A Nova Peneira 92. Finais de Maio 2018

Page 1

ANO 7 - Nº 92

finais de maio 2018- 2€

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

19 dE XuÑo FoLGA XErAL EN GALICIA

ENtrEvIstAmos A: PAuLo CArrIL, sX dA CIG (XIV e XV) rAmÓN sArmIENto, sX dE CC.oo. (X e XI) E A rICArdo CAstro, sX dA Cut (XII e XIII)

ESPECIAL

ENTREVISTA

O Corpus de Ponteareas

Juan González alcalde de Nigrán

XXXVI e XXVII

XXII

BAIXO MIÑO

Tomiño organiza a primeira edición do Día do orgullo LGTBI 21

Presentación na Guarda do libro "Na sombra do Trega" 23

A escola de ciclismo A.D Avanza suma 5 podios en Vigo

REPORTAXE

XIX festival de títeres de Redondela

13

VIII


[ 2] Finais de maio 2018 EDITORIAL

TINO LAGO Director de A Nova Peneira

O

pasado 1º de Maio, Paulo Carril, Secretario Xeral da CIG, anunciaba que a central sindical da que é máximo responsable convocaba unha folga xeral no país galego. Nesta edición de A Nova Peneira teñen ao seu dispor unha ampla e plural información ao respecto, con entrevistas ao propio Paulo Carril, a Ricardo Castro Secretario Xeral da CUT e a Ramón Sarmiento Secretario Xeral de CCOO. Este humilde director considera que obxectivamente sobran as razóns para unha folga xeral, e apela á xenerosidade, á intelixencia e á altura de miras das organizacións sindicais, políticas e sociais que decidan libremente secundala, para que fagan un esforzo pedagóxico maiúsculo co gallo de que o 19 X, sexa un éxito superlativo. En outubro do ano 2017 presentábase o informe sobre a pobreza e a exclusión social en España, da rede europea de loita contra a pobreza e a exclusión social no estado español. O seu resultado é dramático, 12.900.000 persoas que viven no estado español son pobres ou están en risco inminente de selo. Un 28% da poboación de España, é

o 19 dE XuÑo Eu PAro

pobre. Case unha de cada tres persoas coas que cada día nos cruzamos no ascensor, no supermercado, na rúa, na escola ou na fábrica é pobre. Si amiga lectora ou lector, na fábrica tamén, porque a precarización do mercado laboral, produto das infaustas políticas do PP, é tan intensa que por estarrecedor que pareza, ter un traballo non asegura poder vivir con dignidade. Así o amosan os datos que este mes facía públicos a OCDE. Un 14,8% dos fogares que teñen ao menos un traballador viven por baixo do limiar da pobreza, é a maior porcentaxe de toda a UE. Nesta espantosa situación España si que ostenta o primeiro posto. Asemade se consideramos a todos e cada un dos estados de Europa só o nada exemplar estado de Turquía, ostenta cifras peores cás de España. E se tiveramos en conta os case 200 estados de todo o planeta, España está na sétima peor posición do mundo. Non ter traballo e ser pobre é horroroso, pero telo e ser pobre tamén, que case un 15% dos que o teñan sexan pobres, xa é indicativo dun enorme fracaso social. A situación é obxectivamente

dramática, pero especialmente estarrecedora no caso das mozas e dos mozos. Así pois, entre as persoas maiores de 65 anos a taxa de traballadoras e traballadores pobres está no 5,9%,pero entre as persoas que teñen entre 18 e 25 anos a taxa de pobreza no mundo laboral chega ata o 22,1%.Un de cada 5 rapaces que traballan é pobre. Que futuro lle espera aos nosos fillos e fillas?. Como é posible que non se lle dea unha resposta a esta estafa, a este roubo que lle facemos ás xeracións que veñen despois?. Non facer nada, mirar para outro lado, coloca a quen se sitúe nesa posición nunha situación de complicidade cos causantes de que 1 de cada 5 mozos e mozas que traballan sexan pobres, nunha situación de complicidade cos responsables de que 13.000.000 de habitantes do estado español sexan pobres. O 19 de xuño contra o liberalismo económico dos axentes comerciais das elites económicas, o PP e Ciudadanos, eu paro. O 19 de xuño polo futuro da miña filla, polo futuro de todas as fillas e fillos do país galego eu paro.

OPINIÓN

A

BALDOMERO IGLESIAS Mero

gora que andamos a celebrar a festa consoladora das Nosas Letras, non sei –sempre me preguntei- porque hai forzas tan reaccionarias coas “outras” linguas do estado. Non se entende que este odio ás linguas minorizadas que amosamos con orgullo en Euskadi, Cataluña e Galiza. Non é de recibo, despois de tantos anos, que sigan a instrumentalizar esta loita de acoso e derribo que denotan nas súas obras e manifestos desprezos. Si, si, todo iso pódese sentir aínda na arrogancia que teñen de querer “expresarse” nun suposto galego, catalán ou éuscaro cando lles oprime o “corsé” e a vergoña aboia en desmesura. Confundiron a Lei que permitía a nosa recuperación, na Nosa Lingua, e fixeron un apaño para contentar aos díscolos ultraodiadores de si mesmos, aqueles que xa se rexeitan pola mañá cando se miran no espello e que quixeran ser outros seres máis guapos e solventes, noutro estatus máis elevado e menos local, moito máis europeos, de alá de lonxe. En Galiza hai moitos. Os argumentos que empregan para xustificar os seus comportamentos son dun despropósito que escandaliza a calquera xente de ben, con algo de sentido. Véñensenos as cores á cara con tanta soltura institucional para protexer o que non necesita protección, sexa inglés ou español. Calquera pódese remitir aos datos. E aínda máis, agardamos poñan con-

LEtrAs GALEGAs

dición de lingua aos tantos funcionarios que non saben “nin queren” atender na nosa Lingua, a docentes que seguen teimudos en negar o dereito de coñecer a nosa Lingua, xa nas garderías, en infantil e primaria, ciclos posteriores e ata a universidade. É lamentable ver como, coas súas leis e decretos do “descafeinado” para todos, protexen e obvian cumprir os mínimos esixibles de dignidade para unha Lingua que –ferida- non consegue manterse a carón das aloumiñadas polos medios de difusión e dos orzamentos que as protexen, das tantas institucións que as coidan e das tantas vontades dos seus grupos, para que gañen –ano a anoseareiros en calquera eido. Sería bo se garantisen, dunha vez, que as persoas que falamos este idioma, que tanto nos honra, tiveramos resposta por parte do funcionariado público de todos os estamentos galegos, e aínda do estado, incluso naqueles de certa complexidade técnica que, ben sabemos, non son escusa para que nos responderan como deben. Xa non en documentos de uso, funcionarios de mostrador, conserxes, profesorado, secretariados e administradores, expendedoras de documentos, certificadores de evidencias, cobradoras de impostos, gardas de todo tipo e gradación, enfermeiros e médicas, avogados e xuízas, ...elas e eles mesmos desde o rigor do coñecemento e non desde a sobrada arrogancia que ignora, pois xa son horas de que saiban que non existen

tempos compostos nin fórmulas raras de asistir dubidosos a aquela dignidade en posesión da que falaba antes, cando se refire á Nosa Lingua, que leva séculos con ansias de recuperación mentres seguen dando onde máis doe, cos seus decretos constritores e con cara de felicidade. Onde quedou aquel requisito de saber –para exercer- un galego normal e fluído para poder atender no noso idioma? Non se leva a cabo nin nas institucións da Xunta, onde prevalecen parapetados, na soberbia, moitos da vella garda antidemocrática, nunha resistencia ofensiva e verdadeiramente caduca. Vergoñento o dano que lle están infrinxindo á Nosa Lingua. Realmente é algo digno de lembrar para que, cando o País colla conciencia, saber ata onde elevaron as cotas de odio enarborando a bandeira de rancor e de desfeita. Que será o seguinte que nos pidan, que abandonemos e vaiamos a clases de modulación de voz, para evitar estas vocalizacións pechadas, este acento primoroso de cor e primaveras. O Noso Idioma nunca foi represor de ningún outro. Nunca xamais ninguén, aquí, puido sentir a discriminación lingüística por mor da nosa fala. Ah, e nos lles perdoarei mentres viva a mentira que nos meteron no corpo de ser “impositivos” co Noso Código de entendemento. Farsantes, mentir dese xeito. Xamais exercemos vinganzas e somos distinguidos polo noso carácter amable

e comprensivo, xeneroso ata o punto de deixarnos morrer sen a Nosa Lingua por ser “excesivamente” educados. O ridículo das súas exposicións causa en nós a dor de vernos esmorecidos, de perder o noso ben máis prezado ao que fixeron caso omiso, coa gravísima irresponsabilidade de empregar un galego forzado e mal traído, coa ansia de fracturar a Nosa Cultura xa de por si, moi debilitada. Aínda hoxe disparan sempre contra os que falan en propiedade esta lingua. Por que o éuscaro e o catalán recuperan falantes e nós non? Pola súa falta de vergoña e de ansia, polo seu desprezo, porque non cren en nós nin no pobo que lles permite ter o mando que teñen, bastante mal xestionado, por certo. Mais, iso si, crean enfrontamentos víricos que destrúen as esencias do noso pobo, enfrontamentos entre nós polo noso. Parece ser que o que queren é que desapareza o noso mellor identificador. Lamentable por parte de calquera dos seus traballadores que se din “a prol” do idioma, é a conduta que amosan por un puñado de votos, daqueles que só odian. Mentres, os que deberan salvagardar o noso patrimonio, son xentes que sabemos desposuídas de afectos cara ao Noso. Xentes, con perdón, que falan con números e rexeitan, desde as súas máis fondas conviccións, que haxa un idioma que nos singularice e dea entidade de nación, como así é. Queiran ou non.


Finais de maio 2018 [ 3]

OPINIÓN

O

XAVIER RODRÍGUEZ Portavoz do BNG de Nigrán

pasado 16 de maio a corporación de Nigrán aprobou, cos únicos votos a favor do Partido Socialista, a cesión do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal por parte de Eptisa á empresa Alfonso Botana S.L. Esta é a segunda cesión que se fai do mesmo contrato, sen dúbida lastrado pola escasa contía económica coa que se dotou, o que provocou que tan só dúas empresas optaran a el, adxudicándose a ArnaizTinsa, que pouco despois de chegar á aprobación inicial entrou en concurso de acredores. Cando no goberno do popular Alberto Valverde se acordou a cesión a Eptisa, o BNG opúxose, reclamando, en solitario, que se resolvese o contrato e se procedera a sacar a concurso público a parte restante do Plan, toda vez que xa se producira unha aprobación inicial que signi-

o PXom dE NIGráN

ficaba a execución do 50% do mesmo. Iso si, coa condición indispensable de aumentar a súa dotación económica, como garantía para asegurar a solvencia técnica e financeira dos posibles licitadores. Por suposto non se optou por esta vía e iso nos situou, catro anos despois, exactamente no mesmo punto, nunha sorte de bucle que, coma nun eterno día da marmota, repítese unha e outra vez. Outra vez unha empresa con dificultades renuncia á redacción e o contrato se lle cede a dedo a un terceiro que esperemos que desta vez non nos conduza a ter que falar dentro dun tempo dunha nova cesión. A favor da nova empresa está o feito de que está constituída polas

persoas que actualmente están traballando no Plan, en contra o de ser unha sociedade de nova creación feita precisamente co obxectivo de suceder a Eptisa nos contratos de redacción urbanística. Non obstante o anterior, hai unha alternativa que no BNG non nos parece asumible, e non é outra que a posibilidade de enterrar o Plan e empezar de cero, acudindo a unha nova contratación. Facer isto significaría unha grave irresponsabilidade no manexo dos fondos públicos, pois no PXOM actual lévase gastado unha importante cantidade de diñeiro que non é de recibo que caia en saco roto. Optar por esta vía debera levar aparellada, en consecuencia, a reclamación de responsabilidades

aos encargados de xestionar eses fondos. De todos os xeitos, con ser importante, o realmente substantivo da cuestión non é quen redacta o plan, senón que plan fai. Se se fai un plan á medida dos especuladores do territorio ou á medida das necesidades da xente. E nese sentido empezamos a adiviñar algo polas provisionais respostas ás alegacións presentadas. Continuará...

O TEU XO R N A L EN GALEGO


[ 4] Finais de maio 2018 OPINIÓN

JUAN C. PIÑEIRO DOCAMPO Secretario Xeral de Compromiso por Galicia

o PsoE é o AvÓ dE moNtoro

C

anta realidade manexan os manuais de comunicación, unha mentira repetida moitas veces ó final parace case verdade, tan verdade que os mesmos mintireiros a cren. Iso é o que ben acontecendo dende un tempo a esta parte co municipalismo do PSOE. Pensan que son a esencia do municipalismo, incluso alcaldes do PSOE o levan tan interiorizado que dín que son municipalistas. Pois non é certo, non o son, esa é unha das súas grandes MENTIRAS. A aposta pola atonomía local no PSOE ficou finiquitada coa modificación do artigo 135 da CE que fixo Zapatero e o noso veciño Blanco, coa complicidade necesaria do PP e se-

Concerto:

cuestrando o debate no Congreso, propoñendo este cambio un 23 de agosto. O PSOE é, xa que logo, o Pai da “estabilidade presupuestaria”, está é a nai da LRSAL ou “Lei Montoro”. Polo tanto o PSOE ten o logro de ser na práctica, o avó da Lei Montoro e o seu principio de sostenibilidade e estabilidade, principio que tamén afecta as pensións. O PSOE fusilou a Lei de Bases de Réxime Local e baleirou de contidos a administración local. Todo comenzou aquel 23 de agosto, cun xogo de trileros. E aínda e todo os alcaldes e alcaldesas socialistas, que saben ben do que falo, din ser municipalistas e acto seguido laianse da Lei Montoro, do

1 DE XUÑO, 23,00 H TAITANTOS E PICO

teito de gasto e do control do ministerio, repudian pois ó seu neto, hipocritas. Esta é a realidade da “socialdemocracia” estatal, uns fariseos. Estamos xa case en ano electoral municipal, compre que a opinión pública coñeza esta impostura e sepa quenes son os culpables de que os concellos non podan prestar servizos que tiñan, ou cubrir persoal ou axudar a un colectivo. A entente de PP, PSOE neste caso é clara e meridiana, a Troika esixia sangue e a sangue saíu dos Concellos, non das Comunidades nin do Estado. Cando a deuda pública dos concellos era moito máis pequena. Foron quenes pagaron o axuste perdendo autonomía local. Por iso

cando veñan con promesas, lembren quenes foron os que anularon a capacidade da nosa administración máis cercana. Galicia ten unha Lei de Administración Local Galega, dende 1997, pero compre unha boa reforma e unha lexislación acorde a dignidade de Galicia. Por deuda histórica, por competencias e por realidade. Galicia merece e precisa unha lei a semellanza da vasca que garante a participación dos entes locales nas decisións do goberno de Euskadi. É preciso e podese facer, mais este cambio ten que vir das eleccións de 2019 cuns concellos fortes e firmes na defensa do seu para construir unha Galicia plena. Tede en conta quenes son os Pais do 135 e da LRSAL(Lei Montoro) PP e PSOE non queren esta capacidade en Galicia, lembradello cando pidan o voto municipalista.


Finais de maio 2018 [ 5]

OPINIÓN

D

ÁNGEL PÉREZ FERNÁNDES Profesor de filosofía

e neno escoitei que“o pobo español é ingobernable”. Estaba sentado nun aula presidida por un retrato de Franco. Non recordo ningún tipo de xustificación. Pero si que a idea me impresionara de tal maneira que de feito se converteu na miña porta de entrada para o que anos máis tarde souben que chamaban “política”. Non hai moito, lin que “o pobo è mobile”. Deixo de lado que o verso está tomado dunha coñecida ópera e que se refire a que as mulleres non teñen un ánimo constante. Por riba diso, o propio articulista, Xosé Luis Barreiro Rivas, aclara o sentido da frase no sentido previsto de referirse a que as masas se guían polas paixóns, non polas emocións. Non pretendo dicir que o retranqueiro, agudo e conspicuo politólogo, Barreiro, sexa unha versión actualizada de Don Manuel, aquel profesor do que

dEmoCrACIA

escoitei que o pobo español é ingobernable. O que me impresiona é comprobar a enorme eficacia das imaxes que dan corpo ás ideas políticas conservadoras. Resúltame difícil entender que algo tan simple como a distinción entre corpo e alma, emoción e razón manteña esa eficacia. Mesmo non deixa de ser irónico que esa imaxe proceda do pobo que primeiro negou que a orde política fose asimilable a ningunha orden natural, en especial ao doméstico onde hai unha cabeza racional, a do home, e un corpo formado por unha muller, carente de ánimo, e os fillos obrigados a obedecer. Non acabo de ver como a esquerda non consigue discutir a hexemonía das ideas conservadoras sendo así que parte de ideas máis pegadas ao carácter humano. En efecto, “ingobernable” remite a que ninguén quere ser gobernado por outro. A que todo o mundo reclama

para si digamos o dereito a seren “mobile”: a cambiar de parecer con independencia do que pensen os outros. Polo tanto, se todo o mundo parte diso, a conclusión é fácil: do que se trata será de convir unha forma política na que ninguén mande sobre ninguén ou, o que é o mesmo, que todos manden e todos obedezan. Esa forma política a desenvolveron os gregos e chámase “democracia”. Podemos dicir entón que democracia é o sistema político dos pobos ingobernables. Así o viu tamén no século pasado Karl Marx. A verdade da afirmación conservadora de que os pobos ou as masas son ingobernables ou que se deixan levar polas paixóns de maneira que, coma diría o profesor Barreiro, de facerlles caso non habería paro, nin listas de espera na sanidade, nin desafiuzamentos, nin ningún outro mal dos que padece a sociedade actual, reside

na opinión de Marx en que, en efecto, en todo ser humano habita o desexo de ser libre, de non estar sometido a ningún pai por racional que poida ser. Mellor dito: por racional que pareza ser. Por suposto non estou a descalificar a razón. Pola contra, estou chamando a atención sobre que precisamente a razón é sempre de todos. Ninguén, ningún grupo particular, os máis intelixentes alégase agora, poden se apropiar da racionalidade humana. Lamentablemente para eles e para todo o pensamento conservador a razón é da xente.


[ 6] Finais de maio 2018 GALICIA

As axudas para retirar madeira non comercial seguen sen resolver

As comunidades de montes agardan polos plans públicos de rexeneración forestal

SANTIAGO.

As comunidades de montes afectadas polos lumes do pasado outono viven na incertidume sobre o futuro dos montes queimados. Douscentos días despois dos lumes, non existe un plan público en firme para impulsar a rexeneración das zonas afectadas e tampouco se resolveron as axudas para a retirada de madeira non comercial do monte. O terceiro foco de preocupación sitúase na zona demarcada polo nematodo, onde a Administración non aclarou como vai proceder.

A Asociación Forestal de Galicia recolleu todas estas preocupacións das comunidades de montes socias de Vigo, O Porriño, Mos e Salceda de Caselas, nunha reunión celebrada na tardiña do xoves no Centro Cultural de Atios (O Porriño). Con esta xuntanza, a Asociación Forestal continúa a ronda de reunións que está a manter nas últimas semanas cos montes veciñais socios das diversas comarcas de Galicia. O obxectivo último é transmitirlle as preocupacións de montes veciñais e propietarios particulares á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, coa que a Asociación Forestal de Galicia ten solicitada unha reunión.

Axudas

Un dos problemas que preocupa nas comunidades é a ausen-

cia de xestión da madeira queimada sen valor comercial. A Xunta convocou o pasado outono axudas para propiciar a súa corta e trituración, co compromiso de resolver estas axudas antes do 31 de xaneiro. Sen embargo, continúan sen resolverse na actualidade, o que paraliza a rexeneración dos montes queimados e representa xa un problema fitosanitario.

Plan público de rexeneración

As comunidades de montes queren impulsar a rexeneración das zonas afectadas polos lumes, pero 200 días despois dos incendios continúan á espera dun plan público que posibilite tanto as reforestacións como a creación de franxas de protección en torno ós núcleos de protección. Estes días, Medio Rural convocou unha liña de axudas para primeira forestación de terras con frondosas e piñeiros, pero trátase dunha oportunidade per-

dida para apoiar ás comunidades de montes afectadas polos lumes, pois a convocatoria establece que as terras a forestar deberon estar desarboradas os últimos 10 anos, co cal quedan fóra da convocatoria a maioría das áreas queimadas. Na zona demarcada polo nematodo, as comunidades de montes descoñecen que vai suceder. Desde o 1 de abril ata outubro está restrinxida a saída de árbores da zona demarcada, a non ser que vaian descortezadas e en camións toldados. Esta situación, na práctica, obrigaría a aprazar as cortas de madeira queimada ata o outono, pois as industrias do interior da zona demarcada non teñen capacidade para a absorción da madeira orientada a trituración.

Pasado máis dun mes dende o 1 de abril, as comunidades da zona demarcada con superficies de piñeiro afectadas polo lume seguen ademais sen coñecer como vai proceder a Xunta de Galicia en relación coa aplicacion do Plan de Continxencia presentado a Bruselas. Un silencio difícil de entender por parte dos propietarios e dos seus representantes, que esperan unha aclaración urxente. Máis información: - Xosé Covelo, director da oficina da Asociación Forestal de Galicia en Ponteareas: 618– 752 218. - Xesús Represas, vicepresidente de montes veciñais da Asociación Forestal de Galicia: 696-337 725.

DO 19 DE XUÑO AO 13 DE XULLO PECHADO POR VACACIÓNS


Finais de maio 2018 [ 7]

GALICIA

Santiago de Compostela acolleu o acto central en Galicia da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2018, onde 200 escolares de 7 centros educativos reclamaron que a educación sexa unha ferramenta para a paz

os escolares galegos marcan o camiño SANTIAGO.

Máis de 200 nenos e nenas de sete centros educativos galegos: CPR Santa María do Mar (A Coruña), IES Eduardo Pondal (Santiago), CPR Divino Maestro (Santiago), CPI Virxe da Cela (Monfero), IES Arzebispo Xelmírez I (Santiago), IES Campo de San Alberto (Noia) e IES de Vilalonga (Sanxexo) reclamaron ante responsables de educación e cooperación da Xunta de Galicia (José Manuel Pinal, director xeral de Centros e Recursos Humanos de la Consellería de Educación e Pilar Romero Subdirectora Xeral de Cooperación) e do Concello de Santiago de Compostela (Concepción Fernández Concelleira de Benestar Social e Manuel Dios Concelleiro de Educación), que a educación e unha ferramenta clave para a construcción da paz. Nesta edición o obxectivo principal é defender e protexer a educación de tódolos nenos e nenas que se encontran en países afectados por conflitos armados ou ca-

tástrofes naturais. Os sete centros educativos presentaron os seus traballos e as súas reflexións no auditorio de Afundación á primeira hora da mañá e preparon consignas que berraron polo centro histórico compostelán na Marcha pola educación. As rúas compostelás convertéronse nunha festa, dinamizada por máis de 200 nenas e nenos galegos que defenderon o dereito de todas as per-

soas a ter unha educación de calidade. Hoxe, no mundo, 263 millóns de nenos, nenas e adolescentes non teñen acceso á educación dos cales 75 millóns son nenas e nenos desprazados ou refuxiados. “A educación mola mogollón” “Máis paz e menos guerra” e “A educación é a solución” foron algúns dos lemas que se escoitaron polas centenarias rúas da cidade. Ao alumnado galego, sumárense ao longo da marcha moitas persoas comprometidas co dereito moitas delas peregrinos que fixeron parte de este Camiño pola Educación. Na praza da Quintana pechouse o acto onde o alumnado fíxolle entrega das súas petición aos representantes políticos e onde tamén leron o manifesto e fixeron a foto final. Unha mañá onde en Compostela chegou un novo Camiño, e por unhas horas non foi o de Santiago o protagonista se non polo dereito a unha educación de calidade para todas as persoas do planeta.


[ 8] Finais de maio 2018 GALICIA

A plataforma cidadá Queremos Galego congregou miles de persoas nunha masiva manifestación baixo o lema En galego día a día

miles de persoas reivindican o galego día a día SANTIAGO.

Un ano máis as rúas de Compostela ficaron pequenas para acoller os milleiros de persoas que se desprazadas de todos os recunchos do país para apoiar a manifestación convocada por Queremos Galego no 17 de maio, Día das Letras Galegas. Baixo o lema deste ano, “en galego día a día” a plataforma cidadá que aglutina máis de 500 colectivos e asociacións quixo poñer en evidencia os problemas e trabas ás que se teñen que enfrontar as persoas galegofalantes no seu día a día. O acto conducido pola comunicadora e presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza Nieves Rodríguez, contou coa participación de Marga Romero, Concha de la Fuente, Anxos Sobriño, Cesáreo Sánchez e Adela Figueroa que leron o manifesto deste ano no que se revindicou a necesidade de incrementar a presenza da lingua galega na administración para que se respecten os dereitos lingüísticos, na xustiza -onde só o 5% das sentenzas son en galego- ou nos medios audiovisiuais e de comunicación para

non reducir a programación na lingua propia nomeadamente na Radio Galega. Houbo especial mención ao proxecto do Diario Galego.

Manter a lingua viva

Na súa intervención o portavoz de Queremos Galego Marcos Maceira, ante unha ateigada praza da Quintana recoñeceu o “sobreesforzo que realiza o profesorado para elaborar materiais en galego, o sobreesforzo de pais e nais que procuran solucións ante a marxinal oferta de galego nos debuxos ou nos xoguetes, o sobreesforzo das editoriais que manteñen o noso idioma a pesar das cativas axudas da Xunta, grazas ao compromiso de manterdes o galego vivo!”. “Un sobreesforzo maior nas zonas do Eo-Navia, o Bierzo, Sanabria e o val do Ellas, onde o galego non ten recoñecida a oficialidade”, engadiu Maceira. Queremos Galego denunciou o nulo compromiso e o desleixo da Xunta de Galiza ante todo o que son as cuestión relacionadas coa lingua galega pois, mentres

outros territorios lexislan e amparan o uso das súas linguas, en Galiza é o propio goberno quen renega das súas competencias. Maceira acusou o presidente Feixóo de renunciar ás súas obrigas estatuarias “para se converter nun simple subdelegado do goberno en provincias”. Para exemplificar Maceira argumentou que a Xunta presenta plans fantasma para dinamizar o galego entre a mocidade mentres en Galiza, “de facto ao galego impónselle un 155 lingüístico pois non se entende que o Tribunal Supremo di que o catalán debe ter unha presenza mínima no ensino dun 75%, o galego está baixando do 33% grazas ao decretazo contra o galego e á LOMCE”.

Activismo para gañar

Malia a pasividade da Xunta para promover avances para o galego e as trabas do goberno do Estado, o voceiro de Queremos Galego amosouse esperanzado pois, nos últimos anos, a mobilización social conseguiu importantes pasos adiante para facer efectivo o dereito a usarmos a lingua propia de Galiza.

Iiniciadas as obras da glorieta en A Costeira no concello de o Porriño

PONTEVEDRA.

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vén de iniciar nesta semana as obras da nova glorieta de ordenación do tráfico no cruce da intersección da estrada provincial EP-2405 Cerquido-Budiño con dúas vías municipais no lugar de A Costeira, en O Porriño. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, xa están derrubadas a antiga marquesiña de autobús e os galpóns expropiados para ampliar a zona de actuación, e tamén se están a realizar estudos sobre as canalizacións existentes na zona co que o persoal técnico denomina unha ‘toupeira’. Estímase, segundo o nacionalista, que se non se producen complicacións a obra poderá estar rematada no mes de xullo. Hai que lembrar que as obras en A Costeira estaban paralizadas debido a que no momento en que a empresa adxudicataria, Construcciones Vale SL, asinara o contrato e pressentara a acta de replantexamento había unha climatoloxía moi adversa debido á

chuvia. Unha vez mellorou o tempo a actuación comezou tan pronto a empresa estivo dispoñible. O orzamento global do proxecto ascendeu a 220.336,36 euros, sendo 21.534 euros destinados a expropiacións e o resto á execución da obra. Finalmente a licitación pechouse por un prezo menor: 132.719,68 euros. Os traballos consisten na instalación dunha nova glorieta para reordenar o tráfico, suavizar o trazado e mellorar as condicións de visibilidade e manobra dos vehículos. Foi necesario ocupar dúas parcelas privadas e unha municipal, e víronse afectadas dúas construcións, un alpendre-almacén e unha marquesiña de bus na parcela municipal, cuxa demolición e nova instalación se incluíu no orzamento do proxecto.


Finais de maio 2018 [ 9]

MILLEIROS DE ARTIGOS PARA O VERÁN A PREZOS SÚPER REDUCIDOS.

APROVÉITAO


[ 10] Finais de maio 2018 A LOURIÑA

Contestación da alcaldía de mos ao BNG sobre liquidación orzamento 2017

MOS.

O goberno do PP do concello de Mos non ten outra cousa mellor que facer, que contestar dun xeito asombrosamente simplón ao que o BNG dixo no pleno e tamén á nota de prensa que se mandou con anterioridade, comentaron os nacionalistas. A argumentación do concelleiro, que non se ten nin idea do que se ten entre

mans, demostra o pouco valor que lle dan a manexar diñeiro público. O Bng de Mos respecta enormemente o labor dos funcionarios, grazas a eles temos estes informes, e o que din está claro e é evidente. Só cando se len con ollos interesados, é cando se chega a conclusións tan estranas coma dicer que a economía do concello está fenomenal.

A NOVA PENEIRA ENTRE OS PATROCINADORES DO II TROFEO MINI BTT DO CONCELLO DE O PORRIÑO. A NOVA PENEIRA CO DEPORTE GALEGO

regades reclama no 1º de maio un traballo digno eliminando a fenda salarial entre homes e mulleres

MOS

O secretario xeral do PSdeGPSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, reclamou que este ano 2018 ten que ser un fito na historia do noso pais onde academos un cambio na nosa sociedade ate un novo modelo social máis xusto, democrático e igualitario. Regades manifestou así antes do xantar da agrupación local do PSdeGPSOE de Mos para celebrar o Primeiro de Maio, subliñando que este cambio tense que producir da man da loita das mulleres polos seus dereitos. “Tócanos –resaltou Regadesavanzar na defensa de traballos dignos para todos e todas. Temos que loitar contra a precarización do traballo que está a crear traballadores e traballadoras pobres pero tamén temos unha loita moi importante por diante que a eliminación da fenda salarial entre homes e mulleres”. Nesa loita subliñou o secretario dos socialistas pontevedreses “estamos todos e todas os militantes do Partido Socialista nesta provincia”.

Nesta tradicional xuntanza dos socialistas de Mos, participou tamén o secretario de Organización do PSdeG-PSOE da provincia, Luis Piña, ademais de outros cargos da comarca e da agrupación local. David Regades recalcou neste Primeiro de Maio que é necesaria máis que nunca unha alianza cos sindicatos “tal e como facemos alí onde gobernamos os socialistas” fronte ao continuo “desprezo que fai o Partido Popular aos representantes dos traballadores e traballadoras da nosa provincia”. “Temos –subliñou o secretario xeral- que forxar un pacto permanente cos sindicatos que garanta unha alian-

za progresista fronte as políticas do Partido Popular que só trata de destruír o estado do benestar e as conquistas sociais que tantos anos tardamos en acadar os traballadores e traballadoras deste país”. O secretario xeral tamén participou posteriormente na homenaxe que os socialistas da comarca de Arousa déronlle a José Vázquez Fouz, de quen destacou o seu amplo compromiso co Partido Socialista ao longo da súa vida e a quen agradeceu todo o traballo feito pola comarca arousán e pola provincia de Pontevedra na súa ampla actividade política.


Finais de maio 2018 [ 11]

A LOURIÑA

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que xa se derrubaron a marquesiña do bus e os galpóns expropiados e que a actuación poderá estar rematada en xullo se non xorden complicacións

os grupo nacionalista demanda o arranxo de problemas en distintos puntos da rede viaria do Porriño

PORRIÑO.

O grupo municipal nacionalista presentou no pleno do pasado luns distintos rogos, que requiren dunha solución inmediata. O primeiro refírese a Budiño. Polo camiño que une o torreiro de festas de San Brais co polígono da Granxa circulan cada vez con máis frecuencia camións de gran tonelaxe e vehículos moi longos, que están a provocar atascos e danos tanto na capa de rodadura do vial como nas parcelas lindeiras. Solicitamos que se instalen os sinais correspondentes para impedir o tránsito dese tipo de vehículos por un camiño que non está acondicionado para ese tipo de tráfico. En Atios, no barrio da Casilla, na intersección da estrada que vén da antiga astilladora coa estrada que sobe de Fenosa cara ao barrio de Vilafría, falla a sinalización axeitada para regular a preferencia de circulación. Por iso demandamos que se coloquen os sinais horizontais e verticais para indicar os pasos preferentes e os cedas

pertinentes, xa que se teñen producido situacións de risco para condutores e peóns. Xa no núcleo urbano, preo-

cúpannos os atascos e tamén o perigo que se crea para os peóns en dous puntos da rúa Antonio Palacios. O primeiro

é na parada de autobús escolar situada a carón do instituto Pino Manso. A determinadas horas, cadrando coa entrada e

saída das aulas, coinciden o bus escolar cos autobuses da liña regular de Ponteareas e Ourense. Ante a falla de espazo os vehículos invaden o paso de peóns, provocando falta de visibilidade para quen quere cruzar a rúa. Pedimos ao goberno local que estude a situación e habilite unha parada con máis espazo para os autobuses e que dea maior seguridade ás persoas usuarias. O outro punto está na intersección da rúa que dá acceso ao colexio Quiroga e ao centro Navuxil, diante do restaurante Compton. Alí hai chantado un poste de Unión Fenosa que está en desuso dende hai tempo, xa que carece do tendido eléctrico. Pedimos que se retire o poste de formigón porque está a provocar problemas para os coches que entran e saen por esa rúa. Finalmente esiximos unha solución, o máis axiña posible, para os problemas que presentan os resaltes que presentan as beirarrúas na avenida de Bos Aires e na estrada entre o centro do Porriño e Mosende. Son auténticos obstáculos que dificultan moito a circulación de cadeiras de rodas, carriños de bebé e tamén os carriños do mercado que empregan os veciños e veciñas da zona.


[ 12] Finais de maio 2018

A LOURIÑA

salceda contrata a nove persoas en situación de desemprego

SALCEDA.

