro 2018 [ 17]

PUBLIREPORTAXE

A carón do Pazo de Mos, nunha das zonas máis bonitas do noso concello, atopamos un negocio diferente; a tenda BO CAMIÑO, atendida por unha parella de profesionais artesáns, Rodrigo Rodríguez e Esther Rúas especialistas no Camiño de Santiago, ambos cun coñecemento profundo de todo o que un peregrino debe saber, sobre un dos sinais de identidade do país galego. en BO CAMIÑO, podemos atopar calquera obsequio relacionado co Camiño, alén dunha liña de artesanía galega de calidade sobresaínte.

BO CAMIÑO MOS

Contádenos a historia de BO CAMIÑO? Ben, Bo CAMIÑO, nace, dinos Rodri, porque eu son un namorado do Camiño de Santiago, xa o fixen 7 veces. Mi maa, 7 camiños distintos, o teu co Camiño si que é amor Fíxeno 7 veces, pero cinco camiños distintos. E como en todos os casos vin que había tendas semellantes a estas, considerei que había necesidade dun local específico sobre o camiño, nesta zona do camiño portugués e montei a tenda. Estamos falando do ano? 2014. Bo camiño xa vai para os catro anos de vida. Cal é a túa valoración? Moi positiva, a verdade é que estamos moi contentos. Cales son os principais produtos de BO CAMIÑO? Todo o relacionado co Camiño de Santiago; desde Souvenirs, calzados técnicos para camiñar, calcetíns específicos, bastóns, mochilas... Proximamente incorporaremos unha novidade moi importante á tenda na que Esther xogará un papel significativo, non? Pois sí. Na tenda incorporamos un taller de artesanía na que traballaremos nolos dous.

En que consiste o taller? Nós crearemos os nosos produtos enfocados especificamente ao peregrino ;pulseiras, todo tipo de recordos. Estamos agora mesmo considerando os modelos que poden ter máis saída tanto para o consumidor final que poida achegarse a mercar directamente no noso local, como para outras tendas interesadas no noso traballo. Quen é a autora ou autor intelectual dos deseños? Os dous. Véxovos moi ilusionados co taller de artesanía? A verdade é que si, estamos moi ilusionados. Estamos moi satisfeitos e coa intención de dar un pulo importantísimo á calidade do produto ofertado. Traballamos con grabación láser, plata, pedra de calidade, distintos tipos de cristais, facemos deseño exclusivo e personalizado. Aquí ven xente de todos os sitios do mundo, como vos manexades co tema do idioma? A verdade, a veces é moi complicado e en ocasións témolo pasado mal para comunicarnos, pero entre o inglés, a boa vontade e a mímica cando non queda outra, pois imos zafando. No tema dos idiomas, a nosa sociedade ten aínda moito que mellorar. Tratar co peregrino,

ten unha ventaxa, normalmente son persoas moi educadas. Algunha vez tédelo pasado especialmente mal para entendervos? Pois con algún chino ou xaponés, si, recoñezo que temos suado. Pero ben coa compañía de google, un instrumento cada vez máis necesario para o traballo, todo se acaba solucionando. O voso mercado de clientes máis importante é o peregrino, ou o público local? O peregrino, esencialmente, pero confiamos en que agora coa oferta da artesanía, a xente da Louriña se anime a coñecernos. Moitas grazas e moita sorte.

RODRI E ESTHER.BO CAMIÑO MOS


[ 18] Finais de xaneiro 2018 OPINIÓN CRISTÓBAL LÓPEZ PAZO Integrante da Asemblea Veciñal GañaMós.

AFONÍA MUNICIPAL DO PP DE MÓS: CAUSAS? CONSECUENCIAS? N

as últimas semanas, desde o grupo municipal reunímonos coas mancomunidades de Montes de Tameiga e Pereiras, con persoas comuneiras das Traídas de Augas afectadas e falamos con moitas veciñas e veciños do municipio sobre as novas da mega-proxecto do Celta de Vigo no concello atopando unha queixa común: a o illamento que sofren por parte do goberno municipal do PP. Durante todo este tempo, en ningún momento o goberno do PP se achegou a facilitarlles información ou axuda, sendo a única noticia que tiveron do goberno municipal do PP a ameaza velada da expropiación for-

zosa a baixo prezo se non se aviñan a un acordo para facilitar a operación urbanística do Celta, sempre por medios informais. Nunha operación mercantil normal, ninguén lle pediría contas ao goberno municipal pero, neste caso, esta operación urbanística para facer un megacentro comercial nos nosos montes, de todos e todas, está auspiciada e impulsada por ela mesmo no máximo segredo, tal e como non se cansa de repetir sempre que pode. O certo que esta indiferenza polos veciños tennos preocupados. Non sabemos se esta falta de comunicación do goberno municipal do PP coa

veciñanza é por carecen da información necesaria ou porque a agochan deliberadamente para favorecer os intereses do grupo mercantil que quere facer algo tan delicado coma pasar o terreo do común a mans privadas. Se a están agochando e, así, deixando indefensos aos veciños e afectados sería algo imperdoable pero peor sería ser cómplices activos desta operación especulativa sen ter información do que van facer nos nosos montes: por cómplices e por malos gobernantes. Como vai a decidir a veciñanza de Mós se quere ou non está operación urbanística nos seus montes sen ter a máis mí-

nima información sobre os beneficios ou inconvenientes que implicaría? Fronte a este desamparo, o goberno do PP de Mós xa tomou algunhas decisións moi relevantes ao decidir presentar por todo o alto este proxecto, con información abondo ou sen ela, na sesión festiva no Multiusos de Mos. Decidiu que, antes de falar se reunir cos principais actores do seu concello, os únicos con potestade para facer posible o proxecto, o proxecto se faría a pesar da súa opinión e o mérito sería exclusivamente seu. As veciñas e veciños de Mós non poden deixar que decida por eles unha persoa que hai tempo que se lle queda

pequeno o noso concello. Os montes, o concello de Mós e, en definitiva, o común non é un trampolín para a carreira política de ninguén. Neste concello, oímos falar dun dos proxectos máis grandes e tal vez importantes que poderían cambiar a vida do concello en moitos sentidos. Oímos, mais non vimos. O mínimo que se lle esixe a un goberno é comunicación cos veciños. E a día de hoxe, con este goberno, nin aos mínimos chegamos. As consecuencias? Unha vez máis, gañaran os que nunca tiveron nada que perder e perderán os que non quería gañar nada que eles non traballaran.

"TEMOS MENÚ DO DÍA"

(Parque Infantil)


Finais de xaneiro 2018 [ 19]

A LOURIÑA

O Goberno Local reitéralle á oposición tódalas explicacións nunha comisión especial

O goberno de Salceda demóstralle ao PP que a recadación das entradas dos espectáculos foi para o custe dos mesmos SALCEDA.

O Concello de Salceda de Caselas acolleu a celebración dunha Comisión Especial sobre o proceso de recadación das entradas dos espectáculos celebrados no Auditorio Municipal. Ante as dúbidas manifestadas polo grupo do Partido Popular, o grupo de Goberno de Movemento Salceda repetiu o proceso de recadación das entradas nos eventos referidos polo Partido Popular. Nos tres casos aludidos, a recadación das entradas foi directamente para as empresas encargadas dos espectáculos, mentres que a diferenza

restante para cubrir os cachés dos espectáculos facturóuselle ao Concello con cargo á partida de “Cultura e Festexos”. Lembrouse tamén que o feito de que as entradas se vendesen en instalacións municipais aínda sendo diñeiro das empresas, fíxose para facilitarlles a compra aos veciños e veciñas de Salceda, que así tiñan un punto de venta cercano e accesible para todos e todas. O Concello pretendía así colaborar e poñer facilidades para a difusión das actividades culturais co menor custe para o erario público, funcionando como meros interme-

diarios entre o público e as/os artistas. Aínda que o Partido Popular pretendía converter a Comisión nun xuizo, o certo é que non se pode pretender que na Comisión se leven a cabo actuacións de investigación nin moito menos de axuizamento de feitos acontecidos, posto que o Pleno non pode adoptar acordo ningún ao respecto. En todo caso o axuizamento de feitos acontecidos no pasado ou a depuración de responsabilidades é competencia exclusiva dos tribunais de xustiza. A Comisión acordou traballar nas posibles modifica-

cións das ordenanzas relativas ao Auditorio Municipal para evitar futuros malentendidos, para o que o grupo de Goberno se comprometeu a estudar as diferentes opcións e tratalas cos grupos da oposición na Comisión pertinente. Tere Pérez, Concelleira de Cultura: “Non temos nada que ocultar e o Partido Popular ben o sabe. Traballamos para ofrecerlle a mellor programacións aos nosos veciños e veciñas, e

para facilitarlles os trámites todo o que sexa posible, e así seguiremos a facelo. Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “O Partido con máis casos de corrupción no país pretende dar leccións de transparencia a un Goberno que sabe que non ten nada que esconder. Os veciños e veciñas de Salceda poden estar seguros que seguiremos a traballar na defensa dos seus intereses e na construcción da Salceda que soñamos”.


[ 20] Finais de xaneiro 2018 BAIXO MIÑO TUI

Sengún o BNG de Tui, o modelo sanitario do Partido Popular non é un modelo novo, xa ten moitos anos de experiencia noutros países e comunidades, e xa temos certa experiencia do que pode pasar e, de feito, en Vigo sufrimos unha dupla dirección no hospital. Expuseron que non van a aceitar os incumprimentos por parte da Xunta e non deixarán de reclamar e loitar por unha Sanidade Pública de Calidade para os e as tudenses. Con independencia doutras accións que poidamos levar a cabo nas vindeiras semanas, en función da evolución dos acon-

O BNG de Tui presenta unha moción demandando o arranxo das deficiencias do novo centro de saúde

tecementos, o BNG buscará o acordo unánime dos grupos con representación municipal, de tal xeito que fique aprobado o apoio para esixir á Xunta de Galiza o arranxo das deficiencias do centro de saúde de Tui, expuseron. No Reino Unido diminuíu o persoal de limpeza e incrementáronse as infeccións sanitarias, cando o Reino Unido era un modelo deste sentido. O cam-

bio alí foi radical e agora conta cun plan de loita específico contra as infeccións sanitarias. Tamén indicaron que “Na actualidade estase a sofrir tamén no noso concello as consecuencias na mala xestión do Partido Popular no eido sanitario, pois, dese que abriu o novo PAC en Tui, por certo, megaproxecto do anterior alcalde do Partido Popular, Moisés Rodríguez e actual parlamentario,

que aínda carece de licencia de construcción, vemos a cotío as seguintes carencias: -A sala de espera de urxencias é claramente insuficiente, pois so hai espazo para 10 persoas, véndose obrigados a agardar en corredores e en zonas que non son destinadas a tal fin dificultando o traballo do persoal sanitario. -Na primeira planta do PAC (zona de consultas) existen so

CARME NÚÑEZ, PORTAVOZ MUNICIPAL.

3 baños, dos cales ningún é para uso exclusivo do persoal sanitario, obrigando a compartilo, ou, en caso contrario, tendose que desprazar, o persoal sanitario, á planta menos un. -Na zona de vestiarios, de descanso e de comida do persoal sanitario de urxencias, hai un forte cheiro a sumidoiro.


Finais de xaneiro 2018 [ 21]

BAIXO MIÑO

"A reforma de Concepción Arenal require de pasos previos reflectidos no plan de mobilidade"

Os nacionalistas da Guarda esixen ao Alcalde medidas para a posta en marcha do Plan de Mobilidade

A GUARDA.

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO insta ao Alcalde da Guarda a posta en marcha de medidas que poñan en valor proxectos como o da rúa Concepción Arenal, estas medidas están plasmadas no Plan de Mobilidade que ten agochado nun caixón o actual grupo de goberno socialista. “Existen unha serie de medidas que son de competencia municipal e que teñen como finalidade un cambio de modelo para a Guarda. Pensar que a reforma de Concepción

Arenal vai solucionar por si mesmo os problemas que ten a Guarda é non entender a obra en si mesma”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG Entre as medidas estarían a creación de rutas peonís seguras aos destinos máis concorridos da vila, consecución de aparcamentos disuasorios, campañas de concienciación sobre uso responsábel do coche e hábitos saudables, transformación do Casco Vello e barrio da Cruzada en espazos de prioridades peonil.

Para o BNG chama atención a actitude do PP, formación política con responsabilidades de goberno na Xunta que ten competencias para dotar á Guarda dun novo aceso ao Porto da Guarda moderno que despexaría o casco urbano da actual saturación de vehículos que padece. “Os deputados e deputadas do PP deberían vir explicar ao comercio e aos guardeses e guardesas por que o seu partido está en contra da realización dun novo aceso ao Porto da Guarda”, sinala Ángel Baz.

rematou o período de exposición pública da expropiación do Camiño do Alivio A apertura desta zona permitirá reorganizar toda a contorna coa Praza do Seixo

TOMIÑO.

O Concello de Tomiño segue avanzando para transformar o núcleo do Seixo nun espazo público pensado para as persoas, con accesibilidade universal e con calidade urbana. Tras aprobar en pleno a iniciación dos trámites para proceso de expropiación necesario para a apertura da rúa Camiño do Alivio, remataba o seu período de exposición pública sen que se presentaran ningún tipo de alegacións, o que demostra que se trata “dun pro-

xecto que ten moi boa acollida por parte da cidadanía”, como sinalan dende o goberno municipal. Este proceso afecta a dúas parcelas que deben de ser expropiadas para derribar unha das esquinas da rúa e camiñar cara o futuro proxecto de remodelación das rúas Camiño do Alivio e República Arxentina. As e os propietarios afectados xa foron notificados por parte do Concello e aínda están en prazo de presentar as alegacións que consideren oportunas.


[ 22] Finais de xaneiro 2018 ENTREVISTA

Cando entrevistei á portavoz nacional do BNG Ana Pontón por vez primeira, díxome que a alcaldesa de Tomiño era unha das súas principais referencias políticas, un exemplo para ela do que procuraría aprender no seu novo posto de máxima responsable do Bloque. Efectivamente Sandra González é un valor seguro na política galega, manéxase con superlativas doses de enerxía, intelixencia e paixón por facer mellor a Tomiño, polo que non é de estrañar o enorme capital de confianza con que cada 4 anos a distinguen as súas veciñas e veciños.

SANDRA GONZÁLEZ. ALCALDESA DE TOMIÑO.

“OGALLÁ A XUNTA FIXERA A METADE DO QUE FAI A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”

Un ano máis moitas grazas por atendernos Sandra. Un pracer, moitas grazas a vós por contar comigo. Cada vez que veño ao Concello de Tomiño, éncheme de orgullo ver exposto o premio que vos demos na nosa gala do 2015. Agardo que cando en xaneiro do 19 fagamos a terceira, poidamos contar coa túa compañía. A ver, eu non me prodigo moito nese tipo de eventos pero farei por estar. Ben, cando entrevisto a unha alcaldesa ou alcalde sempre vexo a web do principal partido da oposición para informarme dos temas máis significativos, pero en Tomiño o PP, polo menos no seu espazo virtual, amosa unha inacción chamativa. Fala algo da taxa do lixo e pouco máis. Que pasa neste concello, aplica o BNG o rodillo de tal maneira que o PP non pode facer oposición? Cóntanos o da suba da taxa do lixo? Non aplicamos o rodillo de ningún modo. A súa actividade política como podes comprender non depende de min, é máis dígoche que valoro moi positivamente que ás veces votan a favor de temas estratéxicos moi importantes para Tomiño. No que respecta á taxa do lixo foi unha auténtica necesidade. Non cubría nin a metade do

seu coste, e non quedou máis remedio que actualizala. O saneamento sempre foi unha das túas preocupacións. Como avanzamos nos últimos tempos nese tema? Eu creo que moi ben. Nos 10 anos que levamos gobernando sempre hai en activo unha ou dúas obras de saneamento, nun concello cunha dispersión extraordinaria como o noso. O ano pasado nos dicías que estabas ilusionada en facer unha biblioteca

na vila. Fixo o teu goberno algo neste último ano ao respecto? Si, estivemos durante un ano traballando con máis de 300 persoas. Xa presentamos un proxecto este nadal. O edificio vai ser novo non? Si, vai ser un edificio de nova planta, a carón do mercado. Agora estamos na fase do financiamento, xa tivemos unha entrevista coa Xunta e estamos procurando acadar os compromisos necesarios para podermos completala.

As relacións coa DEP como son? Óptimas. Agora hai uns parámetros obxectivos de financiamento, o modelo cambiou moitísimo para ben. Oxalá a xunta fixera a metade do que fai a DEP. Non o fai? Non. Ás veces é moi difícil acceder a algún concelleiro. Tamén recoñezo o bo traballo de conselleiras como por exemplo Ethel Vázquez. O que se espera de todas as administracións é


Finais de xaneiro 2018 [ 23]

ENTREVISTA que non poñan ningún tipo de filtros partidistas, pero non sempre se conseguen. Estamos na segunda edición do orzamento trans fronteirizo con Cerveira. Cóntanos como foi a primeira, e que expectativas tedes para a segunda? A primeira foi piloto. Subvencionamos tres proxectos que saíron moi ben. Este ano temos o condicionante de que os proxectos teñen que estar participados por persoas de ambos lados. E a verdade é que moi ben, estamos na fase da votación e xa houbo moita máis participación ca na primeira. A túa idea é consolidalo e regularizalo? Si, por suposto. Ese proxecto de orzamento transfronteirizo é absolutamente novidoso. Que eu saiba non o hai en ningunha outra parte? Que eu saiba tampouco, son proxectos novidosos, para tratar de irmos facendo cidadanía. Eu creo que as relacións entre a veciñanza de Tomiño e Cerveira

son moito máis intensas na realidade que no eido institucional, e nós tratamos de regularizar o que xa é normal na vida cotiá. O céspede na praza do Seixo? Nós entendemos ao Seixo, como un lugar para a convivencia e así tratamos de amosalo. O mercado de Goián? Pois de momento temos dous praceiros, peixe e froita, o mercado está xa rematado e pronto o abriremos, calculo que en febreiro. Que expectativas tes para o vindeiro entroido? Moi altas. O entroido en Tomiño ten dúas representacións; o tradicional de Goián, que é espectacular. E logo está a de Tomiño, o venres de foliada. Fíxate o ano pasado participaron 20 comparsa e 1.300 persoas. É unha noite moi importante, e nós desde logo que seguiremos apostando tanto polo entroido en Goián como en Tomiño. Haberá un cuarto mandato de Sandra González?

Non se sabe aínda. Primeiro terá que darme a confianza a militancia do BNG, logo decidir eu volver presentarme, e finalmente acadarmos novamente a confianza maioritaria da veciñanza. As aspiracións políticas de Sandra González rematan en Tomiño, ou verémoste no futuro aspirando a metas máis altas? Eu son unha apaixonada da política local en xeral, e do meu pobo en particular, a miña vida política é Tomiño. As relacións co teu equipo de traballo seguen a ser excelentes? Soberbias. O goberno de Tomiño non é Sandra, o goberno de Tomiño é un equipo. Falemos do BNG. A última vez que conversamos, semellaba nunha crise perpetua da que non era quen de saír, nisto chega Ana Pontón. É está a facelo moi ben. De feito todo indica que o BNG está no camiño da recuperación de maneira decidida. Ana ten unha virtude moi escasa na vida en xeral, e non che digo nada na

política, Ana é capaz de escoitar activamente. E no que respecta á comarca do Baixo Miño, que valoración fas das próximas eleccións municipais. Pensas que se moverá moito a situación actual? É difícil facer un prognóstico, o único lamentar as situacións de convulsión e leas que semella se observan nalgúns concellos. Afortunadamente en Tomiño non temos eses problemas. Rematamos Sandra, agradecéndoche a túa amabilidade, velaí tes a nosas páxinas para dicir o que che pareza. Só transmitirlle á veciñanza que o equipo de goberno que teño a honra de encabezar está ao seu dispor para o que precisen, sempre coa mellor das vontades e toda a paixón do mundo para facer de Tomiño unha vila cada vez mellor para poder desenvolver unha vida digna e completa, todas e todos, sen deixar a ninguén atrás. Moitas grazas.


[ 24] Finais de xaneiro 2018 ENTREVISTA

Nos últimos meses do pasado ano, unha moción de censura pactada entre o PP e C21 levaba ao líder desta última formación, Carlos Vázquez Padín, á alcaldía de Tui, desaloxando ao goberno que ata o momento encabezaba o socialista Quique Cabaleiro. A nova Peneira achegouse ata a fermosa cidade de Tui a conversar co novo alcalde quen, por certo, nos atendeu con exquisita amabilidade. Carlos é rara avis na fauna política galega, defínese abertamente, sen ningún tipo de complexos, como liberal, e non dubida en considerar ao PP como un partido de praxe socialdemócrata.

CARLOS VÁZQUEZ PADÍN. ALCALDE DE TUI.

“O MALGASTO CLIENTELAR E IRRESPONSABLE DO CONCELLEIRO DE EN MAREA DO ANTERIOR GOBERNO, NON TEN PRECEDENTES NA HISTORIA DEMOCRÁTICA DE TUI”

Carlos, antes que nada darche as grazas pola túa amabilidade ao ternos atendido. Moitas grazas a vós por ofrecerme as vosas páxinas. Tiña moitas gañas de entrevistarte. Cando estabas na oposición mandeiche unha mensaxe para pedirche unha entrevista pero non me fixeches nin caso. A verdade é que non recordo esa mensaxe, eu sempre trato de contestar. Ben, ti es unha persoa moi coñecida en Tui, pero non tanto noutras localidades ás que chega A Nova Peneira. Para un lector ou lectora de Marín, Redondela, Vigo, fainos un breve perfil da túa persoa? Son licenciado en Políticas e fixen un mestrado en dirección e Administración de Empresas na Escola de Negocios Caixanova, sempre estiven no sector privado. Gustouche a carreira de políticas? Si, a verdade é que si. Eu sempre tiven moitas inquedanzas políticas, desde moi neno a verdade. A miña nai era militante do PSOE e na miña casa sempre se falou abertamente de política. Ti defíneste como galeguista. Como chegaches a esa sensibilidade? Neste tema, coido que influíron as circunstancias da zona na que é o meu pai, Melide,e os meus contactos co contexto dese lugar. Cando te afiliaches ao BNG, e como foron os teus inicios en política?

Afilieime ao Bloque en 1996, nese momento eu xa era liberal. E como chegaches a asumir os postulados teóricos do liberalismo? Por influencias teóricas que recibín na facultade, fun evoluíndo cara ao liberalismo. A verdade, definirse como liberal sendo militante do BNG é un tanto estraño? Ben o Bloque definíase naquel tempo como unha fronte interclasista pola liberación nacional, e alí debería caber un liberal, malia que obviamente esta definición nin era nin é certa. A dimensión marxista do Bloque é moi notable. Pasado o tempo deime de conta de que non era factible seguir militando no

BNG sendo liberal. Dimitín como concelleiro no ano 2001 e deime de baixa no bloque no 2002. De quen te sentes máis próximo de Olof Palme, ou de Margaret Thatcher? De Margaret Thatcher. Carai, sen ningunha dúbida? Si, sen dúbida. Margaret Thatcher atopouse cunha sociedade con gravísimos problemas derivados do peso sindical e das políticas fondamente socialistizantes da segunda posguerra mundial, e propiciou medidas económicas estruturais moi positivas para Gran Bretaña, tendo ademais a valentía de enfrontarse ao lobby sindical. Que fas despois de deixar o concello?

Entrei nun período de espera, e no 2009 encontro o momento adecuado para fundar C21, un partido de orientación galeguista e de concepcións liberais. Pódese dicir que C21 naceu na túa cabeza? Contei coa colaboración de máis xente, pero o impulsor principal fun eu. Un liberal que opina do matrimonio homosexual? Eu non regularía ningún tipo de matrimonio. Para min é un contrato privado que non debera estar regulado en ningún caso. Entre home e muller, entre home e home, entre muller e muller,. ...., o Estado non debería interferir nas decisións das persoas no relativo á súa vida privada, desde a perspectiva libertaria calquera contrato privado debería surtir os mesmos efectos. E da xestación subrogada? Eu estou a favor, é un acordo libre e voluntario. Aí amósanse as contradicións da esquerda. Segundo eles a muller é propietaria do seu corpo para abortar, pero non para xestar¡¡¡.A xestación subrogada é un contrato económico privado, e como tal debe ser respectada. O aborto tampouco debe ser regulado? É diferente. Neste caso está implicado un terceiro. Este é un asunto moi delicado. A min unha lei de supostos como a española actual, podería valerme. Ben, sigamos coa política. Cando presentas a C21 por primeira vez ás eleccións?


Finais de xaneiro 2018 [ 25]

ENTREVISTA No 2.011 nas eleccións municipais, en Tui e varios sitios máis. Saín eu escollido concelleiro. Como foi ese mandato? Con maioría absoluta do PP, e catro grupos de oposición. Nós, sendo un grupo pequeno, penso que fixemos un traballo moi digno e o eleitorado premiouno no 2015. Cando racha o BNG no 2.012, é certo que desde CXG contactaron con vós para integrar a C21 no seu partido? Iso é radicalmente falso, e dígoche asemade que se o tiveran feito, teriámolo rexeitado. CXG non deixa de ser un partido marxista claramente á esquerda do PSOE. Vamos ver, hai que dicilo con claridade, o consenso socialdemócrata na Europa actual é moi amplo, e aínda que desde distintas concepcións teóricas, podemos cualificar, pola sua praxe, como socialdemócratas, con matices, a todo o arco parlamentario galego e español. No 2.015 C21 acada en Tui, un resultado excelente. A verdade é que si, multiplicamos por dous o número de votos e tivemos un resultado magnífico. Fomos a terceira forza máis votada e a segunda no casco urbano. Agora pretenden trasladar a idea de que somos pouco menos ca unha forza marxinal cando repito, somos a segunda forza no casco urbano de Tui. Que votou C21 no pleno de investidura de Enrique Cabaleiro? Nós fomos leais co que lle dixemos ao electorado. O que non iamos consentir de ningún modo é que Rocha fose alcalde de Tui. Por que? Porque entendemos que eses anos de gobernos locais do PP foron nocivos para Tui. Ben, pero que votastes? Eu sa sabía que o segundo sería alcalde. Nós ofrecemos a Capón ir en coalición, pero o señor Capón rexeitou a nosa proposta. Unha vez que Cabaleiro foi segundo, decidimos votalo. Un voto incondicional, algo extremadamente inxenuo pola nosa parte. Quero dicir que eu xa puiden ser alcalde no 2015,pois dous días antes da investidura ofrecéronme a alcaldía co apoio de todos os

grupos de centro dereita. Agora se me presenta como un home extremadamente ambicioso, cando repito eu puiden ser alcalde no 2015. E es unha persoa extremadamente ambiciosa? De ningún modo, todo o contrario, son unha persoa moi inxenua, pero que considero que as implementacións das ideas liberais é a base imprescindible da liberdade e da prosperidade. Por que motivo decides a moción de censura contra Enrique Cabaleiro? Eu vou vendo que o goberno tetra partito, entre tres partidos de esquerda e Capón ex PP. Capón foise do PP, pola dereita ou pola esquerda? Non hai ningún tipo de fractura ideolóxica, todo se reduce á profunda animadversión persoal entre el e Rocha que nace na moción de censura de 1998 e que nos últimos tempos foise suavizando. Vale, sigamos co goberno de Cabaleiro. Como che dicía observo un ánimo claramente intervencionista e clientelar. O do intervencionismo non creo que fose unha sorpresa para ti? Non claro, iso xa mo esperaba pero o clientelismo, especialmente relevante no traballo de Lano Alonso, concelleiro de En Marea preocupoume moitísimo. Comecei a enxergar que un goberno da esquerda xa consolidado acabaría con abuso de poder e con extensión de determinadas redes clientelares. Iso é moi forte. Mira que as redes clientelares que historicamente teceu o PP en Tui, foron potentísimas Si, pero o malgasto clientelar e irresponsable, niso en concreto podo dicir que non ten precedentes na historia de Tui. Agora mesmo hai 100 facturas pendentes de pago, só dese concelleiro, é un auténtico escándalo. Alén de todo iso, eu ofrecinme a ser socio externo do goberno pero rexeitárono, preferiron pactar os orzamentos con Sousa, outra escisión do PP. E ao igual ca ti ex-bng? Si, nos 90, pero levaba moitos anos xa no PP. Aínda hoxe non sabemos que é o que pactaron con Sousa para aprobar

eses orzamentos. Cando se producen os primeiros contactos co PP, para realizardes a moción de censura? A finais do 2.016.É máis, eu aviso a Cabaleiro de que se non muda de actitude eu voume mover. A si? Si, aviseino de que me ía comezar a mover. Vamos ver Carlos. Ti non levas dous días neste mundo, e seguro que es consciente de que o PP está intentando por medio de mocións de censura ou estraños movementos como en Sanxenxo acadar alcaldías en todos os sitios que pode (Oia, Fene, Sanxenxo, Coristanco,Tui), nos que a aritmética do 2.015 non llelo permitiu. Tui é un sitio máis no contexto desa estratexia do PP? É que ti partes da base de que neses sitios non hai motivos para as mocións de censura. O PP ten dereito a facer mocións de censura, é un instrumento legal e democrático. Si, é un instrumento legal, pero é un instrumento moral facer mocións por sistema, cando pode que haxa motivos ou pode que non?. Se se fan por sistema que é o importante, o ben común ou o interese do partido que as fai? Vamos ver, estamos nunha democracia representativa non asemblearia. Durante os catro anos os concelleiros elixidos somos os lexítimos representantes do pobo. Onde estaría un caso dunha hipotética inmoralidade que de ningún modo se dá en Tui, pois nun caso de transfuguismo, de movemento dun partido de esquerdas a un de dereitas ou viceversa. Xa que logo a forma na que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo do PP, acadou a alcaldía grazas a un tránsfuga é inmoral? Non recordo ese episodio. Cando advertiches a Cabaleiro de que estabas valorando unha moción, que fixo el? Non fixo nada. As negociacións da moción, coas tres dimisións que esixiches, foron moi duras? Si, eu non tiña moitas esperanzas en

que as aceptaran, pero despois de duras negociacións acabaron cedendo. Quixera salientar o noso acordo programático con luz e taquígrafos, algo que amosa a exemplaridade ética de C21. Cales serán as diferenzas máis significativas entre o teu goberno e o anterior? O meu goberno é moito máis innovador có anterior. Imos darlle un impulso importantísimo á participación a través dunha aplicación que posibilitará a creación de orzamentos participativos(falo do 2019, este ano non dá tempo) incluso nas propias parroquias. Tamén temos a intención de mellorar aspectos organizativos, que consideramos moi deficientes. Vamos facer un plan director de turismo, un plan de emerxencia, reactivar a protección civil, encargar unha nova cartografía, bordar o noso urbanismo o gran tema pendente.. Estou ilusionado en facer moitas cousas en beneficio do interese xeral do noso concello. A oposición acúsavos de perder unha subvención para iluminación pola vosa ineficacia? Si, pero o que non din é que o goberno anterior tamén a perdeu. Teño que dicir que no tema de prazos das subvencións, no que a Xunta se refire, son claramente insuficientes. No que respecta á policía local? O PSOE de Tui, é moi demagogo. Eles si que tiñan a intención de contratar a catro policías, non o fixeron por unha limitación orzamentaria, pero que non digan que o fixeron eles porque non é certo. Non o fixeron e nós si. As relacións C21 e PP como están? Son razoablemente boas. Somos un equipo un goberno unido. E antes non? Non, antes había catro gobernos independentes, que ían por libre. Rematamos Carlos, agradecéndoche a túa amabilidade, velaí tes as nosas páxinas para dicir o que estimes ás veciñas e veciñas de Tui? Ben eu quero dicir que a nosa intención é que este ano e pico marque un antes e despois na historia do noso Concello, a todos os niveis, urbanístico, económico e de eficiencia. Moitas grazas.


