A Nova Peneira 84. Finais de setembro 2017

Page 1

ANO 6 - nº 84

finais de setembro 2017- 2€

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

Baredo di non ao campo de golf

foto: bruno centelles

En Baredo hai 1085 habitantes. Só nesa parroquia recolléronse 1079 alegacións contra o proxecto

PÁXS. 28 E 29

GONZALO CABALLERO ESTÁ PREPARADO PARA LIDERAR O PSDEG PÁX. 6

ENTREVISTA A PACO FERREIRA, ALCALDE DE GONDOMAR PÁX. 32

ESPECIAL: FACER TURISMO EN SALCEDA PÁX. 13

ESPECIAL: A VILA DE CHAPELA

TOMIÑO, MOI PRETO DE SER CIDADE AMIGA DA INFANCIA

PÁX. XI

PÁX. XXI

O DEPORTE NA VILA DE BUEU PÁX. XXVI


2

FINAIS DE SETEMBRO 2017

EDITORIAL Tino Lago Director de A Nova Peneira

O campo de golf de Baiona

vista da bahía de baiona desde o lugar onde se pretende construír o megacomplexo deportivo. // foto: bruno centelles

O pasado mes de xuño a Xunta de Goberno do Concello de Baiona aprobaba o Plan Especial da Área das Costeiras na parroquia de Baredo. O devandito plan contempla a expropiación de preto de 700.000 metros cadrados de terras á veciñanza desta parroquia. Esta acción está encamiñada á construción dunha área deportiva con diversas instalacións entre as que destaca especialmente un campo de golf. Din desde o consistorio miñorano que vai ser unha das áreas deportivas máis importantes de Galicia e a maior da provincia de Pontevedra. A megalomanía da dereita deste país, sempre tivo o costume de facer as cousas máis grandes cós veciños. O recurso aos clásicos sempre é axeitado para explicar as motivacións profundas das accións, e neste caso coido que Sigmund Freud debe ser considerado un clásico. O Concello taxa o valor do metro cadrado en arre-

Juán Carlos Piñeiro Secretario Xeral de Compromiso por Galicia Son acaso a urnas de trinitrotolueno? Parece ser que en Cataluña si o son, ou polo menos algúns así o pensan. É certo que o camiño elixido podía ser outro, é certo tamén que as posicións de máximos das ideas encontradas non axudan. Tamén é unha realidade que percíbese un certo cheiro a que ninguén está a poñer toda a carne na grella para encontrar camiños intermedios. Está moi claro que estas posicións retroalimentadas son moi boas para dogmas e para os extremistas políticos de cada bando. As urnas non deben ser un problema, é máis, teñen que ser a solución, o que pasa é que igual a ningún chegados a este punto lle convén esa votación, é máis doado vivir na crispación e no enfrontamento. Non somos capaces de mirar a outros lares, non somos capaces de facer maior o noso sistema democrático. Considero que dende o inicio tíñase que facer

dor de 3€, co que a expropiación suporá un gasto de máis ou menos 2.000.000 de € para o consistorio Baionés. Dicíame unha veciña da parroquia que a ela tanto lle tiña se pagaban a 3 ou a 3.000€ o metro, que ela non quería vender e que se finalmente se consumaba a expropiación sentiríase literalmente roubada. O monte, a natureza, a arte son patrimonio herdado das xeracións que nos precederon, nós só somos os seus usufrutuarios e a nosa obriga moral é cederllo ás xeracións que veñan despois. Neste mesmo xornal poderán atopar unha entrevista con dúas persoas da directiva da comunidade de augas de Baredo. Ambas afirman que o Concello non tivo en conta en ningún momento a opinión das e dos veciños da parroquia. Non foron preguntados en ningún caso, moi na liña de actuación do PP, que como todas e todas sabemos non ten moi boas relacións cos

referendos. Para que se lle vai preguntar á opinión da cidadanía, se pode ser que o que nos digan non estea en consonancia co que nos queremos. É moito máis sinxelo facer a lei á medida dos meus intereses e se non che gusta pois nada, ti es o que atenta contra a democracia. Por outra banda , as persoas da comunidade de augas estaban tamén moi preocupadas polo futuro dos recursos hídricos da parroquia .Ao seu xuízo o campo de golf suporá que Baredo teña problemas moi serios neste sentido. En Baiona, no mes de xullo do presente ano había rexistrados 738 parados e paradas, veciñas e veciños da vila que queren traballar e non poden. En verdade alguén se cre que Baiona precisa un campo de Golf? En verdade non hai cousas máis importantes nas que investir os cartos que o Concello vai gastar (se consuman a falcatruada) na expropiación? É que Golf Domaio supuxo algún tipo de beneficio para a veciñanza desta parroquia de Moaña? Podémolo dicir con claridade; Non, ningún en absoluto. É que Golf Domaio non ocasionou problemas aos mananciais da zona? Podémolo dicir con claridade; Sí. É que golf Domaio é rendible? Podémolo dicir con claridade: Non. De feito as centrais sindicais xa negociaron algún ERE coa empresa que o xestiona. O club deportivo Monterreal de Baiona é rendible?, O Náutico de Vigo é rendible? O círculo Mercantil de Vigo é rendible? Non, en ningún dos casos. Por que motivo entón, outra macro estrutura deportiva máis? Pouco antes de redactar este artigo conversaba eu cun, digamos, simpatizante do PP do Val Miñor. Quixen coñecer os seus motivos, e o home espetoume un argumento de enorme solidez intelectual: ”Os que están en contra do campo de golf son idiotas”. Pois ben, desde A Nova Peneira sumámonos á idiocia; Non á privatización dos espazos naturais, non ás agresións contra os bens colectivos. Si á xestión pública e o goce universal do patrimonio e do ocio.

OPINIÓN

C7H5N3O6 política, facer un camiño de pedagoxía e de información por parte e parte, sen trampas e con dignidade, e despois poñer urnas de metacrilato e que cada quen expresase a súa vontade.

É preciso tamén saber de onde procede todo este caos xerado, procede da floxeza de ZP e do inmobilismo do rancio PP, cando atacaron de moitas formas a reforma do Estatuto Catalán, axudou tamén a fuxida cara diante dunha CIU cercada pola corrupción e o esperpento, xa se vía que o caldo non ía ben, tiña camiño de acedarse. É difícil non caer no dogma e na demagoxia, pero a mellor solución hoxe en día e buscar un camiño político intermedio, que o pobo catalán respalde. Convén de xeito firme aprender que as ferramentas que temos do 1978 non solucionan a realidade actual, o marco xu-

rídico de construción do estado que está vello e obsoleto, foi feito nunha realidade distinta, nunha realidade que moitos nin coñecemos e que non temos que aceptar, o café para todos ... Fai falla avanzar nunha construción europea de pobos, de realidades e sentimentos, a configuración dos estados actuais non vale. Non se pode ter medo a avanzar. Compre dialogo, construción e xenerosidade, compre pensar nas persoas e non só en votos e partidos, por iso o camiño catalán pode estar errado e non chegar á maioría precisa para cambiar as cousas, sinto dicilo pero aquí non vale o 51%, iso non representa unha necesidade iso é unha vitoria pírrica.

Ó final só se trata de democracia, democracia de diálogo de rumbo e tamén de urnas que non son TNT, as urnas son do pobo.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

Carlos Méixome

3

Pé do Galiñeiro

Historiador

pedogalinheiro.blogspot.com.es

Cando entre nós se debate sobre a situación de Cataluña, sobre o denominado “procés”, sobre a lei de desconexión ou sobre o referendo do 1º de outubro, refírome entre persoas abertas e non cativas de nostalxias imperiais viradas ao cutre españolismo madrileño que nos abafa, sempre, os dunha opinión, doutra, ou dunha terceira acabamos coa frase: “eu non sei que vai pasar pero...”, e engádese: “terán que atopar unha solución”.

Aquí pasou o que pasou

Hoxe, 11 de setembro, fiquei convencido de que xa pouco importa como se resolva o 1-O. Ou mellor, agardando que a convivencia non se altere en exceso por parte dos que mandan nas forzas de seguridade do Estado ou o que é o mesmo das forzas para a inseguridade da cidadanía, hoxe, reitero, fiquei convencido de que Cataluña, a maioría da sociedade catalá, en especial dos sectores máis dinámicos, influentes e determinantes da mesma xa se afastaron do Estado, xa están psicoloxicamente fóra dunha estrutura político-cultural-simbólica e ideolóxica que lles é allea. A actitude dos partidos do réxime do 78, os que pactaron coa burguesía catalá a reforma do franquismo, e teñen siglas (UCD-AP, hoxe PP, PSOE e PCE), provocou, en pouco máis de dez anos, que unha maioría social dos nacidos en Cataluña se cansasen dun estado ancorado nos ideoloxemas do franquismo, das restauracións borbónicas, da de-

presión espiritual de 1898; se fartasen dunha corte madrileña, petulante, soberbia, arrogante, papaleisona...; se fatigasen cunhas elites políticas españolas incapaces de imaxinar as consecuencias de impoñerlle a Cataluña un estatuto bastardo. A cidadanía catalá non aprobou o estatuto actual senón que o fixo o parlamento español, que en representación paternalista corrixiu a mala redacción dos súbditos catalás, realizada con 120 votos a favor e 15 (os do PP) en contra, en setembro de 2005.

Daquelas promesas zapaterís incumpridas, daquel “gracejo” andaluz no seu cepillado, do rebuscado argumentario co que o Tribunal Constitucional quixo xustificar a súa laminación a instancias do recurso presentado por un Partido Po-

Os ¨Tonios¨ e o campo de ¨golfos¨ de Baiona

pular entusiasmado co incendio, como Nerón, e os réditos que lle ía producir na corte madrileña, sen entender, nin preocuparse polas consecuencias que esa frustración, esa crispación, ían xerar na sociedade catalá. Mantivérona e non a emendaron. Como diría o ínclito Iglesias Corral: “aqui pasou o que pasou”.

A rebeldía xeneralizouse, pluralizouse, diversificouse e intensificouse co paso dos anos, sen que na corte madrileña ninguén fixese nada por evitalo, coidando, con arrogancia senil, que algún día cederían, que os burgueses sensatos desistirían dos seus compromisos, que Artur Mas non ía ceder ante as CUP, que non ían ser quen de plantar cara... sen decatarse de que a crise económica foi algo máis que un desequilibrio numérico nos datos macroeconómicos senón que afectou con intensidade á vida cotiá das persoas, fundamentalmente das clases medias e dos mozos e que, agoniados pola crise, substituíron a burguesía na dirección do “procés”.

Non entenderon nada e pecharon todas as portas. Nin reforma constitucional, nin referendo, nin acordo transitorio, nin perestroika da monarquía. E entón fóronse, desconectaron, cansos de agardar. Xa non importa o que pase o 1-O. Xa van alá. Só agardar que o sorriso se impoña ás enfermizas pulsións autoritarias do nacionalismo español.

HUMOR: MARCOS ESCUDERO cousasdebuxo.blogspot.com.es


4

FINAIS DE AGOSTO 2017

GALICIA

Os socialistas advirten “ignorancia, inca- Anova denuncia un “Estado pacidade e mala fe” na xestión do goberno de excepción non declarado” podemos entender aplicado no conxunto do Esgalego da sobrevenda de billetes ás Cíes como“Nonen pleno século XXI o tado español”. Así Antón Sán-

Abel Losada acusa á Xunta de poñer en perigo a candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade

milleiros de visitantes ás illas, moi por enriba do límite de 2.200 persoas ao día e 800 pernoctacións.

O deputado socialista Abel Losada criticou hoxe a “mostra de ignorancia, incapacidade e mala fe” na xestión da sobrevenda de billetes ás Illas Cíes por parte do goberno galego. Losada acusou ao goberno galego de impedir o desembarco de 2.000 persoas que tiveron que vagar pola Ría cun evidente risco e prexudicando á candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade. Losada sinalou que “resultaba máis fácil impedir o embarque en Vigo, pero estaban buscando a foto do caos organizativo contra a promoción”

das Illas Cíes diante da Unesco, obrigando a “pasar das páxinas de ocio ás de sucesos”. Advertiu que o conflito pechouse con “cinco multas de 30.000 euros, pagadas en dous días de negociete” por parte das navieiras.

O responsable socialista criticou o desleixo do goberno galego diante desta situación, que levaba “anos” replicándose “sen que o Goberno nin o Padroado -presidido por Fernando Garrido Valenzuela- dixeran nada”. Este desinterese permitiu que as empresas, dixo, trasladaran cada día a

Advertiu ademais a falla de interese e incapacidade do goberno galego pola protección e a promoción das Illas. Lembrou que, logo de que o goberno recibira as competencias do Parque Nacional en 2008, e despois da chegada de Feijóo en 2009, este se demostrara “incapaz” de desenvolver o Plan Director de Usos e Xestión do Parque Nacional, chegando a “metelo literalmente no conxelador” dende que en 2011 decidiu “baixar a persiana”.

Explicou que, “sen plan reitor, o Parque Nacional non pode presentar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade”, unha condición á que si que poderían optar as Illas Cíes cun plan de protección singular.

Estado español actúa contra imprentas, redaccións de xornais e medios de comunicación públicos, como pretende prohibir actos por facer “apoloxía do referendo”, como clausura unha páxina web, ou mesmo como manda a declarar a máis de 700 alcaldes e alcaldesas de Cataluña co obxectivo de impedir que se abran os colexios electorais e se poñan urnas. “Os golpistas non utilizan urnas, prohíbenas”, afirmou Antón Sánchez na rolda de prensa desta mañá. Todos estes elementos supoñen na práctica a aplicación dun marco de Estado de excepción, onde dereitos e liberdades fundamentais - recollidos na propia Constitución - son na práctica abolidos: referímonos aos dereitos de reunión, expresión, opinión e conciencia. “Están en xogo os nosos dereitos fundamentais coma cidadáns, a posibilidade de converternos a todos en súbditos. Pretenden liquidar o estado moderno democrático”, afirmou Xosé Manuel Beiras. “Todo o que toleremos facer en Cataluña será despois

chez afirmou que “non se debe illar o que acontece en Cataluña coa actitude represiva do Estado español todos estes anos en moitos outros ámbitos: traballo, vivenda, Lei Mordaza.” Resulta sorprendente ver como as accións xudiciais express emprendidas polo Tribunal Constitucional e pola Fiscalía van ao ditado do que marca o goberno de Mariano Rajoy, unha maneira curiosa de entender a separación de poderes.

Antón Sánchez afirmou que “todo isto demostra que a nosa diagnose en relación ao Réxime do 78 é acertada. Estamos diante dunha saída autoritaria, que entende que non é democrático exercer o dereito de autodeterminación, pero que leva na súa lóxica a Gürtel, a Púnica e a Pokemon”

Anova anunciou que está traballando - xunto con outras entidades - na organización de actos a prol da consulta do 1-O, sendo plenamente conscientes de que tamén nos estamos a xogar os dereitos e liberdades da cidadanía galega.


FINAIS DE AGOSTO 2017

Nestor Rego Candamil Consello Nacional do BNG e Secretario Xeral da UPG Nestes días, moitas persoas están a descubrir con sorpresa que vivimos nun Estado autoritario, nada democrático, en que os dereitos e liberdades son violados con total descaro por parte dos gobernantes. Así é. Dereitos básicos como a liberdade de opinión, de expresión, de información, de reunión, están sendo pisoteados día si e día tamén polo rexime político español. Que non diremos do dereito democrático de votar para poder decidir, iso que sempre nos dixeron que era a base da democracia! A constatación do carácter antidemocrático dos Estado español é hoxe absoluta. O que xa pode ser máis relativa é a sorpresa. O nacionalismo galego denunciou no seu día que a chamada Transición -é dicir, a solución pactada co últimos xestores da ditadura- non supuña ruptura democrática senón continuidade do franquismo sociolóxico -rapidamente 'reconvertido' á democracia- no aparello do Estado. Pola mesma razón votamos contra a Constitución española, porque asentaba un rexime encabezado por unha monarquía re-estabelecida por Franco, claramente autoritario e que negaba dereitos fundamentais ás persoas e ás nacións. O máis importante, o dereito de autodeterminación do pobo galego, O dereito da Galiza a decidir libremente o seu futuro como nación no mundo. A permanencia nas mans da familia Franco do patrimonio roubado polo ditador -Pazo de Meirás, Casa de Cornide, estatuas do Pórtico da Gloria...- é simbolica-

5

OPINIÓN

Cataluña e Galiza: cuestión de democracia mente ben significativo de como a 'democracia española' lexitimou o poder e os privilexios -incluído o botín de guerra- dos que o tiñan usurpado pola violencia das armas, contra a vontade popular e por encima de millares de mortos. A actuación policial, xudicial, política e mediática destes días en Cataluña non fai máis que destapar a faceta mais autoritaria dun Estado que apela insistentemente a esa Constitución que os povos da Galiza, de Euskal Herria e de Cataluña maioritariamente non votaron.

Así as cousas, engánase quen pense que isto non vai con nós porque afecta só a Cataluña. Cando son vulnerados dereitos, vulnérannolos a tod@s. Cando son pisoteadas e negadas as liberdades democráticas, négannolas a tod@s. Nese sentido, fica claro que defender os dereitos do povo catalán é defender os nosos propios dereitos. Tod@s estamos, por tanto, interpelados, e tod@s debemos mobilizarnos en defensa da democracia e da liberdade. Ora, tamén é verdade que a maneira furibunda en que o Estado ataca os dereitos e liberdades do povo catalán ten a ver co feito de que o proceso de independencia de Cataluña, para alén dunha lexítima aspiración nacional, está a implicar unha verdadeira revolución democrática, cuxa onda expansiva atinxe a totalidade do sistema político español. Cataluña está a demostrar como é o soberanismo, a reivindicación dos dereitos das nacións, o factor que realmente pon en cuestión o rexime de 78 e abre a

esperanza de construír nas nosas nacións sociedades novas, xustas, igualitarias, realmente libres e radicalmente democráticas.

Aquí, o BNG vén de presentar as Bases Democráticas. Son, nin máis nin menos, as bases en que debe substentarse a soberanía da Galiza, o novo País que queremos construír. Un País con capacidade real de decidir sobre os seus asuntos, como única maneira de deixar atrás este marco estatutario -que xa demostrou que non serve para resolver os nosos problemas- e poder comezar a erguer unha Galiza capaz de desenvolver as súas potencialidades, con progreso e benestar. Trátase, en definitiva, de sermos libres para vivirmos mellor. Mais tamén son as bases sobre as que poder edificar no noso País unha democracia real, baseada na participación permanente da sociedade.

O soberanismo catalán conseguíu de forma magnífica converter o exercicio do dereito de autodeterminación nunha bandeira de defensa dos dereitos civís de tod@s, en Cataluña e en todo o Estado. Agora xa non se trata (só) de independencia si ou non, trátase de democracia ou ditadura. Mais visto o visto fica claro -polo menos para quen quixer ver- que a independencia, tamén para nós, é hoxe por hoxe a mellor maneira de garantir democracia e liberdade. Nós sabemos de que lado estamos.

Tellados para a vida

O único fabricante español que ofrece 50 anos de garantía para todas as súas tellas. Acadamos a maior durabilidade do mercado, superando os 500 ciclos xeo-desxeo.

Tel. 981 687 053 ventas@ceramicaverea.com

www.ceramicaverea.com


6

FINAIS DE SETEMBRO 2017

ENTREVISTA

TINO lAgO

Entrevista a Gonzalo Caballero. Candidato a liderar o PSdeG Gonzalo é candidato a liderar o PSDG nas eleccións primarias que se celebrarán o vindeiro 8 de outubro. Foi un dos apoios máis importantes que tivo Pedro Sánchez no país galego desde o principio. Mesmo cando a súa volta era cualificada como unha “tolemia” por todos os grandes medios de comunicación ao servizo dos poderosos, Gonzalo sempre es-

tivo aí. Malia que como adoita ser habitual, despois dunha vitoria inesperada, agora todas e todos son máis Sanchistas que o propio Pedro Sánchez. Gonzalo é un home intelectual e humanamente moi solvente. Desborda ilusión e entusiasmo por liderar o PSDG e convertelo nunha alternativa real ao goberno de Feijóo.

“O PSdeG está na dicotomía entre o conservadorismo e o cambio. Eu quero e creo nun cambio profundo, e síntome con forzas e ilusión para lideralo.” de ningún modo supoñen un mellor goberno para a cidadanía.

Gonzalo, a última vez que conversamos foi pouco antes das primarias federais do PSOE. Após a vitoria de Pedro Sánchez ,o candidato que ti apoiaches desde o principio, cal é ,ao teu xuízo ,a situación do partido socialista? Ben, coido que estamos nunha etapa moi positiva en pleno ciclo alcista, algo que amosan todas as enquisas. O CIS dá 5 puntos de suba ao PSOE Si, e asemade quixera salientar que Pedro Sánchez é o líder mellor valorado de todo o estado, e o que o noso partido ten a intención directa de voto máis alta de todos os partidos políticos. Polo tanto semella evidente que estamos nun novo ciclo electoral. A verdade, este novo tempo lémbrame aos ciclos que permitiron os gobernos de Felipe e de Zapatero. Se xestionamos ben este tempo, estou convencido dun próximo goberno de progreso liderado polo partido socialista. Antes ou despois de que remate a lexislatura? En de-

finitiva é verosímil unha moción de censura realista e con posibilidades de éxito liderada por Pedro Sánchez? Imos ver, é necesario ser serios e rigorosos. Debemos estudar moi ben a evolución do momento político, as estratexias e alianzas realistas e desexables. O escenario normal é que este novo ciclo provoque nas vindeiras eleccións un goberno de progreso liderado polo PSOE e con Pedro Sánchez á cabeza. Pero ben ,é certo que nestes dous anos debemos manter todas as vías de diálogo abertas co resto de forzas de esquerda para explorar a posibilidade dun adianto vía electoral ou vía parlamentar dese cambio de goberno. En calquera caso seguro que todos os lectores entenden que son circunstancias de trazo moi fino as que poden marcar unha posibilidade ou outra.

Corríxeme se me equivoco, pero das túas palabras deduzo que descartas a ciudadanos como posible socio en calquera operación polí-

Falemos das primarias. Ti es candidato a liderar o PSdeG, Por que? Eu creo que o PSDG precisa abrir unha nova etapa de cambio profundo. Unha etapa construída de abaixo cara arriba e protagonizada pola militancia. Creo que hai unha dicotomía entre o conservadorismo e o cambio. Eu quero e creo no cambio, no cambio profundo e síntome con forzas e ilusión para lideralo. Considero que hai unha pulsión moi imporgonzalo caballero nunha xuntanza do psdeg tante na militancia do tica destinada a mudar o go- PSDG en prol do cambio, e berno? con toda a humildade digo que Eu a ciudadanos neste mo- quero dar todo o que teño para mento percíboo como un socio que así sexa. preferente da dereita. Malia que isto supoña que se tiveran Que tal o traballo de camque desdicir de moitos dos seus paña, percorrendo o país de compromisos. No futuro xa ve- punta a punta supoño? remos, o que teño claro é que Si, eu son un home de parcalquera goberno debe ser lide- tido, levo máis de 22 anos mirado polo partido socialista e litando. Sei que o maior motor cun proxecto nidio de esquer- de cambio está nas mans da das. militancia. Os milleiros de mulleres e homes que militan no Malia que os voceiros do psdg son os que deben tomar o PP din que non, os feitos se- timón do partido, non os aparamellan que amosan o contra- tos. E, eu levo visitando todas rio é que hai unha intención as agrupacións que podo nun explícita deste partido de proceso intenso pero moi ilufacer mocións de censura sionante. para de aquí ao 2.019 acadar alcaldías nas que a aritmética Véxoche moi ilusionado? do 2.015 non llo permitiu. En verdade que si o estou. Que nos dis da operación Co- E en gran medida contaxiado ristanco? pola ilusión que me transmiten Eu xa manifestei a miña os militantes .É enormemente opinión moi claramente. Os satisfactorio en pleno verán ver pactos coa dereita non son ad- como se enchen as casas do misibles. Nós somos a alterna- pobo para os nosos actos polítiva ao PP, en ningún caso ticos. complemento deles. Son consciente de que o PP fai este tipo Desde que no 2.009 perde operacións de deseño, que destes a Xunta non lograstes

un proxecto que puidese ilusionar e converterse nunha alternativa solvente con posibilidades reais de botar ao PP da Xunta. Desta volta é verosímil que así sexa? O proxecto do PP de Galicia está rematado. Galicia perde peso económico, demográfico, industrial, desfíxose o sector financeiro, os servizos públicos básicos son de moita peor calidade. Galicia precisa con urxencia un cambio de goberno e o PSDG ten que entender que o seu papel e a súa responsabilidade é liderar a alternativa. Eu e todo o meu equipo estamos firmemente decididos e decididas a que así sexa.

A xestora do PSdeG é neutral? Ben, como sabes un dos candidatos tivo a posibilidade de publicar a súa información na páxina oficial do partido socialista, malia que eles din que foi por erro. Eu entendo os erros naturalmente, pero preocúpame que se poida percibir que desde os aparatos se deseñan candidaturas de maneira apriorística. O proceso ten que ser protagonizado pola militancia. Xa estamos cansados de que baróns e baronesas movan os fíos, desa maneira non se pode rexenerar nada, nin seremos quen de penetrar decisivamente na sociedade galega.

Rematamos Gonzalo, podes utilizar as nosas páxinas para tirar a mensaxe que estimes oportuna. Non nos podemos resignar a crer que o PSDG non é quen de ofrecer á sociedade unha alternativa real ao goberno do PP na Xunta. Neste tempo temos a oportunidade co voto da militancia de propiciar ese novo PSDG que sexa alternativa real de goberno. Fagámolo realidade!.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

7

PUBLICIDADE


8

FINAIS DE SETEMBRO 2017

GALICIA

En Marea acusa ao PP de ser o responsable da desfeita migratoria, laboral e da ditadura do precariado na que vive Galicia na actualidade O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, polas medidas do Goberno galego para loitar contra a precariedade, unha pregunta que quedou sen resposta o que deixa en evidencia a falla de interese do PP por impulsar o emprego de calidade tratos, pero só se crearon 18 mil empregos. De media, unha asalariada – porque o precariado ten nome de muller- asina dez contratos anuais para ter traballo durante todo o ano.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, lamentou que o presidente da Xunta de Galicia semelle non contar con ningunha medida para loitar contra a precariedade laboral no noso país como quedou en evidencia ante a falla total de resposta á pregunta formulada por En Marea sobre as actuacións do Goberno galego contra a precariedade. Na súa intervención na sesión de control do pleno do Parlamento de Galicia, Villares asegurou que o Partido Popular ten instalado un sistema de traballo baseado na “ditadura do precariado”. “A día de hoxe, non pode haber segu-

ridade, nin emancipación, nin recursos para formar unha familia, xa que na actualidade unha persoa de traballa non significa que saia de pobre” afirmou Villares.

As características desta ditadura laboral como relatou o voceiro de En Marea pasan pola temporalidade, os baixos salarios e a perda de dereitos laborais. No tocante a primeira cuestión, á temporalidade, Villares declarou que na actualidade “ter un contrato non é ter un emprego”. No último ano asináronse en Galicia case un millón de con-

Segunda característica, os baixos salarios. Así os asalariados temporais combran de media un 32 por cento menos que un indefinido, o que se traduce en 8.000 euros menos ao ano. En terceiro lugar, a perda de dereitos que deixa cifras como os 20.000 falsos autónomos en Galicia que non teñen dereito nin descanso nin vacacións e concatenan contratos cando tiñan que ter un único contrato. Algo que inflúe tamén na taxa de siniestralidade laboral que ademais de mal pagado, ten máis risco de accidentes disparando a taxa de sinistralidade no noso país.

Unha situación da que é “claramente responsable” o Partido Popular coas súas dúas reformas laborais que ocasionaron perda de dereitos e trouxeron condicións miserables. “Estase creando mini traballos con mini salarios con maxi horarios, situación inédita desde s.XIX” denunciou Luís Villares. A precariedade laboral en Galicia é estructural con datos como que

desde 2015 menos do 10 por cento dos novos asalariados teñen emprego de calidade, o resto precario, ou que no total de Galicia, só o 51 por cento das traballadoras teñen un contrato indefinido a tempo completo.

Pese aos datos aportados polo voceiro de En Marea e clara pregunta sobre as medidas impulsadas polo Goberno galego para reverter a situación, o presidente da Xunta limitouse a falar doutras cuestións deixando de lado a precariedade o que da a entender que a Xunta de Galicia non conta con ningún plan ou medida para impulsar o traballo de calidade. De feito queda demostrada o escaso interese do Goberno galego por esta cuestión datos como que o pasado ano deixáronse sen executar 55 millóns de euros en políticas de emprego, concretamente 33,9 en fomento da mellora de emprego e 21 para formación de desempregadas. “¿Van pagar novamente as lámpadas do Gaiás ou as sentenzas que obrigan a pagar con cartos públicos, máis de 3 millóns de euros, a súa chapuza eólica ou as promesas electorais empregadas para gañar as campañas do PP?” recriminou Villares ao presidente da Xunta de Galicia.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

9

A LOURIÑA

g FIguEIrEdO

O Porriño comezou as súas esperadas Festas do Cristo, e durante case un mes teremos actividades musicais, infantís e espazo para o deporte. O concerto de “Camela” o sábado 23 ás 23:30 horas é o gran atractivo, pero estes 20 días de festa van dar moito máis ca este concerto. O pasado martes, día 19, ás 10 da noite, na Carpa do Roxy,

Festas do Cristo do Porriño

actuación de Antonio Serrano e o mércores, día 20, no mesmo lugar, sesión dobre: ás 8 da tarde Cándido Pazó e o seu espectáculo de humor e, ás 10, Concerto de Xoana e MQM Band. “Antonio Serrano” é un virtuoso do seu instrumento, unha das maiores promesas do jazz español actual e un dos músicos de sesión máis solicitados

do país. Dotado dunha asombrosa facilidade técnica e uns profundos coñecementos teóricos, Serrano mostra así mesmo unha enorme versatilidade musical que queda fielmente reflectida no seu amplo historial de colaboracións. O armonicista móvese con idéntica soltura en ámbitos musicais tan distantes entre si como o jazz, flamenco, pop e clásica. “Cándido Pazó”, este é un actor, autor teatral, guionista de series televisivas e director de escena con numerosos espectáculos estreados e premiados, entre os que destacan: Ou Merlo Branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1989) Comedia, un xoguete para Goldoni . É autor da maior parte das súas historias -inda que tamén as recolle da tradición e da literatura- e ten querencia polo chamado conto tabernario ou de tertulia: enfiados de anécdotas, sucesos e personaxes dos que demostran que a realidade supera á ficción. “Xoana” , os seus 18 anos, está inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando ou uso desta coa axuda de ritmos coma ou pop, ou rock, ou jazz, ou funky e mesmo ou reggae. En proceso está Dardos, o disco co que pretende irromper non mundo dá música e utilizar esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor

de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para convidar a realizar cambios!

Ademáis destes concertos, as Festas do Cristo van contar con espazos coma: “O Cristo do Rap”, festival de cultura urbana. É unha das grandes actividades das Festas do Cristo 2017 no Porriño. Ou Cristo do Rap é un festival de cultura urbana cuxo obxectivo é a creación dun espazo de cultura interxeracional que fomente as actividades entre os mozos apaixonados pola cultura contemporánea. “Festival Montando O Cristo”, rock no Porriño. Outro dos eventos destacados das Festas. O Montando O Cristo chega á súa cuarta edición cun cartel representado en catro bandas moi dispares. A festa de presentación do festival rockeiro arrinca o venres 29 de setembro nas escaleiras do Parque do Cristo coa actuación de “Tati´s Joplin & The Kozmic Blues Band”, unha banda tributo a Janis Joplin e á súa formación máis lendaria. O sábado 30 de setembro será o gran día do festival, que se será na “Carpa do Roxy”. A banda coruñesa “Anima” presentará o seu novo traballo “En Guerra”, o grupo vigués “Stoned at Pompeii” desembarca no Porriño co seu álbum “Ancroidal”

O POrrIñO

mentres que os tudenses “Blast Off” poñerán a nota de trash metal a Montando O Cristo. “Mitic”, o espectáculo. Mitic ten como obxectivo darlle outra visibilidade a algo tan tradicional da música galega como a gaita. Un concerto de 90 minutos no que soará a música de Guns N´ Roses, “The Final Countdown” de Europe ou a banda sonora de E.T. O recital será o sábado 30 de setembro ás 21:30 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios. “Canta”, cinema para os máis pequechos. O nenos tamén contan co seu espazo nestas festas e haberá unha proxección na “Carpa do Roxy” de “Canta” o sábado 23 de setembro ás 12:00 horas do mediodía. “Festa dos Callos”, hora de encher a barriga noutra edición máis da festa dos callos. O 1 de outubro a partir dás 11:00 horas nos establecementos hostaleiros da localidade porriñesa. “Milla urbana do Porriño”, dentro das actividades deportivas desta gran festa haberá o Kung-fu, ximnasia rítmica, ciclismo, balonmán ou tenis. A gran Milla Urbana o venres 29 de setembro ás 18:00 horas e outro evento deportivo importante será o “Encontro Internacional de Aeromodelismo”, que terá lugar en Pontellas o sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro.


