A Nova Peneira 85. Finais de outubro 2017

Page 1

ANO 6 - nº 85

finais de outubro 2017- 2€

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

A SITUACIÓN POLÍTICA NO CONCELLO DO PORRIÑO.

Existe o estado?

Entrevistamos á alcaldesa Eva García de la Torre e ao líder da oposición Alejandro Lorenzo páxS. 16-18 A XUNTA RECEPCIONA POR FIN A PARCELA PARA O CENTRO DE SAÚDE DE SALCEDA páxS. 12 TOMIÑO LANZA A SÚA OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O VINDEIRO CURSO páx. 24

ea Xunta? A vaga de lumes que asolou todo o sur de Galicia tivo como resposta unha vaga de dignidade do noso pobo, autoorganizado durante a toda a xornada daquel tráxico domingo (e días seguintes) para extinguir os incendios.

APROBADO O PROXECTO BÁSICO DE EXECUCIÓN DA HUMANIZACIÓN DO PRIMEIRO TRAMO DO PASEO MATUTINO DE PONTEAREAS páx. 28

A Nova Peneira falou con Francisco Outeiro, bombeiro da Estrada, para que nos arroxase algo de luz sobre o problema máis importante que sofre o noso país. páx. 5

As Neves. Un fermoso concello esquecido pola Xunta A principal entrada á parroquia nevense de Setados: unha trampa mortal páxS. 34 e 35

ESPECIAL CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO páx. 38 O GOBERNO MUNICIPAL DO PP DE REDONDELA RETIRA UNHA EXPOSICIÓN AO COLECTIVO REPUBLICANO páx. VI ESPECIAL CONCELLO DE MARÍN páx. xxI ‘PORTO CABRAL’ A DEBATE páx. xxx


2

FINAIS DE OUTUBRO 2017

EDITORIAL Tino Lago Director de A Nova Peneira

Sobre o fanatismo e o odio Todos os procesos de fanatismo político seguen sempre tres fases. Nun primeiro momento o candidato ou candidata a fanatizarse confunde os planos político e moral .Cando alguén ten unha opinión diferente ao suxeito a piques de fanatizarse, no canto de valorala en forma de argumento político, lévaa ao plano moral e descualifica á persoa que non opina como el. Canto máis alonxadas estean as distintas formas de entender a realidade ,maior será a “inmoralidade” na que caerá o infortunado obxectivo do fanatismo do fanático. Unha persoa aparentemente culta e amable coa que conversei hai uns meses dicíame que desprezaba a Pablo Iglesias, o SX, de Podemos. O seu argumento para xustificalo foi que non aplaudiu un discurso do rei de España no parlamento. O desprezo é momento extremo da primeira fase dos procesos de fanatismo político. Estamos xa a piques de entrar na fase grave. Esta consiste en deshumanizar ás persoas obxecto do fanatismo do fanático. Os

xudeus encerrados nos campos de exterminio nazís non eran seres humanos con nomes ,historias e ilusións exactamente igual ca calquera ser humano no mundo, eran só un número . Os asasinados por eta non eran seres humanos con nomes, historias e ilusións exactamente igual que calquera ser humano no mundo, eran simplemente txakurrak(cans).Os falanxistas que asasinaron a Lorca, non mataron a un rapaz novo sublime escritor,se cargaron a un maricón da anti España..Cando alguén está xa no estado de proceder a desposuír a outros seres humanos das súas características que os definen como persoas está a un paso da última fase da súa fanatización ; a xustificación da violencia exercida contra outros. Nos casos máis extremos esta xustificación chega á propia práctica da violencia. A situación en Catalunya, produciu escenas horribles. Ver a grupos de persoas afoutando ás forzas policiais con slogans deportivos (A Por ellos, oe, apor ellos oe..)como se a vida real fose un

partido de fútbol é aterrador. Ver a violencia exercida contra civís que querían votar é aterrador. Comprobar que medios de comunicación exercen un repugnante labor en prol de producir masas de fanáticos é aterrador. Decatarse de que persoas que unha vez pintaron as mans de branco xustifican a violencia en nome da lei, alentan darlle unha solución militar a un conflito político, é aterrador. Remato este artigo falando a título persoal. Eu, Tino Lago son nacionalista galego e quero dirixirme aos que consideran que exercer violencia contra persoas en nome da lei, ou de calquera outro nome é xustificable: Cando me pinchan dóeme, igual ca ti, quero ás miña filla, igual que ti aos teus, teño os mesmos medos e angustias vitais que tes ti, emocióname a beleza, igual que a ti, indígname a inxustiza igual ca ti, admiro a quen me poida ensinar algo, igual ca ti...Ese “Ellos” do “a por ellos “ que berras son eu. E se non es capaz de volver á cordura ,algún día ese “ellos” podes ser ti.

OPINIÓN

Baldomero Iglesias Mero

É posible máis mafia? Pois empeza ben o curso político! Van falar da Gürtel e fan de todo menos falar da Gürtel. Sementan rancores vellos, xa de todos coñecidos, eternos odios que lles serven para ter de que falar sen comunicarse, tamén para cobrar mentres ningún se queixa do soldo e nada que ver –desde logo- coa corrupción que leva tal nome e pola que foron convocados en primeira cita. En total, nós, mentres tanto, observamos como agora uns e despois outros, falan e falan para as paredes, din cousas e non se escoitan. O tempo pasa, seica xa está todo feito. Nós, coma papóns, miramos aparvados e incrédulos. Que conseguiron? Que se desprende de tal parlamento? A perda de tempo improdutiva que debera acusarse nas súas nóminas, por improdutiva. Costa caro saber a qué foron alí, que puido pasar. Pero nós seguimos no mesmo sitio. Nada muda, eles nin se oen nin se escoitan. A precariedade común non lles afecta. O deterioro social tampouco. A tristura da xente que o pasa mal, nin lles acorda. Era un primeiro encontro. O presidente faltou ao respecto da comparecencia, denigrou por burlarse e arengar unha democracia de moi baixa cualidade. Puideron facer un intento de humildade, disculparse diante dos moitos que sofren as súas políticas. Algúns din que todo vai ben, que se hai queixas que promovan unha moción de censura. O resultado é que tampouco nada conseguen. Falaron, insultaron, non se responden debidamente, amosan o seu cinismo, uns e outros, ningún deles actúa con algo de responsabilidade nin sequera dando conta do que poden pensar os que están sendo gobernados por aqueles, os mesmos, que falan e falan, e nada conseguen, moito menos melloran. A quen representan? Que obra teatral e tráxica representan? Estamos ben, nas mans deles! E o peor é que cobran cumpridamente, mesmo

sen ir polo verán retiran os complementos de desprazamento e estadía, por non se desprazar nin estar ao pé do canón como deberán, dada a situación das cousas, os eventos que nos afectaron e as circunstancias nas que nos deixaron, antes das súas cómodas vacacións. Todos eles chupan do frasco e coas cousas como están. Sequera araran os bois, sequera chovera. E as novas que hoxe dan os xornais para aquí en Galicia, eses de maior tiraxe e que marcan o paso do pensamento único subvencionado, polos que dan subvencións, din que o turismo impulsa a nosa economía –óense xuramentos nas masas, lémbranse máis precariedades e abusos, a temporalidade dá traballo durante tres meses escasos. Ao mesmo tempo esíxese máis contundencia diante da chegada de máis mafias, máis mafias? Pero se nós estamos xa servidos! Tamén a xente nova, disque, vai de botellón ao vello cárcere e que tráfico multará desde os drons nas estradas. O medio rural está sen agua pero cheo de velutinas, de soidades. O Ave que non chega tampouco este ano. Sinaturas contra os Franco, aínda estaba vivo? Alguén fala de reformar o estado autonómico e facelo federal,

por aquilo das duplicidades de organismos, claro e non polo interese que poida ter. Montoro di que non haberá referendo catalán porque non lles dá cartos aos da Generalitat, co cal se demostra que aquilo da “autoxestión e autogoberno” era, loxicamente, un conto e sempre o será mentres eles teñan o control dos cartos. Así estamos “os periféricos” de cabreados coa súa represión de vontades. Por outro lado, os ladróns seguen soltos e non pagan o que levaron. A lírica, din os críticos de arte, non arranca por falta de combustible. En laboral, os sindicatos andan a negociar un pacto salarial, algúns van en auxilio da Virxe do Socorro, non é para menos. Do comercio, din que se estanca en plenas rebaixas, nunca é tarde e xa logo chega o Nadal. En deportes estrean trampas mentres os narcos embisten á policía na AP-9. Xa, ao final, en formato de chiste- alguén afirma que aquí é tanta a corrupción que non deixa que se vexa. E aquí seguimos, un ano máis, agardando que alguén pete na mesa pedindo un pouco de orde. Precisamos de ira, paciencia temos de abondo!


FINAIS DE OUTUBRO 2017

3

OPINIÓN

A sociedade civil

Pedro Ocampo Cardalda Concelleiro de EU-Son do Porriño

"Se a educación lle parece cara, probe coa ignorancia" No mes de Xuño, co peche do curso escolar enriba, Inspección educativa anunciaba á Dirección do CPI Ribeira do Porriño o peche das aulas da ESO no centro. O mesmo ocorría noutros concellos de Galicia como As Pontes ou Outes. O peche destas aulas leva consigo que os centros pasen a ser colexios de primaria, coa conseguinte reorganización dos mesmos, afectando ao profesorado, persoal administrativo e ,fundamentalmente, ao alumnado e ás súas familias. Todo isto sen tempo para a reacción, algo que obviamente era intencionado.

Pero a miña reflexión non vai ir dirixida a facer crítica dos recortes que en Educación está a levar a cabo a Xunta de forma planificada. O que quero neste artigo é analizar as repercusións que tivo na sociedade porriñesa o peche deste centro, o mellor dito as repercusións que tivo na “sociedade civil organizada”, nas asociacións, organizacións ou colectivos sociais de toda índole do noso concello.

Tendo en conta que: O CPI Ribeira no Porriño está situado na Parroquia de Torneiros, nos Polígonos, onde este centro cumpría unha labor fundamental na escolarización e integración dunha maioría de nenos e nenas de étnia xitana que alí viven, e de xeito específico e fundamental con estas últimas.

Ademais, a desaparición destas aulas significa que o alumnado ten que ser acollido por outros centros do Porriño coa conseguinte masificación e perda, dada a política de recortes de profesorado, de atención á diversidade, necesidades específicas, atención individualizada, etc. O desarraigo dos nenos e nenas e posibles problemas de convivencia pois terán que compartir espazo con nenos e nenas de familias, tamén de étnia xitana, coas que están enfrontadas (non esquezamos que non

hai moito unha ampla maioría daquelas foron exiladas ou fuxiron obrigadas por outro grupo xitano rival).

As repercusións na calidade do ensino no Porriño, onde hai escaseza de aulas e de oferta educativa e agora vai ser aínda un problema meirande. Sumemos o feito, por exemplo, de que o ano anterior pecharon a Escola Unitaria na Parroquia de Pontellas.

Sen embargo, fronte a esta situación, a reacción na "sociedade civil" foi case que nula. Na manifestación que se fixo polas rúas do Porriño botáronse a faltar, ademais da escasa implicación dalgunhas organizacións políticas, as asociacións de veciños, culturais ou deportivas, as ANPAS, sindicatos ou os divesos colectivos ou organizacións existentes na nosa vila. Parecería que para eles esta perda de calidade e atención á Educación é algo que non lles afecta. Parecería que, como formas políticas básicas dunha sociedade, o coidado da Educación é algo que pareceu non ía con elas. A des-preocupación, des-cuido, a des-atención da Educación por parte das organizacións da sociedade civil é algo que me deixou moi preocupado e alarmado, pois, a verdade, non o esperaba. O meu asombro pola falta de Política no noso país é algo que non ten límite, pero o asombro é meirande cando ocorre o mesmo nas formas básicas de organización da vida política (social). A existencia dunha sociedade civil diferenciada das institucións do Estado é un fundamento da democracia, pois como xa apuntaba o filósofo Habermas, o xeito que a cidadanía ten de defenderse do poder e o mercado é a través da súa asociación en organizacións que, ademais de plantear novos principios e valores, novas demandas sociais, tamén deben vixilar pola aplicación efectiva dos dereitos otorgados. Habermas xa apuntaba o poder das organizacións da sociedade civil para recoller a resonancia que a constelación de problemas da sociedade atopan nos ámbitos da vida privada, a condensan e elevan o volume, trasmitíndoa ao

espazo da opinión pública-política. A súa capacidade para actuar en rede poden elevar propostas e dirixilas a transformar os problemas e demandas esenciais da vida social.

As asociacións e colectivos sociais cumpren unha función e papel esencial no seu campo específico, sexa este o deporte, a cultura ou as festas do entroido, pero por enriba diso deben ter un compromiso esencial co “Ben Común”. É habitual e tamén lóxico que cando unha destas asociacións ten problemas que afecten ao seu funcionamento (as subvencións, por exemplo) estas fagan unha chamada á solidariedade da sociedade en xeral, universalizando o seu problema e recurrindo ao argumento da labor social que desenvolve a devandita asociación. Pois ben, comecei o meu artigo cunha moi coñecida frase atribuída a Derek Bok que foi Rector da Universidade de Harvard durante vinte anos. A ignorancia, a falta de Educación, sae cara e iso o poden comprobar aqueles que non a defenden como un Ben Común a protexer por enriba de todo. A Educación non só forma futuros profesionais; non só prepara para desenvolverse como individuos autónomos; a Educación tamén nos prepara para a convivencia social, para a toma de decisións en sociedade, para facer Política. Quen vai tomar as decisións, quen ten o poder, é tamén resultado da Educación. É dicir, que teñan ben presentes as asociacións, organizacións e colectivos sociais de toda índole a frase de Derek Bok.

E que o teñamos moi presente todas e todos como sociedade: a falta de Educación sae moi cara. Estes días o poidemos comprobar cando a raíz do conflicto en Catalunya a violencia, o fascismo e o fanatismo aflora e o peor de nós se manifesta. En tempos de crise e conflictos é onde o que somos como sociedade se manifesta e o que somos como sociedade é resultado dunha Educación.

HUMOR: MARCOS ESCUDERO

Os ¨Tonios¨ e os lumes de outubro

cousasdebuxo.blogspot.com.es


4

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

5

GALICIA

A VAGA DE LUMES

Cada ano, os lumes forestais aparecen para arrasar o pais. Pero o do pasado 15 de outubro foi case apocalíptico ;4 persoas mortas, milleiros de hectáreas calcinadas, as casas de moitísimas persoas en perigo, zonas como o noso querido concello de As Neves queimadas enteiras, cortes de auga de fluído eléctrico, foi un día negro para Galicia. A Xunta de Galicia, que acababa de cesar a máis de

400 brigadistas, falaba dunha especie de confluencia astral de pirómanos terroristas que se lles deu por queimar todos ao unísono. Responsabilidade políticas ningunha. Quixemos falar cun profesional que nos explicase a súa visión de por que se producen este tipo de situacións. Estivemos con FRANCISCO OUTEIRO, un bombeiro forestal da Estrada.

“A política forestal do PP é pésima” bidas de se a política forestal do goberno galego é que non haxa política forestal.

A xuízo dun experto bombeiro coma ti, cal sería a política forestal adecuada que posibilite rematar ou diminuír o máis posible os lumes forestais, que ano tras ano nos asolan? Evidentemente, unha política forestal que lle dea prioridade á prevención sobre á extinción

E iso como se fai? Para que non haxa lume no verán, cómpre traballar no inverno; rozar e limpar, conservando os lugares minimamente limpos e deixando pasos axeitados para todos os sitios

A que te dedicas ti, Francisco? Son bombeiro forestal condutor de moto bomba en situación de fixo discontinuo

Canto tempo de experiencia tes como bombeiro forestal? A primeira campaña na que participei foi no ano 2.006,sempre como condutor de moto bomba

Un traballo como o voso é extremadamente perigoso. Os medios que os proporcionan para desenvolvelo son suficientes ou insuficientes? Para algo tan espantoso como houbo estes días ningún medio é suficiente. No que respecta á túa pregunta, dicirche que os medios varían en función das bases. Hainas que están razoablemente ben,

Francisco outeiro, bombeiro

pola contra noutras as cousas están moi mal, os traballadores de incendios practicamente non teñen lugar para cambiarse, non teñen duchas...

A responsabilidade de que haxa bases nas que os traballadores non teñan medios adecuados de quen é? A responsabilidade última é da Xunta. É certo que hai empresas e persoal con responsabilidades varias, pero a principal e última é sen dúbida da Xunta. Un profesional como ti, como valora a política forestal do goberno galego? A política forestal o goberno do PP é pésima. Hai lugares nos que a política forestal é inexistente. Ás veces teño dú-

O que dis é moi razoable, é máis é o que di todo o mundo que entende do tema. Pero, por que non se fai? Non sei se é por falta de vontade política, ou se a vontade política é que ocorra así. Ás veces teño a sensación de que a intención é que pase así, ao igual que coa educación ou a sanidade, para logo privatizar. Os cartos que move a extinción privada é un bocado económico moi apetitoso. De feito o sector privado ten unha presenza moi importante na extinción de incendios.

Ti pensas que ENCE inflúe tamén. O feito de inzar o país de eucaliptos ten relevancia na proliferación de lumes? Evidentemente. A extinción é moito máis doada nos espazos con vexetación autóctona. O eucalipto é unha árbore que pola súas características favorece en gran medida a propagación de lumes.

En definitiva Francisco, teño a sensación de que da túa valoración profesional podemos tirar tres conclusións sobre por que se dan os lumes forestais, corríxeme se me equivoco por favor: -Política de prevención inexistente -A extinción de incendios é un apetitoso pastel económico para quen non ten escrúpulos en facer negocio coa vida e coa terra -A masiva plantación de eucaliptos. É Así? Exactamente, eu véxoo así. No que dis do eucalipto, quero precisar que ás veces semella que se Ence non é a dona do país, paréceo.

Os lumes son un problema endémico de Galicia, pero o do domingo 15 foi aterrador. A “explicación” da Xunta referente a unha confluencia de desalmados ataques terroristas resulta pouco solvente .Segundo o criterio dun profesional coma ti, por que? Ben, o cesamento de máis de 400 brigadistas sen dúbida influíu. Asemade as condicións metereolóxicas eran extremas, a seca, o vento moi forte fixo que saltaran muxicas e antes que un se dera de conta xa había un incendio novo.

Rematamos Francisco agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última consideración. Supoño que o momento de entrar no medio dun lume para tentar apagalo debe ser arrepiante? Ben coa experiencia e a práctica afróntase con certa calma, malia que non deixa de ser un momento moi complicado, abofé que si.


6

FINAIS DE OUTUBRO 2017

INTERNACIONAL

Palestina

Os camiños da vida levaron a quen isto escribe a cruzarse con ASRAA ela para coñecer a súa historia e a da súa familia, que foron expulsaAZZAM, unha xornalista palestina que vive no noso país. Falamos con dos a punta de pistola dos seus fogares polo estado de Israel.

“Cando a miña avoa foi expulsada da súa casa polos israelís, deixou a comida ao lume, porque pensou que volvería de contado”

asraa azzam

Cóntanos a túa historia? Eu nacín en Amán a capital de Xordania. A miña familia, tanto por parte de nai como de pai é Palestina, ambas proceden da zona de Nablus e foron expulsadas pola forza das súas casas polos israelís. A miña avoa, cando foi obrigada a abandonar a súa vivenda deixou a comida ao lume, porque, a coitada, pensaba que poderían volver de contado..e xa pasou máis de medio século. Vaia déixasme sen palabras. E que fixeron despois de ser expulsados dos

seus fogares ? Non lles quedou outra que ser refuxiados, estiveron uns anos en Kuwait, logo en Siria, e despois chegaron a Xordania. Alí tiveron a posibilidade ,tanto os avós paternos como os maternos, de que se lles concedera a nacionalidade xordana.

A expulsión pola forza das persoas palestinas dos seus fogares, e a necesidade de refuxiarse noutros países e o que coñecedes como a NABKA? Si, malia que eu considero que as oligarquías árabes tamén son responsables

da catástrofe pois ,ao meu xuízo, venderon a Palestina. Non só foi Israel ,tamén os poderosos árabes , as potencias europeas e os USA son responsables. Israel só ,non podería. Ti es feminista, Isra, e a verdade, non debe ser fácil. Abofé que non. O meu contexto familiar é moi relixioso, e asegúroche que non é nada doado. Ser feminista por desgraza supón ter un grave social, e no meu caso persoal tamén familiar .Non tiña apoios e non podía estar alí. De todas maneiras, quero dicir que a realidade sociolóxica árabe é multipolar. Hai moitas persoas e colectivos con mentalidade aberta. O problema son os que teñen o poder.

Que foi a primavera árabe para ti? A primavera árabe foi real nunha primeira fase. As mozas e mozos árabes saímos á rúa de verdade pedindo liberdade, democracia e a fin das tiranías. Inclúo nese concepto ao goberno de Xordania, de Exipto ou ao presidente sirio Bashar al Assad. Posteriormente ; USA, Rusia, Israel e Irán ,manipularon as revoltas no seu propio beneficio ,e o que fixeron foi mergullar a rexión no caos. Pensas que as persoas da túa xeración poderedes ver un estado palestino?

Juan C. Piñeiro Docampo

Oxalá. Eu defendo a loita pacífica para que a si sexa. Que opinas de Hamás? É un movemento co que estou en total desacordo. Fíxate ,se tivera que escoller entre Israel e Hamás non escollería a ningún dos dous, ambos son os malos. Eu son feminista e nunca poderei apoiar a un movemento que defende o sometemento da muller. E tampouco é posible apoiar a un estado que practica a violencia e que ten a Gaza convertida nun cárcere xigantesco. Que opinas da campaña BDS de Boicot a Israel, consideras que é un método de loita adecuado ou non? Estou completamente de acordo con BDS, e si o considero un método de loita lícito e lexítimo.

Para ti, cal é a solución máis factible? É unha pregunta moi difícil, pero eu penso que o máis xusto é a existencia dun só estado, aconfesional, no que convivan en paz musulmáns, xudeus e cristiáns.

Eu creo que Israel nunca renunciará a un estado xudeu Eu tampouco, falaba do meu desexo, pero son consciente da situación. Moitas grazas.

OPINIÓN

Secretario Xeral de Compromiso por Galicia

A anos luz No mes xuño, no marco dunha reunión de traballo co Partido Socialista de Portugal, na Assembleia da República en Lisboa tiven a sorte de partillar sobre socialdemocracia, recuperación e Europa co Deputado socialista do P.S. Paulo Pisco. É de recibo recoñecer a labor do P.S. na forte recuperación de Portugal tanto no económico como no social, neste eido están a anos luz do Estado español. O goberno Portugués é a mostra de que se pode recuperar unha economía sen ter que xogar coa dignidade da xente, sen ter que castigar a clase media traballadora. Aplicando medidas socialdemócratas de verdade, axustando tamén moitas cousas con sacrificio pero sen pisar a ninguén, tamén nisto están a anos luz. Concordo co deputado Pisco na súa valoración da socialdemocracia europea, son os últimos mohicanos dixo, e as recentes eleccións autárquicas así o reflicten: o P.S. ten o 37,8% do votos e 952

mandatos, moi lonxe do 16,1% e 493 mandatos do P.S.D. Resultados que xa quixeran moitos partidos da Internacional Socialista e moi especialmente o PSOE. Pero isto non é por sorte nin por capricho dos irmáns de Portugal, responde a unha cultura política seria do PS que afrontou a crise sen mentiras, sen brotes verdes, sen promesas. Chegando a perder o poder e traballando dende a base, para voltar con forza e dignidade para a clase traballadora portuguesa. A xente sempre acredita na forza e na firmeza dos ideais e no cumprimento da palabra dada. Está é, a garantía da que gozan os socialdemócratas de Portugal, xa quixera o PSOE esta firmeza: “No es no” pero agora “No pero si” o “no pero bueno” “brotes verdes” ... a anos luz. En Galicia, formacións políticas e tamén frontes de Partidos: BNG e En Marea, meten no seu discurso que a recuperación de Portugal é froito da

presión do Bloco de Esquerdas, tentando menosprezar o traballo dos amigos do P.S. e tentando traer para o seu espello a recuperación portuguesa: que interesados. Mais parece que en Portugal teñen claro quen está a traballar pola dignidade da xente. O B.E. tivo o respaldo do 3,3% da poboación e 12 mandatos, convén sabelo. Non tiveron moito predicamento os Alcaldes estrela da Marea en Braga no acto do Bloco de Esquerdas, coido que os portugueses son máis de feitos e accións que de slogans. Tamén convén sabelo vailles mellor así. Parabéns pois o P.S. tanto polo seu resultado como tamén pola súa visión e medidas para recuperar a dignidade da xente, actuando con firmeza con camiño e con accións claras da política digna, sen venderse ó capital e a dereita como moitos partidos socialistas e socialdemócratas de Europa. Nós seguiremos traballando co PS para mellorar Galicia.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

7

GALICIA

En Marea considera un grave atentado á democracia a supresión de facto do autogoberno de Cataluña Deixar en mans dunha persoa, Presidente do Goberno dun executivo, a súa potestade por riba dun lexislativo é un autentico golpe antidemocrático. En Marea pide a non aplicación desas medidas anunciadas e solicitan un auténtico diálogo sobre esta cuestión.

‘O Parlamento de Cataluña e o seu Goberno representan democraticamente a un pobo e por iso consideramos un grave erro fulminar aos representantes lexítimos do pobo Catalán. O PP que se mantivo sempre no inmobilismo elimina agora o seu interlo-

cutor, elimina a política de diálogo e pretende eliminar aos que poderían resolver un conflito que é político”, sinala o voceiro de En Marea Luís Villares, que informou do rexeitamento de En Marea ao que na práctica supón a supresión do autogoberno. “É un problema complexo e o golpe ás institucións democráticas de Cataluña non o vai amañar”. Apuntan dende En Marea Tamén reclaman a paralización inmediata das medidas anunciadas polo goberno e piden a todas as partes que

se senten a dialogar porque acaban de deixar sen voz ó pobo de Cataluña e isto non é admisible en termos democráticos. ‘Rexeitamos a suspensión do autogoberno de Cataluña. Este non é un problema que se resolva cun golpe ás institucións de Cataluña, isto non vai amañar nada e non é admisíbel democraticamente. Reiteramos a nosa petición de diálogo e non de violencia contra as institucións democráticas.’ Conclúen dende a formación.

Os verquidos ilegais invaden os montes galegos A dirección xeral de Ordenación e Produción Forestal revisará a lexislación sobre vertidos ilegais nos montes Recentemente representantes da Asociación Forestal de Galicia reuníronse co director xeral de Ordenación e Produción Forestal para tratar, entre outros asuntos, o uso de asadeiros en espazos de recreo e o problema dos vertedoiros ilegais nos montes.

Uso social dos montes privados Nesta reunión expúxose o feito que os montes periurbanos, ademais de ser zonas verdes e de producir recursos para os seus veciños, son un dos principais espazos de esparexemento dos cidadáns nunha Galicia cada vez máis urbana. Tan só na contorna de Vigo calcúlase que uns 10.000 cidadáns gozan dos montes periurbanos cada fin de semana. Conforme con esta demanda de uso social moitas comunidades de montes crearon infraestruturas e áreas de recreo debidamente acondicionadas segundo a lexislación vixente que, nestes momentos, non poden ser utilizadas en caso de risco alto de incendio. A AFG é partidaria de que se aproben infraestruturas que sexan unha adaptación das xa existentes e non estruturas novas

que suporían un maior gasto e non faría outra cousa que encher as áreas recreativas e parques forestais de edificacións incrementando o risco de accidentes, o custo de mantemento, etc. O director xeral insistiu en que os asadeiros permitidos deberán contar con seguridade abondo para evitar incendios, con independencia da contorna na que se sitúen, inda que, tal como se solicitou desde a AFG, no seu deseño deberase ter en conta o contorno no que se atopa. A AFG tamén inquiriu a valoración do director xeral sobre a proposta de adaptación de infraestrutura presentada pola Mancomunidade de Montes de Vigo, ao que o director xeral manifestou non ter coñecemento da mesma. Neste sentido, e tendo en conta que se aprobará cada proposta de xeito individual, propúxose por parte da AFG que as propostas aprobadas estivesen a disposición pública co fin de acadar un catálogo de modelos, de xeito que se poidan adecuar as propostas a modelos xa aprobados, para axilizar os trámites de aprobación.

Vertedoiros ilegais nos montes A lexislación vixente fai responsable dos vertidos ilegais feitos nos montes aos propietarios forestais inda cando estes son precisamente as vítimas, non os culpables. O custo económico desta inxustiza, sancións e traballos de eliminación dos residuos, ten chegado a representar ata 10.000 euros nun ano para algunha comunidade de montes. A AFG leva anos denunciando este sen sentido e solicitando a eliminación da normativa de sancións a propiedade. Dada a enorme proliferación dos

vertidos ilegais nos montes e a gravidade dos problemas ambientais que producen: contaminación das augas e mananciais, contaminación dos solos, impactos moi negativos na paisaxe… Tamén e partidaria dunha maior dedicación policial a identificación dos responsables e do endurecemento das multas e penas. O dir. xeral comprometeuse a revisar a lexislación vixente para que, no futuro, o propietario do monte que sofre un vertido ilegal non sexa declarado responsable do mesmo.


8

FINAIS DE OUTUBRO 2017

GALICIA

Luís Villares: “Rueda emprega os orzamentos da Xunta para traficar coas alcaldías da de Pontevedra co obxectivo de recuperar a Deputación” En Marea preguntará no Parlamento de Galicia polos compromisos da Xunta que figuran no acordo entre as forzas políticas que promoven a moción de censura

Esta mañá o voceiro de En Marea Luís Villares e mailo actual concelleiro de Deportes no goberno de Tui por Son de Tui, Laureano Alonso, ofreceron unha rolda de prensa para denunciar a “vergoña democrática” que se perpetrará o vindeiro martes a través dunha moción de censura por parte dos partidos da oposición contra o goberno actual de Tui. Para Laureano Alonso, que cualificou a moción de “cambalache”, a operación procede dun “pacto contra natura” entre os partidos do centro dereita, “unha situa-

ción grotesca na que o PP fai deixadez das súas responsabilidades e, malia ser a lista máis votada, renuncia a asumir a alcaldía en favor de Converxencia 21, un partido que se fai chamar galeguista e soberanista, encabezado por Carlos Vázquez Padín”, que presumiblemente asumirá a alcaldía. O concelleiro de Son de Tui lamentou este movemento, “cando o goberno de Tui está funcionando razoablemente ben, a pesar dos bloqueos da Xunta, que está paralizando moitos investimentos no úl-

timo ano e medio” e sinalou como exemplo a rotonda na estrada PO-404, “paralizada malia que as expropiacións levan tempo aprobadas”. Alonso, que asegurou que se vai “como entrei, cunha man diante e outra detrás e a cabeza moi alta”, agradeceu a presenza de Luís Villares na vila para apoiar o actual goberno e agarda “que a cidadanía lle faga ver ao PP nas vindeiras eleccións” o descontento con esta moción. Pola súa banda, o voceiro de En Marea Luís Villares denunciou con dureza a actitude do PP por utilizar os orzamentos da Xunta para traficar coas alcaldías de Pontevedra: “O barco popular, pilotado por Feijóo e que neste caso ten como patrón a Alfonso Rueda desembarcou en Tui para provocar pola forza orzamentaria un cambio de alcaldía, empregando recursos públicos de forma inaceptable”.

“Como é posible que o acordo entre as forzas políticas que promoven a moción de censura recolla compromisos da Xunta coma a construción dos novos xulgados, a EDAR ou o pantalán deportivo?” pregúntase o voceiro de En Marea.

Para Luís Villares esta é a demostración de que “o PP actuou de forma sectaria, tratando a cidadanía de Tui como moeda de cambio porque lle interese ter a alcaldía para recuperar a Deputación de Pontevedra, á que Rueda consideraba o seu cortijo”.

Para En Marea a moción de censura de Tui responde ao “nerviosismo do PP, que vía como a alcaldía estaba funcionando ben, facendo cousas que levaban décadas pendentes e sabían que isto consolidaría unha acción de goberno e o espazo político de En Marea, de xeito similar ao que fixeron en Sanxenxo”. Sinalou Villares que “o PP só sabe gobernar a golpe de corrupción, pero mandámoslle a mensaxe a Rueda de que nin é o rei de Pontevedra, nin a cidadanía pontevedresa son os seus súbditos, a democracia non funciona así”.

Finalmente, o voceiro de En Marea anunciou que preguntará no Parlamento de Galicia polo emprego de recursos públicos para favorecer un cambio de goberno en Tui “ao servizo dos intereses espúreos do PP e de Rueda”

Mos está a celebrar o Mes da Biblioteca

Actividades para pequenos e maiores están a encher de cultura o municipio durante o presente outubro O Concello de Mos organiza o Mes da Biblioteca con motivo da celebración do Día da Biblioteca este 24 de outubro. A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe das actividades que inclúe a programación desta

iniciativa:

O pasado 20 de outubro na Biblioteca Municipal, sita na Porteliña (Petelos), Canto Conto representarou o seu espectáculo “Carmiña Miudiña”. O 21 de outubro tamén na

O pOrrIñO

O Goberno local reforma completamente as escaleiras de Cans que estaban en moi mal estado

Unha reforma “completa” das escaleiras de Cans, que viñan reclamando dende hai tempo as veciñas e veciños, dado o estado das mesmas “que estaba a poñer en perigo a integridade daquelas persoas que as utilizaban”. Este é a obra que está a rematar a Concellería de Vías e Obras, un traballo que, como explica o seu titular, Manuel Carrera, conta cun orzamento de 6.000€ e abrangue a colocación dun novo pavimento, a

rebaixa da altura dos chanzos, a incorporación de dous ‘descansos’, a creación dun muro latera, a colocación dun banco, unha varanda de seguridade e as necesarias melloras do acceso da parte superior. Este mesmo mércores, Manuel Carrera, acompañado polo presidente da Asociación de Veciños de Cans, David Alonso, visitou as obras e comprobou que as mesmas “cumpren coas necesidades plantexadas polos veciños”.

Biblioteca, impartiuse o Obradoiro Creativo “A Galiña dos Ovos de Conto”, dirixido a nenos/as de 3 a 9 anos de idade. O día 24 de outubro das 19:00 horas ás 21:00 horas na Biblioteca Municipal, impartese un novo taller, esta vez dirixido a

maiores de 18 anos e titulado “Obradoiro de Comunicación e Lectura Interpretada”. E por último, o 29 de outubro ás 12:30 horas no Multiusos das Pozas Os Bolechas representarán a obra “De Chispa a Tatá”.