[ 26] Finais de xaneiro 2018 BAIXO MIÑO

poñer en marcha na segunda edición do orzamento Goián celebra o seu tradicional Para participativo transfronteirizo Entroido con desfile, carreira de carretillas, sopa e verbena Tomiño e Cerveira poderán Conta cada ano cunha grande afluencia de participantes e espectadores GOIÁN.

Goián xa está a prepararse para celebrar o seu tradicional Entroido do 10 ao 14 de febreiro cunha programación que un ano máis terá desfile, carreira de carretillas, verbenas e sopa como protagonistas principais. Organizada pola Asociación de Entroido de Goián en colaboración co Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Goián, cada ano este evento reúne a unha grande afluencia tanto de participantes como de público, que se achega ata a zona para desfrutar duns días de música, troula e disfraces. A festa comezará o sábado 10 de febreiro ás 09.30 horas cos veciños e veciñas da zona acompañando á banda de gaiteiros percorrendo as rúas da parroquia para ‘facer a pedida’ e recoller algunhas das cousas que se empregarán ao longo dos cinco días de celebración. O domingo chegan algúns dos pratos fortes do Entroido goianés: pola mañá, ás 12.00 horas, desfile de disfraces cos nenos e nenas pola zona, e pola tarde música con O Trebón dos Xibos e, a partir das 17.00 horas, a VIII Carreira de Ca-

rretillas, que rematará con premios á carretilla mellor tuneada ou aos condutores mellor disfrazados, entre outros. Xa pola noite, ás 22.30 horas, chega o tempo da verbena cos grupos América e Jacobeo e, ás 01.00 horas, reparto de premios aos mellores disfraces. O día 12 a parroquia retoma o Entroido coa verbena nocturna a cargo de Jerusalén e Aramio. O martes 13 de febreiro Goián volve a ter outro dos pratos fortes do Entroido: o tradicional desfile de carrozas e comparsas pola Avenida Ordóñez, que cada ano reúne a centos de persoas para desfrutar dunha tarde de música e risas. Ao remate do desfile, a organización repartirá sopa entre todos os asistentes, tanto participantes como público. Pola noite, ás 21.00 horas, haberá de novo verbena amenizada por Nevada Band. A celebración do Entroido rematará o mércores 14 co tradicional Enterro da Taíña, con pasarrúas e fogos artificiais. Ademais, durante toda a semana o público poderá gozar da música da treboada Baixo Miño e o torreiro do festexo estará cuberto baixo unha gran carpa para facer fronte ao posible mal tempo.

escoller entre catro proxectos de educación e cultura

TOMIÑO.

Continúan as votacións para que os veciños e veciñas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira escollan os tres proxectos de cooperación que ambos concellos realizarán de forma conxunta ao longo de 2018 ao abeiro da segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, un proxecto incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerviera, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, e que busca implicar á poboación de ambos os dous municipios na procura de solucións para necesidades comúns. Ata o vindeiro 20 de febreiro, a cidadanía poderá exercer o seu voto telemático e escoller unha iniciativa en cada unha das tres categorías nas que este ano se dividiron os oito proxectos presenta-

dos. O eido da Educación e da Cultura é o que máis proxectos aglutinou, cun total de catro ideas presentadas por oito entidades de Tomiño e Cerveira. Poderán votar todos aqueles veciños e veciñas que aparezan no censo electoral de ambos os dous municipios. Entre os proxectos presentados para esta segunda edición na área de Educación e Cultural está a organización de actividades artísticas dirixidas á poboación escolar de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño. A idea, proposta pola Escola Superior Gallaecia e a Mesa de Anpas dos Centros Educativos de Tomiño, propón realizar entre dúas e catro actividades para o estudantado de Secundaria e entre 3 e 6 para o de Primaria con novos coñecementos das artes plásticas, da arquitectura e de novas disciplinas “para o enriquecemento persoal e curricular” dos rapaces e ra-

pazas participantes. Da man da Agrupación Sociocultural de Goián e da Academia de Música Fernandes Fao chega a idea de facer un intercambio musical transfronteirizo entre profesorado e alumnado de ambas as dúas escolas. Trátase dun intercambio no que se traballaría nun repertorio musical no que se mesture o acervo musical galego e luso, explorando tanto o eido da música tradicional como na actual composición contemporánea. Ademais, a proposta recolle un encontro de convivencia musical de varias xornadas mesturando as dúas escolas para ensaios conxuntos e a creación da ‘Banda da Amizade’ para realizar dous concertos nos que dar a coñecer os resultados musicais do proxecto. Outra das iniciativas que os votantes poderán escoller é o proxecto ‘Sabores de Aldeia e Sons das Treboadas Transfronteiriças’.


Finais de xaneiro 2018 [ 27]

BAIXO MIÑO

Uxío Benítez: “O xurado do concurso de ideas entendeu a necesidade da nova ponte peonil entre tomiño e cerveira ao ver ‘in situ’ a súa proximidade”

Visita do comité seleccionador do proxecto para o viaduto entre Tomiño e Cerveira para valorar o lugar TOMIÑO.

“O xurado do concurso de ideas para a nova ponte peonil entre Tomiño e Cerveira sobre o Miño entendeu a necesidade da súa construción ao ver ‘in situ’ a proximidade dos municipios galego e portugués e o proxecto do parque transfronteirizo nos dous países”. Así o indicou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación, Uxío Benítez, na visita que o comité seleccionador das propostas realizou ás beiras do futuro viaduto. O nacionalista destacou que é preciso fomentar a mobilidade peonil e ciclable para aumentar o turismo na zona aproveitando as sendas existentes en ambas ribeiras. Subliñou que Tomiño e Cerveira pretenden potenciar valores ambientais, paisaxísticos e patrimoniais que son máis competitivos ao ‘vendelos’ de xeito conxunto. Asegurou que o parque do Castelinho en Cerveira e o Espazo Fortaleza de Goián –Tomiño- son perfectamente complementarios pola súa singularidade e que “unidos

pola nova ponte peonil e ciclista, converteranse nun espazo de referencia transfronteiriza en toda a Península Ibérica”. “Este lugar do río é o máis estreito de todo o Baixo Miño, apenas ten 180 metros entre ambas marxes, e dá pé a unilas para crear un espazo único que atraia visitantes. O xurado entendeu o noso concepto de crear un parque conxunto unindo dous países, o que reforza a nosa visión transfronteiriza de cooperación máis alá da construción dunha simple infraestrutura”, subliñou Benítez. Os membros do xurado comezaron a súa visita na parte galega da Fortaleza de Goián en Tomiño, un espazo patrimonialmente destacado, para des-

pois cruzar a canle do río nun barco militar da Capitanía de Caminha ata o parque do Castelinho en Cerveira, un lugar moi frecuentado por familias tanto portuguesas coma galegas en todas as épocas do ano. A visión da zona a pé e tamén no barco permitiu ao comité destacar a importancia que ten o elixir unha proposta na que os puntos de ancoraxe en ambas ribeiras sexan o máis respectuosos coa contorna, en concreto, co illote existente na parte lusa. Finalmente, a comitiva rematou a súa viaxe cunha comida de confraternidade en Vila Nova de Cerveira, no lugar do mirador de O Cervo, dende onde se podía gozar dunha perspectiva totalmente diferente.

O Festival Taíña cumpre 15 anos con música de calidade para todas as idades Livia de Marrao, Elephants Yard, Tati’s Joplin e The Kozmic Blues tocarán o 10 de febreiro TOMIÑO.

A Praza de Goián prepárase para acoller de novo o Festival Taíña, un evento musical que celebra os seus 15 anos de vida e que quere facelo co mellor cartel musical posible. O vindeiro 10 de febreiro ás 23.00 horas de xeito puntual comezará un concerto no que participarán tres grupos de Chantada, Vigo e Tui, co obxectivo de dar a coñecer ao público “grupos galegos con distintos estilos musicais”. Organizado pola Asociación Xuvenil Taíña, de Goián, o festival conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Federación Galega de Festivais, da Comisión de Festas do Entroido de Goián e da Comunidade de Montes de Goián. Con entrada de balde, na praza colocarase unha carpa cuberta para que o público desfrute dunha noite de música e lecer no sábado de Entroido. “Levamos máis de tres meses preparando esta nova edición, con cada vez máis traballo pero con moitas ganas e con moita ilusión”, explica Tania Domínguez, presidenta de Taíña.

Nesta edición abre o cartel Liviao de Marrao, dez músicos chantadinos misturando ska, punk, rock, folk e mensaxe dende 2010. Os seguintes en subir ao escenario serán Elephants Yard, unha banda de reggae formada por varios músicos afincados en Vigo e arredores que levan á práctica varias facetas: baking band de artistas, banda de estudo na súa sede e banda de tributos e versións. Completan o cartel Tati’s Joplin & the Kozmic Blues Band, unha banda nacida no ano 2016 como tributo a Janis Joplin en formato eléctrico con teclado e ventos.


[ 28] Finais de xaneiro 2018 BAIXO MIÑO

Tomiño tamén comezará obras de asfaltado na estrada de Barrantes

O saneamento en rexidouro, Vilachán, Arrotea e Carregal de Abaixo a bo ritmo TOMIÑO.

O Concello de Tomiño segue a traballar para levar o saneamento ao maior número posible de vivendas, tanto nos núcleos do municipio como nas parroquias. Dentro deste plan de actuación están contempladas as tres obras que se están a desenvolver nestes intres para permitir que os veciños e veciñas de Rexidouro, Vilachán, Arrotea e Carregal de Abaixo poidan engancharse á rede municipal. “En todo o tempo que levamos no goberno municipal sempre estiveron activas unha ou dúas obras de saneamento, polo que avanzamos a un bo ritmo. A dispersión xeográfica do concello dificulta que poidamos levar este servizo a todos os lados, pero seguiremos traballando para conseguir ampliar a rede o máximo posible”, asegurou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, durante unha visita este mércores 17 a distintas zonas onde se están a realizar os traballos de saneamento xunto ao concelleiro de Obras, Francisco Campo. As melloras no barrio de

No 2017 máis de cen persoas participaron nos cursos e actividades de alfabetización dixital

Rexidouro consisten no enganche dos novos ramais de colectores de augas residuais para conectalos ao colector xeral xa existente que vai á estación depuradora situada en Figueiró. Cun orzamento de 200.000 euros, esta obra permitirá que arredor de 60 novas vivendas se conecten ao saneamento. Pola súa banda, as obras no barrio de Carregal de Abaixo, na parroquia de Amorín, permitirá darlle servizo a 40 novas vivendas. Cun orzamento de preto de 200.000 euros procedentes de fondos propios e do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, os traballos permitirán que o pozo de bombeo que impulsa as augas cara

o colector de Forcadela teña a potencia adecuada ao número de vivendas que vai a atender. As primeiras obras en comezar este 2018 foron as dos barrios de Vilachán e Arrotea, que durarán arredor de catro meses. Pero non serán os únicos traballos de mellora que comecen este mes: a vindeira semana está previsto que arranquen os traballos de asfaltado no entronque da estrada a Barrantes cara Cristelos. Estas obras forman parte da iniciativa do Concello de Tomiño para seguir ampliando o saneamento no municipio, cunha rede que pasou de cubrir a tan só o 20% das vivendas en 2007 a dar servizo a preto do 60% das propiedades tomiñesas este ano.

A aula CeMIT de Tomiño pechou o ano con 67 novos usuarios e 370 horas de formación impartidas TOMIÑO.

A aula CeMIT do concello de Tomiño pechou o ano cun excelente balance de datos: durante o 2017 déronse de alta neste centro 67 novos usuarios e usuarias, cifra que eleva ata 1.047 o número de persoas rexistradas dende a apertura da aula no ano 2011. Dende os seus inicios, a aula CeMIT acolleu máis de 200 actividades formativas entre cursos, charlas e outras actividades, 23 delas durante todo este ano, o que supoñen máis de 370 horas de formación aproveitadas por preto de 100 persoas durante todo o 2017. Para o responsable do Promoción Económica municipal, Antonio Tartaglione, “dende o Concello de Tomiño, xunto coa

administración autonómica, seguimos a apostar pola aula CeMIT. Despois dos resultados do ano 2017, queremos seguir formando aos tomiñeses e tomiñesas no uso e familiarización das novas tecnoloxías”. Por este motivo, a aula xa ten planificada a súa oferta formativa para o vindeiro ano, que nesta ocasión incluirá desde diversos cursos de capacitación dixital básica, como o de ‘Iniciación a informática e internet’ ou ‘Manexo de móbiles’, ata algúns máis avanzados como poden ser o de ‘Uso da administración electrónica’, ‘Procura de emprego a través de internet’ ou ‘Retoque fotográfico’, entre outros. Durante o 2018 a aula tamén acollerá o exame para a certificación de competencias.


Finais de xaneiro 2018 [ 29]

ENTREVISTA

O voceiro do BNG da Guarda é un rapaz con toneladas de ilusión en conseguir mellorar a vida do seu pobo, e afronta o último ano de mandato coa intención de facer o necesario para multiplicar os apoios dos nacionalistas nesta vila do Baixo Miño. A Nova Peneira conversou con el.

ÁNGEL BAZ. PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE A GUARDA

“O BNG AFRONTA O PRÓXIMO PROCESO ELECTORAL CON ILUSIÓNS E SENSACIÓNS DE SER ALTERNATIVA DE GOBERNO”

Case tres anos despois de iniciado o mandato, cal é a valoración do grupo municipal do BNG, sobre a acción de goberno da corporación municipal de A Guarda? Ben, o alcalde presentouse ás eleccións cunha mensaxe continuista en relación co anterior, e nesa dinámica está.

Entendo que para o BNG cumpría algún tipo de xiro? El daba por boa a política do antigo alcalde, Freitas, e non podemos esquecer que houbo un descenso de apoio cidadán. Algo deberían mellorar. Ao noso xuízo non se pon en valor adecuadamente o inmenso potencial turístico que ten A Guarda, nin se traballa na liña correcta no benestar dos e das veciñas ou en atender un sector crucial como o pesqueiro. Cales son as eivas de xestión, ao voso xuízo, máis significativas deste equipo de goberno? Entendemos que practican o curto pracismo, sen desenvolver unha visión global de vila, que nos permita aproveitar todas as nosas potencialidades. Vós estades na oposición. O alcalde fixo algún intento para integrarvos no goberno? Home, algunha conversa tivemos, pero non creo que se poidan cualificar de intentos en sentido estrito para integrarnos no goberno. Cales están sendo as liñas políticas máis significativas na labor de oposición do grupo municipal do BNG? Nós mantemos unha oposición construtiva. Procuramos, como che dixen antes que se poida desenvolver unha visión global de A Guarda como vila, para atender os seus moitos problemas na súa integridade e non ir pondo parches que é o que fai este goberno. Que nos dis da rúa Concepción Areal? Eu creo que neste tema ao alcalde

fáltalle transparencia e vontade de aclarar ás dúbidas á cidadanía.

Eu considero, que unha vila tan fermosa como A Guarda, está escasamente promocionada. O alcalde discrepa do meu criterio. Ti que pensas? Eu entendo que todo o que se faga en promoción sempre será pouco. A verdade o goberno municipal debera ter isto moi claro, nas súas actuacións políticas tanto cuantitativa como cualitativamente.

Non cres que un sitio que merece que se actúe con maior intensidade é o espazo do antigo campo de concentración de Camposancos, co gallo de valorizar a memoria dos que alí sufriron a represión? Entendendo que é un edificio privado, desde o BNG consideramos que o esforzo que se está realizando desde as administracións, para amosar ás xeracións máis novas as barbaridades

que tanto nese espazo como en moitos outros do baixo Miño aconteceron, son claramente insuficientes.

Por que un emblema falanxista segue aparecendo na praza de abastos? Pois será por desidia do goberno municipal, ou por falta de vontade non o sei.

Falta un ano e pico para as vindeiras eleccións municipais, cal é a pulsión que percibes na veciñanza en relación co bloque? As perspectivas son moi positivas, o que percibimos pola rúa é unha onda en continúo crecemento de simpatía e empatía cara ao traballo do BNG. Facemos asembleas abertas, tratamos de que o BNG sexa un instrumento útil en beneficio da veciñanza e estamos ilusionadísimos en que así sexa.

E da asistencia a esas asembleas ? Pois moi contentos da gran cantidade de xente que ven. Sen dúbida as per-

soas agradecen a transparencia e constatar como os nosos representantes baixan á area a ensinar o que facemos e a escoitar as súas demandas.

A vosa posición en relación ao segundo acceso ao porto? Temos claro que xa tiña que estar feito hai moitos anos.

Rematamos Ángel, agradecéndoche a túa amabilidade e ofrecéndoche as nosas páxinas para que tires a mensaxe que estimes oportuna Eu quería dicir aos nosos veciños e veciñas que O BNG afronta o próximo proceso electoral con ilusións e sensacións que nos levan a considerarnos como unha alternativa de goberno e cunha intención moi clara: Mellorar a calidade de vida das persoas. Nós non queremos solucións transitorias nin parches, queremos un cambio global de modelo en beneficio de todas e todos. Moitas grazas.


[ 30] Finais de xaneiro 2018 O CONDADO

Salvaterra aproba en unha modificación da ordenanza da auga potable para reducir o recibo por averías domésticas

37.500 euros para a creación e estabilización de 39 postos de traballo

O pasado 26 de decembro o Pleno da Corporación do Concello de Salvaterra de Miño procedeu a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do Servizo de abastecemento de auga potable, no referente a Averías. O Grupo de Goberno presentou unha modificación no suposto de constatarse a existencia de averias ocultas nas instalación interiores que desvitúen o volumen de consumos domésticos do usuario, a través do calculo do consumo medio habitual dos dous últimos semestres anteriores, sendo a cota tributaria a abonar a media calculada incrementada nun 150%, co fin de que os usuarios e usuarias non se encontren con uns consumos desorbitados derivados de averías e non de consumo realizado, sempre e cando esté informado favorablemente polo técnico municipal correspondente.

O Concello de Ponteareas ven de facer efectivo o pago de 39 subvencións, por un importe total de 37.500€ da liña de axudas para o fomento da creación de emprego. Esta liña de subvencións foi creada no actual mandato grazas á renuncia de Xosé Represas ao seu soldo de alcalde tras a súa toma de posesión. Foron atendidas todas as solicitudes presentadas por parte das empresas e emprendedores de Ponteareas que crearon o seu propio posto de traballo, que contrataron novo persoal ou que mudaron a modalidade dos contratos e que cumprían os requisitos da convocatoria. Un total de 33 persoas que estaban en desemprego recibiron

SALVATERRA.

Estas axudas foron creadas co soldo do alcalde ao que renunciou Represas

PONTEAREAS.

mil euros cada unha por darse de alta de autónomos creando o seu propio posto de emprego. Ademais dentro desta liña de subvencións e co obxectivo de contribuir á estabilización do mercado laboral, otorgáronse catro mil euros por conversión de contratos de temporal a indefinido e tamén se subvencionou con trescentos euros un contrato de formación e aprendizaxe e outro con douscentos euros por un contrato de prácticas. O Alcalde anuncia que no vindeiro mes abrirará o prazo dunha nova convocatoria por un importe total de 50.000€ da que se poderán beneficiar tanto os emprendedores a título individual que acceden por primeira vez ao mercado laboral.


Finais de xaneiro 2018 [ 31]

O CONDADO

Dentro do marco “Ponteareas, Hábitat Saudable”

Ponteareas convoca o concurso de ideas para a mellora da praza Bugallal PONTEAREAS.

O goberno de Ponteareas convoca un concurso de ideas para a mellora da praza Bugallal dentro das liñas de actuación da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” financiada polo fondo europeo de desenvolvemento rexional. Cun orzamento de máis de 600.000€ (proxecto de obra, direción de obra e execución) a mellora da Praza Bugallal realizarase con cargo aos Fondos FEDER da Unión Europea. Respondendo á demanda de rehabilitación desta praza dos colectivos, grupos políticos e veciños, o goberno de Ponteareas convidará a cinco estudios de arquitectua e urbanismo de recoñecido prestixio para que presenten as súas ideas e propostas. Estes profesionais posuen un premio vencellado á ordenación urbana, recoñecido ou outorgado por un colexio profesional, organización ou Administración pública do espazo comunitario. A comisión de valoración na que participan técnicos de recoñecido prestixo e todos os grupos políticos da Corporación municipal, valorará a solución técnica e económica máis

óptima e na que se vexan reflectidas as necesidades e o sentir da cidadanía. Co arranque deste concurso dase continuidade ás liñas de melloras no núcleo urbano seguindo os obxectivos e directrices marcadas na estratexia Ponteareas, Hábitat Saudable. O proxecto estará na mesma liña da modernización do primeiro tramo do Paseo Matutino que se realizará proximamente. A mellora da accesibilidade, das posibilidades de uso do espazo público, da calidade do aire, da mobilidade urbana e o respeto polos usos e costumes habituais da praza son algunhas das directrices a valorar na redacción do proxecto. No concurso de ideas ademais das actuacións a realizar na Praza de Bugallal e na súa contorna tamén contemplará un área de estudio para no futuro actuar co mesmo criterio nos arredores do auditorio, avda Constitución e primeiro tramo de Vidales Tomé. Con esta iniciativa comeza a materializarse unha das liñas da estratexia nas que tamén se contemplan outras que van desde o desenvolvemento sostible á revitalización da economía pasando pola implantación de sistemas de aproveitamento.

No 2017 a concellería de Cultura destinou 40.000€

Subvencións de actividades para 25 centros culturais ponteareáns PONTEAREAS.

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista, destinou no 2017 un total de 40.000€ en axudas ao mantemento e a actividade cultural das casas e centros culturais do concello. “Convocatoria de subvencións, que a diferencia de épocas anteriores, se realiza no mandato actual todos os anos e que se suma a outros apoios como son as actuacións de grupos locais e de realización de cursos de

actividade”, afirmou a concelleira de Cultura. Conscientes da importancia dos centros culturais para a promoción das artes, da lectura, da dinamización cultural, da música e da formación, entre outros moitos aspectos, e do papel fundamental que xogan como axente socializador, a Concelleira de Cultura anuncia que incrementará esta partida para este ano 2018. Desta subvención de apoio á cultura destinada aos centros e casas culturais

do Concello de Ponteareas foron beneficiarias as 25 casas culturais que se presentaron. Ademais, esta concellería destinou arredor de 30.000€ ás actuacións do Plan Cultural e aos cursos de formación impartidos nos centros culturais. Segundo Hortensia Bautista, co obxecto de poñer en valor os centros culturais, esta subvención está entre as prioridades deste goberno que consolida este compromiso de apoio ás iniciativas veciñais.


[ 32] Finais de xaneiro 2018 O CONDADO

Adapta e a Asociacion de 50 aniversario do Clube deportivo Areas Alfombristas do Corpus O Club Deportivo Cultural Areas celebrou con éxito esta Christi presentan o fin de semana os actos condo seu 50 aniProxecto “Beirarúa Azul” memorativos versario. O club ponteareán PONTEAREAS.

reuníu nunha xornada de convivio e emocións a xogadores, directivos e presidentes que pasaron polo club nestes 50 anos "para facer un recoñecemento público ao seu esforzo e adicación, xa que foron peza fundamental para que o Cultural Areas conseguise chegar a ser recoñecido no fútbol galego como é a día de hoxe", sinalan dende o club. No Campo da Lomba disputáronse durante a xornada varios partidos amigables para conmemorar o aniversario do club, inaugurouse unha exposición que repasa a historia do club en imaxes, e descu-

PONTEAREAS.

A presidenta de Adapta, Montserrat Cuevas Gándara e o presidente da Asociación de Alfombristas de Ponteareas presentaron na mañá de hoxe, no Rexistro Xeral do Concello unha solicitude para que o Corpus Christi 2018, conte coa denominada «BEIRARRÚA AZUL », para que as persoas con mobilidade reducida ou en cadeiras de rodas, poidan percorrer todos os tramos alfombrados de Ponteareas sen ter ningún tipo de barreira arquitectónica que llo impida. A iniciativa busca, seguir avanzando na supresión de todas aquelas barreiras que supoñan un impedimento para que, as persoas con mobilidade reducida poidan, gozar da Festa do Corpu Christi. Ambas as asociacións entenden que é necesario seguir avanzando para conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para todos os cidadáns especialmente aquelas persoas que teñan unha discapacidade. Por iso e tras percorrer as rúas onde se realizan alfombras para o paso da procesión do Corpus Christi, ambas as asociacións observaron unha serie de carencias que é necesario liquidar , con tempo suficiente. Estas pequenas obras propostas non superan os 1.500 € de custo.

briuse unha placa de recoñecemento a todas as persoas que fixeron posibles estes 50 anos de historia. Dende o Cultural Areas queren agradecer a todas as persoas que participaron desta conmemoración, así como "ao Concello de Ponteareas, por facer posible coa súa colaboración que este 50 aniversario

quede marcado na memoria de todas as persoas que formamos o club", indican. Pola súa parte o concello de Ponteaeras felicita á totalidade dos participantes nestes cincuenta anos do club; deportistas, directivas, siareiros e a todos e todas os que fixeron posible estes anos de traballo e fomento do deporte.

O traballo “A lamprea nas terras do Condado” gaña esta nova edición Doutra banda solicitouse que exista unha zona de aparcadoiro exclusivo para as persoas con mobilidade reducida diante do Centro Artistico Sportivo. Zona que xa se programo o ano pasado, pero que ao carecer de vixilancia, foi ocupada por persoas non necesitadas. Tambien é necesario que o Concello facilite a información da devandita BEIRARRÚA AZUL, en cada esquina, onde se pon o indicador de circular pola dereita, e que exista un sinal que identifique dita ruta accesible e que dita información este recollida nos folletos indicadores das alfombra que se reparte con motivo da Festa do Corpus Christi.

O xurado concede o VII premio Fermín Bouza Brey a Lois Ladra PONTEAREAS.