10

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


11

FINAIS DE SETEMBRO 2017

A LOURIÑA mOS

Aberto o prazo de inscrición para participar na Ruta da Cerámica que transcorrerá por Mos o 30 de setembro

As prazas dispoñibles son 50 por iso se lles recomenda aos interesados inscribirse canto antes

Dende a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que xa se atopa aberto o prazo de inscrición para a actividade que terá lugar o vindeiro 30 de setembro

pola chamada Ruta da Cerámica. A ruta terá saída do pazo de Mos ás 10.30 horas da mañá e chegada ao Pazo sobre as 12.00 horas. Unha vez finalizada a ruta haberá unha explicación dun ceramista sobre como se traballa a cerámica e os participantes terán a oportunidade de elaborar algunha peza. O límite de participantes é de 50 en total por iso os interesados deben inscribirse canto antes. Esta ruta está enmarcada no programa da Deputación de Pontevedra denominado ‘Etnoexperiencias, itinerarios e mostras do saber popular’ e organízao conxuntamente co grupo Estela Arqueoloxía e Patrimonio. En Mos realízase a Ruta da Cerámica pola tradición existente no municipio do traballo desta técnica artístico-artesanal.

O concello de Mos á cola en canto a rapidez no pago a proveedores Tarda 89 días en pagar, cando por lei son 30 días

A realidade pon no seu sitio aos gobernos que basean o seu traballo na propaganda. Xa van moitas veces que o PP de Mos sae a presumir de xestión económica, pero por suposto con datos coma éste , pódese ver que non é así. E non é que o digan outros partidos, senon que é o propio ministerio de Facenda que comunica, que dentro dos concellos da provincia de Pontevedra, Mos ocupa un dos postos da

cola en canto a rapidez no pago a provedores. Por moito que presuma o goberno local, queda demostrado que non é todo verdade o que publicitan, e as empresas que suministran aos concello sofren unha tardanza de 89 días en cobrar, e para o BNG ¨iso non ten desculpa¨. ¨Hai que cumprir a lei, pero o que pasa é que para o PP hai leis de primeira e de segunda.¨ Apuntan dende a formación nacionalista.

mOS

Descenso do paro en Mos? GañaMos desgrana os datos

Esta vez sobre algo tan sensible como os postos de traballo, cuxo número disminue según o cadro da evolución de afiliados/as á S.S. que eles mesmos elaboran dende a "Axencia de Colocación municipal". Como se pode comprobar no cadro de poboación activa, esta reducese en 100 persoas, dato que eles manipulan e transforman nunha baixada do paro grazas as súas políticas de emprego cando a realidade é que a nosa xente emigra, desaparece ou desiste de atopar traballo.

¨De novo o goberno da sra. Arévalo nos minte descaradamente, sen vergoña algunha manipulan a información para alardear dunha reducción do paro no noso concello.

ou desistiron de atopar traballo e por iso reducese o número de parados/as.¨ Apuntan dende a formación asemblearia. De feito, no segundo cadro, o número de afiliados/as á Seguridade Social é menor que a principios de ano, o que evidencia que non se crearon postos de traballo senón o contrario.

Un resultado moi pobre para fachendearse sendo xuño ademáis un mes no que historicamente baixa o paro pola estacionalidade do sector servicios. Por se fora pouco, se entramos en detalles sobre o tipo de contratación efectuada atopamonos cunha tremenda precariedade cunha maioría contratos xa non de semanas senón de días ou mesmo horas.

AFILIADOS Á SEGURIDADE SOCIAL POR ACTIVIDAD xuño 2017 R.XERAL BAIONA FORNELOS DE MONTES

1% 0% 2%5% 2% 0% 9%

GONDOMAR

2500

MOS

3% 1% 0%

NIGRÁN

2000

1847

1748

PAZOS DE BORBÉN

1725 1511

1500

PORRIÑO, O

77%

1344

1199

REDONDELA

1000

SALCEDA DE CASELAS SOUTOMAIOR

500 0

2012/Xuño

2013/Xuño

AFILIADOS Á S.S.

Ocupados por sector de actividade - evolución

2014/Xuño

XANEIRO

BAIONA

FEBREIRO

2.212

2015/Xuño

MARZO

2.238

2016/Xuño

ABRIL

2.295

2017/Xuño

MAIO 2.416

XUÑO 2.421

2.067

5000

FORNELOS DE MONTES

110

122

130

138

156

143

4000

GONDOMAR

3.439

3.436

3.425

3.487

3.473

3.440

3000

MOS

7.777

7.851

7.943

7.738

7.743

7.772

2000

NIGRÁN

0

3.952

PAZOS DE BORBÉN

1000 2012/Marzo

2013/Marzo

2014/Marzo

2015/Marzo

2016/Marzo

2017/Marzo

Industria

Construción

Servizos

Non consta

Lineal (Industria)

Lineal (Construción)

Lineal (Servizos)

ACTIVOS

XANEIRO 3.275

FORNELOS DE MONTES GONDOMAR MOS NIGRÁN PAZOS DE BORBÉN

FEBREIRO 3.261

MARZO

ABRIL

3.288

MAIO 3.363

401

14.096

14.222

REDONDELA

7.527

7.479

7.498

7.662

7.825

7.824

1.936

319

338

313

4.792

4.768

4.614

9.200 5.525

8.998 5.583

1.949

1.939

1.956

1.926

1.131

1.183

1.199

1.164

1.156

130.946

130.481

131.939

132.598

133.030

172.627

173.026

172.814

175.073

176.081

176.437

8.973 5.616

Afiliados S.S.

2.887

326 4.802

5.490

1.940

1.120 130.775

XUÑO 3.322

320 4.826 9.121

4.456

390

13.979

VIGO

312

5.422

4.259

381

13.489

SOUTOMAIOR

4.833 9.071

4.195

360

13.502

TOTAL COMARCA

BAIONA

4.061

367

13.426

SALCEDA DE CASELAS

Agricultura e pesca

4.014

353

PORRIÑO, O

8.971 5.671

734

737

727

739

741

725

PORRIÑO, O

15.259

15.336

15.368

15.821

15.873

15.927

REDONDELA

9.760

9.682

9.716

9.819

9.911

9.744

SALCEDA DE CASELAS

2.815

2.817

2.819

2.790

2.782

2.704

SOUTOMAIOR

1.847

1.867

1.892

1.902

1.830

1.777

VIGO SOUTOMAIOR SALCEDA DE CASELAS REDONDELA PORRIÑO, O PAZOS DE BORBÉN NIGRÁN MOS GONDOMAR FORNELOS DE MONTES BAIONA 0

20.000 XUÑO

40.000 MAIO

ABRIL

60.000 MARZO

80.000 FEBREIRO

100.000

120.000

140.000

XANEIRO

cadro evolución da poboación activa

Gábanse de acadar 113 parados menos cando a realidade é que a poboación activa baixou neste ano de 9.071 en xaneiro a 8.911 en xuño, 100 persoas menos que emigraron, desapareceron

cadro evolución afiliados/as seg. social

GañaMos remata a nota pedindo á alcaldesa que rectifique, e ¨que deixe de enganar a veciñanza en vez de acadar solucións.¨ Conclúen


12

FINAIS DE SETEMBRO 2017

A LOURIÑA mOS

Mos queda sen comunicación con Vigo no transporte público

Dende o Grupo Municipal Socialista denuncian ‘a pouca sensibilidade que está demostrando o grupo do PP de Mos, deixando os veciños das parroquias sin un servicio que pouco a pouco se foi degradando como é o transporte público de viaxeiros. Os veciños de Mos nunca podrán entender que coa distancia que nos separa de Vigo, esteamos sen un servizo primordial, seguro que si non houbese caprichitos, pataleos e mirar quen tiña máis idade para presidir a mesa na constitución da área metropolitana, os veciños non estarían a sufrir estas consecuencias, e o problema non existiría. Unha vez máis os veciños podemos comprobar cómo a alcaldesa Nidia Arévalo está perdendo todo o peso no partido Popular, quedando demostrado en este tema do transporte onde menosprecian os veciños de Mos e incluso ca sustitución como diputada na Diputación, quedando Mos sin representación.’ Aclaran. O PSdeG pediulle á alcaldesa que xa que non contan con ela en decisións do seu partido, se poña a traballar para os veciños de Mos, e que pase a carreira política a segundo plano.

mOS

A Fonte de Porto esnaquizada

O BNG demanda da alcaldesa a súa reposición inmediata, e denuncia o arranxo do camiño do Bosende sen permisos

foto de google maps anterior a obra onde vemos escaleira e oco de acceso Á fonte.

pódese ver como non existe a fonte, un non pode entrar ao fondo de pé, cegouse o manancial e non corre a auga.

Oscar Rodriguez Campo, responsábel local do BNG denuncia que o PP vendeu un plan de posta en valor de fontes e lavadoiros que non deixa de ser un lavado de cara despois de que Nidia Arévalo non tivo escrúpulos en cegar a fonte de Porto. Esta actuación no camiño do Bosende conlevou ao concello, despois da denuncia feita polo BNG, a apertura dun expediente sancionador na conca hidrográfica Miño-Sil. Tamén indican que toda a obra feita no camiño do Bosende, e que repercute na fonte, foi feita sen permisos nin autorizacións

despois de estar 11 meses derrubado o camiño a consecuencia das inundacións de febreiro do ano 2016. A alcaldesa Nidia Arévalo, despois de saír repetidas veces nos medios ca plana maior do seu partido vendendo eficacia, atopámonos con 11 meses de espera para arranxar 100 metros de camiño, e inda por riba sen cumprir a lexislación vixente.

‘Que exemplo é isto para os veciños?, con que ética vai sancionar aos veciños que incumpren a lexislación no noso concello cando dende o goberno local non se cumple tal lexislación?.’ Conclúen.

CxG pide as competencias en materia de Seguridade Social para Galicia e a reforma do marco normativo dos aútonomos Os problemas das cooperativas de traballo demostran a necesidade de avanzar nunha reforma profunda. Por parte do Ministerio de Traballo e dende Facenda estase a levar unha campaña de control das cooperativas de traballo, correcto xa que é a súa función. Pero as resolucións de sancións e retirada de permisos as cooperativas ven a certificar a nula capacidade das distintas reformas laborais, tanto a do PSOE coma a do PP, centradas no recorte e no réxime xeral e que obviaron as novas formas de traballo. Unha oportunidade perdida. Ista situación certifica a necesidade de regular estes sistemas sen causar danos nin a traballadores freelance nin a aútonomos, Galicia é unha realidade destas dúas modalida-

des de traballo e non podemos permitir a perda de potencial como País. A actual normativa de seguridade social dos autónomos é de 1970, xa se pode imaxinar o cerca que está da realidade actual do mercado de traballo e da sociedade do emprendemento. É hora, tendo en conta a situación política do estado, no que os consensos son imposibles de que en función da estabilidade vendida polo Señor Feijoo se pida a transferencia nesta materia e se proceda a regular a realidade destes traballos en Galicia, os autónomos non poden seguir aguantando a presión fiscal e tampouco se pode poñer freo a novas formas de traballo, convén regular ben a realidade. Convén apostar polo emprendemento. Esta é a mostra da capacidade de compromiso cos emprendedores que teñen os

distintos gobernos. Compre á administración xerar un marco de seguridade xurídica, e niste caso demostrase que non se fai. Xa que logo CxG propón que, cando menos, se establezan uns límites claros de horas/ano e importe máximo ingresado para que deste xeito o “freelancer” poda acollerse a este tipo de cooperativas e evitar calquer tipo de mal entendido coa administración.

Competencias na materia para Galicia, significa regular mellor a nosa realidade e tamén avanzar como País, non é posible Galicia sen empresas e sen autónomos e tamén é preciso estar á vangarada dos novos xacementos de emprego, sen trampas e sen competencia, cun marco regulador axeitado.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

13

A LOURIÑA g. FIguEIrEdO

O turismo en Salceda de Caselas, que visitar:

Salceda de Caselas é un municipio galego situado na parte suroriental da comarca de Vigo. Limita cos municipios de Tui, Porriño, Pon-

carballeira da laxe

Está formado polas parroquias de Entenza, A Picoña, San Xurxo de Salceda, Santa María de Salceda, Santo Estevo de Budiño, Soutelo e Parderrubias. Desta localidade descenden os afamados actores Martin Sheen e Charlie Sheen. A parte de Martin e Charlie Sheen, de Salceda tamén destacan personaxes como Denis Suárez (1994), futbolista do FC Barcelona e da Selección Española sub19 e David López Veleiro, coñecido artisticamente como David Amor, actor, humorista, presentador de televisión, xogador de balonmán e modelo. Tamén coñecido pola súa aparición no programa de televisión de Antena 3 O club da comedia e "Gym Tony". En Salceda hai un feixe de espazos naturais dos que podemos gozar cuns paseos pola natureza inmellorables. Destes podemos destacar a Carballeira de A laxe, a Carballeira de Xabarís, As sobreiras da Ascensión, o Espazo Etnográfico de Cabreira, o Muíño do Pantel, o Parque Etnográfico Fonte- Muíños do Regueiro, o Río Tinto, Río Landres, Poza do Cabalo, Área Recreativa dos Agoreiros, Área Recreativa das Covas, Área Recreativa das Curuxeiras, As Conforcadas, Faro de Budiño e Montes de San Cibrián, Área Recreativa do Rubal, Área Recreativa do Penedo redondo, O Borralliño, Espicho do Faro, Penedo de Cerdeiriña, Monte As Penizas, Área Recreativa do Manteiro, O Cotello, Castelo de Entenza, Chan da Igrexa San Tomé, Ribeira das Lamas, Regato de Lagoella, Muiños do Regueiro do

Silval, Carballeira de Budiño, Muiño do bacón, Espazo Natural de Ponte Carneiro, Regato da Fraga, Fonte Ferreira, Fonte das Carballas, Fonte de Agüín, Senda Peoníl do Regato da Lagoella, Senda de Arantei, Senda de Entenza, Senda do Landres, Senda do Río Caselas, A Senda dos Humidais e falamos un pouco das máis significativas:

“As Gándaras de Budiño”; estas pertencen a Rede Natura do ano 2000, son atravesadas por varios roteiros: a Senda dos Humedais trazada polo Concello de Salceda de Caselas, , ruta de As Greas, o Camiño de Santiago o Roteiro das Ribeiras do Louro Roteiro das Gándaras de Budiño, neste roteiro atopáronse xacementos arqueolóxicos da época paleolítica e é unha zona rica en patrimonio etnográfico, destacando a igrexa Madalena, do século XIX, cruceiros, pontes, pontellas e as poldras; estes son sendeiros elevados feitos en pedra para o tránsito nas épocas de inundacións. Imos destacar tamén “A Zona dos Sete Camiños”, neste espazo natural no límite con Budiño e Parderrubias, nas inmediacións do Penedo do Redondo e Cemiterio de Parderrubias atopamos un espazo mitificado a través de diversas lendas nas que se teñen reproducido ritos de diversa índole no centro da unión dos 7 camiños, marcado polas profecías. O especial interese deste espazo se traduce na existencia de Succisa pinnatifida, unha especie incluída no catálogo do libro Ver-

teareas e Salvaterra de Miño. Salceda de Caselas é un dos concellos que compoñen a área Metropolitana de Vigo.

muíño de pantel

mello de especies en perigo de extinción e que ten unha poboación relevante. A importancia desta especie é que só se atopa en tres puntos do espazo galego, polo que a súa presenza é moi salientable a ter en conta e a preservar. En poucos lugares de Galiza podemos atopar un número tan elevado de Pazos como en Salceda. Erguidos como morada das familias fidalgas nos séculos da ldade Moderna, combinan a súa condición residencial e de lecer coa de centros de produción agrícola. En Santa María de Salceda atópanse os dous fermosos pazos de Pegullal e Avalle.

“O Pazo de Pegullal”, que foi construído no século XVIII, con estrutura en forma de “U”, conta cunha dobre escalinata de acceso que acaba nunha solaina de balaustradas. Hai que destacar a súa finca, que comprende unha capela dobremente blasonada, un singular hórreo de case catorce metros de lonxitude, cun portalón monumental co escudo de armas da casa.

“O Pazo de Avalle”, trátase dunha construción barroca de 1787, con belo portal de entrada, escalinata que acaba nunha suntuosa solaina. O Edificio ten forma de U e dúas plantas. Á fachada principal ascéndese por unha escada exterior con balaústre (que presenta unha serie de pináculos cun anxo sostendo o sol que da orixe ao escudo de armas do Concello) que continúa cunha solaina de

faro de budiño

cinco arcos de medio punto. Nunha das fachadas laterais presenta solaina de arcos de medio punto e abalaustrada. O portón da entrada presenta un muro e vano sobre o que sobresae un alto onde aparece debuxado un escudo con forma de corazón coas correspondentes armas de: Avalle, Lira, Sarmiento, Falcón. En San Martiño da Picoña atópase un dos pazos máis fermosos de Galiza, coñecido co nome da “Casa Grande” e constitúe a mellor mostra do esplendor dos señores da Picoña, de gran relevancia na comarca. Foi fundado no ano 1543 por D. Morguete Rodríguez e a súa xurisdición foi outorgada por Felipe II. Lamentablemente o pazo foi convertido en vivendas unifamiliares que tiñan posesión destas terras, polo que quedan poucos elementos do pazo inicial catalogado como un nos que se presentaba maior riqueza dos arredores. Na parroquia de Entenza, no lugar da Corisca, está a casa que pertenceu ao xeneral Rubio. Actualmente todos están en mans privadas, polo que a súa visita non é posible, é unha mágoa. Das gran cantidade de festas que se celebran en Salceda ao longo do ano, por todalas súas parroquias, vouvos destacar “A Festa do Nadal, O entroido ( esté é o máis antigo de Galiza), A festa do Cristo e a Festa dos Callos”. Anímovos a que vos pasedes por esta fermosa vila a gozar da súa natureza e do seu entroido, pois ben pagan a pena a visita.


14

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

15

A LOURIÑA mOS

Polo seu interese, reproducimos o comunicado da ANPA do CEIP Pena de Francia de Mos:

¨A ANPA do Pena de Francia esta moi preocupada pola situación do Pavillón semiderruido anexo ao noso Colexio porque se ben hai escasos dias Nidia Arévalo anunciou unhas subvención ou inversións da Xunta e maila Deputación para arranxar o dito pavillón. Resulta que estas subvención podense perder porque o titular dos terreos non é o Concello senón a Comunidade de Montes de Tameiga.

Arévalo non so anunciou a execución inminente das obras á prensa senón que ademáis o fixo persoalmente a nosa Anpa o pasado martes 5 nunha reunión bilateral. Cando preguntamoslle a Arévalo polo problema da titularidade dixonos que xa esta firmado con Montes de Tameiga a cesión de uso e que incluso estaban negociando a cesión dunha parcela para unha entrada directa por

arriba. A nosa sorpresa cando posteriormente falamos co presidente de Montes de Tameiga e nos dixo que non, que eles ofreceronlle unha cesión de uso gratuita e a perpetuidade ao Concello coa condición de que eses terreos foran sempre de utilidade pública para desfrute de todos os veciños pero que Goberno Municipal non quere aceptar esta condición. A nós esta condición non nos parece un obstáculo senón mais ben algo incluso recomendable. Dende Anpa facemos un chamamento para non se xogue coa educacion dos nosos fillos, pedimos que se aunen esforzos e vontades para levar a bo termino o arranxo do Pavillón e acadar o antes posible recuperación para as nenas e nenos de todas as zonas agora restrinxidas. Lembrar que levamos dende primeiros de ano con 2 patios pechados dos 3 que ten o Colexio e o acceso principal pechado que obriga a acceder por un camiño de terra que se enlama cada vez que chove. Por favor, queremos recuperar a normalidade.¨ Remata o comunicado.

O POrrIñO

Tivo lugar a asemblea da CIG do Porriño

O pasado día 8 de setembro a Unión Local da CIG Porriño desenvolvía a súa asemblea ordinaria.Alberto Gonçalvez ,secretario comar-

cal da CIG Vigo, presente na devandita asamblea declarou a Nova Peneira que : "valoro de maneira moi positiva esta xuntanza porque afortala ao

sindicato na localidade .De feito, CIG xa é a primeira forza sindical na Louriña con milleiros de afiliadas e afiliados.Esta asamblea revitaliza o traballo sindical das e dos compañeiros da CIG de O Porriño e desde a miña responsabilidade da secretaría comarcal da CIG Vigo así o quero recoñecer."

SAlcEdA

Solicitada unha subvención para a humanización da Praza da Devesa de Salceda de Caselas

O Concello de Salceda vén de presentar o “Proxecto de mellora e acondicionamento da Praza da Devesa” no Plan de investimentos en equipos e dotacións singulares en mellora do reequilibrio territorial dos servizos en Concellos de menos de 20.000 habitantes convocado pola Deputación. O proxecto conta cun orzamento de 483.671,86 € dos cales, a Deputación asumiría un total de 386.937,49 €.

O proxecto estivera xa comprometido nos orzamentos do Estado de 2011, e parcialmente tamén nos do 2012. Sen embargo, o Goberno de Rajoy non cumpliu co recollido nos orzamentos, deixando o proxecto sen executar, a pesares de ter remitida toda a documentación que daquela se lle solicitara ao Concello. Na obra contémplanse un espazo para a parada do transporte público, un espazo propio

para o Centro de Servizos Sociais, unha área de xogos infantís, zonas verdes, renovación das redes soterradas dos diversos servizos, novo alumeado e diverso mobiliario urbano. A Praza da Devesa foi o centro neurálxico e histórico da vila, polo que o Equipo de Goberno considera primordial a recuperación e posta en valor do espazo. Besada definiu o proxecto como “a creación dun novo espazo de 4.000m2 que mellorará a paisaxe urbana da vila, revitalizando tamén as rúas contiguas, nunha zona actualmente pouco atractiva. Seguimos dando pasos na recuperación da nosa vila para as persoas, con especial coidado nos colectivos máis sensibles como os da infancia, a terceira idade, ou as persoas con discapacidade”


16

FINAIS DE SETEMBRO 2017

A LOURIÑA mOS

A Policía Local de Mos controla as paradas do Transporte Público de Galicia e emite informes de incidencias

O POrrIñO

A Concellería de Emprego e Benestar do Porriño impulsa a sinatura de 20 contratos por 1 ano a persoas que cobren a RISGA

Todos os retrasos e ausencias certificados polos axentes locais lle están a ser remitidos á Dirección Xeral de Mobilidade polo Concello

Tras reunirse o pasado 5 de setembro a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro Saavedra, para buscar unha solución aos problemas existentes no municipio mosense relativos ao novo servizo do Plan de Transporte Público de Galicia, a Policía Local mosense –a instancia da rexedora municipalleva unha semana emitindo informes oficiais diarios sobre o cumprimento do horario e das paradas do servizo autonómico de transporte público.

Tras unha semana de control policial por parte dos axentes locais, os informes constatan que a maioría de incidencias nas liñas que pasan por Mos son relativas a retrasos de entre 15 minutos e media hora, existindo tamén unha

porcentaxe de autobuses que non pasan que foron detectados fundamentalmente no horario de mañá. Todos os informes policiais emitidos foron enviados pola asministración local á Dirección Xeral de Mobilidade para que tome as medidas oportunas e, pola súa banda, a concelleira mosense de Mobilidade, Julia Loureiro, xa se reuniu no Concello varias veces esta semana con representantes das dúas principais empresas operadoras de transporte que pasan por Mos para esixirlles que presten o servizo segundo o establecido.

A principal problemática do Transporte Público de Galicia ao seu paso por Mos é que a información existente sobre liñas, frecuencias, horarios e paradas de autobús é insuficiente; que o servizo de transporte sufre retrasos e que hai paradas que non se respectan. Como é lóxico, esta situación está a xerar queixas veciñais que Arévalo lle trasladou ao Director Xeral de Mobili-

dade ao tempo que lle solicitou a realización das xestións necesarias para que o servizo de transporte se manteña nas condicións previas e incluso que se mellore, posto que xa antes fóran detectadas pequenas incidencias.

Dende o Concello de Mos a preocupación por este tema é notable polos graves contratempos que se lles está a causar aos veciños e veciñas mosenses. A urxencia de solventar as deficiencias canto antes para continuar a prestarlle á veciñanza un servizo básico e vital para poder levar a cabo o seu día a día coa normalidade que antes o facían é vital e, por iso, dende a Policía Local se lle está a facer seguemento exhaustivo a este tema co obxectivo de que as empresas concesionarias do servizo de transporte reanuden as rutas que pasan por Mos cumprindo as frecuencias, horarios e paradas establecidos; solucionando así unha situación que está a ocasionarlles graves problemas aos veciños e veciñas de Mos.

A Concellería de Emprego e Benestar, que dirixe Soledad Girón, impulsa a sinatura de 20 contratos laborais a outras tantas veciñas e veciños do Porriño que na actualidade están percibindo a Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA). A diferencia doutros anos, nesta ocasión a duración dos contratos aumenta ata 1 ano e serán a tempo completo. Ata o dagora os mesmos eran por un período de 7 meses e abranguían o 75% da xornada laboral.

Soledad Giron explica que para facer posible este incremento de duración, á cantidade que aporta o Goberno galego para a realización dos mesmos, 119.463,4€, o Concello do Porriño, por medio da Concellería

de Emprego, engade 160.000€ máis que cobren, os 5 meses de duración dos traballos que quedaban ata completar o ano, e o 25% que restaba para que a contratación pasase do 75% a ser a xornada completa. A concelleira salienta a importancia que ten a dobre ampliación da duración destes contratos dado que as persoas que traballen este ano a tempo completo adquirirán, ademais da experiencia laboral, uns dereitos, á finalización do contrato, que son moi distintos aos que outorgaban contratos de 7 meses ao 75% da xornada.

Soledad reitera, de novo, que “a creación de emprego segue a ser a principal prioridade do Goberno local” e que neste eido fará todos os esforzos e impulsará, coma ven facendo, todas as iniciativas que faciliten a creación de postos de traballo no Porriño.

Por último, indica que as persoas que asinen estes contratos empezarán a traballar xa en outubro.

O POrrIñO

A Policía Local leva a cabo unha estreita vixilancia do cumprimento da Ordenanza de Convivencia que contempla multas por non recoller os excrementos dos cans ou deixar refugallos fóra dos contedores O obxectivo é o de promover e potenciar o valor e a necesidade social da reciclaxe, potenciando o papel activo das veciñas e veciños, facilitándolles, dende o Concello, a súa colaboración coa finalidade de mellorar a separación do lixo, xa na casa, así coma o correcto verquido dos refugallos orgánicos que será, obrigatoriamente, en bolsas que teñen que deixarse nos colectores que o Concello ten para elo.

As concellerías de Seguridade e Limpeza veñen de iniciar unha Campaña de Sensibilización e Concienciación Ambiental que abrangue, ademais, o

coidado dos espazos públicos, tanto no casco urbano coma nas parroquias, sublimando a importancia da separación selectiva dos residuos.

Ademais, como xa anunciara o concelleiro de Limpeza, Orlando Márquez, co gallo da colocación de parte das novas papeleiras en diferentes partes do Porriño, a Policía Local está

a realizar xa unha especial vixilancia da recollida por parte dos seus donos dos excrementos que os cans deixen nas rúas.

Neste eido, o novo xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, subliña que a propia Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia Cidadá, Limpeza de Vías Públicas e Recollida de Residuos “contempla sancións de ata 1.500€ polo seu incumprimento”.

O novo xefe da Policía Local, logo de que se repetisen os casos de aparición fora dos lugares sinalados ou en días e horas que non son os regulamentados de desproveitos volu-

minosos, lembra que para a súa recollida “é preciso avisar ao Concello, fixando o día e a hora para que se faga a retirada, atopándose o Punto Limpo habilitado no Polígono da Granxa, de luns a venres,en horario de mañá”.

Tamén no caso de que se deixen estes refugallos voluminosos, coma mobles, restos de obras e sobrantes de materiais de construción ou electrodomésticos, fora dos lugares indicados, ou en horarios que non foran pechados co servizo municipal de Limpeza, os axentes da Policía Local procederán a realizar a correspondente denuncia.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

17

PUBLICIDADE


18

FINAIS DE SETEMBRO 2017

A LOURIÑA SAlcEdA

Nais e Concello impiden a saída dun autobús escolar con máis nenos que prazas

Por terceiro día consecutivo, Monbús pretendía enviar os nenos/as do CEP Altamira da parroquia de Picoña e parte de San Xurxo nun microbús con capacidade insuficiente para o alumnado. Tanto o luns como o martes os cativos viaxaron sentados de tres en tres en cada dous asentos, feito que pretendía volver repetirse hoxe mércores. Sen embargo, dende o Concello xa se tiña avisada a Policía Local para que non permitise a saída do autobús nesas condicións, e o mesmo fixeron un grupo de nais da parroquia, así como compoñentes da directiva da ANPA e a mesma Concelleira de Ensino Tere Pérez, que se presentaron na saída do colexio dispostas a defender a seguridade dos seus fillos e fillas. Ante esta situación, a empresa optou por facer unha doble viaxe, facendo a primeira saída cos nenos das paradas de Outeiro e Condide. Mentres tanto, o resto de cativos agardaron no colexio baixo o coidado de persoal docente do centro, que se encargou da vixianza dos mesmos ata a chegada da segunda viaxe que os levou á súa casa. Tere Pérez, Concelleira de Ensino: “Consideramos de extrema gravidade o que estivo acontecendo estes dous días, e non imos consentir que se repitan este tipo de situacións. A empresa terá que mandar un autobús con

capacidade suficiente para atender o alumnado de cada unha das rutas, pois tampouco é de recibo deixar a case unha vintena de nenos e nenas agardando no colexio a que veña o autobús de volta a recollelos”. Dende a entrada en vigor do novo Plan de Transporte, o Concello de Salceda leva dado innumerables pasos na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do municipio, que viron drasticamente reducidas as frecuencias de autobuses para desprazarse a Vigo ou a Tui. Onte mesmo o Salón de Plenos do Concello de Salceda de Caselas acolleu a xuntanza convocada polo Equipo de Goberno cos representantes das asociacións de veciños, xubilados, ANPAS e outras persoas afectadas polos cambios producidos no sistema de transporte público. O Alcalde Marcos Besada, acompañado polas Concelleiras Tere Pérez e Carla Pérez, fixo unha exposición da situación actual, atopándose con un absoluto descoñecemento por parte dos colectivos. Así mesmo, o Concello deu conta dos pasos dados ante a Xunta para defender os intereses dos veciños e veciñas de Salceda ante o que consideran un atropelo nunca antes visto no que a mobilidade se refire, con numerosos escritos enviados á Dirección Xeral de Mobilidade solicitando a reposición das liñas retiradas así como o aumento de frecuencias das mesmas. Na reunión cos diferentes colectivos acordouse iniciar acción conxuntas na defensa do servizo de transporte público en Salceda, que se irán materializando nos vindeiros días.

O POrrIñO

BNG: ‘Eva Garcia de la Torre segue enganando á veciñanza cos orzamentos municipais’

O Bloque Nacionalista Galego, considera que o anuncio da alcaldesa de levar os orzamentos a aprobación en setembro é un conto mais coma os anunciados nos dous anos anteriores.

Parece que a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, escolle o remate das vacacións para anunciar, igual que fixo no 2015 e 2016, que está a traballar nos orzamentos municipais para propor aos grupos da corporación unha proposta de orzamentos. Por desgracia paro o pobo do Porriño, o grupo de goberno pensa que os orzamentos poden aprobarse sen que se elabore unha proposta. Porque iso é o que fixo o goberno municipal nos dous e medio que leva gobernando. Nunca presentou unha proposta completa para negociar e conseguir os apoios necesarios para aprobalos. Só se limitou a anuncios e propostas de cara a galería e a ocupar espazos nos medios de comunicación.

Nesta liña de falla de xestión económica, sempre tratou a alcaldesa e o seu grupo de goberno culpabilizar aos grupos da oposición da falla dun orzamento. Neste senso preguntase o portavoz do bng, Pedro Pereira , ¿ Pódese responsabilizar ao bng de non apoiar uns orzamentos cando a alcaldesa nunca nos presentou unha proposta completa para o seu debate? . Seremos nos responsábeis ou os

integrantes do goberno ?. Como consideramos que non estamos nun mundo ao revés. So hai unha responsábel e esta non é outra mais que a alcaldesa Eva García de la Torre. A coalición entre o PSOE e CDDL leva gobernando O Porriño, xa mais de dous anos, cos orzamentos elaborados polo PP no 2012, dando pedro pereira a sensación que este goberno está cómodo con eles xa que non tratou de mudalos. Tratar de culpabilizar ao servizo de intervención e a falla de interventora/o da responsabilidade de non ter un orzamento non ten outro nome que o de tapar a falla de capacidade na xestión municipal deste goberno.

