Page 1

ANO 5 - nº 74

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

finais de novembro 2016- 2€ EPECIAL: CONCELLO DE TUI · A PEGADA HEBREA · O FÚTBOL · OS MÁRTIRES DE SOBREDO páxs. xvii, xviii e xix de HeRMes & ATeNeA

HOMENAXE NACIONAL A CAMILO NOGUEIRA páx. 5 CONVERSAS CON: XOSÉ MANUEL PAZOS, ALCALDE DE CANGAS, E NOA PRESAS, DEPUTADA DO BNG POR OURENSE

páxs. 11 e 22 O INSTITUTO DE TOMIÑO PASARÁ A CHAMARSE ¨ANTÓN ALONSO RÍOS¨

páx. xxiii A CIG ¨SACA AS CORES¨ AO CLÚSTER DA AUTOMOCIÓN páx. 25

ACHÉGASE A 3ª FEIRA DO VIÑO ESPUMOSO DE SALVATERRA páx. xiv

A oposición toma a palabra

Neste número entrevistamos en exclusiva a Carmen Galego; e a Abel Losada, nº1 polo PSdeG-PSOE. Santos, cabeza de lista de En Marea pola provincia Como están a ser as súas experiencias no Parlamento de Pontevedra; Luís Bará, do Bloque Nacionalista de Galicia nesta nova maioría absoluta de Feijóo? páxs. 10, 14 e vi

QUE PASOU COA TAXA DO LIXO DE REDONDELA? páx. iii SALCEDA ACHEGA A MICOLOXÍA AOS MÁIS PEQUENOS páx. 13


2

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

EDITORIAL Tino Lago Director de A Nova Peneira

Sobre poesía, nacionalismo, e as clases populares.

No abrente deste mes de novembro que remata, tiven a oportunidade de conversar sobre poesía cun jienense admirador de José María Pemán, Manuel Machado e Rafael Sánchez Ferlosio. Falar de poesía cun andaluz de Jaen, levoume de contado a Miguel Hernández, a Paco Ibáñez e a uns versos que nunca deixaron de emocionarme:

“...Cuantos siglos de aceituna Los pies y las manos presos Sol a sol y luna a luna Pesan sobre vuestros huesos Jaen levántate brava¡¡ Sobre tus piedras lunares No vayas a ser esclava Con todos tus olivares..”

O meu interlocutor é natural de Jaen, cualifícase como orgulloso jienense, e defínese como andaluz desde o a ata o z. Presume non sen razón, de ser voraz lector e ávido consumidor de poesía. Non lle

gusta este poema, co que di non identificarse. Eu son galego, penso en galego, sinto en galego, amo en galego, sufro en galego, e emocióname profundamente a voz de Miguel Hernández falando dos “aceituneros altivos”, exhortando o orgullo traballador das clases traballadoras, clamando pola rebeldía dos que súan para, co seu suor nobre e o seu digno sangue,enriquecer aos que se enriquecen co suor e o sangue de outros. O meu interlocutor é dos que bebe nas escuras fontes da “oración a la luz” de José María Pemán, porque como el, pensa que a desigualdade social é unha lei inexorable contra a que non se pode loitar. Eu son dos que bebo nas fontes luminosas dos “irmáns” de Celso Emilio Ferreiro porque como el, penso que non loitar contra a desigualdade social é contribuir a animalizar as sociedades humanas, porque como el, penso que mirar para outro lado ante a desigualdade social está nas antípodas da dignidade humana. Nos últimos tempos, unha parte minoritaria do nacionalismo galego formula á outra parte unha di-

OBITUARIO

HUMOR: MARCOS ESCUDERO

Fidel Castro

Na mañá do sábado coñecizamos a tráxica nova do pasamento, aos 90 anos de ideade, da persoa que máis influíu no devir de América Latina durante o século XX: Fidel Castro Ruz (Birán, Cuba, 1923 - A Habana 2016) Comandante en Xefe da Revolución Cubana, que tivo lugar no 1959, e presidente da illa durante case medio século, ata que por problemas de saúde foi relevado, en 2008, polo seu irmán Raúl. Foi precisamente Raúl Castro quen deu a coñecer a noticia mediante unha men-

xuntiva; cómpre porse a carón dos “aceituneros altivos“ (metonimia) para loitar contra don Celidonio (metonimia), para que todos os don celidonios sexan derrotados na batalla final, cómpre irmos cóbado con cóbado cos “aceituneros altivos”. Todo comezou no 2012 despois de Amio, e con AGE. Que cada quen que queira e sexa capaz de valorar, sen paixón e con honestidade intelectual, que o faga. Houbo unha segunda parte con Lidia Senra e Alternativa Galega de Esquerda en Europa, que cada quen que queira e sexa capaz de valorar sen paixón e con honestidade intelectual que o faga. E finalmente houbo unha terceira parte con En Marea. Que cada quen que queira, e sexa capaz de valorar sen paixón e con honestidade intelectual que o faga. Eu amo a Miguel Hernández e aos seus “aceituneros altivos”, pero síntome parte daquel chiste no que un galego que vía un espectáculo de tauromaquia, exclamaba”lástima de boi”(metonimia novamente).

Os ¨Tonios¨, fartos de pagar a peaxe.

saxe televisada: “Con profunda dor comparezo para lle informar ao noso pobo, aos amigos da nosa América e do mundo que hoxe, 25 de novembro de 2016, ás 10.29 horas da noite, faleceu o comandante en xefe da Revolución cubana, Fidel Castro”. “Até a vitoria! Sempre!”, concluía o presidente. De seguro que sen a súa figura, o continente Americano e o mundo non sería hoxe en día o que é. Descanse en paz, Comandante!


FINAIS DE NOVEMBRO 2016 3

GALICIA

CARTAS AO DIRECTOR Estimado Sr. Director:

Parécenme escandalosas as constantes queixas que o seu colaborador Roger manifesta de maneira velada pero insistente na columna que moi amable pero inmerecidamente, creo eu, pon o xornal á súa disposición na última páxina. Canta xente – eu mesma querería ter un espazo nun medio de comunicación tan comprometido como o da súa digna dirección para transmitirlles aos lectores pensamentos interesantes, ideas sociais, proxectos solidarios ou mesmo ocorrencias graciosas, aínda que fose, pero que nos fagan mellores cidadáns e cultiven o noso interior máis humano, e non as trapalladas deste individuo desagradecido que non sei se pretende ser gracioso cos seus constantes ataques pero que dende logo non o consegue. Non lle fagan caso. A miseria de espazo que lle deixan xa é excesiva para a súa cativeza.

Atentamente Irene

Presentación da revista Kallaikia

Xubilados e pensionistas da CIG chaman á mobilización en defensa das pensións Denuncian que se está poñendo en cuestión a súa viabilidade para favorecer os plans privados

Nas distintas concentracións convocadas, ás que se sumaron –no caso de Pontevedra e Vigo- emigrantes retornados/as, fíxose un chamamento tanto a quen xa son xubilados/as, como ao resto de sectores atinxidos, para que se organicen diante da inminente reforma das pensións. De feito, alertaron de que nos últimos meses se están a escoitar todo tipo de informacións emitidas por supostos expertos que poñen en cuestión a viabilidade futura do sistema público de pensións, a capacidade para pagar aos e ás pensionistas actuais nos próximos anos, ou mesmo sobre a posibilidade de manter as pagas extraordinarias. A este respecto denunciaron que son as “mesmas mentiras de sempre”, que teñen como

obxectivo xustificar o desmantelamento do sistema público e universal das pensións para favorecer os plans privados "dos que se enriquece as grandes empresas e bancos que as xestionan". Ademais acusaron tanto ao PP como ao PSOE de dificultar cada vez máis, coas súas sucesivas reformas das pensións e da Seguridade Social, o acceso ás pensións contributivas, rebaixando as contías de quen accede ao sistema e atrasando a idade efectiva de xubilación.

Pensións por debaixo da media en Galicia O Colectivo de Xubilados e Pensionistas denuncia que nos últimos 6 anos houbo varios exercicios nos que non se revisou o importe nominal das pensións ou fíxose por baixo da

inflación, chegando a incumprir a lei para a súa actualización pola desviación do IPC até que no ano 2013 se procedeu a anulación desta lei. Esta última reforma das pensións executada polo PP elimina a referencia do IPC para o incremento das pensións e promove un duro recorte que pode reducir até nun 20% as pensións futuras, "sobre as mentiras do aumento da esperanza de vida". Estas políticas provocan que un empobrecemento maior dos/as pensionistas: case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, aumentándose a diferenza negativa. Así, en Galiza a pensión media está máis de 15 puntos por baixo da pensión media do Estado español.

1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos na pobreza E se esta situación é grave en xeral, máis o é no caso das mulleres que tamén para isto son obxecto de descriminación por unha vida laboral máis precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto á feminización das pensións non contributivas, fai que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo a liña da pobreza.

A todo isto engaden o “roubo” desde o Estado ás pensións dos/as emigrantes retornados e o estabelecemento polo Partido Popular dos repagamentos, a retirada de medicamentos moi usados do financiamento público, e o recobro dos medicamentos que se dan nas farmacias dos hospitais. Sobre isto subliñan ademais que estas medidas afectan especialmente ás e aos pensionistas e enfermos/as crónicos/as, “converténdose nun novo imposto á enfermidade e nunha grave dificultade para acceder á medicación aumentando o sufrimento das persoas". Por iso, insisten en que é imprescindíbel "propiciar a mobilización e a participación activa do colectivo das persoas pensionistas e xubiladas na esixencia de cambios na actual situación". "É necesario que nos mobilicemos para que se derroguen todas estas políticas e reformas", engaden, á vez que lembran que a CIG "é a única central que na Galiza se ten mobilizado contra as sucesivas agresións ao sistema público de pensións, como xa demostrou a folga en solitario de 2011 contra o pacto asinado entre as centrais estatais e o goberno".

Para En Marea o teito de gasto para 2017 debería incrementarse como mínimo en 750 millóns de euros Luís Villares presentou en pleno unha proposta alternativa e cre que os axustes da Xunta só serven para desmantelar servizos públicos e causar unha enorme dor na maioría social A axenda da libraría Andel de Vigo (Avda. das Camelias 102) vén cargada de presentacións para este mes que entra. de O vindeiro xoves 1 de decembro presentarase, na Libraría Andel de Vigo ás 20h, o primeiro número da publicación que leva por título ¨Kallaikia. Revista de Estudos Galegos¨ e que edita a reintegracionista Associaçom de Estudos Galegos (AEG).

Para En Marea o teito de gasto para 2017 aprobado esta mañá en solitario polo PPdeG reprsenta “o fracaso da austeridade compulsiva” e calcula que o Goberno galego debería aumentar a cifra como mínimo en 750 millóns de euros, algo necesario para financiar “programas e propostas de urxencia que sirvan para combater as desfeitas provocadas pola gran recesión e a xestión liberal da mesma”. Entre as medidas de ur-

xencia que recolle a proposta de En Marea figura o desenvolvemento dunha renda social contra a pobreza extrema, un programa contra a pobreza enerxética e unha acción decida contra os desafiuzamentos. Tamén dotar os recursos necesarios para levar adiante unha ambiciosa política de emprego, recuperar o nivel de axudas á dependencia, a gratuidade dos libros de texto e comezar o camiño para volver aos niveis de emprego perdidos na sanidade, na edu-

cación e nas políticas sociais.

Para En Marea este incremento de 750 millóns de euros debería ser o primeiro paso dunha estratexia de medio prazo que teña como obxectivo regresar ao nivel de gasto previo á grande recesión.

O portavoz de En Marea Luís Villares, considera que “cos 259 millóns que propón a Xunta precisariamos 10 anos para volver a onde esta-

bamos antes de caer no pozo da recesión, un ritmo insoportablemente lento”. E aconselloulle á Xunta ser “máis ambiciosa e plantexarse o obxectivo de regresar nunha lexislatura á capacidade de gasto perdida”. En Marea dille NON a un teito de gasto “calculado coa lóxica dun contable que só aspira a cadrar as contas dentro dos estreitos límites das restriccións externas sen outra ambición”.


4

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

GALICIA Compromiso oponse a unha posible subida do IVE

Compromiso por Galicia quere expresar o seu rotundo rexeitamento a unha nova subida do IVE despois dos rumores e informacións que están aparecendo nas últimas datas, ¨e como xa sufrimos numerosos recortes é o momento de falar claramente antes de que non haxa remedio.¨ Aseguran dende a formación galeguista. ¨Unha nova subida do IVE nos produtos de alimentación sería incomprensible e atacaría directamente o poder adquisitivo das persoas, poñendo a moitas familias nunha situación moi complexa.Volve a quedar claro que a recuperación da que falaban Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo é unha falacia. Non queremos que os cartos recadados sexan para tapar miserias de roubos e rescates.¨ E conclúen ¨Xa estamos acostumados ao dobre discurso do PP, pero agora os partidos da oposición teñen moito que dicir e non poden ser cómplices dos burócratas da Unión Europea nin das políticas nefastas do goberno do estado. Non poden estar ao servizo das grandes multinacionais nin permitir máis carga impositiva para os que menos teñen.¨

En Marea denuncia que o bono social non cubre ás persoas máis necesitadas Yolanda Díaz: “Debemos definir o concepto de persoa consumidora vulnerable e esixir que a renda per cápita sexa o parámetro principal”. Antón Gómez-Reino: “Toda a cidadanía debe ter acceso aos suministros básicos dun xeito digno e xusto”.

En Marea presentou as iniciativas que vén de rexistrar no Congreso dos Deputados relativas á situación actual do chamado “bono social”, un desconto na factura da electricidade aprobado polo Goberno do PP e que pretendía protexer aos fogares con menos posibilidades económicas. Sen embargo, como sinalou hoxe a deputada Yolanda Díaz, “o desconto tan só asumía o 25% da tarifa e entre os requisitos para solicitado non se atopaba o de “renta per cápita”, que quizais é o que mellor indicaría que fogares serían considerados vulnerables”. De feito, Díaz Pérez definiu este mecanismo de axuda como “un mero parche, porque non está destinado aos que realmente o necesitan e só cubren parte da factura eléctrica pero non outros suministros como o gas”. A obligación de financiar este desconto recaía, ata o de agora, a cargo das eléctricas, que en varias ocasións recurriron esta orde do Goberno do Estado. Agora o Tribunal Supremo vén de darlles a razón de novo ás empresas e anula o mecanismo de

financiamento do bono social da tarifa eléctrica. En Marea segue a insistir que a directiva contempla a posibilidade de que sexan as eléctricas as que se fagan cargo deste coste, e así llo esixe ao Goberno, “xa que deben ser as empresas as que sufraguen o bono social e que este coste non repercuta na factura da electricidade” como indicou o deputado Antón Gómez-Reino. Sentencias como este última é un novo exemplo da deficiente xestión do Goberno do Partido Popular que agora ten que facer fronte ao pago dunha millonaria indemnización. Desde En Marea exíselle ao Goberno unha resposta urxente a este problema, xa que como sinalou o deputado Antón Gómez-Reino “nos tememos que pretendan que sexan as persoas usuarias as que sufraguen unha vez máis esta cuantiosa sanción”. Ante esta situación, En Marea considera que o Goberno debe iniciar un novo mecanismo de financiación do ata o de agora denominado “bono social”, un bono que debe estar a disposición de aqueles fo-

gares que sexan declarados como vulnerables e que dea acceso a suministros para cubrir as súas necesidades básicas de suministro de electricidade e gas. Ademáis, a definición de “fogar vulnerable” e os diversos grados para acceder ao mesmo deben tomar como parámetro fundamental a renda do fogar e deben ser actualizados anualmente. Asemesmo, En Marea considera que os descontos sobre as facturas tamén deben ser propocionais en función dos baremos establecidos, con rebaixas que poden chegar ao 100% dos importes das facturas dos suministros de electricidae e gas naqueles fogares cun grado máximo de vulnerabilidade. Como fixo fincapé Gómez-Reino na rolda de prensa, “toda a cidadanía debe ter dereito ao acceso aos suministros básicos dun xeito digno e xusto”. Así, na Proposición non de Lei que En Marea presentou no Congreso dos Deputados, ínstase ao Goberno a desenvolver unha nova regulación da financiación del denominado “bono social” dacordo aos criterios establecidos na Directiva 2009/72/CE de 13 de xullo 2009, sen que o seu custe repercuta nas persoas usuarias. Ademais indícase que o bono debe incluir tanto a cobertura do suministro de electricidade coma o de gas. E tal como indicaron na rolda de prensa os deputados Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, nesta regulación o Goberno debe desenvolver os conceptos de “persoa consumidora vulnerable” e “fogar vulnerable” na nova normativa, e incluir como principais requisitos de acceso ao bono social os de “renda per cápita” e a de “renda do fogar”.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

5

GALICIA

Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira

g. FigUeiRedO

Desde A Nova Peneira sumamos a nosa voz e a nosa palabra á merecidísima homenaxe a Camilo Nogueira Román.

O pasado 11 de novembro tivo en lugar en Compostela unha emotiva homenaxe nacional a Camilo Nogueira. Dirixentes da política galega, entre eles os portavoces das catro forzas políticas no Parlamento de Galicia, homenaxearon a figura "transversal" deste histórico nacionalista galego, quen tivo un importante papel na elaboración do Estatuto de Autonomía e a defensa dos intereses de Galicia en Europa. Camilo Nogueira Román, nacido en Lavadores un 22 de novembro de 1936 é un político, enxeñeiro e economista galego. Estudou na Escola Industrial de Vigo e pasou polas escolas de Enxeñeiros Industriais de Bilbao e de Madrid. Tamén cursou a licenciatura de

ANA MiRANdA

Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1964 entrou a traballar na fábrica viguesa de Citroën como enxeñeiro e participou nas grandes folgas obreiras de 1972. Nogueira foi deputado no Parlamento galego . É elixido deputado no Parlamento Europeo nos anos 1999-2004, onde se expresou en galego reintegrado, portugués de Galicia ou galegoportugués, razón pola cal foi nomeado en abril de 2005 membro de honra da Associaçom Galega dá Língua (AGAL). A eurodiputada Ana Miranda escríbenos estas bonitas palabras para homenaxear ao seu compañeiro de viaxe no mundo da política.

Co horizonte na voz, coa ética na pel, Camilo, o guerrilleiro da paz

Bole Camilo para chegar a coller o horizonte, o da Galiza e o do mundo. Bole Camilo preso de conviccións profundas, tan férreas que non hai treboada que poida con elas. Bótolle a culpa desas raiceiras de nación á súa voz. Porque a súa voz é unha voz de ferro, de herba, de memoria, de auga, de nordés. Bole Camilo transportando a ética coa voz. Unha voz que pasa da sutileza profunda ao berro educado de clamar polos dereitos, unha voz universal de activista convencido e home de paz guerrilleiro. Porque, de feito, Camilo Nogueira é un guerrilleiro da paz, un loitador das defensas múltiples, unha persoa e un personaxe imprescindible na historia da Galiza contemporánea e na historia das loitas dos dereitos colectivos como pobo e, en consecuencia, dos dereitos humanos universais. Esa dimensión galega e internacionalista transversaliza o seu facer dende novo.

Tiven a oportunidade de traballar con Camilo durante cinco anos como asistente parlamentaria no escano que o BNG acadou por primeira vez na historia no Parlamento europeo, entre 1999 e 2004. Dende

aquela falamos todas as semanas coma se seguísemos naquel momento crucial para o nacionalismo, cando acadabamos unha presenza internacional nunca vista. Nese tempo partillado, de moitas horas e vivencias, de moitos bocadillos diante do ordenador, porque Camilo “nin come nin deixa comer” de tanto que traballa!, dende Galiza ao mundo, comprobei, xornada a xornada, como nunca se dá por vencido se ten claro un obxectivo, mesmo que se lle recomende que non vai ser viable. Hai sobre todo dúas características da súa perso-

nalidade que inflúen seguramente na súa longa e importante carreira política, o optimismo e a perseveranza. Inquebrantable, perseverante, honesto, fóra do postureo político que lugares como o Parlamento europeo ofrecen, nunca aceptou privilexios de ningún tipo, sempre provisto do mellor da condición humana. Camilo Nogueira fixo da política un lugar común para o nacionalismo galego, trasladando ideas e xeitos novos e frutíferos que se incorporaron entre proxectos de construción nacional. Xogou un papel fundamental no nacionalismo galego contemporáneo, e segue impregnándoo coa lealdade de buxo. Ten un recoñecemento unánime, cousa que non acontece nen con todo o mundo, nen sempre. Sinceramente, creo que non terei nunca palabras suficientes de agradecemento polo aprendido, polo ensinado, polo partillado da súa dignididade individual e colectiva, íntegro e coherente. Aprender que se pode ser boa persoa na Política, coma sempre foi. Grazas, Camilo, guerrilleiro da paz.


6

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

GALICIA

Galicia clama contra a pobreza enerxética

Podemos Galicia, da man das súas agrupacións municipais, sumouse ás diversas concentracións perante as portas das oficinas de Gas Natural en Galicia, como xesto de solidariedade e repulsa ante a morte de Rosa, a anciá que faleceu asfixiada este mes no incendio provocado por unha candea despois de que Gas Natural lle cortase o subministro de luz por non poder pagar a factura. Os actos, que remataron coa concentración de Podemos Compostela, deron comezo nas cidades de Ourense, A Coruña e Vigo. Nesta última, a agrupación local de Podemos acompañou á Plataforma de Afectados pola Hipoteca Tui – Baixo Miño e diversas organizacións sociais como a RSP, Foro socioeducativo Os Ninguéns, Voces da Rúa, ODS Coia e o colectivo Al Margen. En total, preto de cen persoas apoiaron esta mobilización que tivo lugar na oficina de Gas

Natural Fenosa da rúa López Mora. O acto contou coa participación da deputada de En Marea no Parlamento Galego e membro de Podemos Galicia, Magdalena Barahona, que sinalou que “non se pode tolerar que empresas ás que todos e todas facemos gañar cantidades inxentes de cartos incumpran as súas responsabilidades sociais e poñan en perigo ou maten, coma neste caso, ás persoas máis vulnerables”.

A concentración da Coruña, que congregou a preto de cen persoas, contou tamén coa presenza do deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino “Tone”, o deputado autonómico Pancho Casal e o referente do activismo galego Nicanor Acosta, entre outros simpatizantes e persoas da rúa que se sumaron de maneira espontánea ó pasar por diante e coñecer o motivo da protesta. Nicanor Acosta dixo que “os recortes matan. Xa o viña-

mos avisando e, en Rosa, comprobámolo”. Pechou a concentración a secretaria xeral de Podemos A Coruña, Isabel Faraldo, que sinalou que “temos a factura de luz máis cara de Europa e xa alertaramos que o inverno ía ser moi crúo”. En Ourense foi o activista local Balbino González quen, tras citar a frase de Bertol Brecht "Cando a verdade non poda defenderse pasará ao ataque", leu o manifesto no que se sinalaba que Gas Natural Fenosa non so incumpre a actual lexislación catalá, senón tamén a carta de dereitos humanos, que di no seu artigo 25 que toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado, despois do cal se gardou un minuto de silencio en memoria de Rosa. As concentracións enmárcanse dentro da campaña Vamos!, posta en marcha dende Podemos estatal coa finalidade de visibilizar e reclamar solu-

diversos momentos das concentracións

cións para a situación de pobreza enerxética que afecta a milleiros de familias no territorio do estado, especialmente ante a chegada dos meses de inverno, nos que o gasto aumenta notablemente polo frío, condenando a moitas persoas a non poder quentar os seus domicilios e causando todo tipo de trastornos, sociais e da propia saúde, ás persoas afectadas e, nos casos máis extremos, accidentes como o que lle custou a vida a Rosa. A raíz desta morte, Podemos estatal presentou no Congreso dos Deputados unha petición de comparecencia de Isidre Fainé, actual presidente de Gas Natural Fenosa e expresidente de La Caixa (hoxe Caixabank), para que explique por que non se seguiron os cauces estipulados na lei 24/2015 de medidas urxentes para afrontar a emerxencia no ámbito da vivenda e pobreza enerxética.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

7

A LOURIÑA O pORRiñO

O BNG do Porriño demanda a transferencia da AP9 e a súa liberación de peaxe para facela “útil” O voceiro municipal, Pedro Pereira, denuncia que o tramo Vigo-O Porriño está infrautilizado por causa das peaxes O deputado nacionalista Luís Bará mantivo un encontro con representantes do tecido empresarial, do comercio e o sector dos transportes do Porriño.

Para o BNG do Porriño a transferencia da AP9 á Xunta de Galicia e a súa liberación de peaxe son cuestións indispensábeis para que esta infraestrutura sexa realmente útil. O voceiro municipal, Pedro Pereira, denunciou que o tramo Vigo-O Porriño está infrautilizado por causa das peaxes, o que impide que a vila e a súa contorna teñan unha axeitada conexión por estrada, o que in-

cide negativamente a nivel socioeconómico. Pereira mantivo, canda o deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, un encontro con representantes da asociación de comerciantes do Porriño (ACIPOR), os parques empresariais da Granxa e das Gándaras do Porriño, e da asociación de transportes de Pontevedra (Asetranspo). Na xuntanza explicaron a

iniciativa política que está a desenvolver o BNG destinada a lograr a transferencia da AP9 para que pase a ser titularidade de Xunta, co obxectivo, entre outros, de liberar a autoestrada das actuais peaxes. Neste senso, o voceiro municipal, deulles conta aos representantes empresariais e comerciais, da moción que o BNG levará ao seguinte Pleno do Concello con esa finalidade. A moción persegue que o Concello do Porriño se sume ao consenso político acadado no Parlamento de Galiza e apoie expresamente a defensa da iniciativa lexislativa para reclamar a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza, nos termos aprobados polo Parlamento de Galiza.

Desde o Bloque defenden que é estratéxico que Galiza poida decidir sobre a principal

vía de alta capacidade do país. Demandan que a Xunta tome o control sobre esta infraestrutura “para rematar coas deficiencias na súa xestión, as tarifas abusivas e mesmo que sexa empregada como obxecto especulativo por parte de grandes fondos de investimento dados os altos beneficios que xera, a custa do peto de sufridos usuarios e usuarias, co modelo de xestión que ten a administración central da AP9”. O encontro realizado esta mañá no Porriño inscríbese nunha campaña inicial coa que a fronte nacionalista quere sumar o maior apoio social e institucional á demanda da transferencia e gratuídade da AP9, instando aos grupos políticos con representación no Congreso a aprobar a proposición de lei remitida por acordo unánime do Parlamento galego.

O pORRiñO

A alcaldesa inaugurou o Seminario Internacional 'Turismo e relacións comerciais coa Europa do Este es Asia'

O Concello do Porriño, en colaboración co IES Ribeira do Louro, organizou o pasado día 22 o seminario ‘Turismo e relación comercias con Europa do Leste e Asia.Retos e oportunidades’. O mesmo contou coa participación de profesores universitarios, de Formación Profesional, ademais de representantes de empresas e organización empresariais. A nivel internacional, asistiron o pro-

fesor Nag Tithakar, do International Magenement Institute de Kolkata, capital do estado indio de de Bengala Occidental; o doutor Gazmend Zeneli, xefe do Departamento de Empresa, Xestión e Turismo da Universidade Marin Barleti de Tirada, en Albania; o profesor Lutvo Haznaderevic, da Universidade Logos Centrar Mostar, en Bosnia-Hercegovina; a profesora Cristina Nicolau, da Transilvania University Bra-

sov, de Romanía; o profesor Wutthichula Khunpatwattana, da Payap University, en Chiang Mai, en Tailandia; e os especialistas Yixin Wang, de Turismo de China, Sanda Constantin, da Universidade de Brasov, en Romanía, o profesor Hamza Sehovic, do Center for Business Studiesm de Kiseljak, en Bosnia-Hercegovina, Altin Idrizi, vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Elbaan, en Albani,a e o doutor indio Arindam Banik, do International Manegement Institute de Kolkata. No seminario, que será inaugurado pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, participaron, ademais, o profesor Antón Álvarez Sousa, da Universidade de A Coruña, o profesor Amador Ordóñez, do IES Ribeira do Louro, pro-

fesor de Comercio Internacional e Coordinador de Proxectos Europeos; José Manuel Fernández, presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño; David Sobra, secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais; José Ángel Lorenzo, xerente do Clúster do Granito de Galicia e Fernando Godoy Maceira, xerente de Mármores e Granitos Godoy Maceira S.L. O obxectivo desta iniciativa é a de, aproveitando a presencia de profesores de distintas universidades e centros de formación de distintos países, debater as posibilidades de relacións comerciais entre Galicia, en xeral, e O Porriño, en particular, e estes países, tanto en produtos coma en servizos.