O xurado do VII premio Fermín Bouza Brey analizados os catro traballos presentados decidiu conceder o premio ao traballo presentado co título “A lamprea nas terras do Condado: Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial e artesanal e do patrimonio fluvial o río Tea” de Lois Ladra. Co Premio de Investigación Fermín Bouza Brey o concello ponteareán quere lembrar o nacemento, na vila do Tea, do ilustre polígrafo e poeta. Trátase, segundo a concelleira de Cultura, Hor-

tensia Bautista, “honrar a súa memoria e sobre todo o seu traballo de investigación sobre a cultura deste país”. Paralelamente, matiza a responsable de Cultura do Concello de Ponteareas, “o premio permite promover a investigación científica sobre Ponteareas e a comarca do Condado, co que iso supón de afondamento na nosa identidade cultural”. O premio está aberto aos proxectos de investigación científica nos eidos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias

sociais e que, obrigatoriamente, terán que ter como referente o municipio de Ponteareas e a comarca do Condado. Os 3.000€ de premio serán entregados en dúas partes, o 25% entrégase unha vez fallado o premio e o outro 75% restante á entrega do traballo de investigación─ dito proxecto debe presentarse cunha memoria onde figuren os obxectivos, metodoloxía, periodización, recursos a empregar, e temporalización do traballo, entre outros.


Finais de xaneiro 2018 [ 33]

O CONDADO

Os Concellos de Ponteareas, Arbo e A Cañiza, representaron en FITUR aos dez concellos do xeodestino

Preséntase na Feira Internacional de Turismo de Madrid o xeodestino “Terras do Condado-A Paradanta” PONTEAREAS.

O stand oficial de Turismo de Galicia acolleu a presentación do xeodestino turístico “Terras do Condado-A Paradanta” no marco da Feira Internacional de Turismo que se celebra nestes días e ata o domingo 21 en Madrid. O Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, acompañados dos alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e o da Cañiza, Miguel Domínguez presentaron o xeodestino turístico que promocionará as riquezas das dúas comarcas. Os tres alcaldes representaron aos dez concellos que conforman o xeodestino neste evento turístico de alcance mundial. O xeodestino “Terras do Condado-A Paradanta” nace coa intención de sumar esforzos e

ofrecer ao turista un paquete completo que lle permita prolongar a súa estancia na zona durante os días que o desexe porque a oferta patrimonial, histórica e natural é ampla e rica. Á presentación achegáronse empresarios do sector turístico, axencias de viaxes, xestores de destinos turísticos e medios de comunicación. Nas súas intervencións, os alcaldes puxeron de manifesto

o alto potencial turístico e a singularidade deste territorio simbolizado pola auga, a dos seus ríos e as termais e polos viños do Condado. As autoridades locais ratificaron tamén a importante oportunidade de desenvolvemento económico que se presenta entre o sector empresarial e os distintos profesionais desta atractiva zona do sur da provincia de Pontevedra.

O concello de Ponteareas contou cun orzamento de 57.477€ e a acción beneficia a vinte fogares

Abastecemento de auga municipal para Moreira PONTEAREAS.

O Concello de Ponteareas da un paso máis no compromiso adquirido coa veciñanza de priorizar os servizos básicos e amplía a rede de abastecemento beneficiando a vinte fogares máis que nunca tiveran conexión municipal de abastecemento de auga potable. Nesta ocasión as vivendas da Ribeira do río Tea comprendidas no tramo entre Urcela e Chan de Espiño, en Moreira, terán por vez primeira abastecemento de agua que conta cun orzamento de 57.477,64€ financiados polo Plan Concellos. Nas vindeiras semanas o goberno de Ponteareas agarda ter resposta positiva da Xunta de Galicia á que solicitaron de xeito urxente o compromiso e colaboración na ampliación da rede de abastecemento tal

REPRESAS, SUPERVISA AS OBRAS.

e como se trasladou a Augas de Galicia nos distintos encontros mantidos. Ao ser unha obra de grande magnitude e primeira necesidade o goberno de Ponteareas busca a implicación da Xunta de Galicia para dar solución a un problema que se víu agravado coa seca deste verán e cos incendios do mes de outubro. O alcalde de Ponteareas adianta que seguirá a invertir os escorzos precisos para garantir o subministro de auga potable todos os veciños e veciñas.


[ 34] Finais de xaneiro 2018 O CONDADO

Salvaterra abre o prazo de inscrición para participar no Enterro da Lamprea SALVATERRA.

O Concello de Salvaterra de Miño ven de anunciar que a partir do día 15 de xaneiro e ata o 2 de febreiro queda aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar, con comparsa ou carroza, no ENTERRO DA LAMPREA 18, que este ano celebrarase o próximo 17 de febreiro, a partires das 17.00h. Aínda que o Concello, por motivos de seguridade, de organización e espacio, resérvase o dereito de reducir ou ampliar oprazo de inscrición. Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas Comparsas e Carrozas, que cumpran os requisitos. Solo se poderá inscribir unha comparsa ou carroza por asociación ou persoa. Modalidades: Categoría de Carroza:Poderán participar nesta categoría todas aquelas carrozas queteñan como mínimo 25 participantes e unhas dimensións mínimas de5 m de largo. Categoría de Comparsa: Poderán participar nesta categoría as comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.

Realizarase un inventario das infraestructuras de uso forestal para a defensa contra incendios

Ponteareas contará cun plan de Prevención e defensa contra os incendios As comparsas ou carrozas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se considerarán como comparsas ou carrozas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no sustancial, o seu disfrace. Os premios a participación oscilarán entre os 100 e os 600,00€, dependendo da categoría e da cantidade de participantes. Dende o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran partici-

par no enterro de forma persoal e non a través dunha carroza ou comparsa poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de Choronas que acompañan a lamprea, de loito riguroso. A saída do desfile, de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2018 de Salvaterra, está prevista para as cinco da tarde, dende a Rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Fonte da Vila, dona Urraca e Praza do Concello.

Ferro-ucha albergará o Parque de Calistenia e Street Workout PONTEAREAS,

A Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, que dirixe Benito Márquez, pechou o prazo de votación para a posible ubicación do futuro parque de calistenia e street work out, dúas modalidades deportivas semellantes centradas nos músculos co fin de desenvolver axilidade, forza física e flexibilidade. Estas modalidades de-

portivas consisten no adestramento co propio peso corporal mesturado con movementos de tensión e explosión, realizadas en barras de diferentes lonxitudes e diámetros que se converte nunha especie de ximnasio ao aire libre. A través dunha enquisa na rede social Facebook, a veciñanza puido amosar a súa opinión respecto ao lugar de colo-

cación desta nova área deportiva que pretende cubrir unha demanda veciñal e ampliar a oferta de modalidades deportivas na nosa vila. Os usuarios e usuarias de facebook valoraron como máis idónea, en primeiro lugar, a súa instalación no parque FerroUcha cun 32,1% de votos, seguido do parque das Pombas cun 24,7% .

PONTEAREAS.

O Concello de Ponteareas ven de comezar a fase previa de cara á elaboración do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais no termo municipal de Ponteareas. A lexislación forestal de Galicia encomenda ás entidades locais a elaboración dos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais. Do mesmo xeito, encomenda ás entidades locais a xestión das Redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e a xestión das Redes terciarias de faixas de xestión de biomasa de camiños e infraestruturas da súa titularidade. Por este motivo, na actualidade estase traballando no inventario previo e no estudo da rede de defensa contra incendios forestais do municipio. Os obxectivos fundamentais destes traballos previos pasan por delimitar a rede de defensa contra incendios do termo municipal de Ponteareas, inventariar e catalogar as infraestruturas de uso forestal existente no termo municipal e identificar as referencias catastrais afectadas pola

rede secundaria de faixas de xestión de biomasa. Para a elaboración deste traballo contarase con participación pública recollendo as aportacións de diferentes entidades en sendas reunións participativas que o goberno local ten planificado desenvolver nos vindeiros meses e que suporán un inventario o máis exhaustivo posible para a elaboración de propostas de mellora acordes ás necesidades da cidadanía e aos intereses xerais da mesma. Con esta planificación o Alcalde de Ponteaereas, Xosé Represas, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Troncoso, dan cumprimento ao prometido ás Comunidades de Montes e veciñanza. “É imprescindible traballar da man dos colectivos veciñais,Comunidades de Montes e veciños para planificar os traballos de defensa contra os icendios forestais e o patrimonio natural”. Ponteareas comeza así, unha iniciativa case pioneira ao tratarse dun documento moito máis amplo e participativo dos realizados ata agora por algunhas administracións locais.


Finais de xaneiro 2018 [ 35]

O CONDADO

Asociacións e Concello traballarán de xeito conxunto para lograr o apoio da Xunta a ampliación da rede de abastecemento a todas as vivendas

Ponteareas destinará máis de 150.000 euros en axudas para traídas de augas veciñais PONTEAREAS.

Asociacións de veciños e traídas de augas do Concello de Ponteareas asistiron á reunión convocada polo goberno de Ponteareas para explicar e profundizar na subvención para o ano 2018 que se convoca dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia. Nun salón de plenos ateigado de representantes dos colectivos mantívose unha reunión na que todos os asistentes puideron trasladar as súas dúbidas e inquedanzas ao equipo de goberno e aos técnicos municipais. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a Tenente de Alcalde, Chus Garrote; a Concelleira de Participación Cidadá, Cristina Fernández; o Concelleiro de Medio Rural, Manuel Troncoso e a Axente de Emprego e Desenvolvemento Local deron resposta a todas as cuestións e ofreceron aos asistentes asesoramento e axuda na tramitación da subvención.

Nesta reunión á que asistiron máis de corenta colectivos de todo o Concello tamén se trataron cuestións básicas e de emerxencia como o abastecemento de auga, acordando solicitar de xeito conxunto e urxente á Xunta de Galicia a súa colaboración na ampliación do abastecemento de auga. Parroquias como Angoares, Moreira ou San Mateo de Oliveira precisan de xeito urxente unha ampliación da rede municipal de abastecemento que poida suministrarlles auga xa que a maior parte dos pozos particulares secaron durante a tempada estival. A esta necesidade básica hai que sumarlle a situación de perigo vivida durante a baga de lumes do mes de outubro na que moitos veciños e veciñas non tiñan nin unha mangueira de auga coa que regar a súa vivenda e arredores. Tal e como xa lle tiña adiantado o Alcalde ao director xeral de Augas de Galicia, é indispensable a implicación da Xunta de Galicia para acometer esta obra de ampliación da rede de abastecemento. “Durante moitos anos as comunidades de augas foron solventando este problema xes-

tionando o seu propio subministro e, en moitos casos, a título individual cada fogar constríu o seu propio pozo pero coa seca deste verán sumado ás consecuencias dos incendios moitos pozos esgotáronse e as redes de abastecemento das traídas de augas resultan xa insuficientes. Esta cuestión, na que xa levamos traballando un tempo mantendo sucesivas reunións coa Confederación Hidrográfica e con Augas de Galicia, é de vital importancia ao tratarse non só dun subministro de primeira necesidade se non tamén nunha ferramenta de defensa das vivendas contra o lume”, explica o Alcalde. Traídas de Augas e goberno acordaron traballar de xeito conxunto e apoiar as reivindiacións e peticións para que a Xunta se implique nesta obra que non pode ser únicamente financiada polo Concello xa que os primeiros informes realizados contemplan un orzamento de máis de 700.000€. Ademais, o Alcalde anunciou unha partida orzamentaria para 2018 dun minimo de 150.000€ de subvención para traídas de augas veciñais.

Recomendan pechar as portas dos diferentes espazos da vivenda para evitar danos maiores

Os bombeiros pontareáns sofocan un incendio nunha vivenda na rúa Fermín Bouza Brey PONTEAREAS,

Dúas dotacións do parque de bombeiros do Concello de Ponteareas acudiron hoxe pola mañá a un edificio da rúa Fermín Bouza Brey ao ser alertados por un veciño que vía sair fume pola ventá dunha vivenda da primeira planta. A súa chegada os bombeiros localizaron a vivenda da que procedía o fume, unha vez dentro constataron que non había persoas pero si tres cans e inmediatamente localizouse aos propietarios. Os bombeiros sofocaron o incendio e procederon a ventilar a vivenda na que afortunadamente tan só se víu afectada unha habitación que ardeu por completo. Os bombeiros investigan agora as causas do incendio e

recomendan pechar sempre as portas de cada habitación para evitar danos maiores como neste caso que ao estar pechada o resto da vivenda non sufríu danos. Pechar as portas de cada habitáculo cando un se ausenta e non sobrecargar os enchufes son algunhas das recomendacións que aportan os bombeiros de Ponteareas para evitar este tipo de sucesos. Unha das dotacións que se atopaban neste emprazamento tivo que trasladarse á N-120 á altura do Barral para sofocar un incendio producido nun contedor de lixo orgánico. A Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, agradece a rápida intervención do equipo de bombeiros.

"Especialistas en repostería creativa100% artesanal Diseños personalizados para tu boda, cumpleaños o evento.

Tú lo imaginas, nosotras lo horneamos

Infórmate en el 986 182 166 o en nuestra página web www.midulceeli.com

Avda. Castelao 57, bajo 36860 - Ponteareas


[ 36] Finais de xaneiro 2018 REPORTAXE

G.FIGUEIREDO.

O ENTROIDO DE SALCEDA DE CASELAS 2018

E

n Salceda celébrase un dos Entroidos máis antigos de toda Galicia, que ven enfrontando tradicionalmente aos barrios de A Feira e Castro Barreiro. Trátase de dous pequenos barrios (que pertencen á mesma parroquia), que son quen de organizar sendas verbenas o luns e o martes, en torreiros apenas separados por uns poucos metros, competindo por ter as mellores orquestras, a iluminación máis vistosa, o son máis potente… O martes de entroido, festivo local en Salceda, as carrozas e as comparsas destes dous barrios vense as caras no centro da vila, despois de meses de duro traballo no máis absoluto dos segredos, durante os cales funciona o servizo de espionaxe para obter datos das temáticas e contidos do barrio rival. Todo é rivalidade: os traxes, a música, as coreografías, as carrozas, a potencia do son…

Este entroido tradicional complétase cada ano coa programación municipal, na que destaca o desfile de carrozas e comparsas que se organiza na tarde do domingo, e que acolle a centos de participantes que amosan o seu traballo ante milleiros de persoas polas rúas da Esfarrapada. O pasado 10 de xaneiro o concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría que dirixe Teresa Pérez, ven de publicar as bases para a participación no XX Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará na vila o domingo 11 de febreiro de 2018. Durante a semana do 22 ao 26 de xaneiro foron as agrupacións pertencentes a Salceda as que puideron formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 29 de xaneiro ao 02 de febreiro será a quenda para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude. As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Ademais, o desfile completarase co concurso de coplas no que participan tódalas agrupacións. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 100 e os 700 € en función do número de compoñentes.

Ademais da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías: A mellor música en directo, a mellor coreografía, a comparsa máis festeira, a comparsa con maior número de compoñentes, o tema máis orixinal, o mellor vestiario, a mellor maquillaxe, a carroza máis traballada, a carroza máis orixinal, o mellor traballo en conxunto, as coplas máis divertida, as coplas mellor recitadas e o participante de maior idade. Toda a información e as bases do concurso podedes consultalas a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.es ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello. En Salceda o Entroido é unha das

súas festas máis grandes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas. A Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, dixo o pasado día dez: “Estamos ante a nosa festa máis tradicional, que en Salceda se remonta a máis dun século de tradición. Agardamos que un ano máis o noso Concello sexa referencia na festa do Entroido e agardamos a visita de milleiros de persoas para o que estamos a traballar xa entre as diferentes concellarías”. Animamos aos nosos lectores e lectoras a que se disfracen no entroido e se pasen por Salceda a desfrutar deste antigo e festeiro festival en Salceda.


Finais de xaneiro 2018 [ 37]

A PUNTA DA NAVALLA KIKE ESTÉVEZ PUNTA DA NAVALLA

N

VERSO RESISTENCIA

os últimos tempos, casos próximos como o d@s rapeir@s da Insurgencia, Pablo Hasel ou Valtonic veñen de remover os mesmos alicerces das liberdades de expresión no estado español. A chamada “lei mordaza” xa comeza a dar os seus froitos e centos de persoas están a ser investigadas nas redes sociais polos seus chíos, por partillar algunha ligazón ou por premer un simple “like”. A improvisación oral en verso non podía ser menos, e xa temos un glosador imputado por unhas “glosas” que botou o mes pasado nun acto en Catalunya en recordo dun ex/preso independentista. Nestas liñas faremos un percorrido por algúns exemplos onde a palabra se fixo verso improvisado e o verso, resistencia. O repentista e investigador Alexis Díaz Pimienta ten comentado moitas veces o papel importante que xogaron os poetas repentistas na Guerra de Independencia de Cuba (1895-1898). Nalgúns casos, os oficiais levaban os poetas dunha “trincheira” a outra para soster controversias e, noutros, algúns dos soldados repentizaban décimas, aludindo á capacidade do verso improvisado para axudar a vencer o medo á contenda e motivar as tropas. A última novela do escritor vasco Kirmen Uribe, traducida ao galego por Isaac Xubín (A hora de espertarmos xuntos, Xerais, 2017), conta o traslado en tren, despois da súa detención, dun dirixente nacionalista acompañado da “Benemérita” (ano 1937). En certo momento, un compañeiro deste entrou no tren e achegouse ata o vagón onde estaba o detido. Alí comezou a entoar unhas estrofas, ao modo dos bertsolaris,

e foille comunicando ao “preso”, entre versos, as instrucións precisas para fugarse antes de que o tren chegase á estación. Aquel “bertsolari” estaba a indicarlle ao seu colega, sen que os “guardias” se decatasen, o momento en que debía tirarse do tren e o lugar exacto onde o agardaban para axudalo a escapar... Actualmente, o canto improvisado aínda presenta nalgúns lugares do mundo moito apego á tradición e aos cánones impostos. Nestes lugares a crítica ao poder establecido ou aos propios cánones está vetada, silenciada… Este pode ser o caso da payada arxentina, onde o peso do tradicional é moi forte. Ao contrario, o payador Wilson Saliwonczyk canta contra calquera caste de represión, contra o xenocidio, contra a corrupción, contra o patriarcado… E aínda que é consciente que tomar partido prexudicou a súa carreira como repentista, publica diariamente os seus versos para describir o que ocorre nos barrios máis desfavorecidos do seu país (columna Anarkokilombera), e

Perfumes de Autor - Profesionales de la cosmética ecológica Paseo Matutino 13, Bajo 36860 Ponteareas Tel. 886 311 0003 elrincondelperfumista.es También estamos en Facebook

WILSON SALIWONCZYCK E PINTO D´HERBÓN EN VALADARES

percorre coa súa guitarra moitos escenarios de marchas e protestas para apoiar estas causas. Na nosa terra o repente poético estivo tradicionalmente ligado á crítica de persoas e institucións. Nos mellores anos da regueifa (sec. XIX – XX), aínda no ámbito das vodas, os brancos destas críticas eran moitas veces a igrexa ou o caciquismo. Coa chegada da Guerra Civil e tras o continuo esfiañamento da sociedade rural galega onde o canto improvisado tiña o seu caldo de cultivo, a regueifa foi esmorecendo. Malia todo, esta arte perviviu, xa nas tabernas e nos palcos, cun marcado estilo competitivo entre cantadores, onde a crítica ás institucións se vía máis diluída. Hoxe en día, a regueifa fíxose resistencia no discurso de moitxs practicantes no noso país e é máis evidente na última xeración de regueifeirxs. Así e todo, bótase en falta máis repente galego fóra dos eventos concretos organizados (festas populares, asociacións, centros educativos, “institucións”).

“O alcalde e a presidenta chegaron coa súa banda pero no recibimento atoparon malas caras vanse sentar nunha mesa pero eles non peden nada e non quedan á regueifa teñen medo da palabra”

Manolo Pipas, Envolventes as palabras (5/9/2015)

Unha voz poética improvisada solidaria, ao carón dos máis necesitados, das máis silenciadas ou dxs máis desfavorecidxs. Contan algunhas testemuñas que, non hai moito, nunha regueifa entre Luís O Caruncho e Bieito Lobariñas, o alcaide de Vigo, Abel Caballero, levantouse e marchou medorento ante as estrofas que lle puidesen caer sobre a rotonda do barco de Coia… Cómpre regueifa rabuda e solidaria. Para mudalo todo.


[ 38] Finais de xaneiro 2018 PARROQUIA A PARROQUIA

Nesta sección do xornal hoxe imos falar de Reboreda, esta parroquia de Redondela que conta con algo máis de 2.200 habitantes e é a máis extensa do concello.

REBOREDA

actualmente é a igrexa parroquial. Na casa figura un escudo coas armas dos Prego de Montádevos, os Sotomaior e Lira. Eses mesmos brasóns, xunto cos dos Pereira de Castro, recóllense noutro escudo situado na ábsida exterior da capela. A Igrexa de Santa María de Reboreda, esta é a igrexa parroquial na actualidade, pero nun principio constituía unha capela anexa ao Pazo de Reboreda ao que aínda hoxe atópase unida mediante un pasadizo elevado, de estilo barroco. A súa construción podería datar de finais do século XVII. Ao exterior presenta unha porta adintelada, fornacina e torre de espadana no que se pode considerar a fachada

o encrucillado A B C D E F

G H I

K L

1

2

3

4

5

6

7

de Khan Deán 8

9

10

principal. Tamén se pode contemplar un escudo coas armas dos Prego de Montádevos, Sotomaior, Troncoso e Lira e os vascos Mondragón, dous dragóns enlazados pola cola, como benfeitores desta construción relixiosa. O nome desta igrexa e tamén o nome das súas festas patronais, as Festas de Santa María de Reboreda que se celebran a mediados de Agosto. A parroquia de Reboreda é famosa polos seus muíños, eles foron básicos para a economía dos seus habitantes, máis tarde foron punto de reunión de veciños e a día de hoxe varios deles son utilizados como bares de tapas. En concreto son tres muíños que eu desde logo recomendo ir facerlles unha visita. Para os amantes da natureza quero contarvos que Reboreda esta atravesada polo río Alvedosa, un pequeno río que desemboca no Maceiras, no centro de Redondela, a pouca distancia da súa desembocadura. Polo percorrido deste río podemos observar os seus famosos muíños e unha

fermosa fervenza, a Fervenza dá Freixa. Ata hai pouco este lugar só era coñecido polos veciños da parroquia e Redondela mantiña algo descoidado, pero no ano 2014 o lugar foi sinalizado e acondicionado cunha senda para poder observar esta marabilla da natureza, A fermosa Fervenza dá Feixa, en Santo Paio de Abaixo. O río Alvedosa é o responsable, xunto co Maceira, da pequena Ría de Redondela. Nace preto de Lamasusán e xa preto do seu nacemento o río precipítase formando bonitas fervenzas, como a de O Rañón. Máis abaixo recibe as augas de varios regachos e xa preto do centro urbano se xunta co Maceira. Preto de Redondela construíuse a ponte que permitirá algún día ao AVE cruzar o Val do Maceira, por baixo dela discorre o río. É aquí xusto onde empeza a pequena senda de menos de 200 metros que nos levará ata a fervenza que salva un desnivel duns 15 metros. No salto grande habilitouse unha pasarela con escaleira de madeira para ascender xunto aos muíños antes mencionados. Desde logo que A Fervenza dá Feixa converteuse nun lugar de visita obrigada do Concello de Redondela.

HORIZONTAIS: A- Carácter firme, seguridade nun mesmo - Un. b- A vila do choco. c- Época - Parvos. d- Dominio de internet para Vietnan - Primeira vogal - Non se sabe se foi antes ou despois cá galiña. e- Río de Suiza - O contrario ca menos - Consoante. f- La nueva españa, xornal de asturias - Pronome persoal de terceira persoa - 500.g - Sentir xenreira por alguén - Pousas algo nalgún sitio. h- Undécima - Vogal. i- Símbolo químico do fósforo - Lanza un pao ou unha pedra a unha árbore para tirar a froita. k- Mandato - Consoante - Fogar. l- En física, dispositivo formado por unha resistencia variable que introducido nun circuito electrónico permite regular a intensidade da corrente.

VERTICAIS: 12345678910-

Nidia... alcaldesa de Mos - Preposición. Romay, antigo xogador galego de baloncesto - Segunda nota musical. Composición poética cun tono de alabanza-periodo temporal no que reina un rei. Do revés ourense-primeira vogal-ásperos, picantes. Explosivo-papiros de. ... pergamino que revela como se construíu a pirámide de giza - Tipo de vendaxe. Antigo nome de Tokio - Símbolo químico do aluminio - Do revés superficie na que pousamos a toalla cando imos á praia. Unha das escolas do budismo - Marchaba - Visual Basic linguaxe de programación, en informática - Consoante. Elevados -. .. Maldini ex futbolista italiano. Do revés transita polo aire - Primeira nota musical - Sexta nota musical. Un - Monxa - Campo sementado de trigo.