O Concello de Salceda ven de incorporar á súa plantilla un total de 9 veciñas e veciños en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As prazas cubertas son as de 1 animadora sociocultural, 1 orientadora profesional para a inserción, 2 albaneis, 2 persoas de limpeza, 1 condutor de camión e 2 administrativas. Segundo o previsto, os contratos irán dende o 2 de maio ata o 31 de decembro de 2018. A Concelleira de Formación e Emprego e primeira tenente de alcalde do Concello de Salceda, Loli Castiñeira, sinalaba a importancia desta nova quenda de contratacións “que contribuirán a paliar a dura situación que viven moitos dos nosos veciños e veciñas que están en situación de desemprego”. Por outra banda, as contratacións servirán para dar cobertura ás demandas da veciñanza, cubrindo as necesidades dos servizos básicos xestiona-

segunda fase de obras na Escola de Cerdeira AS NEVES.

dos dende o propio Concello, tanto dentro como fora das instalacións municipais. O Equipo de Goberno destacou a transparencia de todo o proceso, así como a igualdade de oportunidades. Mostra delo é que das 9 persoas contratadas solo duas traballaron previamente no Concello de Salceda, sendo as 7 restantes a primeira ocasión en que teñen oportunidade de formar parte da plantilla municipal. Lembran dende o equipo de Goberno que dende o ano 2007 se eliminou a presenza de cargos políticos nos tribunais de selección, que

agora están formados unicamente por persoal municipal, garantindo así os máximos criteiros de obxectividade e transparencia. Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “A transparencia coa que se levou a cabo todo o proceso garante que as persoas seleccionadas sexan merecedoras do posto, e que accedan ao mesmo en igualdade de oportunidades co resto de candidatos/as. Estas contratacións mellorarán sen dúbida os servizos que o Concello ofrece á cidadanía, e que agora se ven reforzados con máis persoal”.

Nos últimos días o Concello das Neves está levando a cabo obras na Escola de Cerdeira, un dos edificios municipais das parroquias que levaba no esquecemento 20 anos ata a chegada do actual goberno. Nunha primeira fase de hai xa uns meses actuouse no tellado para evitar filtracións e o posible derrube nalgúnhas partes. Agora estase a traballar no interior recuperando os baños e a sala principal para que a veciñanza da parroquia teña un lugar digno no que reunirse. O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez,

amáis de recoñecer o abandono ao que estivo sometida Cerdeira por gobernos anteriores, expresa que “estas son obras afectan a unha comunidade de persoas que viven en lugares que queremos preservar. Hai políticas doutros encamiñadas a despoboar o rural, pero nos, na medida do posible loitamos polo contrario, o mantemento e o asentamento no rural. Isto, o pulo polo rural, vai necesariamente da man de melloras en infraestruturas e mobilidade pero tamén en políticas sociais como é ofrecer a veciñanza de Cerdeira un lugar no que poder xuntarse para falar, tomar decisións comúns e incluso festexar.


Finais de maio 2018 [ 13]

A LOURIÑA

A escola de ciclismo A.d. Avanza suma cinco novos podios en vigo MOS.

A entidade local menor viguesa de Bembrive acollía o pasado sábado día 5 de maio mais de trescentos cincuenta bikers chegados desde toda a xeografía galega para disputar a segunda proba do calendario do campionato galego de Mini BTT, onde o Club Ciclista Vigués coa colaboración da Entidade local Menor de Bembrive habilitaron a Area recreativa de Pouso como escenario do V Trofeo ELM de Bembrive. Mais de trinca e cinco bikers da Asociación Deportiva Avanza non dubidaron en estar presentes nesta proba, onde nunha proba mais os pequenos bikers porriñeses amosaron o público presente o afianzamento dos cimentos da escola ciclismo, dirixida por un corpo técnico de luxo de mans do exciclista profesional Luís Fernández Oliveira, Abel Maceiras varias veces campión de Es-

paña de ciclocrós o que hai que sumarlles como reforzo desta temporada a colaboración do que fora piloto e referente do Enduro galego Xacob Agra. O primeiro podio chegaría da mans de Nerea Soto na categoría promesa fémina que a pesar de sufrir un lance de carreira o irse o chan despois de dunha mala xestión do ciclista da organización que abría a carreira que o levou o chan tirando coa pequena corredora da escola de ciclismo Avanza que a pesar de verse abocada a sexta posición foi que de remontar e conseguir cruzar o arco de meta en primeira posición. O segundo podio chegaba do biker Guillermo García na categoría promesa masculino que o igual que facía fai escasamente unha semana cruzaba o arco de meta en segunda posición deixando ben claro que este ano vai ser un dos bi-

kers chamados a estar loitando toda a tempada por subir o mais alto do podio.

A pesar de que para o seguinte podio houbo que agardar ata a categoría infantil fémina

compre destacar o papel de Aroa Otero na categoría Alevín fémina, que a pesar de ser o seu primeiro a neste deporte xa roda entre os dez primeiros postos da categoría. Na categoría infantil fémina as bikers Uxía Soto e Laura Mira asinaron unha brillante actuación amosándolle o público presente que as féminas buscan facerse un oco neste deporte, Uxía conseguía cruzar o arco de meta en primeira posición asinando unha actuación case perfecta, e a biker porriñesa Laura Mira conseguía unha cuarta posición despois dunha fermosa loita pola terceira praza coa súa amiga e rival do Club Ciclista Cambre Sofía Álvarez. O último podio chegaba das mans de Andrés Valverde que conseguía subir o podio nunha segunda posición, proba que deuse por finalizada a falta dunha volta o circuíto despois dun espectacular accidente que obrigou a intervención dos medios sanitarios e posterior traslados a un centro hospitalario para descartar posibles fracturas.

Bo Camiño, a tenda do Peregrino


[ 14] Finais de maio 2018 REPORTAXE G.FIGUEIREDO

O VINDEIRO 13 DE XUÑO MOS CELEBRA A SÚA FERMOSA E TRADICIONAL FESTA DA ROSA

FEstA dA rosA 2018 E

sta festa comezou a súa andaina o 13 de xunio de 1973 para enxalzar a Rosa dos Quirós, marqueses dos que se herdou o emblema presente no escudo do Concello de Mos e converteuse en festa oficial do mesmo, ademais de que é un día festivo na localidade foi declarada tamén “Festa de Interese Turístico Galego”. Celébrase sempre no día 13, pero xa comeza a celebración no primeiro domingo de xuño coa “Festa da Empanada e Pan de Millo”. Despois conta cunha extensa variedade de actividades, gran oferta gastronómica, cultural e deportiva que se desenvolve ao longo de todo o mes de xuño. Desta tradición xorde o tan coñecido concurso de rosas que é, sen dúbida, a esencia da festa. Ademais do certame das rosas, conta tamén co seu tradicional pregón e actividades culturais e deportivas para tódolos públicos.

Historia do concello:

O Concello de Mos, comezou a utilizar o título de vila desde o último terzo do século XVII ata primeiros do século XIX. A mediados do século

XIII era coñecida como o nome de Molis. As actuais parroquias de Mos estaban antes distribuídas en tres xurisdicións pertencentes á antiga provicincia de Tui. As de Mos e de Torroso dependían do marqués de Mos; Cela, Dornelas, Petelos e Sanguiñeda do Conde de Salvaterra e Guizán, Louredo, Pereiras e Tameiga, do Conde de Maceda. En 1599, Gabriel de Quirós, casado con Violante de Sousa, descendente da familia real portuguesa. Fixo a través de distintas ligazóns matrimoniais con damas da nobreza, o primitivo coto vai alargando a súa posesións e emparentando con ilustres liñaxes, como os príncipes de Chinay, señores de Lánzara, Castrelos, etc. Entre 1685 e 1686 Gabriel de Quirós recibe o título de Marqués de Mos de mans de Carlos II; Desde 1776 ten grandeza de España, mercé outorgada a Benito Correa e Sarmiento, cuarto marqués de Mos. En 1810 únese o marquesado de Mos ao de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e en 1908, ao falecer o marqués de la Vega de Armijo e

MARGA

de Mos, pasa a propiedade a unha sobriña, María Vinials, marquesa de Ayerbe. Mos constitúese como Concello no ano 1833 e está formado desde o primeiro momento polas dez parroquias que ten na actualidade que son: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga y Torroso.. O cambio máis importante desde entón na vila prodúcese en 1935, co polémico traslado da capital de Mos a Petelos. O mes de xuño sempre é o máis sinalado e importante do calendario nesta vila e as actividades do festival pretenden ser unha homenaxe a esta bela flor, representativa do Concello, e da cal posúen exemplares únicos e fermosísimos. Sentimos non poder ofrecer a programación oficial deste ano, pero sen dúbida pagará a pena pasar o día 13 polo concello mosense.

REPARACIÓN DE CALZADO

Se afilan cuchillos y tijeras. Duplicado de llaves. “Reparación de alforjas de moto y monturas de caballo”

De lunes a viernes de 9:30 a 13h e de 16 a 19h. Sábados de 10 a 13:30h. R./ Ludeiro - Puxeiros. Tameiga (Mos) 986 488 533


Finais de maio 2018 [ 15]

OPINIÓN / A LOURIÑA VICTORIA ALONSO Secretaria local do PSOE de Mos

sr. PP, sr. PrIvAtIZAdor

M

esmo parece que o Partido Popular veo nun foguete dende outro planeta, que descoñece o que implica botar a perder os servizos públicos e o estado de benestar polo que tanto se loitou e que non valora o sistema que temos. Mesmo parece que quere cambiar o país no que vivimos e que non teñamos servizos públicos e de calidade. Mesmo parece que só sabe favorecer os intereses dalgúns, os intereses dalgúns empresarios. Mesmo parece que detrás desta destrución do que tanto se traballou por conseguir, hai intereses monetarios. Todos aqueles servizos dos que viñamos desfrutando e que podíamos estar satisfeitos xa que noutros países tiñan que pagar por eles, nolos están roubando. Roubando si, roubando. Quítannos aquelo que é noso e valéndose de enganos, e iso é roubar. O peor é que fano diante nosa, nos nosos fociños, nolo venden como un favor, valéndose de que o cambio vai ser para mellor e queren que lle demos as grazas. O sistema educativo público vai encamiñado a perderse. Segregan por sexos, endurecen o sistema de becas, encarecen as matriculas, financian centros concertados, e unha longa cantidade de etcéteras que ten como resultado que a nosa ensinanza pública perda calidade e fomenten a privada. O sistema de saúde corre a mesma sorte. Reducen persoal e recursos, o non

poder facer fronte as necesidades dos cidadáns, proceden a trasladalos a centros privados. Tamén reducen dereitos laborais e sanitarios dos usuarios, favorecendo a sanidade privada a costa da nosa sanidade pública. O caso que temos máis preto é o Hospital Álvaro Cunqueiro. A Xunta subcontratou os servizos de restauración, lavandería e lencería (obxecto das recentes concentracións, xa que lle obrigan o persoal a facer tarefas que previamente subcontratou... entón para que lle paga a esa empresa?), transporte interno e externo, cafetería, aparcadoiro e así un sen fin de cousas máis. Pero non lle tomedes a mal porque é unha casualidade que a irmán de Feijóo forme parte dunha das concesionarias... a ver si entendedes que hai que velar polos intereses da familia, este é o máis puro estilo “El Padrino”. Neste desmantelamento da sanidade pública galega, vemos como o Partido Popular vende a idea de construír un hospital público e pretende facer negocio cos impostos de todos para favorecer a uns poucos. E logo ten a desvergoña de defínelo como “o mellor hospital do mundo”. Son a única que pensa que os impostos de todos deberían ser invertidos en servizos de calidade? Son a única que pensa que se están a rir de nos? Son a única que cando imaxina o que pode estar a pensar un dirixente do Partido

Popular cando negocia un proxecto o visualiza co símbolo do diñeiro na mente? E agora toca Mos, porque parece que cando un dirixente de dereitas chega o poder mándanlle facer un curso para xestionar vendo para o bolsillo dalgúns cos cartos de todos. É ben sabido que estase a facer unha gardería. Dende o Partido Socialista propúxose durante anos aproveitar as instalacións da antiga escola unitaria de Louredo. Evidentemente, rexeitaron a proposta de botar man daquelas instalacións pero non a idea. Con fondos da Xunta porque o Concello non podería afrontar o proxecto, fana en Veigadaña. E seguindo coa habilidade privatizadora do PP, a xestión desta gardería vaiselle dar a unha empresa privada. Outra vez vamos construír algo cuns fondos de máis de 200.000 euros, que son de todos, para darlle ingresos a uns poucos. Pero non vos esquezades que de seguro vaise inaugurar antes dun ano, é dicir, antes das eleccións municipais e os candidatos do Partido Popular vaille sobrar tempo en recordárnolo para que non nos trabuquemos de papeleta cando vaiamos votar. Xa sabesdes que o PP anda lixeiro cando chegan as eleccións para recordarche, aínda que sexa que che cambiaron unha luz do teu camiño ou esas herbas que che cortaron pero que ben falla lle facía. É o que ten a arte de vender favores, que en realidade son obrigas.

segundo BNG continúa o afundimento económico do concello de mos

MOS.

O goberno do PP do concello de Mos, logo de nove anos, continúa empeñado en afundir economicamente as arcas municipais. A demagoxia e a propaganda non é dabondo para gobernar, declararon os nacionalistas de Mos Na liquidación do orzamento do 2017, aparece con claridade o que debe o concello a 31 de decembro sumando os créditos bancarios ( 8.197.000 €) , as facturas recoñecidas ( 2.209.700 €) e as facturas sen recoñecer ( 406.900 €) debe un total d 10.813.600 euros. Seguen traballando en cantidades que nos parecen astronómicas para un concello coma o noso. O remanente de tesourería é neste ano negativo, nunha cantidade de 1.284.000 euros, o remanente fala da falta de financiación a curto prazo do concello. Como se pode ver, desastroso. Este ano ademais se presenta o informe de tesourería sobre o Prazo Medio de Pago (PMP) das facturas, neste primeiro trimestre, incúmprese clamorosamente, daclararon.


[ 16] Finais de maio 2018 OPINIÓN

D

MARTÍN VÁZQUEZ Integrante de GañaMós Asemblea Veciñal

espois da agridoce resaca das Letras Galegas, por ver tanta xente xunta reclamando unhas políticas que, desgraciadamente, nunca chegan, sacamos un día máis a lingua a relucir. Galicia enteira sofre de moitos males dos que algúns, conscientes ou non, somos os principais actores. A violencia machista e o desastre ecolóxico son claros e crus exemplos. Do mesmo xeito, o esmorecemento do galego tamén o é. Como cidadás, esiximos ás nosas representantes políticas que poñan en marcha medidas eficaces para deter estes procesos que, pese a seren rexeitados de forma individual e consciente, non somos capaces de lle pór freo como sociedade. Con esa lexitimidade elabóranse toda sorte de leis, decretos e plans, créanse campañas de sensibilización e promoción e ábrense espazos para reflexionarmos sobre posibles saídas que levar a cabo dende o político. En Mos este proceso chegouse a plasmar nun regulamento lingüístico na época do bipartito que, a día de hoxe, cría malvas na memoria co-

soBrE LINGuA E muNICIPALIsmo lectiva. Se non fora porque este goberno tende a esquecer as propias ordenanzas, diriamos que nalgún momento foi derrogado e que ninguén o quixo volver recuperar. Ata onde sabemos, como moitos outros, só está a espera de que alguén o reclame do inframundo, último caixón da dereita do escritorio da alcaldesa –xunto ao pacto antitransfuguismo, a súa antiga acta de deputada «non adscrita» e outros recordos da «movida mosense». Un dos puntos de máis interese deste regulamento é o que insta a creación dunha Comisión de seguimento. Soa conformista pero calquera política lingüística necesita dun seguimento, dunha avaliación e dunha consecuente reformulación e non todos os regulamentos o contemplan. Unha década despois desta ordenanza aprobada, o Concello debera afrontar os novos retos en materia de lingua da Galicia e o Mos do século XXI. Facer oídos xordos

aos consensos das veciñas e da sociedade galega é, sobre todo, unha irresponsabilidade. Dito isto, comecemos polo básico. Señoras e señores do Partido Popular de Mos, tiren a regulación de onde queira que a agochen, poñan a Comisión a funcionar e séntense a avaliar a situación do concello co fin de elaborar un ordenanza á altura da situación sociolingüística actual. Concretamente, primeiro, introduzan a lingua galega como vehicular en toda actividade dirixida á mocidade e á infancia que se realice ou subvencione con fondos públicos. Segundo, elaboren un plan de medidas con consenso entre os grupos e sostido no tempo para valorizar o galego en Mos, para encher a lingua de oportunidades e facela comunitaria. Neste sentido, incidan no comercio local, no ocio e no tempo libre e no asociacionismo. Terceiro, viren a testa cara a Portugal e poñan en valor a proximidade que un con-

cello case arraiano coma Mos ten coa cultura e lingua veciñas. Por último, e sobre todo, non boten a lingua a pacer. Aforren os discursos de corte neoliberal, glotófagos e lingüicidas que baseados nunha falsa liberdade lingüística trasladan exclusivamente aos falantes e as familias o devalo da lingua. Se aínda somos galegos é por obra e graza de coidar do noso. A lingua supón, neste sentido, un bo termómetro de coidados. Se esmorece, significa o noso fracaso como sociedade e como cultura. Se florece, é síntoma da nosa propia madureza e compromiso. Todo o que a lingua galega significa, en toda a súa complexidade, é soamente a nosa responsabilidade. Eludila é tamén unha política lingüística, a da indiferenza e a do exterminio. Afrontar os procesos que destrúen as comunidades locais é «Política» con maiúsculas, unha política que lle bota a lingua ao poder.

RÚA RAFAEL TILVE ADRIO Nº 3


Finais de maio 2018 [ 17]

PAULA QUINTEIRO. Deputada nacional de En Marea AURORA GIRÁLDEZ. Concelleira de GañaMós CATALINA COYA. Membra de GañaMós Asemblea Veciñal

A rABIA, A trIstEZA, A ImPotENCIA PEro tAméN A ForZA

E

scribimos atravesadas por todas as emocións vividas nas últimas semanas, a rabia, a tristeza, a impotencia pero tamén a forza. E nesta última é onde queremos centrarnos, porque o gran reto que temos é o de transformar a impugnación que caracteriza o momento actual en cambios estruturais, que cheguen para quedarse. A lectura simplista que se pode facer das mobilizacións masivas contra a sentenza da Manada é a de que reaccionamos ante a barbarie. Pero o que expresamos as mulleres nas rúas o 26 de abril vai moito máis alá deste caso concreto. Fomos tantas cun berro unánime grazas a resistencia do movemento feminista no último período, que foi capaz de manter a tensión, acumulando forzas, que o 8 de marzo, ou neste caso concreto se fixeron máis visibles, pero que se atopaban latentes previamente. E as razóns que nos levaron a saír as rúas foron múltiples. Por suposto, a solidariedade coa vítima da Manada, para amosar que nós criamos a súa versión e para rexeitar os métodos patriarcais da xustiza. Pero, o mesmo tempo, tamén nos empurraban a saír todas as vivencias persoais de cada unha. Cando liamos a sentenza, nós preguntabámonos cal sería a nosa propia reacción nunha situación semellante, pensamos no medo sentido tantas noites, recordamos as veces que vivimos agresións en primeira persoa. O pensamento anunciado fai tempo por Kate Millet de que “o persoal é político”, exemplifica moi ben o que

moitas creemos. Visibiliza que as mulleres nos suceden moitas cousas polo mero feito de selo, polas estruturas patriarcais que o atravesan todo, e que nos marcan a todas/os. Unha expresión que nos axuda a rachar co relato de que as situacións ocórrennos por cuestións persoais. Dá pasos para quitar da nosa cabeza os pensamentos acerca da vestimenta, do consumo de alcohol, ou do comportamento, bo ou malo, nuns parámetros de categorización moral absurda. Pero tamén nos xera contradicións. Impugna nada máis e nada menos que o conxunto de relacións afectivo sexuais que tivemos toda a nosa vida. E sería inxenuo pensar que incluso sendo conscientes da teoría, é posible abstraerse de todas estas contradicións que padecemos. Hai demasiados esforzos por facernos crer que as estruturas sociais non operan. Por iso, a enunciación colectiva de que estamos fartas, de que crémonos, axúdanos a camiñar cara a un novo parámetro de relacións sexuais. Axúdanos a sentar as bases de que falamos de relación sexual consentida. Pero a base debe ser a de camiñar cara un novo marco de “sentido común”. Precisamos moita reflexión para ver cales son as actitudes que nos fan sentir incómodas as mulleres, en que se basean e como combatelas. Que a rabia non nos nubre a vista, saiamos do inmediato e das simplificacións e aproveitemos as características da conxuntura actual para exercer de panca de modificacións moito máis profundas.

OPINIÓN

Pleno tras pleno o PP secuestra a democracia

GañaMós denuncia que mentres o Parlamento Galego expresou unanimemente o seu rexeitamento a Sentenza de "La Manada", o PP de Mos negouse a que esa mesma moción fora ao pleno. Nin tan sequera puido ser debatida porque foi vetada. Unha vez que Feijóo emendoulles a plana, agardamos que agora rectifiquen e levanten o veto á moción que presentamos para o pasado pleno e poidamos presentala e debatela no vindeiro pleno. Mellor tarde ca nunca, sabemos que teñen alerxia ao feminismo pero alomenos que garden as aparencias. Logo, que voten o que queiran pero polo menos que deixen de secuestrar a democracia vetando pleno tras pleno as nosas mocións.

Asemblea aberta de Gañamós en Louredo

GañaMós convida á veciñanza da parroquia de Louredo e a todas e todos os seus simpatizantes a participar na Asemblea Aberta que celebrará o xoves 7 de xuño ás 21h no Local Social da C.M.V.M.C. de Louredo. É imprescindible a implicación das veciñas e veciños se queremos corrixir o rumbo ao desastre económico e social ao que nos está arrastrando a mala xestión do Goberno Municipal do Partido Popular. Entre todas e todos nós, formularemos os seguintes interrogantes para buscar as respostas conxuntamente: como de grave é a situación económica do Concello? hai solución para San Antoíño? continúa Fomento e o PP a burlarse dos e das mosenses coa A-55? pódese baixar o IBI? beneficia a Mos o macrocentro comercial do Celta? a cantas familias pode prexudicar?


[ 18] Finais de maio 2018 OPINIÓN ROBERTO RODRÍGUEZ DASILVA Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

QuEN sE FíA dE FomENto?

N

on nos fiamos de que realmente se retomaran as obras. Que confianza pode haber na palabra de Fomento cando a mesma Sra. Arévalo dixo en sesión plenaria que ela xa non se fiaba do que anunciaba Fomento? Que ela, sendo do mesmo partido político que goberna e manda no Ministerio, fora enganada repetidas veces? Non nos fiamos cando a todas luces mandaron unhas máquinas á obra para facer o paripé movendo terras de aquí para alá co fin de calar as protestas e desarticular as mobilizacións, pero sen informar ao Concello de Mos da data de remate. Non nos fiamos porque nin tan sequera comunicaron ao Goberno Municipal do PP que se ían retomar as obras. Segundo declarou o propio PP no pasado pleno, foron avisados por un encargado da construtora, non de Fomento. Non hai un comunicado coa data de inicio, non hai un comunicado coa data de remate, non hai ningún informe da planificación das obras que avale ningunha data e non hai nin a máis mínima explicación ou detalle sobre o Modificado de Obra que levan máis dun ano facendo e polo que segundo o Ministerio estiveron paralizadas as obras. Todas e todos decatámonos de como a mobilización conxunta de veciñanza e partidos políticos esixindo responsabilidades fixeron que, alomenos, Fomento tivera que responder poñendo algunha maquina nas obras. A esta alturas é totalmente innecesaria unha exposición de motivos pola que razoar a necesidade de que todos os partidos da corporación mandemos unha mensaxe alta e clara ao Ministerio de Fomento. Non podemos permitir que se sigan burlando do pobo de Mos. Non podemos cruzarnos de brazos cos precedentes de reiterados incumprimentos,

por iso solicitamos aos partidos políticos con representación no Concello aproben os seguintes puntos: ● Solicitar ao Ministerio de Fomento un compromiso claro de inicio e sobre todo de remate das obras e un informe da programación das actuacións que garanta dito compromiso. ● Solicitar ao Ministerio de Fomento explicacións detalladas do Modificado de Obra polo que segundo eles estiveron as obras paralizadas todo este tempo. ● Instar ao Ministerio de Fomento a cumprir a lei e consignar nos vindeiros Orzamentos do Estado una partida para acometer a reforma do enlace da saída da AP-9 e entradas da A-55 en Puxeiros. Remodelación aprobada no Congreso dos Deputados en 2017. ● Instar ao Ministerio de Fomento a cumprir a lei e consignar nos vindeiros Orzamentos do Estado una partida para acometer a liberación dos peaxes do tramo Vigo - O Porriño da autoestrada AP-9. Esta liberación que aliviaría notablemente a densidade de tráfico da A-55 tamén foi aprobada no Congreso dos Deputados en 2017. Facemos un chamamento ao resto das forzas políticas para que manteñan a unidade de acción e así frear esta burla do Ministerio de Fomento. O Partido Popular non pode agora crerse a ao pe da letra o que anuncia Fomento cando hai uns días eles mesmos acusaban ao Ministerio de mentir e enganar. Se agora o PP se desmarca das mobilizacións quedará claro que estas só foron para lavar a cara da Sra. Arévalo, para manipular ao pobo de Mos e intentar erixirse como salvadora cando en realidade sempre foi parte do problema e cómplice da burla.

Os Tonios e os cambios de cor

CRISTÓBAL LÓPEZ PAZO Integrante da Asemblea Veciñal GañaMós

o díA dA rosA, uNhA FEstA ou uN mItIN? O

ano pasado fun a Festa da Rosa e atopeime cun acto de propaganda política. A choiva non me botou para atrás e achegueime ao Pazo xunto coa miña filla a ver a María Fumaça. Cando comezou a actuación e a miña filla quixo ir a "fila 0" que se deixa sempre nos eventos infantís, ese espazo entre o escenario e a primeira fila de cadeiras onde se colocan os máis cativos ou as persoas de mobilidade reducida, tivo que quedarse coas gañas. Este espazo estaba ocupado pola Sra. Arévalo, o seu séquito mais un desembarco de cargos públicos do seu partido que acaparaban todas as primeiras filas, unha tropa de traxeados dos que máis de un seguro que non sabía nin onde se atopaba.

A Sra. Arévalo na súa poltrona pegada ao escenario pensaría que a familia Fumaça cantaba exclusivamente para ela pero a actuación dos Fumaça foi un exemplo de inclusión, de gabanza á nosa xente, ás persoas que sen alardes nin ruído de flashes fan de Mos un lugar máis acolledor. Toda aquela cordialidade esfumouse en canto a Sra. Arévalo abordou o escenario e apropiouse do micrófono e da festa. Comezou o espectáculo duro, un discurso político dedicado a vangloriarse a si mesma en vez de resaltar aos verdadeiros protagonistas do día, as veciñas e veciños de Mos. Deleitounos pasando lista un a un a toda a tropa do seu partido como si fora un congreso do PP para logo enumerar unha retahíla das súas execucións inminentes sen rubor algún, prometendo o que fora. Se sabe a lista de execucións inminentes de memoria non en vano leva repetíndoa e prometendo o mesmo dende hai anos. O espectáculo tivo como colofón ver a toda a tropa de cargos do Partido Popular engulir as empanadas que con tanto esmero fixeron as veciñas de Mos. Non teño dúbida que este ano Arévalo e a súa tropa van a superarse a si mesmos volvendo a usurparlle a Festa da Rosa aos veciños e veciñas de Mos para convertela nun esperpento. Agardo que cando a miña filla sexa suficientemente maior para darse conta e sufrir vergoña allea xa teñamos erradicada esta lacra.

HUMOR: MARCOS ESCUDERO http://cousasdebuxo.blogspot.com.es


Finais de maio 2018 [ 19]

OPINIÓN ROMÁN GONZÁLEZ GARRIDO

MIGUEL ALONSO

Integrante de GañaMós Asemblea Veciñal

Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

o LEGAdo dE ArévALo, uN Futuro hIPotECAdo M es tras mes sucédense os informes ben de Tesourería, ben de Intervención, nos que se alerta da nefasta xestión económica do goberno do Partido Popular. A Sra. Arévalo vainos deixar unha herdanza que pesará como unha lousa, o seu legado será un futuro hipotecado para as e os mosenses. Se o mes pasado a Tesoureira alertaba de que o Concello sería incapaz de pagar as nóminas se non se modificaba a xestión económica, neste mes volve alertarnos de que unha gran parte dos Orzamentos de 2019 terán que usarse para pagar case un millón de euros pendentes de pago do 2017, ademais do case outro millón que se pagou fóra de tempo e prazo mediante expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito para que non cortaran a luz, auga ou telefono ao Concello. Que o Concello se pode quedar en calquera momento sen o subministro do máis básico non é unha esaxeración nosa, así de explícito figura no informe da Tesoureira sobre a Liquidación do ano 2017. Ademais, a ese millón de euros co que xa nacera lastrado o Orzamento do 2019 teremos que engadirlle todas as facturas que queden sen pagar do 2018 que, se temos como referencia o sucedido no 2017, esta débeda supera con creces os 2 millóns de euros segundo advirte a Tesoureira municipal. Só hai que sumar dous máis dous para decatarse do desastre económico en que nos está enfangando o Partido Popular.

Por se fora pouco, no recente informe sobre a morosidade do Concello de Mos, de novo, a Tesoureira municipal pon un SUSPENSO, máis ben un MOI DEFICIENTE, á xestión económica do PP. A Tesourería sinala que o Período Medio de Pago incumpre a lei de modo sistemático e ademais destaca que NON se cumpre o criterio de sostibilidade financeira da débeda comercial. Pero o peor dato non é o incumprimento dos prazos, senón o considerable incremento no importe global do total dos pagos que incumpren ao respecto, ascendendo este importe a 2.363.549,85 euros. No pleno de abril, para non perder o costume, o goberno municipal trouxo outro Expediente de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito. Certo é que esta vez é de un importe pequeno, máis comparado co anterior que superaba os 600.000€, pero a estas altura do ano que xa perderamos a conta da cantidade de expedientes denota claramente a desorganización e improvisación coa que xestiona a economía do Concello nas mans do Partido Popular. Nin sequera son capaces de agrupar ordenadamente todas estas facturas nun único expediente. A Sra. Arévalo pode unha e outra vez chamarnos mentireiros pero os números e os informes da Tesoureira ou Intervención deixan claro que o goberno municipal nos esta levando a bancarrota. A peor noticia de todas é que aínda teremos que soportar un ano máis desta nefasta xestión do Partido Popular.

Comunicado da Gañamós Asemblea veciñal MOS.

No último pleno do 07/05/2018 produciuse unha baixa no grupo municipal GañaMós froito do paso ao grupo de “non adscritos” dun dos integrantes da lista electoral. Neste sentido, a Asemblea quere trasladar a toda a veciñanza e especialmente á xente que colaborou máis activamente e que emprestou o seu voto as seguintes reflexións pola responsabilidade que ten con eles e elas. GañaMós naceu apenas dous meses antes das ultimas eleccións municipais e as súas listas foron confeccionadas coa maior vontade e ilusión para cambiar a vida política do noso concello. Ao figuraren nas listas, as persoas aspirantes a concelleiros e concelleiras aceptaban situarse como ferramentas da Asemblea, asumindo o compromiso ético de representar a toda a Asemblea e, tamén, á veciñanza. O concelleiro “non adscrito”, número 6 nas listas e que entra para substituír a Francisco Troitiño, abandonou a Asemblea tras un desacordo o día 29 de febreiro de 2016, hai máis de dous anos, tal e como consta nas actas do Asemblea. Tras isto, deixou de participar no grupo cesando toda a súa actividade. Recentemente, comunicou a súa vontade de incorporarse como concelleiro ao que GañaMós se negou aínda sen poder evitar este

feito. Deste xeito, esta persoa rompe co compromiso ético contraído coa Asemblea, cos veciños e veciñas. Dende a súa incorporación á corporación municipal, este concelleiro non representa máis que a súa propia persoa totalmente desvinculado da Asemblea. A pesar deste inconveniente, queremos comunicar que a nosa forma de traballar e a nosa labor política segue sen se alterar o máis mínimo. En GañaMós cabe todo o mundo que queira traballar por un proxecto colectivo no que cada un dos e das integrantes da Asemblea aporte a súa experiencia e visión. Por iso, a participación nas tomas de decisión de GañaMós estará sempre aberta aos veciños e veciñas que queiran de verdade traballar polo ben común, polo ben dos demais, dende a horizontalidade e sen protagonismos. Ante esta perda de representación formal, dende a Asemblea, respondemos traballando unidas, traballando máis e mellor, porque só así se responde á confianza depositada pola veciñanza. GañaMós atópase agora na celebración de asembleas abertas polas diferentes parroquias do concello, tal e como fixo nos seus inicios. Deste xeito, seguirá atendendo ás demandas da veciñanza, exercendo o liderado na oposición e repensando alternativas para un novo Mos de futuro. Con máis forza, seguimos adiante!

