Page 1

ANO 6 - nº 86

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

finais de novembro 2017- 2€ A SITUACIÓN POLÍTICA NO CONCELLO DO PORRIÑO (II)

Entrevista con:

Pedro Ocampo de EU.Son páx. 12

Pedro Pereira do BNG páxS. 13

Entrevista con PAULO

CARRIL, SECRETARIO XERAL DA CIG páx. 17

Tomiño únese á campaña “En negro contras as violencias” páx. 24

Clube Balonmán Mecalia Atlético Guardés, cumprindo os séus soños páx. 27 Máis de 8.000 persoas participaron na X Edición da Feira de Outono en Ponteareas

A CORRUPCIÓN Entrevistamos en exclusiva a Ana Garrido ex-funcionaria do concello madrileño de Boadilla e denunciante da trama Gurtel de presunta corrupción do PP. E facemos o mesmo con Roberto Macías, ex-traballador da UGT en Andalucía e denunciante páx. 6 e 7 dunha presunta trama de facturas falsas

páx. 29

Entrevista con Eduardo

Reguera do PSdG de Redondela

páx. VI e VII

A ESQUERDA NA COMARCA DE VIGO

Entrevista con

CARMEN SANTOS. PODEMOS. MANOLO CARIDE. BNG. RUBÉN PÉREZ. EU. páxS. xxVI, xxVII, xxIx e xxx


2

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

EDITORIAL Tino Lago Director de A Nova Peneira

A

Se nós marchamos, ti non poderías fuxir

Nova Peneira é un proxecto empresarial que pretende que todas e todos os que aquí traballamos, poidamos gañar a vida con dignidade, desde logo que si. Pero non é só iso, non quero que sexa só iso, non debe ser só iso e non pode ser só iso. A Nova Peneira é tamén un proxecto social e político, ao servizo deste país, Galicia,e as súas clases traballadoras. A Nova Peneira está ao servizo da liberdade, da fraternidade e da igualdade, de toda a igualdade, comezando pola igualdade de xénero. Non é posible participar na creación e desenrolo dun proxecto como este sen estar comprometidos ou comprometidas cos valores que a esquerda nacionalista galega defendeu no pasado, defende no presente e ten que seguir defendendo no futuro; Galicia é a nosa nación,as galegas e os galegos en pé de igualdade entre nós mesmos e con todos os pobos do mundo debemos ter capaci-

Baldomero Iglesias Mero

Seguen sen entender o problema de Cataluña ou seguen sen querelo entender. É o mesmo problema de Euskadi e de Galiza. Que non o esquezan. Pasan moito do tema e téñeno en desconsideración. Pensan que a súa españolidade está por riba da súa catalanidade, da nosa galeguidade. Equivócanse, antes somos o que somos, na nosa orixe definida en lingua e cosmovisión, aínda que eles non vexan máis alá, ou non o queiran ver esta nosa, absoluta, transcendencia identitaria. É cuestión de proximidade, de referencias vitais. Ao seu pesar terán que empezar por entender que somos primordialmente o que somos, e que ver “as nacións” do estado é algo natural, da fundamental natureza que nos enriquece a todos. Ningunha identidade pertence nin a dereitas nin a esquerdas, vai dentro das persoas e

dade para xestionar os nosos recursos. A defensa desta forma de entender a realidade é a cerna deste medio de comunicación, así foi e así seguirá sendo. De maneira pacífica, democrática e respectuosa con outras formas de analizar o contexto no que vivimos, pero con firmeza e conviccións profundamente chantadas no máis íntimo de cada persoa que queira formar parte desta viaxe. Nunha conversa dominical deste mes de novembro dicíame un compañeiro e amigo sindicalista que nesta sociedade voraz e competitiva que nos tocou vivir, a individualización das relacións persoais é tan intensa que a existencia do compromiso persoal para a defensa de proxectos colectivos está en serio perigo. Esa mesma tarde tiven a oportunidade de coñecer a un home dos que engaiolan, Anxo Barros, de Redondela. O seu pai foi asasinado polo fascismo mentres defendía un paso

entre Navarra e Francia polo que fuxían as persoas ante a chegada das hordas franquistas. Poucos días antes un amigo cominoulle a que escapara con el pois a súa vida corría serio perigo. O pai de Anxo contestoulle: ”Se nós marchamos ti non poderías fuxir”. Nesas palabras conmovedoras condénsase, ao meu xuízo, todo o que é o compromiso dos seres humanos dignos ao servizo do ben común. Nestes tempos de negra escuridade nos que a besta fascista agroma as súas noxentas gadoupas, agardo a que sexamos quen de facer como o pai de Anxo e non marchar nunca. Estarmos comprometidas e comprometidos coa xustiza social, coa realidade nacional deste pais, coa paz e coa democracia de verdade, é a única maneira de evitar que a besta inmunda asome de novo a súa verdadeira faciana, porque se nós marchamos as nosas fillas e os nosos fillos non poderán fuxir.

OPINIÓN

O tema das nacións

do respecto pola vida. Por certo, precisa con urxencia –para non derivar en maiores problemas- unha revisión en decoro, en igualdade e sen supostas concesións que, deturpadas, agachan sempre na letra pequena da trampa, con certas ocultacións que conculcan os dereitos de calquera pobo do estado ou do mundo, sobre todo naquilo da equidade. Non é certa a descentralización, e moito menos en Galiza. Estamos nunha sucursal levemente auto xestionada, sobre a que pesa a ameaza dos medos e as ideas constrinxidas dunha dereita moi rancia, desordenada e que non se sente herdeira do legado, desprendendo un cheiro apestoso de imposición, incapaz de comprender o tesouro que temos, na Lingua e na Cultura, na nosa realidade física e humana. Precisamos un trato en equilibrado e consideración, mesmo de

axuda para recuperarno e que gobernen para nós, no noso beneficio. E non contra de nós, precisamos revisar eses fundamentos de estima e consideración agradecida. Sería ben e así, facer tamén revisión dos fundamentos de Europa, a da liberdade de expresión e de potenciación das culturas minorizadas, agredidas durante séculos. Pero, ollo, cunha consideración de dereitos nun verdadeiro estado de dereito e dentro dos dereitos humanos que obviaron para redactar as leis e, máis tarde, para aplicar o seu espírito conciliador. Aquí non caben Tribunais de Orde nin Audiencias Nacionais, dúas xustizas? Quérese dicir que queremos respecto, sen ter que ser dependentes e submisos ás interpretacións retortas que impidan a nosa afirmación, sen os prexuízos e abusos, sen os desprezos e complexos ridículos de inferioridade.

Lonxe desta, hoxe, desconsideración das Linguas e Culturas “periféricas” que se defenden diante do acoso, faltos do considerado recoñecemento identitario. Tampouco nos virían mal uns políticos traballadores e bos, xenerosos no esforzo e no trato, na comprensión dos problemas, loitadores por facernos sentir honra do que somos e involucrados nos proxectos de porvir que satisfagan. Algo que está moi lonxe, en todas as formacións, de ser realidade. Vexo, con pasmo, que andan a significarse protagonistas, debaixo dunhas letras e siglas, louvándose constantemente como profetas dun destino – algo me sona esa música- que nos agarda asombrados e sen, sequera, un sorriso esperanzado. Seguen, uns e outros, sen facer mínima crítica, pois son responsables, pegándose entre eles, sen sumar vontades para sacar ao Pobo desta fochanca na que estamos. Tampouco lles acorda mirar cara a dentro e sinalarse nos propios defectos, algo de autocrítica para saber que pisan poucas veces en terra, en carne, directamente nas nosas feridas.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017 3

OPINIÓN

Piñeiro Docampo. Secretario Xeral da CxG.

Xoán Alonso Corresponsal en Euskadi de A Nova Peneira

Viaxar non é o mesmo que fuxir

Segundo estudos internacionais dirixidos polo Instituto Catalán de Paleontoloxía (ICP) sobre o pulso en fósiles do Australopithecus e en primates actuais, acordan, que o ser humano comeza a camiñar de xeito bípede entre catro e tres millóns e medio de anos atrás. Dende entón, dende ese abismo temporal, nada doado de abranguer e do que formamos parte, o ser humano comeza a camiñar, a explorar todo canto ten ó seu arredor, a fuxir e tamén, empurrado polo seu instinto animal, a emigrar, co galo de atopar unha terra propicia para o seu asentamento e supervivencia. Bo coñecemento temos nós, os galegos, homes, mulleres e crianzas, do que ven sendo deixar todo canto un pode entender por fogar; familia, amigos, ríos, o sal do mar, as palabras e mesmo o aire que enche os foles do corpo. Non haberá un só recuncho no mundo, por moi afastado que estea das nosas lindes territoriais, onde non pisara un galego. Eu, asomado ao mar Cantábrico, dende esta distancia kilométrica que me afasta do meu, formo xa parte dese milenario costume. A miña nai sempre me preguntou, e aínda o fai, polos motivos que me empurraron a deixar todo canto tiña e que coidaba que era abondo para ser un home ledo. Despois de moitos anos cavilando acertei coa resposta; por necesidade, porque a miña terra non foi quen de me dar o que precisaba para ficar. Hoxe, logo de dezaseis anos vivindo en Errenteria, Gipuzkoa, onde atopei un fogar, unha terra que xa non me é allea, podo ase-

gurar, que as pegadas non foron en balde. Nestes anos fun medrando co medo e a morriña anoada na gorxa coma unha boa constrictor. Remando coma fan os mariñeiros, de costas ao horizonte e cos ollos envelenados nos tellados das casas e nas praias ata chegar a formar parte da Casa Galicia en Gipuzkoa, Donostia- San Sebastián, fundada no limar do ano 1931. Esta casa foi e terá que seguir sendo un referente do espallamento e supervivenza da cultura galega alén de fronteiras e ideoloxías. Ao meu entender, a cultura, a fala, os costumes dun país son patrimonio de todos e é a nosa obriga manter a chama para que no se afogue o lume nos nosos tempos e prenda nos que han de vir. Dende aquí, dende este recuncho onde as casas semellan feitas de area e escoitan o bruar da mar incansable, mantémonos vivos ao tempo formamos parte dun entorno onde a mestura, o respecto e o enriquecemento entre culturas agroma nos campos que moitos hoxe se empeñan en sementar de odio e noxo. Hai milleiros de anos que o ser humano aprendeu a camiñar e, tamén, a fuxir. Pasarán os anos, pecharemos ollos, fecharemos fronteiras e construiremos muros vergoñentos, pero xamais deixaremos de migar, por terra, mar e aire. Unha soa vida vale máis que calquera tratado ou trámite burocrático, e, coma animais que somos, ala onde haxa unha fronteira haberá un latexo pedindo auxilio e uns ollos cheos de terra e esperanza.

Os ¨Tonios¨ e os presos políticos

Emprego

O salario medio dos xoves galegos, ata 30 anos, está nos 500 euros de media, ata os corenta en 700. Iso non é salario é escravitude. É a entrega total a un novo sistema produtivo e laboral ideado entre o PP e o PSOE. Compre analizar de onde sae esta situación, que se iniciou coa reforma laboral de ZP e o cambio do 135 da Constitución, que milagrosamente é posible cambiar. As dúas reformas laborais responden a un deseño digno da FAES. E as decisións que foron tomando sinalan o camiño do cambio do sector produtivo e laboral no sur de Europa. Os socialistas puxeron a primeira pedra do camiño, atacando ós funcionarios, os controladores e aqueles sectores que podían ser a vangarda do avance laboral, logo veu o PP e cargouse a negociación colectiva poñendo ós traballadores un a un diante do empregador. Pero a chave do tema é saber o porque. Na miña humilde opinión isto está moi relacionado coa gobernanza global. A man de obra asiática, xa non é tal porque no seu mercado interno xa consumen máis do que producen, a situación do sur de America e moi inestable para as corporacións. África vive unha guerra perpetua, xa que logo a resposta é fácil, que quedaba? Pois o sur de Europa. Que tiñan que facer para ser competitivos? pois o que fixeron, borrar os dereitos dun plumazo. A cuadratura do circulo está servida, os datos macro, funcionan e o paro baixa, pero a que prezo? O da moderna escravitude, traballar por 500 euros significa que para vivir con dignidade tes que ter cando menos dous ou tres traballos. Iso e a perda total do marco das relacións laborais garantía unha paz social fácil de vender. É hora de saber que é o que queremos, ou mellor o que queremos que os nosos fillos herden. Unha sociedade equilibrada onde un árbitro chamado administración garante que non se abusa da xente, ou un Estado produtivo onde cada quen se busca a vida. Eu quero o primeiro, pero para iso non precisamos a tutela e conivencia dos Partidos coa Troika e o Banco Mundial, para iso precisamos Europa, moita Europa con igualdade, sen fronteiras e que aposte firmemente polo piar social. Xa non por nos senón que polos que veñen. Porque PP, PSOE a algún outro vende a dignidade da xente? Pensemos.

HUMOR: MARCOS ESCUDERO cousasdebuxo.blogspot.com.es


4

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

OPINIÓN

Luis Gonzálo Segura. Ex tenente do exército español

Cospedal es franquista ou fascho

Recoñéceo, Cospe, es moi facha. Non pasa nada, non tes que ocultalo. Noutros países supoñería o fin da túa carreira política, mesmo segundo que manifestacións poderías terminar en prisión, pero neste, nosa España, iso é considerado como un mérito máis que como unha rémora ou unha actividade delituosa. Así que podes compartilo con todos nós. Podes contarnos que sempre almorzas cara o sol e que, cando non o hai, enfádaste e vaste a traballar sen almorzar. Podes dicirnos que cantaruxas o himno da Falanxe, o que tanto che inspira, mentres te dás unha interminable ducha. Podes confesarnos que cando te axeonllas na igrexa pides por Francisco Franco, ao que oxalá lle acolleran no Ceo. Podes desvelarnos que sempre acodes ao traballo coa camisa nova, recentemente bordada, porque sen ela non te sentes nin moi nin moito española. Podes confirmarnos que che encantaría entrar en Catalunya sobre un cabalo, ao mando das tropas, e non deixar un recuncho sen españolizar. Polo menos, confesa que che encantaría deixar aos cataláns como os discos ríxidos eses dos que fala todo o mundo. En definitiva, Cospe, podes facelo, de

verdade, non é unha trampa, pódesnolo contar con naturalidade porque o máis que pode pasar é que acabes presidindo este país. Porque se non fas todo iso, a miña querida Cospe, se non es franquista, non hai quen o entenda. Acabamos de saber que o teu ministerio subvenciona a unha asociación franquista, este verán soubemos que a efeméride que se leu o 18 de xullo foi unha exaltación da sublevación militar, o ano pasado unha charla dun historiador franquista encheu o auditorio do Centro Superior de Estudos da Defensa de altos mandos militares ou hai dous anos, en 2015, algunhas unidades militares terminaron comendo en “Casa Pepe”, un restaurante-museo franquista. Mesmo tivestes que cancelar, o ano pasado, a presentación dun libro no Museo do Exército que ía do mesmo, de encomiar ao teu amadísimo Caudillo. E iso por falar dos últimos dous anos, porque o que queira atopar máis información, aí ten “O libro negro do Exército español” con datos para demostrar a filia franquista da nosa cúpula militar e o noso ministerio de Defensa ata aflixirse.

Certamente, Cospe, se non foses franquista poñerías o berro no ceo, pero no ceo pos as túas oracións e pouco máis. Despois, ao que te dedicas é a defender contra vento e marea o comportamento franquista de gran parte do noso exército, incluída a túa man dereita. Porque, para que obvialo, nomeaches como número dous do ministerio a Agustín Conde, un coñecido franquista ou un excelente actor que se fai pasar por iso. E é que tivo a xenial idea,

nin máis nin menos, de celebrar un pleno da Comisión de Defensa no Alcázar de Toledo un 18 de xullo. Filia franquista que, por desgraza, supera con fartura a súa homofobia (segundo el, o 29% dos fillos de homosexuais corren o risco de ser violados). E así nos vai, camiño doutro abismo dos que tanto gustades. En fin, a miña admirada Cospe, es franquista ou cho fas. E aínda non teño claro que é peor.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

5

OPINIÓN

Ángel Pérez Fernándes. Profesor de filosofía

En recordo de Antoni Domenech Hai dous meses morreu o filósofo marxista Antoni Domenech. Algún botamos xa de menos os seus artigos na revista Sin permiso da que era editor. Quédannos os seus libros e artigos dedicados, moitos deles, a estudar a filosofía de Marx. Unha investigación a contrafío do certificado de morte contra o pensamento do autor de El Capital expedido a finais dos anos setenta e logo volto a “confirmar” coa caída dos países do “socialismo real”. Na lectura de Domenech, Marx, lonxe de ser un autor do século XIX hipotecado pola época da formación do capitalismo e a primeira revolución proletaria, a de 1848, foi un filósofo que empregou as ideas clásicas da ética e a política para comprender a transformación que o capitalismo produciu sobre a gran tradición occidental moral e política. Carlos Marx non escribiu ningún tratado nin sobre Ética nin sobre Política. Porén, no conxunto da súa obra é fácil descubrir moitas afirmacións, ás veces mesmo contraditorias, en ambos os dous temas. A pensadora conservadora Hannah Arendt así o recoñeceu e considerábao o último gran teórico da política occidental. Na Ética trátase de distinguir entre boas e malas accións. No mundo grego e romano clásicos, en xeral, as boas accións debían ser boas para a persoa e para a súa comunidade. Ser boa persoa implicaba ser bo cidadá, é dicir, a ética comportaba inseparablemente unha política. Alguén que fose bo para si mesmo, por exemplo por ser hábil na adquisición de propiedades e ou de poder, sen beneficiar, ao

mesmo tempo, á comunidade, era cualificado de “inmoderado” e “incompetente”. Non é que daquela a constitución psicolóxica dos humanos fose distinta da actual ou que tivesen unhas esixencias morais máis fortes do que son as nosas. A esixencia era política: todo comportamento público, de cara aos demais, era cualificado politicamente. O que importaba era que fose xustificable politicamente, é dicir, en termos de se era igualmente posible para todos. De non ser así o individuo pasaba a ser visto como incapaz de gobernarse a si mesmo, unha forma de reducir a súa humanidade, de poñelo ao nivel dos nenos, por definición, incapaces de se gobernar a si mesmos. É certo, tamén podía ser ao nivel das mulleres, os escravos ou os bárbaros. Marx, dicía Domenech, non perdeu nunca de vista esta concepción da ética e da política como cousas inseparables. É fácil ver que o capitalismo soamente é posible unha vez que ambas as dúas se separan. O cristianismo actuou de disolvente dese enlace ao convencernos de que os demais son a “cruz” que cada un ten que levar. O capitalismo parte, pois, dun individuo desligado dos demais e que só atende aos seus propios impulsos, co único límite da orde xurídica establecida que, a súa vez, ante todo prescribe que ninguén se vexa privado da súa liberdade para satisfacer os seus desexos. Isto é o que os pensadores neoliberais chaman “orde natural” e Marx, Domenech e toda a gran tradición política republicana occidental chaman “barbarie”.

Iñigo Aranbari Poeta e profesor de Euskera.

Xustiza

Hai palabras que co paso do tempo esmorecen, palabras que non poden usarse en calquera lugar, é tan antigo o mundo que amosan¡¡. Se nos valemos delas, transpórtannos a un tempo onde era máis primitivo e simple, a un tempo onde as reivindicacións eran de vida ou morte. E quen desexa hoxe en día vivir mirando ao xa superado, quen quere volver ao pasado. Non haberá moita xente nun noso país que mirase ao primeiro terzo do século XX dunha maneira tan crítica como Alfonso Rodríguez Castelao. Entre os debuxos que publicou na prensa de Galicia entre os anos 1920-1936, son moitos os que tratan o tema da xustiza. Nun par deles, suxírese que a solución ao problema non pode ser senón divina. Non me fan xusticia, Señor?, implora un vello ante un cristo crucificado de pedra. Noutro, unha nai que reza pide aos seus fillos: Un pai noso para que Deus nos libere dá xustiza!. Tenos dunha dozura dramática; un vello e un neno dormen na rúa: Fan ben en durmir; así poden soñar que hai xustiza para eles. Máis a xeito de brincadeira, este; dous amigos comentan: E agora, a quen podemos recorrer para librarnos da xustiza?. Brutal, tres campesiños nun día de feira: Vendeches ben a vaca? - Vendín; pero aínda non me chega para librarme dá xustiza. E se cadra o máis malicioso; un home, a man no queixo, observa unha pila de libros de leis: Todas estas son as armas que manexa a inxustiza ?. No medio do leste brutal ataque xudicial contra o Govern, mentres funcionarios do Tribunal Supremo cantan con formas festeiras “Puigdemon te vamo a mete en prisión”, mentres empregados da Audiencia Nacional fan probas de son dicindo Máis alto Todos ao cárcere!, mentres policías son gravados facendo apología da violación e o día a día o esperpento convértese en emblema do nacionalismo español máis cutre, soño que, mirando ás láminas de Castelao, retrocedo no tempo. E son máis primitivo, máis simple, e as palabras que non posúen pliegue algún teñen o peso do mundo. Artigo publicado orixinariamente no xornal Berria.


6

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

ENTREVISTA

POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA, UN PARTIDO, O PP, SERÁ PROCESADO. UNHA DAS FISCAIS DO CASO GURTEL EXPUÑA NAS SÚAS CONCLUSIÓNS "HA QUEDADO PLENA Y ABRUMADORAMENTE ACREDITADA ESTA CAJA B". FALAMOS EN EXCLUSIVA CUNHA DAS PRIMEIRAS DENUNCIANTES DA TRAMA GURTEL, A EX-FUNCIONARIA DO CONCELLO DE BOADILLA ANA GARRIDO.

Ana Garrido, unha das primeiras denunciantes da trama Gurtel

Sufrín un verdadeiro calvario de acosos consecuencia das miñas denuncias Ana Garrido era funcionaria do concello de Boadilla del Monte, e foi unha das primeiras denunciantes da trama Gurtel de corrupción do PP. Nun primeiro momento pensou que estaba ante de episodios propios do seu concello. Aos poucos decatouse de que estaba diante dunha trama de corrupción moito máis grande. Ana afirma ter sufrido un verdadeiro calvario de acosos diversos, consecuencia das súas denuncias. Actualmente vive nas illas Baleares e está pendente de iniciar un atractivo proxecto radiofónico en Madrid. Velaí vai o que deu de sí a conversa que mantivemos con ela. Ti traballabas na área de mocidade. Como se cruzou a trama Gurtel na túa vida? Os técnicos recibiamos directrizes para emitir informes favorables ou desfavorables e ían encamiñados a favorecer a empresas con nomes concretos. Había persoal que entrou na roda porque lles interesaba, outros que miraron para outro lado e, a miña postura foi negarme sistematicamente.

E que consecuencia tiveron as túas negativas? Pois comecei a sufrir acoso laboral, caín nunha depresión, estiven de baixa e comecei a considerar a necesidade de denunciar e probar que o meu alcalde era un corrupto. Non sabía nese momento que estaba detrás dunha trama de corrupción moito máis ampla. Estiven un ano facendo un dossier, e nese momento decateime de que estabamos diante dunha trama organizada.

Tiveches algunha axuda? Si, dous xornalistas de investigación Javier Chicote e Agustín Cubillo. Serviu para algo o teu dossier? Se non lembro mal, afectaba a 15 persoas. Pois 13 están imputados. O alcalde ao que te refires é “el albondiguilla” non? Si, era así chamado por Paco Correa. Arturo González Panero do PP. Por que te fuches a Costa Rica?

Fun dous anos alí pola miña seguridade persoal. Cando se levantara o segredo de sumario tiña moito medo. Pero eu seguía moi de cerca as novas en España. E chegou Antonio González Terol, o novo alcalde. Si. Eu pensei que este home viña coa consigna de limpar todo o que tivera que ver con Gurtel, e eu podería volver tranquilamente ao meu traballo e ter unha vida normal. Foi así? Só uns poucos meses. Pronto comezou de novo o acoso, e desta volta foi moito máis brutal. De feito o alcalde foi condenado por acoso laboral contra min. En serio non podes imaxinar a dureza do acoso que sufrín, mesmo terxiversando aspectos da miña privada. O alcalde agora é tamén deputado no congreso. É certo que unha ex-parella túa foi, digamos, influenciada para que fora ao teu domicilio a roubarche un disco no que tiñas almacenado información da Gurtel? Non foi exactamente así. Esta persoa tivo unha relación sentimental dun ano comigo, e cando rematou souben que

entregara toda a información do meu computador. El alega que o computador era compartido. Hai persoas que pensan que este home foi enviado polo PP. Eu penso que en realidade este home é un estafador profesional. De feito pasou de estar no paro a atopar un traballo nunha empresa relacionada coa trama Gurtel. Debeu ser durísimo para ti, ver como case todos te daban as costas? Horrible. Ver mentir no xuízo por acoso a compañeiros que para min eran amigos, foi inexplicable. Persoas que foron moi importantes na miña vida, mentiron cunha lixeireza alucinante. Faleimos dun tema agradable. Tes un novo proxecto na túa vida verdade Ana? Si, agora estou deseñando artigos de bisutería feminina e masculina, baixo a marca “gotas de alma”. E iso é do que vivo. En breve abrirei unha tenda na que alén de vender os meus deseños tamén comercializarei outro tipo de produtos. Tamén estou cun proxecto ilusionante de por en marcha unha radio dixital, que está montada por persoas que temos conciencia social.

Pero tes intención de seguir co activismo social? Buff isto é como deixar de fumar, é realmente difícil deixalo. Levo tanto tempo que estou enganchada. Malia que recoñezo que o activismo é realmente sacrificado e canso. Teño noticias de que pronto te poderemos ver por Redondela? Teño moitas gañas de ir, e canto teña tempo estarei sen ningún tipo de dúbida. Confías na xustiza Ana? Non. Hai anos diría que si, agora digo que non, e estou cargada de razóns para dicir que non. Por un lado está a súa lentitude e por outra banda o cambio de cromos de xuíces fiscais faime ter a sensación de que non serve para nada. Vexo que seguirás pelexando verdade Ana? Si, eu son das que pensan que o que non se pelexa nin se loita non se consegue. Fíxate ;a primeira vez que se tomou en consideración no congreso a lei de protección ao denunciante, eu boteime a chorar por que para min foi un feito histórico. Moitas grazas Ana, Parabéns pola túa valentía e moita sorte.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

7

ENTREVISTA

Roberto Macías, ex-traballador da UGT e denunciante dunha presunta trama de facturas falsas

Hai numerosos casos de corrupción en Andalucía onde están implicados os sindicatos MARCOS SANTOS

Roberto Macías é un ex-traballador de UGT Andalucía que denunciou unha suposta trama de corrupción no seo do propio sindicato. Á súa vez foi demandado por UGT.O noso compañeiro Marcos S. falou con el en Madrid ,para coñecer a súa visión sobre esta situación particular alén da situación do sindicalismo en xeral

Explícanos, como chegaches a concluír se que estaban emitindo facturas falsas? Os sindicatos en Andalucía están sendo investigados en relación cos ERES falsos, e normal que a xente se confunda co das facturas falsas dos cursos de formación, hai numerosos casos de corrupción en Andalucía onde están implicados os sindicatos. Neste caso UGT Andalucía financiábase de maneira ilegal como práctica xeneralizada co falseamento de facturas e cobro de mordidas a provedores entre outras formas de obter ingresos. Vaia, un sindicato roubándolle aos traballadores? Pois é todo máis grave porque este diñeiro estaba destinado a formar a persoas en situación de desemprego. En España miramos estes últimos anos como se destruía o emprego dunha maneira tremenda por mor da crise.

E como chega un mexicano a formar parte da UGT Andalucía? Chego ao sindicato por mediación dunha veciña que traballaba nel, durante uns anos son o secretario do home forte que manexaba as finanzas e por iso fun testemuña de numerosas prácticas irregulares. Testemuña e demandante non, por iso estás demandado ti tamén? Si, teño unha demanda posta polo sindicato por revelar secretos, o sindicato me solicita 4 anos de cadea por isto, e unha indemnización de 60.000€. Para min este proceso suponme un enorme desgaste

psicolóxico, pero tamén económico, parte dos recursos que tiña gardados dos meus anos de traballo se me marcharon en facer fronte a este proceso penal. Tes unha boa nova por todo isto do goberno mexicano non? A boa nova duroume ben pouco. Eu reclameille durante moito tempo ao goberno mexicano a asistencia legal e consular que implica que o Estado Mexicano se fixera cargo da miña defensa pero, entendo que por cuestións políticas o Estado Mexicano non quixo asumir a miña defensa. Denunciei ao estado en México e tiven unha sentenza favorable onde obrigan a Cancillería Me-

xicana a proporcionarme esa asistencia legal pero, despois de valoralo decidiron non prestarma e interpuxeron un recurso que de momento paraliza a primeira sentenza. E fíxate no grave do Estado Mexicano que en España deteñen ao líder nacional do PRI, Umberto Moreira por vinculación co narcotráfico e por lavado de diñeiro e, hai unha operación do Estado Mexicano para liberalo, para que non estea na cadea en España, España cede á petición de México. Tamén hai unha mexicana detida por Yihadismo, por pertencer ao ISIS, lle están dando a asistencia legal, e no meu caso, que me poden acusar de colaborar coa xustiza, de ser unha persoa exemplar e non me queren dar ningún tipo de apoio. Considero que isto é unha aberración. Pensas que cumpría repensar o papel do sindicalismo na sociedade actual? Claro que si, creo que os sindicatos que durante estes anos estiveron subvencionados pola Estado estiveron moi pasivos fronte unha reforma laboral demoledora e no fixeron absolutamente nada para intentar freala. Creo que están condicionados e comprados polo Estado. O que necesitamos son sindicatos transparentes, austero e que se financien das cotas dos seus propios afiliados para que non pase isto. Grazas por todo Roberto.


8

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

GALICIA

Luís Villares, voceiro de En Marea: “Que haxa 3.000 millóns que a Fiscalía acreditou en danos que non se van pagar polo suceso do Prestige, supón que ás petroleiras lles sae moi barato contaminar” SANTIAGO.

Asinada a bordo de uma fragata da Marinha portuguesa

Ata de Reconhecimento de Fronteira do Rio Minho reforça relações entre municípios

VALENÇA.

Os 13 concelhos da raia minhota -cinco portugueses e oito galegos– formalizaron, a assinatura anual da Ata de Reconhecimento de Fronteira do Rio Minho. Pelo segundo ano consecutivo, a cerimónia contou com a representação de todos os municípios, demonstrando que as relações transfronteiriças Norte de Portugal/Galiza se mantêm consolidadas.

VNC 14/11/17

Foi em pleno rio Minho, entre Vila Nova de Cerveira e Valença, a bordo de uma fragata da Marinha Portuguesa que os representantes dos municípios portugueses de Caminha, Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira, e dos galegos A Guarda, Arbo, As Neves, Crecente, O Rosal, Salvaterra do

Miño, Tomiño e Tui reafirmaram as excelentes relações existentes ao nível de cooperação e gestão conjunta do rio Minho. O ato simbólico consolida as ligações institucionais e de amizade entre os municípios ribeirinhos, e destes com as autoridades marítimas em prol de uma cada vez maior valorização ambiental e paisagística daquele rico e vasto troço internacional de água. No caso concreto de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, a Alcaldesa do Con-

cello de Tomiño, Sandra Gonzalez Alvarez, e a 1ª Teniente do Alcalde – Presidente de O Rosal, Doña Maria Carmen Alonso Alonso, assinaram a ata de vistoria de fronteira entre os dois países, onde não se consta qualquer alteração no percurso do referido curso de água. A cerimónia oficial enquadra-se nos termos do Artigo 25º do Tratado de Limites entre Portugal e Espanha, de 29 de setembro de 1864, quando foi reconhecida a linha fluvial do rio Minho que serve de fronteira entre os dois países. Foram assinados pelos presentes exemplares em português e em espanhol, e devidamente chancelados com os respetivos selos municipais. O exemplar português será, posteriormente, remetido ao Ministério dos Negócios Estrangeiros.