HORIZONTAIS A-AFOUTEZA-I. B-REDONDELA. C-ERA-TONTOS. D-VN-A-OVO. E-AAR-MAIS-R. F-LNE-ELA-D. G-ODIAR-POS. H-ONCEAVA-E. I-P-ARREBOLA. K-ORDE-R-LAR. L-REOSTATO-A VERTICAIS 1-AREVALO-POR. 2-FERNANDO-RE. 3-ODA-REINADO. 4-UO-A-ACRES. 5-TNT-MERER-T. 6-EDO-AL-AERA. 7-ZEN-IA-VB-T. 8-ALTOSPAOLO. 9-AOV-DO-LA. 10-I-SOR-SEARA

G. FIGUEIREDO. Redondela é unha fermosa vila da provincia de Pontevedra e está integrada na área Metropolitana de Vigo, é un dos municipios fundadores da mesma. A marca característica desta vila é o seu ceo presidido por dous grandes viadutos ferroviarios construídos no século XIX: o Viaduto de Madrid e o Viaduto de Pontevedra. Desde 1978 ambos están catalogados como “Ben de Interese Cultural”. A súa estampa tradicional motivou que Redondela sexa coñecida como a "Vila dos Viadutos". Redondela esta formada por 13 parroquias, entre elas Reboreda, a parroquia máis extensa do concello. Conta con 8 Kilómetros cadrados e esta composta polos barrios de Asnelle de Abaixo, Asnelle de Arriba, Santo Paio de Abaixo, Santo Paio de Arriba e Quintana. Do patrimonio de Reboreda podemos dicir que conta con 10 cruceiros, O pazo de Reboreda e a Igrexa de Santa María de Reboreda: O Pazo de Reboreda é do século XVII. Foi fundado por D. García Prego de Montádevos e Sotomaior. A familia vasca dos Mondragón, descendentes do fundador, construíron unha capela, que


Finais de xaneiro 2018 [ 39]

CINEMA jOSIñO ArAújO

OS ARTISTAS DESASTROSOS Como recuperar o Q

calcetín perdido

D

ende os anos cincuenta, Ed Wood, o considerado peor director da historia do cine, o responsable de películas tan malas como Plan 9 from Outer Space, mantivo o seu trono dentro do reino dos "artistas desastrosos". O acomodado soberano non contaba con que no ano 2003 aparecese da nada un home de orixe descoñecido, cunha inmensa cantidade de diñeiro de orixe descoñecido, disposto a facer unha película que, lonxe das súas intencións iniciais, lograría poñer fin a ese reinado. Este non é outro que Tommy Wiseau, que co seu infame e hipnótico film The Room conseguiu que o concepto de "película mala" alcanzase unhas cotas ata ese momento descoñecidas, en gran parte por (de)mérito do seu terrible guión e pola súa desastrosa interpretación. Ambos directores teñen en común o seu entusiasmo por crear, por facer películas das que toman o control absoluto, asumindo os roles de produtor, director, guionista e actor; pero tamén teñen en común o terrible resultado destas. Pode que a Ed Wood o movese o seu amor polo cine e o xénero de terror, e pode que a Wiseau o movese (ou o mova, que segue vivo e "na trintena", según el) a súa egolatría e a búsquea de algo co que paliar as súas carencias afectivas, pero o certo é que o seu mal facer foi merecedor de que lles dedicasen cadansúa película : Ed Wood (1994) e The Disaster Artist (2016). A primeira, unha obra mestra, foi rodada por Tim Burton, o sinistro director que quixo homenaxear desta forma a un dos seus referentes (por estraño que pareza), ao que consideraba un "igual": un friki amante do seu oficio. A segunda foi rodada polo actor James Franco, cuxas pretensiosas incursións no terreo da dirección ata

ese momento estaban máis próximas a Wood que a Burton, algo do que logra redimirse con The Disaster Artist. O film, dedicado á caótica rodaxe de The Room, e centrado na figura de Tommy Wiseau, interpretado polo propio Franco, plasma de forma entrañable, intelixente e con moito humor, o proceso de creación da "mellor-peor película da historia", achegándonos ao seu enigmático protagonista, aos seus medos e inseguridades, e á intensa historia de amizade que mantivo con Greg Sestero, o seu compañeiro de reparto. A pesar do bo resultado do film, non é difícil entrever que a principal motivación que guía a James Franco non é a intención de homenaxear, senón a súa egolatría, sentimento que comparte co propio Wiseau, a quen, a pesar diso, e a diferenza de Burton, non ve como un "igual". Non hai máis que repasar en youtube o vídeo no que Franco recolle o Globo de Ouro ao mellor intérprete. Nel vese como Wiseau acompaña o director ata o escenario, pero cando este intenta falar, Franco deteno de malos modos, deixando o responsable do seu recente éxito coa palabra na boca (algo parecido ocorre en varias entrevistas ás que acoden xuntos). É evidente que estamos ante unha relación win-win, xa que Franco está acadando numerosos e merecidos eloxios, e The Room está no cume do seu éxito (con reposicións en cines de todo o mundo), pero parece que o primeiro non é consciente do que lle debe ao segundo, algo moi típico do star system de Hollywood. Dende este influínte e potente altofalante que é A Nova Peneira, esixo un Oscar honorífico para Ed Wood e Tommy Wiseau, representantes dos tan necesarios "artistas desastrosos".

uizais sexa este o tema máis interesante e transcendente dos temas interesantes e transcendentes que teño tratado nesta columna. Poucos asuntos concitarán tanta atención entre os meus followers de todas as idades e condicións como este do calcetín perdido. De aí a responsabilidade que teño ao enfrontar esta páxina. Adoito, antes de poñerme a escribir sobre calquera materia, procuro arrequentar os meus xa amplos coñecementos con lecturas, investigacións ou entrevistas que completen o meu acervo cultural e científico. O saber e a súa procura son para min a maior fonte de pracer e de diversión. Pero falo do saber científico, asentado no positivismo e no materialismo, non do coñecemento especulativo que me desacouga, me inquieta e me leva a un terreo que descoñezo e do que desconfío. Que ben escribiría esta columna Íker Jiménez que, se cadra, xa lle dedicou algún programa a este fenómeno, tanto misterio o rodea! Pero eu, que abordo con soltura todos os vosos problemas do primeiro mundo, como diría Laura Pacheco,e mesmo aqueles existenciais de ámbito ecuménico que sofre o ser humano polo mero feito de selo, non me vou acovardar agora ante a arcana e universal desaparición dun calcetín de cada par que acontece en todos os fogares do planeta cuxos habitantes calzan calcetíns. A idea de abordalo débolla a Davila que lle dedicou no Faro de Vigo unha fantástica viñeta- como todas as súas- hai algún tempo. Non é moito, como sabedes, o espazo do que dispoño neste xornal, nin o lugar que ocupa a miña columna é o máis axeitado para desenvolver o servizo social que desempeño. Corre como pólvora nas redes, como xa saberedes, a idea de abrir en change.org unha recollida de sinaturas para reivindicar o espazo que me corresponde. Non serei eu quen tome a iniciativa pero tampouco me oporei a que se realice. Dito isto, non vos impacientedes, xa paso a desvelarvos os pasos para recuperardes esa morea de calcetíns desparellados que un día desapareceron nas vosas casas e non volvestes a ver nunca xamais. Tamén podería explicarvos que facer para que esta perda non volva acontecer. Se cadra, noutro momento. Sempre é mellor previr que curar, dende logo. Pero agora a pregunta que vos facedes todos os seres humanos que calzades calcetíns é : “U-lo outro calcetín? En algures estará, pois é materia e non desaparece, como moito transfórmase. Claro que estará xalundes pero, onde? Pois para sabelo e atopalo, só tedes que seguir estes tres pasos: O primeiro... PEPE PArAMOS

Amor a primeira vista Falando con burbullas soñabamos espidos. O amor bruxo na lúa nova. Sentimentos incompatibles para toda unha vida… e seguimos coa dozura dos primeiros incertos días Ó fin e ó cabo… ¿Quén somos?


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L.

Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos,

Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida, Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso. Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


Nº 58 (CUarTa xeira)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

finais de xaneiro 2018 - 2€

"MADERAS IGLESIAS, A HISTÓRICA EMPRESA DE O PORRIÑO, ATÓPASE NUNHA SITUACIÓN DELICADÍSIMA. ENTREVISTAMOS A 3 MEMBROS DO SEU COMITÉ DE EMPRESA"

PÁXINA XXVI


[ II] Finais de xaneiro 2018 OPINIÓN

PEDRO M. CORTEGOSO GAGO

VICTORIA ALONSO

Colectivo Nacionalista de Marín

MENOS SOGAMA, MÁIS COMPOSTAXE

O

pasado 11 de xaneiro saíu nos xornais a presentación dunha campaña organizada por Sogama e a Consellaría de Medio Ambiente, coa colaboración do Concello de Marín, titulada “Menos residuos, máis recursos, eu reciclo”. A pretensión é inculcar na poboación hábitos para xerar menos lixo e informar da importancia da prevención e redución, así como da reutilización e a reciclaxe. Esperando atopar a Alameda de Marín chea de paneis informativos, tan só puidemos ver cinco minúsculos paneis informativos que pasan sen pena nin gloria, podendo ser confundidos cunha instalación artística “moderna”. Se así pretenden concienciar e informar á poboación das bondades da reciclaxe creo que non o podían facer peor. Claro que vindo de quen ven seguro que a intención é esa, e con esta actividade tan só busquen unha forma de xustificar e branquear as actividades contaminantes e os negocios de Sogama, unha empresa mixta participada por Gas Natural Fenosa, que se lucra co lixo que producimos en Galiza. Na fotografía que acompañaba á información na prensa aparecía o presidente de Sogama, militante do PP, a alcaldesa de Marín e outros membros do seu grupo de goberno, tamén militantes do PP. Vendo esta foto chea de profesionais da propaganda e a venda de fume temos que comezar a sospeitar que estamos ante unha campaña de publicidade enganosa. Como cando o presidente Feijoo anuncia que estamos na lexislatura do rural, e este non fai máis que esmorecer pola perda de poboación e explotacións agrarias; ou cando presumen de que temos a mellor sanidade do mundo mentres os centros sanitarios e os hospitais están saturados e os corredores cheos de pacientes. Tentan colarnos as bondades de Sogama e da escandalosa taxa do lixo que temos que pagar pola recollida e tratamento dos residuos. Queren facernos crer que Sogama recicla e reutiliza, cando a realidade é que o 97% dos residuos que chegan a súa planta de Cerceda van directos á incineración e a un vertedoiro, e tan só reciclan o

3%. O negocio desta empresa está en queimar residuos e producir electricidade, reciclar non compensa. En Sogama acumúlanse 5 millóns de toneladas de residuos no vertedeiro de Areosa, o máis grande de Galiza, que non son reciclados nin reutilizados, incluíndo un millón de toneladas de cinzas tóxicas producidas ao queimar o lixo. A incineración dos residuos xera emisións contaminantes de metais pesados, dioxinas, furanos e gases con efecto invernadoiro. A reciclaxe en Galiza non chega ao 12% do total dos residuos, estando a anos luz das porcentaxes que vai demandar a Unión Europea. A Xunta de Galiza non aposta pola reciclaxe e boicotea os proxectos de compostaxe para favorecer a Sogama, ou mellor dito a Gas Natural. As solucións para mellorar a xestión dos residuos xa están inventadas e están sendo aplicadas noutros países cun resultado ecolóxico e económico moito mellor que o modelo Sogama. A compostaxe, a recollida porta a porta e a redución en orixe son as alternativas do futuro. Na Galiza hai propostas e proxectos que pretenden integrarnos na modernidade da reutilización, a redución e reciclaxe do lixo, acadando deste xeito uns custes moito menores e facendo posíbel a redución das taxas que pagamos actualmente e aumentando os postos de traballo. Proxectos favorecedores da compostaxe doméstica e comunitaria, e non só en ámbitos rurais, como desenvolve a Deputación de Pontevedra. A compostaxe estase facendo en zonas urbanas sen ningún tipo de problema, aínda que a alcaldesa de Marín diga o contrario.

Secretaria local do PSOE de Mos

SOCIALISMO, UN SENTIMENTO

N

un municipio no que o caciquismo e as malas maneiras de gobernar son as que moven a vida pública, que alguén defenda as súas ideas de esquerdas é pouco habitual. O que aínda se mira menos é que sexa unha persoa nova a que o fai. Nun momento convulso para Mos por vir dunha moción de censura e para a política nacional por asistir a xerminación dun novo partido de esquerdas, eu decidín saír a rúa para intentar cambiar as cousas dende o que eu sinto como meu partido, o Partido Socialista Obreiro Español. Comecei así unha andadura na que colaboraría tanto co PSOE coma coas súas Xuventudes. Foi neses primeiros meses cando considerei como totalmente acertada a decisión de defender as miñas ideas na rúa. A través dun acto solidario das Xuventudes Socialistas, no que se recadaron fondos para ASODIFISI, vin de cerca as necesidades dos veciños. Tiven que escoitar como entre bagoas dunha muller cunha filla discapacitada o seu cargo dicíame que carecía de axudas, pero non era a única. A carencia de recursos para facer fronte os casos de servicios sociais quedou patente despois de múltiples charlas escoitando casos persoais de veciños. Tras isto chegaron unhas municipais as que me enfrontei chea de ilusión, estaba tan convencida de que as cousas tiñan que cambiar que non dubidei en participar na campaña. Xunto cos compañeiros e compañeiras, intentamos trasladar o noso proxecto a veciñanza. Non dubidei nin un só intre porque sentía un alo de esperanza para darlle un xiro as cousas, vivir a campaña con tantas expectativas fíxome terminar a noite das votacións chorando de impotencia. Impotencia por non lograr trasladar a mensaxe que eu defendía os veciños, impotencia por ver a mala xestión que había e por non lograr o meu obxectivo, impotencia por fallar na miña tarefa de pórlle fin o caciquismo, impotencia por fallarlle os socialistas que confiaban en nós e impotencia por fallarlle a eses veciños

que necesitaban que cambiasen as cousas. Pertenzo a unha xeración na que a política é das cousas menos atractivas do mundo. Eu vivín o que era estudar con bolsas e estudar co esforzo dos meus país para pagarme as matriculas da universidade, a época na que alguén (unha alcaldesa socialista) puxo a nosa disposición unha piscina ou un pavillón municipal, un multiusos, a posibilidade de que todos fósemos iguais de cara o Concello e nos fixo sentir que a transparencia en política non era un conto chino.

Saber que hai outra forma de xestionar é o que me fai que a ilusión perdure, aínda que as metas non se logren na primeira volta. Día tras día teño que ler as mentiras na prensa, teño que ver como se publican fotos en redes sociais co fin de fachendear e teño que escoitar mentiras coma que temos un centro de saúde que funciona perfectamente pero por falta de médicos as citas chegan cunha semana de retraso. Non hai médicos pero sempre podemos curar os nosos males bailando a ritmo de Olympus, as penas serán iguais pero leváranse mellor. Que dicides de que vivimos nun concello dos máis endebedados (por fin encabezamos en algo) pero sempre termina o ano cas contas en positivo. A débeda so fai crecer, ou a eles báilanlle os números ou a min as contas non me cadran. Continuo a pensar que as cousas poden cambiar e que o PSOE aínda ten moito que dicir e dar neste Concello. O sentimento socialista non desaparece e perdurará por sempre na rosa vermella.


Finais de xaneiro 2018 [ III]

OPINIÓN

NÉSTOR REGO Da executiva nacional do BNG

DECIDIRMOS NÓS PARA VIVIRMOS MELLOR C

ando o nacionalismo defende a soberanía nacional da Galiza non o fai apenas por unha cuestión ideolóxica, senón tamén de lóxica. Trátase de ver como podemos progresar como povo, como podemos alcanzar unha sociedade máis xusta e vivir mellor. E para iso o primeiro que debemos facer é avaliar se agora estamos ben ou, no mínimo, se imos mellorando adecuadamente. Se chegarmos á conclusión de que estamos no bon camiño, o lóxico é persistir nas políticas actuais e manter o status do País. No entanto, se avaliarmos que a sociedade galega está a ver aumentar os problemas sociais e económicos e a Galiza a perder posicións en relación cos países da súa área, entón a lóxica indica que debemos mudar, quer as políticas quer sobre todo- o marco político en que estamos inseridos. E, sinceramente, creo que é fácil percibir que o noso País non avanza, que a sociedade galega se enfrenta cada vez a máis problemas e a máis dificultades. E non estou a falar apenas da cuestión identitaria, aínda que a situación da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa capacidade política como nación sexan realmente preocupantes. Aí está, por exemplo, o grave problema demográfico que padece-

mos, que parte de causas de carácter político e económico que provocan falta de oportunidades laborais e de vida digna no noso País. Mais poderiamos continuar.Ao avellentamento e a emigración teriamos que sumar unha elevada taxa de desemprego, emprego precario, limitacións á capacidade produtiva en sectores básicos como o agro-gandeiro, o pesqueiro ou o naval, servizos públicos como a sanidade en franco proceso de deterioramento e privatización... Cabe lembrar que na Galiza temos dos salarios máis baixos do Estado (acima dos 200 € menos que a media e 500 menos que Madrid ou País Basco) e tamén das pensións máis baixas (179 € menos que a media e 371 menos que Madrid, por exemplo) mais debemos pagar os carburantes ou as portaxes das autoestradas máis caras. Cando interesa política ou economicamente semella, no entanto, que non pode haber diferenzas de prezos e tamén entón a Galiza sae prexudicada. Aí está senón o caso paradigmático da tarifa eléctrica. Galiza produce enerxía eléctrica e exporta a excedentaria. Porén, pagamos a mesma tarifa que en Madrid. É claro que unha tarifa eléctrica galega

Na Pantalla Cesantes

máis baixa beneficiaría non só as familias senón tamén as pequenas e medias empresas que acharían aí un diferencial importante para seren máis competitivas. O BNG leva anos propondo isto e sempre chocou coa negativa do Partido Popular. Feixoo chegou a dicir que “os españois non o entenderían”. E iso a pesar de que xa a ten o País Basco. Mais parece que “entenden” que teñamos menos ingresos. Para alén de denunciarmos o poder omnímodo das grandes empresas eléctricas que na práctica marcan as regras e os prezos, como galegos e galegas tamén debemos cuestionar por que temos que pagar na nosa tarifa os custos de transporte até Madrid cando xa pagamos os custos ambientais da produción, particularmente nas térmicas e hidroeléctricas. Para redondear o agravio, as empresas que contaminan aquí pagan os seus impostos en Madrid. Endesa, por exemplo, non paga nada na Galiza e tributa en Madrid cada ano sobre 300 ME, onde nin produce nin contamina. E non é o único caso, claro. De facto iso agrava o xa de por si enorme problema do actual sistema de financiamento, que fai que a Galiza perda anualmente por volta de 3.000 millóns

de euros. Non é unha cantidade pequena. Pensemos que o orzamento galego para 2018 ascende a 9.487 ME, de modo que a recuperación do que perdemos suporía un incremento superior a 30%. Entón, o problema son as políticas do Partido Popular? Tamén, mais non só. As causas profundas temos que achalas na situación de dependencia política do noso País, que o impide de poder decidir por si en función dos propios intereses. O modelo constitucional e estatutario non serve para podermos resolver os problemas da Galiza. Contra o tópico interesado, non vivimos da caridade de ninguén, senón do propio esforzo e do noso traballo. Mais iso non será suficiente para avanzar en tanto outros decidan por nós, en Madrid ou en Bruxelas. Precisamos de soberanía. E non só, como dicía, porque somos unha nación, o que xa sería suficiente. Ao cabo, o dereito de autodeterminación é un dereito democrático recoñecido internacionalmente pola ONU para todos os povos do mundo. Precisamos de soberanía porque decidirmos nós sobre o noso é a condición imprescindíbel para vivirmos mellor. Cuestión de lóxica.


[ IV] Finais de xaneiro 2018 OPINIÓN

ANA BRINGAS LÓPEZ Profesora da Universidade de Vigo e Coordinadora do Grupo de Acción Feminista do BNG

OS VENTRES DE ALUGUEIRO: EXPLOTACIÓN DE MULLERES E COMPRA-VENDA DE BEBÉS N

os últimos tempos asistimos a unha intensa campaña mediática no Estado español sobre os ventres de alugueiro, claramente orientada á unha normalización progresiva desta práctica, ilegal hoxe en día no Estado español, que favorecería a legalización, se se aproba a proposición de lei presentada por Ciudadanos no Congreso. Para o feminismo, os ventres de alugueiro (tamén coñecidos por eufemismos como “maternidade/xestación subrogada” ou “xestación por substitución”) son unha práctica moi lesiva para os dereitos das mulleres, dado que representan unha instrumentalización e mercantilización do corpo das mulleres, especialmente das economicamente máis vulnerábeis. No discurso do neoliberalismo patriarcal dominante, apélase á libre elección das mulleres para xestaren para outras persoas, presuntamente de xeito altruísta. Esta “libre elección” non é máis ca unha falacia, dado que só as mulleres empobrecidas xestan para outras persoas (con maior poder adquisitivo) e sempre mediante pagamento, aínda que éste se denomine eufemisticamente como “compensación económica resarcitoria” na mencionada

Peixes e mariscos da Ría de Vigo

Menú do día R/ Isidoro Queimaliños, 41 Redondela - 986 401 194

proposición de lei. A realidade é que os ventres de alugueiro son un negocio moi lucrativo (e moi opaco) a escala global, con moitos millóns de euros de beneficio anual para diferentes tipos de empresas, como clínicas de fertilidade, axencias de viaxes, bufetes legais e todo tipo de intermediarios. Todo isto a costa da explotación do corpo das mulleres xestantes. Os medios transmiten unha visión totalmente edulcorada que pon o foco nas familias felices que se forman mediante os ventres de alugueiro, deixando fóra do relato a situación de precariedade na que se atopan a in-

mensa maioría das mulleres que se prestan a xestar. Non se informa de como estes contratos vulneran os dereitos destas mulleres sobre o seu propio corpo, ao impoñerlles un estilo de vida concreto (alimentación, uso de cosméticos, actividade física, etc) durante o proceso da xestación ou, de xeito máis grave, ao suspender o seu dereito ao aborto, que só poden decidir as persoas contratantes e non as propias mulleres. Tampouco se dá cobertura mediática adecuada aos numerosos casos nos que as crianzas xestadas acaban abandonadas por non cumpriren as expectativas das familias que as encargaron,

ben por non ser do sexo desexado, ben por ter enfermidades ou malformacións. As crianzas convértense nun mero obxecto de comercio, nunha mercadoría que se deseña ao gusto de quen paga e se desbota se non satisfai as súas esixencias. Regular os ventres de alugueiro no Estado español persegue facilitar os trámites de legalización das crianzas que —tal como acontece noutros países, como Reino Unido, onde a subrogación “altruísta” é legal— seguirán comprándose maioritariamente en países en desenvolvemento, no que constitúe máis un exemplo do imperialismo económico do primeiro mundo. Ser nai ou pai biolóxico pode ser un desexo moi intenso, especialmente no caso das mulleres, polo mandato patriarcal que establece que unha muller non é completa se non é nai. Porén, a intensidade deste desexo non o converte en modo algún nun dereito, nin moito menos pode xustificar que se vulneren os dereitos das mulleres empobrecidas e das crianzas. Os ventres de alugueiro constitúen unha práctica explotadora que debe ser prohibida de xeito universal en todas as súas variedades.


Finais de xaneiro 2018 [ V]

ENTREVISTA DE MARCOS SANTOS

O grupo TR3SPORC4TRO presenta o seu novo disco en Redondela O pasado Domingo 14 de xaneiro presentaban o seu novo disco TR3PORC4TRO no Multiusos da Xunqueira de Redondela, concerto que remataría cun público de tódalas idades que abarrotaron o local postos en pe despois dunha exhibición de música tradicional galega fusionada con música de ultramar. Forman parte deste terceto musical redondelán: Iván Varela "vento" (acordeón e voz), Carlos do Viso (mandola, pandeira e voz) e Paco da Fonte (composición, gaita e voz). Nesta ocasión contaron coa colaboración de Bernardo Lago (Retroblues) e un mozo Alberto López uns dos percusionistas con maior proxección no panorama folk a nivel nacional, que tamén colaboran no disco presentado.

En principio tiñades pensado presentar o disco hai un par de meses non? Si, hai un mes máis ou menos, pero por temas técnicos e por causas alleas a nós e ao concello, decidimos aprazalo para o 14 deste mes. E… aquí estamos contentos e con cunha emoción tremenda pola presentación. Dicir que Tr3sporc4tro son vento, gaita, acordeón, voz e Carlos do Viso que é Bandola, voz e pandeira. Mais que nada o cabeza pensante é el non? E quería preguntar que:

como facedes que con unha gaita, unha pandeira e un acordeón, a xente que chega aos vosos concertos non pare de bailar dende o primeiro momento? Iso é porque Paco ten un saber facer coas melodías que te atrapa, non es capaz de sacalas da cabeza nin de deixar de moverte, é a ostia con el. Hai que dicir tamén que Vento é o que se encarga da dirección musical do grupo, fai un gran traballo cos arranxos e un pouco coa dinámica do funcionamento de cada tema. Hai un traballo aí que tratamos de poñelo de manifesto en cada concerto, e a enerxía de cada un, claro. Realmente como nace Tr3sporc4tro? Un día atopámonos e, díxome Carlos, o Paco está aí con unha historia e uns

“Temos que agradecer o grande apoio da concelleira de cultura Teresa París.” temas, fomos ata alí a ver que pasaba e así arrancamos, ata hoxe. Por parte do concello, atopastes algunha axuda ou apoios? Ningunha pega, ao contrario, a verdade que a concellería de cultura fixo unha gran labor botándonos unha man no momento difícil, a primeira vez non se puido facer e, neste caso, a concellería de cultura, na man de Teresa, fixo unha labor estupenda e puxo da súa man todo o posible para que hoxe esteamos aquí, sen dúbida. Contádenos, que vamos a ver hoxe, e que vamos a escoitar no disco?

Efectivamente, hoxe imos ver os temas do disco. O disco, Dani, cal é o que vamos a tocar? Unhas melodías que fixo Paco, as melodías dun traballo que trouxo Vento do outro lado do Atlántico, e poñerlle ese sabor que nós consideramos que teñen eses temas de ida e volta, esa homenaxe a tódolos músicos que foron ata América, levaron os instrumentos e unha serie de músicas e fusionáronas con eles e agora nós traémolas de volta non. Tamén poñer en valor as composicións de Paco que, sen dúbida, é un referente descoñecido, e que, tanto Vento como eu, descubrímolo no seu día e hoxe vai ser o cumio de todo ese traballo que é a presentación. Podemos dicir entón é unha especie de homenaxe a esa xente que marchou? É unha parte diso, sen dúbida. Por certo, o disco onde o podemos atopar? O disco é edición propia, entón, a través da nosa páxina que temos no Facebook que é Tr3sporc4trotr3sporc4tro, aí mandando unha mensaxe, nós facémoslle chegar o disco a calquera, ben vía enderezo ou ben transporte urxente. Non o temos aínda fisicamente en ningunha tenda. Aínda que, seguramente na Disco Tasca, ou no taller de Carlos Viso, aí calquera que veña mercar instrumentos como 5 zanfonas, 2 tambores e 4 pandeiretas, regalámoslle un disco. Risas… Pois nada, moitas grazas e moita merda.


[ VI] Finais de xaneiro 2018 PONTE CALDELAS / REDONDELA

Ponte Caldelas homenaxea a un veciño AER pide unha Comisión que devolveu un sobre con 1.000 euros de seguimento da AP-9 para a apertura do que atopou na rúa terceiro carril acordado Un veciño de Ponte Caldelas PONTE CALDELAS

recibiu o recoñecemento do Concello e da Garda Civil pola súa honradez. A finais do pasado ano atopou un sobre con 1.000 euros nunha rúa do centro, moi preto dunha sucursal bancaria, e non dubidou en entregalo no cuartel da Benemérita para a localización da propietaria dos cartos. A honradez de Javier Vidal Piñeiro fixo posible que unha muller maior recuperara uns cartos que, aínda no momento de ser localizada pola Garda Civil poucas horas despois non se tiña decatado de que perdera. O alcalde, Andrés Díaz, e o sarxento-xefe do posto, Javier Márquez, agradeceron o xesto cunha recepción institucional no Concello e a entrega dun obsequio, consistente nunha figura que reproduce a escultura do pescador do Verdugo. O homenaxeado explicou que saíu do banco despois de facer unha xestión e atopou o sobre sobre na beirarrúa, sen ningún tipo de dato persoal, só cos cartos dentro. “Cheguei á casa, consulteino coa miña mu-

CHAPELA.

ller e de seguido decidimos entregalo porque a xente o está pasando moi mal con tanta crise e porque pareceunos o correcto”. Así que pouco despois os cartos estaban en poder da Garda Civil, que, despois dunhas rápidas averiguacións, localizou á propietaria. A muller explicou que metera o sobre entre outros papeis e nin sequera tiña notado a súa falta. Javier Vidal explicou que a muller chamouno persoalmente para darlle as gracias dun xeito moi emotivo, cousa que lle agradece. Trátase tamén dunha veciña de Ponte Caldelas, explicou.

O alcalde, en nome de todo o Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG), subliñou que está moi orgulloso do exemplo que Javier Vidal deu co seu comportamento e consideraba necesario divulgar e recoñecer un feito destas características, “porque o civismo, o feito de ser unha boa persoa, debería ser o normal”. De feito, explicou, o acto foise atrasando por diversos motivos, pero o importante é que, finalmente, o fagamos. Subliñou, ademais, que o veciño homenaxeado é un pai de familia e un traballador autónomo “que non é millonario nin moito menos”.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) demanda a convocatoria da comisión de seguimento da AP-9, con carácter de urxencia, para tratar a apertura do terceiro carril á altura do colexio Igrexa de Chapela. Por iso, expuseron o que seguidamente reproducimos: “Que o Ministerio de Fomento non atendeu á demanda feita por todos os grupos e colectivos de Redondela en relación á apertura do terceiro carril da autoestrada á altura do CEIP Igrexa de Chapela. Esa demanda foi feita de forma unánime na comisión de seguimento celebrada o 17 de Febreiro de 2017. Na comparecencia feita polo alcalde no pleno do pasado Novembro, non se informou claramente sobre este asunto, falouse moito do colexio novo pero poucos datos se amosaron sobre a situación do actual, e a día de hoxe vólvese a sentir preocupa-

ción de indignación na cidadanía. Pois como amosan os datos estamos ante o primeiro edificio educativo que hai en España dentro dunha autoestrada, literalmente falando”. Tralo alegato solicitaron “que ao longo desta semana (antes de que o colexio inicie a actividade) o Alcalde, presidente da Comisión de Seguimento dás obras da ap-9 do Concello de Redondela, convoque esta comisión con carácter de urxencia para tratar a seguridade do CEIP Igrexa ante esta nova situación. Asistan ou non os representantes de Fomento e Audasa”. Tamén solicitaon que para ese mesmo día o presidente da comisión organice unha visita ás instalacións educativas, dos membros da comisión e técnicos que poidan explicar a situación de seguridade, ruído e vibracións nas aulas, así como o plan de evacuación no caso do impacto dun vehículo pesado no muro da autoestrada.