MOs

Ana Pontón: “A nación galega existe, e por iso existimos nós e defendemos os seus dereitos”

A portavoz nacional do BNG estivo na presentación da Asociación Canlear de Mos a principios de mes para arroupar o acto. Iniciou a súa conferencia afirmando que é necesario repensar Galiza como proxecto. Obviamente Galiza xa existe,explicou, a nación galega existe, e por iso existimos nós e defendemos os seus dereitos. Mais toca pasar da Galiza en si á Galiza para si, isto é, toca construír máis "poder galego" para reforzar o país e avanzar no seu empoderamento social e cultural. Apostando por construír un tecido social e económico máis vivo, dinámico e conectado e axudando a mobilizar e a conectar as enerxías do país nun deseño máis autocentrado, máis consciente, máis intelixente e orientado a crear riqueza e emprego. E iso lógrase con argumentos, con formación, con iniciativas e estruturas actualizadas e sólidas, con capacidade de tecer acordos e de impulsar propostas que sinalen un horizonte compartido e desexable para a grande maioría. Esa proposta, apuntou a portavoz do BNG, debe relacionar a articulación de poder galego por abaixo (empoderamento e vertebración do país) coa necesidade de avanzar en parcelas de capacidade de decisión real para Galiza. Queremos facelo desde un enfoque amplo. Trátase de asuntos de especial interese para Galiza e cremos que esas iniciativas deben ser elaboradas contando con persoas expertas e de forma plural. Ou sexa, “con persoas do BNG e de fóra do BNG” , concluíu


8

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

9

A LOURIÑA MOs

MOs

Preto de 100 veciños das parroquias de Cela e Tameiga beneficiaranse do servizo de saneamento

O BNG denuncia a mala sinalización do Concello de Mos

Acometerase a instalación da rede nas zonas de Atín e Pedraucha grazas a un convenio coa Xunta. O proxecto será aprobado polo Pleno de Mos a finais deste mes

O Pleno do Concello de Mos aprobará en sesión ordinaria do presente mes de novembro o proxecto de acometida do saneamento nas zonas de Pedraucha (parroquia de Tameiga) e Atín-Cela. Para a realización destas obras asinouse o pasado mes de xullo un convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a administración local mosense. Esta aprobación plenaria do proxecto é necesaria para que Augas de Galicia poida contratar a obra, paso previo ó inicio dos traballos que se estima poidan comezar de cara a principios do ano que ven. A Xunta destinará unha dotación de preto de 260.000 euros á rede de saneamento das zonas de Pedraucha e AtínCela. Esta actuación, está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). En concreto, as obras previstas consistirán na execución dunha nova rede de saneamento en puntos que aínda non dispoñen dela, na zona de Pedraucha e de Atín–Cela. O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de vida nestas zonas de Mos, eliminando puntos de vertedura e, grazas a iso, mello-

rando a calidade das augas dos ríos da contorna. A actuación de Atín-Cela saneará a 20 vivendas, é dicir, unhas 40 personas que a maiores disporán deste servizo básico. A actuación en Pedraucha saneará a unhas 25 vivendas, o que supón unhas 50 personas. O orzamento de execución por contrata (IVE incluído) ascende a 259.261,53 euros. As obras contidas neste proxecto consisten, no núcleo de Pedraucha, na execución de 4 tramos de colector, un pozo de bombeo prefabricado e un tramo de impulsión. Os colectores de gravidade son todos de PVC 315 mm, e suman unha lonxitude de 664 metros. O pozo de bombeo é prefabricado, de sección circular e diámetro interior 1.000 mm, cunha altura de 3,50 metros. Previo ao pozo de bombeo executarase un pozo no que se instala un cestón de grosos circular, de diámetro 390 mm e profundidade 400 mm, de aceiro INOX. Deste pozo parte o aliviadeiro (tubo PVC 315 mm). No lugar de Atín-Cela se instala un pequeno tramo de colector de PVC 315 mm, nun camiño que desemboca na estrada P0-331. Trátase dunha lonxitude de 57 metros. Este colector conectarase ao que está previsto executar baixo a senda peonil de próxima construcción na PO-331. O obxectivo destas actuacións é conseguir que a poboación destas zonas se conecte á rede xeral para que as súas augas residuais cheguen así á EDAR de Guillarei. Tratase dunha rede separativa e se instalarán colectores para augas fecais.

Recentemente anunciouse un gasto de 50.000 euros, procedentes dunha subvención da Xunta, que se leva a cabo no concello de Mos para sinalizar as igrexas e capelas do concello. Para o BNG ¨este é un gasto que podería perfectamente terse deixado para outro momento, e que por suposto, é incompleto e desorbitado para o traballo que se fai. A Xunta no seu afán de plegarse aos intereses da Igrexa, non pensa nas necesidades xerais do concello

no relativo á sinalización, se non que quere facer a típica política de quedar ben con todo o mundo pero sin visión de futuro. Moito máis importante sería unha boa sinalización do camiño de Santiago, por exemplo, ou unha sinalización do resto do patrimonio do concello e non só do relixiosos.¨ sinalan dende o grupo nacionalista, que tamén denuncia o deficiente estado de sinalización de todo o Concello. E propoñen un reto: Que alguén de fóra do Concello intente chegar ao campo de fútbol das Baloutas, ao multiusos, ou ao pavillón. De seguro resultaríalle moi difícil, xa que a inexistencia de sinalización e a disparidade de modelos impide calquer información mínimamente clara ao respecto.

MOs

Os socialistas propoñen un cambio de lugar na Cabalgata de Reis Na comisión de Cultura os Socialistas propoñen un cambio para dar un trato igualitario ás Asociacións de todas as parroquias. Os Socialistas de Mos están totalmente de acordo co apoio recibido por parte das Asociacións á Cabalgata de Reis que se celebra no Concello de Mos. O que non lles parece xusto, indican a este medio, é porque en Mos hai dez parroquias moi vencelladas s en temas culturais e non se teñan en conta no momento da localización do devandito evento. Xa que nalgunhas poderíase levar a cabo dunha maneira moi vistosa. ¨Este goberno trata de levala sempre á mesma localización o que non

consideramos un trato igualitario nin xusto.¨ Sinalan. Emilio Muiños recalca ¨que non é nada en contra da organización, pero levamos uns anos notando unha baixa afluencia, polo que pensamos que involucrando e achegando os eventos aos veciños sería sempre positivo.¨ Sendo unha maneira de recompensar o traballo que fan estas asociacións creando as carrozas, o belen vivente e as rondallas. Á fin e ao cabo son as protagonistas.


10

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

ENTREVISTA Entrevista a Luis Bará Torres

“No grupo parlamentar do BNG hai un equipo unido, con conexión política e emocional entre nós, e tendo moi claro o liderado de Ana Pontón” Luis Bará é deputado do Bloque por Pontevedra. Os nacionalistas galegos,obtiveron un resultado moito mellor có que lles auguraban as enqui-

Como están sendo as túas primeiras semanas no parlamento? Ben,con moito traballo desde logo, e asemade pasando por un intenso período de aprendizaxe,ao ser algo novo para min. Pero ti xa tiñas experiencia institucional. Si, no concello de Pontevedra e no goberno galego, pero son situacións diferentes. Teño que dicir que, a min en particular e ao BNG en xeral o que máis nos interesa é a conexión coa sociedade, sermos os axentes que trasladen ao parlamento de Galiza, as preocupacións reais das maiorías sociais.

Ti es concelleiro en Pontevedra. Vas compatibilizar ambos postos, ou cesarás na túa responsabilidade municipal? Nós vindeiros meses deixarei o posto no Concello de Pontevedra, para dedicarme a tempo completo ao traballo parlamentar, alén de ao compromiso político e social que o BNG ten coa sociedade galega no seu conxunto.

Unha pequena ollada á metalinguaxe das persoas que compondes o grupo parlamentar do BNG ,transmite a sensación de que, en verdade, sodes un grupo parlamentar política e humanamente cohesionado. Non sei se sodes moi bos vendedores/as, ou iso é realmente así?

Iso é así en verdade. Somos un equipo unido, con conexión política e emocional entre nós e tendo moi claro o liderado de Ana Pontón. Ana ten unha gran fortaleza, potencial, ilusión e intelixencia. Todos e todas no BNG, temos a intención de que se nos olle nas rúas e nas prazas como a referencia na oposición ,e como a alternativa real a Feijóo e ao PP. Creo que iso xa se visualiza,especialmente polo traballo do BNG, pero tamén pola imaxe que transmiten as outras dúas forzas da oposición

A imaxe que transmite o BNG é de placidez interna. En verdade a situación estrutural do Bloque, por fin permite que os e as súas militantes encaredes o futuro con optimismo? Nós desde logo temos a intención que así sexa. Aínda que o BNG tamén ten importantes retos. Teremos nos vindeiros meses un proceso asambleario. Estamos nunha etapa de reflexión sobre o futuro do nacionalismo, o proceso adiante. Estou seguro de que seremos quen de superar os momentos de tensións interna.

Están xa superados eses momentos? Eu penso que si. Pero alén de cohesionar mellor a organización, que non cabe dúbida é moi importante, temos que ser quen de ofrecer á sociedade galega, unha proposta moderna, adaptada á realidade actual e que faga que se vexa ao nacionalismo como un proxecto atractivo, e sobre todo como algo útil. Para acadar eses obxectivos cómpre facer moita política de rúa? Asegúroche que neso estamos. Asemade hai que ter un proxecto político claro, e o BNG si que o ten. Defíneme en forma de titular xornalístico ás seguintes persoas que che vou nomear: Félix Juncal: Un magnífico alcalde, que está a carón do seu pobo, que foi quen de transformar Bueu a mellor, e que ten un proxecto de futuro para esta fer-

sas e semella que viven unha etapa de acougo interno que lles sitúa en disposición de acadar cotas maiores a curto prazo. mosa vila. Leticia Santos: Unha alcaldesa que representa ás novas xeracións do Bloque, con toneladas de ilusión, con enormes cualidades intelectuais, morais, e unha vontade inquebrantable de dar todo o que ten para o ben colectivo de Moaña. Pepe Represas: Un alcalde con enorme experiencia, tanto no traballo social como institucional cun proxecto transformador para Ponteareas,que estou seguro que dará resultados moi positivos. Sandra González: Para describir a Sandra só cómpre ver o apoio inmenso que recibe da veciñanza de Tomiño. O seu proxecto está xa moi consolidado, pero cónstame a súa enorme ilusión e capacidade de traballo para facer de Tomiño un pobo cada vez mellor. Xosé Rodríguez Méndez:Eu creo que Ás Neves xa lle tocaba. Despois de toda unha vida con gobernos do PP, terán a oportunidade de coñecer o traballo de Xose. Un home do pobo e para o o pobo, un alcalde moderno, fresco para facer das Neves unha vila do século XXI. É un home do seu tempo que vai dar todo para situar a As Neves onde lle corresponde.

Antes falabas do traballo de rúa. Non sei se coincidirás comigo en que un dos mellores exemplos prácticos, tédelo na comarca de Redondela. Concretamente na vila de Soutomaior. Vila na que o BNG é unha organización cunhas bases moi amplas, cun crecemento elevadísimo e que case logrou derrotar ao eterno alcalde do PP, Agustín Reguera. Manu Lourenzo, próximo alcalde de Soutomaior? Coincido en ambas cousas. O traballo do BNG en Soutomaior é moi bo. Hai proxecto, equipo e liderado. A alternativa é moi solvente, e Manu será o vindeiro alcalde de Soutomaior con seguridade. Ti es deputado por Pontevedra. Cales son as liñas de traballo fundamentais nas que incidirás ,para mello-

rar as condicións de vida das persoas que vivimos nesta provincia? A situación económica, o desemprego, os servizos públicos, a sanidade, a educación, as infraestruturas. Neste tema, quero destacar a campaña que ven de presentar o BNG sobre a AP9. Queremos por de manifesto as contradicións nas decisións que toma o PP en Galicia e en Madrid, o escaso peso político de Feijóo... hai infinidade de temas nos que o BNG dará a batalla, sempre a prol do ben común e sempre en clave de país.

Estades cabreados con En Marea polo tema das oficinas do parlamento que usabades vós, e que reclamaron para eles e que serán as súas agora? Nós temos claro cales son as nosas prioridades políticas.Lamentamos que para outras forzas, o BNG pareza ser unha das súas preocupacións e que teñan actitudes, que, se non son, polo menos parezan de certa soberbia.

Nesas actitudes que ti dis de “certa soberbia” encadrarías as declaracións de Xoán Hermida, da Marea de Pontevedra, que se referiu recentemente ao BNG como unha organización “moi marxinal”? Vai nesa liña. Ese comentario é moi desafortunado, e desde logo é un exercicio de soberbia. A soberbia, normalmente acaba volvéndose contra o soberbio.

Rematamos. A última pregunta vai para ti e para Serafín Otero(responsable local do BNG de Vigo, que nos acompañou a Luis e a min). O 4 de febreiro faremos no Porriño a segunda gala de entrega de premios A Nova Peneira. Supoño que poderemos contar coa vosa compañía... Sen dúbida, agás causa de forza maior, alí estaremos. Moitas grazas.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

11

ENTREVISTA Entrevista a Noa Presas Bergantiños

¨Ourense é unha terra de oportunidades que o PP foi lastrando ao longo de 40 anos de monopolio¨ O ano pasado por estas datas entrevistabamos a Noa Presas.Augurabámoslle un grande futuro político pola súa grande capacidade intelectual e calidade humana.Hoxe é deputada do Bloque pola provincia de Oufose deputado só durante unhas semanas e moitas persoas recordábano. En xeral existía unha satisfacción polo traballo feito e o ambiente era bo. Era un contexto complicado e o obxectivo do grupo parlamentar estaba conseguido, pero para nós como organización de país era fundamental ter representación en todas as circunscricións para expandir mellor o traballo e representar a todos os territorios. Por outra parte, tamén estaba a insatisfacción de ver non só como o PP se mantiña, senón que avanzaba posicións. Un sabor agridoce e moito sentimento de responsabilidade.

-Noa o teu escano foi o último que consolidou o BNG. De feito, durante o reconto da noite electoral estivo bailando. Ás veces semellaba que si, e ás veces parecía que se esvaecía. Como viviches ti esa noite? No local do BNG de Ourense, rodeada das compañeiras e compañeiros e en concreto vendo o escrutinio sentada con Alfredo Suárez Canal, que botaba contas, como sempre fai connosco as noites electorais. No 89 o voto da emigración (que estaba menos regulado) fixo que el

Como están sendo as primeiras semanas como deputada? algunha sorpresa ou o que te esperabas? Intensas, con moito sentimento de responsabilidade, repito, pero ao tempo con optimismo. O novo grupo parlamentar do BNG temos a responsabilidade de profundizar nun tempo novo para a nosa organización, contribuír a que o nacionalismo sume socialmente e ao mesmo tempo manter o listón da rigorosa actividade parlamentar das persoas que nos precederon nun contexto complicado pola fortaleza do PP. Dá algo de vertixe pero co traballo colectivo da organización e das persoas e colectivos que están cerca agardo que sexamos quen de facer un bo traballo. Do

rense.A Nova Peneira falou con ela para coñecer como están sendo os seus primeiros días como “señoría”, desta filóloga ourensá. Parlamento, sorprendeume a lentitude dos trámites e o ruído de ruxe ruxe que hai nas sesións, paréceme pouco serio. Cales son as principais deficiencias que a xuízo do BNG presenta a provincia de Ourense? Ourense é unha terra chea de oportunidades que o PP foi minorando e lastrando ao longo de 40 anos de monopolio en practicamente todas as institucións. Urxe apostar por cambios profundos e estratéxicos para o sector primario e para a cativa industria e corrixir as deficiencias do transporte, pero tamén atender ás urxencias, somos a provincia que lidera as estatísticas de perda de poboación, de emigración xuvenil e de pobreza nos fogares. O debate non é se queremos a intermodal de Norman Foster ou de Pepito Grillo, é se queremos vivir con dignidade ou precipitarnos a ser un deserto en 30 anos.

E as primeiras iniciativas que pensas traballar para combatelas? Ao meu ver, combatelas require de sermos quen de aumentar a concienciación e mobilización e que a sociedade force ás institucións a propiciar cambios profundos. Se pensamos por exemplo no monte, apostas estratéxicas, como mudar o modelo de ordenación e protección do monte e apostar de raíz por un modelo multifuncional non se consegue con iniciativas parlamentares nun contexto onde o PP non quere oír. Pero si hai algo que é responsabilidade nosa na oposición, situar os debates e demostrar que hai alternativa. Por exemplo, ante a realidade do sistema de pensións e a posición do Partido popular, que xa lle achaira o camiño aos lobbys económicos que cuestionan a súa viabilidade e buscan entregalas a fondos de pensións privados e desmantelar o sistema de protección pública, traballaremos pola creación dunha comisión de estudo sobre a súa viabilidade na que teñan presenza os axentes sociais, non imos permitir que nos enganen como querían facer co tema do aforro. Outra cuestión fundamental será traballar arredor da Renda de Garantía Social e poñer enriba da mesa, na sociedade e na institución, que hai alternativa se levamos a cabo cambios estruturais no modelo de financiamento e de garantía dos servizos básicos. Sobre estes, estaremos vixiantes e continuaremos a denunciar a masificación do CHOU, a necesidade dun capd (cen-

tro de atención a persoas con diversidade funcional), público e de xestión pública na provincia, tal e como demandan os axentes sociais e como asinamos todas as candidatas das principais forzas no medio da campaña. Agora, a proposta do PP non se axusta e correspóndenos facer de altofalante do que teñen que dicir pais e nais.

Cóntanos o que é o plan retorna? Para nós, dixémolo na campaña, é importante non só facer unha radiografía crítica da situación do país e de que como están as condicións materiais de vida das persoas novas, senón facer propostas en positivo e evidenciar que non estamos diante das consecuencias inevitábeis dunha praga, senón ante as consecuencias evitábeis de decisións políticas que as empeoran. De aí propostas coma o Plan Retorna, unha batería de medidas para retornar as persoas que emigraron durante os últimos anos antes de que fagan a súa vida fóra e contribuír a paliar a crise demográfica. Non é unha solución inmediata pero aos poucos pode mellorarse. Entre as medidas propostas, para as que se reclama o 1% do PIB, figuran os programas de retorno da mocidade investigadora e tecnóloga emigrada; apoio ás empresas manufactureiras e industriais para a localización de emprego con atención á contratación de persoas retornadas; apoio a través de capital risco, etc.

Como está o Proceso Adiante de refundación do BNG? Neste momento estanse reunindo diferentes Mesas de debate abertas arredor de temas específicos que abordan desde o papel das asembleas e os métodos de participación política até a actualización da diagnose económica ou as relacións entre os cambios lingüísticos e o sentimento de pertenza nacional. Con todas as achegas, que tamén chegan por vía electrónica, iranse elaborando informes para recompilar e ter unha radiografía máis completa do país que temos, o que queremos e como queremos conseguilo desde o nacionalismo.

Rematamos Noa agradecéndote a túa amabilidade e cunha pregunta cun chisco de “maldade”. Como sabes ,o 4 de febreiro celebraremos en O Porriño, a segunda gala de entrega de premios A Nova Peneira. Supoño que poderemos contar coa túa compañía? Ahahha, sendo antes do Entroido malo será que non poida ir.


12

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE

Os desea felices fiestas


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

13

A LOURIÑA sAlcedA de cAselAs

Salceda acomete a mellora para a accesibilidade á Igrexa e Cemiterio de Santa María

Estanse a levar a cabo as obras para a construción dunha rampla de acceso ao adro da Igrexa de Santa María así como ao cemiterio parroquial dende a estrada EP-2501. A zona, de enorme valor patrimonial, carecía ata o de agora dun acceso axeitado para as persoas con mobilidade reducida, polo que se facía precisa unha obra deste tipo. Unha vez estudadas varias opcións, estableceuse como a máis viable, práctica e funcional a construción dunha rampla dende a zona de aparcamento

dos vehículos ata salvar a diferenza de nivel co adro da Igrexa, confluíndo así na entrada do recinto os chanzos existentes e a rampla.O proxecto, con un orzamento de 5.594,01 €, está financiado pola Deputación de Pontevedra, a través da liña de axudas para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra. O Concello de Salceda consegue con esta obra dous obxectivos fundamentais: por unha banda segue así a avanzar na liña de conseguir un municipio totalmente accesible para as persoas con mobilidade reducida, e pola outra prosegue na posta en valor e coidado do riquísimo patrimonio histórico-cultural existente en Salceda. A Igrexa de Santa María ten

a súa orixe coa Raíña Aragonta, esposa do Rei de Galicia Ordoño II, que fundou aquí o Mosteiro de "Sta.María de Saliceta" no ano 914. Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a traballar en achegar e poñer en valor o noso riquísimo patrimonio cultural e histórico. A Igrexa e Cemiterio de Santa María é referente como corazón e lugar de encontro da Salceda de onte e de hoxe” Tere Pérez, Concelleira de Benestar Social e Patrimonio: “Salceda está a dar grandes pasos no camiño de conseguir a total accesibilidade para tódalas persoas aos lugares públicos e de interese. Nese senso seguiremos a poñer tódolos nosos esforzos con esta e outras melloras imprescindibles para lograr o noso obxectivo. É de xustiza”.

Melloras de aforro enerxético no Pavillón Municipal de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas ven de levar a cabo a obra de mellora de iluminación no Pavillón de Deportes Municipal, pensada fundamentalmente para lograr un maior aforro enerxético. Así, procedeuse á sustitución das vellas lámpadas da pista deportiva, pasando a instalar unhs novas luminarias LED, así como nas pistas deportivas exteriores, no propio complexo deportivo de Altamira, que agora pasan a contar con este tipo de iluminación

moito máis eficiente, subsanando ao mesmo tempo algunas deficiencias na homoxeneidade da iluminación que se tiñan detectado en ditas pistas deportivas. A mellora levouse a cabo dentro das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na administración local 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do INEGA, financiada con fondos FEADER. Para esta acción, cóntase con un orzamento de 17.726,50 €, dos cales o Concello asume 6.739 €. Esta mellora súmase a diferentes acción levadas a cabo nos últimos meses, o que deixa un Pavillón de Deportes en óptimas

condicións para as diferentes actividades que acolle. Lembremos que o Pavillón de Deportes é utilizado diariamente polo CEP Altamira, polas Escolas Deportivas Municipais e polos diferentes clubes deportivos, acollendo actividades diversas como baloncesto, balonmán, patinaxe, judo, bádminton, futbol sala… Carla Pérez, Concelleira de Deportes: “Nun Concello dinámico como o noso resulta fundamental ofrecer as mellores instalacións para a práctica deportiva. Con estas melloras damos resposta ás demandas plantexadas polos clubes deportivos, facendo así que Salceda siga a ser referente no deporte en moitos outros Concellos”.

O Concello achega a micoloxía aos máis pequenos

Cumprindo con unha tradición que se remonta anos atrás, o Concello de Salceda de Caselas ofrece charlas informativas sobre a micoloxía aos nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, e Carla Pérez, Concelleira de Medioambiente, foron os encargados de impartir estas charlas para, dun xeito ameno e divertido, explicarlles os tipos de cogumelos que se atopan polo entorno dos mesmos colexios, así como as diferencias existentes entre eles. Os nenos e nenas non deixaron de facer preguntas e de sorprenderse coas innumerables “curiosidades” que lles foron presentando. Nesta edición o programa desprazouse ás aulas das parroquias de Soutelo e Entenza, así como a varias aulas da sede do CRA Raíña Aragonta. Tendo en conta a enorme tradición que existe en Salceda no que se refire ao mundo da micoloxía, con exemplos como a Festa dos Cogomelos que cada ano organiza a asociación xuvenil A Turonia de Entenza, son moitos os cativos con coñece-

mentos en micoloxía, establecendo así interesantes conversas entre cativos e poñentes. Marcos e Carla incidiron fundamentalmente na importancia de estar sempre acompañados de un adulto para coller algún cogomelo, advertindo aos nenos e nenas sobre os perigos de collelos sen os coñecementos precisos. Por outra banda, nas charlas búscase concienciar aos cativos sobre a importancia do coidado do medioambiente, así como inculcarlles o respeto cara o mesmo. Teresa Pérez, Concelleira de Ensino: “seguiremos a facer propostas que acheguen aos máis pequenos ao que lles rodea. Temos que agradecer a boa acollida que teñen sempre este tipo de propostas por parte do profesorado dos diferentes centros, establecéndose un clima de colaboración constante entre o Concello e os centros educativos”.


14

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

ENTREVISTA TiNO lAgO

Entrevista a Abel Losada. Deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia

“Aos deputados do PSOE que votaron que non, mandábaos inmediatemente ao grupo mixto” O PSOE, o partido máis relevante do Estado español desde a Restauración Borbónica, atópase, probablemente, na situación máis difícil da súa historia pos franquista. Cunha xestora en Galicia, cunha xestora no estado, e con dúas sensibilidades fortemente enfrontadas, albíscanse tempos escuros para esta organización. Abel Losada, é unha das figuras máis salientables deste partido

Abel, ti es economista e socialdemócrata. Pensas que aínda é posible que o poder político regule os mercados económicos para posibilitar a creación de sociedades o máis xustas posibles, ou pola contra, o mundo encamíñase ao liberalismo salvaxe da auto regulación total das macro estruturas económicas globais? Eu, desde logo, considero imprescindible a intervención dos estados na economía. Como dicía un relevante socialdemócrata Willy Brandt: ”Competencia toda a posible, e regulación toda a necesaria”. O discurso da dereita de que os mercados se autorregulan é falso, a proba é esta crise financeira que comeza no 2008. É imprescindible que a competencia teña límites, no caso contrario viviriamos nunha selva. No contexto actual, as fronteiras entre o liberalismo e a socialdemocracia, están ben definidas ou son difusas? Houbo un momento en que eran moi difusas, estou falando da chamada terceira vía, un erro garrafal para a socialdemocracia. Honestamente, e procurando non confundir o desexo coa realidade: Existe aínda esperanza de que a socialdemocracia poida ofrecer unha res-

posta aos problemas da xente, claramente diferenciada da do liberalismo? Partindo de que para calquera ser humano, non é doado non mesturar o desexo coa realidade, eu digo que si, que se pode ofrecer solucións diferenciadas ás propostas liberais. Aínda que son consciente de que en tempos difíciles como estes, as solucións extremas poden ofrecer un maior atractivo. A min non se me ocorren sociedades máis decentes, ao longo da historia da humanidade, cás sociedades escandinavas dos anos setenta oitenta. Ese modelo é para min a socialdemocracia. Esta crise é coiuntural ou estrutural? Hai unha parte coiuntural, pero tamén hai parte estrutural.

Ti precisas da política para vivir? Non, eu son profesor de Universidade por oposición e cando remate o meu ciclo político, alí volverei. Gústame a política e estou voluntariamente nela, pero non a preciso para vivir. Pasemos a cuestións menos abstractas. Hai pouco foi a votación para escoller a Feijóo como presidente do noso país. O voto do grupo socialista foi non. Neste caso non considerastes

na área de influencia de A Nova Peneira. Número 1 pola provincia de Pontevedra e Deputado no Parlamento Galego, é unha figura moi identificada coa liña política do alcalde de Vigo Abel Caballero. Agradecemos profundamente a xenerosidade de Abel Losada ao aceptar esta longuísima entrevista coa Nova Peneira, sen negarse a contestar a ningunha pregunta, algunhas moi difíciles.

necesario abstervos? Ben eu non vou dicir “no es no”, pero o noso voto foi negativo. A diagnose que fixo o presidente foi a xuizo do grupo socialista absolutamente errada. Deixou fora algo tan relevante como a crecente desigualdade da nosa sociedade. As solucións que oferta son máis do mesmo.

No 2013 falabamos ti e máis eu e dixéchesme:”Os socialistas aspiramos a liderar un proxecto de esquerdas que sexa alternativa a Feijóo”. Que lonxe está a realidade daquelas palabras? Un partido como o PSdeG ten sempre a vocación de gobernar. Eu sigo pensando que a visión reformista e posibilista do PSdeG é a verdadeira alternativa a Feijóo. Outro tipo de orientacións como por exemplo dicir que Galicia estaría mellor fóra de UE, home, non digo que sexa enganar á cidadanía, pero é xogar con pólvora do rei.