Concertos:

“A normativa vixente é claramente insuficiente para satisfacer todas as responsabilidades”, aseguurou o voceiro de En Marea, Luís Villares, tras coñecer que a Audiencia da Coruña fixa en 1.573 millóns de euros a indemnización do Estado polo Prestige, 15 anos despois da catástrofe. “Que haxa practicamente 3.000 millóns de euros que a Fiscalía deu por acreditados de danos que non se van pagar significa que para as empresas de transporte de petróleo lle sale moi barato contaminar porque saben de cada tres euros de responsabilidade soamente van ter que pagar soamente un, polo que poden estar moi tranquilos” indicou referíndose á diferenza entre a cantidade inicialmente calculada pola Fiscalía e a que finalmente ditaminou a Audiencia da Coruña. En Marea “consideramos que é necesario unha reforma da normativa internacional que asegure completamente todas as responsabilidades polo dano causado en primeiro lugar polo dano ambiental,en segundo lugar polo dano ás vítimas e en terceiro lugar con carácter disuasorio para evitar que haxa a tentación de seguir usando

buques en mal estado que poidan causar riscos catastróficos coma este”. “Non é xusto que se non hai unha socialización dos beneficios do transporte do petróleo teñamos que pagar con todas as consecuencias dañinas”, engadiu o voceiro de En Marea, que considera necesaria esa reforma de carácter sustantivo na normativa internacional e unha reforma procesal interna española para axilizar os procesos. “Non é xusto que tardemos 15 anos en resolver xudicialmente un procedemento coma o do Prestige con tantísimos afectados, con tantísimos negocios e vidas en xogo que non foron reparados pola acción do Estado”, concluiu.

-VENRES 1/12 ÁS 23,00 - CONCERTO ALO CUBANO -3 DE DECEMBRO ÁS 12,30 SESIÓN VERMÚ - VENTO DO NORTE


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

9

GALICIA

O BOPPO publicou a licitación para garantir o correcto estado da rede viaria provincial cun orzamento total de 20.711.149 euros

A Deputación de Pontevedra reordena a conservación e mantemento das estradas

PONTEVEDRA.

A Deputación de Pontevedra publicou no Boletín Oficial da Provincia o anuncio da licitación do novo contrato para reordenar a conservación e mantemento dos 1.700 quilómetros de estradas provinciais. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, este contrato permitirá agrupar por zonas as adxudicacións de obras, servizos, sinalización e subministro de materiais que xa se adxudicaban ata o de agora externamente para completar as actuacións das brigadas provinciais, co fin de traballar de xeito máis planificado e eficiente con menos recursos. O novo contrato de conservación ten un orzamento inicial de 20.711.149,63 euros e un prazo de catro anos (3.915.701 euros por exercicio). As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 20 de decembro e a intención é que se poña en marcha o máis rápido posible ao longo do 2018. Ata o de agora, a Deputación viña traballando no mantemento das estradas tanto co persoal e medios propios, como a través de múltiples adxudicacións para facer muros, drenaxes e gabias, cubrir servizos (rozas), para a sinalización horizontal e vertical, e para comprar material, cun gasto total de media de 5,3 millóns de euros por ano. A pesares da alta contía, eses traballos non estaban ben dimensionados con respecto ás necesidades, non

eran operativos, e non permitían planificar a dotación e conservación a medio prazo. Co cambio de modelo a principal novidade será a división en tres áreas de mantemento (Norte-Centro-Sur) que estarán a cargo dun enxeñeiro da Deputación por zona. Este funcionario terá á súa disposición aos traballadores das brigadas provinciais e os correspondentes parques de maquinaria como ata o de agora, así como os servizos das adxudicatarias do novo contrato de mantemento. Estes inclúen dúas campañas anuais de rozas, unha de campaña limpeza e reapertura de gabias cada catro anos, e un repintado de marcas viarias cada catro anos. Tamén se contemplan operacións de atención de incidencias como a retirada e limpeza de aterramentos, saneo de noiros, estabilización con muros, execución de colectores ou drenaxes, colocación ou reparación de sinalización vertical, balizamento e sistemas de contención de vehículos, entre outras cuestións.

Deste xeito, reducindo a inversión en conservación ordinaria, asegura Benítez, “optimizaranse os recursos, organizarase de xeito racional a atención das necesidades do patrimonio viario, e atenderanse con máis axilidade as demandas da veciñanza, xa que non será preciso iniciar un procedemento burocrático por cada unha das obras”.

Áreas de traballo

As tres novas áreas de traballo nas que se dividirá a provincia para o mantemento de estradas (Norte, Centro e Sur) corresponderanse cos tres lotes nos que se adxudicará o novo contrato de mantemento. Segundo está establecido nas bases da licitación, por cuestións de eficacia no traballo e garantías administrativas, unha mesma empresa non poderá facerse cargo de máis dun dos lotes. A zona Norte da provincia comprenderá os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo, Forcarei, Caldas de Reis, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira.

A CIG-Ensino rexeita a proposta de acreditación para o acceso á docencia universitaria da ANECA

SANTIAGO.

O sindicato nacionalista entende que a unilateralidade do MECD nesta proposta supón unha imposición que lamina a autonomía universitaria e pretende utilizar a acreditación para converter a ANECA nunha sorte de tribunal central único, arrasando coas competencias autonómicas. Após consultar a comunidade universitaria galega, a CIG-Ensino manifesta o seu rexeitamento ao documento presentado pola ANECA o pasado 6 de setembro baixo o título “Méritos avaliábeis para a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios”. A proposta do Ministerio de Educación incide na burocratización e na centralización da carreira universitaria e pretende utilizar o sistema de acreditacións para converter a ANECA nun filtro ultraselectivo que adelgace o sistema universitario no seu conxunto, contravindo deste xeito o principio constitucional da autonomía universitaria. Desde a central sindical deféndese a necesidade de fixar un sistema transparente, xusto e adaptado á contorna académica e á autonomía de cada Universidade e insístese en que a nova proposta favorece a desigualdade e a frustración entre o profesorado ao reducir a acreditación a áreas de coñecemento tradicionais e deixar fóra aquel persoal docente que presta servizos en distintos ao seu. Neste sentido debería existir certa homoxe-

neidade e proporcionalidade no nivel de esixencia dos requisitos mínimos entre as distintas áreas de coñecemento e, á vez, sería preciso contemplar as especificidades da carreira académica en cada área. Outra cuestión que pode incidir na desmotivación do profesorado é que se rompe co modelo actual, baseado nos sexenios de investigación, deixando fóra de xogo o persoal máis activo do sistema até agora. Así mesmo, a xerarquización mediante categorías adicionais (A, B, C…) pode derivar nunha clasificación entre “excelencia” e “mediocridade” que non entra dentro da lexislación existente para o acceso ás figuras de Titular de Universidade (TU´s) e Catedrático de Universidade (CU´s) e que pode dar lugar á discriminación dun profesorado fronte a outro.

Falta de transparencia

No documento existen grandes disparidades e desigualdades con respecto á cantidade ou á tipoloxía de produción científica avaliábel en cada bloque de coñecemento. Esta situación non permite saber cal é o valor real dos méritos a baremar, ao depender dos criterios de cada comisión avaliadora. Igualmente, introdúcese un compoñente de discrecionalidade cando moitos dos méritos avaliábeis non dependen do traballo nin da decisión do persoal docente senón do contexto ou do centro no que desempeñan o seu traballo.


10

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE

(Parque Infantil)


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

11

A LOURIÑA

Aprobouse por unanimidade solicitar do Consello de Ministros a Declaración de "Zona Afectada gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil"

O Concello de Salceda abre unha Oficina de Apoio Municipal para os afectados polos incendios SALCEDA.

O Concello de Salceda habilitou unha Oficina de Apoio aos afectados e afectadas polo lume, para canalizar os formularios de danos e informar sobre as Liñas de Axudas que se vaian creando ou aprobando: a Oficina estará ubicada na área de urbanismo do Concello, cun administrativo e o apoio do aparellador. A Oficina de Apoio botou a andar o pasado outubro, en horario de 9 a 14h. Ata entón, os afectados e afectadas poideron deixar o seu contacto así como ir valorando os danos ocasionados polos lumes: superficie, construccións, viñedo, arborado, animáis... Por outra banda, o pleno do Concello de Salceda, aprobou por unanimidade solicitar do Consello de Ministros a Declaración de "Zona Afectada

gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil" (Lei 17/2.015). Lembramos que os lumes debastaron 910 hectáreas, 527 das cales pertencen a monte comunal, de 6 das 7 parroquias (ardeu un 25,52% dos 36,1 Km2). Se a petición é aprobada, ábrese a opción a axudas a particulares, Concellos, propietarios de explotacións forestais e agrícolas… Dende os días dos incen-

dios, o Equipo de Goberno lévase reunido con diversos colectivos políticos e sociais (comunidades de montes, traídas de augas, voluntariado…) para tratar de recabar todos os datos relativos aos danos sufridos nas diferentes parroquias. Esa base de datos será empregada para facilitar a tramitación das diferentes liñas de axudas que se establezan dende as diferentes administracións.

Tamén a poboación do municipio está a ter un importante papel tras os lumes. Dende que o Concello de Salceda anunciase a creación do Voluntariado Ambiental específicamente para todo o relacionado cos incendios, máis de 40 persoas se teñen inscrito xa para participar nos traballos que se leven a cabo, coordinados polos técnicos correspondentes.

O Alcalde de Salceda manifestou tamén a necesidade da creación dunha liña directa para alcaldes/alcaldesas e cargos políticos cando sucedan acontecementos como os de eses días, sen ter que depender do 112 ou do 085 que en todo momento estiveron colapsados e sen posibilidade de establecer contacto. Marcos Besada indicou que “O Concello de Salceda está a facer un gran esforzó dende o día dos lumes con medios propios, ante a inexistencia de axuda por parte doutras administracións. A creación da Oficina de Apoio é sen dúbida unha medida que axudará aos veciños e veciñas do noso municipio, xa que terán unha persoa de referencia cercana que lles asesore e lles axude nos trámites a seguir tras esta catástrofe”.


12

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

A POLÍTICA NO CONCELLO DE PORRIÑO II PARTE Na Peneira do mes pasado, falabamos coa alcaldesa Eva de La Torre, e co xefe da oposición Alejandro Lorenzo do PP. Desta volta tócalles aos representantes de E.U Son, Pedro Ocampo, e do BNG Pedro Pereira. Neste tempo producíronse novidades significativas, unha denuncia do PP sobre a suposta contratación irregular de empresas relacionadas con persoas da lista encabezada por Manuel Carrera, foi atendida pola fiscalía e remitida ao xulgado de o Porriño.

Pedro Ocampo, concelleiro de Esquerda Unida SON

O goberno de Eva de la torre é unha oportunidade perdida para o Porriño

Como valora EU SON estes dous anos e medio do goberno de Eva De La Torre? Para nós, é unha oportunidade perdida. Por que? Pois porque ese cambio que prometía Eva, en relación ás prácticas de goberno do PP, que tantos anos sufriu O Porriño non se produciu. Non hai transparencia, non hai participación veciñal, non se fai política e as prácticas e hábitos de traballo son as mesmas que co PP. Segues pensando que a aposta que fixo o PSOE de gobernar con Carrera e Coto non foi correcta? Totalmente desacertada. En relación ás novas sobre a denuncia da fiscalía á alcaldesa e ao tenente de alcalde, que tes que dicir? Esperarei á comparecencia da alcaldesa e que o poida aclarar oportunamente. Ata que non poida ter toda a documentación e a súas explicacións non é fácil va-

lorar con obxectividade. Malia que teño que dicir, que ata o momento as prácticas non son as desexables. Para ti, hai algunha diferencia ideolóxica entre UDDL e o PP? Non, as únicas diferenzas entre eles son as xenreiras persoais recíprocas. Polo tanto, gobernar con UDDL é para ti o mesmo que gobernar co PP? Si, rotundamente si. Así o é nas cuestións políticas, e xa non falo do trato persoal coa oposición que é absolutamente prepotente. O teu grupo municipal, leva un tempo cunha intensa campaña sobre o Lindano, cóntanos?

PEDRO OCAMPO, NO CENTRO COA BANDERIA, NUNHA XUNTANZA.

Si, levamos unha intensa campaña en todo o estado en colaboración con grupo Ecoloxistas en acción. No caso de Porriño, os residuos, como sabes, altamente tóxicos están espallados por todo Torneiros, e por distintas zonas da nosa comarca, de maneira completamente incontrolada. O Porriño, está ateigado de Lindano, e nunca se tomaron as medidas adecuadas para evitar entre outras cousas que contaminen os acuíferos. E para E.U Son, que se debe facer no referente a ese tema? Traballar todas as administracións en conxunto, para localizar inequivocamente todos e cada un dos puntos onde hai re-

siduos e poñer os medios para impedir o acceso a eses puntos ás persoas e aos animais. Cal é a vosa interpretación da “morte política” de Carlos Martínez e da súa substitución por Alejandro como líder do PP? A verdade, prefiro non entrar en valoracións sobre a vida interna doutros partidos. Ti estás no CN de Esquerda Unida, supoño que xa teredes valorada a estratexia a seguir para as importantísimas eleccións municipais do 2.019.Que ides facer, repetir as alianzas de En Marea, outro tipo? Vamos ver, a estratexia a seguir, dependerá en gran medida da coiuntura existente en cada concello. Nós queremos marcar un perfil de programa e traballo máis que un perfil de alianzas potenciais. En Porriño, ides repetir EU SON?? A min gustaríame moito Vas ser ti o candidato? Non o sei aínda. E a túa disposición e ánimos como son? Moi bos, para traballar por Porriño no lugar que a militancia de EU SON me coloque.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

13

A POLÍTICA NO CONCELLO DE PORRIÑO II PARTE

Pedro Pereira, concelleiro do BNG

Este goberno non pode responsabilizar aos demais de non ter orzamentos cando nunca presentou unha proposta para o seu debate Supoño que lerías a entrevista ,que na Peneira anterior ,lle fixemos á alcadesa.Falaba de que contigo non é posible traballar porque dis NON, por sistema a calquera cousa que che propoña. Como supoño que estarás en desacordo, quero coñecer a túa opinión ao respecto? Resulta que cando o BNG non apoia as propostas do Goberno, porque consideramos que son mellorábeis, veñen incompletas, son propostas que non van na liña ideolóxica do BNG ou non reverten a política do PP, con nos non se pode traballar. Pero cando o BNG apoia as iniciativas do goberno, entón somos os bos da película. Nin unha cousa nin a outra. Non estou en política para recibir palmadas nas costas. Trato de manter a coherencia, podo equivocarme coma calquera, pero escoitar que comigo non se pode traballar ou falar era o que me faltaba. O que non acaba de entender a alcaldesa é que o BNG ten un programa e sabe como hai que estruturar as distintas areas de xestión, e cales son as prioridades na acción política municipal. O abusar de forma sistemática das modificacións orzamentarias, das modificacións puntuais do PXOM, da improvisación na política social e de servizos públicos, e non optar por elaborar un orzamento que planifique os servizos públicos, a política social e as inversións ,_ na actualidade estase gobernando cun orzamento do 2012 aprobado polo PP _, non apostar por iniciar con urxencia a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana, non pode contar co noso respaldo a súa xestión. Como valoras as novas referentes á investigación da fiscalía referentes á alcaldesa e ao tenente de alcalde? Temos coñecemento deste feito tanto pola propia alcaldesa como polo recollido nos medios. Para o BNG é un asunto, de confirmarse, de gravidade, que ten relación directa

coa forma de xestionar do actual goberno en materia de contratos, non foi quen en dous anos e medio de estruturar a partidas de gasto para atender os distintos servizos públicos. Non pode goberno ampararse en que non hai un orzamento aprobado para cometer presuntas irregularidades na contratación. Hai mecanismos ao inicio de lexislatura, cando se prorrogan os orzamentos, para acometer as modificacións orzamentarias ou retencións de créditos para atender os servizos básicos do concello. Consideras que o concello favoreceu voluntariamente os intereses de empresas de amigos Non sei si os/as xerentes das empresas involucradas son amigos ou amigas dos integrantes do goberno. Para o BNG non é un asunto de favorecer a amigos ou non é de cumprir a lei de contratos ou non. E todo indica que en algúns contratos non se cumpriu ou hai irregularidades. Fainos unha valoración xeral destes dous anos emedio de goberno PSOE/UDDL A valoración e sinxela. O goberno de Eva García de la Torre está demostrando que non ten un programa para o Porriño. Actúa de forma improvisada, atende como pode o inmediato, -o día a día-, pero non planifica o futuro. Tendo, como consecuencia unha deficiente xestión.

Non pode pretender este goberno responsabilizar aos demais de non ter uns orzamentos, cando nunca presentou unha proposta para o seu debate aos grupos da oposición. Si o goberno nega que isto sexa así estaría mentindo. Imos empezar o ano 2018 cos orzamentos prorrogados do 2012 e a única responsábel e a Alcaldesa, que tamén é a responsábel de Facenda. Por que razón, ao teu xuizo, se producíu a morte política de Carlos Martínez, cando parecía que sería o líder do PP local, e a súa substitución por Alejandro? Non comento as decisións internas dos partidos políticos. Para o BNG o PP ten unha liña e valores políticos que non compartimos, nin no ideolóxico nin nas formas. Xa quedou bastante claro, no goberno anterior do PP, por mencionar o mais recente, como é a súa forma de xestionar. Como está a situación interna do BNG de O Porriño, despois de quedar sen un acta de concelleira. No que atinxe a actividade institucional, esta baixa non mermou en nada o número de iniciativas presentadas. Seguimos atendendo todos os compromisos adquiridos con anterioridade. Temos demostrado que temos un proxecto político para o Porriño. Coñecemos a realidade do concello o que nos leva a presentar iniciativas propias e tamén produto de aportacións do tecido asociativo coma de

veciños e veciñas a título individual. Cales son as liñas básicas do voso traballo municipal? Como en todo traballo institucional está, por un lado, a proposición de iniciativas para o seu debate e aprobación, e polo outro, debate e posicionamento sobre as propostas feitas polo goberno ou os demais grupos da corporación. As liñas xerais de actuación do BNG están encamiñadas a: primeiro, que o Porriño teña uns orzamentos municipais que estruturen os ingresos e os gastos para dar resposta aos servizos básicos que ten prestar o concello, auga, saneamento, recollida do lixo, limpeza viaria, políticas socias e de emprego etc. baixo a fórmula de prestación directa, como primeira opción. Segundo, Procurar ter un novo Plan de Ordenación do territorio. Terceiro, crear os instrumentos necesarios para que haxa unha maior participación cidadá, ben sexa colectiva ou individual, na actividade municipal e parroquial. Se eu fose veciño de O Porriño, por que motivo debera confiar no proxecto político que ti representas? Porque considero que o BNG é un grupo político cunha traxectoria na defensa dos intereses públicos ben contrastada. Temos unha experiencia de goberno que fai que coñezamos a realidade do concello e por tanto tamén boa parte das demandas sociais, ben sexan culturais, deportivas ou de emprego, así como as potencialidades que ten o concello do Porriño para lograr os obxectivos de melloras de infraestruturas e equipamento, contando con fondos propios ou de outra administracións. Defendemos unha política de servizos non privatizada, unha maior transparencia na xestión pública cara o tecido asociativo, uns criterios de subvencións, ben sexa no eido deportivo ou cultural, mais equitativa que na actualidade, a construción duns instalacións culturais acordes para un concello cunha poboación entorno aos 20.000 habitantes, un servizo de transporte público.


14

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

15

A LOURIÑA

Tere Pérez convidou aos comercios da vila a ser partícipes desta campaña de concienciación contra a violencia machista

Salceda en negro contra as violencias SALCEDA.

O Concello de Salceda de Caselas adheriuse este ano á campaña “En negro contra a violencia”, unha iniciativa xurdida en 2015 no Concello de Santiago e á que se sumaron o ano pasado 17 concellos de toda Galicia. Este ano a campaña chega a 75 Concellos e 3 Deputacións, e o Concello de Salceda de Caselas non quixo ser menos e aceptou o convite feito dende o Concello de Santiago de Compostela. A responsable da área de Igualdade en Salceda de Caselas, Tere Pérez, convidou aos comercios da vila a ser partícipes desta campaña de concienciación contra a violencia machista. Así, no caso de Salceda de Caselas teñen confirmada a súa participación 42 establecementos comerciais da vila, ademáis de diversos colectivos que estes días se están sumando á campaña. A acción consiste en tinguir de negro a vila na semana do 20 ao 26 de novembro, a través dos escapa-

rates, os manenquíns, a roupa de traballo… é decir, trátase de amosar o loito en sinal de dor por tódalas mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte. A Concelleira de Igualdade, Tere Pérez, xunto coa Coordinadora Xeral de Movemento Salceda, Lucía Pereira, desprazábanse a Bruxelas para participar na presentación da iniciativa no Parlamento Europeo, dando así o pistoletazo de saída a unha iniciativa que ano a ano vai incrementando o seu radio de ac-

ción e tinguindo Galiza de negro. A delegación galega, convidada pola eurodeputada Lidia Senra, foi recibida pola Presidenta e o Vicepresidente da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero (FEMM) do Parlamento Europeo, a lituana Vilija Blinkeviciute e o portugués Joao Pimenta Lopes, respectivamente, así como por outros eurodeputados e eurodeputadas de FEMM de diferentes países. O Concello de Salceda está a dar importantes pasos na loita contra a violencia de xénero. Así, durante este curso téñense realizado acción formativas nos centros escolares de primaria e secundaria, para concienciar aos nenos e nenas na importancia da igualdade e do rexeitamento á violencia de xénero. O Concello ofrece un servizo de asesoramento xurídico ás mulleres víctimas desta violencia, que en moitas ocasións se ven perdidas e sen saber a onde recorrer para saír dunha situación límite.

Xurxo Pardo Besadío novo responsábel local do BNG en Pazos de Borbén PAZOS DE BORBÉN.

O BNG de Pazos de Borbén vén de nomear a Xurxo Pardo Besadío como novo responsábel local en substitución de Xurxo Álvarez que viu desempeñando esta función nos últimos anos. Xurxo Pardo, natural da parroquia de Borbén, cursou estudos de arquitectura técnica e traballa no sector da construción. Para o novo responsábel local, os retos que ten por diante o Bloque en Pazos de Borbén comezan co necesario reforzo organizativo e relanzamento do proxecto político nacionalista en todos os ám-

bitos do concello, atendendo con rigor e dilixencia as demandas da veciñanza de Pazos e moi especialmente as da mocidade. Este novo período que se abre supón unha aposta por dotar ao BNG local dunha estrutura máis áxil e participativa xunto cunha continuidade co traballo que se viu desenvolvendo ata o de agora. Neste sentido, e a modo de exemplo, seguirase a traballar por dotar a Pazos duns servizos públicos de calidade, acordes coa realidade do noso concello; así como velar polo coidado e posta en valor do noso patrimonio cultural e medioambiental.


16

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

ENTREVISTA

O persoal de Maderas Iglesias clama polo mantemento do emprego PORRIÑO.

O obxectivo é concentrar nas nosas vilas as compras de nadal evitando as grandes superficies

Nova campaña navideña “Mercando na túa vila tí tamén gañas” en Salceda SALCEDA.

ACISA, Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda de Caselas e FESURGA, Federación de Comercio Sur de Galicia, como medida para incentivar o comercio durante o nadal imos realizar a campaña: “Mercando na túa vila tí tamén gañas”. Consiste en agasallar os nosos clientes cun cupón de rasca cun código QR, onde unha vez rascado a través dunha aplicación móbil válida para todo tipo de móbiles o cliente podera ver se ese cupón esta premiado. Nestes cupóns ademáis dos premios otorgados pola federación incluiranse promocións e premios dados

polos proprios comercios participantes. A campaña vai durar ate o 7 de Xaneiro do 2017 entregando uns 250 cupóns a cada socio. Cada socio participante entregaran os cupóns según o seu proprio criterio, adaptandose cada un as peculiaridades do seu negocio. Os premios ofrecidos desde FESURGA, van desde unha cesta de nadal, un xamón,25 vales de compra de 10 € ademáis de pequenos agasallos que van desde powerbanks, pendrives, mochilas ademáis dos que queiran dar os proprios socios, sendo o total dos premios dados polas asociacións de 3.000 €.

Gañamos denuncia a ocupación de fincas privadas por excavadoras MOS.

O goberno municipal para beneficiar a un coñecido seu meteu excavadoras invadindo sen consentimento, nin siquera previo aviso, fincas privadas para realizar un camiño de máis de 200 m ata unha propiedade de dito coñecido. Ademáis de beneficiar con recursos públicos a un coñecido de seu, se invade, destroza e allana as propiedades dos veciños e como remate do disparate se verten entullos de construcción como parte firme do camiño, o cal esta totalmente prohibido. Logo o goberno local en vez de enmendar a desfeita adicase a enfrentar uns veciños con

Amparada pola Xunta de Galicia

“Patada” ao patrimonio no aparcamento detrás do concello MOS.

Xa levan tempo as obras na parte traseira do concello, coas que se intenta mellorar a zona de aparcamento así como o entorno da igrexa do cemiterio e da casa reitoral. O que se vende como algo magnífico, demostra ser unha vez máis, unha explanada de asfalto, con muros de prefabricados de formigón. Algo horrendo que afea en gran maneira o entorno no que se atopa. Pero aínda se fixo unha falcatruada maior. Ao principio o cruceiro que se atopaba detrás do concello, ía quedar alí, deixándoo de tal xeito que destacaría máis no lugar onde se

400 persoas homenaxearon ao cura párroco Don Manuel Álvarez MOS.

outros para intentar salir indemne. Os veciños afectados presentaron unha denuncia no rexistro do Concello de Mós solicitando que o goberno municipal repoña a legalidade urbanistica sen máis demora. O goberno municipal esta afeito a facer e desfacer ao seu xeito pero de tanto asoballar as veciñas e veciños comezan a decir que "ata aquí chegamos".

atopaba, cunha iluminación para el só e respetándoo. Pero o desprezo do goberno ao patrimonio, e o amor ao asfalto, leva a que, cun expediente de obra distinto ao principal, se solicite o cambio de ubicación deste cruceiro. E patrimonio de Xunta aplaude o cambio. Está claro que para algúns mandan os coches máis que o patrimonio. Respetar ou non o noso patrimonio demóstrase en cousas coma estas. O Bng non está de acordo con este cambio do cruceiro, e ademais considera que a presenza dos valados de formigón afea enormemente a zona.

A parroquia de Guizán, coa colaboración das parroquias de Mos e Torroso, organizou unha comida-homenaxe na honra do cura párroco Don Manuel Álvarez Pérez, que celebra as súas vodas de ouro como sacerdote de Guizán. Ao homenaxe sumouse tamén o Concello de Mos, que estivo representado pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, pola concelleira de Cultura e Turismo, Política Social, Persoal e Réxime Interno, Sara Cebreiro, e a edil mosense natural

da parroquia de Guizán, Julia Loureiro. A celebración contou coa asistencia de 400 persoas que quixeron estar ao carón do seu sacerdote e amosarlle toda a súa gratitude e afecto por tantos anos de traballo. A homenaxe a Don Manuel celebrouse o pasado sábado 11 de novembro e os actos desenvolvidos consistiron nunha Misa na Igrexa Parroquial de Santa María de Guizán ás 12.30 horas da mañá, seguida dun xantar de confraternización no Pavillón Óscar Pereiro ás 14.00 horas.

O cadro de persoal de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante e que atravesa unha situación crítica, regresou recentemente ás rúas para reclamar medidas que garantan a continuidade da compañía e o pago dos salarios pendentes. Os traballadores/as trasladarán as protestas á Xunta -que achegou importantes subvencións públicas- ante o anuncio da dirección de que existe un 90% de posibilidades de ir á liquidación.

O PSOE crítica ao goberno do PP de Mos por presumir da conxelación de impostos

MOS.

O Partido Socialista de Mos non queren quedar calados tras escoitar ao goberno do PP anunciando a conxelación dos imposto por vindeiro ano 2018, xa que pensan que conesa actitude estanse a rir dos veciños e veciñas de Mos desta maneira. Deste xeito, faille as seguintes preguntas o goberno: ¿Creen vostedes que poden subirlles máis os impostos os veciños e veciñas de Mos? ¿Nos anos 2012 en canto lles subiu o PP os impostos os veciños e veciñas de Mos? ¿Acaso obvian que os veciños en menos dun ano pasaron a pagar 36 euros da recollida do lixo a 86,71 euros? ¿Creen vostedes que poden presumir da conxelación dos impostos ? ¿Acaso Concellos veciños cómo O Porriño, Redondela, Ponteareas, Salceda pagan algo similar?


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

17

A LOURIÑA

PAULO CARRIL, SECRETARIO XERAL DA CIG.

“Pomos todo para que ninguén quede atrás na defensa da súa dignidade e a súa liberdade” O pasado mes de maio a CIG escollía un novo secretario xeral. Paulo Carril pasaba a substituír ao histórico Suso Seixo, unha figura recoñecida e respectada por todo o mundo sindical deste país. Paulo ten 44 anos, vive na Coruña e mamou o sindicalismo desde o berce. A Nova Peneira conversou con el para coñecelo mellor.

Supoño que relevar a unha figura da relevancia sindical de Suso Seixo suporá unha grande responsabilidade para ti? Xa dixen naquel momento, que facer o relevo dunha figura como a de Suso, cunha relevancia tan significativa, non só no eido sindical senón no campo do nacionalismo en xeral é unha tarefa titánica. Agardo poder estar á altura para desenvolver a responsabilidade tan inmensa que é ser o seu substituto. Xa levas seis meses no teu cargo. Como os valoras? A valoración é positiva. Estamos levando a cabo dous obxectivos claros: -Sermos atrevidos e atrevidas na formulación de alternativas para levar aos centros de traballo-Sermos constantes na organización da militancia sindical co gallo de crearmos unha resposta de mobilización para derrogar as reformas laborais. A miña opinión persoal é que estamos a vivir un perigosísimo proceso de involución e recorte de dereitos e liberdades. Comparte a CIG esa visión da realidade?. Se fose así, que fai para combater esta etapa de involución? Si, e nestes días amósase con intensidade a verdadeira faciana do réxime podre e corrupto saído da constitución do 78.Nós desde logo que procuramos non deixar sen resposta a ningunha agresión que afecte ao conxunto do pobo galego e ás súas clases traballadoras. Estamos no comezo dunha fase de represión que non se vai cinguir só a Catalunya,estamos convencidos de que se van intensificar os intentos de intensificar a españolización do pobo galego.