Finais de xaneiro 2018 [ VII]

REDONDELA

Iniciativa do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Proposta non de Ley para a liberación da peaxe do tramo AP-9 entre Vigo e Redondela REDONDELA.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus deputados e da súa deputada Abel Losada Álvarez, Xoaquín Fernández LeiRaúl Fernández ceaga, Fernández e María Luisa Pierres López, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei en Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

Exposición de motivos

Os socialistas sempre consideramos que a AP-9 é unha infraestrutura vital e estratéxica que ten que manter o seu papel dinamizador, e polo tanto debe adaptarse ás novas circunstancias, xa que constitúe o principal eixo de comunicación de Galicia e ten un papel fundamental para a economía e a cidadanía galega. A AP-9 naceu como unha oportunidade de crecemento,

pero perdeu atractivo e coa ampliación da concesión por parte do Goberno Aznar e unha política de peaxes perversa que prima en exceso os intereses privados dunha empresa, converteuse nunha carga difícil de asumir para as familias e as empresas de Galicia, especialmente en momentos economicamente tan delicados como os actuais, cunha desigual saída da recesión. Exemplo desta suba constante das peaxes que prima de xeito totalmente desmesurado uns intereses privados véxase este comezo do ano 2018, onde as tarifas continúan a non ter bonificacións por horarios ou épocas do ano, e o propio Ministerio recoñece que é unha das autoestradas máis caras de España. En outras autopistas existen descontos por diversas cuestións tales como polo número de viaxes en “horas val”, por tarifas nocturnas, temporada baixa, levar no vehículo tres ou máis ocupantes, por parados, discapacitados…etc. Sen em-

bargo, estes descontos non se aplican na AP-9, aínda que é a autoestrada que xera máis beneficios á empresa concesionaria de todas as existentes en España. A esta situación económica insostible, engádese para as persoas usuarias da área de Vigo, a situación de parálise na construción da alternativa libre de peaxe entre Vigo e Pontevedra a través das autovías A-57 e A-59, non explicada polo Ministerio de Fomento. Ademais a existencia da Área Metropolitana de Vigo, pon de manifesto a imperiosa necesidade de dotar ao municipio de Vigo e o resto dos municipios, especialmente os situados ao norte da cidade, de melloras na súa accesibilidade e mobilidade, así como a retirada do casco urbano do tráfico pesado que discorre por rúas céntricas da cidade de Vigo, como Sanjurjo Badía. Neste contexto xeral, claramente decepcionante, recollemos con satisfacción o anuncio por parte do Ministerio de Fo-

Repostería creativa Panadería Lambonadas Xeados

mento da eliminación da peaxe na autopista do atlántico no tramo comprendido entre Vigo e Redondela, logo de anos de reclamacións realizadas polos veciños da zona, principalmente os das parroquias de Teis e Chapela. Rematarase así cunha inxusta penalización para o concello de Redondela, que existía fronte a outras zonas da área urbana de Vigo, uníndose esta liberalización da peaxe á que no seu día se conseguiu no tramo Rande – Puxeiros e máis a realizada para os concellos do Morrazo. Agora cabe demandar que tal supresión da peaxe se leve a efecto realmente o antes posible, sen máis dilacións, e o faga sen supoñer un novo incremento nas xa moi elevadas tarifas de peaxe da autopista AP-9. Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión: O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Realizar as actuacións necesarias para conseguir que a liberación da peaxe no tramo da AP-9 entre Vigo e Redondela non se realice con cargo a un aumento nas tarifas das peaxes para as persoas usuarias. 2. Negociar de maneira inmediata co Goberno de España e a concesionaria da autoestrada AP-9 a construción das infraestruturas necesarias para converter o tramo Bos Aires – Alfonso XIII nun tramo urbano libre de peaxe, coa posibilidade de realizar a circulación en ambos sentidos entre o centro da cidade de Vigo e o barrio de Teis. 3. Negociar coa empresa concesionaria o desenvolvemento dun plan de actuacións en diferentes ámbitos co obxecto de minorar o impacto acústico e levar a cabo as melloras necesarias no relativo aos diversos parámetros de calidade e seguridade nesta infraestrutura viaria, e singularmente nos concellos de Redondela e Vigo.


[ VIII] Finais de xaneiro 2018 REDONDELA

A falta de xestión de Javier Bas elimina a O BNG considera que a ampliación da tarxeta verde de VITRASA AP9 é incompatibel coa actividade de Chapela

Luís Bará: “O único no que puxeron interese a Xunta e Fomento foi na posta en servizo da ampliación da AP 9 para que AUDASA faga caixa”

do colexio da Igrexa-Chapela CHAPELA.

O BNG presentou varias iniciativas parlamentarias en relación coa situación do colexio da Igrexa en Chapela, que a xuízo do parlamentario nacionalista é insostíbel. Para Luís Bará, “a ampliación da AP 9 é incompatíbel coa actividade escolar”. O deputado do BNG denunciou os reiterados incumprimentos do goberno municipal de Redondela, da Xunta de Galiza e do Ministerio de Fomento, que tiveron máis de tres anos para resolver a situación e non fixeron nada. Cómpre lembrar que logo da presión da comunidade escolar, en 2015 asinouse un convenio entre o Ministerio de Fomento, a empresa concesionaria AUDASA, o concello de Redondela e a Xunta de Galiza, para a construción dun novo centro educativo nun predio de aproximadamente 34.000 m2 situado no lugar de CidadelleChapela. Segundo o acordo acadado, a empresa AUDASA compro-

meteuse á compra do terreo (propiedade da SAREB) e á construción do colexio dacordo coa normativa da consellaria de Educación (excluindo o mobiliario e equipamento). A administración municipal asumiu o compromiso de xestionar a recualificación dos terreos e a dotación dos servizos necesarios: acceso rodado, abastecemento e depuración de augas, subministro eléctrico e telecomunicacións. Segundo afirmou Bará “O único no que puxeron interese a Xunta e Fomento foi na posta en servizo da ampliación da AP 9, inaugurada in extremis no último día hábil do ano para que AUDASA e o fondo Corsario fagan caixa”. Para o Bloque Nacionalista Galego trátase dunha actuación irresponsábel, que afecta gravemente á parroquia de Chapela xa que pon en risco a seguridade e a saúde da comunidade escolar e da veciñanza. E por se isto fose pouco, asistimos a unha nova burla e a un novo atropelo coa

posta en servizo do carril de incorporación á AP9 desde Chapela en dirección Rande,que está pegado ao edificio escolar, cando había un compromiso verbal e un acordo parlamentario para pospoñelo en tanto non comezase a actividade no novo centro educativo. Ante esta grave situación, o BNG volverá reunirse coa asociación veciñal e coa ANPA do colexio A Igrexa para informar de novas iniciativas parlamentarias tramitadas para comprometer ás administracións local, autonómica e estatal na axilización dos trámites para a construción do novo colexio da Igrexa en Chapela, co obxecto de que estea rematado para o inicio do curso escolar 2018-2019. Asemade, a iniciativa do BNG ten como finalidade esixir ao Ministerio de Fomento que non se poña en servizo o carril de acceso á AP 9 desde Chapela en dirección Rande mentres non se faga efectivo o traslado da actividade lectiva ao novo centro.

Os socialistas reuniranse coa veciñanza para acadar solucións ao transporte público CHAPELA.

A veciñanza de distintas parroquias de Redondela atoparase coa sorpresa de perder as tarxetas verdes de VITRASA a partir do vindeiro 1 de Marzo, debido a falta de xestión do alcade de Redondela. Vigo implementará un novo sistema de tarxeta que permitirá o aceso ao autobus urbano e ademáis obteranse outros beneficios na cidade, pero esta tarxeta tan só será acesible para as persoas empadroadas en Vigo. Por Chapela, transcorre unha das liñas máis importante da concesionaria viguesa e que da servicio a máis de 8.000 veciños de Redondela, moitos habitantes en Chapela, e outros moitos que se achegan ata esta parroquia para disfrutar deste transporte. Unha liña que dende Chapela só necesita de vinte minutos para achegarse ata o centro da cidade. Ademáis outras liñas transcorren polas parroquias de Trasmañó, Vilar,

Cabeiro e Negros, comunicando así estas parroquias de Redondela coa cidade de Vigo. No pasado, ante unha problemática similar, o alcalde socialista Xaime Rei, acadou un acordo co alcalde socialista da cidade de Vigo e a medida de eliminación da tarxeta verde quedou en suspenso. Agora, o alcalde Popular, Javier Bas, pese a ser consciente do que significa a perda da tarxeta verde para a veciñanza de Redondela, non realizaou ningunha xestión nin se reuniu có alcalde de Vigo para acadar acordos e non perder este beneficio para a cidadanía redondelá. Os socialistas solicitaron que o alcalde de Redondela se reuna co rexidor vigués para acadar un acordo mentres non se constitúa a área metropolitana, onde introducirase o transporte urbano vigués. Ademáis, paralelamente os socialistas están a convocar reunións coas asociacións e a veciñanza das zonas afectadas.


Finais de xaneiro 2018 [ IX]

REDONDELA

O BNG denuncia as actuacións sobre patrimonio vexetal na Avenida de Redondela

CHAPELA.

“Que as súas raíces non causen tantos danos…” esta foi unha das perlas que o concelleiro de Medio Ambiente pronunciou para xustificar a tala dos Plátanos da Avenida de Redondela, en Chapela. Lonxe de parecer inofensiva, esta frase non deixa de ser un resumo do goberno do Partido Popular en Redondela. Rematar co noso Patrimonio vexetal e cultural é para o goberno de Javier Bas unha pequena incomodidade na súa carreira por converte este noso concello nun espellismo acomplexado das terras do conde Caballero. Dende os primeiros anos do goberno de PP quedou moi claro que o arborado e os xardíns de Redondela ían pagar moi caro a carta branca coa que se lle concedeu dirixir a política medioambiental do noso concello. Xa en maio de 2012 o BNG denunciou a eliminación dos Plátanos do aparcamento do campo da Feira de Redondela. Os argumentos por parte do

goberno municipal foron os mesmos, “as raíces deterioran o asfalto” deixando ben claro cales eran as preferencias na xestión dos espazos públicos. Piche antes que vexetación. Este non foi o único caso deste tipo, existen máis barbaridades que foron cometidas contra as nosas árbores. É o caso dos Choupos da histórica Alameda de Redondela, mutilados anos tras ano ata que a pudrición sexa tan intensa que o perigo de caída faga que sexan eliminados de raíz, algo que queren facer dende o principio. Sen embargo, a xa coñecida covardía deste goberno impediu que o fixeran dun tirón, empregando a tortura para convencernos de que a súa corta é necesaria. Agora, a anunciada remodelación da Alameda de Castelao non ten en conta, a priori, a necesidade de reposición e saneo de moitas especies vexetais enfermas e maltratadas pola concellería de Parques e Xardíns. Noutros casos a obsesión polas podas masivas lévaos a cometer erros como os que

suceden ano tras ano no entorno do parque infantil da Alameda. Aquí as insoportables horas de calor que se producen no verán podían ser amortecidas por unhas especies arbóreas, denominadas Plátanos de Sombra, que rodean dito parque se se lles permitise desenrolarse cun crecemento natural, máis a obsesión pola leña non o permitiu. Eliminar árbores de máis de medio século por outras novas de “menor” mantemento é un despropósito máis ao que nos ten acostumado este goberno. Non só perdemos o valor inmaterial e patrimonial destas especies, senón que teñen un verdadeiro valor económico calculable e que non se tivo en conta. Hai que sumarlle a esta perda o prezo da plantación de novas especies que ademais tardarán un tempo en adaptarse ao lugar. Todo isto acontece grazas a que se permite gobernar á ignorancia e ao autoodio polo noso País e o noso patrimonio.

O PP redondelano non fixo ningunha petición orzamentaria en prol da seguridade da cidadanía

Os PSdeG redondelano denuncian a negativa do PP á petición da construción dunha rotonda no Alto de Os Valos REDONDELA

Según informacións achegadas a redacción, dende hai máis de 4 anos, o PSdeG-Redondela leva facendo varias achegas de forma retitera aos orzamentos do estado. Unha das solicitudes que se repiten ano tras ano é a construción dunha rotonda no Alto de Os Valos sita na N550 onde conflúen as estradas de ao Porriño, a Pazos de Borbén e ao aeroporto de Peinador. Lamentablemente, dito enclave é un“punto negro” dos viarios da zona que fai que moitos veciños para poder saír das súas casas poña en risco a súa integridade nun “caótico” cruce. Para os socialistas “a negativa durante anos do PP ante a petición da construción dunha rotonda no alto de Os Valos non se debe a un motivo técnico polo espazo, senón a un afán recaudatorio que sitúa o diñeiro por enriba da seguri-

dade das persoas” engaden “esperemos que a realidade que trataba de ocultar o PP e que saiu a luz tras a publicación dos datos recadatorios que sitúan a este radar como o máis beneficioso de Galicia, fagan cambiar a postura do PP e empecen amirar pola seguridade da veciñanza da zona que ata agora foi ignorada tanto polo PP estatal como polo PP de Redondela. Este último, como nos ten acostumados, por non facer nin presenta enmendas ao seu propio partido con dita petición“.


[ X] Finais de xaneiro 2018

AS ENTREVISTAS DE VERÓNICA (III)

LUCIANO OTERO. XEFE DA OPOSICIÓN DE PAZOS DE BORBÉN.

“O GOBERNO DE PAZOS CAE EN BARRENA, É NEFASTO E CAÓTICO” O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN É UN DOS DA ÁREA DE INFLUENCIA DE A NOVA PENEIRA NO QUE EXISTEN SERIAS POSIBILIDADES DE QUE NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS MUDE O GOBERNO MUNICIPAL. LUCIANO OTERO, DE ALTERNATIVA VECIÑAL, É O XEFE DA OPOSICIÓN E CONTARÁ CON MOI SERIAS OPCIÓNS DE SER O PRÓXIMO ALCALDE DE PAZOS. ACHEGÁMONOS ATA O SEU CONCELLO PARA COÑECELO MELLOR.

-Luciano, un ano máismoitas grazas por atender Á Nova Peneira. Moitas grazas a vós por contar comigo.

-Que che pareceu a nosa gala de febreiro, pasáchelo ben? Poderemos contar contigo cando fagamos a seguinte? A verdade e queo pasei moi ben,ás veces vas con reticencias a actos que poden padecer un pouco protocolarios pero ao final foi un ambiente amigable e familiar.

-A seguinte gala será en febreiro do 2.019 (como sabes son bienais). Estaremos a piques dunhas eleccións municipais nas que terás moi serias posibilidades de chegar á alcaldía de Pazos de Borbén. Se convidamos a Andrés e a Severino podemos sentalos na mesma mesa ca ti? Creo que non é moi boa idea, eu non teño ningún problema en sentar con persoas que pensan de maneira diferente a min, o que non estou disposto é a convivir con determinadas actitudes pouco democráticas e pouco respec-

tuosas cos veciños de Pazos de Borben e os seus representantes.

-Supoño que lerías a entrevista que na pasada Peneira faciamos ao novo responsable do BNG de Pazos Xurxo Pardo? Si....lin !!!

-El, en relación co voso grupo político Alternativa Veciñal, amosaba unha posición construtiva e dialogante. Cal é a túa opinión ao respecto?. Nas pasadas eleccións xa estaba marcada a nosa opinión, estabamos abertos a falar con todo o mundo de feito as nosas asembleas eran abertas a todos os que quixeran colaborar. Houbo un problema de comunicación co anterior responsable local do B.N.G e alegrámonos de que haxa un cambio de actitude. -Imaxino que coincidirás comigoen que en Pazos de Borbén non hai espazo para dous proxectos tan semellantes como o voso e o do Bloque? Parte de xente que estamos en Alternativa Veciñal como sabes Verónica,


Finais de xaneiro 2018 [ XI]

ENTREVISTA / REDONDELA

“NO PP DE PAZOS NON HAI DECENCIA POLÍTICA. LEVARON AOS TRABALLADORES TEMPORAIS DO CONCELLO A LIMPAR OS TERREOS PARTICULARES DO ALCALDE”

procedemos do BNG. Cando abandonamos o partidonos tendemos a man a seguir colaborando en política local pero non houbo vontade de falar con nos, e entón decidimos seguir o noso camiño e presentamos un proxecto con boa acollida entre os veciños e pensamos que efectivamente o BNG debe reflexionar. Nós seguimos coa man tendida.

-Hai posibilidades de que as feridas, de tempos pasados, acaben pechando, e volvades camiñar xuntos? Creo que o rancor non é bo nunca en ningún aspecto da vida. Se hai outra persoa con talante construtivo e integrador ao fronte do BNG en Pazos de Borbén ben vida sexa.

-Fainos unha valoración xeral do goberno de Andrés e Severino? É un goberno totalmente en barrena, nunca deu moito de si pero nos últimos tempos é nefasto, é caótico. Andrés Iglesias como alcalde non cumpre minimamente, coa súa responsabilidade, escapa a todosos problemas non se enfronta a nada e non toma decisións, nin cumpre co seu horario laboral e os veciños non ven froitos de ningún tipo no concello. Temos un tenente alcalde que esta acusado de delitos de corrupción á esperas de xuízo. Acaban de prorrogar os presupostos de 2017 para 2018 nun goberno con maioría absoluta e un indicio evidente da súa incapacidade para estar o fronte do concello de Pazos de Borbén. -A imputación xudicial de Severino, terá algunha consecuencia electoral? Nós esperamos que si, de feito temos constancia que no P.P. de Pazos de Borbén hai discrepancias na decisión de que Severino fora nas listas electorais por estar imputado co cal pensamos que é algo notorio cando non todos os seus o apoian e creemos polo tanto que terá consecuencias negativas para eles. Os traballos que asignan van sempre para as mesmas persoas sen poder acceder outras con necesidades... laborais estremas. A oferta laboral do Concello é moi deficiente.

-Explícanos o tema da posible perda da subvención da DEP por non rematar a tempo as obras no campo de fútbol de Nespereira? Esa é outra mostra da “marabillosa” xestión que fai o PP en Pazos de Borbén.

Tiveron 2 anos para facer o investimento non o fixeron e agora a 5 días de que rematara o prazo deron por rematada a obra levantaron acta falsa, porque non estaba rematada mentindo nun documento oficial para salvar a subvención de 300.000 e por facer mal as cousas.

-Cóntanos o episodio da suposta utilización de persoal municipal para limpar fincas privadas do alcalde? Outra mostra de incompetencia no concello de Pazos. Falta a mínima decencia política no PP de Pazos. Levaron aos traballadores temporais do concello a limpar o terreo particular do alcalde, o señor alcalde alegou que era fora de horario laboral... é unha demostración de total indecencia política... e non se pode consentir. -A ti faiche falta a política para vivir? A min non me fai falta a política para vivir, por sorte son empregado público na Universidade de Vigo. Estou en política porque considero que as cousas se poden facer mellor e se deben facer e dáme coraxe que en Pazos de Borbén haxa este goberno tan incompetente e non estou disposto deixar campo libre. O mínimo decente que se pode facer é plantar cara, e dende logo con aspiracións de gobernar para facer as cousas legalmente e con total honestidade e dedicación aos veciños de Pazos de Borbén.

-A posibilidade, seria, de que en pouco máis dun ano sexas alcalde, non che da certa vertixe? Si por suposto, moito medo porque gústame facer as cousas benesei que é unha grande responsabilidade e non o tomo á lixeira.

-Cales serían a primeiras medidas que tomaría un goberno de AV con Luciano Otero como alcalde? O primeiro abrir as portas e ventás e empezar a tomar en conta aos veciños. O primeiro e realmente urxenteun cambio de actitude radical e facer participar os veciños nas decisións en un goberno de todos para todos.

-Rematamos Luciano, agradecendo a túa amabilidade e cunha última cuestión. Se eu fora veciña de Pazos de Borbén, por que motivo debera votar a Alternativa Veciñal? Demostramos seriedade estes 4 anos traballando,demostramos que facemos un seguimento do concello do que sucede en el, estudiamos os servicios como funcionan, facemos denuncias, malas practicas no concello, xestións... demostramos que estamos comprometidos con el, polo tanto a xente pode ter un mínimo de confianza... e vamos a amosalo co seu apoio nas próximas eleccións. Moitas grazas.

“Mercar en Chapela este Nadal ten premio” xa ten gañadores CHAPELA.

A Campaña contou cunha extaordinaria participación con case 8.000 papeletas cubertas polos clientes, amosando unha crecente participación e implicación dos comercios. O reto dende a Asociación de Empresarios de Redondela é chegar a sumar un número de comercios suficiente para dotar a zona comercial de Chapela cun proxecto de dinamización comercial con recursos propios que acade o apoio dos programas de apoio ao pequeno comercio da Dirección Xeral de Comercio. A dificultade radica en que os establecementos de Chapela se asocien o antes posible para intentar non demorar outro ano o cumprimento dos requisitos mínimos para poder presentar o proxecto. Por este motivo a Asociación de empresarios de Redondela convida a todos os establecementos comerciais, hostaleiros, de servizos así como todas a empresas de Chapela a darse de alta na entidade. Este ano os premiados foron Adrian Currás Boullosa por unha compra realizada na FLORISTERÍA AREALONGA foi o cliente agraciado co primeiro premio dunha "Estancia de 3 días de ensueño"

sorteo da Campaña "Mercar en Chapela este Nadal ten premio". Jesús Cabaleiro cun premio adicional dunha tostadora por xentileza de VILLAMARÍN DIE finalmente, o premio sorpresa ao comerciante foi para AS TÚAS COUSAS.


[ XII] Finais de xaneiro 2018 REDONDELA / MORRAZO

Dirixido contra a proposta do Concello de Vigo e Augas de Galicia

AER solicita que Redondela se sume ao recurso contra o transvasamento do Verduxo REDONDELA.

No pasado pleno ordinario de decembro, a Agrupación de Electores de Redondela (AER) presentou unha moción en defensa do río Verduxo e dos bancos marisqueiros, da que se aprobaron os seguintes puntos: -Que o concello de Redondela empregue os seus servizos xurídicos e tódolos mecanismos legais e administrativos existentes para defender os seus veciños e os seus sectores marisqueiros da agresión que suporía este transvase. -O concello de Redondela se dirixa a Augas de Galicia, a Presidencia da Xunta e a Consellería de Medio Ambiente esixindo a inmediata paralización deste transvase e a procura de solucións sensatas, ecolóxicas e sostibles para a xestión da auga na nosa contorna. -Que o concello de Redondela denuncie á Xunta de Galicia por empregar a vía administrativa de urxencia para impoñer este transvase sen se dar os requisitos na lexislación vixente. -Que o concello de Redondela tome as medidas oportunas para que a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Abastecemento, Saneamento e Depuración de Augas Residuais, detecte e acometa de xeito inmediato tódalas actuacións necesarias para a reparación das fugas de auga da rede municipal de abastecemento. -Que o Concello de Redondela poña en marcha un Plan de Medidas de Aforro e Consumo Responsábel da Auga, que chegue a edificios públicos, consumidores/as, e diferentes empresas e grandes consumidores de auga. -Que o Concello de Redondela, en colaboración coas Comunidades e Traídas de Auga, poña en marcha un Plan de Aforro e Subministración nas diferentes parroquias.” Estes días soubemos que o concello de Vigo e a entidade pública Augas de Galicia (Con-

sellería de Medio Ambiente) recibirán nos próximos días senllos recursos de anulación dende os Concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior contra o texto do convenio interadministrativo que ambas partes están negociando para executar as obras do transvasamento dende o río Verdugo ao tubo de abastecemento do sistema de Eiras-Oitavén. Polo tanto, vimos de solicitar por rexistro ao goberno local que se sume a este recurso presentado polos concellos de Soutomaior e Ponte Caldelas en cumprimento do mandato do pleno (acordo nº 2), así como a información dos pasos dados polo goberno local para dar cumprimento aos acordos aprobados. Temos que parar esta desfeita que pretenden facer seguindo o tramite de emerxencia, o que supón que non se fará ningún informe sobre o impacto sobre o Verduxo e os bancos marisqueiros dos que viven arredor de 300 familias só no concello de Redondela, sen contar o resto dos concellos da ría. O goberno local debe dar cumprimento ao mandato do pleno para parar este transvasamento ilegal que incumpre a normativa europea de augas; e de ningunha maneira se pode facer seguindo o trámite de emerxencia. O trámite de emerxencia, segundo a lei de contratos, só se pode dar para situacións extremas. Na propia lei, aclárase que estas situacións son "catástrofes" ou "problemas de seguridade nacional". Unha seca que nin sequera motivou medidas de aforro serias, non se pode encadrar de ningunha maneira nestas casuísticas. Pero, se isto era unha barbaridade con Eiras ao 38% de capacidade, é directamente un insulto cando Eiras se atopa ao seu máximo de capacidade. Non hai emerxencia e non se pode aplicar este trámite de ningunha maneira.

Moción do BNG-AA para unha praza adicada a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota” en Marín MARÍN

A nacionalista Lucía Santos Omil, concelleira do Grupo Municipal ven de presentar a unha moción sobre unha praza adicada a Carmen Pesqueira Domínguez ‘A Capirota, veciña mariñense moi coñecida por todos, para o seu debate e, se procede, posterior aprobación polo Pleno Municipal de Marín. A exposión conten os seguintes escritos: “Sen lugar a dúbidas unha das mulleres de Marín máis coñecidas do século XX foi Carmen Pesqueira Domínguez, coñecida popularmente co alcume familiar de A Capirota. Filla do mariñeiro Antonio Pesqueira Pérez e de Gumersinda Domínguez Pesqueira, naceu na Mouta o 1 de xullo de 1907. Muller sinxela, cos seus defectos e virtudes, mais sen lugar a dúbidas era unha muller do pobo. Costureira e lavandeira de profesión, traballaba no Priorado, e ademáis era nai solteira. Un día do mes de agosto de 1936, se cadra o mesmo día que asesinaron ao galeguista Alexandre Bóveda na Caeira, Carmen tivo a valentía, ou talvez a osadía, de chamarlles crimimais a uns falanxistas que mallaban a un home na rúa da Ponte. Entre eses falanxistas estaba o criminal nazi Bruno Schweiger, coñecido en Marín como “O Alemán”. Ese día Carmen facía o seu traballo diario de buscar

a roupa que deixara ao clareo na Ponte de Ferro e seica de non haber pasado por alí naquel intre hoxe Carmen sería unha muller descoñecida por todos e todas nós. Eran días de terror en toda Galiza, polas mañás aparecían homes e mulleres mortas polas cunetas, asesinados/as sen que nenguén fixera nada por remédialo e moito menos por buscar aos responsábeis. Os falanxistas non podían consentir que no estado de terror que estaban xerando alguén lles chamara a atención, moito menos unha muller e aínda por riba nai solteira. Esa mesma noite collérona, e, segundo testemuños orais, foi vexada físicamente e torturada, sendo asesinada horas máis tarde no lugar do Pozo da Revolta (Mogor). Durante uns intres os falanxistas abandonaron o seu corpo e ao amencer voltaron, levando o seu cadáver nun camión até a vila de Bueu, exhibindoo polas rúas, até que tiraron os seus restos nunha delas para que todo o mundo mirase as consecuencias de até onde podían chegar, coa intención de amedrentar á poboación. A súa morte foi anotada no rexistro civil de Bueu o día seguinte, o 19 de agosto de 1936, aparecendo como causa “ferida no corazón” e foi soterrada no vello cemiterio desa vila. Desde o Bloque Nacionalista Galego queremos sinalar

varios aspectos moi importantes nesta historia: 1º A dignidade dunha persoa que non tolerou o que acontecía neses días cun acto de grandeza humana e de valentía que lles custou a vida nuns momentos onde a sociedade aterrorizada calaba e miraba para outro lado. 2º O feito de ser muller e nai solteira, tamén pesou para que eses cobardes asesinos levaran a cabo o crimen. Presumibelmente, se a súa situación civil fose outra a historia sería ben distinta. Foi un acto que hoxe en día tamén definiríamos de violencia machista ou de xénero. O xesto de Carmen Pesqueira Domínguez é todo un exemplo de dignidade e de humanidade, moi por riba das desputas políticas, que nos debe de encher de orgullo a todo o pobo de Marín. Por outro lado, o concello de Tui ten poucos nomes no seu rueiro dedicados ás mulleres polo que cómpre ir engadíndoas ao nomenclátor municipal e este é un caso que ben o merece. E solicitaron que a praza sita na rúa Méndez Núñez, a carón do museo municipal, chamada antigamente de forma popular “Camiño ao Peirao Vello” leve o nome de <<Carmen Pesqueira Domínguez>>. Tamén que na devandita praza se dé a coñecer a súa historia e que a praza sexa inagurada co seu nome o vindeiro 18 de Agosto.


Finais de xaneiro 2018 [ XIII]

MORRAZO

Presentáronse setenta e catro orixinais para a categoría de poesía e trece para a de xornalismo

Novo récord de participantes para os Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu BUEU.

O Concello de Bueu rexistra un novo récord na presentación de orixinais que concorren aos Premios Johán Carballeira, cuxo prazo de acollida de traballos rematou o martes 16 de xaneiro. As cifras apuntan que son setenta e tres os poemarios que compiten na categoría de poesía, e que optarán a facerse con 1500 € máis a edición do libro por parte da Editorial Xerais. Así mesmo, na categoría de xornalismo, que cumpre este ano a súa décimo quinta edición, concorren trece traballos, e o gañador/a farase con 1500 €. O seguinte paso é a avaliación dos traballos por parte dos xurados correspondentes, cuxa decisión se comunicará na semana anterior á celebración das Letras Galegas. Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez

de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, e tivo como gañadoras na pasada edición a María Reimóndez co poemario “Galicia en bus”, e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en dúas mulleres: María Obelleiro, pola reportaxe “O apartheid sanitario na Galiza” e Montse Dopico polo traballo “Galaxia vs Galaxia. A construción da hexemonía cultural”. O certame, que xa conta con moita historia, ten galardoado na categoría de xornalismo a figuras como Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias ou Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, entre outros; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Ismael Ramos, Pura Tejelo…

Maria oBeLLeiro e MonTse doPiCo PreMio xornaLisMo 2017


[ XIV] Finais de xaneiro 2018 ENTREVISTA

XOSÉ MANOEL PAZOS. ALCALDE DE CANGAS.