Unha unidade da Axencia de Doazon de Sangue estará no Porriño o venres 27 e sábado 28 de outubro

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de

seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias. Unha destas unidades móbiles desprazarase ata O Porriño e estará diante da Cafetería ‘Scala’, na rúa Domingo Bueno, o vindeiro venres, día 27 de outubro, de 10:00 a 14:30 horas e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado, día 28, de 10:00 a 15:00 horas.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

mOS

9

A LOURIÑA

Deputación e Concello de Mos asinan o convenio para mellorar a estrada provincial Puxeiros-Peinador cun orzamento que supera os 630.000€

A presidenta Carmela Silva felicitou que a institución provincial e municipal “foramos quen de facer un proxecto común con altura de miras para o beneficio da cidadanía” diaria de vehículos de toda a rede provin- teñen que utilizar esta estrada por necesicial, soportando o paso de 8.000 vehícu- dade de vida, de conexión co aeroporto, los diarios, dos que o 10% son de grandes cas autoestradas e ca área industrial. Será dimensións. “A estrada ten unha grande unha grande obra que agradecerán os vecapacidade vertebradora no municipio e ciños de toda a provincia”, subliñou. na área metropolitana de Vigo, xa que coUnha vez asinado hoxe o convenio de necta co aeroporto e vías de alta capacidade, tamén chega ata ao aeroporto, ao colaboración, aprobarase o proxecto deIFEVI e á zona industrial do Rebullón. finitivamente (xa supervisado e modifiAnte todo este tránsito, era de recibo por cado polos técnicos da Deputación parte da Deputación actuar para aumentar conforme aos novos criterios do decálogo de vías provinciais), e procederase á súa a seguranza viaria”, dixo. No que atinxe ao financiamento, o contratación. Segundo indicou o depuconvenio asinado hoxe establece que do tado Benítez, os trámites administrativos orzamento de 632.857 euros, a Deputa- prolongaranse varios meses, mais a obra ción financiará 546.364,20 euros que co- poderá iniciarse como moi tarde na prirresponden á mellora da vía, mentres que mavera do ano que vén. A Deputación de Pontevedra e o Con- torno e tamén favorecerán a economía o Concello se fará cargo de 86.493,11 Rodadura EP-2601 cello de Mos ratificaron hoxe o acordo dunha zona na que están instaladas un euros, correspondentes ao custe da megrande número de empresas e industrias. llora dos servizos. “Este é un caso partipara mellorar de xeito Por outra parte, Benítez tamén lemintegral a estrada provincial EP-2603 “Esta estrada dá vida á economía dunha cular no que o Concello tiña previsto brou que a Deputación de Pontevedra vai Puxeiros-Peinador. A presidenta provin- zona moi importante e incide na loxística renovar as canalizacións. Plantexamos mellorar a capa de rodadura dun treito cial Carmela Silva e a alcaldesa de Mos das empresas, polo que hoxe é un bo día”, facer unha actuación de forma conxunta dun quilómetro na estrada provincial EPNidia Arévalo, xunto co deputado de Mo- subliñou. e temos que felicitarnos por colaborar 2601 entre Mos e Puxeiros, no concello bilidade Uxío Benítez, asinaron o convePola súa parte, o deputado de Mobili- entre administracións, xa que é mellor de Mos. A intención é aumentar a adhenio polo que se realizarán as obras, que dade Uxío Benítez explicou que o pro- mellora facer a obra dunha soa vez”, fi- rencia da vía mediante a execución dunha teñen un orzamento de 632.857,31 euros, xecto de ‘Mellora da seguridade viaria da nalizou o deputado. capa de tratamento antiescorregadizo, dos que a institución provincial financiará EP-2603 Puxeiros-Peinador’ suporá a reacadando unha mellora notable da seguo 86,33% e o goberno local o 13,67%. habilitación estrutural do firme de toda a Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, ranza viaria. vía (preto de 2,8 quilómetros), a instala- Nidia Arévalo, manifestou a súa satisfacOs servizos técnicos da Deputación Segundo asegurou a presidenta Car- ción de elementos de calmado de tráfico ción pola mellora da estrada, que definiu consideraron necesario realizar as actuamela Silva, o convenio “é unha resposta (coñecidos como ‘lombos’) e zonas 30, como a máis importante dentro do Con- cións nun treito de 1.000 metros, entre os ás necesidades do presente e do futuro na de sistemas de contención para motoci- cello de Mos e a de maior tránsito na puntos quilométricos 2+000 e 3+000, dezona e tiña que asinarse si ou si por ser clistas, nova iluminación, así como a re- parte sur da provincia. A rexedora lem- bido aos problemas que presenta o firme unha necesidade urxente e relevante”. De novación de toda a tubaxe de brou que o proxecto foi elaborado polo actual. O orzamento para facer estes trafeito, felicitouse porque o goberno pro- abastecemento de auga e a drenaxe. Concello no ano 2014 e que agora que- ballos, que se contratan de xeito conxunto vincial e local “foramos quen de facer un daba a fase máis custosa por acometer. con outras actuacións en A Cañiza, O A estrada entre Puxeiros-Peinador, se- “Nas diferentes reunións co deputado in- Grove, Meis e Meaño, ascende a proxecto común con altura de miras en beneficio da cidadanía”. Destacou que as gundo asegurou o deputado nacionalista, sistimos na necesidade desta obra porque 53.259,94 euros. obras mellorarán a mobilidade no con- é a terceira con máis intensidade media persoas de toda a área metropolitana


10

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

11

GALICIA SAlcedA

O Concello de Salceda aproba en Xunta de Goberno a licenza para a construcción do novo Centro de Saúde

En tan só dous días dende que se recibise a última documentación enviada pola Xunta de Galicia, o executivo local sacou a diante a licenza de obra tirá a realización das obras. O Equipo de Goberno congratúlase de que se sigan a cumprir os pasos establecidos dende a sinatura do convenio.

A Xunta de Goberno Local de Salceda de Caselas aprobou esta mañá a licenza urbanística solicitada polo Servizo Galego de Saúde para a construción do novo Centro de Saúde no municipio. O pasado 8 de setembro de 2017, o Concello de Salceda recibiu a solicitude de licenza por parte da Dirección Xeral de Recursos Económicos do SERGAS. Unha vez avaliada a documentación por parte dos técnicos municipais enviouse un requerimento de subsanación ao SERGAS, requerimento que recibiu resposta no Concello o pasado mércores 18 de outubro. En tan só dous días, o executivo local ven de dar luz verde a través da Xunta de Goberno Local á construción do tan ne-

cesario Centro de Saúde. O pasado 4 de outubro, o Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a Directora Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, Mª Jesús Piñeiro, asinaran ante notario a recepción da parcela cedida polo Concello de Salceda para a construción do novo Centro de Saúde por parte da Xunta de Galicia. O Concello de Salceda de Caselas ten cedida a parcela ao SERGAS dende o 11 de maio de 2011, data na que se aprobou por unanimidade no Pleno Municipal. O pasado 26 de marzo de 2016, Alcalde e Conselleiro asinaban o convenio para a construción do novo Centro de Saúde que hoxe dá un importante paso coa concesión da licenza urbanística que permi-

O novo edificio contará con unha superficie total de 1.321,11 m2, dividida en dúas plantas, aos que hai que sumar 168 m2 de espazos exteriores descubertos. A nova instalación albergará dúas consultas de pediatría, unha consulta de enfermería de pediatría, 5 consultas de medicina xeral con cadansúa consulta de enfermería anexa e unha consulta de matrona. Simultaneamente á construción do edificio por parte do SERGAS, o Concello de Salceda executará as obras de urbanización da Rúa Mártires de Sobredo, incluídas no Plan Concellos 2017. Marcos Besada: “Hoxe, coa concesión da licenza urbanística, damos un paso definitivo na consecución do tan ansiado Centro de Saúde. O SERGAS ten agora da súa man que o Centro de Saúde sexa unha realidade canto antes. Os nosos veciños e veciñas poden ter por seguro que seguiremos a poñer todo da nosa parte para que isto sexa realidade”.

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para evitar que os consumidores teñan que pagar os impostos ambientais A Comisión de Industria do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha Proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que impida que os impostos ambientais teñan que ser pagados polos consumidores galegos. O portavoz de Industria, Abel Losada, criticou a obriga de que os consumidores teñan que pagar os tributos cobrados ao sector eléctrico polas comunidades autónomas. O responsable socialista cualificou de “intolerable” que a normativa enerxética estatal contradiga o principio de que “quen contamina paga” para impoñer que “pague quen padece os efectos” da contaminación enerxética. Aludiu así á sentenza do Tribunal Supremo que no pasado mes de marzo establecía un prazo de tres meses para que o Ministerio de Enerxía fixara a contía que deben devolver os consumidores das diferentes comunidades autónomas ás compañías eléctricas polos tributos autonómicos cobrados ao sector.

Lei empresarial Abel Losada acusou hoxe ademais á Xunta de lexislar “fronte aos intereses xerais e ao lado dos intereses particulares” das empresas. Así o dixo no debate en Comisión do Proxecto de Lei de Fomento da Iniciativa

Empresarial, que foi aprobada co voto en contra dos socialistas e que queda pendente do debate en Pleno. Sinalou que a norma “non é imprescindible para nada máis que para as contas de resultados das empresas” e sinalou que se trata dunha “decisión premeditada e consciente de adelgazar a administración para xustificar a continuación a necesidade da desregulación”. Reivindicou un servizo público de inspección “forte” para “garantir que o impulso industrial respecte as garantías e dereitos laborais e medioambientais”.

Losada esixiu que “non nos conten historias, a realidade é que non hai apoio público claro ao fomento do chan industrial” con esta norma. Será, dixo, un instrumento errado para loitar coa oferta de chan industrial de Portugal, mentres o PP “a semana pasada votou en contra da proposta de Resolución socialista para impulsar un programa de apoio da mellora da innovación e da competitividade” presentada no debate do Estado da Autonomía. Desmentiu que esta norma promova o emprego estable, a formación, ou serva para loitar contra a deslocalización industrial, cando “o único para o que serve é para obrigar aos concellos a pagar sen facilitarlles fondos”.


12

FINAIS DE OUTUBRO 2017

A LOURIÑA SAlcedA

A Xunta recepciona por fin a parcela para o Centro de Saúde de Salceda

Salceda intensifica a loita contra a velutina

Tiveron que pasar máis de seis anos dende que o Concello cedeu a parcela para que a Xunta a recepcionase Con esta sinatura quedan en evidencia as falsedades do portavoz do PP de Salceda, Santiago Rodríguez, demostrándose que non faltaba ningún trámite por parte do Concello

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a Directora Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, Mª Jesús Piñeiro, asinaron esta mañá ante notario a recepción da parcela cedida polo Concello de Salceda para a construcción do novo Centro de Saúde por parte da Xunta de Galicia. Despois de que os servizos xurídicos da Xunta de Galicia analizasen os informes técnicos achegados polo Concello de Salceda, deron luz verde á sinatura do documento que

hoxe se levou a cabo, validando así a xestión feita dende o Concello de Salceda para a cesión da parcela.

O Concello de Salceda de Caselas ten cedida a parcela ao SERGAS dende o 11 de maio de 2011, data na que se aprobou por unanimidade no Pleno Municipal. O pasado 26 de marzo de 2016, Alcalde e Conselleiro asinaban o convenio para a construcción do novo Centro de Saúde que hoxe dá un importante

paso coa recepción da parcela ante notario por parte da Xunta de Galicia. O Equipo de Goberno congratúlase de que se sigan a cumplir os pasos establecidos dende a sinatura do convenio. Os numerosos intentos do Partido Popular de Salceda e do seu portavoz por entorpecer o proceso de cesión da parcela quedaron unha vez máis en evidencia ante a sinatura deste documento sen ter que realizar ningún tipo de trámite a maiores por parte do Concello de Salceda, quedando demostrado que o PP de Salceda mentía cando falaba de trámites pendentes e falta de xestión por parte do Concello. O Equipo de Goberno agradeceu a dilixencia do Conselleiro de Sanidade e a súa boa predisposición para sacar adiante o tan necesario Centro de Saúde. Marcos Besada: “Un dos temas prioritarios para os veciños e veciñas de Salceda está a punto de facerse realidade. Hoxe damos un importante paso na consecución do tan ansiado Centro de Saúde. Os nosos veciños e veciñas poden ter por seguro que seguiremos a poñer todo da nosa parte para que isto sexa unha realidade canto antes”.

Salceda traballa a loita contra a Violencia de Xénero nos colexios

A vindeira semana darán comezo no CEP Altamira as actividades organizadas pola Concellarías de Igualdade e Ensino de Salceda de Caselas, dirixidas a concienciar e informar aos máis cativos sobre a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Unha vez realizada a actividade no CEP Altamira, trasladarase tamén ao IES Pedras Rubias. Tere Pérez, Concelleira de Igualdade e Ensino, afirmou que na maior parte dos casos atopámonos con que os/as nenos/as e rapaces/as das novas xeracións, pola época na que lles tocou nacer, non son

conscientes do papel de loita e rebeldía que tiveron que asumir moitas mulleres de todas as partes do mundo para acadar dereitos dos que gozamos hoxe en día. Ao par disto, tamén resulta de vital importancia axudarlles a reflexionar e facerse conscientes de que na actualidade, a pesar dos avances experimentados, as desigualdades de xénero seguen profundamente arraigadas na nosa sociedade. Coa posta en marcha desta iniciativa queremos deixar patente unha idea fundamental: que o cambio e o poder para obtelo está nas súas mans. Eles/as representan o futuro da nosa sociedade e teñen a responsabilidade de convertela en máis xusta e igualitaria.

A través das distintas actividades que serán adaptadas en función do grao madurativo dos/as alumnos/as traballaremos aspectos tales como o papel das mulleres no pasado, no presente, e plantexaranse retos futuros cara a igualdade de oportunidades e a non discriminación por razón de xénero. Con estas actividades búscanse obxectivos como sensibilizar sobre a im-

portancia da igualdade de xénero a nivel social e persoal, ensinarlles a ser críticos/as coas desigualdades, as mensaxes transmitidas polos medios de comunicación e os estereotipos para poder romper con eles, facer conscientes aos/ás nenos/as e rapaces/as da evolución que se viviu en termos de igualdade a través dos tempos, conseguir que reflexionen acerca de todo o que aínda está por acadarse en termos de igualdade de oportunidades para mulleres e homes ou facelos/as conscientes de que deles/as dependerá que esta sociedade sexa no futuro máis xusta e igualitaria.

As distintas sesións estarán guiadas por unha profesional con formación específica en igualdade de xénero, coñecementos sobre metodoloxía didáctica e experiencia en traballo con grupos de nenos/as tanto a nivel de Primaria como de Secundaria. A actividade é posible grazas á subvención recibida dende a Deputación de Pontevedra, que axudará ao Concello a realizar esta e outras actividades orientadas á loita contra a Violencia de Xénero.

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Medioambiente que dirixe Carla Pérez, manterá unha xuntanza informativa coas comunidades de montes e as/os apicultoras/es sobre o “Trampeo da vespa velutina”, o vindeiro venres ás 20:00 na Casa da Cultura Castelao. Esther Ordoñez Dios, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia, será a encargada de informar sobre os métodos de trampeo para, entre todos e todas, conseguir reducir o número de velutinas. É fundamental reforzar o trampeo nesta época, coincidindo co nacemento de novas raíñas nos niños. Así pois, intentarase reforzar un protocolo para establecer as trampas co obxectivo de controlar á poboación de velutinas. Desta forma pódese mitigar o ataque desta especie invasora, que tanto daño está a facer no sector da apicultura, tanto polo ataque as abellas autóctonas como pola súa intrusión na polinización. Este ano ademáis detectáronse importantes danos nos sectores vitivinícola e hortofrutícola.

O Concello de Salceda contad ende hai dous anos cun grupo de voluntarios/as que, unha vez por semana, se ocupan da desactivación de niños. Neste ano lévanse contabilizado uns 70 niños desactivados por este grupo, que tamén atopa serias dificultades para levar a cabo esta lavor, como é o caso da excesiva altura de algún niños (en torno a un 5%), que imposibilitan a súa desactivación. Por outra banda, os veciños e veciñas de Salceda poden solicitar líquido atraínte para elaborar trampas naqueles lugares en que se teña detectada presenza de velutinas pero non se teña localizado o niño. Este traballo tense que ver reforzado nesta época coa colocación de trampeo, aproveitando o nacemento de novas raíñas nos niños, de aí a importancia desta reunión na que queremos coordinarnos para colocar o sistema de trampeo en determinadas especies que contan coa presencia das avespas nesta época. Para iso, a ponente Esther Ordoñez Dios, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia, vai a falarnos acerca do trampeo e da colocación das trampas para, que entre todos poidamos abrir campos para reducir o númeor de individuos das poboacións.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

A LOURIÑA

O pOrrIñO

A Asociación Forestal de Galicia recibe unha visita de silvicultores de Aquitania interesados pola problemática do nematodo

O pasado xoves 5 de outubro propietarios franceses da rexión da Aquitania desprazáronse ata Galicia e Portugal de cara a coñecer de primeira man o problema e as medidas adoptadas no referente á praga do nematodo do piñeiro. As importantes superficie de piñeiro daquela rexión francesa levas aos seus propietarios a ver o avance desta praga con grande preocupación.

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) recibiunos na súa estadía en Galicia ofrecéndolle unha sesión informativa na que se expuxeron as normativas e medidas adoptadas en Galicia dente a detección do primeiro foco en As Neves, o impacto na industria dos serradoiros locais e o incipiente programa de mellora xenética que se está desenvolvendo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Como complemento á sesión informativa realizouse unha visita á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Taboexa, en concreto á superficie de erradicación de 1,5 km ao redor do foco de As Neves. Esta comunidade viuse afectada por unha corta masiva de piñeiros en 20 hectáreas de superficie. Os propietarios expuxeron as medidas adoptadas pola Administración naquelas datas, como o viviron e o que lles supuxo e sobre todo, lembraron que a superficie non recibiu axuda algunha específica da Administración para a rexeneración da zona. Rematouse a xornada cunha visita á C.M.V.M.C. de Santa María de Porriño, dentro da área demarcada de 20 km de radio, onde é habitual o seguimento e corta de pés decaídos, moribundos e secos, tendo que adaptar a súa planificación forestal a este feito. Na zona tamén se comprobou como a administración forestal actúa directamente sobre piñeiros secos e decaídos presentes, procedendo a súa corta e trituración a través da empresa pública Tragsa.

13

A alcaldesa e o concelleiro de Industria reafirman a traballadores e directivos de Maderas Iglesias a disposición do Concello do Porriño a mediar no conflito Pleno da Corporación”, coa finalidade de que esta mediación teña coma obxectivos o mantemento dos empregos e dos dereitos dos traballadores e o reforzo da viabilidade dunha empresa que forma parte da vida, do tecido social e da economía do Porriño.

Os traballadores de Maderas Iglesias, reunidos en asemblea,amosáronse a prol de que o Concello do Porriño sexa un dos mediadores no conflito que o persoal mantén coa dirección da empresa. Este mércores a alcaldesa, Eva García de la Torre, xunto con concelleiro de Industria, Marcelino Coto, e o tenente de alcalde e o concelleiro de Emprego de Mos, mantiveron xuntanzas cos traballadores e con representantes da empresa de cara a facer posible un entendemento entre as dúas partes.

Eva García de la Torre sinalou que constatouse que a empresa xa pagara a meirande parte do adebedado ás traballadoras e traballadores, aos que aínda queda por cobrar unha

cantidade, e sinalou que agora o eido no que hai máis desacordo é o desenrolo do Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) temporal que afecta a boa parte das empregadas e empregados.

Neste punto, os traballadores sinalaron que a aplicación do mesmo non está a ser equitativa, posto que mentres hai membros do plantel que acumulan 300 ou 400 días de ERE, “e que están ao límite ou esgotando xa a súa prestación por desemprego”, outros ou non consumiron nin 20 días dese ERE. Tanto a alcaldesa coma o concelleiro Coto reafirmaron a “total dispoñibilidade” do Goberno local a mediar nesta situación, “cumprindo o mandato do

Neste senso, considerando que Maderas Iglesias ao estar en concurso de acredores non pode acceder a liñas de creto, faise “vital” que cobre con puntualidade os encargos dos seus clientes, a alcaldesa e o concelleiro de Industria sinalaron a necesidade de que, considerando que a maior parte da débeda cos traballadores está xa pagada, os representantes sindicais poderían facer un xesto de boa vontade desconvocando as mobilizacións anunciadas para as vindeiras datas.

Este feito, indicaron Eva García de la Torre e Marcelino Coto, contribuiría a reforzar a imaxe de Maderas Iglesias e facilitaría que os seus clientes renovasen a súa confianza nesta empresa, posibilitando a que houbese un aumento dos pedidos e, co mesmo, un incremento da actividade.


14

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

15

A LOURIÑA G.FIGueIredO

Martin Sheen e Salceda de Caselas

Alá polo ano 1916, un veciño de Parderrubias, parroquia de Salceda de Caselas, Francisco Estèvez Martínez, emigrou con 18 anos cara a illa caribeña de Cuba. Un tempo despois marchou cara Dayton, en Ohio. Alí traballou nunha fábrica e casou con Mary Anne Phelan, procedente de Borrisokane, condado de Tipperary, Irlanda. Deste matrimonio naceron dez fillos, nove homes e unha muller. Era unha familia humilde que formou a súa vida nos E.E.U.U. O seu séptimo fillo, chamado Ramón Antonio Gerardo Estévez Phelan, quixo ser actor a pesar da oposición do seu pai, e decidiu empezar a súa carreira nos teatros da cidade de Nova York, onde formou unha compañía xunto con outros actores. Como co seu nome non tiña moita saída artística decidiu mudalo po Martin Sheen. Elixiu o seu nome artístico, Martin Sheen, a partir dunha combinación entre o director de casting da CBS, Robert Dálle Martin, quen lle deu o seu primeiro traballo importante, e o bispo Fulton J. Sheen. Nunha entrevista en Inside the Actors Studio en 2003, Sheen explicou, "Sempre que chamaba por teléfono para un posto, xa fose para traballo ou para un apartamento, ao dar o meu nome respondíanme con dúbidas e ao chegar alí, o posto xa

estaba ocupado. Entón pensei que xa tiña demasiados problemas para atopar un traballo como actor, así que inventei a Martin Sheen. Oficialmente segue sendo Estévez. “Nunca o cambiei oficialmente, e nunca o farei. Aínda aparece no meu permiso de condución, no meu pasaporte e en todos os documentos. Empecei a usar Sheen como proba, e antes de darme conta vin que empezara a gañarme a vida con este nome e xa era demasiado tarde. De feito, un dos meus maiores remorsos é non manter o nome que se me deu. Sabía que lle molestaba ao meu pai”. Este veciño de Parderrubias tamén é o pai do actor, guionista e director Emilio Estévez e de Carmen Estévez, que tras unha etapa de actriz en Nova York decidiu establecerse en Madrid e afianzar aquí a súa carreira artística. Martin Deuse a coñecer pola súa intervención na película “Apocalypse Now”, polo seu papel como o presidente dos Estados Unidos Josiah Bartlet no drama televisivo “O á oeste da Casa Branca” e máis recentemente por interpretar a Ben Parker na película “The Amazing Spider-Man”. Martin Sheen tamén tivo un fillo actor chamado Charlie Sheen, famoso polo seu papel na serie televisiva estadounidende

“Dous homes e medio”. Francisco non puido voltar a súa terra natal, súa amada Galicia ate 1967, é curioso que cando volveu, despois de medio século vivindo en inglés, volveu falalo galego coma se nunca falase outra cousa. Tiña un sentido do humor que non soubemos comprender ata moitos anos despois, cando coñecemos Galicia e aos nosos parentes. Tiña unha gran ironía, iso que chamades retranca, pero “nós criamos que falaba en serio!" Palabras ditas pola súa filla Carmen. Desde 1967, Francisco viviu indo e vindo de Dayton a Parderrubias, ocupado en construír na súa aldea natal unha casa que non chegaría a ver acabada. Morreu en 1974 en Dayton e os seus fillos déronlle sepultura na mesma terra onde xace a súa muller irlandesa e o seu fillo Manuel, falecido novo en 1968. En marzo do ano 2015, o Concello de Salceda inaugurou a senda fluvial e o parque etnográfico do río Landres, que levou o nome de Francisco Estévez Martínez. O Concello quixo homenaxear á familia Estévez e, por extensión ás familias de emigrantes que representan o amor a Salceda, que Francisco Estévez transmitiu aos seus fillos.

Mos reforza a política medioambiental tras os incendios que devastaron 300Ha no termo municipal

Tras os dramáticos incendios que asolaron o país, o Concello mosense dende a concellería de Medio Ambiente inicia unha campaña de sensibilización, concienciación e fiscalización da limpeza de fincas; obrigatoria para os/as seus propietarios/as. Por lei os particulares propietariosde fincas deben acometer a xestión de biomasa vexetal (desbroce de maleza) a 50 metros dos límites das edificacións próximas e a retirada das especies arbóreas que marca a lei (entre as que se atopan piñeiros, eucaliptos, mimosas, acacias, toxos, fentos, brezo, etc.) nos 30 primeiros metros dende as edificacións próximas. A administración local lembra aos propietarios e propietarias de todos os predios, montes e solares existentes no municipio que de conformidade co regulado pola lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como do regulado pola Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, teñen a obriga de mantelos nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza co fin de evitar o risco de lumes.

Para garantir a execución das devanditas labores de conservación, o Concello procederá á súa execución forzosa -en caso de incumprimento por parte dos propietarios- mediante a imposición de multas de entre 1.000 e ata 10.000 euros de conformidade co establecido na normativa de aplicación.


16

FINAIS DE OUTUBRO 2017

ENTREVISTA

A política no Concello do Porriño 1º parte Ao igual que o ano pasado, ofrecemos aos nosos lectores e lecto- Desta volta falamos con Eva García de la Torre, a alcaldesa do ras un especial sobre a situación política dun dos concellos máis PSOE, e con Alejandro Lorenzo, o líder do PP do Porriño. importantes para nós: O Porriño. Agradecemos a ambos a súa amabilidade.

Eva García de la Torre. Alcaldesa do Porriño

“O PP non ten proxecto para O Porriño, a súa única estratexia é tentar derrubar ao goberno”

Supoño que te referirás a Nelson? Si. Desde logo que a súa saída influíu notablemente. Asemade nós tamén imos gañando en experiencia e cada vez manexamos os conflitos con maior cintura. Aínda que o ton é verdade que baixou, teño que dicir que a estratexia política do PP pouco mudou.

No pleno ordinario de outubro, o PP levantouse e marchou. Ao teu modo de ver, por que motivo? Ben, a verdade é que a min me sorprendeu moito. Eles din que nós lle faltamos ao respecto, falan de irregularidades nosas nas contratacións.

Ti podes dicir con rotundidade que esas irregularidades non existen? Con rotundidade absoluta

Eva, un ano máis moitas grazas por atender á Nova Peneira. Esta entrevista faise o 16 de outubro. o día antes Galicia, sufriu unha arrepiante vaga de lumes que queimaron o país de punta a punta. Quixera coñecer a túa valoración? Ben como sempre, un verdadeiro pracer atendervos. No que respecta aos lumes eu penso que hai unha notoria falta de previsión das persoas que teñen responsabilidades na materia, que se suma a actos vandálicos de auténticos vándalos e unhas circunstancias metereolóxicas moi adversas. O que fixo a Xunta de despedir a varios centos de

brigadistas o un de outubro, tendo como temos o clima ,é case criminal .Afortunadamente, unha vez máis, a concienciación das veciñas e veciños fixo que ocupasen o lugar que os responsables políticos da Xunta non ocuparon.

solucionar os efectos devastadores, e por suposto procurar tranquilizar á poboación.

eva garcía de la torre con tino lago nun momento da entrtevista

No voso concello, só afectou a zonas de Budiño e de Chenlo, verdade? Si, afortunadamente a nós non nos afectou con gravidade. Tamén teño que dicir que o noso concello leva feito un esforzo enorme todo o ano por limpar camiños e corredoiras. Agora mesmo, o que cómpre e por todos os medios para

Cando falamos o ano pasado Eva, na política interna do Porriño había un ambiente de crispación superlativo. Eu quedara asustado, nas mesmas redes sociais, tirábanse insultos gravísimos e a virulencia era moi elevada. Teño a sensación que as cousas se relaxaron bastante. Equivócome? Non, non te equivocas. Eu creo que a desaparición de certo elemento da política local, contribuíu decisivamente a rebaixar a tensión.

O caciquismo, un dos cancros de Galicia, o: -Eu contrátote a ti porque es dos meus pero débesme un favor, na túa administración, existe? Non, con rotundidade dígoche que non. Podemos ter algunha falta de dilixencia naturalmente, pero ese funcionamento caciquil aquí non existe de ningún modo nin existirá nunca mentres eu sexa alcaldesa

Entón faltácheslles ao respecto ao PP no pleno ou non? Desde logo que non. O PP non ten unha estratexia para mellorar a vida das e dos porriñeses. A única táctica súa é


FINAIS DE OUTUBRO 2017

17

A LOURIÑA tentar derrubar ao noso goberno. Eles votan que non ao recoñecemento de crédito, cando saben perfectamente que a maioría das facturas sen pagar son súas, só para socavar ao goberno

Na votación dese recoñecemento de crédito, houbo unha cousa moi estrana, refírome a abstención de Carlos Martínez . Eu sempre pensei que Carlos sería o substituto natural de Nelson, e todo parecía indicar que si. A aparición de Alejandro como líder do PP non a acabo de comprender. Ti que valoración fas? Non me vou meter na vida interna de outros partidos.

Malia que os voceiros do PP din que non, parece evidente que nese partido hai unha intención clara de deseñar mocións de censura en todos os concellos que poidan, para acadar antes das eleccións do 2.019 alcaldías que non puideron conseguir nas eleccións do 2.015;Oia, Tui, Coristanco, Fene, o “estrañísimo “caso de Sanxenxo..Non tes medo de que o intenten con Porriño? Eu non teño ningún medo en marchar para miña casa Segues considerando a Marcelino Coto e a Manuel Carrera uns socios leais? Total e absolutamente si.

A única posibilidade de que o PP consiga facer o mesmo que en Tui, sería captar a un dos dous... Si, pero xa che digo que non vexo ese escenario. Manuel e Marcelino son xente seria e leal e uns socios estupendos e comprometidos co goberno.

E do caso de Sabela (ex BNG) que nos dis. Ides facerlle algunha oferta para integrala no equipo de goberno? Nunca falamos neses termos con Sabela. Aínda que a min me encantaría integrala no goberno, ao igual que

ao BNG e a EU SON. Teño que dicir tamén ,que con Sabela fomos quen de facer cousas que non puidemos facer con Pedro Pereira

Que cousas? Traballar xuntos. Con Pedro fagamos o que fagamos, todo e non por sistema, non fai outra cousa que pornos problemas.

E Pedro Ocampo? É diferente, é moito máis accesible que Pedro Pereira.

Por fin temos web do concello? Si, e pronto teremos o portal de transparencia

Un tema para apuntar no debe Eva, creo eu que é o dos orzamentos? Ese tema é unha tortura. A min faime moita graza que o PP que gobernou con maioría absoluta desde o 11 ata o 15, agora me diga todos os días que non temos orzamentos. Recoñezo sen embargo, que ese é un asunto que temos no noso debe Cando se poderán levar ao pleno uns presupostos en condicións? Antes de fin de ano ten que ser si ou si. Cando estabas na oposición dicíasme que as parroquias en xeral e Torneiros en particular tiñan problemas moi serios de organización e numeración , que fixemos para solucionalo? Podo dicir que a cartografía xeral de todo o concello está xa en marcha no momento presente. En breve será unha realidade concreta.

Estás satisfeita das relacións cotecido asociativo da localidade? Eu creo que quen teñen que estar e eles con nós. Son consciente de que hai de todo .Eu o que intento e ser xusta e ecuánime e estar sempre a dispor de todo o mundo. Penso que conseguimos que Porriño, teña unha vida cultural e asociativa, normali-

zada rica e variada.

Do desenrolo das festas do Cristo? Pois eu estou moi satisfeita. Creo que foron moi variadas e cunha asistencia de público moi significativa.

Falemos do PSOE. Nas primarias federais ti apoiaches a Susana Díaz. Como está a situación do teu partido na actualidade? Si, eu apoiei a Susana. Penso que sintonizaba mellor co PSOE que eu me identifico. Afortunadamente penso que Pedro, co tema de Cataluña, está actuando con sensatez. Nós somos un partido de goberno que temos que estar coa lei e coa constitución.

O PSOE con Pedro Sánchez, está ao teu xuízo en disposición de construír un proxecto serio e solvente de goberno? Debería, é a nosa obriga. No caso contrario virá alguén, como en Francia ,que o faga. No caso do PSdG como o ves? Pois nestas primarias eu apoiei a Villoslada

Vaia, non das unha Eva Xa ves, semella que sempre xogo a cabalo perdedor. Pero agora, Gonzalo é o meu secretario xeral e traballarei con el con lealdade absoluta para poder construír unha alternativa que ilusione á sociedade galega.

Rematamos Eva, como sempre agradecéndoche a túa amabilidade, podes dicir o que desexes nas nosas páxinas aos teus veciños? Agradecer a confianza e o cariño dos meus veciños, dicirlle que estou ilusionadísima en facer un Porriño mellor, para todas e todos, sen deixar a ninguén atrás. Eu e todo o meu goberno temos un compromiso absoluto en facer do noso pobo, incluíndo a todas as parroquias un lugar no que todas e cada unha das persoas poidamos ter unha vida plena e digna.

O pOrrIñO

Concello e Sogacsa asinan un convenio que permitirá formar a 15 persoas desempregadas

A alcaldesa Eva García de la Torre, e o presidente de Sogacsa, César Fernández Álvarez, asinaron este venres un convenio que permitirá que 15 persoas do Porriño que están en situación de desemprego, participen nun programa formativo, que combina instrución teórica e prácticas non laboráis, que terán coma finalidade a posibilidade de que os mesmos poidan entrar a traballar na propia empresa. Sogacsa, concesionario oficial Linde para Galicia, radicada no Polígono de As Gándaras, líder no sector de carretillas elevadoras e maquinaria de manutención, atópase en fase de expansión o que fixo que o seu plantel pasase de 83 traballadores en 2016 a 102 na actualidade. Coma sinalou o director, Sogacsa ten un grande interese nesta colaboración co Concello dado que “esta formación, que abrangue practicas na empresa, é a ferramenta máis axeitada para conquerir os mellores especialistas” e conquerir que a aprendizaxe se axuste ás necesidades da compañía.

Pola súa banda, a alcaldesa subliñou que a iniciativa, impulsada dende o Goberno local, de chegar a acordos coas empresas radicadas nos polígonos da vila por medio do programa ‘Porriño Accede’, permitiu que no último ano “ducias de veciñas e veciños volvesen ao mercado laboral ou empezasen a traballar”. García de la Torre sinalou que o Concello asume o custo da formación de veciñas e veciños que están sen emprego, “preparación que se imparte por parte das empresas que precisan traballadores e que forman a estas persoas cos coñecementos precisos para poder acceder a un posto na propia empresa”.


18

FINAIS DE OUTUBRO 2017

ENTREVISTA Alejandro Lorenzo. Responsable do PP do Porriño

‘Paréceme moi triste que Eva diga que non temos proxecto, cando nunca se sentou a intentar consensuar nada con nós’ moito para dar o paso, pero teño moitas gañas e unha ilusión enorme en afrontar este reto.

Alégrome moito da túa ilusión, pero sigo sen entender o de Carlos... Pódoche asegurar que non estou ocultando nada. E que a decisión de postularme foi moi difícil de tomar. Non houbo ningún tipo de pacto. Ti cando estabas no goberno, levaches a Área de Festas, non? Si entre outras áreas tamén levei esa.