Paulo ti e eu somos da mesma xeración. Cando nós eramos adolescentes, a mocidade estaba moi politizada, sindicalizada, e participaba colectivamente no tecido social e cultural. Agora non é así. Por que motivo? Eu creo que durante todos estes anos o capitalismo traballou moi duro na individualización das relacións humanas. A desmobilización e a desmotivación sobre a importancia da organización colectiva da mocidade é un problema serio, e estamos vendo as súas consecuencias. Porén a CIG está vendo nas loitas nas que participa que a mocidade toma conciencia da importancia de loitar, moverse e organizarse. Hai canteira e hai esperanza. No congreso de Maio, históricos do sindicalismo nacionalista pasaron aos cuarteis de inverno: Suso Seixo, Miranda Vigo, Antolín Alcántara, Ramiro Oubiña. Hai cadros sindicais para substituílos? Hai que darlle tempo ao tempo. Estamos perfilando nos cadros sindicais que veñen detrás a madurez necesaria para que así sexa. As relacións con CCOO e UGT están tan distantes como parecen? Si. Estratexicamente forman parte do modelo sindical do pacto social, que se ten amosado fatal para a clase traballadora. Asemade están xogando un papel

de cómplices na desmobilización dos traballadores. Eles están asentados nese modelo. Pode haber coincidencias en loitas concretas, pero a distancia estrutural é moi importante. E coa CUT como están as relacións? Desde o máximo respecto para a CUT, dicir que a súa práctica sindical non é moi coincidente co seu discurso. O sindicalismo nacionalista en Galiza é plural e iso non é ningún trauma. Ultimamente vese con moita intensidade nas rúas de Vigo e comarca ao colectivo de pensionistas da CIG. Como valoras a súa actividade sindical? A miña valoración é moi positiva. Durante os catro anos anteriores ao noso último congreso eu tiven a responsabilidade de coordinar a ese colectivo e coido que son un exemplo claro da capacidade de compromiso e mobilización que ten a clase obreira galega. Levaron a cabo campañas moi importantes como por exemplo a referente á reforma das pensións. Estas compañeiras e compañeiros representan a historia viva do sindicalismo. Eles e elas,crearon na súa mocidade o sindicato e agora, seguen creando sindicato. Dentro de vinte anos, veste ti nese colectivo? Ben, eu véxome na CIG, na responsabilidade que a militancia decida en cada momento.

En que quedou aquela ILP da CIG aprobada por unanimidade no parlamento galego sobre unha tarifa eléctrica propia para Galicia? Non se concreta porque o PP tena secuestrada. Estase eternizado dunha forma entendemos nós, premeditada. A importancia desta ILP está fora de toda dúbida. Representa algo tan importante como sermos donos dos nosos propios recursos. A horrible vaga de lumes que arrasou o país, por que se produce segundo a CIG? O que sucedeu foi o enésimo exemplo do fracaso das políticas do PP, do abandono do rural e da eucaliptización de Galiza Ence ten responsabilidade, ao teu xuizo? Nós estamos convencidos de que a trama incendiaria é a que está instalada no goberno da Xunta, que está totalmente ao servizo de Ence. Refuxiarse nunha trama terrorista é unha maneira de eludir a responsabilidade. Cales son os sentimentos do SX da CIG cando un xulgado declara nulo o despedimento dun traballador despois dunha intensa batalla sindical, como por exemplo pasou na empresa de Ponteareas Autocares Ojea? Este caso amosa como a loita popular é o camiño, haxa ou non haxa lei que favoreza a mobilización. Malia que a lexislación laboral está ao servizo do capital e os espazos para podermos facer fronte aos abusos son cada vez menores. Rematamos Paulo agradecéndoche a túa atención e cunha última pregunta. Como sabes nós temos unha presenza importante nas comarcas rurais do interior de Pontevedra. Que pode atopar un traballador ou traballadora de Queimadelas, de Setados, de Baredo. ....na CIG que lle sexa útil? Somos unha ferramenta de organización do pobo galego para a súa organización e a defensa dos seus intereses. Calquera traballador ou traballadora de calquera curruncho de Galiza que queira coñecer á CIG verá como poremos todo para que ninguén quede atrás na defensa da súa dignidade e da súa liberdade.


18

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

A LOURIÑA

Solicitan unhacomisión de seguimento das obras se saneamento en Contrasto PORRIÑO.

Pedro Pereira Fernández, en calidade portavoz municipal do BNG de Porriño considera que é necesario a constitución dunha Comisión de seguimento formada polos grupos municipais, veciños afectados e técnicos de Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de que haxa unha coordinación nas actuacións entre as distintas administración con competencias na materia e, ao mesmo tempo, unha maior información sobre as actuacións a realizar. Isto ven de que no mes de agosto iniciáronse obras se saneamento no barrio do Contrasto en Torneiros. E a primeira información oficial, trasladada pola alcaldesa, da presenza de lindano debaixo do asfalto can-

do se abriron as zanxas, aos grupos da corporación, foi o pasado día nove de novembro, dous meses e medio despois de iniciar as obras e mes e medio despois da confirmación da presenza de lindano.. Esta presenza de lindano provocou que varios veciños/ as tiveran problemas de saúde dado que esta sustancia é perigosa para saúde e altamente contaminante para o medio ambiente. Situación que se agravou pola falla de información cara os veciños dende o goberno. Como no Porriño xa houbo antecedentes de zonas contaminadas por lindano, (parque da Fase II de Torneiros, 1999) e que é un concello cunha presenza importante deste sustancia debido a que foi moi utilizada

pola empresa química “Zeltia “para a elaboración de pesticidas, Como prioridade esta comisión terá que abordar as actuacións a emprender para solucionar a presenza de Lindano no Contrasto- Torneiros pero tamén solicitar das administracións responsábeis do medio ambiente, os estudios necesarios para saber as localización de zonas do concello do Porriño que poden estar afectadas por vertidos de Lindano. Tendo en conta o anterior, o Bloque Nacionalista Galego solicitou da Alcaldía unha reunión de portavoces para acordar a constitución dunha “Comisión de seguimento formada polos grupos municipais, veciños/as afectados/as e técnicos de Consellería de Medio Ambiente.

A xustiza declara nula a modificación de postos de traballo do Concello de Mos MOS.

Recentemente o grupo político Gañamos emitíu un comunicado sobre a anulación polos xuices da modificación de postos de traballo no Concello de Mos o cal transcribimos seguidamente: “Arbitrariedades, discriminación entre traballadores, creación de postos novos a dedo con retribucións e funcións contrarias a legalidade, despilfarro de 250.000 € en incrementos salariais transgredindo o plan de axuste, ... . En particular dous dos postos creados exnovo nesta modificación da RPT declarados nulos de dereito tiñan un destinatario previo, un para a exconcelleira de educación e outro para crear unha xefa de prensa particular da sra. Arévalo e do Partido Popular pagada con fondos públicos. Cando se fan mal as cousas logo hai que repetilas e isto non sae gratis aos mosenses, teremos que pagar unha nova RPT e agardamos que en esta non meta a súa man a sra. Arévalo e sexa unha RPT equitativa e equilibrada con todas

e todos os traballadores do concello de Mós.Sentenza 184/2017 Anulación da RPT Mós. Selección de parrafos da sentenza: ..."Así, de lo que resulta de las testificales oídas y también de algunas de las alegaciones efectuadas a la aprobación inicial que constan en el expediente administrativo, existe desconcierto y disconformidad por el hecho de que unos puestos de trabajo han sido valorados en todas sus circunstancias a los efectos de efectuar la puntuación, y otros permanecen como estaban en la RPT preexistente, sin que se les haya valorado esas mismas circunstancias u otras que también concurren en ellos, y contribuyendo ello a diferencias retributivas injustificadas."... ..."Así pues, pese a lo que se alega en conclusiones por la Administración demandada, no puede considerarse que el plan de ajuste afectase sólo al período anual en el que se aprueba el mismo, sino que se trata de un plan para hacer frente a operación de endeudamiento a largo plazo (artículo

10), como se plasmó en el acuerdo del Pleno de 9 de mayo de 2012, de forma que es lógico que las medidas previstas en función del plan hayan de reflejarse en los años siguientes. Lo anterior tiene relevancia a la hora de valorar el acuerdo ahora impugnado, que en principio se presenta como una modificación de la RPT, precisamente por no contar con presupuesto para efectuar una nueva (tal y como se explica en las sesiones de la Mesa de Negociación), y estando sin embargo incluida en tal modificación la creación de nuevos puestos de trabajo. Así, para poder considerar que la decisión administrativa impugnada es conforme a derecho, esa creación de puestos nuevos, que es en principio contraria a la reducción de costes en materia de personal, ha de estar debidamente motivada, basada en el principio de necesidad, pues de otro modo habrá de ser calificada de injustificada y arbitraria, y constitutiva de nulidad."... Entre outros.

As propostas son demandas veciñais que levan tempo sen atender

GañaMós e En-Marea presentan as propostas aos Orzamentos de Galicia MOS.

GañaMós realizou recentemente unha xuntanza co grupo parlamentario En-Marea para trasladar as súas propostas aos Orzamentos de Galicia 2018 que estan debatendose no parlamento galego. As propostas son demandas veciñais que levan tempo sen atender e agardan que esta vez teñan un oco nos orzamentos. Propostas enmendas Orzamentos Galegos 2018: 1.- Remodelación do colexio Pena de Francia e atender as necesidades do resto dos centros educativos publicos. Todos os colexios de Mós teñen necesidades sen atender pero o colexio Pena de Francia é o que sufre máis desamparo da administración autonómica. Dito CEIP é un colexio de case 40 anos e necesita mudar as fiestras que son ainda do modelo antigo sen aillante, as paredes estan cheas de grietas e rematar de renovar os teitos. 2.- Mellorar a seguridade dos pasos de peóns no barrio da Florida estrada PO-331 Porriño - Gondomar. Na estrada P-331 ao seu paso pola zona residencial do barrio da Florida en Mós hai un paso de peóns do que a veciñanza da zona leva tempo queixandose pola súa perigosidade. Nese punto a estrada acada unha pendente considerable polo que os vehiculos que baixan dirección Porriño se aproximan a gran velocidade a este paso de peóns. Non é un

problema de sinalización nin de visibilidade, entendemos que o necesario sería un paso peonil regulado por semaforos. 3.- Remozar o Centro de Saude de Mós. O centro de saude de Mós atopase nun estado bastante avellentado e deteriorado sobre todo no seu aspecto exterior. As instalacións do centro necesitarian un remozado nos departamentos interiores e un lavado de cara nas fachadas exteriores. 4.- Crear un Centro de Día comarcal no antigo psiquiatrico do Rebullón. Esta é unha demanda que conta co respaldo de todos os concellos da comarca que aprobaron en sus respectivos plenos a nosa moción e En Marea a travé de Eva Solla tamén presentou unha proposta na comisión competente do parlamento galego. As antigas instalacións do Hospital psiquiátrico do rebullón estan práticamente baleiras e en bo uso polo que é o lugar idoneo para estabrecer un Centro de día público que atenda as necesidades sociosanitarias da comarca. 5.- Adiantar os prazos de execución das obras de remodelación das rotondas das Angustias e do Costilleta. Estas obras de remodelación estan programadas a 4 anos vista cun exiguo orzamento os dous primeiros anos. Solicitar que se eliminen estos dous anos de demora e se aplique a totalidade do orzamento no 2018.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

19

A LOURIÑA

O Caan da Deputación acolle aos animais que protagonizaron o ataque a unha muller en Covelo Unha vez aberta a vía penal será o xuíz o que decida sobre o seu futuro COVELO.

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de acoller aos cans que protagonizaron o ataque a unha muller no Concello de Covelo. Unha vez confirmado que se tratará o caso por vía penal, será o xuíz o que decrete o destino dos animais, se ben o máis probable é que o propietario perda os dereitos de propiedade sobre eles como primeira medida. Os cans que participaron no suceso de O Covelo foron retirados por traballadores do CAAN do seu domicilio sobre as 00:40 horas, respondendo ao requirimento realizado polo instrutor do procedemento, a Garda Civil. O propietario dos cans colaborou na entrega dos animais, facilitando a súa retirada e manexo. Tendo en conta os acontecementos, e aínda que os cans non mantiveron unha conduta agresiva ou desafiante, tomaronse fortes medidas preventivas para garantir a seguridade dos traballadores, propietarios e dos propios cans, tanto na carga como descarga, trasladándose un veterinario ao lugar da recollida para a sedacción dos mesmos.

Os dous animais retirados carecían da identificación oficial obrigatoria e correspondían cun can adulto con características de raza dogo de burdeos e un cachorro de nove meses mestizo do anterior e bóxer. Os cans, que foron identificados mediante a implantación dun microchip polos veterinarios do CAAN no lugar da recollida, teñen boa condición corporal, aínda que presentan algúnhas patoloxías de escasa relevancia. Nestes momentos están nas instalacións do CAAN na zona de corentena, apartados do resto dos cans do centro. Segundo a normativa autonómica (decreto 90/2002 e lei 4/2017), ambos cans teñen a consideración de animais potencialmente perigosos, sendo necesario cumprir os requisitos previstos na normativa sectorial para a tenza dos mesmos: licenza administrativa, inscrición no rexistro municipal, medidas de seguridade no aloxamento e no acceso ás vías públicas e tenza de seguro, entre outros. Estes requisitos, sen embargo, non se cumprían no caso que acontece.

Un grupo de familias pertencentes ás asociacións Amencer e Xuntos súmanse á iniciativa municipal “Patea Tapea”

Os rapaces do programa Rodando achéganse a Ponte Caldelas para gozar das súas rutas naturais PONTE CALDELAS.

O programa Rodando, ideado pola asociación de familias con nenos/as con parálise cerebral, “Amencer”, ou con síndrome de Down, “Xuntos”, rodou con decisión por difentes lugares de Ponte Caldelas. Un grupo de varias decenas de persoas gozou dunha saída polos sendeiros naturais do municipio en colaboración co Concello de Ponte Caldelas. A iniciativa municipal Patea Tapea, deseñada para impulsar a rede de sendeiros intercomunicados de Ponte Caldelas, celebrouse así con novo formato e cun espírito de integración social. O grupo estivo integrado

por varios rapaces en bicicletas adaptadas e tamén participaron algúns con cans-guía. Un pequeno número de rapaces de Ponte Caldelas sumáronse tamén á saída, que transcurriu nun ambiente moi festivo. A ruta, pensada para facilitar o tránsito, iniciouse en Pazos e continou pola estrada vella en dirección a Caritel. Alí houbo unha primeira parada para re-

poñer forzas e recoller landras na carballeira. As sementes serán utilizadas en próximos días nunha sementeira que se celebrará cos alumnos da ludoteca de Ponte Caldelas. A continuación continuaron en dirección á Fraga e, finalmente, volta ata Pazos para gozar dun tapeo no Asador del Chavo antes de dar por rematada a xornada.


20

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE

ATIOS - EIDOS, 48

986 195 115


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

21

A LOURIÑA

Os nacionalistas solicitaron a comparecencia de Pablo Castillo no Pleno deste venres

O BNG esixe explicacións ao alcalde de Covelo sobre gastos e contratacións no Concello COVELO.

Os concelleiros do BNG de Covelo, Laura Santiso e Álex Osorno, veñen de esixir que o alcalde explique en que se gastaron preto de 300.000 euros no ano 2015, que aparecen na contabilidade coa descrición de “comunicación e outros”. O BNG ten serias dubidas de que tal cantidade de cartos se puidesen gastar só neste apartado, polo que solicitou a comparecencia do alcalde no pleno que se celebrará este venres. Os conce-

lleiros sinalan que presentaron preguntas relacionadas con este tema no pleno celebrado o pasado 12 de maio, obtendo como resposta un resumo “do que a día de hoxe o grupo municipal do BNG aínda non tivo noticia para poder consultar nin contrastar”. Noutra das cuestións da comparecencia solicitada, o Bloque pídelle explicacións a Pablo Castillo polos criterios que se teñen á hora da contratación do persoal eventual que traballa no Concello. Den-

de o BNG pregúntanse “por que non se fan públicas estas convocatorias de selección”. Así mesmo, sinalan que “isto tamén acontece con empresas que están realizando algúns dos cursos facilitados polo Concello, onde se observa con preocupación como se contratan empresas que están vinculadas a concelleiras do PP ou son familiares do propio Alcalde”. A xuízo do Bloque, “estas concesións non foron debidamente publicitadas”. Os concelleiros do BNG,

Laura Santiso e Álex Osorno, indican que “observamos como dende o goberno municipal tentan dar unha imaxe de transparencia, de cambios de política con respecto ao anterior alcalde, con pinceladas de modernidade. Pero a realidade é teimosa, e as políticas do PP en Covelo seguen a ser as mesmas, as de sempre, limitando a transparencia na xestión municipal a un apartado da sede electrónica da páxina web, que é obrigatoria por lei”.


22

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

Dezaoito entidades traballan en 9 propostas de cooperación entre Cerveira e Tomiño O prazo de presentación de ideas para a II edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo estará aberto ata o 30 de novembro TOMIÑO.

Dentro do marco do Proxecto Erasmus+ Mémorie(s)

O Patrimonio Cultural e Natural de Tomiño chega a Europa da mán do IES Antón Alonso Ríos TOMIÑO.

No marco do Proxecto Erasmus+ Mémorie(s) que se está a desenvolver no IES Antón Alonso Ríos en coordinación con centros europeos de Alemaña, Francia, Grecia, Italia e Portugal, mocidade e profesorado veñen de pór en valor o rico patrimonio cultural e natural co que conta o Concello de Tomiño. Este patrimonio amósase a Europa a través dun percorrido que se inicia no Mirador do Niño do Corvo, e pasa por lugares como a Fortaleza de Goián, o santuario de San Campio de Lonxe, a Pedra Furada de Vilachán, os Muíños de Vilameán, os petróglifos do monte Tetón,

a igrexa de Santa Mª de Tebra, as Escolas Indianas, a Ponte Vella de Taborda sobre o río Cereixo, a área recreativa do río da Pedra… sen esquecer a pegada dos artistas da terra, e que finaliza nos remodelados, Mer-

cado de Abastos e Praza do Seixo. A actividade, que terá proxección en Europa, achégalle á mocidade europea, aqueles lugares que son parte da memoria individual e colectiva que forma a identidade propia dun pobo.

A segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) comeza a dar os seus froitos. En total, 18 entidades están traballando na elaboración de 9 propostas de cooperación entre Cerveira e Tomiño en tres áreas de acción: Educación e Cultura, Deportes e Lecer e Territorio e Ambiente. O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o vindeiro 30 de novembro. Calquera iniciativa deberá ser presentada obrigatoriamente por ao menos unha entidade, unha asociación ou un cidadán particular de cada un dos dous concellos participantes. O envío das propostas deberá realizarse a través dun formulario habilitado na web participacerveiratomino.eu e poderá acompañarse dun vídeo promocional dun máximo de 3 minutos. Esta mesma páxina ten á disposición de todo o público un foro de debate no que intercambiar ideas ou buscar posibles socios para os proxectos. Nestes intres algunhas entidades están traballando de xeito simultáneo na elaboración de varias propostas e un equipo técnico do OPT está axudando ás entidades que o precisan a poñerse en contacto entre si para poder levar a cabo as ideas deseñadas.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo trátase dun proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que busca implicar á poboación de Cerveira e Tomiño na procura de solucións para necesidades comúns. Está incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea. Unha vez finalizado o prazo de presentación, as propostas serán analizadas ata o 7 de decembro e, tras un período de reclamacións, cerveirenses e tomiñenses poderán votar o seu proxecto preferido entre o 20 de decembro de 2017 e o 20 de febreiro de 2018 na propia web do OPT. As ideas presentadas optarán a conseguir unha subvención aproximada de 5.000 euros para a execución do proxecto. Máis información sobre o OPT 2018: http://participacerveiratomino.eu/?lang=pt-pt


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

23

BAIXO MIÑO

O Concello de Tomiño leva a cabo unha nova obra de asfaltado en Sobrada A obra permite unha mellora a tres bandas: ancheamento, canalización das pluviais e asfaltado novo TOMIÑO.

Cun orzamento de 65.000 euros, estará operativa a vindeira semana despois de colocar as ancoraxes e de realizar as probas de carga

Instálase a ponte sobre o río Pego que dará continuidade á senda polo Miño

TOMIÑO.

O Concello de Tomiño acaba de colocar unha pasarela de madeira sobre o río Pego, o que permitirá darlle continuidade á actual senda polo río Miño e perfilar o futuro sendeiro que permitirá comunicar a vila con Tui. Cun orzamento de preto de 65.000 euros, os técnicos colocaron este martes a ponte e durante os vindeiros días procederán a facer a ancoraxe da pasarela e as probas de carga para comprobar que se compren as normas. A ponte estará operativa a vindeira semana despois de rematar os accesos por ambas beiras da ponte para salvar o desnivel coa senda. Trátase dunha rota cun alto valor paisaxístico, histórico e turístico da comarca que recupera un antigo sendeiro que a veciñanza leva empregando dende sempre e que percorre

a ribeira do Miño. O obxectivo é dar acceso directo ao Miño respectando as directrices marcadas pola Red Natura e poñendo a disposición da cidadanía unha senda co mínimo impacto medioambiental, acondicionado con listóns de madeira e zahorra de canteira e que conte coa sinalización que

informe sobre a flora e a fauna da zona. En total serán uns 10 quilómetros de sendeiro que porán en valor o patrimonio medioambiental do concello de Tomiño e permitirá aos veciños e veciñas percorrer un espazo idóneo para a práctica do exercicio deportivo.

Os operarios municipais comezaron os traballos o pasado mes de setembro e na actualidade a vía atópase xa a pleno rendemento. Trátase dun vial moi concorrido da parroquia, que vai dende o colexio CEIP de Sobrada, con aproximadamente 70 alumnos e alumnas nas súas aulas, ata a estrada xeral PO350, prestando servizo a un núcleo urbano que conta con aproximadamente un milleiro de persoas. O Concello de Tomiño detectou nestes últimos tempos que a estrada precisaba unha obra de mellora, xa que estaba danada polas raíces dos pinos. Deste xeito, retiráronse as raíces que deterioraban o firme e aproveitouse para incluír unha nova canalización das augas plu-

viais e facer un novo asfaltado do camiño. O novo pavimento, con arredor dun metro máis de anchura que o anterior, permite mellorar a visión na zona e aumentar a seguridade vial dos veciños e veciñas. O investimento aproximado para esta mellora foi duns 34.000€ e, ademais da aportación do Concello de Tomiño, contou coa co-financiación da Xunta de Galicia. Na actualidade, o Concello de Tomiño está pendente da posta en marcha e execución do Plan Marco de Arranxo de Camiños Rurais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que previsiblemente será executado no 2018, para continuar así coas obras de mellora e restablecemento de outras vías públicas do Concello.


24

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

O concello adhírese a esta campaña de sensibilización

Tomiño únese á campaña ‘En negro contra as violencias’ TOMIÑO.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acaba de asinar o protocolo de adhesión do concello tomiñés á campaña de sensibilización ‘En negro contra as violencias’, unha iniciativa que co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, tinguirá de loito a localidade para visibilizar e denunciar o máximo expoñente da desigualdade que sofren as mulleres: a violencia de xénero. Entre o 23 e o 26 de novembro, Tomiño, xunto a outros máis de 70 concellos e 3 deputacións de toda Galicia, levará o negro aos escaparates, ás redes sociais ou mesmo á roupa de traballo dos e das comerciantes en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a

morte. No que vai de ano as violencias machistas custáronlle a vida a 44 mulleres e 8 menores. Ao abeiro desta campaña, o vindeiro 24 de novembro Tomiño acollerá a lectura dun manifesto que por primeira vez será único para todos os concellos participantes na iniciativa. Será a alcaldesa, Sandra González, a encargada de ler este manifesto ás 12.00 horas na Praza do Seixo, ao que está invitada toda a cidadanía. A programación da campaña completarase coa celebración

dunha sesión de Contacontos pola igualdade no Mercado Municipal o 25 de novembro a partir das 19.00 horas e coa actividade ‘Contamos todas’ desenvolta pola Tropa de trapo para o alumnado de 4º da ESO do IES Antón Alonso Ríos o 28 de novembro. Con estas actividades e a sinatura do protocolo de adhesión este martes no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela, o Concello de Tomiño continúa co seu compromiso coa igualdade tras a constitución da Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e a aprobación do seu III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes, que busca a igualdade efectiva en eidos tan diversos como o político, o económico ou o sociocultural. Máis información en ennegrocontraasviolencias.gal.

As obras durarán arredor de tres semanas

En marcha os traballos de rexeneración do céspede na Praza do Seixo TOMIÑO.

A Praza do Seixo estará renovada de cara ao Nadal. O Concello de Tomiño comezou esta semana os traballos de mantemento desta zona da vila, cos que se tratará de arranxar os fallos na parte de herba xerados polo desgaste no terreo debido ao seu uso habitual. Os traballos de rexeneración do céspede consistirán na achega de terra mineral na que se inclúe nova semente para favorecer o nacemento de nova herba e no tránsito controlado na zona para permitir que o inzo arraigue. Por este motivo, a parte de zona verde da praza estará acordoada para evitar que os peóns

poidan pisalo durante o tempo que precisa para a súa rexeneración. As obras de mantemento durarán arredor de tres semanas, polo que se calcula que a praza recuperará a súa actividade normal de cara ao Nadal.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

25

BAIXO MIÑO

Este un dos temas tratados na reunión mensual do Consello de Xestión da Axenda Estratéxica de Cooperación entre ambas rexión, un proxecto europeo cofinanciado ao 75% con fondos FEDER

Ampliaranse en prazas, idade e territorio a actividade ‘Deporte/ Desporto para todos’ TOMIÑO.

Máis prazas, aberto a un maior rango de idade e ampliando territorios. Así serán as vindeiras edicións da actividade transfronteiriza ‘Deporte/Desporto para todos’, un programa co que os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira viñan ofrecendo á comunidade maior de 55 anos actividades deportivas saudables, controladas e adaptadas. Debido ao éxito deste proxecto, o Consello de Xestión da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño decidiu na última reunión ordinaria mensual ampliar este programa que xa vai pola súa segunda edición. Deste xeito, para o edicións de 2018 e 2019, esta actividade non soamente ampliará o número de prazas para o público que viña acollendo ata o de agora, senón que abrirá o seu programa aos mozos e mozas. Con esta apertura a organiza-

O Bloque volve presentar unha moción para adhesión da Guarda ao Plan Revitaliza da Deputación “O BNG traballa con iniciativas a prol da reciclaxe fronte a outros modelos como a incineración”

A GUARDA.

ción espera multiplicar a participación no programa de actividades. Outro dos aspectos que tamén mudarán no programa é o uso compartido dos equipamentos municipais de Tomiño e Cerveira, xa que se buscará estender as actividades a centros deportivos, pavillóns, piscinas, campos de fútbol... que ata o de agora non se empregaban. Ademais, a organización traballará para expandir a actividade a un maior número de parroquias e freguesías de xeito itinerante.

Esta é unha das numerosas actividades comprendidas dentro da Axenda Estratéxica Cerveira-Tomiño, que centra o esforzo de ambas rexións para conseguir a xestión compartida de servizos locais, a dinamización da economía local transfronteiriza e a capacitación, todo baixo o lema Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto europeo do Programa Operativo Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTECP)-INTERREG, cofinanciado ao 75% por fondos FEDER.

O BNG volve presentar unha moción para a adhesión do concello da Guarda ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, como un novo xeito de xestionar o lixo. Para o BNG a xestión eficiente do lixo é un dos piares básicos para transformar A Guarda cara un concello sostíbel. Dende a chegada do BNG á Deputación de Pontevedra este foi un dos eixos sobre os que pivota a nova forma de gobernar nos que se queren implicar aos concellos nunha xestión sustentábel e máis respectuosa co medio ambiente. “Esperemos que despois dun ano de andadura do Plan Revitaliza, o alcalde da Guarda teña reflexionado sobre a compostaxe e aposte

por este sistema de xestión ambiental. A compostaxe axudaría a rebaixar a factura do lixo con SOGAMA e, ao mesmo tempo, reducimos as emisión de gases contamiantes como o CO2 e melloramos o noso medio ambiente”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG. O BNG sinala que este ano volve a haber liñas de axuda para a posta en marcha deste programa provincial, dos que se poderían beneficiar os guardeses e guardesas coa adhesión a este plan. Dende o BNG considérase unha boa oportunidade para a Guarda de poñer en marcha un programa de compostaxe como modelo de xestión que supón dun aforro para as arcas municipais dada a redución de volume de lixo que se envía a SOGAMA.


26

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE

O Mellor ambiente da parroquia O Porriño


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

27

BAIXO MIÑO

Clube Balonmán Mecalia Atlético Guardés

Campionas da Liga de Balonmán

G. FIGUEIREDO

As rapazas do mecalia, levaron este ano que remata á comarca do Baixo Miño e á vila de A Guarda a facer historia xa que acadaron o máis alto galardón estatal neste deporte, foron as campionas da liga de balonmán. A continuación ofrecémoslle un repaso histórico dos logros máis importantes destas grandes embaixadoras da Guarda no mundo No Concello de A Guarda, neste municipio do suroeste de Galicia, coa poboación máis meridional da provincia de Pontevedra e que forma parte da Comarca do Baixo Miño, chega o balonmán, aló polo ano 1967. O Clube Balonmán Atlético Guardés, agora chamado Mecalia Atlético Guardés por motivos de patrocinio ten un palmarés impresionante e leva o balonmán feminino ao máis alto deste deporte. De seguido vouvos nomear os seus logros máis importantes: Na tempada 1967 / 68, da man de Jose Carlos Rodríguez Barros, deu os seus primeiros pasos cun equipo feminino. Comezouse a Xogar no Patio de Terra, no Colexio P.P. Somascos, da Guarda. Ao comezo tiñan que marcar as liñas de xogo con cal, e cando chovía, volvían marcar antes da segunda parte. Na Tempada 1971/ 72, comeza unha nova Fase co xa Atlético Guardés en 3ª categoría Provincial clasificándose 2º, xogando a fase de ascenso e ascendendo a segunda División Provincial. Na Tempada 1981/ 82, o equipo en 2ª división Provincial, é campión e Ascende a 1ª Provincial. Na Tempada 1984 / 85, o Equipo en 1ª división Provincial, Campión, xoga a fase de Ascenso e logra o paso a 2ª división Nacional. Na Tempada 1997 / 98, a Federación Territorial outórgalles o Premio ao mellor labor do Deporte Base. Na Tempada 1998 / 99, Premio ao

Tomiño e Cerveira irmándanse a través do deporte TOMIÑO.

mellor labor de Base por 2º ano consecutivo. A FGB outórgalles o Premio Anual do Mellor Club. Na Tempada 1999/00, Premio ao mellor labor de Base por terceiro ano consecutivo. A FGB. outórgalles o Premio Anual á Promoción Feminina. Na Tempada 2000/01, Premio ao mellor labor de Base por 4º ano consecutivo. A FGB outórgalles o Premio á deportividade. A xogadora Silvia Pérez vai concentrada coa selección española junior, que xoga un torneo en Dinamarca. Na Tempada 2001/02, logran: -Alevín Feminino: Campión provincial e campión de Copa. -Cadete Feminino: Campión provincial, campión de copa, subcampión galego no campionato que se celebrou no Porriño. - Xuvenil Feminino: Campión Provincial, Trofeo Máxima Goleadora e Campión Galego Invicto. O campionato de España celebrouse na Guarda este ano, con gran éxito deportivo e de asistencia de seareiros. Perden dun gol co equipo da Calzada de Xixón, que foi subcampión de España. A FGB Outórgalles o Premio á Deportividade. Na Tempada 2002/03, Andrea Dapena

consegue por terceiro ano o Trofeo de Máxima Goleadora Xuvenil. A Xunta de Galicia concédelles a Distinción como o Mellor Club de Galicia de Balonmán e tamén coincide que retiran o Premio Económico para este premio. Na tempada 2012-2013 clasificouse por primeira vez para participar na liga de Campións da EHF, chegando á terceira rolda, onde foi eliminado polo Zvezda Zvenigorod de Rusia, sendo derrotado nos dous partidos da eliminatoria por 36 - 15 e 20 - 28.