A INCAPACIdAdE dE NIdIA ArévALo PArA GoBErNAr

H

ai uns meses escribín unha columna sobre a incapacidade do PP para dialogar, algo moi grave se temos en conta que esta incapacidade mostrada por Arévalo afecta no día a día de todas e todos os mosenses. Dito isto, nesta ocasión, quero poñer sobre a mesa algo que aínda é mais problemático para o devir das nosas vidas en canto a asuntos municipais se refire: a incapacidade de Nidia Arévalo para gobernar. Por todas e todos é sabido a chapuza que está a facer Arévalo co asunto do Celta no noso concello, chegando a dicir algo tan grave como que “se o concello ten que investir, pois inviste e punto”. En definitiva, esta dicindo que o concello vai poñer cartos públicos a disposición dunha empresa privada, algo impensable. Cómpre recordar a opacidade, o engano, a incapacidade e a estafa que está a facernos a todas e a todos nesta negociación co presidente do Celta, o Sr. Mouriño. Paréceme unha verdadeira irresponsabilidade e un acto máis de incapacidade dicir que Mos vai investir no Celta, sobre todo a vista do estado das arcas municipais. A nivel económico o desastre é manifesto, máis que demostrado con diferentes informes de tesourería, secretaria e tamén de intervención que sinalan que, de seguir nesta liña irresponsable de gasto, ata as nóminas e os gastos correntes corren grave risco de poder ser asumidos. Un tema, o económico, no que non nos cansaremos de facer alusións á súa nefasta xestión. Non hai que esquecer a débeda coa Mancomunidade, algo que Arévalo se negou a asumir e agora temos que facelo cos números vermellos, máis vermellos ca nunca. Nestas últimas datas comprobamos que, como colofón a esta incapacidade de Arévalo, chegou información pública de que Vigo ía reclamar a Mos o IBI duns inmobles industriais no polígono do Rebullón. Algo que cómpre explicar moi ben, posto que supón outro desembolso importantísimo por parte das nosas arcas municipais, que hai que recordar que están baleiras a uns niveis alarmantes. Arévalo empeñouse en aprobar un PXOM deficiente e que só respondía aos intereses das súas “amizades”. Iso xa o denunciamos no seu momento pero, a día de hoxe, ten varios problemas engadidos. Primeiro, vai facer unha modificación “puntual” do PXOM para darlle encaixe o proxecto do Celta, algo inaudito e alarmante, xa que demostra que está a especular con terreos que son de propiedade comunal. E, en segundo lugar, temos o despropósito do polígono do Rebullón. Un mal deslinde con Vigo na execución do antedito PXOM pode implicar que o Concello de Mos teña que asumir unhas indemnizacións millonarias de prosperar as demandas dos propietarios das naves afectadas. O Concello acaba de investir medio millón de euros no saneamento e resulta que é de Vigo a maior parte do polígono do Rebullón. Mentres, moitas zonas de Mos carecen deste saneamento. Podería seguir con exemplos da nefasta xestión de Arévalo á fronte do Goberno Municipal pero creo que está máis que clara a súa incapacidade para gobernar Mos. Persoalmente, agardo que toda a veciñanza tomedes nota de todo o que está a acontecer no noso Concello e non vos deixedes vencer pola desidia e a indiferenza. Todo isto é unha herdanza que vai quedar para todas e a todos, non só para os que imos gobernar, senón para toda a veciñanza. Por iso é imprescindible que entre todas e todos o freemos canto antes. A solución para rematar con esta desastrosa xestión está nas mans de todas e todos nós. Non podemos mirar para outro lado mentres Arévalo nos hipoteca un futuro que ten moitas ilusións. Nas nosas mans esta decidir si queremos un Goberno de futuro, con sentido común e con capacidade de solucionar os problemas municipais. Un Goberno de veciñas e veciños ao servizo de toda a veciñanza de Mos. Ou se queremos reeditar un Goberno, o de Arévalo, que é corrupto, caciquil e só vela polos seus propios intereses partidistas e persoais. Un Goberno que leva demostrado unha e outra vez que é incapaz de gobernar Mos.


[ 20] Finais de maio 2018 OPINIÓN

1

MONCHO LAREU Membro de Anova e do CC da FPG

. No norte económico do planeta, as agredidas bótanse ás rúas para cuestionar os tratados intercontinentais coma o TTIP, CETA ou TISA que procuran suprimir os obstáculos normativos (dereitos sociais e medioambientais) dos estados coa fin de que as transnacionais monopolistas teñan completa liberdade para o amoreamento de lucro e a explotación sen límiteas. 2. Neste punto é onde se revela a fraqueza dos EUA, pero máis aínda a de Europa, posto que a actual crise ten servido tamén para quitarlle a carauta a farsa que son a Unión Europea e as súas buxás institucións antidemocráticas, saqueadoras, tecnocráticas e austericidas.

"ESPECIALIDADE EN PULPO, PEIXES E CARNES"

outrA PrEsA dE NotAs INtErNACIoNAIs 3. Organismos estes, tanto políticos (Consello europeo, Comisión, Parlamento, Consello da UE), coma os económicos (Banco Central Europeo) ou os xudiciais (Tribunal de Xustiza da UE), por non amentar os decorativos Comité Económico e Social ou o Comité das Rexións que tanto fascinaba á esquerda reformista e autonomista até non hai moito. 4. Sen reparar na letra pequena das didascalías, o guión estaba escrito e redactado de hai tempo e agora quedou á descuberta, co corpo espido, o reparto das funcións planificadas dende hai anos (Maastricht, Ámsterdam, Niza) para os distintos estados membros da UE. 5. Para os estados do norte-centro,

a locomotora económica-financieira vangardista e innovadora; para os estados ex-socialistas do leste, reservas man de obra barata e especializada cara a que trasladar a actividade industrial, para os PIGS do sur, desindustrialización e desenrolo dun turístimo accesíbel para o lecer da poboación do norte-centro. 6. Pero algo fallou no guión. Superado para aloxar as refuxiadas e refuxiados das guerras imperialistas que axudou a incendiar na busca de gasodutos e oleodutos alleos aos rusos, a UE propálase nun proxecto incapaz, amortizado e fracasado entre o óbito prematuro de Schengen e un Mediterráneo no que aboian milleiros de cadávares.

7. A recesión e crise dunha UE na que abroian o Brexit, o neofascismo, as desigualdades rexionais e a guerra, entraña unha derrota do neoliberalismo e das doutrinas que intercedían por desprover de soberanía política, económica e monetaria ás nacións e aos pobos para lla agasallar os mercados especulativos. 8. Neste punto, que facer? Correspóndenos ás nacións e aos pobos sometidos construír unidade internacionalista, dende abaixo e dende a esquerda, para loitarmos por recuperar a soberanía de todo o que nos atangue, de todo o que nos compete, de todo o que nos corresponde. Cataluña, Escocia, non deben estar soas.


Finais de maio 2018 [ 21]

BAIXO MIÑO

Nava Castro asistiu á inauguración Tomiño organiza a súa primeira edición do Día do Orgullo LGTBI do embarcadoiro en Goián

GOIÁN.

A directora da Axencia Galega do Turismo, Nava Castro, visitou Tomiño, co fin de asistir á inauguración do primeiro embarcadoiro inclusivo sobre o río Miño, construído na parroquia de Goián (Tomiño). A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu a visita da directora, lembrando o apoio económico da Axencia Galega de Turismo, para levar a cabo unha obra de interese social, da que poderán beneficiarse todas as persoas con problemas de diversidade funcional, así coma a cidadanía en xeral. A obra denomínase “Proxecto de Accesibilidade de persoas con diversidade funcional ao espazo natural do Miño” e fíxose con cargo á subvención para investimentos en infraestruturas turísticas e recreativas de uso público que fomenten a accesibilidade, outorgada pola Xunta de Galicia, por un importe superior aos 161.000 euros. As accións realizadas si-

túanse na parroquia de Goián en espazo natural protexido, declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) para a formación da Rede Europea Natura 2000; zona de especial protección dos valores naturais, e área de protección costeira do Plan de Ordenación do Litoral. O embarcadoiro consta de dous módulos flotantes, cunha estrutura desmontable de 12, 5 m. cada un, apoiados en dous pilotes metálicos situados nos extremos. O acceso a eles resolveuse a través dunha pasarela cunha pendente máxima intermareal do 10%, que mide 39 m. de lonxitude, mais zona de escollera, e unha anchura de metro e medio. A estrutura arrinca da terra, cun estribo de formigón armado, e penetra no río por medio dunha pasarela de estrutura metálica e pavimento de madeira. Este pantalán inclusivo, será o primeiro cen por cen accesible nos tramos navegables do río Miño.

TOMIÑO.

O Concello de Tomiño organiza a súa primeira edición do Día do Orgullo LGTBI. Unha iniciativa que xorde ante a necesidade de visibilizar a homesexuais, bisexuais e transexuais no rural e facelo como unha vía de reinvindicación de oportunidades. Unha iniciativa que procura que Tomiño sexa un espazo de activismo transformador e no que o conxunto da comunidade participe de xeito directo. A Xornadas terán lugar o sábado

30 de xuño no Río da Pedra (Tomiño) e presenta un modelo de celebración lonxe do consumismo e lecer nocturno. Será un encontro dirixido a todos os públicos que comezará ás 11h30. A Xornada contará con sesión vermú ARTESÁ, conferencias, obradoiros, concertos, danza, sesión DJ e actividades sorpresa. O I Día do Orgullo LGTBI é un actividade organizada polo Voluntariado de Tomiño que pechará entorno ás 20h00 coa lectura do manifesto.

O Concello solicita a Fomento a mellora da Avenida de Portugal

TUI.

Remitiuse dende o Concello de Tui unha memoria valorada ao Ministerio de Fomento, a través da subdelegación do goberno en Pontevedra no que se solicita a transformación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento cara o cruce

da Guarda e o Camiño Tenencia. Dende o Concello, segundo explica o alcalde, Carlos Vázquez Padín, solicítase ao Ministerio de Fomento unha actuación integral nesta zona da súa competencia tendo en conta que é a entrada a Galicia dende Portugal e que forma parte do Camiño Portugués a Santiago.


[ 22] Finais de maio 2018 BAIXO MIÑO

Unha nova fábrica de conservas solicita a Apoio a máis de 420 colaboración do Concello de Tomiño para familias co fin de promover a integración social e a a difusión do seu proxecto calidade educativa

TOMIÑO.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Antonio Tartaglione, recibiu no Concello a Laura Pernas, Responsable de Organización e Persoas de Atunlo e a Joao Gonçalves, Director de Proyecto de Central Lomera Portuguesa, unha nova fábrica de elaboración de lomos de atún precocidos destinados á conserva que, en breve, abrirá as súas portas no polígono industrial de Fulão, na localidade transfronteiriza de Vila Nova de Cerveira. Trátase da futura Central Lomera Portuguesa, que comezará a funcionar no mes de xullo próximo, e suporá a creación paulatina de 300 postos de traballo. A nova firma ten o respaldo de empresas consolidadas coma Marfrío e Atunlo e significará o investimento de 7.000.000 de euros. As instalacións, de 6500 me-

TOMIÑO.

tros cadrados, adicaranse á elaboración de lomos de atún destinados ó mercado de alta gama e terá una capacidade de elaboración de 100 toneladas diarias. Durante o encontro cos responsables municipais, os responsables da nova fábrica, explicaron en detalle as características da empresa, e solicitaron a colaboración do departamento de Emprego do Concello na difusión do proxecto. A alcaldesa, pola súa banda,

acolleu a iniciativa empresarial con satisfacción e comprometeuse derivar ás persoas interesadas que se dirixan ao Concello en busca de emprego. Na reunión, os responsables da fábrica explicaron que o perfil do persoal a contratar, é bastante amplo e, no caso dos operarios e operarias, non require formación previa, xa que esta correrá a cargo da empresa. Tamén seleccionarán técnicos de mantemento, calidade e recursos humanos, entre outros.

Un total de 259 familias con 312 menores a cargo, beneficiáronse do programa de Educación Familiar da área de Benestar Social do Concello de Tomiño, durante o ano 2017. Outras 136 unidades familiares con menores a cargo foron usuarias dos Servizos Sociais Municipais e 30 percibiron algunha axuda económica de emerxencia. No primeiro caso, o obxectivo foi promover a adquisición de competencia para o correcto desenvolvemento das funcións parentais e educativas, fomentando valores coma a igualdade de xénero ou a corresponsabilidade. En moitos casos, púxose ao alcance destas familias, atención psicolóxica, alternativas e itinerarios socio educativos para favorecer a súa integración social e previr situacións de vulnerabilidade ou risco de exclusión. Pola

súa banda, as familias usuarias dos Servizos Sociais Municipais, foron atendidas para información, orientación ou asesoramento coa finalidade de facilitarlles o acceso a distintos recursos; xestión de prestacións económicas coma a Tarxeta Benvida ou o Título de Familia Numerosa, ou outras destinadas a garantir a autonomía persoal ou a atención á dependencia e á discapacidade. Finalmente, , arredor de 30 familias con menores a cargo, percibiron axudas de emerxencia municipal destinadas á cobertura de necesidades básicas (alimentos, roupa, etc.); equipamento mobiliario básico (lavadoras, radiadores, etc.); axudas vencelladas ao uso da vivenda (débedas pendentes de pago de enerxía eléctrica, auga, etc.), e para conseguir atención sanitaria non cuberta polo sistema público de saúde (adquisición de lentes, etc.).


Finais de maio 2018 [ 23]

BAIXO MIÑO

PRESENTACIÓN NA GUARDA DA OBRA “NA SOMBRA DO TREGA” A GUARDA.

O pasado 8 de maio,o centro cultural da vila de A Guarda,ateigado de xente, acollía a presentación do libro coordenado polo destacado intelectual guardés Francisco Álvarez KOKI,”NA SOMBRA DO TREGA”.Un libro imprescindible para coñecer e gozar en profundidade dos múltiples encantos desta fermosa vila. Agradecemos a Koki, que no medio de tantísima xente dedicara uns minutos a conversar con A Nova Peneira.

-Ti figuras como coordinador de "Na sombra do Trega".Que é, un libro de autoría colectiva? Ben aínda que a idea era miña, para facer este libro tiven que recurrir a hemereoteca e tamén a colaboradores de distintos temas. -Cóntanos as súas principais características, e a súa temática? A Guarda carecía de un libro representativo, donde nunha impresión de luxo, tapas duras e un papel de calidade,confluiran distintos temas, dende historia, arquitetura, deportes, musica e sociedade. Tamén o libro contén unha galeria de fotos importante.

-En que medida a influenza de A Guarda e relevante nesta obra en particular, e na túa producción intelectual en xeral? Nesta obra é total, xa que é toda sobre A Guarda. Na miña produción e importante porque é a miña vila, sobre todo nos poemas do mar como é no caso do meu libro Maruxía. -Cara a que tipo de público vai dirixido? Vai dirixido a todolos pùblicos, tanto os veciños de A Guarda, como os turistas que teñen nel unha fonte de información. -Os datos sobre a edición de libros en idioma Galego son aterradores. O descenso constante de títulos publicados non augura nada bo. Cal é a túa opinión ao respecto das medidas que se deben tomar para reverter a situación? Dende fai moitos anos sabíamos que isto pasaría. Todas as políticas feitas cara a edición foron erradas. E un problema de educación. Se queremos ter lectores en galego temos que ensinarlles a lingua os rapaces e rapazas que son o noso futuro. A dereita galega non está por esas e vexo como a nivel institucional en moitos concellos supostamente de esquerda, só te atenden en castelán e só se fala en Castelán. Así non vamos a ningunha parte.

tomiño solicita do Plan Concellos uns 950.000 euros para melloras TOMIÑO.

O concello de Tomiño solicitou, ao abeiro do Plan Concellos, preto de 950.000 euros que repercutirán en melloras en distintas parroquias do municipio. A obra máis salientable é a reforma da contorna da Igrexa de Figueiró; unha das prazas máis fermosas do concello, que debido aos numerosos visitantes que recibe o santuario de San Campio de Lonxe, foi proposta polo goberno local para ser mellorada este ano. O proxecto, ao que se destinarán 440.000 euros, será amosado aos veciños e veciñas, o vindeiro martes, 22 de maio, nunha reunión que terá lugar no Centro de Figueiró. Previamente foi presentado

ao párroco, bispado, comunidade de montes e asociación veciñal. Nestes momentos, concretamente, está pendente da autorización do bispado, e conta co informe favorable de Patrimonio, autorización sectorial necesaria para levar adiante as obras. Na actualidade, a praza de Figueiró utilízase coma aparcamento de vehículos e pouco máis, non sendo posible un uso para goce das persoas. Segundo o deputado provincial e edil tomiñés Uxío Benítez “a idea é convertela nun referente, coma se fixo ca Praza do Seixo, un lugar de encontro, para as persoas, e preferentemente peonil”. A este proxecto destinarse un total de 440.000 euros.


[ 24] Finais de maio 2018 BAIXO MIÑO / O CONDADO

o comercio tomiñés, un produto de calidade segundo recente estudo realizado TOMIÑO.

Nos últimos anos Tomiño converteuse en centro de referencia facilmente identificable na zona de influencia, coa Praza de Abastos e a Praza do Seixo, coma epicentros do concello. Este contexto máis atractivo axuda a atraer máis clientela, non só a Praza de Abastos senón que a todo o municipio, favorecendo o comercio e a hostalería local. A estas conclusións, entre outras, chega o Estudo da Dinamización do Mercado Comercial Aberto de Tomiño, levado a cabo por una consultora, grazas ao apoio económico do Concello de Tomiño. O obxectivo prioritario deste traballo, realizado ao longo de 7 meses, era incentivar aos tomiñeses a consumir no pequeno comercio do pobo e atraer ás visitas doutras localidades. Tamén se pretendía comunicar a acción aos cidadáns e xerar empatía cos comercios da zona, aproveitando os soportes municipais e, algo moi importante, detectar e solucionar as necesidades formativas dos comerciantes e hostaleiros. Entre as fortalezas atopamos un produto de moi boa calidade e a proximidade dos establecementos; unha atención personalizada e directa, amplo coñecemento do produto; predisposición dos comerciantes para formarse en áreas nas que teñen carencias, e

iniciativas para crear unha imaxe corporativa da Marca Tomiño que identifique o comercio local aberto. Tamén son consideradas de forma positiva situacións coma que na actualidade o foco dinamizador é o Mercado Municipal; a colaboración a través de vendas cruzadas e unha maior conciencia de grupo, a raíz da formación e das campañas. En canto ás principais debilidades do comercio tomiñés, figuran a escaseza de produtos e servicios e a pouca variedade dos mesmos; a “falta de iniciativas para captar un rango de poboación máis nova, e tamén de publicidade, promocións e campañas, e de accións para frear a inercia actual da caída de demandas”. Outro punto débil é que os locais, na súa maioría non resultan suficientemente atractivos para a xuventude.

os Bolechas van a Ponteareas PONTEAREAS.

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera convida a todas as familias a asistir á sala multiusos do auditorio municipal de Ponteareas para recibir aos Bolechas que veñen presentar o seu novo libro “Os Bolechas van a Ponteareas”. O ilustrador Pepe Carreiro visitará a sala multiusos ás 18 hora mañá martes día 22 de maio. Esta iniciativa pretende facer que os cativos e cativas de Ponteareas sintan orgullo da súa vila achegándose á súa historia e vida dun xeito lúdico e didáctico.

Gustavo Alves gaña o concurso de debuxo “Ponteareas con ollos de nenas e nenos” PONTEAREAS.

A concellería de Ensino entrega este venres día 25 ás 12 horas os tres primeiros premios do concurso de debuxo “Ponteareas con ollos de nenas e nenos”. No salón de plenos, a concelleira Cristina Fernández, entregará a Gustavo Alves de Oliveira, Daniela Otero Rial e Noel de Lorenzo Sío, alumnos do CPR Santiago Apóstol, os premios deste concurso que pretende pór en valor ante a comunidade educativa, e máis concretamente ante o alumnado de Primaria e Secundaria, o contorno natural, paisaxístico e Pa-

trimonial do Concello de Ponteareas. Os participantes deixaron voar a súa imaxinación para plasmar creacións relacionadas co Patrimonio Municipal, a natureza e a paisaxe asícomo aqueles recunchos do Concello que o alumnado ten máis próximos e propón recuperar para o seu uso e desfrute. Gustavo Alves, primeiro premiado, desfrutará dun concurso de debuso intensivo e a segunda e o terceiro premiado obterán un vale de compra de material de debuxo e escolar.

o alumnado do Bouza Brey recibe á Alfombrista maría José sestelo PONTEAREAS.

A alfombrista María José Sestelo agasalla anécdotas e vivenzas ao alumnado do CEIP Fermín Bouza Brey no marco dos obradorios sobre arte floral que a concellería de Cultura e Turismo está a desenvolver nos centros educativos en colaboración cos alfombristas de Ponteareas. Esta inqueda muller que comezou a traballar nas alfombras de flores de Corpus cando tiña so cinco anos, relatou aos escolares momentos e aventuras vividas grazas á súa vinculación con esta festa que hoxe pode presumir de ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional e recoñecida polos milleiros de visitantes que se achegan cada ano para desfrutar dos máis de 160 anos de historia da arte floral que se agochan detrás de cada pétalo. No Bouza Brey realizouse unha mostra e presentación

dos materiais e proceso do Corpus elaborado no ano 2009 polas profesoras do equipo de normalización lingüística Chelo Ucha e Isabel Picos. O persoal da concellería de cultura tamén colaborou na realización da presentación desta mostra de materiais. María José Sestelo herdou a paixón polas alfombras de flores da súa familia e aínda que a súa vida a levou fora de Ponteareas, volveu e co seu retorno volveu tamén as súas ganas de volver deseñar unha alfombra, de ir buscar por leiras e montes os mellores ingredientes naturais, de preocuparse pola conservación e almacenaxe e un longo etc de tarefas que arrodean o mundo dos alfombristas. A Alfombrista trasladou ao alumnado o seu compromiso por esta tradición popular e convidou á mocidade a formar parte deste sentir que une a todo o pobo de Ponteareas.


Finais de maio 2018 [ 25]


[ 26] Finais de maio 2018 O CONDADO

A festa foi presentada polo Alcalde e pola pregoeira en Santiago de Compostela que neste ano será o 3 de xuño

A actriz e presentadora Nieves rodríguez será a pregoeira das festas do Corpus 2018 PONTEAREAS.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentouen Santiago de Compostela á pregoeira das festas do Corpus Christi 2018 nun acto celebrado na biblioteca Consello da Cultura Galega. A actriz e presentadora de televisión, Nieves Rodríguez, será a encargada de ler o pregón o vindeiro sábado 26 no auditorio municipal de Ponteareas. Veciña da comarca do Baixo Miño, Nieves Rodríguez, garda entre as súas lembranzas as primeiras visitas ás alfombras florais e o grato recordo que lle deixou o traballo colectivo e a

unidade dun pobo para crear arte. En Santiago o Alcalde convidou a todos os galegos e galegas a participar nesta festa declarada Ben de Interese Turístico Internacional que cada ano congrega a milleiros de visitantes. Con dous séculos de historia as alfombras florais do Corpus Christi de Ponteareas son o reflexo da capacidade dun pobo de transmitir unha herdanza e sabedoría popular que entraña diferentes técnicas de deseño, coordinación de equipos e un longo etc de tarefas que durante máis dun mes ocupan o tempo dos e das alfombristas

ponteareás, todo isto transmitido de xeración en xeración. O goberno de Ponteareas solicitou a declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial (BIC) pola súa longa tradición, por ser unha arte efímera realizada e transmitida polo pobo, pola creatividade que supón e polos coñecementos populares que implica e que son con experiencia son adquiridos, en definitiva, as alfombras florais do Corpus son o reflexo do sentir dun pobo. Nieves Rodríguez adiantou que no seu pregón as xentes de Ponteareas e os seus e súas alfombristas terán

especial protagonismo. Represas pola súa parte afirmou que nestes intres Ponteareas estase a preparar para ter todo listo para a chegada dos máis de cincuenta mil visitantes que se espera se acheguen a Ponteareas no dous ou tres de xuño. Este ano

darase un paso máis na mellora da atención ofrecida aos turistas e cidadáns e incorporarase un punto de atención turística á praza de Bugallal entre outras novidades que irán vendo a luz ao longo destes quince días previos ao Corpus.


Finais de maio 2018 [ 27]

O CONDADO

o goberno de Ponteareas fai historia cunha liquidación positiva de 1,2 millóns PONTEAREAS.

O concello de Ponteareas acaba de pechar as contas de 2017 cun remanente positivo de tesourería de 1.213.430, 81€. O Alcalde Xosé Represas e o concelleiro de Facenda, Francisco Alonso calificaron estes resultados de “históricos, nunca antes acontecidos na historia de Ponteareas”. O Alcalde explica que agora “podemos recoller os froitos de tres anos de traballo do actual goberno municipal nos que pasamos dun remanente negativo de tesourería de 5.031.208,90€ a este positivo de 1,2 millóns de euros. Un resultado que nunca

se dera desde que se teñen datos da contabilidade municipal”. O goberno detalla cifras e explica que os ingresos recadados en 2017 sumaron un total de de 14.416.963,38€, mentres que os gastos foron de 12.938.469€, dando un resultado orzamentario de 2.285.431,53€. A día de hoxe con esta liquidación positiva poderase resolver débedas e acometer proxectos. Para o Alcalde era imprescindible poder sanear a economía para, de aquí en diante, comezar a construir o futuro de Pontereas. Dando prioridade á necesidade de non seguir hipotecando máis o futuro de

Ponteareas en detrimento de accións propagandísticas e obras faraónicas que deran publicidade ao equipo de goberno, o goberno en coalición centrou, neste mandato, os seus obxectivos en por ao día a contabilidade. Sen deixar de dar cobertura ás necesidades máis relevantes e urxentes, conseguimos todos xuntos nestes tres anos pagar non só débedas de millóns de euros se non tamén os intereses destas débedas. O concelleiro de Facenda detallou os diferentes capítulos de execución do orzamento, o capítulo de gastos de persoas

ascendeu a 5.034.097,79€, un 38,97% a porcentaxe máis baixa en gastos de persoal que se teña coñecido; mentres que os gastos correntes destinados a bens e servizos sumaron un total de 6.486.450,87€, un 50,13% do total do orzamento. Por outro parte os ingresos acadaron un nivel de execución do 92% sendo tres as liñas de financiación máis importantes:

Impostos directos que sumaron un total de 4.572.988,75€, as taxas municipais que neste goberno se conxelaron suman un total de 2.443,590, 97€ e as transferencias correntes doutras administracións (Estado, Xunta e Deputación) por un importe total de 6.772.316,36€. Francisco Alonso tamén reseñou a evolución moi positiva do endebedamento municipal.

TABERNA ARUME Tapas, bocatas, hamburguesas e viños Rúa Paseo Matutino nº 32 Ponteareas


[ 28] Finais de maio 2018 O CONDADO

A Concelleira de Turismo e o alcalde subíronse ao autobús urbano que porta a imaxe oficial das Festas

o Corpus e as súas alfombras xa circulan por vigo PONTEAREAS.

As festas do Corpus de Ponteareas locen dende onte en Vigo grazas á iniciativa do goberno de Ponteareas que puxo en marcha a campaña de promoción do Corpus na cidade olívica dentro da estratexia de marketing de difundir estas festas nas cidades e grandes núcleos de poboación como a realizada en Braga o pasado mes. A concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, e o Alcalde Xosé Represas subíronse hoxe ao autobús urbano que portará durante todo o mes de maio a imaxe promocional das nosas alfombras. Laterais e traseiras anuncian a todos os condutores

e peóns que xa estamos ás portas destas festas de interese turístico internacional. A imaxe do cartaz deste ano circula por Vigo chegando a todo tipo de público, dende maiores a cativos e cativas xa que a programación cultural do Corpus ofrece actividades para toda a familia.

C/VIDALES TOME 21, BAJO PONTEAREAS,

PONTEAREAS.

A liña 15C que percorre dende o Cuvi, o Calvario, a rúa Jenaro de La Fuente, rúa Pontevedra e Paseo da Alfonso para pasar pola Gran Vía ata chegar a Samil e unha das liñas de máis longo percorrido facendo que a promoción do Corpus de Ponteareas acade unha maior difusión. Dentro desta estratexia tamén se realizará unha exposición ao aire libre das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas recollendo a suxerencia aportada pola Asociación de Alfombristas. En colaboración con eles o vindeiro 19 maio na céntrica rúa Príncipe diante do Museo Marco exporánse arredor de trinta fotografías.

Abierto todos los días desde las 14:00 hr

o goberno ampliará as prazas en zona azul A concellería de Seguridade Cidadá do concello de Ponteareas informa de que xa se procedeu á apertura de sobres para a concesión da xestión da zona Azul para aparcamento. Á espera da presentación da documentación da solvencia económica, a nova empresa colocará un parquímetro máis na confluencia das rúas Vidales Tomé e Ciclista Emilio Rodríguez ampliando o número de aparcamentos en zona azul en canto se modifique a ordenanza. Os cinco parquímetros xa existentes manteránse na mesma ubicación (praza de Bugallal, rúa Reveriano Soutullo, praza da Música, praza Arxentina e rúa Perillana). A zona Azul seguirá sendo de balde e nos parquímetros expedirase un ticket

no que figure o número do expendedor e os datos do vehículo así como a hora de comezo e remate do estacionamento. Para asegurar a rotación e bo funcionamento da zona azul no ticket incorpórase o número do expendedor que identifica cada parquímetro. Como novidade na modificación da ordenanza tamén se engade un tramo horario pola tarde para que tamén se produza a desexada rotación. Nos vindeiros días procederase á adxudicación definitiva para que o servizo de zona Azul comece a funcionar do xeito máis óptimo e así dinamizar as zonas de aparcamento e que toda a veciñanza teña a oportunidade de achegarse ao centro urbano para realizar as súas compras e xestións.

DISCOTECA "LA FABRICA" Inauguracion el sábado 26 de Mayo. C/ Real en Ponteareas, abierto a partir de las 3:30 hr. Entrada prohibida a menores de 18 años


Finais de maio 2018 [ 29]

REPORTAXE DE G. FIGUEIREDO

o CorPus ChrIstI dE PoNtEArEAs 2018

P

onteareas é recoñecida a nivel internacional pola elaboración das alfombras de flores coas que se conmemora a festa do Corpus Christi, unha tradición secular que mistura arte e devoción. Máis dun kilómetro de tapices de flores adobían o centro da vila e enchen as rúas de cor e de aroma, creando unha imaxe sobranceira e inesquecible. Durante as semanas previas xa se pode ser testemuña do traballo de todo un pobo por sacar adiante a festa e asistir ao proceso de desfollado nos portais. Un traballo paciente e laborioso realizado por homes e mulleres de todas as idades. Na tarde da véspera tamén se pode ver o proceso de traslación dos debuxos ao asfalto e pasear ata o albor vendo a minuciosidade do traballo de colocación das follas, pétalos e flores que irán dando vida ás alfombras; poderemos decatarnos de como o algareo de cores van dando forma aos tapices e, o domingo, asistir ásolemne procesión do Santísimo Sacramento. A vila alcanzou especial renome pola celebración desta festividade, e aínda que o concello colabora coa elaboración das alfombras aportando algo de material, son os veciños os que levan a meirande parte do traballo, tanto na recollida de flores, matas, ar

bustos.. coma na confección das alfombras. Estas alfombras trátanse dunha obra que expresa a cultura popular das xentes de Ponteareas que, ao longo dos anos, souberon conservar e promover esta celebración, recoñecida como “Festa de Interese Turístico In-

ternacional”. No domingo de Corpus son máis de vinte alfombras as que enchen as rúas e prazas de Ponteareas, nunha profusión de colorido, creatividade e beleza que enfeitizan a propios e visitantes. Máis dun quilómetro de alfombras con miles de flores, matas e arbustos, coidadosamente esfolladas e mesturadas para obter unha auténtica obra de arte efémera. En Galicia coñecemos desde a Idade Media o uso de elementos vexetais nas liturxias do Corpus, así na Catedral de Santiago de Compostela espallían fiúncho polas súas naves nesta festividade xa no século XVI, costume estendido despois por numerosos lugares de Galicia. En Ponteareas carecen dunha referencia clara sobre a data en que se comezaron a adornar as súas rúas, en

consecuencia, o recurso a unha inmemorial tradición é obrigado. A existencia dunha Confraría Sacerdotal do Arciprestazgo baixo o patrocinio do Santísimo que anualmente celebraba solemnes cultos, a Confraría do Santísimo da parroquia de San Miguel que tiña nesta xornada os seus principais actos de culto, a contribución foránea,… algúns falan dun xuíz canario residente en Ponteareas cuxa esposa introduciu a tradición de alfombra, son elementos que poden explicar por que xorde en Ponteareas esta tradición alfombrista e non noutros lugares. Na segunda metade do século XIX xa se adornaban as rúas por onde se espallían flores e plantas para o paso da procesión eucarística, sen confeccionar ningún debuxo. Así en 1857 na rúa San Gregorio había estendidas no chan flores, herbas aromáticas e máis que se acostumaba a facer no día. Con todo, a voz popular sitúa a orixe nos veciños da popularmente coñecida como “Rúa de Abaixo” ou rúa Real e desde alí estendeuse a outras zonas da vila. Co paso dos anos deséxase cubrir a totalidade das rúas, comézase a usar serraduras tinguidas con anilinas de diversas tonaSigue ná páxina29

RÚA REDONDELA Nº1 PONTEAREAS

“HELADOS ECOLÓGICOS VEGANOS Y SIN GLUTEN, GRANIZADOS Y MUCHO MÁS.."


[ 30] Finais de maio 2018 O CONDADO lidades que eran combinadas cos tradicionais fentos, giraldas, mirtos, etc. Estas serraduras obtíñanse nos numerosos serradoiros de madeira que existían na zona e era mesturado coas anilinas en grandes toneis con auga, pero a combinación foi decaendo nas primeiras décadas do século XX. Por estes tempos comezan a realizarse os primeiros debuxos, maioritariamente de carácter xeométrico e co deseño de grecas, cenefas, etc. debendo cubrir con serraduras as rúas empedradas antes de colocar a ornamentación floral. A festa caracterizábase entón pola súa espontaneidade, era froito do entusiasmo e devoción dos propios veciños. Desde varias semanas antes mulleres, homes e ne-

nos saían aos montes, campos e xardíns en busca de material, primeiro mirto, mimosa, árnica, etc., a medida que se achegaba o día, flores, que as mulleres e os nenos esfollaban pacientemente nos portais das casas do percorrido procesional, mentres os homes deseñaban, en segredo, a ornamentación da alfombra. Ningunha institución promovía ou apoiaba este esforzo, nin tampouco ninguén foráneo achegábase a contemplalo, ao longo da noite en que todos traballaban a reo na confección. Así ata o ano 1947 no que a festa de Corpus comeza unha nova etapa. Desde 1945 deixa de organizar esta celebración o correspondente mordomo da Confraría do Santísimo, asumindo

este labor unha comisión de veciños. Estes son Luís Salgueiro, José Casasnovas e Gabino Porto que apostaron pola difusión desta festa, ata entón cinguida ao ámbito local. Entrevistas radiofónicas, reportaxes xornalísticas, edición de material divulgativo (a revista “Pregón”), etc. son novas iniciativas

que promoven. A combinación destas medidas logra que a festa de Corpus adquira unha dimensión inusitada ata entón, coa afluencia de milleiros de persoas a Ponteareas para contemplar as súas alfombras. Ata o punto que en 1968 esta festa é declarada de “Interese Turístico Nacional”. A crecente afluencia de visitantes é paralela tamén a unha crecente calidade das alfombras, cada vez os debuxos, cenefas, orlas, etc. adquiren unha dimensión máis artística. Aparecen tamén os temas figurativos, ligados á temática relixiosa ou de carácter galego, onde se comeza a matizar en base a flores e follas e termínase con sementes, moendas, etc. Hoxe en día é moi importante o apoio municipal

Tu servicio oficial Peugeot en Ponteareas. De toda la vida... Lomba, 1 - Areas - Ponteareas Telf.: 986 64 07 18 Fax: 986 66 09 52 Móvil: 608 35 33 95 puenteareas@puenteareas.redpeugeot.com www.puenteareas.peugeot.es www.peugeot.es


Finais de maio 2018 [ 31]

O CONDADO O recoñecemento ao traballo e sabedoría na confección de alfombras florais tivo o seu último recoñecemento en 2009 coa declaración da Festa do Corpus Christi de Ponteareas como Festa de Interese Turístico Internacional. Esta distinción oficial foi un dos motivos que levou ao Concello de Ponteareas a organizar en 2010 o III Congreso Internacional de Arte Efémera e no que Ponteareas tivo a maior proxección de toda a súa historia a nivel internacional e no que se reuniron en Ponteareas delegacións de varias cidades de todo o mundo, mostrando a súa arte floral. Así mesmo, no ano 2010, na visita do Papa Bieito XVI a causa do ano Xacobeo en Santiago de Compostela, onde milleiros de visitantes de todas as nacionalidades puideron contemplar a fermosa alfombra confeccionada polos veciños

que achega o material (mirto, mimosa, cocas de eucalipto, etc.,) pero seguen sendo os traballos anónimos e entregados dos veciños os verdadeiros artífices da “portentosa creación” que son estas alfombras de flores. Pero un espazo especial na historia dos alfombrados ponteareáns teñen as alfombras de flores realizadas máis aló da vila. Cabe destacar especialmente a confeccionada na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1982 con motivo da primeira viaxe de S.S. Xoán Paulo II a España, ou a realizada tamén na súa honra na Praza de Santa Ana no Vaticano o 2 de febreiro de 1983. Mención especial para as realizadas en Caracas (1985 e 1998), Sevilla (1992), Bos Aires (1992), Baía (1993), etc. sen esquecer as que anualmente realizan os veciños de Ponteareas na vila irmá tinerfeña de La Orotava desde 1984.