Pareceuche mal que eliminasen o TES TALENTO? Acéptoo e respéctoo, pero naturalmente non me gustou

alejandro lorenzo, responsabel do pp do porriño

Alejandro, antes que nada agradezo profundamente a túa atención. Grazas a vós, por darme a oportunidade de expresarme no voso medio

Ti es alcalde Pedáneo de Chenlo , tes experiencia no goberno municipal do Porriño, e es unha persoa coñecida na comarca. Pero para as lectoras e lectores doutras zonas que non te coñezan, fainos un breve resumo do máis substancial da túa actividade política? Eu a verdade, nunca pensei en entrar en política. O meu fai foi moito tempo alcalde pedáneo de Chenlo, morreu moi novo con apenas 50 anos. E considero que fixo unha grandísima labor. O cariño que me amosaron os veciños, en parte decidiume a intentar darlle continuidade ao seu traballo. Non creo que poida estar a súa altura, pero intento e intentarei facer cousas boas pola xente. No 2007, inicias a actividade política sendo escollido alcalde pedáneo de Chenlo. Cales son as necesidades máis importantes da túa parroquia? Creo que o saneamento, non só en Chenlo senón en calquera parroquia de Porriño.

Ese mesmo ano, vas nas listas do PP encabezadas por Manuel Carrera e entras a formar parte da oposición ao goberno de Raúl Francés? Efectivamente. Ata a moción de censura que leva a Nelson a alcaldía? Si, que fixemos tres anos despois No tema de Nelson, hai cousas para min moi estrañas. Que fose postulado como candidato á alcaldía cos problemas xudiciais que tiña, foi para min

sorprendente. E aquel famoso mitin de Rueda no que dicía que viña a que Nelson seguise facendo o que estaba facendo deixoume coa boca aberta. Para min, o que tivo que pasar Nelson non foi xusto. Ao meu xuízo foi un gran alcalde e a súa dedicación non pode ser posta en dúbida.

A que obedece para ti que o PP seguise apostando por Nelson no 2015 como candidato á alcaldía? Iso non o podo saber, tería que dicilo o partido. Para min era o mellor candidato posible. Para ti, Nelson é una persoa honesta? Para min si.

No 2015 perdedes a maioría absoluta e un pacto a 4 leva a Eva a alcaldía de Porriño. Como valoras estes anos de goberno? Eu penso que a aritmética municipal é a mellor valoración. A Eva levárona á alcaldía un pacto de catro grupos. Porén dous dos grupos BNG e EU SON, non a apoian na súa acción de goberno. Penso que esa situación é a mellor valoración posible. Eu entendo que as maiorías sexan absolutas ou simples son as que deben gobernar. Nun Concello como este, tendo nós 8 concelleiros, non é xusto que non gobernemos.

Cando Nelson da un paso atrás, todo parecía apuntar que sería Carlos Martínez o novo líder do PP local, pero de súpeto apareces ti en escena e a verdade non entendo moi ben que pasou con Carlos? Eu o que teño que dicir é que foi un gran detalle por parte de Carlos que non se postulase no congreso. Eu penseino

Como son as túas relacións con Marcelino Coto e Manuel Carrera? As mesmas que antes, como é público e notorio as relacións non son boas.

Tui, Oia, Coristanco, Fene, Sanxenxo... Sabes o que teñen en común todos eses sitios verdade? Seino perfectamente.

Vades intentar a moción de censura aquí tamén? Pola miña banda podedes estar seguro que non. Eu quero que gañemos as eleccións. E por maioría absoluta.

Cales son as razóns que explican, ao teu xuízo, que o Concello aínda non teña orzamentos? Iso terá que dicilo a alcaldesa

Si, pero quero coñecer a túa opinión? Creo que por falta de vontade política da alcaldesa.

Se mañá Eva te chamase para consensuar uns orzamentos contigo, ti sentaríaste a negociar con ela? Estaría encantado. Non entendo as súas reticencias a sentarse a negociar con nós. Estamos dispostos a negociar cousas que sexan beneficiosas para O Porriño.

Por que motivo no pleno ordinario de outubro o PP levantouse e marchou? O motivo foi que nós pedimos un informe do secretario sobre unha serie de facturas que

consideramos irregulares e non se nos facilitou. Nós ao termos máis de 1/3 de concelleiros temos dereito a pedilo e a que se nos facilite. Eu non estou en contra de pagar aos provedores, faltaría máis, pero que se sexa xusto e se antes había cousas que se denunciaban como irregulares, agora non se poden considerar como normais. Para min vulneráronse os dereitos fundamentais dos concelleiros do PP. Eles non contan con nós para nada.

Rematamos Alejandro. Dicíame onte a alcaldesa que vós non tedes proxecto político para O Porriño a non ser desaloxar ao actual goberno. Como supoño que non estarás de acordo, quero que me digas en que se diferenciaría o seu goberno do voso, no caso de que chegarades a gobernar? A Verdade, que diga que nós non temos proxecto cando nunca se sentou a consensuar nada con nós paréceme moi triste .Desde logo que temos proxecto; queremos mellorar a vida nas parroquias, mellorar as relacións co tecido asociativo, incrementar a cooperación cos clubs deportivos, facer máis e mellores actividades no centro urbano, reformar a praza de abastos.. É unha prioridade un plan de saneamento para as parroquias que se debe de seguir.

Supoño que serás ti o candidato do PP no 2.019? Iso está por definir. O único que quero é que os meus veciños me coñezan ben, e que teñan confianza en min eu son unha persoa sinxela, humilde honrada e moi traballadora

Se algún día es alcalde de O Porriño, e pídoche unha entrevista para A Nova Peneira vasme atender? Ou farás como outras alcaldesas e alcaldes do teu partido? Atendereiche con sumo respecto como fago sempre con todo o mundo. Moitas grazas.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

19

NEGOCIOS CON HISTORIA

A Calustra. Salceda de Caselas En Vendanova, Salceda de Caselas está A Calustra ,un dos restaurantes máis fermosos de Galicia. E dígoo con pleno coñecemento de causa, despois de visitar e coñecer centos e centos de locais en todo o país Ga-

Cóntanos a túa historia persoal e profesional Eu son natural de Parderrubias. Xa moi novo comecei na hostelaría, e percorrín moitos sitios, a verdade. Estiven nas illas Baleares, en Suíza en Austria... Dáme a sensación de que es un espírito libre ao que lle gusta coñecer distintos horizontes vitais. Podemos dicilo así

E de todos sos sitios nos que estiveches con cal te quedas? É difícil de dicir, se cadra con Mallorca, alí traballei moi ben

E un alma libre coma ti, Carlos, como se deu estabilizado en Vendanova, case a carón da túa casa?

Pois un pouco de casualidade. Eu non estaba buscando nada, propuxéronmo, vin preguntar por isto, que xa levaba un ano aberto, decidín probar e fíxate, xa pasaron 16 anos.

Cantas persoas traballades aquí? As fins de semana, que é o forte noso, estamos oito persoas.

Cal é o voso horario? Abrimos de mércores a domingo. O mércores e xoves só damos ceas, e os venres sábados e domingos comidas e ceas.

Nos tempos que corren,Carlos, que un negocio subsista 16 anos ininterrompidos, supoño que te fará sentir moi orgulloso, non debe ser nada

lego. O seu xerente Carlos Cerqueira dirixe desde hai 16 anos un local cun encanto especial no que ,a uns prezos moi razoables combina, o máis tradicional da cociña con atractivos e orixinais experimentos.

nal coa modernidade e a innovación na cociña sempre ofrecendo un produto de primeira calidade. Temos peixes, carne á brasa, picaña todo tipo de tapas. En definitiva unha carta moi variada .Asemade tamén facemos banquetes programados, ceas de empresa, bautizos , vodas e comuñóns. Aproveito para comentar que esta é unha liña de negocio da que estou moi satisfeito, pois afortunadamente moitas persoas distínguenos coa súa confianza.

doado... Houbo momentos moi difíciles a verdade, pero a fidelidade e o cariño da nosa ampla clientela danos azos e folgos para seguir facendo un traballo que nos apaixona.

O local do teu negocio é fermoso, unha casa preciosa. Mira que eu coñezo centos de restaurantes e agora mesmo non recordo ningún tan bonito. De que época é? Non o sei exactamente, pero é unha casa tradicional galega que coido terá algo máis de 100 anos. E as características principais do negocio? Este é un restaurante tapería que basicamente procura fusionar a tapa tradicio-

Que capacidade ten A Calustra? 180 persoas , en tres salóns diferentes. Es ti o cociñeiro? Inicialmente si, agora somos tres

A ti gústache cociñar verdade Carlos? Encántame, como che dixen antes vivo o meu traballo con moita paixón. Pero o trato co cliente tamén me gusta moito. O meu carácter extrovertido e alegre encaixa moi ben co trato directo co cliente.

Q tipoloxía de cliente tes? De todo tipo, afortunadamente. Comezamos con moita xente nova, e agora xa ven xente de todas as idades. Moitas grazas.


20

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

21

A LOURIÑA

Salceda recuperará a área de Rubás para os seus veciños e veciñas

O Concello de Salceda de Caselas ven de adxudicar o “Proxecto de ordenación do terreo municipal nomeado Rubás para uso recreativo”, por un importe de 45.169,03 €, financiados dentro do Plan Concellos 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra.

O proxecto busca recuperar a zona pública de Rubás para usos recreativos, aproveitando os elementos naturais existentes no lugar, como son a mina e a fonte. Para iso acondicionarase o terreo co fin de facilitar unha maior accesibilidade ao parque, construíndo unha senda peonil dende a parte máis alta ata a zona máis baixa, na que se atopa a fonte. A recuperación do parque irá acompañada da creación de zonas de aparcadoiro, así como a instalación de bancos, papeleiras e outros elementos. As actuacións fundamentais serán a recuperación do entorno da mina, cunha superficie duns 36 m2, e a recuperación do entorno da fonte, duns 68 m2, coñecida

polas propiedades beneficiosas da súa auga para as enfermidades dos ollos. En total, o proxecto vai supoñer a recuperación duns 2.090 m2 de terreo. A área de Rubás atópase entre os barrios de Pegullal, Altamira e Vendanova, entre as parroquias de Santa María e San Xurxo. Con esta obra, o Concello de Salceda segue o seu libro de ruta de recuperación de espazos abandonados para uso e dsfrute dos veciños e veciñas así como das persoas que elixen o municipio como destino turístico. A recuperación da área de Rubás é unha actuación demandada pola veciñanza da zona, que agora se fai realidade dentro das obras do Plan Concellos.

A recuperación de espazos públicos, xunto coa creación da Rede de Sendas Fluviais están a ser o sinal de identidade dun Equipo de Goberno preocupado polo medio e o entorno natural, así como pola posta en valor dos numerosos recursos naturais existentes en Salceda. Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a recuperar Salceda para uso e desfrute dos nosos veciños e veciñas. O espazo de Rubás, coa súa excepcional fonte centenaria, volverá servir de punto de encontro e lecer para salcedenses e visitantes; un pasiño máis na construcción da Salceda que soñamos entre todos e todas”.

OPINIÓN

Ángel Pérez Fernández Profesor de filosofía

Plurinacionalidade O 1 de outubro soubemos que certo número de cidadás decidiron ir votar despois de ser informada a opinión pública de que a policía estaba a impedir pola forza o acceso ás hurnas en certo número de colexios electorais. Foron cidadás que se arriscaron a sofrer na súa carne os efectos das cargas policiais. Polo tanto, persoas que non pensaran quedar na casa por medo ás porras, senón porque, máis ben, non tiñan razóns políticas para se mobilizar. Imaxino que botaban de menos as garantías necesarias para que o referendo fose valido e, ao mesmo tempo, non mobilizaban suficiente sentimento nacional como para forzarse a participar. Tamén eu cambiei a miña decisión íntima de non escribir sobre o problema catalán. A excesiva uniformidade dos media, catalás e españois, auténticas forzas de choque propagandística, foi a que me levou a cambiar e decidín intervir neste difícil asunto do problema español ou catalán, inda que soamente sexa cun par de notas. Un par de detalles reveladores de que unha vez máis na confrontación entre “Cataluña” e “España” o que se ventila desde hai décadas son dúas maneiras de ver a nación. A primeira desde o federalismo, a segunda desde o unitarismo da nación española. De ser así está claro que o problema está do lado español porque é simple-

mente un feito que en España hai máis dunha nación e que isto sucede desde hai séculos. O primeiro é o cese a petición propia da colaboración no diario El país do historiador nacionalista catalá Joan B. Culla i Clará, ao lle comunicar o xornal que non publicaría o artigo que tiña que saír o xoves 5 de outubro. O xornal, no uso do seu dereito, non aceptou o artigo. Lin que porque ironizaba sobre a intervención que El país ten suxerido dos hackers rusos no conflito catalá, amais de recordar o pasado falanxista de Juan Luís Cebrián. O nacionalismo do señor Culla non foi problema para colaborar co diario desde 1984, pero, unha vez reaberto o conflito con Cataluña, o xornal decidiu suspender, polo menos temporalmente, o pluralismo que di defender e pechar filas arredor da unidade da nación española.

O segundo é mais coñecido. O deputado Casado, do Partido Popular, nun acto público mencionou que o día 6 de outubro de 1934 Lluis Companys, daquela presidente da Generalitat, “declarara a independencia de Cataluña” e que 83 anos despois Puigdemont, de facelo, podería “acabar igual”. Foi requirido para que precisase a que “acabar” se refería. Se ao encarceramento poste-

rior á súa alocución desde o balcón do pazo da Generalitat ou ao fusilamento 6 anos despois en cumprimento dunha sentencia ditada por un tribunal franquista.

O señor Casado non foi claro nas súas explicacións, pero acepto a súa explicación. Non pensaba na iniquidade do fusilamento de Companys. Ben, pero en todo caso estaba identificando a súa acción cunha deslealdade, traizón, golpe ou algo así contra o réxime legal da República merecedor de castigo. O caso é que Companys, como calquera sabe ou pode saber, non declarou a independencia de Cataluña, senón “o Estado Catalán dentro da República Federal Española”. O matiz é importante. Chega unha primeira lectura desa famosa declaración para entender que daquela Cataluña non estaba por nin para romper España, a República española. Estaba pola defensa do seu Estatuto dentro da República española. Companys non considerou a independencia unilateral de Cataluña, mesmo aceptara os recortes do Estatuto de Nuria. Non tiña necesidade diso porque a República mal que ben aceptou o feito plurinacional español. Pero hoxe non se vislumbra que o bipartidismo gobernante poida aceptar esa realidade.


22

FINAIS DE OUTUBRO 2017

BAIXO MIÑO TuI

Tui renova a súa presenza dixital cunha web dinámica e accesible dende distintos dispositivos Dous eixos estruturan o novo portal un dedicado ao concello e outro ao turismo

O Concello de Tui contará nos próximos días cunha nova web municipal que brindará información máis completa e facilitará os tramites aos cidadáns. O novo portal, realizado baixo a tecnoloxía do xestor de contidos Drupal e totalmente accesible dende plataformas móbiles, marcará un punto de inflexión na presenza do Concello de Tui en internet brindando un acceso máis rápido e áxil. Está estruturada en dúas partes diferenciadas unha delas dirixida a información municipal e a outra sobre a información turística. No seu deseño apostouse polas cores azul e dourado do escudo e a bandeira municipais. Amais da información sobre o alcalde, a corporación municipal e outros órganos

de goberno, recolle tamén un apartado para os distintos departamentos dende onde amais dun texto introdutorio se achegan as novas de actualidade, información de área, e sobre as instalacións. Tamén varios servizos municipais contan cunha páxina propia accesible directamente ou a través da área á que pertencen. Búscase amais unha maior interacción co cidadá tanto a través do apartado de “Incidencias” coma no “Buzón de Suxestións”. Baixo o epígrafe de “Vive” recóllese a información do municipio en canto a situación, poboación, escudo e bandeira, historia, asociacións, clubs, festas... e no mesmo apartado achégase o directorio, transporte, citas previas...

A parte dedicada ao turismo estará accesible proximamente en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Na mesma a información da portada estrutúrase entorno aos principais reclamos turísticos da cidade o Conxunto Histórico, o Parque Natural do Monte Aloia, o Camiño de Santiago, o río

Miño, a Eurocidade Tui-Valença, a ruta Xudía, e a comarca do Baixo Miño. A web completarase no prazo aproximado dun mes cunha aplicación móbil, APP, dende a que se poderá consultar a información do concello, de turismo, a axenda, enviar incidencias, ou recibir avisos. A presentación esta mañá na aula CeMIT correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Laureano Alonso. Laureano Alonso quixo destacar que é responsabilidade do goberno presentar agora o resultado de meses de traballo neste proxecto, resaltado o feito de que permitirá unha comunicación máis áxil co cidadá ao través do apartado de incidencias e do buzón de suxestións. Enrique Cabaleiro asegurou que se trata dun traballo necesario pensado para ser o escaparate da cidade. Amais reiterou a súa responsabilidade á hora de presentala e deixar xa en mans do novo goberno a súa posta en marcha efectiva.

A GuArdA

A exposición “Proxecto táctil” estará até o día 4 de novembro no Centro Cultural da Guarda O pasado19 de outubro, inaugurarouse no Centro Cultural da Guarda a exposición “Proxecto táctil”, composta de obras contemporáneas realizadas por antigas e actuais alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo). A mostra, que permanecerá ata o 4 de novembro, componse dunha ducia de creacións concibidas para poder tocarse e manipularse, de xeito que o público se poña na pel das persoas cegas e experi-

mente a exposición.

Acudirán ao acto de inauguración, que dará comezo ás 12 horas, o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal Fariña. “Proxecto táctil” é unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Uvigo e a ONCE.

TuI

O BNG condena a moción de censura do Partido Popular ao goberno de Tui

O BNG condena a moción de censura de Tui por ser esta unha manobra antidemocrática e cre que o Partido Popular non aceita perder as eleccións.

A portavoz municipal do BNG, Carme Núñez, condenou hoxe a moción de censura ao governo de Tui por constituír unha manobra antidemocrática e considerou que o Partido Popular non aceita de bo grado a vontade do pobo de Tui expresada nas urnas, recurrindo a estos atallos para chegar ao poder nun momento chave, xusto cando, o governo actual ten en marcha toda unha serie de proxectos e avances para a cidade tudense (peonalización do centro histórico, PECH,compostaxe, ordenanza de limpeza, etc)

Así mesmo lembrou estas mesmas manobras caciquís como o caso do concello veciño de Oia, onde tamén se violou a vontade popular e se fixo para por a institución non ao servizo do pobo, senón de intereses partidistas, recalcou a portavoz municipal deixando ver que claramente que o Partido Popular actúa en función dunha estratexia perfectamente orquestrada por Alfonso Rueda.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

23

BAIXO MIÑO TuI

O anterior goberno municipal de Tui deixa obras adxudicadas ou en fase de licitación por importe superior aos 350 mil euros

O anterior goberno municipal de Tui ten arestora obras adxudicadas ou en fase de licitación por un importe superior aos 350 mil euros. Así nuns días comezarán as obras de rehabilitación do Palco da Música no Paseo da Corredoira, logo de que na última Xunta de Goberno Local se adxudicase definitivamente a obra por importe de 61.195,75 euros. Esta actuación forma parte do conxunto de proxectos que o actual goberno financia con fondos da Deputación, dentro de Plan de Investimentos do ano 2016. Por outra parte en breve comezará a instalarse a nova sina-

lización no casco urbano, proxecto que, cun importe de 54.956,49 euros, mellorará notablemente a sinalización dos diversos servicios e edificios administrativos, así coma os lugares de interese patrimonial e medioambiental da cidade.

Esta sinalización no casco urbano complementarase coa sinalización de todas as parroquias e lugares de interese turístico, proxecto que está na fase de licitación e que conta cun investimento de 105.547,24 euros a cargo da Deputación Provincial. Dentro das actuacións no rural, ao abeiro do Plan Marco,

aprobouse a obra de asfaltado do vial entre o Monte das Penizas en Paramos e a parroquia de Guillarei, cun investimento de 50.203 euros.

Amais outra das obras que comezará nestes días será o cambio da iluminación convencional a led no polígono de Areas, cun investimento de 70.105,62 euros. Este proxecto forma parte das actuacións de aforro enerxético, ao tempo que supón unha mellora e adecuación dos parques empresariais de Tui. Finalmente salientar que dentro dos subministros financiados con fondos da Deputa-

ción no Plan Concellos 2017, está a adquisición dunha nova moto para a policía local de Tui, por un importe de 11.495 euros, adquisición que se ía a complementar coa renovación paulatina da flota de vehículos e medios materiais dos que dispón a Policía Local, en aras de garantir un mellor servizo aos cidadáns. Polo que respecta ao conxunto de proxectos financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan Concello de 2017 atópanse en fase de licitación e xestión das autorizacións sectoriais pertinentes.

TOmIñO

Novas melloras na rede municipal de saneamento no barrio de Rexidouro As obras continúan, dotando dun saneamento mellorado cada vez a máis vivendas do Concello de Tomiño

Os traballos comezaron a pasada semana pola zona máis baixa e húmida do barrio de Rexidouro, aproveitando o bo tempo e a falta de choivas, xa que baixo outras condicións climáticas poderíase complicar a correcta execución das obras. Ao finalizar este sector, continuarase co resto da zona

que non é tan problemática en cuanto a cuestións técnicas e meteorolóxicas, segundo informaron os traballadores do Concello. As melloras consisten no enganche dos novos ramais de colectores de augas residuais nos barrios de Rexidouro e A Val, pertencentes á parroquia

do Seixo, para conectalos ao colector xeral xa existente que vai á estación depuradora sita en Figueiró. Con esta nova obra, a cantidade total orzamentaria invertida nesta zona ascende aos 800.000€, cos que o Concello de Tomiño seguirá prestando un servizo de saneamento eficiente e de calidade, incorporando 150 novas vivendas máis á rede. O concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campo Lago, destacou o impulso e o traballo que se está a realizar dende o Concello de Tomiño e outras administracións públicas para que o maior número de persoas posible desfruten deste servizo. Proximamente está previsto continuar con novos proxectos de saneamento e alcantarillado tamén en Carregal de Abaixo, afirmou o concelleiro.

A previsión inicial é que as obras rematen entre finais deste ano e principios do ano que vén se non xorden imprevistos que poidan retrasar o avance das actuacións e, en calquera caso, os traballadores municipais móstranse optimistas á vista do actual ritmo e os avances alcanzados en pouco tempo. O Concello de Tomiño quixo salientar que co remate destas obras, a porcentaxe de vivendas conectadas á rede de saneamento ascenderá novamente, situándose agora en torno a un 65%, gracias ás labores dos últimos anos de goberno. Ademais, aseguran que a inversión neste tipo de actuacións é unha das súas prioridades, para seguir ofrecendo un servizo esencial aos seus veciños e veciñas.

A GuArdA

O ciclo «Cinema de outono» da Guarda continuará en novembro co filme ¨Sully¨

A Guarda estreou o ciclo «Cinema de outono» este pasado venres co filme «La chica danesa» no Centro Cultural. Trata dunha película dramática baseada na historia orixinal dunha parella de artistas daneses cuxa vida marital da un xiro cando o home adopta unha aparencia feminina.

A serie cinematográfica completárase o próximo 17 de novembro, coa proxección da película «Sully», ás 21:00 horas no Centro Cultural. No filme, tamén baseado nunha historia real, achegarémonos á vivencia do piloto aéreo que no ano 2009 realizou unha aterraxe de emerxencia en pleno río Hudson por mor dunha avaría. O veterano piloto terá que afrontar un minucioso análise a fin de determinar se a decisión tomada foi unha heroicidade ou froito da imprudencia.

«Cinema de outono» é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer alternativas de ocio e cultura de calidade na nosa vila. As películas, de acceso libre e gratuíto, diríxense a un público mozo e adulto.


24

FINAIS DE OUTUBRO 2017

BAIXO MIÑO TOmIñO

O Concello de Tomiño lanza a súa oferta de actividades extraescolares gratuítas para o curso 2017-2018 A programación inclúe algunhas novidades respecto ao ano pasado

Un curso máis, como ven acontecendo dende o 2015/16, o Concello de Tomiño oferta unha completa programación de actividades extraescolares gratuítas para todo o alumnado do municipio.

Este ano haberá 9 propostas diferentes, elixidas a partires das valoracións facilitadas por familias, alumnado e ANPAs en relación ás desenvolvidas no curso pasado. As actividades abranguen dende inglés e francés (idiomas que serán abordados dende unha perspectiva dinámica e de lecer) ata lingua de signos, baile infantil e zumba. Tamén desenvolveranse Multideporte, ImaxinAcción (que coma nou-

tras edicións tratará a creatividade a través da discipliña audiovisual) para infantil e para Primaria e Entre Pantallas (similar a ImaxinAcción pero adaptada ao alumnado de secundaria). As actividades están organizadas a través da ANPA de cada centro educativo e calcúlase que haberá entre 15 e 20 grupos diferentes. Á espera de que se pechen todas as inscricións, prevese que o alumnado estea repartido en grupos de infantil, primaria e secundaria.

Un total de 209 alumnas e alumnos inscribironse o pasado curso, repartidas entre o CEIP Pintor Antonio Fernández, o CRA Mestre Manuel Garcés, o CEP Pedro Caselles Beltrán, o IES Antón Alonso Ríos, o CEIP de Tebra, o CEIP de Barrantes e o CEIP de Sobrada. Na presente edición, o Concello de Tomiño agarda igualar ou incluso superar estes resultados. Escolas de Teatro e Música Ademais da citada programación, neste curso desenvolveranse novamente a Escola

Tomiño estrea novo céspede no campo de fútbol da Carballa

de Teatro e a Escola de Música, ambas no Auditorio de Goián.

No caso da primeira haberá 4 grupos, distribuídos por idades: un de 4 a 8 anos, outro de 9 a 12 anos e outro de 13 a 17 anos. Como novidade, este curso haberá un cuarto grupo para persoas maiores de 17 anos. Finalmente, na Escola de Música desenvolveranse unha serie de actividades pensadas para o alumnado máis cativo, como o Xardín musical (a partir dos 3 anos) e Música e Movemento I (de 4 a 5 anos); pero tamén haberá outras para o estudantado non tan miúdo: Música e Movemento II (de 6 a 7 anos) e Solfexo (a partir dos 8 anos).

O Concello de Tomiño ratifica así á súa aposta e esforzo por xerar unha oferta de actividades extraescolares ampla, variada e ao alcance de todos e todas os nenos e nenas do municipio, traballando para garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación non formal dos máis pequenos do municipio.

O campo de fútbol da Carballa ven de cambiar o seu céspede cun investimento de aproximadamente 140.000 €. As obras duraron uns 15 días aproximadamente, e fixéronse coa previsión de dar servizo ás actividades e eventos da nova tempada que comezou recentemente. O da Carballa é o campo máis importante de todo o Concello de Tomiño, prestando servizo dende hai xa 10 anos, polo que a renovación do recinto era primordial para o bo desenvolvemento das actividades. Entre as categorías infantís de nenos e nenas e as categorías de adultos e senior, o campo de fútbol da Carballa é empregado por arredor de 23 equipos de fútbol e arredor de 240 persoas para os seus adestramentos, partidos internos e campionatos. A aposta do Concello de Tomiño polo deporte continuará con outra obra de mellora do campo prevista para un futuro inmediato, na que se procederá á instalación dun rego subterráneo que permitirá aumentar a eficiencia do mesmo.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

25

BAIXO MIÑO TOmIñO

TOmIñO

O Concello de Tomiño instala paneis interpretativos na Fortaleza de Goián radigmático contorna na ribeira do río Miño. A localización dun dos paneis está na sección frontal diante da ponte da porta principal e outro no interior da fortaleza sobre un muro da marxe esquerda.

Os paneis achegan información dando unha visión exhaustiva do gran valor histórico e arquitectónico da fortificación. O Concello realizou a ins-

talación de dous indicadores informativos no Forte de San Lorenzo de Goián que serán de valiosa guía á cidadanía para obter unha detallada información na visita deste pa-

O cidadán recibirá información sobre a histórica evolución deste forte, considerado como un dos de maior importancia do municipio de Tomiño en canto a localización estratéxica, trazado arquitectónico, significado histórico e estado de conservación. Dá conta da súa rele-

vancia a evolución histórica da edificación. Foi construído pola Coroa Española sobre o primitivo Forte da Barca e tras o Tratado de Lisboa (1688) foi devolto ao Reino de Galicia. Pasou a mans privadas mediante poxa (1873) e finalmente, un século despois, foi adquirido polo Concello de Tomiño quen empezou a súa recuperación como espazo cultural para a cidadanía na que aínda segue a traballar. A instalación destes paneis interpretativos foi realizada polo Concello de Tomiño e financiada pola Deputación de Pontevedra na súa integridade.

TOmIñO

O CEIP Barrantes do Concello de Tomiño comeza as obras de remodelación do seu patio

Os máis cativos e cativas da escola estrearán proximamente un renovado parque infantil

Coma tódolos anos, o Concello de Tomiño ven de realizar recentemente labores de mantemento e posta a punto na totalidade das súas

instalacións educativas de cara ao novo curso escolar. Nesta ocasión, os e as escolares dos cursos de infantil do CEIP Barrantes desfrutarán

tamén dunha obra de mellora de grandes dimensións que se está a realizar no patio da escola. O proxecto busca adaptar o espazo, facelo máis funcional e de fácil mantemento, e foi consensuado entre o Concello de Tomiño e a Directiva da escola. Tamén o profesorado ao completo ve con bos ollos e apoia esta iniciativa, para que os nenos e nenas aprendan e xoguen nun ambiente máis en sintonía cun parque natural ao aire libre. A idea proxectada é seguir unha estética de liñas sinxelas, combinando diferentes tipos de materiais coma cau-

cho, herba natural e artificial, etc., para simbolizar e representar a conexión entre os tres elementos naturais: mar, terra e aire. Os traballos comezaron a pasada semana e está previsto que rematen a finais de mes, coincidindo co progreso do primeiro trimestre do curso escolar. A inversión, de arredor duns 17.000€ sitúase dentro da aposta do Concello de Tomiño de continuar cos investimentos nas instalacións educativas do municipio, buscando alcanzar unha educación pública valiosa e de calidade.

O Concello de Tomiño aforra en torno a un 70% co seu novo alumeado público

A diferencia comprobouse no Parroquia de Pinzás e na poboación de Vilachán do Monte, na Parroquia de Barrantes. Tomiño, 18 de outubro de 2017.- A nova instalación, que consistiu na substitución duns 2000 metros de antigo canleado monofásico por un canleado trifásico, o cambio dunhas 150 lámpadas LED, a renovación de luminarias e o cambio dos postes de madeira por postes de cemento, supuxo unha inversión económica ata o momento duns 9.000 € por parte do Concello de Tomiño. Coa estrea da nova iluminación dende aproximadamente os meses de xuño e xullo, foi posible verificar a significativa redución de costes no servizo de alumeado público. Esta diminución no consumo eléctrico supuxo un aforro nos meses de verán de máis da metade do consumo respecto ao ano anterior, cerca dun 70%. Dende o Concello de Tomiño destacan que o significativo é que ademais de aforrar na factura eléctrica do municipio, tamén se optimiza o servizo e se consegue aumentar o seu rendemento e eficiencia. Na actualidade o Concello de Tomiño xa está levando a cabo novas actuacións de mellora lumínica, como é o caso da poboación de Cristelos, tamén na parroquia de Barrantes. Á vista dos bos resultados, están previstas para o ano próximo máis actuacións de renovación do tecido eléctrico noutros puntos do concello.


26

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

27

BAIXO MIÑO TOmIñO

O Concello de Tomiño ven de aprobar o seu III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes O Plan estará en activo ao longo de todo o período 2017-2019 Tomiño, 19 de outubro de 2017.- O Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Tomiño formúlase como un marco de actuación municipal que contén unha serie de estratexias dirixidas a facer real e efectiva a igualdade de mulleres e homes nos diversos ámbitos tales como o eido político, o económico e o sociocultural. A finalidade principal deste Plan de Igualdade é a de xerar un cambio de carácter social, que elimine as desigualdades que se producen no contexto máis próximo e a violencia machista.

O documento, que se atopa cofinanciado polo Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra, convértese así nunha ferramenta estratéxica de traballo que aspira a garantir a coherencia, a continuidade e a eficacia na aplicación das medidas previstas. Para facer efectivos os obxectivos plantexados, formulouse un Plan realista e viable, flexible e dinámico para axustarse á realidade e ás novas necesidades que poidan xurdir e, por suposto, participativo, contando para a súa elaboración coa colaboración e participación de axentes sociais do municipio. O documento estará dispoñible para consulta de todas as persoas interesadas proximamente na páxina web do Concello de Tomiño, www.tomino.gal

Dez anos dos ‘Espazos Sonoros’. Dez anos de música antiga e patrimonio desde a Galiza

Vén de rematar a 10ª edición do festival “Espazos Sonoros (músicas en espazos de interese cultural)” que, este ano, tivo lugar entre o 2 de setembro e o 15 de outubro por toda a xeografía galega. Novamente, o festival rexistrou un enorme éxito de participación e asistencia, pois para todas e cada unha das convocatorias das actividades e os diversos concertos que conformaron o seu programa esgotáronse as prazas dispoñibles. O festival “Espazos Sonoros”, ideado e dirixido con tenacidade e bo oficio por Belén Bermejo, ten unhas características case únicas na Galiza, tanto polo seu concepto, como pola súa continuidade. No seu concepto, porque desde que botou a andar hai xa unha década, tenta achegar a música, fundamentalmente antiga - executada sempre por artistas do panorama galego, europeo e internacional de primeirísimo nivel -, a un público variado, dun xeito próximo e normalizado, sen prexuízos, con vontade didáctica e formativa, mais sen perder nunca o rigor e a calidade, alén da procura do pracer estético en si que nos ofrece a Música. Ao mesmo tempo, estas músicas cárganse dun sentido especial, aínda maior, ao festival ofrecer con regularidade ao seu público unha serie de actividades culturais paralelas que poñen en valor os espazos nos que teñen lugar cada un dos concertos. Actividades estas en forma de obradoiros nos que se achegar ao legado musical galego e europeo, mais tamén en forma de camiñadas e visitas guiadas desde as que redescubrir a xeografía, a natureza e o patrimonio cultural da Galiza en toda a súa dimensión. Por outra banda, en canto á súa continuidade, “Espazos Sonoros” preséntase

Redación en colaboración con Carlos Penela, Escritor galego residente en Viena

como unha das propostas musicais máis sólidas e consolidadas do panorama galego, pois a súa década de existencia posibilitou a formación dun público numeroso, fiel e consciente do propósito do festival: o do servizo á comunidade cidadá e ao mellor das culturas galega e europea. Unha tarefa desenvolvida desde a madurez intelectual e metodolóxica e, igualmente, desde a responsabilidade fonda e a dedicación constante que esixe unha conciencia cívica e emancipadora, enraizada esta sen complexos na terra desde a que xorde. Grazas aos “Espazos sonoros”, a música antiga e tradicional (medieval renacentista, barroca…), mais tamén contemporánea, interpretada por artistas de excelencia incuestionable (Marco Ambrosini, Favola d’Argo, Manuel Vilas, Xavier Díaz Latorre, Manseliña, Samuel Diz, Pablo Seoane, Austrian Baroque Company…) foi levada por todo o país: desde a costa até ao interior, desde a Mariña lucense até as Rías Baixas, desde as vilas e as cidades (Caldas, Palas de Rei, Ourense…), até o rural e as súas aldeas (Vilasantar, Montederramo…).