A GUINDA DO PASTEL

O ano pasado, foron campionas de liga despois de derrotar ao Granollers por 27 goles a 20 nun ateigado pavillón da Sangriña, en medio de enormes doses de emoción xeralizada por este histórico logro do balonmán galego, que só conseguira anteriormente un equipo de Coruña na lonxana década dos 60. Como vedes un gran equipo que leva o deporte feminino ao máis alto nivel. Desde este xornal animámoslles a seguir competindo con deportividade e agradecemos que sexan un exemplo a seguir para as pequechas do noso país. Parabéns Equipo.

O concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira ultiman os preparativos do seu primeiro campus deportivo conxunto, que se celebrará o días 24, 25 e 26 de novembro en instalacións de ambos os dous concellos. Eesta iniciativa naceu co obxectivo de educar en valores de tolerancia, cooperación, interculturalidade e respecto entre nenos e nenas dos dous concello e de fomentar o coñecemento cultural e social mutuo, o deporte saudable e a competitividade sen violencia. O campus arrancará o venres 24 de novembro cunha cerimonia de apertura ás 16.30 horas (hora galega) no pavillón municipal do concello cerveirense e con dous partidos de fútbol amigable entre dous equipos mixtos formados por adolescentes de Galicia e Portugal. Ao día seguinte, 25 de novembro, o campus continuará cunha actividade de orientación en familia no Parque do Lazer Castelinho, en Cerveira, de 10.15 a 12.00 horas. As actividades do domingo 26 estarán reservadas para facer en familia, con natación na piscina municipal de Vila Nova de Cerveira a partir das 11.00 horas e con pilates no pavillón de Goián de 12.30 a 13.30 horas.


28

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

‘Barferencias’, recollida de lixo en kaiak

O ano pasado recolléronse máis de 1.300 litros desde produto, ademais de 218.000 quilos de vidro, 316 de pilas, 113 toneladas de envases e outras 126 de papel e cartón

Xunto coa celebración do Día do Orgullo Agro LGTBI foron actividades do programa de Voluntariado do Concello de Tomiño para 2018

O concello tomiñés cambia o sistema de recollida do aceite de cociña usado por un máis limpo e cómodo

TOMIÑO.

O programa de voluntariado do concello de Tomiño naceu no ano 2003 co obxectivo de ser unha referenza clara na organización de persoas que de xeito activo participen en distintas actividades municipais. Dende ese momento, 118 mozos e mozas colaboraron nas actividades de voluntariado local tomiñense. Parte do grupo de voluntariado local reuniuse en instalacións do concello para aaliar a programación realizada ao longo deste ano e para organizar as actividades de cara ao vindeiro 2018, xa que a programación anual é deseñada de xeito conxunto a través da participación e cooperación real e efectiva. Os voluntarios e voluntarias participarán na conmemoración do Día das Letras Galegas e un concurso de deseño

TOMIÑO.

FOTO REUNION VOLUNTARIADO

dunha camiseta relacionada co 17 de maio, na recollida de lixo en kaiak, na creación dun club de lectura, nun faladoiro de inglés e na elaboración dun blogue e/ou unha web de voluntariado. Lucía González foi a primeira voluntaria en darse de alta no servizo o 29 de xuño de 2004. Dende entón ademais do voluntariado local, a OMIX acadou no 2012 a acreditación como entidade de acollida e envío de Servizo de Voluntariado Europeo.

Tomiño segue a avogar pola reciclaxe. O Concello vén de renovar e ampliar os contedores de recollida de aceite colocados en distintos puntos da vila, colectores que empregan un novo sistema de reciclaxe no que o aceite se deposita en botellas de plástico reutilizadas e non de xeito directo. Ata o de agora os tomiñeses e tomiñesas depositaban os aceites de cociña usados nun contedor a granel vertendo directamente o produto. Sen embargo, agora o aceite deixarase nos 10 contedores dispoñibles en recipientes de plástico o que non só garantirá que este material non se mesture con outros residuos senón que será máis limpo e cómodo para a cidadanía. Dende o ano 2014 lévanse recollidos a través destes colectores máis de 3.850 litros de aceite, 1.300 deles o ano pasado. Con esta iniciativa o Concello de Tomiño espera animar á cidadanía a reciclar este tipo de produto. Illas ecolóxicas No camiño por conseguir un Tomiño diminuír a cantidade de lixo que vai ao colector verde, rebaixando os custes económicos, ecolóxicos e medioambientais, o Concello ten situadas por toda a vila illas ecolóxicas nas que se poden atopar

ademais dos 10 contedores de reciclaxe de aceite, 210 de recollida de envases, 96 de vidro e 70 de papel e cartón. No que vai de 2017 recolléronse un total de 316 quilos de pilas, ademais de 75.000 quilos de vidro ata o mes de maio. O ano pasado Tomiño reciclou 218.005 quilos de vidro, algo menos que en 2015, no que se recolleron 221.589 quilos deste material. Por outra banda, a través destes contedores no 2016 recicláronse 113 toneladas de envases, un 10 por cento máis que en anos anteriores. En canto a papel e cartón, o ano pasado recolléronse 106 toneladas nos colectores municipais, aos que hai que sumarlles as 20 toneladas recadadas a través da recollida directa en negocios que producen grandes cantidades deste material.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

29

O CONDADO

Cen quilos de castañas e preto de cincocentos bolos preñados con chourizos repartidos no magosto

Máis de oito mil persoas participaron na décima edición da Feira de Outono PONTEAREAS.

Dende o xoves día 2 ata o domingo 5 de novembro máis de oito mil persoas achegáronse a Ponteareas para participar nalgunha das variadas actividades que se produciron no marco da Feira de Outono. Por ese motivo, o Concello de Ponteareas e a organización da décima edición da Feira de Outono felicitaron a tódolos participantes e colaboradores que fixeron posible esta nova edición da Feira de Outono conseguindo que fora un éxito e que batira o record de visitantes. Unha programación diversa e para toda a familia fixeron posible este resultado máis que positivo. A organización da Feira de Outono, Castelo de Sobroso, Galiza Nova, Sindicato Labrego Galego e o Concello de Ponteareas, apostaron por ofrecer actividades didácticas, lúdicas e gastronómicas que foron dende as charlas que afondaron no coñecemento

Dous mil cincocentos pinchos e tapas degustados en Bocados de Outono da micoloxía, ás saídas guiadas, concurso de relatos, a música en directo, showcooking, exposición e degustación de produtos de outono, animación de rúa a cargo de Xanela, e obradoiros para os máis cativos.

No decorrer do magosto do domingo repartíronse máis de cen quilos de castañas e preto de 500 bolos preñados con chourizo. O roteiro Bocados de Outono organizado pola Concellería de Comercio en colaboración coa Feira de Outno tamén batíu records de participación con máis de dúas mil cincocentas tapas e pinchos vendidos. A organización comeza xa a traballar na vindeira edición co obxectivo de que a Feira de Outono de Ponteareas siga a medrar cada ano e manteña o nivel de calidade acadado nesta edición. A Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, agradece a tódolos participantes e visitantes o seu paso por Ponteareas e valora moi positivamente este tipo de iniciativas que poñen en valor produtos de tempada e de calidade e que promocionan a hostelería, o comercio, o patrimonio natural e a riqueza cultural, entre outros aspectos da vila. O Concello de Ponteareas seguirá a apostar por iniciativas como esta que, nos últimos anos, enchen de vida Ponteareas cada primeira fin de semana de novembro.


30

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

O CONDADO

Ponteareas participa na reunión do Pacto Nacional pola Auga PONTEAREAS.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, participou na reunión para avanzar o Pacto Nacional pola Auga mantida entre os representantes dos usuarios de abastacemento continuado e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Am-

biente (Mapama), Francisco Marín. Neste encontro participaron o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), representantes dos concellos de Ourense e Ponferrada, da Deputación de Ourense e varios membros da Comunidade Xeral de Aguas de Galicia-Coxapo. Represas insiste na importancia de colaborar coas diferentes institucións sobre todo

cando se trata dun asunto tan decisivo como o subministro de auga que ademais de garantir calidade e un axeitado reparto pode mesmo determinar o avance de proxectos de crecemento das vilas e cidades como sucede no caso de Ponteareas no que o subministro de augas é un dos piares básicos para o avance do Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM). Co obxectivo de involucrar

no Pacto Nacional pola Auga a tódolos axentes implicados na xestión e no uso da auga o documento final debe recoller as propostas técnicas para facer un uso máis eficaz, solidario e integrafo dos recursos existentes. Este futuro Pacto centrarase en catro grandes eixos: a aten-

ción de déficits hídricos, o cumprimento dos obxectivos ambientais fixados nos plans hidrolóxicos, plans de xestión de riscos de inundación e outra serie de medidas en materia de gobernanza da auga e mellora da xestión e dos procedementos ordinarios.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

31

O CONDADO

Salvaterra presenta dezaseis variedades de espumoso, con uva autóctona, na cuarta edición da Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas, os próximos 2 e 3 de decembro

Espumosos para todas as ocasións SALVATERRA.

Un ano máis, e xa van catro, o Concello de Salvaterra de Miño presenta a FESTA DO VIÑO ESPUMOSO, un produto que empeza a emerxer dentro da DO Rías Baixas e que temos que contemplar como unha alternativa máis á hora de comer ou cear, presentando dezaseis variedades de espumoso, elaborado con uva autóctona, e onde estarán representadas case a totalidade das adegas que elaboran este produto dentro da DO Rías Baixas. O que se busca a través desta festa, aparte de promocionar un produto tan importante para a nosa terra e a nosa propia economía, xa que ano a ano vemos como está crecendo a súa produción e comercialización, é crear hábito e sobre todo deixar atrás estereotipos como que o espumoso só se utiliza para a sobremesa ou brindar, o Espumoso é para todas as ocasións, e se é Rías

Baixas mellor que mellor. Esta cuarta edición da Festa do Viño Espumoso presenta unha programación variada con cursos de iniciación ao mundo dos espumosos e de armonía de viños espumosos con conservas de Galicia, impartidos por D. Luís Paadín Primeiro Ambassadeur du Champagnede de España, cun showcooking a cargo do Centro de Formación Profesional A Cancela e diversas actividades e actuacións que ame-

nizarán os dous días, unha cita ineludible orientada á promoción e divulgación deste produto, que conta cunha forte presencia na comarca. Dende o Concello de Salvaterra, que é a Capital do Viño do Condado do Tea, animan a todos os amantes dos noso espumosos como a todos aqueles que queiran probalo por primeira vez a acercarse o primeiro fin de semana de decembro, o 2 e o 3, ao Recinto Amurallado do

Municipio, lugar onde se darán cita as adegas Señorío de Rubios, Eido Sela, Bodegas As Laxas, Adega Valtea, Adega Mar de Frades, Pablo Padin, Tollodouro, Martin Codax,

Adegas Galegas e Terras de Lantaño para presentar en total eses 16 espumosos que buscamos que estean presentes este ano que entra na mesa de todos os galegos.


32

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

O CONDADO

Luís Bará pide que se atenda as necesidades básicas e vitais do Concello

O BNG critica o abandono do PP a Ponteareas nos Orzamentos da Xunta PONTEAREAS.

Axudas para a reparación de danos causados polos incendios SALVATERRA.

O pasado luns 30 de outubro a Xunta de Galicia publicou no DOG a ORDE conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, ante o cal o Concello de Salvaterra de Miño pon a disposición de todos os afectados unha Oficina de Atención aos Afectados no propio Concello, cunha empresa externa, para informar e axudar na tramitación das mesmas. Os días de atención serán os luns, mércores e venres de 09.00 a 14.00h, tamén pode informarse a través do teléfono 986 658 082.

O BNG ven de avaliar o proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2018. Acompañado de concelleiras do BNG e do Deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, considerou “un desprezo intolerable para Ponteareas” o proxecto que presenta o PP, por “marxinar ás veciñas e veciños de Ponteareas e continuar a situación de abandono que mantén a Xunta coa nosa localidade”. Ante a inexistencia de partidas económicas concretas destinadas a Ponteareas, o deputado Luís Bará remarcou que “non pedimos ningún luxo, ningunha obra faraónica, só pedimos que se cubran necesidades tan básicas e vitais como que as veciñas e veciños de Ponteareas poidan contar con auga potable ou con saneamento.” Neste sentido, o BNG presenta unha emenda reclamando a implicación da Xunta na ampliación da rede de subministro de auga potable ata completar a totalidade das vivendas nas parroquias de Moreira, Fontenla, Angoares e San Mateo de Oliveira. Nesta última, o deputado

Continuos incumprimentos do PP coa Circunvalación

do BNG lembrou que “hai escasas semanas as veciñas e veciños vían con impotencia como non podían dispor deste recurso básico mentres as súas vivendas estaban cercadas polo lume”. Entre a batería de emendas que presenta o BNG aos Orzamentos da Xunta para 2018, inclúese a reserva de partidas orzamentarias para a execución do proxecto de saneamento aprobado para a parroquia de Riba-

BARÁ NUNHA VISITA EN SAN MATEO

detea, a mellora da seguridade viaria con dotación de beirarrúas nos tramos urbanos da estrada Mondariz-Salvaterra, obras de eficiencia enerxética e rehabilitación do CEIP Fermín Bouza Brey, a construción de ximnasios nas escolas de Guláns e Santiago de Oliveira, a nova escola infantil de Ponteareas ou a restauración da Ponte dos Remedios e protección doutros elementos do patrimonio.

Outra das emendas que presenta o BNG aos Orzamentos da Xunta solicita que se inclúa unha partida orzamentaria para a redacción do proxecto da Circunvalación de Ponteareas. Dende o Bloque consideran que “o PP toma por parvos aos veciños de Ponteareas. Levan máis de 20 anos vendendo fume coa promesa da circunvalación, pero á hora da verdade non destinan nin un só euro para redactar o proxecto que faga realidade esta promesa”. Represas lembrou que “no ano 2015 a Conselleira de Infraestruturas comprometeuse co Concello e co Ministerio de Fomento a redactar o proxecto de trazado e construción, pero xa pasaron dous anos e seguimos sen nada, todo propaganda”. O BNG é contundente ao sinalar que ao PP quédanlle dúas opcións, “ou aceptar as emendas que lle propomos para atender ás demandas das veciñas e veciños de Ponteareas, ou continuar co seu desleixo para deixalos tirados e ser politicamente inútiles para a cidadanía de Ponteareas”


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

33

O CONDADO

Cancelarase o Plan de Axuste aprobado o 25 de setembro de 2013 ligado ao incremento dos impostos

Ponteareas baixa os principais impostos PONTEAREAS.

O goberno de Ponteareas acometeu nun pleno extraordinario un importante axuste fiscal que afectará a tres dos principais impostos municipais; o imposto sobre vehículos, plusvalía e a “contribución” ou imposto sobre bens inmobles (IBI), tamén aprobou a declaración de “zona catastrófica” como consecuncia dos incendios do mes de outubro.

Impostos máis baixos

En relación aos impostos que hoxe foron a pleno e que o goberno tentou consensuar coa oposición e que responden a distintas iniciativas tratadas en Plenos anteriores que teñen como finalidade rebaixar os impostos incrementados en 2013 por PP e ACIP con motivo dos plans de axuste e saneamento económico para pagar as débedas acumuladas que provocaran o embargo dos ingresos por parte do Ministerio de Hacienda; o Alcalde anunciou nas vindeiras semanas cancelará o Plan de Axuste aprobado o 25 de setembro de 2013, plan que levou ligado o incremento dos impostos que hoxe rebaixa o actual goberno. Un plan que comprometía ao

Concello polo prazo de dez anos, é dicir, ata 2024 e tamén as subas aprobadas daquela por dez anos. “Só transcurriron catro anos dende aquelas subas de impostos e estamos hoxe, con este grupo de goberno, en disposición de romper con esas obrigas e limitacións grazas ao esforzo dos veciños que durante estes catro anos soportaron cos seus bolsillos as subas de impostos. Eles son os que teñen o mérito de soportar o pago da débeda millonaria que o Concello tiña acumulada e verse privados de acometer novas obras prioritarias e servizos básicos. Tamén debo lembrar que destes catro anos, case dezaoito meses, foron do goberno anterior e máis de trinta meses do goberno actual”. Esta mellora económica tamén ten a súa orixe en dúas medidas impulsadas polos concelleiros que en 2012 estaban na oposición. O aforro logrado como consecuencia do peche da RTM e o aforro nos salarios do goberno e as asignacións do conxunto da Corporación, isto supuxo un aforro ao ano de 70.000€ que dende 2013 inclusive supón un total de 350.000€

só cunha medida, acordo ao que convén lembrar se opuxo o Partido Popular.

Vehículos de tracción mecánica

Rebaixarase un 13% os vehículos e motos de menor cilindrada así como os tractores. Os vehículos de maior cilindrada terán a mesma rebaixa en cuantía abasoluta que os de menor cilindrada. Recibirán una bonificación do 100% aqueles vehículos históricos, antiguos e clásicos con máis de 30 anos. Para os de máis de 25 anos a bonificación será do 50%. Os vehículos eléctricos terán unha bonificación do 75% promovendo e premiando así accións en prol da sostibilidade.

Plusvalía

Tamén se prevé aprobar unha bonificación do 95% no imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana “pluvalía”, nas transmisións da vivenda habitual por herdanza. No caso dos demais inmobles a bonificación será do 95% para cotas tributarias de ata mil euros, do 75% se a cota tributaria está entre mil e tres mil euros e do 50% entre tres mil e seis mil euros.

Bonificacións no IBI e mantemento do tipo mínimo do 0,40%

O imposto de bens inmobles, IBI ou contribución manterase no tipo mínimo do 0,40% despois de que no presente ano se rebaixaran un 10% todos os valores catastrais, deste xeito Ponteareas conta co taxa máis baixa na contribución e co menor valor catastral posible en todas as propiedades logo da aprobación en 2009 da revalorización catastral que provocou elevadísimos incrementos. Esta actualización concluíra aos 10 anos no ano 2019 e o actual goberno local non ten máis marxe para axustar este imposto por estar xa nos mínimos que permite a lexislación do Catastro. A mellora da situación económica do Concello permite aplicar determinados beneficios fiscais que contempla a lexislación do IBI, así ás familias numerosas con menores ingresos gozarán dunha bonificación do 75%, os inmobles e construcións indispensables para o desenvolvemento de actividades agrícolas, gandeiras ou forestais Terán unha bonificación do 95%

O imposto sobre bens inmobles ofrecerá un 50% de bonificación na cota íntegra tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta e non figuren entre os bens do seu inventariado. O 50% na cota íntegra do imposto durante os tres períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da cualificación definitiva. E durante tres exercizos máis dunha bonificación do 25% na cota íntegra. Por outro lado o pleno deixou enriba da mesa a conclusión da tramitación do proxecto Rede Calor con biomasa para o que o goberno local conseguira unha subvención dun millón de euros. O goberno de Ponteareas, que conta con dez dos vinteún concelleiros, non puido aprobar a urxencia da celebración dos dous plenos extraordinarios anteriores ao oporse os once concelleiros da oposición provocando a imposibilidade de cumprir os prazos de execución tendo agora que comunicar a renuncia da axuda lograda antes do día 20. Unha vez máis a oposición do PP e de ACIP amosou a súa falta de compromiso coa veciñanza ausentándose da sesión plenaria no momento de tratar este punto e deixando novamente sen tratar o proxecto da Rede Calor.


34

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

A

A PUNTA DA NAVALLA ló polo día das letras galegas do ano 1995 celebráronse dúas batallas dialécticas ou porfías, históricas e irrepetibeis, entre as dúas tradicións de improvisación oral en verso máis senlleiras da nosa terra, algo diferentes pero semellantes, como son o brindo e a regueifa. Se noutras épocas e partes do mundo, ou mesmo noutros contextos, houbo disputas importantes, como puideron ser as pelexas dos xograres contra os trobadores ou as famosas loitas puxilísticas entre Classius Clay contra Joe Frazier; na Galiza lembraranse por moito tempo as batallas entre cantadores dos dous cantos tradicionais improvisados por excelencia na nosa terra: as do Atrevido de Grixoa e Calviño de Tallo, regueifeiros de Bergantiños, contra o Ribeira de Louzarela, brindeiro do Cebreiro.

Brindo Vs Regueifa (1ª parte)

Ribeira de Louzarela.

Segundo nos contou algunhas veces o Ribeira de Louzarela, a el non lle gustara nada esa experiencia de cantar cos regueifeiros de Bergantiños, pola súa linguaxe brava e dura, que fixo desgustarse ao cantor lugués ata o punto de non querer volver con eles a ningún “Habémonos de entendere outro lugar para improvisar. Falando Cada un queixa o que quere con Xurxo Souto, no último programa Habemos de aparexar d´A Punta da Navalla, comentounos Dentro dun pouco se Dios quere” que os regueifeiros destrozaran o Ribeira Atrevido de Grixoa aquel día, pois o propio cantante dos

“Que te traia quen quixeira iso díxoo Vicente non sei como afaghermos que é un catar defirente” Ribeira de Louzarela

Atrevido de Grixoa.

Diplomáticos fora o presentador daquela batalla celebrada na Fundación Curros Enríquez d´A Coruña… Porén, despois de analizar as cintas dos audios daquela xornada, temos que dicir que a cousa non foi tanto como se di, pois non todos os regueifeiros destrozaron o Ribeira; sobre todo na primeira porfía contra o Atrevido, na que poderiamos dicir que ata saiu vencedor. Mais outra cousa foi contra Calviño de Tallo. Este, moito máis agresivo có Atrevido, mallou no Ribeira con máis forza, o que fixo descolocarse por momentos ao cantor do Cebreiro. Vaiamos pois aos datos. Comezaron o desafío o Ribeira e o Atrevido, naquela sesión organizada pola Asociación ORAL e presentada por Xurxo Souto, cunha duración pactada previamente de 15 minutos, que os avezados e experimentados cantadores superaron amplamente (ata os 25 min.). Encetaron a controversia marcándose un ao outro, con coplas de

Calviño de Tallo.

presentación e bromeando porque o Atrevido viñera en coche “alquilado” mentres que o Ribeira trouxera o seu. Ao pouco, a cousa foise quentando e o Ribeira espetoulle que non valía a pena que viñera dende Bergantiños: “Vouche dicir unha cousa E todos somos amigos Tu viñeche equivocado Conducir de Bergantiños” Ribeira

“Présteme atención señores Sabedes que non m´agocho Este señor é sabiuceiro Como o recerro do cocho” Atrevido

Seguiu o desafío con moita máis quentura, e a cousa foi a maiores xa que o Ribeira díxolle cousas ao Atrevido como que o “ía levar de criado” ou que lle ía “aprender a brindar”… Continuará…


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

35

O CONDADO

O Concello pontareán plantará especies vexetais para as alfombras florais

Labores de limpeza e desbroce nos terreos do cámping da Freixa PONTEAREAS.

Programación cultural de outono para tod@s

Presentada a programación cultural de outono para os meses de outubro e novembro PONTEAREAS.

O Concello de Ponteareas presenta a programación cultural de outono para os meses de outubro e novembro na que, como de costume nos últimos dous anos, se ofertan actividades para todos os grupos de idades. Exposición de pintura e de escultura, charlas, animación infantil, conferencias, andainas, teatro, festas tradicionais, feiras, concursos e festivais engrosan a listaxe de actividades.

Dentro da programación destaca o I Certame de teatro afeccionado ou o I Certame de Relato Curto de Medo para os escolares de quinto e sexto de primaria; tamén destaca a Festa do Samaín ou a Feira de Outono ademais das charlas micolóxicas, o concurso de debuxos, espectáculo de clown, concerto de Batuko Tabanka, o Festival Algazara ou as xornadas de recuperación da Memoría Histórica que analizarán a represión durante a ditadura.

O Concello de Ponteareas comezou as labores de limpeza dos terreos do cámping cun equipo da Concellería de Medio Ambiente que traballará ao longo destas días no desbroce, inicio das primeiras talas de especies invasoras, limpeza e despexe dos accesos. Con estes traballos o goberno de Ponteareas da os primeiros pasos para a recuperación duns terreos de gran valor paisaxístico, túrístico e natural coa intención de darlle uso e polos á disposición da cidadanía o antes posible. Unha vez limpo, o Goberno de Ponteareas estudará estes máis de catroce mil metros cadrados para planificar a súa rehabilitación e uso. Ademais, o concello de Ponteareas comeza a preparar distintas fincas e terreos municipais para a plantación de especies vexetais necesarias para a confección das alfombras florais do Corpus de Ponteareas. Trala reunión de presentación mantida entre o Alcalde de Ponteareas, Xosé Repreesas e a Asociación de Alfombristas

do Corpus Christi de Ponteareas, empregados municipais comezaron xa a desbrozar algunhas das fincas municipais para estudar en colaboración coa asociación a plantación de determinadas especies tanto de arbustos como de flores axeitadas para os deseños das alfombras florais. Hortensia, rosais arbustivos, uceira, mirtos, buxo, entre outras, son algunhas das especies suxeridas polos alfombristas para empregar nas alfombras florais de Corpus. A recolección de flores e materias verdes é un dos traballos máis laboriosos para os alfombristas. Ata agora, algúns

dos materiais xa eran facilitados polo Concello que os recolectaba e repartía polos portais de alfombristas. Agora, o goberno de Ponteareas quere dar un paso máis e da man dos alfombristas estudiar a plantación en fincas e parques municipais para que ademais de engalanar a vila con flores poidan ser logo a materia prima dos tramos alfombrados. As propiedades municipais no entorno da Freixa, o parque das Pombas, as beiras do regato da Venda ou o parque de San Roque son algunhas das zonas que están a ser estudiadas para a plantación destas especies florais e arbustivas.


36

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

37

O CONDADO / OPINIÓN Moncho Lareu

O alumnado do CEIP Santiago de Oliveira presenta o seu proxecto “O Patio que queremos” PONTEAREAS.

O Concello de Ponteareas recibíu ao alumnado de sexto e primeiro de primaria do CEIP Santiago de Oliveira que acompañados dos seus profesores Elisabeth Pregal, Almudena Doallo e Xabier Gómez presentaron no salón de plenos do Concello o seu proxecto “O Patio que Queremos”. Dentro do proxecto presentador a I Bienal Xuvenvil de Arquitectura (Ludantia), os alumnos de Santiago de Oliveira desarrollaron un complexo planeamento que recovertirá o seu patio escolar nun lugar que acolla unha pista de patinaxe, unha xona de graffitis, un observatorio de aves, unha pista de baile con espellos e unha barra para estiramentos, un merendeiro, un rocódromo, unha zona de cabanas para lectura e un espazo de descanso con bancos, todo protexido cunha rede que evite que cheguen os balóns de fútbol. Convertir o barranco nunha zona de gradas naturais tamén está dentro das súas propostas. O proxecto permitíulles unha intensa práctica de exploración do terreo e converténdose case en topógrafos aprenderon a interpretar planos e escalas.

Membro de Anova e do CC da FPG

Control e autoodio Control consentido

No século pasado, autores coma Aldous Huxley co seu Brave new world, George Orwell con 1984 ou Ray Bradbury co seu Fahrenheit 451, imaxinaron e elaboraron distopías futuristas nas que o xénero humano caería nunha opresión totalitaria alicerzada nun control planificado que reduciría a vontade individual e colectiva convertindo á multitude nun produto autómata sen personalidade. Con evidentes diferenzas entre cada visión distópica, tando Huxley, coma Orwell ou Bradbury debuxan sociedades autoritarias nas que o colectivo humano non é consciente da súa propia opresión. A ditadura perfecta é aquela que non é percivida como tal. Aquelas nas que a escrava non repara en que é escrava, na que a agredida non nota a agresión. Cando lemos estas obras literarias pensamos no desagradábel que sería vivir en mundos similares. Porén, día tras día, estamos a ceder o nosos datos, a amosar as nosas imaxes, a ceder os nosos dereitos, a regalar a nosa privacidade. Caemos en

condutas grupais, seguimos modas, copiamos comportamentos. Faino todo o mundo, como non o imos facer nós? E facémolo dun xeito completamente consentido. Deixamos que se nos vixie, consentimos voluntariamente que nos dirixan. Pensamos que non nos controla ninguén. Ninguén? Existen empresarios que contratan detectives cando un empregado colle unha baixa. A videovixilancia xa foi asimilada coma algo normal, por obra e graza da Lei Mordaza as forzas represivas poden gravarnos pero nós non podemos gravar os seus abusos, é mais probáble rematar na cadea por un chío nas redes que por roubar a todo un país. Consetímolo. Somos cómplices.

Autoodio de clase

Como pode ser que entre os sectores máis precarios da sociedade existan votantes das opcións electorais tradicionalmente consideradas coma dereita (liberais, conservadores, fascistas, democristiáns...)? Cal é a causa pola que moitas das persoas

que están desempregadas ocultan a súa situación? Como é que persoas que tiveron un poder adquisitivo alto no pasado agora intentan aparentar que este continúa a ser similar ou mellor? Dende cativas fomos educadas para odiar a nosa clase social, para rexeitar situacións de humildade e pobreza, para descartar calquer tipo de traballo manual e colectivo. Dínnos que estudemos moito para non ser mariñeiros coma os nosos avós, para non sermos obreiras coma as nosas nais. Temos que ser emprendedoras, escoitamos que os ricos son “gente bien” de “boa familia”, coma se as nosas familias, humildes e traballadoras fosen “malas familias”. Foméntase a xenreira ao proletariado e a admiración ao pelotazo, ao enriquecemento rápido, incluso aos que rouban, sempre que non os “cachen”. O señor de Inditex é un heroe, a túa irmá que chega a casa sen folgos tras unha xornada de once ou doce horas, unha fracasada. E así todo. Eles gañaron a guerra civil e a guerra fría. Nós ofendémonos con eses “catalufos de merda” que teñen a decisión firme de querer fuxir de toda esta miseria. Facémolo con convencemento... ...Se non acordamos, cedo será tarde.


38

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PARROQUIA A PARROQUIA

Iniciamos unha nova xeira de reportaxes nas que pretendemos amosarlles as principais características físicas e sociolóxicas de todas e cada unha das parroquias ás que chega A Nova Peneira. Comezamos cunha parroquia de especial significación afectiva para o director deste xornal, Tino Lago. Agardamos que sexa do seu agrado.

A PARROQUIA DE SOUTOLOBRE. SALVATERRA DE MIÑO

"DEDICADO A ANA DE SOUTOLOBRE, POR ENSINARME QUE O ÚNICO LÍMITE DA FRONTEIRA DA ÉTICA É O INFINITO"

ración cara a Santa Comba en Galicia remóntase á Idade Media; o seu culto, segundo Allyson M. Poska, foi "probablemente unha combinación dos cultos de dúas virxes mártires". Unha lenda galega sostén que antes de ser unha virtuosa mártir virxe, Comba era unha bruxa. Esta lenda di que un día, a bruxa Comba, atopándose con Xesucristo nun camiño de Galicia, cambiou a súa vida despois de que Xesús dixese "Segue adiante e sé unha bruxa, pero non entrarás no meu reino". O relato afirma que Comba converteuse ao cristianismo e foi martirizada pola súa fe despois de negarse a renegar dela, ou despois de rexeitar insinuacións sexuais de homes. Converteuse na santa patroa das bruxas galegas, actuando tanto como unha intercesora en nome das bruxas como contra as bruxas. Esta Igrexa de Santa Comba de Soutolobre, foi levantada a mediados do século XVIII a expensas do abade D. Alonso Mero e Tabarés en substitución do templo anterior que ademais de mal

o encrucillado A B C D E F

G H I

K L

M

1

2

3

4

5

6

7

8

de Khan Deán

9 10 11 12 13

situado estaba arruinado. Presenta unha fachada principal sen motivo decorativo algún, tan só unha pequena fiestra vidreira enriba da porta principal de entrada rompe a continuidade do conxunto. A fachada remata con dous pequenos pináculos laterais que flanquean a torre da espadana, a cal alberga dúas campás. A porta está flanqueada por dúas tumbas sepulcrais encostadas case na

súa totalidade, que datan de 1905 e 1945. Esta Igrexa forma parte dos bens patrimoniais da Xunta de Galicia. Rematamos facendo referencia ás festas da Parroquia, que se celebran na primeira semana de setembro, son as festas de San Ramón. Créanme que paga a pena achegarse a gozar do corazón do condado. Nós así o faremos,e así o recomendamos a todas e todos os que leades esta reportaxe.