Cal é a túa opinión das dúas xestoras (PSdeG e PSOE). Pensas que deben cesar ambas, ningunha, ou unha si e a outra non? Imos ver, eu creo que a lexitimidade da xestora galega, nomeada a dedo por unha dirección federal que xa non existe, é moi cuestionable. Polo tanto, ti pensas que a xestora

do PSdeG, debera dimitir e convocar un congreso? Deberan por os seus cargos ao dispor da nova dirección federal do partido. Pero non hai dirección federal do PSOE, hai unha xestora Ben, nestes momentos é a dirección do partido

Corríxeme se me equivoco. O mandato do comité federal non foi que a xestora federal funcionaría ata que houbese goberno en España? Non

Entón a posición de Pedro Sánchez ao entregar a súa acta dicindo “En este momento expira el mandato de la gestora” paréceche errada? Absolutamente errada. A xestora federal ten como obxectivo preparar un congreso, pero non hai ningún prazo cronolóxico definido. No que respecta á miña opinión sobre a xestora federal; penso que ten unha diferenza de lexitimidade moi importante coa do PSdeG. Aquela foi elixida nun comité federal, e esta foi decidida polo anterior secretario de organización.

É unha realidade obxectiva dicir que no PSOE hai dúas sensibilidades moi enfrontadas, case poderiamos


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

15

ENTREVISTA falar de bipolarización. Se a xestora federal toma as decisións sempre en prol de favorecer a un dos polos, non che parece que se agrandan as distancias, e que dificultará considerablemente a pacificación interna? Si, pero os sectores próximos a Pedro Sánchez perderon o Comité Federal e son minoría, e eu creo que o normal é que quen gaña unha votación teña a maioría do órgano que emana desa votación.

ción do idioma galego? Eu creo que pode pasar á historia como o presidente que lexislou para converter ao idioma nunha arma electoral.

Pensas que Feijóo é o peor presidente da historia de Galicia? Eu creo que é o presidente de Galicia que menos sinte a Galicia. E como pasará a historia Abel Caballero? Como unha persoa cunha longa e brillante traxectoria, tanto na súa vida política como na súa vida profesional. Cando en Vigo ten un 52% dos votos é evidente que algo se está a facer moi ben.

Ao teu xuizo , deberíase respectar a secuencia congresual que marque a xestora? Absolutamente. E non cres que se está intentando dilatar voluntariamente a convocatoria dun congreso federal co gallo de favorecer a unha das sensibilidades,a que agora mesmo manda? Eu creo que o que se trata é de favorecer a calma e a reflexión. Asemade supoño que cando alguén di que vai coller o coche e percorrer España para tentar convencer aos militantes, se lle das tempo tamén o estás favorecendo, polo tanto non vexo onde está ese suposto favoritismo. Nas primarias do PSdeG, ti votaches a Leiceaga ou a Méndez Romeu? A Méndez Romeu.

O PSdeG de Vigo boicoteou voluntariamente a Leiceaga? Eu creo que non, desde logo Abel Losada Non. ...Ti eras o número 1 da provincia de Pontevedra, estarías boicoteándote a ti mesmo... Precisamente, o número 1 sería o que menos esforzo tería que facer, e eu traballei moito na campaña.

Abel, ti estabas en Redondela, no mitin de peche de campaña de Pedro Sánchez. Estaba o secretario xeral do PSOE, Leiceaga, candidato á presidencia da Xunta, ti; número 1 por Pontevedra, pero o alcalde de Vigo non estaba! Corríxeme se me equivoco, pero Abel Caballero, estivo nun só acto de campaña co candidato Leicaga? Si, no mitin de Vigo. Pero o alcalde de Vigo nunca foi a mítins a Redondela.

Vale, deixemos Redondela. Cando o candidato Leiceaga foi ao Alvaro Cunqueiro Abel Caballero, alcalde de Vigo, non foi ,e ti tampouco? Tes razón non foi. E iso non é boicot? Iso non é deslealdade coa vontade dos e das militantes que en primarias decidiron que Leiceaga fose o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta? Non, non é boicot. Alí estaba unha

lista, a da provincia de Pontevedra, que non foi a que os militantes escolleron. Eu ese día non fun porque literalmente non podía. Tamén quero dicir que a min se me avisou dese acto o día anterior a última hora da tarde,e decidín non deixar plantado a alguén co que teño un compromiso desde fai tempo.Insisto, avisóuseme o día anterior a última hora da tarde.A partir de aí, a planificación fíxose mellor e eu sempre que puiden fun a todos os actos.E desde logo nunca deixei de ir a un acto político do PSOE por estar xogando ao golf.

Como se soluciona o tema de Cataluña? Se o soubera xa me tería presentado a secretario xeral.

Cando unha boa parte das persoas que viven en Cataluña queren deixar de ser españois, e a outra parte quere todo o contrario hai un evidente problema político. Ningunha das dúas partes está tola, e desde logo ningunha das dúas partes está posuída pola perfidia. Ti crees que ese problema pode arranxarse xudicialmente? Non só. Eu creo que un responsable político non pode dicir “me salto la lei por mis cojones”. Dito isto,o problema non se soluciona xudicialmente. Hai unha dimensión política desde logo, pero económica tamén. Levar o estatuto catalán ao constitucional foi un erro garrafal. O estado terá que buscar a maneira de encaixar aos cataláns que non queren seguir en España. Hai que negociar vías. Eu creo que ao final do camiño non pasaría nada porque houbese un referéndum de independencia en Cataluña pero non pode ser “por mis cojones”. Pero claro, a posición de España é que iso é imposible e innegociable A posición de España non. A Posición do PP. Ti es partidario de romper relacións co PSC? Non, pero o que tampouco pode ser é que os deputados do PSC, digan que eles votan polo que eles queiran, porque

abel losada

entón eu non os quero na estrutura de goberno do PSOE. Eu saco aos o PSC, pero aos outros deputados que votaron que non, inmediatamente ao grupo mixto. Téñoo meridianamente claro. Directamente expulsados? Directamente ao grupo mixto. Ademais quería que se puxeran colorados. Se resulta que son tan éticos, veriamos se entregaban a acta. Ante un problema de conciencia, o correcto sería para ti dimitir e entregar a acta? Eu desde logo sería o que faría. O que fixo Pedro Sánchez, pareceuche polo tanto a posición ética? Sobroulle a entrevista con Jordi Évole. Por que? Porque foi secretario xeral do PSOE, e non fai falta dicir nada máis. Cres que as sinaturas que militantes do PSOE enviaron a Madrid pedindo a convocatoria inmediata dun congreso estanse tratando correctamente? Si, eu penso que si. Agora están en proceso de revisión das mesmas. A ti pedíronche a sinatura? Non. Terías asinado se cho pediran? Non.

Volvamos a Galicia. Cal é a túa opinión da política lingüística do PPdeG? O PP entendeu que había un caladoiro de votos en certas clases urbanas que consideran ao galego como unha imposición e quixeron aproveitalo. Deulles resultado no 2009 e agora mantéñeno, pero coido que é puro electoralismo. Non é unha cuestión ideolóxica contra o galego por parte do PP, é puro electoralismo. Cres que Feijóo pode pasar á historia como o presidente que lexislou para que se crearan as condicións obxectivas que posibilitaron a desapari-

Esta entrevista facémola nun hotel a carón do famoso barco na rotonda de Coia. A tí gústache? Si a min gústame. É algo grande,pero a min gústame moito. Asemade eu son un firme partidario da recuperación do patrimonio industrial.

A oposición pola esquerda considera que o alcalde de Vigo adica moitos esforzos a cuestións estéticas e non os suficientes á atención dos colectivos máis desfavorecidos. Ti que opinas? Eu convido a quen pense así, a que se moleste en ver os orzamentos. En Vigo non se gasta máis en política social porque a lei Montoro non o permite. A política social de Vigo está moi por riba da media.

Gonzalo Caballero é un activo do PSOE ou é unha “mosca cojonera”? Ben é un activo do PSOE, si. Ten moita experiencia política, e profesionalmente é moi solvente. Dito isto eu téñolle escoitado varias profecías sobre o apocalipse no PSOE de Vigo, que evidentemente non se cumpriron. E Carlos Príncipe? Nestes momentos non é un activo do PSOE. Creo que nin sequera está afiliado.

Vouche facer a pregunta máis complicada de todas: O 4 de febreiro faremos, a II Gala de entrega de premios A Nova Peneira no Porriño. Poderemos contar coa túa compañía? Desde logo, agás causa de forza maior,si que estarei con vós no Porriño.

Rematamos Abel, agradecéndoche a túa amabilidade. Velai tes as nosas páxinas para que tires a mensaxe que che pareza oportuna. Estamos nun momento histórico moi turbulento. O novo presidente dos EEUU, o Brexit...cómpre que os que nos sentimos de esquerda nos afortalemos, esteamos moi atentos acontecementos,e defendamos os intereses das clases traballadoras. Eu sigo reivindicando os intereses de clase.


16

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

17

OPINIÓN Pedro Ocampo Cardalda Concelleiro de EU-Son do Porriño

O mundo nun pleno

Permitídeme facer unha reflexión sobre a responsabilidade política de quen obstenta cargos de representación e goberno nas Institucións, máis concretamente nos concellos. Para iso vou servirme de tres exemplos reais e todos no mesmo Pleno no Concello do Porriño:

•O primeiro exemplo ben por unha Moción do noso grupo sobre a normalización do uso do galego no Concello. A moción viña xustificada pois eran moitos os exemplos de incumplimento da lexislación no referente á obriga das Administracións locais sobre este tema. Non só había casos de uso do castelán en documentos de áreas e departementos dependentes do Concello, senón tamén en traballos e comunicados de empresas que realizan traballos para o mesmo.

No meu último artigo aquí falaba do espello invertido que é Euskadi respecto a Galicia. Pois ben, non imaxino que alí ou en Cataluña fora necesaría unha Moción así, sen embargo aquí si é necesario e, ademais, a Moción sorprendeu no Pleno e foi rexeitada, non polo PP, que se abstivo, senón polos grupos do Goberno (PSOE e UDDL). Que se era innecesaria pois só se daban casos aillados; que se era un ataque á liberdade das empresas que traballaban para o Concello…estas eran as xustifiacións, non argumentadas, para rexeitar a Moción, quedando de manifesto que este Goberno municipal ou descoñece a lexislación sobre o uso da lingua galega por parte da Administración ou a quere ignorar por desprezo á nosa lingua. Quen coñeza a oscura historia da nosa lingua, o silenciamento, menosprezo e prohibición á que foi sometida e a necesidade que hai de normalizar, fomentar e difundir o seu uso, non pode nunca tomar unha postura así e descargarse de responsabilidade política. Os concellos son a Administración máis próxima a cidadanía e, polo tanto, deben asumir responsabilidades á hora de crear hábitos, consolidar prácticas e concienciar partindo da

“ O máis notable de isto é que todos os afectados, o conxunto da sociedade, consideran e tratan a crise como algo fóra da esfera da vontade e o control humanos, un golpe forte propinado por un poder invisible e máis grande, unha proba enviada dende o ceo, parecida a unha grande tormenta eléctrica, un terremoto, unha inundación”.

propia exemplaridade. O segundo exemplo se refire a unha Moción do BNG sobre a problemática da empresa Frigolouro, a cal ameaza coa deslocalización, é dicir, con levar a mesma a Portugal debido aos altos costes e a conflictividade laboral. Pois ben, Frigolouro pode irse a Portugal e ter traballando na súa fábrica a unha “Cooperativa”, Servicarne, que ten a traballadoras e traballadores en réxime de semiescravitude, explotación e perda de dereitos laborais mínimos; Frigolouro pode facer isto e máis, como poden facelo moitas outras empresas, pois a economía global, as oligarquías económicas e financieiras se saltan estados e nacións, dictan as leis e compran vontades e sillóns nos lugares onde se debería facer política. Cando o noso grupo levou a principios deste ano unha moción contra o TTIP esta foi rexeitada polo PP e polo Goberno municipal. O TTIP era algo lonxano e que non tiña que ver con O Porriño e a vida dos nosos veciños e das nosas veciñas; algún e algunha incluso amosaba o seu descoñecemento sobre o que era o TTIP. Hai pouco o TTIP foi retirado pola presión nas rúas e dalgúns grupos políticos e polas filtracións dos contidos deste tratado que se gardaba no máis absoluto segredo, pois significaba un ataque total a soberanía dos estados e os dereitos fundamentais da cidadanía. Pero o TTIP tomou e tomará outras formas e, de feito, foi aprobado hai pouco o CETA, un tratado de Europa con Canada de características similares a aquel. As oligarquías económicas saltan estados e reducen ao mínimo a soberanía dos mesmos e nós nos preguntamos por que unha empresa como Frigolouro pode deixar O Porriño, polas dificultades de explotar a traballadores e traballadoras e non poidamos facer nada para impedir que se vai a un lugar onde conseguir traballadores e traballadoras máis baratos e dóciles. ¿Adiviñan a postura de PP e PSOE sobre o CETA?; ¿Adiviñan tamén que grupos fixeron as últimas reformas laborais que permitiron liquidar dereitos que parecían consolidados tras moitos anos

Rosa Luxemburgo

de loita obreira? O último exemplo ao que me quero referir ven a conto dunha moción que levaba o PP con motivo do 25 de Novembro, que é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nela pedían accións sobre todo dirixidas á xente nova, para traballar en entornos educativos, campañas de concienciación, etc. O curioso é que un pouco antes votaran en contra dunha moción do BNG contra a LOMCE. É dicir, o PP que fixo unha oposición nas rúas, prensa, tertulias ou nas institucións, contra a Educación para a Cidadanía; o PP que se opuso á Lei de Medidas de Protección contra a Violencia de Xénero; o PP que se opuso con forza a que houbera un ministerio de Igualdade; o PP que saíu con furia e mobilizou as rúas contra as leis de Aborto; o PP que se puxo da man da Conferencia Episcopal na loita contra toda reforma lexislativa que afondara na igualdade real e efectiva de homes e mulleres; ese mismo PP pide nun Pleno medidas educativas contra a violencia de xénero, sin siquera atreverse a chamar ás cousas polo seu nome “violencia machista”ou “feminicidios” e sen sequera atopar a relación entre as súas decisións e actos políticos anteriores e as consecuencias destos, por exemplo a súa relación coa peor lei de educación da historia, a LOMCE, unha lei que afonda a desigualdade social e de clases, e que permite nos colexios concertados a segregación nas aulas de nenos e nenas, ou que elimina a Educación para a Cidadanía, como antes apuntei. En fin, valgan estos exemplos para a reflexión sobre a responsabilidade política de quen obstenta cargos públicos e das repercusións das decisións cotiás. E este 25 de Novembro a berrar nas rúas: ¡Nin unha menos! ¡Paremos o feminicidio! O resto do ano a facer que esto sexa unha realidade. ¡Saúde e responsabilidade!


18

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

Ana Hermida Aociación Lisístrata

Serei unha feminista loitadora e comprometida

Estou pensando se querer saír ao mundo ou non, aquí no ventre da miña nai síntome segura, escoito dicir desde este meu fogar que aínda non son persoa, sen embargo sinto e padezo, teño medo polo que escoito ao meu redor. Aquí dentro estou protexida, pero cando saia ao exterior estarei en perigo de morte durante toda a miña vida, e todo por ser muller. Durante estes meses fun consciente do que significa a miña futura existencia, son unha nena, entendedes? Mamá, papá, vos os dous tedes longas conversas diarias sobre como será o meu futuro, as vosas palabras están cheas de cariño e de alegría por terme nos vosos brazos, na vosa vida.

Pero non poderedes axudarme, ás veces escoito as noticias na radio e na televisión, esa crueldade humana, eses asasinatos a seres inocentes que por nacer con sexo feminino tíranas nas cunetas, outras que se salvan de tal brutalidade acaban morrendo como consecuencia de desgarros, a outras quéimas vivas, tamén lles desfiguran a cara tirándolles ácido, agora o último é a sumisión química, escoito dicir que lles rouban a vontade e aproveitan para, covardemente, xuntarse varios terroristas machistas e violalas unha e outra vez, non importa a súa idade, ás veces teñen corenta anos, outras oitenta e cinco, outras con tan só 10 anos, é un mundo que non me gusta, non quero saír do meu fogar cheo de cariño, cando saia á vida probablemente serei drogada, torturada, violada, humillada, asasinada… por ser muller, as estatísticas din que así será. Mentres penso esto, reflexiono e dígo que por que

ninguén fai algo? Son violencias que se estenden por todo o mundo, as mulleres e nenas somos as vítimas da violencia de xénero. Hoxe escoiteille dicir a Ana, unha amiga miña, que nestes días estaba falando cunhas mozas formadas e con carreira, que as mulleres tamén exercen violencia de xénero, cando ela lles explicaba con argumentos que nunca un home pode ser vítima de violencia de xénero, era como bater cun muro, non atendían a razóns. Escóitoa falar moito estos días, ela tenta concienciar na igualdade e violencia de xénero, faino en silenzo, sen facer ruído, sen apoios, soia, loitando contra tanto desprezo e barreira como lle poñen para achegar a mensaxe a toda canta persoa queira escoitala.

Hoxe, 22 de novembro, según datos que acababa de consultar, dixo que neste 2016 o terrorismo machista en España asasinou a 92 persoas de xénero feminino, mentres o dicía, sentín que choraba, dicía que as autoridades non toman en serio esta pandemia, volvía dicir que cando esto saia publicado as vítimas mortais serán aínda máis, desesperada repetía que as que humillaron, insultaron, violaron, agrediron… esas non aparecen nas cifras, dicía que so falan de cifras, repetía “non somos números, falade de vidas desfeitas, que mulleres marcadas, de nenas mortas en vida, non somos cifras, non somos cifras…” Mentres, os medios de comunicación publican que “atoparon morta unha muller con cincuenta coiteladas”, estes medios de comunicación que so teñen presente o tema nestas datas, logo Ana cambiou o ton e noteina furiosa, falaba da clase política, si, esa que so se pon diante dunha pancarta para saír na foto, o certo é que non lles interesa o tema, dicía, realmente estaba furiosa, dicía que o peor era que quen se definía como feminista, político ou política de turno, din frases como “hai que botarlle porque é muller” ou “gañou o sorriso feminino”, que vergoña! que triste!

que escándalo, que fraude como persoas e como clase política, dicía.

Mentres me quedan poucos día para nacer, vou pensar no que ela di, penso que ten razón, a xente quere confundir a violencia de xénero con outra cousa, quitarlle importancia, eu tamén son partidaria de que a persoas que obran así deberan aplicarlles a lei antiterrorista. Xa teño conciencia feminista, son moitos meses escoitando o que ela di e non vou consentir que digan que “as mulleres tamén maltratan, as mulleres fan denuncian falsas para quedar cos fillos, os homes sofren tamén violencia de xénero”, non, direilles eu, os homes nunca serán obxecto de violencia de xénero, nunca, doutra violencia si, pero de xénero non. Ana di que falta formación e que non interesa formar seriamente á poboación, (formar non é dar clase de igualdade, como unha obriga, unha asignatura, é coeducar de forma transversal e de maneira sutil, en todos os ámbitos, trátase de fomentar unha cultura colectiva feminista e con valores), tamén deberan castigarse duramente publicidades, comportamentos, textos, programas de televisión… debe mudarse a lei, que protexa ás vítimas e castigue aos culpables, que forme homes non violentos, o que hai que facer é ensinar aos nenos a non ser violentos e non ás nenas a defenderse dunha agresión, queremos vivir sen medo, eu vivirei sen medo e serei unha feminista loitadora e comprometida, non vou consentir que se me mercadee con este tema (esto aprendinllo a Ana, sempre o di), o que se fai a día de hoxe é tirar unha chea de cartos en obradoiros de vídeos, frases contra a violencia, charlas… feitas por empresas ou persoas que, a saber a súa formación e que so queren obter un lucro económico e xa está… expediente pechado. E mentres estas mentes preclaras practican esta política equivocada… seguen a asasinarnos.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

19

Santiago Mascareñas Tatuador, músico e membro de Podemos Marín

O que a corrupción arrebata: Operación retablo

Nestes días ábrese xuízo oral a unha trama de corrupción que implicou a empregados da Xunta, cargos eclesiásticos, e a varias empresas dedicadas á restauración e conservación de obras de arte, que a policía chamou Operación Retablo.

Esta trama de presunta corrupción estaría liderada por Carlos Gómez-Gil Aizpurúa, o restaurador que, como funcionario da Consellería de Cultura, repartía traballos de restauración de bens eclesiásticos entre empresas afíns, presuntamente, a cambio de pagos en metálico e en especie, presuntamente, de común acordo co arquitecto da Sociedade de Xestión do Xacobeo José Manuel Pichel, ambos con fortes vínculos co PP. O que se xulga son presuntas irregularidades na concesión e adxudicación de obras para restauración e rehabilitación, así como subvencións por parte de

Aarón Franco Outón Concelleiro de Marea Marín

Esta mala praxe producía un efecto devastador nos profesionais que saían da Escola de Restauración e Conservación de Bens Culturais, é imposible ter bos técnicos se as empresas onde iniciaban a súa an-

daina profesional eran esas, nin esas empresas galegas corruptas podían traballar fóra de Galicia con ese baixo nivel, nin as nosas empresas ou técnicos honrados podían desenvolver o seu traballo, así conseguen que os válidos abandonen e os mediocres aláguennos, hai que apuntar que ningún dos empregados imputados da Xunta accederon aos seus postos por proceso selectivo algún. O conxunto do noso tecido social necesita unha recuperación ética e isto só se pode facer chegando ás institucións desde abaixo, deostando a corrupción a través dun coñecemento claro do que provoca, crear conciencia acerca de como a corrupción lle arrebata a un país e á súa xente o desenvolvemento que se merece, tanto en termos económicos como sociais, e que cos esforzos de todos os sectores da sociedade, estaremos a un paso máis preto dun mundo mellor.

Ramallo camiño de privatizar o estacionamento

A veciñanza marinense vén de ler hai uns días, unha entrevista da alcaldesa Ramallo nun coñecido medio de comunicación. Estupefactos observabamos como María Ramallo afirmaba que o problema de Marín era que “hai demasiado estacionamento en superficie”, toda unha declaración de intencións que nos alerta da que se nos vén enriba ao pobo traballador de Marín. Se analizamos esa oración, observamos cuestións que aínda existindo a posibilidade de que pasen desapercibidas, reparando no detalle atoparemos a clave da cuestión e de como pretende resolvela o Partido Popular. Marín ten un PXOM aprobado dende hai 5 anos que está desde entón gardado na gabeta da alcaldesa e que non se está a executar. Ese é o único problema urbanístico de Marín, a incompetencia da equipa de goberno do PP e da propia Ramallo para comezar a desenvolver un documento que levou anos aprobar, e que é froito do consenso de toda a vila de Marín e

antigo bocados

Patrimonio e a Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo e de momento a Igrexa xa foi exonerada de responsabilidade. O que non se xulga é o dano irreparable que se fixo ao noso patrimonio durante unha década, algúns informes da Xunta apuntan como o traballo das empresas era defectuoso incluso o Bispado de Ourense pediu que non llas contratase porque :”detectáronse algunhas intervencións que provocaron graves deterioracións nas obras e en ningún traballouse cun mínimo respecto á obra orixinal ignorando e alterando os seus valores funcionais, estéticos, artísticos e históricos”.

as súas xentes, mais a casuística dos problemas urbanísticos que hai en Marín non son os aparcadoiros públicos e gratuítos, por moito que Ramallo e o PP intenten facernolo ver así. Unha mentira repetida mil veces, non se se transforma en verdade.

Partindo pois desta premisa, se analizamos esa declaración de Ramallo “hai demasiado estacionamento en superficie”, temos que facer especial fincapé nos termos “demasiado” e “superficie”. Se Ramallo di que hai “demasiado”, é porque ela considera que sobra, e se considera que sobra, vai suprimir aparcadoiros en superficie, cuxa consecuencia máis inmediata para a veciñanza que vive o día a día a pé de rúa (non como ela), será unha falta de espazo máis que considerable para estacionar o seu vehículo. Pero vaiamos agora co máis preocupante, a utilización de Ramallo da estrutura “en superficie”, que fai función de Complemento circunstancial de lugar. O problema é que hai exceso “en superficie”, polo

tanto entendemos que hai poucos “en non superficie”, é decir “subterráneo”. A conclusión é esa, María Ramallo quere privatizar o estacionamento en Marín coa construcción dun aparcadoiro subterráneo. É dicir, Ramallo suprime aparcadoiros co pretexto de ordenar urbanisticamente a vila, dese xeito crea unha necesidade, e unha vez creada a necesidade, constrúe un aparcadoiro subterráneo para que a xente de Marín pague por estacionar e xa tamén de paso, darlle a concesión do aparcadoiro a algunha empresa “amable”. Este é o plan de María Ramallo e do PP desde hai moito tempo, por iso están cambiando o plan de usos dos terreos cedidos polo Autoridade portuaria, porque van eliminar o aparcadoiro do Porto para soterralo e que as veciñas e veciños de Marín ademáis de pagar o imposto de circulación, teñamos que poñer cartos do noso peto para estacionar os nosos vehículos. Na miña casa isto ten un nome: especulación.


20

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

21

O MORRAZO bUeU

Bueu xa ten ultimado un plan de actuación sobre diversos parques da vila En total contémplanse dez actuacións de renovación e de creación de novos espazos tanto de parques infantís como biosaudables

Tal e como xa se anunciara a comezos deste verán, o Concello de Bueu vén de ultimar un proxecto de plan de mellora sobre diversos parques da vila, no que se destacan ata dez actuacións

de renovación dos espazos existentes e a creación de novas áreas de lecer. Así pois, os parques infantís da Praza do Concello, o dos Xardíns de María Eugenia e o do Outeiro vanse renovar integramente, instalando neles xogos novos. Así mesmo, vanse crear novos parques na Casa da Aldea de Meiro, na antiga escola unitaria de Cabalo e na de Sanamedio. O proxecto contempla tamén a creación de parques biosaudables en

Deu comezo o obradoiro cinematográfico do FICBUEU e ”La Caixa” para persoas con discapacidade

A curta realizada por usuarias e usuarios do centro da Asociación Juan XXIII en Cangas proxectarase na vindeira edición do Festival O obradoiro de curtametraxe da Área Social do FICBUEU, patrocinada pola Obra Social ”la Caixa”, deu comezo a pasada semana cun grupo de oito usuarias e usuarios do centro da Asociación Juan XXIII en Cangas. As mozas e mozos con discapacidade intelectual formaranse durante catro semanas para acabar gravando a súa propia

curta, que o vindeiro ano se exhibirá no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra). Na primeira sesión xa se achegaron á arte do cine, as diferenzas entre ficción e non ficción, os xéneros cinematográficos ou o equipo técnico necesario nunha película. A seguir, as e os participantes traballarán dende a idea e o guión ata a rodaxe e a montaxe. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento integral das persoas con discapacidade, favorecendo as súas habilidades psicomotrices, creativas e comunicativas, ao tempo que se promove a inclusión social e laboral.

Ramal dos Galos, no Paseo de Pescadoira e no Paseo de Agrelo – Portomaior. Ademais, o skate park de As Lagoas será implementado con novos módulos, tal e como acordara o alcalde cun grupo de rapaces e rapazas usuarios nunha reunión este verán. O Concello aposta pola innovación e valorará a innovación en canto ao deseño e á novidade nos xogos. De feito, os pregos de condicións técnicas establecen que á hora de licitar o proxecto se van ter en conta tres propostas presentadas por cada empresa, nas cales é condición sine qua non que se presenten o 50% dos xogos que se instalen en parques infantís adaptados e inclusi-

vos, e un 25% no caso dos biosaudables. En consonancia con este aspecto, Félix Juncal, alcalde de Bueu, anuncia que se deseñarán dúas áreas de xogos tradicionais (chave, petanca…) destinados a fomentar a relación entre persoas maiores e pequenas. A previsión do goberno municipal, é acometer o proxecto, cun orzamento de case 250.000 euros, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Esta medida tómase debido ao desgaste das instalacións e á importancia que teñen estes espazos como dinamizadores da aprendizaxe dos máis pequenos/as, ademais de cómo elementos de socialización.