O Bloque Nacionalista Galego, non quere escoitar mais anuncios. Reclamamos seriedade e presentación de propostas claras, completas e motivadas tanto de gastos coma de ingresos para poder falar de chegar a acordos. Sempre estivemos e estamos dispostos a chegar a acordos, pero este goberno ten que estar disposto a escoitar tamén as propostas do bng. E a mellor maneira non é que o goberno siga insistindo diante da veciñanza e nas reunión dos colectivos sociais que non hai un orzamento por culpa do bloqueo da oposición. Ese non é o camiño para chegar a acordos e contar cun orzamento que marque as liñas de defensa e xestión pública dos servizos, que teñan un claro contido social tanto en servizos como en inversións.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

19

O CONDADO SAlVATErrA

ArbO

“Escenarios da prehistoria” Exposición de fotografías de Federico de la Peña no Castelo de Dona Urraca ques temáticos: Asentamentos paleolíticos, Monumentos megalíticos, Petróglifos e Castros. Componse de 45 fotografías enmarcadas e paneis explicativos dos diferentes períodos.

Esta exposición xorde coa idea de percorrer as mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia a través das fotografías de Federico de la Peña. ‘Escenarios da Prehistoria’, nome co que así se coñece esta colección de 45 fotografías, pon de manifesto un dos bens patrimoniais máis relevantes da nosa provincia, como é a súa riqueza en asentamentos prehistóricos de gran relevancia. ExposicionPrehistoricaA exposición divídese en catro grandes blo-

Federico de la Peña é o comisario e autor das fotografías da exposición, naturalista, produtor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográfico, entre outras facetas profesionais. O Castelo de Dona Urraca, albergará, unha vez máis, unha exposición que estará aberta ó público tódolos sábados, domingos e festivos dende o venres 8 de setembro ata o domingo 8 de outubro. O horario de apertura da exposición é de 11:00h a 14:00h e de 16:000h a 20:00h. O vindeiro día 8 de setembro ás 20:00h celebrarase a inauguración da mesma. Ademais, cabe lembrar que o Punto de Información Turística de Salvaterra de Miño traballará, paralelamente, neste mesmo horario nas dependencias do Castelo de Dona Urraca.

Acondicionamento do Sendeiro Almuiña San Xoan, en Arbo

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, esta a desenvolver as obras do Acondicionamento do Sendeiro Rio Deva a Praia Fluvial de San Xoan O Concello de Arbo, quere continuar pondo en valor o entorno do Rio Deva a través de acondicionamentos de sendeiros, mobiliario na Praia Fluvial e a divul-

gación de rutas a través de paneis informativos. Deste xeito, o Concello de Arbo, solicitou a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, colaboración para o acondicionamento do Sendeiro dende o Rio Deva a Praia de San Xoan de Arbo. Neste marco a citada conselleira, comezou as obras de previstas que consisten na roza manual do trazado, a mellora do camiño, a instalación de pasarela de madeira e escaleiras, construción dun muro de cachotaría para estabilizar o camiño e instalación dun panel interpretativo coa información relativa ao sendeiro.

Remate das obras en Cequeliños, Arbo Rematadas as obras de acondicionamento de mina e ampiación da pista en Rial –Cotiño (Cequeliños)

Continuando cunha serie de melloras que se están acomentendo polo mONdArIz- bAlNEArIO

Obradoiro de elaboración de conservas

O vindeiro sábado, 30 de setembro terá lugar no Concello de MondarizBalneario un obradoiro dirixido á mocidade comprendida entre 15 e 35 anos para aprender a facer conservas artesanais, xaleas e marmeladas. Para máis información, dirixirse á biblioteca/OMIX.

Concello de Arbo, no mes de agosto adxudicabanse as obras de acondicionamento de Mina e Ampliación da Pista en Rial-Cotiño ( Cequeliños), as mesmas consistirón en ampliación de vial, construcción de muro de talud enfrente da mina, ampliación de vial e construcción de muros en parcelas.


20

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

21

O CONDADO

A PONTEArEAS

Autocares Ojea de Ponteareas deberá readmitir o traballador despedido por represión sindical

A sala do Social dos Xulgados de Vigo anula a rescisión do contrato

A sala do Social número 4 dos Xulgados de Vigo vén de emitir na mañá de hoxe a sentenza de nulidade do despedimento do traballador que concorreu nas listas da CIG nas eleccións sindicais de autocares Ojea, con sede en Ponteareas. Dá a razón, deste xeito, aos argumentos da central nacionalista, que acusou a dirección de “acoso e persecución sindical” e de aplicar unha medida exemplarizante contra este empregado, con 18 anos de antigüidade e relación laboral impecábel, co obxectivo de laminar as actitudes reivindicativas do persoal.

A sentenza considera demostrada a represión sindical e considera “sen fundamento” o despedimento disciplinario efectuado o pasado 28 de febreiro, cualificándoo como “unha represalia por ter demandado a empresa e presentarse nas eleccións sindicais pola CIG”. Conclúe, así, a nulidade do cese e a obriga de readmitir o compañeiro, abonando, ademais, os salarios que deixou de percibir dende esa data. Dende a central nacionalista consideran a sentenza como unha vitoria fronte a prepotencia e actitudes caciquís dos pro-

pietarios, Carlos e Manuel Pino González, e agardan que supoña un punto de inflexión na relación co cadro de persoal.

Persecución e acoso sistemático Cómpre lembrar que a rescisión de contrato se produciu tras unha campaña previa de acoso laboral que afectou tamén a outro compañeiro do despedido, que se presentara como candidato da central en anteriores procesos de eleccións sindicais. A persecución contra eles comezou unha vez rematadas as votacións, nas que foi elixido o candidato da UGT e nas que o da CIG obtivo un terzo dos votos (a empresa conta cun cadro de persoal de 30 traballadores/as). A empresa comezou por modificarlles os servizos que facían e retiralos das liñas regulares para que non tivesen posibilidade de cobrar o plus do 20% que lles corresponde aos condutores-preceptores.

Tamén decidiu mandalos para casa cada día unha vez rematada a súa función como condutores de autobuses escolares, cando o resto de compañeiros/as teñen que regresar ao taller, para non ter que abonarlles a comida. “Deste xeito redúcenlles as nóminas para que se cansen e

opten por abandonar eles mesmos a empresa”. Tras o acoso continuado e sistemático, a empresa despediu o traballador argumentando “perda de confianza”, polo que a CIG presentou unha demanda solicitando a nulidade do despido ao entender que se trataba dunha decisión derivada dun caso de acoso por presentarse pola central ás eleccións. Campaña de mobilizacións A sentenza chega despois dunha intensa campaña solidaria de mobilizacións, consistente en concentracións diante dos garaxes da empresa e domicilio dos propietarios, na estación de autobuses de Ponteareas ou mesmo diante dos Xulgados de Vigo o pasado 25 de agosto, data do xuízo.

Dende a CIG, alén de celebrar o fallo xudicial favorábel, conminan a clase traballadora a non deixarse amedrentar polas actitudes represivas da patronal, organizándose e mobilizándose nos centros de traballo para erradicar vulneracións flagrantes dos dereitos como a padecida en autocares Ojea.

A cAñIzA

O Concello pon en marcha un proxecto de sinalización integral do Municipio

Data de publicación: 08 de setembro de 2017

Neste mes de setembro quedarán finalizados os traballos de mellora de toda a sinaléctica vertical que vertebra o Concello de A Cañiza, aproveitando a ocasión para unificar os deseños e imaxe corporativa e corrixir os defectos existentes ata o de agora.

Con esta mellora que contempla a colocación de máis de 300 sinais, preténdese facilitar os accesos visuais aos barrios e entidades de poboación de A Cañiza, identificar todos os seus núcleos de poboación e tamén poñer en valor e servir de indicación para acceder aos nosos recursos patrimoniais e turísticos.

Mala localización das sinais, existencia de duplicidade de cabeceiras, alturas inadecuadas, anulación de dirección, postes de baixa sustentación e colocación de máis sinais ou indicacións das necesarias nun so báculo son algúns dos defectos que quedarán corrixidos.


22

FINAIS DE SETEMBRO 2017

O CONDADO PONTEArEAS

O goberno presenta a transformación do Paseo Matutino

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde e Concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, reuníronse con hostaleiros, comerciantes, comunidades de propietarios e veciños do Paseo Matutino para expor o proxecto de transformación do primeiro tramo da rúa. A actuación no primeiro tramo conta cun orzamento de 178.000€ e comprende unha completa reforma da rúa dende o cruce coa Avda de Galicia con Rogelio Groba ao cruce coa rúa Castañal. O novo proxecto de reforma para o primeiro tramo do Paseo Matutino actuará sobre toda a plataforma e non só as beirarrúas e tamén contempla obras no alumeado público da zona así como a separación de pluviais das augas residuais. “Esta transformación radical suporá unha modernización que beneficiará aos veciños e negocios. A rúa quedará toda ao mesmo nivel, en plataforma única que permitirá o paso de vehículos, e primará o tránsito peonil con amplias beirarrúas. Será un espazo agradable seguindo as premisas prantexadas no estudo de Mobilidade e de acorde ás liñas marcadas pola estratexia Ponteareas Hábitat Saudable”, explica o Alcalde. Esta actuación será un dos primeiros exemplos do modelo de cidade hacia o que camiñará Ponteareas, e que marcará o modelo de actuacións noutros espazos, xa que segundo adianta Garrote, “neste momento, o primeiro tramo do Paseo Matutino é a zona na que se pode actuar pero a nosa intención é facer unha mellora en toda a rúa en canto sexa posible unha vez aprobado o Plan de ordenación”. A superficie de actuación será duns 1.150 metros cadrados, dos que 785 metros cadrados serán

beirarrúa e 370 calzada para vehículos. O primeiro tramo do Paseo Matutino será unha plataforma única de convivencia con prioridade para os peóns e non haberá desniveis entre a beirarrúa e a calzada, a pedra de granito gris quedará para a beirarúa marcando a calzada con asfalto de cor. As terrazas da hostalería irán pegadas aos establecementos e disporase dunha fila de árbores de porte alto e folla caduca. Na actualidade a beirarrúa esquerda (vista dende o Concello) é de 1,50 m e pasará a 6 metros, nela irá a fila de arborado. A beirarúa da dereita terá 4,45 m. Nas dúas beirarrúas estará delimitando o espazo máximo que poden ocupar as terrazas quedando despexados os portais de acceso ás vivendas quedarán despexados e a folla caduca evitará que se produza sombra nas vivendas durante a tempada invernal. Saneamento Outra das actuacións é a instalación dun colector de augas fluviais para separar pluviais de fecais xa que neste tramo non hai colector independente. O colector terá capacidade para 18.000 metros cadrados para recoller as augas de chuvia de todo o entorno. O novo alumeado seguirá os criterios de eficiencia enerxética, con luminarias tipo LED e tamén se colocarán bancos de granito, papeleiras e bolardos “A nosa intención é que a inversión contemplada naquel primeiro proxecto de reforma do Paseo Matutino siga a ser destinada á mellora desa zona. O proxecto anterior, que neste momento non se pode executar, non contemplaba o primeiro tramo e só preveía a actuación en parte das beirarrúas, este é máis completo e recolle toda a plataforma, alumeado, mobiliario e saneamento”, engade Garrote.

AS NEVES

As Neves mellorará as zonas deportivas nas Escolas de Liñares e da Chan en Tortoreos

O proxecto inclúe a reforma de parque e pistas deportivasademáis da instalación de biosaludables. O Concello nas próximas semanas vai reparar os exteriores da escola de Liñares, instalando novos elementos de parque infantil e renovando a

pista de deportiva, coa súa limpeza, pintado e colocación de novas porteríase canastas. Tamén na zona próxima de Tortoreos, na escola da Chán instalaranse elementos de parque biosaludable con bancos. Segundo Oscar González, Concelleiro de Benestar, con estás

dúas obras téntase abordar unha zona moi poboada e chegar aos diferentes estratos de poboación, a infantil, a mocidade e outros, podendo chegar a persoas con máis idade que tamén demandan lugares nos que poder exercitarse e manter un bo estado físico.

As Neves pon en marcha un ambicioso proxecto de recuperación da memoria local Recíbese o legado do fotógrafo local Alejandro Alonso Estévez

O Concello das Neves vén de iniciar un ambicioso proxecto de recuperación da memoria local, logo de recibir o legado do fotógrafo Alejandro Alfonso Estévez composto por máis de 3.000 negativos, en 35 mm, que recolle imaxes de habitantes do concello e da contorna dende os anos 60 do pasado século XX. A maior parte dos negativos corresponden a fotografías de carné de centos de veciños e veciñas, aínda que tamén se inclúen numerosas fotos de estudo e de distintas celebracións e lugares do Concello das Neves.A doazón deste arquivo gráfico, realizada por Manuel Tiago Seoane, foi aceptada de inmediato polo Concello das Neves, adquirindo o compromiso non só da súa conservación, senón tamén da súa difusión. Identificación das fotografías Para conseguir unha difusión axeitada deste legado, o primeiro paso será o proceso de identificación das fotografías “para o que é imprescindible a colaboración veciñal”, aseguran dende o Concello. Así, dende o luns, 11 de se-

tembro, o Concello habilita unha sala no baixo do Centro Social de luns a venres de 11 a 13 horas, para que veciñas e veciños, poidan ver as fotografías que xa están dixitalizadas, e aportar datos sobre as persoas que aparecen nas distintas fotos ou en que lugar foron tomadas. Amais de conseguir a correcta datación de todo o arquivo, a identificación permitirá obter o permiso das persoas que aparecen, “de tal xeito que as fotografías poidan ser utilizadas en exposición e actos de difusión da memoria gráfica local das Neves respectando, de xeito escrupuloso, a Ley de Protección de Datos”. Dar a coñecer o pasado aos máis novos Unha vez recibido o legado de Alejandro Alfonso Estévez, Fotografo, Barbeiro e "practicante", o Concello das Neves solicitou unha subvención á Dirección Xeral de Xuventude grazas á que, o arquivo, será exposto publicamente nos formatos que os máis novos decidan. Pantallas instaladas na Casa da Xuventude de 18 a 20 horas permitirán que, mozas e mozospoidan examinar as

fotos polo miúdo e poidan, se así o desexan, ofrecer as súas propias propostas artísticas sobre as fotografías. Ditas propostas, que terán que ser presentadas antes do 7 de outubro, poderán incluir formatos como o graffiti, collage, mural, cartaze, tarxetas ou calquera proposta artística que mestura varios destes formatos. Os traballos seleccionados por unha comisión que se constituirá expresamente para este certame, serán expostos nunha mostra que terá lugar no mes de outubro. Vocación de continuidade Este será o primeiro ano no que o concello leve adiante unha labor de difusión do arquivo do fotógrafo Alejandro Alfonso Estévez, “pero non será o último” sinala o Executivo local, xa que a iniciativa nace “cunha clara vocación de continuidade”. A idea é que As Neves, “un concello que ten a sorte de contar no seu patrimonio histórico con grandes cineastas como José Gil e fotógrafos como Alejandro Alfonso Estévez, entre outros, chegue a ser identificada como una vila na que a fotografía sempre estivo presente”, explica o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez. Esta iniciativa, será a primeira e marcará o punto de partida “para a celebración anual dun evento relacionado coa fotografía e a memoria gráfica local”. Trátase, conclúe o rexedor local, “de continuar coa liña marcada de colocar As Neves no mapa e convertelo non só nun referente enolóxico e gastronómico, senón tamén cultural”.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

23

O CONDADO PONTEArEAS

O Concello de Ponteares invertirá 76.630€ na mellora da escola infantil

Os fondos da Deputación permitirán que se adapten as instalacións á normativa vixente O novo curso comeza con 115 alumnos matriculados

O Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, recibiron ás nais e pais do alumnado da Escola Infantil para darlle a benvida ao novo curso escolar 2017/2018 acompañando ao equipo de profesionais da escola na reunión de introducción ás normas e funcionamento do centro.

A Escola Infantil de Ponteareas comeza este novo curso con melloras que acadaron os 30.000€ de inversión grazas aos que se cambiaron parte das ventanas, a porta de entrada que se adaptou á normativa vixente, mudouse a caldeira e a cheminea da calefación e colocáronse novos protectores de radiadores. Conscientes da importancia dun ensino de calidade, o grupo de goberno seguirá a traballar neste curso 2017/2018 en novas melloras que se realizarán con fondos da Deputación e que suman a importante cuantía de 76.630€. Ao longo do curso, tentando aproveitar os meses de menos afluencia de alumnado e períodos vacacionais, adaptarase o parque infantil e os vestiarios e baños do persoal, colocaranse as ventanas que quedaron pendentes da obra anterior e

renovaranse as instalacións eléctricas e de fontanería. Estas obras fanse dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e son obras prioritarias, “é primordial adaptar a escola infantil á normativa vixente xa que é un edificio moi antigo e para este goberno a infancia e o ensino son de vital importancia”, explica Carrera. A Escola Infantil de Ponteareas abre o curso con 115 alumnos matriculados e unha lista de espera de 54 menores de tres anos. A intención do grupo de goberno é seguir traballando para sacar adiante o PXOM, no que se recogerán os terreos axeitados para unha nova escola infantil con maior capacidade e novas instalacións.

aos escolares dos centros educativos de Ponteareas. Cinco CEIPs, dous CPR e sete aulas do Centro Rural Agrupado acollen aos dous mil alumnos e alumnas que este curso 2017/2018 estudarán nos colexios de infantil e primaria de Ponteareas. Durante a tempada estival, a Concellería de Ensino aplicouse na mellora dos centros escolares públicos para contribuir a que o novo curso sexa aínda mellor que o anterior. Obras de pintado, de reparación de tellados, de renovación de baños, rehabili-

tación de esposos para almacén ou colocación de novos columpios entre outros moitos arranxos que suman un total de máis de 35.000€ investidos por parte do Concello de Ponteareas.

...E inviste máis de 35.000€ na mellora dos centros escolares

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández e o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deron a benvida ao novo curso colexio bouza brey

Para a Concellería de Ensino é fundamental invertir nun ensino de calidade porque de aí depende o futuro de Ponteareas. “Investir en ensino é unha prioridade deste equipo de goberno. É fundamental mellorar aínda máis as instalacións e conseguir un ambiente agradable para o alumnado”.

PONTEArEAS

O Concello instalará 25 novas áreas de reciclaxe nas parroquias

Estas illas de recollida selectiva súmanse ás xa existentes e respostan ás demandas da veciñanza. Colocaránse en distintas parroquias de Ponteareas sen supor custe algún para o concello

O Concello de Ponteareas instalará 25 áreas de reciclaxe máis no rural. A empresa concesionaria do servizo de limpeza, FCC, instalará, nos puntos que indique o Concello, 25 illas de reciclaxe que respostan ás múltiples peticións veciñais das parroquias. Grazas á colaboración entre a empresa concesionaria e o Concello de Ponteareas ampliarase e mellorarase o servizo de recollida selectiva de lixo sen que isto supoña un incremento no custe nin no orzamento da empresa. O Alcalde de Ponteareas sinala que “este grupo de goberno seguirá a traballar na liña do diálogo e da colaboración e negociación para acadar melloras nos servizos ofrecidos á veciñanza, neste caso deuse prioridade en respostar ás demandas dos veciños e veciñas do rural que teñen que percorrer maiores distancias para depositar o lixo, acortando así ese traxecto”.


24

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

25

O CONDADO PONTEArEAS

PONTEArEAS

Ponteareas ofertará formación en Mercadotecnia e Creación de Microempresas

O goberno de Ponteareas saca ao Concello da UCI económica

O goberno de Ponteareas vén de conseguir unha subvención de 125.691€ para cursos de formación ocupacional dirixidos, prioritariamente, ás persoas traballadoras desempregadas

O Concello de Ponteareas ven de conseguir unha subvención de 125.691€ para cursos de formación ocupacional dirixidos prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Os cursos, que deberán desenvolverse antes do 30 de xuño de 2108, capacitarán ao alumnado en “Mercadotecnia e compravenda internacional” e “Creación e xestión de microempresas”. O curso de mercadotecnia, que conta cun orzamento de 73.368€, terá un total de 828 horas e o de creación de microempresas, cun orzamento de 52.323€, realizarse durante 598 horas. Grazas a esta formación, o alumnado mellorará o seu curriculum tendo máis facilidades para acceder ao mercado laboral. Unha das prioridades do goberno de Ponteareas é o fomento de emprego, nas últimas semanas tamén se abriu o prazo para inscribirse no obradoiro de emprego “Compromiso Social III” que permitirá a inserción laboral e a formación de máis de vinte persoas desempregadas. Para o Alcalde de Ponteareas traballar na procura de apoios económicos que fomenten a creación de emprego e formación para a inserción laboral é decisivo para garantir unha mellora na calidade de vida da veciñanza. Obter formación reglada e acorde coa actual demanda do mercado laboral totalmente de balde sen ter que desprazarse a outras cidades é outro dos obxectivos do goberno de Ponteareas.

O Concello de Ponteareas ven de liquidar o 50% da sentenza de Sestelo co pago de 434.125,58€ O Concelleiro de Facenda insta ao PP a explicar á veciñanza a acumulación de debelas e impagos

orde na contabilidade para pagar ás débedas en prazo e defender os intereses do Concello, por iso desestimaron o seu recurso” explicou o concelleiro de facenda, Francisco Alonso, engadíndo que foi o goberno actual quen logrou aclarar toda esta situación e poñer orde para pechar un acordo xudicial co que realmente se debía.

O concelleiro de Facenda e Persoal, Francisco Alonso, deu conta da mellora da situación económica do Concello que permitirá pagar as débedas históricas e as sentenzas nos vindeiros meses. Neste momento, o Concello ven de liquidar o 50% da débeda histórica coa empresa central eléctrica Sestelo co pago 434.125,58 euros en cumprimento da Sentenza 00229/2016 do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. “No momento que asumimos o goberno municipal, en xuño de 2015, a situación económica era grave e ademais durante os seguintes meses recibimos varias condenas e sancións que limitaron moitísimo o marxe de actuación, obrigando a destinar boa parte dos recursos a pagar as débedas históricas dos gobernos do PP”. afirmou Alonso.

Neste mes de setembro tamén liquidará outras débedas históricas relevantes como a débeda coa empresas Construcciones Crespo por importe de 258.000 euros e o importe restante con Augas de Galicia pola construción en 2011 da planta potabilizadora. Estas débedas xunto á da eléctrica Sestelo, xa pagada, supón liquidar débedas por un

importe total de máis dun 1.500.000 euros (que inclúen as mencionadas e as do cadro resumo). O restante está pendente de pagar no que queda de ano.

Por primeira vez na história recente de Ponteareas, a final deste ano 2017 o remanente de tesourería será positivo. Isto significa que o Concello por primeira vez pode facer frente ao pago de todas as débedas e obrigas. “Podemos afirmar que sacamos ao Concello da UCI económica na que estaba” manifestou o concelleiro de facenda. A 31 de decembro de 2014, o remanente era negativo en 5.031.208€. “A partir de agora, co concello saneado, poderemos afrontar novos investimentos e atender en prazo os compromisos de pago”

O concelleiro de Facenda tamén criticou a actuación do anterior goberno do PP por ter a responsabilidade de impago de milleros de facturas coa empresa Sestelo e o descontrol contable das débedas. O goberno do PP recurrira o fallo xudicial en 2014 e no pasado ano 2016 o TSXG confirmou a sentenza de 2014, desestimando o recurso de apelación por inconsistente . “Solla e Villar foron incapaces de por

“O que tiña que facer Villar e Solla en 2014, en lugar de recurrir unha sentenza sen argumentos como desculpa de mal pagadores, era preocuparse porque a contabilidade municipal reflexara as débedas reais e pechar un acordo xudicial daquela, hai 3 anos.”

O concelleiro de facenda instou ao PP a dar explicacións aos ponteareáns polo impago destas débedas de gasto corrente en iluminación pública e polo descontrol contable, “tamén sería desexable que deixaran de mentirlle á cidadanía e dixeran algunha verdade asumindo a súa responsabilidade de levar o concello á intervención do Ministerio de Facenda co embargo dos ingresos durante 50 meses”

“Resulta insultante ver as declaracións dos concelleiros do PP de que pagar agora 867.400 euros desta débeda histórica non supón ningún problema, como si non pasase nada, como si fora igual contar ou non con 867.400 euros máis. Non sei a quen queren enganar ou si realmente queren cabrear aínda máis aos ponteareáns polo súa desastrosa xestión. Solla, Villar e todos os concelleiros do PP o que debían facer e pedir perdón á cidadanía”, concluíu o concelleiro de facenda.


26

FINAIS DE SETEMBRO 2017

O CONDADO PONTEArEAS

A Concellería de Seguridade Cidadá mellora a seguridade viaria A Concelleira Vanesa Fernández Soage agradece a colaboración dos veciños, transportistas e Policía Local Seguridade Cidadá invertíu un total de 33.000€ no pintado e mellora da seguridade viaria

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, que dirixe Vanesa Fernández Soage, agradece a toda a cidadanía a súa colaboración informando das necesidades relativas á seguridade viaria que permitiron detectar as necesidades e realizar despois as melloras en canto a pintado en rúas e barrios de todo Ponteareas. Participación cidadá “Todas as suxerencias presentadas foron analizadas e acometidas por orden de prioridade segundo perigo existente nesa zona”, adianta Vanesa Fernández que engade que ademais do pintado de varios pasos de peóns qui-

xeron pór fin a puntos conflitivos como a saída do barrio das Cachadas á N-120 á altura do restaurante Ponteareas. “Recibimos moitas queixas dos veciños da perigosidade dese cruce e cremos que tal como quedou sinalizado o problema está resolvo, aínda así estamos abertos a suxerencias” reseñou Vanesa Fernández. Neste punto tamén se acometeron obras de ampliación da beirarrúa pola que non podía pasar nin un carro de bebé nin unha cadeira de rodas, estas melloras realizáronse dende a concellería de Vías e Obras que xestiona a Tenente de Alcalde, María Jesús Garrote. Fernández Soage tamén quixo su-

primir o estacionamento para tráfico pesado ao final da rúa do Paseo Matutino na confluencia coa N-120. “Recibimos moitas queixas dos veciños de vehículos pesados estacionados na zona. O que fixemos foi pintar unha zona peoníl para impedir eses aparcamentos. Quixera tamén darlle as grazas aos transportistas por comprender que hoxe en día estacionar un vehículo desas dimensión no centro da cidade non é viable. Entendemos que esta cidade ten serios problemas para atopar zonas de estacionamento para este tipo de vehículos, por iso, volvo repetir, agradecémoselle a súa comprensión”. Antes das obras, a Concellería analizou as situación de perigo para os peóns e para os condutores e por este motivo decidíu cambiar o paso de peóns sito na rúa Castañal na confluencia coa rúa Orotava porque “considerabamos que tódolos peóns que viñan do supermercado Dia situado no outro lado da N-120 tiñan que ter continuidade por unha zona peonil. O antigo paso de peón estaba moi lonxe e non daba continuidade ó viandante para poder avanzar”, aclara Fernández Soage. A Concellería tamén tivo en conta rúas que estiveron bastante abandonadas por anteriores gobernos como a rúa Lavandeiras e a rúa das Mimosas, demarcando zonas de estacionamento ao

ser necesarias debido a cantidade de coches que aparcan nesa zona. Parroquias Tamén se atendeu ás demandas das parroquias, ademais das obras en Moreira tamén se pintaron rúas en Xinzo e Areas. “No caso da parroquia de Xinzo pintouse un estacionamento de minusválido e unha a zona de carga e descarga diante da casa Cultural, e en Areas na zona do campo de fútbol. O Areas é un equipo que xoga en terceira división e arrastra moita xente ao campo de fútbol e había que ter os cruces e pasos de peón sinalizados. No caso de Xinzo había que dar solución á descarga de mercadorías no centro cultural que sempre ten coches estacionados diante”. No campo do Pardellas tamén se pintou unha zona de estacionamento, “era unha reivindicación proposta por algún club que utiliza as instalacións deportivas municipais e parecemos legítimo”. A concelleira tamén agradece á Policía Local a axuda aportada para tentar acabar cos puntos conflitivos, “tivemos en conta o pintado do paso de peóns nas zonas dos colexios e do instituto dado que son puntos bastante conflictivos en época escolar”. A Concellería de Seguridade Cidadá invertíu un total de 33.000€ nestas obras de pintado.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

O CONDADO mONdArIz

VAL MIÑOR Ciclo Mondariz H2O con Humor

Despois de que Miguel Lago inagurase o ciclo de monólogos "Mondariz con Humor", tocaralle o turno a Carlos Blanco o día 15 de outubro, no Auditorio do Centro Social. As entradas xa están á venda no puntos habilitados.

Donde Vamos As Neves preparado para o inicio do curso escolar

A educación é un dos alicerces das sociedades libres e democráticas. Formar ás seguintes xeracións para que poidan ser mulleres e homes autónomos, con capacidade de afrontar problemas responsablemente, con criterio propio e con interese por comprender unha realidade complexa debera ser eixo fundamental de calquera comunidade digna. Por outra banda a adoles-

27

cencia é unha das etapas máis fermosas da vida, que non se valora ata que se perde e comezan os problemas de “verdade”. Ana Durán propietaria de Donde Vamos, lémbranos que no seu local temos un espazo axeitado para que o ocio, unha parte esencial na vida das mozas e mozos, teña unha resposta integral a calquera necesidade das rapazas e rapaces do Condado.

gONdOmAr

Erosións de Rafa Villar obtén o Premio de poesía VictorianoTaibo na súa Xª edición

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, resolveu que o gañador desta Xª edición era o libro Erosións que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría do poeta Rafa Villar. O xurado valorou nesta obra a súa unidade dentro do dobre plano de lectura que se percibe no propio título do libro. Un libro que combina a paixón e a intimidade cunha exquisita sinxeleza e intensidade lírica, froito dun coidadoso traballo de construción poética en que desaparecen as concrecións de xénero para converter os poemas na expresión total do amor. Mais o amor non pode desprenderse da realidade e, mentres o eu poético constata a erosión do paso do

tempo e as feridas da vida, convida a persoa amada a crear un horizonte “a salvo de naufraxios”, a través de cen poemas breves que empregan as palabras imprescindíbeis para construír imaxes intensamente poéticas. O xurado do certame estivo composto por Iria Misa, Gonzalo Navaza, Xulián Maure, Marta Dacosta e Xosé Iglesias, gañador da pasada edición. Rafa Villar é un destacado poeta da denominada promoción dos 90. A súa primeira obra: Liques da memoria, recibiu no ano 92 o premio Fermín Bouza Brey para autores novos. Recibiu tamén, entre outros, o Premio Curuxa de Humor Literario, o Premio Cómaros Verdes do concello de Vilagarcía de Arousa, o Premio de poesía Concello de Carral, o Eusebio Lorenzo Balei-

rón, o Premio de poesía Cidade de Ourense ou o Premio Arume de poesía para nenos/as por Patente de corso que, xunto con Memoria de Ahab, Migracións, e Animalario estrafalario, son os seus últimos títulos publicados.

É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa, escritor comprometido e moi activo socialmente, foi voceiro da plataforma Nunca Máis e parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, membro do Batallón Literario da Costa da Morte e un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal.

A entrega do premio será o día 18 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.


28

FINAIS DE SETEMBRO 2017

VAL MIÑOR bAIONA

O Proxecto do campo de golf de Baredo

A serra da Groba é un lugar marabilloso, xa sexa desde Baiona a Oia , xa sexa no sentido inverso, pódense apreciar algunha das paisaxes máis fermosas de todo o país galego. Ofrece asemade múltiples alternativas para o ocio de balde a calquera persoa que decida achegarse por aí. A maior cantidade de cabalos en liberdade de todo o mundo habita ,desde a noite dos tempos ,nesa área. Asemade están moitos exemplos de petróglifos e distintas manifestacións artísticas que testemuñan a presenza de comunidades humanas nese hábitat desde a prehistoria. O Concello de Baiona, argúe unha suposta necesidade pública e proxecta expropiar arredor de 700.000 metros cadrados de terreo á veci-

ñanza de Baredo para construír unhas instalacións deportivas, entre as que destaca un campo de golf de 350.000 metros cadrados. Desprazámonos ata o Val Miñor para conversarmos con tres veciños da parroquia de Baredo : José Gómez, Andrés Giráldez, e Cristina Giráldez. Os dous primeiros son o presidente e o vicepresidente da comunidade de augas desta parroquia. Desde A Nova Peneira queremos solidarizarnos coa veciñanza de Baredo ante semellante desatino equiparable a que o Concello de Vigo construíse algo parecido nas illas Cies, o Concello de Ponteareas na praia da Freixa, o de Covelo na de Maceira ou o de Lugo na Muralla Romana...

“O Concello de Baiona non tivo en conta a opinión da veciñanza de Baredo en ningún momento.” golf require do uso de abondosas cantidades de produtos químicos ;fertilizantes, herbicidas, funxicidas e insecticidas. Hai estudos que relacionan o uso de ese tipo de produtos con enfermidades nos seres humanos. Asemade da alta probabilidade de que contaminen os acuíferos da parroquia. Ademáis, o campo de golf vai necesitar 250.000 metros cúbicos de auga ao ano para abastecerse. Un tercio da capacidade total do Encoro de Baíña.

josé gómez e andrés girÁldez. presidente e vicepresidente da comunidade de augas de baredo

Como está a situación? Hai unha exposición do plan xeral e dentro dese plan contémplase un plan especial que formula unha dotación de infraestruturas deportivas nun área denominada As Costeiras. Todo un monte comunal de Baredo.