HORIZONTAIS: ABCDEFGHIKLM-

Parroquia de salvaterra - 3,14. Outra parroquia de salvaterra - Arrendamento con opción a compra. O que é real - Estima excesiva que un se ten a si mesmo. Exclamación que denota dor - Estaba - Vogal - Vogal - Terminación de infinitivo. 1.100 - Rama da bioloxía que estuda as células desde o punto de vista morfolóxico. Funcionario policial - Composición escrita en verso. Vogal - Especialista en viño-negación. Brando, suave - Animal plantígrado - Nota musical. Ourense - Letra de plural - Diminutivo de pilar - Animal doméstico. Bebida que contén alcohol - Vaca nova. Gran,partícula de rocha - Representación gráfica a escala da terra ou dunha parte dela - Consoante - Consoante. Contración de conxunción comparativa e artigo feminino plural - Cuarta nota musical - Parroquia de ponteareas.

VERTICAIS: 12345678910111213-

Enfermidade contaxiosa que provoca manchas na pel - Conxunción copulativa latina. Acido graxo presente en case todas as graxas naturais - Pronome de primeira persoa - Animal anfibio. Peixe da familia dos raíidos - Practican a lectura - Percorres coa vista un escrito. Fenómeno consistente en trasladar obxectos sen contacto físico. Relativo aos soños - 100 - Consoante. 50 - Froito comestible da datileira - Mazá. Saúdo - Satélite científico da nasa - Enfado extremo. Empregado dun centro de ensino encargado de manter a orde - Nalgúns deportes tanto - Utensilio para remexer a terra. Corta de raiz - Facer oposicións. Segunda persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser - Prefixo que significa fóra - Vogal - Vogal - Vogal. Internet explorer - Moeda de xapón - Sacerdote. Partido nacionalista galego - Molestar xiringar - Letra de plural. Servente de drácula - Piñas

RESPOSTAS HORIZONTAIS: A-SOUTOLOBRE-PI.B-ALXEN-LEASING.C-REALIDADE-EGO.D-AI-ERA-E-E-R.E-MC-CITOLOXÍA.F-POLICIA-POEMA.G-E-ENOLOGO-NON.H-LENE-OSO-LA.I-OU-S-PILI-CAN.K-LICOR-TOURA.L-AREA-MAPA-R-S.M-CAS-FA-AREAS RESPOSTAS VERTICAIS: 1-SARAMPELO-AC.2-OLEICO-EU-RA.3-UXA-LEN-LES.4-TELECINESIA.5-ONIRICO-C-F.6-L-DATIL-POMA.7OLA-OAO-IRA.8-BEDEL-GOL-PA.9-RAE-OPOSITAR.10-ES-EXO-O-O-E.11-IE-IEN-CURA.12-PNG-AMOLAR-S.13-IGOR-ANANAS.

G. FIGUEIREDO. Soutolobre é unha parroquia do municipio de Salvaterra de Miño e pertence a Comarca do Condado. Limita ao norte coas parroquias de Fornelos e Lira, ao sur con Pesqueiras e Corzáns, ao oeste con Lourido e ao Leste coa parroquia de Leirado. Distribúese nos seguintes barrios: Abelenda, Bos Aires, Os Castros, Figueiral, Galleiro, Outeiriño, e Vales. Como o seu nome indica, foi territorio baldeiro encravado entre pequenos ríos e densos piñeirais. Trátase dunha terra céntrica do municipio, colmada de montes. Dista de Salvaterra parroquia 7 kms. O seu territorio é atravesado por pequenos regatos, como o da Mariñeira e ten como cume máis elevada o Monte Libadouro, de 152 metros de altitude. Como tantos outros lugares desta bisbarra, Soutolobre foi doado coa súa igrexa e homes no ano 991 polo rei Bermudo II á Igrexa de Compostela. A súa patroa é Santa Comba, ao que está dedicada a súa igrexa. A vene-


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

Como encontrar a parella ideal

P

rimeiro que todo, terás que pensar se a de vivir en parella é a túa opción. Hai outras. A opción Friends, que soemos pensala como anterior ao definitivo emparellamento, non ten por que selo, pódese prolongar, por exemplo,ata o ingreso colectivo nunha residencia da terceira idade. A opción single, que ten a súa manifestación máis radical nos hikikomori – busca o termo na wikipedia-, pode ser atractiva para xente moi tímida, túzara, con fobia social, ou para friquis que aman o seu ordenador sobre todas as cousas. O flexible e tolerante poliamor que involucra a tres ou catro persoas tamén é unha escolla atractiva para xente pouco celosa e amante da variedade... Pero, claro, ti estás lendo esta columna porque queres ter unha parella. Centrareime, daquela, nesta alternativa. Non é moito o espazo do que dispoño para guiarte na procura - pois, aínda que ás veces un atopa sen buscar e ese é o desiderátum de todo o mundo, se explico como encontrar, implico a búsqueda no consello-, así que tentarei ser breve pero efectiva e ir ao gran tan axiña como poida. Se ti es pansexual, deixa de ler este valioso texto porque non o é para ti. Ti es das persoas que non buscan senón que encontran, porque a persoa pansexual sente de súpeto unha atracción amorosa por un ser humano, home ou muller, que se cruza no seu camiño e quéreo sen que ese amor responda a unha previa inclinación por un ou outro sexo. Se es bisexual, telo facilísimo, todo o abano de posibilidades se abre ante ti como un mostrario de pintura para paredes. Pero, aínda así, os meus consellos seranche de moita axuda e, de os seguires, atoparás un noivo ou unha noiva que será, como din en First dates, o teu “prototipo”. Se es heterosexual e máis aínda se es homosexual, o teu campo redúcese. Ti tes que afinar moi ben e seguir os meus preciosos consellos para detectar os sinais que emite esa persoa especial e única que fará da túa vida un lugar ameno para sempre ou, cando menos, para unha temporada, e que, neste último caso, será unha boa ex-parella que desaparecerá discretamente da túa vida e non fará dela un inferno. Non é moito o que tes que ter en conta na búsqueda da túa media laranxa. Na base dos meus consellos só atoparás sentidiño. Son só tres. O primeiro...

estes tempos nos que os recortes sociais e de dereitos están á orde do día e nos que se está intentando normalizar a precariedade e a represión, traballos como Vigo 1972 son moi necesarios para lembrar que o conformismo non é unha opción, e que a loita e a protesta popular son armas eficaces para facer fronte ás inxustizas e abusos. O documental, dirixido por Roi Cagiao, conta como as protestas que en 1972 levaron a cabo moitos dos traballadores de Citroën reclamando una xornada laboral de 44 horas, convertéronse nunha folga xeral que captou a atención internacional e puxo en xaque o franquismo. Cun formato de documental clásico, case televisivo, e sen grandes pretensións artísticas ou estéticas -salvo nas recreacións en forma de thriller que ilustran os feitos-, o director relata de forma eficaz, a base de

Prazo de inscrición: ata o 22 de decembro

Obradoiros lúdicos de Arquitectura para as vacacións do Nadal

Achégase o Nadal e o Concello de Soutomaior pon en marcha a súa programación abrindo o prazo de inscrición para participar nos OBRADOIROS LÚDICOS DE ARQUITECTURA dirixidos a idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos. Todos os anos desde a Concellería de Educación ofrécense actividades lúdicas cun compoñente formativo para que durante as vacacións de Nadal

ademais de descansar e disfrutar poidamos aprender e experimentar cousas diferentes. O ano pasado os obradoiros tiñan como temática a ciencia e o arte e nesta ocasión a temática será a arquitectura e o noso entorno. Neste obradoiros explorarase a idea do refuxio, o chan ou a casa. Unha aposta por achegar a arquitectura aos máis pequenos e á xuventude para concebir novas ideas a partir do narrado ou visual, usando o xogo plás-

CINEMA

VIGO 1972

N

tico, psicomotor ou simbólico de construcción colectiva. Introducindo nos obradoiros actividades de construcción, elaboración de maquetas ou experimentar coa gravidade. Os obradoiros terán unha metodoloxía moi lúdica, práctica e participativa adaptándose contidos e actividades para cada idade. Ofrecemos tres posibilidades: OBRADOIRO: o refuxio Idades: 4 a 7 anos

39

jOSIñO ArAújO

testemuñas, de recortes de prensa e de imaxes de arquivo, o devir destes acontecementos infra-reivindicados que axudaron a marcar o comezo da fin da ditadura franquista. Vigo 1972, ademais de homenaxear a figura dos traballadores e traballadoras que protagonizaron a folga viguesa, tamén serve como reivindicación das producións máis modestas, que logran ver a luz polo convencemento e a decisión dun equipo que aposta por unha idea sen que o feito de non ter un gran orzamento ou o apoio de produtoras potentes os bote para atrás. Neste caso o esforzo está tendo a súa recompensa, pois xa levan 4 exitosas semanas na volátil carteleira dos Multicines Norte, proxectouse no Cineuropa de Santiago de Compostela e proximamente estará en máis salas de Galicia.

Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro Horario: 10,15 a 11,5 h Descrición: o xogo para explorar a idea de refuxio desde a perspectiva do corpo en relación co espazo. Realizaranse experimentos plásticos e psicomotores, construcións colectivas a partir do xogo simbólico e os roles. OBRADOIRO: no chan Idades: 8 a 11 anos Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro Horario: 11,30 a 12,30 h Descrición: mediante o xogo e o visual traballaranse destrezas múltiples con actividades de construcción. Experimentación física da gravidade cunha acti-

vidade visoespacial. A estrutura molecular e as incribles figuras xeométricas, experimentaremos co triángulo como elemento xerador de tridimensionalidade. OBRADOIRO: a casa Idades: 12 a 17 anos Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro Horario: 12,45 a 14,15 h Descrición: a través do xogo realizaremos un percorrido sobre a historia e a diversidade de casas. Exercizos gráficos de planos e elaboración de maquetas de traballo; arquitecturas populares, avances na arquitectura sostible…. Como queremos que sexan os nosos fogares? Prazo de inscrición: ata o 22 de decembro.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L.

Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos,

Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida, Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso. Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


nº 56 (CUarTa xeira)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

finais de novembro 2017 - 2€

OS LUMES EN AMOEDO

ADEGA DO PESCADOR Churrasquería - Restaurante - Parrillada

Una churrasquería de las de antes, asamos con leña a su vista y al momento. Preparado por un gran maestro con más de 60 años de oficio que avalan que su asado esté en un punto óptimo.

Verdeal, 43 - DOMAIO 986 32 66 96 - 666 88 50 88

PÁX. II

CARNES DE ALTA GAMA

- Chuletón linea Gustas (Premium) - Churrascos - Picaña y entrecot de Angus americano de Dakota del Norte. LA MEJOR DEL MUNDO ANGUS

Disponemos de salón privado para comidas de empresa, grupos y familia.


II

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

Por Jorge Álvarez García e Xosé Lois Vilar.

OS LUMES EN AMOEDO. PAZOS DE BORBÉN

O noso monte é memoria. Nel atesourase un riquísimo patrimonio cultural, desde os topónimos ata os petróglifos, desde os contos ata as mámoas ou desde unha simple cantiga ata un muíño ao pé dun río... Esta riqueza está en cada recuncho de Galicia, de cada aldea e vila, pero que, como se comproba moitas veces, corre o risco de desaparecer e con ela o fundamento da identidade cultural do pobo galego que nos define como tal. Os lumes son un mal dos nosos montes demasiado habituais e que non debemos tomar como algo “normal” ou algo ao que nos debamos habituar. O lume sempre deixa a súa nefasta pegada alí por onde pasa e no caso do patrimonio galego a pegada é tal que moitos dos gravados rupestres, por exemplo, xa case que están desaparecidos. No caso dos incendios os petróglifos son o tipo de xacementos máis prexudicados, xa que se o entorno destes non está limpo ou estando limpo a vexetación circundante que arde é elevada e mesta, a superficie da pedra acadará altísimas temperaturas que a poden facer escachar (termoclastismo) facendo desaparecer o soporte dos motivos gravados. Outros, como os foxos de lobo ou as mámoas non corren a mesma sorte. Os lumes do 16 de outubro de 2017 procedentes da zona de Paredes e Padróns e que cruzaron varios concellos da comarca, chegando estes a Cotobade-Cerdedo, fixeron que unha vez máis o patrimonio galego ardera. Pazos de Borbén, coa súa riqueza en arte rupestre, mámoas ou construcións como a do foxo do lobo en Amoedo, non correu mellor sorte. Pero desta vez a agresividade destes lumes sobre estes bens viuse parada gracias a que se mantiveron limpas as contornas das concentracións de petróglifos, das mámoas ou da do foxo do lobo na Senda Arqueolóxica de Amoedo, sendo este

ano que houbo implicación do concello neste mantemento de limpeza. Aínda así moitos gravados quedaron afumados ou denegridos. Dos máis de 80 petróglifos que tiña Amoedo, cantidade que aumentou considerablemente a uns 150, dous sufriron danos de diversa consideración por termoclastismo. Un deles foi o MONUMENTAL petróglifo das Tenxiñas en Borbén, que debido á densidade arbórea no seu perímetro e ao forte vento que levou as lapas directamente á parede lateral sur, escachou. Nesta masa de granito escachada víronse prexudicados varios dos cervos así como outros gravados de tipo abstracto. O deterioro deste petróglifo xa é moi evidente. O segundo, un petróglifo pequecho de Rego Novo (Amoedo) sufriu cuantiosos danos en toda a súa extensión debido aos mesmos factores que o das Tenxiñas, pero ao contrario que o das Tenxiñas, este perdeuse irremediablemente para sempre. Despois dos incendios, nas semanas seguintes, houbo unha inspección dos montes de xeito continuado para avaliar o estado do patrimonio de Amoedo e arredores. De xeito oficial, o xoves día 9, realizouse esta avaliación con José Manuel Rey García, director do Centro Arqueolóxico da Arte

Rupestre de Campo Lameiro e arqueólogo técnico da Xunta cos tamén arqueólogos do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) Xosé Lois Vilar Pedreira e Manuel Ledo Bernárdez, acompañados polos promotores da Senda Arqueolóxica de Amoedo Jorge Álvarez García e Antonio Graña. Nestas prospeccións do territorio sobre o patrimonio apareceron máis superficies de rocha gravada: rochas con coviñas, o elemento abstracto máis sinxelo e representado; petróglifos de combinacións circulares ou representacións abstractas que agrupan distintos elementos de representación, un petróglifo que de 2 pasou a 5 puñais xunto a un podo morfo, indicios de xacementos do paleolítico á idade do bronce ou un novo petróglifo descuberto por un ciclista nos montes de Reboreda no barrio da Quintana, que aínda sen terse feito un estudo pormonerizado da rocha, promete dar sorpresas. Como resultado desta concentración excepcional de 21 mámoas, castros e máis dun cento de petróglifos, falouse co técnico da Xunta, José Manuel Rey García, para sopesar a posibilidade de solicitar unha figura de protección patrimonial para as áreas onde se concentran estes recursos e

evitar así o seu deterioro continuado dos mesmos. Isto require primeiramente unha catalogación axeitada de todos os elementos e unha proposta conxunta e consensuada entre técnicos, veciños, comunidade de montes e concello. Con todo, Manuel Rey elaborará un informe técnico para patrimonio que dará conta do potencial arqueolóxico da zona. Teño que denunciar que nos incendios de 2006 o bipartito contratara varias empresas de arqueoloxía para avaliar os danos sobre o patrimonio, desta volta non contrataron a ninguén. A ausencia dunha política de conservación e divulgación leva á perda irreversible de parte do noso patrimonio e aínda así continuamos cunha política de parches a posteriori ou nin iso, cando o normal é traballar de xeito preventivo. Un piñeiro pódelo volver a plantar, o petróglifo se rebenta, rebenta unha parte da nosa historia para sempre. Non é necesario un investimento de millóns de euros para conservar o patrimonio senón que é preciso a interacción de Xunta, comunidades de montes, propietarios particulares e concellos para manter limpos os xacementos arqueolóxicos. Con Ideas, vontade e ás veces diñeiro, o patrimonio galego non precisaría de moito máis. Resumo da inspección sobre o terreo: PETRÓGLIFOS: 1 danado e 1 perdido. A cantidade de achados aumentaron a uns 150 petróglifos na zona de Amoedo. Mención especial a un novo en Reboreda... Espectacular. MÁMOAS: 0 danos. Posible novo túmulo. FOXO DO LOBO: 0 danos. Demais patrimonio etnográfico: 0 danos. O lume non afectou á integridade de ningún dos bens.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

III

REDONDELA

Dúbidas nas garantías das obras de compensación da AP-9

O concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, considera que “o tempo estase a esgotar para Javier Bas”, ante a inminencia do remate das obras, e a falla de compromisos. Dende a organización nacionalista saen en defensa da veciñanza de Trasmañó, ao denunciar que non existen compromisos reais para a ampliación da ponte de acceso á parroquia dende o Alto da Encarnación. “Parécenos unha reivindicación lóxica e xusta, da veciñanza que tén que sufrir a cotio unh acceso en precario, onde os peóns son os primeiros afectados”. Recordan que mesmo houbo un acordo plenario, demandando esta infraestructura. Dende a organización nacionalista, consideran que ante a inminencia do remate das obras, non existen garantías de compensacións para as dúas parroquias máis afectadas por unha ampliación “calamitosa”, como son Chapela e Trasmañó. Acusan ao goberno de Javier Bas, de crear unha Comisión de Seguemento, “que únicamente servíu para desgastar ao movemento asociativo, e evitar conflictividade na rúa. Agora vese o resultado de que estiveron a xogar coa veciñanza”. Consideran que as declaracións dende o goberno municipal en resposta ás demandas veciñais, “obedece á estratexia de acalar calquera movemento reivindicativo veciñal, marca da casa do goberno de Javier Bas”, afir-

mando que volven a darlle as costas a demandas lóxicas. Pola súa parte o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, afirma que a situación “seméllase ao que sucedeu co remate das obras do AVE, cando este goberno renunciou a negociar con Fomento compensacións no Val do Maceiras, e agora tén que pagar a Senda polo río e accesos a Negros”. “Esgótase o tempo de Javier Bas en Chapela. As obras están a piques de rematar, e non existe ningún tipo de compensación, como a ampliación da ponte de Trasmañó, ou a urbanización do

Camiño Igrexa en Chapela”, afirma o concelleiro nacionalista. Despois de varias consultas o concelleiro nacionalista afirma,”que os técnicos municipais descoñecen que exista ningún compromiso firme ou inicio de obras, por parte de Fomento. Todo o que se poida dicir dende o goberno de Javier Bas carece de garantías”. Dende o BNG, consideran necesaria unha movilización social das parroquias de Chapela e Trasmañó, para que se lles compense pola Ampliación. “Tal como se demostrou coa construcción do colexio de Igrexa, únicamente a presión na rúa pode conseguir que Fomento compense ás parroquias e a particulares por unha obra que non vai solucionar a accesibilidade á cidade de Vigo”, rematan na súa nota dende o BNG.

Apoio ás mobilizacións veciñais para eliminar “o imposto” da Peaxe en Rande

A organización nacionalista apoia a convocatoria das AA.VV. de Chapela e Teis, o venres 17, nas Torres de Padín. “Apoiamos as mobilizacións dos colectivos, porque trátase de reivindicacións xustas, que priorizan o interese colectivo”, afirman. “Supresión da Peaxe en Rande, conversión do treito Chapela-Buenos Aires en vía urbana, saída en Torres de Padín” recollen iniciativas presentadas polo BNG tanto a nivel local, do Parlamento Galego e mesmo no Congreso dos Deputados. Os distintos gobernos estatais negaron a posibilidade á veciñanza de Chapela e Teis, de compensacións, e a mellora da calidade de vida con estas demandas que se plantexan”. Consideran que a ausencia da súa organización no Congreso, levou estas demandas ao baúl do esquecemento, posto que nin as forzas tradi-

cionais, nin as denominadas “emerxentes”, priorizaron estas xustas reivindicacións. Rexeitan dende a forza nacionalista, o que consideran “un imposto máis da Peaxe”, posto que xunto a sufrir a ampliación, a contaminación acústica, “temos que pagar a peaxe máis cara de Galiza”. Consideran prioritario liberalizar a Autoestrada, para desconxestionar tanto a avenida de de Vigo como a avenida de Redondela, en Chapela, e que os e as principais afectados polas obras, “vexan mitigado o movemento diario de miles vehículos”, gañando en calidade de vida. Consideran dende o BNG que a confluenza das iniciativas ante as diferentes administracións, xunto á presións veciñal e a mobilización cidadá, “constitúen o único medio para acadar un obxectivo xusto e lóxico”, rematan na súa nota.


IV

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE

Tu punto de encuentro B. IGREXA, 10 - NEGROS - REDONDELA


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

V

REDONDELA O banco asina un convenio de colaboración coa asociación para facilitar o investimento e a constitución de empresas

ABANCA únese aos empresarios de Redondela para facilitar os créditos ABANCA e a Asociación de Empresarios de Redondela veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas a esta asociación. O presidente dos empresarios de Redondela, Enrique Lago, e o director de zona de ABANCA en Redondela/Morrazo, Héctor Martínez, rubricaron hoxe en Redondela un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial desta localidade pontevedresa. O convenio facilita que os empresarios e emprendedores de Redondela asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición ABANCA pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investi-

mento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos. De maneira adicional, os empresarios asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, asinado entre

ABANCA e a Deputación de Pontevedra. Os empresarios adheridos da comarca poderán acceder tamén ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A Asociación de Empresarios de Redondela, constituída en 1985, agrupa os intereses de preto de 350 empresas que impulsan a mellora competitiva deste territorio. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas na comunidade e cunha oferta para autónomos e pemes.

Tachan a retirada da exposición en Redondela un síntoma do momento de involución democrática O BNG levou ao Parlamento a decisión do concello de Redondela de retirar unha exposición organizada pola Asociación republicana deste concello, que considera é un síntoma máis da involución democrática que se vive no conxunto do Estado español que ven de atrás, pero que se ten agudizado nos últimos meses. A deputada Olalla Rodil cualificou de “sectario” o comportamento do Goberno local censurando unha exposición que recollía imaxes das mobilizacións sociais en 1987, baixo o título Criminalización do pensamento, que formaba parte dun traballo de recuperación da memoria histórica, é que foi retirada despois de que o corpo de policía expresase o seu descontento polas imaxes nas que figuraban as forzas de seguridade cargando contra a poboación que se manifestabanas rúas. “O BNG considera inadmisible estes feitos porque atentan contra a liberdade de expresión e de pensamento,

contra a liberdade de calquera persoa a facer pública a súa valoración sobre determinados feitos”, indicou Rodil, “o que lle molestou á policía foron as imaxes de cargas acompañadas de textos que denunciaban que, a día de hoxe, seguen dándose esas cargas policiais”, salientou a deputada. Para a parlamentaria nacionalista, esta censura é un exemplo máis de “involución democrática e da vulneración constante e cada vez máis evidente dos dereitos da poboación”, vulneración que se ve a diario, como cando se chama a declarar a docentes polo mero feito de organizar un debate sobre a situación en Catalunya, ou que se multe a xente moza por participar en manifestacións contra a LOMCE e criticar as forzas de seguridade, argumentou. A chamada Lei mordaza é unha das máximas evidencias desa regresión democrática e da perda continuada de dereitos e liberdades desde a volta do PP ao Goberno do Estado.


VI

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

REDONDELA EDUARDO REGUERA, responsable do PSdG de Redondela

“o goberno do PP é nefasto para Redondela” Eduardo Reguera é o responsable do PSOE en Redondela. Esta localidade gaña peso, sen dúbida, no novo PSdG de Gonzalo Caballero. Conversamos con él para que nos conte a súa visión do estado da política na localidade e no país galego. Un ano máis Eduardo moitas grazas por atendernos Grazas a vós por vir ás nosa casa, que é a casa de todo o pobo de Redondela Como valoras a situación do PSdG despois da recente vitoria de Gonzalo Caballero nas primarias? Primeiramente quero dicir que os nosos procesos de primarias exemplifican perfectamente a grandeza do noso partido. Somos, sen dúbida o partido máis democrático de España. Por outra parte considero que tanto a vitoria de Pedro Sánchez, como a de Gonzalo sitúan ao partido no lugar do que nunca debeu saír, na socialdemocracia, na esquerda real. E ti pensas que Gonzalo, é a persoa adecuada para conducir ao PSdG a un espazo de esquerda real? Si. Eu comparto absolutamente a visión que ten Gonzalo do PSdG: Un partido de esquerdas, socialdemócrata e galeguista, autónomo de Madrid, pero formando parte dun proxecto

común que é España. Como sabes o partido socialista non é independentista. Supoño que tampouco nacionalista español, destes de :”a por ellos oe, a por ellos oe” Desde logo que non. Estou nas antípodas diso A última vez que falamos Eduardo, hai un ano, dicíasme que seguías ilusionado na política, e agora que vas presentar a túa candidatura á secretaría provincial do PSdG, constato que continúas nesa situación de ilusión e implicación ? Si, sigo moi ilusionado. Moitos compañeiros e compañeiras pedíronme que dera o paso e para min é un orgullo, contribuír na mesma liña que trazou Gonzalo Caballero Se gañas a secretaría provincial, vas contar coa presidenta da deputación? Se gaño, eu ou calquera outro compañeiro, non me cabe dúbida que se montará un proxecto integrador que conte con persoas de todas as sensibilidades. Tui, Oia, Coristanco, Fene, Sanxenxo....Sabes que teñen en común todos eses sitios? Si, seino. Mocións de censura Malia que os voceiros do PP din que non, semella obvio que os feitos amosan que ese partido carece de escrúpulos para facer mocións de censura alí onde pode, ou mesmo estrañísimas operacións como no caso de Sanxenxo. Sendo a esquerda maioría so-

ciolóxica en Redondela, por que motivo non llela facedes aquí? Como ti dixeches, O PP non ten escrúpulos en facela alí onde pode. A esquerda vese que non está tan afeita a esa forma de facer política. En Redondela é kafkiano que teñamos que estar falando disto. Hai tres anos, deberiamos ter chegado a un acordo as forzas de esquerdas e non deixar gobernar ao PP. O Goberno do PP é tan malo para Redondela? É nefasto Pois se así o considerades, non entendo por que non facedes o necesario para mandalos para casa? Terás que preguntarlle a AER. Eu non o entendo. Asemade vémolo no día a día dos plenos. Estamos aprobando con asiduidade as mocións que presentamos os grupos de esquerdas e é o PP o queda descolgado. Nesta situación, de que goberne a dereita en minoría, temos responsabilidade

todos, sen dúbida, pero a maior parte é de AER. Hai un par de meses falaba coas persoas de AER sobre este mesmo tema e eles dinme que están dispostos a apoiar unha moción de censura, sempre que se lles respecte a súa idea de non entrar no goberno. Sigo sen entender por que non se chega a un acordo? Vamos ver. AER ten que interiorizar que as persoas que os votaron fixérono para que gobernen. Ou gobernamos todos, ou como comprenderas con 6 concelleir@s que temos nós, un concello de 21 como este, sería extremadamente difícil. Mentres AER non interiorice iso, estámoslle permitindo ao PP facer as políticas de dereitas que denunciamos acotío nos plenos. Falando de políticas de dereitas, eu creo Eduardo que estamos vivindo un perigosísimo momento de involución democrática, de recorte de


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

VII

REDONDELA dereitos e liberdades. En Redondela, ao meu xuízo, temos un exemplo notorio na retirada, por orde municipal, dunha exposición do colectivo republicano sen que existira ningunha disposición xudicial que así o determinara? É un exemplo claro. Primeiro do seu descontrol e segundo da súa intolerancia ao retirar unha exposición cunhas fotografías que son públicas, están nos medios de comunicación. O que fixo o PP foi un ataque absoluto á liberdade de expresión. Falemos dos servizos sociais do Concello? Estamos no de sempre, recortan en servizos sociais e non gastan toda a cantidade que orzamentan. Para nós deberan ser prioritarios, pero para o PP non o son. Eles prefiren outro tipo de obras, desas que perpetúen a súa imaxe. Podes dicir con rotundidade que a situación dos servizos socias de Redondela é deficiente? É moi deficiente. Temos uns grandes funcionarios e traballadores pero o goberno non pon os medios necesarios Que pasou coa batalla de Rande? Pois que o PP mentiu. Finalmente puido facerse polo tanto cartos había. É un problema de mala organización deste goberno. Cal é a túa opinión sobre a relación entre o goberno municipal e a parroquia de Chapela? O Partido socialista dotou a chapela de todas as súas infraestruturas. Que fixo o PP en Chapela todos estes anos alén de permitir a ampliación da AP9?, nada absolutamente nada. Non me estraña que a veciñanza de Chapela estea desgustada porque certo é que este goberno non os ten en conta. En relación aos problemas coa auga da praia de Area Longa que nos dis? O problema é da depuradora de Teis, e a responsabilidade política sen dúbida da Xunta que non fai o

necesario para darlle unha solución definitiva, O tema da plusvalía como quedou? Grazas a oposición deixou de cobrarse. Este tema é un exemplo claro de como a unidade da esquerda pode derrotar ás políticas insolidarias da dereita. Quen son os beneficiarios? Os veciños e veciñas nin máis nin menos. Que tes que dicir ao respecto da acusación do PP sobre que unha concelleira vosa, Digna, mantén unha posición diferente sobre o tema relixioso no concello e na deputación? Aquí obedecemos unha moción referente a que as concelleiras e concelleiros non podemos asistir a actos relixiosos en representación do concello de Redondela. Digna fíxoo en Pontevedra, eu alí non teño nada que dicir máis que eu non o faría. Pero cada concello ten a súa autonomía. Eduardo falta pouco máis dun ano para as próximas eleccións municipais. No 2.019 a maioría sociolóxica de esquerdas que sen dúbida ten este concello poderá ser plasmada nun goberno diferente? Por nós non vai haber problema. Agora, hai un grupo que non acaba de entender que a esquerda ten que pactar. O noso programa electoral e de AER teñen moitas coincidencias, e iso teno que entender a esquerda de Redondela, toda a esquerda. Rematamos Eduardo agradecéndoche de novo a túa amabilidade e cunha última cuestión. Vas ser candidato no 19? Non toca falar diso aínda. Teremos unhas primarias no seu momento. O que si tede claro é que Eduardo Reguera ten ánimos dabondo para estar no sitio que a militancia do PSdG de Redondela determine, sempre traballando con lealdade polo ben común do meu pobo. Moitas grazas.