A concentración moteira de Bueu dá o pistoletazo de saída e anuncia unha programación por todo o alto

A sexta Concentración Moteira de Bueu regresará no vindeiro 2017 cunha programación por todo o alto e unha grande expectación xa que, tras o parón deste ano, moitos afeccionados seguen interesados/as no que xa é un dos maiores eventos do motor da provincia. Así o anunciaron esta mañá o alcalde da vila, Félix Juncal, e os representantes da directiva do Club Moteiros do Morrazo, Roberto Maquieira (presidente), Martín Blanco (secretario) e Borja Portela (tesoureiro). O evento vaise desenvolver

o 26, 27 e 28 de maio de 2017, e estará dedicada a José Manuel Piñeiro, ‘Fully’, moteiro compañeiro falecido en xuño deste ano. Así, o venres están previstos unha serie de concertos para dar a benvida aos participantes, sendo o sábado o día forte, cunha ruta polo Lago Castiñeiras, unha exhibición de stunt, carreira de motos lentas, proba de decibelios, cea e posterior ruta das antorchas. O domingo comezará co almorzo, o cal terá este ano unha concepción diferente, xa que desde o Club manterán contactos con toda a hostalaría bueuesa para así ofertar unha proposta aos moteiros, coa que así dinamizar a economía local. A continuación desenvolverase unha ruta

que partirá de Bueu, ata a Madalena e Coiro para regresar pola costa ao municipio bueués. A continuación pecharase o programa con exhibición e motos e entrega de trofeos, nos que se distinguirá, entre outros, ao motoclub máis numeroso, ao máis afastado, ao moteiro de máis idade e ao máis mozo e á moto máis antiga, entre outros.

Segundo anunciaron desde a directiva, a Concentración terá este ano unha parte solidaria, mediante a recollida de tapóns solidarios que se destinarán á Fundación Amigos de Galicia, que traballa para axudar aos nenos e nenas con enfermidades raras. Félix Juncal destacou a súa ledicia por “recuperar unha das probas lúdicas e turísticas máis atractivas”.


22

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

O MORRAZO Xosé Manuel Pazos. Alcalde de Cangas

“Sotelo é unha persoa resentida que aínda non deu superado a perda da alcaldía” Os camiños da vida, levaron a este cronista á peninsula do Morrazo.Quixemos falar con gobernos municipais de diferente espectro. Tentámolo coa alcaldesa de Marín a popular María Ramallo, e co alcalde de Cangas Xose Manuel Pazos. Desafortunadamente o Concello de Marín non contestou os varios requerimentos de A Nova Peneira para entrevistala. Semella que toma exemplo de

Xosé Manuel, fainos unha valoración xeral deste ano e medio na alcaldía de Cangas? Ben,a valoración e sen dúbida positiva.Creo que temos ben encamiñadas distintas accións beneficiosas para o pobo de Cangas.

Como son as relacións cos socios do goberno tripartito(BNG ASPUN)? Pois como en calquera relación,hai momentos moi bos, algúns regulares,e algúns malos tamén ten habido.Non tanto por diferenzas ideolóxicas, que case non hai, senón por malas interpretacións, ou por un defecto que creo que temos en Cangas, consistente en airear todo na prensa.En xeral hai boa relación.En Cangas hai un só goberno que rema na mesma dirección. Hai ben pouco o ex alcalde Sotelo do P.P, facía unhas declaracións moi agresivas contra a túa persoa.Se non lembro mal, chamábate “esperpento de alcalde”. Que tes que dicir ao respecto? Tamén chamábame miserable. El acúsame de aproveitarme da morte do meu sogro para furtarlle unha información referente a unha rebaixa impositiva que propón o goberno nas taxas dos vehículos de gama media.Algo que como podes comprender é absolutamente falso.Sotelo é unha persoa resentida que aínda non

deu superado a perda da alcaldía.O resto dos concelleiros do PP, poden ter unha actitude máis o menos agresiva ,pero van funcionando.Porén, Sotelo está nun plan obstrucionista e faltón todos os días.

A oposición ataca ao goberno polos recibos da auga e polo IBI. Que ten que dicir o alcalde? Nós regularizamos o tema da auga e estou moi satisfeito, despois dunha salvaxe suba que fixo o goberno do Partido Popular. Custou moitísimas reunións coa empresa e un traballo enorme. As tarifas que nós aprobamos reducen á metade a tarifa do PP. Sen embargo eles están detrás acusándonos, como se non fose o propio PP os responsables do tarifazo. No que se refire á revisión catastral conseguimos paralizar o cobro de todos os recibos que tiveran presentado alegacións,ata que as devanditas alegacións non se resolvan.

Como facedes para baixar o imposto dos vehículos,hai marxe para proceder a unha rebaixa impositiva? Ben, a situación económica é terrible,abofé que si,pero estamos falando de 42.000€ e cos cartos a maiores da regularización catastral imos poder facer ese esforzo.O PP baseou o seu plan de axuste nunha suba xeralizada de taxas.Nós pensamos que á xente que non o pasa ben, non se lle pode estar sangrando continuamente.

Jose Enrique Sotelo, que no seu tempo negouse a ser entrevistado polo noso xornal. Cando alguén lle nega a súa voz aos demais porque non pensan igual, ten un problema moi serio coa democracia. Pola contra o alcalde de Cangas atendeunos con moita amabilidade. O PP acúsavos tamén de ter realizado unha re apertura pantasma da piscina de Balea? Outra gansada do PP.Esa piscina estivo parada moitos anos . O PP apurou moitísimo para inaugurala antes das eleccións, pero quedou moi mal rematada.As deficiciencias da piscina obrigáronnos a pechala no verán, pero estes agarran calquera cousa para facer unha oposición irracional.Nós somos os que temos que arranxar as deficiencias da xestión do P.P

Nas eleccións do 2015, a dereita canguesa presentouse dividida en tres. Sotelo, Nardo e Gestido. Nardo desapareceu. Ti crees que Gestido acabará volvendo ao PP? Eu creo que Gestido tira máis por Ciudadanos. Non esquezamos que Gestido e Sotelo tiveron un enfrentamento persoal fortísimo, cando o ex alcalde apoiou a Nardo.

Unha concelleira vosa, Tania Castro, tivo un problema persoal, referente a unha suposta irregularidade cun empregado seu. Un militante de esquerdas como ti, como valora esa situación? Se os feitos son certos a min paréceme grave. Eu non podo amparar cuestións de abuso laboral. Nós temos pendente unha xuntanza con ela para escoitar a súa versión da situación.

E do caso de Andrés? Ese é un caso totalmente diferente. Alí non hai nada, como moito pódese cualificar como unha rapazada. A parafernalia que se montou paréceme persecución.

Que opinión tes da nova deputación? Hai un cambio substancial que se nota a mellor. Agora hai criterios obxectivos que se utilizan á hora de repartir os fondos. Outra cousa é que eu estea de acordo con eses criterios. Eu creo que para os municipios turísticos como o noso se debe considerar o incremento notable de poboación que temos no verán. Teño que dicir que nós seguimos estando en contra da existencia das deputacións. Cando Louzán e o PP gobernaban a deputación. Todos e cada un dos alcaldes e alcaldesas da Provincia que non eran do PP, entrevistados pola Peneira, manifestaron que o PP beneficiaba voluntariamente aos concellos populares e prexudicaba aos outros. Ti pensas que esta Deputación gobernada polo PSOE e o BNG aplica voluntariamente ese modus operandi, de beneficiar aos concellos do PSOE ou do BNG en prexuizo dos concellos populares ou dos que gobernan, como o voso, as Mareas? Non. Aínda que os concellos do PP si se queixan, eu penso que non. Así por exemplo, o Concello da Estrada que ten menos habitantes có noso, aínda que máis


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

23

O MORRAZO Esas declaracións hai que matizalas moito.

Matízaas por favor? En ningún caso se quixo falar de cotas de poder. En Marea é unha organización cun abano ideolóxico moi amplo. Do que se trata é de reivindicar o espazo político de cada quen.

superficie, levou máis cartos ca Cangas. Mos ou Redondela non están sendo prexudicados nin moito menos.Antes si era así Louzán repartía os fondos de maneira partidista.

Falemos de En Marea.Supoño que estarás moi orgulloso dos resultados obtidos na túa vila, e non tanto dos acadados no resto do país. Evidentemente. Os resultados de Cangas son produto dun traballo de anos, non só de ACE senón tamén de ASPUN. ASPUN Poderá volver a ser parte de ACE? Non o sei.

Pero ti que queres? Eu quixera que foramos todos na marea.

Todos? o BNG tamén? O BNG tamén. No caso de Galicia, non estou satisfeito desde logo dos resultados. Houbo moitos erros á hora de facer as primarias. Debería ter habido algún tipo de corrección comarcal. A campaña estivo mal planificada e mal levada. En cambio o BNG fixo unha campaña moi intelixente.

Ti pensas que as declaracións do teu compañeiro Rubén Pérez referentes a que se deben recoñecer as partes que forman En Marea son correctas?

Falando de Esquerda Unida.Como sabes nós somos un xornal da Louriña. Un dos nosos articulistas habituais é un concelleiro do teu partido no Porriño, Pedro Ocampo. É a primeira vez na historia que Esquerda Unida acada representación no Porriño. Como valoras o traballo político de Pedro Ocampo? Creo que fai un traballo magnífico, rigoroso e serio e penso que, a veciñanza do Porriño saberao premiar. En Marea é un proxecto suficientemente soldado? Non. En Marea é un proxecto en construción.

Corre perigo? Penso que non. Estou seguro de que seremos capaces de consolidalo.

As peticións de Villares de Chofer e secretario, que che parecen? En absoluto escandalosas. Unha persoa de apoio no parlamento ten que ter, senón non pode traballar. O do coche é algo a estudar. E no que se lle pague o que non cobrou, non é que cobrara menos, é que non cobrou nada cando dimitiu como xuiz e pasou a dedicarse ao partido, pois

paréceme moi razoable. Como estás de ánimos? O traballo é moito, pero eu estou moi animado e máis ilusionado aínda que cando empecei.

Dime as dúas cousas que che fixeran máis ilusión desde que es alcalde? A peonalización e a posta en en valor do casco histórico, e a creación dun aparcamento de balde de máis de 1.000 prazas. Tamén a mellora que fixemos na sinalización e a nosa actuación no eido dos servizos sociais. Como está a túa relación co teatro? Por desgraza abandoada, non teño tempo.

Gustábache Darío Fo (recentemente falecido)? Eu estou namorado do seu teatro.

Eu tamén. Morre o autor de “Morte accidental dun anarquista” e en España métese no cárcere a uns titiriteiros por representar unha obra teatral Abofé que sí. Algo que me pareceu gravísimo e un auténtico esperpento. O nivel de crispación a que nos levou o PP é horrible. Fíxate o insulto preferido de Sotelo cara a miña persoa é; teatreiro e titiriteiro. Hai esperanza de que un goberno de esquerdas se poida consolidar en Cangas? Eu creo que desta volta o goberno de esquerdas si que se vai consolidar. Os resultados electorais así o indican. Moi ben, moitas grazas Pazos.


24

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

O MORRAZO

Cangas en negro contra a violencia

Máis de 80 establecementos e institucións do Concello de Cangas sumáronse á campaña En negro contra a Violencia que se desenvolveu entre o 18

de novembro e o 28 de novembro. Farémolo xunto a outros 15 concellos galegos co obxectivo de loitar con contundencia contra este tipo de prácticas e facer visible o traballo que se está a realizar desde as diversas administracións contra as violencias machistas e en prol da igualdade das mulleres. Os escaparates dun gran número de comercios cagueses tinguíronse de negro en repulsa á violencia machista, expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres, contando nesta ocasión coa colaboración de Cangas Vella e Fecimo para dinamizar a difusión entres os locais asociados interesados en colaborar nesta campaña.

Smartpeme chega a Cangas

O próximo martes 29 de novembro de 2016, ás 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no salón de Plenos do Concello de Cangas Os servizos que a rede SmartPeme presta ao sector empresarial da nosa vila serán presentados pola Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dona María del Carmen Silva, polo deputado provincial de innovación e promoción económica, Don Francisco Javier Dios, e polo Alcalde Don Xosé M. Pazos. SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial de modo

gratuíto, onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado.Asemade, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, José Antonio Piñeiro, e do asesor TIC SmartPeme, Alberto Falcón, encargados de afondar en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu negocio, resolvendo as dúbidas que poidan xurdir. Programa do evento: 10:00 - Apertura da xornada María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra Francisco Javier Dios Pomares, Deputado Provincial de Innovación e Pr moción Económica Xosé Manuel Pazos Varela, Alcalde de Cangas 10:30 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme José Antonio Piñeiro, responsable da rede SmartPeme Alberto Falcón Fuentes, asesor TIC 11:30 - Descanso 12:00 - Xuntanzas individuais co asesor TIC (preferente con cita previa) 14:00 - Descanso para o xantar 15:30 - Xuntanzas individuais co asesor TIC (preferente con cita previa) 19:00 - Peche da Xornada


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

25

VIGO

Clúster da automoción ou clúster da precarización? Mentiras, precariedade e empobrecemento: a realidade do sector fronte a propaganda oficial, segundo a CIG-Industria

A Federación de Industria da CIG presentou en Vigo unha campaña na que pretende desvendar a realidade do sector do automóbil fronte ás mentiras que sementan multinacionais como PSA-Citroën e organismos como o Clúster da Automoción. Un día a día de maior explotación e precariedade baixo a excusa de criterios fabricados á medida das necesidades da patronal, coa continuidade de ETTs e introdución masiva de emprezas de servizos. Aínda que as cifras macroeconómicas sosteñan que a automoción xa superou a crise, a CIG-Industria denuncia que os traballadores/as do sector malviven con salarios de hai vintecinco anos, ritmos de traballo inhumanos e convenios miserábeis, ao que hai que sumar a incapacidade de conciliar vida laboral e persoal como resultado das últimas reformas laborais.

Durante a comparecencia, que decorreu xunto a delegados da CIG en empresas do sector como Copo Ibérica, Viza, GKN, Alymosa, TRW, Faurecia

Interior, Componentes de Vehículos, Plastic Omnium, Borgwarner ou Gestamp, o

Salarios de hai vintecinco anos, ritmos de traballo inhumanos e convenios miserábeis secretario nacional da federación, Xoán Xosé Bouzas Aboi, debullou diferentes tácticas empresariais das que se vale PSA-Citroën e as auxiliares, coordinados desde o Clúster. “Todo isto durante unha época de crise na que se pretendeu aumentar a produtividade das plantas a custa de atacar os dereitos laborais”, denunciou. Entre elas, sementar a idea dunha falsa competencia entre empresas -moitas veces do mesmo grupo- para coaccionar o persoal e lograr rebaixar as condicións laborais, cando na realidade “teñen todo planificado previamente”. Tamén a de ameazar con deslocalizacións para lograren vantaxes da administración, tal e como o abaratamento do chan industrial ou cuantiosas subvencións a custa do erario público.

Introdución de empresas de servizos A respeito da estrutura interna, fragméntase en cada vez máis categorías o persoal, procurando a súa división, e introdúcense empresas de servizos creadas ex-profeso con convenios propios ou estatais inferiores. “Contrátase persoal con salarios menores a 800 euros en condicións neoescravistas, con convenios miserábeis asinados polas cúpulas do sindicalismo estatal”, afirman. Engaden, ademais, que se chegan a xerar contratos de incluso 30 horas “para expremer o maior posíbel os e as traballadores/as con ritmos de traballo infernais”.

Outros mecanismos de lucro patronal son a creación de “categorías de entrada” con salarios ínfimos, a extensión dos contratos a tempo parcial, o desregulamento horario e semanal, contratación vía ETTs ou mesmo subcontratación a firmas portuguesas con maior precariedade. Situacións que, alí onde a CIG ten maioría “se combaten con maior eficacia” ao introducir cláusulas nos convenios para limitar estes abusos.

As consecuencias implican, tamén, que parte do persoal non teña dereito a participar nas eleccións sindicais da empresa onde traballa, dividindo o persoal e dificultando a labor sindical. En opinión da central, dáse, ademais, unha rebaixa na calidade da produción “ao colocar persoal menos especializado nos muros de calidade, na xestión e nas

tarefas propias de loxística, incluso nas liñas de montaxe e nalgunhas tarefas de produción”. A externalización de servizos provoca, ademais, que malia o aumento de produción en moitas empresas, os cadros principais diminúan mentres o destas empresas de servizos -moitas do país luso- aumenta. Ademais, o sector reduciu globalmente 2.000 postos nos últimos anos mentres Portugal gañou 6.000, algo que para a CIG-Industria “non é casual”.

PSA-Citröen En base a estas receitas, o futuro de PSA-Citroën camiñaría en Vigo cara o dunha empresa de síntese, “recortando cadro de persoal non só no taller senón nas oficinas”, froito do cal se terían perdido na matriz máis de 4.000 empregos. “Xamais na historia de PSA o persoal tivo peores condicións laborais”, indicaron, alén de recordar que a filial da multinacional “paga impostos” en Madrid.

Cómpre quitarlle a careta a estes supostos benfeitores da economía galega Por todo isto, segundo Bouzas, “cómpre quitarlle a careta a estes supostos benfeitores da economía galega” e “facer que a nosa sociedade coñeza a realidade”, procurando unha resposta organizada que poña fin aos abusos e “logre un presente e futuro dignos para a clase traballadora galega”.

Deste xeito, a campaña procurará detectar estas casuísticas en cada empresa, dando lugar ás pertinentes denuncias tanto en Inspección de Traballo como mediante a denuncia pública e mesmo a mobilización.


26

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

OPINIÓN Nestor Rego Candamil Secretario Xeral da UPG

Hai agora 100 anos un grupo de homes e mulleres, conscientes da dificil situación da lingua e do País como consecuencia da marxinación e da dependencia, decidiu que era hora de se comprometer e actuar para mudar as cousas. Querían unha Galiza libre e próspera, dona do seu destino, en que poder vivir e traballar e en que poder utilizar a nosa lingua con normalidade. A fundación das Irmandades da Fala en 1916 (e a 1ª Asemblea Nacionalista, que realizan en 1918) marcan o comezo dunha nova etapa na nosa nación, que parte da vontade de actuar politicamente como tal.

As Irmandades nacen da conciencia de que ninguén, se non foren os propios galegos e galegas, se ía preocupar de defender a nosa lingua e os intereses da Galiza e das súa xentes. E para iso era preciso actuar con plena independencia de criterio, sen directrices externas ao País, tamén no ámbito político. Con claridade o afirman na Asemblea Nacionalista de Lugo: “Son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento de Galiza, e sobre todo a súa soberanía, completa e sen cativeces. Nisto non caben discusións: Galiza ten dereito, un dereito fundamental, a ser dona absoluta de si mesma”. Non se nos escapa a trascendencia desta declaración. Galiza está disposta a actuar por si propia, sen

Publicamos, a continuación, o artigo que nos envía o colectivo BDS Galiza

Sumar para avanzar, sumar para a liberdade esperar que ninguén de fóra o vaia facer e consciente de que non o fará. Esta idea é o leit-motiv de un século de construción dos peares dunha Galiza libre. Expresouna moi ben Castelao: “En nome de Galiza, falará Galiza”. Reiterouna en fermosas palabras poéticas Celso Emilio: “Nunca virá de fóra remedio ou esperanza”. Aplicouna o nacionalismo galego ao longo da súa historia: para que a Galiza fale por si propia precisa tamén de organizacións políticas e sociais propias, soberanas e non dependentes.

Hoxe é unha premisa que continúa sendo absolutamente válida. Podemos comprobalo no día a día, na actuación do nacionalismo en contraste coas forzas políticas con dirección en Madrid. Podemos constatar como, após a perda da representación nacionalista no Congreso (esa era “a Galiza que falaba en nome da Galiza”), o noso País está desaparecido da axenda política estatal. E nestes casos, as consecuencias non se pagan só en termos políticos. Moi ao contrario, mídense en dereitos, en investimentos, en recursos para os servizos públicos, en atención á resolución dos nosos problemas..., en definitiva, en benestar. Por iso é máis necesario do que nunca comprometerse para traballar por unha nova Galiza, libre, próspera, xusta e igualitaria. Hoxe é o BNG a forza

que representa esa vontade soberana de mudar as cousas para construírmos un futuro diferente. Un BNG que, aliás, foi capaz de tombar os prognósticos dos que sempre quixeron acabar co nacionalismo e obter un resultado nas pasadas eleccións galegas que reforza o proxecto nacionalista e certifica a necesidade da autoorganización, da actuación sen dependencias en todos os ámbitos, tamén no institucional e no electoral.

Con efecto, o BNG conseguiu, en circunstancias difíciles, chegar á sociedade galega cunha voz e unha mensaxe propia e lograr un apoio que, mesmo que aspiremos a moito máis, foi significativo. Mais tan relevante como iso é que foi capaz de xerar unha onda de simpatía e mesmo de entusiasmo que aínda ha de dar novos froitos e que vai permitir avanzar.

Hoxe son moitas as persoas que se achegan ao nacionalismo e o Bloque reafirma, tamén co 'Proceso Adiante' que concluirá nunha Asemblea nos próximos meses, a vontade de sumar todas as persoas que, de forma individual ou colectiva, se queiran incorporar ao traballo por unha Galiza diferente. E faino desde a convicción de que é posíbel e desde a confianza en que o noso pobo, como xa fixeron outros pobos do mundo, é plenamente capaz de construír coas súas mans un futuro de benestar e de liberdade.

Un restaurante de Vigo viaxa a Israel ignorando o chamamento do pobo palestino

Do 6 ao 26 Novembro de 2016 chefs de primeira liña de 13 restaurantes de Nova York, París ou Vigo, entre outras cidades cociñarán en Tel Aviv nun festival que pretende atraer prestixio internacional á escena culinaria israelí. O festival Round Tables, que se define a sí mesmo como un evento de "gastrodiplomacia", está patrocinado polo goberno israelí, o concello de Tel Aviv e unha empresa que opera ilegalmente nunha colonia israelí, violando descaradamente o Dereito internacional. En outubro máis de 150 agrupacións da sociedade civil, fixeron un chamamento axs chefs deses restaurantes pedíndolles que cancelasen a súa participación no festival; e á empresa italiana Ferrarelle de auga con gas para que retirase o seu patrocínio.

Tamén pediron a Intermon Oxfam que interviñese xa que a ONG denuncia insistentemente as colonias israelís e colabora nun proxecto co restaurante Gustu de Bolivia, participante no Round Tables. Finalmente o nome da chef do Gustu, Kamilla Seidler, foi retirado da lista de participantes no evento. Activistas de BDS Galiza reuníronse en cxs chefs do restaurante Maruja Limón de Vigo sen éxito. Axs chefs decidiron non cancelar a viaxe argumentando que o seu único obxectivo era cociñar e acercar a gastronomía galega ao Próximo Oriente. Por ese motivo levouse a cabo unha acción directa en Vigo igual que noutras ci-

dades do mundo con restaurantes participantes e lanzouse unha campaña nas redes sociais co hashtag #ApartheidRoundTables.Un folleto de BDS Galiza diante do Maruja Limón. Porén, aínda que o festival Round Tables se presenta como un "diálogo sobre a cultura, economía e asuntos sociais", é, pola contra, unha estratexia que emprega a "haute cuisine" para enmascarar a vulneración dos dereitos fundamentais do pobo palestino por parte de Israel, incluíndo o dereito á alimentación. Só o 35% da poboación palestina baixo a ocupación israelí ten garantida a súa seguridade alimentaria, segundo os informes das Nacións Unidas. A situación é especialmente grave na Faixa de Gaza. Entre os patrocinadores do Round Tables están os ministerios israelís de Turismo e Asuntos Exteriores e o concello de Tel Aviv. Estes ministerios levan anos promocionando a "Marca Israel" para crear unha imaxe positiva do estado e disfrazar a violación dos dereitos humanos.

Tel Aviv, construida sobre as ruínas de catro poboados palestinos após un proceso de limpeza étnica, é hoxe unha burbulla privilexiada rodeada de millóns de palestinxs engaioladxs en ghetos polos checkpoints e o Muro de apartheid. Xs chefs serán aloxadxs nos Dan Hotels, cadea propietaria dun hotel construído en terra roubada na ocupada Xerusalén Leste. Outro dos socios, a adega Golan Heights Winery, opera ilegalmente nunha colonia israelí nos ocupados Altos do Golán sirios, violando directamente o Dereito internacional. O seu viño será servido en tódalas comidas e ceas do festival, incluidos os menús dxs chefs do Maruja Limón. En 2005, máis de 170 organizacións da sociedade civil palestina chamaron ao boicote, desinvestimentos e sancións (BDS) a Israel até o estado sionista cesar a súa violación desenfreada e impune da legalidade internacional. É no marco da crecente campaña internacional, que se fixo o chamamento aos restaurantes e chefs a non colaboraren con institucións cómplices da ocupación. Respectar a chamada ao BDS é a mellor maneira de garantir que o pobo palestino non sexa reducido a "recoller as migallas da compaixón botadas dende a mesa de alguén que se considera a sí mesmo [o seu] amo",a mellor maneira de recoñecerlles "o menú completo dos dereitos". Son palabras do famoso activista contra o apartheid surafricano, premio Nobel da Paz e defensor do BDS, o arcebispo Desmond Tutu.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

27

VIGO

A CIG de Vigo convoca o 30-N contra a precariedade e o desemprego A manifestación, que partirá ás 20h desde a Doblada, forma parte da campaña iniciada o pasado setembro

A CIG da comarca de Vigo chama a saír ás rúas da cidade o vindeiro 30 de novembro para dar resposta á crecente precariedade laboral, empobrecemento e desemprego que amezan o futuro da clase traballadora. A protesta forma parte da mesma campaña que deu lugar a unha multitudinaria manifestación o pasado 20 de setembro, e procura reactivar a loita nas rúas contra as políticas gubernamentais.

Os datos aportados pola central dán boa idea da “situación límite” na que se atopa a comarca de Vigo, con 80.000 persoas sen emprego, destrución masiva de postos de traballo en sectores chave como industria e construción e recortes de servizos públicos esenciais. Ademais, e fronte a propaganda oficial, 9 de cada 10 contratos son eventuais e aumentan os empregos a tempo parcial, acentuando a situación de precariedade e desigualdade. Por se fora pouco, a redución salarial e o bloqueo á negociación colectiva por parte da patronal deseñan un panorama pouco alentador onde a mocidade se ve na obriga de emigrar e se poñen en perigo as pensións públicas. Unha realidade fronte á que é preciso loitar sen tregua, retornando ás rúas e exercendo unha oposición real e continua contra as políticas dos diferentes gobernos que atenazan a clase traballadora.

A continuación reproducimos o comunicado elaborado pola comarca de Vigo: A situación da comarca de Vigo é límite. Padecemos unha verdadeira emerxencia social, laboral e produtiva. A crise ten servido de coartada para que o em-

presariado aumente o nivel de explotación laboral, endurecendo as condicións de traballo, precarizando até o máximo a contratación e abaratando os salarios. Un saqueo que é posíbel grazas ás reformas laborais e da negociación colectiva, aprobadas por PSOE e por PP, e mais tamén á complicidade dos gobernos do Partido Popular na Xunta e en Madrid, que actúan ao ditado da Unión Europea. Ao servizo do grande capital. Para superarmos esta situación é indispensábel unha mudanza radical nas políticas. Un cambio de rumbo, que deixe de recortarnos dereitos á clase traballadora para seguir a cebar os lucros duns poucos. Mais esa mudanza non vai chegar por si soa, temos que empurrala nós, desde abaixo, a través da mobilización e do conflito. Coa nosa loita como clase traballadora galega, desde os centros de traballo até os sectores, actuando de maneira unificada e organizada a través do sindicato.

As reivindicacións: 1) Posta en marcha dun Plano de desenvolvemento industrial para a bisbarra, con intervención pública directa, para reactivar a actividade produtiva e crear em-

prego estábel e de calidade. 2) Aplicar a Lei do sector naval e crear un Plano galego para a industria da automoción. 3) Plan integral de recuperación da Ría de Vigo, para desenvolver as súas potencialidades en pesca e marisqueo. Fin da exclusión da flota galega nos acordos pesqueiros da UE. 4) Derrogación das reformas laborais, de negociación colectiva e das pensións, e da lei mordaza. 5) Redución da xornada laboral cara ás 35h semanais e limitación das horas extraordinarias, para repartir o traballo. 6) Eliminación das ETTs, limitación da contratación temporal e a tempo parcial. 7) Aumento dos salario mínimo interprofesional e creación dun salario de inserción laboral e social para todas as persoas desempregadas que esgotaron as prestacións ou subsidios. 8) Reactivación da negociación colectiva e avantarmos cara a un Marco Galego de Relacións Laborais. 9) Fin dos recortes e reforzo dos servizos públicos, como o ensino e a sanidade.