“COMPROMÉTOME A FACER TODOS OS ESFORZOS POSIBLES PARA TRATAR DE CONSTRUIR UNHA CANDIDATURA CONXUNTA CON ASpUN”

Case tres anos despois de que a cidadanía de Cangas mandase á oposición ao infausto goberno de Jose Enrique Sotelo do PP, achegámonos novamente ata a fermosa vila do Morrazo para conversar co seu alcalde sobre a situación política do seu pobo en particular e de Galicia en xeral. Un ano máis, Pazos atendeunos con amabilidade exquisita.

-En maio, fará tres anos que es alcalde. Xa é tempo dabondo para facer unha valoración cargada de contido. Como foron estes tres anos alcalde? Ben, a valoración real terá que facela a veciñanza dentro dun ano, pero a miña valoración desde o goberno é que lle demos un cambio substancial á política en Cangas. Así por exemplo melloramos significativamente as políticas sociais.. -Cando estabas na oposición, dicías que no caso de chegar ao goberno, a política social sería unha das túas prioridades. Esa mellora da que falas pódese explicitar en feitos políticos concretos? Si, desde logo que si. Así por exemplo salientaría o espectacular aumento das partidas destinadas á atención domiciliaria.En Cangas, haimoita xente maior que vive soa e debe ser atendida adecuadamente. Nos orzamentos que imos aprobar agora aumentamos 120.000€ a partida destinada a ese concepto Nos orzamentos para o 2.018? Si. Non haberá ningún problema para que se aproben? Non, ningún problema.Como che dicía creo que avanzamos notablemente en ≥≥ social, tamén integramos a aula de estimulación precoz no organigrama municipal,asemade fixemos unha liña de axuda para pagar o IBI. O do PP é moi curioso, o partido que en Cangas subiu todos os impostos, a nós exíxenos que os baixemos. Outro tema que tamén é moi importante para nós é o do saneamento. En Cangas en pleno século XXI aínda hai zonas sen saneamento, e desde logo temos que pór todo o que temos para solucionalo. Estás contento do resultado dos actos de María Soliño?

Si. Eu quero que sexa unha festa emblemática do noso pobo. Temos todo a favor para que sexa unha festa á altura da arribada de Baiona, da reconquista de Vigo... A festa nace con vocación de continuidade. Fixo algo o teu goberno para mellorar o problema de aparcamento no centro? Pois si. O aparcadoiro de Altamira. Creamos no propio centro da vila, a 5 mnt do Concello, un aparcamento de máis de 1.200 prazas Di o PP de Cangas, que o teu goberno non resposta ás preguntas que vos fai por escrito. Iso é certo? Eu xa lle comuniquei a Sotelo que as preguntas que veñan acompañadas de faltas de respecto non llas imos contestar. E é habitual en Sotelo as faltas de respecto ao goberno que ti encabezas? E tanto que si, sobre todo cando fala a concelleiras, Sotelo ten un problema de misoxinia:.. ocupas, mentireiros, titiriteiros. Vaia que pretendan insultarte chamándoche titiriteiro debe ser un orgullo para ti? Sen dúbida. Como sabes eu veño do mundo do teatro Polo que entendo, o problema é entón o talante propio de Sotelo? Si. Sotelo está resentido porque non superou a perda da alcaldía. As relacións cos socios de goberno BNG e ASPUN, como están? Foron mellorando co tempo. Como se di, o roce fai o cariño. Estou convencido de que o goberno vai chegar ás eleccións do 2.019 en perfecta harmonía. Co BNG é complicado porque eles e ACE sodes proxectos políticos diferentes, pero que ASpUN e vós esteades separados a min paréceme absurdo? Tes razón, non ten sentido porque realmente ocupamos o mesmo espazo. E porque non facedes o esforzo de sentarvos e de chegar a un acordo? Haberá que facelo desde logo. Ti comprométeste a facelo? Por suposto que si. Comprométome a sentarme con eles e explorar todas as posibilidades de construír unha candidatura conxunta. Tes algún problema de comunicación cos hosteleiros da vila? Eu directamente non.


Finais de xaneiro 2018 [ XV]

ENTREVISTA / MORRAZO O alcalde está aberto a recibir aos colectivos de hostelería e a considerar ás súas suxestións? Rotundamente si. Por favor, que calquera colectivo que o desexe vaia ao concello, ou chame por tfn, ou por mail, pida cita comigo e atendereino con moitísimo interese. Historicamente, en Cangas e en moitas outras vilas, as parroquias estiveron peor tratadas cós centros urbanos. Ti consideras por igual a Darbo, Coiro, Hío e Aldán có centro da vila? Ese é o noso obxectivo. A intención do noso goberno é que haxa un equilibrio entre as actuacións no casco e nas parroquias. En Herbello,faltan beirarrúas. Seino, pero esa estrada é competencia da DEP. En Herbello agora mesmo estamos metendo o abastecemento de augas, que increiblemente non tiña. Esa estrada como che dixen é da Deputación, pero tamén teño que dicir que teñen unha petición para dotar de beirarrúas a esa estrada. Falando da Deputación, que tal as relacións con eles? Non estou moi satisfeito. Os concellos como o noso que temos menos de 50.000 habitantes e máis de 20.000 estamos nunha especie de terra de ninguén e ao meu xuízo estamos claramente discriminados. Asemade, Cangas é un Concello turístico algo que nos supón moitos cartos de gasto, e debería contemplarse tamén. Por que non fuches á inauguración da ampliación de Rande? Pois porque é unha inauguración ad hoc para proceder á suba das peaxes. Ademáis os carrís novos poden converterse nunha trampa mortal, non hai espazo de seguridade algún como pase calquera accidente. Non estamos nada contentos con esa obra. O PP deixou un problema moi grave coa concesión por 25 anos do servizo da auga. Como está ese tema? As condicións nos que o PP deu a concesión a aqualia foron pésimas, de feito eu penso que esa barbaridade influíu na perda da alcaldía de Sotelo. Nós pu-

xemos unhas tarifas moi por debaixo das que lles deu Sotelo. Agora temos distintas conversas abertas coa empresa, co obxectivo de chegar a acordos, pero o noso desexo real é acabar re municipalizando o servizo. É viable? Complicado, pero non inviable. E a situación da dereita de Cangas, como a ves? Eu penso que Gestido se vai presentar, non sei en que forma pero encabezará unha candidatura, e Sotelo liderará a lista do PP, básicamente porque non teñen recambio. Falemos de política nacional. Estás contento da situación de Esquerda Unida? Eu penso que Esquerda Unida debe conservar a súa personalidade e o seu programa. Agora ben, Esquerda Unida soa agora mesmo non ten sentido. Eu son, sempre o fun, partidario da unidade popular. En Galicia, a Unidade Popular chámase En Marea, non Unidos Podemos, quero deixalo moi claro. Teño a sensación que en determinados sectores de En Marea, sectores de esquerda unida e de podemos, hai unha liña de opinión encamiñada a pasar de Anova? Eu non a percibo, agora ben, se existe é un erro radical. A nosa relación con Anova en Cangas é magnífica. Lidia Senra é unha tránsfuga? Eu creo que non. Malia que o teu compañeiro Rubén Pérez diga que si? Ben, eu con Rubén lévome moi ben pero nese tema discrepo. Eu considero a Lidia a euro deputada de AGE. Ben rematamos señor alcalde, un ano máis agradecendo a túa amabilidade. Velaí tes as nosas páxinas e para non ser menos que Rajoy, podes felicitar o 2016 ás veciñas e veciños de Cangas. Ha ha ha ha.. Felicito o ano con todo o meu afecto. O noso traballo está encamiñado a que sexa mellor có ano pasado, e para ese obxectivo poremos todo o que temos. Moitas grazas.

A Biblioteca Central de Cangas renova o seu equipo informático

CANGAS.

Desde o PASADO DÍA 18, a Biblioteca Central da Casa da Cultura conta cunha renovación dos equipos informáticos postos á disposición da veciñanza, algo que corrobora o compromiso do Concello para mellorar as prestacións ás persoas usuarias. En total, son tres ordenadores os que se substituíron, posto que os antigos xa estaban obsoletos, e cos novos ofrécese unha tecnoloxía máis moderna e potente. Nos vindeiros días tamén se procederá á instalación de catro computadores nas bibliotecas municipais de Aldán, Darbo, Coiro e O Hío; sendo un dispositivo para cada centro. Esta acción, impulsada pola Concellaría de Participación Veciñal, Trans-

parencia e Asociacionismo, está encamiñada a facilitar o acceso da cidadanía ás novas tecnoloxías, posto que hai moitas persoas que se acercan a estas dependencias municipais para facer consultas na rede. Sumado a isto, o concelleiro Jesús Pérez Gallego, pon énfase en que a través desta actualizada rede de ordenadores establécese un soporte para que todas aquelas persoas que non dispoñan de dispositivos electrónicos ou conexión a Internet nas súas casas teñan a posibilidade de tramitar os procedementos administrativos de forma telemática: “A sede electrónica estase impoñendo e queremos que a veciñanza conte cos medios necesarios para poder acceder á mesma”.

Obras gañadoras do XI Concurso de Postais de Nadal

CANGAS

O pasado 11 de xaneiro, déronse a coñecer as postais gañadoras do concurso levado a cabo polas Bibliotecas Municipais de Cangas. - Biblioteca de Coiro: Pablo Coya - Biblioteca de Darbo: Ana Martínez - Biblioteca de Aldán: Antón Gómez Todos eles serán galardoados cun lote de libros.


[ XVI] Finais de xaneiro 2018 MORRAZO

Na sesión tamén se deu luz verde a unha moción presentada polo grupo ACB-SON para instar á Xunta de Galicia a ampliación de recursos

Bueu aproba por unanimidade o IV Plan de Igualdade BUEU.

O IV Plan para a Igualdade de mulleres e homes (20182021) do Concello de Bueu foi un tema que se aprobou por unanimidade na sesión plenaria do18 de xaneiro. A proposta foi defendida pola concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, quen salientou que “é fundamental intensificar os esforzos para introducir o concepto de igualdade de xénero en todas as políticas e actuacións das administracións nos seus distintos niveis”. Por iso, este plan, que é unha continuación dos tres anteriores, aborda unha unha política integral de promoción da igualdade entre homes e mulleres. Neste sentido, incorporará a transversalidade na perspectiva de xénero en tódalas áreas municipais, e como tal requirirá da participación e implicación das diferentes concellerías, que incorporarán na súa planificación anual, os obxectivos e accións que se pretenden desenvolver a partir do conxunto de actuacións que se presentan. Aínda que as áreas de actuación camiñan na liña das de plans anteriores (educación e cultura, formación e emprego, ocio e deporte, participación política e social, saúde e benestar, conciliación da vida laboral, familiar e persoa, e violencia de xénero), incidirase de maneira especial na educación como chave para cambiar a mentalidade, así como para mellorar a coordinación entre todos os axentes

implicados na loita contra a violencia de xénero. Os obxectivos concretos son desenvolver políticas e medidas para eliminar a discriminación das mulleres e propiciar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, introducir a visión da igualdade en todas as políticas que se desenvolvan dentro do ámbito municipal, e promover a participación da muller en todos os ámbitos da vida social, económica, laboral, cultural e política do noso municipio. A proposta foi aprobada por unanimidade, aínda que o concelleiro de ACB-SON, Julio Villanueva, suxeriu que no futuro se debería incluír tamén ao colectivo LGTB, dado a situación de discriminación que sofren aínda nas sociedades actuais. Por outra banda, tamén se levou adiante unha moción presentada por ACB-SON en relación ao impulso de políticas de benestar animal e convivencia,

baseándose nas peticións de diversos colectivos como LIBERA!, dende o que alertan que o abandono animal non deixa de medrar e que recibe a resposta precisa dende o conxunto dos poderes públicos. Por iso se acordou instar á Xunta de Galicia a consignar os recursos orzamentarios necesarios para garantir a aplicación correcta da Lei de Benestar Animal de Galicia, así como o apoio técnico preciso para implementar as súas disposicións. Por último tamén se comunicou ao pleno a información relativa á sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Bueu para a execución do proxecto de construción de piscina municipal cuberta na vila, así como a modificación das delegacións xenéricas e específicas das áreas de goberno, pola que o concelleiro Adrián Ferrer toma a área de medio ambiente, e Xosé Leal, cultura.

Exposición Cartas de Amor

CANGAS.

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade informa que a exposición Cartas de Amor foi concedida ao Concello de Cangas e vai estar exposta do 18 de xaneiro ata o 13 de febreiro no IES Rodeira. Cartas de Amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. A exposición quere sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala. Con Cartas de Amor, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, tendo en conta que, nos últimos anos, se detectan moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. A orixe da mostra partiu da proposta da súa comisaria, Gemma Sesar, a varias/os debuxantes galegos/as e nacionais para plasmar nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito, na mostra es-

tán os traballos dos dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca, no ano 2009; así como figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente máis nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademais o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes. Todos e todas elas mostran no seu traballo a súa reflexión persoal sobre o que as Cartas de Amor non deben ser. Esta exposición ten asociada un obradoiro que tivo lugar o 25 de xaneiro no mesmo Centro a cargo de Gloria Isabel Serrano Azat.


Finais de xaneiro 2018 [ XVII]

REPORTAXE / VAL MIÑOR

A ÚLTIMA CONVOCATORIA PARA ADHERIRSE AO PLAN PROVINCIAL INCORPOROU A SETE NOVOS CONCELLOS: GONDOMAR, ILLA DE AROUSA, LALÍN, REDONDELA, RIBADUMIA, SALCEDA E SANXENXO

36 CONCELLOS APOSTAN POLO PLAN REVITALIZA DE COMPOSTAXE NA PROVINCIA

O

Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación implicará a máis da metade da provincia. Pechado xa o prazo da derradeira convocatoria para a adhesión formal ao programa foron sete os últimos concellos que se incorporaron, facendo un total de 36 municipios que apostan pola compostaxe como modelo de xestión de residuos. O compromiso, segundo asegurou hoxe o vicepresidente César Mosquera, é que traten o 75% do lixo orgánico mediante aproveitamentos naturais nun prazo límite de catro anos. Os concellos que se veñen de incorporar son Gondomar, Illa de Arousa, Lalín, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas e Sanxenxo. Todos eles, salvo o concello do Deza, xa teñen nestes momentos centros de compostaxe comunitarios da Deputación en funcionamento con moi bos resultados, pero non se adheriran na anterior convocatoria por motivos técnicos, contractuais, políticos e de oportunidade. Deste xeito, e por comarcas, os concellos definitivamente adheridos ao Plan Revitaliza serán Rodeiro, Silleda e Lalín no Deza Tabeirós; Caldas, Catoira, Cuntis, Valga na comarca de Caldas; no Salnés, O Grove, Cambados, Sanxenxo, Ribadumia, Vilagarcía e Illa de Arousa; na comarca de Pontevedra, a propia capital, Barro, Campo Lameiro e Ponte Caldelas; no Morrazo, Vilaboa, Bueu, Cangas e Moaña; na comarca de Vigo,

Soutomaior, O Porriño, Baiona, Redondela, Salceda e Gondomar; no Baixo Miño, Tomiño, Oia, O Rosal e Tui; e no Condado a totalidade dos concellos de As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra. O vicepresidente provincial asegurou que cos horizontes temporais que está a traballar a Deputación cumpriranse sobradamente os obxectivos marcados no Plan de Residuos de Galicia, que obrigan aos concellos a tratar o 25% dos orgánicos mediante compost no 2020, e da Unión Europea, que establecen que nese ano hai que preparar para reciclar e recuperar o 50% do lixo urbano. Segundo Mosquera, neste 2018 implantarán totalmente a compostaxe como modelo de lixo os concellos “punteiros”

de Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves, xa que son municipios pequenos que poden instalar os centros de compostaxe comunitarios e repartir os composteiros individuais no prazo de seis ou oito meses. Pontevedra e O Grove, pola dificultade da aplicación do modelo debido á súa dimensión e características de distribución poboacional, farano en diferentes fases, chegando no caso da capital da provincia a estender o prazo a “dous ou tres anos”. O resto dos municipios adheridos estenderán a compostaxe de xeito progresivo, tendo como límite máximo un prazo de catro anos, incluso os de maior número de habitantes (Vilagarcía ou Redondela). “O Plan Revitaliza vai indo franca-

mente ben”, asegurou hoxe o vicepresidente Mosquera. “No anterior mandato Louzán puxo en marcha un plan de residuos baseado no modelo de Córdoba. Tiña pouco sustento técnico, pero non nos opuxemos, e non saíu adiante. Non hai provincia no estado coa cantidade de concellos adheridos voluntariamente como o que temos nós, e iso é moi bo”, subliñou. O vicepresidente tamén aproveitou a oportunidade para lembrar que foi aquel plan de residuos provincial o que levou a Pontevedra a buscar os terreos para a súa planta de compostaxe. “A Deputación pedira ao Concello que buscara os terreos para a planta de compostaxe e o concello buscounos. Logo o concurso provincial quedoudeserto e Pontevedra tivo que buscar unha saída propia. O acordo estaba roto e houbo que replantexar”, explicou o nacionalista, que criticou que os ‘populares’ teñan “mala memoria” e critiquen o convenio cos comuneiros da Canicouva para a instalación da planta de compostaxe, que vén daquela época. A Deputación ten instalados a día de hoxe en 21 concellos 54 centros de compostaxe con 377 unidades modulares que funcionan perfectamente. A institución provincial tamén vai mercar outros tres lotes de diferentes composteiros que distribuirá á marxe dos adquiridos polos concellos: individuais, comunitarios e de terraza ou balcón.

O lugar será elexido por votación popular entre as fotografias seleccionadas nun concurso público

Gondomar colocará un ‘Banco no mundo’

GONDOMAR.

O Concello de Gondomar proporá e tramitará a colocación dun Banco para comtemplar descansadamente a panorámica elexida nun concurso de fotografía. O banco será deseñado polo Anquitecto Municipal, Antonio Soliño Troncoso. O Concurso está aberto a tódalas persoas profesionais ou afeccionadas á fotografía que desexen participar. O tema escollido é “Un lugar para un banco”. O obxectivo é procurar imaxes de lugares feitas dende Gondomar, que permiten observar panoramicas do Concello, Do Val Miñor ou da costa.

Imaxes que inviten a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos. As obras presentadas serán preseleccionadas por un xurado que valorará os seguintes criterios: - Beleza e/ou espectacularidade da paisaxe. - Adecuación do lugar para poder colocar un banco contemplativo. - Accesibilidade do lugar. - Ubicación que invite ao silencio, ao relax, a contemplación, a meditación ao disfrute visual. - Proxección exterior do po-

tencial turístico do Concello de Gondomar. As fotografías de cada autor/a serán enviadas nun mesmo correo electrónico á dirección concursofotografia@concellodegondomar.gal acompañadas da folla de inscrición que figura como ANEXO I a estas bases, debidamente cuberta, e disponible na web do Concello de GONDOMAR,www.concellodegondomar.com e na Concellería de Turismo- Só se admitirá un único correo por autor/a, prevalecendo en calquera caso o primeiro envío recibido que non exceda o límite de 3 imaxes.

Non se admitirán a concurso aquelas imaxes que fosen remitidas por calquera lugar ou medio fóra do establecido nestas bases; aquelas que poidan vulnerar o dereito ao honor ou á intimidade de terceiras persoas ou que poidan resultar de mal gusto, ofensivas, difamatorias, xenófobas ou que conculquen a legalidade vixente. Tamén serán descartadas as fotografías que non reúnan a calidade esixida, que non se ateñan ao tema da convocatoria e aquelas que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa. Unha vez pechado o prazo de presentación de fotografía

abrirase un prazo para a votación telemática entre as fotografías seleccionadas por un xurado que se reunirá para determinar cales cumpren os requisitos para ser consideradas candidatas. O lugar para que Gondomar coloque un banco para o mundo, será o que teña maior número de votos cidadáns. O premio é intransferible e consistirá na entrega dun diploma acreditativo, e unha cea para duas persoas nun restaurante Asador Brado. Un teléfono móvil donado polo comercio Expert Gondomar sortearase entre todos os participantes dos votos telemáticos.


[ XVIII] Finais de xaneiro 2018 VAL MIÑOR

Bases para o concurso-desfile de comparsas e carrozas Entroido 2018 de Gondomar

GONDOMAR.

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura dirixida por Dª. Nuria Lameiro Valverde, propón as bases para a participación no tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do “Entroido 2018”, e que se celebrará o domingo día 11 de Febreiro a partir das 16:00 horas do serán. As comparsas para participar no desfile, deberán inscribirse no Rexistro do Concello de Gondomar: www.concellodegondomar.gal, na pestana de xestión electrónica. O prazo de inscrición comenza ás 00.00 horas de mañán mércores 17 de xaneiro e rematará o luns 29 de xaneiro de 2018 ás 00:00 horas. Cada comparsa comporase dun mínimo de 20 persoas maiores de 18 anos. A documentación necesaria para a formalización da inscrición de cada comparsa está dipoñible na páxina web do Concello na seguinte enlace: https://concellodegondomar.gal/es/concellarias/culturae-festexos/bases-entroido-2016

O curso, de 450 horas e con prácticas profesionais non laborais, comezou en outubro previa seleción dos alumnos a través do INEM da Comarca ou no seguinte enlace da sede electrónica, na pestana de transparencia, no apartado 4 de axudas e subvencións:

https://concellodegondomar.sedelectronica.gal/transparency/0dee0a53-6a6d-46d8-b6 a2-6104f58d1799/

Inscripcións abertas para Certame de Coplas do Entroido

A Asociación Cultural Centáurea comunicou que a partir do 15 de xaneiro e ata o 31, pódese inscribir para participar no Certame de Coplas do Entroido, que se celebrará o día 4 de febreiro, Domingo Corredoiro, na praza Manuel Alonso de Gondomar. Con esta convocatoria preténdese pular a continuidade e o contido desta tradición de esmorgas, máscaras e crítica social, que escarnece todo o considerado serio o resto do ano, e afasta as frustracións cotiáns dun xeito lúdico e humorístico. O tema das coplas é libre e as letras terán que ser integramente en idioma galego. As bases para acceder ao certame están publicadas no Facebook da A. C. Centáurea (https://www.facebook.com/a.c.centaurea).

Gondomar, da por conclúida a fase de legalización do mercado dos sábados GONDOMAR.

O caos administativo, legal, e tributario, no que estivo instalado durante décadas o mercado semanal da vila de Gondomar, acabou. Dentro do proceso de reconversión do mercado semanal, que incluía o

cambio dos luns cara aos sábados, un dos obxectivos fundamentais era situar na legalidade, na igualdade de oportunidades e na seguridade xurídica a todos e cada un dos seus vendedores. O mercado que empezou a funcionar en nova data o pri-

meiro sabado de maio 2017, maís que duplicou o número de postos. Na actualidade hai 59 postos ocupados, pero o máis importante e absolutamente todos teñen a documentación en regla. Por tanto dase por rematado o proceso de legalización.

O concello de Nigrán forma a quince persoas en atención sociosanitaria a persoas dependentes NIGRÁN.

O Concello de Nigrán forma dende o mes de outubro a 15 persoas da comarca en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. O curso, que se desenvolve no Centro Antena sen custe algún para o interesado, consta de 450 horas das que 80 se corresponden a prácticas profesionais non laborais. A piques de iniciar estas prácticas, usuarios do Centro Juan María de Parada expuxeron aos alumnos a metodoloxía empregada no seu centro nunha xornada á que acudiu o alcalde, Juan González, e o edil de Sanidade, Alfonso Vázquez. No curso, que remata o 16 de marzo, a selección do alumado correu a cargo da oficina do INEM de Baiona sendo

unha titulación necesaria para traballar como coidador de discapacitados físicos, psíquicos,ou sensoriais; coidador de persoas dependentes en institucións ou xerocultor. O obxectivo xeral do mesmo é a atención de persoas dependentes no eido sociosanitario aplicandoas estratexias deseñadas polo equipo do centro en cuestión. "É un curso que ten moita demanda e que dende o goberno local consideramos prioritario porque dá resposta a necesidas básicas das persoas con máis dificultades. Moitas empresas de prestación de servizos sociais da comarca demandan persoal formado, sendo imprescindible a realización deste curso que ofrecemos de maneira gratuíta", resume o alcalde, Juan González.


Finais de xaneiro 2018 [ XIX]

VAL MIÑOR

Repartiranse 3.000 euros entre unha ducia de premios que van dende os 600 aos 100 euros

Aberto o prazo de inscrición para o concurso de comparsas de Entroido en Nigrán

NIGRÁN.

O Concello de Nigrán abre ata o 2 de febreiro (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 10 de febreiro ás 20.00 horas (en caso de choiva se posporá ao día 16 de febreiro). Nesta edición repartiránse 3.000 euros entre os doce primeiros clasificados, a diferencia do ano pasado no que eran 9 os premiados. Así, o gañador percibirá 600 € seguidos de 500 €, 400 €, 350 €, 300 €, 250 € e seis premios de 100 €. A maiores, cada unha das comparsas pertencentes a asociacións culturais, deportivas e veciñais do municipio percibirán unha dotación adicional de 300 euros tan só por participar. As bases mantéñense coma o ano anterior, así, as agrupacións deben contar cun número de participantes superior aos 20 membros, dos cales un mínimo de dez terán que ser adultos. Para poder optar aos premios é requisito indispensable inscribirse previamente no Rexistro do Concello (de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas) coa documentación pertinente (ficha de inscrición cuberta, fotocopia do CIF ou DNI, certificado de conta bancaria ou xustificante de estar ao corrente tanto en

Os alcaldes de Nigrán e Gondomar reiteran o seu apoio ao Plan Concellos da Deputación Os rexidores destacan que por primeira vez aplícansecriterios de xustiza e equidade no reparto dos recursos económicos GONDOMAR.

Facenda coma na Seguridade Social). O Concello mantén a súa aposta de celebrar o desfile á noitiña e polo centro urbán. Así, este terá lugar o sábado 10 de febreiro ás 20.00 horas partindo da rúa Telleira, percorrendo Rosalía de Castro ata a estrada do Ceán, sendo a actuación de cada comparsa á altura da Casa Consistorial. Ao remate da última actuación terá lugar a entrega de premios. Se a previsión meteorolóxica fose adversa para ese día o desfile trasladaríase para o sábado 16 de febreiro (abriríase un novo prazo de inscrición ata o día 15).

O sorteo da orde de saída celebrarase o luns 5 de febreiro no salón de plenos municipal ás 12.00 horas. O xurado, pendente da súa designación, terá en conta para a concesión dos galardóns a orixinalidade, o vestiario, a actuación e o número de participantes de cada comparsa. Pode quedar deserto algún premio e de haber menos comparsas que premios o número destes axustaríase. As bases están a disposición dos interesados na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello, no Departamento de Cultura, no Facebook Concello de Nigrán ou na web municipal.

Juan González, alcalde de Nigrán e Paco Ferreira, alcalde de Gondomar consideran fundamental o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que puxo en marcha Carmela Silva, como unha peza básica dos orzamentos dos seus concellos para poder desenvolver novas infraestruturas e novas iniciativas sociais ou culturais. A dispoñibilidade destes recursos de xeito anual permite que sexa cada un dos concellos, quen de xeito autónomo, o que poida xestionar os recursos e poder plantexar proxectos necesarios e importantes a cada una das súas localidades, recordan os alcaldes. As axudas recibidas a través do novo modelo de Plan Concellos permiten que cada concello poda mellorar os seus recursos e infraestruturas, feito que se repercute nos veciños e veciñas. Este novo modelo da Deputación de Pontevedra é obxectivo, xa que os criterios de reparto son claros e precisos, en base a poboación e dimensión dos concellos. Todos os municipios, independentemente da cor política, saben os recursos dos que dispoñen e

poden decidir sobre eles. Trátase dun novo xeito de facer política que se diferenza notablemente do realizado na etapa anterior polo ex presidente Louzán, quen repartía os recursos sen criterios e aplicando unha política “de Rei Mago”distribuíndo os fondos en función de filias e fobias e sen entender as necesidades reais dos municipios, recalcan os catro alcaldes. Ambos alcaldes recordan que as súas localidades puideron contar con máis de 3,5 millóns de euros nos dous últimos anos con cargo aos fondos da Deputación pero con total liberdade para decidir onde os invertían. González e Ferreira coinciden en defender e respaldar este novo sistema de reparto das axudas e propoñen que dende o PSdeG-PSOE se convoque a todos os alcaldes de Galicia na sede da FEGAMP para solicitar á Xunta de Galicia un “Plan Concellos” exactamente igual que o que está aplicando a Deputación de Pontevedra, é dicir, con criterios obxectivos e que lle permitan aos Concellos investir en dar resposta ás necesidades reais dos cidadáns.