Rúa Paseo

Matutino, 25 Ponteareas

de Ponteareas. Para a festa deste ano, a Consellería de Cultura presentou o deseño do cartaz desta edición o pasado 16 de abril. Este cartaz sae a concurso tódolos anos e o xurado valorou moi positivamente as dezaoito propostas recibidas pero, finalmente o concurso quedou deserto ao non cumprir ningunha das propostas na súa totalidade ás premisas recollidas nas bases. O presentado baixo o lema “Coloris Natura” do ponteareán Iago Fernández cumpría en maior medida os requisitos pero non a iconografía da imaxe que debe centrarse exclusivamente nos materiais propios do Corpus. O autor aceptou as suxerencias dos membros do xurado e adaptou o cartaz para que, fora de concurso, converteuse no cartaz oficial do Corpus. Sigue ná páxina32


[ 32] Finais de maio 2018 O CONDADO O 24 de abril, Irlanda e Ponteareas uníronse para facer unha alfombra floral.

Quince alumnos e alumnas irlandeses que visitan Ponteareas dentro do programa ERASMUS xunto con trinta alumnos e alumnas do IES do Barral participaron neste proxecto que consistiu nun obradoiro impartido por alfombristas de Ponteareas no que puideron coñecer de primeira man os materiais naturais que se empregan introducíronse na técnica de alfombrar ao xenuino estilo “Ponteareas”. A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández Dávila e os alfombristas trasladaron ao alumnado a importancia social e turística do Corpus e as actividades que se desenvolven no marco destas festas, como tamén, o arte ancestral das alfombras florais. Desde o 2 de Maio, O Corpus e as súas alfombras circulan polas rúas de Vigo.

A Concelleira de Cultura e o Alcalde de Ponteareas subíronse ao autobús urbano que porta a imaxe oficial das festas do Corpus. Grazas á iniciativa do goberno de Ponteareas que puxo en marcha a campaña de promoción do Corpus na cidade olívica dentro da estratexia de marketing de difundir estas festas nas cidades e grandes núcleos de poboación como a realizada en Braga o pasado mes. A concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, e o Alcalde Xosé Represas subíronse o dous de maio ao autobús urbano que portará durante todo o mes a imaxe promocional das alfombras. Laterais e traseiras anuncian a todos os condutores e peóns que xa estamos ás portas destas festas de interese turístico internacional e ademais, este ano, desde o Concello, están coa tra-

mitación da “Declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial”. Dentro desta estratexia tamén hai unha exposición ao aire libre das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas recollendo a suxestión aportada pola Asociación de Alfombristas e en colaboración con eles, desde o pasado 19 de maio, na céntrica rúa Príncipe diante do Museo Marco, exponse arredor de trinta fotografías. O Alcalde de Ponteareas agradece a Vigo e ao seu Alcalde Abel Caballero a súa boa predisposición para a divulgación destas festas da vila de Ponteareas. Persoalmente, encántame a iniciativa en apoio ao arte de tantos e tantas veciñas que estes días dedican todos os seus esforzos en prolongar unha tradición herdada dos seus antepasados e desde logo que me vou pasar ver esta exposición fotográfica no centro de Vigo.

PRÓXIMA APERTURA EN BURACO, 1, CANS, PORRIÑO

INTERVENCIÓN SOCIAL E TERAPÉUTICA RÚA CASTELAO, 9, SALVATERRA INQUEDANZAS.ORG INFO@INQUEDANZAS.ORG 683 30 83 52

RÚA CASTELAO Nº 33 - SALVATERRA


Finais de abril 2018 [ 33]

O CONDADO

o PP veta unha proposta para mellorar as infraestruturas no Centro de saúde de Ponteareas Chus Garrote acusa ao Partido Popular de darlle a espalda aos ponteareáns PONTEAREAS.

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou o veto do PP, hoxe na Comisión de Sanidade, a unha iniciativa na que reclamaba a mellora das infraestruturas da comarca do Condado-Paradanta, sinaladamente nos Centros de Saúdes. Así mesmo, a iniciativa tamén recollía a contratación dun técnico especialista en radioloxía pola tarde co obxectivo de mellorar a atención primaria en Ponteareas, para evitar que os pacientes teñan que desprazarse ata Vigo para poder ser atendidos no núcleo de Condado-Paradanta. “Non basta con recoñecer que existe un problema, hai que actuar”, comentou o deputado en alusión á Xunta. Torrado propuxo garantir que se habilite o acceso dos centros sanitarios para persoas con diversidade funcional. “Proben a acceder cunha cadeira de rodas ao centro de Mondariz. É complicadisimo”, sentenciou.

A proposta socialista incluía tamén pedirlle á Xunta unha avaliación do estado das infraestruturas da comarca do Condado – Paradanta, “con especial atención ás condicións de accesibilidade dos centros de saúde”, e comprometer a contratación de persoal de atención primaria que permita garantir a correcta asistencia sanitaria na comarca. Pola súa parte a Secretaria Xeral dos socialistas de Ponteareas considera o veto do PP ás melloras das infraestruturas do Centro de Saúde de Ponteareas unha “puñalada” máis do Partido Popular aos veciños de Ponteareas. Neste senso, a líder socialista considera “ indignante a insensibilidade do PP polos verdadeiros problemas dos ponteareáns”. O portavoz socialista censurouo sectarismo amosado polo PP, que nunha Comisión na que foron solicitadas melloras para as instalacións de catro concellos, tan só aprobaron a de Pazos de Borbén, gobernada polo PP.

RÚA REAL, 5

PONTEAREAS


[ 34] Finais de maio 2018

Servicio 24H

TAPICERÍA SALVATERRA Rúa Galicia, Nº 30 antiqua@outlook.es 886 660 895

"Especialistas en repostería creativa100% Diseños personalizados para tu boda, cumpleaños o evento.

Tú lo imaginas, nosotras lo horneamos

artesanal

Infórmate en el 986 182 166 o en nuestra página web www.midulceeli.com

Avda. Castelao 57, bajo 36860 - Ponteareas


Finais de maio 2018 [ 35]

O CONDADO

dúas zonas para aterrizaxe de helicópteros As panaderías apoian a lingua galega con motivo para a celebración do Corpus Christi PONTEAREAS.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, recibiron no concello á Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortíz, para manter unha reunión con motivo do dispositivo de seguridade que se habilitará durante a celebración das festas do Corpus Christi de Ponteareas. A concelleira de Seguridade Cidadá adianta que xa se ten solicitado á Xunta de Galicia o posto de mando avanzado para que ao igual que o ano pasado AXEGA coordine as actuacións en materia de seguridade ante a

previsión dunha masiva afluencia de público. No operativo participan ademais Cruz Roja, voluntarios e equipos médicos. Dentro do operativo disporase de dúas zonas de aterrizaxe para helicópteros por se houbera que facer algún traslado de emerxencia, unha ubicada na zona do parque das pombas e outra no Centro de Saúde. A concelleira tamén solicitará a EOXI da área de Vigo dependente do Servizo Galego de Saúde que reforme o centro de saúde de Ponteareas na noite do dous ao 3 de xuño e na mañá do domingo día 3 na que terá lugar a procesión. Para a con-

celleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, “é imprescindible a óptima coordinación de tódalas forzas de seguridade locais coas comarcais, provinciais e autonómicas xa que as festas do Corpus Christi implica a afluencia de milleiros de persoas e está nas nosas mans que todos e todas os asistentes poidan gozar dunha noite de lecer e tradición sen sobresaltos. O traballo conxunto e ben coordinado sempre da bos resultados”. Fernández adiantou que durante o encontro prohibirase a circulación e estacionamento de veículos de masa máxima autorizada superior a 3,5 toneladas.

CAFETERIA

CASA DA CULTURA Estamos fronte ao Concello.

Visítanos... RÚA RAÍÑA DOÑA URRACA, Nº 12 SALVATERRA

do día das Letras Galegas

PONTEAREAS.

A concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista, celebra o Día das Letras Galegas colaborando coas panaderías de Ponteareas que repartirán arredor de oito mil bolsas de papel que por un lado homenaxean á profesora e escritora María Victoria Moreno. Deste xeito as panaderías repartiron as bolsas que con motivo das Letras Galegas apoiando a difusión da nosa lingua e dando a coñecer non só a figura desta ilustre poetisa se non tamén autores e creadores locais. “Entre os ob-

xectivos desta acción está o dinaminzar a lingua e a literatura galega entre a cidadanía e contribuír para prestixiar a nosa lingua materna que tan boas obras agocha e que debemos por en valor”, explica Hortensia Bautista.


[ 36] Finais de maio 2018 O CONDADO

Tamén está aberto o prazo de inscrición para a escola de música

Aberta a matrícula no conservatorio municipal PONTEAREAS.

O concello de Ponteareas a través da concellería de Ensino informa de que xa está aberto o prazo para solicitar praza no conservatorio municipal de música tanto na Escola de Música como no conservatorio para o curso 2018/2019. Todas as familias interesadas poden cursar a solicitude on line na seguinte ligazón ou achegarse ao conservatorio de 16 a 21 horas. http://conservatorio.ponteareas.gal /solicitude-de-praza/ No conservatorio municipal im-

pártense clases de instrumento, harmonía, linguaxe musical, educación auditiva e vocal, orquestra, música de cámara, conxunto, historia da música, coro e acompañamento entre outra materias. http://conservatorio.ponteareas.gal /estudos/plano-de-estudos/ O Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” é un centro público pertencente ao Concello de Ponteareas no que se imparten Ensinos Artísticos Elementais e Profesionais de Música conducentes á obtención do Título Profesional de Música.


Finais de maio 2018 [ 37]


[ 38] Finais de maio 2018 O CONDADO

A reforma da Praza de Bugallal terá un orzamento de 604.750€ PONTEAREAS.

Tras manter diferentes reunións coa veciñanza da praza de Bugallal, comerciantes, alfombristas e grupos políticos donde se lles presentou a proposta gañadora do concurso de reforma da praza unha vez recollida todas as suxerencias dos técnicos do concello, o estudio gañador Abalo Alonso Arquitectos procede á realización do proxecto de execución que entregará nas vindeiras semanas e que acada un orzamento final de 604.750€ (ive incluído) delimitándose como zona de actuación a praza de Bugallal. A praza de Bugallal será unha plataforma única con prioridade peonil e aberta ao tráfico rodado dispondo no entorno zonas reservadas para carga, descarga e servizos. Abalo Alonso proxectará zonas de sombra na que a cidadanía poida interrelacionarse nun es-

Cafetería

pazo cómodo e agradable rodeado de elementos naturais. No proxecto tamén se contempla abuxardar a pedra do adro da igrexa para evitar que esvare. As áreas de estancias levaránse aos bordes da praza con bancos e grandes xardiñeiras con formas de pétalos que teñan sempre presente as alfombras florais deixando no centro un grande espazo libre no que se poida seguir desenvolvendo as actividades lúdico-culturais e comerciantes existentes. O pavimento será de formigón lavado unificándose co

pavimento de pedra existente e facilitando os encontros coas rúas adxacentes tras comprobar como noutros espazos como o casco histórico de Santiago que resulta unha unión. O deseño elexido facilita a resolución de accesibilidade en todo o ámbito xa que non depende de peldaños nin desniveis nas diferentes zonas. Árbores e xardiñeiras nos laterais da praza e nas rúas do entorno configurarán un espazo verde e un roteiro polo que pasear baixo especies de folla caduca, reservando as árbores de folla perenne para as zonas de bancos. Na vindeira semana o equipo redactor manterá un encontro con técnicos de Patrimonio para trasladarlle a proposta definitiva e asegurarse de que todos os elementos e actuacións se ciñen ao que Patrimonio poderá autorizar.

Monet

Instan ao goberno do Estado iniciar ás obras de seguridade na N-120 e a retirar o radar

os socialistas de Ponteareas denuncian o afán recadatorio dos novos radares da N-120 PONTEAREAS.

Os socialistas de Ponteareas denuncian a instalación de novos radares de velocidade na N120 con fins unicamente recadatorios por parte do goberno de Mariano Rajoy. Estes radares, explica a edil socialista Vanesa Fernández, non teñen ningunha lóxica xa que están colocados nunha recta con visibilidade onde a velocidade máxima é de 80 quilómetros por hora con liña descontinua, polo que está permitido adiantar. Ademais, a edil de seguridade despois de ter mantido diversas reunión cos corpos de seguridade, asegura que nunca se puxo de manifesto unha velocidade excesiva nese tramo, de feito, “os últimos datos das

medicións levadas a cabo indican todo o contrario” engade Fernández. Neste senso, os socialistas de Ponteareas instan ao Goberno de España a eliminar este radar e a tomar as medidas acordadas co Concello de Ponteareas e coa Plataforma de Afectados pola N-120 para e mellora da seguridade na denominada “carretera general”. O Partido Socialista lémbralle ao Partido Popular e ao Goberno de España que os últimos accidentes do 2016 na N-120 marcaron un punto de inflexión para os veciños de Ponteareas que conviven día a día cunha autoestrada pola que pasan máis de 16.000 vehículos diarios.

"CAFETERÍA E PANADERÍA"

Avda. Castelao nº 26 baixo Ponteareas CAFETERÍA

PONTEAREAS

"Grazas desde o máis profundo á vila de Ponteareas pola súa confianza"


Finais de maio 2018 [ 39]

O CONDADO

sALvAtErrA dE mIÑo CoNmEmorA o sEu mILENIo O CONCELLO DE SALVATERRA CELEBROU O PASADO 24 DE MAIO OS SEUS MÁIS DE MIL ANOS DE HISTORIA, FESTIVO LOCAL NA VILA E FESTA NA QUE SE QUIXO IMPLICAR AOS MÁIS CATIVOS NA CELEBRACIÓN MILENARIA.

N

este día de festa no Concello de Salvaterra non faltou detalle da época no recinto amurallado da cidade. Houbo un xograr percorrendo a vila, recreación da cesión da Vila de Lacedurium, actuación do Coro Lacedurium, xogos tradicionais no exterior do Castelo e obradoiros tradicionais de cuños de moeda con plastilina e escritura a pluma. Como novidade este ano durante toda a xornada contou cunha feira de artesanía e unha exposición de fermosos traxes medievais. Pola tarde os máis pequechos puideron desfrutar dun contacontos l e como peche a esta incrible xornada, un máxico espectáculo de Alquimia. Para implicar aos máis cativos nesta festa celebrouse o II Certame Artístico “Salvaterra Milenaria”, para que os nenos trasladasen a súa visión, a través das diferentes categorías, do que sería a Vila nese intre da historia. Establecéronse diferentes categorías, atendendo tanto a disciplina utilizada como a idade das-os participantes. O xurado estivo composto por persoal docente dos centros escolares e do propio Concello.

Todos os traballos estiveron expostos na web do Concello e nas Covas de dona Urraca o día 24, día no que se fixo tamén entrega dos premios, dentro dos actos conmemorativos que ofreceu o recinto amurallado aos seus veciños e centos de visitantes durante o día festa.

Historia de Salvaterra:

Foi no ano 991 cando se atopou o primeiro documento escrito que fai referencia a Salvaterra de Miño, o que a converte nunha auténtica Vila Milenaria. Neste texto o monarca Vermudo II asinaba, un 24 de maio do ano 991, un documento no que lle cedía á igrexa compostelá e ao seu bispo D. Pedro Martínez de Mosoncio, a vila de “Lacedurium”, este que foi o nome orixinario do pobo. Esta vinculación entre Salvaterra e a igrexa compostelá mantívose durante un longo período, ata ben entrado o século XIX, durante o cal, os veciños e veciñas pagaron o diezmo á sede santiaguesa. Tras este episodio, son moitos os documentos nos que se fai referencia ao nome da vila, que progresivamente iría modificándose de Lacedu-

rium a Lazoiro. A última mención ao topónimo de Lazoiro aparece no documento de anulación dos foros da cidade de Tui, realizado polo rei Fernando II en 1170. Sería en tempos de Alfonso IX, que ascendeu ao trono en 1188, cando a vila recibiría o seu topónimo actual, Salvaterra de Miño. Algunhas teorías apuntan a que este topónimo pode derivar do caracte-

rístico recinto amurallado, cuxa finalidade non era outra que “salvar” o pobo das invasións portuguesas, o que daría lugar ao nome de Salvaterra.

Todo tipo de fiestas y verbenas, bodas, bautizos, comuniones, fiestas de cumpleaños...

PÍDANOS PRESUPUESTO SIN COMPROMISO 674 67 74 42 Oscar vox oscarvoxgalicia@gmail.com


[ 40] Finais de maio 2018

“A SÚA AXENCIA NO CONDADO” E-MAIL: MARPI@MARPI.ES WWW.MARPI.ES

JOSÉ LUIS TEIXEIRA RODRÍGUEZ DELEGADO

Rúa Redondela Nº 1 Baixo - Ponteareas


Finais de maio 2018 [ 41]

O CONDADO

As solicitudes deberán presentarse do 9 de xullo ao 9 de agosto

Aprobardas axudas económicas de 75,00€ para á adquisición de libros e material escolar, para o curso 2018-2019 SALVATERRA.

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou en Xunta de Goberno Local as bases e a convocatoria específica de concesión de axudas económicas de 75,00€ destinadas á adquisición de libros e material escolar de cara ao próximo curso 2018-2019. Segundo Marta Valcárcel Gómez, a 1ºTte de Alcalde e Concelleira de Servicios Sociais, o obxectivo destas axudas, que se convocan anualmente, é promover o principio de igualdade na educación e compensar ás familias con recursos limitados para cubrir os custos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo como tales tanto a adquisición de libros como o resto de material escolar. Estas

axudas están dirixidas aos alumnos e alumnas de Educación Infantil matriculados nos centros escolares de Salvaterra. O prazo para a presentación das solicitudes será do 9 xullo ao 9 agosto, ambos inclusive. Os interesados en solicitar esta axuda económica deberán presentar as solicitudes xunto coa documentación esixida polo De-

partamento de Servizos Sociais, os martes, mércores ou xoves, nese mesmo departamento, de 08.00 a 14.00 horas. É necesario aportar xunto coa solicitude o DNI ou NIE dos membros da unidade familiar, o libro de familia e xustificantes dos ingresos da unidade familiar do ano en curso. Os interesados terán que achegar o recibo de aluguer ou o certificado bancario en caso de estar pagando unha hipoteca da súa vivenda habitual. Ademais, é necesaria unha copia da declaración de renda e sentencia e convenio regulador en caso de divorcio. Para máis información contacte co Departamento de Servizos Sociais.

salvaterra aproba as bases da XIII convocatoria dos “Premios de Educación Curso 2017/2018” SALVATERRA.

Segundo a 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel Gómez, os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes. Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais. Tomarán parte nesta convocatoria que ven de aprobar a

Xunta de Goberno Local o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e máis dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que sinalan para cada unha das distintas etapas educativas que se establecen nas bases.

CAFETERÍA

EL PARQUE

Un lugar delicioso. Coñécenos

Parque das Pombas s/n Ponteareas

"Especialistas en Lamprea"


[ 42] Finais de maio 2018

SEGUR TEA Axencia Exclusiva de Allianz Avda. Castelao 26 - Ponteareas C01098b36405967

VERTICAL

DECORACIÓN DEL HOGAR:VERTICALES, ESTORES, MAMPARAS,PUERTAS PLEGABLES,PERSIANAS, MOSQUITERAS Y MUCHÍSIMO MÁIS... AVDA. CASTELAO 22 - PONTEAREAS


Finais de maio 2018 [ 43]

PUBLIRREPORTAXE

mANEL sALus CENtro dE tErAPIAs

“o tErAPEutA NoN sÓ dEBE dAr EXEmPLo NA CoNsuLtA sENÓN tAméN No sEu díA A díA” En Ponteareas na rúa do Merlo nº 1(662309460) está Manel Salus, un centro de terapias no que se dispensa medicina tradicional chinesa nas súas diversas variantes en xeral, e na práctica da acupuntura en particular. Alí coñecemos a Manel, un terapeuta de exquisita sensibilidade co que tivemos o pracer de aprender que é e para que vale a acupuntura. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa. De onde es ti Manel? Eu son catalán, de cerca de Barcelona, dunha localidade que se chama Mollet del Vallés. Canto tempo levas en Galicia e como foron as circunstancias da túa chegada? Xa levo algo máis de seis anos. A milla muller, Sonia, é de Ponteareas. Ela estivo arredor de once anos vivindo en Catalunya, de feito alí nos coñecemos e finalmente tomamos a decisión de establecernos persoal e profesionalmente nesta fermosa terra. Xa tiñamos estado en distintos períodos de vacacións, e eu mesmo cando era neno tamén viña a Galicia cos meus pais. É dicir, a túa vinculación con Galicia, é intensa? Moi intensa, a verdade é que si. Canto tempo de vida ten Manel Salus? Xa imos polos tres anos e medio. E como os valoras? Moi positivamente. O negocio, permíteme gañar a vida practicando unha profesión que me produce paixón. Cal é a túa formación? Fíxate, eu teño 44 anos e xa comecei aos 17 a formarme no quiro masaxe en Barcelona. Caramba que noviño, e por que? Pois creo que cada ser humano ten afinidades cara a certas áreas, e a min pasoume con este ámbito vital, que finalmente resultou ser o meu medio de vida. E a túa actividade profesional cando comezou? Inmediatamente despois de rematar a miña formación. En Manel Salus traballades ti e Sonia verdade? Si, traballamos os dous aquí. Sonia é profesora de ioga tibetano, eu tamén estoume formando como instrutor nesa disciplina, e o noso principal servizo é

a medicina tradicional china, especialmente a acupuntura. Como seguro sabes, a acupuntura é unha práctica recomendada pola Organización Mundial da Saúde, como práctica preventiva e como tratamento para moitísimas enfermidades, sen efectos secundarios. Cales son as características máis significativas da acupuntura? Consiste na inserción dunhas agullas moi finas en certos puntos que activan e ou relaxan o paso enerxético eléctrico que flúe por eses puntos cara ao sistema nervioso e os órganos internos. Entre os múltiples beneficios que achega, poderiamos destacar que mellora o noso sistema defensivo, e é moi útil por exemplo para previr os efectos negativos que os cambios de estación provocan na saúde. Cando unha persoa está seguindo algún tipo de tratamento médico, é compatible con recibir acupuntura? Por suposto. De feito nós sempre aconsellamos traer os informe médicos para traballar en conxunto. Son actividades compatibles, e ademais é necesario que o terapeuta de medicina tradicional chinesa traballe co médico. O obxectivo final é o mesmo, a mellora da saúde do paciente. A acupuntura serve para calquera tipo de dor? Si, para calquera tipo. Hai quen pensa que só para os musculares pero non é así. As dores de osos, problemas relacionados coa artrose, artrite ou semellantes tamén poden ser tratados con acupuntura. Incluso cuestións referentes á medicina interna; estreñimento, problemas de tensión, de estómago. Estamos falando de ciencia verdade Manel? Total e absolutamente si. É un feito cientificamente contratado que o corpo ten un percorrido bío enerxético paralelo ao sistema nervioso. Nós melloramos

a calidade de vida, algo obxectivamente moi importante. A que segmentos de idade se pode dirixir o tratamento con acupuntura? A todo tipo. Na nosa consulta veñen desde nenos pequenos a persoas anciás. Caramba, e os nenos non teñen medo ás agullas? Pois en liñas xerais teñen menos cós adultos. Asemade a punción para un neno é inferior en tempo á dun adulto. Ás veces con algo moi breve xa abonda. E para nenos tamén é moi recomendable un tipo de masaxe chinés, sen agullas, moi útil e eficaz. E un adulto canto tempo necesita? O mínimo soen ser 20 minutos, e dependendo da circunstancia pode chegar a 45. Non produce ningún tipo de dor? Non, ningún en absoluto. Cantas sesións soen ser necesarias para notar beneficios na nosa calidade de vida? Depende da patoloxía e da cronicidade. Iso valorámolo na primeira consulta, pero un mínimo de 4 ou 5 sesións é o

que eu aconsello. Soemos iniciar cunha consulta á semana, e logo imos espazándoas. Como foi o impacto na sociedade de Ponteareas da vosa chegada? Ao principio foi un pouco complicado, pola novidade claro. Pero despois de moito traballo, informando e asesorando moi ben sobre o que é e os beneficios que achega a medicina tradicional chinesa os resultados son moi positivos. As vosas consultas están ao alcance de todas as economías? Eu penso que si. Desde logo procuramos dar todo tipo de facilidades para que así sexa. Véxoche namorado do teu traballo? Absolutamente. Vívoo con moita intensidade, fórmome constantemente e gozo facéndoo. Que é o mellor do teu traballo? A motivación que supón apreciar como a calidade de vida do paciente vai mellorando. Supoño que iso debe de ser moi gratificante? Sen dúbida, ver como mellora na súa dor, apreciar como se lle proporcionan ferramentas para xestionar mellor o estres ou a ansiedade, si é enormemente gratificante. É posible non empatizar co paciente? É necesario separar. Tanto Sonia coma min temos prácticas persoais que nos axudan a facelo. Non se poden facer dúas consultas seguidas. Unha vez que remata unha, hai que deixar un espazo antes de comezar a seguinte, para prepararse mentalmente. Ese tipo de fortaleza mental supoño que tamén será moi importante para axudar coas dificultades inherentes á vida diaria? Si desde logo. O terapeuta non só debe dar exemplo na consulta, senón tamén no seu día a día. Nós buscamos unha alimentación correcta, unha actitude vital correcta, pero principalmente o que procuramos é ser felices. Algo que non debe ser nada doado? Hai que traballar duro. Rematamos Manel, agradecéndote a túa amabilidade. Velaí tes as nosas para tirar a mensaxe que queiras Algo moi sinxelo e difícil á vez :En Manel Salus desexamos e intentamos axudar a que quen nos distinga coa súa compañía poida aprender a ser feliz. Moitas grazas.


[ 44] Finais de maio 2018

o encrucillado A B C D E F

G H I

K

1

2

3

4

5

6

7

8

de Khan Deán 9

10

11

12

HORIZONTAIS: A- O ÚNICO QUE FOI ADESTRADOR DO CELTA EN TRES CATEGORÍAS DIFERENTES. B- ANTIGO LATERAL ESQUERDO DO CELTA,AO QUE A BANCADA DE BALAIDOS LLE CANTABA”.......ERES UN PAQUETE......ERES UN PAQUETE”-MAZINHO FOINO NO CELTA. C- XOGADOR ACTUAL DO CELTA-VOGAL. D- AXENCIA QUE ADMINISTRA A SEGURIDADE NO TRANSPORTE NOS EEUU-CONTRACCIÓN DE CONXUNCIÓN COMPARATIVA CO ARTIGO FEMININO PLURAL-400. E- VOGAL-VAL DE CANTABRIA-SOCIEDADE DE TASACIÓNANTIGO MODELO DE CITROËN MOI POPULAR NA DÉCADA DOS 90. F- ANTIGO LATERAL DEREITO DO CELTA-ABREVIATURA DE RÓMULO. G- OUTRO EX LATERAL DO CELTA-DO REVÉS INFUSIÓN MEDICINAL. H- INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS-A DO PANTALÓN DO CELTA É BRANCA-MALA FE, VONTADE DE COMETER DELICTO. I- DEPUTADA DO BNG-MASA DE PARTÍCULAS ELEVADA NO AIRE-ANTIGA MATRÍCULA DE OURENSE. K- PRIMEIRA VOGAL-DEIXA DE ESTAR NUN SITIOINTERIOR DEREITO DO CELTA NAS DÉCADAS 70-80 DO PASADO SÉCULO-VOGAL

VERTICAIS: 1- UN DOS MELLORES XOGADORES DA HISTORIA DO CELTA-VOGAL. 2- EN OURENSE ELES-FLUIDO INVISIBLE DESPROVISTO DE MASA, A TRAVÉS DO CAL,SEGUNDO OS CIENTÍFICOS DO SÉCULO XIX, SE PROPAGABA A LUZ. 3- PARROQUIA DE SALVATERRA-OUTRO ANTIGO LATERAL DO CELTA. 4- DO REVÉS GRUPO DE OPERACIÓNS ESPECIAIS DA POLICÍA NACIONAL ESPAÑOLA-NÚMERO DIVISIBLE ENTRE DOUS-ENTREGA. 5- EMISORA COLOMBIANA DE TV-FAGA SOCIO. 6- POPULAR COMPAÑÍA DE ELECTRODOMÉSTICOSSÍMBOLO QUÍMICO DO ESCANDIO-UN DOS PRINCIPAIS EQUIPOS DE FÚTBOL DE FRANCIA. 7- 500-LINGUA DE OCCITANIA-ANTIGO EQUIPO DE BALONCESTO FERROLÁN-CONSOANTE. 8- INDÍXENAS DO ESTADO DE ARIZONA-CONSOANTE-RÍO DE ITALIA. 9- POSTO QUE DESEMPEÑOU LUIS URQUIRI NO CELTA. 10- SON PRODUCIDO AO VIBRAR AS CORDAS VOCAISANIMAL PLANTÍGRADO-VOGAL. 11- EL EN OURENSE-XOGADOR CELESTE NA DÉCADA DOS OITENTA POLO QUE O EQUIPO GALEGO MANTIVO UN IMPORTANTE CONFLICTO LEGAL CO ATLÉTICO DE MADRID. 12- MULLER QUE AXUDA A ALGUÉN EN CERTOS CARGOS, ESPECIALMENTE O ECLESÍASTICO.

HORIZONTAIS: A-MILORADPAVIC.B-OLIETE-IDOLO.C-SERGIGOMEZ-A.D-TSA-CAS-CD.E-O-PAS-ST-AX.F-VELASCO-ROMU.G-OTERO-ANASIT.H-IEM-COR-DOLO.I-RODIL-PO-OR.K-A-SAE-MORI-A VERTICAIS: 1-MOSTOVOI-A.2-ILES-ETER.3-LIRA-LEMOS.4-OEG-PAR-DA.5-RTI-ASOCIE.6-AEG-SC-OL.7-D-OC-OAR-M.8-PIMAS-N-PO.9-ADESTRADOR.10-VOZ-OSO-I.11-IL-CAMILO.12-COADXUTORA.

ASESORÍA TERRA “Consultoría, Servicios Integrales en Asesoría Organización, Planificación Productividad y Eficiencia"

RÚA MARQUÉS DE VIANA Nº 9 BAIXO. SALVATERRA


Finais de maio 2018 [ 45]

O CONDADO

CINEMA. JOSIÑO ARAÚJO

PLAY doC 2018 A

14ª edición do Play-doc xa é historia. O mellor festival de cine de Galicia volveu arrastrar cara a Tui unha horda de cinéfilos ávidos de boas películas, ofrecendo un ano máis un atractivo programa repleto de concertos, actividades, talleres, documentais e ficción. A sempre fantástica sección oficial, prato forte do certame que comentarei detidamente nos parágrafos seguintes, veu acompañada dunha retrospectiva das obras de Aloysio Raulino e Peter Emanuel Goldman coas súas persoais miradas do Sao Paulo e do Nova York -respectivamente- da súa época, e dun ciclo nomeado "(Anti)Heroínas" con clásicos de Ousmane Sembène e Dennis Hopper, entre outros. Tampouco faltou unha selección do mellor cine galego actual, na que destacou Trinta Lumes, de Diana Toucedo, un belo film a cabalo entre o documental etnográfico e a ficción, un paseo místico entre a vida e a morte pola paisaxe rural do Courel, e a curtametraxe de Oliver Laxe O salvaxe leva o seu tempo, un particular ensaio sobre os cabalos. O director tamén estivo en Tui presentado o seu novo proxecto. Pero as verdadeiras triunfadoras do certame foron The Waldheim Waltz, de Ruth Beckermann, e Lamaland, de Plablo Sigg, que obtiveron exaequo o premio ao mellor film. Na primeira, que viña de ser recoñecida co premio ao mellor documental na Berlinale, Beckermann sitúanos na Austria dos 80, no momento en que sae á luz o pasado como antigo oficial nazi do ex-secretario

xeral da ONU Kurt Waldheim, xusto cando este se atopaba en plena carreira electoral para gobernar o seu país. A pesar desta revelación, gaña as eleccións e goberna durante 6 anos. Cunha montaxe hábil, aproveitando imaxes de arquivo e gravacións propias, a directora austríaca, que foi unha firme opositora a Waldheim, amósanos este proceso que rematou cun ex-nazi no goberno, algo que pode parecer incrible, pero que garda bastantes similitudes coa política estatal e internacional actual. Na segunda, Pablo Sigg mostra con detalle e magnetismo a rutina diaria dos dous últimos membros de Nueva Germania, unha colonia alemá da selva paraguaia fundada por Elisabeth Förster-Nietzsche, a irmá do filósofo. Esta rutina monótona vese alterada por un feito violento que precipita a fin desta comunidade. Sen premio quedou un dos nenos mimados do festival, Dominic Gagnon, que presentaba o seu novo film, Going South, unha frenética viaxe-zaping a través de youtube, que inicialmente parece non conducir a ningún lado pero que pouco a pouco vai tomando forma ata levarnos ao south (á merda, como sinalou o director), cara a onde se encamiña o mundo. A sección oficial a completou a costumista Terra Franca, opera prima de Leonor Teles, e Les Unwanted de Europa, de Fabrizio Ferraro, na que de forma tediosa narra a xa de por si tediosa viaxe do filósofo Walter Benjamin cara a España fuxindo da Francia colaboracionista.

o grupo municipal socialista de salvaterra se reune cos veciños de pesqueiras e fornelos SALVATERRA.