Escoitouse en igrexas, en mosteiros, en castelos, en adros e en salas nobres. Esa música, máis unha vez, dialogou coa xente, conmoveuna, esperanzouna. E moi especialmente agora, nuns momentos tan complexos de desacougo e indignación pola traxedia que se está a vivir na Galiza, pola destrución e o absurdo que se está a padecer por mor do lume, esta música (que é do mundo e, polo tanto, tamén galega, tamén nosa), funda vida e beleza onde hai ermo e dá sentido ás cousas onde hai esquecemento e negación. Abre a xanela a un soño posíbel, a un país que existe e debe seguir existindo a pesar de tantos atrancos e tantos silenciamentos. Por todo iso, sería realmente desexable e necesario que iniciativas como esta dos “Espazos Sonoros” tivesen unha acollida e unha divulgación nos medios moito maiores, tanto pola excepcionalidade que representan, como pola calidade e variedade da súa oferta. Porque existe un público que a demanda e a goza e tamén porque hai unha necesidade ineludíbel de traballar con eses mesmos criterios de rigor, profesionalidade e vontade de facer país que pon en prática este festival. Soamente así poderemos realmente mellorar e ampliar o discurso cultural galego, soamente así poderemos avanzar na sensibilidade cara estas músicas e cara ao noso patrimonio cultural en todo o seu conxunto.

(Nota: no seguinte enlace poden consultar con pormenor todos os contidos, actividades e concertos que ofreceron estes “Espazos Sonoros” 2017: www.espazossonoros.org/)


28

FINAIS DE OUTUBRO 2017

O CONDADO

pONTeAreAS

pONTeAreAS

Aprobado o proxecto básico de execución da humanización do primeiro tramo do Paseo Matutino

Crearase unha plataforma para solicitar a resposición da segunda ambulancia

O Concello de Ponteareas aproba con dezaseis votos a favor e catro abstencións (EU e ACIP) a proposta de reaxuste do cronograma para o pago do contrato de consultoría e asistencia técnica para os traballos de redacción do PXOM e execución da cartografía. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ditou unha orde de requerimento que supón a realización de diversos traballos de planeamento para a aprobación definitiva do PXOM de Ponteareas, polo que é preciso reaxutar o calendario de pagos que no supón en ningún momento un incremento do custe. O novo cronograma quedaría do seguinte xeito: A entrega do 35% do importe total pendente no momento de asinar esta modificación: 27.539€; o 30% do importe total pendente á entrega dos documentos precisos para enmendar as deficiencias sinaladas na resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: 23.605€ e o 35% restante despois da aprobación definitiva do PXOM pola Xunta de Galicia: 27.539€,

todo sen IVE. Na sesión ordinaria celebrada onte foron aprobados por unanimidade a proposta da Concellería de Urbanismo, Vías e Obras de aprobación do proxecto básico e de execución da “Humanización do Paseo Matutino (Tramo I)”. Toda a corporación decidíu apoiar a moción do BNG para adoptar unha serie de acordos relativos ao Pazo de Meirás.

Así mesmo, o pleno aprobou por unanimidade a creación dunha plataforma para reclamar o restablecemento do servizo da segunda ambulancia as 24 horas en Ponteareas e os concellos da comarca, un servizo que afecta tamén aos veciños e veciñas de Salvaterra de Miño, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves. A Concelleira de Sanidade, Vanesa Fernández, explica que no ano 2011 cos recortes de Feijoo prescindíuse desa segunda ambulancia que xa, tamén por unanimidade, se reclamou no momento, non obtendo resposta algunha. “Non sabemos que criterios seguiron para deixarnos sen aquela segunda ambulancia, se tiveron en conta a dispersión xeográfica ou o número de residencias de maiores que temos na zona. O propio Salvador González Solla non foi capaz de obter resposta algunha da Xunta de Galicia naquel momento”,

afirma Vanesa Fernández. Para a Concelleira de Sanidade é inadmisible que se produzan recortes na sanidade porque “somos persoas, non números nin contas”, motivo polo que recrimina ao Partido Popular local que se escude nos axustes orzamentarios como motivo para prescindir da segunda ambulancia. No pleno ordinario tamén tiveron voz as traballadoras da escola infantil que preguntaron polo estado da redacción do convenio colectivo. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convidou a toda a corporación a traballar en conxunto para acadar, dentro das posibilidades financieiras do concello e dos limites que marca o goberno central, unha mellora tanto para estas traballadoras da escola infantil como para o resto dos traballadores do Concello que precisan unha actualización salarial. Para o grupo de goberno é imprescindible que haia un consenso e un compromiso por parte de tódolos grupos para poder sacar adiante os acordos que se vaian acadando cos traballadores. No pleno tamén compadeceu a Tenente de Alcalde e Concelleira de Urbanismo, Vías e Obras, Chus Garrote, para explicar aos veciños e veciñas da rúa Castelao que contan co apoio do Concello en canto a realización das beirarrúas no último tramo da avenida preto da rotonda que vai Mondariz, sendo responsabilidade da Xunta de Galicia este tipo de obras ao ser a titular desa estrada.

O Concello liquida duas débedas históricas de máis de 340.000€

O Concello de Ponteareas salda a débeda histórica coa empresa Construcciones Crespo ao liquidar a última parte do pago pendente por valor de 203.364,45€, quedando xa só pendente de pago os intereses de demora dende 2008 que superará os 50.000 euros que serán pagados antes de rematar o ano. A débeda con Construcciones Crespo, ten a sua orixe nun contrato realizado en 2006 polo goberno do PP para a realización de obras de mellora de viais. Estes traballos estaban financiados polo Ministerio de Fomento. “o goberno do PP, en lugar de pagar a obra como estaba obrigado, desviou o diñeiro para outros gastos" afirmou o concelleiro de Facenda Francisco Alonso. Esta débeda é consecuencia dunha resolución xudicial co agravante de que xa en 2008 houbo unha primeira condena e acordo de pago que o goberno de Salvador González e Belén Villar incumpriron en todos estes anos, engadíu Alonso Este goberno tamén ven de liquidar o resto da débeda contraída en 2011 coa entidade pública Aguas de Galicia, pola obra da planta potabilizadora da rede municipal de auga, por importe de 138.114,25€, cifra a que haberá que sumar os correspondentes intereses antes de fin de ano.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

29

O CONDADO G.FIGueIredO

Xeografía e Historia: O Concello das Neves

O Concello das Neves está situado na parte meridional da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra. Limita cos municipios de Salvaterra de Miño, Ponteareas, A Cañiza e Arbo, e ao sur coa fronteira entre España e Portugal que conforma o río Miño. Ata 1904 denominábase Setados e a capital do municipio estaba situada na parroquia de Santa Eugenia de Setados; desde entón pasou a denominarse As Neves. Este municipio ten no río Miño a súa fonte de vida dende sempre. Abondosos son os restos do Paleolítico e o Neolítico que quedaron en lugares como "A Pedra da Moura" (Taboexa), o "Monte das Carboeiras" (Liñares) e "O Coto do Facho" (As Neves) e que

inclúen mámoas , petroglifos e pezas líticas. De épocas máis cercanas a nós quedan as pesqueiras da lamprea e a acequia de Vide, ambos de orixe romana. Altamira "un dos xacementos galegos máis abondosos en bronces romanos- Cividá e Rocha son algúns dos lugares que perviven da cultura castreña e dos asentamentos romanos nunha zona na que se poden visitalas igrexas de As Neves (1668), San Cibrán, Taboexa e Tortoreos. As Neves está situada ó redor do Miño, con alturas impropias do accidente galego, que enmarca os seus bosques máis escarpados de eucaliptos e piñeiros e unha vexetación espontánea de xestas, codesos, toxos e silveira. Nas zonas

baixas hai manchas forestales de ameneiros, castaños e carballos. A maioría da poboación vive dunha agricultura basada no cultivo do millo, o pasto, a vide, as patacas, os productos forraxeiros e as froitas, e, na pesca do Miño, con capturas de lamprea, anguila, sable y salmón. Aínda que ata a actualidade case non existía industria pola proximidade de Vigo, Porriño e Ponteareas, en breve estará en funcionamento tanto en Salvaterra como en As Neves, a plataforma loxística e industrial o denominado Porto Seco, que constituirá unha importante área loxística e industrial no municipio . A zona está vinculada xeográfica e historicamente á comarca do Condado, área vinícola baixo a denominación de orixe "Rías Baixas", onde as súas terrazas soleadas do mediodía e abrigadas do norte, son propicias para a produción de albariño, loureiro e treixadura. A parroquia de Rubiós é cuna do seu viño por excelencia: o "Tinto Rubiós", caldo amable e aromado a base de variedades como o caiño, o espadeiro e o retinto entre outros, adecuado para facerse acompañar de lamprea e requeixo, os seus pratos estrela.

As Neves conta cun amplo territorio Románico no que podemos destacar a igrexa de As Neves; esta foi edificada no século XVII, a raíz da aparición da Virxe a un neno da zona. Ó redor dela foi medrando o pobo de As Neves. É obra do arquitecto Melchor de Velasco e do canteiro Amaro do Campo. Destaca sobre todo a súa torre piramidal escalonada das que só hai cinco en Galicia e posúe un retablo de tres rúas do Barroco galego. Tamén se destaca a igrexa de Taboexa, de estilo renacentista, a de Tortoreos, que é de estilo Barroco e la de Santiago de Ribarteme, de orixe románica. Ademáis consérvanse canastros e vivendas de noble señorío que falan dun pasado arquitectónico cheo de riqueza. A casa de Barro ou a da Inquisición, ligadas ós Xil e Arauxo, son boa proba disto, contando ademais con interesantísimos escudos nobiliares. Outras obras de interese destacamos a ponte romana de A Senra, en Santiago de Ribarteme, e a ponte medieval de As Puntaleiras, lugar por onde pasou a Raíña Isabel de Portugal, alá polo século XII, en dirección a Santiago de Compostela, facendo escala no mosteiro de A Franqueira, hoxe camiño de sendeirismo recuperado co nome de "Sendeiro dos Frades". Como vedes, hai moito que ver e exquisitos pratos e caldos de viño para probar. Anímovos a que vos pasedes por este fermoso concello da comarca a gozar da vila e da súa contorna.


30

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

pONTeAreAS

A Asociación Forestal de Galicia urxe medidas por parte da Xunta para paliar os efectos da erosión e para a restauración das zonas queimadas

Na tarde do pasado venres 20 de outubro, a Asociación Forestal de Galicia (AFG), reuniu en Xinzo (Ponteareas) máis de duascentas cincuenta persoas, tanto representantes de comunidades de montes como propietarios forestais da provincia de Pontevedra. Nesta xuntanza aportáronse os primeiros datos recadados acerca do número de hectáreas queimadas entre os seus socios e fíxose unha valoración do acontecido nos lumes dos días 15 e 16 de outubro. A falta de completar datos, a cifra dos montes queimados entre os seus socios alcanza as 8.000 na provincia. A este dato terían que engadirse os montes queimados de propietarios forestais e doutras comunidades non socios da AFG. Na valoración feita, as comunidades de montes resaltaron a falta de medios tanto do Servizo de De-

fensa contra Incendios Forestais como das forzas de seguridade así como a lenta resposta dos medios a nivel estatal. Por outra banda, consideran incomprensible a falta de previsión dadas as circunstancias meteorolóxicas que viñamos tendo. Desde a AFG, faise fincapé en que o problema dos lumes en Galicia non é cuestión só do sucedido este fin de semana senón que é preciso un pacto de Estado, consensuado con todos os axentes do sector, para diminuír o risco de incendio forestal e as catástrofes que poden afectar a vivendas e poboación civil. A AFG estima que hai tres elementos que son fundamentais para reverter a situación actual: unha adecuada ordenación do territorio, unha ordenación forestal que aposte pola diversificación de especies e a seguridade e, por último, a revisión dos protocolos de seguridade. En canto á ordenación forestal, a AFG ven defendendo dende hai tempo a potenciación da figura do silvicultor activo, isto é, crear as condicións para que o propietario da terra se involucre nela, posto que a maior parte da superficie fores-

tal é de propiedade privada. Deste xeito, milleiros de parcelas poderíanse poñer a producir de modo que o propietario vexa nelas unha oportunidade e non un problema, como sucede actualmente. Por outra banda, a ordenación forestal debe incidir nunha planificación axeitada, dotando aos montes de áreas de seguridade para unha protección pasiva, cuxo custo debe ser asumido polas administracións competentes dado que son medidas de seguridade para o conxunto da cidadanía. No curto prazo, a AFG urxe medidas por parte da Xunta para paliar os efectos da erosión nos montes de maior risco erosivo e a xestión da retirada de todas as árbores que poden chegar a provocar danos sanitarios con efectos moi prexudiciais para un entorno xa de por si moi deteriorado. Propón que se informe do procedemento a seguir e dos materiais a usar, coordinando estas accións coas comunidades de montes e coas autoridades locais intentado aproveitar a disposición de miles de cidadáns dispostos a colaborar. Neste mesmo sentido, reclámase tamén un plan de reforestación forestal dos montes queimados que conte con financiación pública.

‘Donde Vamos?’ das Neves preparado para calquera tipo de evento

Recentemente o concello das Neves sufriu unha aterradora vaga de incendios que calcinaron unha grande parte da superficie. Nós solidarizámonos con eles, e como non podía ser doutra maneira aquí estamos para o que precisen. Non queda outra

que erguerse con orgullo e pelexar de novo, día a día, todos e cada un dos días ,porque hai unha linguaxe no mundo que todos comprenden; a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor , da vontade de procurar o que se desexa e o que se

cree. Ana Durán, propietaria de donde vamos as Neves, lémbranos que no seu local, calquera tipo de reunión, convención , banquete..encontrará o espazo axeitado para que se poida celebrar desde o principio ata o fin neses termos.

pONTeAreAS

31

O CONDADO

A piscina de Ponteareas recibe un certificado de calidade polo ensino de natación

A Real Federación Española de Natación concede este certificado pola calidade do ensino de natación sendo a primeira instalación deportiva da provincia de Pontevedra que obten este certificado Os máis pequenos e pequenas aprenderán a nadar cun xeito máis divertido da man de personagens de Disney. A Real Fedaración Española de Natación entregou á piscina de Ponteareas o certificado de garantía de calidade no ensino de natación. Trátase dun certificado deseñado pola Real Federación Española de Natación da man do Concello Superior de Deportes e Disney no marco do programa “Nadar es Vida”. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Concelleira de Comercio, Inés Vidal en representación do Concelleiro de Deportes, asistiron á entrega da certificación solicitada por Insdega, empresa que xestiona o complexo deportivo Álvaro Pino.

Contar con esta certificación significa seguir as pautas evolutivas e mecanizar os procesos informáticamente para que os criterios evaluativos sexan totalmente obxectivos e chequeados dende a RFEN.

Os monitores de natación da instalación recibiron esta mañá a formación necesaria para adaptarse ao programa que comezará a implantarse no centro nos vindeiros meses.

Personaxes de Disney Entre as novidades que aporta este programa está a de que os novos niveis de natación contarán con recreación de personaxes de Disney da serie “Buscando a Dory” de xeito que os pequenos aprenderán a nadar de xeito máis divertido. A piscina de Ponteareas é a primeira instalación deportiva da provincia de Pontevedra en obter este certificado.


32

FINAIS DE OUTUBRO 2017

O CONDADO AS NeVeS

Peluquería Digna. As Neves

Non é nada fácil manter un negocio durante un tempo prolongado. Cando un logra subsistir 31 anos ininterrompidos como a pelu-

quería Digna, non cabe dúbida que debe facer moi ben as cousas. Falamos coa súa propietaria e fundadora Digna Ignacio convenceume de que o fixera no meu pobo e así o fixen. Estamos falando de 1987.

AS NeVeS

Os parques de Liñares e Chan en Tortoreos están dispoñibles despois das obras realizadas

O Concello instalou unha área biosaudable en Tortoreos e reparou o parque e a pista deportiva de Liñares

E sempre foi peluquería Digna? Si, pero non sempre estiven aquí. Os 9 primeiros anos estiven no centro

Ti es natural das Neves verdade Digna? Pois si, en concreto do barrio de Redondelo , da parroquia de Tortoreos.

Cal é a túa historia profesional? Eu nacín cunha tesoira na man, xa de cativa gustábame moito cortarlle o pelo e peitear ás monecas.

Podemos dicir que es perruqueira por vocación? E tanto que si. Aos 13 anos atrevinme , por primeira vez a facer un corte de pelo ao meu irmán.

E tiveches que subornar ao teu irmán ou deixouse? Non se foi nunha perruqueiría que estivo moitos anos no pobo. A de Chelo, que foi a persoa coa que fixen os meus primeiros traballos. Aínda estiven un tempo con ela. E teño que dicir que naquel primeiro corte ao meu irmán, apenas lle fixen unha pequena escaleira, algo que naturalmente me deu moita confianza.

E logo? Pois fun a Vigo a facer varios cursos, logo cursei estudos en Barcelona. Tiña idea de montar perruquería en Suiza, pero un gran profesor que tiven

Despois de 31 anos de traballo duro ininterrompido, non estás cansada? Non, non estou cansa, gústame moito o que fago e aínda sigo mantendo a ilusión. Fíxate , case todas as semanas estou facendo cursos para tratar de aprender cousas novas

Aquí traballades dúas persoas, que tipo de especialidades ofrecedes á vosa clientela? De todo, tanto para homes como para mulleres. Estamos de 9 a 1 e de 4 a oito. Abrimos de martes a sábado.

Ti tes dous fillos, este é un negocio de futuro? Bff , non lles vexo a verdade, todo pode ser , pero en principio penso que os meus fillos non tiran moito pola peluquería. Moitas grazas.

O goberno local das Neves levou a cabo a reparación dos exteriores da escola de Liñares, instalando novos elementos de parque infantil e renovando a pista de deportiva. Procedeuse a limpeza da pista deportiva, a colocación de novas porterías e canastas e o pintado das áreas de xogo. No parque hai agora un novo tobogán, columpios, un banco e tamén se retirou o portal para facer máis accesible este área pública. Na zona próxima de Tortoreos, na escola da Chan colocáronse elementos de parque biosaudable xunto cun banco, árbores e preparando o terreo para que sea máis cómodo.

Segundo Oscar González, Concelleiro de Benestar e responsable de deportes, con estas dúas obras téntase abordar unha zona moi poboada e chegar aos diferentes estratos de poboación, a infantil, a mocidade e outros, podendo chegar a persoas con máis idade que tamén demandan lugares nos que poder exercitarse para manter un bo estado físico. O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, explica que dende a institución municipal debemos xerar pouco a pouco mellores condicións para que a veciñanza das Neves goce dunha gran calidade de vida durante tódalas súas etapas.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

33

O CONDADO SAlVATerrA

Programación do Samaín en Salvaterra 2017

O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar a súa programación e abrir o prazo de inscrición para poder participar do ROTEIRO DE SAMAÍN.

Esta programación vai dirixida, por un lado, ao público infantil, que poderá desgrutar o venres 27 de talleres de maquillaxe ao aire libre, na Praza do concello, a partir das 16.30h.

Por outro lado, e xa para os máis maiores, o sábado 31 a partir das 20.00h dará comezo a cuarta edición do Roteiro Nocturno de Samain. A saída darase na Praza do concello e rematará no recinto Amurallado, cunha ruta de aproximada de 5km, pensada para os mais valentes. Todas as persoas que estén interesadas en participar deben inscribirse no Concello no teléfono 986 658 082.

Máis información e inscricións en animacion@concellodesalvaterra.org.

Para poder participar no ROTEIRO NOCTURNO, débese ter en conta as seguintes recomendacións:

.Dado que a inscrición é gratuita, cada membro do grupo doará un producto de hixiene ao Banco de Alimentos Municipal. Os grupos estarán formados por un mínimo de 15 persoas e un máximo de 20, en caso de non ter o mínimo a organización poderá integrar nese grupo a outros participantes. Data máxima para inscribirse ata o 27 de outubro, sempre que non se cubran as prazas antes. Idade mínima recomendada: 7 anos Menores de idade teñen que

presentar autorización Grupos con menores de 16 anos teñen que levar un adulto a cargo no grupo. Cada grupo ten que facilitar dous números de teléfono como responsables de grupo. Saída a partir das 20.00h, prioridade na saída grupos con menores. Os grupos sairán cada 10m. Darase unha hora aproximada, que se confirmará uns días antes a través da páxina web. Débese estar no recinto de saída 30m antes da hora establecida para cada grupo.

Recoméndase vir disfrazados. Cada grupo pode levar como máximo dúas lanternas e dous chalecos reflectantes(que levará a persoa que abre e a pecha o grupo) e recomendade levar calzado adecuado.

O Concello de Salvaterra reclama melloras nas liñas de transporte urbano

Tras varias reunións mantidas cos responsables de Transportes, na última reunión en Santiago coa Conselleira e o Director de Transportes da Xunta de Galicia, o día 10 de outubro, o Alcalde presentou as necesidades reais do transporte neste Concello, solicitando ampliación de liñas e modificacións de horarios. Nesa reunión manifestouse por parte dos responsables que se estudiarían para ter en conta.

Liña Uma –Viloacoba – Lira - Leirado – Salvaterra – Vigo (Álvaro Cunqueiro) de luns a venres saída de Uma ás 7.30, 8.50 e 16.10h, pasando por Salvaterra ás 8.05, 9.30 e 17.05h , chegando a Vigo. Regresos dende o Hospital Álvaro Cunqueiro ás 11.00, 15.15 e 20.45h, pasando por Salvaterra ( 12.15 - 16,25 – 22.05h)- LeiradoLira- Vilacoba e chegadando a Uma ás 12.50, 17.00 e 22.30h. Os sábados, domingos e festivos saídas dende Uma ás 9.10 pasando por Vilacoba – Lira – Leirado –Salvaterra(9.45) – Vigo e regreso, saíndo do Hospital Álvaro Cunqueiro ás 12.30 e 18.30 – Salvaterra ( 13.45 –

19.45) con chegada a Uma ás 14.20 e ás 20.20h. Con esta solicitude dáselle cobertura a tres parroquias que quedaban sen liña de transporte (Lira – Vilacoba e Uma) e amplíase os horarios de paso pola parroquia de Leirado en ambas direccións. Salvaterra estará unida con Vigo e co Hospital Álvaro Cunquiero (pasando por Salceda ou Ponteareas): .De luns a venres: Ás 6.45, 7.05, 8.05, 8.15, 9.30, 10.45, 13.45, 1 5 . 0 5 , 17.05, 18.45, 19.05 e 20.45h. Sábados, domingos e festivos 6.45, 9.45, 13.45, 16.15 e 20.45h.

Regresos do Hospital Álvaro Cunqueiro: De luns a venres: 8.15, 9.00, 9.30, 10.00, 12.30, 13.30, 15.15, 1 7 . 0 0 , 19.15, 20.45, 21.15 e 22.15h. Sábados, domingos e festivos: 8.15, 12.30, 15.15, 18.30 e 22.15h. As parroquias de Porto – Arantei e Cabreira quedarán atendidas pola liña nº 18 con dúas saídas e dúas chegadas pola mañán a Salvaterra.


34

FINAIS DE OUTUBRO 2017

O CONDADO AS NeVeS

A Parroquia de Setados, As Neves

A parroquia de Setados, nas Neves ten dous graves problemas. Por unha banda sofren o espolio de máis de 150.000 metros cadrados das súas terras ,expropiados forzosamente, nos que unha empresa gravera realiza a explotación de áridos. A comunidade de montes de Setados leva desde o ano 2009 sen cobrar un só euro, mergullada nun mar de preitos e marasmos xudiciais que semellan non ter saída. Por outra banda a saída principal por estrada da parroquia é unha das máis perigosas que vin na miña vida. Dígoo con coñecemento de causa, despois de ter percorrido o país galego

de punta a punta, alén da maior parte de vías camiños e carreiros da provincia de Pontevedra en numerosas ocasións. A visibilidade é nula, e non é posible saír da parroquia sen meter o morro do coche na estrada, pondo en grave perigo tanto ao coche que sae como aos que vaian en dirección Arbo. Falamos con catro representantes da comunidade de montes de Setados; Félix, Javier, Enrique e Jose para que nos explicaran a situación. Posteriormente conversamos con Xose Manuel Rodríguez, o alcalde da vila, para que nos dera a súa opinión ao respecto de ambas circunstancias.

Entrevista á Comunidade de montes de Setados encol de dúas problemáticas 1) A Gravera

“Levamos desde o 2009 sen cobrar un euro por uns terreos que nos expropiaron forzosamente e nos que existe unha explotación gravera” rompeu.

De que maneira? A empresa tiña moi boas relacións coa Xunta, e ben acabamos sendo expropiados pola administración autonómica. Pero claro, a cousa complicouse máis aínda, porque a empresa entrou en concurso de acredores.

Facédenos un resumo cronolóxico da situación da explotación gravera na vosa parroquia? No ano 1993 asinamos un contrato cunha empresa de Tui, Minas do Condado segundo o cal a comunidade de Montes de Setados alugáballe 150.000 mts cadrados de terreos da nosa propiedade para establecer unha explotación gravera e a instalación de maquinaria. Por canto tempo foi ese contrato? Inicialmente por 15 anos

A empresa cumpriu as condicións pactadas? Vamos ver, problemas con elos tive-

mos desde o principio, como por exemplo que unilateralmente deixaran de pagar dúas hectáreas, moveron moxóns..., pero pagar, si que ían pagando.

Que pasou cando remataron os 15 anos do contrato? A cousa púxose máis tensa. Comezamos as negociacións para a renovación e houbo moitas complicacións, mesmo chegáronnos a botar enriba aos empregados acusándonos de non querer negociar. Nós só pediamos unha mínima mellora. Houbo distintas reunións coa propiedade da empresa, e eles o que querían era pagar menos do que nos abonaron nos 15 anos iniciais. Despois de moitas reunións, todo

Vaia, non me digades que entón non cobrastes a expropiación? Nada, non cobramos nada de nada. A Consellería sabía que a empresa estaba na ruína , expropia os terreos e como a empresa non retirou a maquinaria en prazo, segundo sentencia firme do xulgado de Ponteareas a maquinaria que se haxa nos terreos pasa a ser propiedade da Comunidade de Montes.

Ben, pero como a empresa inicial está en suspensión de pagos e os terreos expropiados que situación máis kafkiana, como se resolve? Dándolle os terreos a outra empresa, Granuroca, que é a que os explota na actualidade. No 2.013 concluíu o expediente de expropiación e taxaron un xusti prezo de 587.000€.Agora cos intereses, a débeda xa está por encima dos 700.000€

Pero dese máis de medio millón de euros vós non cobrastes nada. É máis levades desde o 2009 sen cobrar nada

pola explotacións dun terreos que son da comunidade de montes, que vos expropian forzosamente e polos que non recibides nin un euro. Pois si, nós presentamos recurso ante a consellería, pero fixeron caso omiso ás nosas demandas. Máis ben, non é que non nos fixeran caso é que nos abandonaron completamente

E o anterior alcalde , Emilio, do PP que tal se portou con vós? Non nos deu a máis mínima axuda.

E o alcalde actual, Xose, do BNG? Está a noso lado e preocúpase por axudarnos.

Como está agora a situación? Temos a débeda recoñecida xudicialmente, pero non nos recoñecen que deba pagar a empresa que está a explotar a gravera na actualidade. A Xunta citou a empresa nova para que pagara. Esta recorreu e déronlle un tempo para que alegara todo o que considerase convinte na súa defensa. E agora estamos á espera de que saia unha nova sentenza que se espera para finais deste ano , principios do seguinte. Agora estamos completamente estrangulados. Sentimos que temos un ocupa que está explotando uns terreos, polos que non cobramos, e cunha maquinaria que supostamente é nosa.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

35

O CONDADO 2) A Estrada

“A persoa da Xunta coa que nos entrevistamos chegounos a dicir que non lle podían dar prioridade ao noso problema porque non había ningún morto”

Hai unha proposta de solución para mellorar o acceso á parroquia, consistente nunha mini rotonda. O alcalde tivo unha reunión na consellería cun director de infraestruturas cun representante dos veciños da parroquia. E o que nos dixo foi que non lle podían dar prioridade a solucionar iso porque non morrera ninguén.

e

Cal é o problema? A entrada principal á parroquia é criminal, vindo desde Arbo, despois dunha curva hai unha liña continua. Fíxate cando algún veciño da parroquia morre

van do Tanatorio de Arbo, ten que ir paseando o coche fúnebre ata as Neves e dar a volta para poder entrar. A saída é unha trampa mortal, non hai visibilidade algunha e non é posible saír sen meter

boa parte do morro na estrada. Levamos pelexando con iso desde o 2.006 e nos estiveron enganando como a chinos.

Por que vos estiveron enganando?

Pero é unha saída tan perigosa? Por favor cando rematemos a entrevista ven con nós a vela .É de xulgado de garda. É un perigo gravísimo tanto para os coches que saen de Setados como para os que vaian pola estrada nacional que comunica As Neves con Arbo.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez. Alcalde das Neves

“A Xunta castiga ás Neves porque a considera pouco relevante electoralmente” ción como esta debe cumprir, pois gustaríanos que continuara. Pero quero deixar moi claro que a súa continuidade non pode ser a calquera prezo. E ese prezo ten que ser o resarcimento xa, do valor dos terreos á comunidade de montes de Setados.

O alcalde, na medida das súas posibilidades fixo algo para a resolución do conflito? Si, establecer contactos entre os actuais titulares da explotación da mina e a comunidade de montes.

Cal é a opinión do alcalde de A s Neves, en relación co tema da gravera de Setados? O noso goberno está moi sensibili-

zado con este asunto. Trátase dunha explotación industrial que xera emprego no noso concello, e dentro dos parámetros legais que unha explota-

En relación ao principal acceso por estrada a Setados, que nos dis? Para min , ese é un escándalo superlativo. Xa na oposición iniciamos unha campaña de sensibilización e reivindicación de que se establecera un novo acceso ,porque efectivamente é perigo-

sísimo. Unha vez que chegamos á alcaldía establecemos contactos co axencia galega de infraestruturas. Coñecemos que hai un proxecto, e nós nos últimos dous anos provisionamos 50.000€ para poder contribuír á expropiación dos terreos necesarios para mellorar o acceso á parroquia. E que vos dixeron na Xunta? Díxonos que non debía ser tan perigoso porque alí non houbo mortos.

Realmente impresionante Pois si, nós cremos que a Xunta castíganos porque nos considera pouco relevantes electoralmente. Iso non pode ser, nós seguiremos insistindo ata que dunha vez por todas se estableza un calendario de execución para solucionar ese grave problema.


36

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

37

O CONDADO SAlVATerrA

Ponteareas declara non grata á Fundación Francisco Franco e pide a súa ilegalización a iniciativa do BNG O Pleno pide por unanimidade a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego O Pleno do Concello de Ponteareas declarou este martes non grata á Fundación Francisco Franco, tras aprobar por unanimidade unha proposta do BNG na que tamén se instou ao goberno do estado a tramitar a ilegalización desta Fundación.

O BNG presentou esta iniciativa tras o anuncio de que a Fundación Francisco Franco xestione as visitas ao Pazó de Meiras. A concelleira do BNG

Cristina Fernández Davila indicou que "constitúe unha provocación, unha ofensa e falta de respecto tanto ás vítimas da Ditadura como a Galiza no seu conxunto, e un escandaloso exemplo da impunidade coa que se move quen fai apoloxía do terrorismo fascista”. Segundo o aprobado, o Concello de Ponteareas, tal e como propuxo o BNG, pide que este pazo sexa devolto ao patrimonio público galego. Cristina Fernández sinalou

que “resulta insultante e vergonzoso que un espazo que é produto dun espolio sexa aínda propiedade da familia Franco”. A concelleira do BNG no goberno enfatizou que “resulta aínda máis indignante que a Fundación que leva o seu nome o utilice para contar unha versión absolutamente manipulada da historia e para facer apoloxía da Ditadura e do ditador”. Fernández indicou que “esta situación escandalosa e

indignante é posíbel pola complicidade e a permisividade das institucións do Estado e da Xunta de Galiza, que consenten, amparan e protexen o parque temático franquista en que se converteu o Pazo de Meirás”. Neste sentido, Ponteareas insta á Xunta á elaboración dunha Lei galega de memoria histórica na que se prohiban, persigan e sancionen os actos de exaltación do franquismo e as entidades que os promovan, tal e como propuxo o BNG.

SAlVATerrA

Novos Cursos 2017/18 en Salvaterra novos cursos e actividades para o 2017/18, gratuítas e para empadroados, que veñen cargadas de variedade e numerosas novidades e que abren a súa inscrición a partir do 16 de outubro. Dentro de todo o abanico, tense un espacio moi especial para os maiores, con algunhas actividades que xa son un referente no concello e con algunha nova. Así a partir do 25 de outubro empezará o Obradoiro de memoria e lectura e o Curso de iniciación á informática. Este ano tamén se aposta pola Escola de maiores. Actividades didácticas, enfocadas ao aprendizaxe, pero sen deixar de lado a parte de socialización, que moitas veces para eles é o mais importante.

Marta Valcárcel, 1ª Tte Alcalde de Salvaterra de Miño ven de presentar os

Se tes máis de 18 anos podes participar no curso de Recicla e non tires, no Obradoiro Floral, no Mundo da goma eva en Dalle un xiro ao teu

CV, ou participar nas xornadas de English Speaking. Se o que te interesa é a natureza, podes facer actividades en familia a través do obradoiro Máis que plantas, onde se farán e estudiaran os xardíns verticais, os xardíns aromáticos, o esquexado de plantas, o mundo das plantas para a beleza e a creación de minixardíns. Pero se o que queres é facer exercicio e practicar algún deporte tes a oportunidade de facelo con Salvaterra fai deporte, xornadas onde podes desfrutar de diversas actividades, dende o 1 de novembro ao 31 de maio, como aerobic e zumba, pilates, adestramentos persoais e sendeirismo. E para os máis cativos a biblioteca municipal oferta dende o 24 de outubro ao 29 de maio, como todos os anos, os obradoiros de Lectura infantil. Se estás interesado en participar ou simplemente pedir información diríxete ao Concello ou chama ao 986 658 082.

A liberdade non ten propiedade! Salvaterra convoca, un ano mais, o concurso de slogans contra a violencia de xénero O slogan gañador do ano 2016 e que foi o lema na campaña de concienciación que realizou o Concello de Salvaterra de Miño entre os nenos e nenas do IES Salvaterra. O Concello de Salvaterra, a través do seu Programa de Educación e Intervención Familiar, convoca un ano mais un concurso de lemas ou slogans para alumnos do IES de Salvaterra, co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista. O concurso de slogans busca frases que traten de transmitir un mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos . Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema. O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos. Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar non tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos. Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia machista promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores.


38

FINAIS DE OUTUBRO 2017

TURISMO

Que visitar? Salvaterra de Miño

ponte internacional que une salvaterra e monçao. Foto: kanano

Salvaterra de Miño, este concello da provincia de Pontevedra forma parte da área Metropolitana de Vigo. O municipio atópase na fronteira meridional da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales dos ríos Tea e Miño, e tendo como límites naturais a Serra do Paradanta, no municipio de Neves, ao leste; ao norte os municipios de Mondariz e Ponteareas; ao sur o río Miño, que lle separa de Portugal, C.M. de Monçao, e ao oeste limita co arroio Caselas que lle separa de Salceda de Caselas e a parroquia de Caldelas de Tui, pertencente ao municipio de Tui. Xunto aos veciños Concellos de Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario e Salceda de Caselas, forma a Comarca do Condado. Ocupando unha extensión territorial de 61,79 Km². Os seus arredor de 9800 habitantes de que dispón, están distribuídos en torno a 17 parroquias, as cales

numéranse a continuación: Alxén, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma e Vilacoba. O seu relevo chan e a abundancia de auga únense ao seu especial microclima para converter a todo o concello nunha envexable horta na que predominan extensas plantacións vitivinícolas e hortícolas. A elo contribúen os seus cinco ríos: Uma, Tea (principal afluente), Caselas, Mendo e por suposto o pai Miño, coma o río principal que penetra en Salvaterra dende As Neves, bañando as parroquias de Oleiros, Salvaterra, Arantei, Cabreira e Porto, rematando o seu curso na Guarda pasando antes por Tui. Ao seu paso polo Concello, o curso do río é estreito, o que fai que existan illas, illotes e rochas de gran tamaño. A principal illa de Salvaterra é a Fillaboa.