Lídia Senra esixe a paralización da norma comunitaria que afecta ás xubilacións de mariñeiros galegos A eurodeputada de AGe rexistrou unha pregunta dirixida á Comisión na que denuncia as consecuencias do futuro rexistro da frota no cálculo dos coeficientes redutores dos traballadores/as dos buques conxeladores Lídia Senra alerta de que certos tipos de navíos non aparecen na clasificación que a UE vai usar no rexistro da frota, o que pode provocar que a tripulación perda o coeficiente do 0,40 do que se beneficiaba

ídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), presentou este martes unha pregunta con solicitade de resposta escrita á Co-

misión Europa sobre o regulamento de rexistro comunitario da frota pesqueira, actualmente en preparación, que podería provocar a perda do coeficiente redutor do 0,40 da tripulación dos navíos conxeladores do Estado español, o 91% deles buques galegos. O dito coeficiente redutor é o desconto que se aplica no cálculo de acceso á xubilación dos traballadores e traballadoras dos barcos como compensación ás duras condicións de traballo e periga debido a que a lista de tipoloxías de barcos que usará a Comisión no seu rexistro non inclúe palan-

greiros, cerqueiros e certos arrastreiros que ata a actualidade se consideraban conxeladores e se beneficiaban da redución máxima. Pola tanto, a eurodeputada de AGe solicita á Comisión que paralice a elaboración desta norma ata atopar unha solución que non modifique os dereitos dos seus tripulantes. Lídia Senra apela na súa pregunta a que baixo ningunha circunstancia un rexistro da frota e a atribución dun código a cada barco debería prexudicar aos traballadores e traballadoras cando as condicións que orixinaron o dereito ao coeficiente redutor do 0,40 son as mesmas. A Comisión Europea establece queos Estados Membros deben transmitir á Comisión Europea os datos das súas frotas, incluído o tipo de buque do que se trata mediante algún dos códigos dispoñibles nunhaclasificación ela-

borada pola FAO en 1984. Nesta lista non se poden encadrar nin palangreiros nin cerqueiros nin certos tipos de arrastreiros conxeladores, xa que os únicos arrastreiros conxeladores previstos son os de popa e costado. A aplicación deste regulamento por parte do Estado español, que é quen debe atribuír en ultima instancia o código, implicaría a rebaixa de código redutor para a tripulación de certos buques conxeladores e, polo tanto, máis tempo de traballo ata o acceso á xubilación.

Ademais, a eurodeputada pídelle ao Estado español que garanta a conservación dos actuais coeficientes redutores antes da aprobación do regulamento comunitario, dada a intención manifestada polo Goberno español derevisalos unha vez se aprobe a norma.


28

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

29

VIGO

A Marea de Vigo está a favor da recuperación da área da Panificadora a través de concurso de ideas, pero pide mais concreción nos usos da mesma

Exposición: Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015

O Grupo Municipal espera tamén que finalmente se leve a cabo a obra, e non vexamos, por enésima vez, todo o proxecto e miles de euros gastados para obter soamente unha bonita maqueta.

taría saber se está aínda vixente, e en que termos, posto que fala da reforma dos terreos da Panificadora, usos e desenvolvemento urbanístico. Esta foi unha das ocasións nas que tamén, como agora, falouse da recuperación da zona, tendo nesta ocasión resultado nulo.

Rubén Pérez, en rolda de prensa, explicou que hoxe en Xerencia de Urbanismo “o voto da Marea de Vigo foi a favor da modificación do pepri e do orzamento, pero tivemos que absternos no prego posto que carece de contido sobre usos, estado do edificio e

demais cuestións fundamentais incluso para os arquitectos que participen do concurso”. Lembrou tamén a existencia dun convenio do 2003 entre o Concello e os propietarios dos terreos, convenio sobre o que a Marea de Vigo lle gus-

Para a Marea de Vigo, partindo de que se trata dun interese público, os usos teñen que ser esencialmente públicos, como por exemplo un auditorio público, biblioteca, ou espazos para o tecido asociativo da cidade, ademais dos espazos, con retorno económico, que debe existir ao facerse coa participación da Zona Franca, por exemplo, o redor do edificio da panificadora.

Caballero pídelle á Xunta dotación orzamentaria para os accesos da cidade á autopista O alcalde reiterou a necesidade de acceder e saír da cidade polo tramo final da autoestrada AP9 dende a rúa Buenos Aires para liberar o tráfico da zona urbana, un investimento que considera "perfectamente asumible", polo que esixe ao goberno autonómico que "se poña mans á obra".

O rexedor pediu este pasado xoves ao presidente da Xunta que "dote nos orzamentos unha partida para construír os accesos de entrada e saída da cidade" á autopista pola rúa Buenos Aires algo que, ao seu entender, "non implica minoración de ingresos de autopistas" porque se trata dun tramo libre de peaxe. Ademais o rexedor vigués considera que a apertura dese tramo á circulación urbana require unha inversión "perfectamente asumible" por parte da Xunta de Galicia e significaría "moito

para o tránsito circulatorio e moitísimo para o tráfico de camións pesados que pasan polo centro", algo que arestora está asumindo a cidadanía viguesa soportando os arredor de 300 camións de cinco eixos que atravesan o centro e danan o firme. Abel Caballero asegurou que dará un tempo á Xunta de Galicia para que actúe e, no caso de que "non progrese esa construción" para que os camións poidan acceder á cidade, principalmente ao Porto, "prohibireilles o paso". Con todo, dixo entender que os empre-

sarios non queiran pagar por ese tramo de peaxe e elixan a vía urbana en lugar da autopista para chegar a Vigo desde a zona de Redondela, algo que se resolvería co cambio que propón o Concello, que derivaría o tráfico cara o tramo final da autopista.

Así instou á Xunta a que "se poña mans á obra" porque a responsabilidade dese tráfico é da Xunta de Galicia e a cidade non debe soportalo polo centro urbano senón que debe ir polo tramo final da autopista.

A Fundación Barrié ofrece na súa sede de Vigo, ata o 5 de marzo de 2017, a primeira retrospectiva do arquitecto galego e Premio Nacional de Arquitectura (1997). A exposición, comisariada polo propio autor e deseñada polo arquitecto e fotógrafo Pablo G. Picard, é unha produción propia da Fundación Barrié, organizada en colaboración co estudio de Manuel Gallego Jorreto. A exposición componse dunha escolma de proxectos construídos e propón crear un fío argumental que permita desenvolver un discurso que facilite e provoque olladas diversas sobre a arquitectura, aproximándose así á súa complexidade. Para iso sublíñanse algúns dos argumentos conceptuais que foron a base destas arquitecturas: a idea e o contexto. A idea como soporte conceptual da arquitectura, como argumento que ordena a súa materialidade, a súa construción, o seu uso, a súa forma e o seu significado. E o contexto, no seu sentido máis amplo, como o lugar físico onde se sitúa a construción, mais tamén como esa paisaxe que é expresión dunha orde sobre un territorio. Isto é, trátase de amosar as forzas exteriores e interiores que dominan o proxecto, desde o que chamamos espírito do lugar ata a idea máis abstracta que ordena e lle dá unha intención á arquitectura. A Fundación Barrié complementa este proxecto coa edición dunha publicación e cun amplo programa educativo de balde, para todos os públicos, arredor da obra de Manuel Gallego con obradoiros para familias e escolares e visitas guiadas, así como o ciclo de charlas-coloquio Conversas con Manuel Gallego.


30

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

OPINIÓN Moncho Lareu Membro de Anova e do CC da FPG

Paradigma colonial educativo e tecnolóxico

Antes de Alxeria conquerir a súa independencia, as nenas daquel país colonizado por Francia estudaban nos colexios a gloriosa vida de Xoana de Arco mentres se lles ocultaba a longa historia das tribos berbérs, masilianas e maselinas, a Alxeria bizantina ou o proceso de islamización do Maghreb. O sistema educativo revelábase así como o primeiro elemento colonizador da poboación. Aliás, non necesitamos ir tan lonxe para retratar situacións similares. Aquí, en Galiza as nosas nais, os nosos pais, avoas e avós, de teren a posibilidade de acceder a estudos básicos, aprendían dun xeito mecánico unha listaxe de nomes de reis godos men-

tras quedaban sen coñecemento ningún da cultura, economía e sociedade sueva que se estableceu na nosa nación tras a queda da metade occidental do Imperio romano. Por suposto, todo en castelán, co galego negado e degradado. A Historia e a Lingua son a primeira imposición en toda escola colonial, antes incluso que as ciencias sociais. Explícao moi ben o lingüísta franco-tunesino Calvet nos seus tratados encol da glotofaxia e o colonialismo. Despois, nin a EXB nin a LOXSE avanzaron en nada. A historia seguiron a contala os vencedores: imperialismo, patriarcado, capital. Cunha calidade historiográfica ínfima, con vontade asimiladora, alonxada de toda análise materialista. Resiste o método: listas de reis e conquistadores, ausencia de mulleres científicas e creadoras, pouco dato e moita data. Porén, a lingua galega apréndese na escola, pero se aprende coma algo peculiar e alleo. O alunado chámalle Lengua á materia de Lingua Castelá. Á materia de Lingua Galega, chámanlle Galego, coma o Inglés. É moi esclarecedor. O elemento colonizador fíxose máis sofisticado, máis avanzado. Non precisa proibir o galego, abonda con amosalo coma algo alleo, inútil e incluso coma un

obstáculo ou imposición.

Agora mesmo, con novas realidades tecnolóxicas, a nosa asimilación trascende o ámbito educativo e penetra de xeito tranversal en todos os aspectos do noso día a día, incluído o lecer. As redes sociais da internet ou as aplicacións de mensaxería instantánea para terminais intelixentes fomentan a uniformidade idiomática malia seren tamén plataformas abertas e oportunidades para as linguas minorizadas. Aliás, promoven o acceso das multinacionais ás vidas, datos e gustos das súas usuarias. O big brother que nos vixia non se impón, escollémolo nós. En contrapartida, e sen sermos tan taxativas, nós podemos empregar tamén a ferramenta da máquina para ir contra a máquina. É curioso, pero xa o dixera Lenin doutro xeito noutro tempo. A que vén todo isto? Pois á necesidade de repensarmos a nosa táctica global e o noso axir diario para contrarrestar a asimilación imperialcapitalista (consumista, heteropatriarcal, españolista) nun contexto no que as teconoloxías avanzan a ritmo vertixinoso mentres o sistema educativo é similar ao de hai un século. Todo comeza pola aposta tan nova coma vella por un ensino público, solidario e de calidade, en galego e universal, alizerzado na análise critica, na dialéctica materialista e no rigor científico. Un ensino para que os avances da humanidade se poñan ao servizo da mesma. Comecemos.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

31

CINEMA

jOsiñO ARAújO

Como satisfacer sexualmente a túa parella nas festas de Nadal

En realidade o que ti queres é que a túa parella te satisfaga sexualmente a ti, como é natural, non imos poñernos agora de monjitas. E diso, de cómo conseguir que a túa parella te satisfaga sexualmente nas festas de Nadal, é do que vou falar eu aquí , aínda que me pareceu pouco elegante recoñecer tanto egoísmo xa no título. Ti non o sabías e aínda así entraches na columna. Tes o teu mérito. Pois para premiar a túa boa disposición de amante altruísta vou explicarche como vas facer para que a túa torpe parella te dea transportado ao sétimo ceo con antiquísimas técnicas orientais que a converterán nun amante voluptuoso ou nunha compañeira rebuldeira e sensual, especialmente nas festas de Nadal . Direiche o que debes facer con toda a profusión de detalles que me permita o exiguo espazo do que dispoño. A verdade é que o Nadal é unha época moi profana. Nas súas orixes, sabes, foi unha festa astronómica na que dende épocas prehistóricas se celebraría o solsticio de inverno aquí, na zona temperada do hemisferio norte. No Nadal, como xa entrou o inverno, vai frío, as noites son loongas, hai moitos días de vacación, fanse agasallos…Todo chama ao amor. Xa que logo, é o momento propicio para estas prácticas eróticas que eu che vou explicar con esmero. Poida que o pobre espazo que me deixan, onde tento desenvolver mes tras mes os temas máis actuais, interesantes e necesarios, non me permita explicacións pormenorizadas de posturas, adminículos , ungüentos e bebedizos como eu quixera pero procurarei ser todo o rigorosa e descritiva que sexa necesario pois este é un tema que nos importa moito a Amancio Ortega, a Soraya Sáez de Santamaría, a ti e a min, e acabarei conseguindo cos meus asisados consellos que pases unha noite moi boa o día de Noiteboa e que remates un ano e empeces o outro escoitando de labios amados : “ All I want for Christmas is you”. Só tes que prestar moita atención e seguir estes tres pasos: O primeiro…

Mimosas - Dead slow ahead

fotograma de mimosas (arriba) e de dead slow ahead (abaixo)

Con tan só dúas longametraxes na súa filmografía, Oliver Laxe xa é un dos directores máis relevantes da historia do cinema galego. Seguramente esta afirmación

será compartida por moitos dos asistentes que gozaron da proxección da súa última obra, Mimosas, o pasado 11 de novembro no Teatro Principal de Santiago de Com-

postela, dentro dese fabuloso evento que é Cineuropa e que todo cinéfilo galego agarda impacientemente dun ano para outro. Con tantos premios como participacións no Festival de Cannes -Todos vos sodes capitáns (2010) Premio FIPRESCI na Quincena de Realizadores, e o Premio da Semana da Crítica por Mimosas (2016)- , o realizador galego presentounos desta vez a historia dunha caravana que emprende unha viaxe entre as montañas do Atlas, en Marrocos, con fin de levar a un vello cheikh a cumprir o seu desexo: morrer no seu pobo natal. Pero o camiño está cheo de obstáculos, divinos ou diabólicos, e soamente a fe e o amor levarán os protagonistas da aventura a acadar o seu destino. A película, fermosa, chea de luz e de escuridade (en palabras do propio Laxe), é unha sorte de western espiritual, unha loita entre a fe e o escepticismo, unha fuxida do pasado e, como tal, a búsqueda dun futuro a través de

paisaxes maxestosas, xenialmente debuxadas por Mauro Herce, director de fotografía do film. Precisamente Herce, peza clave no chamado Novo Cinema Galego, estreou este mes en salas a súa Dead Slow Ahead (2015), documental do que xa falamos neste xornal con motivo do Play-Doc de Tui, na miña opinión o mellor film deste certame, unha hipnótica travesía a bordo do cargueiro filipino "Fair Lady", nave fantasmal cun corazón en forma de eixo en continuo movemento. A visión que o realizador nos dá do barco é case de cienciaficción, cunha tripulación para a que a terra firme parece tan allea como o é para un astronauta. Tristemente, o film de Herce non tivo moita difusión nas carteleiras de Galiza (nos Multicines Norte aínda está pendente de estrea). Confíemos en que Mimosas teña mellor sorte e consiga ter a repercusión que merece nas salas do noso país.

CONTOS

Xustaposición Hoxe non podo saír do meu cubil. O mal tempo non me deixa, venta e fai un frío que corta, xa tomei unha cunca de caldo e dúas de viño. Boteille leña a cociña de ferro e metín os pés dentro do forno para telos quentes. Creo que bebín demasiado caldo que me fai barrenar. ¿E se non tivera o lume para quentarme?.¿E si vivira como as vacas no monte con este corisco e sen cubil onde meterme…? non duraba nin unha hora. ¿Cómo criaría a loba a Rómulo e Remo…?, inda que se meteran no cubil, roupa non saben facer, tería que estar toda a manada tapando os nenos para quecelos. E me pregunto eu a min mesmo: ¿ As vacas

MUÍÑO DA FEIXA x.s.pARAMOs

terán medo as noites que pasan no medio do monte… ?. ¿En qué pensarán…?. Porque eu sei que pensar pensan e teñen sentimentos, cando as apartan do fillo chora a nai e chora o fillo. Vese como lle caen as bagoas. todos os animaliños lle queren ós seus fillos, entón é unha aberración o que facemos con eles. Ata as granxas son peores que Guantánamo. ¿Eu qué sei?. O que si sei é que eu son unha merda, se mollo os pés xa me acatarro, se chego a nacer ao natural, inda que nacera nun cubil sen esta cociña de ferro, morría. Voulle votar leña e tamén vou votar viño… caldo non. O caldo faime barrenar


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Adrián Solovio, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santiago Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Baldomero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


nº 43 (terceira xeira)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

Especial Concello de Tui

Un percorrido pola capital do Baixo Miño: · A Pegada Hebrea · O fútbol · Os mártires de Sobredo

finais de novembro 2016 - 2€


II

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

REDONDELA

Expresión e Impresión

Obradoiros de plástica para a interacción e a integración

Introdución A expresión plástica é unha ferramenta creativa, pero ademais ten un profundo valor pedagóxico, e foi e é un medio esencial de tradución e análise do mundo. Implica un modo de pensar e comunicar tipicamente humano, e segue sendo unha actividade fundamental, así como un instrumento de exploración que produce aprendizaxes significativas dado que, no seu curso, convida a coñecer, comprender, aplicar e avaliar, así como a realizar exercicios analíticos e sintéticos. Comprender o mundo a través da plástica e o visual é primordial nun escenario do coñecemento que hoxe cabalga entre o real e o virtual, e no que os códigos propiamente artísticos transcenden os lóxicos e lingüísticos. Calidade educativa e atención á diversidade. Este programa lúdico e educativo reivindica ao neno participante como destinatario final de cada acción, como protagonista do proceso de aprendizaxe, sexa cal for o seu momento evolutivo e características persoais e sociais coas que afronta a tarefa de aprender. En consecuencia, o proxecto persegue unha inclusión educativa que supere as barreiras que dificulten o máximo desenvolvemento das súas capacidades. Asumindo que a diversidade é a norma, este proxecto contribúe a valorar calquera tipo de diferenzas individuais como un activo e oriéntase á consecución dunha igualdade efectiva de oportunidades educativas. Ao falar de capacidade persoal faise referencia a nenos con dificultades de aprendizaxe ou con altas capacidades. Interacción A expresión, ferramenta de comunicación humana que se manifesta por medio

de diversas linguaxes, é unha capacidade vinculada á competencia comunicativa. É necesario promover esa expresión infantil para alcanzar unha adaptación funcional. A expresión corporal é o comportamento exterior ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante un uso efectivo do corpo. A plástica e visual, como modo de representación e comunicación que emprega a linguaxe visual para favorecer o proceso creador. O fundamental neste proceso non é a creación senón a libre expresión.

Valores e principios Sustentado nuns valores que poidan axudar aos nenos para evolucionar, este proxecto, deseñado para actuar en contextos marcados por cambios múltiples e complexos, proporciona ferramentas cognitivas e emocionais que permiten entender o seu papel como individuos autónomos e a súa relación cos demais. Ferramentas que fomenten adoptar un punto de vista propio en interacción coa contorna natural e social, incorporando contidos e metodoloxías desde a construción colectiva de valores compartidos. Obxectivos xerais: Coñecer e valorar o propio corpo Conectar ao neno coa súa contorna natural e social Promover a interacción entre iguais Fomentar a autonomía Obxectivos específicos Representar situacións reais a través do xogo simbólico Diversificar as posibilidades expresivas do neno Expresar emocións e comprender as dos demais Valorar a participación como motor de cambio positivo Aproveitar o poder educativo e transformador da arte

Os obradoiros: O curso desenvolverase durante 8 sesións, 1 sesión semanal de 75 minutos, comezará o día 1 de decembro e desenvolverase ata o 2

de febreiro incluído. Todos os xoves excepto os días festivos: 8 de decembro e 5 de xaneiro.

Participantes: 14 participantes a partir de 6 anos de idade, das que se reservan 7 prazas para nenas e nenos con diversidade funcional. Os nenos con diversidade funcional poden vir acompañados por un adulto se este último considérao conveniente. Data límite de inscrición: A inscrición debe efectuarse antes do 28 de novembro.

Requisitos de inscrición: Cubrirase o formulario que corresponda onde figurarán os datos de contacto do alumno/a e dun responsable, o cal terá que dar consentimento para a gravación de imaxes de vídeo e a toma de fotografías nas que apareza o/a alumno/a que representa. Estas imaxes serán utilizadas para unha exposición e poderán ser cedidas a medios de comunicación expresamente autorizados co fin de dar a coñecer a actividade. A inscrición ao curso leva a dispoñibilidade de participación por neno/a a un mínimo de 6 sesións. No caso de superar o número de solicitudes presentadas ao número de prazas ofertadas procederase a un sorteo, o que se levará a cabo no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios diante de dúas persoas traballadoras municipais. En caso de baixa ofrecerase a praza a nenos/as en lista de espera polo mesmo sistema de sorteo. Para un mellor funcionamento do curso, pedimos puntualidade na hora de chegada e de recollida dos/as nenos/as. É recomendable que os/as nenos/as asistan ás clases con roupa acorde coa actividade de plástica. Así mesmo, non estará permitido tomar a merenda ou calquera aperitivo mentres leve a cabo a actividade.

O BNG satisfeito co cambio de actitude de Javier Bas

En declaracións do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González “malia que tardara máis dun ano en solicitar un encontro co deputado de vías e obras, valoramos positivamente a xuntanza da semán pasada” O encontro mantido entre distintos membros do goberno municipal de redondela, encabezada polo alcalde Javier Bas, e o deputado de vías e obras, o nacionalista, Uxío Benítez, foi acollida con satisfacción dende o BNG de Redondela. “Trátase da maneira axeitada de traballar a prol dos intereses dos veciños e veciñas”, afirma Xoán Carlos González. Malia todo recrimínalle ao alcalde redondelá, “que tarda máis dun ano en solicitar dito encontro, sendo un dos últimos rexedores que o demandou”. Recorda como o goberno municipal de Redondela, presentou durante meses “numerosas mocións que pretendían dilapidar calquera tipo de iniciativa prantexada dende a Deputación, especialmente na área de vías e obras”. Considera que ao alcalde de Redondela, “únicamente actuou en aras de intereses partidistas, e nunca dos intereses dos e das redonlás”. Amósase satisfeito o concelleiro do BNG, de que dende a Deputación se respostara á “solicitude deste encontro, dando un claro exemplo do cambio radical que se imprimíu na institución provincial abandonando o sectarismo e desquite ao que nos tiña acostumado o PP”. Igualmente, o concelleiro nacionalista, considera moi positiva a petición de rematar as obras da PO 2906, Guizán-Os Valos, tal como tiña solicitado anteriormente a propia AA.VV. De Vilar, nun encontro mantido co propio Uxío Benítez. “Recordamos que coa Deputación presidida por Louzán, orzamentouse un millón de euros para rematar a obra. Namentras se desviaron parte dos fondos, e quedou inconclusa, o alcalde de Redondela mirou para outro lado”, afirma o concelleiro nacionalista.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

III

REDONDELA

Taxa do lixo, quen tiña razón?

É coñecida por un bo número de veciños e veciñas a modificación da taxa do lixo que acostumaban pagar. Dita modificación foi recorrida por moitos deles, sendo rexeitados ditos recursos no Concello por continuas resolucións da Alcaldía. Gran parte dos recorrentes argumentaban que a distancia da súa casa ata os contedores do lixo era superior aos 100m. que establece a ordenanza e, consecuentemente, correspondíalles unha taxa reducida en vez da completa que se lles estaba a TiNO lAgO

remitir. Ante o alto número de reclamacións, A Agrupación de Electores de Redondela (AER) decidíu consultar cos servizos técnicos do Concello, os cales comentaron que hai tempo que advertiran ao equipo de goberno que era necesario modificar a ordenanza, advertencia á cal o goberno de Javier Bas fixo caso omiso. Unha detrás doutra foron denegadas as apelacións, ata que un grupo de veciños do barrio da Telleira decidiron acudir ós tribunais. Insistía o Sr. alcalde e os

servizos xurídicos do Concello, en contra do que dita o sentido común, en que a distancia non debería entenderse ata os contedores senón “ata a zona de recollida”. Ninguén entende nin entendía o significado de zona de recollida, porque dito así todo o concello é zona de recollida e ninguén estaría fóra dela. Así fixéronllo saber no pleno do 30 de abril 2015 nunha comparecencia ao alcalde solicitada por AER sobre este tema. Pois ben, xa existe a interpretación dun xuíz. Na sentencia 00190/2016 o xuíz do ContenciosoAdministrativo nº 1 de Vigo ven a dicir: “ … fácil es interpretar que cuando la Ordenanza se refiere a “zona de recogida” está asimilando la expresión a “punto de recogida”, pues la otra interpretación es absurda: no basta con que los vehículos utilizados por la concesionaria transiten por la “rúa ou lugar” donde el vecino tiene su domicilio. La utilidad

del servicio viene dada porque ese vehículo se detenga para recoger los residuos en la “rúa ou lugar donde habita el sujeto pasivo y esa recogida se localice a menos de cien metros de su casa. Como también puede ocurrir que un ciudadano tenga su vivienda en un “lugar”, no en una calle, por el que no transite el vehículo de recogida pero cuente con contenedores a menos de cien metros de distancia: evidentemente, estará sujeto al pago de la cuota ordinaria” Conclusión: Os demandantes teñen dereito á cota reducida cando a distancia dende a súa vivenda ata os contedores sexa superior ós 100m. A cuestión que agora nos queda por aclarar é: Dado que o Sr. Alcalde se acolleu unha e outra vez a esa “interpretación absurda” sobre o significado de zona de recollida e rexeitou múltiples alegacións ó respecto que pensa facer agora? Rectificará todas e cada unha das resolucións que ditou nese

sentido sen que a veciñanza teña que recorrer á xustiza, non si? toca devolver o que se cobrou de máis pola mala xestión. A raíz desta sentenza, ao goberno de Javier Bas entráronlle as présas e trouxo unha modificación da ordenanza ao pleno do 4 de xullo. Asunto que foi retirado da orde do día a petición do conxunto da oposición xa que nos pareceu e parece un tema que habería que abordar con máis calma. A nova proposta aprobada no pleno do 28 de xullo é a seguinte: - Cota normal (Zona A): 71€/ano. - Cota reducida (Zona B): 35€/ano. Actualmente, esta modificación na ordenanza do lixo aínda non entrou en vigor por atoparse o proceso no estudo das alegacións á mesma presentadas. Pódense presentar reclamacións de considerar que alguén se atope no mesmo suposto legal.

Casa mucha Redondela

Tradición, modernidade e calidade nunha policromía perfecta leiro,como sabes o meu pai era o dono da antiga cafetería Stop.Eu traballaba con el e un día decidín montar un local.E así naceu Casa Mucha, montámola o meu pai, un tío meu que xa faleceu e eu.Esta é a casa da miña avoa materna.Arranxamos o edificio e nun principio tiñabamos pensado montar unha vinoteca.

Xa dixen en numerosas ocasións que a miña relación con Redondela é especial.Redondela é na miña vida, un luminoso ronsel ,no que se reflicten os momentos de felicidade e acougo, máis presentes no meu pasado e menos presentes no meu presente.Coñecín o amor no apeadoiro da Picota.Alí comezaban longos encontros, que sempre remataban en inmensas conversas na antiga cafetería Stop. Cando o stop pechou, un anaco de min tamén rematou.Se cadra a relación de Casa Mucha, Carlos o seu propietario é fillo do

antigo dono do Stop, con esa cafetería é unha das razóns que explican o por que me gusta tanto o restaurante hoxe protagonista desta reportaxe. É unha, pero nin moito menos a única.Casa Mucha é un restaurante excepcional. As palabras quedarían cortas, só podo dicir que unha visita a Redondela quedaría incompleta se non remata cunha comida ou cunha cena en Casa Mucha.Vamos coñecer un pouco máis a Carlos Crespo. Cóntanos brevemente a historia de Casa Mucha? Pois eu son fillo do hoste-

De que ano estamos falando? Do ano 2001. Como che dixen a nosa idea era unha pequena tapería e foisenos das mans.Comezamos con catro tapas e finalmente convertímonos no restaurante que somos agora.

Cal é a política fundamental de Casa Mucha? A miña filosofía de traballo e a de todo o meu equipo é a mesma; dar calidade a un prezo razoable.