O grupo municipal socialista de Salvaterra continúa coas súas visitas polas parroquias de Salvaterra e informan que este venres 25 de maio as 9:00 da noite estarán no Teleclub de Pesqueiras e o sabado 26 a mesma hora no Teleclub de Fornelos. Según informa a portavoz, Rocío Bernárdez, estas xuntanza forman parte dun percorrido por tódolas parroquias con que se comezou o pasado ano apos-

tando polo contacto directo co veciño, crendo que é preciso escoitalo e coñecer de primeira man cales son assúas necesidades. Nestas xuntanzas se informará da acción do actual equipo de goberno, se falará dos presupostos, das próximas inversións, ademais se exporá o labor de oposición realizada polos socialistas e sobre todo se escoitarán as demandas e suxerencias dos veciños.


[ 46] Finais de maio 2018 PARROQUIA A PARROQUIA

ArEAs EN PoNtEArEAs G. FIGUEIREDO. O Concello de Ponteareas, a esta gran vila pertencente a Comarca Condado Paradanta, tamén se lle coñece como “A Vila do Corpus”, ou “A Vila do Tea”, o principal río de Ponteareas é o río Tea, afluente do río Miño, discorre rodeando a vila polo oeste, con varias praias fluviais naturais, sendo a máis coñecida e concorrida a situada na Freixa, por iso lle chaman a Vila do Tea. Entre as súas festividades máis importantes cabe destacar a celebración de Corpus Christi, na que os seus veciños confeccionan manualmente numerosas alfombras florais nas rúas da vila en honra ao Santísimo Sacramento, unha festa declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2009. Está Composta por 24 parroquias: Areas, Angoares, Arcos, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla,

Fozara, Xinzo, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, San Lorenzo de Oliveira, San Mateo de Oliveira, Santiago de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Prado, Ribadetea e Ponteareas. Hoxe imos falar de Areas, que xunto con Xinzo e Pías son as parroquias máis extensas da vila. A parroquia está dividida polos barrios de Agualevada, Alemparte, A Cruz, Ganade, A Gándara, A Lomba, O Peso, O Picoto e San Brais. Por esta parroquia percorre parte da carreteira N-120 e nela podemos atopar infinidade de negocios de todo tipo como son o Concesionario Peugeot, Talleres Rocal Volvo, Talleres Trum, Autos Carrera, Talleres Bosch, Neumáticos Campiño, Talleres Señal Chapa y Pintura, Desguaces Areas, Renta Car Lowcost, Granitos Sousa, Talleres de Pedra Laisen, Construcións e Escavacións Los Covelos, Tellados e Construcións Estévez, Los

BAR TENDA

VICTOR TENDA, VIÑOS E TAPAS

Cielos materiales de Construción, Cielo Riego, Talleres y Construcións Ganomagoga, A Tenda de Celia, Almacén de aceites Elf, Madeiras Areas, Madeiras Madeval, Agraria Areas, Conxelados e Froitería Gransol, Panadería Areas, Bar Camastro, Mesón Areas e a Farmacia Areas. En Areas está “A Escola A Granxa”, este é un Centro Integrado de Formación Profesional onde se pode estudar Produción Agroecolóxica, Xardinería e Floraría, Xestión Forestal e Medio Rural, Paixaxismo, Agroxardinería e Composicións Florais, Aceites de Oliva e Viños, Vitivinicultura e Educación e Control Ambiental. Para os relixiosos atopamos a “Igrexa de Santa María de Areas”, esta foi levantada en 1878, para substituír a antiga situada no lugar de Ganade e que, debido á súa proximidade ao Río Tea, sufría

frecuentes inundacións. Nela sobresae un retablo de pedra dedicado á Virxe das Dores e da Paixón do Señor, obra do canteiro José Cerviño García. Tamén está “A capela de San Brais” é do século XVII e “A Capela de Santa Lucía” do século XVIII. No barrio da Gándara podemos atopar o “Pazo de Porto Barreiro”, pertenceu a familia dos Ponce de León e construído na Idade Moderna entre os séculos XVI-XVIII. Consta dunha edificación de planta rectangular con engadidos posteriores feita en pedra granítica de boa factura. Posúe dúas altura, con cuberta a catro augas. O Pazo non se pode visitar, agora é unha propiedade privada pero o acceso permite ver unha fachada principal cunha escalinata de pedra de cantería. Nel destaca tamén un escudo nobiliario. E para os amantes do fútbol temos o Club Deportivo Cultural Areas. Este equipo foi fundado en 1967, nesta tempada 2017/2018 compite na Terceira División Española. Domingo Freitas Dalmeida é o presidente da entidade desde 1996. Carlos Machado é o adestrador do equipo desde 2016. Deste club saíron xogadores como Fonseca, quen marcou un hat- trick en nove minutos e chegou a xogar unha tempada no Coruxo, de 2ª división B. É un equipo humilde, pero coa forza dos seus 1000 veciños representa á parroquia de Areas polos campos de Galicia.

Rúa Real, 98

RÚA CASTIÑEIRA 13 PONTEAREAS

www.dondisfraz.com pilar@dondisfraz.com PONTEAREAS


Finais de maio 2018 [ 47]

PUBLIRREPORTAXE

trIFoLIum ENXEÑEIros

“A NosA FILosoFíA é dAr uN sErvIZo INtEGrAL PArA CuBrIr todAs As NECEsIdAdEs QuE PoIdAN XurdIr No muNdo rurAL” En Ponteareas na rúa Daniel Ojea, descubrimos a TRIFOLIUM, un estudo de enxeñaría centrado en dar servizo ao rural galego para poder axudar a descubrir, coñecer e explotar as grandes potencialidades que posúe. Falamos co seu propietario Luis Gelpi. Chámame moito a atención o nome da túa empresa “TRIFOLIUM”, por que? Trifolium é parte do nome científico dunha planta. Do trevo non? Si efectivamente. Eu son un namorado da natureza, de todo o mundo rural, e cando lle quixen pór un nome á empresa, procurei un intimamente relacionado co mundo natural. Supoño que o significado etimolóxico do nome da túa empresa será “tres follas”? Pois si, como sabes a maior parte dos trevos teñen 3 follas. E os de catro follas existen en realidade? Si, pero son moi escasos. De aí a crenza popular referente a que quen atopa un vai ter moita sorte na vida. Cóntanos o máis significativo do teu perfil persoal? Ben eu nacín en Santiago de Compostela. Estudiei dúas carreiras en Lugo; enxeñeiro técnico agrícola primeiro e enxeñeiro agrónomo despois. Comecei a miña vida profesional traballando como empregado en distintas empresas relacionadas coas miñas dúas grandes paixóns a enxeñaría e o mundo rural. Tamén toquei o campo a obra civil ata que coa crise a obra quedou sen saída e decidín traballar pola miña conta, e no ano 2014 abrín a empresa. Por que escolliches estudar enxeñaría agrónoma? Sen dúbida que por vocación, sempre me gustou o mundo rural e o feito de crear e deseñar cousas. Por que en Ponteareas? Vin aquí pola miña parella, e vendo as características da zona e as posibilidades que ten o rural no Condado pareceume unha boa zona para montar a miña empresa. Gústache vivir en Ponteareas? Moito. Xa levo aquí desde o 2012 e a

verdade é que me sinto plenamente integrado Cales son os servizos que oferta Trifolium? Un abano moi amplo. A nosa idea é dar un servizo integral para satisfacer todas as necesidades que poidan xurdir no mundo rural. Cubrimos funcións propiamente de enxeñaría e tamén relacionadas coa asesoría, así pois traballamos todo o relacionado coas herdanzas, os trámites coas notarías, escrituras de compra venda. Facemos tamén o que facía antigamente o agrimensor, todo o que teña que ver coas parcelas. Unha persoa que viva coma min no centro de Vigo, se ten unha necesidade relacionada coa enxeñaría pode recibir asesoramento na túa empresa? Desde logo que si. Malia que nos centramos esencialmente no mundo rural, tamén temos capacidade solvencia e loxística(unha rede moi ampla de colaboradores e colaboradoras) para ocuparnos de temas urbanos. E as principais necesidades que te encontras no rural cales son? Eu diría que reparticións de herdanzas, temas catastrais e medición de parcelas, proxectos agrícolas e proxectos agro industriais(montar granxas , invernadoiros...).Tanto cousas grandes como pequenas(galpóns almacéns..) Que che gusta máis o traballo administrativo ou o traballo de campo? Gústame máis o traballo de campo, medir identificar parcelas.. estar en contacto directo coa xente e coa natureza encántame. Algunha vez atopácheste con algún reto profesional que che fixera suar? Algunha vez si, pero eses son os máis gratificantes cando os resolves. Trifolium está ao alcance de todos os petos?

Eu así o procuro. Son unha persoa moi sensible á realidade social e procuro que as nosas tarifas estean ao alcance de todo o mundo. Cal é o voso ámbito xeográfico de actuación? Esencialmente os nosos clientes son do Condado Paradanta, pero traballamos en toda Galicia. Temos clientes en Santiago, Chantada, Ourense...e moitos sitios máis. Penso que alén de Trifolium tes outro proxecto empresarial non si? Pois si, xunto con outro compañeiro temos outra marca comercial que se chama “agrarízate”.Esta á unha aposta máis que facemos polo rural, que está esencialmente centrada no mundo das granxas. “Trifolium” está máis enfocada ás necesidades directas, e “agrarízate” é un proxecto máis global de dinamización do mundo rural. Eu creo que o rural galego ten un moi serio problema de envellecemento, non pensas? Si, sen dúbida xunto con moitos outros como por exemplo a non fixación da poboación debido á falta de alternativas tanto laborais como de servicios vitais que che permitan desenvolver un proxecto vital persoal no sitio no que naciches. E iso como se arranxa? Investindo máis e apostando sen nin-

gún tipo de medo polo mundo rural. En Trifolium témolo moi claro. O rural ten moitas potencialidades e nós estamos encantados de darlle servizo ás persoas que alí viven para que poidan convertelas en actos. Caramba que interesante, tes logo clientes aos que lle deseñas proxectos de vida empresarial no mundo rural? Si. Véxoche namorado do teu traballo Luis? Absolutamente. Podemos dicir que Trifolium é o teu traballo para a toda a vida? Esa é a miña intención. Un cliente que queira contactar contigo como pode facer? Visitándonos fisicamente na nosa tenda de Ponteareas na rúa Daniel Ojea nº 10 baixo, por mail lgtrifolium@ gmail.com. Chamando por tfn 886 216 505 653 047 430 ou no noso facebook. Nada máis Luis, moitas grazas e podes dicir a mensaxe que queiras Só agradecer enormemente aos clientes a súa confianza e convidar ás persoas que non nos coñecen a que descubran as inmensas potencialidades que ten o mundo rural. Estaremos encantados de axudar a cubrir as necesidades que teñan.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L.

Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos,

Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida, Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso. Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


Nº 61 (CUaRTa xeiRa)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

finais de MaiO 2018 - 2€

LUCÍA SANTOS VOCEIRA DO BNG EN MARÍN

“MARÍN PRECISA UN CAMBIO DE GOBERNO DE CONTADO, E NO BNG TEMOS A ILUSIÓN, A VONTADE E A CONVICCIÓN DE SERMOS PROTAGONISTAS DO CAMBIO”

PÁXINA XVIII

"EXPERTOS EN CELEBRACIÓN DE TODO TIPO DE EVENTOS: BODAS, BAUTIZOS, COMUNIONES, ANIVERSARIOS..."

AVDA. GALICIA, 41 4ºC SALCEDA DE CASELAS TELÉFONO: 644 8968 40


[ II] Finais de maio 2018 OPINIÓN X. CARLOS GONZÁLEZ PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG DE REDONDELA.

O BNG, ACREDITA NO TRANSPORTE METROPOLITANO Javier Bas prioriza o enfrontamento político, con fins electoralistas, a conta dos intereses dos veciños e veciñas de Redondela”. Vaia por diante, a aposta tradicional do Bloque Nacionalista Galego, polo fomento do transporte público. O reto de conxugar conservación do noso medioambiente e convivir na área metropolitana máis urbanizada de Galiza, lévanos á defensa de medios como o autobús, ou mesmo o tren, xunto ao fomento do uso vehículos particulares compartidos, xunto á mobilidade en bicicleta ou desprazamentos a pé. Esta aposta, tamén dende Redondela, levou ao BNG a apoiar a entrada do noso concello, no Transporte Metropolitano, coa nosa aspiración de que tamén o tren tamén se poida incluír no futuro. Actualmente cada usuari@ paga 0'75€ empregando a Tarxeta Metropolitana. Pola súa banda a Xunta aporta o 80% e

o Concello o 20%, restante ata aboar por completo a viaxe. Redondela, aporta arredor de 29.000 euros, nesta fórmula que pretende a redución do uso do vehículo particular, polo tanto emisións contaminantes. Ambas as dúas administracións aportan segundo cada billete, en función do número de desprazamentos. Preténdese que todos os concellos da Área, aporten en función do número de veciñ@s que a cotío empregan este billete. Vigo, malia que asinou a súa entrada no Transporte, ata agora non quixo dar este paso. Nas últimas semanas, abundantes teñen sido as novas arredor da tarxeta de transporte interurbano da cidade de Vigo. Ante a pretensión de Abel Caballero, de restrinxir o bono do billete interurbano unicamente aos veciñ@s da cidade viguesa, contou cunha frontal resposta do movemento social e político dos concellos colindantes. As medidas cautelares do xulgado do

"NOVA XERENCIA.GOZA DAS NOSAS TAPAS E BOCATAS"

JULIO 608 576 434

contencioso, conxelaron a suba dos 0'89 a 1'35€,. Unha medida beneficiosa para os centos de traballadores e traballadoras, xubilad@s, estudantes, que diariamente se desprazan ata a urbe, que verían seriamente ameazadas moitas economías familiares. No Bloque Nacionalista Galego descoñecemos as presuntas vantaxes, as posíbeis vantaxes para os seus conveciñ@s de quen pretende ser presidente da Área Metropolitana, exerce como presidente da Mancomunidade. Presuponse que esta figura debe ter unha visión de conxunto, exercendo con responsabilidade os compromisos aos que se ten chegado. No caso concreto de Redondela, a situación complícase dende o momento no que unha das liñas de Vitrasa, que chega ata Chapela, fora dende hai décadas asumida como parte da concesión. Outras, foron negociadas entre ambos os concellos, para dar resposta ás demandas e necesidades veciñais. Doutra banda, pretendendo adquirir protagonismo a costa dos intereses dos veciños e veciñas, o alcalde de Redondela, Javier Bas. Perfectamente coñecedor de que unha situación estrema como a suba de 46 céntimos por viaxe, ía facilitarlle as cousas. A rendibilidade política, a “tallada electoral” non se pode acadar con estas fórmulas. Javier Bas, coñecía xa dende hai anos, as intencións de Caballero. As restricións da tarxeta verde, e o bono social, auguraban

o panorama presente. O alcalde de Redondela buscou sempre o enfrontamento, abandeirando a sabotear a constitución da Área Metropolitana, exercendo un papel que o deslexitima. Recibindo consignas dende Compostela, sabía o alcalde de Redondela, que tensionar a situación, buscar o enfrontamento, e abandonar a vía política para solucionar conflitos, permitiríanlle medrar no Partido Popular. El que inicialmente presentouse ás eleccións do 2011, como apolítico, utiliza agora as fórmulas máis torticeiras para medrar. O últimos dos capítulos destes tristes acontecementos, tivo lugar na última Asemblea da Mancomunidade. Javier Bas, facendo seguidismo do Partido Popular, renunciou a defender o Transporte Metropolitano, nun dos poucos entes nos que podía facelo. Non deu a cara polos veciñ@s. Un papel indigno, mais esperado. Houbo, naquela Asemblea, como concelleiro do BNG, que plantexarlle abertamente a Abel Caballero as súas obrigas como presidente da Mancomunidade e da Área Metropolitana cumprindo os seus compromisos, velando polos intereses de toda a veciñanza. Apostamos pola negociación política como a vía máis rápida para solucionar este problema. Continuaremos a traballar dende o BNG por defender os intereses da veciñanza, apostando por un transporte público e eficiente.


Finais de maio 2018 [ III]

OPINIÓN

T

PAULO VILA AGORA GALIZA

ras o 15 M e a posterior aparición da mal chamada “nova política” no paronama político do Estado espanhol que representa Podemos, xerouse un falso ilusionismo electoral. Esta organización predicaba que se ganhaban as eleccións, conseguirían “cambiar” a lamentábel situación na que vive a clase trabalhadora a causa das políticas neoliberais dos partidos centrais do réximen (PP e PSOE), ca falsa consigna de que porían as institucións burguesas ao “servizo do pobo”. Antes das eleccións Podemos foi renunciando ao seu programa electoral – como por exemplo as nacionalizacións, pagamento da dívida externa-, convertíndo-se nunha peza máis da maquinaria do Estado e do imperialismo –apoio á NATO e a UE-. Xa con representación institucional Podemos deixou claro que nom era máis que unha nova pata “esquerda” do Estado para lexitima-lo, conseguindo embaucar a poboación, desmoviliza-la e que esta se afastase da

Peixes e mariscos da Ría de Vigo

Menú do día R/ Isidoro Queimaliños, 41 Redondela - 986 401 194

AS SEMELHANZAS ENTRE A “NOVA” E VELHA POLÍTICA, O “CAMBIO” PARA QUE NADA CAMBIE loita na rúa. Do mesmo modo aconteceu con En Marea na Galiza. No concelho de Mós todo isto nom foi umha excepción. GanhaMós, formación que xurdiu nese momento no concelho e que foi creado por diferentes persoas que provinhan de formacións políticas distintas, co obxectivo de “melhorar” a situación no concelho e de plantar cara ao PP, obtivo un resultado electoral moi bó grazas a ese ilusionismo electoral que impregnaba a toda a sociedade. Dentro das institucións, nos primeiros anos o PP de Mós chegou incluso a cortar relación institucionais e a difamar contra varios dos seus integrantes polas iniciativas de “confrontación” que Gan-

haMós implementou de maneira inicial, pero que pouco a pouco foron desaparecendo. A medida que transcorría o tempo, a lóxica institucional, as políticas de conciliación co inimigo, o apoio a farsa interclasista de En Marea, a suciedade interna, tensión entre os seus membros, etc.. foron deformando a organización que rematou por converter-se en todo aquilo que de maneira inicial dicía combatir. Como pode ser que o PP de Mós de cortar relacións institucionais com GanhaMós acabe por ofrecer-lhe presentar mocións conxuntas? Como pode ser que unha organización de "esquerdas" acabe por ver ao PP como um aliado en certas questions? Como se pode ir da man cos responsáveis da miseria acreditando que

algunhas das súas hipócritas propostas benefician o interese da “vecinhanza”? Cómo se puido chegar ata ese punto? O PP consegue arrastrar coas súas hipócritas iniciativas non só GanhaMós, senón tamén ao resto da oposición (PSOE e BNG). Sinxelamente a oposición vai a rebufo de Nidia. Mentres ningunha organización consiga desmarcar-se e facer-lhe fronte, o PP continuará ganhando as eleccións. A necesidade de articular unha organización de esquerdas que defenda nítidamente os intereses da clase trabalhadora mosense e que de verdade faga unha oposición real contra o fascismo institucional que representa o PP de Nidia segue plenamente vixente.


[ IV] Finais de maio 2018 ENTREVISTA POR MARCOS SANTOS

MANOLO CONDE DE CASA PACO

UN DOS IMPRESCIDIBLES DE REDONDELA Conversamos con Manolo Conde, fundador do Grupo Casa Paco, fundador tamén da Festa do Choco e antigo posuidor do Restaurante Casa Paco, un dos máis significativos de Redondela. Algunha cousa máis que teñas pensado fundar Manolo? Non, agora xa estou xubilado e xa teño bastante co equipo de fútbol. Somos oito equipos con uns cen nenos, e isto xa da bastante traballo. Como é lidar con máis de cen nenos? Dá o seu traballo, pero dedicarche ao que che gusta non dá problema ningún, agora si, chegas ao luns despois da fin de semana e acabas bastante cansado, pero eu llo achaco aos 68 anos que teño. E como se che deu un día por montar Casa Paco? falo do equipo de fútbol. Eu xogaba no Choco de Redondela e no ano 71 tiven que deixar o fútbol activo. Nese ano abrimos Casa Paco como restaurante despois de dedicarnos toda vida ao bar, e non me era posible adestrar e xogar os domingos co equipo. Como levo o fútbol no sangue, déuseme por montar un equipo coa parroquia veciña de Cedeira. Este era de fútbol sala, alá polo ano 77. Comezamos pouco a pouco e no ano 81 federámo-

nos. Os nenos aprendían a xogar e a competir que era o que buscaba. Dende aí ata o día de hoxe tivemos unha traxectoria moi boa. No ano 2021 penso cumprir os corenta anos federado e estou moi orgulloso do que levamos feito, co nome de Casa Paco temos deixado Redondela en moi bo lugar, tanto a nivel deportivo como a nivel de ser deportistas. Agora hai fútbol 7 tamén, pode ser? Non, Agora seguimos xogando so fútbol sala, salvo algún torneo de fútbol ao que nos inviten a participar. Temos oito equipos, como xa che dixen, e ao redor de cen nenos, número que se incrementa cando é o Mundialito da Xunqueira, que podemos chegar aos 120. Teño entendido por aí que tes un museo non? Si, a min sempre me gustou coleccionar fotos, banderíns, recortes de prensa e, por suposto, moitas copas e trofeos. E ese museo pódese visitar? O museo estaba no Restaurante Casa Paco pero cando o vendín entregueillo ao pobo de Redondela, e o alcalde aceptoumo. Dende ese momento está almacenado no Multiusos a espera de atoparlle un lugar axeitado. Está un pouco difícil porque o campo do Santa Mariña non ten aínda local, o pavillón novo da Marisma tampouco o ten, e entón estamos traballando para atoparlle o lugar que se merece para que a xente de Redondela, que é a dona do museo, poida gozar del. Estivo exposta xa no Multiusos unha tempada non? Si, cando estamos de aniversario e celebramos 20 anos, 25, 30, sempre facemos unha exposición no Multiusos.

Falemos da Festa do Chocho, ti fuches uns dos propulsores desta festa? Eu fun un dos que formamos a primeira Festa do Choco. Eu, Enrique, Carlos o do Stop, Jose Manuel o do Central, Pucho Barciela, Juan o de Casa Antón e Nando o do Bar Nando de Chapela, tres deles xa faleceron. Téñolle que agradecer a distinción que nos deu o Concello de Redondela co alcalde Javier Bas cando fixemos os 30 anos da Fundación Choco, foi un momento moi emocionante Como foi ese momento de facer a Festa do Choco? Todo veu a raíz dunha conversa en Casa Paco mentres servía unha mesa no salón, estaban uns homes comendo chocos claro, en Casa Paco non podían faltar os chocos os 365 días do ano, estes estaban a falar de facer unha festa do choco, agora non me lembro se eran do Grove ou de Cambados. A raíz de escoitar esta conversa, a min xa non me chegou o tempo para baixar e falar co alcalde de entón, Xaime Rei, e expúxenlle facer a festa do choco, deume tódolos alicientes que quixen

eu para montala, e así empezou a vaina. Ahh, que me esquecía de Xaime Vilaverde carallo… Que diferenzas ves agora da Festa do Choco a de antes? Foi crecendo moito, antes era unha festa como que di familiar, agora xa está montada doutra forma. Eu o que pedía era que o noso choco fora tratado e respectado como se merece porque eu sempre o recalco, o día da festa do choco ten que ser para promocionar o produto o resto dos 365 días do ano, non pode ser unha festa de gañar aquel día e o resto do ano non haber choco en Redondela. Alguén do que te acordes especialmente? Lémbrome de gran cantidade de xente. O tema do fútbol nunca se faría só comigo, teño sempre un gran recoñecemento para as nais de Casa Paco, sen elas nunca acadariamos os éxitos que tivemos, nin a min me darían a distinción da Xunta que me deron en Noia hai dous anos, sen elas non sería posible. Que distinción é esa? A distinción ao deporte galego, o recoñecemento. Entón as nais colaboran moito? Si, en desprazamentos, levando aos nenos… Tampouco me podo esquecer dos que neste momento me están axudando moito, Carlos Conde como coordinador e Iván Valles. Estamos facendo un gran labor, deixando sempre unha boa imaxe cando competimos. Este ano, o 17 de xullo, imos a organizar o II Torneo Galego Mini de Exhibición, do cal estou moi orgulloso posto que non hai un igual en toda Galicia. Neste torneo o resultado non é o primordial, o que importa e que xoguen todos os nenos.


Finais de maio 2018 [ V]

REPORTAXE DE MARCOS SANTOS.

OS CONCERTOS

DO VILABELLA Se alguén me pedise un consello para pasar unha deliciosa mañá de domingo, non me faría falta nada de tempo para recomendarlle pasar por Redondela, polo bar de Caye, o Vilabella, xusto en fronte do convento. Alí, cada domingo, na súa espectacular terraza podemos gozar de concertos en vivo, evadirnos uns instantes da dureza da vida cotiá, e lembrar aqueles azules e cálidos días da mocidade nos que só había que amar a vida, todos e cada un dos días. Achegámonos ata alí e acompañados pola amabilidade e profesionalidade de Beti, conversamos co seu propietario Cayetano Bouzón. Ti Cayetano malia que es novo es un home con moita experiencia no mundo da noite. Cal foi o motivo

que te impulsou a decidir mudar a un local máis tradicional apto para todo tipo de horas e de segmentos de público? Ben foi por dous motivos: eu son un home moi traballador, e a noite quedábase corta, e ademais non é moi rendible centrarse só nun ámbito horario concreto. Considero que se ten máis resultados se traballas tamén as mañás e as tardes. O teu local cubre un aspecto enormemente orixinal :os concertos en vivo que facedes na terraza os domingos ;como xurdiu a idea? A verdade é un auténtico éxito. Comezamos o pasado setembro cun grupo local, procuramos alternar as actuacións entre artistas locais e de fóra, e estamos enormemente satisfeitos da marabillosa acollida.

Trouxeches grupos de sitios moi diversos? Si, mesmo arxentinos. Case poderiamos dicir que o Vilabella é un local internacional. Ao principio eu buscaba os grupos, agora son os propios músicos os que contactan con nós. Terías que ampliar persoal supoño? Antes os domingos eramos eu e a cociñeira, agora somos 4. Que ben, canto me alegro. Eu tamén. Fíxate teño en carteira case a tripla de grupos dos que podo traer. Anuncias os concertos nas redes verdade ? Si, pero creo que non faría falta. Xa

a maioría de xente de Redondela sabe que os domingos no Vilabella hai concerto. Os domingos tendes competencia no convento non? Ha ha ha ha. Si home pero son cousas perfectamente compatibles. Por outra banda tamén hai que dicir que os segundos sábados de cada mes, tamén hai concertos non? Efectivamente, neste caso trátase sempre do mesmo grupo, Desconcerto, malia que excepcionalmente no mes de xuño vai ser o terceiro sábado do mes por coincidencia co Millo Verde. A partires de xullo retomarán as súas actuacións o segundo sábado do mes.


[ VI] Finais de maio 2018 PUBLIRREPORTAXE

PERRUQUERÍA ENREDOS. CHAPELA

A SENCILLEZ DO EXQUISITO En Chapela, na Avda. de Vigo nº 61 está a perruquería de Lara, a perruquería Enredos. En Lara conflúen as dúas condicións que fan que un negocio poida persistir ao longo do tempo, como persisten as rochas aos embates do océano, a calidade humana e a pericia profesional.

Ti chegaches á perruquería por casualidade ou por vocación? A verdade é que por casualidade, eu en realidade quería estudar psicoloxía. Que interesante. Supoño que no teu traballo terás material de abondo para analizar a natureza das persoas? Si, a verdade é que si. Aquí tratas con tanta xente e tan diversa que me dá para varios masters. Despois do instituto apareceume a oportunidade de traballar

nunha perruquería de Teis polas tardes, e alí comecei, estamos falando do ano 2.001, xa hai 17 anos. Nos teus sonos de adolescente non pensabas seres perruqueira? Non a verdade é que non. Comecei pola semana un par de horas, pouco a pouco fun aprendendo e alí traballei 13 anos Hoxe se puideras volver a vista atrás terías a profesión que tes? Si, sen ningunha dúbida. 13 Anos traballando en Teis, e como chegaches a abrir este negocio? Pois quedeime embarazada, teño un fillo de 3 anos, e quixen cambiar de vida. Entón decidín deixar o traballo, quería gozar máis do meu fillo, sen saber moi ben o que faría. Un amigo díxome que unha perruqueira de Chapela íase xubilar, e se me interesaba preguntar as condicións. Inicialmente non me interesou, pero un día díxenme a min mesma, que por preguntar non perdía nada, parei, preguntei, a muller caeume moi ben, as condicións eran boas e así como cheguei a este mundo por casualidade, pois tamén teño unha perruquería por casualidade.

Hierros A FREIXA

Lugar a Gándara 39 - Ponteareas 986 660 525

E que valoración fas destes tres anos como propietaria? Moi positiva, a miña vida mellorou notablemente. Non tanto economicamente, como na disposición de tempo e a posibilidade de organizar mellor a miña vida persoal. Que horario de traballo tedes? De luns a venres de 9,30 a 13,30 e de 15,30 a 19,30 e os sábados de 9 a 17,30.Descansamos o domingo e o martes. Cantas persoas traballades aquí? Dúas, eu e unha compañeira que leva aquí 26 anos, xa traballou aquí

coa anterior propietaria. Que é o mellor da túa profesión? O trato coa xente. E o peor? Exactamente igual, o trato coa xente. Malia que a amplísima maioría da xente enmarcaríao no mellor, pero no mellor que se pode atopar nos seres humanos. A enorme maioría da miña marabillosa clientela faime sentir que o meu traballo é moi gratificante. E clientes coma min, que nos dá todo igual e que che digo ”córtame como queiras a min non me importa” tes?


Finais de maio 2018 [ VII]

PUBLIRREPORTAXE Si, tamén. Dese perfil sodes homes en todos os casos. Cales son os principais servizos que oferta Enredos? Todo tipo de servizos de perruquería, recollidos, cor, cortes..e unha ampla gama de servizos de estética depilacións, pedicuras, esmaltados. A que segmentos de idade atendedes? A todo tipo, desde nenos pequenos a ata persoas moi maiores. Ademais os nenos pequenos en Enredos non pagan ata os oito anos, se son familiares de clientes van de balde. A crise, que afecta fundamentalmente ás persoas novas, fai que o segmento de clientes máis numeroso sexan persoas dunha certa idade. Corríxeme se me equivoco, pero

teño a sensación de que ti es unha rapaza bastante sensible que chegas a empatizar cos teus clientes? Non te equivocas. Con clientes habituais a min resúltame imposible non involucrarme, non alegrarme cando lles vai ben, ou non entristecerme cando me contan algunha circunstancia dolorosa. Algunha vez encontrácheste con algún reto profesional difícil de superar, con algún cliente que che pedira algún peiteado que che fixera suar? Algunha vez. Recordo por exemplo unha clienta que ía unha voda, que tivemos que peiteala 5 veces, e estivemos máis de tres horas con ela. E teste atopado con clientes que entrasen pola porta co pelo feito un estropicio?

Nun caso, recordo un neno de 12 anos que se rapou o pelo en casa. Rapouno polos lados e fíxose 5 cristas, semellaba un crocodilo. A nai traía unha cara de cabreo impresionante. Ha ha ha ha.E como mantiveches a compostura? Pois non é posible mantela. Rematamos Lara agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última cuestión. Ti, malia que levas moito tempo na profesión, es nova e aínda te queda un camiño profesional moi longo. Veste de perruqueira toda a vida? Si, e véxome toda a vida en Chapela, non sei se neste local, pero toda a vida facendo perruquería en Chapela si me vexo, asemade con moitísima ilusión de que sexa así. Só me queda aproveitar

a oportunidade que me dá A Nova Peneira para agradecer enormemente, desde o máis profundo da miña persoa, a toda a miña clientela a súa confianza e compañía. Sen vós isto non podería ser posible.

O Rincón de Juansito

Estamos onde sempre, pero estamos renovados,

Asados, Tapas, Menú do día,

exquisitos arroces de mariscos, peixes...

Rúa Estrada nº 13 Baixo - Marín

Coñécenos, repetirás

Alfonso XII, 17 - Redondela - 986 402 698 libreria@hijosdeamador.com

“Ven a visitarnos"

Ricardo Táboas Bernárdez Agente Exclusivo Plaza Mayor, 27 PONTEAREAS

Aseguramos tu tranquilidad.

Mail: cardit8@hotmail.com Telf.: 699 874 417 - 986 661 950


[ VIII] Finais de maio 2018 PUBLIRREPORTAXE POR MARCOS SANTOS

XIX FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

“POLO FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA XA PASOU TANTO E TAN BO, QUE O LISTÓN ESTÁ MOI ALTO” A semana das letras galegas, celebrouse en Redondela a décimo novena edición do marabilloso festival de títeres. Pouco antes do seu inicio falamos coa Xente Titiriteira, os seus organizadores, falamos con Luis Crespo e Luis Borines para coñecer un pouco máis un dos eventos que fan de Redondela unha vila para perderse nela. Este ano o festival comezou o 14 de maio? Si, tivemos que coordinar co festival de Segovia, que este ano atrasou unha semana. Xa desde hai 4 anos estamos collendo a semana das letras galegas. Este ano arrincamos o luns coa campaña escolar en Chapela, logo seguimos en Redondela, o propio día das letras temos un montón de actividades, e o sábado e o domingo Redondela é unha explosión internacional de espectáculo, onde en cada praza, en cada rúa respírase un ambiente titiriteiro. Interactuades moito cos coles de Redondela? Esa é a nosa intención. Que previsión de asistencia tedes? En torno a 35.000 persoas é a nosa media. Nos últimos anos fomos creando varios escenarios en diferentes puntos, para que o espectador goce con comodidade. Xa tedes unha historia moi intensa, Este ano cumprides 19 anos de vida.