Un paseo por Salvaterra:

O inicio do percorrido turístico polo municipio parte dende ampla e buliciosa Praza da Constitución, onde se atopa a caso do Concello. A poucos metros a pé, e xusto ao carón do río que marca fronteira con Portugal, o río Miño, é posible admirar a maxestosidade da súa impoñente Fortaleza. Esta construción pétrea érguese desafiante sobre un pequeno promontorio, espazo dende o cal se alcanza unha das mellores vistas panorámicas da vila. As súas robustas murallas datan do século XVII e dan cobizo a edificios de grande riqueza arquitectónica. A Igrexa de San Lourenzo, de fermosa fachada renacentista, a Capela da Oliveira, de tradicional usanza portuguesa e porta de acceso á fortaleza ou a Casa do Conde, son exemplos dos monumentos que non debemos esquecer na nosa visita á vila. Non obstante, o seu edificio insigne é o Castelo de Dona Urraca, un espazo que consta de dúas plantas con simétricas bóvedas de aresta comunicadas por unha escaleira de caracol de dobre rampla, exemplar único en España. En torno a este monumento xiran hoxe engaiolantes lendas. Este conxunto histórico conforma a antiga Fortaleza de Sal-

vaterra, que foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1949, e que é considerada como unha das máis importantes e impoñentes fortificacións do Sur de Galicia. O carácter fronteirizo da vila de Salvaterra de Miño xunto a fascinante amalgama de pedra, auga e historia confírenlle ao municipio un atractivo único e diferente. As festas máis importantes de Salvaterra: Aínda que son moitas festas e romarías que se celebran neste concello ao longo do ano, eu vouvos falar das dúas máis importante.

A festa do Viño do Condado: Os antecedentes históricos da Festa do Viño do Condado do Tea, remóntanse a xullo de 1959. Nesa data, sitúase a data de inicio da festa, que naquel intre adoptou a denominación de Festa da Vendimia. O fundador da Festa da Vendimia foi José Rodriguez Ojea, que chegou a ser alcalde do Concello. Indiano chegado do Brasil, ao instalarse en Salvaterra de Miño, faise membro da Irmandade de Labregos e Gandeiros San Lourenzo, con sede na denominada Casa Sindical situada no actual casco urbano do municipio. Esta é por tanto a segunda

festa gastronómica máis antiga de Galicia, detrás da Festa do Alvariño de Cambados. No ano 2016 declárase "Festa de Interese Turístico" e celébrase no último fin de semana de Agosto de cada ano.

O Son da Muralla: O son da muralla é o evento musical que cada ano reúne a centos de persoas e onde se dan cita os mellores DJ´s do momento para facer vibrar coas súas sesións ao público presente. É unha das festas máis coñecidas entre os mozos e non tan mozos galegos e do norte de Portugal e a súa data de celebración e o primeiro fin de semana de agosto. Celébrase nun marco incomparable xa que o escenario está situado dentro da Muralla da Raíña Dona Urraca e desde alí as vistas ao río Miño son espectaculares. O número de asistentes a este evento ronda tódolos anos os 10.000, segundo fontes municipais. Anímovos a que vos pasedes por este fermoso concello, pois o seu contorno natural e as súas festas fan desta vila un sitio inmellorable para visitar nalgún momento do voso tempo de lecer.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

39

CINEMA Como solucionar o problema catalán Estiven de retiro no Courel e sorprendeume á volta ver que non recibira ningún correo nin wasap de Rajoy ou de Puigdemont solicitando a miña axuda para saíren da encrucillada a onde os levaron os seus malos pasos. Óense tantas voces pedindo mediación, hai tanta xente buscando unha persoa de prestixio, prudente e sensata, que sexa quen de desenlear o nó gordiano, que non podo entender como ninguén recorreu aínda a min. Eu, por suposto, teño a solución que contentará a tirios e troianos, e tentarei explicárvola neste mínimo espazo esperando que chegue a tempo aos oídos de quen conveña. Hai demasiados homes na política. Hai demasiados políticos profesionais na política: that is the question. Non deberamos deixar o noso benestar presente e futuro en mans de xente que ten como obxectivo primeiro manterse no poder e manter no poder o seu partido. Si, xa sei que o poder é un lugar dende onde podes facer cousas a prol da colectividade , pero tamén en prol do teu benestar e dos teus amigos. E ademais é un cume e para chegar a el hai que gabear tanto, tripar tanto, que unha vez que o coroaches o que importa é conservalo, evitar que cho quiten, que cho arrebaten. E isto acaba converténdose nun fin en si mesmo, nun reto, nun desafío, nunha xusta onde os contendentes, adversarios, viran axiña en inimigos e parécense xa demasiado uns a outros, aínda que en inicio partisen de posicións moi diferentes. E a todos lles sae o macho alfa que a educación e a cultura lles inocularon e… cagámola : rectificar non é de machos Que bo sería que xente moi cualificada, sensata, íntegra, - xa sei que non somos moitos os que temos ese perfil- lle dedicase só unha época da súa vida – 10 anos, por exemplo- á cousa pública e logo tivese que regresar – velis nolis- á vida común que deixara! Que bo sería que polo menos a metade desa xente fosen mulleres! Pero as cousas están como están e agora cómpre unha solución rápida e imaxinativa para que os dous nacionalismos non estoupen no choque e nós non esnaquicemos no medio. Os actores deste conflito, se non chego xa demasiado tarde, teñen que limitarse a faceren estas tres cousas: A primeira…

BLADE RUNNER 2049

Cando se anunciou que a Warner Bros estaba a preparar unha secuela de Blade Runner, film dirixido por Ridley Scott no cume do seu esplendor creativo alá polo ano 1982, moitos dos fans da obra de culto recibiron a noticia con certo reparo. O temor de que o afán recadatorio hollywoodiense destruíse o legado desta obra de culto estaba máis que xustificando, sobre todo despois da mediocridade (fracaso, nalgunhas ocasións) de remakes ou continuacións doutras películas clásicas como Indiana Jones, Star Wars ou Ghost in de Shell. Quen será o director? E o protagonista? Macelarán a reputación dun film que revolucionou o mundo da ciencia ficción? Pode que nun principio a elección do realizador Denis Villenueve como responsable da dirección do film non calmara os ánimos entre os fans, ou pode que os deixara indiferentes, xa que nese momento o director aínda non acadara a

O retorno

O sapo do río Xabriña mirou un home pescando. Como quería leria, preguntoulle se era de alí. Cando lle dixo de quen, o sapo xa o coñecía dende neno, ata de falar con el antes de migrar. O pescador contoulle que levaba

fama mundial que lle outorgou a multinominada aos Oscars Arrival (2016). Supoño que tras ver Blade Runner 2049 xa ninguén dubidará de que poñer ao canadense ao fronte do proxecto foi o primeiro gran acerto. O segundo gran acerto foi escoller a Ryan Gosling como protagonista, o replicante caza replicantes, con dilemas morais e de identidade. Xa sexa porque ten un gran mundo interior ou porque carece del completamente, o actor ten na cara unha expresión de permanente tortura introspectiva -como xa mostrara en Drive (Nicolas Winding Refn, 2011)- perfecta para o papel. Se tivese máis espazo para espallarme (como diría o meu compañeiro de páxina Roger) podería seguir enumerando moitos máis acertos, porque Blade Runner 2049 é unha máis que digna secuela, un espectáculo visual inigualable comandado polo director de fotografía Roger Deakins, cun despregue técnico abraiante

jOSIñO ArAújO

ao servicio da solemnidade e profundidade que impregna esta distopía futurista, fiel aos conflitos morais propostos pola súa antecesora. Pero, lamentablemente, existe Blade Runner, a clásica, e as comparacións son inevitables. A cinta orixinal impactou coa súa temática, a súa escenografía, o seu deseño rompedor que reinventaba o mundo langiano de Metrópolis (1927), a súa estética ciber-punk, a súa atmósfera tenebrosa, chea de fume e de escuridade... Moitas foron as películas as que influenciou posteriormente e que levaron o selo "blade runner", o que supón un handicap evidente e infranqueable para a cinta de Villenueve, pois o impacto da súa proposta é menor, algo ao que non beneficia certo minimalismo (en comparación coa súa antecesora) reinante nalgúns tramos da película, que crea un halo de frialdade potenciado pola súa excesiva metraxe e por algúns personaxes lamentables, como a "replicante mala", que parece sacada das peores películas do mundo Marvel, ou a case anecdótica aparición de Jared Leto, cuxo personaxe é esquecido na parte final da cinta. A pesar das odiosas e inevitables comparacións, con Blade Runner 2049 Denis Villenueve confirma definitivamente que é unha das grandes esperanzas do cine hollywoodiense e lémbranos que o cine industrial non sempre ten que estar rifado coa calidade.

CONTOS moitos anos fóra. Cando era novo viña polo Nadal, ía á taberna, xogaba a partida cos vellos e convidaba a todos. A parroquia estaba chea de xente e coñecíanse. Pasando os anos, uns foron finando ou migraran, e os poucos novos que naceran, non os coñecía. Agora xa nada era igual.

Morreran os seus pais, viñera ó funeral e xa marchara no mesmo día. No traballo nin tempo tivo de asimilar a dor real, da perda dun ser querido. Agora chegou á porta da casa e non estaba a mamá coas bagoas nos ollos para enchelo de bicos. Nin o papá, que lle daba unha forte aperta e acariñábao como cando era neno. Viu a porta da bodega aberta, a corte de “cuca” baleira, co cunco de darlle o mimo inda alí. A banqueta onde a nai se sentaba a muxir... Todo

MUÍÑO DA FEIXA x.S.pArAmOS

eran lembranzas. Entrou na casa, mirou os paraugas e no afán por saudar ós pais, colleu un, empuñouno apertando forte, pensaba en que alí estiveran as mans deles, e sentía así, como se lles estivese dando unha aperta. Todo estaba igual, na cómoda as menciñas, ó lado un vasiño boca abaixo enriba dun tapete feito pola nai, os caixóns coas veliñas dos cumpreanos nos que el nunca estaba. Falou só... -Isto si que é morriña. Eu pensei que morría suspirando por Galicia, pero agora sei o tanto que lle quería ós meus pais. O qué non sei, é… cómo esta nosa terra tendo de todo, a súa xente ten que migrar tanto.Despois de contarlle isto, díxolle ó sapo: -Acórdaste cando marchei e ti me dixeches que sería un estranxeiro en todos lados? Pois iso... Neste río xa no hai troitas, na aldea non hai xente, todo cheo de silveiras…Tirou a cana ó río e marchou.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


nº 55 (cuarta xeira)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

Entrevista a Anxo Barros

A fascinante historia dun redondelán no Louvre

Finais de outubro 2017 - 2€

Foto cuchi carreira

páxS. x e xI


II

FINAIS DE OUTUBRO 2017

Kike Estévez Filólogo e regueifeiro

Regueifa Antirepresiva

Ante estes días de represión, violencia e manipulación, nace esta Regueifa como método de-construción masiva e de loita contra un sistema podre, corrupto e represivo. Non á violencia policial! Visca Catalunya lliure!

O pasado un de outubro Vouno dicir neste fado Cremos ver en Catalunya A Franco resucitado!

e o mellor non o viramos a cousa púxose tensa houbo que manipulalo o dia seguinte na prensa…

E despois de todo isto Saiu na tele o máis casto Que máis ca rei das españas Semellaba o Rei de Bastos!

Alí deron moitos paus A todo o persoal Parecían a brigada A “politico-social”

Alí non pasara nada Catalunya era a ETA E foran só os paxaros Tirándose as escopetas…

Cando vin eu a Felipe Case me entra alí a asma Pois con todo o que dicía Igual que Rajoy por plasma!

Á parte hai que dicilo Que deron a rebentar E a xente que as levaba Só querían ir votar

Segundo a TVE 1 Dixeron con emoción Que non houbo referendo Fora unha alucinación!

Tamén saiu o Casado Necesita logopedia Pra saber quen foi Companys Que o busque na Wikipedia!

E non eran terroristas Nin son xente taciturna O único delito del@s Meter un voto na furna!

Tampouco houbera paus Naquel patético día E os únicos feridos Fóranche os policías!

É que a nosa caixa tonta A verdade que apesta Dá igual o que poñades Antena Tres ou a Sesta…

Puiden ver eu nas imaxes Os madeiros de Madriz Como batían con saña E “tiraban do nariz”…

E pobriñ@s maderiñ@s Danme pena el@s a min Tiveron que volver logho Pró barco de Piolín!

Abofé, dá moito noxo E non sei se xa te enteras Se o programa máis progre O presenta un tal Ferreras…

E o peor desta historia Vouvos dicir a verdá Foi cando falou Soraya da proporcionalidá…

O estado neses días Moveu todo o aparello E @s feixistas mentres tanto Berraban o “a por ellos”

Alí son todo pirolos E van de modernidá E teñen de tertuliano A eminencia de “Sardá”…

si que houbo proporción e non era iso Donostia por cada voto emitido tocaba dar catro “hostias”

Cando vexo a esta xente Falare de “democracia” A verdade que me parto Pois iso si que ten “gracia”

E xa vou ir despedindo Que non che dea o telele Se queres información Por favor, apaga a tele!

Comunicado do PSdeG-Redondela pola censura da exposición “Criminalización do pensamento”

O PSdeG de Redondela considera que o contido da exposición “Criminalización do pensamento” realizada polo Colectivo Republicano de Redondela, está dentro da liberdade de expresión que sempre defendimos os socialistas. Dita exposición con permiso para estar durante un mes, pasou a

censurarse sen xustificación por parte do PP de Redondela. O conxunto de fotografías contiña aspectos triste da nosa vila como a represión sufrida nas manifestacións de Regojo e que non conveñen esquecer. Tamén, había imaxes emblemáticas como as primeiras mulleres votantes tras a apro-

bación do sufraxio universal, a manifestación polo Día da Muller, a manifestación contra o decretazo do galego de Feijóo que atentaba contra a nosa lingua...

Os socialistas denuncian, o carácter provocador e censurador do Goberno Municipal do

PP de Redondela do que é reponsable alcalde, Javier Bas. En Redondela, acábase de pechar a liberdade de expresión, abrindo paso a un período censurardor que nunca existiu cando a nosa vila sempre foi un exemplo de tolerancia e colaboración activa cos colectivos.

A falta de xestión do PP pon en risco a IV Conmemoración da Batalla de Rande A falta duns orzamentos por parte do Goberno Municipal pode deixar ao Concello de Redondela nunha situación comprometida

A conmemoración da Batalla de Rande leva realizándose durante estos tres últimos anos. O Goberno Municipal do PP de Redondela, pese a saber isto último, non ten a disposición o orzamento necesario para asumir os custes da conmemoración debido á falta de orzamentos. Cabe engadir que o señor alcalde prometeu aos organizadores de dito evento os orzamentos necesarios a principios de xaneiro deste ano. A día de hoxe, as partidas coa que se asumía dito evento está esgotada en parte pola contratación externa dunha persoa afín ao PP para o Museo de Meirande. Persoal de dubidosa necesidade ao estar mediante axudas da deputación contratadas varias persoas para o mesmo edificio, sumando que o Goberno Municipal do PP non usou toda a partida do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra no referente á contratación de persoal para o concello de Redondela.

En decembro do ano pasado, o Goberno Municipal aprobou os orzamentos de 2016 na xunta de goberno local, a pesar de existir o aviso de que as partidas como a de limpeza estaban mal debido a que entraría un novo contrato que tería que incluir os novos espazos construídos como as pistas de pádel ou pavillón e consecuentemente, subiría o prezo en relación a outros anos. Esta falta de previsión de gasto máis á falta de traballo ao non elaborar uns orzamentos por parte do Goberno Municipal de Redondela, fai que o noso concello poda verse nunha situación comprometida.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

III

REDONDELA AER califica de incompetente ao goberno local á hora de renovar o regulamento de consellos parroquiais

Setembro foi o mes no que por enésima vez o goberno local ía presentar a proposta definitiva do regulamento de consellos parroquiais. O Sr. Ballesteros no pleno do 27 de xullo de 2017 así o afirmou e xa pasado o mes de setembro a veciñanza de Redondela volve a non saber absolutamente nada do estado deste proceso. ‘Máis de dous anos de mentiras arredor dunha suposta vontade de mellorar o regulamento de consellos parroquiais que o goberno local leva ralentizado intencionadamente para así perpetuar un regulamento elaborado polo anterior bipartito, moi

Roteiro da Noite dos Defuntos pola Vila de Redondela

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, dirixida por Teresa París, organiza a vindeira noite do 31 de outubro un roteiro polas rúas de Redondela. Trátase dun roteiro especial xa que se trata da noite de defuntos polo que haberá sorpresas para todos os asistentes.

Será unha única visita o martes 31 de outubro ás 21:00h, de balde coma sempre e para un máximo de 25 persoas. Está recomendada somentes para público adulto. Os interesados poden anotarse xa na oficina de turismo ou no 986401713.

mellorable, e que lle vale ao goberno local actual para perverter diferentes consellos parroquiais, tal como foi o caso do de Cesantes no seu día ou recentemente o de Chapela desvirtuando a súa funcionalidade unha e outra vez, con algúns dos seus concelleiros-presidentes dirixíndoos ao seu antollo e graza. Dende AER xa non nos cremos nada respecto ao fomento polo goberno local da participación cidadá, todo o contrario, convertéronse nuns expertos en poñer trabas e adoptar posturas radicais expulsando nun intolerable abuso de poder á veciñanza que desexa asistir como público aos consellos parroquiais.’

Apuntan dende a Agrupación de Electores de Redondela

A Agrupación de Electores, ‘farta destas mentiras e da prolongación continua de prazos á hora de presentar unha proposta de consenso de regulamento de consellos parroquiais, non conta con que o actual goberno dea conta desta encomenda. Vista a eficiencia demostrada polo partido popular neste senso, só queda esperar a que vindeiros gobernos locais retomen este regulamento e leven a bo porto a súa moi necesaria reforma para facelo máis participativo e xusto.’ Conclúen na nota de prensa.

O Concello de Redondela inicia a licitación para levar o saneamento ao colexio de Porto Cabeiro

Unha vez obtidas as autorizacións pertinentes o Concello de Redondela iniciou o procedemento de licitación para contratar a obra de saneamento que consiste na execución dos colectores que irían dende o Colexio de Porto Cabeiro ata a estrada N-555. O inicio do procedemento estaba condicionado á obtención da autorización do Ministerio de Fomento e a de AESA (Aeroporto) que ainda se recibiu o pasado mes ainda que estaba solicitada dende o mes de marzo.

Convenio entre a Asociación de Empresarios e o Sabadell Gallego

A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración con Banco Sabadell Gallego, informa da posta en marcha en Redondela da campaña “Cremos en Redondela” desenvolvida polo Banco Sabadell Gallego na localidade de Redondela. A campaña desenvólvese no marco dun convenio xeral no que a Asociación de Empresarios de Redondela e Banco Sabadell Gallego veñen traballando dende hai semanas. A firma deste convenio xeral que implicará tamén melloras financeiras para as empresas asociadas, asinarase previsiblemente o 31 de outubro.

A obra consistirá na instalación de 1400 metros de tuberías de saneamento en PVC en zanjas coa construcción de 69 pozos de rexistro que garantizarán o bo funcionamento da rede. O orzamento da obra ascende a 135.000 euros. “Trátase dunha obra de gran importancia xa que non so se lle dará saneamento a mais dunha veintena de viviendas tamén se lle dará este servizo ao Colexio que ainda non contaba con este servizo” Mª José Barciela


IV

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

V

TERRAS DE REDONDELA

A praia de Arealonga mellora a calidade da auga de baño

Os resultados das análiticas deste ano, despois de todas as obras executadas polo goberno, reflicten unha gran mellora da calidade da auga o que modificará a calificación da mesma. Unha vez finalizada a época de baño estival, a concellería de Medio Ambiente fai balance do estado da calidade da auga en praia de Arealonga. Durante o período de baño e como é preceptivo, a consellería de Sanidade efectuou as correspondentes análises microbiológicos como os vén realizando os últimos anos en todas as praias das costas galegas. Dada a especial sensibilidade desta corporación municipal par coa seguridade e salubridade dos veciños e usuarios das praias do noso municipio, estas análises foron contrastados por outros efectuados en datas alternas aos tomados pola Consellería que poderían dar un estudo máis exhaustivo, e por tanto, máis preciso da calidade da auga da praia de Arealonga. O resultado do devanditos análise, tanto os realizados pola Consellería de Sanidade como os efectuados pola empresa

externa contratada polo Concello, arroxaron uns valores de contaminación nas augas moi por baixo dos limiares marcados por Sanidade. Estes resultados non só aseguran a calidade da auga da Praia de Arealonga para todos os bañistas e usuarios da mesma senón que levará un aumento substancial da cualificación desta praia de fronte ao verán do ano próximo. Dita cualificación estará entre os parámetros de suficiente, boa ou excelente pendente da comunicación escrita por parte da Consellería de Sanidade unha vez que analicen e cataloguen os resultados obtidos e valórense todas as obras e actuacións realizadas polo Concello neste último ano, enfocadas a detectar e eliminar verteduras mediante obras novas de saneamento e reposición dalgunhas existentes con separativa de pluviais e fecais, etc. Desde o grupo de goberno valórase moi positivamente todas as actuacións realizadas ata o momento e proba diso é que este ano non houbo que izar en ningún momento a bandeira vermella nesta emblemática praia de Chapela. É evidente

que estamos na senda marcada polo noso Alcalde de recuperación e posta en valor de todos os enclaves ambientais do noso municipio e que debemos seguir realizando actuacións e esixir a quen corresponda que tamén mellore e emende todas aquelas interferencias que poidan afectar as nosas praias, como poden ser os problemas que en momentos puntuais pode xerar a depuradora de Teis así como os posibles vertidos que desde o Concello de Vigo poden acabar no rio Pugariño que linda entre Chapela e Teis O que se afirmamos e subliñamos é que Arealonga mellorará considerablemente a cualificación das súas augas e que nunca foi a peor praia de España como se divulgou en distintos medios, sen criterio técnico algún, co consecuente dano para os veciños de Chapela, apoiado nunha actitude totalmente irresponsable do presidente da Asociación de Veciños Marcial Pérez, que aínda sendo coñecedor dos datos das analíticas, tratou de obvialos para enganar aos veciños co consecuente dano para a parroquia.

Para o BNG, o goberno de Javier Bas segue ignorando as necesidades de auga de miles de veciñ@s

Xa no mes de agosto, advertían dos problemas que se estaban a sufrir en varias parroquias. A situación vaise agravar nas vindeiras semanas, sen que os responsábeis municipais tomaran ningún tipo de iniciativa. Dende a organización nacionalista consideran “de extramadamente grave a

situación de abastecemento de auga en parroquias como Quintela, Saxamonde, e parte de Cedeira e Reboreda, con restriccións xa dende antes do verán”. Trátase dun ben básico, que se as Comunidades de Auga atopan problemas para garantir, debe ser o concello quen asuma a súa distribución. “Demandamos hai dous meses, que o goberno municipal puxera en marcha un plan para garantir que a veciñanza do rural dispuxera de auga, mais non fixeron nada”. Consideran que o goberno de Javier Bas, actúa de xeito sectario por tratarse dunha proposta do BNG. Mentras, a situación pasou de ser grave, a extremadamente grave. Hai vivendas que non dispoñen de auga en todo o día, outras como en Reboreda, somentes

contan con 200 litros diarios, en Saxamonde levan con restriccións de 500 litros todo o verán. Trátase dun abandono total e absoluto por parte dos responsábeis municipais. Paralelamente, continuaron co despilfarro de auga baldeando as rúas e regando os xardíns. “Ao goberno de Javier Bas non lles interesan as parroquias, únicamente queren ter bonita o centro de Redondela”, afirman na súa nota. Pola súa banda o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, considera que a esta problemática hai que sumar a falla de financiamento por parte do goberno municipal, para que as Traídas de Auga poidan facer frente aos numerosos gastos, que aseguren un subministro en igualdade de condicións aos dos núcleos urbáns. “Unha das primeiras medidas do goberno de Javier Bas cando asumíu o goberno en minoría, consistíu en retirar as axudas económicas ás Comunidades.

Contos, natureza e inclusión en Pazos de Borbén

A biblioteca do Concello de Pazos de Borbén organizou o pasado 10 de outubro unha sesión de narración oral na Senda da Fraga do Barragán para fomentar o uso da lingua galega, animar á lectura e inculcar o amor ao medio ambiente. A actriz e narradora Ana Hermida levou o seu espectáculo “Un roteiro cheo de historias” ao alumnado da Eso do Cpi Curros Enríquez e da Asociación Aspavi, alí baixo dun castiñeiro narrou historias da nosa Galicia máxica. Foi todo un exemplo de amor á natureza e de inclusión, todos axudaban a todos a superar as dificultades do camiño, todas disfrutaban da compañía de todas, sempre de fondo a fermosísima Fraga do Barragán, outro exemplo de suma de vontades que nace no ano 2012, onde conscientes da necesidade de protección da fraga e da súa riqueza natural e cultural, as parroquias de Calvos e Traspielas (Fornelos de Montes) e as de Moscoso e Xunqueiras (Pazos de Borbén) se xuntaron para crear este proxecto. Hoxe esta Senda da Fraga do Barragán está vestida de loito polas cinzas devastadoras do lume, mudou o seu verdor cheo de vida, polo negro da desolación, impotencia e morte.


VI

FINAIS DE OUTUBRO 2017

REDONDELA

O PP de Redondela retira unha exposición do Colectivo Republicano

O límite da liberdade de expresión

TINO lAGO, dIrecTOr de A NOVA peNeIrA

mAríA TereSA pAríS BlANcO cONcelleIrA de culTurA dO cONcellO de redONdelA

Namentras redacto estas liñas, resonan na miña cabeza unhas verbas pronunciadas por Marcos Mundstock, veterano membro dos meus admirados Les Luthiers, durante unha entrevista realizada con motivo da entrega do premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2017. Preguntado sobre cales son os límites do humor no novo contexto social, o cómico arxentino respostou preciso : “a dor allea, ese creo que é o límite”.

Poucas semanas antes de que este xornal saíse á rúa, o goberno municipal de Redondela do PP, ordenaba retirar unxa exposición do multiusos da Xunqueira, un espazo que non é deles, senón de todas as veciñas e veciños de Redondela, ao colectivo republicano de Redondela. A devandita exposición levaba por título “Criminalización do pensamento” e amosaba imaxes de violencia policial exercida contra cidadáns que se manifestaban contra o peche da fábrica de Regojo ,alén doutras cargas policiais diversas. Semella que a orde de cancelar a exposición deriva da queixa dun sindicato policial que considera que podería incitar ao odio .Ese mesmo sindicato, poucos días despois publicaba en redes sociais ,unha imaxe de varios policías encapuchados fortemente armados que dicía “HABLAMOS?”. Esa publicación enmárcase no contexto da crise política ca-

talá, e non creo que incite ao amor , á fraternidade universal e a resolver os conflitos por medio da palabra, a razón e a argumentación. A nova Peneira dirixiuse ao alcalde de Redondela para ofrecerlle as nosas páxinas co gallo de que expuxera con liberdade absoluta as súas razóns, e os motivos polos que procedeu a retirar unha exposición dun edificio público de Redondela, sen que existira unha orde xudicial que así o determinara. A carón deste artigo poderán ler outro dunha concelleira do PP no que nos da as súas razóns. Está na liberdade de cala lector ou lectora escoller as que considere oportunas. Así o fixemos porque a única maneira de amosar que se quere a alguén, é queréndoo, a única maneira de amosar que se respecta a alguén é respectándoo, a única maneira de amosar que se defende a liberdade de expresión é defendéndoa, non hai outra Javier Bas. A liberdade de expresión

debe ter límites desde logo que si, os que determine a autoridade xudicial. No caso de que alguén se sinta agraviado debe recorrer ao amparo da xustiza. Se non hai esa decisión, os límites da liberdade non os podes decidir ti Javier Bas, nin eu nin ninguén. Seguro que todas e todos lembramos aquela arrepiante foto da guerra de Vietnam, na que se ve a unha neniña espida correndo aterrorizada ,queimada polo Napalm do exército norteamericano. Imaxinas Javier Bas, Imaxinas Carmen Amoedo, Imaxinas Alberto Pazos,Imaxinan señores e señoras do sindicato policial que presentaron a queixa inicial, que a alguén se lle ocorrera dicir que esa imaxe non se pode expor nun sitio público porque incita ao odio contra os norteamericanos?. A quen se lle podería imaxinar semellante desatino? :A quen teña un grave problema coa liberdade de expresión, é así de sinxelo pero así de tráxico.

Son moi abundantes as aproximacións intelectuais que se teñen realizado sobre onde se sitúa o punto de equilibrio entre a liberdade de expresión e o dereito á honra, e modestamente, síntome incapaz de mellorar nada do escrito no breve espazo de 400 palabras. A colisión de ambos dereitos é un tema complexo que deixo para foros mais axeitados, así que centrareime unicamente en aclarar cales foron os motivos que levaron ao Concello de Redondela a retirar unha exposición denominada “Criminalización do pensamento”

Dende co goberno de Javier Bas chegou ao concello, sempre tentou colaborar coas distintas asociacións que forman parte do importante tecido cultural de Redondela, sen valorar cal era a filosofía que inspiraba a esas asociacións ou cal era a ideoloxía dos seus membros. Sempre entendemos que a nosa obriga é fomentar a cultura e o coñecemento mais alá das ideoloxias, e mostra delo son os

dous anos culturais adicados a recuperar a memoria de dous significados republicanos, Alejandro Otero e Telmo Bernardez, porque sen dúbida, nas súas persoas concurrían méritos para elo.

Respeto o parecer de aqueles que pensan que a liberdade de expresión non debe ter límites, e que ampara calquera manifestación pública, sexa cal sexa o seu contido, pero no que fai referencia a participación do concello en calquera actividade, nos, coma Mundstock, creemos que o límite é a dor allea.

En Redondela viven e prestan servizo varios policías que se sentiron lexitimamente doídos porque nun espazo publico se lles acusaba de “mallar na xente que reivindica os seus dereitos”. Eses veciños, que cada día se esforzan para cumprir lealmente co seu deber, perseguindo aos que nos rouban, aos que nos agreden, protexendo a vítimas de maltrato ou axudandonos durante a vaga de lumes, tamén merecen o amparo do seu concello. Nós, como goberno, temos que garantir o respeto a todas as persoas, a convivencia pacífica e evitar un efecto negativo de crítica e descalificación cara servidores públicos. Si o Colectivo Republicano pensa que a súa mostra está dentro dos límites da lei, debe buscar un espazo para expoñela, pero na casa de todos non se causará dor a un veciño de Redondela. Para este goberno, ese é o limite.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

VII

REDONDELA

AER denuncia o bloqueo do goberno local ás persoas con discapacidade na súa liberdade de acceso a servizos sociais No pleno do 24 de maio de 2016, o PSOE presentaba moción sobre o traslado de Servizos Sociais ao Multiusos da Xunqueira na que, entre os acordos finais constaba un terceiro punto engadido, a proposta de AER, que dicía:

“3. Que se estude coma posible solución provisional ao traslado dos servizos de Servizos Sociais e CIM habilitar e reorganizar o total do espazo da ubicación actual destes servizos, primeira e segunda planta, mentres non atopemos un lugar axeitado para realizar dito traslado de forma definitiva.”

Apróbase por maioría dos/as concelleiros/as, 11 votos a favor (6 do PS de G-PSOE, 4 de AER e 1 do BNG) e 9 en contra do PP.

Este punto propuña que Servizos Sociais puideran empregar a totalidade da primeira planta do actual edificio no que se atopan, proporcionando así accesibilidade ao servizo e favorecendo o espazo de traballo, a atención aos usuarios e almacenaxe dos expedientes, que é totalmente insuficiente só na planta que ocupan actualmente. Unha das aulas desa planta baixa, que xa levaba tempo baleira e sen ningún uso, pasou nese momento con este acordo plenario a ser utilizada por este departamento para atender a usuarios con mobilidade reducida, xa que a segunda planta onde se ubican actualmente as oficinas principais de Servizos Socias, conta unicamente con accesos a través de escaleiras e sen ramplas nin accesos directos a nivel da rúa. Sorprendentemente, hai uns catro

meses, o goberno local obrigou a desaloxar ao departamento de Servizos Sociais desta aula da primeira planta, ou sexa, quedamos sen o único local onde poder atender dignamente a persoas con mobilidade reducida na actualidade.

A Agrupación de Electores de Redondela ten constancia de que os Servizos Sociais en casos de atención a persoas con mobilidade reducida, están véndose obrigados a desprazarse xunto cos usuarios ata as dependencias da Casa do Concello, a uns 100 metros de distancia, para alí tentar facer uso dalgunha das estancias que nese momento poidan estar baleiras e cunha total carencia de intimidade na atención como calquera outro/a usuario/a, empeorando así aínda máis a situación. O goberno local elimina dun plumazo a accesibilidade dos usuarios ao servizo e a posibilidade de que as traballadoras sociais poidan atendelos no propio edificio, con acceso aos seus expedientes e coa intimidade que require a súa labor diaria e atención aos cidadáns.

Para AER esta situación promovida intencionadamente polo goberno local é dobremente vergoñenta: por un lado, pola tremenda desconsideración, falta de respecto, perda de igualdade de oportunidades e privación de liberdade das persoas con mobilidade reducida que precisan asistencia dos Servizos Sociais de Redondela. E por outro, por deixar de cumprir un acordo plenario, asumindo así un claro abandono de funcións e a correspondente falla de respecto a toda a veciñanza representada no pleno. Dende AER demándase ao goberno local que mentres non se pro-

ceda ao traslado definitivo do Departamento de Servizos Sociais, do cal non se proporciona datas concretas de cando acontecerá, nin se nos informa de cómo van as obras deste traslado nunha total falta de transparencia, se volva a dotar a Servizos Sociais, como mínimo, dunha aula na primeira planta no actual edificio cunhas condicións dignas de accesibilidade e liberdade onde poder atender ás persoas. ‘Dicimos como mínimo dunha aula, porque insistimos, a pretensión desta agrupación e dese acordo plenario aprobado por maioría, foi e segue a ser que toda esa primeira planta se habilite para o uso deste servizo, facilitando a accesibilidade por unha banda e por outra, liberando ás traballadoras do amoreamento que sofren dende xa hai anos. Todo isto mentres non se dea ese definitivo traslado, que como podemos intuír, vai para largo!’ Apuntan dende a formación asemblearia. ‘A accesibilidade ás estancias de Servizos Sociais non é algo que unha concelleira ou o equipo de goberno poida decidir eliminar, como así o fixeron. Devólvalle aos usuarios a súa liberdade para acceder a este servizo e cumpran de paso o acordo plenario que lles guste ou non, é a súa obriga.’ prosiguen.