O que denominas “infraestruturas deportivas” é un campo de Golf, non? Son máis cousas, aínda que o gordo do proxecto é efectivamente un campo de golf. De feito, dos arredor de 700.000 metros cadrados que pretenden expropiar, máis de 350.000 van ser para o campo de golf.

O día 14, o concello de Baiona pecha o período de alegacións. Que pasará despois? Pois entendo que o proxecto será aprobado en xunta de goberno e logo levado a pleno municipal.

A comunidade de augas de Baredo que opina? Estamos en completo desacordo. Non nos cremos as súas explicacións e

temos unha preocupación máxima no que respecta a cantidade e a calidade das augas. Xa estamos agora cunha situación moi xusta de auga e entendemos que ese campo de golf vai prexudicar os nosos acuíferos.

As necesidades hídricas da parroquia non están contempladas no plan? En absoluto. Simplemente recolle a súa teoría de como abastecer ao campo de golf pero Baredo non existe.

Alén das cuestións de augas, entendo que pode haber problemas engadidos, non? Pois si. Esa é unha área de alto valor ,están os petróglifos os cabalos salvaxes .Pero para a comunidade de augas, insisto en que a nosa preocupación principal é a cantidade e a calidade das augas; que teñamos problemas de abastecemento e que se poidan contaminar os nosos acuíferos.

Como é iso da contaminación de acuíferos? Pois, o mantemento dun campo de

Os impulsores do proxecto, como o xustifican? Eles xustifican dicindo que en Baiona houbo un crecemento de poboación e que a vila precisa mellores instalacións deportivas para atraer turismo. Para xustificar ese suposto crecemento esgrimen datos ata o 2011 que foi cando se produciu ese lixeiro repunte.

Vaia, entón a xustificación é mellorar o turismo, pois o turismo non é precisamente escaso en Baiona Eles din que é para desestacionalizalo, pero a ver quen xoga ao gol alí en pleno inverno¡¡¡

O concello preguntou a opinión da veciñanza de Baredo, consultou coas comunidades de augas, coas asociacións veciñais..? Non. Nada de nada. Non se interesou pola nosa opinión en ningún momento. Só fixeron unha presentación estética do proxecto.

Cando foi esa presentación? O 19 de xullo. Pero foi unha cuestión meramente estética. Alí se lle fixeron preguntas sobre aspectos medio ambientais, sobre a situación de golf Domaio ..., pero en realidade non dixeron nada substancial. Fíxate no plan, non hai ningún tipo de estudo acuífero referente a posi-

bilidade, moi elevada, de contaminación das fontes subterráneas de auga.

Os tres sodes veciños de Baredo. Cal é a opinión sobre este tema das vosas veciñas e veciños? Absolutamente contraria. Nunca vimos á parroquia tan unida en torno a un tema. Se finalmente se concreta, considerades a posibilidade de quer traia algún efecto positivo para Baredo? Ningún en absoluto, hipotecar o futuro da parroquia. O monte é un patrimonio que nos deixan os nosos antergos . Nós somos usufrutuarios e temos a obriga de transmitirllo ás xeracións futuras.

Sabemos se hai algunha empresa detrás do proxecto? Imos ver. O concello é quen expropia. O Concello é o comprador porque non o pode facer ningunha empresa privada. No proxecto considéranse varias posibilidades de acción futura , entre elas unha concesión a terceiros. O concello fala de expropiación por necesidade pública. Taxan o metro a 3€.En concreto no artigo 4º da páxina 99 falan da utilidade pública. A cousa é moi grave, dicirlle aos veciños que se lle vai a expropiar as terras para que veñan a xogar ao golf os catro que xogan ao golf pois ...

Tedes información da situación económica doutras instalacións semellantes? Este é outro tema moi interesante. Falemos das máis próximas; O club Monterreal de Baiona, o Náutico de Vigo, o Mercantil de Vigo, os campos de Domaio e Mondariz. A maioría é ruína , nada máis que miseria..que non nos veñan dicir agora que sería positivo para Baiona, porque iso non o cre ninguén.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

29

VAL MIÑOR E isto non tería repercusión nos montes de Oia? Pois tamén. O concello de Baiona de maneira unilateral afectaría ao curro de Mougás, cun incalculable e centenario valor etnográfico. Convertiríano nun Sabucedo dous, algo que de ningunha maneira queren os propietarios dos cabalos. dúas pezas prehistóricas atopadas nunha das zonas sensibles de seren expropiadas

Afectaría á zona de hábitat dos cabalos?

Claro que si. Estás restando 700.000 metros cadrados de hábitat prioritario. Polo tanto baixarían máis ás leiras particulares dos veciños.

E no que se refire ás cuestións artísticas e históricas? Seguro que tamén. Polo de pronto podemos dicir que hai restos dun muíño navicular e algunha peza como a que ilustra a foto desta reportaxe foi atopada nesa área. É máis que probable que algo

haxa, non se fixo estudo arqueolóxico algún.

Rematamos agradecéndovos a vosa amabilidade e cunha última cuestión; no caso máis que probable de que o concello fixese caso omiso á opinión da veciñanza de Baredo, credes que se vai encontrar cunha oposición firme e contundente da Parroquia? Sen dúbida, e ademais consideramos que da ampla maioría do Val Miñor.

Baiona dará un novo prazo dun mes aos veciños para presentar alegacións ao Plan das Costeiras O Concello aprobou a medida en Xunta de Goberno para abrir outra vez o período de alegacións

O Concello de Baiona dará un novo prazo dun mes para que todos os veciños que así o desexen poidan presentar as súas alegacións ao Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas das Costeiras. A iniciativa do goberno local ten como obxectivo facilitar a presentación de todas as argumentacións e recoller todas as

opinións posibles respecto do novo documento. A Xunta de Goberno do Concello de Baiona aprobará este xoves a apertura dun novo prazo para as alegacións do Plan Especial das Costeiras. Tal e como marca a lei, a medida deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos vindeiros días, de

forma que o novo período de presentación abrírase o antes posible. Á vista do importante volume de alegacións presentadas nos últimos días e pese a estar aberto o prazo durante os dos últimos meses, o goberno local pretende facilitar aos veciños a súa participación no documento ampliando o prazo

en trinta días máis. “Volveremos a abrir o prazo para facilitar a presentación das alegacións, o que queremos é que se presente cantas máis mellor para enriquecer o documento”, explica o alcalde. Tras a aprobación inicial en Xunta de Goberno o pasado mes de xuño, o Plan das Cos-

teiras foi sometido durante dous meses (o prazo remata este xoves día 14 de setembro) a exposición pública para recibir alegacións e solicitar informes sectoriais. Posteriormente, a Xunta de Goberno deberá dar a súa aprobación provisional e sería o Pleno Municipal o que votaría a aprobación definitiva.

O Goberno de Nigrán aproba en xunta de goberno un desconto do 25% no prezo das actividades deportivas e culturais aos empadroados no concello

A iniciativa proposta polo goberno na comisión informativa do 4 de setembro contou coa abstención de BNG, Nigrán Decide e UCN e o voto contrario do PSOE. Esta bonificación podería incrementarse ata o 50% en casos xustificados previo informe dos Servizos Sociais

O goberno de Nigrán aprobou hoxe en Xunta de Goberno unha bonificación do 25% no prezo das actividades deportivas e culturais para tódolos empadroados en Nigrán neste curso que arranca o 2 de outubro, podendo ascender ata o 50% en casos xustificados previo informe dos Servizos Sociais. A proposta do goberno contou na comisión informativa de Asuntos Xerais coa abstención de BNG, Nigrán Decide e UCN e o voto en contra do PP. Ata agora non existía ningún desconto para

os veciños, só prioridade para matricularse. Así, o Concello abrirá mañá 8 de setembro para os empadroados o periodo de incrición nas actividades deportivas e culturais (o sábado 9 o Rexistro estará aberto), engadindo ás mesmas do ano pasado zumba e pilates grazas á reforma do pavillón, que permite empregar novos espazos antes sen uso e en pésimas condicións (ofrécese ximnasia de mantemento, ximnasia para a terceira idade, aerobic, ioga, tai-chi, taekwondo,

patinaxe, tenis, tenis para adultos, zumba e pilates; nas culturais mantéñense música, cerámica, pintura e torno). Posteriormente, o día 25 de setembro, abrirase a inscrición para os non empadroados en caso de existir prazas vacantes. "Os usuarios se atoparán cun pavillón completamente diferente, cunhas instalacións modernas e accesibles nas que se mellorou absolutamente todo, dende os vestiarios e baños ata o acceso, a pista, gradas ou as diferentes salas", resume o alcalde, Juan

González. As 11 actividades deportivas que se ofertan e 4 culturais, segundo a proposta do goberno, pasan a costar todas 100 euros ao ano (agás o cursiño de tenis para adultos, que é de 50 euros), quedándose para os empadroados en Nigrán en 75 euros. A xustificación dos ingresos que permitiría a bonificación do 50% sería mediante a acreditación documental da totalidade dos ingresos no ano 2016 e non deberían superar un cómputo establecido. Como unha das principais

novidades deste curso, permitirase o uso gratuíto da sala de máquinas cun monitor ao frente para todos aqueles maiores de idade matriculados en actividades deportivas. "Será unha proba piloto, tendo aberta a sala unhas determinadas horas de mañá e ampliándo o horario en función de si existe demanda para elo. O obxectivo é dotar ao pavillón de actividade matinal, pero abriría tamén pola tarde se hai demanda e resulta compatible coas actividades programadas ", explica o alcalde.


30

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

31

VAL MIÑOR bAIONA

Paula Guntín. Directora do grupo de corda e voz Baiona Bay

O vindeiro mes de outubro, este grupo de Baiona presentará o seu segundo CD. Despois do grande éxito acadado co seu primeiro traballo musical

“Punto de Partida” ,presentarán o segundo nos vindeiros días. En Sabarís, no bar Río do noso amigo Jose, conversamos coa súa directora Paula Guntín.

especie de shock, en principio pareceume unha tolemia, pero picoume a curiosidade díxenlle que si e a miña sorpresa foi que 25 anos despois os dedos ían sós na bandurra.

Cóntanos a túa historia coa música? Ben, eu comecei moi nova no mundo da música tería arredor de sete anos Tiñas antecedentes na familia? Non.

Estamos falando dos anos 70? Si, como che dixen comecei aquí en Baiona tocando a guitarra nun grupo de guitarras e bandurras no centro cultural de Sabarís. Non me chamaba moito a atención a guitarra e mudei eu de motu propio á bandurra. Tiñamos un grupo de mozas e mozos moi chulo que rematou por desfacerse co paso dos anos. Tes algún referente que poidamos salientar? Pois Si, Jesús Alar. Foi quen formou o grupo que me ensinou a min e a quen lle debo moitísimas cousas. Fíxate, despois de 25 anos vólveme a chamar Jesús Alar

Levabas 25 anos desconectada do mundo da música? Pois si. Cando me chamou foi unha

Ti cres que a sensibilidade musical é innata ou apréndese? Eu penso que unha combinación das dúas cousas. Seguides ensaiando en Sa-

barís? Non, agora facémolo en Baiona , nun local que nos presta o Concello

Debeu ser moi emocionante, volver a xuntarse despois de 25 anos? Asegúroche que si, foi moi emotivo. Após varias vicisitudes tomamos a decisión de montar a nosa propia asociación

E alí comezou o grupo de voz e corda Baiona Bay? Si, no ano 2.014 Cantas persoas formades Baiona Bay? Agora mesmo somos 23 persoas. O noso repertorio é moi amplo, cantamos tanto en galego como en castelán , ensaiamos 3 veces por semana e as miñas compañeiras e compañeiros son estupendos.

Tedes xa un disco e ides polo segundo? Efectivamente. O primeiro traballo foi todo un pouco rápido. Costou moitísimo traballo pero conseguímolo Como se chama o voso primeiro CD?

Punto de partida.

Que nome máis bonito!, deséxovos que haxa moitos máis, antes do punto de chegada Moitas grazas Cantas cancións ten este traballo e que tal acollida tivo? Ten 12 cancións e a acollida foi excelente, as vendas desbordaron as nosas previsións máis optimistas.

Que tal se porta o Concello de Baiona con vós? De marabilla. Sempre tivemos un apoio sobresaínte do concello de Baiona

Ben cóntanos entón todo o referente ao segundo disco? Dicir que foi gravado en Baiona en directo o 27 de xullo deste ano, chámase “siguiendo el rumbo”

Confese señora directora, os nomes son consensuados ou nacen da túa cabeza? Ben, o primeiro si naceu de min, e o segundo resultou dunha achega colectiva de ideas.

A presentación deste segundo traballo facédela en outubro, verdade Paula? Efectivamente, queremos facer algo moi bonito que chame a atención co gallo de dalo a coñecer á maior cantidade de xente posible. Agora estamos en fase de traballar a capa e a contra capa porque a gravación xa está feita como che dixen

Pois moitas grazas e moita sorte para Baiona Bay.

gONdOmAr

O BNG denuncia a suspensión do transporte público a Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso en varios dos seus horarios

A asemblea Local do BNG denuncia novamente as suspensións arbitrarias do servizo de transporte público ás parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, por parte da empresa concesionaria Melytour na súa ruta circular de comunicación coa vila de Gondomar e con Vigo. Segundo ten informado a empresa á veciñanza afectada, a interrupción do servizo está causada polos danos que os pasos de peóns sobreelevados ocasionan nos vehículos grandes ao seu paso pola vila nas rúas do Emigrante e das Pereiras. Aínda que esta situación se resolvería empregando vehículos de menor tamaño, dos que tamén dispón a concesionaria, descoñécemos porque esta non é unha opción considerada pola compañía para resolver a situación. As veciñas e veciños, que desde as reducións aplicadas nos últimos anos veñen dispoñendo dunha cada vez máis cativa oferta de frecuencias e rutas, vense prexudicadas cunha nova mingua nas súas posibilidades de comunicación e un sobrecusto económico, ao ter que recorrer a outros medios de transporte para os seus desprazamentos.

Dado que o conflito está orixinado nas recentes reformas das citadas rúas, o BNG insta ao Alcalde de Gondomar, que tamén obstenta as responsabilidades de Tráfico e Mobilidade, a resolver o problema á maior brevidade posíbel, xestionando coa concesionaria unha solución que permita o normal desenvolvemento do servizo público de transporte no concello.


32

FINAIS DE SETEMBRO 2017

VAL MIÑOR TINO lAgO

Entrevista a Paco Ferreira. Alcalde De Gondomar. Un ano máis achegámonos ata a fermosa vila miñorana para conversar co seu alcalde, o socialista Paco Ferreira, sobre a política local, nacio-

nal e estatal. Como sempre Paco atendeunos con moita amabilidade. Velaí vai o que deu de si a extensa conversa que mantivemos con el.

“Os ánimos e o cariño que recibo da veciñanza son impagables” Falemos do polígono da pasaxe. Eu creo que aínda non somos conscientes do que acabamos de acadar. Despois de medio século en situación irregular hoxe podemos dicir que hai un proxecto sectorial aprobado pola Xunta onde o polígono está legalizado. A dotación dese chan é industrial ,e ese é o paraugas xurídico do noso polígono. Ademais fixemos un complexo proxecto de urbanización para comezar xa.

Paco superada xa a metade do teu primeiro mandato como alcalde de Gondomar, que valoración fas? Foron dous anos moi intensos, levamos feitas moitas cousas e aínda queda moito por facer. Se cadra destacaría a normalización política e social de Gondomar. Creo que obxectivamente se pode dicir que as liortas e a crispación desapareceron das rúas de Gondomar. Procuramos tamén por en valor o noso fermoso pobo ; humanizamos distintas rúas ,a limpeza mellorou substancialmente, aumentamos as zonas de xardín, puxemos máis de 40 bancos...

Supoño que todo iso que dis o compatibilizariades coa atención social ás persoas máis necesitadas do municipio? Desde logo. Ese tema é prioritario para o noso goberno. Fíxate: reformamos completamente o local da terceira idade, e orzamento de benestar social incrementouse nun 40%,nun concello como o noso cos orzamentos prorrogados desde o 2012, engadimos un vehículo para asuntos sociais. Temos a intención de achegar a administración ás casas, queremos saber de primeira man as necesidades que ten a nosa veciñanza.

Pouco despois de chegar á alcaldía falamos ti máis eu, e dicíasme que estabas ilusionadísimo por facer un Gondomar mellor. Dous anos despois segues mantendo esa ilusión intacta ,ou o choque coa realidade, atenuouna? Sinceiramente, teño máis ilusión agora que cando cheguei. Os ánimos e o cariño que recibo das miñas veciñas e veciños son impagables e danme pulo e azos para dar todo o que teño, en facer máis e mellor o meu traballo.

Agora seica es un radical castelanófobo que queres impor o galego? En fin, supoño que o dis polo tema dos sinais de tráfico. Estes xa estaban cando nos chegamos, e como todo o mundo sabe o seu código é internacional. Un stop é igual en Vincios, en Madrid ou en Pekín. Nos casos polos que fomos denunciados, pon agás e non “excepto”. Entendemos que non pasa nada porque así sexa. Insisto en que moitos deses sinais levan entre 10 e 20 anos colocados e nunca xamais houbo problema. Non entendo as razóns de acordarse agora delas. É máis, paréceme fatal montar un conflito artificial que non existe na realidade.

paco ferreira

O centro de saúde para cando? Pois comezamos a traballar no centro de saúde o mércores seis de setembro. Estamos nese tema desde o 2.009.Por unhas cousas ou por outras aínda non se fixo, e foi un dos temas que tiña moi claro que había que solucionar de contado, cando cheguei a alcaldía. Teño que dicir que agradezo profundamente a implicación e o traballo do ex-alcalde de Baiona e conselleiro actual, Almuiña.

Un aspecto tamén moi importante para Gondomar é o do PXOM, que nos dis? Eu creo que é a nosa materia pendente máis importante. É algo que me preocupa e que tivo unha serie de imprevistos. Entre eles a modificación da lei de urbanismo de Galicia, que nos obrigou a volver a comezar de 0 para adecuarnos a nova lei. Por outra banda a empresa que leva a redacción tamén se veu afectada por un ERE... En fin, non quero por escusas, pero desde logo que vou por toda a carne no asador para solucionar ese tema, esencial para Gondomar.

Os teus socios de goberno de Manifesto Miñor, pouco antes de facermos esta entrevista votaron diferente a vós no tema da licitación do lixo (eles abstivéronse). Semella que as relacións con eles non están no mellor momento? Imos ver, o goberno de Gondomar é sólido. Esa foi unha cuestión puntual. Naturalmente que non é desexable, eu penso que os gobernos deben poñerse de acordo antes de chegar a este tipo de situacións. Eu o que teño claro é que sempre procurarei chegar a acordos, sempre que sexan bos para Gondomar, independentemente da forza coa que acorde.

Como é que o novo xefe da policía de Gondomar procede da policía municipal de Redondela. Cóntanos a “fichaxe “ de Obdulio Iglesias? Un dos meus obxectivos ao chegar ao Concello era modernizar e mellorar completamente a nosa policía local. Dotala de medios técnicos, materiais e humanos. Así o fixemos, e o caso de Obdulio, un profesional magnífico dun prestixio moi elevado, vai nesa liña.

O BNG de Gondomar cuestiona o estado dos aparcadoiros na Vila? Eu creo que non temos problema de espazo para aparcadoiros. O que si precisamos é habilitar espazos moi ben referenciados para que a xente non teña necesidade de entrar co coche no casco urbano. Nós encargamos un estudo de tráfico no casco urbano ,e un dos nosos proxectos estrela é peonalizar o centro do casco ,facer un espazo de convivencia de 5.000 metros cadrados. A partir de aí teremos que volver a estruturar todo o tráfico. Temos estudado facer tres bolsas estratéxicas para aparcadoiros, e estamos en negociacións cos propietarios das parcelas.

Ben, coido que xa conversamos bastante de Gondomar. Falemos do PSOE. Cal é a súa situación, ao teu xuízo, despois da vitoria de Pedro Sánchez. Eu penso que o problema esencial é que o partido socialista abandonou o espazo da esquerda e outras forzas xurdiron para instalarse nel. É certo que nós somos unha organización con moita historia, e conscientes desa realidade, penso que reaccionamos a tempo. Non se trata de competir por un espazo, trátase de termos o noso propio discurso e ser coherentes nos feitos con el. Coido, que agora mesmo estamos no camiño. Consideras que o PSOE debe pac-

tar con Podemos unha moción de censura a Mariano Rajoy? Ben, esa é unha pregunta complicada. Eu penso que a situación política de España aínda está compulsa e require certas doses de pouso. Considero que o partido socialista debe prepararse en condicións para presentar un proxecto sólido e críbel ao goberno de España.

Vas ir aos actos políticos de Gonzalo Caballero, de Villoslada ou aos de Leiceaga? Naturalmente vou ir aos actos dos tres.

E a quen vai apoiar Paco Ferreira? Coido que a vitoria vai estar entre Caballero e Villoslada. A miña opinión é que vai estar moi igualada a cousa.

Si, eu coincido contigo, pero a quen vas apoiar ti? Estouno pensando. A un deses dous seguro. Pero eu entendo que non se trata dunha persoa só. Antes de decidir o meu voto quero coñecer en profundidade os proxectos e os equipos de traballo de cada un. Tanto Gonzalo como Villoslada son dúas persoas moi capaces para liderar ao PSDG. Que tal as relacións coa Deputación? Moi boas. Carmela Silva é unha muller que sempre admirei politicamente, e teño a certeza de que é ecuánime e xusta.

Rematamos Paco agradecéndoche a túa amabilidade. Velaí tes as nosas páxinas para poder dicir o que che pareza ás túas veciñas e veciños.. Estes foron dous anos de moitísimo traballo, case sen vida persoal, pero estou ilusionadísimo ,orgulloso do meu pobo e dos meus veciños. Eu vin a alcaldía cun obxectivo moi claro transformar Gondomar radicalmente a mellor

Estasme lembrando aquela famosa sentencia de Alfonso Guerra “A España no la va a conocer ni la madre que la parió “ Home, non tanto porque non son momentos económicos para permitirse espectaculares alegrías pero asegúroche que no meu ánimo está que todos e todas as que aquí vivimos ,sen deixar a ninguén atrás, poidan desenvolver unha vida plena en Gondomar sentíndose moi orgullosos do noso querido pobo. Moitas grazas.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

33

VAL MIÑOR NIgrÁN

NIgrÁN

O BNG denuncia que a actuación neglixente de Xunta e Concello colocou en situación de risco aos bañistas do Areal de Lourido Elevará o incidente medioambiental ao Parlamento Galego para tratar de depurar responsabilidades O episodio de contaminación rexistrado na desembocadura do río Muíños no mes de agosto é, ao noso xuízo, de extrema gravidade e non pode ser despachado como un incidente menor de escasa importancia. A desidia da Xunta, tardando dous días en comunicar ao concello a altísima concentración de bacterias que invalidaban as augas para o baño non pode quedar sen ser aclarado e, probablemente, esixa unha revisión dos protocolos seguidos nestes casos. Pola súa banda, o concello amosou unha extraordinaria dilixencia na identificación do foco contaminante e a súa reparación, pero tamén unha grave irresponsabilidade ao non impedir o baño mentres se solucionaba o problema. Semella que para evitar unha situación de alarma non dubidaron en seguir permitindo unha actividade que comprometía seriamente a saúde pública.

En definitiva, que veciños e visitantes estiveron bañándose dous días en augas non aptas pola inoperancia da Xunta, e outros dous días pola inconsciencia dun goberno municipal que parecía só querer evitar a mala publicidade. A prestanza coa que o goberno galego inspeccionou a

falla de sinalización posterior, non ten correspondencia coa parsimonia do aviso inicial, e deixa un tufillo de actuación mediatizada polas diferencias políticas entre as dúas administracións.

A consecuencia é que os cidadáns estiveron expostos varios días a un foco de contaminación pola neglixente actuación das administracións, e non é un risco menor. Neste punto quero trasladar que eu mesmo coñecín directamente estas consecuencias. Fai uns poucos anos a miña filla contraeu unha infección de orina orixinada por e-coli despois de bañarse na praia da Ladeira, por suposto sen que houbese a máis mínima indicación ao respecto polas autoridades competentes.

Por todo o sinalado o BNG vai a pedir a oportuna aclaración do episodio, solicitando no concello copia da comunicación remitida pola Xunta na apertura do expediente sancionador, así como da alegación presentada polo goberno municipal. Ao mesmo tempo, a través dos nosos representantes, presentaremos unha iniciativa parlamentar para tratar de determinar a actuación da Xunta neste caso e coñecer todos os extremos do mesmo.

O Concello de Nigrán presenta o proxecto da nova biblioteca municipal á convocatoria de subvencións da Deputación

A súa construción está orzamentada en 1.528.533€ e, de concederse esta axuda, a Deputación asumiría o 80% e o Concello o 20% O proxecto consta dun edificio bioclimático de catro plantas de altura con 1.260 m2 totais de superficie situado na parcela municipal ao carón da estrada pola vía.

O Concello de Nigrán presentou á recente convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra o proxecto para a construcción da nova Biblioteca Municipal, orzamentada en 1.528.533 €. Esta liña de subvencións está destinada á mellora dos equipamentos, servizos ou dotacións singulares dos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes e, de concederse, suporía que o organismo provincial asumise o 80% do seu custo e o Concello o 20%. "O proxecto está pechado e agora temos unha oportunidade única de atopar financiamento para levalo adiante, con este fin o presentamos xa á Deputación de Pontevedra", resume o alcalde, Juan A.González, quen incide en que "precisamente se acelerou a contratación do proxecto e a súa entrega ao máximo

co fin de poder optar a esta axuda". Así, tal e como xa se anunciara, o novo edificio se plantexa nunha parcela municipal (FR-5) de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, fronte a rúa do Panasco) nun lugar facilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado e que foi consencuado previamente cos grupos políticos e técnicos municipais. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que se poidan crear duplicidade de entradas, con accesos tanto dende a planta baixa como dende a primeira, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Dende o punto de vista urbanístico, a construción xera unha praza cuberta que comunica co

gran patio existente e que, ao mesmo tempo, supón unha zona previa á entrada da biblioteca por planta baixa.

O proxecto do estudio Gándara#Pons contempla un edificio de catro alturas de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 m2 (a actual biblioteca do Cean ten 120 m2) e clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental.

Cun deseño de liñas modernas e sobrias adaptado á morfoloxía da parcela, a fachada se plantexa de granito e morteiro de cal e a xeometría da planta responde á propia forma do solar. O edificio consta de catro andares: na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos; e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.


34

FINAIS DE SETEMBRO 2017

VAL MIÑOR g.FIguEIrEdO

O Pazo do Conde de Gondomar

pazo do conde de gondomar, porta foto: hombredehojalata

diego sarmiento de acuña foto: hombredehojalata

Datos clave: Gondomar é un municipio integrado na área Metropolitana de Vigo, situado no suroeste da provincia de Pontevedra. Forma parte da comarca histórica do Val Miñor. Na actualidade está integrado administrativamente na comarca de Vigo. Atópase situado na contorna natural do val Miñor, entre a serra

Hoxe imos falar de “O pazo do Conde de Gondomar”: Tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 hectáreas. Da súa historia pénsase que posiblemente foi fundado entre os séculos XIV e XV, sendo nesa época de tamaño moito máis reducido. No século XVI a praza-forte consta como propiedade do correxedor de Granada e capitán xeral das illas Canarias, García de Sarmiento. En 1617 Filipe III concedeu ao seu primoxénito, Diego

de Galiñeiro e a ribeira do río Miñor. Limita ao norte co municipio de Vigo, ao oeste cos de Nigrán e Baiona, ao sur cos de Tui e Tomiño e ao leste cos de Tui, Vigo e Porriño. Está formado polas parroquias de Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios. Por todo o municipio podemos

Sarmiento de Acuña, o título de Conde de Gondomar, por defender a costa do val Miñor dos ataques do pirata Francis Drake. Nesa época o conxunto foi obxecto de considerables modificacións e ampliacións. En 1665 foi invadido polos exércitos portugueses, que no asalto destruíron gran parte das edificacións, sendo restaurado en estilo neoclásico. Un incendio producido no século XVIII provocou o seu abandono até que no século XIX o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli, comezando as obras de restauración que continuaron até

atopar vestixios da importancia que tivo este territorio no pasado. Ademais das igrexas, podemos citar capelas, ermidas, pazos como o Conde de Gondomar, Villarés, Pampillón e Mendoza, casas señoriais, o Cruceiro do Acordo, petos de ánimas, a Ponte romana de Mañufe, acuedutos como o Do Bravo e o muíños Dá Serra.

principios do século XX e deron lugar á actual edificación. Consérvanse como elementos principais unha varanda “condal”, dous corpos laterais da muralla, varias escaleiras, o terrazo, portas ornamentadas e outros elementos defensivos menores, a maior parte deles de arquitectura neoclásica. O edificio principal está distribuído en 3 andares. Ten unha capela acaroada do século XVII, de fachada con porta simple de arco de volta perfecta, e sobre esta un óculo que permite a iluminación do interior. Orixinalmente tiña uns 3 km de muralla, dos que só se conservan algúns vestixios e garitas.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

35

VAL MIÑOR gONdOmAr

gONdOmAr

Gondomar entrega os premios do primeiro concurso de fachadas, balcóns e ventás. Expert foi o gañador A disputa na votación on line por internet para determinar o establecemento comercial gañador do 1º Concurso de Fachadas, balcóns e ventás de Gondomar estivo ben apretada. Ata o momento do peche das votacións no último día non se soubo o gañador. A pesares da modestia dos premios, houbo un altísimo nivel de participación para determinar o comercio gañador, xa que están rexistrados un total de 466 votos dos que 154 ían destiñados a Ex-

pert ( tan so catro votos máis que os que recibiu Tejidos Cármen), que lle outorgaron un felpudo personalizado, no que figuraba como gañador do concurso. Entre os centos de persoas que participaron na votación, fíxose un sorteo no que resultou agraciada cun almorzo para dúas persoas, Cortesía do Restaurante Árdora, Cecilia Salgueiro Herrera. A Concellería de Comercio e Turismo de Gondomar quere expresar a súa gratitude aos comercios anterior-

mente citados, así como con Papadolde e con Zaloira polo seu esforzo e contribución e ter unha Vila máis fermosa e atractiva. No apartado de ventás a gañadora foi Laura Costas Collazo que foi premiada cun Xantar para dúas persoas cortesía de Pazo da Escola. A vista dos resultados, é vontade do Concello de Gondomar que esta primeira experiencia teña continuidade no próximo ano.

Viaxe a Lisboa para maiores de 55 anos

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe a Concelleira Rocío Cambra, ten programada unha viaxe a Lisboa e aredores dende o 24 ó 29 de Outubro de 2017, para persoas maiores de 55 anos. Os lugares a visitar son Lisboa, Sintra, Estoril, Cacais, Mafra, Obidos, Nazaré, Batalha….. O prezo inclue hotel de tres estrelas en Caldas da Rainha, transporte en autocar Gran Turismo, Réximen de pensión Completa, guía acompañante, comidas en ruta, entradas en monumentos de Mosteiro dos Jerónimos, Palacio de Mafra, Mosteiro de Batalha e seguro de asistencia en viaxe. O prezo por persoa é de 310 €. As persoas interesadas poden reservar a súa praza entre o día 1 e o 30 de setembro no Departamento de Benestar Social, sito na Casa de Cultura de Gondomar, ou no teléfono 986 36 01 68. Esta viaxe está programada pola Axencia de Viaxes Tideo Tours.