Estades a piques de chegar ás dúas décadas. Hai moita diferenza entre os títeres do principio cos da actualidade? Isto é como unha obra de teatro. As primeiras 5 edicións corresponden á infancia doce e tenra, da seis á dez correspondería á madurez na que demos un importantísimo subidón mediático. A partires da 10º edición medramos moito tanto en número de compañías como en novidades de contidos que supuxeran unha reinvención constante. De cantos países podemos esperar a visita? Moitos: UK, Francia, Perú, Dinamarca, España, Cataluña...26 compañías con máis de 700 propostas. Queremos que haxa un pouco de todo o máis representativo que existe no panorama actual Malia que o festival dura unha semana, entendo que o traballo previo é moi intenso todo o ano?

Sen dúbida. O público de Redondela xa gozou de máis de 500 compañías estes 19 anos, e temos que ver moi ben que as novas que nos distingan coa súa compañía poidan aportar algo de verdade. Xa pasou tanto e tan bo, que o listón está moi alto. Que tal a colaboración do Concello con vós? Ben houbo momentos nos que máis ou menos se cumpría, pero nas últimas épocas non se está cumprindo o pactado. Nós xa nos pomos en contacto en xaneiro febreiro, e chegado o día o que tentamos é que se respecte o pactado. Nós reclamamos que non

"TRASPÁSE, OPORTUNIDADE PLENO FUNCIONAMENTO DA TERRAZA"

haxa retrasos e que se cumpra o que se pacte. Isto para nós é moi perigoso, porque mentres non chegan as axudas, os socios son os que teñen que adiantar os cartos. Cando veña un equipo novo nós non lle podemos deixar o marrón a espada de Damocles de que teñan que adiantar cartos do seu patrimonio persoal. Non sodes vós sos os que tedes ese tipo de problemas. Este ano o “Arrastro Rock” xa non se celebra. Ah non? Non, e os do Millo verde tamén tiveron problemas. Nós entendemos que todo isto ten que estar regulado para que todo o mundo sexa tratado por igual. Nós estamos cóbado con cóbado coas reivindicacións de todas asociacións de Redondela. O festival chámase memorial Juanjo Amoedo. Quen era? Un veciño de Redondela, que visitou Segovia, e alí proxectou a idea de facer un festival de Títeres na nosa vila. Morreu nun desgraciado accidente, e un grupo de veciños se uniron para facer realidade a súa ilusión dun festival de títeres que el, por desgraza nunca chegou a ver. Se algún día, isto desaparecera, tería un impacto moi negativo en Redondela? É unha pregunta complicada. Agora os rapaces medran coa ilusión dos títeres, e consideramos que a implicación afectiva e emocional é enorme. Este non é un festival de carteira, é un festival das emocións do pobo de Redondela. Este ano celebramos os 35 anos de Tanxarina? Si, a verdade que si, unha compañía entrañable, e as nosas portas sempre están abertas para eles. Moitas grazas e 1.000 primaveras máis para o festival de títeres de Redondela.


Finais de maio 2018 [ IX]

REDONDELA

Segundo o BNG, “en Chapela Javier Bas pretendeu a suba irregular das taxas da piscina” REDONDELA.

“Cunha serie de medidas beneficiosas para a concesionaria, pretendía que os veciños e veciñas afrontasen un maior pago, seis meses antes do estipulado no contrato” A renovación da concesión da xestión do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela, plantexa para @s nacionalistas, condicións enormemente vantaxosas para a empresa que se encarga da explotación deste servizo. Segundo o concelleiro, Xoán Carlos González, nas propias bases de contratación recollíase a posibilidade de compensar a empresa adxudicataria con ata 120.000 euros.

AER a paralización das obras da senda do Maceiras REDONDELA.

A Agrupación de Electores de Redondela despois de saber pola prensa que se ían reiniciar as obras da senda do Maceiras, solicitaron por rexistro ao Concello de Redondela a paralización das mesmas ata pasado o mes de xuño posto que entenden que se incumpre a condición recollida na autorización de Augas de Galicia para estas obras: “5. Os traballos non se poderán executar entre abril e xuño, ambos incluídos, durante o período de reprodución e cría da fauna da foresta.” quedando prazo suficiente para o seu remate ao ser a autorización de 12 meses dende o día seguinte da recepción da resolución da autorización. Esta solicitude de AER aínda non foi

contestada formalmente polo Concello. Tamén pediron a restitución á situación natural previa da escollera construída non contemplada no proxecto de actuacións autorizado e solicitaron o levantamento dos muros de contención construídos cun tipo de pedra non autorizada e con barrenos ao longo das súas caras visibles.


[ X] Finais de maio 2018 ENTREVISTA

RAMÓN SARMIENTO. SECRETARIO XERAL DE CC.OO.

“REXEITAMOS A CONVOCATORIA DE FOLGA DA CIG POR EXTEMPORANEA E DESLEAL” Ramón Sarmiento é o Secretario Xeral de CCOO. Ramón é de Sabarís e traballa no sector naval, en concreto no estaleiro Barreras. Co gallo da convocatoria de folga do 19X, achegámonos ata a súa sede para coñecer a súa opinión ao respecto, alén de conversar con él de sindicalismo e política. Ramón atendeunos moi amablemente. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa.

Moitas grazas por atendernos Ramón Grazas a vós por contar coa nosa opinión. Cóntanos de maneira sintética o teu perfil persoal. Como te iniciaches no sindicalismo e como chegaches á máxima responsabilidade de CCOO? Eu son traballador de Barreras. Afilieime ao sindicato no ano 1996, cando entrei no estaleiro. Pouco despois de iniciar a miña actividade profesional

na empresa, comezou o proceso de privatización do estaleiro. Alí achegueime á actividade sindical dunha maneira moi intensa. Entrei no comité de empresa, levando dous anos traballando na factoría.

E como se desenvolveu a túa actividade sindical ata chegar a ser o máximo responsable da central? Estivo sempre moi vencellada ao naval, ocupei distintos cargos relacionados co naval e no metal. Nesta última etapa, unha serie de compañeiras e compañeiros consideramos oportuno formar parte do proxecto que dirixe Unai Sordo no conxunto da confederación, e decidimos tentar liderar a organización en Galicia. Como valoras esta etapa como secretario xeral? É unha experiencia impagable en positivo. Cando chegaches á secretaría xeral, no teu primeiro discurso tiraches un convite ás restantes sindicatos demandando unidade sindical. Como

te responderon a ese convite? Mandei unha proposta ao mes de sermos elixidos. Unha proposta formal por escrito? Si, si, formal por escrito. Con liñas de actuación concretas? Si, con liñas concretas de actuación. Así llo trasladamos ás direccións da CIG e UGT. No meu ámbito de actuación sempre pulei polas respostas sindicais unitarias. De feito, en Vigo hai estaleiros hoxe porque no seu momento houbo unidade sindical, que ninguén o dubide. A que estaleiros te refires? A todos. En Vigo hai hoxe estaleiros, grazas ás organizacións sindicais. Eu vivín o deseño que o alcalde fixo, co apoio de todos os sindicatos agás CCOO, para Beiramar no que non había ningún estaleiro. Formulábase aquela teoría de concentralos todos no antigo ASCON.E hai que dicilo claro, salvo CCOO todo o mundo aplaudía. Esa posición suporía a desaparición do sector naval sen dúbida algunha. Ben, volvamos ao tema da unidade sindical. Cóntanos o esencial desa proposta que tirastes ao resto de organizacións cando asumiches a SX? Tiña 4 eixos: 1) A negociación colectiva. 2) Un acordo que dera resposta organizada a procesos de reestruturación ou de riscos sectoriais. 3) Revisar todo o referente á formación. 4) O acordo tiña que ter un proceso de mobilización sindical unitaria. A que sindicatos enviastes a proposta? Á CIG e a UGT. E a outras organizacións máis pequenas como CUT ou CGT non? Non. Vaia, e por que?


Finais de maio 2018 [ XI]

ENTREVISTA Nós entendemos que a unidade sindical ten que darse nese ámbito. Ah, entón aos sindicatos pequenos non os consideras como actores a ter en conta, á hora de falar de unidade sindical? Os datos de representatividade non o din. Cal foi a resposta da UGT e cal a da CIG? Ramón non sexas inxenuo vas perder o tempo. Supoño que con outras palabras? Non con esas, chamáronme literalmente inxenuo Como valoras a situación socio laboral actual? Mala. A reforma laboral arrasou o mercado laboral, e a distribución da riqueza non é xusta. O estado social e de dereito en España quebrou, porque o PP de Aznar rachou o pacto de distribución da riqueza. A maioría de organizacións de esquerdas coincidides no diagnóstico. Agora ben, a coincidencia nas medidas a tomar para revertelo xa non é tanta. O pasado 1 de Maio, o SX da CIG, Paulo Carril anunciaba a convocatoria dunha folga xeral para o 19 de Xuño. Desde UGT xa manifestaron o seu desacordo e a súa vontade de non apoiala. Como valoras ti esa convocatoria e que vai facer CCOO? Eu discrepo profundamente da CIG. Nós consideramos que a estratexia máis axeitada non pode ser allea ao contexto político no que vivimos. Temos que cambiar as políticas e iso pasa por mudar as tendencias de orientación de voto das maiorías sociais. O SX da CIG contactou contigo despois do 1 de maio para informarte da convocatoria e coñecer a túa opinión? Formalmente non. Tivemos un contacto informal tomando un café en Santiago. Non houbo comunicación formal?. Houbo unha carta por escrito que foi pública na que sen concretar ningunha data para a convocatoria de folga, formulaban ter un encontro dos 3 secretarios, que xa se tivo, e non hai máis.

Ben e xa tomastes unha decisión? Si, hoxe mesmo( 14 de maio) tivemos un CN e acordamos rexeitar a convocatoria da CIG por extemporánea e desleal. Nós temos definido un calendario de mobilizacións para maio e para xuño, e na nosa estratexia non se contempla unha convocatoria de folga xeral. Vaia, pois desa maneira malamente se pode construír a unidade sindical. Eu sigo crendo na unidade sindical, pero eu creo que a CIG non a quere. Como che dixen, nós entendemos que o cambio necesario ten que vir dado por un pacto entre as esquerdas. Xa pero iso é estritamente política, e ti es SX dunha central sindical. Non, nós non somos só un sindicato. Como que non, entón que sodes? Unha organización socio política que fai sindicalismo. Estasme deixando abraiado. Que eu saiba vós presentades candidatos e candidatas nas eleccións sindicais das empresas, iso é, ou polo menos debera ser, sindicalismo. Repítoche; eu son SX dunha organización socio política. Se os sindicatos renunciamos a facer política apaga e vámonos. Si vale, pero como renunciedes a facer sindicalismo, entón, ao meu xuízo polo menos, si que é apaga e vámonos. En Galicia se alguén mobilizou máis ca CCOO que o diga. Hai unha importantísima efervescencia social, que poderiamos situar en torno ás reivindicacións feministas e dos e das pensionistas, que cómpre canalizar, e da que CCOO formou parte desde o primeiro día. Ti estás satisfeito tanto cualitativa como cuantitativamente da acción sindical de CCOO? Si. Consideras que a túa organización comportouse con lealdade no conflito da xustiza? Sen dúbida. Este conflito tivo un problema de base. A unidade sindical que se deu no inicio do conflito tiña que darse tamén na unidade na reivindicación. Eu non creo que un conflito

teña que empezar coa convocatoria dunha folga indefinida, ese tipo de acción é un elemento de desgaste potentísimo. Que sentiches cando perdestes a votación? Eu tiña claro o resultado a priori. Ah si¡, xa tiñas claro que iades palmar por 90 votos? Non, eu tiña claro o que ía pasar o día do referendo porque forma parte do manual, sobre todo de certas organizacións sindicais. Nesa votación non se votou unha proposta, votáronse emocións. Ese conflito estivo híper sensibilizado. Coñeces ao comité de CCOO en Coca Cola Fuenlabrada? Persoalmente non, coñezo algo o conflito. Na Peneira anterior, fixémoslle unha reportaxe (pásoche un exemplar para que o leas se queres), están levando con enorme dignidade sindical un conflito durísimo. Ti cres que esas sindicalistas se sentirían cómodas se puideran escoitar o teu discurso referente a que o que hai que facer é buscar a unidade da esquerda política? Sii. Nesa empresa utilizaron as ferramentas de acción sindical adecuadas á natureza do desafío, o peche da empresa. Nesa casuística non hai nada que medir na resposta sindical. Pois eu Ramón, honestamente creo que non, penso que non se sentirían cómodas co teu discurso. En relación coa comodidade vouche contar un episodio que me tocou de cerca: Hai 20 anos, tiven unha parella que ao

día seguinte de comezar a traballar nunha gran empresa da comarca, na que tiñades e seguides tendo a maioría absoluta no comité, o seu encargado levoulle a ficha de afiliación a CCOO e díxolle:”Se queres traballar aquí tes que afiliarte a CCOO”. Que che parece? Joder. Si, “joder” tamén digo eu, pero que che parece? Eu non sei o que pasaba hai 20 anos. Eu sei que agora pasa o contrario. Hai empresas na nosa comarca nas que como se identifique relación con CCOO, non traballas, ou como pouco tes problemas. Sen ir máis lonxe iso pasa na miña, Barreras. Oriol Junqueras e os seus compañeiros encarcerados son presos políticos ou políticos presos? Eu creo que son políticos presos. Polo tanto a posición da túa organización en Catalunya, que se manifestou pedindo a súa liberdade, entendo que non a compartes? Vamos ver, eu creo que a miña organización, non un día nunha manifestación senón, durante todo o “proces” mantívose nesa posición, seguramente pouco rendible en Catalunya, de nin DIU nin 155. Ao meu xuízo, CCOO debe situarse na posición de abrir un proceso que recompoña a sociedade catalá. Dá igual 51-49 que 49-51 pero a sociedade catalá está rota pola metade e iso é moi preocupante. A nosa posición debe ser tentar coser. Moi ben Ramón, moitas grazas pola atención.


[ XII] Finais de maio 2018 ENTREVISTA

RICARDO CASTRO. SECRETARIO XERAL DA CUT

“ESTAMOS ABSOLUTAMENTE DE ACORDO COA CIG NA NECESIDADE DUNHA FOLGA XERAL” O vigués Ricardo Castro é o SX da CUT. Co gallo da folga xeral convocada pola CIG para o 19 de xuño, achegámonos ata a súa sede para conversar con el, coñecer a posición da súa central sindical sobre este tema e parolar da situación social e política do noso país. Ricardo, en xaneiro do 2015 fixemos a 1º Gala A Nova Peneira, en xaneiro do 2017 fixemos a 2º e en xaneiro do 2019 faremos a 3º.Non puidemos contar contigo en ningunha das dúas primeiras. Agardo que na terceira por fin poidas acompañarnos? Comprométome a que alí estarei encantado de acompañarvos, agás que un motivo de forza maior mo impida claro. No ano 2014 fixemos ti e máis eu unha entrevista, daquela eras SX

da CUT, logo houbo un período intermedio no que volveu a asumir a responsabilidade Manolo Camaño, e agora mesmo es ti novamente o máximo responsable da central sindical. Como se desenvolveron os acontecementos nestes últimos anos?

No penúltimo congreso decidín non presentarme, porque había dúas perspectivas de como reorganizar o sindicato. A que eu e máis outros compañeiros/as defendiamos, non se vía de forma maioritaria e decidimos dar un paso atrás. No último congreso, en outubro do

2017 xa se deu o contexto oportuno, e consideramos volver presentar a nosa candidatura. E como se están desenvolvendo estes meses,6 xa de novo na secretaría xeral? Con moitísima ilusión. Igual ca no primeiro período? Máis. Ilusióname máis este proxecto innovador, que a outra vez, que era algo máis continuísta. Como valoras o contexto social actual? Considero que estamos nunha etapa moi preocupante de regresión e involución, na que o capitalismo incrementa os abusos e agresións ás capas maioritarias da poboación. O mercado laboral está cada vez peor, e o discurso liberal de “acabáronse os beneficios sociais” está cada vez máis asentado. Estamos volvendo a un capitalismo decimonónico, despótico, no que todo vale, sen contrapeso da esquerda política. As expectativas que se levantaron coa chamada nova política, xeraron decepción e frustración. E é gravísimo porque estamos vivindo unha etapa represiva intensísima, non recordo tal desde que eu teño conciencia de clase. Como está a saúde interna da CUT?


Finais de maio 2018 [ XIII]

ENTREVISTA Forte, moi forte. Estamos nunha fase expansiva coa aportación de novos afiliados e afiliadas, mozos e mozas con ilusións renovadas, mesturadas coa experiencia dos que somos máis veteranos. A nosa pretensión é de sermos un sindicato de rúa, de traballarmos nas fábricas e tamén nas escolas. Iso que dis, agrádame moito e tamén me sorprende. Ti e eu somos da mesma quinta. Na nosa mocidade, a nosa xeración estaba moi politizada, o nivel de conciencia política e sindical era enorme. Agora non é así. Existe unha desafección moi importante coa política, e especialmente significativa na xente máis nova. É aínda posible Ricardo, captar mozos e mozas con potencial para asumir compromiso sindical? É necesario e tamén posible. De feito eu creo que é máis posible agora que hai 15 anos. Nos anos 80 e 90 as oligarquías económicas son responsables de narcotizar á sociedade, transmitindo a falsa sensación de que coa “democracia” xa estaba todo conseguido, e non había nada polo que loitar. Pero agora, a mocidade estase decatando de que os estudos non lle serven para acceder ao mercado laboral en condicións dignas. Os mellores postos de traballo, están vetados para as fillas e fillos das clases traballadoras Inventáronse os másters para iso creo eu. Sen dúbida. Iso pode acender tamén o ánimo de pelexa sindical. O problema que temos é o do sindicalismo traidor.. O SX de UGT Galicia di que “unha huelga general no tiene sentido y que

sólo traería problemas para los trabajadores y para los ciudadanos”... Non espero outra cousa da UGT. Agora estamos nun contexto de reflotación sistémica tanto de UGT como de CCOO. Nun primeiro momento, apretáronos cos plans de formación, pero agora decatáronse de que os necesitan para diminuír a conflitividade social, e como van ser reflotados economicamente non se poden pór na tesitura de apoiar unha folga. Pero iso non é sindicalismo. Eu téñoo claro desde hai moito tempo. O 1º de Maio, o SX da CIG avanzaba a convocatoria de Folga Xeral para o 19 de Xuño. Falaron contigo? Tivemos a primeira conversa o día 2Nós entendemos a necesidade dunha folga xeral, pero claro xa nos ven o tema un tanto estruturado. Sénteste ofendido porque non tiveran falado con vós antes da convocatoria oficial? Non, ofendido non, pero si entendo que para que unha folga xeral triunfe ten que haber un exercicio previo de acordos e de formulación do traballo. Un traballo de base inmenso. Que quede claro porén, que nós non lle negamos o protagonismo á CIG, que ten que ser quen a convoque. Despois de termos realizado esta entrevista vas ter unha xuntanza con Paulo Carril. Cal vai ser a túa posición nesa reunión? Direille que temos certas reticencias na forma, pero na necesidade dunha folga xeral estamos absolutamente de acordo, sen o máis mínimo aceno da dúbida. Para calquera que teña unha

cativa, só cativa conciencia de clase, é impensable non dar unha resposta ante a situación na que se atopa o país. Para quen non teña esa conciencia. Por que é necesaria para ti, unha folga xeral? O mercado laboral está cada vez peor. Traballamos máis tempo, por menos cartos e en peores condicións. Os dereitos son cada vez menores, e polo principio de xustiza e dignidade cómpre dar unha resposta. E por outra parte como pobo, como país nos están desestruturando. Vós vedes nas rúas e nas fábricas a figura do traballador pobre? Cada vez máis. Hai amplos segmentos de persoas, que malia que traballen non poden chegar a fin de mes. Eu considero que a existencia de dúas centrais sindicais nacionalistas cun corpus teórico moi semellante, A CIG e a CUT, é un erro de calado. Eu entendo que habería que buscar a maneira de pechar vellas feridas e camiñar cara a fusión. Eu coincido. E por que non se fai? Eu creo que ese camiño tarde ou cedo terá que darse. Pero non abonda cunha declaración de intencións, hai que dar pasos, e necesitamos crear dinámicas de unidade sindical, de facer xestos que nos fagan sentirnos cómodos a ambos. Por exemplo, no último congreso noso, nós convidamos á CIG, e nin sequera nos contestaron. Exemplo da unidade que falas podería ser o tema de Pescanova? Por exemplo. Ese é un caso de unidade sindical que conseguimos acadar os

compañeiros da CIG e da CUT á que se sumaron USO e UGT, e grazas a iso salvamos unha situación complexa e conseguimos os obxectivos. O tema da xustiza está nunha fase de estancamento. A min chamoume a atención o resultado da votación dos traballadores coa vitoria da posición máis combativa e as valoracións de Rueda referentes a que ese non foi un referendo no que se votara con liberdade ? Pero a dereita sempre reacciona así.:” As eleccións son para que eu gañe, senón non son “democráticas” “.Acórdate daquela entrevista de Suárez con Vitoria Prego, na que recoñecía que non convocaron unha votación para escoller entre monarquía e república porque tiñan datos que precedían a vitoria da opción republicana. Este conflito da xustiza é de longa distancia, o tema non está rematado. Rematamos Ricardo agradecéndoche a túa amabilidade. Velaí tes as nosas páxinas para tirar a mensaxe que desexes. Eu quixera animar a todas as traballadoras e traballadores que lean esta entrevista a que sindicalicen. Tanto se as súas condicións laborais son óptimas como se non o son. O feito de que hoxe esteas ben, non asegura que o esteas no futuro. A conciencia de clase, a solidariedade entre traballadores e traballadoras é a única forma posible de combater os abusos, e de protexer a quen sofre a inxustiza. Tede a certeza que na CUT sempre atoparán un sindicalismo honesto e combativo na defensa dos intereses da clase obreira.


[ XIV] Finais de maio 2018 ENTREVISTA

PAULO CARRIL. SECRETARIO XERAL DA CIG

“A FOLGA XERAL DO 19 DE XUÑO TRASCENDE O EIDO LABORAL, E TAMÉN É A EXPRESIÓN DA INDIGNACIÓN ANTE A PODREMIA DO SISTEMA” O pasado 1º de Maio, o SX da CIG, Paulo Carril, anunciaba a convocatoria dunha folga xeral galega para o vindeiro 19 de xuño. A central sindical convocou unha multitudinaria asemblea de delegados, o 9 deste mes en Compostela, na que distintos responsables da CIG desenvolvían as razóns polas que, ao seu xuízo, era necesaria unha decisión deste calado. Nós falamos co máximo responsable da CIG para que nos explicara os motivos, e asemade aproveitamos para conversar con el sobre distintos aspectos da actualidade galega. Cal é a valoración global da CIG da situación social e económica do país galego en xeral, e das clases traballadoras en particular? Todos os indicadores públicos e oficiais evidencian que, aínda que o PIB medra, a participación da clase traballadora na renda continúa des-

cendendo, a clase traballadora galega perdeu un 3,4% en termos de PIB mentres as rendas do capital aumentaron un 1,5%. A suposta recuperación económica non ten reflexo ningún, xa que como reflicten os dados da EPA do 1º trimestre de 2018, medrou o paro, baixou a ocupación baixando a poboación activa, e temos unha taxa de paro do 15,08% cando no 2009 era do 12,09%. Probas evidentes de que a tan cacarexada recuperación económica é só para os ricos, que aumentan a súa riqueza a conta da nosa pobreza. Hoxe ter un traballo non permite vivir en condicións dignas, xa que

Repostería creativa Panadería Lambonadas Xeados

coa Reforma Laboral instaláronse novas formas de explotación laboral, medrando de forma exponencial o emprego precario, aumentando as contratacións a tempo parcial, os traballadores/as que ingresan a metade do salario mínimo. Cada día son máis as persoas que estando no desemprego non perciben ningún tipo de prestación, non teñen ningunha clase de ingresos. Máis do 50% dos desempregados/as que hai na Galiza non cobran ningún tipo de percepción económica. As pensións non garanten un mínimo poder adquisitivo. As sucesivas reformas do sistema público de pensións, lévannos hoxe a que na Galiza teña-

mos as pensións máis baixas do Estado español, onde o 65% das pensións están por debaixo da mínima, e as pensións das mulleres galegas teñen unha fenda superior ao 37%. Non esaxeramos se afirmamos que estamos nuns tempos de auténtica emerxencia, agravada ante as actuacións do Goberno de Feixoo, máis preocupado do seu futuro como sucesor de Raxoi, que de tomar algunha iniciativa para afrontar esta situación. Corremos o perigo da consolidación dunha situación social e nacional sen saída, á que se lle suma o imparábel avellentamento da poboación, unha emigración interminábel que nos está a deixar sen xente nova, sen futuro, e unha destrución diaria dos nosos sectores produtivos e do cativo tecido industrial. A concentración e acumulación de riqueza vai parar a menos mans, que cada vez están máis enriquecidas e máis concentradas en territorios lonxe de Galiza. Impóñennos decisións políticas que rouban e saquean ás maiorías sociais e someten a máis pobreza ao conxunto do pobo galego. Explícanos os motivos que vos levan a convocar unha folga xeral galega o vindeiro 19 de xuño? Ante esta crúa realidade, entendemos que sobran as razóns para convocar unha folga xeral como a resposta necesaria ante o que estamos a vivir. As mobilizacións dos/as pensionistas, a histórica folga do 8 de marzo, a vaga de represión e criminalización


Finais de maio 2018 [ XV]

ENTREVISTA por parte do PP coa Lei Mordaza, coa reforma do Código Penal, etc.; aumentan os motivos polos que temos que dar unha resposta contundente ante o inmobilismo do poder político e do poder económico. Está moito en xogo, xa que temos que evitar que as novas xeracións vivamos en peores condicións que as anteriores. Non toca outra máis que actuar, intensificando as mobilizacións pola recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados, pola recuperación dos salarios, pola derrogación da reforma laboral, da negociación colectiva, das pensións, dos recortes nos servizos públicos (aplicación da LOMCE, reforma da Lei de Saúde) e das prestacións asistenciais para as persoas desempregadas, dos retrocesos das liberdades e porque queremos ter máis capacidade de combate para acabar cos ataques aos dereitos das mulleres. En todo caso, entendemos que hai que pasar á ofensiva e non permitir que se consolide esta grave situación social e de recorte de liberdades. Ademais, súmaselle unha grave crise política e institucional cun PP en minoría, que mantén con man de ferro estas políticas, que protagoniza diariamente episodios de corrupción, sen que as teóricas forzas políticas da esquerda sexan quen de pararlle os pés. Por ese motivo esta folga xeral máis que ningunha outra, transcende do ámbito estritamente laboral e tamén é a expresión da indignación ante a podremia do sistema político. Supoño que antes de decidirvos a unha acción sindical tan relevante, teriades un proceso reflexivo interno nos distintos organismos e estruturas da central sindical. O nivel de coincidencia na necesidade dunha folga xeral foi moi elevado, ou houbo debate interno intenso? O pasado 16 de marzo comezamos un debate internos nos diferentes ámbitos da organización, que a comezos de abril levamos aos centros de traballo a través dos manifestos para o debate e toma de posición dos comités de empresa e dos delegados e delegadas de persoal. Todo ese debate levounos a tomar esta decisión de convocar a folga, ante a receptividade e coincidencia para dar esta resposta. Se as nosas análises sobre o que está a suceder son certas, non podemos desentendernos do que está pasando, nin caer en comportamentos acomodaticios, non facendo nada para confrontala.

Un sindicato merecedor de tal nome, está na obriga de dar unha resposta, e nós desde a CIG optamos por dala, convocando unha folga xeral, sendo atrevidos e atrevidas, preferindo que se nos critique por facela, por actuar que por ser cómplices e inútiles coa nosa pasividade e inacción. A principios deste mes, Jose Antonio Gómez, SX de UGT Galicia declaraba: “una huelga general no traerá resultados y supondrá un coste para ciudadanos y trabajadores”.Que ten que dicir o SX da CIG sobre esa visión tan peculiar da realidade, dun presunto líder sindical? En primeiro lugar, sorpresa, porque na reunión que celebramos con UGT e CCOO a instancias da CIG, vimos receptividade na análise e na alternativa que formulamos de convocar unha folga xeral. En segundo lugar, preocupación porque con estas declaracións fai máis de portavoz do goberno e da patronal que de responsábel sindical. En terceiro lugar, lamentar que aposte polo diálogo social (que tantas consecuencias negativas ten demostrado para o conxunto da clase traballadora), e polo tanto pola unidade de acción coa patronal e goberno, que por traballar conxuntamente nunha demostración de unidade da clase traballadora na defensa dos seus dereitos, como representa unha folga xeral. Carlos e Serafín (dous sindicalistas condenados a prisión) militan o primeiro na UGT e o segundo na CIG. Se finalmente non hai indulto e se comete a infamia de meter a dous traballadores no cárcere, os dirixentes da UGT que din Non á folga poderán mirar aos ollos a Carlos e a súa familia sen caérselle a cara de vergonza? Nós apostamos por conseguir o indulto. Nesta folga, e así o temos manifestado, a mobilización contra o recorte de liberdades é un motivo máis dos que sumar ás razóns da convocatoria, tendo en conta que Carlos e Serafín representan esa represión intolerábel contra quen defendemos os dereitos dos traballadores e traballadores e que está perfectamente representada coa Lei Mordaza e a última reforma do Código Penal. Para a CIG é escandaloso que dos 26 indultos aprobados polo Goberno en 2017, 1 de cada 4 foi para condenados por delitos de corrupción. No que levamos de 2018, dos 9 indultos concedidos ningún foi para Carlos e Serafín. Cando esta entrevista sexa publicada CCOO xa terá tomada unha decisión referente a sumarse ou non á folga

xeral. No momento de realizala(6 de maio) entendo que xa teredes contactado coa executiva nacional galega desa central sindical. Cal foi a súa contestación? E cales son as túas expectativas razoadas ao respecto da súa decisión final? De igual maneira que contestei na pregunta sobre a posición de UGT, de CCOO, con quen mantivemos reunión ao mesmo tempo que coa UGT, seguimos sen ter contestación, mais é certo que do que lle escoitamos o 1 de Maio, preocúpanos que estea no mesmo camiño que a UGT. No caso dunha resposta afirmativa de CCOO, pero condicionada a poder consensuar con vós a data da folga, a CIG sería sensible a negociar un novo día ou o 19 de Xuño é inmutable? A CIG en todo momento anunciou a convocatoria de folga xeral para antes do verán e puxemos unha data. Se de mover a data depende conseguir unanimidade sindical na convocatoria da folga, non teríamos problemas para que fose outro día. Tivestes algún contacto con outras centrais sindicais do estado referente á folga xeral?. Con cales, e cal foi a súa resposta? Si, tivemos contactos con practicamente todas as organizacións sindicais de clase coas que habitualmente temos relación, e que ultimamente estiveron moi vinculadas a solidariedade con Catalunya. Estamos á espera da súa resposta. O pasado mes de abril mantivestes en Compostela un encontro cunha central sindical catalá( CSC) e con dúas vascas(ELA e LAB).Cóntanos as razóns que impulsaron dita xuntanza, e as expectativas sobre o seu resultado? As expectativas do seu resultado son moi positivas. As razóns que impulsaron este encontro foi a necesidade de trasladar unha mostra máis de solidariedade coa CSC-IC na súa loita polo recoñecemento dos dereitos nacionais do pobo catalán, expresados no referendo do 1 de outubro. O intento de ilegalización da convocatoria

dunha folga xeral en Catalunya é un chanzo máis na represión do Estado contra a clase traballadora e contra as nacións que integran o estado español. Que suporía para o tecido económico galego a perda do Pastor, e cal é a posición da CIG ao respecto? Consolida o espolio do noso aforro. Primeiro foi co asalto ás antigas caixas de aforro, privatizadas e vendidas a prezo de saldo a un banqueiro hoxe en serios problemas por fraude, e agora coa operación no Banco Pastor, que o Banco Santander pretende integrar e facer desaparecer, onde á desfeita dos despedimentos masivos, traerá nefastas consecuencias para a economía galega, ao quedármonos xa definitivamente sen instrumentos financieiros para o noso tecido produtivo e para as familias. En que quedou aquela ILP promovida pola vosa central sindical sobre unha tarifa eléctrica galega? Nunha demostración máis de que o PP con Feixoo á fronte, teñen renegado da posta en marcha de iniciativas en favor de que os nosos recursos, neste caso os enerxéticos, se poñan ao servizo da creación de emprego e industrialización para xerar postos de traballos dignos na nosa terra e non para encher os petos das grandes empresas multinacionais. En todo caso, estamos convencidos e convencidas de que o debate social que conseguimos dar sobre o roubo e o saqueo aos nosos recursos calou positivamente no seo do pobo galego. Que opinión ten a CIG do nacemento da plataforma Vía Galega? Valorámonos esta iniciativa como moi positiva, de feito a CIG é unha das numerosas entidades promotoras no seu día do manifesto “Somos unha nación, temos dereitos, fagamos ouvir a nosa voz”. Apostamos porque os obxectivos desta plataforma cívica vaian adiante e consigan visibilizar a existencia da nación galega e dos dereitos políticos asociados á mesma. Moitas grazas.

TAPERIA

O MUELLE

Cesantes Avda. Mendiño. 76 Nova Xerencia. Coñécenos.


[ XVI] Finais de maio 2018 O MORRAZO

Con este proxecto rexenérase o espazo do canabal e do estanque de Massó, mediante a instalación dunha fonte transitable con elementos de lecer

A fonte cibernética revoluciona a Praza Massó de Bueu BUEU.