[ XX] Finais de xaneiro 2018 VAL MIÑOR

A segunda edición do festival terá lugar os próximos 20 e 21 de xullo no antigo campo de fútbol de Lourido, en Praia América, un entorno máxico no que o escenario natural forma parte intrínseca do espectáculo

Mueveloreina, Depedro, Esteban & Manuel e Bigott, primeiras confirmacións do Vive Nigrán NIGRÁN.

A segunda edición do festival Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 20 e 21 de xullo, presentouse un adianto do seu cartel con catro propostas frescas, suxerentes e variadas: a "música electrapical" de Mueveloreina, os sons emocionantes e transformadores de Depedro, a cumbiatune de Esteban & Manuel e a luminosidade musical de Bigott. O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de foodtrucks, un mercadiño, sesións DJ, obradoiros, charlas... Un sinfín de actividades que debuxan un "picnic pop festival" de cultura creativa, unha filosofía e un estilo de vida para que todos os públicos poidan gozar intensamente

As entradas para asistir a Vive Nigrán atópanse xa á venda a través da súa web (www.vivenigran.com) cunha promoción exclusiva de "abono de 2 días por 18 €" para as cen primeiras persoas que fagan a súa compra. Nigrán dende a mañá ata a noite. E todo iso nun espazo máxico e co que mantén un compromiso de emprazamento: fronte ao Atlántico, co perfil das illas Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América-Lourido (un areal dos máis aplaudidos de todo o litoral galego pola súa extensión, area fina e de augas case transparentes) e ao pé da península de Monte Lourido. As persoas interesadas en adquirir as súas entradas xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, gozando dunha pri-

"TEMOS TODO PARA O TEU CARNAVAL"

meira promoción coa que se poden adquirir os primeiros cen abonos de dous dúas por 18 €. Descarga aquí o cartel do festival e fotografías individuais de todos os grupos A continuación, ofrecémosvos información ampliada sobre as primeiras confirmacións oficiais da segunda edición de Vive Nigrán, un evento organizado entre Concello de Nigrán e La 10ª Planta, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o patrocinio da cervexeira Mahou.


Finais de xaneiro 2018 [ XXI]

VAL MIÑOR

O obxectivo é garantir o correcto funcionamento da rede de sumidoiros evitando obstruccións na tempada de choivas

Aqualia limpará os 34 pozos de bombeo de augas residuais de Nigrán e 4.115 metros de colectores

NIGRÁN.

Aqualia, empresa concesionaria do Servizo Municipal de Abastecemento e Saneamento de Augas doConcello de Nigrán, está a levar a cabo traballos de limpeza da rede municipal de saneamento desde inicios de ano para asegurar o correcto funcionamento da rede de rede de sumidoiros. Este inclúe a limpeza dos 34 pozos de bombeo de augas residuais cos que conta o municipio e 4.115 metros de colectores. Dita actuación forma parte do plan preventivo programado entre concesionaria e Concello para a posta a punto da rede municipal e evitarasí problemas aos veciños conectados ás redes de saneamento. Trátase da primeira campaña preventiva das catro que se realizarán ao longo do ano e o obxectivo é garantir o mellor servizo para a tempada de choivas facendo fincapé nos puntos definidos como conflitivos (baseándose en distintos aspectos tales como estado e antigüidade da rede, volume de auga residual que soporta, problemáticas que adoita presentar,tempo transcorrido desde a última limpeza e a propia experiencia da concesionaria do servizo). Paralelamente,

lévanse a cabo limpezascorrectivas para os atascos que se producen de forma imprevista e que se resolven de forma practicamente instantánea. Os traballos realízanse con medios mecánicos grazas a un camión de impulsión-succión de última xeración que facilita o labor aos operarios ao tempo producen as mínimas molestias aos veciños porque veñen dotados dun sistema de redución de ruídos. O vehículo conta cunhatobera que se introduce nos colectores e succiona os residuos ou impulsa auga a gran presión dependendo do tipo de obstrución que se detecte.Con este sistema extráese tódolos elementos acumulados dentro e que dificultan a circulacióndas augas residuais, podendo chegar a producir inundacións nas rúas. Así, os colectores recuperan a súa capacidade hidráulica de transporte.

Colaboración cidadá

Concello e Aqualia inciden na necesidade de que tódolos veciños se conciencien co bo uso do sistema público de rede de sumidoiros, evitando arroxar suciedade, verquido,toallitas hixiénicas,bastoncillos ou papeis

á rede de sumidoiros, elementos que provocan obstrucións e malos cheiros nas rúas.

Aplicación móbil que facilita todo tipo de xestións

O Concello de Nigrán e Aqualia, empresa responsable da xestión do auga na localidade, presentan á veciñanza Smart Aqua, a aplicación para dispositivos móbiles e tablets, Android e IOS, gratuíta e desenvolvida pola empresa para ofrecer o servizo máis completo aos cidadáns. Smart aqua permite realizar todas as xestións relacionadas co Servizo de Augas (abastecemento e saneamento) no momento que o cidadán desexe, da

forma máis sinxela e cómoda, ao alcance da súa man. "Simboliza un paso máis na comunicación aberta, transparente e próxima aos cidadáns e supón unha canle máis que aporta grandes vantaxes como optimización do tempo, axilidade das xestións, atención permanente...", resume o alcalde, Juan González. Así, esta aplicación non só permite realizar xestións que ata a data podían realizarse na oficina, por teléfono ou a través da web (como modificación de datos, consulta de consumos, envío de autolecturas con fotografía, pago de facturas, consultas e solicitudes) se non que, a diferenza doutras aplicacións, Smart aqua permite comunicar

directamente as incidencias aos usuarios afectados a través dun sistema de alerta (por exemplo, se se vai a producir un corte de auga programado nunha rúa por unha obra, mándaselle unha mensaxe aos usuarios que viven nesa zona para avisarlles con anterioridade). Outra funcionalidade novidosa que fai desta aplicación a máis completa do mercado é a posibilidade de que o cidadán, sexa cliente ou non do Servizo Municipal de Augas de Nigrán, poida notificar avarías de xeito preciso ao incluír un sistema de xeolocalización e envío de ata 2 fotografías da incidencia. Esta información chega directamente á oficina de Aqualia.

Dende o 18 ao 26 de xaneiro o Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para o obradoiro de expresión corporal e actividades socio-relacionais

Programa integral para maiores de prevención do deterioro cognitivo NIGRÁN.

O Concello de Nigrán reforza nesta nova edición o programa integral para a prevención do deterioro cognitivo dirixido a maiores de 60 anos empadroados no municipio. Este desenvolverase no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa de febreiro a xuño e de outubro a decembro, ofrecéndose por unha banda un obradoiro expresión corporal e actividades socio-relacionais e, por outra, un de estimulación da memoria que, por vez primeira, se amplía a dúas quendas.

A maiores, ofrécese novamente o curso de informática para maiores os martes e xoves en horario de mañá e no mesmo sitio. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse dende mañá 18 de xaneiro ao 26 de xaneiro no Departamento de Servicios Sociais do Concello de Nigrán pedindo cita previa (986365000), terán prioridade as persoas que non participaron en anos anteriores. Facer exercicio, manter a mente activa e non illarse socialmente son os tres eixos que os especialistas

recomendan levar adiante para previr deterioros cognitivos e neles se basa este programa que ofrece o Concello de Nigrán en colaboración coa Deputación de Pontevedra. O caracter fundamental do programa é preventivo, a súa finalidade é a de garantir unha maior calidade de vida dos nosos maiores tratando de evitar ou atrasar a aparición de problemas de memoria, do deterioro cognitivo, do Alzheimer e doutros problemas de saúde e de incapacidades; pero tamén de me-

llorar aqueles que se poidan ter na actualidade e de acadar un maior grado de autonomía e independencia. “Apostamos por políticas que garantan a calidade de vida dos maiores, como este tipo de cursos, turismo social, bailes para eles e mesmo o centro especializado en demencias neurodexenerativas”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González. O primeiro 'ACTIVAMENTE: taller de estimulación de memoria' é un programa para

estimular e acadar un uso activo dos procesos cognitivos que interveñen na memoria, co obxecto de mellorar a mesma e de prever posibles problemas que en moitos casos se deben principalmente á falta de actividade mental. Este será de febreiro a xuño e de outubro ao 21 de decembro, os martes de 17:30 a 19:00 (Iniciación) e os xoves de 16:30 a 19:30 (Mantemento, en dúas quendas para poder ofrecelo a dous grupos).


[ XXII] Finais de xaneiro 2018 OPINIÓN

CARLOS MÉIXOME Historiador

AI AMANCIÑO QUE VELLO VAS!

E

ra un conto, máis ben chiste, que se dicía cando eu era novo. Máis ou menos sería así. Seica andaba Franco enleado na pesca, suponse que do salmón, que para el a troita era cousa cativa. Contaban que uns buzos, sen que o soubese, metíanse na auga e prendíanlle, de cando en vez, un salmón na culleriña; seica se poñía moi contento. Por iso dáme que era salmón, xa que as troitas, ao seren tan pequenas, non debían ser moi doado ensartalas no anzol e, por riba, debaixo da auga. Aínda máis, seica, para el, ou era salmón ou, se non, bonito no Azor. Polo dito debía ser por Santela ou Pontevea aínda que o máis probábel é que fose pola ponte de Ximonde; en calquera caso no Ulla por onda A Estrada, máis ou menos. Pois o caso é que o “xeneralísimo” andaba ao salmón pola beira do río cando se atravesou cun home que ía cunha cana-india, sen carrete nin nada. O paisano quedóuselle mirando coa cara de parvo que se nos pon cando un coida que coñece a alguén, pero non sabes de que. Franco fitouno cos ollos moles, torceu o bico e preguntoulle: Pero home, non me coñece vostede?. Pois a verdade é que non lle caio; pero tenme unha cara coñecida. O gran militar, só comparable a Napoleón, enfatizou: Pois sonlle o galego máis famoso do mundo. Daquela o paisano botando as mans ácabeza exclamou: Ai, Amanciño, que vello vas! Seguro que a xente de hoxe non pilla ben o chiste, aínda que daquela tivo moito éxito. O caso é que, na altura, a década dos sesenta do pasado século, un dos ídolos máis populares era Amancio Amado Varela, un coruñés que comezara a xogar no Deportivo e triunfou no Real Madrid, tras unha ficha astronómica decidida polo Franco do fútbol que era Santiago Bernabeu. Os chistes, xa o analizou Freud, teñen a súa parte oculta, agochada, velada... Este reflectía a imaxe dun Franco un pouco mandarica; unha dulcificación da ditadura; unha simple sorna ridícula da grandeza do mandamais; en fin un “xeneralísimo” que andaba a pillar salmóns e falaba cun ignorante paisano que só sabia de fútbol. No fondo destilaba a quietude da aceptación do réxime ditatorial. A reali-

dade era ben diferente. Aínda lembro a visita que fixo ánosa vila, por mor da inauguración dunha obra estatal relacionada co traballo do meu pai. Medio mes antes, dicíame meu pai, estaba un da secreta detrás de cada piñeiro; o día da visita déronlle unha malleira ao xefe local da Falanxe que se atreveu, embriagado de entusiasmo, a traspasar o cordón de seguridade da Policía Armada. Lembreime do contoporque agora ándanse a facer chistes, mesmo por parte de profesionais quede algo teñen que vivir, cos moitos cartos do noso Amanciño contemporáneo. Ata para reprocharlle, en certa forma, que non invista entre nós, por exemplo mercando empresas en risco, que non fixese nada por salvar as caixas e ata facendo a graza de que se nós quixésemos si que poderiamos ser independentes xa que temos moitos cartos, os de Amancio,e non estamos arruinados como seica, din, están os cataláns. Tamén nesta chanza sobre o Amancio de hoxe hai unha parte oculta, velada; unha dulcificación do capitalismo depredador; unha simple burla da enorme grandeza; unha crenza papaleisona no vendedor de batas que se converteu a si mesmo nun dos homes máis ricos do mundo; no home feito a si mesmo da mitoloxía norteamericana. Na realidade estamos a falar de grandes, enormes, empresas que se apoderaran dos gobernos; de grandes capitais que empregaron a chamada globalización para desnacionalizar as súas fábricas e poñer as súas ganancias fóra do control das institucións, escamoteando o pago de impostos e provocando o seu corolario: o desmantelamento do estado do benestar e a privatización dos servizos sociais. O botín destes vencedores non consiste só no enorme conxunto de bens cos que se enriqueceron, senón na implantación dunhas regras que aseguran a continuidade do reparto desigual, que permiten que aumente cada ano a súa riqueza e que debilitan as posibilidades dos demais. Non semella que se considere este un problema que haxa que atallar; xa que logo parece que a acumulación da riqueza vai seguir concentrándose no 0´1% dos mais ricos ácusta do deterioro das condicións de vida das xentes traballadoras, das xubiladas, das clases medias e de estragar as expectativas da mocidade.

Terá lugar o domingo 4 de febreiro e coincidirá cos actos de celebración do Día Mundial das Zonas Húmidas

Ábrese o prazo para participar na ruta ornitolóxica polo Esteiro do Miño e a Foz da Ramallosa A RAMALLOSA.

No marco da campaña “Voando nas Rías Baixas”, as rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO BIRDLIFE que comezaron a pasada fin de semana no Complexo Intermareal Umia-O Grove, o esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa serán os protagonistas da segunda ruta gratuíta guiada o vindeiro 4 de febreiro. Deste xeito, as persoas interesadas en participar na segunda ruta do programa poderán presentar a súa solicitude desde hoxe mesmo, 23 de xaneiro, e ata o xoves 1 de febreiro a través da páxina web www.depo.gal ou ben dos rexistros da Deputación de Pontevedra en Pontevedra e Vigo. A ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa, que terá lugar o domingo 4 de febreiro, coincide cos actos de celebración do Día Mundial das Zonas Húmidas polo que o persoal especializado de SEO BIRDLIFE, que guiará a ruta e facilitará material para poder avistar as diferentes aves, tamén achegará información sobre a importancia das zonas húmidas para o ser humano e para a natureza en xeral. O esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa trátanse de zonas cunha grande variedade de hábitats. Así, falamos de zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur. Así, podemos atopar limícolas como mazaricos, biluricos,

pilros ou avefrías como patos, garzas, mergullóns ou pentumeiros. Tamén se poden ver aves rapaces, entre as que destacan a gatafornela, o lagarteiro cincente e a aguia peixeira, podendo observar a súa espectacular forma de pesca. Xunto á ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa, conforman “Voando nas Rías Baixas” a visita guiada ao Complexo Intermareal Umia-O Grove (que tivo lugar a pasada fin de semana) e ás Brañas de Xestoso (en maio de 2018). A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unha semanas xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos. Cada unha das rutas ornitolóxicas do programa da Deputación de Pontevedra “Voando nas Rías Baixas” conta con prazas limitadas, xa que o grupo non poderá exceder de trinta persoas ao tratarse dunha actividade que non pretende ocasionar impacto ambiental sobre estas zonas protexidas. A Deputación de Pontevedra está a apostar polo turismo ornitolóxico como unha nova modalidade para coñecer a provincia. Deste xeito, xunto con estas novas rutas, a institución provincial patrocinou no 2017 o documental “España, la tierra prometida” na que as Rías Baixas protagonizaron tres dos catro capítulos que o conforman.


Finais de xaneiro 2018 [ XXIII]

VAL MIÑOR

Por Xose Lois Vilar

CAZANDO GARRANOS

F

oi no ano 1929 cando o arqueólogo portugués Abel Viana publicou as gravuras rupestres da Laje das Fogaças e da Cha das Carvalheiras en Lanhelas (Caminha). Republicou logo en 1960. Hoxe sabemos de seis superficies na freguesía na mesma ladeira noroccidental do Monte de Góis que volve parcialmente analizar Costas Goberna e Pablo Novoa no 2004. Daquela tamén estudada por Lara Bacelar. Foi tamén naquel tempo cando o complexo arqueolóxico foi ameazado de desaparición pola conexión entre a estrada que vai de Valença a Caminha e a autoestrada (A-28) que vai ó Porto. Outra volta, como xa acontecera coa barragem do río Côa, arqueólogos e cidadáns conseguiron manter os petróglifos modificando o trazado da infraestrutura viaria. Indo á arte, estas superficies forman parte das dez ducias de gravados que estamos a estudar no Proxecto Equus e que coñecemos desde hai lustros. Forman un grupo compacto xeográfica e estilisticamente onde o cénit está na citada Laje da Cha das Carvalheiras, unha grande superficie plana de 8x6m inclinada cara o nacente, diminuída polos canteiros e que representa a escena de caza dun équido. Pola dereita temos un zoomorfo sen cola, partidas as patas dianteiras e o fociño polo corte da canteira e cun estilo distinto os ou-

tros équidos do petróglifo definidos por unha liña que define unha orella baixa polas crineiras delinea o lombo e os cuartos traseiros sobe polas patas para debuxar a barriga, as patas dianteiras, cúrvase no fociño para rematar na orella que faltaba, ficando aberto o espazo entre orella e orella. Así está modelado o animal principal, á dereita da composición, cun suco profundo con aires de baixorelevo, rodeado por dúas liñas longas que rematan en cadansúa coviña, unha parte duns alfabetiformes modernos e a outra do cume da laxe, dunha posible espiral moi erosionada. Este animal ten a longa cola dun équido enriba dunha figura antropomórfica e sobre o lombo un trazo horizontal e varios verticais que Abel Viana describía como as posibles cornas dun veado. Nós, que ollamos unha representación cinexética, vemos un cánido trabándolle no pescozo, outro cánido enriba da cola e o home axudado por sete cánidos máis, gravados de distinto xeito debaixo do équido. Nun escunchado vello da superficie hai un zoomorfo iniciado pero non rematado e, a continuación da greta central, tres équidos máis, o da parte superior montado e con cola de dobre trazo e peor feitura que o animal cazado. Debaixo deles un cuarto équido coas liñas apenas picadas unha soa vez co percutor, home e ferramenta, insi-

EN LANHELAS

LAJE DA CHA DAS CARVALHEIRAS. deseño 3d de eLoy MarTínez soTo.

nuando a presenza dun animal, moi, moi semellante ó trabado polo can, unha delicia icónica que a técnica 3D de procesado de imaxes levada aquí por Eloy Martínez mellorou os deseños de Abel Viana e os de Javier e Pablo. En definitiva, outra vez se confirma o novo paradigma: ó sur da ría de Vigo escasísimos os cervos macho de exhuberantes cornas e aquí unha e outra vez representación de équidos, neste caso capturado coa presenza do home a pé e dacabalo e o mellor amigo do home, ata nove individuos ladrando, acosando, festaxando a caza dese corpulento équido quizais ence-

rrado nesas liñas que o arrodean. O percutor que picou estas figuras é un elo do grande complexo iconográfico calcolítico, coñecedor dun discurso que percorreu a fachada atlántica peninsular durante centos de anos. O mesmo discurso que inspirou, por exemplo, o petróglifo descuberto o 7 de decembro do 2017 na Coutada (Taboexa, As Neves) onde o gravador deixou para os milenios e as xentes homes armados, a pé e dacabalo, équidos fuxindo, un deles coa arma cravada no lombo, cans, trampas, … E animais coa mesma fasquía en Taboexa e en Lanhelas, as mesmas curvas, no cu, no lombo, nas patas...


[ XXIV] Finais de xaneiro 2018 VIGO

Bará insta á Xunta a “sentarse a negociar” e colaborar en cuestións de país onde non caben as “guerras partidistas”

O BNG considera compatible o subministro de auga a Vigo e preservar a riqueza do Verdugo VIGO.

O BNG critica o veto do PP a unha proposta nacionalista con medidas que facían compatible a preservación da riqueza ambiental e socioeconómica do Río Verdugo con garantir o abastecemento de auga de calidade a Vigo e aos concellos da comarca. “Esta iniciativa ten dous obxectivos totalmente complementarios: Salvagardar o río Verdugo e garantir o subministro con auga de calidade a Vigo e a todos os concellos que comparten a mesma rede de abastecemento”, sintetizo o deputado Luís Bará. “Traemos unha proposta construtiva que permite superar a confrontación e dar solucións aos problemas pendentes, que son perfectamente coñecidos desde fai polo menos 15 anos”, resaltou na súa argumentación, tras salientar que “o obxectivo principal da proposta do BNG é traballar en favor de Vigo e da súa comarca para resolver un problema pendente, complexo pero que ten solucións, e máis alá da confrontación partidista hai que dar un debate serio sobre a auga como recurso, que dea resposta ao problema cíclico da seca como consecuencia do cambio climático”. A proposta do Bloque desbota o transvase do Verdugo, que suporía unha “catástrofe ambiental e económica”, -máxime tras a contundente contestación social en todos os

concellos afectados con independencia da cor política-, transvase que xa foi desbotado pola Xunta de Feijóo en 2012 admitindo o acto impacto ecolóxico. A outra cuestión prioritaria da iniciativa, abordar de inmediato un plan de investimentos para modernizar a rede de abastecemento de Vigo e dos concellos da comarca, xa que ten as tubaxes deterioradas e obsoletas provocando perdas de ata o 30% da auga. “Hai problemas nos 27 quilómetros de tubaxe e o propio concello de Vigo advertiu fai catro anos deste situación reclamando obras para modernizar unha rede obsoleta e anticuada que mesmo da problemas na calidade de auga, como se viu en algunhas parroquias viguesas como Canido”, indicou Bará, quen tamén incluía na proposta do Bloque a mellora inmediata da estación potabilizadora de Casal na cidade olívica. A pretensión do Bloque con esta proposta é aplicar “actuacións integrais, fora dos parches, desbotar o transvase e apostar por un plan de investimentos para mellorar a rede en Vigo, plan que ten que ser compartido pola Xunta e polo Concello para mellorar a eficiencia da rede de abastecemento de Vigo e concellos da comarca, para corrixir roturas e fugas da rede”. Igualmente, como terceiro punto, a modernización da planta potabi-

lizadora do Casal. Según os nacionalistas, a Xunta debe abandonar a confrontación e apostar pola colaboración porque se trata de cuestións de país como a ordenación da auga, a preservación dos ríos e garantir abastecemento de auga de calidade a Vigo e aos concellos da comarca como Soutomaior, Redondela, Vigo, Porriño, Moaña e Cangas.

Pacto social pola auga

“Este non é un problema que afecte só a Vigo e a Xunta ten que implicarse na solución, non ten que ir a unha guerra partidista nin a unha guerra entre institucións porque iso é o que levan facendo nos últimos anos, confrontar pola área metropolitana, polo transporte, polo tema das Cies, polo abastecemento, Xunta e concello. Séntense a falar e cheguen a acordos” en beneficio da veciñanza, instou Bará. O deputado aproveitou a intervención para recoñecer “a loita social exemplar na defensa do río Verdugo” e deixou no debate a reflexión sobre a necesidade dun gran pacto social pola auga, “para falar de aforro, sustentabilidade, racionalización do consumo, revisión da estrutura tarifaria, diferenciar uso industrial do doméstico e seguir exemplos como os que en Pontevedra permitiron reducir as perdas de auga na rede a menos dun 5%”.

Empresa encargada do mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Os traballadores/as de Veolia logran as mesmas condicións laborais co persoal do Sergas VIGO.

Os traballadores/as de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, ratificou recentemente en asemblea por ampla maioría o o convenio colectivo de centro de traballo que iguala as condicións laborais co persoal do Sergas. Segundo explican dende a CIG-Industria, os 64 empregados/as de Veolia tiñan até o de agora distintas condicións laborais ao vir de distintos centros de traballo e contar con convenios diferentes: Meixoeiro, hospital Xeral (persoal do Sergas) e da propia empresa. “Entón promoveron eleccións sindicais e gañou a candidatura da CIG, tras o que se iniciou a negocia-

ción dun convenio de centro de traballo que igualase as condicións laborais”. Tras case ano e medio de conversas coa empresa e numerosas mobilizacións -incluída a convocatoria dunha folga indefinida que non se chegou a facer efectiva porque se chegou a un acordo- os traballadores/as lograr que a dirección atendese as súas reivindicacións, polo que se elaborou un novo convenio que os iguala co persoal do Sergas. O preacordo pactado foi aprobado nun primeiro momento en asemblea, mentres que máis tarde os traballadores/as ratificaron o convenio final que lles foi entregado polo comité de empresa (2 delegados da CIG, 1 de CCOO, 1 da UGT e da UTI).

TABERNA MAGARIÑOS Torre 5 A Couso, Gondomar 986 197 908


Finais de xaneiro 2018 [ XXV]

VIGO

Reclamou á Xunta axilizar os trámites administrativos

O alcalde de Vigo respalda a ampliación do Polígono de Valadares e reclama celeridade na tramitación VIGO.

Os informes municipais remitidos á Xunta son favorables á ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico, onde poderán instalarse firmas comerciais que requiren de parcelas de gran tamaño. Existe demanda ao efecto, expuxo o alcalde, quen reclamou axilizar os trámites administrativos para que sexa realidade canto antes. A Xerencia de Urbanismo celebrada este xoves tomou coñecemento dos informes remitidos á Xunta de Galicia para a ampliación do PTL. Segundo informou Abel Caballero, os ditames municipais son favorables ao desenvolvemento do proxecto sectorial. O alcalde explicou que o Concello, que leva tem-

po requerindo da Zona Franca a ampliación do polígono de Valadares, é promotor "indirecto" desta actuación ao instar á adopción da vía supramunicipal como fórmula para evitar as consecuencias da anulación xudicial do Plan Xeral vigués. "É da maior importancia para Vigo", valorou Caballero a ampliación, pois existe unha "enorme demanda" de solo comercial de medio e gran tamaño na cidade: "o meu desexo é que ahí se instale IKEA", avanzou. O alcalde demandou que se axilice a tramitación para que a ampliación do PTL sexa unha realidade o antes posible, pois son moitas as entidades comerciais que queren asentarse en Vigo e precisan do espazo para facelo.

Tráfico

Os informes do Concello dan a conformidade municipal ao desenvolvemento deste proxecto sectorial mais formulan algunhas observacións, entre as que o rexedor salientou a relativa ao tráfico no entorno. Caballero demandou "entrar a fondo" na reordenación da circulación nun espazo que dá servizo á Universidade, xunto ao que se instalou o novo hospital Álvaro Cunqueiro e que sumará agora áreas comerciais. O Concello propón "mellores conexións viarias" coa ampliación do PTL e suxire alternativas, adiantou o alcalde, como habilitar unha conexión directa do polígono coa VG20, evitando así a Avenida Clara Campoamor. Fonte;Vigo.org

Aberto o prazo para obradoiros de Igualdade

VIGO.

A Concellería de Igualdade de Vigo abre o prazo de inscrición para os obradoiros de pintura e xénero,iniciación ao teatro,sensibilización en xénero e igualdade de oportunidades, introdución ao método Zentangle. Os obradoiros son de carácter gratuíto e se impartirán na Casa das Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade. Inscrición previa desde o día 26 de xaneiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00h. Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil.


[ XXVI] Finais de xaneiro 2018 ENTREVISTA

MADERAS IGLESIAS. CRÓNICA DE 249 TRAXEDIAS Maderas Iglesias é unha das máis importantes empresas da comarca da Louriña. Ten a súa orixe histórica na parroquia de Oleiros en Salvaterra, pero desde principios da década dos 70 do pasado século, a súa factoría ubícase na localidade de O Porriño, en concreto na zona de Torneiros. A empresa na actualidade da traballo a 249 persoas das que arredor do 80% son mulleres. Pero nos bos tempos 800 persoas prestaron os seus servizos na compañía. Na actualidade a situación da firma é gravísima, de feito todo apunta a que acabe por pechar as súas portas. De consumarse a catástrofe, o golpe sería durísimo para moitas veciñas e veciños das comarcas da nosa área de influencia. 51 persoas de Salvaterra, 38 de O Porriño, 36 de Vigo, 32 de Ponteareas... corren un risco enorme de ver truncadas as súas expectativas vitais. Moitas das traballadoras e traballadores, asemade, están en torno aos 50 anos de idade, porque xa levan toda a súa vida traballando nesa empresa, co que se encontran nun abano de idade no que terán moi complicado volver a integrarse no mercado laboral. A situación do persoal, roza a desesperación, abafados por ERES sucesivos, temén quedan sen traballo e co desemprego consumido, na rúa e sen dereito a cobrar nada. A Nova Peneira desprazouse ata o local da CIG, o sindicato maioritario no comité de empresa, para conversar con 3 dos seus membros: Vicente, Manuel e Pedro. Segundo o criterio do comité de empresa, a propiedade da fábrica ten unha elevadísima cota de responsabilidade na situación cuasi comatosa da mesma. Como se distribúe a correlación de forzas sindicais no voso comité de empresa? Somos un comité de 13 persoas, dos que 7 somos da CIG , 4 de CCOO e 2 de UGT. Nos bos tempos Maderas Iglesias tiña arredor de 800 traballadores, verdade? Pois si, entre o 2005 e o 2006 estabamos nesa cantidade máis ou menos. En novembro do 2006, unha reportaxe do xornal El Pais, nos definía como a maior factoría de tarima flotante de todo o mundo. Naqueles momentos tiñabamos filiais en USA, Polonia e Eslovaquia. Caramba, nun período de tempo relativamente corto, unha década, a curva descendente foi elevadísima. Si, fíxose ver especialmente cando estoupou a burbulla inmobiliaria. Que pasou despois? Comezou un descenso brutal de pedidos, perdemos moitos clientes, e o proceso de deterioro levou a que se foran desfacendo nun primeiro momento das persoas que tiñan contratos temporais. Quen é o propietario da empresa? Inicialmente un grupo familiar, agora

ten un propietario único Juan Ramón Iglesias. Segundo a vosa opinión, a propiedade ten responsabilidade na actual situación? Nós pensamos que moitísima. Por que? Fíxate, despois de termos comezado cos ERES, pre concurso de acredores e problemas varios, chegamos a ter un importante repunte no ano 2015.