36

FINAIS DE SETEMBRO 2017

VAL MIÑOR gONdOmAr

A Coordinadora Veciñal de Gondomar insta ao Goberno a publicar sen máis demora as bases e convocatoria de subvencións municipais do ano 2017

As entidades sociais lamentan que este ano a Concellería de Cultura non ofertara actividades culturais propias para realizar nas parroquias

A Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar ven de presentar, a través do rexistro do Concello, unha solicitude dirixida ao Alcalde, Francisco Ferreira, como representante do conxunto do goberno, na que instan a este a convocar, á maior brevidade posible, as subvencións municipais de cultura, deportes e fins sociais para o ano 2017. “Máis unha vez -o ano pasado sairon no mes de novembro-, estamos na recta final do ano e descoñecemos se imos ter subvención de algun tipo e en que cuantía”, expoñen desde a Coordinadora. “O lóxico sería que cada entidade soubera, xa desde primeiros de ano, se vai contar ou non con algún tipo de axuda para levar adiante os seus fins. Non sabelo implica que as distintas asociacións

deixen de realizar actividades por falta de orzamento co conseguinte problema á hora de acceder ás subvencións e de xustificalas, xa que se ten que facer con facturas de gastos realizados con anterioridade á convocatoria da subvención” “As actividades organizadas polas entidades sociais constitúen unha parte fundamental e imprecindible dentro da programación que se oferta anualmente no conxunto do concello, e achegan as actividades culturais, deportivas e sociais a todas as parroquias do concello, polo que consideramos que deberían contar con máis atención e apoio desde o goberno municipal.” A Concellería de Cultura non ofertou este ano actividades nas parro-

quias. A esta situación hai que sumarlle que este ano a Concellería de Cultura non afertara actividades propias para realizar nas distintas parroquias, algo que se viña facendo nos últimos anos, volvendo a centralizalas na vila, feito que non favorece o acceso de toda a veciñanza ás actividades culturais. Solicitude de reunión co Goberno. A Coordinadora solicita, tamén por rexistro, a convocatoria dunha reunión para tratar todo o referente as distintas liñas de achegas municipais a entidades sociais, e outros temas relacionados coa coordinación na programación das actividades municipais e parroquiais para e evitar solapamentos e favorecer a diversificación da oferta.

bAIONA

Baiona contará en primavera cun novo parque infantil na Palma

O Concello ultima o documento de licitación para sacar a obra a concurso público

Baiona contará a vindeira primavera cun novo parque infantil na Palma que incluirá un gran castelo medieval temático acorde coa Fortaleza de Monte Real que ten ao seu carón. O goberno local de Baiona ultima o documento de licitación para que a obra saia de inmediato a concurso e así destinar parte dos fondos do Plan Concellos

da Deputación de Pontevedra a unha reforma integral do parque infantil da Palma. “Trátase do principal lugar de ocio para os máis pequenos da Vila e temos previsto aproveitar toda a zona coa instalación dun parque totalmente novo”, apunta a concelleira de Parques e Xardíns, María Iglesias. O proxecto vai destinado a reformar o parque de referencia de Baiona e o Val Miñor e modernizar todas as instalacións. O obxectivo é renovar unha zona de xogos que xa foi construída hai 25 anos e que vai quedando obsoleta en relación aos outros 15 parques dos que dispón o

municipio. O Concello xa definiu as características que terán as novas instalacións e contempla unha ampliación de case 100 metros cadrados para alcanzar un máximo de superficie de 560 metros cadrados de chan continuo. Ademais, estará preparado con elementos para todas as idades e disporá de xogos para persoas con mobilidade reducida ou algunha discapacidade. Ao longo das dúas últimas décadas o parque da Palma xa foi mellorado con constantes remodelacións, pero neste caso o equipo de goberno local pretende un cambio integral nunha zona máis céntrica e emblemática da Vila por tratarse das instalacións máis utilizadas. “É o noso parque por excelencia, o máis grande, é contará cun orixinal castelo temático en clara alusión á Fortaleza que o protexe”, engade María Iglesias.

bAIONA

Baiona reinaugura a pista de skate do Aral cun novo deseño acordado cos mozos

Os traballos de mellora permitiron ampliar as instalacións cunha nova rampla e cun caixón

A pista de skate do Aral xa funciona a pleno rendemento despois da reforma levada a cabo polo Concello de Baiona tras manter varias reunións cos mozos que habitualmente utilizan as instalacións municipais para definir as melloras. A pista de skate do Aral foi reinaugurada cun rotundo éxito a pasada semana tras as obras levadas a cabo pola empresa Materval de Baiona. Entre os traballos que fixo a Concellería de Vías e Obras inclúese unha nova rampla para realizar xiros e un novo caixón para os saltos, ademais das labores de mantemento do resto da infraestrutura, co pintado da rampla e do chan. As melloras tamén centráronse na instalación dun perfilado con chapa mecánica e a retirada das vallas. Os propios mozos e mozas da Vila foron os que deseñaron os cambios e fixeron chegar as súas peticións ao Concello de Baiona en varias reunións mantidas durante as últimas semanas. A pista de skate do Aral cumpriu xa 12 anos e a última reforma levouse a cabo hai catro anos. “Estamos moi orgullosos da reforma e do éxito nos primeiros días de inauguración, así como que foran os propios usuarios os que definiran as melloras, porque preferimos que o desgaste, tanto da pista como do resto dos parques de Baiona, sexa por uso e non porque estean infrautilizados”, apuntou o alcalde, Ángel Rodal.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

37

PUBLICIDADE


38

FINAIS DE SETEMBRO 2017

VAL MIÑOR NIgrÁN

O Alcalde de Nigrán propón á corporación a cesión do contrato de redacción do PXOM a 'Alfonso Botana S.L.' tras a nova realidade empresarial de Eptisa

A multinacional chinesa que adquiriu Eptisa abandona a sección de planeamento urbanístico plantexando como alternativa a cesión do PXOM de Nigrán e doutros 16 concellos galegos á nova empresa xurdida do seu equipo técnico

O Alcalde de Nigrán, Juan A.González, propuxo esta tarde en Xunta de Portavoces a cesión do contrato de redacción do PXOM a 'Alfonso Botana S.L.' ao tenor da nova realidade empresarial de Eptisa, a empresa responsable da redacción do documento en Nigrán e noutros 16 concellos galegos.

A adquisición de Eptisa por parte da multinacional chinesa JSTI trouxo consigo un cambio de orientación empresarial ao prescindir da súa sección de planeamento urbanístico e, con elo, da tramitación do PXOM de Nigrán e demais municipios. Como consecuencia, Eptisa

propón agora a cesión do contrato a 'Alfonso Botana S.L.', nova empresa formada polo seu director e equipo técnico de planeamento. "Este cambio de empresa pero non de equipo técnico garante que o documento se siga a desenvolver segundo os prazos previstos e sen incidencias, por iso é urxente aprobar esta cesión", expón o rexedor, quen recalca que o arquitecto Alfonso Botana e os seus persoal continúa a traballar no documento con absoluta normalidade. "Siguen avanzando na súa execución e temos o compromiso de que así sea durante toda a fase de tramitación da solicitude de cesión, que debe ser aprobada en Pleno. O obxectivo firme é presentar o documento a Aprobación Provisional o próximo ano, tal e como estaba previsto", explica o alcalde.

Nesta liña, Botana acudíu á Xunta de Portavoces desta tarde para informar de primeira man aos membros da corporación e durante toda esta semana se desplazou co seu equipo técnico ata o Concello de Nigrán para traballar xunto ao persoal de Urbanismo e o goberno. "O desenvolvemento do PXOM non se verá afectado con esta cesión, o equipo de Botana ten a nosa máxima confianza porque xa dende Eptisa amosou a súa profesionalidade e compromiso con Nigrán. O PXOM non é un documento de goberno, é de toda a corporación, que ata agora amosou un total compromiso coa aprobación do documento que agardamos que se manteña", insiste González. Ante a nova situación en Eptisa, o goberno de Nigrán mantivo diferentes encontros coa Dirección Xeral de Ordenación do Territorio, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e FEGAMP, organismos que apostan tamén por axilizar o documento urbanístico ao máximo e coas máximas garantías.

NIgrÁN

Nigrán celebra que se cumpla a súa demanda de darlle continuidade á senda peoníl de Ramallosa a Praia América

O alcalde recalca que segue pendente a súa reclamación para que a Xunta repare as beirarrúas da estrada autonómica Otero Pedrayo ou da Avenida de Portugal na Ramallosa

O Concello de Nigrán celebra que a Xunta cumpla ao fin a súa demanda de dar continuidade á senda peonil de A Ramallosa a Praia América, obra que comezou esta semana e que dende o goberno local se reclamou durante anos mesmo a través de enmendas aos orzamentos da Xunta a través do PSdG. “A senda peonil e ciclista que percorre o litoral dende A Ramallosa a Panxón (o sendeiro azul) finaliza abruptamente na Foz, impedíndolle a peóns e ciclistas continuar cara a praia América dun xeito seguro e accesible por-

que incomprensiblemente non se habilitaron os 300 metros seguintes que agora permitirán chegar ao trazado do areal sen perigo algún”, incide o rexedor, quen avala este novo proxecto que implica desplazar máis á marxe dereita a isleta de Torrente Ballester e humanizar ese tramo de vivendas. Nesta rúa (zona de A Foz cara a Monte Lourido) o Concello acadou hai un ano que se pintase un paso de peóns, xa que nesta estrada que une A Ramallosa e Praia América non existían. O rexedor recorda que aínda ten pendente a actuación da Xunta en Otero Pedrayo (PO-552), unha estrada estratéxica que une Nigrán e Panxón e que presenta un estado de beirarrúas tan lamentable que mesmo o Pleno de Nigrán instou en xullo á Xunta a que o arranxase.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

39

CINEMA

O filme grego ‘Fox’ gaña a Ánfora de Ouro no 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu A cinta suíza ‘Ruah’ acadou a Ánfora de Prata e ‘Timecode’ o Premio do Público nunha edición récord pola que pasaron 6.500 persoas

O filme grego ‘Fox’ proclamouse esta fin de semana gañador do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) ao facerse coa Ánfora de Ouro, dotada con 2.500 euros. O alcalde, Félix Juncal, fíxolle entrega do premio a Jacqueline Lentzou, directora desta historia sobre o paso á vida adulta. “Non hai industria nin mercado para as curtametraxes, por iso estes festivais son importantes, porque a xente pode vir ver os nosos filmes, xa que nós facémolos para o público” asegurou a realizadora, mentres que o rexedor destacou que “o cine e a cultura nos fan felices”, polo que o FICBUEU “consegue cada ano ilusionar o corazón de moitas persoas” e é “un proxecto social e cultural” que demostra “como unha vila pequena se pode converter nunha gran cidade da cultura”. A Ánfora de Prata, dotada con 1.000 euros, foi para a cinta suíza ‘Ruah’, dirixida por Flurin Giger, que enviou un vídeo de agradecemento. Correspondeu-

lle anunciar este galardón á presidenta da Deputación Pontevedra, Carmela Silva, quen felicitou á organización “por estes dez anos de éxito absoluto” e sostivo que “o mundo o seguen a mover as ideas e a cultura”. Con anterioridade, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, desvelou que o premio do público era para a curta española ‘Timecode’, de Juanjo Giménez. Segundo o representante autonómico, “un festival que leva dez anos se mantén no tempo polo apoio local, quen estades aquí toda a semana e o resto do ano facedes posible que exista e as institucións deben apoiar iniciativas que teñen detrás o respaldo da xente”, incidiu. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciou o premio á mellor curtametraxe española para ‘La disco resplandece’, de Chema García Ibarra, quen lembrou nun divertido vídeo de agradecemento o seu anterior paso polo FICBUEU. Pola súa banda, o deputado provincial de Cultura e concelleiro de In-

novación Tecnolóxica, Xosé Leal, foi o encargado de entregar o premio á mellor curta galega, que recolleu Nieve de Medina como integrante do reparto de ‘Néboa’, filme dirixido por Claudia Costafreda. A actriz atopábase na gala para recoller tamén un dos premios honoríficos da noite, para o que a organización buscaba unha intérprete “que apostase polas curtametraxes, que fose unha gran actriz que nos admirásemos e cuxo recoñecemento público non estivese á altura do seu talento”, segundo expuxo o director do FICBUEU, Manuel Pena. “Desde que cheguei a Galicia non deixei de sorprenderme” apuntou a galardoada, “pasei por unha morea de festivais e este é unha xoia marabillosa”, asegurou. Outro dos recoñecementos foi para Antonio Durán ‘Morris’, premio cine galego, que recibiu de mans de Cristina Sanmartín, da asociación FICBUEU. O actor considerou que “este é un festival detallista, moi ben rematado, que coida moito o trato coas persoas convidadas; xa o primeiro día me fun impresionado” e desexou “moitos anos máis para o FICBUEU, para as curtas, para as longas e para a cultura en xeral”. En canto aos once galardóns técnicos e artísticos, estiveron moi repartidos. O de mellor dirección foi para Luz Olivares por ‘Wald der echos’ (Austria) e o de mellor guión para ‘Leni K’ (España), de Alberto Taibo. O premio a mellor actriz recaeu en Nina Mazodier por ‘Un grand

silence’ (Francia/Bélxica) e o de mellor actor en Amjad Prawej por ‘Disco obu’ (India/Singapur/USA). O xurado internacional integrado por Javier Tolentino, Paloma Biénzobas e António Costa tamén decidiu outorgar senllas mencións especiais en ambas as dúas categorías, unha a Lila Gueneau polo seu papel en ‘Cléo’ (Francia) e outra a Tin Vulovic, de tan só oito anos por protagonizar ‘Srečno, Orlo!’ (Eslovenia/Austria/Croacia). O premio a mellor fotografía foi para ‘La Plage’ (Francia), o de mellor montaxe para ‘Samedi’ (Francia) e o de mellor dirección artística para ‘Irregulars’ (Italia). ‘Bier & Calippo’ (Austria) fíxose co de mellor música e ‘Valparaíso’ (Italia) co de mellor son. ‘Dadyaa’ (Nepal/Francia) foi recoñecido polo seu vestiario e ‘Ses souffles’ (Francia) pola maquillaxe e peiteado. A gala estivo conducida un ano máis polo actor César Aldea, coa música de Severiano Casalderrey ao piano, e contou no seu arranque cun fragmento da película ‘Satatango’, ao que seguiron a proxección da curta realizada no obradoiro de curtametaxe e o vídeo resumo da semana. Unhas 6.500 persoas pasaron entre o 9 e o 16 de setembro polo 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, no que se proxectaron máis dun cento de curtas de corenta países e que contou tamén con múltiples actividades paralelas, como coloquios, obradoiros, radio en directo, maxia, contos, concertos, gastronomía, etc.

CONTOS

O demo do chibo

MUÍÑO DA FEIXA X.S.PArAmOS

Mariña pasou a xuventude coidando do pai, que quedara impedido, e tamén das cabras que lle traían ó chibo. Polo cheiro que Mariña desprendía a castrón e o pouco agraciada que era quedou para vestir santos. Cando morreu o pai deixoulle de herdanza a casoupa, o castrón e unha leiriña con maceiras alá nas Millariñas, no medio do monte. Cartos, nin un pataco. Pero como as desgrazas veñen collidas da man, apareceu un sambesugas prestamista ó que lle chamaban o “Rancio” e, por unha débeda do pai, arramploulle co castrón. Chea de fame e miseria foi á leira das maceiras coa idea de rillar algo. Quedou parva cando viu que parecían roseiras, cheíñas de mazás.

Como a fame espreme os miolos, foi vendelas á porta da praza, onde llas ripaban das mans. Pero a cobiza inda espreme máis os miolos cá fame e decidiu vender as mazás en botellas, coa sorte de que lle saíu a sidra máis sabedeira do mundo. O “Rancio” ó decatarse da prosperidade do negocio de Mariña foi xunto dela e ameazouna con embargala por non pagar o resto da débeda. -Pero non levaches o castrón ?dixo ela. El contestoulle que amortizara a débeda pero non os réditos e se non pagaba, leváballe as mazás e, para a próxima, a leira. -Como vou pagar se me quitas o negocio?- dicíalle chorando.

Ó non dar xuntado tanto diñeiro, o “Rancio” foi co carro, levou as canizas e cargouno de mazás ata non deixar nin a proba. Xa na casa, o castrón ó ver as mazás chimpou enriba do carro para rillalas, pero o novo dono colleu unha vara e case o brea. Ofendeuse o castrón de tal maneira que cando o colleu a xeito mandoulle un repotón nas costas, nese instante os dous notaron como escacharan os osiños do “Rancio”, que quedou choucho. O castrón fuxiu e non apareceu máis. Hai quen di que era o demo, pois o pai de Mariña, que tamén fora prestamista, quedara impedido polo mesmo. Mariña inda hoxe vende a sidra máis sabedeira do mundo.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xan Alonso Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


nº 53 (cuarta xeira)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

finais de agosto 2017 - 2€

Chapela:

unha vila incrible PÁX XI

ENTREVISTA Á AGRUPACIÓN DE ELECTORES DE REDONDELA POSICIÓNS RESPECTO AO EDIFICIO ILEGAL DE CHAPELA

PÁXS. I E II

PÁX. VII

chapela vista desde o pinar do crego. foto: tomÁs rodríguez


II

FINAIS DE SETEMBRO 2017

ENTREVISTA

TINO lAgO

Entrevista á Agrupación de Electores de Redondela AER Arturo Ruíz era un rapaz que caeu abatido polas balas en Madrid, no ano 1978 ,cando reclamaba liberdade. As últimas palabras que lle dedicou a súa moza foron “Adiós amor, ya no envejeceremos juntos”.Esas conmovedoras palabras inspiraron ao poeta Xulio López Valcárcel para crear un dos poemas máis fermosos e inten-

sos que coñezo “SE ENVELLECEMOS XUNTOS”. Cada vez que falo coas mozas e mozos de AER, venme a memoria ese poema. Agardo que Redondela e AER poidan envellecer xuntos, porque cos seus erros e acertos, AER é un soplo de aire fresco na política, de verdade.

“No momento político presente, AER non vai participar en ningún goberno. Agora ben, se nos presentan un proxecto de moción de censura serio e rigoroso, respectándonos esa condición, valoraémolo” nada. Ti, estás de acordo ou en desacordo?. O Concello de Redondela trata con xustiza a Chapela ou non? Eu estou de acordo. Chapela ten 9.000 habitantes e non recibe os servizos que polo volume de persoas que alí vivimos necesita.

Vós, nos dous mandatos desde que chegastes ao concello de Redondela, a metade dos catro anos mudades os concelleiros. Neste segundo, no que contades con catro representantes xa completastes o proceso de cambio? Pois Si, xa están catro compañeiros novos; Noé, Covelo, Roberto e Javi. Fixemos o cambio e maneira progresiva, para non deixar o pleno en situación

varios dos membros de aer atenderon Á realización desta entrevista

que puidese prexudicar algunha votación.

Algún dos catro tedes experiencia institucional? Non, pero os catro somos moi activos no traballo interno de AER, e estabamos perfectamente conectados coa labor das persoas que estiveron antes ca nós no concello. Xa que logo, hai e seguirá habendo unha liña moi sólida de continuidade na

nosa acción política institucional.

Unha pregunta específica para un dos vosos concelleiros. Ti, Javier, es veciño de Chapela. A pasada peneira faciamos unha reportaxe sobre Arealonga, un veciño comentoume que el opinaba que o Concello de Redondela non trata con xustiza á parroquia de Chapela, que está discrimi-

Eu con vós non me aclaro moito. Por unha banda acúsanvos de ser a marca branca do PP e de ser os responsables da existencia dun goberno de dereitas en Redondela. Pero se alguén recibe críticas de extrema dureza do entorno do PP sodes vós:” manipuladores, inquisidores, sectarios, mesquiños políticos....” Vamos ver, cando AER entra no panorama político de Redondela produciuse unha sensación xeneralizada de descadre. Apareceu un elemento que rachou a concepción tradicional sistémica das cousas; un elemento transversal e sen xerarquías de verdade, un elemento que da prioridade á veciñanza sobre a organización de verdade, un elemento que pretende mudar as cousas de verdade e non como un mero exercicio retórico .E o que sucede cando alguén quere mudar as cousas de verdade ,é que se convirte en branco das iras dos

que queren que nada mude.

Desde o PP din que sodes uns manipuladores. Considerádesvos como tal? Non de ningunha maneira. Nós transmitimos información. Podo dicir que en moitas máis ocasións información ,empiricamente obxectivable, que opinión. O PP pola contra si que ten amosado en numerosas ocasións a súa especial capacidade para transformar a realidade, é dicir para manipular.

Di a concelleira Carmen Amoedo que vós votades “un sin fin de veces en contra de Redondela”. Iso non deixa de ser unha consigna panfletaria para consumo interno.

En que quedaron aquela palabras de Santos Héctor referentes a supostas relacións laborais entre algún militante de AER e a Deputación? Todas as persoas de AER que temos traballo, temos o mesmo que tiñamos antes de entrar en política(algunhas menos apunta a ex-concelleira Bety Laiño). É máis, non temos ningún liberado nin liberada nin a ninguén que se convertese en profesional da política.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

III

REDONDELA Por que votastes en contra do investimento de 1.100.000€ de remanente? O motivo foi que non se nos informou ata a xunta de voceiros anterior a ese pleno de como se pensaban dispor deses cartos. Nos consideramos que o PP tiña que ter consensuado coa oposición onde investir eses cartos. Non pode ser que unha semana antes veñan e digan; isto vaise gastar desa maneira porque o dicimos nós e punto.

Cal é a vosa posición sobre o famoso edificio de Chapela? Ese edificio ten moita historia política, fíxate foi un dos motivos da moción de censura que no seu día promoveu o PP xunto a un tránsfuga

Ah sí? a de Amado Ricón? Non tiña nin idea Si. Agora mesmo o Concello quere adquirir ese edificio para dependencias municipais. A nosa posición é que se deben concluír os expedientes abertos, sancionar a quen cometeron irregularidades e derrubar a parte ilegal. O concello non pode adquirir algo que é manifestamente ilegal, e que xorde da pura especulación urbanística.

O entroido de verán. Vós denunciastes erros de seguridade no seu desenvolvemento. Explicádenos o voso parecer. Non é que o digamos nós que si o dicimos, é que houbo un comunicado de distintos policías locais denunciando a existencia dunha gran descoordinación, de falta de medios e material...Con tal cantidade de persoas, botellóns..os policías non podían dar feito .Nós tamén apreciamos graves erros no recinto, a entrada estaba no peor sitio era un auténtico tapón, as persoas maiores non tiñan facilidades, había grandes cantidades de persoas sentadas no chan que no caso de avalancha sería un auténtico perigo..Aínda que o goberno local insista en que non, si que houbo graves erros de seguridade

Na vosa opinión cales son os motivos que explican a marcha do antigo xefe da policía de Redondela Obdulio Iglesias a Gondomar? Obdulio non se plegaba ás ordes do PP, iso orixinoulle problemas co goberno municipal. E os problemas entre eles foron o detonante da súa marcha.

No que respecta aos servizos sociais vós denunciastes que na vosa opinión non están en bo estado, e o PP contestouvos cunha dureza superlativa A situación descríbena ben a propia

Mari Carmen Amoedo no seu informe no que trata de xustificar a necesidade de contratar máis persoal. O 30 de agosto nós falamos cos servizos socias e en Redondela hai listas de espera de arredor de dous meses ,e en Chapela de dous meses e dúas semanas. Se falas con eles verás como obxectivamente están desbordados. Con total rotundidade afirmades que a situación dos servizos sociais de Redondela é deficiente? Con total rotundidade si. A modo de exemplo ; Por que está pechada a aula de atención ás persoas con necesidades especiais? Pero por que está Mari Carmen tan enfadada con vós? Ela di que utilizamos un informe seu para xustificar a nosa posición. Pero ben Mari Carmen; Cando mintes? No contido do informe? Ou cando dis que os servizos sociais están ben?

Vai haber moción de censura ou non? Pronunciádevos con claridade por favor Con meridiana claridade; Nós estamos dispostos a falar da moción de censura, así llo dixemos ao PSOE. Agora ben ,coa mesma claridade, non imos incumprir a nosa promesa electoral de non participar no goberno. Cando lle expuxemos ao partido socialista a situación referente a que nós non imos entrar no goberno non quixeron explorar ningunha outra fórmula para facela.

Hai quen di que o problema é que vós non vos atrevedes a gobernar? De ningunha maneira. Nós presentámonos ás eleccións para gobernar .Esa é unha calumnia máis que se desmonta moi fácil. Despois das eleccións nós tivemos algún encontro co psoe no que directamente lles preguntamos se nos apoiarían a nós como opción de goberno. Eles contestaron que non. En definitiva para que quede absolutamente claro; Neste momento político AER nunca vai participar no goberno. Neste momento político, respectándonos esa condición, se nos presentan un proxecto de moción de censura serio e rigoroso valorarémolo con moito interese. Rematamos, un ano máis agradézovos a vosa amabilidade, velaí tedes as nosas páxinas para dicir o que estimedes Veciños, Veciñas por favor animádevos a participar o futuro de AER e o de Redondela será o que vos queirades que sexa. Moitas grazas.

O PSOE de Redondela denuncia a falta de información e transparencia nos trámites do PXOM ¨O PP utiliza o PXOM para remediar antigas débedas urbanísticas.¨ O PSdeG-Redondela ten solicitado por rexistro e nas xuntas de voceiros e comisións de urbanismo que se lle proporcione información relativa á redacción do PXOM, e máis tralo retraso acaecido polo cambio da lei do solo. Sen embargo, o equipo de goberno non proporciona dita información e nega xuntanzas co equipo redactor negando así a posibilidade de resolver as dúbidas que podan xurdir na redacción deste. Mentres o goberno alega á oposición que as xuntanzas solicitadas non se poden realizar ata que o persoal se reincorpore tralas vacacións, pese a telas solicitadas con anterioridade, reúnese por outro lado con empresarios relacionados con diversos proxectos urbanísticos, nagún caso de dubidoso beneficio para o desenrolo urbanístico do Concello de Redondela. A este ocultismo amosado polo Partido Popular hai que engadir os numerosos atrasos relacionados con este proxecto. Ademáis dos xa mencionados pola lei do solo, a concelleira de urbanismo Maria del Camen Amoedo, indicou públicamente varias datas de exposición dos avances na redacción do PXOM e numerosas reunións nas parroquias, sen emabargo, ata hoxe non houbo ninguna reunión informativa a pesar da última promesa onde decía que

se mostrarían os avances antes de rematar o pasado mes de agosto. Dende o PSdeG-Redondela só entenden estes atrasos e ocultismo como unha mostra máis do PP de presuntamente favorecer os instereses de certos sectores da cidadanía ou mesmo utilizar este proxecto para dar solución a antigas débedas como a legalización do edificio Puntela que o partido socialista levou a pleno o pasado día 7. Edificio que, tal e como o debate mostrou, ten numerosas ilegalidades como exceso de altura e exceso de volume en todas as súas prantas chegando a dupricar o volume permitido, afeccións por parte da autoestrada do atlántico, AP-9, e o soterramento ilegal do río Maceiras para dar acceso aos sotos. Os socialistas declaran “o Partido Popular non quere levar a cabo un PXOM de consenso a pesar do que alardean nos medios de comunicación, podendo favorecer nalgún caso intereses privados por enriba do interese xeral da veciñanza” e engade “o PsdeG-Redondela seguirá a reclamar información e reunións co equipo redactor para coñecer de primeira man e achegar a cidadanía un proxecto tan importante como o PXOM, e non permitirá accións caciquís do Partido Popular acudindo a fiscalía se é preciso”.


IV

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

V

REDONDELA Segundo AER: ‘A Concelleira de Benestar Social recoñece - O grave colapso existente- en servizos sociais, departamento do que é a máxima responsable’

Sendo coñecedores dende AER que o goberno local pretendía contratar traballadoras sociais para cubrir as ausencias por vacacións de verán, no pasado mes de xullo solicítase acceso á información relativa a esta cuestión. Unha vez comprobado o expediente, a Agrupación de Electores observa que dende o goberno local deféndese esa contratación en base a, segundo as propias palabras da Concelleira de Benestar Social, “que os Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Redondela se atopan nun estado de grave acumulación de tarefas...”; ou sexa, recoñeć ese explicitamente a grave situación do departamento, que dende AER pensamos que é motivado por unha mala xestión política en servizos sociais do goberno do Partido Popular nos últimos anos. Asume nese mesmo informe a Concelleira responsable do departamento, que hai unha situación de importante saturación, e textualmente relaciona: • Expedientes atrasados e pendentes de tramitación por parte do persoal técnico dos

Servizos Sociais Comunitarios. • Saturación da cita previa de ambas Unidades Interdisciplinares de Intervención Social (UNIS); saturación da lista de espera nas axendas profesionais das traballadoras sociais. • Aumento da carga de traballo do departamento, ambas UNIS sofren un importante incremento da demanda, sendo cada vez as necesidades da poboación máis extremas e urxentes e o servizo demandado por unidades familiares normalizadas cuxa incipiente situación de precariedade económica fan precisar dunha dilixente intervención interdisciplinar. • Aumento do número de expedientes xestionados dende o Departamento de Servizos Sociais. • Tras a aprobación definitiva no Pleno do mes de maio de 2013, e a súa posterior modificación e publicación en xuño de 2016, da Ordenanza municipal de prevención de situacións de emerxencia social do Concello de Redondela, a carga de traballo do departamento incrementouse considerablemente. A tramitación dos

expedientes é considerada de carácter urxente polo que se deben realizar as xestións coa maior celeridade posible non debendo transcorrer, con carácter xeral, máis de 30 días naturais dende a data de rexistro de entrada ata a data da resolución (sempre que non se paralice por causa imputable á persoa solicitante). A situación actual do departamento de Servizos Sociais é recoñecido polo goberno local como moi grave e, unha vez revisados estes informes, resulta moi preocupante que non se tomen medidas contundentes para solventar esta situación, máis alá de pequenos parches ao contratar ata o mes de maio a dúas traballadores sociais mediante bolsa do programa da Deputación, que se atopan en formación, non de asunción de responsabilidades, e unha auxiliar administrativa ata decembro do presente ano. Unha situación que dista moito de solucionar a grave carencia de persoal, nas diferentes escalas, e recursos con que conta este departamento. O pro-

pio departamento no informe de xullo recoñecía retrasos de cinco (5) meses na tramitación de expedientes e de máis de dous meses na concesión de citas, atopándose a data do 3008-2017 cunha espera en citas en Redondela de 8-9 semanas e de 10 semanas en Chapela. Cabe lembrar que a lexislación vixente, do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, establece que para un concello como o de Redondela con poboación entre 20.000 e 40.000 habitantes, deberíase contar cunha dotación de persoal de 3-5 traballadoras/es, contando na actualidade co mínimo establecido, ou sexa, tres traballadoras sociais. Así, dende AER considérase fundamental que o goberno local busque a fórmula para a dotación ao departamento como mínimo dun/ha traballador/a social adicional de xeito permanente, de cara ámellora da resposta ás necesidades sociais da veciñanza de Redondela e á redución das esperas actuais.

Talleres de arquitectura e microtoponimia para nenas e nenos O Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura organizan unha nova actividade de divulgación do patrimonio e a microtoponimia para a rapazada redondelá.

Baixo o título Coñecendo Redondela vanse celebrar uns talleres de arquitectura e microtoponimia para nenas e nenos, co obxectivo de divulgar entre a poboación infantil

o patrimonio arquitectónico de Redondela, descubrir a súa historia e afondar no coñecemento do territorio e da lingua a través da microtoponimia. Analizarase a forma urbana, o modo de vida e o pasado de Redondela, contidos de xeografía física e humana que engloban a paisaxe, o territorio e as infraestruturas. Destinatarios: rapazas e

rapaces de 6 a 12 anos Número de prazas: 15 Lugar: Multiúsos da Xunqueira e en diversas rúas e prazas de Redondela Datas de desenvolvemento do programa:

Os obradoiros desenvolveranse os días 25, 26 e 27 de setembro, en horario de tarde (de 16:30 a 18:00 h, e de 18:30 a 20:00h).

O Concello entregará composteiros en préstamo

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela en colaboración con SOGAMA, fará entrega en breve dunha nova partida de composteiros domésticos co fin de seguir o programa de reducir a cantidade de restos orgánicos xerados nos domicilios evitando que vaian parar ao colector verde, e deste xeito baixar o número de toneladas que a diario levan a incinerar.

Hai que ser conscientes de que gastar cartos en queimar lixo é como queimar os cartos directamente, e con estas accións preténdese varios propósitos como son: a baixada do custo de máis dun millón de euros que asume cada ano o concello, o manter o prezo que se aplica aos cidadáns por este servizo, a mellora do medio ambiente no sentido máis amplo das súas vantaxes e a creación dunha compostaxe natural, gratuíto e ecolóxico para autoconsumo, entre outras moitas vantaxes

Haberá que anotarse previamente enviando un correo electrónico a medioambiente@redondela.gal ou chamando ao 986400300. Os composteiros deberán asistir á charla formativa sobre compostaxe, estar empadroados en Redondela e non ter recibido previamente un composteiro por parte do Concello.


VI

FINAIS DE SETEMBRO 2017

REDONDELA

O curso deu comezo no Colexio Igrexa con normalidade cúmprese o compromiso de estar rematadas as obras para o comezo do curso

Nunha xuntanza na que participaron , o Equipo directivo, a ANPA, técnicos da Consellería de Educación, membros do goberno e técnicos do concello de Redondela así como a Asociación do Afectados pola ampliación da AP9 tiveron acceso aos informes técnicos de Seguridade e Solidez da edificación das obras realizadas en dito centro e percorreron as novas instalacións mostrando satisfacción unánime do resultado obtido. Que se resumía co comentario de que o colexio está moito mellor que o curso pasado. As obras realizadas por Audasa e a UTE-Rande, consistiron na demolición da aula de reforzo e duns galpóns engadidos utilizados para almacén do ximnasio e do material de limpeza e da sala de caldeiras e a construcción dunha nova sala de caldeiras e a instlaronse dous módulos para a aula de reforzó e almacén dotados con aire acondicionado, sistema de calefacción, insonorización e

baños adaptados a persoas con mobilidade reducida. As novas instalacións contan con saidas de emerxencias conforme á normativa vixente. Así mismo o muro de protección de alta resistencia construido para elevar o grado de seguridade do centro así como portar as pantallas reductoras de sonido que reduzan a contaminación acústica no centro mentres non sexa trasladado a súa nova ubicación (Finca da Ginaria) satisfaceu á comunidade educativa e os Anpa Nos vindeiros días se procederá ao pintado da fachada reformada do centro, dotarase de medidas antihumedade e se decorará cun graffiti de temática infantil a parte interior do muro e outro na cara exterior. Se comprobou na zona de xogos exterior do colexio a instalación dun chan de caucho para maior seguridade dos nenos.