Presentadas en Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos ante unha situación que califican de “emerxencia nacional”

O BNG, prantexa diversas iniciativas na bisbarra, “pola vaga de lumes e o futuro do rural”

Ante a vaga de lumes que asolou grande parte dos tres concellos no fin de semana do 15 e 16 de outubro, dende a organización nacionalista prantexaron diversas iniciativas. “Enfrontamos ás políticas forestais da Xunta de Galiza de abandono do noso medio natural, apostando polo futuro do rural con políticas activas que teñen demostrado a viabilidade dos nosos montes.” En Redondela, o BNG emendou unha moción do Partido Socialista, para incluír nos acordos que desde o concello se inste á Xunta de Galiza a executar unha política de desenvolvemento rural que reverta o abandono dos núcleos rurais e das explotacións agrarias e forestais e a acometer unha política forestal baseada no aproveitamento multifuncional do monte e na reversión do monocultivo de especies como o eucalipto. O BNG considera que estas políticas forestais convertéronse no principal detonante incendiario, centrándose máis na extinción que na ordeación. “ E o goberno de Javier Bas, dálle as costas á veciñanza redondelá votando en contra destas propostas, que si foron apoiadas por todos os grupos da oposición”, critica o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González. E lembra ademais que, malia

Na Pantalla Cesantes

que xa se trata do segundo ano consecutivo que arden os montes de Redondela, o caos e a improvisación caracterizaron a loita contra o lume. Na sesión plenaria de Fornelos de Montes a iniciativa do BNG non contou co apoio do alcalde socialista, cando, por tratarse dun dos concellos cunha poboación eminentemente rural, se incidía na necesidade dun mando único das actuacións, ademáis de profesionalizar o servizo de extinción, xunto ao mantemento ao longo do ano dos efectivos de prevención. O portavoz municipal, Xosé A. Freaza, interpretou a falla de apoio á proposta nacionalista, como un intento do alcalde de Fornelos de “restar importancia ás nosas iniciativas, para non perder protagonismo”.


VIII FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

IX

REDONDELA

AER pide información e o alcalde responde con insultos e descalificacións

sinaTUra do Convenio de galegUizaCión do TanaTorio Tanamañó de redondela, denTro da Campaña de impUlso do galego nesTe seCTor e Cadrando Coa CelebraCión do día de Tódolos sanTos.

Convenio de galeguización do Tanatorio Tanamañó

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) de Redondela promoveu a renovación do convenio de galeguización do Tanatorio Tanamañó. Acordouse avanzar no proceso de normalización lingüística, para garanti-los dereitos dos galegofalantes. Neste sentido Tanamañó comprometeuse a formentar e estende-lo uso do galego, a ofrecer modelos de necrolóxicas e lápidas funerarias en lingua galega e a respecta-la toponimia oficial. Pola súa parte, o concello ofreceu o asesoramento e o material lingüístico que fose necesario. Ó acto asistiron o alcalde Javier Bas, en representación do Concello de Redondela, e Alfonso Pereira e Xosé Santos, en representación do ta-

natorio. Esta sinatura realízase no contexto da campaña “En galego, agora e sempre”, que a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística está a promover por toda Galicia. Desta maneira Redondela súmase a tanto outros concellos interesados na promoción do galego.

No último pleno ordinario, dende AER solicitamos unha comparecencia do alcalde coa finalidade de que nos dera explicacións e información sobre as seguintes cuestións referidas ao servizo de abastecemento e saneamento municipais, que desenvolve a empresa Aqualia: - Comprobación das inversións comprometidas: cales se fixeron, cando e custe de cada unha. - Evolución dos abonados nos derradeiros anos. - Canon aportado pola concesionaria ao Concello. De non telo aportado, xustificación dese feito. - Se hai algún estudo en marcha para auditar o servizo

desta concesionaria. A pesar de que o representante de AER xa anticipou na súa primeira exposición que non esperaba respostas claras, como así foi, o que non nos esperabamos é que as respostas do Sr. Alcalde derivaran en descualificacións e insultos. O Alcalde só resultou bastante claro expoñendo que na súa intención está manter no futuro o servizo externalizado por conta dunha empresa privada. Pero non amosou nin o máis mínimo interese en analizar o incumprimento de Aqualia respecto das súas obrigas, coas repercusións económicas que puidera ter. A pesar da advertencia do representante de AER, que estima os

sobrecustes en centos de miles de euros. Só analizando a cuestión das inversións comprometidas no contrato, pode que esteamos diante dun sobrecuste importante que o señor alcalde quere pasar por alto. As inversións comprometidas de 458.250.870 ptas (2.749.505€) están a ser cargadas na tarifa dos abonados desde 1997. Cos poucos datos que puidemos recompilar nestes anos, podemos dicir que só coa recadación por este concepto nos anos 2011 e 2015 terían amortizado o 20 % da inversión, só en dous anos. O peor desta cuestión non é que non se fixera a inversión. O peor é que, fixérase ou non, estamos a pagala.

Restaurante

Eira Vella Alameda tralo Río, 3 Baixo

Arcade


X

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

AS PRINCIPAIS FESTA DE GALICIA

A FESTA DA OSTRA DE ARCADE A

G FIGUEIREDO.

chégase o Nadal e o Concello A historia desta Festa da Ostra conta con 31 anos de antiguidade, a primeira organizouse no ano 1987. A idea partiu dos ostricultores da zona que consideraron como idónea a vila de Arcade para esta celebración, xa que foron os pioneiros no consumo, comercialización e exportación deste molusco, non só a outras partes de España, senón tamén de Europa. A idea nace coa intención de potenciar o consumo da ostra, xa que ten un importante papel na economía da vila, e desta forma proxectar a imaxe de Arcade como punto de referencia na produción e comercialización da mesma. Así, ostricultores, hostaleiros e comerciantes colaboran co concello para a celebración da festa, que hoxe está considerada como unha das grandes da gastronomía galega. Non é unha casualidade que se escollese o primeiro fin de

semana de abril como data para a celebración, xa que nesta época é cando a ostra está nas mellores condicións biolóxicas para a súa degustación. Cada vez hai menos bancos naturais de ostras nos fondos das rías galegas. O habitual hoxe é que se cultiven en viveiros aproveitando as bateas ou plataformas de cultivo. As ostras inmaturas, tamén chamadas “simientes de ostras”, colócanse en cestos redondos, unhas encima doutras, e mergúllanse en auga ata a súa recollida, unha operación que necesita en total de dous ou tres anos de espera ata que a ostra adulta alcanza o tamaño comercial, 6 - 7 centímetros. A maioría de ostras cultivadas en Galicia corresponden coa variedade plana, ostrea edulis, a máis común ou europea que tamén se atopa nas costas atlánticas, desde Noruega ata o sur de Marrocos, e nas costas mediterráneas, desde Xibraltar e a Costa Azul francesa ata o mar Negro. Á parte desta va-

riedade, nos últimos anos xeneralizouse a ostra cóncava, e entre as desta especie, a xaponesa, de aparencia engurrada e tamaño máis grande. En menor medida tamén se introduciu a veciña ostra portuguesa ou ostión, de valvas máis grandes e forma alongada e estreita, así como ostras de orixe grega e turco. A variedade belon, procedente da poboación bretoa Riec-sur-Belon, é considerada a de maior calidade e clasifícase segundo o seu peso. Téñense que comprar sempre pechadas, xa que é un indicativo da súa frescura. Unha vez adquiridas convén colocalas coa parte da cuncha cóncava apoiada na bandexa ou recipiente ata o momento de abrilas para que non perdan auga. É conveniente, ademais, rodealas cun trapo húmido e mantelas nunha temperatura entre 2 e 8 graos, por exemplo, no caixón das verduras do frigorífico. O interior da ostra debe estar cuberto de auga e é conveniente descartar as que estean secas.

GRANDES ESPAZOS DE A NOVA PENEIRA

A Nova Peneira existe porque existides vós. Persoas boas e xenerosas comprometidas con Galicia. Na imaxe, Durán, á dereita, e Jose á esquerda do Bar Cruce en Fornelos de Montes. Un espazo de liberdade e humanidade que cómpre visitar sen ningunha dúbida.

No momento de consumilas hai que abrilas cun coitelo especial curto e ancho. Recoméndase abrilas polo lado e aínda que os expertos recomendan comelas crúas para que non perdan sabor, é habitual botarlles unhas pingas de limón. Tamén se poden cociñar, engadíndoas a guisos ou sopas, cubríndoas con salsas cremosas ou se poden

preparar gratinadas ou ao vapor aderezadas con aliños asiáticos. Fóra da súa cuncha, tamén se poden fritir en abundante aceite e pocharse. En Galicia, ademais de crúas, prepáranse tamén rebozadas en fariña de millo e fritas ou en escabeche. Este ano a XXXI edición da Festa dá Ostra de Arcade celebrouse o 1 e 2 de Abril


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XI

OPINIÓN Carlos Méixome Historiador

Como xa comentei noutras ocasións teño a fortuna de poder escoller, non sempre, una película, máis ou menos visible, ás veces boa, ou mesmo moi boa, cada fin de semana. Fágoo nunha sala de cine como as de antes, de vila, sala grande, butacas cativas, sosego, na que non venden nin chuches, nin flocos de millo, nin coca-cola... E non só iso senón que antes de comezar a sesión lémbrannos, a través dun rudimentario cartel proxectado na pantalla, que apaguemos os nosos móbiles, que non se permite comer pipas ou outros produtos que fagan ruídos nin levar botes de bebidas que molesten os espectadores. Ao rematar a proxección recórdannos, a través doutro cartel similar, que non prendamos os “cigarrillos” ata saír da sala. Botei de menos o meu cine o outro día. O motivo é que non traen as grandes producións e tiña ganas de ver a secuela de Blade Runner; observar como pasaran tres décadas por aquel Los Angeles, onde os ricos vivían literalmente enriba dos pobres que habitaban aqueles edificios envolvidos en smog noir, como evolucionaran

Paulov e as salas de cine

os “spinner”, que fora da Tyrrell Corporation e dos seus replicantes, aínda que destes últimos xa me imaxinaba que ían acadar a humanidade “auténtica”, como xiraba aquel distópico mundo neurotizado pola procura da pequena diferenza que diría Freud. Non me defraudou; sen entusiasmo. Iso si, non me gustou nada ver tan vello a Ford-Deckard, sobre todo cando o collían de costas, mais que nada porque sobre as miñas tamén transcorreron trinta e pico de anos e supoño que se notarán. Botei de menos a Vangelis e a dirección de Scott. Entrei dos primeiriños. Acocheime naquel butacón como se fose un piloto de aviación e aos poucos vin subir unha rapazada acugulada de paquetes

de flocos, botellas de auga, das de litro e medio, eh?, enormes vasos vermellos con xeo tintinando, bolsas do Froiz con máis bolsas dentro. Foron acougando arredor de min. Asentando nas aeromodélicas cadeiras e colocando botellas, vasos e bolsas nuns redondos buracos de ferro que emerxen agresivos de cada un dos brazos das butacas. Tan pronto apazugaban, desenfundaban o móbil e comezaban a darlle aos botonciños a unha velocidade endiañada, mentres sorbían pola palliña ou enchían as bocas de puñados, ben grandes, de enormes flocos esbrancuxados que triscaban barulleiros. O malo foi cando comezaron os tráiler e o tris- tras, sus-sus, os crac-crac, os tic-tic e as lu-

JUGUETERÍA

Avenida Castelao, 29 Arcade Telf/Fax 986 70 06 12 libreria.loli@hotmail.com

Calle José Solla, 57 Arcade Telf/Fax 986 70 13 30 libreriallimprenta@gmail.com

ciñas das pantallas seguían prendidas. Non puxeron os carteliños predixitais da miña sala ramallosiana. E comezou a proxección. As fluorescencias non pararon ata que a intriga foi absorbendo os seus mangoneadores ou manexadoras; mesmo así algunha que outra pantalla aburrida prendíase cada pouco. Lamentei, ao longo de filme, que non se producise un “apagón dixital” semellante ao acontecido no mundo distópico que ollabamos na gran pantalla. Mais iso era o de menos. A realidade é que as libacións, chuchadas, zugadas, degustacións, saboreos, chupadas, mastigadas e manducadas non se detiveron ao longo da proxección. Item máis, comezaron a abrir aquelas bolsas pequenas que traían dentro de bolsas máis grandes, eran, supoño, dalgunha caste de papel de aluminio ou semellante, e emitían un ruxido infernal; como deglutían o seu contido a cada pouco, cada vez que se lle ocorría meter algo entre os dentes desencadeábase aquela furia metálica. Supoño que o alto contido en sales dos produtos engulidos provocan unha sede desértica que coutaban cada

pouco con reiterados sorbidos e sonoras succións. Brotoume a neurose da pequena diferenza e comecei a matinar se aqueles mozos e mozas, na realidade, non sería replicantes, moi perfeccionados pola nova multinacional dominante, a Wallance Corporation, e o único “autenticamente” humano da sala era eu. Deille voltas a un posible test descubridor da natureza fabricada daqueles meus veciños succionantes. Acordei dúas propostas para o goberno mundial. Primeiro, experimentar co condicionamento pauloviano; sería doado, coa colaboración policial, impedirlles entrar no cine cos cargamentos ruidosos, e aqueles que tras a proxección dos primeiros fotogramas non babeasen como os cans ante o bater da pata de pau do axudante de Paulov, considerariámolos replicantes e procederiamos a “retiralos”. De ser esta alternativa moi custosa para as arcas multinacionais, poderiamos reclamar un respecto para os dereitos dos humanos e que puxesen salas especiais para a minoría non manducadora e/ou succionadora.


XII FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XIII

O MORRAZO Esta medida adóptase tras ter constancia do mal estado no que se atopa esta instalación deportiva

O Concello de renovará o Skate Park das Lagoas Ante as queixas dos usuarios/as polo mal estado da pista de skate das Lagoas, o Concello de Bueu anunciou que se vai levar a cabo unha renovación integral do material. Á espera dunha propostaque se está estudando por parte dos técnicos municipais, e que permita unha maior durabilidade. Tras ter realizado unha visita ao lugar, o alcalde da vila, Félix Juncal, quere aclarar que nos últimos anos se destinaron importantes recursos para substituír as pezas e planchas que estaban en mal estado, sen que ata o de agora estas substitucións permitisen solventar o asunto dunha forma definitiva. Segundo declarou o rexedor, en diversas ocasións xa se mantiveron conversas con usuarios/as para artellar unha solución, como o cambio de material das diversas planchas cada pouco tempo (a última é de principios deste ano) e tamén se levou a cabo fai dous anos a renovación da mini pista, que foi recuberta en fibra de vidro, actuación na que o Concello investiu un total de

9000 euros. Con todo, a solución adoptada tampouco convenceu ás persoas que a diario empregan esta infraestrutura de lecer, pois o material e as prestacións non son os mesmos. Ante esta situación, o goberno local é plenamente consciente de que non é abondo con realizar obras de mantemento anualmente, senón que se vai proceder a unha renovación integral do material, agardando que sexa unha solución definitiva. Aínda así, e segundo o observado nesta visita, tense coñecemento de que se está danando a pista con outros materiais, como son palés de obra, cascallos, ou mesmo pedras, que sistematicamente se foron retirando por parte dos servizos municipais. Neste sentido, apélase á conciencia cidadá para que este espazo sexa empregado para os fins de lecer e deportivos. Por último, dende o Concello tamén se alerta ante a falta de respecto por parte das persoas que estacionan os vehículos nunha zona habilitada para un uso de parque público.


XIV

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

O MORRAZO Será organizada en abril polo IES Johán Carballeira

Bufandas solidarias na i Feira da ciencia e da literatura de Bueu

O Concello de Bueu colaborará coa I Feira da Ciencia e da Literatura, que será organizada en abril polo IES Johán Carballeira e que buscar xuntar dúas disciplinas que a priori semellan non ter moito que ver, pero que están intimamente relacionadas. Esta feira, ademais de ter unha función divulgativa e de coñecemento, contará cunha parte solidaria, a través de “bufandas solidarias”. Segundo un artigo explicativo que se pode ler na páxina web da Biblioteca Escolar do IES Johán Carballeira, a iniciativa xorde do libro Septiembre puede esperar, recente novela da pontevedresa Susana Fortes, e que será unha das escollas para a feira. Nela preséntasenos a unha muller que foi membro do Servizo de Intelixencia inglés durante a Segunda Guerra Mundial. Tras esta historia, o equipo da bi-

blioteca reflexionou sobre o papel da muller nos conflitos bélicos e chegaron á conclusión de que foi fundamental. Así, houbo mulleres que escribían mensaxes ocultas nos nós do punto, mulleres anciás tecendo en lugares de escoita e codificando mensaxes a través das puntadas, mulleres que coñecían e desenrolaban durante a guerra unha linguaxe en código a través das posicións das agullas de tecer, polo que foron espías. Esta información levou ao equipo a reflexionar arredor de

como podíamos as mulleres de hoxe en día axudar na resolución dos conflitos, e de aí xorde a axuda das bufandas para os nenos e nenas refuxiados, e que levarán escritas en código Morse a palabra PAZ. Co obxectivo de axudar, convidouse a toda a comunidade educativa a tecer e o resultado é que algúns membros da ANPA xa teñen a primeira bufanda solidaria. Así mesmo, dende o centro aclaran que se trata dunha iniciativa na que pode colaborar toda a cidadanía e institucións.

Organizado un taller gratuíto de saúde bucodental no embarazo A concellaría de deportes de Bueu arrancou onte un taller de saúde bucodental para mulleres embarazadas. Este taller atópase dentro das clases de matroximnasia, prenatal e psicomotricidade, aínda que está aberto a máis persoas que desexen participar. O taller, totalmente gratuíto, está orientado ás nais embarazadas e aquelas con fillos de ata tres anos de idade. Desenvólvese todos os martes ás 17 horas no colexio de A Pedra durante novembro e decembro. As inscricións poden formalizarse na Oficina de Deportes ou a través do teléfono 986324338.

Clases de matroximnasia e prenatal

Dende a concellaría de deportes informan tamén que está aberto o prazo para apuntarse nas clases de ximnasia prenatal e matroximnasia que

se imparten dende o Concello. Así, as de ximnasia prenatal teñen lugar os xoves ás 18.00 horas no CEIP A Pedra e as de matroximnasia (nenos/as de 0 a 1 anos), os xoves ás 19.00 horas no Pavillón Municipal Pablo Herbello. Estas actividades insírense no programa “Bueu Concello Saudable”, posto en marcha no 2008 e co que se pretende fomentar hábitos de saúde e benestar entre a poboación e atendendo a diversos colectivos. Ademais, ao longo deste curso tamén se están celebrando as clases de ximnasia para maiores e adultos, Pilates e ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e mobilidade reducida en diversos espazos municipais, cunha participación de máis de cincocentas persoas en total.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XV

O MORRAZO

xvi xornadas Blanco Freijeiro de O pleno de Bueu aproba o Arqueoloxía, Arte e Hostoria en Marín nomeamento da rúa ‘Don

Próximamente volverán a celebrarse no Concello de Marín unas novas xornadas Blanco Freijero. Comenzarán o Luns 27, coa Presentación as 20:00 h. e ramatarán o domingo 3 de decembro. Farase unha viaxe no tempo de miles de anos na que cinco relatores abordarán diversos aspectos de momentos da historia de prehistoria, con condicións de vida e sociedades moi distintas, pero que todas elas se expresaron a través da arte deixándonos ver, as veces a penas albiscar, o universo cultural que hai detras e que lle da sentido. Farase nesta ocasión unha viaxe seguindo un fío cronolóxico pero retrocedendo no tempo, dende o século XX ata os albores da arte, no paleolítico. Centrarase en Galicia, facendo as referencias necesarias a outros lugares cando é preciso, xa que o qe estaba ocorrendo aquí formaba parte do que estaba ocorrendo en Europa. O Martes 28, as 20h, e baixo o título “O século XX, un fervedoiro artístico”, Ramón Rozas Domínguez. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciará a viaxe no tempo no século XX. O Mércores 29, as 20h, e baixo o título “O Mestre Mateo”, Xosé Carlos Valle Pérez. Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Director do Museo Provincial de Pontevedra, na que nunha primera parada da viaxe faémola no medioevo, nos séculos XII-XIII. O Xoves 30, as 20h, e baixo o título “A arte rupestre ao aire libre en Galicia. ¿Trascendendo o fenómeno artístico?”. 20:00 h. Carlos Rodríguez Rellán. Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigador do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico (GEPN-AAT) da Uni-

Juan veiga Alfonso’

Adrián Ferrer tomou posesión como concelleiro do BNG, converténdose así no edil máis novo da corporación

versidade de Santiago de Compostela, na que falará dos petróglifos, inda que sempre fálase de “arte ruprestre”. O Venres 1, as 20h, e baixo o título “A arte paleolítica dende os Neandertais ata as últimas sociedades paleolíticas”. 20:00 h. Arturo de Lombera Hermida. Arqueólogo, investigador do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico (GEPN-AAT) da Universidade de Santiago de Compostela, e investigador colaborador do Institut Català de Paleoeconomia Humana i Evolució Social, na que chegamos al Paleolítico, ao final da viaxe que en realidade é o comezo da arte, das primeiras manifestacións e a súa evolución ao longo deste período. 21:15 h. terá lugar a Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Sra. Alcaldesa María Ramallo Vázquez. Xa o Domingo 03, haberá unha visita guiada á igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns e Catedral de Santa María, Tui.

O pleno da corporación de Bueu mostrouse unánime no nomeamento dunha rúa da vila como “Don Juan Veiga Alfonso”, persoa moi querida e admirada no pobo xa que foi durante máis de corenta anos profesional da saúde, ademais de desempeñar outros cargos no ámbito social e cultural. A proposta foi secundada polos catro grupos da corporación, e por iso a rúa que circunda o Centro de Saúde, entre a rúa A Pedra e a PO-551 será agora recoñecida como “Don Juan Veiga Alfonso”, un nomeamento que vén tras a aprobación de Fillo Adoptivo da vila o pasado 14 de febreiro. Juan Veiga, popularmente coñecido como Don Juan, foi durante 44 anos ininterrompidos practicante, ATS, enfermeiro do noso concello. A longa traxectoria de dedicación profesional ao servizo da saúde de tantos e tantas cidadáns da nosa vila, estivo chea dunha desinteresada vocación de

servizo, que foi máis ala do esperado no normal desempeño das súas funcións. Ademais da súa labor médica, tivo un importante papel na vida cultural e deportiva da vila. Por outra banda, o pleno deste luns serviu tamén para acoller a Adrián Ferrer Reboiras que se incorpora como concelleiro do BNG, tras a dimisión fai uns meses de Juan Carlos Eirea Eiras, quen tivo que deixar o cargo por motivos persoais e profesionais. O alcalde foi o encargado de dar a benvida ao xa edil, que se converte na persoa máis nova da corporación.


XVI FINAIS DE NOVEMBRO 2017

COMPOSTAxE: Á vANGARDA DA xESTiÓN DO LixO NA GALiZA Seis concellos da provincia de Pontevedra –Pontevedra, Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves e O Grove- implantarán antes de finais de 2018 un novo modelo para xestionar o lixo e situaranse á vangarda do tratamento de residuos

Poñer en práctica unha nova forma de separar e tratar o lixo que sexa máis económica, ambientalmente sustentable e cumprir coas obrigas da UE. Ese é o obxectivo dos seis concellos da provincia de Pontevedra que, da man da Deputación de Pontevedra, aplicarán o Plan Revitaliza de compostaxe provincial antes de finais de 2018 e seguirán os pasos que no resto do estado xa deron Cataluña, o País Vasco e tamén Navarra: xestionar do xeito máis natural posible os residuos orgánicos para evitar que sexan incinerados. Na Galiza os residuos orgánicos supoñen máis do 50% dos residuos da bolsa de lixo que xera cada galega e galego. A proposta provincial é xestionar eses residuos orgánicos no mesmo lugar onde se producen seguindo a tendencia mundial de ‘quilómetro cero’: nos domicilios de veciñas e veciños que dispoñen de horta -mediante composteiros individuais-, en pequenos núcleos de poboación –mediante centros de compostaxe comunitaria cunha mínima loxística-, ou con plantas comarcais de compostaxe naquelas vilas cuxa densidade de poboación sexa tan alta que non sexa factible compostar doutro xeito. Cal é a única necesidade? Pois que a veciñanza separe correctamente os restos de comida e vexetais -ademais de separar plásticos, envases e latas para depositalos no colector amarelo; vidro para o iglú verde; e papel para o colector azul- e os bote no seu centro de compostaxe correspondente. A cidadanía sempre contará co soporte do persoal técnico e dos

mestres e mestras composteiras provinciais, especializado para contestar todas as dúbidas, e que ademais garante que todo o proceso da compostaxe se realiza correctamente.

Por riba do obxectivo

A día de hoxe son seis os concellos da provincia que cambiarán o seu sistema de separación, recollida e tratamento de lixo de xeito inmediato para pasarse á compostaxe. O seu compromiso, ao adherirse ao Plan Revitaliza, é que nos vindeiros catro anos tratarán mediante compostaxe e outros aproveitamentos naturais o 75% dos seus biorresiduos (restos de comida, poda, vexetais…). Será un paso radical e audaz, que terá a súa clave para que funcione ben economicamente na rapidez coa que se cambie o actual tratamento, xa que manter os dous sistemas a un tempo supón custes engadidos. Deste xeito, se no vindeiro ano os seis concellos pasan a maior parte dos seus residuos á compostaxe,

superarase a cifra obxectivo marcada a principios do mandato: que unha cuarta parte da poboación da provincia de Pontevedra se rexa por un sistema sustentable de xestión do lixo. Para afrontar un cambio tan drástico a Deputación de Pontevedra está a aportar a estes ‘seis concellos de vangarda’ asesoramento técnico mediante a redacción dun Plan de Residuos propio para cada concello, aportación de persoal (técnicos e mestres e mestras composteiras), formación, e achegas económicas que ascenden a preto de 1.200.o00 euros e que se destinarán a mercar composteiros individuais, colectivos e a maquinaria necesaria para a implantación do novo sistema. A compostaxe está a verse, globalmente, como unha alternativa necesaria para rematar cos altos custes do servizo do lixo para os gobernos locais. A tendencia mundial para tratar o lixo de maneira circular é xa un feito e Nova Iorque, Quebec, Milán… que traballan cun obxectivo claro cos residuos orgánicos. Polo de agora, na provincia hai bastantes concellos que, a pesares de non estar adheridos á segunda fase do Plan Revitaliza, xa están dando os seus primeiros pasos para demostrar que é un sistema válido. Teñen instalados os centros de compostaxe comunitaria que a Deputación repartiu durante o ano pasado e constatado o éxito do seu funcionamento e tamén composteiros individuais. En total son 35 os municipios implicados na compostaxe en diferentes graos grazas á institución provincial.

A normativa europea

O Plan Revitaliza da Deputación, ademais de propor un sistema de xestión máis económico e máis natural que o actual, pretende estender de xeito ambicioso a compostaxe para que os concellos cumpran a normativa europea que obriga a preparar para reutilizar e reciclar máis do 50% dos residuos da bolsa do lixo antes de 2020. Sobre a mesa están posibles sancións económicas ás administracións que non cumpran. As esixencias da Unión Europea parecían inicialmente moi fáciles de cumprir por parte dos estados membros, pero á maioría, nestes momentos, están moi lonxe de acadar obxectivos. O norte de Italia, parte de Austria, Alemania, Flandes están a piques de cubrir o mínimo, mais o resto de países europeos incumprirán a normativa. O estado español está moi lonxe tamén. Pola súa parte, o goberno galego no Plan de xestión de residuos urbanos de Galiza estableceu un obxectivo do 25% de preparación para a reciclaxe, pero tampouco este se vai cumprir se non se toman medidas. A cifra actual está arredor do 17%. Na provincia de Pontevedra en 2020 acadaranse cifras de preparación para a reciclaxe moi dispares entre os concellos. De seguir polo camiño actual co Plan Revitaliza é posible acadar o obxectivo europeo do 50% en conxunto, pero será porque uns concellos cumpren de xeito folgado, estando no 75%, xunto a outros que quedan moi lonxe desa cifra.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XVII

O MORRAZO pretende ser a voz da infancia, onde as nenas e os nenos sexan suxeitos en primeira persoa, propoñendo e suxerindo iniciativas na mellora dos seus intereses e calidade de vida

Creación do Consello Municipal da infancia

Recentemente creouse o Consello Municipal da Infancia de Cangas, acto que estivo presidido polo Alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Ensino e Deportes, Xoán Chillón Iglesias, e pola Inspectora de Educación, Yolanda Cadórniga. Este tipo de órgano participativo da Infancia xurde mirando o espello do mesmo órgano creado na cidade de Reggia Emilia – Italia –, hai unhas décadas, seguindo a filosofía pedagóxica do grande mestre Francesco Tonucci. Un órgano que pretende ser a voz da infancia, onde as nenas e os nenos sexan suxeitos en primeira persoa, propoñendo e suxerindo iniciativas na mellora dos seus intereses e calidade de vida. O Consello Municipal da Infancia está integrado por 21 nenos/as de forma paritaria en igualdade de sexo. A composición contará con dous representantes (un neno e unha nena) dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria de cada un dos centros educativos, públicos e concertados do municipio. Ao inicio de cada curso académico irase renovando o 50% da súa composición, coa entrada da representación do alumnado do

curso anterior. O centro educativo de maior matrícula escolar no ámbito municipal contará cunha representación a maiores. Os temas a tratar serán as propostas presentadas polas distintas asembleas de clase e representación dos distintos centros e sectores: -A atención á Infancia a distintos niveis (local e global), referidas á alimentación saudable, hixiene, saúde, ensino, relacións persoais,… -Fomento do xogo, exercicio físico e deporte. -Solidariedade internacional, dereitos do neno a ser e estar felices. -Aprender para poder participar nas decisións que se toman nos ámbitos escolar e social. -Aprender a respectar aos demais. -Sensibilizar a responsabilidade do mundo adulto nas súas vidas. Deberes da sociedade para que a infancia sexa máis feliz, para estar protexida fronte ao maltrato, discriminación, violencia ou outros riscos. A partir do Proxecto “Cangas, concello dos/as nenos/as”, por un concello integrador e participativo da infancia, o Con-

cello de Cangas tense adherido ás cidades dos/as nenos/as que impulsa o pedagogo italiano Francesco Tonucci. En acordo plenario de 29 de abril de 2016, referendouse por unanimidade o respaldo a esta iniciativa. O proxecto ten como obxectivo que as cidades, os Concellos, teñan aos nenos e nenas como principais protagonistas das mesmas: unhas ci-

visita ás obras de recuperación do Casco vello de Cangas

O alcalde do concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, e o deputado de Cooperación Municipal, David Regades, visitaron as obras de pavimentación e mellora de servizos recentemente finalizadas e que foron financiadas coas achegas do Plan Concellos 2016. A Deputación de Pontevedra investiu arredor de 230.000 euros nas mesmas. Os traballos realizados comprenderon varios lugares do casco vello da vila. Por unha banda, no barrio de Outeiro púxose un pavimento de pedra, humanizouse a contorna e levouse a cabo a renovación

das redes de abastecemento, así como a do alumeado público e do servizo de telecomunicacións. Por outra banda, nas rúas da Lúa e do Hospital realizáronse tarefas para renovar os servizos de abastecemento, saneamento, pluviais, iluminación, pavimentación e telecomunicacións. Sumado a todo isto, tamén se pavimentou unha zona da rúa Lirio. O alcalde destacou moi favorablemente a realización destas tarefas, xa que “recuperar o barrio histórico ten un enorme valor para a revalorización turística da vila”. Ademais, anunciou que “as inver-

sións dos dous próximos anos na capital do Morrazo están aseguradas”. O deputado Regades realizou unhas declaracións na mesma liña, salientando “a satisfacción do Goberno ante unhas obras como esta, posto que o concello de Cangas recuperou con este presuposto o Casco Vello". Ademais, tamén anunciou as conversas co alcalde para “as inversións provinciais nos anos 2018 e 2019”. No referente ao Plan Concellos deste ano, o concello xa ten recibido máis dun millón de euros.

dades humanizadas, nas que se favoreza a independencia dos/as máis pequenos/as, que poidan ir sos e soas aos centros educativos, para así crear lugares máis seguros para toda a cidadanía. Os rapaces e rapazas, ademais de estar protexidos/as deben estar preparados/as para a vida, de tal forma que dispoñan de instrumentos, habilidades e

autonomía propios. En base ao exposto, amparándose na lexislación e recomendacións vixentes trátase de constituír un órgano, unha mesa de traballo, transversal e interdisciplinaria, onde se trate de avaliar a situación actual e de dotar dos recursos axeitados de todo ámbito a fin de mellorar a calidade de vida da nosa infancia e dos nosos concellosk


XVIII FINAIS DE NOVEMBRO 2017

VAL MIÑOR

ROLDA DE PRENSA LUIS BARÁ (DEPUTADO DO BNG), CARME NÚÑEZ (POSTAVOZ MUNICIPAL DO BNG), JOSÉ MARTÍNEZ TATO (CONCELLEIRO DO BNG)

'Aula Verde' busca a sensibilización medioambiental a través de obradoiros relacionados con temas chave como o cambio climático, consumo responsable, reciclaxe, enerxías renovables...