O teu lugar de encontro para as cañas cos amigos

Un dos espazos máis emblemáticos e utilizados do Concello de Bueu, a Praza Massó, loce xa unha imaxe renovada. E é que as obras de construción dunha fonte cibernética transitable, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, xa están case ultimadas, tal e como puideron comprobar in situ o alcalde da vila, Félix Juncal, e os concelleiros/as Silvia Carballo, Ana Isabel Otero, María José Pérez e Xosé Leal. A empresa Rocas Graníticas del Condado resultou a adxudicataria desta actuación cun

importe de 48.375,80 €, IVE incluído. Así, o obxectivo prioritario é adecuar un espazo que actualmente se atopaba obsoleto, dado o mal estado de conservación do estanque que impedía o goce pleno da cidadanía. As obras contemplaron a execución de recheo, pavimentación, instalación dunha fonte cibernética transitable así como a adaptación da contorna para persoas con mobilidade reducida. A fonte conta con iluminación LED e cun sistema interactivo de xogo, co que se reforzará o carácter lúdico da Praza Massó, que fora creada

PIPA&POPE PERRUQUERÍA CANINA

Perruquería e tenda de complementos caninos e felinos

AVENIDA OURENSE, 69 - MARÍN

no 2009 como unha zona de lecer e de celebración de diversos eventos ao aire libre. O espazo ocupado pola fonte é de aproximadamente 7,00 m x 7,40 m e sitúase xustamente onde estaba o estanque anteriormente. Ademais, esta instalación funcionará en circuíto pechado, non precisándose máis achega de auga que o necesario para

repoñer as perdas causadas pola evaporación e o vento, e tamén se prevé a instalación de equipos de tratamento e cloración que garantan a calidade da auga. Por último, o proxecto contempla a mellora do espazo con outros mecanismos como son a iluminación, e a instalación de paneis informativos e de sensores pisadores.


Finais de maio 2018 [ XVII]

O MORRAZO

Negativa do PP a colaborar na Feira do A Asamblea pola Unidade empeza a Libro de Marín

MARÍN.

A comezos do mes de abril o BNG de Marín foi coñecedor dunha proposta trasladada previamente ao goberno municipal para voltar organizar este ano unha Feira do Libro no noso Concello. A proposta solicitaba a colaboración do Concello para poder levala a cabo, pois a organización dun evento deste tipo conleva unha serie de custes que sen a axuda do Concello é imposíbel de asumir por parte das persoas e/ou entidades organizadoras. Segundo a información que recibimos a resposta do goberno municipal foi negativa, xustificando a súa decisión nos “elevados custes”

que a organización dunha Feira do Libro conleva. No Pleno do pasado mes de abril a Concelleira do BNG Lucía Santos preguntou se esta información era correcta e cales eran os motivos que levaban á Concellaría de Cultura a non apoiar un evento cultural e comercial desta envergadura. A resposta do grupo popular, por boca da alcaldesa María Ramallo, confirmou a información da que dispoñiamos alegando que o custe que tiña que asumir o Concello resultaba moi elevado pola colocación de casetas e polo material que había que proporcionar. Desde o BNG de Marín quere-

mos rexeitar a actitude do Goberno Municipal de María Ramallo perante a proposta de voltar organizar unha Feira do Libro en Marín. Resulta moi chamativo ver como o Concello concede cartos a moreas a outro tipo de actos e négase a colaborar cun evento cultural tan interesante como unha Feira do Libro, que por outra banda suporía un importante elemento dinamizador social e económico na nosa vila. Un goberno municipal debe apostar de xeito decidido pola cultura. A promoción de actividades culturais é un ben en si mesmo que eleva unha sociedade e enriquece aos seus membros.

“Re-coñecer o Territorio” CANGAS..

Coa primavera a Asemblea pola Unidade botouse un ano máis a andar polos camiños, atravesando regueiros e pontellas do Morrazo. O obxectivo é pasar un tempo (entre hora e media e dúas horas) compartindo un coñecemento vital, o do territorio que compartimos, que ás veces é agradable e amigo e outras convertímolo en ferramenta agresiva, espazo deteriorado onde a convivencia é difícil. Nesa convivencia, ademais das relacións humanas, tamén se teñen que dar as das persoas co seu medio. E para que o equilibrio se manteña, o medio natural é importante. Aínda hai moito mundo no noso arredor que non coñecemos e que pretendemos recoñecer. Nunha recente xeira acompañounos un experto en “Arqueoloxía e outras historias”. De vida e de territorio. Catro mañás de sábados no calendario de 2018 son as elexidas para realizar estes actos aos que todos estamos convidados.aproveitar con maiúsculas. Coñecer o espazo que habitamos é aprender un pouco máis de nós mesmas. As rutas son gratuítas e non precisas inscribirte, só estar no punto indicado ás 10:00 horas


[ XVIII] Finais de maio 2018 ENTREVISTA

LUCIA SANTOS, PORTAVOZ DO BNG DE MARÍN

“ESTOU ILUSIONADÍSIMA POR TRABALLAR PARA COLOCAR AO BNG EN DISPOSICIÓN DE OPTAR Á ALCALDÍA DE MARÍN” O BNG de Marín ven de sufrir unha fractura. Un concelleiro e Pilar Blanco, a antiga portavoz municipal decidiron pasarse ao grupo mixto e non entregar as actas á organización pola que se presentaron ás eleccións. A veciña de Pardavila, Lucía Santos, asume con enorme ilusión a representación do Bloque no consistorio marinense. Achegámonos ata Marín a conversar con ela. Este mes de maio fai xa 3 anos do teu debut como concelleira. Xa é tempo dabondo para facer unha valoración cargada de contido? Non foi fácil, porque tíveno que facer todo soa. Non houbo grupo municipal, xa que as outras dúas persoas que me acompañaron, elixidas nunha lista do BNG, grazas ao traballo da militancia do BNG e cos votos dos veciños e veciñas simpatizantes do BNG, tomaron a decisión de ir por libre e manterse totalmente ao marxe da organización. Esa dualidade debeu ser moi difícil de xestionar? A verdade é que si, non o pasei nada ben. Agora, afortunadamente a situación mudou para mellor e si que traballamos con liberdade ilusión e comodidade. Tamén teño que dicir que estou moi orgullosa da cantidade e da calidade das iniciativas que presentei en representación da miña organización, algunhas aprobadas despois de moito traballo do que me sinto especialmente satisfeita como pode ser por exemplo o plan de patrimonio arqueolóxico. En Marín tedes un patrimonio moi numeroso e importante. Si, e por desgraza non estaba posto en valor. Como se pode valorar cuantitativamente a escisión que sufriu o BNG na túa vila? Foi obxectivamente moi pequena.

E o resultado no ánimo do conxunto da militancia? De verdade, estamos moi ben. Recuperamos xente que xa non estaba. Nova xente achégase á organización e o ambiente é de moita comodidade, ilusión e respecto colectivo. Síntome cómoda e arroupada. Cando Pilar estaba no BNG non existía ese ambiente? Non. Fainos unha valoración global do goberno municipal de Marín? Marín necesita un cambio. A nosa Vila merece un cambio. Este é un goberno pasivo, sen proxecto e sen ideas. Limítanse á xestión do día a día e facendo só iso, fano mal. Os efectos da inacción de María Ramallo nótanos en negativo toda a sociedade marinense, pero especialmente as capas máis humildes da poboación. Estades facendo asembleas por todas as parroquias de Marín. Cóntanos a túa impresión sobre os seus resultados? A situación interna que tiñamos levou a que o BNG de Marín estivera afastado da rúa e iso non pode ser. O Bloque é unha organización do pobo galego, para o pobo galego. E cando a dirección actual da organización na localidade asumiu a súa responsabilidade tomou a decisión firme e nidia de reverter a situación. Hai

cousa dun par de meses comezamos unha rolda de visitas polas parroquias, a nosa intención é preguntar, escoitar e logo propor solucións concretas ás necesidades reais das nosas veciñas e veciños, e tanto en asistencia como en receptividade e afectividade cara as nosas visitas estou realmente satisfeita. A que parroquias visitastes xa? Seixo, Ardán e San Tomé. En breve estaremos en San Xian e en Mogor. Antes de que se me esqueza Lucía ;estiveches con nós no 2015 na 1º gala de entrega de premios A Nova Peneira, tamén nos acompañaches no 2017 na 2º.Agardo tirar desta conversa o compromiso de que na 3º,que será o último sábado de xaneiro de 2019, poidamos contar tamén coa túa compañía e polo menos coa do responsable local do BNG en Marín tamén? Será un pracer acompañarvos de novo Tino. Paseino moi ben nas dúas primeiras galas e encantarame asistir á 3º En Seixo segue habendo problemas de auga? Agora mesmo, despois de todo o que choveu non, pero como o indolente goberno de María Ramallo non tome medidas estruturais para contemplar o subministro adecuado en todas as épocas, tanto de escaseza como de abundancia, moito me temo que na próxima seca, Seixo volverá a padecer ese tipo de problemas. Como está a situación do Lago Castiñeiras? Pésima. Outro exemplo máis da nugalla e ineficacia do goberno de Marín. Só as comunidades de montes executan algún tipo de actuación nese fermoso espazo. Hai poucas semanas tivemos unha xuntanza coas asociacións xunto co noso deputado Luis Bará. Queremos instar á Xunta a que se implique dunha vez na conservación, protección e promoción do lago Castiñeiras. Recentemente María Ramallo manifestaba nas nosas páxinas que Marín é unha das vilas que dispón dun número máis elevado de prazas de aparcadoiro en superficie, pero eu cada vez que veño aquí toleo para aparcar. E se me toca vir un xoves, o día de mercado, iso xa é un exer-

cicio superlativo para a paciencia humana. É tan fácil aparcar en Marín como di a vosa alcaldesa? Eu creo que a alcaldesa dixo iso porque ten unha praza reservada fronte ao concello, e claro, así si que esta chupado. Pero esa é a forma habitual de interpretar a realidade que ten o PP. Analízana en función das súas circunstancias particulares, están autenticamente desconectados da realidade. O número de prazas que ten Marín é claramente inferior ás que necesita. Calquera persoa que nos visite habitualmente pode constatalo. Que outras actuacións serían urxentes para Marín? O auditorio, unha nova biblioteca, multiplicar a rede de centros culturais, a rehabilitación do casco antigo, un plan de incentivos para o comercio local......Marín agoniza e este goberno é responsable. O pp gaña en Marín por incomparecencia da oposición? É lamentable, pero as veces semella que si. Perdemos tanto tempo en leas internas, en actitudes infantís como por exemplo utilizar as redes sociais para o insulto persoal, en rupturas e deslealdades, que as veces parece que o PP o único que ten que facer é e ver como nos matamos entre nós. Agora ben, quero deixar claro, rotundamente claro que vou pór todo o que teño para que iso non volva a suceder no BNG. Estou ilusionadísima en traballar para colocar ao BNG en disposición de optar á alcaldía de Marín, en verdade cho digo, Marín precisa un cambio con urxencia e o BNG está en disposición de darllo e con ilusión de executalo. A nosa militancia, está unida comprometida ilusionada e contaxiada pola actitude vital da nosa portavoz nacional Ana Pontón. Véxoche moi ben de ánimos. Estou mellor que nunca. Agora é un pracer traballar no BNG de Marín. O ambiente é excelente. Vas ser a candidata do Bloque á alcaldía? Non toca falar diso agora Pero ti queres selo? Eu son unha militante disciplinada e estou ao dispor da miña organización Moitas grazas.


Finais de maio 2018 [ XIX]

ENTREVISTA DE AARON FRANCO

ANTÓN POUSADA, PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN CULTURAL RONSEL

"DE CARA AO FUTURO PRECISAMOS AFORTALAR LAZOS CUNHA MAIOR IMPLICACIÓN DA XENTE"

Que obxectivos se marcou no seu nacemento a asociación cultural Ronsel? Fundamentamente obxectivos de carácter cultural, de recuperación e de defensa ecoloxista, de defensa do noso medio. Mais tamén facemos traballos de orientación social na contorna na que actuamos, as parroquias da conca do río Loira, Seixo, Ardán O Campo e Santomé. En que situación se atopa a cultura na vila de Marín. Desde o noso punto de vista ten que ser a sociedade a que demande cultura, e moitas veces depende máis de asociacións deste tipo que da demanda social. Tamén é certo que desde os diferentes gobernos de Marín non se fixo traballo suficiente para suscitar esas demandas. Nos últimos meses moito se falou da situación na que se atopa a festa dos Maios. Ronsel a este respecto leva traballando moitos anos nesta festa na parroquia de Seixo. Que está a acontecer con esta tradición, e que se debe facer para revertir a situación? A festa dos maios ten unha tradición e unha duración no tempo inmensa. É Ronsel pricipalmente a que activa durante moitos anos esta tradición na nosa parroquia. Pero o certo é que nos últimos cinco anos a festa tocou fondo, agora semella que por fin mudou a tendencia. Ese cambio vén dado pola labor de divulgación e obradoiros escolares que estivemos a facer. Acadamos un pequeno repunte que aspiramos a consolidar no tempo. Antes falabas da conca do río Loira. Que diagnose fai desta localización desde o punto de vista ecolóxico? Se botas man dos parámetros da Xunta a situación non é mala. Pero hai un grande abandono, derivado en gran

parte da inactividade agrícola. Por outra banda houbo épocas nas que os verquidos ao río complicaban a situación, pero afortunadamente comezou a revertirse esa situación e os verquidos humanos son xa case inexistentes. O que si nos preocupa son as estación de bombeo, que cando fallan verquen no río augas fecais. Hai que porlle solución a esa cuestión. Falemos dos muiños do río Loira. Desde punto de vista etnográfico é un mundo por descubrir. Estamos a falar de máis de 60 muiños, de pontellas de presas elevadas... Hai que traballalo e poñelo en valor e a ese respecto queda moito por facer. Desde a fundación de Ronsel levamos traballado moito na recopilación destes datos que temos perfectamente recollidos e clasificados. O que falta é divulgación, especialmente por parte das administracións, pero incluso máis alá do río, falta divulgar desde os xacementos arqueolóxicos ate as igrexas románicas que temos no Campo e en Santomé. En que situación temos a praia de Aguete.

O impacto na praia desde que se fixo o porto deportivo tivo unha incidencia moi grave. O corremento de toneladas de area nas recirculacións derivadas do porto compromete o futuro da praia. Existe risco real de desaparición da praia? A actual praia tal e como a coñecemos pode perderse si, os estudos indican que a praia pode virar na súa posición 90 graos. Vimos de coñecer hai unhas semanas a iniciativa de Ronsel en colaboración con outras entidades para a elaboración dun manifesta no que se reclaman unha serie de mellorar para esta localización da nosa vila. Si, esta iniciativa nace de encontros de Ronsel con asociacións da contorna onde se detectaba certo retroceso social, incluso no número de habitantes. Estamos facendo unha presentación deste escrito a nivel de todalas intitucións. Trátase de poñer en valor o que temos e de potenciar unha serie de servizos que fixen poboación, ademáis de poñer a debate algo que non existe a día de hoxe en Marín, que é a vivenda social. En que situación está por tanto o rural marinense? Non é a mellor desde o punto de vista cultural e social, e porque os servizos

penden dun fío, desde a oficina de correos ate os riscos de que o centro de saúde de Marín peche, todo isto combinado con deficiencias existentes que é o caso da necesidade de mellorar as instalacións deportivas do colexio. Este ano é 25 aniversario da asociación Ronsel. Teñen pensado algo especial? Si, facemos 25 a finais de ano. Vai haber unha programación especial que se dará a coñecer no se momento e a ese respecto o que é seguro é que se vai expor o traballo feito ao longo deste tempo. E que balance fas de todo ese traballo? Bo, desde a actividade respecto dos maios, ate recuperar o entroido en Seixo, desde logo un traballo positivo. Pero falta implicación na organización das actividades. De cara ao futuro precisamos afortalar lazos cunha maior implicación da xente. Agora podes dirixirte aos lectores de A nova Peneira para dicirlle o que ti queiras. Que a veciñanza de Seixo sexa consciente da necesidade de colaboracións en tódolos aspectos para poder continuar o noso traballo, e máis se queremos seguir traballando desde a independencia.

Na Pantalla Cesantes


[ XX] Finais de maio 2018 VAL MIÑOR

Medio cento de maiores disfrutaron da primeira excursión a Fisterra organizada polo concello María Luisa Iglesias González Delegada

"AGENCIA EXCLUSIVA DE MAPHRE”

FAMILIAR Nº REGISTRO DGS FP C005876859169T

Avda. de Purense, 30 - Marín 986 884 399 - 986 838 134 miglesi2@mapfre.com

NIGRÁN.

Medio cento de maiores de Nigrán participaron na primeira excursión de dous días a Fisterra organizada polo Concello. Os días 19 e 20 de maio repetirase cos que solicitaron esas datas. Os participantes poideron disfrutar o primeiro día dun pequeno paseo pola vila e comida e, xa pola tarde, visita ao Museo do Mar, ruta en barco polos mares de Fisterra con degustación incluída e cea. O domingo coñeceron o faro de Fisterra e acudiu o alcalde do municipio a saudalos. O Goberno local de Nigrán organiza esta actividad de turismo social porque entende que viaxar non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas

TABERNA MAGARIÑOS Torre 5 A Couso, Gondomar 986 197 908

maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.


Finais de maio 2018 [ XXI]

VAL MIÑOR

O “banco para o mundo” de Gondomar xa ten ubicación: Inmediacións do Castro da Pedra Moura. Borreiros GONDOMAR.

Non se trataba dun concurso de fotografía, senón de procurar o emprazamento máis acaído para situar “Un lugar para un banco”. O obxectivo é procurar imaxes de lugares de Gondomar, onde as Vistas Panorámicas do Concello, Do Val Miñor ou da Costa invitasen a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos. As votacións non deixarón lugar a dúbida e o lugar escollido, está na Parroquia de Borreiros” nas inmediacións do Castro da Pedra Moura. Dos

539 votos validados, o 64% decantouse por esta localización sumados os votos das tres fotografías selecciónas deste lugar. Por tanto, o emplazamento elexido para a colocación do "Banco para o Mundo". será nos arredores Castro de Pedra Moura, na parroquia de Borreiros. A foto gañadora por votación en liña, foi a de José Iglesias Estévez, titulada "Vista do rio Miñor, Baiona, Lourido, Monteferro, illas Estelas, illas Cíes e Cabo Home | Castro de Pedra Moura (Borreiros), acadando un total de 154 votos e por tanto gañador do diploma acreditativo, así como unha

cea para duas persoa, cortesía da Tapería Rural Ardora en Gondomar. O gañador do sorteo dun móbil libre Primux Delta 6 cortesía de Expert Gondomar foi Javier Lorenzo.Consultar certificado do concurso. O concello porase en contacto cós gañadores para a entrega dos correspondentes premios. Grazas ao participantes no concurso “ Un Banco para o Mundo”, dispomos unha fermosa colección de vistas panorámicas desde os máis diversos puntos xeográficos do concello, polo que lles estamos moi agradecidos.

Como curiosidades estatísticas, destacamos que o concurso tivo máis de 3500 entradas na wed, e que rexistramos votos chegados dende os lugares máis insospeitados: Australia, Mozambique, EEUU ou Xapón. Aínda que como é loxico, a maioría dos votos emitidos dende o estranxeiro, procedían de Latinoamérica, de onde chegaron 56 votos validos.

RÚA ROMANA BAIXA Nº 3


[ XXII] Finais de maio 2018

AS ENTREVISTAS DE VERÓNICA (VI)

JUAN GONZÁLEZ. ALCALDE DE NIGRÁN

“ÁS VECES O PP E NIGRÁN DECIDE FORMAN TÁNDEMS UN TANTO EXTRAÑOS” Nigrán é un dos concellos da nosa área de influencia que no que no2015 perdeu o PP. O socialista Juan González é agora o seu alcalde. Achegámonos ata Nigrán a conversar con el. -No ano 2015 acadaches os mellores resultados da historia do PSOE en Nigrán con máis de 3400 votos. Hoxe, consumidas as ¾ partes do teu mandato xa podes facer unha valoración cargada de contido. Como valoras logo estes tres anos de alcalde? A valoración é moi positiva, síntome feliz. Encántame o traballo que teño. Cada día é un reto para min, e estar na rúa na rúa atendendo as necesidades das miñas veciñas e veciños é especialmente satisfactorio. -Ser alcalde do teu pobo era como te esperabas, ou levaches algunha sorpresa? Si levei, pero case todas son gratas. Se cadra o único complicado é que todos os dias son alcalde de luns a domingo e é moi difícil ter dias libres, pero eu dende que son alcalde nunca almorzo fora da casa -Cales son os principais problemas cos que te atopaches? A administración e moi complicada tiñamos moitos sonos pero a realidade e que todo se ralentiza. A verdade é que costa acostumarse aos tempos que nos marcan. De feito tomamos a decisión de non anunciar nada ata que se empece. -Cales eran os teus obxectivos principais ao asumir a responsabilidade de goberno, e en que medida estás satisfeito ou insatisfeito dos resultados acadados? Un dos obxectivos esenciais era dar unha estabilidade política a Nigrán, na medida do posible consensuando as necesidades que existen na vila.... unha delas e o plan xeral.... insatisfeito estou porque quero facer e facer pero todo ten o seu tempo -A situación aritmética da corporación de Nigrán presenta certa complexidade. Supoño que con 4 grupos de oposición terás que fiar fino nas túas relacións con eles. Como están as relacións con

PP,SON NIGRÁN, BNG e UCN? Ben, estou satisfeito. Reunímonos bastante aparte das comisións obrigatorias e xuntas de portavoces. Temos unha relación cordial non somos íntimos pero levámonos ben. Cada un temos as nosas estratexias políticas como e lóxico, nós queremos manter o noso goberno e eles conseguilo. -Acabades de aprobar os orzamentos, cun acordo inicial co BNG e UCN, ao que se acabou sumando toda a corporación. Como foron as negociacións e cales son os aspectos máis significativos dos novos presupostos? Empezamos en outubro de 2017. As negociacións rematámolas en febreiro de este ano case 4 meses despois, aparte de reunións previas. En outubro presentamos os orzamentos que para nos eran os mellores do mundo pero en febreiro tiñamos outros orzamentos que eran moito mellores. Aos poucos vas aportando cousas que os acaban mellorando. No pleno de febreiro o PP tentou paralos e deixar a Nigrán sen orzamentos. Nigrán decide quixo facer o mesmo, resultando un tándem un tanto inverosímil. O BNG e UCN dixéronnos que si. Intentámolo de novo empezamos a traballar fomos ao pleno, o PP quedou fóra, e Nigrán decide ao final cando se viu soa fixo a 13 14,mudou de posición e votou a favor. -Tedes previsto, agora que chega o verán, algún tipo de actuación para mellorar os servizos de Praia América? (algún veciño queixouse a A Nova Peneira de que eran insuficientes e de que estaban en situación manifestamente mellorable).

Ben, hai xente que mira un alga e di que a praia esta sucia. As praias están limpísimas, con acesos fáciles con casetas de vixilancia novas, en xeral as condicións son moi boas. -Por que non asistiches á última xuntanza da comisión de seguimento do transporte metropolitano, e como está esta cuestión segundo o teu criterio? Non puiden pero creo que os alcaldes non estamos para facer campañas políticas. ...e ir a criticar é facer o que a xunta quere. .. na vila teño moito que facer que en definitiva e para quen debo traballar. -Se non estou equivocada, mañá mesmo tedes un pleno extraordinario para tratar a cesión do contrato da redacción do PXOM. Se non me equivoco tampouco, hai informes negativos ao respecto. Cal é a túa posición razoada sobre este tema? A empresa quere ceder o contrato que temos con relación o plan xeral.Parece sinxelo pero non o é, e hai informes en contra e a favor. O plan é necesario para os veciños de Nigrán e se non se aproba pasaran moitos anos sen poder telo na vila, pero estamos para atopar a mellor solución. -Seguindo co tema urbanístico, queremos saber tamén a túa opinión ao respecto do recente intento de modificación das Normas Subsidiarias, non aprobado pola oposición? Esa foi outra rara coalición PP / Nigrán decide. Nós estamos con as normas subsidiarias de hai 30 anos e iso non pode ser. Nós intentarémolo de novo porque creo que é necesario. -Como está a saúde do polígono industrial de Porto do Molle, e cales

son as liñas de traballo do teu goberno en relación con ese espazo tan importante para Nigrán? Está moi ben somos uns dos concellos xunto con Salceda de Caselas e a Illa dos que a poboación activa crece. O polígono aposta pola tecnoloxía i+D+i e ten o 100% do chan ocupado. Asemade están aprobadas facer mais naves. -Pronto teremos a posibilidade de gozar co magnífico Nigrán Jazz, supoño que para o teu goberno este tipo de eventos de calidade superlativa serán moi importantes. Como se está traballando para apoiar ao Nigrán Jazz ou a outros acontecementos semellantes ? Xa temos pechado todo o verán de actividades non hai fin de semana que este sen elas, e o que queremos é consolidar os espazos musicais culturais no tempo, que sexan un referente para ter que facer ou onde ir en verán. Será Gonzalo Caballero capaz de artellar unha alternativa sólida e solvente, con capacidade real para disputarlle a Xunta ao PP? O PSOE en Galicia teno moi complicado para facer sombra a Feijó por moi mal que este o faga. Oxalá Gonzalo poida logralo pero eu míroo moi difícil. -Como estás ti de ánimos e moral?. Supoño que serás novamente o candidato do teu partido á alcaldía ? Eu estou ben, se os meu grupo e os veciños creen que e debo selo por suposto que eu estarei. -O último sábado de Xaneiro, faremos a III Gala de entrega de premios de comunicación A Nova Peneira no Porriño gustaríame convidarte e agardo que poidamos contar contigo? Moitas grazas, e desde logo que alí estarei. -Nada máis alcalde, só agradecerche a túa amabilidade e ofrecerte as nosas páxinas para que tires a mensaxe que desexes aos veciños e veciñas da vila? Eu creo que os veciños entenderán que 3 anos é moi pouco tempo para atender todas a necesidades da vila. Confío en que nos volvan dar a súa confianza, e naturalmente, desde o máis profundo de min doulles as grazas. É un orgullo e unha honra ser o alcalde do meu pobo.


Finais de maio 2018 [ XXIII]

OPINIÓN

CARLOS MÉIXOME Historiador

E TI QUE PENSAS DOS ESPAÑOIS?*

Distingo (...) los buenos españoles de los malos, y no se crea que es mi intención confundir el criminal con el inocente; aunque por otra parte es positivo que todos los que han venido a América con ideas de mando y autoridad, han sido unos tiranos, ingratos y desconocidos; lo que nos sirve de lección, para que los recibamos siempre con la más severa circunspección.” Así se expresaba Francisco de Miranda o 5 de xullo de 1811 no Congreso Constituínte de Venezuela que declarou a Independencia. Van alá máis de douscentos anos. O líder americano non foi tan despectivo como Cánovas del Castillo. Segundo se di, cando Manuel Alonso Martínez, presidente da comisión redactora da Constitución de 1876, lle transmitiu que non atinaban co xeito de definir aos que eran españois, o presidente do consello de ministros espetoulle: “Pongan ustedes que aquellos que no pueden ser otra cosa”. Don Antonio era raposo fino e foise relevando con Sagasta na condución dos restos imperiais cara ao chamado desastre de 1892. Fraga intentouno patrimonializar cando se cría destinado a ser o reformador do franquismo, e o ínclito José María Aznar pretendeuno elevar aos altares patrios. Aquela Constitución, a máis duradeira das españolas, e paréceme que vai seguilo sendo, definía os españois como aqueles nacidos neste territorio (incluídas as chamadas provincias de ultramar), os fillos de pai ou nai española, os estranxeiros naturalizados e, aquí debería vir a chanza canoviana, “los que sin ella hayan ganado vecindad en cualquier pueblo de la Monarquía”. As constitucións posteriores, a republicana e a actual, deixaron a cousa nunha referencia ao que estableza a lei. Andan os medios de comunicación, e os políticos, enleados en profundas reflexións ante a insondable cuestión presentada por Domenech, o portavoz dos comúns e delegado territorial de Podemos no Princi-

pado; cando lle preguntou ao presidente “en custodia” Torra que pensa dos cataláns que se senten españois?. A tal “questiuncula” sumouse con lostregante rapidez a alcaldesa de Barcelona e con ela “tutti quanti” teñen gañas de amosarse como máis patriotas españois que ninguén. O interrogante semella máis o resultado dunha estratexia madrileña que dunha práctica socrática. O caso é darlle ao presidente formal da Generalitat, máis ben xefe do goberno, xestado en prolongado parto e ameazado con non moi duradeira data de caducidade ben por misión cumprida ou encarceramento preventivo. Andan os preocupados por gobernar España con xogos de patriotas bailando ao son dos cidadáns extremos. Os comúns aceptan un papel subsidiario en Cataluña e pretenden presentarse como o posibilismo de esquerdas en Madrid. Caneíños en curto que non resolven nada; para iso precísanse políticos e intelectuais dos que non hai. Sóame un retrouso musicado “o sentimento é libre”. E non vai ser. Que se pensa dos cataláns que se senten españois? Que se pensa dos cataláns que non se senten españois?. Un quixera agardar que non se pensase nada, simplemente se respectasen eses sentimentos. Cada un sente o que sente e o que quere sentir. Cando os deputados de Cs non cantan Els Segadores en sede Parlamentaria, será porque non senten o himno nacional catalán, porque non se senten cataláns. Son tan libres como cando os xogadores rusos respectan en silencio os acordes do himno monárquico español. Outra cousa é que os cataláns, polo menos cando ían á mili, tiñan que cantar os himnos patrios ou que os rusos obrigasen os españois a entoar o canto estepario. E se os chíos do xefe do goberno, que o presidente está en Berlín, lexitimado pola sinatura da súa maxestade e do presidente do goberno español en diario oficial, poden ser de maior ou menor gusto, ao igual que

algúns dos seus artigos, máis que dicir dos inflamados discursos patrioteiros emitidos por radios e televisións (mesmo con petición de bombardeos) ou dos iracundos artigos de prensa entre os que salientan as firmas locais de Barreiro Rivas e Blanco Valdés. A solución dos conflitos políticos atópase no territorio da democracia e non no espazo da sentimentalidade. E Torra, por non sentirse español, por sentirse catalán e por coidar que a alternativa para o seu país a estas alturas é a independencia, non é nin xenófobo, nin supremacista. Iso sería impoñerlle a quen non queira ser español que se sinta español, como pode pretender a actual constitución. Por certo, Estat Català, un partido co que parece que expresou a súa identificación Torra e polo que se sataniza, tiña, en 1936, como secretario xeral a Joan Cornudella, quen nos anos corenta formou o Front Nacional Català, o primeiro partido independentista baixo o franquismo, e terminaría sendo deputado no Parlament nas bancadas do PSC. Aínda máis, de Estat Català, xa nos anos trinta, escindiuse un grupo Estat-Català-Partit Català Proletari, un dos grupos fundadores do PSUC, o partido dos comunistas cataláns, que anos despois promoverían Iniciativa por Cataluña que hoxe forma parte de En Comú-Podem

que fala por boca do historiador Xabi Domenech autor da “questiuncula”. En fin, as voltas que dá a vida. Pola súa banda Torra é identificado tamén con Acció Catalana, un partido que poderíamos encadrar na esquerda liberal e que formou parte das candidatura da Fronte Popular en febreiro do 36. En fin, descoñezo as publicacións de Torra, xestor empresarial, editor, xestor cultural..., non podo opinar, pero todo semella unha operación de derribo para ver de mandalo a Estremera. Volvo recuar; 1863; cento cincenta anos: “Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven así a sofrir España dunha nación veciña que sempre a ofendéu a mesma inxusticia que ela aínda máis culpable, comete cunha provincia homillada de que nunca se acorda, como non sexa para homilla-la aínda máis. Moito sinto a inxustizas con que nos favorecen os franceses, pro neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle máis palpabre a España a inxusticia que ela á súa vez connosco comete”. Isto está no prologo de Cantares Gallegos, Mais adiante na composición 29, A Gaita Gallega, a IV estrofa di: “Pobre Galicia,non debes/ chamarte nunca española,/que España de ti se olvida.../. A nosa Rosalía debía ser tamén unha supremacista como Torra ou simplemente unha chorona por ser galega, pobre, infeliz y sucia... Publicado en A Nova Peneira, maio 2018


[ XXIV] Finais de maio 2018 VAL MIÑOR

O proxecto da Concellería de turismo para a creación dun Parking de autocaravanas, con orzamento de 64.000 €, excluído pola Alcaldía

Gondomar relega o Parking de autocaravanas

GONDOMAR.

Gondomar, é un lugar ideal para acoller un parking de autocaravanas, segundo considera a Asociación Galega de Autocaravanas. Ten un lugar perto do centro da vila, da policía e dun área fermosa como o Parque da Coelleira. Co parking Gondomar, poderíase completar oferta turística da Comarca do Val Miñor, que carece deste tipo de infraestruturas. Pero isto xa non acontecerá xa que a alcaldía rexeitotou o proxecto elaborado pola concellería de turismo e que tiña previsto presentar a o PLancde Concellos. Cada autocaravana deixa consume un mínimo de 100€ no comercio local en restaurantes,

supermercados, farmacias, etc. Trátase dun perfil de viaxeiro "respetuoso coa natureza e co entorno “ e de clase media alta". Como exemplo da dinamización económica que xera o sector das autocaravanas podemos poñero concello galego de Foz. Alí os viaxeiros xuntaron todos os tikets das compras feitas durante unha fin de semana. A suma acadaba os 7.800 euros, aínda que non puideran computar o 40% das compras, por falta dos comprobantes. Asociación Galega de Autocaravanas considera o grande crecemento do sector en Galicia obedece tanto ao reclamo da paisaxe e da variedade da oferta turística posuímos. Galicia conta

con perto 7.000 autocaravanas rexistradas, cun crecemento anual do 20%. Aumentar tanto a compra como o aluguer, con tres perfís: matrimonios con nenos, mocidade, surfistas e xubilados. O sector de autocaravanas en España, que xa conta don 45.000 vehículos, enfróntase ao 2018 con expectativas de crecemento do 30% grazas ao feito de que este tipo de turismo de estradas está "de moda" debido á súa flexibilidade e que rexistran 4.000 vehículos no territorio nacional cada ano. Se sumamos as 250.000 autocaravanas que cada ano chegan atravesan os Perineos con destino á Península Ibérica.

O Concello de Oia reparte trampas para combater a vespa velutina

NIGRÁN.