Do mesmo xeito, AER pídelle ao goberno local que cumpra co ordenamento xurídico actual asumindo o cumprimento estrito tanto da Ley 10/2014, de 3 de diciembre, de accesibilidade (DOG num 241, 17 decembro 2014) como do Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión legal.

O BNG considera “trato discriminatorio do goberno de Javier Bas, coa Batalla de Rande” Noutros eventos de similares características o concello aparece como organizador e corre cos gastos. Afirman que o goberno pretende agochar a súa mala xestión

A proposta de modificar 130.000€, vía plenaria, para cubrir áreas económicas esgotadas ao longo do ano, agocha segundo o BNG a deficiente xestión dos cartos públicos por parte do goberno municipal de Redondela. Centran a súa crítica os nacionalistas,no défice de 40.000 para limpeza de edificios públicos, “unha falla evidente de previsión, dun contrato de limpeza que o propio goberno elaborou e cuantificou”, malia as advertencias da oposición. Ante a obriga de teren que negociar cos grupos da oposición, os responsábeis municipais introduciron novos conceptos para forzar o apoio, destacan. O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, considera que o alcalde de Redondela, faltou á súa palabra ao comprometerse a subvencionar a Batalla de Rande xa no mes de xaneiro, gastando os 200.000 euros en festas, partida de onde se debería sufragar esta actividade. Afirma “que estamos asistindo a un acto discriminatorio co colectivo organizador dunha actividade tan singular, pois noutros eventos similares, o Concello sufraga os gastos ao aparecer como organizador”. Existen outras partidas que o goberno de Javier Bas vaise ver obrigado a negociar nas vindeiras semanas. “Exixímoslle que negocie unha por unha, para reconducir unha situación alarmante de malgasto dos cartos públicos”, rematan na súa nota.


VIII FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

IX

TERRAS DE REDONDELA

Casa Tellado, Pazos de Borbén

Casa Tellado é un restaurante cafetería de Pazos de Borbén, situado pouco antes do Concello se vimos desde Redondela. O local está rexentado por Antonio Costa Tellado, sobriño dos fundadores, desde Cando abriches o bar? A principios deste ano

principios deste ano. Se queremos gozar dunha comida espectacular, diferente e con capacidade para sorprendernos, cómpre que o visitemos. Falamos con Toño, todo un profesional da cociña creativa. que repitan.

Como chegaches ti ao mundo da cociña Toño? Eu proveño doutro sector, pero sempre me apaixonou a cociña, xa de neno facía experimentos, e finalmente decidín estudar cociña e pastelería e dar forma á miña paixón

Caramba, xa nove meses, como pasa o tempo, e que valoración fas deste tempo? A valoración é moi positiva, malia que como todo novo proxecto pos require de moito traballo, esforzo e imaxinación. Eu quero facer un negocio diferente, algo que sexa distinto ao que hai na contorna.

Casa Tellado é un local con moita historia, as orixes están na túa familia non? Si, fundárono uns tíos meus, xa debe ter arredor de 40 anos de vida

En que se concreta iso? Fundamentalmente na fusión entre o tradicional da nosa gastronomía e a modernidade.

E que tal aceptación ten esa nova maneira de entender a cociña? Ao ser humano, sempre nos costa os cambios. Estamos afeitos non só na cociña, senón na vida en xeral a unha determinada forma de facer as cousas e mudar sempre costa un pouco. Afortunadamente

o cliente que ven, repite e soe quedar moi contento. De feito quixera aproveitar a oportunidade que me da A Nova Peneira

para convidar a todos os que non nos coñezan a que nos dean unha oportunidade..Prometo por o mellor de min, para

Rematamos Toño, agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última cuestión, aquí dades servizo tanto de cafetería como de restaurante verdade? Efectivamente, aquí podes vir tanto a tomar unha cervexa ou un café con tranquilidade como a tapear comer ou cear. Moitas grazas.

Comunicado da Agrupación de Electores Alternativa Veciñal de Pazos encol dos lumes Unha vez pasados os momentos de angustia, que non a crise dos lumes, dende a Agrupación de Electores Alternativa Veciñal queremos facer a seguinte reflexión: Moitas persoas pensan que, nestes momentos, hai que deixar a política de lado. Nós, pola contra, pensamos que é precisamente nestes intres cando é máis preciso falar de política, da que se fixo ata agora e da que se vai facer. Porque si, a culpa de que haxa lumes é de quen prende. Pero todos somos coñecedores de que, pasados 10 anos do último lume, hai que estar alerta porque nun momento ou outro vainos volver tocar. Non pedimos das autoridades imposibles. Sabemos que nas condicións tan adversas que tivemos era imposible parar o lume cando adquiriu certas dimensións. Pero si se tiveran tomado certas medidas políticas, igual os riscos e as consecuencias eran menores. En diversas ocasións, Alternativa Ve-

ciñal propúxolle ao Pleno de Pazos de Borbén a adopción de medidas que, consideramos, podían ter axudado a previr os lumes ou minorar as súas consecuencias. Unha era a creación dun Consello Municipal de Montes, órgano onde se xuntarían as comunidades de montes e o Concello. O obxectivo sería que a institución municipal dera apoio aos montes veciñais e fixera de nexo de unión entre as comunidades. Dese xeito, habería unha coordinación, poderíanse afrontar proxectos ambiciosos que non están ao alcance dunha soa comunidade, poderíanse planificar estratexias de defensa contra o lume... Por dúas veces o goberno municipal do PP votou en contra desta medida. Tamén lle lembramos en máis dunha ocasión a necesidade, e a obriga legal, de que as propiedades próximas ás casas estiveran limpas. Propuxemos que, antes do inicio do período de perigo de lumes, se lle enviara aso propietarios de fincas situadas en lugares de risco unha carta ad-

vertíndolle da obriga de manter limpar a súa propiedade e de que, de non facelo, podían recibir unha multa. A resposta literal do PP foi que “a xente xa sabe que ten que limpar”. Pero claro, dificilmente o concello vai facer cumprir o que el mesmo non fai. Para mostra, chega con observar como se atopaba o perímetro do colexio público antes de arder. Non había medios para limpar? Si, si os había, pero por unha decisión política estaban ocupados noutros asuntos como limpar o adro da igrexa de Moscoso para unha voda “importante”. Alguén segue a pensar que non é o momento de falar de política? Con todo, admitimos que o PP poida non compartir as ideas de Alternativa Veciñal. O problema é que rexeita as nosas pero non puxo ningunha outra enriba da mesa. Porque non, non houbo ningunha soa medida, ningunha soa iniciativa que o PP de Pazos de Borbén levara adiante para intentar estar preparados contra o

lume.Consideramos, tamén, que nestes momentos debía estar convocado un pleno extraordinario para falar das necesidades que hai e das medidas que se poden adoptar. Porque os lumes están apagados pero o problema non está resolto. Hai que actuar con criterios técnicos e responsables nos montes ante os problemas que se aveciñan de erosión, contaminación... Hai que avaliar a situación na que quedaron as distintas parroquias e dar resposta a problemas, como os sitios que están sen auga porque se baleiraron os depósitos apagando o lume ou se queimaron mangueiras de traídas nos montes. Hai que considerar a solicitude de axudas e de declaración de zona catastrófica. Hai moito do que falar e moito por facer, en resumo. Así que, como o goberno municipal non nos convoca, Alternativa Veciñal ven de solicitar a convocatoria urxente dun pleno extraordinario para abordar esta terrible situación na que estamos.


X

FINAIS DE OUTUBRO 2017

ENTREVISTA mArcOS SANTOS

Entrevista a Anxo Barros Montero, un redondelán no Louvre O noso colaborador Marcos Santos ofrécenos esta entrevista con tista, pintor e restaurador. Tivo que padecer o horror do asasinato Anxo Barros. A persoa entrevistada é enormemente interesante, do seu pai e da estigmatización da súa familia pola infame ditadura das que engaiolan co contido das súas vidas e coas formas do seu franquista e chegou a ser restaurador do museo do Louvre. discurso. Vive en Reboreda, supera as oito décadas de vida. É ar-

“Neste país aínda se segue sen poder falar dos asasinos do franquismo” un desastre. En París entran nos monumentos históricos os museos, igrexas, … e dependen do goberno. Hai un Director Xeneral de Patrimonio que o leva, aquí iso non existe, aquí é un político do goberno de quenda, o cal que pode ser médico ou avogado e non ten nin idea do tema.

Anxo: Nado no ano 1935, cando che entra o gusto pola pintura? Aos tres ou catro anos, empezo facendo debuxos, nunha época de fame. Cando miña nai ía a tenda a mercar algo, viña envolto en papel de estraza, gardábamo e alí con carbóns da cociña e xiz facía debuxos, debuxos a carbón que logo dáballe as luces coa xiz. Daquela época, ter lapis era como agora ter unha estilográfica de ouro. Así continuei ata os 7 ou 8 anos que fun ao cine e mirei a un escultor que estaba facendo e modelando en barro as cabezas do Val dos Caídos.

O do Val dos Caídos, non o querías facer non? Non, non. Pero aquelo me enganchou, e comecei a facer escultura. Encargueille uns ferros a un dos Bastos daquela época e comecei a tallar nunha pedra. Fixen unha cabeza na pedra, pero aquelo non saíu ben, era moi complicado, así que comecei a modelar en barro. E así continuei debuxando e facendo escultura. Ata os 17 anos, logo xa mercaba eu os carboncillos e uns lapis que se chaman composto e xa facía debuxos a carbón. O taller tíñao no baixo da miña casa, onde

miña nai tiña o taller de costura, alí daba clases a rapazas que querían aprender a coser, pero cando matan o meu pai e meten ao meu irmán no cárcere, a xente deixou de ir ao taller porque non querían saber nada dos roxos, daquela ser roxo era ser un apestado. Decidiu mercar peixe e poñerse a vendelo polas aldeas i eu montei o taller onde o tiña ela. Os meus comezos de restauración foi restaurando os santos que pasaban de casa en casa, nunha especie de capeliña, os veciños me pedían que lle arranxara un dedo que lle faltaba, ou se estaba roto, coláballo, e aí restaurei un feixe de cousas.

E de aí chegou a afección pola restauración? Non, non. Eu reparaba iso pero non tiña nin idea de restauración. Na fábrica de Regojo facía debuxos para as camisas e para os panos de cociña. Así foron pasando os anos ata a década dos 60 que marchei a Brasil a visitar a familia que tiña alá, volvín para casa e marchei a Suíza. Os detalles de Brasil non chos conto que teríamos para moito pero en Suíza estiven reparando muros, marchei de aquí con contratado, reparaba os socalcos da viñas, cargaba camións, abría

anxo barros con marcos santos

gabias. Eu sempre fun miúdo e cando collía o pico ou a pala, ao principio non podía nin con eles.

Tiña unha veciña que tódolos sábados me facía unha tarta de mazá e eu, como agradecemento, fíxenlle un cadro. Ensinoullo a unha pintora maior da zona que quixo coñecerme, e cando mirou que pintara un cadro de Rubens díxome que era unha fermosísimo e que eu non podía traballar abrindo gabias. Convenceume para que o rematar o meu contrato de traballo, o deixara e me dedicara a viaxar e aprender. Aforrei diñeiro e decidín viaxar e percorrer mundo, aquelo non era para min. De alí tirei para Berlín Este, Polonia, Checoslovaquia, Copenhague e París. En París busquei onde traballar como restaurador e alí quedei como xefe nun taller que traballaba para o museo Louvre.

De traballar en París a traballar nun museo en España, cal é a diferenza? Eu cando vin para España montei un taller en Valencia e dende logo que non ten nada que ver, non sei como cualificalo, traballar aquí é unha vergonza. España como país a nivel de patrimonio é

Algunhas anécdotas: Aos 16 anos traballaba nunha carpintería e facía escultura e debuxo, tiña unha veciña que falou co alcalde para darme unha beca para vir a Vigo a escola de Artes e Oficios, o alcalde era Bisté, o xefe da falanxe da zona. Fun onda el para falar da beca todo animado e cando cheguei alí, nada máis entrar pola porta xa me botou fóra, xa me coñecía e me botou de alí, díxome “fóra, para ti non hai nada”. Despois de rexeitarme, eu aínda pintaba máis, restauraba máis e facía máis escultura, pensei que aquel señor non podía desmoralizarme Despois houbo unha exposición no Fronte de Xuventudes, nunha casa que era dos “Do Campo”, os falanxistas expropiárona o montaron alí o Fronte de Xuventudes. Gerardo, que era un caricaturista fenómeno díxome que presentara o meu traballo na exposición. Fixen o “Último día de Numancia” ao que lle deron o primeiro premio, fóronme chamar para que o alcalde me dera o premio e en canto me mirou, non quería darmo. Gerardo lle dixo que si, que tiña que darmo que era o gañador da exposición. E ao final tivo que darme o premio, creo que foron 150 pesetas. Tíñanos a toda a familia marcada. Meu pai marchara cara Estados Unidos coa ditadura de Rivera e volveu nos anos 30 cando comezaba a II República. A el collérono traballando nas viñas da casa do meu irmán, atárono e déronlle unha malleira que quedou case morto. Foi esta xente, que aquí en Redondela fixo o que quixo.

En Redondela e en tódolos lados, non? Si claro, pero aquí eran os propios de aquí, de Redondela, noutros concello viñan os de fóra a facelo. E por iso tiñan a nosa familia marcada e o alcalde falanxista non quería saber nada de min. Cando tiña o taller en Valencia restaurei un cadro nos anos 50, alí houbo unha inundación moi grande e esta familia tiña escondido nun soto este cadro, estaba inchado e moi mal Eu díxenlle que podía


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XI

ENTREVISTA arranxalo pero que ía custar moito, que ía facer unha proba nun anaco pequeno a ver canto tempo me levaba e logo lle daba un presuposto. Facer un cacho pequeno levoume unha semana e media e cando o chamei para que miraba o que fixera, o señor emocionouse moitísimo, brillábanlle os ollos e ata me abrazou da emoción. Díxenlle que aquel traballo podería andar polas 120.000 pesetas, díxome que adiante, que arranxara o cadro. E mira que daquela con iso pagabas medio piso, era un diñeiral.

Eu ía a valencia con intención de descansar un ano e non traballar pero cando vin aquel cadro foi un reto para min, todos os meus traballos o son pero este aínda máis. Cando rematei a obra, case dous meses despois, o señor non sabía que facer, abrazoume e me pagou pola restauración 150.000 pesetas como agradecemento da obra. Despois disto fíxenme moi coñecido en Valencia e viñan a onda miña xente coma Manolo Escobar, ata mesmo un día coñecín ao cuñadísimo de Franco. Eu traballaba para galerías e para a Generalitat Valenciana, para moitos sitios. O da galería un día me di que coñecerme Serrano Suñer, o cuñado de Franco.. Invitouma a ir a súa casa que tiña unha colección moi boa de cadros, pero non fun nunca. E así coñecín a moitísima xente, para Manolo Escobar traballei moito, el a nivel de pintura sabía moito. A maioría dos que viñan mercaban cadros para estar ao

nivel, pero non tiñan nin idea de pintura, pero Manolo Escobar sabía moitísimo, cando o coñecín estivemos toda unha tarde, ata as 11 da noite falando de pintura, era un tío incrible respecto a este tema, eu quedei abraiado con el esa tarde.

Aparte do Anxo artista, temos un Anxo que tamén é algo político non? A min o que me inquieta é o problema social. As veces me esperto ás 4 da mañá e comezo a pensar no que pasou a xente, os que morreron para defender un problema social e para ter unha solución a este problema e ir a mellor, e agora mesmo imos a peor, e eu desespérome. Xa non hai leis que defendan ao traballador, as eliminamos todas, e o problema e que isto está empeorando, non só a nivel estatal, senón a nivel mundial porque isto é global. Nos temos que ter a actitude que tivo Varoufakis en Grecia e dicir que non, que ata aquí chegamos, non somos os lacaios de ninguén.

Ti non crees que esta situación que estamos a pasar ven pola desmantelamento da Unión Soviética? Iso xa o dicía meu irmán Manolo porque agora non hai competencia contra EEUU. A nós cóntannos calquera cousa e nos din que si estamos mal os outros están peor. Isto no é de agora, no temos unha herda. Ven todo da experiencia vivida, a universidade dos obreiros está na rúa non na escola. Ti entras na escola de pequeno

i es coma un sapo, estanche metendo cousas dentro para adoutrinarte, non che sacan o valioso que tes dentro, senón que te bloquean para que metas o que eles queren.

Entón cres que parte do problema procede da educación? Si claro, por aí comeza todo. Cando eu traballaba na fábrica en Checoslovaquia , alí se autoxestionaban, non coma aquí.Eu teño un veciño que ten unha empresa o cal estudia a maneira de que 10 obreiros lle fagan o traballo de 20.

E o sistema da base do capitalismo, e creo persoalmente que o fixeron ben, saíulles como eles querían. Si claro, pero non pode ser. Non podemos fabricar unha camisa pola que nos pagan unha miseria por traballar e logo non poder mercala porque non nos da o salario para facelo, isto non pode ser. E o mesmo que lle esta a pasar aos Chinos. Nos temos que furar por algún sitio, isto non ten sentido. Aínda que non podemos facelo, senón o cuestionamos, estamos jodidos.

Rematamos Anxo, agradecéndote a túa amabilidade e con dúas últimas cuestións para mollarse: A primeira: O Pazo de Meirás? Do pobo galego! O pazo foi collido e roubado como moitas outras cousas. Eu sei casos de Valencia no que primeiro te acusaban de comunista para des-

pois sacarche as propiedades. A xente en Andalucía lle sacaron terras inmensas acusándoos de que axudaban aos comunistas.Eu dende que teño uso de razón entendín que esa xente saqueou e hoxe lle digo a calquera que sempre oín falar de vítimas, pero non podemos falar dos asasinos. Hai que sacar un bo libro de asasinos e poñerlle en el para que miren de onde veñen as súas fortunas.

A última pregunta, a illa de San Simón, que opinamos, igual ca Xunta ou illa da memoria? A min non me podes preguntar iso, tes que preguntarlle a xente que non tivo nada que ver, que che vou dicir, a illa da memoria? E que no hai memoria comprendes, ese é o problema. Terías que preguntarlle a xente que non tivo que ver nin dun lado nin no outro, aí matouse moita xente e seguramente aínda haxa xente no fondo. Aí estaba prohibido pescar cerca, dicían que era polos remuíños pero eu de neno oín que había persoas que cobraban para que deixaran en liberdade aos presos e en vez de iso os tiraban cunha pedra no fondo da illa, eu non sei se é verdade pero creo que para contestar a esa pregunta habería que ter un gran arquivo da memoria e tela para consultar, pero parece ser que o arquivo desapareceu e a metade das cousas non as sabemos. Isto da transición foi un xogo e unha mentira. Cando un político menciona nunha mesma frase democracia e que algo falla.

OPINIÓN Moncho Lareu Membro de Anova e do CC da FPG

Derrubar Caspaña, construír Repúblicas

O español, é un Estado fallido, fracasado, dirixido por delincuentes, ladróns e fascistas incapaces de garantir alimentación, sanidade universal, vivenda digna, emprego estábel, información libre e cultura ás aproximadamente 46.470.000 persoas que mantén baixo o seu xugo. Ás desigualdades de clase sumou as desigualdades territoriais, á exclusión social sumou a exclusión nacional. Fixo crer á poboación traballadora que eran “novos ricos” para exacerbar un consumo insostíbel e multiplicar as fortunas das dez familias de sempre. E cando o tema petou, culpabilizou ás vítimas. Coma sempre.

É moi “patriota” para apelar aos sentimentos pero vende a “patria” por parcelas aos ricos -de verdade- do atlántico-norte para encher os seus petos, petos que despois tributan en Andorra, Suíza, Liechtenstein ou noutros paraísos fiscais do Caribe ou do Pacífico. Mentres, a mocidade na que tanto se invertíu coa educación pública, emigra por centos de milleiros.

“Mentira deshonesta que se axita, ao vento ceibe, coma unha bandeira. Monstro sen terminar que necesita de nós para cumpri-la súa xeira”

Do soneto “Hespaña”. Poesía enteira de Heriberto Bens. 1980

O pobo soporta todo mesmo dende que a propia España existe. O medo, a desinformación e a ignorancia sempre foron a ferramenta para manter esa dominación, ese “Vivan las caenas”, esa “síndrome de Estocolmo”. Mirámolo recentemente coa campaña anti-Venezuela orquestrada dende medios e poderes privados e do Estado para narcotizar á poboación e impedir o medre electoral das unidades populares republicanas e soberanistas de Galiza, España e Catalunya. O medo, a desinformación, e a ignorancia. Sobretodo ignorancia. Por iso fusilaron mestras e mestres do 1936 en diante. Por iso perseguen agora o profesorado catalá. Por iso miman á igrexa supersticiosa coma se for un ben común a protexer. Falan de problema vasco, problema catalán... coma aquel condutor que ía en sentido contrario pola autoestrada e teimaba en que circulaban ao revés os demais. Falan de problema vasco ou de problema catalán, cando o que hai dende séculos é un problema español. España é o problema, se-

ñores. España. Pura caspa. Caspalandia. Caspaña. Un detrito, un refugallo anacrónico. Unha anomalía histórica que só serve para perpetuar o sufrimento das capas populares, dos pobos e das nacións. Que só serve para que estas non se desenvolvan libres e soberanas. É deber, xa non só revolucionario ou antifascista, senón de alguén que sexa minimamente demócrata, rematar con semellante peste travestida de Estado-nación. O “Estado de Derechas”.

É hora de coller o exemplo das irmás catalás e comezar a artellar a construción, mediante procesos democráticos constituíntes, das nosas Repúblicas, repúblicas do común: a galega, a vasca, a terceira española, a andaluza... E para iso é imprescindíbel edificar un sólido Bloque Democrático e Republicano de ruptura con todas as esquerdas. Non é hora de peches en falso coma no 1978, é hora de derrubar Caspaña para termos futuro, para sementar Democracia de verdade.


XII

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

TERRAS DE REDONDELA

FOrNelOS

Éxito no decorrer do Proxecto Inserta II en Fornelos de Montes des individuais, traballalas e así poder acceder a outros obxectivos. Darase información, orientación, acompañamente, de ser preciso, e asesoramento sobre calquera tema, dúbida ou problema, e marcaranse pautas que se irán realizando en entrevistas individualizadas.

zO proxecto Inserta II é a continuación do Inserta I, que se levou a cabo no ano 2016. Este proxecto basea as súas actuacións nas necesidades detectadas na poboación en xeral, pero nas mulleres en particular. Este Concello considera que a igualdade de xénero de ser algo transversal, que axude no cambio da sociedade e en todas as súas áreas (social, laboral, familiar,...) Deste xeito, o Concello de Fornelos de Montes puxo en marcha anteriormente outros proxectos, como foron o Proxecto "Conta con Elas", o Plan de Igualdade, e o Centro de Indormación Municipal dos Dereitos da Muller (compartido con outros concellos).

Con todo o anteriormente exposto, o Proxecto Inserta II é un proxecto que se constrúe baixo a perspectiva de xénero, incidindo e traballando nas causas das desigualdades sociais que afastan e/ou exclúen ás mulleres a nivel laboral, social e persoal. O obxectivo xeral do Proxecto Inserta II é reducir as desigualdades sociais ante as que se atopan as mulleres do Concello de Fornelos de Montes, que fan que se sintan exluídas a nivel laboral, social e persoal. Os obxectivos específicos enmárcanse en facilitar o acceso ao mercado laboral das participantes, incidindo nunha mellora dos niveis de empregabilidade e crear espazos de autoaxuda e empoderamento dirixido ás mulleres que se atopan en situación de risco e exclusión social e visibilizar a importancia sociocomunitaria das mulleres.

Inserta II contempla tres eixos estratéxicos: O eixo estratéxico da formación para a inclusión, que engloba actuacións que se dirixen a mulleres, entre 18 e 55 anos, que se atopen en situación de desemprego, en situación de especial vulnerabilidade ou queiran mellorar a súa situación formativo-laboral. O propósito desta actuación é brindar aopio e formación personalizada a cada unha das participantes de fronte a súa integración e inserción laboral. O obxectivo é mellorar a súa situación persoal e socio-laboral a través dun "Itinerario Personalizado de Inserción"para cada participante e no que se prioricen as aptitudes, a experiencia e

XIII

as necesidades expresadas. Deste xeito, a Educadora Social (Esther), creará unha base de datos das persoas demandantes de emprego e formación para ser susceptibles de realizar accións formativas específicas de varios ámbitos, persoal, social e laboral. Aínda que nun primeiro momento este eixe, así como os outros están directamente dirixidos só a mulleres, nesta continuación do Inserta I tamén se atenderon a tres varóns, con idades comprendidas entre os 22 a nos e os 56, en situación de precariedade laboral, sen experiencia e con formación en estudos primarios. Homes que tamén destacan a súa situación como de vulnerabilidade e en risco de exclusión e dispostos a compartir espazos formativos, sociais e laborais que se desenvolvan no proxecto. O eixo estratéxico de emprego engloba actuacións que se dirixen a mulleres entre 18 e 55 anos e que se atopen en situación de desemprego, e que recibirán formación específica en Búsqueda Activa de Emprego, procura de emprego a través das Redes Sociais, Habilidades Sociais e un curso de Manipuladora de Alimentos. O eixo estratéxico da dinamización comunitaria, que engloba actuacións que se dirixen a mulleres e homes, a partir dos 16 anos e que consiste na realización de actividades que incentiven o tecido asociativo e melloren a participación social. Actividade como a que se levou a cabo neste mesmo día, 20 de outubro, coa celebración dun TROCO, actividade que se enmarca nas propias dos "Bancos de Tempo" 1.Servizo de Información, asesoramente e orientación sociolaboral. Neste servizo trátase de detectar as necesidades laborais, formativas e actitudinais das participantes, realizando un Itinerario Personalizado de Inserción, que mellore e serva para marcar obxectivos concretos que se poidan cumplir. Cada persoa terá un tratamento individualizado, onde poderá expresar as súas necesidades, inquedanzas e obxectivos a nivel persoal, social e laboral. Non será conseguir un traballo o obxectivo primordial, senón atender as necesida-

2. Formación para o Emprego Neste senso, todas as persoas participantes, sexan homes ou mulleres, poderán expresar as súas necesidades a nivel formativo, laboral ou social. A Educadora Social elaborará e porá en marcha actividades formativas que melloren aspectos relacionados coa procura de emprego, formación específica en diferentes ámbitos, mellora da relacións a través das redes sociais e formulará ao Concello todas aquelas accións formativas que se demanden no Proxecto polas participantes.

3. Dinamización Comunitaria Esta actuación engloba actividades que se dirixen tanto a homes como a mulleres, a partir dos 16 anos e que consisten en mellorar o teccido asociativo e a participación social da poboación en xeral do Concello; trátase de crear espazos comunitarios de comunicación, participación, coñecemento da realidade, compromiso e defensa dos dereitos individuais e de todos e todas. Por iso, a primeira das actividades é a posta en marcha dun "Troco", actividade que se enmarca nas que se realizan nos Bancos de Tempo, tema que xa se abordou no ano 2016 no anterior proxecto Inserta. Neste proxecto, aínda que a poboación destinataria entendía os beneficios a nivel social da creación dun Banco de Tempo, opinaron que dada a dispersidade da poboación e os

problemas de desprazamento e de socialización entre a veciñanza, non daría bo resultado. Un ano despois, e analizando os resultados do anterior proxecto, proponse realizar a actividade de "Troco", ligada á participación social, ao voluntariado e á mellora do tecido asociativo. Esta actividade realizouse hoxe 20 de outubro cun éxito rotundo por parte das particpantes e da propia Educadora Social Esther. Pese a que pouca xente puido participar, a que sí o fixo amosou estar moi interesada en intercambiar obxectos e produtos varios, dándolle importancia ao clima de cordialidade, compañeirismo e distensión que se creou, admitindo que coa realización deste tipo de actividade podíase mellorar o tecido asociativo. Incluso produciuse unha reformulación ao tema de voltar a p e n sar en crear e participar nun Banco de Tempo. Esta actividade, contou cun número de participantes total de 8 persoas, que participaron de forma moi dinámica, fixéronse presentacións do proxecto, das actividades, explicouse o funcionamento dun Banco de Tempo en xeral e dun Troco en particular e cada participante expresou que aportarían en cada unha desas actividades, descobrindo elas e el mesmo todo o que poderían sacar de proveito. Ao final cada particpante explicou o que aportaba ao Troco e o que levaba para a casa, dunha maneira moi positiva. Por parte da Educadora Social propúxose voltar a facer un Troco e outras actividades formativas relacionadas coa orientación laboral, procura de emprego e formación ocupacional. Todas elas organizadas polo Concello a través do Porxecto Inserta.


XIV FINAIS DE OUTUBRO 2017

O MORRAZO mAríN

Entrevista a Xurxo Agra. Responsábel local do BNG de Marín O pasado agosto o BNG de Marín realizaba unha profunda renovación do seu consello local. O veciño de Mogor, Xurxo Agra, foi elixido novo

responsable desta formación política. A Nova Peneira, conversou con el para coñecelo. Isto foi o que deu de si a nosa charla.

“Maria Ramallo vive de réditos. Un concello non se pode gobernar só con sorrisos, procesións e desfiles militares” Non vou negar que na actualidade existen dúas visións diferenciadas de metodoloxía especialmente, pero ben, agora mesmo tivemos un proceso de renovación moi importante do consello local, e desenvolveuse con total normalidade.

Cal é o balance que facedes do goberno de María Ramallo? Absolutamente negativo. Marín ten unha serie de problemas moi importantes que requiren solucións xa, e actuacións diferentes ás do seu goberno .Así por exemplo descenden os habitantes, non temos espazos públicos, non temos auditorio, a biblioteca é deficiente, o transporte público é pésimo, o aparcadoiro é un problema moi grave, está o tema da ambulancia..

Ti es unha persoa coñecida fundamentalmente no eido do asociacionismo cultural.. Si, eu colaboro con moito interese e intensidade na asociación sociocultural Almuinha, que xa vai polos nove anos de vida. Pero como supoño que haberá moitas persoas que non participen do asociacionismo e non te coñezan, fainos unha pequena síntese do máis salientable da túa historia persoal? Ben eu son unha persoa normal, preocupado polo contexto social no que vivo, que leva preto de 20 anos implicado no activismo social, cultural e político. Cal é a túa profesión? Eu estudei a carreira de políticas e os camiños da vida leváronme por un vieiro distinto. Traballo de administrativo no SERGAS.

Con 20 anos de activismo no lombo, con supoño infinidade de horas roubadas á túa vida persoal e familiar, unha pregunta; paga a pena? paga a pena perder tanto na procura dunha sociedade mellor? Si, si que compensa. Eu teño unha visión da vida profundamente cooperativa, e penso que todo o mundo debera participar colectivamente en facer mellores os contextos nos que vive.

Fuches nomeado responsable local do BNG en agosto, en que situación te atopas á organización na localidade? Ben, pois unha organización plural e con distintas sensibilidades

A historia do Bloque en Marín non é que fose moi plácida precisamente... Seino, malia que eu os conflitos pasados non os vivín en primeira persoa. A miña militancia no BNG é relativamente recente, desde as pasadas municipais.

Que non teñades ambulancia 24 hora paréceme asombroso.. Pois aos que somos veciños de Marín parécenos gravísimo, o PP é o responsable desa situación tan espantosa. As ambulancias nas horas que nós non temos servizo virían de Bueu ou de Pontevedra .Como sabemos hai casos de ataques cardíacos, ictus ou episodios de especial gravidade nos que os minutos que se tarde en recibir atención son vitais, poden ser a diferencia entre a vida ou a morte.

Que nos dis do novo centro de saúde? A nosa visión ao respecto dese tema alén doutros dos que fachendea o goberno municipal como por exemplo o pxom...é que deixen de atribuírse méritos que non teñen. Son proxectos que xa lles viñeron dados do bipartito. O PP non fixo nada con ideas propias, limitouse a aplicar proxectos anteriores. O PP limítase a xestionar os asuntos do día a día pero non resolve os problemas de Marín.

Por que motivo Marín é a excepción do Morrazo, en todas as vilas hai gobernos de esquerda agás na vosa? Eu creo que non hai un só motivo. Penso que é unha suma de razóns complexas. Seguro que o traballo político da oposición , de toda a oposición, tería que ter sido mellor. A escola naval tamén ten un peso moi importante , coloniza a mentalidade de parte da poboación e reforza as formulacións conservadoras, o peso dos colexios relixiosos que temos aquí...

Haberá porto deportivo en Aguete? Esa é a intención do PP. Nós, se da o caso estaremos radicalmente en contra. A visión da realidade do BNG está mo lonxe dese tipo de política. Nós apostamos pola economía produtiva, non por converternos nun país de servizos fastidiando o noso patrimonio natural.

A carreira Pinga Pinga? Semella que xa se amañou para novembro. Pero a súa xestión foi outro dos últimos desastres do PP destas últimas semanas, xunto servizo de radioloxía. A inacción do goberno do PP, refén do concelleiro presidente do Santomé, foi indicativa da incapacidade da nosa alcaldesa. Rematamos Xurxo, agradecéndote a túa amabilidade e cunha última cuestión; é factible que no 2.019 Marín deixe de ser a excepción e todo o Morrazo teña gobernos de esquerdas? Con rotundidade absoluta dígoche que si. Polo BNG non vai quedar, queremos ser a primeira forza de esquerdas de Marín e ir a pola alcaldía, porque María Ramallo vive de réditos e un concello non se pode gobernar só con sorrisos, fotos, procesións e desfiles militares.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XV

O MORRAZO

mAríN

Entrevista a Aarón Franco. Concelleiro de Marea Marín

A nova Peneira falou co concelleiro da oposición para coñecer a súa opinión sobre a situación política da vila marinense actualmente

“A Alcaldesa de Marín impórtalle máis o seu partido que o seu pobo” patrimonio histórico, houbo unha elevada tensión entre o bloque e vós, non? Eu non o vexo así. Nese tema que mencionas, o BNG presenta unha moción inicial, e nós intentamos complementar con algunha emenda que creemos que a melloraría, pero non pasou de aí. De feito, pódoche dicir que en numerosísimas ocasións as tres forzas de oposición do concello temos unidade de acción, como por exemplo na petición dunha comisión de investigación para a recuperación do camiño público de Aguete.

E como está ese tema? Neste momento segue na comisión de investigación.

Dous anos e medio despois de que un proxecto novo como MAREA MARÍN chegara ao concello con 3 edís ,cal é a túa valoración deste período? A valoración é moi positiva, tanto no que se refire á cantidade e calidade do traballo como no que atinxe á relación coa veciñanza, levando nós ao concello cuestións que coido axitaron a conciencia de amplos segmentos de veciños e veciñas. Por exemplo? A re-privatización da recollida do

lixo. Hai un ano venceu o contrato con URBASER (Empresa de Florentino Pérez). Nós entendiamos que o concello tiña unha ocasión magnífica para remunicipalizar o servizo. Se o tivera feito, poderiamos aforrar un 35% de costes, pero lamentablemente o PP negouse. Mantivemos tamén unha dura loita para que ningún traballador da anterior concesionaria quedara descolgado, e alí si se conseguiu unha importante vitoria contra as teses do partido popular, que non lle importaba levar aos traballadores ao patíbulo. Non falta moito para as vindeiras eleccións? Somos conscientes, e ten moi claro que a nosa vontade é deseñar e executar un plano de traballo neste ano e medio para poder gañalas.