Programa de Educación Ambiental en tódolos centros públicos de Infantil e Primaria do municipio de Nigrán e o ‘Juan María’

O Concello de Nigrán ofrece novamente este curso o programa de educación ambiental 'Aula Verde' en tódolos centros públicos de Infantil e Primaria do municipio e o de Educación Especial Juan María cun investimento total de 4.000 €. Este trata diversos temas relacionados coa sensibilización medioambiental (cambio climático; consumo responsable de productos, auga ou enerxía; fomento da eficiencia enerxética...) ben de xeito transversal nas diferentes áreas deseñadas para o programa formativo e, en concreto, nos obradoiros que se levan a cabo nos diferentes colexios ata finais de ano e que se retoman de marzo a xuño. "Cremos na educación como a mellor ferramenta para ter un presente e un futuro mellor, queremos que estes nenos sexan uns consumidores responsables e preocupados pola súa contorna, por iso apostamos fortemente por Aula Verde. Precisamente, o periodo de seca que está a atravesar Galicia e os incendios do día 15 poñen

aínda máis de relevo a importancia destes obradoiros", sinala o alcalde de Nigrán, Juan González, quen visitou onte xunto ao edil de Educación Luis Sanromán o CEIP Da Cruz (Camos) para coñecer de preto o obradoiro 'Gastar pouco e reciclar moito' no que, entre outras cousas, os nenos empregaron materiais de refugallo para construir xoguetes. O conxunto de obradoiros que se levan a cabo nos centros, dunha duración aproximada de 3 horas, xira en torno ao cambio climático, o consumo responsable e a eficiencia enerxética e, finalmente, o coñece-

mento do medio natural local. Todo elo se aborda a través da realización de múltiples actividades lúdicas que inclúen dende visitas guiadas á narración de contos, experimentos didácticos, actividades manuais, xogos grupais... Así, colexios como o CEIP Da Cruz (Camos) realizarán saídas enmarcadas nos obradoiros titulados 'As praias do meu Concello', 'Os ríos do meu Concello', 'A Foz do Miñor' e 'Os Bosques do meu Concello'; mentras que dentro do propio centro levarán a cabo os obradoiros 'Gastar pouco e reciclar moito', 'Horto ecolóxico' e 'Da horta ao bote'.

O BNG de Tui presenta unha inicativa parlamentar contra os ataques da memoria histórica galega

A organización nacionalista no Concello de Tui agradece a asociación "Levada Libre" e a tódalas persoas que fixeron posíbel a construcción do monumento ás víctimas do franquismo na Volta da Moura, lugar da memoria e da loita pola democracia. Asimesmo, o deputado do BNG, Luis Bará xunto coa portavoz municipal, Carme Núñez, e o concelleiro, José Martínez Tato, condenou os ataques fascistas que se sofriu o monumento hai uns dias, e, tamén todo tipo de mani-

festación de apoloxía do terrorismo fascista que se producen con absoluta impunidade no noso País. O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha iniciativa no Parlamento Galego no que se insta á Xunta de Galiza a que condene os ataques fascistas producidos no País, e a súa vez, solicitáse a creación dunha rede de lugares de memoria antifascista galega para construír unha sociedade máis democrática.

O alcalde de Gondomar Paco Ferreira e a Concelleira de Benestar Social do Concello de Gondomar Rocío Cambra, manifestan o seu agradecemento a Entidade de “la Caixa” que a través do seu Fondo Social, fixo entrega o pasado día 7 de novembro da cantidade de 4.000€, para investir na compra de alimentos para persoas en situacións de emerxencia social do Concello. O acto da entrega asistiron por parte da devantida Entidade a Directora da sucursal en Gondomar e o Director de zona, e por parte do Concello o Sr. Alcalde e a Concellleira de Benestar Social.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XIX

VAL MIÑOR Tivo lugar o sábado 11 de novembro na praia de Panxón

Nigrán súmase por vez primeira á xornada de limpeza simultánea de praias en toda galicia capitaneada por ADEGA

O Concello de Nigrán sumouse por vez primeira o sábado día 11 á séptima xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega en coordinación co Campus do Mar e o Centro de Investigacións Mariñas da universidade de Vigo. Así, a praia de Panxón formará parte dos vinte areas de toda Galicia no que se intervirá neste día que Nigrán encadra a súa vez nas súas actividades de concienciación medioambiental de 'Nigrán, mar de sabores'. Tódalas persoas que o desexaron poideron parti-

cipar de modo voluntario inscribíndose ata o 10 de novembro no mail comunicacion@nigran.org (aportando nome e teléfono de contacto) ou ben na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9.00 a 14.00 horas (986365000). Para o correcto desenvolvemento da limpeza houbo coordinadores por cada grupo de voluntarios, a duración estimada é de dúas horas e comezará ás 11:00 (punto de encontro no pavillón de Panxón) aportando o Concello o material preciso para a recollida (luvas, bolsas...). As limpezas de praias

son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supo-

II Concurso de Escaparates de Nadal O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Comercio e en colaboración coa asociación O valmi, convoca o segundo concurso” CONCURSO DE ESCAPARATES E AMBIENTACIÓN DE LOCAIS DO CONCELLO DE GONDOMAR NADAL 2017”. Os motivos e decoración dos escaparates e da ambientación dos locais terán como tema as “Festas de Nadal”. Os comercios que se presenten deberán adornar a beirarrúa correspondente ao espazo do local, coaa colocación dunha alfombra ou moqueta vermella na entrada ocupando o espazo físico da beirarrúa Tras dunha moi positiva e reconfortante experiencia do ano pasado, queremos colaborar en que a nosa Vila sexa un espazo público de armonía, sosego, beleza, estética da fermosura que in-

vite á cidadanía a pasear polas súas rúas. Neste ambiente será máis atractivo profundizar nas ofertas e productos que o Comercio de Gondomar fai aos seus concidadáns. Os titulaes ou cotitulares dos comercios serán galardonados cos seguintes premios económicosque serán entregados o 4 de xaneiro de 2018 - Primeiro/a clasificado/a concurso escaparates: 300 € - Primeir@ clasificado/a concurso ambientación de locais: 300 € Para inscribirse no concurso é obrigatorio ser maior de idade e titular ou cotitular dun establecemento comercial situado no Concello de Gondomar. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de decembro de 2017 O proceso de elección do comercio premiado será no-

ñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos. O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co 'Proxecto Ríos' de Adega que inclúe unha xornada de limpeza no esteiro do Miñor, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

vidoso. Haberá unha doble entrada de votos: 1. unha directamente en urnas que os comercios porán no seu establecemento, nas que os clientes poderán depositar o seu voto. A papeleta poderán solicitala nos propios comercios. Entre todas as persoas que depositen o voto nas urnas que estarán nos comercios sortearase unha cesta de Nadal 2. Outra mediante voto telémático aberto á cidadanía. As solicitudes poderán presentarse de luns a venres, en horaro de 09:00 a 14:00 horas, no rexistro municipal, ou a través da sede electrónica, https://concellodegondomar.sedelectronica.gal Os escaparates e a ambientación de locais deberán estar expostos entre os días 11 de decembro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018.

Aprobada a moción do BNG sobre a lei de áreas sanitarias

O pleno da Guarda aprobou por maioría a moción presentada polo BNG na que se solicitaba un cambio na política sanitaria da Xunta. A moción foi aprobada co voto en contra do PP. A moción solicitaba a retirada do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, de 10 de xullo, de Galiza, dado que esta modificación vai provocar máis deterioro na sanidade pública, consolida a liña de recortes, prioriza o criterio económico sobre as necesidades dos usuarios e usuarias e afecta negativamente á calidade asistencial. Outra das reivindicacións é a posta en marcha dun plan de Mellora de Atención Primaria, como porta de entrada ao sistema sanitario, sendo un elemento chave para o sistema sanitario público galego. “Falamos de dotar aos centros de Atención Primaria con recursos económicos, técnicos e humanos. Hoxe o PAC da Guarda ten graves carencias: dende o mantemento do edificio até a falta de servizos bá-

sicos como Radioloxía, deficiencias no servizo de Urxencias ou unha ambulancia medicalizada que nos garanta os traslados urxentes”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG. O BNG considera que o actual estado do PAC da Guarda é resultado da falta de compromiso dos sucesivos Gobernos do PP na Xunta e da inacción do Goberno municipal do PSOE.


XX

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

VAL MIÑOR

Igualdade convida a "tinguir de loito gondomar” o 25 de novembro para rexeitar a violencia contra as mulleres A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar anima a comerciantes e hostaleiros do municipio a participar o 25 de novembro na campaña de sensibilización cidadá ‘En Negro Contra as Violencias’ que desenvolverá conxuntamente en máis de 70 municipios de Galicia, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Baixo o lema 'Gondomar en Negro' a Concellería de Igualdade, que dirixe a edil socialista, Nuria Lameiro, propónse tinguir de negro a vila, co obxectivo de fomentar a sensibilización cidadá contra as violencias machistas

en todos os ámbitos municipais. Aqueles establecementos ou entidades que queiran unirse a esta campaña de sensibilización poderán informarse no Centro de Información á Muller (CIM). Os locais que confirmen a súa adhesión, recibirán o material promocional distribuído dende o Concello e aparecerán xeolocalizados na web da campaña www.ennegrocontraasviolencias.gal, entregando o Concello o material promocional. A iniciativa pretende "vestir" de loito ao persoal dos comercios adheridos, os escaparates do comercio local e mesmo as mesas de locais de hostalaría, en sinal

de dor por tódalas mulleres que sofren violencia ou que faleceron por mor dela. "Dende a concellería de Igualdade queremos mandar unha mensaxe unánime de solidariedade, e rexeitamento da violencia contra as mulleres e de denuncia ós maltratadores para que estas conductas non queden nunca impugnes. Queremos que Gondomar quede libre das violencias machistas", indicou a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro. O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia

contra as Mulleres convidando aos diferentes gobernos a desenvolver actividades para sensibilidar á poboación. O Concello de Gondomar súmase ano a ano a esta petición levando adiante diferentes campañas que teñen en común o rexeitamento absoluto da violencia de xénero. Nesta ocasión, 'Gondomar en negro' quere funcionar como símbolo de dor por tódalas mulleres que sofren maltrato ou son asasinadas, só dende 2003 a maio de 2017 rexistráronse 53 asasinatos machistas en Galicia e 780 en toda España.

Actividades paralelas

Ao longo da última quincena de novembro e parte de decembro a Concellería de Igualdade desenvolverá outras actividades, entre elas, un taller de Sensibilización e prevención en violencia de xénero’ dirixido ós mozos e mozas, nos institutos de Educación Secundaria. A actividade dirixidas ao alumnado de 4º de ESO, consistirá nunha charla coloquio no IES Auga da Laxe, os días 20, 21, 23 e 28 de novembro e no IES Terra de Turonio, os días 22, 24 e 29 de novembro.

"felicitamos as festas con cariño aos nosos clientes e amigos,e convidámolos a vernos este mes de decembro"


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XXI

VAL MIÑOR Tres xa foron colocadas na rúa do Castelo (Camos/Parada), Avenida Val Miñor e Rans (Nigrán), todos puntos de gran afluencia de pasaxeiros onde ata agora non había

Nigrán adquire novas marquesinas por 15.000€ para os puntos máis demandados

O Concello de Nigrán instalará novas marquesinas en puntos do municipio que demandan colectivos e entidades veciñais cunha inversión de 15.000 euros. Así, esta semana xa foron dispostas tres delas, unha en Avenida Val Miñor (Nigrán), outra en rúa do Castelo (Camos/Parada) e outra en Estrada pola Vía (Rans), todas elas foron ubicadas en puntos demandados pola ve-

ciñanza ao ser de gran afluencia de viaxeiros por coincidir co roteiro da liña de autobús interurbano ou escolar, como no caso de Parada. Se trata de marquesinas con paneis antivandálicos (de metracrilato), de liñas rectas e deseño minimalista e con banco de inox, materiais de gran resistencia que garanten a súa durabilidade. O Concello de Nigrán xa

investiu en 2016 un montante de 20.430 euros para reparacións e reposicións de marquesinas, sustituíndo en moitos casos os paneis vidro rotos por policarbonato celular de 8 milímetros, un material especialmente resistente aos golpes, ademáis de instalar tres novas de carpintería de madeira nos puntos máis demandados pola veciñanza (Priegue, A Ramallosa e Praia América).

"Somos conscientes de que faltan marquesinas en determinados puntos do municipio e, pouco a pouco, as iremos insta-

lando conforme ás peticións veciñais e dando prioridade ás paradas de máis uso", sinala o alcalde, Juan González.


XXII FINAIS DE NOVEMBRO 2017

VAL MIÑOR

XII Xeira Alén Miñor-Compostela

Xurdida como “Locus Sancti Iacobi”, iluminada polo culto ao sepulcro do Apóstolo Santiago, Compostela actuou sempre como punto de atracción, nun primeiro momento para as instancias relixiosas, da man da monarquía astur, e máis tarde para as civís. Lugar de peregrinaxe, lugar de destino, cidade que aglutina en torno á figura do Apóstolo un mundo complexo e rico. Existen moitas formas de visitar unha cidade como Compostela, unha cidade con séculos de historia que agocha innumerables alternativas arquitectónicas de diferentes períodos e espazos de innegable interese e valor social. Hai unha Compostela monumental e relixiosa do perímetro murado, unha Compostela monumental civil ou unha Compostela contemporánea. Ademais existen prazas públicas e zonas verdes con moita singularidade e historia. Deste crisol fixemos, entre outras, a seguinte escolla:

colección de pintura, escultura, ourivaría, restos arqueolóxicos e obxectos que se refiren o cotiá dos monxes que o habitaron: imprenta, botica e gabinete de historia natural do mosteiro, entre outros. Actualmente ten distintos usos: Seminario Maior Diocesano, escola de Traballo Social (USC), Instituto Teolóxico Compostelán, residencia universitaria, hospedería, arquivo diocesano, dependencias administrativas da dioceses, espazo cultural e igrexa de culto.

Hospital Real

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

DATA: 2-3 de decembro 2017 GUÍAS: Encarna Otero (Historiadora) Colaboracións: Manuel Vilar (Museo do Pobo Galego), Xosé Ramón Lema (USC)

HORARIO APROXIMADO SAÍDA DO AUTOCAR, 2 decembro, sábado: 8:00 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes. CHEGADA: 3 de decembro, domingo aproximadamente ás 20.00, ó mesmo lugar de partida. Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal

·PREZO SOCIOS/AS: 120 EUROS ·PREZO NON SOCIOS/AS: 130 EUROS ·HABITACIÓN INDIVIDUAL: PLUS DE 26 EUROS ·Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

O actual edificio foi mandado construír en 1501 polos Reis Católicos para atender os doentes e peregrinos “do divino O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o Xacobe”, segundo se pode ler seguro, aloxamento, almorzo do domingo, xantar do sábado na inscrición latina que recorre e do domingo, as visitas ós museos e guías. o friso superior da portada. A súa construción, non obstante, No seu interior destaca a dos devotos das ánimas do purdecidiuse no 1492 coincidindo Piedade Neoclásica de Antón gatorio. Na fachada neoclásica, co descubrimento de América. Fernández o Vello, que preside as columnas xónicas de orde o altar maior. xigante sosteñen un gran fronSan Frutuoso. S. XVIII. Barroco tón. No centro figura un baixo San Martiño Pinario Coñecida tamén como igrerelevo coas ánimas ardendo Foi o máis influínte e ma- xa das Angustias de Abaixo. Igrexa das Ánimas. S. XVIII. no lume do purgatorio e na xestoso mosteiro bieito de Ga- Templo de estilo churrigueresco Neoclásico licia. A destacar o baldaquino proxectouse por Lucas Ferro De traza moi sinxela, é obra cima dous anxos adorando a da Igrexa e os cadeirados dos Caaveiro no século XVIII. Na de Miguel Ferro Caaveiro, re- cruz. A nave é de planta salón coros (a do coro alto, que per- súa construción de planta cen- visada por Ventura Rodríguez con capelas aos lados. Destacan tenceu á Catedral, é renacentista tral sobresae a grandiosa cúpula e rematada en 1784. As obras no interior os retablos de Prado do s. XVII). Así como a súa de media laranxa. foron custeadas coas esmolas Mariño.

Torneo escolar benéfico de tenis Concello de Gondomar.

Un ano máis abrimos inscriciones para un dos nosos mellores eventos onde os nenos pásanno en grande xogando ao tenis cos seus amigos e rodeados de sorpresas. Categorías: Prebenjamín - Benjamín - Alevín Infantil - Cadete En todas as categorías haberá cadro de consolación. - agasallos para todos o participantes - sorteo de premios e entrega de trofeos INSCRICIONES: fin de insciones o 1 de decembro. Tlf: 680124239 ou ctgondomar@hotmail.es ¡¡¡Para participar só terás que colaboran cunha doazón de comida non perecedoira!!!

Praza de Abastos

O Mercado de Abastos de Santiago foi construído no ano 1941, substituíndo o seu predecesor, o Mercado da Cidade. No 1937 sería derrubado para a edificación da actual Praza de Abastos.Foi rehabilitada recentemente, proxecto do arquitecto Francisco José Vidal Pérez.

Centro Galego de arte Contemporáneo

Creado en 1993 e con programación estable dende 1995, o Centro Galego de Arte Contemporánea está situado en Santiago de Compostela, no límite da cidade monumental.

Museo do Pobo Galego

O antigo convento de Santo Domingo de Bonaval, situado nun outeiro extra muros da cidade histórica, acolle hoxe o Museo do Pobo Galego, que a través dun amplo e variado conxunto de pezas ofrece unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galicia. Nas súas salas permanentes móstranse diversos aspectos do mundo do mar, os oficios tradicionais, o campo, a indumentaria e a arquitectura popular. Dispón, ademais, de seccións de arqueoloxía, pintura e escultura galegas.

Inscricións abertas para participar no XIX Cros Escolar do Val Miñor

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza o XIX Cross Escolar do Val Miñor, conxuntamente coa Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade, que se desenvolverá o domingo 17 de decembro no antigo campo de fútbol da Ladeira. A proba comezará ás 10:45 da mañá e finalizará ás 12:50 horas coa entrega de trofeos. Participarán as categorías Cadete, Infantil, Alevín, Benjamín, Prebenjamín e Chupete, todas elas tanto masculino como feminino. Cada Centro Educativo pode facilitar a lista

de participantes, ou os interesados en participar poden inscribirse no Pavillón de Deportes, a través dos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881 ou o correo electrónico deportes@baiona.org, facilitando os seus datos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de decembro. Cada centro ou entidade que participe debe ter aos seus pequenos mutualizados a través do portal de Xogade. Nas categorías Prebenjamín e Chupete a Concellería de Deportes de Baiona realizará un seguro de accidentes propio para cubrir a carreira, xa que están fóra do programa Xogade.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XXIII

VAL MIÑOR Demandan maior dotación económica para desenvolver políticas de prevención e loita

O BNG solicita do Pleno de Gondomar a aprobación de medidas urxentes para loita contra a violencia machista

O rexedor trasladoulle a inquedanza a semana pasada ao delegado da Xunta e técnicos de Patrimonio

Nigrán insta á xunta a que estudie de maneira urxente se existe risco real de desprendemento de pedras no Monte do Castro de Chandebrito O Concello de Nigrán insta á Xunta de Galicia para que os seus técnicos estudien urxentemente se existe risco real de desprendemento de pedras no cumio do monte do Castro e, no seu caso, tome tódalas medidas preventivas ao respecto. A petición da propia Alcaldía, a Policía Local de Nigrán emitiu a semana pasada un informe no que se alude a un “posible perigo de desprendemento ante unha riada ou choiva’ cos conseguintes danos que podería causar tanto nas edificacións como nas vivendas que se atopan na falda do monte, asi como nos vehiculos que circulan pola rúa da Igrexia e camiño das Pereiras. Este informe foi remitido xa á Comunidade de Montes, propietaria do terreo e quen tamén deu traslado á Xunta deste tema, e a súa vez o alcalde trasladou verbalmente a inquedanza ao delegado da Xunta e aos técnicos de Patrimonio na súa visita á contorna a semana pasada (estes últimos acudiron ao lugar a petición do propio Concello). Segundo se constata, na ladeira Sur e Oeste existen grandes pedras nunha zona que presenta unha forte pendente e que actualmente non conta con vexetación ou matorral. “O Concello trasladou o asunto a Comunidade de Montes, propietaria do terreo, e a súa vez pide a Xunta que o estudie inmediatamente para determinar se efectivamente existe un perigo real ou non é así. Non queremos alarmar a poboación, pero preferimos pecar de precavidos”, resume o rexedor, Juan González.

As últimas cifras revelan que das 232 hectáreas en Chandebrito de monte comunal sobreviviron só 2 e en Camos 20 de 290 hectáreas Segundo as últimas cifras aportadas dende as comunidades de montes, en Chandebrito só sobreviviron aos incendios do día 15 de outubro 2 hectáreas do total de 232 que hai de monte comunal, mentras que na parroquia veciña de Camos sobreviviron 20 dun total de 370 hectáreas comunais. “As cifras dan información clara da magnitude do desastre para Nigrán”, apunta González, quen indica que os técnicos do Concello de Urbanismo e Desenvolvemento local son os encargados de asesorar aos veciños na tramitación das axudas para afectados que ven de aprobar a Xunta de Galicia.

A Responsábel Local do BNG, Manuela Rodríguez, ven de rexistrar no concello un escrito no que solicita do Pleno da Corporación a aprobación de medidas urxentes de loita contra as violencias machistas. “O 25 de novembro é unha data referencial para dar visibilidade e reivindicar a necesidade de incrementar e mellorar a loita contra as violencias machistas, máis a loita debe darse cada día do ano. O traballo de visibilización, denuncia e redución dista aínda de ser colectivo e prioritario para toda a sociedade e para todas as axendas políticas”, afirma. Para o BNG, “a vixencia estrutural das violencias machistas contra as mulleres debe comprometer ás institucións a destinar maiores recursos económicos, humanos e materiais para tal fin.Transformar a sociedade reducindo a fortaleza do patriarcado e superar todas as manifestacións de desigualdade e violencia que sofren as mulleres debe ser un obxectivo político de primeira orde.” Así, o BNG considera que en Gondomar hai unha paralización absoluta das estruturas municipais que deben actuar en todo o que ten que ver coa loita contra a violencia machista. Sirva como exemplo a ausencia de información sobre o papel que realiza o Consello Municipal da Muller que, hoxe por hoxe e desde as eleccións de 2015, non integra aínda a todas as entidades e organización que teñen algo que dicir neste ámbito, o que sería do máximo interese se consideramos a absoluta transversalidade

da violencia de xénero. Para o BNG segue habendo unha necesidade imperiosa que viña recollida nas conclusións do Informe de Avaliación do II Plan de igualdade do Concello de Gondomar, que dicía literalmente: “Os recursos humanos, materiais e económicos cos que se levou a cabo o desenvolvemento do II Plan, cando menos, son precarios. O PIOM foi executado pola equipa de traballo de Igualdade, esta desenvolve o traballo de implantación, execución e seguimento do Plan sumado aos labores de atención personalizada no CIM. Este dato, que en si mesmo representa unha dobre carga de traballo e o desempeño de varios roles profesionais, hai que analizalo tendo en conta que a xornada laboral das tres traballadoras deste Departamento é a tempo parcial.” “A día de hoxe esta situación segue sen estar corrixida o que limita o traballo que se pode desenvolver desde o concello de Gondomar e repercute na calidade de vida das mulleres maltratadas. Cómpre considerar que a precariedade de medios é tal que cando unha das traballadoras ten unha baixa por enfermidade ou permiso non é substituída, co conseguinte prexuízo para as usuarias do servizo.” Para o BNG a dotación dos recursos humanos necesarios neste e noutros aspectos relacionados co combate da violencia de xénero son urxentes e imprescindíbeis para podermos avanzar e paliar esta lacra social.


XXIV FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XXV

VIGO

Declaración a prol do Arquivo Municipal de Vigo O arquivo dunha cidade é o sagrario da memoria municipal. Neste espazo custódiase a historia escrita. Os centos de papeis, libros, cartafoles, actas ou planos axúdannos a entender o desenvolvemento social, económico ou político. O coidado da memoria da cidade de Vigo é necesaria. Unha urbe trazada e trenzada no decorrer da historia, con tantísimas pegadas dos pobos que habitaron esta antiga terra de Turonio, precisa dunha atención e tratamento dignos. No último século a xeografía viguesa experimentou unha enorme transformación en ámbitos como o industrial, urbanístico ou social. Vigo debe manter vivo o coñecemento do pasado, a través do seu estudo e divulgación, para poñer en valor a identidade da súa cidadanía: aberta, culta, plural, progresista, dinámica... Trazos que nos serven de presentación e dos cales sentimos orgullo.

Vigo foi escenario de sucesos que superaron a dimensión do local. Polo tanto, o coidado da súa memoria escrita é tamén unha contribución ao coidado da memoria de Galicia. As persoas que asinamos esta declaración amosamos a nosa preocupación polo actual estado do arquivo municipal. O simple lugar onde se localiza, nos pés da casa do concello e ao carón do garaxe, denigra a cultura viguesa. Supón un verdadeiro demérito para o principal municipio galego que tanta brillantez ten dado ás letras e ciencias. A falta de persoal profesional, a ausencia dunha dirección, a escasa clasificación de papeis ciscados en arquivadores, a practicamente nula dixitalización do material obrante, o cativo espazo de traballo para as persoas usuarias, a falta de salas de lectura apropiadas, o descoidado material inmoble, o ruído dos automóbiles no garaxe, a ine-

Máis de 11 anos formando con rigor

Masaxes solidarias a cambio de xoguetes VIGO.

A Escola Europea Parasanitaria leva 11 anos non só formando con rigor e respecto polo exercicio das Terapias Naturais, senón tamén axudando a axudar. ¿Cómo? Tódolos anos grazas á colaboración dos nosos alumnos e profesionais docentes, centros colaboradores somos quen de axudar a moita xente. Un xeito de facelo é vindo a coñecernos este sábado día 17 e traendo un xoguete que se atope en bo uso para os meniños e a cambio poderedes recibir unha masaxe solidaria de 20 minutos relaxante nas costas. Podedes vir cos xoguetes ás nosas Escolas en Vigo (Rúa Quintela nº2), Pontevedra(Avda. Xoan Carlos I,Nº22), Coruña (Rúa Marqués de Amboage nº6) ou Santiago (Avda. Vilagarcía nº15-17) en xornada ininterrompida de 10.00-20.00. Tamén contaremos con outros centros colaboradores como o Pavillón Polideportivo do Concello das Neves (Pontevedra) e o Centro parasanitario ferrolán de Osteopatía e Quiromasaxe (Rúa Nova,nº92). Dicir que esta campaña de nadal tampouco sería posible sen a colaboración inestimable das distintas enti-

dades ONG que nos axudan a facer este soño realidade. Coa vosa axuda e a dos nosos alumnos dos cursos de Quiromasaxe poderemos axudar a moitas familias para que os seus meniños non perdan o sorriso, xa como todos fomos nenos, ben sabemos que a noite antes do día de abrir os agasallos sóñamos con cumprir a nosa ilusión e, ó día seguinte, erguerse e atoparse cun xoguete ó pé da árbore convértese nun momento para lembrar, ou ¿non ? Por iso, nestas datas é onde Papá Noel e os Reis Magos precisan a axuda de todos nós para chegaren a tempo de cumprir tantos soños, ¿axudádesnos a axudar? Ademais desta campaña de nadal a solidariedade parasanitaria non cesa en todo o ano, xa que a axuda é necesaria en calquera época. Por iso, tamén poderedes achegarnos 3kg de alimentos non perecedeiros a favor do Banco de Alimentos, ou unha bolsa de tapas de plástico a favor de BANTA ou material sanitario para a ONG Cultivant Vida. Calquera destas tres cousas será ben recibida e a cambio poderedes recibir unha masaxe solidaria da man dos nosos alumnos e profesionais voluntarios. ¡Agardámosvos!

xistencia dunha páxina web, a entrada de feluxe que vai descansar sobre os papeis, a falta de planificación no traballo arquivístico etc. son mostras dunha urxente atención por parte das autoridades competentes. Neste sentido, queremos trasladar o noso desexo por mudar esta situación. Para isto dirixímonos ao pobo de Vigo no seu conxunto e ás representacións dos grupos municipais en particular para solicitar o seguinte: O Arquivo Municipal de Vigo debe saír do garaxe do concello e instalarse nun lugar con dependencias óptimas para dar cobertura ás necesidades técnicas, ás solicitudes das persoas interesadas na nosa memoria e fornecer dun espazo digno, accesible e axeitado. E, conforme con isto, pensamos que o Pleno do concello debe procurar un inmoble de propiedade municipal que cumpra con estes requisitos. A memoria e o saber culto así nolo esixen.

ASINANTES: Xosé Luís Méndez Ferrín (escritor), María Xosé Queizán (escritora), Xerardo Abad Gallego (presidente do Instituto de Estudos Vigueses), Camiño Noia (profesora emérita da Universidade de Vigo), Manuel Bragado (editor), Xosé González Martínez (presidente do Foro Enrique Peinador), Ledicia Costas (escritora), Alejandro Alonso Nogueira (profesor do Brooklyn College de New York), Marta Pérez (creadora escénica), Xosé Ramón e Miguel Pena (coordinadores do Faro da Cultura), Menchu Lamas (pintora), Gerardo González Martín (estudoso e divulgador da historia de Vigo), María Xosé Porteiro (escritora), Xosé Luís Franco Grande (académico da RAG), Paulo Cabral (director da Área de Normalización Lingüística da Uvigo), Xosé Carlos López Bernárdez (profesor do politécnico), Xurxo Martínez González (investigador).