O Concello de Oia repartiu 90 trampas e atraíntes durante o mes de abril, entre apicultores das distintas parroquias, para loitar contra a vespa velutina. O reparto se fixo nestas datas xa que é na primavera cando as novas raíñas da vespa velutina comezan a formar os seus niños primarios, polo que é un dos períodos máis importantes a ter en conta para o control da especie. Dende o Concello de Oia se pide a colaboración da veciñanza para que revisen galpóns, garaxes, soportais, aleiros de tellados, etc., que son lugares habituais onde medran os niños primarios da vespa velutina. Estes niños son de cor marrón pardo, dunhas dimensións de 6 cm de alto e 4

cm de ancho, e se forman entre os meses de marzo e xuño. Dende a Concellería de Medioambiente se recorda que para proceder a súa retirada é preciso que avisen no teléfono do Concello 986 36 21 25. O Concello de Oia xa organizou no mes de marzo unha charla sobre a vespa velutina coa colaboración da Asociación Galega de Apicultores, Delegación Rías Baixas, onde se explicou a vida e comportamento desta especie invasora.


Finais de maio 2018 [ XXV]

AS REPORTAXES DE G. FIGUEIREDO V)

O BNG levará ao Parlamento Galego o conflito do persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería do Álvaro Cunqueiro

O ASASINATO DA MESTRA MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ Hoxe imos falar de María Vázquez Suárez, mestra de Miño fusilada por feminista, atea e socialista. Na madrugada do 19 de agosto, falanxistas e gardas civís de Pontedeume asasinárona nunha praia de Miño, saquearon a súa casa e queimaron os seus libros.

M

aría Vázquez Suárez naceu en Santiago en 1895, filla de Xoaquín Vázquez, de Vilaescura, militar e empresario, e de Andrea Suárez, cantineira do rexemento de Xoaquín. Estudou na Normal da Coruña onde se graduou en 1913. En 1918 obtivo praza na escola de nenas da Pobra do Caramiñal onde exerceu 12 anos logo de demorarse a obtención da praza que obtivera en 1917 para un destino en Castellón, feito que ocasionou protestas públicas na prensa por parte de seu pai. Non é ata 1929 cando obtivo praza na escola nº 2 de Miño. Nesta etapa frecuentou os ambientes republicanos e coa chegada da República, identificouse coa reforma pedagóxica, asistiu a cursos de perfeccionamento na Coruña e organizou excursións escolares a fábricas e monumentos. Contan que María Vázquez tiña boas dotes de costureira e facíalles uniformes ás alumnas para que todas foran iguais e sen “distinción de clase”. Desenvolveu tamén unha intensa actividade política e sindical, integrándose na agrupación socialista de Miño, realizou a súa primeira intervención nun mitin político en 1932. Participou en campañas e mitins con discursos centrados nas políticas educativas e na defensa dos

dereitos das mulleres, cunha gran actividade solidaria a prol das persoas máis desfavorecidas. Colaborou coa Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas, alí impartiu unha conferencia en 1933 no local coruñés da Liga e tamén formou parte da Agrupación Feminina Republicana. Foi fundadora da agrupación socialista de Miño tamén en 1933. En 1933 afiliouse á FETE (federación de traballadores da ensinanza) e en 1935 ocupou o cargo de vice tesoureira. No pobo natal do seu pai, contan que fora animada a actividade social e política por el, que vira na súa filla unha grande oradora e defensora da liberdade. Muller feminista e progresista para a súa época. Enterrou á súa nai sen rito católico, cando Andrea morreu en 1934, realizáronlle un enterro civil. No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, María atopábase na Coruña, onde foi detida a inicios de agosto e trasladada ao cárcere de Pontedeume. Alí, onde sufriu tortura, non lle deixaron comunicarse con ninguén nin permitiron que o seu pai puidese entregarlle roupa ou comida. Estando encarcerada, o 14 de agosto foi destituída como mestra, documento de destitución que asina un día antes do da súa morte.

VIGO.

Acusárona de defender a escola laica, o amor libre e de enterrar a súa nai sen rito católico. Na madrugada do 19 de agosto, falanxistas e gardas civís de Pontedeume sacaron a María do cárcere, xunto con outros presos, e asasinárona nunha praia de Miño, o 4 de decembro é Inscrita no rexistro de defuncións como causa de feridas de bala en Pontedeume. A súa casa foi saqueada e queimaron os seus libros. Tras a súa morte, o seu pai, abandonou Miño e regresou a Vilaescura en 1941, onde din que nunca superou o asasinato da súa filla, fíxose un home solitario e o pasou mal toda a vida, ata o seu leito de morte en 1950. Xoaquín, antes de morrer, escribiu detrás dunha foto da súa filla: “Maruja Vázquez Suarez, Maestra de Miño - Fusilada por los fascistas de Puentedeume el 21 de Agosto de 1936. ¡Cobardes!”. “Cobardes, inxustos, machistas”… tantas mortes impunes dun réxime ditador e asasino que nunca pediu perdón.

A deputada do BNG no Parlamento Galego Montse Prado, acompañada do responsábel comarcal do BNG en Vigo Manuel Caride, acudiu ao inicio do peche convocado persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería (TCAEs) do Hospital Álvaro Cunqueiro para trasladar o apoio do BNG ás súas reivindicacións. Para o BNG coa privatización do Novo Hospital de Vigo a decisión de construír o hospital polo chamada Colaboración Público Privada non só converteu á concesionaria na responsábel do proxecto de construción, senón que supuxo cederlle á empresa a explotación e a xestión de moitos dos servizos do NHV. A efectos prácticos a concesionaria converteuse en propietaria do Hospital durante os 20 años da concesión. Dentro deses servizos está a limpeza e a lavandería, que todo indica pretende realizar sen a dotación de persoal suficiente, pretendendo que pasen os TCAE a realizar parte das labores que realizaban persoal de limpeza. Diante desta situación, o Sergas na vez de esixir a realización destas tarefas á empresas e que esta teña a dotación de persoal precisa, toma a decisión de sobrecargar aínda máis ao seu propio persoal con tarefas con non están recollidas no seu estatuto.


[ XXVI] Finais de maio 2018 VIGO

LUCIANO OTERO Xefe da oposición de Pazos de Borbén pola Agrupación de Electores Alternativa Veciñal

NON, EN POLÍTICA NON TODO VALE D

O cadro de persoal de BorgWarner rebélase contra o plan de incentivos imposto pola dirección VIGO.

As seccións sindicais da CIG, USO, CGT e CCOO de BorgWarner Emissions Systems Spain, con sede na estrada de Zamáns, en Vigo, veñen de iniciar un calendario de mobilizacións contra a decisión da empresa de impoñer un plan de incentivos que afondará na discriminación salarial do cadro de persoal. Segundo explican dende a representación sindical, a decisión de comezar coas protestas tomouse despois de que a compañía tomase unilateralmente a decisión de implantar o plan -denominado Bonus EIP e integrado nun programa que deseña o grupo empresarial en todas as súas fábricas en base aos indicadores e resultados do ano 2017- e comunicase a súa entrada en vigor de xeito individual e só a parte dos traballadores/as. En concreto aos técnicos/as, uns 200 empregados/as, optando por deixar fóra deste plan de incentivos aos restantes 380 operarios/as do colexio de especialistas. Entenden que o problema non

e o plan en si, senón o feito de que sexa implantado agora en Vigo por primeira vez dende que BorgWarner mercou a empresa en 2010 e que se faga ás costas dos representantes legais dos traballadores/as (o comité está integrado por 17 representantes e configurado por UGT, USO, CIG, CGT, CSFI e CCOO.) "O proceso foi feito cunha total ausencia de transparencia, até o punto de que non informaron o comité nin antes nin despois de levar adiante un incentivo que non está recollido no convenio vixente (2016-2019)". Ademais, consideran que o feito de que só se lle aplique a unha parte do persoal "é algo insólito que amosa unha clara discriminación de oportunidades e trato entre traballadores/as, provoca desigualdades e racha coas mensaxes lanzadas dende a dirección no sentido de que todos/as somos un, de que debemos de estar todos/as unidos/as, etc". De feito, lembran que este mesmo plan de incentivos foi aplicado polo grupo en outras plantas, onde foi repartido entre todo o persoal.

efendo tanto a política como aborrezo o “politiqueo”. Que todas as persoas teñan dereito á sanidade ou que a sanidade só sexa para quen poida pagala, é unha decisión política. E eu, particularmente, non vou deixar que outra persoas decidan por min cuestións desta importancia. Por iso defendo a política, porque é a ferramenta que nos permite ter voz en asuntos importantes que nos afectan. O “politiqueo”, pola contra, é aborrecible. Ese cruce de declaracións e piques entre partidos, que falan moito e non din nada. A veces esaxerando as súas diferencias en temas sen importancia porque, no fundamental, están de acordo. Ese galiñeiro alborotado onde, xusto é dicilo, se hai alguén que di algo interesante non se vai escoitar. É mais, non interesa que se escoite e entón cacarexamos máis forte. Nese mundo do “politiqueo” parece que está permitido, e que permitimos, comportamentos inaceptables noutros eidos da vida: as mentiras, as medias-verdades, as artimañas, o caciquismo, dicir unha cousa e facer a contraria... Comportamentos que, demasiado habitualmente, non son castigados nas urnas. Pazos de Borbén non é alleo a esta peste. Levamos demasiados anos de gobernos do PP, xa case vinte con Andrés Iglesias. Neste tempo o PP dedicou os seus esforzos a manterse no poder, non a resolver problemas da xente. E como non teñen méritos, todo vale con tal de esconder os seus erros e facer crer que calquera que veña vai ser igual ou peor. É moi instrutivo asistir aos plenos. Sempre que Alternativa Veciñal (AV) leva a debate problemas reais de Pazos de Borbén, o PP dedícase a falar do que pasa nun concello que goberna non sei quen ou do mala que é a Deputación agora que non é deles. Non poden ir coa verdade por diante, así que soltan borro, coma o choco, para ocultar a realidade dun goberno incompetente e corrupto. O PP tamén é experto en dicir unha cousa e facer a contraria. No seu discurso de toma

DISTRIBUIDOR EXCLUSIVO

de posesión Andrés Iglesias falou dun goberno aberto, transparente e centrado nas necesidades das persoas. Máis adiante AV descubriu que levaban anos indo ver partidos do Celta á Tribuna cun bono pagado por todos nós. Segundo o alcalde, un bono que estaba a disposición de todos os veciños e veciñas pero que, en realidade, só coñecía a camarilla próxima ao PP. A isto lle chaman transparencia e velar polas necesidades da xente? O discurso do PP di que os seus cargos acusados de corrupción dimitirán si se chega a abrir xuízo oral contra eles. Na práctica, temos a Severino Reguera que segue de tenente alcalde e voceiro do PP, malia que está acusado dun delito de corrupción e á espera de que se celebre o xuízo. Mentiras de principio a fin sobre as obras do campo de fútbol de Nespereira. Ao contrario do dito polo PP, non era diñeiro que viña para o campo e se non se collía se perdía. Foi o concello quen solicitou a subvención para esa inversión e non outra. Incluso unha vez concedida a subvención, a Deputación deu un prazo para poder destinar o diñeiro a outro fin. E porque as obras non estaban rematadas en prazo, ao contrario do que afirmaron, a Deputación descontou case 4.000 € da subvención. No día da muller Andrés Iglesias adicouse a regalarlles flores (non caeu na conta de que o 8 de marzo as mulleres esixen dereitos, non piden flores!). Semanas máis tarde, cando dúas concelleiras do seu partido foron insultadas e vexadas, o alcalde non só non as defendeu, senón que mentiu para protexer a quen lles faltou ao respecto. Vai sendo hora de deixar atrás este “politiqueo”, o “todo vale”. As mentiras e os enganos van da man da corrupción e do atraso. Poñamos nas institucións xente digna, honesta e capaz. Atrevámonos a cambiar, deamos un paso adiante.

Avenida de Ourense, 50 - Marín Telf. tienda: 986 88 39 31 - Fax: 986 88 00 95 Telf nave: 986 70 32 14 - Móvil 666 45 00 95 gonbelventas@gonbelmar.es www.gonbelmar.com


Finais de maio 2018 [ XXVII]

N

VIGO

LANO ALONSO Concelleiro de Son de Tui

on deixa de ser chamativa para calquera cidadán a paradoxa política que se está a vivir en Tui desde a caída do franquismo e a rexeneración democrática vivida neste país. Durante moitos anos agroman partidos e líderes especialmente no campo do centro dereita e así, o que hoxe é amigo, mañá é inimigo e nas seguintes eleccións volta a ser un fiel amigo. Ó longo destes anos temos padecido moitas situacións desta índole e non vén ó caso explicar a analizar agora todo o acontecido e polo tanto ímonos referir únicamente ó que leva acontecido nestes derradeiros anos. No ano 2011, o PP acada una maioría absoluta no Concello de Tui, liderado por Moisés Rodríguez Pérez, nove concelleiros, xente nova e un proxecto que podería rematar coa unificación pretendida polo PP desde anos atrás. A falta de proxecto, de xestión e os enfrontamentos levan á enésima división e á aparición de dous novos partidos nese ámbito: Ciudadanos Tudenses e Alternativa Popular de Tui. Nese mesmo ámbito xa estaban Converxencia 21 e Alternativa Tudense. Nas eleccións do 2015, presentáronse 8 candidaturas e todas elas acadaron representación, facendo de Tui o Concello de España con maior diversidade de representación. Constituiuse un goberno cuatripartito con 8 concelleiros, liderado polo Psoe con 3 concelleiros, 2 do Bng, 2 de Alternativa Tudense e 1 de Son de

DE POLÍTICA TUDENSE

Tui. Foi investido Alcalde Enrique Cabaleiro, con 11 votos a favor, pois APTUI e C21 votaron por un troco de rumbo. Converxencia 21, de Carlos Vázquez Padín, puxo os seus 2 votos enriba da mesa, argumentando que había que desaloxar ó PP do Sr. Rocha do poder e renovar a política local. O novo goberno tiña una papeleta difícil, pouco orzamento, limitacións no gasto, carencia de persoal e a existencia dunha herdanza moi complexa. Co paso do tempo vanse resolvendo cousas, plantexando proxectos e o máis importante, outra maneira de gobernar, máis cercana e humana, máis sensible e preocupada. A maioría da poboación foise decatando dos anos perdidos, dos despilfarros e da pouca ou nefasta xestión levada a cabo e será ahí donde escomenzan os problemas: O PP dáse de conta de que Tui xa non é o seu couto privado, que o novo goberno se está a asentar, que hai un proxecto humilde e digno e que se escomenzan a ver os resultados desa xestión en moitos eidos: reformas e mantementos nos edificios e nas infraestructuras, turismo, medio rural, peonalización, etc. Nesa tesitura agroma a figura do Sr. Padín, o salvador de Tui, o home capaz de liderar a reunificación de tódolos próceres tudenses, sempre que se col-

masen os seus desexos: SER ALCALDE. O PP que tiña iniciado unha reunificación, aceptou imposicións e tiñan que dimitir tres concelleiros, feito que acontece no Pleno de Maio do 2017, o PP renuncia a liderar ese novo goberno de 9 concelleiros e acepta a imposición dun Alcalde ”liberal e libertario” e tras meses de intrigas chega a moción de censura de Outubro, avalada por un programa de xestión e una suposta unidade e fortaleza de 9 concelleiros e aquí remata a historia cronolóxica. O que viu despois e o que virá a partir de agora é o relato dunha especie de mistura entre o esperpento, a comedia de enredo e o surrealismo: non hai unidade, non hai maioría, non hai proxecto, non hai goberno, non hai xestión, non hai nada. A realidade é que 7 meses despois, todo o mundo está farto das mentiras, farto da prepotencia e da arrogancia dun señor que pensaba que gobernar Tui era unha brincadeira e que os seus vecinos ían a louvalo. Hoxe a brincadeira xa é una desfeita e os veciños denostano e desprecian a súa figura. No medio de todo isto: perda de subvencións, paralización de proxectos xa aprobados, deixadez e abandono, ataques a persoas privadas, improvisación e moitas eivas, ou non?

"GOZA DE BOL TODO O FÚT CON NÓS"

Os socialistas piden a rebaixa das peaxes da AP-9 entre Vigo e Porriño para desviar o tráfico que satura a A-55 VIGO.

O parlamentario socialista Abel Losada instou á Xunta a liberar a peaxe da conexión entre Vigo e Porriño a través da AP-9 “mentres non se constrúa o túnel que prometeu Rajoy para rematar o trazado da A-52” entre as dúas cidades. Losada presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre o desleixo do goberno galego diante do problema viario na A-55. Losada lamentou que o goberno galego renuncie a utilizar a súa capacidade para rebaixar a peaxe nesta vía “a lo menos mentres se realiza o incerto túnel da A-52” e que permitiría utilizar a conexión por autoestrada entre as dúas cidades para “drenar” o tráfico que satura a A-55. Explicou que actualmente a AP-9 só absorbe o 10 por cento do tráfico da autovía actual. Actualmente a autovía Vigo – Porriño, que ten un dos 3 tramos con maior sinistralidade do Estado, soporta entre 60 e 65.000 vehículos diarios, o 7 por cento deles correspondentes a tráfico pesado, e está “absolutamente colapsada”. Esta vía da servizo aos polígonos de Mos e Porriño, e é a principal saída da área urbana de Vigo coa Meseta e Ourense, así como a conexión con Portugal.


[ XXVIII] Finais de maio 2018 A PUNTA DA NAVALLA

KIKE ESTÉVEZ PUNTA DA NAVALLA

ACHEGA AO LÉXICO DO REPENTE GALEGO

N

«Esa saíuche botón pero outra sáeche presilla»

o ámbito do repente galego que chegou ata os nosos días atopamos moi variadas denominacións tanto para as diferentes modalidades como para as persoas practicantes e, en moitas ocasións, podemos albiscar un léxico exclusivo de cada zona onde se practica. Deamos hoxe unha volta entre camaríns, borias, botóns, regueifistas, birindeiros ou aloiadores para descubrirmos algo máis sobre estas verbas e a súa relación co improviso galego. Nas orixes do repentismo na Galiza, fóra da tradición herdada do mundo trobadoresco (tenzón e partimén) e unha vez no ámbito das vodas, como xa referimos en números anteriores, nas regueifas practicadas na zona occidental (zona de Compostela, Bergantiños…) aparecía moito léxico relacionado coa fariña pan do que estaba feito o molete (centeo, trigo barutado…), co lugar onde fora moída a mesma (muíño sen capa nin veo…) co transporte, cos noivos, coa roupa que vestían… Nos brindos o campo léxico máis abondoso era ao redor do tabaco, pois era elemento central de petición por parte dxs brindeirxs de fóra (cuarteiróns de tabaco). Se falamos dos practicantes da regueifa, antes de ser coñecidos co nome do pan, chamábanse enchoiadores; de feito a enchoiada era a modalidade de improvisación oral en verso máis coñecida (aínda que, como o desafío, normalmente practicada entre homes e mulleres). Xa nos nosos tempos, comprobamos que cada zona ten a súa idiosincrasia, o seu código, a súa fala. Se comezamos o noso percorrido pola zona bergantiñá, nas “terras da regueifa” é moi usual chamarlle “camarín” ao escenario onde se realiza o

CALVIÑO DE TALLO NO "CAMARÍN" DE VALADARES (1995)

evento, en clara alusión ao pequeno lugar onde se facían estas regueifas a mediados de século pasado, pois adoitaban celebrarse enriba de pequenos escenarios improvisados, nalgún pequeno palco ou mesmo no remolque dun tractor… Probablemente ese camarín teña a ver coa pequena cámara que se sitúa tras o altar na igrexa, en clara analoxía co pequeno tamaño do recinto. Hoxe en día, por extensión, a verba “camarín” emprégase para calquera escenario, ben sexa dun teatro ou de calquera outro lugar elevado ante o público. Outra palabra que nos chama atención na linguaxe bergantiñá é “boria”. Na primeira regueifa que vimos entre os mestres da “baixa” de Bergantiños foi unha verba que nos quedou na memoria. Nunha conversa non hai moito co regueifeiro de Ponteceso, Suso de Xornes, asegurou que boria é unha palabra comodín que pode significar “andarse con arrodeos”, “non dicir as cousas dereitas”, “Non veñas co esa boria”. Outras expresións propias da regueifa coruñesa serían “regueifar ao xeito”, que quere dicir facelo ben, con xeito, con versos medidos ou “cadra-

O RIBEIRA DE LOUZARELA A PIQUES DUN "BOTÓN" (XANTAR BRINDEIRO 2009)

dos” e cunha rima correcta ou “acomparada”. En canto ao nome dxs practicantes desta arte, tamén ten mudado co paso do tempo de apulladores a enchoiadores, pasando por rigaifeiros ou regueifistas, ata chegar ao actual e recoñecido de regueifeir@s. Na outra zona onde o improviso se desenvolveu no ámbito da voda, a montaña luguesa, a gran variedade xa comeza coa propia denominación do evento poético pois dependendo da zona encontramos brindo, birindo ou berindo (zona Cebreiro, Samos, Brollón) e a loia ou aloia, máis centrada na zona dos Ancares, tendo deste xeito loiadores, aloiadores, brindeiros, be-

rindeiros ou birindeiros. Tamén ten o brindo a súa linguaxe peculiar, distintiva, propia. Se na Baixa de Bergantiños cumpría “medir cadrado” nas montañas luguesas é preciso “brindar redondo”, en clara alusión á perfección do círculo que se asemella cunha copla ben medida e rimada. Pero se hai unha expresión que nos chama a atención esta é unha que se adoitaba botar nos brindos nos casamentos das vodas das montañas luguesas, cando algún cantador quedaba en branco, pois era común que alguén entre a audiencia berrase: - Botón! Tamén era coñecido o dito “Esa saíuche botón pero outra sáeche presilla”, en clara referencia á semellanza das coplas encadeadas co abotoado dunha camisa. Nun Xantar Brindeiro de hai algúns anos, o mestre de Louzarela, Antonio Río, O Ribeira, quedou en branco por un segundo. Nese momento, alguén berrou: “botón!!”, algo que fixo reaccionar ao brindeiro rapidamente, que, namentras acenaba co dedo e negaba coa cabeza, botou unha copla que fixo aplaudir a todxs xs presentes no evento. Só estaba collendo aire. Agardemos que as vindeiras coplas, como a vida mesma, veñan “presilla”.


Finais de maio 2018 [ XXIX]


[ XXX] Finais de maio 2018

ANDRÉ G. MAYO

XOÁN ALONSO

Historiador

Corresponsal en Euskadi de A Nova Peneira

A MORRIÑA, O ESTRAÑAMENTO DA TERRA E

ntre os últimos anos do século XIX e comezos do XX e coincidindo ca etapa de maior crecemento económico arxentino, o Mar da Prata foi un importante foco de atracción da emigración europea; desta emigración do vello continente cara ultramar, a española, ocupou un segundo lugar, so superado pola emigración italiana. En termos numéricos, 1´2 millóns de españois cruzaron o Atlántico en busca de novas oportunidades; un 55% do total eran galegos procedentes na gran maioría das provincias da Coruña e Pontevedra. A gran maioría de eses inmigrantes galegos eran de orixe labrega. Aínda que de orixe labrega, os galegos asentábanse na gran maioría dos casos nas grandes urbes ou nos arredores; destacando a súa presenza na cidade de Bos Aires, aínda que tamén na capital do país veciño, Montevideo. Os galegos, na meirande parte dos casos homes en idade laboral, ocuparon os chanzos inferiores da escala laboral do sector servizos e do comercio urbano. Un gran número deles eran analfabetos ou semianalfabetos, motivo polo cal se creou unha imaxe negativa dos galegos no país de acollida. Un estereotipo que perdurou e que estendía a visión dos galegos como xente ignorante. Moitas veces ocupaban determinadas posicións en sectores produtivos que permitían crear redes de solidariedade entre os emigrados que garantían a supervivencia da comunidade, incluso actuaban de estímulo para novos individuos que deciden abandonar a súa terra en busca dun futuro mellor. Comerciantes, tendeiros, xastres, hoteleiros, confeiteiros, obreiros e traballadores do servizo doméstico. Numerosas fontes da época destacan a presenza de galegos como vendedores en tendas da capital arxentina salientando as súas aptitudes especiais para ese mesmo oficio. Estas redes de solidariedade explican a creación de grandes comunidades de galegos o longo dos diferentes barrios da cidade de acollida: Montserrat, San Telmo, Constitución, Avellaneda son algúns exemplos. Moitas veces estaban compostas por individuos que procedían dunha mesma vila ou parroquia, outras veces por xentes da mesma rexión. Outras

veces estaban compostas por xentes que se adicaban a unha mesma actividade laboral; por outro bando, tamén destaca a gran densidade de comercios propiedade de galegos en determinadas areas da cidade. Un elemento que destaca en comparación con outras comunidades de emigrados doutras rexións peninsulares é a alta presenza de endogamia: Os galegos casaban con galegas e viceversa. Do conxunto de galegos do partido de Avellaneda, un dos 135 que compoñen a cidade de Bos Aires, cerca do 80% dos casamentos dos galegos era con galegas. Este elemento é indicativo da importancia que tiñan eses lazos de solidariedade para a reprodución social da emigración, pero tamén da dificultade de adaptación dunha comunidade eminentemente rural nun mundo urbano, ate agora descoñecido para eles. Outro dos elementos que xoga un papel moi importante é a incapacidade que tiñan moitos galegos para falar ben o castelán, posto que a súa lingua materna era o galego e, moitos apenas sabían dicir nin catro palabras en castelán, o cal contribuíu a esa visión negativa que dos galegos tiñan os arxentinos. Ao meu xuízo, tamén e resposta a un compoñente de tipo emocional ou pasional como e o estrañamento da terra, da morriña e do desexo de manter viva a súa identidade como membros de un colectivo. Nas grandes cidades o individuo se dilúe ate case desaparecer e para xente que proben na meirande parte da aldea, de sociedades moi unidas con fortes lazos de interdependencia persoal ese proceso de adaptación non e doado. O grupo actúa de apoio para o individuo. Por todo isto, se crearon comunidades emigradas moi fortemente cohesionadas, que lonxe de actuar de elemento illante na nova sociedade, actuaron coma un canle de difusión da cultura galega o outro lado do océano. Proba de isto, e a creación do Centro Galego de Bos Aires en 1906, asociación que tivo unha labor moi destacada na vida pública da cidade que, a través das diferentes actividades culturais e encontros que organizaba mantivo viva a cultura e a identidade dun pobo que se atopaba moi lonxe da súa terra.

O

E.T.A.

comunicado do desarme e disolución da banda terrorista E.T.A pouco lle importaba. Logo de ter chorado máis bágoas que area hai no deserto, a nova non espertou nela un chisco de ledicia, máis ben, un arrepío mudo e xeado. A verdade é que non é doado por un pé diante do outro cun furado no peito e o ventre preñado de orfos aloumiños. É coma turrar polo mundo a véspera do enterro da túa filla antes de crumprir os dezaoito anos. Ben sabe que a morte é a única cousa certa e sen remedio que hai neste fodido mundo de catástrofes, delirios e traxedias. E a morte, petou na fiestra da súa casa coma unha labazada, arramblando con todo canto había nos estantes do salón. Por iso, a nova que moitos aplaudían enchía os seus peitos de amargo leite e a cunca dos ollos con insodábeis mares salgados. E agora que? Cando un aprende a vivir con medo é o medo o que condiciona o latexo do corazón, o bater das pálpebras ou mesmo as horas de sono. O medo é coma tentar respirar debaixo da auga. As rúas da parte vella donostiarra estaban ateigadas de turistas, que entraban e saían dos restaurantes coma formigas esfameadas, cun petisco no limar dos beizos. Tendo en conta o auxe da cociña vasca, a bandeira de Euskadi ben podía ser un petisco de bacallao con cebola caramelizada e marmelada de pementos do piquillo. De seguro que os gudaris, soldados, gastronómicos terían feito moito máis polo noso país. Con eses pensamentos, coroa de espiño aguzado, Izaskun camiñaba cos osos deitados no chan mollado. As mans dentro dos petos collendo e guindando as moedas que lle sobraran despois de mercar o pan e o litro e medio de leite de ouvella que deixara na mesa da cociña había un intre. “A min tanto me ten o que fagan estes bárbaros, os verdugos que trouxeron o inverno ao meu carón. ¿Como diaño me vou aledar de que me perdoen a vida se xa ma tronzaron coma quen racha a póla dunha árbore?” Marmuraba antes de entrar na chocolatería onde adoita ir todos os venres. Inconscientemente sentou na derradeira mesa do local cos ollos cravados na porta. Dende a primeira carta que recibiran na casa aconselláronlles non sentar xamais de costas á porta de entrada. Dese xeito, unha podía chegar a conservar intacta a vida. Naqueles tempos non había que andar con caralladas. Haivos cousas que unha non esquece por moito que pasen os anos e por moitas flores que agromen. O baleiro é o baleiro. A ausencia segue sendo ausencia. O chocolate estaba quente demais, coma saído do inferno, e se non botou máis de vinte minutos remexendo ca culler non botou ningún. E.T.A vaise, sí, pero era sen tempo carallo! Non vai ser doado axudar a recoller esta desfeita e a erguer as pontes que se viñeron abaixo. Na rúa, os turistas lambían a vinagreta dos dedos das mans e dos pes coma cans lambendo unha ferida. E.T.A vaise, si, se cadra non tiña que ter chegado.


Finais de maio 2018 [ XXXI]

OS SITIOS MÁIS CURIOSOS DO MUNDO XI G.FIGUEIREDO

O OASIS DE HUACACHINA EN PERÚ Un oasis é unha paraxe dun deserto no cal se poden atopar auga e vexetación. Adoitan constituír porcións máis ou menos extensas de terreos fertilizados por unha fonte de auga no medio dos areais. Nesta edición vouvos falar sobre o Oasis de Huacachina de Ica, en Perú, un lugar privilexiado cunhas lendas incribles.

A

lagoa de Huacachina é un oasis situado a cinco quilómetros ao oeste da cidade peruana de Ica, no medio do deserto costeiro do Pacífico. De augas cor verde esmeralda, xurdiu debido ao afloramento de correntes subterráneas e ao redor dela hai unha abundante vexetación composta de palmeiras, eucaliptos, estas dúas son especies introducidas, e a especie de algarrobo coñecida como huarango, a que serve para o descanso das aves migratorias que pasan por esta rexión. Todo iso contribúe a facer de Huacachina un dos lugares máis vistosos e belos da costa peruana. Ao redor do lago, no medio do deserto natural, onde destacan impoñentes dunas de ata 200 metros de altura, levantouse un pequeno pobo cunha poboación permanente de ao redor de 120 habitantes. O seu gran atractivo como paraíso natural, o cálido clima imperante todo o ano e o poder curador atribuído ás súas augas, outrora, ricas en substancias sulfurosas e salinas, fixeron que Huacachina convertésese, ao redor de 1960, nun dos máis importantes e exclusivos balnearios peruanos de entón. Construíronse casas e hoteis, levantouse un fermoso dique ao redor da lagoa, con varandas, alamedas e vestidores para bañistas. Mesmo se asfaltou o camiño que une á lagoa coa cidade de Ica, ao que se sementou de ficus, acacias e huarangos. Aínda que o paso do tempo faise notar, o balneario aínda mantén bastante da prestancia das súas mellores épocas. Dous sobreviventes desa época son o hotel Mossone, cons-

truído nos anos 1920 e lugar predilecto do presidente Augusto B. Leguía e Salcedo e o Hotel Salvatierra, lugar predilecto de artistas como Sérvulo Gutiérrez, hotel en cuxo interior se poden apreciar as obras que pintou o artista para o local. Hai dúas lendas que explican as orixes de Huacachina. Unha trata sobre unha nova doncela chamada Huacay China que se namorou dun mozo guerreiro, pero despois de casar o guerreiro tivo que ir a unha guerra na que morreu, tras informarse da noticia a moza Huacay China impregnouse de tristeza e foi chorar ao campo de xirasois onde se viron por primeira vez. A moza Huacay China chorou día tras día, ata que as bágoas do seu pranto formaron unha pequena lagoa. Un día cando xa escurecía un mozo guerreiro pasou pola lagoa e viu á moza Huacay China, ao darse conta de que a observaban empezou a correr, cando o mozo guerreiro xa a ía a alcanzar ela lanzouse á lagoa. Esperou durante horas ata que o mozo guerreiro se fose, cando saíu deuse conta que xa non tiña pernas, era unha fermosa sirena, dándolle así o nome á lagoa. A lenda di que cada noite de lúa nova, a moza sae da lagoa para chorar polo seu amado. Outra das versións é a seguinte: Conta a lenda que houbo unha vez unha fermosa doncela chamada Huacca China que se namorou dun mozo guerreiro. Un día o mozo guerreiro foi a loitar nunha batalla e pa-

sado algún tempo a fermosa doncela recibiu a mala noticia de que o seu mozo amante morrera. Tras a horrible noticia, Huacca China impregnada de tristeza foi ao lugar onde ela e o seu amado víronse por primeira vez. A fermosa doncela sufría e choraba cada día lembrando ao seu amado. Un día, a doncela viu a través do espello de man que tiña, que un mozo estaba a observarlle, e cando o mozo do espello tentou achegarse, a doncela fuxiu del e empezou a correr, pero no seu intento por escapar soltou o espello, este caeu e rompeu dando orixe a unha lagoa, a mesma que hoxe é coñecida como a Huacachina. Seguidamente os vestidos que lle cubrían tamén caeron, formando as dunas. Finalmente, ela mergullouse na lagoa que acababa de formarse e tomou a forma dunha fermosa sirena. Hoxe en día o oasis está afeito ao turismo, nas súas dunas pódese esquiar sobre area, subir e baixar ditas dunas nun vehículo arenero ou " buggy", os seus hoteis contan gran número de piscinas que se poden divisar desde o alto das dunas e no seu lago alúganse barcas. Aos que lle guste bañarse en augas estancadas poden mergullarse nas súas verdes

augas cor esmeralda e gozar dun bo baño. Crese que este lugar, hai miles de anos, estaba ao carón da costa, aínda que agora está a 600 metros de altura, pois no deserto de Ocucaje, descubriron fósiles de baleas. O ano pasado foi elixido por The Telegraph entre os 21 destinos máis impresionantes no mundo e o único da lista en América Latina. O medio británico publicou tamén un artigo sobre este emblemático destino turístico co seguinte titular: “ Huacachina: un verdadeiro oasis rodeado dun mar de area”. Un sitio privilexiado, cunha lendas incribles, para poder visitar nalgún momento da nosa vida.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida e Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso.

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

Depósito Legal: VG-195-2011

Para encontrar a mellor vivenda coa máxima satisfacción

AVENIDA DA CONCORDIA, 28 - TUI


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.