Tanto a comunidade educativa como a ANPA e os membros da Asociación de Afectados da AP-9 mostraron a súa satisfacción polos resultados e o cumprimento dos prazos que posibilitan que os nenos vaian a iniciar o curso cunhas condicións que, pese ao avance das obras, mellora incluso as condicións do ano anterior.

O PSdeG-Redondela critica a falta de xestión do PP á hora de facer cumprir a normativa de terrazas En 2013, aprobouse a ordenanza de terrazas promovida polo PP de Redondela tras nove meses de redacción. Despois de máis de 4 anos, dita normativa segue sen cumprirse debido á falta de control e de xestión do Goberno Municipal do PP. A ordenanza de terrazas establecía uns mínimos para a convivencia dos locais de hostaleiros e os viandantes como: a obriga de recollida das mesas, cadeiras e parasoles ao interior do local tras o peche do local sen quedar amontoados na rúa; non obstaculizar o tránsito peonil, nin de entrada e saída de casas e locais comerciais; a prohibición de instalacións e uso nas terrazas de aparatos audiovisuais que produzan emisións acústicas de calquera tipo, a non superación de ocupación do 50% da superficie total da praza pública... Todos as normas nomeadas con anterioridade están a imcumprirse, facendo que moitos veciños e veciñas trasladen as súas queixas polas molestias.

En 2016, o PSdeG-Redondela presentou unha pregunta no pleno sobre o seguimento do Goberno Municipal do PP sobre o cumplimento desta ordenanza. A contestación do concelleiro de Interior do PP, Arturo Gónzalez, foi dun suposto “seguimento constante polo servizo de recadación cun resultado bo”. Segundo os socialistas “o concelleiro do PP non só faltou a verdade, senón que non está a facer o seu traballo sobre a xestión da ordenanza pese aos avisos despois dun ano e máis de catro tras a súa aprobación” engaden “para moitos veciñas e veciñas é claramente visible que non se cumpre a normativa, senón que lle pregunten ás persoas que levan carros de bebés ou que teñen diversidade funcional. Por non engadir, que é etendible o malestar ante a normativa xa que existe un mal exemplo por parte do Goberno Municipal do PP coa súa propia voceira incumprindo a normativa das terrazas no seu local hostaleiro”.

O BNG esixe a eliminación do tráfico pesado en Chapela

“Se non se elimina o tránsito de camións, non se poderá falar dunha verdadeira humanización da Avenida de Vigo”, afirma o concelleiro Xoán Carlos González. As obras que se están a realizar nun treito da Avenida de Vigo en Chapela, atópanse cun importante obstáculo segundo a organización nacionalista “tanto na súa concepción como na propia execución: a eliminación do tráfico pesado”. Consideran que calquera plan de humanización da zoa, “debe levar aparellada a supresión dos camións que diariamente circulan por un treito urbán desamente poboado”. “Para falar realmente de recuperar

espazos para a cidadanía esiximos a eliminación do tráfico pesado desta zoa densamente poboada, onde ademáis dunha intensa actividade comercial, sitúase o Mercado e a Alameda de Chapela”, apunta o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González. Segundo os datos que manexan, máis dun cento de vehículos de grande tonelaxe circulan diariamente por esta rúa. Para o nacionalista, a humanización da Avenida de Vigo debe pasar por desviar todo o tráfico de camións polos terreos nos que se sitúan Pescanova e Aucosa, para que teñan saída polo Alto da Encarnación. Deste xeito melloraríase notabelmente a seguridade viaria neste espazo. “Dubidamos da vontade do goberno de Javier Bas para negociar unha alternativa na que primen os intereses veciñais”, afirma, emprazando ao alcalde de Redondela a xestionar ante a Autoridade Portuaria, entidade que tén as competenzas na zoa


FINAIS DE SETEMBRO 2017

VII

REDONDELA

PP: ‘O PSOE de Redondela mostra unha vez mais a súa incoherencia’

O Partido Popular de Redondela quere amosar a súa estupefacción polo feito de que Digna Rivas, concelleira do PSOE na Corporación redondelá, vote en contra de que os membros do Goberno local asistan a actos relixiosos en representación do Concello e, hai uns días, coma deputada provincial, e no nome da Deputación, fixera a ofrenda á patroa da provincia, a Virxe Peregrina. Parécenos unha falta de respeto para Redondela e todas as comisión de festas que invitan aos membros do Psoe e se negan a asistir mentras que en Pontevedra asiste como deputada provincial. Os integrantes do Partido Popular de Redondela temos en consideración todas as opinións e conviccións, e aínda que non

compartimos o feito de que os concelleiros do Goberno local non poidan estar presentes nas distintas manifestacións, procesións e actos relixiosos exercendo como representantes do Concello de Redondela, si respectamos que haxa concelleiros doutros grupos que pensen e defendan o contrario. Nos dende o Partido Popular acompañaremos a aquelas comisións de festas e veciños que nos conviden a participar nas súas tradicións e na vida das parroquias como así o fixemos cando estábamos na oposición. Resulta difícil comprender o posicionamento do PSOE vendo coma a concelleira Digna Rivas, mantén unha postura en Redondela, onde amósase en contra de que haxa representación municipal nos actos relixio-

sos locais e, cando exerce coma deputada provincial non so está a favor de que os membros do Goberno da Deputación estean presentes neses actos senón que participa é a protagonista dos mesmos. As imaxes da concelleira Rivas facendo a ofrenda na Igrexa da Peregrina, na misa en honra da patroa da provincia ao carón dos oficiantes relixiosos, producen rubor a quen as olla dende Redondela, cando deberían ruborizar á señora Digna Rivas, por ir en contra do que lles di aos redondeláns, os que a votaron e os moitísimos máis que non o fixeron, e por amosar unha explicación gráfica do que quería dicir Groucho Marx coa súa retranca, “estes son os meus principios, se non lle gustan, teño outros”.

O BNG rexeita a compra dun edificio ilegal en Chapela

Tildan a iniciativa de “cobardía política” ao implicar o goberno de Javier Basaos coleitivos, propiciando o enfrontamento parroquial. Os nacionalistas demandas a cesión do actual Colexio Igrexa ao Concello. Dende a organización nacionalista consideran o feito de que o goberno municipal de Redondela, prantexara a adquisición dun edificio ilegal a carón do acceso á autoestrada en Chapela, a traverso do Consello Parroquial, únicamente buscaba “trátase únicamente dunha artimaña”. O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González cualifica o feito de “cobardía política, responsabilizando ao alcalde Javier Bas, de todo o que está a suceder en Chapela coa presunta compra”. Recorda que para levala a cabo, terían que estar aprobados os orzamentos, e malia que se trata dun goberno monocor, aínda que a día de hoxe os presentaron. “A Lei permitiríalle ao alcalde invertir ata un millón oitocentos mil euros nesta operación, o dez por cen do orzamento”, resalta. O concelleiro do BNG considera que ao non presentar a vía pola que se vai financiar a adquisición deste edificio, “trátase dunha estra-

texia do goberno municipal para enfrontar aos coleitivos, e ante a resposta social que está supoñendo, non sufrir ningún desgaste político”. Rexeita, que se pretenda instrumentalizar a 9.000 veciños e veciñas que avalen a adquisición dun edificio ilegal, tal como se tén manifestado dende o goberno de Redondela. “Os únicos que poden asumir esta responsabilidade son Javier Bas, e os seus oito concelleiros e concelleiras”, considera Xoán Carlos González. Quere deixar ben claro a oposición frontal do BNG á compra dunha edificación ilegal, postura que manifestaron no Consello Parroquial de Chapela. “O BNG, prantexa como alternativa a cesión do colexio Igrexa tal como recollimos na moción levada a Pleno, o que suporía custe cero para o Concello”, salienta o concelleiro nacionalista. “Con dous mil metros cadrados útiles, máis as vivendas dos mestres e mestras, o Concello tería capacidade económica para levar a cabo unha reforma para albergar locais para as asociacións, para o propio Concello, e mesmo vivendas públicas municipais”, remarca finalmente na súa nota.

Posición de AER sobre o edificio ilegal de Chapela fraccións mediante multas e derrubos das partes ilegais.

Dende AER teñen claro que ese edificio chegou ata estes días nesta situación pola deixa-

dez de todos os gobernos locais do PP e do PSOE: todos tiveron a posibilidade de arranxar as in-

A ninguén lle colle na cabeza que co edificio a medio construír, e con ilegalidades patentes, se solicite a modificación puntual do PERI. Non é de recibo que dende os gobernos municipais se plantexara sequera aceptar esa medida, ou que ninguén resolvera os expedientes de disciplina urbanística. Peor é aínda que as modificacións propostas mudaran segundo os impedimentos que se lle puñan, e que dende o Con-

cello seguiran aceptando a posibilidade da súa tramitación a pesar dos informes técnicos, xa foran do propio Concello como da Xunta. Claro está que o modelo urbanístico do noso concello foi facer a vista gorda durante anos sen que ninguén tentase remedialo.

Patética é a actitude do PSOE admitindo nun pleno que a obra se podería legalizar dentro do PXOM, que logo vote en contra da aprobación inicial de ese PXOM, e que cando volve a gobernar se plantexe firmar un convenio para legalizar a obra dentro de un novo PXOM. Repugnante o Partido Popular, que comezou votando en contra da modificación puntual e

pasou a querer sacala adiante a calquera prezo. O prezo do poder que lle outorgou Francisco Puch, quen nun documento que atopamos no expediente solicitaba, sendo concelleiro do PSOE e firmando como alcalde accidental, asesoramento á deputación de Pontevedra. Un Francisco Puch que no ultimo consello pa- rroquial votaba, como representante da comunidade de montes, a favor da adquisición do polémico edificio e pedía que se lle dera ó alcalde a potestade de mercar dita construción; nada de perder o tempo con informes técnicos directamente había que cederlle a potestade ó alcalde para mercalo.


VIII FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

IX

OPINIÓN Moncho Lareu Membro de Anova e do CC da FPG

Espiral, o movemento envolvente

E finalmente, tras ducias de asembleas abertas comarcais por Galiza adiante, culminou o Proceso 1 de maio do que falara en anteriores Peneiras, coa fundación de Espiral-Mocidade Republicana Galega nunha nutrida Asemblea Nacional Constituínte celebrada na Facultade de Ciencias Políticas de Compostela o pasado 16 de setembro.

É Espiral un nome cargado de forza, simbolismo e motivación. A espiral está presente en diversas formas da natureza como as cunchas mariñas, esas que nos borboriñan os sons do mar ao achergarmos a orella. A espiral aparece, como ben sabemos, gravada durante séculos en moitos monumentos megalíticos de Galiza como símbolo solar e do ciclo da vida. Simboliza tamén o movemento envolvente, o materialismo dialéctico ligado ás diversas escolas do marxismo pasadas e actuais. E agora tamén ás futuras. A verba espiral entretece así os planos nacional e o de clase. É o nome alíás da histórica revista intermitente do arredismo de clase que nacera da man de Galiza Ceibe-Organización de Liberación Nacional, precente político inigualábel en dinamismo e orixinalidade.

Actos republicanos A partir do 27 de setembro e ata o 27 de outubro no multiusos da Xunqueira, poderemos disfrutar dunha exposición fotográfica co lema: Criminalización do

dentismo. É a idea común de República Galega. Nada é casual, xa que, intimanmente ligada coa Asemblea Nacional das Estudantes Galegas, EspiralMocidade Republicana Galega é outra ferramenta máis desa unidade popular que agroma en Galiza dende Nunca Máis e o 15-M en resposta á emerxencia nacional e á crise económica. É filla, logo, dos sucesivos acontecementos que foron abrindo espazos de ruptura democrática.

Pero o máis destacábel, do meu punto de vista, é que a nova organización xuvenil alicerza a súa identidade comunal na estratexia radicalmente republicana, unha idea que no noso País vai asociada ao longo da historia de forma indelébel á esquerda real, ao laicismo, á democracia popular, ao feminismo, á solidariedade internacionalista, ao progreso social e cultural, en definitiva, ás tendencias máis avanzadas do movemento emancipador galego abrollado en 1846, que son tanto o federalismo coma o indepenacto final da asemblea fundacional de espiral

pensamento, organizado polo Colectivo Republicano de Redondela e coa selección de imaxes de Félix Cal. O sábado 30 deste mes, ás 17h no ce-

Afirma Espiral-Mocidade Republicana Galega o seu propósito de construír unha alternativa ao réxime do 1978 dende unha perspectiva anticapitalista e republicana galega. Ten así Espiral-Mocidade Republicana Galega a determinación de loitar contra a supresión dos dereitos fundamentais, o exilio económico e a precariedade laboral para avanzar cara unha República Galega igualitaria, solidaria, libre.

Dende este espazo de liberdade do suroeste galego deséxolle moitos éxitos a esta mocidade, que é republicana e galega, organizada nunha envolvente Espiral.

miterio de Sta. Baia en Mos haberá un acto solemne pola lembranza das mulleres e homes asasinados polo franquismo no Concello de Mos. Non volos perdades.

XXII Festa da Mazá de Sto. Estevo de Negros


X

FINAIS DE SETEMBRO 2017

NEGOCIOS CON HISTORIA

Viñoteca A Parra

O mellor viño do mundo sen saír de Redondela No barrio do Salgueiral, moi preto do parque,está un dos locais máis amigo Manolo de Cabeiro, Manolo Lago, podemos degustar calbonitos e cómodos de Redondela. Na viñoteca A Parra do noso quera viño e deliciosos petiscos, sen saírmos da vila dos viadutos.

Confesa Manolo. Quen cociña os pinchos, ti? Non ohh. Fainos a miña muller.

Non podo deixar de preguntarte pola túa parroquia Manolo. O concello de Redondela trata con equidade a Cabeiro? Eu penso que fan o que poden, creo que si. Malia que o tema do saneamento é un grave problema da nosa parroquia e manifestamente mellorable

Cóntanos a túa historia profesional. Como empezaches no mundo da hostelería? Eu xa levo un longo percorrido no mundo do traballo. Inicialmente traballei na construción, e hai 30 anos collín un bar na miña parroquia, Cabeiro.

Como se chama o local de Cabeiro? Chámase Bar La Cueva, aínda que teño que dicir que quen lle dedica máis tempo a o local de Cabeiro é a miña muller. E esta preciosa viñoteca na que falamos que historia ten? Abrina eu hai 11 anos. Estreei o local,

antes non había nada. E por que motivo tendo o local de arriba decidiches abrir A Parra? Ben xurdiume a oportunidade, e pareceume unha boa idea abrir este tipo de negocio. Como che dixen, eu estaba antes na construción, en concreto na pintura. E cando abrín A Parra, abandonei definitivamente ese mundo para centrarme por completo na hostelería.

A valoración destes 11 anos de historia cal é? Pois realmente moi positiva.

Cal é o horario de A Parra? Ben, abrimos entre as 12-15,00 h e

logo o noso horario de tarde é desde as 19,30 a peche. Descansamos os martes. Cóntanos as principais características de A Parra? Esta é unha viñoteca .Polas mañás traballamos os viños e os pinchos e polas tardes engadimos unha variedade de tapas.

Os pinchos vosos, moi recomendables por certo. Nalgunhas ocasións tedes participado na ruta do pincho que organiza a Asociación de Empresarios de Redondela e penso que con éxito notable? Si temos levado o primeiro e o segundo premio en diversas ocasións.

Cal é o tipo de cliente que máis vos visita? Polas mañás soe vir xente da contorna o tomar o viño. Polas tardes xa veñen xente moi diversa; parellas a cear, xuventude xente maior.. O produto que ofreces é de moita calidade... Iso é o que pretendo, ofertar unha boa relación entre a calidade é o prezo

Ademais de moi variado. Tes un montón de viños diversos? Si, tanto de diario para chiquiteo, como viños xa dun nivel superior para degustar.

Pois nada máis Manolo, como sempre un pracer falar contigo.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

XI

TERRAS DE REDONDELA

A Parroquia de Chapela

Chapela é unha parroquia do Concello de Redondela e está composta polos barrios de Angorén, Cidadelle, A Igrexa, Parada e Laredo. Conta cunha poboación de 7.696 habitantes, segundo o censo do ano 2015 e é a parroquia máis habitada do Concello de Redondela, incluso supera nunhas trescentas persoas ao casco urbano da vila. É unha vila mariñeira na que a industria pesqueira ten gran peso. Ademais, tamén ten sede da redacción e dos talleres gráficos do rotativo decano da prensa do estado, o Faro de Vigo, fundado o 3 de novembro de 1853. O nome de Chapela alude a unha capela situada no alto da Encarnación, por onde transcorría antigamente o Camiño Real. Os viaxeiros das dilixencias tiñan que subir polo camiño de O Folón, tirando delas e, unha vez chegadas arriba, se santiguaban na pila dun cruceiro, o

FOrNElOS

Cruceiro de Chapela, que se situaba fronte a esa capela, a Capela do Frade e o cemiterio.

O xentilicio de Chapela é chapelanos, e tamén beretes en honra a un peixe da ría de Vigo. Da súa paisaxe podemos dicir que ten un fermosos Bosque atlántico, con excelentes postas de sol orientadas desde San Vicente de Trasmañó , pasando polos montes do Picoto, ata A Madroa, como puntos máis altos. A súa praia máis coñecida é a de Arealonga, á que se accede a través da avenida de San Telmo, e que é limítrofe co barrio e monte da Cacharela, pertencente este último ao municipio de Vigo. A este barrio non lle falta de nada, pois conta con Centro de deportes acuáticos, Pavillón de deportes, Centro de saúde, Oficina de Correos, Pantalán de-

portivo, Centro multiusos, Biblioteca, tres Centros de Educación Primaria, Centro de Educación Secundaria e Profesional e Campo de Fútbol. Aos chapelanos gústalle a troula e o deporte, conta con moitas festas e eventos deportivos ao longo do ano. De seguido fálovos un pouco deles: “Festa do Carmen”, en honra á patroa dos mariñeiros que se celebra no último fin de semana do mes de xullo. Festa do "Día do Remo", Chapela é o primeiro lugar de España e o mundo en recoller esta festa do día do remo que se celebra a terceira semana de setembro. Pobo con arraigada afección a esta disciplina deportiva, posúe o Club de Remo Chapela, que ten no seu poder un gran palmarés tanto en campionatos galegos, así como nos campionatos de España. Neste club practícanse as dúas modalidades de remo (banco móbil ou remo olímpico e banco fixo) aínda que se centra no banco fixo. “Festa do Mexillón”, na primeira semana de setembro. “Festa de San Fausto”, en honra ao patrón da parroquia o 13 de outubro. Festa do "Enterro do berete". Celébrase sempre o sábado despois do mércores de cinza. É unha festa que cada ano acolle a máis asistentes. As comparsas e cabalgatas , entre elas a primeira de todas que é a que leva o meco do berete, un peixe xigante símbolo de Chapela, saen desde o Alto da Encarnación terminando na praia de Arealonga, onde se fai unha gran fogueira na que se queima o meco. De Chapela é Marcos Serrano, o ciclista profesional, gañador dunha etapa do Tour de Francia 2005 e Suso Vaa-

monde, cantautor de éxito.

Hai unha infinidade de asociacións veciñais, deportivas, musicais e dedicadas á saúde, noméoas de seguido por si vos interesa información, ou mesmo, participar nalgunha delas: Asociación Berete Pola Cultura Tradicional, Asociación de Enfemos de Artriti de Pontevedra, Asociación de Pensionistas e Xubilados de Redondela, asociación Cultural de Froles Mareliñas, Asociación Cuvi Solidario, Maigarco, asociación Coral O Piñeiral, Asociación Círculo Cultural Recreativo de Chapela, Centro Cultural e deportivo de Cidadelle, Asociación Peña los Silenciosos, Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Chapela, Asociación Cultural de Saxos de Chapela, Asociación Cultural e Social de Chapela, Asociación de Veciños de Chapela, Federación os Vioductos, Sociedade Deportiva de Chapela, Club de Remo Pescanova Chapela, Club Petanca Chapela, Sociedade Deportiva Cubillón, Clube Ferry`s F.S., Chapela Club de Fútbol, Asociación Clube Balonmán Chapela, Club Náutico Chapela, Meigarco, Racing Club Chapela, Club Chapela, Club De Fútbol Laredo Chapela, Campito F.S., Futsal Chapela, Club Sol Invictus Fútbol Sala, Asociación Deportiva Peña Beretes Chapela e a Asociación Afectados Chapela Autopista Rande-teis. Desta última cóntovos que esta Asociación sen ánimo de lucro, defende ós afectados pola ampliación da AP9 e os intereses xerais da parroquia de Chapela. O seu lema “NON HAI VICTORIA SEN SACRIFICIOS, AFECTADOS SOMOS TODOS”.

VI Edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

O Concello de Fornelos convoca a sexta edición deste xa prestixioso premio de poesía a nivel nacional ¨Manuel Lueiro Rey.¨

Bases: L- 0 Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños 0 Cruceiro da Laxe, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, convocan a VI edició n do PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY. 2.- Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, cos seus p❑emas escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente. 3.- Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión minima de 500 versos e máxima

de 800. Deberán ser orixinais e estar ínéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital. 4.- As persoas participantes deberán enviar seis exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ao seguinte enderezo: VI PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY Concello de Fornelos de Montes Praza da lgrexa, 1 36847 - Fornelos de Montes (Pontevedra) 5.-Nas obras concursantes deberán aparecer escrito con claridade o titulo e un lema, que tamén figurarán no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo lite•ario, no caso de que teña obra publicada. 6.-0 prazo de presentación das obras

remata o día 15 de novembro de 2017, 7.-A dotación do premio, único e indivisible, que será de 2.500 euros, estará suxeita ao tratamento fiscal en vigor no momento da concesión. Se o xurado o considera oportuno, o premio poderá ser declarado deserto. Así mesmo, ❑ xurado poderá designar un ou máis accésits ao premio que en ningün caso comportarán dotación económica, pero que serán recomendados á editora para a süa posible publicación. 8.-0 xurado será designado polo Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños 0 Cruceiro da Laxe e estará formado por cinco especialistas vinculados á poesía e/ou á crítica literaria. A composición do xurado farase pública cando remate o prazo de admisión de orixinais.


XII

FINAIS DE AGOSTO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE AGOSTO 2017

XIII

TERRAS DE REDONDELA

PAzOS dE bOrbéN

SOuTOmAIOr

Alternativa Veciñal volve demandar axudas municipais ao ensino

Recoñecemento os clubs federados do Concello e deportistas individuais

O acceso á educación é un dereito básico que se debía garantir dende as institucións. Sen embargo, este acceso ao ensino non sempre é fácil, o inicio do curso escolar supón para moitas familias un duro esforzo. Económico, por un lado, coa compra de roupa, libros, material escolar... E de organización, polo outro, en canto a compatibilizar horarios laborais e escolares, desprazamentos...

Diante disto, algunhas institucións son sensibles ante estas dificultades e procuran palialas con axudas económicas, programas de conciliación e demais. Non é este o caso do concello de Pazos de Borbén que, insensible a esta problemática, non fai esforzo ningún neste sentido.

Antes do inicio do pasado curso escolar a Agrupación de Electores Alternativa Veciñal (AV )presentou unha moción demandando que o concello implantara unha liña de axudas de apoio ao estudo. Estarían destinadas ás familias con recursos máis limitados e complementarían ás que conceden outras administracións. O goberno municipal negouse alegando que non había diñeiro reservado para ese fin, comprometéndose verbalmente a implantar este ano esas subvencións. Pero estamos no inicio dun novo curso escolar sen que se teñan convocado as citadas axudas.

Por outro lado, as mozas e mozos que, unha vez rematada a ESO, queren continuar os seus estudos na veciña vila de Redondela non contan con transporte público no que desprazarse. De novo, as familias teñen que enfrontar dificultades sen contar con apoio ningún das institucións. En diversas ocasións AV interpelou ao goberno municipal a respecto do transporte público, pero este sempre demostrou nulo interese escudándose nas poucas persoas que o utilizan. Evidentemente, un raquítico transporte público que non cubre as necesidades da xente non vai ser empregado por case ninguén.

Dende AV consideramos que se debe apostar firmemente pola educación e a formación. Por iso lamentamos que dende concello non se adiquen recursos para garantir un acceso á educación en condicións de igualdade, con independencia dos ingresos familiares. E, tamén, para intentar axudar nos desprazamentos daqueles mozos e mozas que queren continuar os seus estudos fora de Pazos de Borbén.

Así, presentaremos de novo unha moción demandando que o goberno municipal atenda ás necesidades das familias facendo unha convocatoria de axudas escolares e explorando alternativas para implantar un transporte colectivo para quen queira continuar estudos en Redondela.

1ª Gala do Deporte do Concello de Soutomaior

O vindeiro venres 29 de setembro a partir das 21,30 horas terá lugar no Multiusos de Ar-

cade a 1ª Gala do Deporte do Concello de Soutomaior. Nela recoñecerase a todos os clubs deportivos do Concello o seu labor a favor do deporte e a xunta directiva de cada club nomeará un deportista, delegado, colaborador ou seguidor que considere oportuno para agradecer a axuda prestada ao club. Así mesmo premiaranse a deportistas individuais polos logros deportivos e humanos da tempada pasada. Esta 1ª Gala terá un obxectivo que é o de valorar aos clubs

e aos deportistas non exclusivamente polos seus resultados deportivos se non tamén pola súa dedicación, esforzo e promoción polo deporte. En posteriores galas premiaranse aos deportistas e clubs convocando os premios cunhas bases reguladoras onde poderán concorrer os deportistas e os clubs deportivos do Concello de Soutomaior Por último recibirán o recoñecemento unha serie de persoas que de longa traxectoria deportiva sentaron as bases do deporte do Concello.

SOuTOmAIOr

Novo Parque Infantil en Sameán

ademais de garantir a máxima seguridade dos pequenos.

A nova zona lúdica inclúe catro elementos novos de xogo como unha randeeira dobre con retención especial para bebés, dous balancines e un tobogán.Todos os xogos estánhomologados e adaptados ás necesidades dos pequenos. Para aumentar a

seguridade dos nenos instalouse un chan de caucho non abrasivo pensado para o seu uso ao aire libre, xa que se trata dun material poroso, resistente aos cambios bruscos de temperatura e de gran durabilidad, polo que non carrexa gastos de mantemento

A renovación da área infantil de Sameán está incluída no plan municipal para a mellora e conservación de zonas de recreo no que tamén está incluído o parque de Romariz, situado á beira da escola infantil, e que tamén entrará en servizo as próximas semanas.A área recreativa do barrio de Romariz serviu de patio de recreo durante décadas para os veciños da zona polo que se pretende que a instalación do renovado parque infantil cubra as necesidades tanto dos novos como dos seus tradicionais usuarios.


XIV FINAIS DE SETEMBRO 2017

LINGUA Kike Estévez Filólogo e regueifeiro

O Marisquiño, o máis riquiño?

Este agosto pasado andou revolta a valerosa e leal cidade de Vigo debido ao evento de cultura urbana e deportes extremos que se celebra cada ano e que acolle diferentes disciplinas como Skate, BMX, Grafitti, MTB Dirt Jump, MTB Downtown… e mesmo unha sesión de freestyle ou batalla de galos (e galiñas), que é o que realmente nos interesa neste pequeño curruncho dedicado á improvisación oral en verso. Ante a borracheira de louvanzas, parabéns e demais banalidades e cuñadismos que se escoitan por aí, nestas liñas tentaremos analizar este “evento” dende outro punto de vista, un pouco máis crítico.

Comecemos polo principio, polo propio nome. Que a un evento se lle poña o nome nunha lingua, mais ao mesmo tempo esa mesma lingua estea ignorada e silenciada pola propia organización é, cando menos, contraditorio. Non é que non nos preste a denominación, encántanos, o que nos gustaría moito máis é que non quedase só niso, como está a acontecer; nun simple – iño afectivo que siga perpetuando a nosa lingua a un estado subalterno e dependente. Se tamén o galego está excluído da web e do magazine da organización (só en castelán e ingles), das páxinas de Facebook ou Twitter do evento, das probas, dos carteis, das entrevistas… por que lles interesa ese –iño final? Lembramos edicións de hai xa algúns anos onde a lingua galega estaba presente na cartelería e era empregada polos propios speakers das probas. Se cadra, agora rematou a subvención ou, se cadra, a cada vez maior internacionalización do evento fixo que optasen polo castelán e o inglés. Galego si, pero sen pasarse… Iso si, O Marisquiño é moi riquiño.

Falemos agora un pouco deste mundo capitalista e patriarcal e da cultura hip-hop. Como ben sabedes, este movemento naceu arredor dos anos 80 do século pasado cun carácter contestatario e reivindicativo, partiu das comunidades afroamericanas dos barrios marxinais de EEUU e foise estendendo por todo o mundo con diferentes evolucións dependendo o país. Nesta segunda década do século XXI, todo o que envolve a cultura hip-hop xa non é marxinal, xa non é contestatario do poder establecido; agora é maistream, está de moda, é cool, mola, flipa... Onde está ese poder reivindicativo? Dar un paseo polo Marisquiño o outro día era toparse con 10.000 persoas (a maioría adolescentes) vestidas coas últimas prendas de moda, as mellores Vans do mercado, peinados freaks e tatus a esgalla, bicis e skates super-molóns, camisolas e gorras de equipos de basquet e béisbol americanos… e un sen fin de trapallada que debes vestir para estar na boa “onda”. En fin, que de reivindicativo e contestatario nada: máis ben patrocinado polos papás e as mamás de cadaquén. En canto ao machismo, comprobamos que tamén está presente neste evento, comezando pola cartelería e seguindo polo número de mulleres presentes na listaxe de artistas de diferentes especialidades (DJs, cantantes…). Dun total de 21 artistas, a penas dúas eran mulleres, o que nos leva a pensar que o tema paritario non o levan moi ben dende a organización do “eventiño”.

Na batalla de galos, que é o que aquí nos interesa, tampouco houbo nada de reivindicativo (pouco ou nada agardabamos). Na sesión de freestyle, patrocinada polo xigante capitalista RebBull (demandados por diferentes causas), o que si puidemos ouvir foron rimas “tradicio-

nais” neste mundo: “me bajo el pantalón… mi polla en la celda no cabe… (Josemi)” ou as perlitas que nos deixou o gañador Vegas na súa batalla en semifinais contra a única muller, Erika, á que lle espetou lindezas como “esta es una zorra… te la tragas de canto…” ou” eres una gorda… “. Fica claro que en calquera proba da Batalla de los Gallos, ben sexa nacional ou mundial, as actitudes machistas e homófobas seguen a marcar a pauta: só hai que pasearse polas contas das redes sociais deste evento para decatarse disto. Pola contra, ningún (ou case ningún) verso crítico con esta sociedade ou co mundo que nos arrodea… Entre os catro participantes estaba Green Soul, un rapaz de Lugo, que a noso modo de ver foi o mellor, sobre todo na súa batalla contra Vegas. Moito máis sarcástico cá os seus rivais, sen recorrer a tópicos e mudando o tempo da improvisación ao seu gusto, deu unha boa lección de free na tarima na praza do Nadador. Mais, seica, os xuíces do evento, entre os que estaban Arkano e Skone, ambos os dous campións mundiais de freestyle, prefiriron a fachenda e a linguaxe agresiva, machista e homófoba do tal Vegas, que seica é o que vende. Análises á parte, gustaríanos un Marisquiño á galega e en galego, unha maior presenza da muller entre a artistada convidada, menos botellón descontrolado, unha maior concienciación da nosa mocidade co mundo que a arrodea, maior civismo para non deixar a cidade feita un cortello…

E o que máis nos gustaría algún día sería ver unha batalla de galos e de galiñas galegas onde non se recorrese aos tópicos de sempre e que fose practicada na nosa lingua. Algún día.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

HISTORIA

g.FIguEIrEdO

Os sitios máis curiosos do mundo III:

O Monte Nemrut

Xa imos pola terceira edición dos sitios máis curiosos do mundo. Moitas lectoras/es dirixíronse a nós para expresar o seu interese e satisfacción pola sección, agradézoo e espero manter as expectativas amosando os sitios máis fermosos, curiosos e interesantes de todo o mundo. Hoxe quérovos falar do maxestuso Monte Nemrut. Froito da unión entre Laodice e Mitrídates I, naceu Antíoco I, o que sería o construtor do maxestuoso santuario de Nemrut Dagi. Desta maneira, Antíoco vangloriábase de ter unha ascendencia en grao sumo selecta dentro do mundo helenista.. Todo isto sen renunciar ás orixes persas do seu pai que se remontaban a Dario I, o Rey de Reis persa. Algúns historiadores, con todo, cuestionan estas grandiosas orixes da familia real e ven bastante máis probable que se tratase dunha dinastía local helenizada. Pero aínda máis diverso que as orixes de Antíoco I, o era o seu reino, dentro do cal, a poboación local de orixe semítico convivía coa de orixe persa, grego ou macedonio. Esta convivencia, con todo, non estaba exenta de tensións e conflitos. Antíoco I, consciente como era diso, embarcouse nun programa relixioso que proporcionase cohesión ao seu reino unificando as diferentes crenzas dos seus súbditos. Ao mesmo tempo, aproveitou a ocasión para refor-

zar a súa autoridade, situándose el e a súa familia á mesma altura que os novos deuses, instaurando así un culto á familia real. Como parte do seu plan, Antíoco I construíu o santuario na cima do Monte Nemrut, unha das máis altas do seu reino, 2.150 m de altitude no sueste de Turquía, pero que pertence á nación Armenia sen ningún xénero de dúbida. Un lugar elevado e sacro para estar lonxe dos homes e preto dos deuses, o lugar ideal para a construción dos “tronos de todos os deuses” sobre uns cimentos que xamais serían demolidos, segundo as propias palabras do rei... O santuario estaría coroado ,polo que tiña que ser o seu túmulo funerario, dunha altura de 50 metros e un diámetro duns 150, cuberto por millóns de pequenas pedras calcarias. Ao redor do túmulo, escaváronse na roca 3 terrazas, só para a construción da situada ao leste foi necesario extraer uns 1.500 metros cúbicos de roca da cima e así gañar o suficiente espazo. A construción do santuario suporía en certa maneira a decapitación da montaña.