Cantas persoas traballades aquí? Cinco.Teño catro traballadores que me acompañan de ma-

neira estable e permanente.Aproveito a oportunidade que me da A Nova Peneira,para agradecer a súa fidelidade e profesionalidade.Somos un equipo, que rema unido e na mesma dirección.Fíxate a nosa cociñeira, xa ven do Stop.

Ti traballas o menú do día e a carta verdade? Si o menú traballámolo de martes a venres só na comida.ÁS ceas e as fins de semana traballamos á carta.

A túa clientela será moi heteroxenea... Afortunadamente si. Temos unha clientela moi numerosa e diversa.

Gústache o teu traballo Carlos? Moito,vívoo con verdadeira paixón,aínda que cómpre dedicarlle un montón de horas o que dificulta notablemente a vida persoal.Aquí, quero falar de Ana, a miña parella, para por en valor o seu apoio e

compañía,que ten a gran capacidade de converter o difícil en fácil Cales son as principais especialidades de casa Mucha? Chipiróns encebolados, solomillo, entrecot, peixes ao forno, cochinillo, paleta de lechal, a nosa empanada de lacón con grelos(levamos 15 anos consecutivos facéndoa todos e cada un dos domingos)....

Cales son as medidas que ao teu xuizo deberan tomar as administracións para axudar ás PEMES? Sen dúbida rebaixar a presión fiscal Velai tes as nosas páxinas para dicir o que che pareza. Aos meus clientes, darlle as grazas máis profundas e intensas desde o máis profundo de min. Casa Mucha é tamén a súa casa.E á xente que non nos coñece pedirlle que nos dea unha oportunidade.Eu e todo o meu equipo (Josefa, Luciano, Quino e Alejandro) propmetemos por o mellor que temos para que repitan.


IV

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

V

REDONDELA

Escola de baile Dansarey, Redondela: A beleza da calidade estética

Na vila de Redondela, na Avda Mendiño, a carón da bocatería da nosa amiga Rosi encóntrase a escola de danza Dansarey. A verdade paga a pena recomendar a quen teña a amabilidade de ler esta reportaxe que se pase por Dansarey. A calidade das súas coreografías, a profesionalidade das súas bailarinas e bailaríns, e a beleza das súas representacións fan que por uns instantes as preocupacións diarias esvaézanse nun luminoso marco de calidade estética.Falamos cos seus directores ,unha parella nova; David e Lidia, pero con toneladas de baile nas súas pernas e nas súas almas.

Contádesnos a vosa historia? Nós coñecémonos no 2005, comezamos a bailar xuntos no ano 2009 competimos a nivel galego.Comezamos a competir en roda cubana e alí foi onde coñecemos á maioría dos nosos amigos deste mundo.Competimos sete veces en campionatos de España e unha nun campionato de europa no que quedamos en cuarta posición.

Carai, onde foi ese campionato de Europa? En París. E hoxe tedes a vosa propia escola? Pois si, contamos cun equipo mag-

nífico e vainos bastante ben.

Pódese dicir que sodes dos afortunados que fixeron dunha afección a súa profesión? Si, sen dúbida. Fíxate, eu son electrónico e Lidia administrativa.

E a ti Lidia, que che gusta máis, estar sentada nunha oficina entre papeis,ou poder vivir do baile? Desde logo que o mundo do baile.

Como funciona a escola? Funcionamos como se foramos un estudo de baile, pola semana funcionamos como unha escola, e tamén organizamos festas sociais para que a xente poida vir aquí a bailar e divertirse.

Se alguén quere matricularse na escola como pode facer? Pois pode contactar con nós,por tfn, visitándonos fisicamente ou polas redes sociais.

Que segmentos de idade cubrides? Desde 3 anos ata 99..cubrimos todo tipo de abanos de idade

Imos ver, se non entendín mal. En Dansarey cubrides tanto o aspecto didáctico, como o lúdico. Á vosa escola

pódese vir tanto a aprender, como a ,simplemente, pasar un bo rato e botar unhas pezas? Entendiches perfectamente ,é así

Vexo que vivides o voso traballo con moita paixon? A verdade é que si, encántanos aos dous.O traballo é precioso e o ambiente moi sano.Pasámolo moi ben.

Que tal se porta con vós o Concello de Redondela? Moi ben.Sempre nos dan moitísimas facilidades.

Un bailarín ou unha bailarina nace ou pode facerse? Faise, pero hai que ter algunhas cualidades innatas.

Unha persoa súper patosa,p odería chegar a ter un nivel aceptable? Si, con traballo, pero si que podería. Houbo un momento na miña vida en que casei. Para o tema do vals recibín unhas clases e o resultado dese baile, foi un absoluto desastre Seguro que foi porque non fixeches o traballo que necesitabas

Moitísimas grazas, e moita sorte e éxitos para Dansarey.

Xoán Carlos González afirma que “O contrato de limpeza de edificios públicos, vai en contra dos intereses dos redondeláns”

Responsabiliza direitamente a Javier Bas, sobre o futuro do servizo, “ao ser decisivo o voto de calidade do alcalde, ante o empate que se vivíu no Pleno”. Este mércores , celebrouse un pleno urxente e extraordinario, co fin apoiar ou rexeitar o contrato de limpeza de edificios públicos: mercados, colexios, pavillóns, … entre outros. “Consideramos que a convocatoria, pola premura e a hora, ás dúas da tarde, impedíu que a veciñanza puidera asistir a un acordo no que se invertirán máis de catro millóns de euros en seis anos. No debate esiximos que se fixera unha convocatoria ordinaria, mais rexeitárona ”, aclarou o concelleiro nacionalista. Insistíu en que tal como se prantexa o contrato, non se vai prestar o mellor dos servizos de limpeza en colexios, centros de saúde, complexos deportivos, oficinas de servizos sociais,... cunha inversión anual de preto de 667.000 euros. “Apostamos abertamente pola xestión direita da limpeza de edificios públicos, porque vai sería máis efectiva, melloraría a calidade do servizo, mellorarían as condicións laborais das traballadoras, e mesmo permitiría a contratación de persoas con discapacidade”, sentencia Xoán Carlos González Considera o concelleiro do BNG, que con contrato asinado vaise privatizar a limpeza de máis edificios públicos dos que había ata agora, como no caso dos mercados de Chapela e Redondela. “Trátase da estratexia marcada polo goberno de Javier Bas”. A falla de dous concelleiros de AER, e a concelleira non adscrita, levou a un empate técnico de nove votos a favor e nove en contra. Finalmente o voto de calidade do alcalde decidíu que o contrato saíra adiante. “Curiosamente, vai recaír toda a responsabilidade do servizo de limpeza de edificios públicos, sobre Javier Bas”, remata na súa nota o concelleiro nacionalista.


VI

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

ENTREVISTA Carmen Santos Queiruga. Secretaria Xeral de Podemos Galicia

“As voces críticas en Podemos contra En Marea non teñen ningunha relevancia, cuantitativamente non son nada”

A aparición de Podemos no panorama político supuxo un estoupido sen precedentes na historia do post franquismo. Semella que o turnismo liberalismo/socialdemocracia atópase nunha moi fonda

crise e con difícil prognóstico sobre o futuro inmediato. Hoxe conversamos coa Secretaria Xeral de Podemos Galicia; Carmen Santos para coñecela mellor. Agradecemos a súa amabilidade con nós. secretaría xeral? O que fixen foi valorar pros e contras, e considerei que o acaido era loitar para tentar mudar o que non me gustaba da organización. Asemade vía con preocupación a deriva que tomaba unha parte do partido que pretendía camiñar en solitario.

Como viviches o cambio que te levou de ser unha militante de base, á máxima responsable do partido en Galicia? Foi moi duro, o nivel de presión é elevadísimo. Ti es unha persoa mentalmente forte, aguantas ben a presión? Depende, se son capaz de concienciarme previamente,s i que a aguanto ben

Cóntanos a túa historia política persoal. Como comezou todo? Eu xa hai tempo que tiña certo cargo de conciencia por non implicarme politicamente, o que pasa é que o activismo político botábame un tanto para atrás por múltiples motivos

Por exemplo? Esencialmente porque non entendía moi ben as dinámicas estruturais dos partidos; ríxidas e cainitas.

Vaia,pois supoño que, co paso do tempo e a túa experiencia práctica, a túa visión sobre o cainismo nos partidos políticos veríase confirmada en grao superlativo? Si, e asúmoa con resignación. A que te dedicabas ti antes de Podemos? Son funcionaria.

Polo tanto ti non es das que chegas á política na procura dun traballo? En absoluto, a min non me fai falla a política para vivir. Como dicía antes, o cargo de conciencia foi superior ao medo ou a pasividade e decidín dar o paso e implicarme en Podemos. E así comezou todo,foi como unha bola de neve que foi crecendo ata agora.

Cales foron os motivos que che levaron no seu momento a dimitir das responsabilidades orgánicas do teu Partido? Ben, porque houbo decisións estratéxicas e formas de facer as cousas que non compartía en absoluto. Estás falando de Breogán Rioboo? Si, pero non foi só por Breogán.

Logo cambiaches de opinión, e decidiches presentar á túa candidatura á

Despois de vivilo por dentro, segues considerando a En Marea un proxecto transformador e revolucionario? Estou convencida. As voces críticas que hai en podemos Galicia contra En Marea, non teñen ningún tipo de credibilidade.

Estás falando de Xuntos-Podemos? Por exemplo. Os que así se denominan non teñen ningún peso real. Cuantitativamente non son nada.

Porén, hai medios de comunicación que lle dan moita relevancia ás opinións de Xuntos Podemos... Son consciente, pero iso é unha estratexia interesada para intentar amosar unha división que en realidade non existe. Como valoras as opinións de Rubén Pérez de Esquerda Unida, nas que pedía que se recoñeceran as partes que forman En Marea? Eu creo que no grupo parlamentar non

deben diferenciarse as partes. Eu son deputada de En Marea. As afiliacións políticas individuais son cousa diferente.

Imos ver Carmen, iso queda moi ben, pero a sensación que transmitides non é exactamente así: Semella que Podemos Galicia está dividido en dúas partes (a que che apoia a ti, e a que apoia aos deputados de Madrid Pam e Tone), Rubén Pérez reclama que se recoñezan as partes de En Marea, Cerna, partido ao que pertence a deputada Paula Vázquez, saiu de Anova a labazada limpa despois de romper AGE e agora volven compartir espazo con eles...en fin, parece que iso non está moi ben soldado? Pois eu dígoche que no grupo parlamentar as deputadas e deputados estamos ao que temos que estar, e nunca falamos de partes. Eu non comparto o que me dis. O que ti apuntas son diferenzas persoais non políticas.Nós estamos facendo o noso traballo como deputados de En Marea, tratando de cohesionar o máximo posible, deixando de lado as diferenzas persoais para centrarnos no político. Pero o teu propio partido , cando foron as primarias de En Marea, presentou dúas listas;Contigo Podemos e En confluencia Podemos,e no grupo parlamentar hai deputad@s de ambas listas Insisto no que che dixen antes. Responde a diferenzas persoais non políticas. Iso non é relevante. Cando remata o teu mandato como secretaria xeral? En abril do 19

Pois desculpa Carmen, pero o que ti dis que son diferenzas persoais ,eu


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

VII

ENTREVISTA véxoo como unha pugna polo control político da organización,e permíteme por favor que xogue a pitoniso para augurar que nese momento haberá unha lista moi solvente que te disputará a secretaría xeral? Xa, pero ás veces hai disputas polo poder que non teñen que ver coa ideoloxía Ademáis aínda non teño claro que queira volver a presentar a miña candidatura á secretaría xeral. Queres? Agora mesmo xa teño bastante co que teño e non podo responder a iso.

Das primeiras semanas no parlamento que nos podes dicir? Eu estaba bastante máis tranquila e cómoda na miña vida anterior,o que non quita que nestes momentos estea absolutamente concienciada da imperiosa necesidade de traballar para que se poida dar un cambio social absolutamente necesario.Eu vexo a Feijoo que aínda que ten maioría absoluta,tranquilo de todo non está.

Ti es deputada pola provincia de Pontevedra. Cales son as principais liñas de traballo que desenvolverás para mellorar a vida das persoas que aquí vivimos? Nos temos un proxecto non só para Pontevedra. O fundamental é abrir a institución á cidadanía e que sirva para darlle voz á xente. Fíxate se calou o discurso noso que ata o partido popular fala de participación cidadá.O mesmo digo do psoe ou do bng.Algo estamos facendo moi ben

cando estamos influíndo nos discursos de outras forzas. Ti es republicana ? Si, pero entendo que hai unha maioría monárquica moi grande, aínda que a min non me guste.

Ti es republicana, pero non nacionalista galega? Depende do concepto que teñamos do termo nación. Que concepto tes ti do termo nación? Ten moitos matices para explicalo aquí.A modo de síntese dicir, que eu non son independentista pero si nacionalista.

Se en calquera dos pobos que forman parte do estado, houbera unha vontade maioritaria de independencia, estarías de acordo en que esa vontade se concretase? Si,eu son unha demócrata.

Como está o tema da carta financeira de En Marea? Eu non estou nesa comisión, e estou algo á marxe.

Vaise manter a posición de podemos, referente a que as e os deputados cobren só tres salarios mínimos? Imos esperar á proposta que nos fagan,e intentaremos chegar a un consenso que nos permita respectar o código ético de Podemos.

Antes me dicías Carmen, que aspirabas a que En Marea fose un axente transformador da realidade social.

Para que iso sexa posible cómpre ter poder político, e para chegar a ese estadio, é preciso ter organización sobre o terreo. En todos e cada un dos terreos, non só nas cidades. Como sabes, A Nova Peneira, distribúese e todas localidades do sur de Pontevedra. En moitas desas vilas e aldeas En Marea non existe. Como ides traballar para mellorar esa situación? Temos que ter un debate como organización para decidilo.Igual que antes En Marea non existiu e agora existe,pois así sucederá en todo o territorio.

A pregunta máis difícil de todas. O 4 de febreiro estarás con nós no Porriño na segunda gala de entrega de premios A Nova Peneira? Por suposto, alí estarei.

Para ti o BNG é o inimigo? Non é que o sexa nin que deixe de selo.O problema é se eles nos ven a nós como o seu inimigo.

Cal é a túa opinión do tema das oficinas do parlamento que usaban eles e que agora usaredes vós? Non hai oficinas de ninguén. O parlamento ten oficinas e dependencias para traballar nelas.

E non é un tanto hostil pedir unhas oficinas que durante máis de 20 anos usou outro grupo parlamentar? Iso non é verdade. Nós pedimos á mesa do parlamento que nos situase nun espazo acorde co tamaño que ten o noso grupo.Creo que aferrarse a unhas instala-

cións como se fosen túas, ten de todo menos da nova política que reclama agora a cidadanía. Nós no espazo que temos agora (as antigas oficinas de AGE) non cabemos.

Na nosa zona de influencia hai tres alcaldes das mareas; Pazos de Cangas, Calís de Mondariz, e Marcos de Salceda.Que opinión tes da súa xestión? Os tres teñen un compromiso moi firme contra o caciquismo.Fan unha política diferente, fomentando a participación activa da cidadanía na xestión municipal.Son exemplo para a unidade popular, para o republicanismo e para a fusión da policromía de sensibilidades no obxectivo do ben común.Asemade son os tres moi bos xestores.

Cal é a túa opinión do problema que tivo Tania Castro, militante de podemos e concelleira de ACE en Cangas, referente a unha suposta irregularidade na liquidación a un ex traballador seu? Ese é un tema persoal de Tania, e non me compete a min facer ningún tipo de valoración. Rematamos Carmen. Velai tes as nosas páxinas para tirar a mensaxe que estimes oportuna? Eu só pido a quen aínda non nos coñeza que nos dea unha oportunidade. Por moito medo que dean os cambios, nunca serán peor que ter uns ladróns supostamente serios, xestionando os cartos de todos. Moitas grazas.


VIII FINAIS DE OUTUBRO2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

IX

TERRAS DE REDONDELA

pAzOs de bORbéN

FORNelOs de MONTes

Tarxetas “black” en Pazos de Borbén

A Deputación destina preto de 375.000 € ao Concello de Fornelos de Montes a través do Plan Concellos

A lista de “casos illados” de corrupción do PP segue a medrar. E Pazos de Borbénxa conta co seu caso de tarxetas “black”, manexadas con total opacidade polo equipo de goberno para beneficio seu e dos seus achegados. Falamos, neste caso, de dous abonos para o Celta de Vigo, para a bancada máis cara, Tribuna. Na súa labor de fiscalización das contas municipais, Alternativa Veciñal constatou que nos últimos anos se viñan realizando pagos anuais ao Celta de Vigo, por importe de máis de mil euros. E pedimos explicacións en Pleno. A resposta veu de boca do Alcalde, Andrés Iglesias, quen manifestou que eses abonos se fixeran para “axudar ao Celta”, e que “estaban alí” a disposición de quen os quixera usar. De quen os quixera usar de entre as persoas dun pequeno círculo pechado próximo ao goberno do PP, faltoulle dicir. Porque a existencia destes abonos non só non era coñecida publicamente, senón que se levou coa máis absoluta opacidade. Alternativa Veciñal considera unha falla de vergoña indignante que algunhas persoas privilexiadas, dun pequeno círculo do PP, estiveran anos acudindo ao fútbol, sentando na bancada máis cara de todas, co diñeiro dos veciños e veciñas de Pazos de Borbén. Mentres, por outro lado, se desatenden necesidades básicas alegando falta de diñeiro. E, por suposto, imos demandar o cese inmediato deste malgasto, e imos estudar a adopción doutras medidas, como solicitar a devolución do diñeiro do que se levan aproveitado todos estes anos.

Carmela Silva destaca que, mentres que antes outros concellos gobernados polo PP recibían maiores cantidades de libre disposición, agora o novo goberno provincial atenderá a todos A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou esta mañá, por primeira vez de maneira oficial, o Concello de Fornelos de Montes para coñecer as demandas reais das veciñas e os veciños da localidade e anunciar que a institución provincial lle outorgará,

a través do Plan Concellos 2016, 375.000 € a Fornelos de Montes, é dicir, un 20,60 % máis que o ano anterior. O Plan Concellos 2016, en palabras da presidenta, "é un plan obxectivo, xusto e equitativo, con criterios claros e que elimina a libre disposición dos recursos públicos". Neste contexto Carmela Silva subliñou que "mentres concellos veciños recibían importantes sumas de euros de libre disposición pola única condición de pertencer ao mesmo partido que o anterior

presidente da Deputación, Fornelos recibía cero euros". Silva engadiu que "o noso goberno atenderá a todos os concellos da provincia". "Comprendo a sensación de abandono que tiña o alcalde de Fornelos xa que, ademais, en 12 anos o ex-presidente nunca visitara o Concello", engadiu Silva. Por outra banda, Carmela Silva comprometeuse a mellorar o pavillón de deportes de Fornelos de Montes. Ao respecto subliñou que "é incrible que en 12 anos o goberno da Deputación non atendese unha reclamación de mellora do pavillón de deportes de Fornelos, mentres que noutros concellos construía novas infraestruturas deportivas. Nós teremos en conta esta reclamación e melloraremos o pavillón, sen ningunha dúbida".

A presidenta avanzou que a Deputación de Pontevedra está a poñer en marcha un plan de infraestruturas, no que estará in-

cluído Fornelos de Montes, que procurará mellorar o mantemento das estradas provinciais. Xa para rematar, atendendo a reclamación que lle vén realizando o alcalde de Fornelos, Emiliano Lage, á Xunta de Galicia con respecto á creación dun centro de día na localidade, a presidenta pediulle á institución autonómica que atenda esta solicitude e a incorpore aos orzamentos que está a elaborar para o vindeiro ano. Carmela Silva destacou que "a sociedade actual é herdanza dos nosos maiores, polo que é necesario que a Administración atenda a este sector da poboación e poña á súa disposición todos os equipamentos necesarios que lles permitan ter unha vellez activa". Neste sentido, a presidenta informou que a demanda de Fornelos de Montes de creación dun centro de día será unha das cuestións que lle reclamará á Xunta de Galicia na xuntanza que ten pendente co seu presidente.

XV Concurso postais de Nadal sOUTOMAiOR

O Concello de Soutomaior abre o prazo de participación do XV Concurso de Postais de Nadal. Este concurso ten como obxectivo apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e fomentar o desenvolvemento da capacidade creativa. Aproveitando as datas de Nadal o concurso ofrece a posibilidade de presentar unha postal de felicitación para estas datas. A creatividade e orixinalidade,

xunto coa innovación no uso de materiais e técnicas empregadas para elaborar as postais son os aspectos nos que o xurado se fixará para determinar cales serán as postais premiadas para o presente ano.

Establécense dúas modalidades: simple e voluminosa. Dentro de cada modalidade haberá cinco categorías distribuídas por idades a partir dos 2 anos en dinate.

O prazo de presentación remata o 12 de decembro ás 20,30 h na OMIX - Multiusos. Máis información: omix@soutomaior.com Tel. 986700822

Os premios entregaranse o sábado 17 de decembro no Multiusos e despois da entrega haberá unha actuación do grupo TEATRO DE NINGURES.


X

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

OPINIÓN Xabier Pérez Igrexas Activista contradiscurso.net

Novo asalto ás pensións públicas

As pensións volven estar na axenda. Vense de poñer en marcha, co inicio da nova lexislatura, a comisión parlamentar do Pacto de Toledo. O PP xa deixou patente a súa intención de revisar o acordo que define o sistema público de pensións desde 1995. As últimas reformas, aplicadas por PSOE primeiro e despois polo PP, anticipan por onde irán os tiros. En 2010 o goberno de Zapatero, coa complicidade de CCOO e UGT, atrasaba a idade de xubilación até os 67 anos e alargaba o período de cómputo de 15 a 20 anos – para así reducir as contías--. Rajoy puxo fin á indexación das pensións sob o IPC, impoñendo a súa conxelación práctica, no mellor dos casos, ou a perda de poder de compra, no peor e máis probábel. O empobrecemento das pensións, en tanto que salarios en diferido, era e é un dos obxectivos principais do saqueo perpetrado pola clase dominante (empresariado

Juan Karlos Pérez Álvarez Concelleiro de EAJ-PNV

e banca) contra as clases populares e traballadoras, Troika mediante.

Escoitar a Celia Villalobos (PP), na súa condición de presidenta da comisión do Pacto de Toledo, reprocharlle ás aseguradoras teren xerado medo arredor das pensións públicas --para estimular a contratación de planos privados, claro-- é dun cinismo atroz. O PP, como xa fixera o PSOE no último tramo do zapaterismo, leva anos instalado no discurso que cuestiona a sustentabilidade do actual sistema de pensións. Teren consumido en grande medida o fondo de reserva da Seguranza Social, “a caixa das pensións”, engadiulle máis unha baza para estenderen o temor. As proxeccións demográficas que insisten naquela idea de que vivimos demasiado tempo, como xa apuntaran desde o Fondo Monetario Internacional varios anos

atrás, é o corolario traxicómico desta grande farsa. Nese discurso do terror co que a dereita pretende facilitar a súa nova ofensiva contra as pensións, non há nin unha soa referencia as causas e factores que en realidade si comprometen o futuro do sistema. Non se fala nin do impacto do brutal empobrecemento dos salarios nas cotizacións, nin das inxustificadas bonificacións das que se beneficia o empresariado, nin do facto de financiaren a cargo desas cotizacións non só as pensións senón tamén as prestacións e subsidios, que poderían e deberían ser asumidas a cargo dos orzamentos xerais do Estado. Dado que xa se albiscan as coordenadas nas que se materializará a nova ofensiva, urxe non só despregarmos un contradiscurso que refute as falacias inteteresadas, senón sobre todo unha alternativa de noso para defendermos un dereito irrenunciábel.

Natsumi non ten quen lle escriba (desde Zarzuela)

Aproveitando que o 25 de Novembro é o aniversario daquel día de 1921 en que Hiro Fito converteuse en rexente do Xapón convén resaltar a sa previsión dos mestres artesáns da política do país do afastado oriente. Agora, o seu neto, pode ser emperador en tanto que o seu fillo, Akihito, non se ve con forzas e pediu a substitución. Deben acometer cambios constitucionais, que xa están en marcha, para facelo posible. Cando toque, terán os instrumentos aprobados, como debe ser.

Ao Imperio Británico, ou o que queda do, na Commonwealth, levan aprobando unhas melloras na lei de sucesión desde 2013, que foron presentadas nos parlamentos de todos os países onde é xefa de estado a súa graciosa maxestade Isabel II de Iglaterra. Os posibles sucesores xa están a dar a súa presentación oficial en diversas viaxes de cortesía; os duques de Cambridge, por suposto. Se o fillo da reina Vitoria durou pouco, Carlos pode esperar o mesmo do seu reinado. O asunto é que a posible abdicación ou deceso da raíña virá cuberto de todas as previsións posibles para que todo estea baixo control cando o feito sucesorio pro-

dúzase. E en España? Bo, non deixa de ser curioso que nun país no que se fixo unha guerra civil polo dereito da muller para reinar (Isabel II, en minoría de idade cando morreu o seu pai Fernando VII o felón) aceptase de boa gana unha constitución, a de 1978, que daba prevalencia do home sobre a muller. Moi progresista. Obviamente lembrar o feito da imprevisión e o andar á esculca do gran de millo foi o que acompañou á abdicación de Juan Carlos de Borbón e Borbón en Felipe de Borbón e Grecia. Un feito que tivo que taparse con apaños legais sobrevindos. Con parches. Unha técnica non moi depurada, pero que o resto de poderes do sistema non puxeron en cuestión.

Primeiramente convén dicir que é curioso que o que ía ser Rey no seu último acto como Príncipe, na entrega do premio Príncipe de Viana (sucesor á coroa de Navarra) non utilizou ningunha palabra da lingua navarrorum (o eúscaro) nin fixo referencia ao vello Reino (a pesar de ter as tumbas dalgúns dos seus reis a escasos metros), o cal indica de maneira significativa

o alto valor que dá a coroa ao feito plurinacional no estado español, e o moito que se aprendeu da historia e as súas consecuencias. A aprender foise a Canadá, curiosamente. Mágoa que non aprendeu a mellor das leccións, en Quebec. É interesante a política comparada, mesmo nisto tan pouco democrático, como é o feito monárquico, porque pon en valor as diferenzas, en especial, o tratamento por parte da prensa, da transparencia, a percepción por parte do gran público ? en España hai, ademais de imprevisión, un veo de ignorancia que oculta a realidade das cousas. E devén logo a falsa popularidade dos seus membros. Igual, a pesar dos escándalos, ou a consecuencia deles, o problema é a escasa estabilidade real, incapaz de afrontar un referendo sobre monarquía ou república. Ah, pero non se me escapen os republicanos, que tamén convén dicir que unha república verdadeira é algo moito maior e distinto da mera nimiedade da ausencia dun monarca. Un debate interesante, que noutros países faise e con normalidade. Lamentablemente en España a máis das veces a tinta está seca e o tinteiro baleiro.


FINAIS DE OUTUBRO 2016

XI

O CONDADO MONdARiz

A cAñizA

pONTeAReAs

Mondariz reivindica o día contra a violencia de xénero cun concerto de Cintaadhesiva

O Delegado Territorial da Xunta visita A Cañiza

Os escaparates de comercio e hostalería acollen a exposición “Ponteareas no Tempo” de fotos antigas

O acto contra a violencia contra as mulleres foi organizado polo Concello de Mondariz o pasado día 25 na Praza de Abastos e contou coa presenza do grupo Vigués coa poeta Silvia Penas na voz e Jesús Tejada na guitarra e órgano. cOvelO

II Concurso de contos 2016 Concello de Covelo

O sábado 3 de decembro ás 18h. no Auditorio Municipal temos unha cita ca cultura. O II Concurso de Contos do Concello de Covelo, amenizando a xornada a actuación a Cía. de Teatro David Fernández Rivera

Cores Tourís analizou co Alcalde de A Cañiza as demandas do municipio en relación á administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou unha visita institucional ao concello da Cañiza onde mantivo unha entrevista co seu alcalde, que lle transmitiu as principais preocupacións en relación á actividade da administración autonómica. O delegado territorial continúa así, a rolda de visitas polos concellos dependentes da Delegación Territorial de cara a escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas. O rexedor de A Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez comentou as necesidades do municipio en relación ao avance da concentración parcelaria deste concello, en concreto na zona de Oroso. Esta parcelaria, que conta con 626 propietarios e 1.864 fincas, está pendente da entrega de títulos. Neste senso, o rexedor pediulle ao delegado territorial que se axilice a súa tramitación de cara a súa conclusión, “xa que aínda que neste 2016 é certo que se traballou moito na mellora e acondicionamento de camiños das parcelarias do municipio, consideramos necesario que á de Oroso tamén se lle dea un pulo que lle permita avanzar”. Por outra banda, o delegado e o alcalde tamén analizaron os investimentos que a Xunta de Galicia realizará neste concello a partir do próximo ano, como será a urbanización da rúa Vilanova ou a mellora do abastecemento do casco urbano, “onde se investirán 600.000 euros ao longo dos próximos cinco anos, mellorando así as infraestruturas do casco urbano”, engadiu Domínguez.