De feito nesa época , chegamos a ser arredor de 400 traballadores. Entramos con moita forza no mercado asiático. Nós consideramos que nese momento non se lle mandaba o material que se axustara a calidade que pedían os clientes. Vaia, entón dábaselle un servizo deficiente ao cliente? Xusto. A China mandámoslle un montón de contenedores e a maioría volveron

de volta, aos países nórdicos o mesmo. E a responsabilidade dese servizo deficiente é só do propietario? Nós entendemos que si. E cal sería, ao voso xuízo o motivo dese servizo deficiente? Nós consideramos que aforrar costes e incrementar o beneficio. Como credes que evolucionarán os acontecementos? Antes do nadal, el díxonos que estaba disposto a negociar un ERE extintivo para 140 traballadorxs. Quedamos citados para o 12 de xaneiro. Na xuntanza ofrecésenos unhas condicións inaceptables, quere pagar as indemnizacións polos despedimento con pagarés. Pero claro, se a empresa pechase antes do seu vencemento, non terían valor económico algún. Aínda así, coa extinción de 140 postos de traballo, non nos garantía a viabilidade da compañía. Nós non puidemos aceptar iso, e desde entón a empresa está calada. Pódese establecer un parámetro medio da idade do persoal? Nós calculamos que sobre corenta e moitos. A vosa situación debe ser de permanente tensión? Horrible, a verdade que si. É unha angustia constante, unha situación de desmotivación, de non saber que pasará mañá absolutamente espantosa. Hai xente afectada polo ERE que corre un risco enorme de irse para casa, coas prestacións do desemprego esgotada. Que tal se porta a CIG con Vós. Están ao que teñen que estar, ou cómpre tirarlles da orellas? O noso sindicato pórtase de marabilla. É un orgullo pertencer a un sindicato que dá todo o que ten que dar, e está sempre que ten que estar. E as administracións? Algúns concellos como Salvaterra, Porriño, As Neves e Salceda ou Ponteareas pórtanse tamén moi ben con nós. A Deputación tamén está a portarse ben. E os partidos políticos? O BNG e En Marea de marabilla, só temos boas palabras para eles, o Psoe digamos que ben e o PP, pois en teoría si, pero na práctica non fan nada. Rematamos agradecéndovos a vosa amabilidade, expresando toda a nosa solidariedade con vós, desexándovos moita sorte e cunha última cuestión. Vós pensades que a situación é reversible? Nós estamos seguros de que a empresa é viable, con boa xestión e a vontade adecuada somos viables con seguridade. Por parte da propiedade hai vontade de que a empresa sexa viable? Por desgraza nós creemos que non. Moitas grazas e moita sorte.


Finais de xaneiro 2018 [ XXVII]

DEPORTES

Celebrada no recinto ferial Expourense

Celebrada a XIV Copa de Atletismo de Pista Cuberta OURENSE.

Acábase de disputar na Pista Cuberta do recinto ferial Expourense unha nova Edición correspondende a XIV Copa de Atletismo de Pista Cubertana que os oito millores equipo galegos competían na procura deste prestixioso título autonómico. Na categoría feminina o Atletismo Feminino Celta cun total de 83 puntos acadaría o título copero grazas en parte ós primeiros postos acadados polas fichaxes internacionais Nediam Vargas nos 200 m.l. con 25.20 e Alice Marie Genevieve nos 1500 m. con 4.34.50. Xunto elas as temén internacionais Eva Queimaño en altura con 1.57 e Olaia Guisela Becerril en lonxitude con 5.30 m. contribuirían a apuntalar as celestes ó igual que a victoria de Beatriz Viteri en pértega con 3.51 m. Compartindo podium xunto as gañadoras estaría o conxunto do ADAS-Proinor a sete puntos, sendo terceiras a Sociedad Gimástica a 11. Na categoría masculina, e defendendo título, o

O futbolista tomiñés Diego Silva, premio Xogador Cinco Estrelas Mahou da primeira volta O concelleiro de deportes, Ismael Troncoso, quere felicitar publicamente o gran papel que está a desempeñar o xogador do Coruxo FC TOMIÑO.

trunfo correspondería a Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 78 puntos nun encontro moi igualado na que sería segundo o Real Clube Celta a tres do gañador. No terceiro posto con 74 puntos, un sorprendente C.A. Narón que ben de artellar un conxunto moi

competitivo para este ano. Por parte dos gimnásticos salientamos os trunfos de Raúl Cortizo no concurso de altura con 1.84 m., de Anxo Blanco no triple con 14.80 m. asi como a do seu incombustible capitán Victor Gallego, quen mandaría o peso ata os 15.73 m. A nivel de rexistros personáis destacadas marcas de Javi Cancelas nos 60 m.l. quen con 6.85 acadaría o terceiro millor rexistro de todos os tempos na proba. De igual modo notable comezo de tempada para Leticia Fernández, quen na proba dos 800 m.l. e sen riváis, sería quen de parar o crono en 2.09.01

O futbolista tomiñés Diego Silva vén de recibir o premio ao Xogador Cinco Estrelas da primeira volta, un certame impulsado por Mahou a través do que os afeccionados elixiron ao xogador do Coruxo FC como mellor deportista do seu equipo durante a primeira metade da temporada. O responsable da Concellería de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso, quere felicitar publicamente a Silva polo gran papel que está a desempeñar no eido do deporte, recoñecemento que agora lle chega a través dun premio nacional. O concelleiro subliña que “é un orgullo para Tomiño ter un xogador con esta proxección deportiva”. O xogador tomiñés, de 31 anos e un dos máximos goleadores do seu equipo no que vai de temporada, chegou ao Co-

ruxo FC este verán procedente do Choco para reforzar o ataque do club. Esta é a súa segunda etapa vestindo a camiseta verde, xa que militara no equipo de O Vao na tempada 2008/2009, en Terceira División.


[ XXVIII] Finais de xaneiro 2018

AS REPORTAXES DE G.FIGUEIREDO (I) INICIAMOS UNHA NOVA SECCIóN na que trataremos de dar a coñecer a personaxes e acontecementos de especial relevancia en Galicia. Comezamos a xeira falando de “Marcelino Terra Libre”, un asturiano-galego protagonista do levantamento republicano no ano 1905, creador dunha granxa en Angudes chamada Terra Libre que abrazou a fe no Republicanismo e mais no Agrarismo.

“Marcelino Terra Libre”

M

arcelino Gómez Arias, nado en Armeirín, Asturias, o 5 de setembro de 1880 e finado en Crecente o 13 de marzo de 1924, foi xornalista e político republicano galego. Este fillo de campesiños, sendo mozo, con quince anos, emigra a América dende o porto de Vigo. En América pasa por Colombia, Montevideo e Buenos Aires. Autodidacta, introdúcese no xornalismo e nos círculos republicanos españois. Con 23 anos participa, coas armas na man, na revolución uruguaia de 1904. En outubro de 1905 regresa a Galicia, a Angudes, Crecente, onde residía o seu irmán Segundo, estableceuse con el e aquí participa nunha sublevación republicana na que estaban implicados mozos de Angudes, Rebordechán, Valongo, Cortegada e Trado con personaxes como Lerroux, Blasco Ibañez, Nicolás Estebánez ou Rafael Calzada, esta foi coñecida como “Intentona de Crecente”, Marcelino, á fronte dunha ducia de homes dirixiuse ata Celanova onde se lle deberían sumar outras partidas para dirixirse cara a Ourense pero esta operación foi abortada pola intervención do líder parlamentario republicano Nicolás Salmerón. Marcelino tivo que fuxir a Portugal e refuxiarse na Arxentina. Alí instálase en Tandil onde participa na creación do Partido Republicano Español en Arxentina e funda o periódico La España Moderna. Coa intención de regresar a España, instálase en Portugal onde volve editar La España Moderna e despois El Clamor Español, alí participou na Revolución Republicana Portuguesa de 1910 e asiste á proclamación da República o 5 de outubro de 1910. O que procuraba en España conseguiu vivilo en Portugal. Ao ano seguinte dá un xiro na súa vida, regresa a Angudes coa idea de establecerse definitivamente e cun novo proxecto na súa cabeza, a posta en marcha dunha explotación agraria innovadora que servise de exemplo para a mellora das condicións de vida dos labregos; denominaraa “Tierra Libre”, será tamén a cabeceira dun novo xornal, así será coñecido popularmente e permanecerá na memoria da veciñanza: Marcelino “O Tierra Libre”. Aquí casou cunha filla do seu irmán Segundo, a súa sobriña, coa que tivo oito fillos con nomes tan laicos e eufónicos como Riego, Cervantes, Armonía, Floreal, Germinal ou Lealtad Amador. Abandeirou a loita contra o caciquismo, contra os foros e contra o imposto de consumos no partido xudicial da Cañiza. Editou os periódicos Tierra Libre e El Amigo del Pueblo. Foi presidente da Sociedade Española de Artistas Notables; e fundador, xunto cos mais destacados personaxes da cultura española, da Liga para a Defensa dos Dereitos do Home; é autor de múltiples obras e artigos como “Revolución uru-

guaya de 1904: sus operaciones en el sud. Bos Aires, Establecimiento La Leonesa, 1905”; “Entre obreros: diálogo sociológico. Madrid, Biblioteca de La España Moderna, 1910” ou “La huelga. Madrid, Biblioteca de La España Moderna, 1910”. Impulsor da unidade dos republicanos españois, e unha loita diaria sen cuartel a prol da República, os dereitos dos agrarios e contra do caciquismo. O seu pasamento chegou cando aínda non cumprira os 44 anos, despois dunha persecución sen límite polo caciquismo. Se queredes saber máis deste loitador sen descanso dos dereitos do home, republicano de fe e proclamador da república, recoméndovos o libro de Perfecto Ramos Rodríguez, un economista por formación, empresario en exercicio e historiador de vocación. Este escritor de Sendelle, Crecente, leva anos en pescudas diversas sobre a historia das súas terras natais. Neses labores bateu con información oral sobre “O Tierra Libre”. Andou na súa procura durante moitos anos para recuperarnos non só un personaxe extraordinario senón páxinas cruciais da loita polo máis fondo e universal ideal republicano que agora nos ofrece nunha magnifica obra editada por Redelibros baixo o rótulo de “Marcelino Gómez Arias. Unha vida dedicada á loita pola República e o Agrarismo”. Xa para rematar a primeira reportaxe desta xeira, unha anécdota que non temos moi claro se corresponde ao eido da mitoloxía, ou á realidade. Marcelino morreu, sen ver o seu gran sono e obxectivo vital, a proclamación da República. Contan que cando no ano 31 proclamouse a II República, a dona de Marcelino achegouse ao seu cadaleito e díxolle: ”Marcelino, levántate home que por fin chegou o teu día.”

XOÁN ALONSO Corresponsal en Euskadi de A Nova Peneira

T.A.M (Trebellos de

A

aillamento masivo)

cativa xa ten metido o demo no corpo e a ver que llo quita agora. Ben sei que non é doado ir en contra da sociedade e da xente que nos importa e rodea. Ainda que consideremos que o camiño non é o correcto, non é doado afastarse da manada. Non podemos esquencer que somos animais afeitos a vivir en comunidade, para ben e para mal. Hai que ter os miolos ben asentados para non seren engulidos pola deriva ou para non saltar dende ponte ao baleiro. Hai que ter os pes na terra para resistir que che sinalen co dedo e che digan que eres un paspán que fai o fai só por querer ir en contra do progreso. Manda truco co progreso! A nosa cativa xa ten once anos, poucos, de momento, e xa ten o run-run do teléfono móvil metido na cabeza, non porque o neceiste, se non porque xa hai compañeiras da escola que andan a enredar todo o día con este aparello de aillamento masivo. E claro, a moda émoda. Nalgún intre das nosas vidas todos fomos, dalgun xeito ou outro, engulidos polas ondas da moda. Ben podía ser un trompo de última xeración feito en buxo, uns “espáis” con cámara de aire, unha canica americana ou as guedellas máis porcas do mundo. A moda eche así, ven e arrambla con todo. Logo pasa e á outra cousa, ou,logo pasa o que pasa. A nosa cativa quere un móvil e nós coidamos que é cedo para porlle unha arma nas mans. E non o dicimos nós o din os expertos que saben do tema e aos experto ahí que facerlles caso para non botar ás mans a cabeza cando ocorren certas cousas. Nós pensamos que unha cativa da súa idade, en condicións estables, non precisa deste aparello para nada e, ainda menos, cando está na rúa xogando cos amigos. Nin tan sequera nós, que andamos aparvados todo o día enviando mensaxes estúpidas, interesados polo que lle ocorre á formiga nómada na Australia,pendentes desa chamada de emerxencia que pomos coma escusa para andar cos ollos cravados nunha pantalla de sete pulgadas. Hai veces que inconscientemente collemos o móvil para saber o tempo que vai na rúa no canto de ollar pola fiestra. Esquecémonos dos trocos de estación, dos pasos de peóns, dos fermosos ollos da nosa parella, da cor das nubes, do cheiro do mar, da eterna expasión do universo, en fin, da vida, coma se a vida non fora certa se non o dí o noso móvil. Logo pasa o que pasa, un perde o costume de falar e de mirar aos ollos cando conversa. Ben sei que non é doado loitar contra o mundo, porque te engule, pero nas nosas mans está non converter aos nosos cativos en pequenos zombis sin sentimentos, incapaces de construir unha frase sen o texto predicitivo e incapaces, tamén, de amosar emocións sen emoticonos. Agardo que non chegue o día en que se poñan de moda as patas de pau, porque daquela, non vou ser eu o que lle corte unha perna a miña cativa. Chamaime vello, pero non contedes conmigo.


Finais de xaneiro 2018 [ XXIX]

OPINIÓN

ANA HERMIDA Asociación Lisístrata

C

A RESPOSTA ESTÁ NA SOCIEDADE

omeza o ano e seguen a cometerse os mesmos erros polos organismos públicos, a estas alturas pouco ou nada espero da súa mala ou nula xestión. A resposta, coma sempre, está na sociedade, no pobo que sempre vai por diante de quen nos desgoberna. Con respecto á igualdade e violencia de xénero, temos na nosa man, a da cidadanía, a solución a esta pandemia mundial. Observo horrorizada como o tema da igualdade está “de moda”, está a converterse nun novo tipo de negocio onde todo vale. Non se miden as consecuencias de tan nefasta xestión, non calculan o mal que están a facer, en fin, que lle imos pedir a xentes ben asentadas nun posto “dixital”, elas que tanto criticaron ese tipo de cargos, é o que ten a dobre vara de medir, o dobre discurso, o partido crea un posto para alguén da súa corda política, pono a dedo cobrando miles de euros ao mes e cuns privilexios que non merecen, para non facer un traballo para o que non están nin preparadas nin saben facer, o caso é dicir que se fai, saír en toda canta foto haxa oportunidade de figurar, facer “autofotos”, poñer o seu

logo en, disque, actividades de igualdade e xa está, expediente cuberto. Nada importa nin o contido nin as persoas destinatarias, canto máis alto sexa o contrato, mellor, cantas máis persoas de carreira haxa nese proxecto, máis oportunidade haberá de imputar uns gastos que pagaremos toda a cidadanía, e para que? quen se beneficia? a infancia? nunha ocasión estaba eu nunha perruquería e a dona estábame a contar que as súas fillas tiveran unha actividade dun organismo público para concienciar na igualdade, pregunteille e non me soubo dicir de que se trataba, nese momento entraron as fillas, 8 e 6 anos, aproximadamente, daquela díxenlles, hoxe é un día importante, verdade? resposta “si, é sábado”, volvín preguntar, e onte que foi o que fixestes no cole, volveron responder “viñeron contar algo pero non sei ben”, con este panorama é de entender que os obxectivos non se están a cumprir, é moi bonito cubrir un expediente por uns cantos millóns das antigas pesetas, que bonito queda na foto! que ben facemos as cousas! Pois coa igualdade non se xoga, coa violencia de xénero tam-

pouco, coa infancia moitísimo menos. Quen está a facer que? por que motivo? en que condicións? Alguén tirará beneficios de toda esta senrazón, non credes? quen? Alguén se preguntou esto algunha vez? Mentres, quedo coa resposta da sociedade, dese neno que á súa curta idade chamou á policía dicindo que estaban matando á súa nai, daqueles mozos que escoitando berros desesperados dunha moza foron na súa axuda salvándolle a vida cando a quixeron secuestrar, de tanta xente anónima que toma conciencia da gravidade do tema, mentres quen nos desgoberna segue na autocompracencia. A resposta témola nas nosas mans, en nós está o non deixar que nos desgobernen mentres nos están a asasinar, mentres nos rouban futuro, infancia, vida… Como dixen, quedo coa imaxe deses dous mozos de Boiro que foron na axuda desa moza, aínda que o que máis me sorprende é a pasividade de toda a veciñanza que durante minutos escoitou os berros de auxilio da nena e que “ninguén” a socorreu, ninguén tivo o valor de chamar á policía, que nos

"GOZA DE BOL TODO O FÚT CON NÓS"

está a pasar? imaxino a angustia desa nena berrando desesperada e imaxinando unha morte inminente, mentres a cidadanía non fixo nada, eses minutos que serían horas para ela, por que non a socorreron? por que? a sorte foi que pasaran dous mozos que fixeron o que toda a cidadanía debera… axudar. O peor que se pode facer e non facer nada, converténdose en cómplices do asasino, ese día en Boiro, a rúa enteira foi cómplice dun terrorista machista, dun asasino, dun violador, como poden vivir con ese remorso? Polo que respecta a min, cada día estou máis convencida do que estou a facer, a concienciación na igualdade e violencia de xénero, un camiño duro e cheo de impedimentos, mesmo de quen nos desgoberna, dun e doutro bando, camiño soa, libre e sen axudas, con todo en contra e poñéndome pedras no camiño, é a peaxe que hai que pagar por non pertencer a ningún partido, págoa con gusto, o fin é o que importa e compensa sempre cando escoito o que escoito nas sesións que fago. Perdoade por non poder facer máis…non me deixan.


[ XXX] Finais de xaneiro 2018 REPORTAXE

ANDRÉ G. MAYO Historiador

Un breve anaco da historia de Galicia D

ende hai algún tempo estoulle dando voltas a cabeza sobre a utilidade da historia. Unha utilidade que vaia mais aló do arquivo, das aulas ou do museo, que mire o pasado para lograr ver cuns ollos renovados o presente que se nos amosa ante a vista.Posto que un país que descoñece o seu pasado, endexamais saberá quen e hoxe e, moito menos quen pode ser mañá. Por iso e preciso que de cando en vez, nos tomemos un breve descanso no alto dun miradoiro para observar o camiño que fomos percorrendo. A historia, mostrásenos así, como un poderosa ferramenta capaz de describir a vida dos nosos antepasados cunha precisión de enxeñeiro, de ilustrar a cultura do noso país a todo cor como o faría un pintor e, en definitiva,dicir quen somos nós neste día. Eu veño dunha cidade de mar, de aí que a miña infancia a recorde xogando entre as gamelas varadas na area da praia, as nasas colgando dos barcos e as historias dos avós que marchaban a traballar ó mar. Tanto eu coma unha gran parte dos galegos levamos o mar no sangue. De aí que decidírame a falar dunha forma breve sobre a importancia da pesca na economía galega moderna, como unha reivindicación do noso pasado. A época moderna vai dende o século XVI ata finais do XVIII, para ser mais exactos, dende o descubrimento

de América no ano 1492 ata o 1789,ano en que acontece a Revolución francesa. Escollín este período porque aínda sendo unha época afastada e próxima a este momento que estamos a vivir. Porque o resultado dos berros dos nosos antepasados son o eco que estamos a escoitar nos hoxe. Así funciona a historia. Os anos acumúlanse como grans de área na praia perdendo así a súa importancia para que a gañe o conxunto, que é esta paisaxe que estamos a contemplar neste preciso intre. Cando Jerónimo del Hoyo, canónigo da catedral de Santiago, no seu“memorias del arzobispado de Santiago” de 1607 fálanos da súa viaxe pola costa galega, deixa constancia do seu abraio coa gran variedade de especies mariñas que se poden atopar nos

portos galegos. Nos fala de congros, ollomoles, atúns, golfiños, baleas, rodaballos, tabeiróns e fundamentalmente sardiñas. Un viaxeiro, Jerónimo de Münzer, xeógrafo, cartógrafo e humanista alemán do século XV que viña dende Nuremberg nos falabapor outra banda do dinamismo e da gran capacidade exportadora do sector pesqueiro galego. Polo tanto estes dous exemplos son moi ilustrativos porque nos falan da gran importancia do sector pesqueiro na Galicia moderna, tanto na gran diversidade de especies mariñas, como no peso destas actividades na economía local e, de algo que se di implicitamente, no gran número de veciños que se adicaban a dita labor. Co dito anteriormente non e de estrañar que contaramos cun dos centros pesqueiros mais importantes da península xunto co da cidade de Cádiz e Viscaia. En Galicia o porto da cidade de Pontevedra no século XVI e comezos do XVII e o mais importante e posteriormente o será o da vila de Cangas do Morrazo no século seguinte. Tamén cabe destacar o porto da Coruña e das vilas de Muros e Noia. Galicia dedicábase fundamentalmente a pesca da sardiña, que se levaba a cabo grazas o emprego dunha gran variedade de artes de pesca diferentes,

que ían dende as mais sinxelas,empregando útiles como liñas, anzois e nasas ate outras artes que precisaban dunha gran cooperación entre todos os membros da vila, o “xeito”, a “rede gueldar” e o “alvareque” son algúns destes exemplos. Unha vez no porto a sardiña conservábase mediante a técnica do salgado, e unha vez así era transportada a diferentes puntos da península para a súa posterior venda. O seu principal destino era o mercado portugués, aínda que tamén as dúas coroas de Aragón e Castela. Ata mediados do século XVIII o mercado portugués e cantábrico estaba en mans de empresarios galegos. Tamén o polbo e o congro, e incluso o bacallau, pois temos noticias de pioneiros que se aventuraban ata a zona de Terra nova na procura do devandito peixe. Tiña tamén unha gran relevancia a pesca da balea, fundamentalmente na costa do norte. Esta era unha actividade coordinada entre galegos e pescadores de orixe vasca que formaban pequenas sociedades dedicadas a esta actividade. As técnicas empregadas eran sinxelas, como nos describe de novo Jerónimo del Hoyo na súa obra. Establecen os chamados “atalaieiros”nun terreo elevado co fin de divisar as prezadas baleas. Cando estas eran divisadas, dábase o aviso as lanchas de remos e, estas perseguían o animal ata darlle caza, para finalmente arponear o cetáceo. Finalmente as baleas eran arrastradas ata a costa grazas a axuda de cordas e cabos atados a arpón.Esta actividade non estaba orientada a alimentación, senón para comerciar co aceite obtido da súa graxa, que tan necesario era para prender os candís. Finalmente vou rematar cunha cita breve que e moi ilustrativa: A mediados do século XVIII, 1/3 da poboación que se dedicaba a pesca en España era galega.

COMIDAS E CEAS DE GRUPOS. OS DOMINGOS COCIDO

Camiño do Sobreiro, 101 36205Vigo 687 466 277

Zona Martínez Garrido, Est. Autobuses)


Finais de xaneiro 2018 [ XXXI]

OS SITIOS MÁIS CURIOSOS DO MUNDO VII G.FIGUEIREDO

Nesta edición dos sitios máis curiosos do mundo vouvos falar do Principado de Sealand, unha micro nación que ten 50 anos de historia, situada nunha plataforma mariña que non conta con máis de 5 habitantes en 550 metros cadrados.

O

Principado de Sealand é unha plataforma mariña chamada Roughs Tower, construída pola Royal Navy en 1942 e localizada no mar do Norte, a dez quilómetros da costa de Suffolk, no Reino Unido, e conta con augas territoriais nun radio de doce millas náuticas. Esta plataforma foi construída durante a Segunda Guerra Mundial, o Reino Unido construíu o HM Fort Roughs como parte das Fortalezas Mariñas Maunsell. O forte está composto por unha plataforma flotante equipada cunha superestrutura de dúas torres unidas por unha cuberta sobre a cal podían agregarse outras estruturas. A localización elixida atopábase en augas internacionais, máis aló dos cinco quilómetros de augas territoriais reclamadas polo Reino Unido nesa época. A instalación, coñecida como Roughs Tower, foi ocupada por entre 150 e 300 persoas da Mariña Real durante a Segunda Guerra Mundial e non foi ata 1956 cando o último persoal foi evacuado e a torre abandonada. O 2 de setembro de 1967 o forte foi ocupado por Paddy Roy Bates, un cidadán británico presentador de radio pirata, quen expulsou a un grupo rival de radio piratas e reclamou soberanía con base na súa interpretación persoal do dereito internacional. En 1968 o fillo de Roy, Michael Bates, príncipe de Sealand, foi levado a xuízo como resultado dun incidente durante o cal se abriu fogo contra un buque da Armada Bri-

O PRINCIPADO DE SEALAND

tánica nas inmediacións de Sealand. De acordo con algúns informes, os tripulantes do buque tentaban desaloxar aos Bates do forte, en canto outros argumentan que só estaban a realizar traballos de reparación nunha aboia de navegación próxima. O 25 de novembro de 1968 a corte, con sede en Chelmsford, Essex, declarou que debido a que o incidente ocorreu fóra das augas territoriais británicas, non tiña xurisdición sobre o caso. Bates citou este caso como evidencia de soberanía de facto. Desde entón Sealand proclama como seu territorio soberano propio a plataforma mariña Roughs Tower eas augas ao redor da torre nunha extensión de doce millas náuticas. Quen proclamou

o principado e acuñou para si mesmo o apelativo da súa Alteza Real Príncipe Roy de Sealand. A poboación nas súas instalacións de cando en cando excede de cinco persoas e a área habitable da torre é de 550 m². O principado de Sealand é considerado internacionalmente como micro nación, cuxa forma de goberno é a Monarquía parlamentaria hereditaria. A proclamación de Sealand como territorio independente baséase nestes dous argumentos: Cando Paddy Roy Bates e os seus asociados ocuparon Roughs Tower en 1967, esta atopábase en augas internacionais, fóra da xurisdición do Reino Unido ou calquera outro estado soberano. Baseándose niso Sealand declara lexitimidade por de-

reito. A interacción entre o Goberno británico e Sealand constitúe recoñecemento de facto. Con esa base, Sealand alega lexitimidade de facto. Sealand ten un equipo de fútbol, a súa bandeira foi levada ao cume do monte Everest, e ofrece títulos de cabaleiro pola módica suma de US$145. O Sealand moderno ten teléfono e internet. Teñen unha tenda de souvenirs, pasaportes, que deixaron de emitir despois dos atentados do 11 de setembro, pero planean emitilos outra vez pronto, e mesmo iniciaron unha empresa de almacenamento de datos chamada HavenCo en 2000. Teñen as súas propias estampas, moedas… Agora mesmo cobren os seus gastos coa tenda online, venden títulos nobiliarios, camisetas, cuncas, estampas, moedas e case calquera cousa que teña que ver co seu pequeno mini-Estado. Malia a falta de recoñecemento da súa soberanía e lexitimidade, Sealand é unha das micro nacións máis coñecidas do mundo e a miúdo úsaselle como un caso de estudo, da maneira na que os principios de Dereito internacional pódense aplicar a un territorio en disputa. Tamén é unha boa historia para aventureiros e periodistas. Unha historia máis que curiosa, por non dicir incrible dun pequeno principado situado no medio do mar.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

MIRADAS Reportaxe gráficA de José Durán

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida e Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso.

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

Depósito Legal: VG-195-2011

O noso amigo Alfonso amósanos con orgullo un espetacular salmón que pescou no río Ulla, preto da Estrada.

Río Verdugo. Soutomaior. Foto Miguel Regueiro.

Dous amigos de A Peneira de Torroso, Pablo e Basilio, len a reportaxe que sobre a súa parroquia fixo G. Figueiredo, no mellor bar do mundo, a tapería “Como na casa” de Verónica Costas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.