A montaña atópase a 40 km ao norte de Kahta, preto de Adeyaman. No ano 62 a. C., o rei empezouse a construír o túmulo funerario na cima da montaña flanqueado por enormes estatuas, 8-9

XV

metros de altura, de si mesmo, dous leóns, dúas aguias e diferentes deuses armenios, gregos e persas, como Hércules, Zeus-Oromasdes, asociado ao deus persa Ahura Mazda, Billete e ApoloMitra. Estas estatuas atopábanse sentadas e cos nomes de cada deus inscritos nelas. Agora, as cabezas das estatuas están esparexidas polo chan; os danos nas cabezas, especialmente os narices, suxiren que se produciron de forma deliberada por parte de iconoclastas. Tamén se conservan laxas de pedra con figuras en baixoreleve que se pensa formaron parte dun gran friso. Nelas aparecen os antepasados de Antíoco, que eran armenios. Tamén se poden atopar as mesmas estatuas e antepasados no túmulo, que conta cunhas dimensións de 49 metros de altura e 152 metros de diámetro. As estatuas presentan certo parecido aos trazos faciais gregos, ademais de vestimentas e peiteados persas. O terraplén de pártea oeste conta cunha gran laxa cun león a cal é coñecida como "O horóscopo do rei" e onde se mostra a conxunción dos planetas Xúpiter, Mercurio e Marte que tivo lugar o 7 de xullo do ano 62 a. C sobre a constelación de Leo, horóscopo do rei. Sobre o peito do león aparece tamén a Lúa, obxecto celeste que formou parte daquel espectáculo nocturno e encima a estrela alfa da constelación, a cal representaría Antíoco I. Algúns expertos especulan que esta foi a posible data do inicio da construción do mo-

numento, outros que representa o día que foi investido rei polos romanos. A zona oriental atópase moi ben conservada.Componse de varias capas de rocha e aprécianse evidencias dun camiño amurallado entre o pendentes leste e oeste, desde un carreiro ao pé do monte Nemrut. Entre os posibles usos deste emprazamento, inclúense as cerimonias relixiosas, debido á natureza astronómica e relixiosa do monumento. A disposición das estatuas coñécese co termo hierotesion. Descubríronse emprazamentos similares en Arsameia, Nymphaios, co hierotesion do pai de Antíoco, Mitrídates I de Comagene. Karl Sester, enxeñeiro alemán, escavou este lugar en 1881. As escavacións posteriores aínda non lograron atopar a tumba de Antíoco. Con todo, aínda se cre que se trata do lugar de sepultura do rei. En 1987, a Unesco catalogou o monte Nemrut como Patrimonio da Humanidade. En xeral, os turistas visitan Nemrut de xuño a agosto. A próxima cidade de Adeyaman é un lugar habitual para viaxar en coche ou autobús ao emprazamento, sendo tamén posible acceder en helicóptero. As visitas turísticas e as condicións climáticas; o monte Nemrut áchase nunha zona de frías temperaturas no inverno, ata 40º baixo cero, e moi calorosas no verán, erosionaron as estatuas. Por todo iso van ser trasladadas a un museo e deixar no monte unhas copias das mesmas. Epílogo:Se alguén quere saber máis da nación armenia, voume permitir facer unha recomendación persoal: a lectura do libro "LOS 40 DÍAS DEL MUSA DAGH" de Franz Werfel. É un dos libros máis impactantes que lin na miña vida.


XVI FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

TuI

O Concello de Tui, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de pintura “Pinta Tui” que se celebrará o domingo, 8 de outubro de 2017. O obxectivo do mesmo é promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización da oferta turística e as actividades no concello. Poderán participar todos os artistas nacionais i estranxeiros que o desexen, existindo unha categoría para maiores de idade e outra para os menores de 18 anos. Poderán empregar na súa obra óleo, acrílico, acuarela, sanguina, carbonciño, tintas ou ceras sobre lenzo para pintar calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui e necesariamente as obras deberán ser realizadas o día do concurso nun soporte cun tamaño máximo de 120 centí-

BAIXO MIÑO

TOmIñO

O 8 de outubro celebrarase o II Concurso de Pintura ao aire libre “Pinta Tui” metros e mínimo de 40 centímetros. Os soportes serán selados pola organización o domingo 8 de outubro de 10 a 11h na Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando. A inscrición está aberta ata o sábado 7 de outubro debendo realizarse por correo electrónico en turismo@concellotui.org, no correo de ACITUI acitui@acitui.es ou na propia Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Os artistas disporán dende ás 11h ata ás 19h para realizar a súa obra en entregala Oficina Municipal de Tui. O xurado, nomeado pola organización, terá ata ás 20h para deliberar entregándose a continuación so premios establecidos. Na categoría de maiores de idade haberá tres premios, un primeiro de 200 € en material de pintura e 100 € en metálico, un segundo de 100 € en material de pintura e 50 en metálico, e un terceiro de 50€ en material de pintura e 25€ en metálico, así coma todos terán a posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui. O xurado poderá conceder amais mencións especiais que recibirán un agasallo ou trofeo Para os menores de idade haberá tres premios de 100€, 50€ e 25€ en material de pintura.

XVII

“A accesibilidade debe ser un concepto normal, no que se traballe dende todas as áreas” Expertos e persoas con discapacidade analizan en Tomiño a situación das barreiras arquitectónicas e intelectuais existentes nos municipios de Galicia e Portugal Forma parte dun dos proxectos incluídos no Orzamento Participativo Tomiño-Cerveira

“A idea de accesibilidade debe chegar a ser unha idea transversal, no que se traballe desde todas as áreas da sociedade, de forma conxunta. A esta e outras conclusións arribaron os expertos convidados ás “Xornadas Atención para Tod@s", celebradas en Tomiño, e organizadas conxuntamente polos municipios de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, dentro do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2017 Cerveira/Tomiño, proxecto "Accesibilidade Sen Fronteiras". Presentada polos alcaldes de Tomiño e Cerveira, Sandra González e Fernando Nogueira, a primeira das conferencias, "Accesibilidade Universal; accesibilidade para todas as persoas", tivo coma obxectivo impulsar a reflexión e o debate en torno á accesibilidade, estando a cargo de Jacinto Lareo, profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Sálvora, e de María José Santos, mestra de educación especial. Os poñentes, aseguraron que estas accións transfronteirizas,

pioneiras en España e Portugal, implican un traballo conxunto entre todos os ámbitos públicos e privados, coma a administración, a sanidade, a universidade, o urbanismo e as persoas con e sen discapacidade. Recomendaron vontade e sentido común para ir facendo pequenos avances, non sempre custosos a nivel económico. “Deberíamos pensar na accesibilidade coma nun concepto normal; previr, e non ter que actuar so cando xurde un problema” sinalou María José Santos. Asemade, referiuse a importancia de avanzar na “lectura rápida”, creando materiais adaptados para nenos e persoas adultas, así coma pictogramas, que permitan unha interpretación máis rápida e fácil de lugares e servizos; redes de traballo, etc.

Jacinto Lareo, pola súa banda, distinguiu entre espazos adaptados, practicables e convertibles, dando exemplos coma os dos xulgados e Concello de Vigo que, segundo o profesional, non está ben adaptados.

A segunda e última conferencia, estivo a cargo da recoñecida enxeñeira lusa especializada en urbanismo e accesibilidade, Paula Teles, autora do libro "Cidades sen Fronteiras, Cidades sen Barreiras - Como Deseñar Territorios Accesíbeis", un traballo no que aborda o tema da Rede de Cidades e Vilas de Excelência. A experta salientou a importancia de traballar interdisciplinariamente nun tema tan importante coma a accesibilidade. “Temos que traballar para crear cidades para persoas diferentes; xa que todos temos dereito a vivir con dignidade e liberdade; de alí que os que deseñan hoxe edificios e espazos públicos, teñan unha gran responsabilidade”, sinalou. Teles comentou que Portugal estaba, en termos xerais, máis atrasado que España, pero nos últimos 20 anos, traballouse intensamente, de modo que na actualidade o Estado dedica máis de 17 millóns de euros so para o estudo e a investigación sobre o tema. Referiuse tamén ao “Programa Rampa”, no que están integrados xa 120 dos 300 municipios portugueses.

Seguidamente, leváronse a cabo dous obradoiros: "Deficiencia Visual e Atención" e "Ponte no meu Lugar", coa colaboración de varias asociacións de persoas con discapacidade da zona, que incluíu un paseo en cadeiras de rodas polas rúas céntricas de Tomiño, e no que participaron persoas con e sen discapacidade.


XVIII FINAIS DE SETEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

A Deputación implica aos colexios de arquitectos e enxeñeiros galegos e portugueses no deseño da nova ponte peonil sobre o Miño O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez convidou hoxe aos organismos colexiais a que sexan parte do xurado do concurso de ideas para o viaduto O nacionalista asegurou que a intención final da ponte é “crear o primeiro parque transfronteirizo ibérico” en Tomiño e Cerveira

A Deputación de Pontevedra vén de implicar aos colexios e ordes de arquitectos e enxeñeiros galegos e portugueses no deseño da nova ponte peonil sobre o Río Miño. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez reuniuse hoxe cos decanos e presidentes destes organis-

mos e convidounos a participar no xurado do concurso de ideas que seleccionará a imaxe do viaduto que unirá o espazo da Fortaleza en Tomiño co espazo do Castelinho en Vila Nova de Cerveira para “crear o primeiro parque transfronteirizo ibérico”. Benítez explicou que o proxecto para a nova ponte peonil sobre o Río Miño é unha actuación incluída na proposta de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo ‘Visit Rio Minho’ presentada á primeira convocatoria dos fondos europeos do Interreg VA-POCTEP, cun orzamento de dous millóns de euros e que obtivo un 75% do financiamento (1.500.000 euros) por parte do FEDER, que valorou positivamente a iniciativa. O nacionalista subliñou que a De-

putación considerou que o procedemento máis axeitado para escoller o deseño final para o novo viaduto, dada a súa importancia estratéxica e simbolismo, era a realización dun concurso de ideas, que “é relevante e áxil, ten un carácter público e aberto, potencia a singularidade do proxecto, e permite a intervención dun xurado”. De feito, o organismo provincial xa puxo en marcha o concurso para a ponte, que ten o prazo de presentación aberto ata o 23 de outubro. O procedemento para a selección da proposta gañadora pasará por tres fases: na primeira seleccionaranse as tres mellores ideas, que terán unha prima de participación de 10.890 euros cada unha; na segunda concursarase para desenvolver esas tres propostas finalistas e o gañador ou gañadora redactará o anteproxecto; na terceira fase analizarase a viabilidade da proposta (permisos, autorizacións e licenzas) e a redactarase o proxecto construtivo. No encontro estiveron presentes a alcaldesa de Tomiño, e o vicepresidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, xunto ao arquitecto municipal e outro técnico; o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño; o decano do Colexio de Enxeñeiros, Ricardo Babío; o presidente do consello directivo da Ordem dos Engenheiros de Portugal Región Norte, Joaquim Poças; e o vicepresidente da Ordem dos Arquitectos de

Portugal, Daniel Fortuna, entre outros. Os representantes destas organizacións colexiais manifestaron a súa satisfacción por que a Deputación tivera elixido a fórmula do concurso de ideas, e non prime unicamente a contía económica do proxecto final, senón tamén a súa adecuación funcional, singularidade, calidade e integración. De feito, fixeron fincapé na necesidade de potenciar propostas tanto de xente moza como de estudios e empresas de calidade. En canto á participación no xurado do concurso de ideas (que se formará nas vindeiras semanas), os organismos comprometéronse a designar un voceiro, que se sumará aos técnicos nomeados polo Concello de Tomiño, a Cámara de Cerveira, a Deputación e a CIM Alto Minho. Tamén se está a estudiar a participación de funcionarios de administracións que teñan que realizar informes vinculantes para a viabilidade do proxecto final (como a Dirección Xeral de Patrimonio). “A creación do Europarque de Tomiño-Cerveira é unha vella aspiración. A finalidade desta actuación que promove a Deputación non é a construción dunha ponte en si, senón a creación dun grande espazo transfronteirizo para o que a ponte é un medio. A ambos lados do río hai espazos moi diferentes e complementarios e queremos crear un espazo único común que sexa un foco de atracción de turistas”, subliñou Benítez para concluír a reunión.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

XIX

BAIXO MIÑO TOmIñO

TOmIñO

Inaugurouse no Mercado Municipal de Tomiño, unha exposición de pintura de Mario Rodríguez, conmemorativa e complementaria á homenaxe

O horario de atención ao público da Aula CeMit de Tomiño, a cambia a partir de setembro, con respecto ao verán. A partir de agora será de mañá, de luns a venres, de 9.15 a 14.15 h, e de tarde, martes e xoves, de 19 a 21 h.

Tomiño recoñece a importante achega cultural do pintor Mario Rodríguez, no acto cívico das Festas do Alivio

O pintor tomiñés Mario Rodríguez Gómez, nado en Figueiró hai 86 anos, foi por decisión do Goberno Local, o persoeiro homenaxeado nas Festas do Alivio. Asemade, inaugurouse no Mercado Municipal de Tomiño, unha exposición de pintura de Mario Rodríguez, conmemorativa e complementaria á homenaxe. Trátase dun recoñecemento municipal a achega realizada polo artista tomiñés, á cultura e memoria histórica de Galicia. O pintor naceu en Figueiró o 24 marzo 1931, no seo dunha familia republicana, que tras o golpe militar de 1936 sofre de maneira directa a cruel represión do réxime franquista. O seu pai,

Francisco Rodríguez Otero, de profesión practicante e figura política do movemento agrarista, foi fusilado nos comezos da guerra civil. A súa nai, Isaura Gómez Pérez, padeceu a represión polo seu compromiso coa causa republicana como escritora e como viúva de fusilado. Foi exiliado en Bos Aires, e acollido pola intelectualidade galega. Tamén estivo varios anos en Londres e foi recoñecido pola súa arte en distintos países. Aos seus 86 anos, mantén máis viva que nunca a súa memoria, e mantén o seu estudo en Figueiró.

Traxectoria artística: A partir de finais da década dos 70, xa en Galicia, Mario Ro-

dríguez intensifica a súa actividade artística, volta ás súas orixes reencontrándose con vellos amigos de escola, como Xavier Pousa, e outros artistas e intelectuais galegos, como Eliseo Alonso, Sevillano, Abreu Bastos, Mario Granell, Virxilio ou Laxeiro. Ao longo da súa traxectoria artística, realiza diversas exposicións individuais e colectivas como a da Caixa de Aforros de Vigo (1977), a da Sala de Arte do Real Club Náutico de Vigo (1980); participa na II Bienal de Arte de Vilanova de Cerveira (1980), nunha mostra colectiva na Sala de Exposicións Alonso Berruguete de Valladolid (1986), na Societé des Artistes Independant, Grand Palais de París (1990) con motivo do centenario do falecemento de Vincent Van Gogh; na Exposición Pro Monumento aos Represaliados do 36, celebrada en Tui en 1997 ou a Exposición Antolóxica que se lle dedicou na Casa das Artes de Vigo en 2001. A súa obra está representada en museos, galerías e coleccións particulares de diferentes países: Brasil, México, Venezuela, Arxentina, Inglaterra, Francia, Alemaña, Portugal ou España.

A Aula CeMit de Tomiño impartirá un obradoiro de smartphones e tablets para persoas maiores

O horario de atención ao público da Aula CeMit de Tomiño, a cambia a partir de setembro, con respecto ao verán. A partir de agora será de mañá, de luns a venres de 9:15 a 14:15 horas, e de tarde martes e xoves, de 19 a 21 horas.

Asemade, a mediados deste mes comezaron unha serie de cursos de balde, relacionados ca ofimática, nos que se tratarán temas, coma o uso de procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos e presentacións. Estes cursos están orientados á realización, en novembro, da proba para a obtención do certificado oficial da Xunta en competencias dixitais de ofimática. Por outra banda, o martes

10 de outubro ás 11:00h, terá lugar un obradoiro práctico de smartphones/tabletas para persoas maiores. Estes talleres, cunha duración de entre 90 e 120 minutos, estarán impartidos por persoal dependente da empresa “Orange”, pero non é necesario ser cliente desta operadora nin ser propietario de ningún terminal para poder acudir aos mesmos. O obxectivo principal, segundo o concelleiro delegado Antonio Tartaglione, é ensinar as pautas básicas do funcionamento do móbil, para facer a súa experiencia máis doada, con maior autonomía e familiaridade coa tecnoloxía móbil.

As persoas interesadas en coñecer máis a fondo as actividades e servizo da Aula CeMIT de Tomiño, poden visitala no Campo da Feira; chamar ao número 986623304 ou escribir un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal


XX

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

XXI

BAIXO MIÑO

TOmIñO

TOmIñO

Tiveron lugar as xornadas de traballo sobre o proxecto de cooperación “Potenciando capacidades en el rural” entre grupos de desenvolvemento rural de toda España

O Concello de Tomiño participa no IV Congreso Internacional de Ciudades Amigas da Infancia

Unha vintena de grupos de desenvolvemento rural de toda a xeografía española, celebraron en Tui, o segundo encontro de traballo organizado pola ADR Maiv - Baixo Miño (EU Rural), no marco da preparación do proxecto “Potenciando Capacidades en el Rural”, co obxectivo de presentalo á candidatura europea dos Proxectos de Cooperación no período 2014-2020, que sairá, probablemente, a final de ano. Inauguraron a actividade o alcalde de Tui en funcións, Miguel Ángel Capón Rey, e a presidenta da ADR Maiv - Baixo Miño (EU Rural); Sandra González Álvarez, acompañados pola xefa de sección da Red Rural Nacional, Patricia Martínez Alonso.Os Grupos de Desenvolvemento Rural, implementan as súas estratexias no territorio e xestio-

nan os fondos do programa Leader. Ademais traballan en rede e colaboran a través de Proxectos de cooperación que teñen por finalidade mellorar e acadar un desenvolvemento de todos os territorios de forma conxunta. Segundo explicou o xerente da ADR Maiv - Baixo Miño (EU Rural), Marco García. A asociación (antigo GDR14) ten a intención de liderar o proxecto “Potenciando Capacidades en el Rural”, e con tal motivo, a Red Rural Nacional (dependente do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente), seleccionou de novo a comarca (a primeira reunión celebrouse en Tomiño) para realizar a reunión de traballo entre os socios do proxecto; asentar as bases da cooperación e definir e concretar os obxectivos da iniciativa; entre os que se atopa o de “crear unha ferramenta que nos permita achegar a todas as persoas do rural en risco de exclusión social e baixo nivel de formación, adquirir as competencias claves, necesarias para obter o certificado de profesionalidade”.

O congreso celebrouse en CaixaForum Madrid

a implmentas nas súas entidades locales para a participación no Programa das Cidades Amigas da Infancia (CAI)

O Concello de Tomiño participa esta semana no IV Congreso Internacional de Ciudades Amigas da Infancia. Esta 4ª Edición celébrase baixo o título “Acción Local para la Agenda 2030”. Esta cita aglutina en Madrid aos municipios interesados en incluir as axendas internacionais en materia de infancia nas súas politicas locais. Co devandito fin, este congreso convertese nun lugar de encontro para o análise global da situación de cambio e as súas implicacións na Axenda 2030, para estudar propor ideas sobre o papel das cidades e os pobos como actores que garantan os dereitos da infancia, así como establecer uns requisitos mínimos das entidades participantes

A participación do Concello de Tomiño neste congreso supón unha continuidade e consolidación da aposta do goberno local por seguir a traballar no ámbito da educación e da adaptación do municipio para garantir o benestar e a optimización dos dereitos da Infancia. A alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, asiste a este congreso en Madrid, acompañada do persoal técnico do ámbito de educación do concello. Resaltan o interese do Concello por ter presencia e participación activa neste tipo de iniciativas, e adiantan que proximamente Tomiño será candidata á denominación “Cidade Amiga da Infancia” e que isto conlevará, entre outras cousas, aumentar a presencia dos nenos e nenas na vida do municipio, promovendo a súa integración nos procesos de toma de decisións e xestión da politica local.

TOmIñO

O Programa “Cos Pés na Terra” da Escola EU Rural continúa a desenvolver actividades demostrativas sobre solos, podas e variedades de especies froiteiras atlánticas Continúan durante todo este mes de setembro as actividades informativas e demostrativas que a Asociación de Desenvolvemento EU Rural promove a través do Programa formativo “Cos pés na Terra”, centradas no sector agrario. Actualmente 20 alumnos e alumnas están a cursar en

Tomiño e O Rosal unha actividade sobre preparación de solos, podas e cultivo de especies froiteiras atlánticas. As actividades terán continuidade durante a vindeira semana con actos centrados na actividade empresarial e dirixidos ao emprendemento no medio rural.

A “Escola EU Rural” é unha ferramenta para a formación que impulsa accións como as que se encadran no actual Programa “Cos pés na terra”, que conta

con financiación de fondos FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e nos que colaboran tamén o Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM. O prazo para inscribirse nas actividades do programa “Cos pés na terra” segue aberto para algúns dos cursos aínda pendentes de realizar. As persoas interesadas poden facer as súas preinscricións a través da páxina web www.eurural.org.


XXII FINAIS DE SETEMBRO 2017

BAIXO MIÑO TuI

O rOSAl

II Edición do Festival Arraianos de Tui VícTOr PérEz

O segundo fin de semana de setembro viu marcado este ano en Tui pola segunda edición do Festival da Historia Arraiana (Festival Arraianos). Este Festival, creado para a cidade de Tui , foi ideado no traballo de fin de mestrado da Universidade de Santiago de Compostela “Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado” de Andrea Costa Amorín, xoven tudense que con 27 anos puxo en marcha este Festival no ano 2016.Dende o venres 8 de setembro o Festival luciu as súas galas. O mesmo venres as 21:00 abriu o mercado medieval polas prazas do casco histórico de Tui do Pracer, Estrela, San Telmo e Fromista. Se o venres puxo o listón alto o sábado non comezou con menos forza. As 12:30 saíu da Mariña unha emocionante carreira de kaiaks, nas que os participantes, pertinentemente disfrazados para tal efecto, fixeron un recorrido circular dende a Mariña ate a ponte Internacional Vella.. A carreira gañouna con solvencia Fufón e Fufito, que se levaron un estupendo agasallo. Na tarde do sábado o Festival Arraianos en colaboración coa asociación cultural Lembranzas da Terra de Guillarei organizaron un desfile de bandas de gaitas dende a corredoira ate a praza de San Fernando.. Ademais das xustas os máis pequenos puideron gozar tamén dun

campamento onde tiñan diversas actividades, como aprender a loitar con espada, tiro con arco, etc.. A noitiña do sábado tivo lugar un banquete medieval na praza do Pracer. O banquete que contou cun menú adaptado á época tamén estivo animado por un grupo de música e por un grupo de animación.

O domingo, e xa despois de tanta troula, tocou o día da parte máis formal do Festival, este ano adicado a historia do século XVII de Tui. Durante a mañá no cárcere vello de Tui tivo lugar unha magnífica conferencia, cunha gran asistencia de público, impartida pola profesora de historia do arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, sobre o coro de madeira da catedral de Tui, obra comezada no ano 1699. Pola tarde a parte pedagóxica do Festival trasladouse as rúas do casco histórico mediante unhas visitas teatralizadas, O Festival Arraianos despediuse así ate o próximo ano das rúas de Tui. Nesta segunda edición púidose ver unha maior afluencia de público, que ateigou as rúas do casco vello, destacando sobre o ano anterior un notorio aumento da xente vestida de época, o que fai presaxiar un futuro moi prometedor a este Festival. A xente en Tui nótase que tiña ganas dun evento deste tipo e respondeu a chamada dunha forma exemplar.

O BNG responsabiliza ao Alcalde do Rosal do atraso do comezo de curso no CRA María Zambrano

A substitución dos tellados das escolas do CRA María Zambrano realizada con fondos da Deputación Provincial de Pontevedra por un importe de 140.303 € son para a Portavoz municipal do BNG, Ánxela Fernández, unha obra absolutamente necesaria para as escolas do Rosal. Mágoa que esta importante obra, se vexa embazada pola desidia e falta de planificación do Alcalde do Rosal e do seu grupo de goberno, que sen xustificación algunha mantiveron as escolas en obras unha semana despois de comenzar o curso, impedindo deste xeito que comezara o curso no CRA María Zambrano -aínda hoxe a escola de Tabagón non rematou as obras- comenta a portavoz dos nacionalistas. Cando falo de desidia e falta de pla-

nificación -enfatiza a nacionalista- é porque estando aprobada esta obra o 24 de febreiro de 2016, houbo tempo máis que suficiente para executala en períodos de vacacións escolares sen necesidade de suspender as clases, máxime cando se trata de centros separados nos que se puideron acometer as obras en distintos períodos de vacacións. Por non dicir que puideron comezar o 1 de xullo en vez do 11 de xullo co que ganarían 10 días e o problema estaría solucionado. Por último Ánxela Fernández, manifesta que non entende como a Consellería de Educación da Xunta de Galiza, permite este descontrol nun centro da súa titularidade.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

XXIII

BAIXO MIÑO A guArdA

O PP e Portos de Galicia esquivan as demandas do BNG para o novo acceso ao porto da Guarda

A guArdA

A Guarda, concello adherido ao CAAN

“É inaudito que o acceso sur non estivese na axenda da reunión entre o Alcalde da Guarda e o Director de Portos de Galiza”

O Bloque considera unha oportunidade perdida a reunión que mantiveron o Alcalde da Guarda do PSOE e o Director de Portos de Galiza do PP hai uns días na Guarda. O BNG lembra que xa van catro visitas no que vai de ano e ningunha mención seria sobre o novo acceso ao porto da Guarda. Para o BNG queda claro que tanto para o PP como para o PSOE non é prioritario o novo acceso ao porto guardés, dado que non transcendeu absolutamente nada nos medios sobre esta infraestrutura fundamental para o futuro desenvolvemento do concello da Guarda. Un acceso digno, acondicionado para desenvolver o porto como motor económico da Guarda. O BNG quere lembrar que existe un O rOSAl

acordo plenario, trala moción presentada polos nacionalistas, para a posta en marcha dun proxecto para a realización dun acceso ao porto da Guarda distinto ao que temos actualmente, dado que a rúa Concepción Arenal perdeu tal condición de acceso portuario para ser unha das rúas máis transitadas do concello. “O PP e o PSOE xogaron co acceso ao porto durante décadas e seguen a xogar. Non entendemos porque outros portos melloraron os seus accesos e o da Guarda non. A caso non ten dereito o noso sector pesqueiro a estas melloras para poder seguir traballando?”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda. A proposta do BNG que desvincula o aceso sur do PXOU tendo a Xunta as competencias para a súa construción. Agora é o momento de que o PP salde a débeda histórica que ten coa Guarda e poña os cartos para realizar esta obra. O BNG seguirá reclamando tanto ao Concello da Guarda como ao goberno da Xunta un compromiso firme para a realización do novo aceso ao porto da Guarda, como infraestrutura fundamental para o desenvolvemento do futuro do concello.

O rOSAl

Novo horario do Centro San Roquiño presenta Etnográfico Os Cabaqueiros “Coco Aventuras” e “Adios Aberto o último sábado de cada mes, lucerito mío” e para grupos con citas previamente concertadas no teléfonos 98662500

O Grupo San Roquiño de Goián presenta: “Coco Aventruas” e “Adios Lucerito Mío” o 29 de setembro ás 21.00h no Auditorio Municipal do Rosal.

Baixo o lema “Devólvelle a confianza”, a campaña pon o foco neste grupo de animais por ser os máis vulnerables e chama á adopción como unha alternativa prioritaria que permita a súa rehabilitación.

“A túa implicación é fundamental na adopción, favorece a súa recuperación e devólvelles a confianza nas persoas”, advirten dende CAAN. Non obstante, compre ter en conta que a adopción dun animal maltratado é unha situación complexa que supón moito tempo e dedicación, polo que esta debe ser unha decisión consciente e responsable.

Que se pode considerar maltrato? O maltrato inclúe todas aquelas accións nas que se provoca dano ou sufrimento, tanto físico como psicolóxico, de xeito que o estado de saúde e as emocións e sentimentos dos animais tamén deben ser tidos en conta. Tanto os danos físicos coma os emocionais precisan de tratamento veterinario, pero tamén de moita implicación por parte das persoas coidadoras e futuras propietarias, xa que a total rehabilitación dos animais depende delas en gran medida. Unha das cadeliñas recollidas por CAAN, antes e despois de recibir coidados e agarimo

O CAAN atende unha media anual de 50 animais procedentes de situacións de maltrato, retirados ou incautados polas autoridades. A súa atención e coidado son algunhas das funcións máis completas e importantes que asumen os refuxios e centros de recollida, xa que o seu labor é fundamental na recuperación

e reinserción dos animais. O centro pertencente á Deputación de Pontevedra desenvolve, ademais, un papel fundamental na elaboración de informes periciais que advirten sobre o estado dos animais, os danos producidos e as súasconsecuencias, e colabora coas autoridades administrativas e xudiciais na persecución do delito. Os máis comúns están relacionados con situacións de abandono, mala alimentación, enfermidade ou cans permanentemente encadeados.

En moitas ocasións, a estancia dos animais maltratados nos centros de acollida prolóngase por restricións temporais para a acollida e cesión, a causa de actuacións administrativas e xudiciais contra as persoas causantes do maltrato. Unha vez que sexa permitida polas autoridades xudiciais, a adopción dos animais maltratados é prioritaria, xa que aqueles que presentan alteracións emocionais precisan dun ambiente estable e tranquilo que lles proporcione seguridade.

O Centro de Acollida e Protección Animal O Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) púxose en marcha no ano 2013, contando na actualidade con 49 concellos adheridos, entre eles o Concello da Guarda. As instalacións do centro atópanse en Lugar do Busto, na parroquia da Armenteira do Concello de Meis. O CAAN realiza numerosas campañas de dirixidas a concienciar á sociedade do bo trato e os coidados que lles han de dispensar aos animais domésticos, conseguir que a adopción se converta na alternativa principal ou a necesidade de que leven o seu microchip de identificación. Aquelas persoas interesadas en adoptar poden acudir ao centro no seu horario de apertura (de luns a venres de 12 a 19:30 horas e sábados de 11 a 14 horas) e solicitar información a través no teléfono 986 140 360 ou ben a través da súa páxina web, www.caan.depo.es.