A mostra poderá contemplarse ata final de mes en máis de medio cento de locais da Praza Maior e das rúas, Oriente, Esperanza, Morales Hidalgo e primeiro tramo de Vidales Tomé Recuperar a memoria colectiva a través das imaxes antigas e mostralas nos espazos públicos é un dos obxectivos do goberno local para por en valor o patrimonio cultural e o legado dos nosos antepasados. As fotografías, as imaxes antigas, en xeral, describen como eran as persoas e o modo de vida de Ponteareas no pasado. Con esta pretensión e cumprindo a proposta do Goberno aprobado no Pleno no pasado mes de setembro, Ponteareas abriu este sábado a primeira exposición de fotos antigas “Ponteareas no tempo”. Esta primeira mostra poderá contemplarse ata final de mes nos escaparates de máis de medio cento de comercios e locais de hostalería da Praza Maior e das rúas, Oriente, Esperanza, Morales Hidalgo e primeiro tramo de Vidales Tomé. No futuro, o Goberno local prevé ampliar as mostras de fotos históricas ao comercio e hostalería de todo o núcleo urbano e colaborar con todas as casas culturais das parroquias na recuperación da memoria Ademais das fotos nos escapara-

tes tamén se realizaron 8 paneis para a exposición no exterior, na carpa da praza Maior e no Auditorio Municipal dun total de 18 fotos de gran tamaño. O Goberno local quere agradecer a colaboración de Foto Souto pola súa contribución ao éxito desta iniciativa coa aportación de fotografías e a implicación na organización da mesma. Cada ano o concello prevé valorar e difundir o labor e obra dos fotógrafos profesionais locais polo. A outra parte das fotos procede dos fondos da Biblioteca municipal, departamento que participou activamente nesta primeira mostra. O goberno local tamén agradece a colaboración de comerciantes e hostaleiros para acoller as fotos nos seus escaparates.


XII

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

O CONDADO pONTeAReAs

O Goberno inicia as negociacións coa Tesourería da Seguridade Social co fin de adquirir o edificio da súa sede na Praza Maior O alcalde Xosé Represas e a tenente alcalde María Jesús Garrote reuníronse co secretario provincial da Tesourería da Seguridade Social, Ramón Blanco e o director do do secretario provincial do Instituto Nacional Seguridade Social

Na reunión, o director provincial da Tesourería manifestou a súa disposición de negociar a venda ao Concello das dúas plantas deste edifico desocupadas. Para un futuro, ambas partes valorarían a permuta da parte que ocupan as oficinas do Centro de Atención e Información da Seguridade Social.

O alcalde Xosé Represas explicou que na reunión da Xunta de Goberno Local do vindeiro luns formalizarán a petición do interese do Concello por este edificio para que a propia Tesourería inicie os procedementos administrativos de valoración dos andares non ocupados. Ao mesmo tempo, o Goberno local estudará as distintas posibilidades de contar con espazos no mesmo entorno da Praza Maior no que se poidan instalar as oficinas do Centro de Atención e Información da Seguridade Social –CAISS-. Deste xeito, podería completarse a operación de cesión completa do edificio. Esta última acción o Goberno estima que vai demorar sobre un ano, momento no que o local prevé que o Concello estea en situación de afrontar a

compra. Tanto o alcalde como a concelleira de Urbanismo valoraron positivamente esta primeira reunión e a boa disposición dos representantes da administración da Seguridade Social. Abre as posibilidades para que o Concello conte con este edificio para situar nel determinados servizos dadas as carencias de locais propios, tanto para a propia administración municipal como para o uso por colectivos sociais da localidade. Esta grave eiva provoca que o Concello non conte cun arquivo municipal, o espazo da biblioteca sexa escaso, careza de salas de estudo, así como resulte pouco operativo, así como servizos municipais estean en locais inadecuados.

Ponteareas convocará un concurso para seleccionar o cartel do Corpus 2017 O Goberno local fixo unha primeira xuntanza cos alfombristas para iniciar a preparación do Corpus 2017

Ficou aprobado por consenso, por primeira vez, un regulamento e un representante dos alfombristas para participar na Asociación Internacional de Arte Efémera O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, mantiveron esta semana no Salón de Plenos unha xuntanza cos representantes dos alfombristas das rúas e tramos alfombrados co fin de dar os primeiros pasos na organización do Corpus 2017, aprobar o primeiro regula-

mento e escoller o alfombrista que represente a Ponteareas na Asociación Internacional de Arte Efémera. Escolleuse a Miguel Novoa por selo do primeiro tramo alfombrado, acordando que cada ano ostentará esta representación un de cada rúa ou tramo alfombrado, de forma correlativa. A participación de Ponteareas nesta asociación conta con todo o apoio do Goberno local. Un dos seus principais labores será acompañar aos alfombristas nos actos internacionais e de promoción exterior do

Corpus. Unha das novidades para 2017 co obxectivo de iniciar de inmediato a difusión do Corpus é a creación dunha convocatoria dun concurso de carteis da festa máis internacional de Ponteareas. Os alfombristas consideraron positiva a proposta do Goberno. Dáse comezo con esta iniciativa á difusion da festa das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas de antemán para procurar unha maior repercusión no 2017.

Ponteareas solicita a adhesión ao servizo de administración electrónica da Deputación Ten a intención de implantala xa en 2017 e completar o seu desenvolvemento a través da estratexia DUSI

O Concello de Ponteareas fixo chegar á Deputación de Pontevedra a súa solicitude para adherise ao servizo de administración electrónica que ofrece o ente provincial aos concellos. O Goberno local ten a pretensión de implantar a sede electrónica no Concello, coa dotación dun rexistro electrónico e portal do cidadán, entre outras ferramentas, no 2017. Desta maneira, o Concello accedería de balde nos seus primeiros anos de funcionamento a unha solución para dar cumprimento da a nova lei de Procedemento Administrativo. O plan do Goberno local vai alén desta medida e medita completar o desenvolvemento da administración electrónica a través das liñas estratéxicas do DUSI “Hábitat Saúdable”. “Con máis de 23.000 habitantes, Ponteareas precisa dun novo sistema adaptado aos tempos. É a nosa prioridade modernizar o sistema para acercar a administración cara a veciñanza e, por tanto, desenvolver un dereito tan básico como o acceso en igualdade de condicións á administración.”, explica o edil de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XIII

O CONDADO As Neves

As Neves aposta pola revitalización do Mercado

As Neves avanza na actualización da iluminación pública Rematadas as obras de adaptación das farolas para a colocación de lámpadas LED na zona de Taboexa Os traballos, cun custo total de 24.400,00 €, foron realizados por ELECTRICIDAD IN.M.A.C. CONDADO, S.L. Empresa á que se lle adxudicou o proxecto tras examinar as ofertas enviadas por tres empresas distintas. Estes traballos

O Concello renova as instalacións e organiza un curso de coworking

Avanzando no plan de posta en valor e revitalización do Mercado Municipal, o goberno local anuncia a vindeira finalización das obras de mellora do edificio que se executaron durante as últimas semanas. Con estas obras quedarán restaurados catro espazos que se pretenden ocupar con emprendedores e emprendedoras que precisen un establecemento no que desenvolver unha actividade económica ou social. Para facilitalo e impulsar ademais o comercio local e a creación de autoemprego, realizarase tamén un curso gratuíto de coworking. Iniciativas coma estas facilitan a creación de emprego e fan máis atractivo o comercio local, accións que, recalca o alcalde: “son unha prioridade para nós dende que chegamos ao goberno, un chanzo máis para dinamizar o concello e reverter a tendencia de perda de poboación que vimos padecendo nas últimas décadas”.

consistiron na instalación dun novo cadro e 60 puntos de luz formados pola luminaria completa con módulos LED de 50 e 80 W. En canto ao financiamento das obras, 15.340,13 € están subvencionados polo Instituto Enerxético de Galicia dentro do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolve-

mento Rural; mentres que os 9.059,87 € restantes serán asumidos polo orzamento municipal. Unha nova iniciativa de creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, que segue a liña de avanzar no aforro e eficiencia enerxética do Concello. Liña xa iniciada meses atrás coas melloras na xestión e mantemento do alumeado público.

As Neves denunciou a inactividade de Fomento no Coto de Altamira

Nun acto reivindicativo celebrado hai uns días nas inmediacións do xacemento Nos pasados meses, o Ministerio de Fomento asinaba coa Deputación de Pontevedra un protocolo de actuacións a realizar en 18

castros de toda a provincia para a súa recuperación e posta en valor. Pois ben, nas últimas semanas fíxose público o bloqueo deste protocolo por parte do Ministerio, o que supón a paralización do inicio dos traballos en

xacementos arqueolóxicos coma o Coto de Altamira, situado na parroquia nevesa de Taboexa. Traballos de extrema necesidade debido á penosa situación na que se atopan os restos castrexos de elevado valor que teñen á beira das súas casas os veciños e veciñas das Neves. Concretamente, urxen accións de limpeza e sinalización do xacemento para a súa preservación e para facilitar o seu acceso de xeito cómodo e seguro, xa que, actualmente é moi difícil de atopar por estar tapado pola maleza. Recollendo as palabras

do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, no acto convocado polo Concello ao que acudiron máis dunha trintena de persoas; “Trátase dun tesouro arqueolóxico que debemos valorar e coidar, por iso solicitamos ao Ministerio de Fomento que cumpra o protocolo asinado e se faga cargo das accións de mellora precisas para o seu mantemento”. Apuntan ademais dende a alcaldía, que se dende Madrid non atenden a súa petición, buscaranse outras alternativas para a preservación deste patrimonio.


XIV FINAIS DE NOVEMBRO 2016

O CONDADO sAlvATeRRA

sAlvATeRRA

Salvaterra tivo un Minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero

3º festa do viño espumoso D.O. Rías Baixas

"Son máis que feridas, son as nosas vidas", con este lema o concello do Condado posicionouse contra esta lacra social

O 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, o Concello de Salvaterra de Miño organiza diferentes actividades co fin de concienciar a cidadanía da gran importancia da tolerancia cero ante esta lacra social, enfocando as súas actividades sobre todo hacia os máis cativos e cativas do municipio. Por un lado o Concello or-

ganizou o seu VI Concurso de slogans contra a violencia de xénero co alumnado do IES Salvaterra, co obxectivo de sensibilizar sobre a violencia de xénero no ámbito familiar. O IES Salvaterra de Miño uniuse á campaña contra a Violencia de xénero do 25 de novembro, máis de 50 alumnas e alumnos de varios niveis do IES de Salvaterra de Miño realizaron unha intervención artística e musical no Concello. Durante estas semanas o balcón da Casa do Concello lucirá un lazo e unha pancarta lembrando así a todas as víctimas e declarando o seu rechazo máis firme a tódalas violencias de xénero.

Xa está aquí a lotaría de nadal da A.C. Quinta do Piñeiro Os nosos amigos da Aso- lotaría de nadal á venda. Non ciación Cultural Quinta do Pi- vos esquezades de mercar, ñeiro de Corzáns xa teñen que este ano toca.

O Concello de Salvaterra de Miño presenta a terceira edición da Festa do Viño Espumoso, unha festa orientada a promoción e divulgación dun produto novedoso e que ten unha forte presenza na nosa comarca. Como ven se sabe, Salvaterra de Miño é a Capital do Viño do Condado converténdose o propio Concello nun verdadeiro impulsor dun produto tan importante para a súa economía local, e a cal se uniu nos últimos anos un novo produto, o viño espumoso que busca a súa propia posición e cuota de mercado.

O Concello anima a través desta festa que terá lugar o próximo 3 e 4 de decembro a que todos aqueles que queiran disfrutar deste produto se acheguen ao Recinto Amurallado, ademais a propia festa ofrece unha diversidade de actuacións e cursos para aqueles que queiran profundizar neste mundo.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XV

OPINIÓN Baldomero Iglesias Mero

A ameaza e os medos seguen a violentarnos. Parece que somos sospeitosos por pensar distinto ou por ter outros credos, ou por saber que outro mundo mellor e máis xusto existen e son posibles. Pesa sobre de nós a “presunción” de culpabilidade mentres para outros se reservan a mesma presunción, pero de inocencia. Para outros é responsabilidade, para nós culpa. Os feitos descobren que nós non roubamos nada e que eles son os beneficiarios das deturpadas lexislacións que nos incriminan. Non teñen probas, pero acusan e imputan. Fan desde a desconfianza aparecer sospeitas, dúbidas, evidencias insostibles que non se relacionan, probas insultantes que crean un primeiro alboroto. Fano con cálculo, co apoio da opinión manipulada de medios, desde laboratorios que só se ocupan da nosa demonización. E así, desde esas sementeiras de desconfianza que agocha a negación do dereito a pensar distinto, chegan a unha xustiza mediatizada, falta de independencia, con leis que penalizan esa presunción que, a falta de probas, leva ao desamparo. Queda espallada a noticia, desde os medios de comunicación e de presión social; logo, con retortos grandes titulares preventivos e subsidiados, chegan á voz de todos e – xa nos comentarios- prexulgan supostos relevantes e magnificados, xa condenan. E entón van detidos, son membros de ...calquera cousa que queiran satanizar, bandas armadas, independentistas violentos, organizacións ilícitas, grupos terroristas, pasan así a ilegalizar desde a tribuna do comentario procaz a organizacións políticas que pasan deles e das súas solucións, esas que non solucionan. Si

Presos políticos

se di Causa Galiza, grupos Anarquistas, Exército Guerrilleiro, Grupos de liberación Nacional, Resistencia Galega, extremistas -en definitiva- a quen se lles implica casos de terrorismo –que non acertamos a ver- no marco de varias actuacións policiais que se levan a cabo dende hai “x” anos.

O peor é o silencio, a mudez do noso pobo. A indiferenza que nos ata sen corresponsabilizarnos cos presos, que non cos delitos. E aí empeza o calvario, van á prisión preventiva e despois ao esquecemento, nunha causa que han tratar varios tribunais para chegar finalmente á consideración de delitos terroristas, a Audiencia Nacional –noutrora de Orde Pública- e mentres aínda nada pasou, aportan probas inculpadoras. O dano xa está feito, familias enteiras desgaxadas, persoas coa vida desfeita. Fano así para que podrezan remoendo a culpa que non tiveron. O caso colle nome, digamos “Operación Limpeza”

e seica insisten, para tentar convencernos, dicindo que fabricaron explosivos, artefactos caseiros a partir da gasolina que levaban no coche, nun depósito, que eran incendiarios e preparados para poñer en risco a integridade física das persoas a quen fora dirixido. A falta dun segundo xuízo, ou a aportación de novas probas, ou a avaliación de datos, ou de revisión do procedemento, o caso “Op. Limpeza” empeza aí, dáse por certo que están relacionados con todo o mal e, en rexistros domiciliarios que se fan, atopan “probas” que os incriminan. Os demais quedamos cridos nos titulares e sen mollarnos cos nosos presos. Sequera os partidos de esquerda, moi pulcros. Por outra parte, seica deron con ordenadores cheos de propaganda, con memorias cheas de contubernios xudeu-masónicos, como nos mellores tempos da ditadura que tanto nos ensombreceu e, polo visto, aínda asombra. Claro, ademais, nesta guerra global contra o terrorismo, de toda índole, teñen todas as cartas marcadas, sen a mínima contestación social, e quedan desamparados no medo, o enorme medo de non saber que fixeron! Esta é a guerra que habitamos, a de observar como pasan as cousas, mentres aqueles que os detiveron deciden o mellor para todos nós mediante a Lei Mordaza que vulnera todos os dereitos e as cotas mínimas de liberdade ou posible discrepancia. Á marxe da brutalidade de afirmar que agora todo é terrorismo. Por certo, a mellor análise que ten feito un preso é: “...de aquí, os drogadictos saen máis drogadictos, os delincuentes máis delincuentes e os independentistas, moito máis independentistas”. Terra e liberdade!


XVI FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XVII

BAIXO MIÑO TUi

O fútbol en Tui

g.FigUeiRedO

A primeira data que coñecemos da práctica do fútbol e a súa socialización en Tui vén da man do rexemento de Ceriñola en 1904. Poucos días despois da chegada do rexemento, organizaríase o primeiro partido entre a oficialidade e distinguidos novos da cidade, celebrándose nos xardíns da alameda, o día 20 de marzo. O fúltbol en Tui xógase a gran nivel ata o ano 1936 no que a guerra

O Tyde:

O seu ano de fundación data de 1926, froito da unión no seu momento do Areas de San Bartolomé e a aparición neses anos do primeiro Tyde F.C., da devandita unión sairía un equipo moi competitivo que por aqueles anos deu moitas alegrías á cidade, manténdose a gran nivel ata o ano 1936, ano que comenzou a guerra civil. A partir de 1951 e co nome de Tuy Rácing Club, disputaría os seus partidos no campo do cuartel (actuais terreos do colexio nº2 de ESO e do Instituto Indalecio Pérez Tizón), organizaríase o primeiro campionato de fútbol no baixo Miño no cal participaría con 5 equipos máis. A tempada 1982-1983 na serie A grupo sur, sería histórica para o Tyde, xa que, lograría o ascenso á TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL.

Tamén durante esa tempada xogaríase o último partido do equipo no campo do Chau Chau, o 15 de maio de 1983, o rival sería o Cambados ao cal se derrotaría por 5-0 dándolle ao campo unha despedida con vitoria. En xuño de 1983, inauguraríase o campo novo CHANS DO CARRASCO, co partido de volta da promoción da fase de ascenso contra o Mugardos, logrando o equipo a vitoria e o ascenso xa comentado a terceira división. Na primeira tempada en terceira división ano 19841985, conséguese o obxectivo do equipo, lograr salvar a categoría. A tempada 1988-1989 foi a última do equipo na terceira división nacional, deixando atrás uns anos nos cales o equipo e a cidade gozaron de bo fútbol e da presenza dos mellores equipos de Galicia. Despois chegaría a época dos 90, durante a cal o equipo, sufriría moitos altibaixos chegando a descender a primeira rexional. Pelexaríase por conseguir volver e tras varios ascensos e descensos o Tyde disputa na tempada 2001/2002 o seu último campionato na Rexional Preferente. Na actualidade o Tyde

civil absorbería toda a ledicía deste deporte. Despois do ano 1936 ata a época dos 50 o fútbol tudense e en xeral non ten gran repercusión debido á guerra e a posguerra. Nestes intres neste concello, Tui, conviven catro equipos de fúlbol: o Tyde, o Caldelas, o Guillarei e o Ribadelouro.

conta con oito equipos de fútbol e compiten nas seguintes ligas: Segunda Autonómica, L.G.F. 2ª División feminina, 1ª Autonómica Xuvenil, 1ª Autonómica Cadete Copa Coca Cola, 1ª Autonómica Infantil Pizza Móvil, Segunda Alevín F-8, Equipo “B” Segunda Alevín F-8 e Segunda Benxamín F-8 Liga Moviestar. O seu presidente é Jesus González López, a súa equipaxe é camiseta a raias vermellas e brancas, pantalón negro e medias negras. Xogan no Campo de Fútbol Municipal Álvarez Durán.

Caldelas CD:

O Caldelas CD. Conta con sete equipos competindo nas seguintes ligas: Segunda Autonómica, 2ª Autonómica Infantil Pizza Móvil, Segunda Alevín F-8 e o equipo “B” en Segunda Alevín F-8 tamén, Segunda Benxamín F-8 Liga Moviestar, Segunda Prebenxamín F-8 Liga Moviestar e por último,

os Biberóns non compiten. O seu presidente é Juan Andel Gándara Castiñeira e a súa secretaria Demelsa Gándara Castiñeira. Xogan no Campo de Fútbol O Foxo e a súa equipaxe é vermella.

bol” na parroquia e aspiran a que a meirande parte do equipo estea formado por veciños de Guillarei. O seu plan é ir pouco a pouco, comezando este ano cun único equipo en 3ª Rexional, e aspirando en próximas temporadas a poder contar tamén con equipos nas categorías base e mesmo cun equipo feminino. Quixo agradecer tanto o apoio do Concello coma de distintas casas comerciais no inicio deste novo proxecto.

CF Guillarei:

O Club de Fútbol Guillarei volveu á competición na temporada 2016/17 tras tres anos de ausencia de actividade. Unha nova directiva encabezada por Juan Carlos Coello asume con ilusión o reto de pór de novo en marcha ao equipo. O seu adestrador é o salcedense Pedro Pirelo e o equipo compite na 3ª autonómica. Xogan no campo de fútbol As Gándaras de Guillarei e a súa equipaxe é branca con raias azuis, pantalón azul e medias azuis. O presidente do C.F. Guillarei, Juan Carlos Coello, explicou que o seu obxectivo é “recuperar a ilusión polo fút-

CD. Ribadelouro:

Na actualidade este club de fútbol conta con tres equipos, un compite en Terceira Autonómica, outro en Segunda Autonómica Xuvenil e os infantís na Copa Infantil grupo 13 de Vigo. A súa equipaxe é camiseta vermella e branca, pantalón negro e medias negras. O seu presidente é Xosé Manuel Teixeira e xogan no Campo de Fútbol Santa Columba.


XVIII FINAIS DE NOVEMBRO 2016

BAIXO MIÑO g.FigUeiRedO fontes: diario Judío de mexico e concelllo de tui

Os xudeus de Tui, contaron con todos os elementos propios da súa comunidade relixiosa: Sinagoga, cemiterio -no arrabalde histórico da cidade coñecido como Riomuíños- ou a carnicería, formaron parte da identidade da poboación hebrea de Tui. A Sinagoga, denominada “tora” na documentación tudense, existe constancia nunha pequena anotación correspondente ao ano 1546, que di textualmente: “Rua dá Oliveira. Polas casas que foron Toura dúas Judeos que hei a cabaleriça que esta pegada ao muro han as Aniversarias de pension oyto mrs.”. Por tanto, a sinagoga estivo situada na “Rúa dá Oliveira”, na zona máis próxima á muralla medieval e os antigos palacios episcopais e non tería ningún valor arquitectónico pois nesta data o lugar que ocupou foi utilizado como caballeriza. Era un espazo de oración, de reunión e de estudo. Consérvase actualmente no patio da Sinagoga, na rúa Ordóñez, un lugar

A pegada hebrea en Tui

de celebración e de reunión da comunidade. O micvé, o baño ritual, achábase xunto ao patio, escavado na roca e alimentado pola auga da choiva. O micvé xudeu dará nome á porta máis importante da muralla medieval de Tui, a “Porta dá Pía”, que se refire á pila do baño ritual. Ao redor da Sinagoga concentraríase a maior parte da comunidade, aínda que estenderanse por outras áreas da cidade medieval. A casa de “Salomón” na Canicouba ou a de “Moises e Aarón” na rúa das monxas son dous exemplos de vivendas xudías do SXV, ademais da torre de Xudeu xunto á cal viviron membros de comunidade entre os séculos XIII e XIV. Manter un cemiterio era unha das obrigacións fundamentais para calquera comunidade hebrea. Primaba mesmo sobre a de construír unha sinagoga, xa que se para a oración pública era suficiente unha pequena habitación, resultaba de todo punto imprescindible dispoñer dun osario ou cemiterio

no que enterrar aos defuntos con arranxo aos ritos particulares da relixión xudía. No caso de pequenas comunidades que non contaban con cemiterio propio, os seus defuntos eran levados a enterrar ao cemiterio da alxama da cal dependían. Estes adoitaban localizarse fóra do recinto da xudería, incluso fóra do recinto amurallado da cidade. Con frecuencia estaban situados nunha pequena elevación de terreo, en terra non labrada, procurándose que entre a cidade e o cemiterio discorrese un río ou un arroio e entre un mínimo de cincuenta pasos da última casa, como prescribe o Talmud, e un máximo de dous ou tres quilómetros. Tui non é unha excepción a esta norma xeral posto que en 1526 menciónase o “monte que foi fosario dos xudeus”, o que non deixa lugar a dúbidas sobre a existencia do cemiterio, e en 1544 que estaba situado na contorna de “rrio de Moyños”, regato que, en palabras de Ávila e a Cova, baixaba do monte “Aloia” e distaba unha legua de Tui. En consecuencia, o de Tui, cumpría con todos os requirimentos prescritos para a localización dun cemiterio hebreo. Dentro da comunidade hebraica tudense destacaron os prateiros que chegaron a traballar para a catedral, como Abraham, Jacob ou Aarón Amim e dos cais aínda se conservan pezas por eles realizadas conservadas no museo catedralicio

como o cáliz gótico ou o relicario de coco. A expulsión dos xudeus en 1942 e a posterior conversión forzosa de moitos deles en Portugal en 1497, provocou o incremento das tensións sociais. A inquisición, nos seus numerosos procesos interrogatorios en Tui e a súa comarca orixinaría algúns episodios importantes da historia social da cidade. Moitos prateiros conversos, investigados polo Santo Oficio, crearían para a Catedral de Tui obras de gran calidade, como cálices, cruces, acetres ou cetros, que mostraban a súa pericia e a tradición artesanal da súa comunidade.O ascenso social dalgunhas familias xudeo conversas como os Coronel ou os Saravia, provocará a reacción do Cabildo de Tui ao opoñerse ao nomeamento de Francisco Coronel como cóengo da catedral no ano 1600. Das intervencións do Santo Oficio en Tui ademais da presenza da Inquisición na igrexa de Santo Domingo, están os extraordinarios “Sambenitos” da Catedral, exhibidos hoxe en día no Museo Diocesano. Son un conxunto de teas cos nomes dos xudaizantes penitenciados polo Santo Oficio, e son o únicos conservados en España. O cárcere capitular, realizada en 1611, na rúa de Entrefornos, tamén é unha mostra do conflito social e relixioso do momento, xa que estaba destinada a encarcerar ao cóengo xudeoconverso Francisco Coronel.