XXVI FINAIS DE NOVEMBRO 2017 A SITUACIÓN DA ESQUERDA NA COMARCA DE VIGO NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2015 NA ÁREA DE INFLUENCIA DESTE XORNAL, AS FORZAS DE ESQUERDA NO SEU CONXUNTO ACADARON RESULTADOS MOI MERITORIOS. DE FEITO, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA DA DEMOCRACIA, O PP PERDÍA O GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. PARA COÑECER COMO ESTÁ A SITUACIÓN NA ACTUALIDADE FALAMOS CON TRES DOS LÍDERES MÁIS SIGNIFICATIVOS DA ESQUERDA NA COMARCA VIGUESA; CARMEN SANTOS, SX DE PODEMOS GALICIA; MANOLO CARIDE, RESPONSABLE COMARCAL DO BNG E RUBÉN PÉREZ, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE ESQUERDA UNIDA.

CARMEN SANTOS, SX DE PODEMOS GALICIA

“Os casos de Tui e Sanxenxo son escandalosos. Amosan a total impunidade e a falta de pudor na maneira de actuar do PP”

Carmen, un ano máis un pracer falar contigo. En febreiro deste ano fixeramos a nosa gala e ti por mor dun importante compromiso non puideches asistir. Da seguinte non te salva nin o Papa de Roma. Moitas grazas a vós por contar con Podemos Galicia. Como sabes Tino, deumo moitísima mágoa non poder asistir á vosa gala. Asistiu a miña compañeira Julia, porque eu tiña un compromiso ineludible en Madrid. Desde logo farei o imposible por asistir á seguinte. Carmen Podemos é un fenómeno que xorde moi rápido e sen implantación real en moitos Concellos. Como está o proceso de implantación de Podemos Galicia nos concellos do noso país galego? Efectivamente, e o proceso de consolidación dunha forza con pouco tempo de vida, non é nada fácil, pero ao mesmo tempo é un reto moi atractivo. Hai que ter en conta ademais que tivemos un ciclo electoral moi intenso en continuado, nunhas circunstancias nada doadas que deixou pouca marxe de manobra para participar nas cuestións organizativas. Afortunadamente contamos con persoas marabillosas Supoño que algunha non tan “marabillosa” tamén..? Si claro, pero iso é inevitable, pasa en todos os sitios. Pero retomando a pregunta, dicirche que nós temos inscritos en practicamente a totalidade de Concellos de Galicia. Traballamos e traballaremos todo o que poidamos para traducir a situación na existencia de estruturas organizativas.. No que respecta a vosa implantación hai moita diferencia entre as cidades e o mundo do rural? Si, algunha diferencia hai. Nas zonas máis rurais é onde máis nos costa. Como se vai presentar podemos ás eleccións municipais do 19, só ou en compañía de outros? Ben, iso terá que considerarse en función da situación de cada concello. Tendo en conta as visións tanto de Podemos Galicia como de Podemos estatal.

As inscritas e inscritos de cada Concello terán autonomía para decidir con quen se coaligarán? Si claro, pero dentro dun marco autonómico que se establecerá. Nós queremos estabilidade e orde. E cal é a posición persoal de Carmen Santos. Repetir alianzas o máis semellantes posibles a En Marea ou facelo de maneira diferente? Como che dixen antes, depende da coiuntura de cada concello.Non é tan importante con quen vaias, senón o tipo de política que fagas. Sinteticamente cales son as liñas básicas en política municipal que defende Podemos Galicia? Para nós é esencial propiciar a participación cidadá, remunicipalizar todos os servizos que se poidan, potenciar os servizos sociais, cortar de raíz o caciquismo e o despilfarro, multiplicar a atención á cultura... En Vigo, no 2015, Podemos non apoiou á marea de Vigo. Que ides facer no 2019? En Vigo, cómpre repensar como se debe montar un gran proxecto que sexa alternativa real a Abel Caballero. Eu creo que para o PP é esencial recuperar a deputación de Pontevedra, e malia que os seus voceiros digan que non, entendo que están tentando con mocións de censura ou con estraños movementos como en Sanxenxo recuperar todas as alcaldías que poidan, de maneira digamos “pouco elegante”. Cal é a túa opinión? Concordo contigo absolutamente. Os casos de Tui e Sanxenxo son absolutamente censurables. É escandaloso que o PP poida operar des maneira con total impunidade e falta de pudor. Ben, xa levas un ano no parlamento galego, Estás xa afeita? Si, unha vez que colles as dinámicas de traballo xa estás cómoda exercendo a responsabilidade de representar ás e aos votantes. Malia que teño que dicir, que a maquinaria institucional está construída para non mudar nada. Aínda que o esforzo ás veces recompensa coa vitoria

en pequenas batallas como por exemplo a dragaxe da ría do Burgo. Como valoras a vitoria de Gonzalo Caballero nas primarias do PSdG. Suporá unha viraxe á esquerda desa forza política ou só será un cambio de caras? Eu prefiro non valorar. Prefiro desexar que si se produza esa viraxe. Como está a situación interna de En Marea? Ben, Podemos non estivo no plenario de Xullo nin participa no partido instrumental. Unha cousa é o grupo parlamentar do que participamos naturalmente, e outra o partido instrumental. Ben, como está a saúde do grupo parlamentar? Nós traballamos pola súa cohesión e pola defensa das cuestións que se pactaron no programa co que nos presentamos ás eleccións. Cando estamos en desacordo expresámolo, desde logo, porque niso consiste a democracia. Pero Carmen, Ese deseño estrutural non é un tanto complexo de máis?. Un partido instrumental que nominalmente coincide co grupo parlamentar pero no que boa parte do grupo non participa, e a outra parte semella que entre eles andan en dúas metades dificilmente soldables.... Precisamente por iso nós non defendiamos o partido único. Quero deixar claro que o partido instrumental é precisamente iso, instrumental, e foi deseñado para a

lexislatura. Nós apostamos pola unidade desde logo, pero non pola unidade a calquera prezo, e sen ningunha dúbida pola unidade leal. Os plenarios de En Marea son semestrais non Carmen? Si. No de Xaneiro, tampouco ides participar? Iso terémolo que falar nos órganos de Podemos. Pero en principio nada mudou como para que varíe a nosa posición. Falemos de España Carmen. E a verdade non é fácil, semella que a besta fascista amosa de novo a súa cara, no crees? Si, e a verdade é moi preocupante. Na nosa xuntanza de Zaragoza,asegúroche que daba medo como nos pedían a morte, a execución, entre eles dirixentes do PP de Zaragoza. As enquisas para vós son tamén preocupantes Carmen, amosan un importante descenso e pola contra prognostican unha suba importante da extrema dereita que se disfraza de laranxa? Si é verdade. Pero nós sabemos, temos a convicción de que a nosa aposta da construción dun movemento popular por abaixo é a única vía para saír desta situación de podremia, temos a vontade e a ilusión de traballar o necesario para chegar a que a nosa sexa unha visión compartida polas maiorías sociais. Moitas grazas Carmen.


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XXVII

A SITUACIÓN DA ESQUERDA NA COMARCA DE VIGO

MANOLO CARIDE, RESPONSABLE COMARCAL DO BNG DE VIGO

“Ao PP impórtalle máis os intereses do seu partido en Madrid que os intereses do pobo galego” O BNG semella que vive unha onda positiva de conexión coa cidadanía, despois da súa profunda crise dos anos pasados. Na nosas comarcas teñen unha representación moi digna na maioría dos concellos aos que chega A Nova Peneira. Porén, o seu talón de Aquiles, é a cidade de Vigo, na que carecen de representación municipal. Achegámonos ata a súa sede para falar co seu responsable comarcal e coñecer a súa opinión sobre a situación política actual. Manolo, en pouco máis dun ano teremos unhas moi importantes eleccións municipais. Cóntanos o máis salientable da actividade política do BNG de Vigo no tempo presente? Por unha banda estamos nunha fase de reforzamento organizativo, da que estamos enormemente satisfeitos. Moitas persoas, especialmente xente nova, achéganse ao BNG para colaborar con nós, xa sexa a modo de militantes xa sexa como simpatizantes. Perdóame un inciso Manolo, Nestes tempos de desafección política, como é posible que moitas persoas novas se interesen por traballar politicamente achegándose ao Bloque? Eu teño a convicción de que existe unha demanda social do espazo que representa o BNG, un espazo nacionalista de esquerdas, alternativo de verdade. Ben, sigamos o fío entón, falabas do reforzamento organizativo, e no que respecta ao traballo político propiamente dito? Temos diversas campañas en marcha, como por exemplo; a reivindicación da transferencia e a liberalización das peaxes da AP9. Neste asunto amósase, ao meu xuízo, o que é o PP. No parlamento galego di que si a esa iniciativa do BNG, e no parlamento do estado “donde dije digo digo Diego”.. Efectivamente. Pero nós temos moi claro que ao PP impórtalle máis o que lle digan do seu partido en Madrid que a defensa dos intereses do pobo galego Ben estabamos co voso traballo político. Estamos desenvolvendo a campaña nacional da organización das bases democráticas para unha nova Galiza. O

lema é “Un paso adiante”, para sermos recoñecidos como nación e para ter capacidade de decisión. Cremos que a Xunta non está interesada en dotar de peso político a Galicia. A voz de Galicia como nación deféndea, ao teu xuízo, En Marea no parlamento español? Ben, non me gusta valorar a vida de outras forzas políticas. Só dicir que o único interese do BNG é a defensa do pobo galego, sen ter ningún tipo de condicionante estatal. Aínda que non che guste valorar o traballo doutros, algo que comprendo e respecto, teño que preguntarche a túa opinión referente a oposición no concello de Vigo. O BNG non está, pero seguro que poderás considerar como a está a facer a Marea de VIGO? A maioría absoluta de Abel Caballero, colócaos nunha situación moi complexa, pois ningún grupo da oposición pode condicionar as decisións de goberno. O BNG cre que Vigo ten un potencial enorme, e que o “modelo” Abel Caballero é puramente estético, cando o que se precisa unha xestión eficiente que atenda as necesidades reais da cidade. Quen vai ser o candidato ou candidata do Bloque á alcaldía de Vigo? Ese non é un debate que aínda se abrira. Nós estamos traballando xa desde o 2.015 para pornos en situación de volver a entrar no Concello e nesa dinámica estamos.

Cal é o ambiente que percibides cara ao BNG? Moi positivo. É incuestionable que vimos de pasar por momentos difíciles, pero sen termos representación no concello estamos sempre a carón de quen sofre a inxustiza e considero que a xente, o compromiso cos demais valórao na súa xusta medida. Ti levas toda a vida traballando en prol do nacionalismo na comarca Manolo, por que non Manolo Caride candidato? Nin se me pasa pola cabeza. Xa daremos o debate no seu momento. O importante é o reforzo do proxecto político do BNG. Na área de influencia do noso xornal tivestes, no 2.015, uns bos resultados. Que previsión para o 2.019? Estou seguro de que serán moi boas. As alcaldías plenamente consolidadas como Bueu, Tomiño ou Pontevedra manteranse con solvencia. Teño a convicción de que que Leticia terá maioría absoluta en Moaña, e a certeza de que Xose e Pepe Represeas afortalarán aínda máis as alcaldías de As Neves e Ponteareas. Asemade é probable que gañaremos algunha alcaldía máis como a de Soutomaior. Nesta onda positiva na que semella que está inserido o BNG ten algo que ver a figura de Ana Pontón? Desde logo. Ana é unha persoa con inmensas capacidades tanto políticas,

como de traballo, como comunicativas. É unha voceira excepcional e coido que así o percibe a sociedade. O tema de Catalunya, ao meu xuízo, propicia unha situación de moito perigo de involución democrática non cres? Si. A negativa a recoñecer os dereitos básicos do pobo catalán, do PP e da súa muleta laranxa, en conivencia co PSOE(non o esquezamos),lévanos a un grave risco de involución democrática, e de centralización política. Por que conflitos semellantes ao catalán, en Inglaterra ou en Canadá se resolven de maneira civilizada, pactando un referendo, e aquí se aborda con represión policial e xudicial? Ben, se cadra a situación de España é dunha calidade democrática moi inferior a eses dous países que mencionas. Aquí non houbo unha ruptura real coa ditadura fascista que padecemos 40 anos. Agora estamos a pagar as consecuencias. Fíxate, poucos días antes do 1 de outubro houbo no Kurdistan Irakí, un referendo, tamén unilateral, convocado polos kurdos para decidir se se independizaban de Irak ou non. Non sei como rematará iso, pero, por de pronto, pódese dicir que o estado Irakí, permitiu que se celebrara sen exercer ningún tipo de violencia contra as persoas que votaron, a pesares de non recoñecelo. Como valoras a vitoria de Gonzalo Caballero nas primarias do PSdG. Haberá un xiro á esquerda desa forza política, ou só será un cambio de caras? Eu teño a impresión persoal ce que só será un cambio de caras. Non espero moito da nova executiva do PSdG. Rematamos Manolo agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última cuestión. Por que motivo esa ampla maioría do pobo galego que só quere vivir en paz, que só quere políticos e políticas que defendan os intereses do noso pobo con honestidade e firmeza, deben escoller ao BNG?. O BNG é un proxecto galego, só galego feito por galegas e galegos pensando só no benestar do conxunto do noso pobo. No que respecta a Vigo, para nós é o motor económico de Galiza, que precisa dun modelo de cidade distinto, que fomente o emprego e que sexa máis igualitario no social.


XXVIII

FINAIS DE NOVEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

AS ENTREVISTAS DE VERÓNICA I

XXIX

A SITUACIÓN DA ESQUERDA NA COMARCA DE VIGO

REMATAMOS ESTE TRABALLO SOBRE A SITUACIÓN DA ESQUERDA NA COMARCA DE VIGO COA ENTREVISTA QUE A NOSA COLABORADORA VERÓNICA COSTAS LLE FIXO A RUBÉN PÉREZ, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE ESQUERDA UNIDA.

RUBÉN PÉREZ, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE ESQUERDA UNIDA

O espírito de A Peneira e de EU son semellantes, queremos construir centrándonos no que poidamos compartir

Rubén, antes de nada agradecer un ano máis a túa amabilidade coa PENEIRA ao atendernos. Moitas grazas a vós por contar comigo. Que che pareceu a nosa gala de febreiro no Porriño, Que tal o pasaches? Supoño que poderemos contar contigo para a seguinte gala? A NOVA PENEIRA é un dos poucos periódicos plurais de Galicia, a pluralidade esta en cotas baixas e en esta comarca máis pola presión da deputación e dos propios concellos. Agradezo a Peneira que nos convidara a I.U. Ese é un pouco o noso espírito, queremos construír deixando a un lado as diferencias e centrándonos nos puntos de encontro que sexamos capaces de compartir. Ti es secretario de organización de ESQUERDA UNIDA e Voceiro de Marea de Vigo no Concello, que che resulta máis atractivo o traballo Orgánico de partido ou o traballo institucional? (RISAS), creo que os secretarios de Organización somos os seres máis tristes do Planeta, é certo que e unha función importante cando militas nun partido político te decatas que a organización é a base. En definitiva, gústame moito máis o traballo municipal que o orgánico. Non te parece que en España estase a vivir un perigosísimo momento de in-

volución democrática? A que é debido e como se combate? Si, terrible!! Abriuse unha espita de involución democrática os dias posteriores a Cataluña se intervén o Concello de Madrid. O retroceso democrático nestes días son para preocuparse colectivamente. Isto tamén se percibe fóra do Pais. A semana pasada estiven en Bruxelas e a preocupación se reflexa fora do que esta pasando no noso Estado Español e en Cataluña, servindo a ese Fascismo latente. O que ocorre e necesita unha postura unitaria de toda a xente. Ti es afiliado de CCOO. Cal é a túa opinión do sindicalismo que fai a central sindical na que ti militas? Se tivera que falar da estratexia sindical son moi crítico sobre todo nos últimos

anos, e gran parte da desmobilización creo que é responsabilidade das grandes centrais. Nos anos anteriores determinadas actuacións coa reforma laboral permitiu a entrada das empresas de traballo temporal e foi apoiada polo meu sindicato e eu era do sector crítico e o sindicalismo penso que ten que ser máis pegado as fábricas e aí as siglas pintan menos. Consideras que o pacto social é o camiño axeitado para a resolución de conflitos laborais? Baixo ningún concepto; o que ten demostrado a crise e que nas mesas de negociación non se pode obter absolutamente nada. A ver si sabes de quen son as seguintes palabras?

“NON IMPORTA CANTAS REPÚBLICAS INDEPENDENTES HAXA. O QUE PARA NÓS TEN IMPORTANCIA NON É A DEMARCACIÓN DAS FRONTEIRAS DO ESTADO, SENÓN QUE OS TRABALLADORES DE TODAS AS NACIÓNS CONTINÚEN UNIDOS NA SÚA LOITA CONTRA A BURGUESÍA NON IMPORTA DE QUE NACIÓN” Pois non sei pero debe ser de José Diaz dos anos 30... Son de Lenin (RISAS)... Pois creo que están absolutamente vixentes e son a marco no que nos temos que mover. Para ti Oriol Junqueras é un preso político ou un político preso? Para min é un preso político, unha persoa que está no cárcere por opinión é un preso político por moitas voltas que lle queiran buscar. Outra cousa e que queiramos xustificar o inxustificable. Creo que o feito de ser preso político, non te fai bo ou malo senón te da unha condición dunha persoa que entra no cárcere por un delito que ten que ver coa conciencia. Non pensas que Alberto Garzón, en relación coa crise catalá, con declaracións como “la izquierda no puede deSigue na páxina XXX


XXX FINAIS DE NOVEMBRO 2017

VIGO

fender el independentismo, queremos trabajo y no banderas” (el Español, 24/10/17) ou as posteriores de “ El País “cuando pienso en presos políticos pienso en Marcos Ana” correu o risco de ser identificado ao bloque reaccionario PP/ CS/ PSOE/? Non. Nós sempre dixemos que todo ese segmento político que Cataluña que representa Puigdemont non era de fiar pero xa non para o futuro da independencia de Cataluña, senón para calquera desenvolvemento político, Nós non somos independentistas pero non vamos impedir que haxa persoas que queiran defender lexitimamente esa posición. Dous anos e medio despois das eleccións municipais do 2015 fainos unha valoración xeral do que supuxo a entradas das Mareas nos concellos Galegos? É diferente onde Gobernamos de sonde somos a oposición onde Gobernamos hai como unha Santa alianza contra estes gobernos. No caso de Vigo é máis difícil, Abel Caballero saca un resultado electoral importantísimo e arrastrando moitos votos da dereita do PP, ten un control dos medios a golpe de talonario. Resume o voso traballo municipal? Procuramos centrarnos nas cuestións dos servicios públicos, nas mesas de contratación, nos contratos, nos procesos de selección pública... os veciños están acostumados a pedir e rogar o alcalde como si fora alcalde dos franquistas, e esa forma de considerar as relacións administración administrados ten que desaparecer. En Vigo sodes tres ti es es militante de EU, e a túa compañeira Marga e o teu compañeiro Chili militan en anova afecta ao traballo diario, ou funcionades como un todo único? Fomos quen de facer equilibrio respectando os espazos municipais que realmente nos mandataron como concelleiros. Abel Caballero é o novo Paco Vázquez? Creo que e moito mais perigoso que Paco Vázquez... É unha persoa desleal ao seu partido e ás súas bases, e ten un xeito perigoso de entender a política local. Como interpretas a vitoria de Gonzalo Caballero nas primarias do psdg? Será posible un xiro a esquerda desa forza política ou só é un cambio de caras?

Eu creo que Gonzalo non ten unha posición moi á esquerda que o seu tío, si que é certo que as bases do psoe estaban cansadas de estar titeladas. Estou segura de que ano e medio das vindeiras eleccións, a dirección de esquerda unida xa ten contemplada unha estratexia cara as municipais. Anticípanos algo? A nosa idea é que temos que consolidar o traballo feito ata agora, pero hai que seguir pulsando tecido social, creo que e o que falta no espazo das Mareas pensando que en Vigo temos que facer un esforzo por integrar todos estes sectores políticos importantes e determinantes. Eu creo que a organización que diga que xa ten estratexias municipais, creo que esta errada. penso que vai a estrelarse. E da situación de en Marea que nos dis despois da vitoria das teses de Luis Villares no plenario de xullo semella que se relaxou a tensión... cal e a posición de Esquerda Unida? Nos seguimos sendo críticos con ese teima de converter Marea en un espazo partidario, nos recoñecemos a lexitimidade do grupo parlamentar, pero temos unha posición máis critica con esa teoría de disolución colectiva de todo o mundo nun espazo partidario creo que esa reflexión nalgún momento teremos que facela colectivamente porque creo que son cuestións que acaban lastrando proxectos. Rematamos ruben cunha ultima cuestión como sabes a peneira é un xornal cunha importante presenza nas comarcas rurais do interior de Pontevedra que pode atopar un lector ou lectora de Torroso, Mosende, Setados, Coiro... en esquerda unida que a faga útil na defensa dos seus intereses... En 2015 I.U. tivo un bo resultado nas áreas metropolitanas e con concelleiros/as en practicamente en todos os concellos importantes. Creo que a esquerda ou o proxecto de E.U. fáltalle unha implantación no rural; moitas veces temos un divorcio serio entre a proposta urbana e a proposta rural. De feito E.U vai facer unha proposta sobre a pobreza no rural. Fáltanos mellorar esa parte e estamos intentando cambiar, porque a nosa vontade é ser unha ferramenta útil para todos os homes e mulleres independentemente do sitio no que vivan. Moitas grazas.

ANA HERMIDA

O DOBRE DISCURSO DA CLASE POLÍTICA E

stamos en novembro, eso quere dicir que absolutamente todos os medios de comunicación levarán en amplos titulares temas referidos á muller, á igualdade e á violencia de xénero, resulta moi curioso que durante todo o ano estes medios que din apoiar a loita contra o terrorismo machista enchan os seus medios de publicidade sexista, deningrante para a muller, tamén resulta moi revelador que o resto do ano non existamos as mulleres para eles, estamos desaparecidas, a non ser que fagan crónicas estúpidas de sociedade falando de prendas de vestir, maquillaxe ou que moza sae con quen, o dito, un dobre discurso que a estas alturas xa coñecemos e que, obviamente non cremos. Volvo expresar as grazas á este medio, A Peneira, por non publicitar nada sexista e por contar cun espazo para a igualdade no seu medio. Eu que fago actividades durante todo o ano, xa que penso que a concienciación non ten data no calendario (e desta vez vou deixar ás actividades que fago para o público adulto), é curioso que non se reflicta nos seus medios, non era que apoiaban a causa feminista? ahhh, igual non vende eso de dicir que o alumnado de 3 a 6 anos recibe obradoiros de igualdade, ou que colexios enteiros de varios concellos escoitan contos contra a violencia de xénero… e sabedes por que? porque a infancia non merca xornais, á infancia non importa a ninguén, tristemente. E xa non digamos á clase política, esa que en teoría di defender a igualdade, é tan lamentable e tan patético! as nenas e os nenos NON VOTAN por ese motivo pasan olímpicamente dese público indefenso. Hai cousa dun mes vin, ante a miña sorpresa, anque xa de pouco me sorprendo, que desde un concello se ía promover un curso de automaquillaxe e coidados faciais, ía destinado á mocidade, “abride ben os ollos”, de entre 12 a 30 anos. Si, unha auténtica aberración, xa sei, pero así se publicitou e o máis curioso é que ninguén dixo nada, absolutamente nada. O concello publicitou e a oposición calou, agardei prudentemente por ver se fora un erro tipográfico no referente á idade, pois non e volveuse publicitar, foi daquela cando avisei que desde un organismo público estaban promovendo un xeito de violencia de xénero, a “hipersexualización”, non o quixeron ver, o peor foi cando alguén da oposición comentou que eles xa advertiran eso no pleno, como querendo apoiar o que eu estaba a denunciar, cómpre dicir

que mirei o pleno enteiro, cal non sería a miña sorpresa que chegado o punto dos cursos, absolutamente “ninguén” de toda a clase política dixo nada ao respecto, ninguén foi quen de ver semellante barbaridade. Naturalmente que ese rapaz mentiu descaradamente cando me dixo que comentara eso no pleno, pois non, aquí non valen dobres discursos, non dixeron nada, o peor, e agora si que é o máis escandaloso, é que nese concello xunto con ese rapaz que está na oposición, hai outra persoa dese grupo, unha muller que está nun cargo público, deses que outorgan de maneira dixital, que ela mesma se autodenomina técnica de igualdade da Deputación, sabedes que fixo ou dixo? absolutamente “nada”, un dobre discurso que atufa, o mesmo partido, o dela, que disque loita moito pola igualdade, como se entende que nada teña que obxectar ao tema? como é que non vimos nada publicado denunciando o curso? como se explica que estea nun posto de confianza nunha deputación, e teña esta visión da igualdade? ten formación e sensibilidade no tema da igualdade a nosa clase política? o menos que poden facer é facer o seu traballo, cobran dabondo por estar sentadas e saír na foto, disque din que fan, en lugar de dicir que facedes, facede algo, defendede ás nenas, non todo vai ser saír na foto e promover concursos de igualdade, premios de violencia de xénero… a loita pola igualdade non é que alguén te poña nun cargo e logo saiades en toda canta foto hai dicindo que facedes. O dobre discurso que tedes hai moito tempo que non engana a ninguén. Queda dito para quen poida ou queira entender. Pobres nenas, quedades en mans de mulleres con dobre discurso ás Sigue na seguite páxina


FINAIS DE NOVEMBRO 2017

XXXI

Os sitios máis curiosos do mundo v ven da anterior

que non importades, e logo venden desde a Deputación que son feministas! pois non partido nacionalista de tres letras. Non ocorreu na provincia de Lugo, nin de Ourense nin de Pontevedra. Cando veñades dicindo que facedes moito pola muller, lembrade este e outros moitos casos máis. Xa non enganades a ninguén, no fondo sodes machistas e moito, porque agora resulta que van facer unha conferencia que o título xa fede, van preguntar que como sería o mundo se mandasen as mulleres, como se o xénero dunha persoa fose garante de ser mellor ou peor gobernadora, haberá algo máis machista? séculos esixindo que nos valoren polo noso cerebro e agora resulta que este partido quere volver xulgarnos polo noso xénero? pois non, igualdade, nin mellores nin peores que calquera home, iguais dereitos e iguais obrigas. Ide co voso dobre discurso a outro lado, igual conviña un pouco de formación, cura de humildade e autocrítica. E xa sei que me ides dar por todos os lados, xa se sabe que, anque vós tedes por norma o insulto a calquera que pense o contrario, na súa libertade, cando alguén di o que pensa… a por ela, así que me vai tocar. Aviso, se me queiman na fogueira, a lo menos queda dito que o que ese partido di, o que fai e o que pensa (se algunha vez o fai) non son concordantes. Aquí me tedes… teño onde levalas, porque invisibilizarme e descalificarme xa o fixestes dabondo. Sodes moitos, eu estou soa, son un branco perfecto.

G.FIGUEIREDO

Nesta quinta edición dos sitios máis curiosos do mundo, vouvos falar un pouco dos Lagos de Plitvice, en Croacia. Espero seguir facendo está sección interesante para as nosas lectoras e lectores, penso que estes fermosos lagos pagan a pena amosalos.

OS LAGOS DE PLITVICE, CROACIA

O Parque Nacional dos Lagos de Plitvice é o máis coñecido dos parques nacionais croatas. Está situado na rexión de Lika, unha paraxe onde se alternan lagos, fervenzas e mananciais de espectacular beleza. Esta rexión foi declarada Parque Nacional xa en 1949, e catalogada no Patrimonio da Humanidade da Unesco en 1979, cunha ampliación no ano 2000. O parque ten unha superficie próxima ás 30.000 hectáreas, 22.000 delas cubertas de bosques. A zona que se pode visitar atópase no centro do parque, son 8 km² de val poboado de bosques, onde ao discorrer a través de rocas dolomíticas e calcáreas, as augas deste parque depositaron ao longo de milenios barreiras

de roca travertina, creando así presas naturais que deron lugar á formación de toda unha serie de lagos, cavernas e fervenzas de gran beleza. Este proceso de formación xeolóxica prosegue nos nosos días. A hidrografía conformou unha paisaxe formada por 16 lagos de diferente altitude comunicados por 92 cataratas e fervenzas. A vexetación componse nun 90% de haxas. A visita realízase a pé a través de carreiros e pontes de madeira, os lagos máis grandes son percorridos por silenciosas barcas. Este parque suscita tamén gran interese entre os turistas polos acontecementos que teñen lugar alí, por exemplo, as vodas ao pé das cataratas. Este lugar foi candidato a ser unha das sete

O pasado día 24/11 na libraría Cartabón de Vigo, o escritor Beto Luaces, presentaba a súa primeira novela "VICVS".Beto naceu en Covelo e traballa en Vigo.A obra pertence ao xénero da novela negra e a trama desenvólvese nestes dous escenarios que o autor tan ben coñece a serra do Suido e a cidade de Vigo.

marabillas naturais do mundo no 2011. O parque nacional dos lagos de Plitvice é moi boscoso, principalmente de haxas, abetos e piñeiros, e conta cunha mestura dos Alpes e vexetación mediterránea. Conta cunha gran variedade en particular das comunidades vexetais, debido á súa gama de microclimas, chans diferentes e distintos niveis de altitude. A área é tamén fogar dunha enorme variedade de especies animais e aves. A fauna rara, como o oso pardo europeo, o lobo, o aguia, o bufo, o lince, gato montés, e o urogallo atópanse aquí, xunto con moitas especies máis comúns. Polo menos 126 especies de aves foron catalogadas alí, dos cales 70 rexistráronse como cría propia no parque. Un lugar fermoso para visitar, sen dúbida, o malo é que a comunicación co parque non é moi boa. Apenas hai transporte ata alí. O mais recomendable é ir en coche, propio ou alugado, pero se non, pódese ir en autobús que, saíndo desde a capital Zagreb, tardará algo máis de dúas horas.

Se desexades ir ata Croacia de vacacións e visitalo, podedes aloxarvos a noite anterior da visita, nun hotel ou cámping da zona, xa que está bastante lonxe das principais cidades e aeroportos do país, está a algo menos de 150Km da capital, Zagreb. Madrugade e ir cedo para pasar todo o día no parque e aproveitar ben a visita. O parque ábreno ás 8:00 da mañá, ás 7:00 se é verán, e pecha ás 18:00 no outono e primavera, ás 20:00 no verán e ás 16:00 no inverno, a venda de entradas faise ata catro horas antes do peche do parque, son as horas que precisas para percorrer o parque, pero vos aconsello que lle dediquedes máis tempo, velo con calma e sen presas, e non deixar ningún recuncho sen mirar. O prezo é de 80 Kn (uns 11€), aínda que existen descontos para menores e grupos. Se o desexades, unha vez dentro tamén podes dar un paseo en barco por un dos seus lagos ou un percorrido nun autobús turístico, de forma gratuíta, xa incluídos no prezo da entrada. Máis información na páxina web do parque.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

MIRADAS DE OUTONO

Reportaxe gráfico de José Durán

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida e Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso.

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

Depósito Legal: VG-195-2011

BIBIANA E JOSE, DE PORRIN�O,DOUS BOS AMIGOS DA PENEIRA

O NOSO QUERIDO AMIGO JóSE, DO BAR DORADO EN PUXEIROS.

Profile for A Nova Peneira

ANovaPeneira86. Finais de novembro 2017  

A Nova Peneira e Hermes&Atenea de finais de novembro de 2017

ANovaPeneira86. Finais de novembro 2017  

A Nova Peneira e Hermes&Atenea de finais de novembro de 2017

Advertisement