Creo que para que o PP perdese a maioría en Marín cumpriría certa sintonía entre as distintas forzas de oposición, e teño a sensación de que non se da. Así por exemplo lembro que cando o BNG presenta a súa moción referente a protección do

O balance do goberno de María Ramallo? O seu goberno está esgotado. Ela chega ao concello no 2011 e cae de pé, moitas obras estaban xa en marcha xestionadas polo bipartito. O seu goberno limítase a administrar o que xa lle viña dado e o día ao día. Pero non ten ningún proxecto propio , nin un plan de Vila como tal. Perdemos poboación ano tras ano pola ineficacia do goberno municipal, e non xeramos ningún tipo de emprego..

Seguro que o PP de Marín esgrime como un éxito de xestión o novo centro de saúde... No que incumpren o seu propio plan de servizos. A día de hoxe non temos servizo de radioloxía, seguimos sen ter ambulancia 24 horas...

O da ambulancia é asombroso. Se mañá unha persoa de Campo, San Tomé sofre un ataque ao corazón de madrugada que ten que facer? Rezar.

(risas) Non creo eu que iso fose moi efectivo Seguro que é a recomendación que lle faría María Ramallo. Fíxate; unha das primeiras mocións que presentamos nós foi a recuperación do servizo de ambulancia 24 horas e María Ramallo chega a dicir ,e así está recollido, que os veciños de Marín non enferman pola noite

Que pasou coa Carreira Pinga Pinga? Parece que se arranxou , as últimas novas que teño é que se vai celebrar en novembro. Toda a desfeita que este ano

houbo con esta carreira é unha mostra máis da ineptitude de María Ramallo, e neste caso tamén do Concelleiro de deportes José Cidrás. Esta carreira xa ten oito anos de historia, ten a finalidade de potenciar a festa da sidra. Tivo que ser a comunidade de montes quen solucionara o problema. María Ramallo non soubo solucionalo porque non ten capacidade.

Un problema que penso eu ten Marín é o da seguridade viaria? E tanto que si. Ata o mundo que unha moción sobre a seguridade viaria no lugar de Casás na parroquia de Ardán, foi a primeira que rexistrou a Marea. Hai problemas de seguridade viaria en Mogor, en Seixo, na Brea.. O PP de Marín, di que a Xunta ten un proxecto e que temos que esperar ata que ese proxecto se concrete. Ao PP de Marín impórtalle máis a lealdade orgánica có interese ou a seguridade da veciñanza, a alcaldesa de Marín impórtalle máis o seu partido que o seu pobo

Outro problema que ten en concreto a parroquia de Seixo é o tema da auga? O tema da auga responde a unha concepción política de darlle primacía aos centros urbanos e considerar aos veciños das parroquias como de segunda clase. No seu momento houbo unha importante oportunidade de resolvelo co depósito de Seixo, pero este é outro asunto que o PP non soubo xestionar adecuadamente. Non só Seixo ten problemas coa auga tamén Ardán, que non ten traída. Esa é unha moción que levaremos ao pleno de outubro , e veremos cal é a posición do goberno no pleno, pero en comisión informativa abstivéronse.

En Aguete farán o porto deportivo? Agardemos que non. Desde logo a nosa posición é radicalmente contraria.

Rematamos Aarón, agradecéndoche a túa amabilidade e ofrecéndoche as nosas páxinas para transmitir a mensaxe que che pareza Eu quixera transmitir á veciñanza a importancia superlativa que ten a política municipal. Decisións relevantes para a nosa vida cotiá tómanse nos concellos. Marín está nunha situación moi grave, a xente marcha de Marín , xa estamos por debaixo dos 25.000 habitantes. É imprescindible reanimar a Marín, e só se pode facer coa participación de todas e todos. Moitas grazas.


XVI FINAIS DE OUTUBRO 2017

OPINIÓN Pedro M. Cortegoso Gago Colectivo Nacionalista de Marín

Un museo do mar para Marín Marín foi e é unha vila mariñeira, cun porto cheo de barcos e numerosas conserveiras á beira do mar. Hoxe a aplicación das políticas pesqueiras da Unión Europa coa complicidade dos nosos gobernos fixeron que os barcos desapareceran despezados, vendidos a outros portos ou tendo que abandeirarse con pavillóns de outros estados. En Marín padecemos un cambio de sedes e deslocalizacións de empresas e non foi culpa do independentismo.

Esta realidade non impide que lembremos e nos sintamos orgullosos do noso pasado mariñeiro. A reivindicación que un grupo de persoas levan facendo dun tempo a esta parte para ter un Marín un Museo do Mar é unha mostra deste sentimento. Recollen unha demanda maioritaria no pobo de Marín, como puidemos comprobar nas actividades lúdico reivindicativas que levan feitos nestes meses e coa recollida de máis de 3.000 sinaturas de apoio. Un museo do mar suporía un recoñecemento ao esforzo de moitas persoas que viviron e viven do mar, un reencontro coa nosa tradición e a nosa historia. Moitas vilas e cidades teñen un museo do mar

que ten como función a salvagarda da memoria do pasado mariñeiro, a conservación de bens, e lembrar como eran estas actividades. Aportan un atractivo turístico e teñen unha función didáctica e de divulgación do patrimonio e a cultura mariñeira. Laxe, Rianxo, Fisterra, A Guarda, Bueu ou Noia contan con museos do mar.

E se as nosas autoridades municipais, moi dadas a recoñecer o de fóra e desprezar o propio, queren exemplos doutros países poden informarse sobre unha cidade importantes da costa de Francia como La Rochelle, que moitos mariñeiros da nosa vila coñecen, e que conta desde o ano 1986 co Museo Marítimo de La Rochelle, promovido para conservar e recoñecer o patrimonio e a identidade marítima.

Este museo conta cunhas instalacións modernas no mesmo porto e ten á súa beira unha flota de 8 naves musealizadas de grande importancia. Destaca polo seu tamaño o Francia I, un buque meteorolóxico do ano 1958 declarado monumento histórico. Contan tamén co O Angoumois do ano 1969 primeiro arrastreiro pesqueiro con rampla e ponte cuberto da pesca

industrial de La Rochelle. Todos eles declarados monumentos históricos clasificados na Francia.

La Rochelle inviste todos os anos na restauración e mantemento deste museo e desta flota patrimonial servindo como un dos referentes turísticos da vila e como aula permanente para as escolas da zona que visitan en grande número as instalacións para que as crianzas coñezan o seu pasado mariñeiro.

Un museo do mar, como din as persoas defensoras desta iniciativa, serve para conservar aparellos e tradicións que se non se conservan acabarán desaparecendo, e suporía un atractivo turístico máis para Marín así como un instrumento educativo ao servizo dos centros educativos.

Podemos seguir o exemplo doutras vilas galegas ou da cidade de La Rochelle e conservar o noso pasado mariñeiro, un pasado que levou aos mariñeiros de Marín por todos os mares e portos do mundo e dou fama á nosa vila polos seus produtos pesqueiros. As nosas autoridades municipais teñen a obriga moral de atender esta demanda que é de xustiza.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XVII

O MORRAZO Bueu

Bueu pon en marcha un obradoiro de risoterapia

O Concello de Bueu, no marco do programa da Deputación de Pontevedra Tecendo Lazos, porá en marcha un obradoiro de risoterapia creativa anti-estrés, que se celebrará todos os venres pola tarde entre 27 de outubro e o 22 de decembro. A actividade é gratuíta aínda que se precisa inscrición previa, con data límite o 16 de outubro. Neste obradoiro, no que poderán participar persoas de entre 10 e 99 anos, tratará dinámicas e xogos da ximnasia da risa. Entre os temas que se van dar están as técnicas de liberación e desbloqueo, así como prácticas de humor e relaxación, xogos de comunicación e expresión corporal, xogos de fantasía e bromas prácticas. O obxectivo primordial é fomentar a comunicación e contacto interxeracional e promover unha actitude positiva.

cANGAS

‘Los Cuatro Elementos’ Danza solidaria en Cangas

O sábado 28 de outubro ás 21h no Auditorio de Cangas

Eva Juan Dance Company presenta un espectáculo de danza 100% solidario a favor da Asociación BERCE (Asociación de axuda á infancia) . A protagonista desta historia é unha nena que sofre bullying no colexio. Para evadirse desa realidade que lle persegue penétrase nun libro que está a ler que trata dos Catro Elementos. Narrarase e explicará o significado e que transmite cada un a través dunha historia, na que esa mesma nena, desde a actualidade, penetrarase no máis profundo do libro. Sentirá a beleza e o importante que son estes catro elementos para a supervivencia da humanidade e, á vez, darase conta que os libros non son a súa realidade, que a súa realidade é atoparse todos os dias con este problema tan inxusto.

mAríN

Comunicado do BNG de Marín sobre a Carreira Pinga Pinga

O BNG de Marín manifesta a súa satisfacción polo acordo acadado o pasado venres día 6 de outubro, nunha reunión á que asistiron representantes da Comunidade de Montes de San Xulián, o Clube Pinarium, a S.D. Santomé e o Concello de Marín, que permitiu desbloquear unha lamentábel situación que nunca se debeu producir e propiciar que neste ano 2017 poidamos gozar dunha nova edición da Carreira Pinga Pinga, que chega a súa oitava edición.

Desde o BNG de Marín queremos manifestar que sen a presión social este acordo non se tería acadado, e a Carreira Pinga Pinga, cando menos este ano, non se tería celebrado. Entre toda a masa social que manifestou explicitamente o seu respaldo a este evento deportivo durante todos estes días pasados está o BNG, quen desde os comezos desta Carreira sempre amosou o seu apoio a esta proba, como non podía ser doutro xeito, e nas últimas semanas as nosas actuacións contribuiron á solución deste absurdo problema, que manchou o nome de Marín. O BNG de Marín quere agradecer a todas as persoas e entidades que durante estas semanas manifestaron o seu apoio á Carreira Pinga Pinga o seu posicionamento claro e firme en defensa deste evento deportivo, pois sen a gran presión social que se xerou este ano non se tería celebrado. Cómpre salientar que o goberno mu-

nicipal moveu ficha finalmente tan só por medo ás consecuencias que a suspensión desta proba deportiva podía traer. O goberno municipal en todo momento mirou para outro lado, agardando que as cousas se arranxaran soas, e non interviu cando tiña que facelo para garantir a celebración da carreira coincidindo coa Festa da Mazá e da Sidra, como sempre se viña facendo. Á vista dos feitos está que o acordo non foi tan difícil de acadar, e chegouse sen moitos problemas a unha solución razonábel que satisfai a todas as partes. Por que a Sra. Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes non actuaron antes? Desde o BNG insistiremos no Pleno desta semana na petición das dimisións dos Sres. José Cidrás e Antonio Traba, e na reprobación da Sra. Alcaldesa, María Ramallo, pois coa conclusión deste acordo aínda nos vemos máis lexitimados/as. A situación creada foi vergonzosa e a súa xestión nula, amosando unha inacción e incompetencia que a sinatura do acordo non fai senón deixar en completa evidencia. O goberno municipal tan só se moveu ante a enorme presión social e ante o temor ás consecuencias que podía traer a non realización da proba deportiva. Por último, desde o BNG desexamos que esta VIII edición da Carreira Pinga Pinga, que este ano celebrarase no mes de novembro, sexa todo un éxito e agardamos que coa sinatura do acordo non se volten repetir no futuro situacións vergonzosas como as que vivimos este ano.


XVIII FINAIS DE OUTUBRO 2017

O MORRAZO Yonathan Carreira Xerente do CCA Estrela de Marín

Cultura asociativa e cultura preventiva Estes días, dende o Centro Comercial Aberto (CCA) Estrela de Marín, andamos visitando os establecementos do concello que non son asociados informándoos das vantaxes que poden obter ao adherirse. De primeiras, pode pensarse que o único que se fai dende un colectivo coma o noso é poñer en marcha campañas de dinamización comercial; É certo que se levan a cabo e que son unha parte moi importante do seu traballo, xa que premian á fidelidade dos clientes e incentivan a realización das compras nos establecementos asociados. Ademais ofrecen a posibilidade de acadar importantes premios, en relación a isto como dato podemos decir que ao final deste ano repartiremos máis de 6.000 € en vales compra. Seguindo coa argumentación anterior, o traballo do CCA vai máis alá das campañas: formamos os nosos asociados, xestionamos de balde axudas/subvencións, contamos con tarxeta de fidelización propia, poñemos á disposición dos asociados un espazo no noso directorio web, asinamos convenios con entidades de diversa índole a través dos cales os establecementos reducen os seus custos fixos (luz, telefonía, transporte, LOPD, PRL...) e moitas

máis vantaxes que fan do noso CCA unha referencia a nivel de Galiza.

Dito isto, queremos manifestar que Estrela de Marín non é un colectivo que se atope alleo á realidade que nos rodea, por iso traballamos sempre en liñas que nos permitan adecuarnos aos cambios sociolaborais que se xeran. Neste punto, queremos poñer en valor un dos convenios que ofrecemos aos nosos asociados: a implantación da prevención de riscos laborais (PRL). Estou convencido que a priori se relaciona este servizo cos accidentes de traballo. Se ben é certo que un dos obxectivos principais da PRL é minimizar os custos ou pérdidas que supoñen estes accidentes laborais, a implantación do servizo de prevención resulta moi importante para o entorno do traballo, a imaxe da empresa e a sauúde e seguridade dos traballadores polos seguintes motivos: - Incrementa a calidade de vida dos traballadores e a súa fidelidade á empresa mellora, xa que se o traballador percibe que a empresa inviste na seguridade é unha forma de facer ver que o factor humano importa.

- Mellora o rendemento no traballo, xa que o tempo adicado ao traballo efectivo aumenta porque non se perde tempo en buscar a maneira de evitar riscos ou accidentes. - Os índices de calidade do traballo e do produto final aumentan. Existe unha maior motivación. - A imaxe da empresa mellora, dende o punto de vista do cliente externo e do interno xa que a aposta pola PRL é unha inversión que mellora as relacións e garantiza a confianza de proveedores e traballadores. - Apostar pola prevención pode ser unha forma de atraer talento á́empresa, xa que a mensaxe que se transmite é a de que o traballador importa. Por estes motivos, a prevención de riscos laborais débese ver coma unha inversión ou aforro e non coma un gasto. Dende o CCA Estrela de Marín, continuaremos traballando para poñer en valor a cultura asociativa e a cultura preventiva, porque un establecemento asociado e seguro convértese nun negocio máis competitivo.

Bueu organiza un taller de saúde bucodental no embarazo A concellaría de deportes de Bueu porá en marcha entre novembro e decembro un taller gratuíto de saúde bucodental no embarazo, co obxectivo de informar sobre as revisións bucodentais e sobre a importancia do coidado da boca perante esta etapa. Dende a concellaría de deportes informan tamén de que está aberto o prazo para apuntarse nas clases de ximnasia prenatal e matroximnasia que se imparten dende o Concello. Así, as de ximnasia

prenatal teñen lugar os xoves ás 18.00 horas no CEIP A Pedra e as de matroximnasia (nenos/as de 0 a 1 anos), os xoves ás 19.00 horas no Pavillón Municipal Pablo Herbello. Todas as persoas interesadas en participar deberán acudir ao Departamento de Deportes de Bueu ou chamar ao teléfono 986 32 43 38. Estas actividades insírense no programa “Bueu Concello Saudable”, posto en marcha no 2008 e co que se

pretende fomentar hábitos de saúde e benestar entre a poboación e atendendo a diversos colectivos. Ademais, ao longo deste curso tamén se están celebrando as clases de ximnasia para maiores e adultos, Pilates e ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e mobilidade reducida en diversos espazos municipais, cunha participación de máis de cincocentas persoas en total.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XIX

OPINIÓN Ana Hermida Aociación Lisístrata

Triplo xuízo Non hai nada máis terrible que pedir axuda e obter como resposta a indiferencia, a negación e o que é peor, o castigo. Esto é o que lle ocorre ás mulleres que denuncian unha situación de maltrato, séntense xulgadas pola parella, polas insitutucións e pola sociedade. Sempre están a buscar unha escusa, o maltratador dirá que ela o obrigou co seu comportamento, coa súa forma de vestir… a xustiza dirá que houbo un erro no tempo e na forma da denuncia, que non había probas nin evidencias do que dicía… a sociedade volverá xulgala dicindo que se aguantou é porque ela quixo, que algo faría esa muller para que a tratasen así.

É realmente gravísimo e moi triste que en lugar de prestar axuda ás vítimas, as fagamos responsables da súa situación. A día de hoxe segue a ocorrer, non hai máis que lembrar o caso de Juana Rivas e outros moitos, que por non querer entregar o seu fillo a un maltratador a sociedade fíxolles un xuízo paralelo. Nos medios de comunicación poidemos ver, sen dar creto ao que escoitabamos, como un avogado culpabilizaba a Juana, el, que en teoría está para defender á infancia, dicía que Juana era culpable, que non había indicios de maltrato, que un pai maltratador ten sempre dereito a ter contacto co seu fillo. Seguín varios días a este señor e atopei os motivos de semellante barbaridade, a súa situación de pai separado, facíalle -supostamente- pagar a súa xenreira coas mulleres. Señor “X”, ten vostede razón, naturalmente que un home ten os seus dereitos como pai, tamén as súas obrigas, ocorre que hai unha única condición para que poida exercer os seus

dereitos, non maltratar, un maltratador non ten dereitos como pai, un ser que bate na súa muller, que a pecha, que a denigra, que a condena a vivir con medo o resto da súa vida, non pode nin debe ter dereito ningún sobre calquera filla que poidan ten en común, perxudicial para a filla e para a nai, se un pai separado quere estar coa súa filla ou fillo, o único que ten que facer é “non maltratar”, non pague vostede co resto das mulleres o seu problema persoal.

Agora está de moda a contradenuncia, Juana non é un caso illado, hai moitos máis, mulleres condenadas por ser vítimas, prívanas da liberdade, quítanlles as súas propias fillas, son desposuídas de todo co consentimento da lei e da sociedade, sempre haberá un oco legal para esquivar as normas así como

a aprobación da sociedade que culpabilizará á muller da súa condena por ter a ousadía de lle querer privar a un pai maltratador de estar coas súas fillas. Triste realidade a que vivimos, a vítima na cadea, o maltratador en liberdade e as fillas vivindo unha situación que as marcará para toda a súa vida, non é maltrato, non é feminicidio, é terrorismo de xénero, así o chamo eu, xa que nos condenan ás mulleres a vivir con medo, medo a falar, medo a dicir, medo a denunciar, medo a facer… medo a vivir. Se tes a valentía de facer valer os teus dereitos como nai e como muller, pagarás moi caro os teus actos. Os dereitos da infancia son ninguneados e anque sexan testigos dos malos tratos e así o acrediten ante unha xuíza, de nada servirá, o maltratador achegará un informe pericial alegando perxuízo moral, consecuencia, a muller maltratada terá que indemnizar ao seu maltratador (casos de 80.000 €), condenadas pola “lei” a anos de cadea por substración de menores (aínda sendo súas fillas e queréndoas protexer do maltratador), privación da patria potestade durante anos… A muller e a infancia desprotexidas ante a lei, esa é a conclusión. Os terroristas de xénero maltratan ás mulleres e víngase coas fillas, pequenos seres inocentes que son a arma que usan para infrinxir o maltrato máis cruel, o asasinato, para causar a dor máis terrible a unha nai. Se a lei fose xusta seguirían con vida, agora son unha lembranza triste nun titular dun xornal, nada máis, pero a nai queda morta en vida para sempre e o maltratador nunca pagará semellante acto covarde.


XX

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XXI

O MORRAZO G.FIGueIredO.

Os petroglifos, tamén chamados gravados rupestres ou insculturas, esténdense por toda a Idade do Bronce, do 1800 ao 600 a.C. Situados preto dos grandes cursos de auga e do mar, enriba de pequenos outeiros e nos vales fluviais, a maior concentración témola na zona costeira da provincia de Pontevedra, curso baixo do río Lérez e nas marxes das rías de Marín e de Vigo.

O Concello de Marín conta cunha densidade moi alta de petróglifos, repartidos en doce estacións “concentración de gravados” compostas á súa vez por trinta e catro grupos ou laxes gravadas, localizadas fundamentalmente nas parroquias de Mogor e San Xulián. Situada preto da praia de Mogor, e perfectamente sinalizada atopámonos co area arqueolóxica de Mogor, unha fermosa zona axardinada dotada de pasarelas para a contemplación dos afamados "labirintos de Mogor", tres enclaves rochosos unidos por unha senda de camiños e pasalas que permiten a súa visión desde o alto sen ter que pisar as pedras nin os gravados. Estas composicións poden ser atopadas sobre tres pedras: Pedra dos Campiños, Pedra dos Mouros e Pedra do Labirinto, está ultima

Os Petroglifos de Mogor, Marín

a máis coñecida, con sete composicións circulares que relacionan as tradicións Atlántica e Mediterránea.

“A Pedra dos Campiños”: situada a uns dez metros da Pedra do Labirinto, é unha roca chaira na que os gravados son máis coidados e os surcos menos profundos. Nela tamén se representa un labirinto, pero este carece da cazoleta central e dos apéndices. O labirinto está moi borroso e desgastado, polo que só pode percibirse baixo determinadas condicións de luz. A roca está afundida, o que afectou levemente ao suco superior do labirinto.

“A Laxe dos Mouros”: presenta vinte e tres combinacións circulares ligadas por liñas curvas, varios grupos de cazoletas, dúas combinacións pseudo-laberínticas, catro círculos sinxelos e un cérvido aínda que este último case imperceptible. Antigamente esta laxa era coñecida polo nome de "pedra dá moura encantada".

“A Pedra do Labirinto”: é unha roca de forma alongada, duns 5 x 1,5 metros, que representa un labirinto formado por uns surcos anchos e profundos ao redor dunha cazoleta e cuns apéndi-

ces na parte superior. No resto da superficie da roca hai máis combinacións circulares con cazoleta no centro e círculos sinxelos, máis superficiais que na Pedra dos Campiños. As tipoloxías son diversas: dende os máis sinxelos buracos (cazoletas), pasando por combinacións circulares , espirais, armas, ata animais como cérvidos, cabalos ou serpes, e tamén representación humana. Menos frecuentes serían os labirintos, as esvásticas, os ídolos e os zigzag. Non se sabe con exactitude cal podería ser a súa finalidade, se ben son moitas as especulacións: maxia, relixión, ritos propiciatorios para a caza… Debemos ter en conta que os Labirintos de Mogor teñen gran semellanza con outros similares atopados na illa de Wier (Laponia), así como en Gothland (Finlandia), en Islandia e en Cornualles. Isto leva a pensar que probablemente todos proveñen dun mesmo pobo navegante e con ansia de colonizar todo o oeste europeo. Segundo Fernández Gil, gran estudoso do tema, o simbolismo era render homenaxe ao heroe Teseo, que segundo as lendas, deu morte ao terrible minotauro dentro do labirinto no palacio de Knossos . Chegou a esta conclusión pois

analizando o debuxo, atopouno análogo ao que figura nas moedas de Knossos (civilización Minoica). En cambio, o doutor Pericot interprétaos como outra derivación da arte rupestre, tales como podían ser as pinturas de Altamira. Outra das moitas hipóteses é a do doutor Jesús Carballo que sostén que son obra de primitivos celtas e teñen por orixe o culto aos mortos constituíndo unha das mellores probas da cultura dos túmulos. Con todo o Doutor Ferro Couselo afirma que non eran outra cousa que marcas territoriais ou delimitacións meramente comerciais. É moi difícil situarse cara a unha teoría e refugar outra xa que todas están argumentadas con boas hipóteses. Este conxunto artístico incorporouse recentemente ao Patrimonio Cultural europeo a través do Itinerario Cultural Europeo, CARP, Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, asociación amparada polo Consello de Europa que agrupa a practicamente todos os grandes destinos turísticos europeos baseados na Prehistoria. Ademais dos coñecidos e afamados petróglifos de Mogor obxecto de estudo de numerosos investigadores a nivel mundial, Marín tamén ten gravados en Cachada Grande, Carballás, Champás, Chan da Lagoa, Cadro, e Pornedo, na parroquia de San Xulián de Marín, e en Godalleira e Sete Espadas, na parroquia de San Xurxo de Mogor. O seu estado de conservación, en xeral, e a pesares de ser declarados monumentos histórico artísticos, non é o axeitado, pero tiveron mellor sorte que outros que desapareceron coma os da Teixugueira, os da Laxe, a Pedra dos Namorados ou o gravado dun cérvido ao que lle puxo fin o vial de praias.


XXII FINAIS DE OUTUBRO 2017

VAL MIÑOR Co-Mando Ghichas

Colectivo de Acción e concienciación social do Val Miñor

A Xunta envelénanos fumigando herbicida inutilmente sobre o que xa está queimado

Foto tomada en setembro, no val miñor, como se aprecia e innecesaria a FumigaciÓn sobre o que xa esta queimado

Preguntá́monos se se está́ a desfacer deste produto tóxico antes de que remate,en decembro deste ano, o prazo legal para poder empregalo na ue.No mes de setembro puidemos comprobar con abraio, como o camión da Xunta de Galicia fumigaba de novo, a eito, as beiras das autoestradas da súa competencia. Facíao sobre o que xa estaba queimado, xa que no comezos da primavera fixera a mesma operación. Este feito de botar sen sentido, de xeito tan irresponsable, grandes cantidades de herbicida, que como xa sabemos, ten graves repercusións no medio, na auga e na nosa saúde, fai pensar inevitablemente nos

motivos. O ano pasado, Francia, os Países Baixos e Suecia votaban en contra do prolongación do permiso para o uso deste tóxico a base de glifosato. A finais deste ano esgótase a autorización temporal concedida pola Comisión Europea para o seu uso. Conseguíronse máis dun millón de sinaturas na iniciativa cidadanía europea pedindo o cese das fumigacións. Ante estes feitos os partidos da oposición pediron recentemente explicacións á Xunta e solicitaron ao noso goberno que deixara de empregar estes velenos acumulativos,o goberno respondeu que mentres estivera permitido en Europa serían os últimos en deixar de facelo. Non é unha resposta coherente nin respectuosa, nin coa cidadanía nin co medio. En España véndense uns 15 millóns de litros ao ano. Enténdese que non caso de que Europa prohiba o seu uso a partir de decembro -o cal pode ser bastante probable dada a resposta social masiva e os informes da OMS- o produto, xa fabricado, e o mercado neste caso polas administracións, quedaría nos almacéns como residuo tóxico. Está a Xunta a desfacerse do mesmo de que remate a moratoria? Non hai outra explicación xa que as cantidades e a

reiteración nas fumigacións non teñen sentido. Outro aspecto importante a ter en conta é que moitas plantas están a desenvolver resistencia aos herbicidas o que fai que non dean resultado e que haxa que botar cada vez máis cantidade. O glifosato xa está mal visto, as multinacionais -Bayer e Monsanto- que fabrican estes produtos non queren perder un gran negocio espallado a nivel mundial, o que xa están facendo é cambiar de tóxico e de nome, de aí que teñamos que ter coidado co que pedimos, non é suficiente dicir basta ao glifosato senón que hai que estendelo a todos os herbicidas químicos. Neste momento o novo produto “Dicamba”, de gran potencia, xa está a causar estragos en EEUU e América Latina. Hai moitos concellos en Galicia nos que se aprobaron mocións contra o uso de herbicidas: Ourense, Marín, Poio, Gondomar, Santiago, Ames e moitos outros, parabéns! Hai Deputacións que tamén deixaron de empregalos no seu ámbito. Hai alternativas dabondo para evitar o seu uso. Agora falta que o faga a Xunta. Por unha comunidade autónoma libre de herbicidas!

NIGráN

NIGráN

Arrancan as obras solicitadas por Nigrán no 'Plan Móvese' para a mellora da seguridade viaria en sete estradas do municipio

Día da Recuperación da Memoria Lingüística (e Histórica) de Galicia

A través da Deputación de Pontevedra estanse a instalar 24 novos pasos de peóns sobreelevados e 14 reductores de velocidade, ademais de pintarse tódalas estradas provinciais "Dende o Concello solicitamos estas 38 actuacións atendendo a un plan estratéxico de seguridade viaria co fin de protexer aos peóns ao máximo", xustifica Rubén Rial, edil de Seguridade

As 38 actuacións de mellora da seguridade viaria solicitadas polo Concello de Nigrán dentro do Plan Móvese da Deputación de Pontevedra arrancaron esta semana no municipio e supoñen un investimento total de 337.351,85 euros, o maior da comarca.

No municipio de Nigrán estanse a instalar lombos, pasos de peóns sobreelevados e pintado de tódalas estradas

provinciais, todo elo en rúas onde era preciso mellorar a seguridade peonil e por propia demanda dos veciños. "Dende o Concello solicitamos estas 38 actuacións atendendo a un plan estratéxico de seguridade viaria co fin de protexer aos peóns ao máximo", xustifica o edil de Seguridade, Rubén Rial. Deste xeito, na estrada de acceso ao Ceán (EP 2101-rúa Telleira) instalaranse catro pasos de peóns sobreelevados; na estrada Nigrán-Vincios (EP 2102) 8 reductores físicos de velocidade de vehículos e dous pasos de peóns sobreelevados; na estrada Priegue-Prado (EP 2103- rúa Torreiro) un reductor físico de velocidade e 4 pasos de peóns sobreelevados; na estrada Panxón-Patos (EP 2104-Tomás Mirambel) 5 pasos de peóns sobreelevados; na subida a Monteferro (EP 2105)

3 pasos de peóns sobreelevados; na estrada Ramallosa-Parada (EP 2106-Manuel G.Prado a Santiago de Parada) 5 reductores físicos de velocidade; e finalmente, na estrada Ramallosa-Parada a Vilariño (EP 2107-Padres Franciscanos) 4 pasos de peóns sobreelevados. En total, trátase de 24 pasos de peóns elevados en 7 estradas e 14 reductores físicos de velocidade en 3 estradas.

Estas obras estarán rematadas nas vindeiras semanas e, ao mesmo tempo, o Concello emprenderá tamén este mes con fondos propios actuacións destinadas á mellora da seguridade, tal e como vai facendo ano a ano. Así, atendendo as peticións dos veciños, instalará en diferentes estradas do núcleo urbano 6 novos pasos de peóns elevados e un lombo reductor de velocidade, todos eles en zonas onde os vehículos sobrepasaban reiteradamente os límites de velocidade.

O Concello de Nigrán organiza un ano máis o Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia vinculándoa tamén á memoria histórica. Este ano terá lugar o sábado 28 de outubro ás 12:00 horas no Cemiterio de Parada.

Ademais, a través do Instituto de Estudios Miñoranos, se presentou o pasado martes 17 no Auditorio Municipal o libro 'Os nomes do terror. Galiza 1936', coa presenza de varios dos seus autores. Esta obra constitúe o primeiro achegamento sistemático ao estudo dos represores en Galicia que racha con este tabú nos traballos da memoria histórica e pon en negro sobre branco os nomes, as causas e as metodoloxías usadas polo terror. Este martes, o 24 de outubro, é o turno da presentación do documental 'Matriarcas', e o martes 31 de outubro a violonchelista Margarida Mariño ofrecerá un concerto no que se intercalará unha lectura narrativa sobre os acontecementos no Val Miñor os meses posteriores ao inicio da Guerra Civil. Todos estes actos coordinador dende o IEM terán lugar o martes ás 20:00 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

Carlos Méixome

XXIII

Pé do Galiñeiro

Historiador

pedogalinheiro.blogspot.com.es

A pregunta que paira e o Gran Caloteiro

Regreso de terras estremeiras eo-naviegas. Dende os cumes montesíos baixamos, subimos, en reiteradas uves, camiño do mar, en terra de camiños. O lene renxer do motor e o maino guiar do chofer incitan a relaxación post estufado de vitela manxado nas terras do Cádavo baleirés. Entre as curvas recorrentes ollamos carballos, bidueiros, na Fonsagrada seica lle din budeiros, teixos, faias, abeleiras, tamén lle din abrairas, abruñeiros ou espiños, xardóns, que noutros lugares lle din acivro, e outras árbores que en disputa coa intensa matogueira de uces, xestas, carqueixas, piornos, que outros din codesos, e carpazas, protexen o chan da erosión. Máis tamén ameazan xa ringleiras de eucaliptos en militar formación invasora.

Nas zonas de cobertura, os chíos dos guasap e outros andan a enredar no relax. Os rechouchíos van en aumento e as primeiras chamadas falan de pánico, de lume por tras de Baiona, de desaloxos, de casas queimadas, de que arde o CUVI, a Garrida, o Galiñeiro, de que hai automóbiles bloqueados no túnel da Cañiza... As chamadas “redes sociais”, como se antes non houbera redes nin sociedade, facilitan a rápida difusión das novas a e coa mesma celeridade expanden temores, alarma, medos e toda caste de canfurnadas, inocentes ou non tanto. Os comentarios entre nós van en aumento, ata que xorde a pregunta que paira eternamente, é un dicir, poñamos que dende hai catro décadas... quen queima o monte? Uns e outros mirámonos, rascamos a testa, tatexamos... e cada un vai dando a súa razón. E haberá tanto chalado? Pregúntome. Haberá tanto trastornado? Padecerán o mesmo tipo de demencia que en Australia, California, Grecia ou Portugal? Será tan doado prender lume no monte? Falouse de tramas incendiarias que nunca se desarticulan, de centos de detidos acusados de prender

lume que fican libres. Onte mesmo as redes sociais perseguiron unha motocicleta con dous rapaces, mesmo difundiron o número dunha matricula; despois un coche, dunha cor concreta e marca definida. Nada se soubo. É máis doado atopar malvados que desentrañar o mal. E este, o mal, é moito máis complexo que perseguir facinorosos reais ou imaxinarios. Despoboamento, cambio de uso, abandono de terras, a terríbel combinación dos tres 30%, intereses económicos, despistes ou accidentes que se ocultan, irresponsabilidades varias... pero tamén un modelo forestal baseado no eucalipto e no piñeiro de baixa calidade e produción rápida, ao que só se resisten, e con moitas dificultades, as comunidades de montes, e non todas, nin moito menos. Mais tamén que o monte non serve para outra cousa máis que para ter árbores, un pensamento forestalista que xa defendía, erroneamente, Castelao.