XXIV FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

XXV

O MORRAZO Pedro M. Cortegoso Gago Colectivo Nacionalista de Marín

O pasado sábado 26 de agosto o Concello de Marín e a Xunta de Galiza organizaron a proxección da película 9 Ondas, dentro do programa Redecinema da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta na que está integrado o noso concello. Está moi ben que desde as administracións se preocupen pola cultura e pola promoción do noso idioma. Porén, a realidade é que este acto estivo mal organizado. Apenas foi anunciado nos medios de comunicación e fíxose un sábado de agosto cheo de festas, acadando unha presenza mínima de espectadores. Ao ar libre cando se anunciaban chuvascos, tendo as persoas que estaban vendo a película que soportar a choiva, cando non marchar por non ter onde protexerse. O desleixo das responsábeis de cultura do Concello de Marín foi tal que no medio da proxección pasaban por diante da pantalla motos de reparto e coches, e a música alta dun local de hostalaría próximo facía as veces de banda sonora. Non quero pensar na imaxe que levou de Marín o director da película alí presente, nin

Cine de Barrio as persoas que o acompañaban. Unha vez mais asistimos a un acto feito de mala gana, para cumprir o trámite e xustificar ao final do ano as dietas da representante da Xunta que veu presentalo, e para que a concelleira poida presumir de organizar “cosas por el gallego”. Logo desta descrición dos erros organizativos coido que o importante é resaltar a cuestión de fondo. Redecinema e a Rede de Dinamización Lingüística teoricamente teñen como función desenrolar os obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que está centrado na promoción da creatividade con base no galego e que persegue promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de ocio. Cando menos iso é o que din na súa propaganda. Sen entrar a cuestionar a película 9 Ondas, que é moi recomendábel, non era esta a mellor para promover o idioma galego xa que o seu uso no filme é moi inferior ao español. Non é unha escolla casual se o que se pretende é dar unha imaxe dun pobo diglósico e

onde o galego é substituído “por educación” polo español no uso. Estamos ante un exemplo máis de como, desde a administración autonómica, o Partido Popular impulsa unha política de normalización lingüística que só pretende normalizar o español e situar o galego nunha situación de inferioridade, sen prestixio social. Esta Rede de Dinamización Lingüística, mais ben deberá denominarse da Diglosia, do bilingüismo ou do fomento do español.

Nada novo, nada que non saibamos xa. O idioma galego é o inimigo a bater para un partido que promove a súa desaparición desde as institucións onde goberna. O PP na Xunta limita a presenza no ensino, reduce as axudas á publicación de libros, ao teatro e o cinema. O mesmo fan en Marín, despreocupándose do correcto emprego do galego, deturpando a toponimia en carteis ou enchendo a publicidade da rúa de faltas de ortografía para vergoña de tod@s @s marinenses.

buEu

O Concello renova a imaxe dos Xardíns de María Eugenia

O Concello de Bueu continúa cos traballos de mellora nos Xardíns de María Eugenia e no paseo marítimo da Banda do Río. Así, este venres o alcalde, Félix Juncal, e a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, visitaron esta mañá o espazo onde se acaban reparar unha trintena de bancos que foron pintados de cor branca. Segundo avanzou o rexedor, proximamente vaise comezar coa substitución das luminarias por outras tipo LED, que permitirán un maior aforro enerxético, e xa tamén nos vindeiros meses vaise licitar o proxecto de reno-

vación dos parques, o que vai permitir unha renovación integral do parque infantil deste espazo. Este espazo xa viu mellorada a súa xardinería, substituíndose algunhas especies vexetais que tiñan pragas desde xa fai tempo, por outras plantas de tipo máis ornamental. Así mesmo, o alcalde lembra tamén a actuación que se levou a cabo na entrada ao areal da Banda do Río, xunto ao monumento homenaxe a Johán Carballeira, onde se construíu unha nova pasarela de acceso con fondos municipais. Por outra banda, esta semana pro-

cedeuse ao valado perimetral do espazo do Estaleiro da Banda do Río, máis coñecido como “de Purro”. Así a empresa concesionaria, Coviastec, está tramitando a autorización para a retirada de todo o amianto e que comezarán en dúas ou tres semanas. Así mesmo, nestes momentos a adxudicataria está facendo as xestións necesarias para todas as fases da obra, de xeito que cando comecen os traballos vai haber unha evolución importante. Neste sentido, o alcalde declarou que “estamos ilusionados con esta actuación, que recuperará o valor etnográfico do estaleiro e do que esperemos que todo o pobo de Bueu se sinta orgulloso”. A restauración do Estaleiro da Banda do Río é un dos proxectos punteiros do goberno local, xa que se trata do único estaleiro da ría de Pontevedra que conserva unha carpintería de ribeira, unha característica da idiosincrasia dun pobo mariñeiro. O estaleiro

sitúase no dominio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, aínda que foi informada a súa concesión para as obras ao Concello de Bueu fai xa dous anos. Así, nesta primeira fase das obras do estaleiro, con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, está prevista a consolidación estrutural, ademais da substitución de todos os elementos de cubertas e a execución dun peche perimetral de vidro e madeira que permita a visión dende o espazo urbano da estrutura do estaleiro. Por último, hai que destacar a posta en marcha da web www.estaleirodepurro.gal na que se inclúe toda a información sobre o proxecto e o concurso de ideas, cunha breve referencia á carpintaría de ribeira e ás embarcacións tradicionais que tanta relación teñen con el. Nesta web, o estaleiro preséntase como “vínculo entre a imaxe entre o pobo de Bueu e o seu pasado, sempre vencellado aos barcos e ao mar”.


XXVI FINAIS DE SETEMBRO 2017

DEPORTES

g.FIguEIrEdO

O deporte na vila de Bueu

DATOS CLAVE: Bueu é unha vila da provincia de Pontevedra, situada na marxe norte da península do Morrazo. A súa poboación supera os 12.000 habitantes e a principal fonte de riqueza do municipio é a pesca. O municipio comprende as parroquias de Beluso ; Bueu ; Cela ; Ermelo ; e Illa de Ons . De entre estas parroquias desta fermosa vila da Comarca do Morrazo podemos destacar unha importante afección ao deporte e conta con un feixe de equipos de diferentes actividades. De seguido vouvos falar un pouco destes equipos:

AGECAR é a unión de tres escuderías que teñen en común a afección da práctica dos descensos en carrilanas e outras modalidades dos deportes de Inercia. Dende a asociación preténdese difundir a idea de que os deportistas que practican esta modalidade non son uns “tolos”, senón que detrás desta forma de diversión existe unha gran preparación e formación, e que en cada carreira intentan evolucionar para mellorar na seguridade e en todos os aspectos organizativos que conleva o desenvolvemento deste tipo de eventos. A AGRUPACION DEPORTIVA FUTBOL SALA BUEU naceu como tal o 24/05/1984 cunha clara finalidade que era a de promover todos os deportes . O primeiro presidente foi D. Pedro Castellanos Galvis, persoa indispensable para crear toda a estrutura federativa deste deporte na vila, tanto a nivel provincial como a nivel galego.

ASOCIACIÓN ESCOLA TAICHI BUEU: Levan 10 anos practicando o taichí. Son un grupo de xente que o practican porque lles aporta moita satisfacción, non ten límite de idade e consiste en realizar exercicios na procura do ben físico e mental.

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN

Nace en 1977. Aquel primeiro berce de doce persoas foi medrando ata acadar a dimensión actual, pero mantendo firme, dende os seus inicios, unha filosofía baseada na labor social e no traballo de base. Nesta orde de cousas, o Club Bueu Atlético Balonmán acadou as importantes cifras de máis de 500 socios e, sobre todo, a vinculación ó Club de máis de trescentos rapaces e rapazas que practican este deporte hoxe en día a través de equipos federados en todas as categorías existentes, dende benxamíns ata seniors, tanto na modalidade masculina coma feminina.

C.D. BUEU é o club máis antigo do concello, tendo aproximadamente 70 anos de existencia. Actualmente ten 182 socios. Este club está formada por seis membros na directiva, tendo como presidenta a María Jesús Gil Herbello, primeira presidenta en toda a historia do club. Ten un equipo senior que milita na terceira categoría rexional. O seu máximo logro deportivo e que é gañador da Copa Galicia de 1962 e a máxima categoría a que pertenceu foi terceira división.

CLUB ÁNFORA DE PATINAXE ARTÍSTICA, centra a súa labor na promoción da Patinaxe Artística en todo o Morrazo tendo Escolas Deportivas nos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña. Ademais adícase a competición da patinaxe nas modalidades de Libre, Parellas e Grupos Show.

CLUB CICLISTA BUEU, foi fundado en 1983, o día 20 de agosto. O obxectivo deste club é a formación de ciclistas nas

Unha das peculiaridades de Bueu é que unha das súas parroquias é a illa de Ons, localizada na ría de Pontevedra e é a única illa do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia que se atopa habitada na actualidade. Por outra banda, todas as parroquias do municipio son costeiras, agás a de Ermelo. modalidades de carreteira e ciclocrós, nas categorías de escolas de cadetes e xuvenís. Froito do traballo destas escolas é o nacemento de grandes corredores, entre os que destacan: Delio Fernández Cruz, corredor do Xacobeo Galicia; Sergio Budiño Estévez, primeiro clasificado no ranking galego por puntos no ano 2002 e Manuel Padín Piñeiro, quinto clasificado no campionato de España de infantís. Entre os anos 1990 e 2000, o club ciclista Bueu, coñecíase como a “peste amarela” pola cor dos seus maillots, naquela época de cor amarela, pola cantidade de corredores participantes e sobre todo, polas carreiras gañadas e podios obtidos. Ademais organiza distintas probas deportivas, das cales destaca a “Marcha Cicloturista Subida o Alto da Cruz de Hermelo”. CLUB DE TENIS BUEU, foi fundado en 1989 por un grupo de amigos co interese de difundir e promocionar o deporte do tenis. Utiliza habitualmente para os seus adestramento e partidos a pista polideportiva do Xistro (Cela). Conta cunha escola deportiva e con tenistas federados en categoría sénior.

CLUB CORREDOIRAS, Despois de moitos anos adestrándose só, uns atletas de Bueu un día deciden unirse para compartir e experiencias comúns. Esta unión farase alá polo ano 1995 coa creación do CLUBE ATLETISMO CORREDOIRAS. A súa presentación oficial como clube foi neste mesmo ano na marathon de Madrid. Co tempo o clube foi aumentando ata chegar a 30 corredores algúns dos cales actualmente, e despois de 15 anos competindo, acadaron grandes triunfos tanto nacionais como internacionais. O clube tamén leva a cabo a organización e colaboración de moitas actividades deportivas do Concello de Bueu, por exemplo: todos os anos organiza a Ca-

rreira pedestre de San Martiño, tamén foi o clube que creou e organizou por primeira vez a Volta ao Morrazo por relevos. Na actualidade colabora coa organización da Milla Urbana de Bueu, coa Travesía á Ría (praia de Ancoradouro - praia de Pescadoira), cos Triathóns Concello de Bueu e cos Cross escolares que se celebran ao longo do ano. Hoxe en día, algúns dos seus membros ademais de participar nos crosses, marathóns e medias marathóns, fan triathón como o seu presidente Tito Otero que conta con seis IRONMAN (triatlon de longa distancia), Adolfo Castro, Ricardo Verde, Roberto Riobó e Javier Santaclara, contan tamén con algún triatlón spring do Concello de Bueu. Outros compoñentes fixeron outras probas a destacar, como é a participación na Travesía á Ría de 8 km de natación, destacar a Suso Piñeiro, creador de dita proba e participante na mesma, Castor Ruibal e Tito Otero. Tamén a maioría dos deportistas do clube participan nas probas atléticas tanto en pista cuberta como ao aire libre, acadando en moitos casos os primeiros postos na súa categoría a nivel galego. Durante todos estes anos transcurridos dende a súa creación ata os tempos de hoxe, os atletas do clube participaron nos marathóns máis prestixiosos do mundo como: Nova York, Chicago, Londres, París, Lisboa, Berlín, Amsterdam, Roterdam, Roma, Turín, Florencia, Praga, Madrid e Barcelona, entre outras.

CLUB NÁUTICO DE BELUSO: Este club ten como obxectivo principal a promoción e a difusión do deporte da vela. Organiza varias regatas tanto de vela lixeira como de barcos de cruceiro e barcos clásicos e conta cunha escola de vela que funciona durante o verán.

Como vedes en Bueu hai diversidade de deportes para practicar e animamos aos veciños da vila a formar parte dalgún deles para estar en forma e gozar do deporte e da vida e saudable.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

XXVII

O MORRAZO buEu

O Concello de Bueu recibiu o estudo de viabilidade da piscina municipal

O informe constata o interese de máis dun 85% da poboación na construción desta infraestrutura, que combinará piscina con salas para a actividade físico - deportiva

Dende a Alcaldía do Concello de Bueu anúnciase a chegada do estudo de viabilidade que se licitou para ver as opcións de financiamento e oportunidade para a construción dunha piscina municipal cuberta na vila. Neste sentido, Félix Juncal móstrase satisfeito, pois o documento vén a confirmar o elevado interese

social da poboación, manifestado nunha aceptación de arredor do 85% dun total de 200 entrevistas que se realizaron entre a cidadanía de Bueu. Así, o estudo levarase ao próximo plenario, previo debate na respectiva Comisión Informativa, tal e como xa adiantou onte o rexedor durante a sesión plenaria da corporación deste mes. O documento foi realizado pola empresa Lagares Oca, quen se baseou no proxecto básico e de execución da piscina municipal da autoría do arquitecto municipal, Fernando Baeza, e na documentación complementaria, e nel explicitanse as

necesidades da poboación nos ámbitos sectoriais: deportivo, terapéutico, actividades para persoas da terceira idade e/ou nenos/as en idade escolar, e outras que fomenten a saúde e o benestar social. Nel tamén se detallan as previsións sobre a demanda de uso e a incidencia económica e social, a valoración dos datos e informes existentes que fan referencia ao planeamento sectorial, territorial ou urbanístico, os riscos operativos e tecnolóxicos na construción e explotación da obra, o custe do investimento a realizar, e o sistema de financiamento proposto para levar a bo termo esta obra. O estudo revela que, con salas para actividades deportivas no Concello de Bueu, existe unha necesidade de que dita infraestrutura se sitúe nun lugar de proximidade aos potenciais usuarios, e cun deseño que aporte solucións a esas demandas. Por este motivo, é idónea a ubicación das Lagoas, que se localiza na zona de maior densidade de poboación do municipio, reducindo así a utilización de transporte por parte da maioría dos usuarios e usuarias.

buEu

O Concello convoca os premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo

O Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 16 de xaneiro do vindeiro ano. Todas as persoas que desexen participar poderán enviar por correo ordinario ou electrónico as súas obras escritas en galego. Ambos premios están dotados con 1500 euros, e no caso do de poesía, o Concello publicará coma todos os anos o poemario gañador da man da Editorial Xerais. O fallo do xurado cos gañadores darase a coñecer publicamente nun acto organizado con motivo das Letras Galegas. Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista buenense, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, e tivo como gañadores na pasada

edición a María Reimóndez co poemario “Galicia en bus”, e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en dúas mulleres: María Obelleiro, pola reportaxe “O apartheid sanitario na Galiza” e Montse Dopico polo traballo “Galaxia vs Galaxia. A construción da hexemonía cultural”.

Con moita historia O certame Johán Carballeira conta xa con moita historia e teñen galardoado na categoría de xornalismo a Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias ou Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, entre outros; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Ismael Ramos, Pura Tejelo… As bases de ambas convocatorias poden verse na páxina web do Concello: www.concellodebueu.org.


XXVIII

FINAIS DE SETEMBRO 2017

PUBLICIDADE


FINAIS DE SETEMBRO 2017

XXIX

O MORRAZO buEu

O pleno de Bueu apoia as reivindicacións dos parques de bombeiros da provincia

O pleno da corporación municipal de Bueu aprobou este xoves por unanimidade unha moción de apoio ás reivindicacións do Parque de Bombeiros provincial, que fora presentada polo grupo ACB-SON. A proposta quere velar pola defensa dos dereitos dos traballadores/as de emerxencias, que se atopan nunha situación cada vez máis precaria. Xosé Leal, concelleiro do goberno e deputado provincial, foi o encargado de defender a posición do BNG, declarando que “estamos a favor de todas as reivindicacións dos empregados e que a intención da Deputación de Pontevedra é recuperar este servizo unha vez que remate a concesión no 2021”. Así mesmo, Leal tamén aclarou que xa se levaron a cabo xuntanzas entre os diferentes parques de bombeiros da comunidade, así como coa Xunta de Galicia.

Outra das mocións que protagonizou o plenario deste xoves foi a de apoio petición de incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público e a salvagarda da memoria histórica presentada polo grupo de Xulio Villanueva. O que explicou o edil é que “en ningún país deberían permitirse fundacións que leven o nome de ditadores”, e por iso pedía un apoio ás reivindicacións do Concello de Sada. Xosé Leal,

do grupo do BNG, declarou que “o noso grupo comparte a filosofía desta moción, e de feito xa na Deputación da Coruña se convocou a primeira comisión para tratar este asunto”. Pola súa banda, o Partido Popular preferiu absterse dado que é un tema que non afecta directamente á veciñanza de Bueu. A moción foi aprobada entón cos votos a favor de BNG, ACB-SON e PSOE e coa abstención do PP.

Na orde do día estaba tamén o ditame da estimación do recurso de reposición interposto por Aqualia contra acordo plenario de 6 de xuño de 2017 de imposición de sanción por comisión de falta administrativa moi grave. Segundo aclarou o concelleiro de facenda, José I. García Cuervo, fai uns meses abriuse á concesionaria do servizo municipal de augas un expediente sancionador polo mal funcionamento da EDAR. A continuación, Aqualia presentou unhas alegacións e, vistos os antecedentes anteriores, é case certeiro que o Xulgado lle dese a razón dado que se lle permite cometer ata dúas faltas. Por outra banda, onte fíxose efectiva a renuncia ao cargo de concelleiro da corporación municipal do Concello de Bueu do nacionalista Juan Carlos Eirea Eiras, así como a aprobación definitiva dos orzamentos do ano 2017, e tamén se informou á corporación da solicitude de subvención para subministro de mobiliario para servizo de actividades municipais, así como a solicitude dunha subvención da Deputación en relación á construción dunha piscina municipal cuberta para a vila.

cANgAS

Inscrición ludoteca

os Todos nais, pais, titores das/os nenas e nenos interesados en asistir ludoteca á poden presentar a solicitude de inscrición na Casa da Xuventude de Cangas a partir do 13 de setembro. Será o 16 de outubro cando a ludoteca abra as súas portas á rapazada que teña unha idade comprendida entre os 4 e os 10 anos. Todos os integrantes poderán participar nas actividades que se realizan de luns a xoves en horario de tarde. Este ano,como novidade, os luns e mércores o horario será de 16:30 a 19:30 horas e os martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas. A ludoteca ten un coste anual de 25€ por dúas horas semanais, 40€ por 4 horas ou 50€ por 6 horas, esta cota farase efectiva no momento de entregaro formulario de inscrición.

cANgAS

Exposición na Casa da Cultura

O pasado venres inaugurouse a exposición de Katsumi Yamaguchi e Mª Luz González Outerelo na sala Ángel Botello da Casa da Cultura. Desde o Concello de Cangas anímase á veciñanza para que visite a mostra, a cal estará aberta ao público ata o sábado 30 de setembro.

O Concello remata a colocación de luminarias led no Camiño de Sanamedio

O Concello de Bueu rematou esta semana de substituír as luminarias por outras de tipo LED no coñecido como Camiño de Sanamedio, coas que así reducir o consumo de enerxía e continuar aforrando custes na factura lumínica, en palabras do alcalde da vila, Félix Juncal. A actuación levouse a cabo con cargo a un remanente dunha subvención provincial coa que xa se acometera a mellora do camiño e que supón unha aposta pola mellora da iluminación en diversas zonas do municipio bueués, cunha atención especial ás zonas rurais. Esta actualización da iluminación de todos os núcleos do Concello ten unha

dupla función: por unha banda, unha maior eficiencia enerxética e, por outra, un aforro económico para as arcas municipais, xa que moitas das luces estaban obsoletas. Na mesma liña, o Concello de Bueu xa se adheriu a un proxecto da Deputación Provincial de Pontevedra que xestiona fondos do IDAE e que supoñerá unha inxección de 100.000 € para acometer diversas renovacións na mellora do alumeado público. De feito, nestes momentos estanse estudando as áreas concretas nas que se van implementar as melloras e que se avanzarán nas próximas semanas.


XXX FINAIS DE SETEMBRO 2017

OPINIÓN Manuel Ruíz Robles Capitán de navío (R) da Armada, portavoz do colectivo de militares demócratas Anemoi, membro da Xunta Directiva da Asociación Civil Milicia e Democracia ACMYR

O franquismo, unha variante do fascismo dos anos 30, non foi vencido na Guerra de España, primeira fase da agresión nazi-fascista aos pobos de Europa. A ditadura -derivada do golpe militar de 1936 e a consecuente Guerra Civil inducida polo golpe- foi apoiada polos exércitos da Alemaña nazi e da Italia fascista. Anos despois, o ditador xenocida Francisco Franco foi apoiado polo goberno dos Estados Unidos a cambio de implantar as súas bases militares na nosa patria. A ditadura prolongouse durante corenta anos. A errada ruptura democrática que deu lugar á Transición, afianzou nas estruturas do Réxime do 78 o fascismo que imperaba nos aparellos do Estado, con especial virulencia nas súas forzas armadas. O exército non só non foi depurado de militares franquistas senón que se incluíron as súas esixencias na Constitución. Ademais, mediante a súa lei preconstitucional de “punto final “chamada “Lei de Amnistía”quedaron impunes os seus crimes e illouse e perseguiuse aos militares que se opoñían á ditadura. Un comandante e oito capitáns demócratas foron procesados en consello de guerra, expulsados e condenados a numerosos anos de prisión. Despois excarcerados ao comezo da Transición, pero non amnistiados naqueles momentos decisivos. Todos os que fomos membros da Unión Militar Democrática UMD fomos sistematicamente reprimidos e condenados a un ostracismo interior, ao quedar expulsados e non amnistiados os nosos compañeiros de loita, co comandante Luís

Aarón Franco Outón Concelleiro de Marea Marín

O Franquismo: a perdición de España

Otero á fronte. O capitán de aviación José Ignacio Domínguez, portavoz da UMD no exilio, foi tamén procesado e condenado en consello de guerra ao seu regreso a España, a finais de 1977, en plena “modélica Transición”. Tampouco foi amnistiado naqueles anos, cando era evidente a necesidade diso para asentar a democracia nunhas forzas armadas que procedían do nazi-fascismo. Todos os que nos unimos activamente á loita contra o franquismo naqueles tempos difíciles eramos conscientes de que arriscabamos, dun modo ou outro, as nosas vidas e medios de subsistencia familiar; etapa que se prolongou perigosamente ata a chegada do PSOE ao goberno en 1983. A nosa acción pacifica, acompañando aos pobos da nosa patria que clamaban pola súa liberdade, foi duramente reprimida. Coa chegada ao goberno de Felipe González iniciouse o branqueo dos militares fascistas, que foron ascendidos e promocionados a destinos da máxima confianza, incluídos algúns responsables do autogolpe do 23 de febreiro de 1981. A única condición que se lles esixiu para esa descarada promoción foi que estes non fixesen declaracións públicas contrarias ao goberno. O colaboracionismo estaba servido; era xa un feito irreversible. O noso país quedaba, pois, sometido a un sistema monárquico-parlamentario que pouco tiña que ver coas democracias da nosa contorna, en concreto coa da República Portuguesa, que conseguira liberarse do cancro

do fascismo mediante a chamada Revolución dos Caraveis, nun luminoso 25 de abril de 1974. Hoxe, os civís ou militares que ousan denunciar a corrupción sistémica que o franquismo institucionalizou na vida pública e privada da nación, son tratados coa mesma saña con que o foron os nosos vellos camaradas. É o caso do novo tenente Luís Gonzalo Segura, autor dun paso á fronte e Código Vermello, ou da valerosa funcionaria Ana Garrido Ramos, cuxa denuncia e informes foron decisivos para a investigación da trama Gürtel. Aquelas cadeas, impostas pola Constitución monárquica aos pobos do Estado español, fóronse corroendo co lento espertar cidadán. Hoxe en día a idea franquista de España “Unha Grande Libre”, baixo a infame bandeira bicolor e os espantosos sones da marcha real -os mesmos que na xenocida ditadura franquista- é sinxelamente insoportable. Por iso é polo que o Parlament de Catalunya e o seu Govern decidise democraticamente consultar ao seu pobo en referendum, pois é evidente que non desexan seguir vinculados ao franquismo e os seus herdeiros, incluída a monarquía. Con todo, os cruzados nacionalcatólicos seguen dominando perigosamente, dunha forma ou outra, case 80 anos despois, as estruturas políticas do Estado español. Algo haberá que facer o día despois.

Benvinguts a las republiques independents de la península

Aínda que xa o pobo galego padeceu a invasión da coroa española moito antes que o pobo catalán, resulta evidente e tanxible que a opresión de Catalunya e a desaparición das súas cortes e o seu autogoberno está profundamente ligada á chegada dos Borbóns á península trala Guerra de sucesión xurdida despois da morte de Carlos II, da casa dos Austrias.

A consolidación do poder dos Borbóns no territorio só foi posible despois de consolidar e arrasar Catalunya e especialmente tras controlar a cidade de Barcelona despois dun longo asedio que comezou en xullo do ano 1713 e rematou un 11 de setembro do ano 1714, onde a cidade de Barcelona resistíu heroicamente todo o que puido, resistencia que malia á derrota só pode ser comparable ás faixas co lema “Non pasarán!”diante do asedio fascista sobre a cidade de Madrid durante a Guerra civil.

Unha vez tomado control sobre Catalunya o día 9 de outubro do 1715 dictase o Decreto de nova planta, que se despacha a data 16 de xaneiro do ano 1716 polo cal se abolían as Cortes, o Concello de Ciento, os somatenes, o castelán pasa a ser idioma oficial e se reprime o pobo catalán mediante novos gravámenes catastrais en propiedades tanto urbanas como rurais e tamén sobre beneficios do traballo en

comercio e industria entre outras medidas. Por tanto estamos ante unha monarquía e unha dinastía que acada no século XVIII o poder pola forza bruta das armas e da represión cultural, financieira e etnicida, e que dando un salto temporal cara a Segunda restauración bórbónica, é herdeira da familia Franco coa imposición da forza, do medo, e dun modelo sistémico saído do golpe de estado do ano 1936 que non mudou máis alá da reforma do 78 mediante a cal pervive.

Estamos por tanto perante un sistema monárquico ilexitimo ao que os pobos do estado español en ningún intre lexitimaron, e é que retomando a cuestión “borbónica” en Catalunya que sinalabamos ao comezo deste artigo, debemos fiar a súa chegada ao trono do estado español co control sobre Catalunya como peza chave da institución monárquica borbónica, por iso diante do referendo do 1 de outubro o nivel de acoso e de represión aumenta a cada hora que pasa, porque saben que polo que foi e polo que é, Catalunya é a fenda que pode facer caer ao réxime do 36 e á monarquía, porque saben que o efecto dominó pode levar xa non só a un proceso constituínte en Catalunya, senón ás diferentes nacións do estado. Por todo isto que o poder sabe, é polo que o nivel de represión está a viaxar incluso a niveles anteriores á

reforma do réxime no ano 1978, mediante un estado de excepción non declarado rexistrando imprentas, editoriais de revistas, empresas na procura de urnas, secuestrando cartelería, levantando e prohibindo actos políticos, atacando en definitiva dereitos elementais que os pobos do estado deben defender a través da mobilización e da unión de todos os elementos e actores antifascistas, entre os cales por suposto non se pode atopar nestes intres nin o PNV nin Urkullu, que semella querer facer o papel de Filgueira Valverde neste vodevil de xugos e frechas cruzadas. As nosas vidas val nelo, temos que defendermonos diante dos ataques continuados do inimigo, temos que aproveitar a oportunidade de ruptura co réxime que representa o referendum da independencia de Catalunya, temos que derrocar ao réxime borbónico para pasar a constituirmos as repúblicas na península, tamén a galega. Os poderes do réxime teñeno claro, e se para reafirmar á monaquía bórbónica teñen que aplicar novamente os Decretos de nova planta, non o dubidarán, porque o decretos de nova planta son o 155, son o que ao comezo deste artigo describía: suspensión do parlamento, control sobre os mossos, control das contas...Non resulta familiar esa música? Aínda 300 anos despois.


FINAIS DE SETEMBRO 2017

OPINIÓN

Ana Hermida Aociación Lisístrata

Ás mulleres sempre se nos quixo controlar absolutamente todo, dirixir as nosas vidas e condutas, como debemos vestir, con quen podemos falar, que cousas está ben dicir, que profesión podemos exercer, cantas fillas debemos ter, etc. absolutamente todo pasaba pola aprobación dun ser supremo chamado home, varón, macho. Hoxe esto está moi mal visto na sociedade, non se pode nin dicir en público, nin exercer semellante control sobre o colectivo feminino, non sería ben visto neste home da nova era que se autodenomima feminista e que di defender a muller. Semella que medran coma fungos na lama, e é aí onde deben quedar. Estes falsos feministas máis papistas que o propio papa, son en realidade unha nova versión do machismo máis sutil que pode haber. Eliminaron ás mulleres das páxinas dos libros de historia, roubáronnos as ideas que para si mesmos se apropiaron e aí están coma verdadeiros heroes que a historia non castiga debidamente. Dixéronnos que debiamos facer, sentir, pensar, falar… e agora exercen esta nova violencia machista tratándonos cun falso respecto e cariño, “polo noso ben”. Trátase dun ridículo “paternalismo masculino” chamado “Mansplaining” que é a conduta dun home que lle “explica” a unha muller cousas que ela entende mellor que el, como se ela fose parva e non tivese capacitade de raciocinio nin análise, en definitiva, falándonos como se fósemos parvas sen eles ser conscientes de poden estar a falar a alguén que podería ser unha experta e que sabe infinitamente moito máis que o macho dominante que cre estar en posesión da verdade absoluta. Eu non hai moito tiven varios episodios dese tipo e non quedei calada, deixeinos no lugar que lles corres-

XXXI

Non no meu lugar

ponde, para eso temos intelixencia e a forza da palabra. Curiosamente estas persoas pertencían a un mesmo partido, seino porque presumían de selo, “é que eu son do…”, penoso e patético, folga dicir que tiveron que comer as súas palabras, ademáis de escoitar, sen filtros pola miña parte, que primeiro mirasen na súa casa que estaba chea de ideoloxía machista, eso si, ben revestida de feminismo, pero que os actos os delataban, así como tamén o silencio cómplice. Estaba eu nunha homenaxe a unha muller que foi defensora das mulleres no eido da cultura, precisamente nuns tempos en que non era doado facelo e ao rematar un dos asistentes, cando eu poñía voz a esa muller, atreveuse a dicir que esa muller era unha machista, saltei ao segundo e díxenlle que como podía dicir semellante barbaridade logo de asistir a esa homenaxe, que na miña presencia ninguén ofende a unha muller, respondeu dicindo que eu non tiña idea do que falaba, que non sabía o que era a igualdade, foi daquela cando presumiu de partido. Ante eso non debemos calar e o que hai que facer é poñelos no seu sitio, eu non calei. Curiosamente xa outros me dixeran algo semellante hai uns meses cando eu denunciara en público o compor-

Antigo Bocados

tamento dalgúns grupos políticos, a súa incongruencia e pasividade coa violencia de xénero, que fomentaban os comportamentos machistas, que tiraban os cartos en parvadas mentres que permitían que nos mataran, que non precisamos boas palabras, que o que queremos son actos, xa abonda de manifestacións. A resposta deles foi a mesma, non sabes do que falas, non tes nin idea, eso si, cun paternalismo patético que eu souben interpretar e que adobiaban cun sorriso como dicindo, esta pobre rapaza é parva. Naturalmente non calei e outra vez tiveron que escoitar o que non quixeron, pero o máis patético foi cando un home, político moi coñecido, que se autoproclama defensor de causas perdidas, feminista e presume de digno e comprometido, cun sorriso nos beizos soltou por esa boquiña machista “vai rañala”, a miña resposta foi que non permito que ninguén me falte ao respecto, que así non se lle fala a unha muller e que non ía consentirllo, que si as mulleres do seu partido llo consinten, eu non… e el aínda co sorriso paternalista nos beizos díxome: muller, era algo cariñoso, a miña resposta volveu ser a mesma, a min ninguén me falta ao respecto, se no teu partido cho consinten, eu non. Algún mito caería se dixese o nome, poida que algún día.

Aquí tedes o típico comportamento do novo machista, non permitamos que pensen por nós, que falen por nós, que nos digan “cun sorriso paternalista” que facer, por que loitar. Esta loita é nosa, das mulleres, os homes comprometidos co feminismo, que os hai e eu teño a sorte de coñecer uns cantos, teñen que loitar ao noso carón, nunca, nunca lles permitamos estar por diante nosa, nunca no noso lugar. Loita comigo, non no meu lugar.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

MIRADAS DE OUTONO A primeira foto envíanola desde Nerga o fotógrafo clandestino Diafragma Sagrado, de cando houbera un solpor espectacular nas Rías Baixas, xunto a esta, a da célebre casa ‘La Roiba’ de Beluso, do Arquitecto Ramón Vázquez Molezún, que está un pouco descoidada actualmente, para ser sinceiros. As fotografías de natureza son obra do noso querido José Manuel Durán de Redondela, que cada vez saca unhas fotografías máis bonitas. Xa por último, na de abaixo podemos ver ao noso amigo Jaime, da Cruz de Pazos, que dispensou un enorme premio de lotería, e que polo boa persoa que é merécese todo. Moitas grazas a todos! Gústache a fotografía? Esta sección está feita para tí! Podes enviarnos as túas fotos a anovapeneira@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xan Alonso Depósito Legal: VG-195-2011

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.