Eucaliptización e forestalización son o mal. Combatelo non só non é doado senón que precisa dunha autentica revolución mental, cultural e social. E iso non o vai facer unha sociedade dirixida por caloteiros, habitada por vellos e fuxitiva dun medio rural que só ofrece tristura. O grande impacto dos incendios de onte foi cando a cidade se sentiu asediada, cando prendeu lume na avenida de Europa, cando as faíscas do Alba e do Cepudo acenderon o Castro ou a Praza de España. Agardemos que ese impacto sirva para que o debate se concentre no mal e non só nos malvados. Casares escribiu un mangado de relatos que acolleu baixo o rótulo de Os escuros soños de Clio. Refírese á musa da Historia, á que chama, seguindo unha sociedade secreta berlinesa, a Gran Caroqueira ou o que sería o mesmo a Gran Caloteira. Unha caroca ou un calote sería un engano, unha patraña, unha mentira,

unha trola, urdida con perversa habilidade. O Gran Caloteiro falounos de que foi un atentado terrorista programado, unha acción malvada realizada por, non se explícita pero... poden ser os seus inimigos políticos ou quizais os brigadistas que el privatizou; nun exercicio de supremacismo español chegou a dicir que os incendios viñan de Portugal. A perversidade é trazo identificador dos escasos de moral como Rajoy e Feijoo, os perfectos burócratas, como os cualificaría Ana Arendt, coincidentes nas súas poucas lecturas, no desprezo pola intelixencia e nos falares parvos e hipócritas. Lémbrarase este último do que dicía en 2006 cando se disfrazou cuns zapatiños “castellanos”, camisa “pija” e mangueiriña para regar os xeranios co único fin de tirar rédito político dos incendios daquel agosto? Terá algo que ver neste asunto a prórroga de ENCE decidida polo goberno de Rajoy? Haberá un decreto que obrigue a cortar a madeira queimada para baixar aínda máis o seu prezo? Os membros da sociedade secreta imaxinada por Casares coidaban que cos seus escritos apócrifos podían modificar o Pasado e cambialo para ben da Humanidade. Redactemos pois un escrito que nos relate como o eucalipto non se deu adaptado ao noso país, como inzaron os soutos de castiñeiros onde as xentes asoutaban (así din na Fonsagrada) toneladas de castañas que vendían a medio mundo; como inzaron as carballeiras e como mozos e mozas abaneaban nogueiras e apañaban noces, que competían nos mercados coas de California, recollían cogomelos, podaban esveltas árbores que logo pinchaban para os serradoiros que subministraban longas táboas ás fábricas de mobles; mentres nos curutos penedíos agatuñaban cabras e nas chans intermedias pastaban vacas de carne e ovellas entre años saltaricos. E non había incendios. Ou imos seguir crendo ao Gran Caloteiro?.

GONdOmAr

A exposición monográfica do Pastor Alemán volverá a Gondomar no 2018

A Delegación galega do Real Clube do can Pastor Alemán manifesta o seu interese en realizar en Gondomar a exposición do 2018, durante o mes de setembro. Os organizadores destacan, nun escrito que nos ten remitido, tanto a colaboración do Concello, especial-

mente da Concellería de Turismo, como o éxito de público. Para o afamado Xuíz D. Ignacio Blat, a monográfica de Gondomar foi a mellor organizada de todas as que participou durante o 2017 en toda España. Tamén os participantes, chegados

de distintos lugares da Península Iberica ou de Europa, outorgaron unha puntuación máxima de 10 puntos sobre 10 posibles nos seguintes apartados: Campo de competición, entorno, Vila de Gondomar, restauración, hostelaría, atención e acollida tanto a competidores como a acompañantes…. Para esta Concellería de Turismo é unha grande satisfacción poder atraer unha actividade de excelencia a nosa Vila, e poder cumprir os seguintes obxectivos: proxectar a Vila de Gondomar por toda a península e no exterior, atraer a novos visitantes que demandan e precisan servicios na nosa vila de restauración, hostelaría, comercio etc.

GONdOmAr

Presentación de ‘Limaduras de prata’, libro de Luisa Abad

O vindeiro venres 27, ás 20:00h e na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, o IEM acolle a presentación do poemario “Limaduras de prata” escrito por Luisa Abad. Acompañarán a autora Mercedes Leobalde, escritora, M.J.Pérez, cantante e Bruno Centelles, membro do IEM, como presentador do acto. Luisa Abad naceu no ano 1951 e traballou durante 40 anos no eido da educación. Limaduras de prata é un poemario que esta coruñesa escribiu durante o tratamento dun linfoma. Agora, a autora está a percorrer diversos puntos de Galicia para presentar unha obra repleta de experiencias, sensacións e emocións, tratando de impulsar a súa venda xa que, toda a recadación será destinada á Asociación Española contra o Cancro e aos proxectos de investigación que promove.


XXIV FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XXV

VAL MIÑOR GONdOmAr

O BNG esixe a elaboración inmediata dunha Ordenanza Reguladora do Uso do Galego en Gondomar

A Organización pide a dimisión da Valedora do Pobo pola súa actuación sistemática contra o galego Esixe do Alcalde o cambio inmediato de toda a rotulación presente no concello que non cumpre a lei O Bloque Nacionalista Galego considera esperpéntica a situación creada entre Valedora do Pobo e o Alcalde a respecto dos sinais en galego. A primeira cunha actuación extemporánea e anacrónica no caso dos sinais no concello Gondomar, unha Valedora que, no canto de defender a lingua galega, ten por norma actuar de oficio contra ela, permanecendo indiferente diante das vulneracións reiteradas da lexislación vixente en todo o referido á normalización do noso idioma, razón pola que pedimos a súa dimisión. O segundo, un Alcalde sen criterio que despois de ter rexeitado o requirimento por inxusto e innecesario, axiña procedeu a mudar ao español os sinais cuestionados, para logo volvelos cambiar, demostrando así o pouco respecto que a nosa lingua lle merece. A Responsábel Local do BNG lembralles á Valedora e ao Alcalde que “a Lei de normalización lingüística de Galiza (ano 1983) ademais de afirmar que o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das Administracións, tamén da Local, di asimesmo que a Xunta dictará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso

do galego, e que as Corporacións Locais deberán facelo de acordo coas normas recollidas nesta Lei.” Por outra parte, lembra tamén “o acordo de goberno asinado en Gondomar en xullo de 2015 entre o PSOE, MANIFESTO MIÑOR e CABE, que entendemos que para as partes asinantes debe ser lei, recollía entre as medidas que deberían priorizarse, a seguiente: facer do noso concello o motor dun proceso de normalización lingüística que faga fincapé nos ámbitos nos que a nosa lingua menos se emprega e aproveitar todo o potencial normativo para desenvolver accións positivas a prol do galego.”

Pois ben,tendo en conta todo o anterior e fronte á súa agresión á lingua e á manipulación obscena da lexislación para eivar o uso normal do galego, o BNG de Gondomar esixe do Goberno Municipal a elaboración inmediata dunha Ordenanza Reguladora do Uso do Galego no Concello, que evite as arbitrariedades denunciadas e contemple o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística de Galiza e do pacto de goberno. Esta esixencia do BNG preséntase por Rexistro no Concello de Gondomar.

GONdOmAr

O Conservatorio Elemental de Gondomar visitará o Pergamiño Vindel

Os alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar visitarán o Pergamiño Vindel o vindeiro 8 de Novembro no Museo do Mar de Galicia. Con esta iniciativa o conservatorio de Gondomar, convertirase no primeiro centro especializado en música de toda

Galicia en visitalo Pergamiño, que contén sete cantigas de amigo compostas polo trovador do século XIII Martín Códax. Durante o mes de outubro os alumnos do conservatorio de Gondomar traballarán as pezas musicais escritas en notación medieval nas clases de linguaxe musical, educación auditiva e vocal, coro e orquestra. Un proxecto levado a cabo grazas a Concellería de Cultura, que involucraráa tódolos profesores, alumnos, nais e pais do centro de toda a comunidade educativa.”

Día de San Martiño para maiores de 55 anos

Benestar social do Concello de Gondomar organiza o 11 de novembro o día de San Martiño para maiores de 55 anos. Reserve a súa praza até o 31 de outubro no departamento de benestar social sito na casa de cultura, precio por persoa 30€.(inclue: viaxe en autocar + seguro de viaxe + comida con baile+ subida monte Tegra + guia acompañante) Teléfono : 986 36 01 68 --Axencia de Viaxes: TIDEO TOURS (XG-592) Itinerario: Saída do punto e hora indicada, a primeira hora da mañan. Percorrido en Autocar Gran Turismo. Paradas durante o traxecto. Chegada a CAMINHA, típica poboación costeira do norte de Portugal, sede de municipio, localizado na desembocadura do río Miño, nun lugar agraciado pola natureza, fronteirizo con Galicia. Posterior visita a VILANOVA

DE CERVEIRA e o seu tradicional mercadillo dos sábados. É territorio pródigo en recursos naturais, paisaxes de rara beleza, nunha simbiosis de montañas vales, propicios para a práctica do turismo na natureza. Continuaremos o noso percorrido visitando A Guarda, pobo fronteirizo entre Galicia e Portugal. Posterior subida ó Monte Santa Tegra, dende ónde se divisa unha paisaxe única. Posteriormente, desplazaremonos hasta o restaurante para a comida (Aperitivos, Merluza a Romana, Tenreira Asada, Postre, Auga, Viño, Café e Licores Galegos). Seguidamente, e para rematar ben a excursión, disfrutaremos dunha sesión de baile amenizada por un grupo musical. A última hora da tarde, iniciaremos a viaxe de regreso os nosos fogares.


XXVI FINAIS DE OUTUBRO 2017

VAL MIÑOR

O Concello de Nigrán habilita beirarrúas de acceso ao Humberto Juanes e elimina as barreiras físicas da entrada Os escolares teñen este curso un roteiro seguro e accesible nunha contorna que anteriormente compartían por igual vehículos e peóns

Operarios municipáis do Concello de Nigrán rematarán antes de fin de mes a última fase das obras para facilitar un roteiro peonil se-

guro e sen barreiras físicas ao colexio Humberto Juanes, tal e como se contempla no proxecto de goberno 'Un Nigrán para todos'. Así, habilitá-

ronse beirarrúas en toda a contorna que linda co centro educativo (non existían) e, paralelamente, eliminouse o banzo que existía na cancela peonil de entrada a favor dunha rampla e reparouse o acceso para vehículos. Deste xeito, o colexio Humberto Juanes contará dende este curso cun roteiro peonil seguro e accesible nunha contorna que anteriormente compartían indistintamente vehículos e persoas (fundamentalmente nenos). Así, na primeira fase das obras o Concello abrira un espazo ao carón das escolas infantís e antigas casas dos

mestres co obxectivo de permitir un acceso peonil dende a Praza do Concello (obra enmarcada na reforma da pranta baixa do Concello e as súas inmediacións) e agora a ampliou o roteiro ata a mesma entrada do centro educativo. "A mobilidade peonil é a forma natural e básica de desprazarse, na nosa política de goberno apostamos por crear roteiros seguros e accesibles que, sen dúbida, fan deste municipio un lugar amigable para as persoas", reflexiona o alcalde, Juan González.

Gondomar a prol de espertar a curiosidade e o interese pola ciencia

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar organiza do 3 ao 5 de novembro un MUSEO

CIENTÍFICO. A concellería, dirixida por Nuria Lameiro quere achegar á mocidade a ciencia

e estimular o gusto polo saber científico. Todo o que se anime a participar desta actividade poderá ver, explorar, tocar e espertar a súa curiosidade guiado pola man de profesionais que aportarán explicación sinxelas a preguntas como; por que flota un barco?, por que voa un avión?, como se mergulla un submarino?, a comprensión do funcionamento de certos obxectos, etc.

Con esta actividade chegaremos a conclusión de que

a ciencia está ao noso alcance e romperanse as barreiras da incomprensibilidade.

Do 3 ao 5 de novembro e co lema “ PROHIBIDO NON TOCAR” , poñemos a vosa disposición un museo científico con máis de 70 obxectos que nos achegarán a ciencia dunha maneira atractiva, interactiva e práctica. Para participar tes que chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no 986.369.746 e inscribirte. Espertade a vosa curiosidade. Información na OMIX Gondomar 986.369.746

O concello de Nigrán aposta forte pola iluminación led

O Concello de Nigrán ven de sustituír as 27 farolas da rúa Arquitecto Palacios de Panxón por unhas novas de iluminación led por importe de 39.266 € subvencionado no 80% polo Fondo de Compensación Ambiental. O obxectivo deste troco é mellorar a eficiencia enerxética e a calidade ambiental, xa que as antigas luminarias daban problemas ao sobrepasar o fin da súa vida útil, afectando ao seu rendemento, calidade e consumo e supoñendo isto un aumento das emisións de CO2. Neste sentido, o goberno de Nigrán consideraba prioritario o cambio da iluminación nesta rúa ao atopárse en pésimo estado pese a ser un vial estratéxico que une o Centro de Saúde co Pavillón e ser empregado por milleiros de veciños e turistas cada día. A actuación supuxo a substitución dos báculos de aceiro galvanizado que xa estaban oxidados por uns novos que incorporan o escudo do Concello de Nigrán; substitución das luminarias actuais de vapor de sodio por outras novas de tecnoloxía LED de menor potencia e regulación de fluxo; e finalmente, substitución do cadro de alumeado incluíndo un reloxo astronómico dixital que cada semana regula automáticamente as horas de acendido e apagado en función da posta e saída do sol. O antigo alumeado resultaba obsoleto, sobreiluminaba a rúa e non aproveitaba correctamente os recursos enerxéticos ao ter excesiva potencia instalada e desaproveitar a luz diurna (o control era analóxico, acendéndose e apagándose a unhas horas fixas todo o ano).


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XXVII

VAL MIÑOR A.B.F Veciña do Val Miñor

A carraxe na concentración

A semana pasada, en moitas vilas en cidades galegas, tamén fóra de Galicia, organizáronse concentracións para berrar,tristemente de novo: “Lume nunca máis!”

Eu asistín a unha, aquí no Val Miñor onde vivo, finalmente decidín ir pola gana de compartir a indignación e a tristura, pero tamén cunha grande dose de desalento e desconformidade con todo o institucional, incluso coa propia convocatoria. Igual o resentimento deume por desconfiar de case todo.

Houbo xente. Bastante. Lectura de manifesto. Coreáronse as consignas sinaladas. Creo que con pouca intensidade, non sei se porque, o caso é que tampouco eu me animei demasiado a pesar do enfado e da pena que levaba comigo. Ao remate a xente non marchaba, xurdiron pequenos fatos de xente afín, veciñanza, grupos políticos, asociacións, intelectuais, uns grupos máis diversos, outros máis endogámicos... Nestas pequenas localidades todo o mundo se coñece. Eu tamén formaba parte dun ,neste caso de amizades, escoitabamos coa alma apertada o relato dunha parella veciña e compañeira de proxectos que vive en Chan de Brito, onde o lume “acabou con todo”, xente que decidiu vivir de xeito coherente do campo, culti-

vando con coidado e respecto a terra que herdaron, producindo alimentos saudables que son tamén a súa fonte de vida e que moitas consumimos agradecidas, formando no campo a súa familia, participando así no cambio do seu entorno social, cultural e económico na procura doutro xeito de vida e doutro mundo posible, defendendo ademais a súa dignidade e a de toda a xente do campo fronte ao gran negocio da agricultura industrial.

O seu relato estaba a causarnos unha fonda impresión, o incendio desolara o lugar, a penosa actuación da policía botando polas bravas fóra das casas á xente, a morte das dúas mulleres anciás que a consecuencia do desaloxo tiveron que marchar acompañadas por unha veciña que as levou na furgoneta, con toda a súa boa vontade, e da que xa non puideron saír para fuxir das lapas, quedaron no camiño, unha delas era a súa tía avoa. Faláronnos da xente que non quería deixar morrer aos seus animais e era obrigada a abandonar os eidos, do trato que recibiron, como se a xente do pobo non soubera ben onde están os límites e o perigo,non coñecera o seu entorno e non foran libres de escoller, como se foran nenos sen poder de decisión para salvar as súas casas...Faláronnos tamén da perda das súas froiteiras, que comezaban xa a producir este ano, dos campos arrasados cultivados con tanto esforzo, do

pasto para as cabras, queimado, da loita cos “mandos” para poder salvar o seu invernadoiro, do que comen e do que viven... Compartindo toda aquela pena e sentindo con eles a súa agonía levantei a cabeza e vin aos dous grupos que tiña en fronte, chamoume a atención porque naquel mesmo intre estábanse rindo a gargalladas. Eran maiormente xente da política local ou aspirantes a selo, incluso nun deles mesturábanse xentes de ideas opostas “fora da concentración” pero diplomaticamente xuntas neste momento. Tamén había quen se felicitaba polo éxito da convocatoria, naquel momento amosábanse contentos, satisfeitos e felices...

Aquel contraste, tan próximo no espazo, de fonda tristura nun lado e risa soada no outro, no mesmo momento, encheume da carraxe, de xenreira. Desbordábanme as ganas de berrarlles ben forte calquera cousa. Non me parecía xusto. Deume a impresión de que estaban no remate dunha función teatral. Igual non estou sendo xusta eu agora, pero foi o que sentín.

Pensei que o único que tería merecido ser escoitado pola megafonía naquela concentración era o relato da desfeita de Chan de Brito, nada máis, e seguro que de ter sido así o final da mesma sería ben outro, de certo máis contido e silencioso.

NIGráN

O Concello de Nigrán aproba a licencia a Ecoforest para a construción dunha nave de máis de 13.000 metros cadrados en Porto do Molle A firma, adicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor, adquiriu 15.600 m2 cun proxecto de investimento total na nave de máis de 5 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán aprobou a licencia a Ecoforest para a construcción dunha nave industrial en Porto do Molle destinada a deseño, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor. A firma especializado en sistemas de calefacción, climatización e agua quente sanitaria a partir de recursos naturais construirá unha macroplanta de 13.431 m2 sobre unha superficie resultante de agregar dez parcelas do parque empresarial (15.586 m2 de superficie). A

construción da nave suporá un investimento total de 5.404.362 euros. Precisamente, o Concello renunciou en decembro á compra dunha destas parcelas destinadas a almacén municipal co obxectivo de facilitar a implantación de Ecoforest, polo que finalmente adquiriu outra con este fin no mesmo polígono. Recentemento, o Concello aprobou en Porto do Molle a licencia para a ampliación da fábrica Snop Estampación e concedeu unha nova para a constru-

ción dunha nave destinada á fabricación de maquinaria pesada por parte de Industrias Nebrinox. Estas dúas suman un orzamento de execución da obra de preto de 3 millóns de euros que si se engade Ecoforest supón máis de 8 millóns de euros, polo que o rexedor, Juan A.González, destaca non só as novas posibilidades de emprego que xenera a súa instalación, se non os ingresos que supoñen para as arcas municipais. "Porto do Molle non só significa novas posibilidades de emprego para os veciños de Nigrán, se non que o seu propio crecemento ordenado e sostible proporciona ao Concello os ingresos necesarios para levar adiante máis e mellores políticas sociais. Este parque empresarial é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán e un referente en innovación, I+D ou

ecoloxía que representa a mellor imaxe dun municipio dinámico, moderno e emprendedor", sintetiza o rexedor, Juan González, quen defende este modelo de crecemento ordenado e sostible como premisa para o crecemento de Nigrán. "Cada vez que unha empresa se instala en Porto do Molle atrae á súa vez a novas firmas que se dan conta das grandes posibilidades que ofrece este parque que actualmente reúne a industria non contaminante de tódolos ámbitos animada polo valor engadido e localización do parque”, conclúe Juan González, alcalde de Nigrán.


XXVIII

FINAIS DE OUTUBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XXIX

VIGO

O Goberno de Vigo licita a remodelación do parque Camilo José Cela por 2,8 millóns

Marea de Vigo sobre a reforestación dos montes queimados

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do novo proxecto do Vigo Vertical, unha completa redefinición do parque, entre outros aspectos, cun ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall e unha gran área infantil. O Concello adica ao efecto 2,8 millóns, explicou Caballero

O alcalde de Vigo informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno Local do expendiente de contratación do proxecto de implantación das políticas de desenvolvemento urbano sostible -Vigo Vertical- na rúa Juan Ramón Jiménez, entre Torrecedeira e Pi y Margall, por importe total de 2,8 millóns de euros. O goberno de Vigo, explicou o rexedor, proxecta unha reformulación completa do parque Camilo José Cela, que inclúe un ascensor que conectará Torrecedeira con Pi y Margall, onde xa funciona o elevador que une esta coa Avenida das Camelias. O novo ascensor do parque estará dotado de cámaras de seguridade e estará emprazado na parte máis próxima a Juan XXIII, explicou Caballero.

Ademais do elevador, a actuación municipal contempla a renovación dos pavimentos e a redistribución dos espazos e dos servizos do parque. Caballero avanzou que se remodelará a parte alta do parque (á cota de Pi y Margall) e se creará un área de xogo para os máis pequenos, "un macro parque infantil". O Concello contempla

unha redistribución dos existentes e a prantación de novas árbores e novas zonas verdes, xunto á execución dun colector de pluviais para conectar a rede separativa de Pi y Margall e Torredeira, un novo sistema de drenaxe, un novo colector de saneamento, novas redes de rego e alumeado, e novo mobiliario urbano.

García Lorca En rolda de prensa, Caballero informou da adxudicación da humanización de García Lorca, cun orzamento de 1.460.000 euros para o treito que comprende entre as rúas Darío Durán e a Avenida da Florida. Nun prazo de oito meses, o Concello cambiará no nomeado vial todos os firmes, renovará o abastecemento, o saneamento e a rede de pluviais, a iluminación, instalará nova sinalización horizontal e vertical, novo mobiliario urbano, bancos, zonas axardinadas, sistema de rego e suprimirá as barreiras arquitectónicas.

Asfaltados O goberno vigués deu luz verde á adxudicación das obras de substitución de firmes nas parroquias. En virtude deste contrato, anotou o alcalde, o Concello asfaltará Ca-

miño do Viñó (Coruxo), estrada de Beirán (Matamá), rúa do Roupeiro (Matamá), camiño de Arieiro (Bembrive), estrada Marcosende (Zamáns), camiño do Cruceiro (Alcabre), camiño do Forte (Alcabre), camiño do Viloura (Castrelos), estrada de Miraflores (Sárdoma), camiño do Monte Vixiador (Candeán) e Avenida de Dona Fermina (Teis).

A estas melloras súmase un novo lote de asfaltados que o Concello xa ten rubricado coa empresa, nas rúas Covadonga e Eduardo Cabello (Bouzas), Arines, Couto e Marqués de Alcedo (no Castro) e na rúa Pastora (Praza de América). O goberno de Vigo, en acordo coa Deputación de Pontevedra, adica ao total destes viais máis de 900.000 euros.

Instalacións Por último, o alcalde deu conta da adxudicación da contratación do subministro de material eléctrico para as instalacións de iluminación, fontes e túneles do Concello, un contrato por dous anos e 150.000 euros. Vigo conta en total con case 47.000 puntos de luz e 772 centros de mando de titularidade municipal.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo reitera que deben ser os comuneiros e os técnicos das administracións os que organicen os traballos de reforestación dos montes.

Marea de Vigo pide que a práctica totalidade das persoas que se contraten no plan de emprego para o 2018 se deriven ás comunidades de montes e actividades relacionadas coa rexeneración dos montes afectados polos lumes.

Ante a sobrecarga de información que se está recibindo nestes días a través das redes sociais, teléfonos, etc., o Grupo Municipal da Marea de Vigo pide á cidadanía viguesa contención á hora de levar a cabo iniciativas de xeito voluntario que non estean xestionadas por profesionais e comunidades de montes, posto que pode chegar a facerse un

dano irreparable ao propio monte, que podería dificultar e impedir os labores de reforestación.

Marea de Vigo lembra que nos montes comunais do noso concello hai miles de euros invertidos en programas que estaban rexenerando a contorna forestal de Vigo e cómpre actuar dun xeito rápido pero efectivo para non perder todo ese esforzo dos comuneiros e da administración, polo que pide que das partidas “Plan de emprego municipal e axudas ao Plan de emprego municipal”, partidas que superan ademais os 3 millóns de euros, se adique unha parte substancial en forma de cadro de persoal aos programas que as comunidades de montes presenten para rexenerar e replantar o máis do 40% do monte comunal afectado.


XXX FINAIS DE OUTUBRO 2017

VIGO

O conflito de Porto Cabral a debate Nas últimas semanas, na cidade de Vigo vense desenvolvendo unha intensa campaña de recollida de sinaturas en apoio do mega centro comercial "Porto Cabral". Grupos de persoas , situadas en sitios de especial afluencia demandan que se asine o apoio á construción do complexo de ocio en

Cabral.A continuación presentamos dous artigos de opinión sobre este tema.Daniel Lago, secretario local de CXG, que apoia esta medida, e Xabier Pérez do Consello Local do BNG, que defende a opinión contraria"

Daniel Lago Leirós

a favor Non somos un pais pequeno Compromiso por Galicia

Para algunhas xentes, o noso País é un país pequeno, porén, desde unha perspectiva mundial o noso País é un país ben grande. Un País que linda ao norte con Irlanda e o Reino Unido e que prolonga para alén de Lisboa. Temos que achar nesta perspectiva as nosas potencialidades como centro atlántico do sur da Europa e como "hub continental"; tanto para os transportes como para unha oferta no sector de servizos.

Con certeza que non temos ninguén unha bola máxica para ver o futuro. Se ben, un dos planos que máis se está achegando á realidade é o cenário onde os principais sectores produtores na economía do sur do noso país, poderan quedar colapsados en certa medida, por varios factores tanto endóxenos como exóxenos. A deslocalización da industria do automóbil ou a ameaza ao mar-industria que o Brexit e as súas consecuencias representa -co inicio do abandono de produtivas pesqueiras para as nosas frotas no hemisferio sur, por exemplo- teñen que servir como alerta para buscar alternativas de solucións para a nosa economía. Estas son dúas variantes que temos por diante e que imos negociar sen dúvidas desde unha posición fraca e sen compromiso direto co País por parte das actuais forzas políticas no governo do Reino de España e cunha nula defesa ante a UE dos nossos intereses; como xa amosaran na proxección das Autopistas do Mar, ou máis recentemente co "Corredor Atlántico" -coñecido tamén como corredor de mercadorías Nº 4- e que deixa de fóra a todo o arco do noroeste peninsular atlántico.

Tamén o sector de servizos, maioritariamente o comercio local afronta o reto do comercio electrónico e a compra desde a casa. Neste sentido, teriamos que mudar, mediante políticas ativas o modelo de comercio de moitas das nosas cidades, cara un modelo de comercio europeo, un modelo de comercio de produto local e artesanal. Un modelo que remate afastando do centro das nosas cidades ás grandes distribuidoras. Temos por exemplo o mercado da moda

téxtil, dominado por 4 grandes grupos que controlan o 80% das vendas mundiais: Inditex, H & M, GAP e Uniqlo. Este novo modelo de comercio, con base produtiva no País, debe ofrecer alternativas para as grandes empresas de distribución deste mundo globalizado, unha delas é a creación de areas comerciais e de ocio que axuden a librar ao centro das cidades da presión sobre a

en contra

Xabier Pérez Igrexas Activista contradiscurso.net

Destruír monte e desertizar a cidade para facer negocio O proxecto de grande área comercial e recreativa Porto Cabral é, antes de máis nada, un espellismo. Por non existir non existe, en rigor, nin como proxecto. Para alén da propaganda e dalgunha infografía publicada na prensa, a iniciativa promovida polo fondo de investimento Intu Eurofunds, para instalar en Liñeiriños (Cabral) un macrocentro comercial non ten presentado publicamente ningún proxecto concreto. Arestora, na Xerencia Municipal de

inFograFía do aspecto Final realizada pola empresa promotora de porto cabral

ocupación de locais comerciais realizada por estas grandes distribuidoras,; cunha posición de monopolio no mercado; deixando oportunidades para que os espazos centrais das cidades sexan ocupados por proxectos locais e de empreendimento cunha incidencia real sobre o País.

Neste contexto de destrución do tecido produtivo da nosa economía; teríamos todalas forzas políticas que chegar a un acordo, máis do que necesario, para chegar a converter en realidade a PortoCabral, como unha diversificación para a nosa economía que sirva como centro de atracción cara a nosa cidade da economia dunha Euro-Rexión de 6.000.000 de habitantes, nesa grande cosmópole que formamos de Aveiro a Ribadeo, nun espazo conectado a pouco máis de dúas horas de automóbil. Neste contexto, onde boa parte do sector industrial e do mar-industria da nosa economía pode verse gravemente afectado, un investimento neste sentido debería ser tomado en conta polas diversas forzas políticas do noso país como motor do serviços e do turismo para a comarca de Vigo.

Urbanismo non hai nin unha soa páxina de documentación sobre esta iniciativa. Cero. Un espellismo que pivota sobre unha coidada mercadotecnia coa que tencionan, de maneira evidente, agochar o que en realidade suporía para a parroquia de Cabral e para o conxunto da cidade de Vigo a instalación de Porto Cabral. As súas consecuencias resúmense en dúas palabras: destruír e desertizar. De se materializar, Porto Cabral destruiría 300 mil metros cadrados de monte en man común, tronzando o cinto verde que axe de verdadeiro pulmón da cidade. É por iso que a maioría dos comuneiros e comuneiras, en asemblea, votaron en contra da súa instalación, malia gozar da activa e belixerante complicidade da actual Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral. Aliás, o efecto socioeconómico de Porto Cabral sería na práctica ben diferente ao prometido na súa intensa campaña de promoción. A experiencia de Porto Venecia, área promovida polo mesmo fondo de investimentos en Zaragoza, verificou que este modelo comercial supón a destrución neta de

emprego. Porto Cabral promete 3 mil empregos. Porto Venecia prometeu 4 mil, mais na realidade desde a súa instalación xa destruíu 6.500. Vigo está obxectivamente saturada de grandes centros comerciais. Camelias, Travesía de Vigo, Praza Elíptica, Meixoeiro, A Laxe. Varios deles atravesan situacións críticas, co feche de tendas e mesmo con dúbidas sobre a súa continuidade. A estes engadiranse, ademais, outros 28 mil metros cadrados na área comercial da nova estación de tren. E xa están en marcha dous centros de menor tamaño no Calvario e en Pizarro.

Porto Cabral promociónase publicamente asegurando que suporá 500 millóns de investimento, que loxicamente terán que retornar. O medio millón de metros cadrados das súas instalacións queren recibir, nada menos, que un fluxo de visitas de 18 millóns anuais, para unha área xeográfica que sumaría no máximo 5 millóns de persoas, incluíndo parte de Asturias, León e o norte de Portugal. Tal fluxo só é posíbel drenando, como fixo Porto Venecia en Zaragoza, consumo do resto da cidade. O seu modelo de negocio pasa, si ou si, por desertizar o tecido comercial de proximidade, tanto do centro da cidade como dos barrios e parroquias, dinamitando un modelo comercial que vertebra e dinamiza o territorio e provocando, con absoluta seguridade, a destrución de emprego. Felizmente hoxe Porto Cabral non é realizábel, por causa da anulación do PXOM do 2008. Mesmo con ese plan en vigor, ao afectar a monte comunal que non é privatizábel e só podería ser obxecto de expropiación pública, unicamente a conivencia política –con serias dúbidas de legalidade-- o tería feito posíbel. Por iso resulta preocupante que as forzas que gobernan Xunta e Concello (PP e PSOE) patrocinen esta iniciativa especulativa que conta coa oposición da veciñanza de Cabral, dos colectivos de comerciantes da cidade, dos tres principais sindicatos, do grupo municipal de Marea de Vigo e do Bloque Nacionalista Galego. Por iso é fulcral que o novo PXOM impida que nin un centímetro cadrado de monte comunal poida ser destruído pola cobiza dun fondo voitre.


FINAIS DE OUTUBRO 2017

XXXI

Os sitios máis curiosos do mundo IV G.FIGueIredO

“A Cova de Son Doòng, Vietnam.” Nesta cuarta edición dos sitios máis curiosos do mundo, vouvos contar un pouco da espectacular cova de Son Doóng de Vietnan, a cova máis grande

do mundo. Espero estar a altura das expectativas das nosas lectoras e lectores, pois penso que esta gruta paga a pena coñecela.

Foi utilizada antes como refuxio dos bombardeos na famosa Guerra de Vietnam. Na súa primeira expedición no 2009, o matrimonio Limbert topouse cunha enorme parede de calcita que lles impediu continuar o seu camiño. Un terratenente local, que coñecía a entrada, conduciu aos equipos británicos e alemáns ata ela. Segundo os espeleólogos, a cova é difícil de atopar, por estar completamente cuberta de vexetación. National Geographic enviou despois a un equipo para captura de pantalla obtenida del vídeo de ryan deboodt. / ryan deboodt cartografiar a cova no 2010 e o fotógrafo Carsten Peter logrou A Gruta de Son Doòng é unha cova Bàng. magníficas imaxes que saíron á luz en na provincia de Quang Binh, no parque A Gruta de Son Doòng, en Vietnam, xaneiro do 2011. nacional Phong Nha-Kè Bàng, en Viet- foi atopada en febreiro de 2009 cando un Este lugar, que forma parte das 20 nam. Contén as estalagmitas máis altas grupo de científicos británicos da Aso- novas cavidades identificadas polo coñecidas do mundo, de ata 70 metros ciación Británica de Investigación de grupo de exploradores británicos, declade alto. É a cova máis longa do mundo, Covas, dirixida polo matrimonio Ho- rouse a máis grande do mundo. En total con máis de 8,8 quilómetros de longo, ward e Limbert Deb, realizaba unha ex- son 150 covas no Parque nacional Phong ten a súa propia xungla, un río ,e é tan pedición en Phong Nha-Ke Bang do 10 Nha-Ke Bang, a uns 500 quilómetros da grande que podería soster un rañaceos de ao 14 de abril do 2009. Un pastor da lo- capital, Hanoi. 40 plantas, ata mesmo un avión podería calidade descubrira a caverna en 1991, En principio, os espeleólogos britápero non podía lembrar a maneira de nicos aseguraron que a cova tiña só 150 voar no seu interior. En abril de 2009, fíxose pública a chegar a ela. A finais de marzo ao 14 de metros de longo e 91 de ancho, pero as existencia dunha longa caverna de 6,5 abril de 2009, axudou aos exploradores novas expedicións mostran que o espazo km, cunha anchura preliminar de 150 m, para cruzar o paso do bosque de 10 qui- ten polo menos 4,5 quilómetros e chega no Parque nacional Phong Nha-Ké lómetros para acceder á boca da caverna. aos 140 metros de altura nalgunhas par-

tes. Durante as expedicións, os equipos atoparon estalagmitas de máis de 70 metros de altura. A sala máis grande de Son Doòng é de máis de cinco quilómetros de lonxitude, 200 metros de alto e 150 metros de amplo. Con estas dimensións enormes, Son Doòng supera á caverna Deer do parque nacional do Gunung Mulu en Malaisia tomando así o título da caverna máis grande do mundo. Posto que o río subterráneo que flúe na caverna desalentou aos exploradores de ir máis lonxe, puideron soamente considerar a lonxitude da caverna utilizando a luz das lanternas. Longo tempo atrás, algunhas partes da cova colapsaron, deixando entrar a luz do sol que fixo crecer vexetación no interior. Pero a maioría da cova permaneceu cuberta e nela podemos ver impresionantes estalactitas e estalagmitas xigantes. Durante a época de choivas, o nivel da auga do río alcanza os 300 pés, facendo imposible penetrarse na cova a pé. Efectuaranse aínda máis exploracións nun futuro próximo. Ainda que é difícil a súa travesía, a caverna abriuse ao público en 2013 e hoxe en día é posible visitala de febreiro a agosto. Un lugar declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2003 e que sen dúbida paga a pena visitar nalgún momento da vida.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

MIRADAS DE OUTONO O noso fiel amigo José Manuel Durán envíanos tres imaxes fermosísimas de Redondela e a súa contorna. Imaxes que poderá apreciar a nosa amiga Eva, do Bar Guay da mesma localidade (á esquerda no medio, lendo o último número desta publicación). Un entusiasta da DUI catalá, que prefire manter o anonimato, envíanos a fotografía da dereita, na que se pode apreciar a porta da súa habitación. As fotos de abaixo son de restos de fume dos incendios galegos e portugueses en Bremen, Alemaña. e en Normandía, Francia. Unha desgraza. Gústache a fotografía? Esta sección está feita para tí! Podes enviarnos as túas fotos a anovapeneira@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida. Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149

Depósito Legal: VG-195-2011

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.