Tui aposta pola transformación da beira do Miño para convertela nun polo de atracción turística

O Concello de Tui aposta pola transformación do entorno ribeireño do Miño ao seu paso polo termo municipal garantindo a súa conservación medioambiental e ao tempo para convertendo esta zona nun pólo de atracción turística que axude a revitalizar a economía da zona. No marco deste ambicioso proxecto executouse xa a primeira senda entre a rúa Olímpicos Tudenses e a vella Ponte Internacional. A obra foi executada por Costas cun orzamento de 80 mil euros e supuxo unha actuación sobre 286 metros cadrados de senda, realizando 72 metros cadrados de escada xunto a Ponte Internacional para dar acceso á Avenida de Portugal, e se construíron 22 metros lineais de escolleira. Dende o Concello trabállase agora en poder realizar sendas fluvial que comuniquen toda a beira do Miño no termo municipal dende o límite con Salvaterra ata Tomiño, proxectos que o alcalde presentou tamén hoxe á xefa provincial de Costas, quen se comprometeu a colaborar na medida das posibilidades do seu departamento.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XIX

BAIXO MIÑO TUi g.FigUeiRedO

Os Mártires de Sobredo

O pasado 27 de novembro celebrouse en Tui o 94 aniversario dos Mártires de Sobredo, no acto homenaxe deste ano interviñeron María Do Mar Pérez Fra, Profesora de Economía Aplicada na U. de Santiago de Com-

Esta historia aconteceu o 28 de novembro de 1922 en Sobredo, Guillarei. O xuíz e a garda civil presentáronse en Sobredo para embargar os bens a un veciño que non pagou o foro. Os foros eran contratos que establecían, dende a súa orixe na Idade Media, o pago dunha renda anual sobre a posesión da terra. O cobro realizábase polo San Martiño, ben en especie (millo, viño, animais, etc.) ou en diñeiro. Estímase que máis das tres cuartas partes das terras cultivadas de Galicia estaban sometidas a este tipo de contratos. As labregas e labregos que traballaban terras que xa consideraban propias, herdadas de xeración en xeración, víanse na obriga de paga “o foro” aos titulares dun señorío, con dereitos de cobro derivados duns contratos nacidos centos de anos atrás. Os foros sobre as terras e a súa transmisión, xa fora por herdade ou por compra e venda, xunto coas demais

postela, e María Xosé Queizán, escritora. A organización do acto faina o Instituto de Estudios Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSO).

penalidades da época, impostos públicos, etc. Agravaba a difícil situación de vida da poboación galega, residentes nun territorio plenamente rural, impedían a modernización do agro galego e a agricultura que se practicaba era de subsistencia, dos escasos ingresos que se obtiñan, parte deles, había que entregalos obrigatoriamente no momento do pago das rendas do foro. Xa no século XIX tíñase claro que os foros eran unha carga sobre o campesiñado que beneficiou durante séculos á fidalguía e á igrexa; pazos, mosteiros, igrexas ou casa reitorais son a mostra dese lucro. As reformas para unha administración pública nova, que terminou co sistema de “señoríos” do antigo réxime, intentaron acabar cos foros; o primeiro intento foi na 1ª República coa lei de 1873, derrogada ao ano de aprobarse pola presión dos foristas rentistas. Todo isto propiciou que á chamada de aviso, co toque de campás e foguetes, xuntou máis de dúas mil persoas das parroquias do entorno, que se opuxeron a actuación xudicial. A represión da forza pública, disolvendo a manifestación a tiros, provocou que varias persoas resultaran feridas e tres quedaran mortas no sitio: Cándida Rodríguez González, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez Besada,

de Soutelo e Venancio González Romero, de Budiño. Sobredo, na memoria colectiva, queda dende ese momento como símbolo e lugar no que a sociedade labrega é martirizada, a tráxica morte dunha veciña e dous veciños, así como as ducias de feridos, poñen en evidencia a necesidade dunha urxente solución ao conflito agrario. A actitude firme e loitadora das mulleres e homes do agro, ao grito de “xustiza, pan e traballo” e o seu compromiso coa causa da abolición dos foros, levaron ao goberno a lexislar para terminar cun vestixio feudal, propio da sociedade estamental. Iso si, e convén resaltalo, salvando en todo o posible os intereses dos foristas que percibían rendas; pois a lei non foi de abolición, senón de redención. Iso significou que para ter a plena propiedade da terra houbo que pagar indemnizacións aos que cobraban os foros. Socialmente deuse un avance, mais cun novo sufrimento, o da emigración, xa que moitas e moitos tiveron que emigrar a América para xuntar os cartos cos que redimir os foros das súas terras. Sobredo quedou para sempre como referencia desa loita e ese esforzo colectivo, por iso no Campo dos Mártires érguese o monumento na súa memoria.

Antón Ferreira en poesía e Darío Rodríguez en fotografía gañadores do Concurso Relación Home/Muller 100% Positiva

Antón Ferreira Lorenzo, da Guarda, coa poesía “A carón da mesma árbore” e Darío Rodríguez dos Santos, de Mos, coa fotografía “Troula Enxebre” son os gañadores do Concurso Fotográfico/Literario Relación Home/Muller 100% positiva convocado polo Concello de Tui co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. O obxectivo do certame é resaltar de forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. Cada un dos gañadores recibirá un premio de 200€. Amais na categoría infantil os galardóns son para Sara Alonso Guerreiro de 11 anos de Tui polo seu poema “Ideas escuras”, e para Sergio Lorenzo Ares, de 16 anos de Tomiño, pola fotografía “A forza unión”. Neste caso o premio é un agasallo valorado en 150€. Tui forma parte dende este luns da iniciativa “En negro, contra a violencia de xénero”, sumándose así a campaña desenvolvida por dezasete concellos galegos.


XX

FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XXI

BAIXO MIÑO

Benítez anuncia 1,7 millóns de euros para a mellora de 2.577 km de sinalización horizontal nas vías provinciais O deputado de Mobilidade explicou que o obxectivo é garantir a seguranza viaria e “solventar un déficit histórico” polo mal estado de conservación da rede viaria “A actuación é integral e farase cun criterio técnico rigoroso: non pola petición do alcalde de ‘turno’”

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou un investimento de 1,7 millóns de euros para a mellora de 2.577 quilómetros de sinalización horizontal nas vías provinciais. En total actuarase en 226 estradas, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede de vías de titularidade provincial. A mellora, segundo dixo o nacionalista, enmárcase na nova filosofía do departamento de Mobilidade da Deputación que aposta pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave.

O plan porase en marcha agora logo de meses de traballo por parte dos técnicos provinciais de conservación e de analizar as necesidades. Segundo Benítez, “dende que chegamos ao goberno analizamos o estado de situación das estradas provinciais e detectamos un mal estado de conservación que viña de hai tempo. No relativo á sinalización horizontal os propios técnicos da Deputación tiñan manifestado que había un déficit histórico que había que solventar”. O deputado insistiu, así, en que os criterios de selección das estradas nas que actuar foi decidido logo dun traballo “serio e rigoroso” para priorizar as actuacións máis urxentes. “Serán cuestións técnicas e non políticas ou partidistas como ata agora as que marquen os lugares nos

que actuar. Non se farán melloras pola petición do alcalde de ‘turno’” Benítez explicou que quedaron fóra do plan de sinalización algunhas vías asfaltadas recentemente e tamén outras nas que o novo departamento de Mobilidade prevé actuar de maneira inminente ou a corto prazo con reformas integrais de maior calado. Algúns exemplos son a estrada que vai á igrexa de San Vicente ( O Grove) ou a estrada Concepción Arenal (A Guarda).

Estradas listas no verán O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que en toda a provincia se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas. A actuación prevese comezar tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan e, en calquera caso, na primavera do próximo ano, para que as estradas estean en “estado de revista” ao chegar o verán. Esta semana aprobarase a licitación do plan, que se divide en catro lotes territoriais. Esta división permitirá facilitar o acceso ao contrato a empresas de menor tamaño e tamén poder executar os pintados de forma paralela e, por tanto, máis áxil.

Actuacións O primeiro lote que se saca a licitación é o das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés, que suman 771,8 quilómetros de pintado e supoñen un gasto inicial de (orzamento de licitación) 516.018,49 euros. Actuarase en 71 estradas provinciais. Na comarca de Pontevedra pintaranse 332.8 quilómetros en 25 estradas. No Concello de Pontevedra renovarase a sinalización horizontal de 120 quilómetros (sete estradas), 46,5 en Ponte Caldelas (catro estradas), 45,6 en A Lama (tres estradas), 83 en Cotobade (seis estradas), 26,2 en Barro (catro estradas) e 11,2 en Poio (unha estrada).

Na comarca de Caldas pintaranse 245,4 quilómetros de liñas de sinalización horizontal que corresponden a24 vías: catro estradas en Caldas de Reis (68,134 quilómetros), unha en Portas (0,96 qm.), tres en Moraña (32,8 qm.) cinco en Campo Lameiro (58,9 quilómetros), catro en Cuntis (34,63 qm.), tres en Valga (33,32 qm.), unha en Pontecesures (1,83 qm.) e tres en Catoira (14,86 qm.). Na comarca do Salnés o plan de mellora da sinalización horizontal suporá o pintado de 193,6 quilómetros de sinalización horizontal en 22 vías. O concello de Cambados verá pintadas catro estradas provinciais (21,8 qm), o de o Grove unha (5,8 qm.), o de Sanxenxo cinco (50,8 qm), dous o de Meaño (26,8 qm.), catro o de Meis (63,7 qm.), tres o de Ribadumia (12 qm.), unha o de Vilagarcía (4,9 qm.) e dúas a Illa de Arousa (7,8 qm.). O segundo lote a licitar é o formado polas estradas de Baixo Miño, Condado e Paradanta, cun total de 46 estradas, 353, 4 quilómetros e un orzamento de licitación de 315.333,59 euros. Na comarca do Baixo Miño pintaranse 141,8 quilómetros de trazado, dos que 31,5 son en Tui (catro estradas), 74,2

en Tomiño, 0,5 en Oia (unha estada) e 35,6 en O Rosal (tres estradas). Na comarca do Condado o orzamento das actuacións ascende a 74,807,39 euros e permitirá a renovación da sinalización en 45,1 quilómetros de catro estradas provinciais en Ponteareas, de outras tres en Salvaterra do Miño (9,5 quilómetros), catro en As Neves (44,9 quilómetros), seis en Mondariz (99,3 quilómetros), e 12,8 quilómetros en dúas estradas de Mondariz Balneario.

Na comarca da Paradanta melloraranse 167 quilómetros de pintados en catro estradas en cada un dos concellos de A Cañiza (93,7 quilómetros), Covelo (34,8), Arbo (24,4) e outras tres estradas en Crecente (14,1 quilómetros). O terceiro lote é o das estradas da comarca de Vigo e de O Morrazo. Supón o pintado de 66 estradas e un total de 488 quilómetros, cun custe inicial de 379.860,76 euros.

Na comarca de Vigo renovaranse 372,2 quilómetros de sinalización horizontal de 49 estradas cun orzamento de 206.545,31 euros, sendo 37,5 quilómetros no Concello de Vigo (catro vías), 31,2 en Nigrán (cinco vías), 33,8 en Baiona (catro vías), 20,7 en Gondomar (tres vías), 20,4 en O Porriño (dúas vías), 36,9 en Salceda de Caselas (catro vías), 48,1 no Concello de Mos (catro vías), 35,8 en Pazos de Borbén (cinco vías), 15,7 en Fornelos de Montes (tres vías), 47,9 en Redondela (oito vías) e 44,3 en Soutomaior (dúas vías). Na comarca do Morrazo o pintado horizontal chegará a 115,8 q1uilómetros de lonxitude e a 17 vías, sendo 32,5 quilómetros no Concello de Cangas (cinco estradas), 11,9 en Moaña (unha estrada), 29,7 en Marín (cinco estradas)e 41,8 en Bueu (seis estradas).


XXII FINAIS DE NOVEMBRO 2016

BAIXO MIÑO A gUARdA

AA

Caminha e A Guarda seguen traballando para declarar o Esteiro do Miño como Patrimonio da Humanidade

Este mércores celebrouse no Concello da Guarda unha reunión de traballo para perfilar o expediente que a Cámara de Caminha e o Concello da Guarda, con Luis Miguel Alves, presidente do municipio portugués e Antonio Lomba, alcalde da Guarda, en representación dos seus concellos, presentarán para que o Esteiro do Miño entre na lista indicativa como Paisaxe Cultural da UNESCO. Os alcaldes revisaron a proposta realizada polos redactores do expediente César Abella, da empresa Trivium, e Jordi Tresserras, presidente de IBERTUR (Red de Patrimonio, Turismo y Desarrollo Sostenible) e consultor da UNESCO. Nesta xuntanza os alcaldes tive-

ron a oportunidade de enriquecer a proposta naqueles aspectos que consideraban máis salientables da relación entre Caminha e A Guarda en canto a paisaxe, patrimonio, natureza e relacións humanas. Tamén se falou do procedemento que ten que seguir o expediente para chegar a formar parte da lista indicativa. Neste proceso intervirá a Xunta de Galicia e os gobernos español e portugués.

Ó remate da reunión acordaron en facer a presentación definitiva da proposta ante os medios de comunicación antes de febreiro de 2017, momento no que aproveitarán para presentar o vídeo promocional desta iniciativa.

Heraldo xa sinaliza a entrada á Biblioteca Municipal da Guarda

Tal e como se anunciara en días atrás, o mural coa representación de Heraldo, a mascota da Biblioteca Municipal da Guarda, xa preside as escaleiras da entrada ao edificio da biblioteca da vila. Así, a nova mascota da Biblioteca, deseñada por Pablo Coballes e Anxo Sánchez e elixida entre as propostas presentadas ao concurso “Mascota da Biblioteca” celebrado o pasado mes de outubro, dáse a coñecer entre todos os guardeses e guardesas. O mural foi realizado coa axuda da profesora e algún alumno do curso de pintura organizado polo concello da Guarda, xunto cos creadores do deseño, Pablo e Anxo. Agora Heraldo, como imaxe da Biblioteca, tamén promocionará a lectura e a Biblioteca da Guarda, que recentemente

foi recoñecida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e pola Xunta de Galicia polo seu bo facer na promoción da lectura entre os nenos e nenas, a xuventude e outros colectivos sociais.

Arte na rúa no Rosal

Esta iniciativa parte do Concello do Rosal co obxectivo de potenciar a creación artísitica no concello e de invitar a tódas as persoas a desfrutar da arte en diferentes espazos abertos do Rosal. ¨Un dos propósitos do proxecto é fomentar a expresión artísitica na poboación, e para tal fin quere buscar a implicación da propia veciñanza. Os propios veciños e veciñas son as persoas máis próximas e que mellor coñecen os seus lugares, por iso a colaboración é fundamental. Xente nova, persoas maiores, mulleres, homes, grupos, colectivos, todas as ideas son benvidas.¨ sinala a nota de prensa municipal.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XXIII

BAIXO MIÑO TOMiñO

‘Antón Alonso Ríos’, nome escollido por votación popular para o instituto de Tomiño Éxito de participación para bautizar o centro con 2818 votos emitidos Antón Alonso Ríos é o nome máis votado para bautizar ao IES de Tomiño, que pasará a chamarse IES Antón Alonso Ríos, logo dos resultados escrutados hoxe e previa ratificación do Consello Escolar.

A elección de Antón Alonso Ríos foi apoiada por un total de 1026 votos, o 36% do total de votos emitidos. A participación na votación foi de 2.818 votos, dos que 402 votos foron depositados nas urnas físicas, e 2416 votos se rexistraron polo sistema dixital. A defensora das mulleres e dos movementos do campesiñado Isaura Gómez, foi o segundo nome máis votado, con 967 votos (34%). A terceira candidatura, o mantemento da súa actual denominación IES de Tomiño, foi votada por 825 persoas (29%). O Concello de Tomiño puxo en marcha un proceso pioneiro en Galicia para

a proposta e elección participativa de un nome para o instituto de educación secundaria do municipio. O proceso comezou en outubro coa recepción de propostas de tódolos cidadáns, que foron seleccionadas por un comité de expertos. En total recibíronse 51 propostas de nomes diferentes, das que o comité seleccionou 5 e o consello escolar do instituto decidiu os tres nomes finalistas que se someteron a votación.

A votación celebrouse durante 12 días (2-13 de novembro), en urnas situadas no instituto e na casa consistorial de Tomiño e tamén a través dun procedemento de votación on line. Hoxe ás 12.00 horas procedeuse a apertura das urnas no Concello e ao proceso de reconto. Os resultados serán notificados ao consello escolar do IES de Tomiño que, unha vez aprobado, presentará unha solicitude formal de cambio de nome á Consellería de Educación. Antón Alonso Ríos (Silleda 1887 - Bos Aires 1980) foi un mestre e pedagogo intimamente ligado a Tomiño, especialmente na etapa da II República. En Tomiño dirixiu a escola Aurora del Porvenir, onde desenvolveu un modelo educativo innovador, incorporando á educación práctica forestal. O franquismo obrigouno a emigrar a América. Par-

ticipou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo, que presidiu logo da morte de Castelao e ata 1950.

O instituto de Tomiño conta con 600 alumnos. O proceso participativo para escoller o novo nome do instituto de Tomiño é unha iniciativa pioneira, incluída no programa Educación da boa, posto en marcha no curso pasado polo Concello de Tomiño , coa finalidade de promocionar o instituto e un ensino público de calidade. A alcaldesa explicou que a intención do equipo de goberno é lograr un maior vencellamento entre o instituto e os veciños e veciñas. “Por esta razón come-

zamos pola escolla do nome; queremos que os cidadáns participen máis na actividade e na mellora do IES, e que o IES se abra cada vez máis á sociedade. Cremos que é fundamental ter, mais tamén valorar unha educación pública de calidade”, salientou Sandra González.

O programa Educación da boa inclúe, ademais do bautizo, unha análise das preferencias da comunidade escolar a través dunha enquisa, un programa de conferencias de orientación profesional para os alumnos do instituto e un plan comunicación e divulgación en redes sociais sobre as actividades do centro educativo.


XXIV FINAIS DE NOVEMBRO 2016

BAIXO MIÑO TOMiñO

Os cidadáns de Tomiño e Cerveira poden escoller tres proxectos para ser realizados conxuntamente por ambos concellos O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) , dotado con 20.000 €, é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal/Galicia Os cidadáns poden votardurante un mes, para elixir tres proxectos de entre seis das área de Cultura, educación e acción social

Dende o 10 de novembro ata o 10 de decembro, estase a realizar unha novidosa experiencia de cooperación co lanzamento do primeiro orzamento participativo de carácter transfronteirzo. Mediante este proceso de participación os cidadáns de Tomiño e Vila Nova de Cer-

veira poderán escoller mediante votación telemática, tres proxectos de cooperación (a realizar ao longo de 2017) de entre seis, redactados no marco da Axenda de Cooperación Transfronteirza Cerveira Tomiño. Son seis os proxectos pre-

sentados para que cerveirenses e tomiñeses, maiores de 18 anos e electores nos concellos, poidan escoller os tres preferidos, un por cada categoría. En Educación, as propostas a escoller son a realización da Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017 ou o 1º Campus Deportivo e Educativo CerveiraTomiño En Cultura, se poderá elixir entre a organización da Festa Amizade Cerveira-Tomiño ou a realización do Encontro de Creatividade Cultural e Musical do MiñoFinalmente, en Acción Social, se poderá optar pola elaboración dun Programa de Voluntariado de Apoio á Inclusión Social Infantil e Xuvenil ou a dun Programa transfronteirizo para a información,

apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade. As fichas explicativas dos proxectos figuran nunha páxina web creada expresamente para esta votación denominada www. participacerveiratomino.eu

O proceso de votación é simple: trátase de entrar na páxina www.participacerveiratomino.eu e rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI; premer en “Participa”, seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do padrón electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguroposible. O período de votación é dun mes, rematando o día 10 de decembro. A presentación dos tres proxectos máis votados está prevista o día 12 de decembro. Os proxectos de coopera-

ción que se someterán a votación, son o resultado da actividade desenvolta durante varios meses polos grupos de traballo transfronteirizos (áreas de Educación, Cultura e Acción Social), nos que participaron unhas 40 entidades e persoas de ambas marxes; un traballo longo e concertado, desde o inicio do ano, enfocado á definición de prioridades e estratexias comúns.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño (OPT) é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal /Galicia, que ten coma obxectivo involucrar aos cidadáns dos dous concellos veciños, na formulación de solucións para necesidades comúns. Dotado de vinte mil euros (20.000€), financiados ao 50% polas dúas entidades locais, servirá para costear os proxectos acometidos conxuntamente, tras a votación popular.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XXV

BAIXO MIÑO TOMiñO

TOMiñO

A peluquería Manel Riveiro Peluquer@s & Estética realiza un Calendario Solidario para o 2017

O Concello de Tomiño oferta, de balde, actividades extraescolares nos colexios de primaria, infantil e secundaria

O prestixioso perruqueiro tomiñésManel Riveiro, para promocionar o

salón e os seus servizos, decidiu facer un Calendario Solidario en colaboración co estudo fotográfico guardés Phototeca B&N, a empresa gráfica viguesa Coktail de Ideas e a distribuidora de produtos de barbería Procabelo de Portugal o cal custea o montante total dos devanditos calendarios. Manel Riveiro, propietario da barbería, infórmanos que o importe íntegro que se recade será destinado a través de vales de consumo en establecementos adheridos á Asociacion de comerciantes de Tomiño ADETO. A repartición desta achega solidaria será distribuída e adxudicada polos asistentes sociais do Concello quen teñen constancia da precariedade dos máis necesitados

TOMiñO

Brais Pereira medalla de ouro

judoka tomiñés Brais Pereira conseguiu o ouro no Torneo Internacional de Judo que se celebrou en Avilés. O ju-

duka do Baixo Miño conseguía a medalla de ouro na categoría de -81 kg tras gañar todos os seus combates pola máxima puntuación IPPON, demostrando ser un dos mellores judokas nacionais na súa categoría. Agora espéranlle próximos compromisos como a súa participación este próximo fin de semana na Copa de España Junior que se celebra en Amurrio e a Copa de España Senior que se celebra en decembro en Arteixo.

dade de nenas e nenos que estaban apuntados, coma no caso de Inglés, Actividades Infantís, etc.

O Concello de Tomiño financia un programa de actividades extraescolares en distintos centros educativos do municipio. Na oferta formativa, totalmente gratuíta para os estudantes, podemos atopar dende o xa clásico Inglés, Francés ou Multideporte, até propostas máis innovadoras, coma Linguaxe de Signos ou “ImaxinAcción/Entre Pantallas”; un taller que busca fomentar a creatividade e a capacidade de expresión a través do audiovisual.

As actividades ofertadas este curso escolléronse por nivel: para Infantil: Contacontos, Dibucontacontos, InspirArte e Pequenos valentes; para Primaria: Multideporte, Lingua de signos, Inglés, Francés e ImaxinAcción. Por último, para o IES: Zhumba, Inglés e Entrepantallas. Nalgunhas actividades foi necesario facer varios grupos debido á canti-

O número total de mozas e mozos beneficiarios foron 252, sendo 236 socios de ANPAS e 16 non socios. O programa é unha iniciativa da Concellalía de Educación. Para a selección das actividades, tivéronse en conta diferentes criterios: as características de cada centro educativo, a acollida entre o alumnado (mínimo de 10 persoas), e a vontade de incentivar a empregabilidade e o emprendemento, polo que se contactou con profesionais da zona directamente, non con empresas).

ImaxinAcción é unha das actividades extraescolares máis novidosas que busca fomentar a creatividade dos nenos e nenas do CEIP Tebra e IES de Tomiño. Outra das actividades máis novidosas é a de Lingua de Signos, que pretende impartir técnicas instrumentais de comunicación entre as persoas xordas e as oíntes. O programa de actividades esténdese entre os meses de outubro de 2016 e xuño de 2017, e representa un investimento de 14.674,88 euros.


XXVI FINAIS DE NOVEMBRO 2016

NEGOCIOS CON HISTORIA A.A.

Esteban Dantes de Casa Henriqueta:

O xoven que quere dar a coñecer Oia ao mundo a través da súa cociña Falar de Esteban Dantes Álvarez (Oia, 1981) é falar dun home que aposta firmemente pola hostelería tradicional galega, buscando novas formas de preparación da excelente materia prima que temos nas Rías Baixas. El é unha persoa enamorada da súa Oia natal e que fai de embaixador do seu concello cando acude a feiras gourmet de Madrid, ou de benefactor nas innumerables festas gastronómicas locais. Os peixes que obtén nas lonxas da Guarda e

Cal é a historia de Casa Henriqueta, Esteban? Estamos nunha casa do século XVI que pertenceu ao Mosteiro (era o antigo forno). Trala Desamortización de Mendizábal pasou a mans privadas, primeiro a un gandeiro e agriculturor do pobo, logo foi pasando por varias familias, ata os últimos propietarios que tiñan o alcume ¨Os da Henriqueta¨. A persoa que herdou a casa, en 1999 púxoa á venda e un familiar meu comprouna, fíxose unha restauracion, e se iniciou a actividade de restaurante co nome de ¨Casa Henriqueta¨. Tivo actividade ata o 2008, e no 2013, xa é cando a retomo eu, coas ideas de recuperar a cociña tradicional, potenciar o comercio local así como o recurso humano da zona.

Que ofrece Casa Henriqueta? A nosa filosofía é ofrecer ao cliente unha boa cociña tradicional, de costa, mellorando pouco a pouco e introducindo novas formas de elaboración, modernizando a exquisita materia prima da que dispoñemos. Ademáis, cada ano estamos introducindo un alimento de fóra. Unha aposta diferente, e que en ningún outro sitio da zona se oferte. O ano pasado traballamos un pato da zona de Roncesvalles que foi un éxito rotundo.

E que tes en mente para este ano que entra? Vai ir tamén pola parte da cociña de

Baiona, as carnes da Serra da Groba, o poldro, o sargo... son pratos que se poden atopar na Casa Henriqueta, o restaurante que rexenta e que pretende levar esta esquina de Galicia ao resto do mundo. Un lugar idílico cunhas paisaxes que farían as delicias de calquera persoa. Atopar no local o universal, filosofía que practica, alén de empregar os produtos culinarios do lugar, con man de obra da bisbarra; un magnífico equipo de profesionais formados por el mesmo.

caza...-Isto é unha exclusiva, eh!- Eu estiven viaxando moito por Castela e alí probei un prato que me namorou: A lebre. Estamos traballando a mellor forma de preparala, xa que non é un prato fácil de elaborar.

Cal é o alimento máis distintivo de Casa Henriqueta? A empanada de millo. Temos unha receita xa consolidada e ancestral, que fomos innovando e mellorando. Investigamos, probamos, corriximos... Nós somos moi autocríticos, pero deste xeito, demos cunha receita única. A nosa empanada emblemática é a de mexilóns con chourizo. Unha mistura entre mar e montaña, na que buscamos ese contraste de sabores, que dean un resultado novo. Outros dos pratos máis reseñables de Casa Henriqueta é o polbo á prancha con grelos e prebe, que está triunfando, actualmente. E no caso dos mariscos, facémolos do xeito máis tradicional, no seu punto de cocción exacto e mantendo a nosa forma ancestral de preparalos. Por suposto, sempre de tempada e según mercado, introducindo, aos poucos, unhas pinceladas de cociña moderna que lle dan un toque especial. Pero os pratos reis da casa son a fideuà de rape con ameixas e langostino, e os fideos de polbo, que é unha receita que naceu na casa da miña avoa.

-Ao escoitar toda esta suculenta carta fáisenos a boca auga, chega a

Cabe sinalar que anda tamén metido en todo canto evento hai na comarca e colabora co deporte local como co Santa María Surf Club ou co Club Ciclista Oiense. Ademáis é un gran aficionado do motor, ten un taller (Talleres Dorado) na Guarda, que explota xunto a súa cuñada Miriam Dorado. Desta volta, agudizamos os sentidos, nunha longa e marabillosa conversa con el e co seu amigo Héctor, un home con moito xeito, disfrutando duns marabillosos pratos e dun viño exquisito.

empanada de millo, probámola, e alucinamos coa amalgama de sabores dentro dunha masa algo máis fina e lixeira da que estamos acostumados. É perfecta.Supoño que estades moito máis relaxados agora despois da tempada estival. Como levades o inverno? Aguantades ben? Pois aguantamos o inverno despois de ter feito un sobreesforzo no verán. Toda esta zona, que vive cunha porcentaxe moi elevada do turismo, precisaría dun apoio institucional no inverno. Deberíanse facer campañas publicitarias, por non falar dun traballo máis de fondo de desenvolvemento industrial, cooperación empresarial e tamén institucional, entre os concellos, comarcas...

Notouse a crise? E nótase. Aguántase con moito esforzo, dedicación e tamén imaxinación. Tivemos que facer, non só nós, senon todos os sectores, un exercizo de adaptación aos novos tempos. Axustar os prezos, redobrar o traballo, innovar, realizar actividades como, no noso caso, catas de viños, queixo e xamón, xornadas gastronómicas, e sobre todo manter a calidade e incluso implementala. Agora mesmo podo dicir con orgullo que teño unha das mellores adegas de viño da zona.

En Galicia, o obxectivo era comer moito e pagar pouco, agora cos programas de televisión de cociña está a

cambiar a visión do público? Si, evidentemente houbo un cambio desde que se puxo de moda a cociña, e agora o cliente pregunta máis, interésase máis polo produto e a súa elaboración. En Galicia estamos a mellorar moito nese sentido.

Observamos que tes todo rotulado en galego. Gústanos. A miña aposta polo noso idoma é coherente co meu compromiso coa terra e coa nosa cultura. E se falamos en termos empresariais, o cliente é quen demanda o servizo en galego, incluso a xente de fóra. Nun restaurante de cociña tradicional é o lóxico.

Esteban, acabas de ter unha filla. Gustaríache que este fose un negocio de futuro, con relevo? Sí. Se a eles lles gusta si (ten unha nena e un neno). Pero mira, a hostelería hai que respectala máis. E neste país, moitas veces, trátase fatal. Todo o mundo monta un bar, moitas veces como alternativa laboral, sen ter moita idea do negocio. Eu estou aprendendo dende o primeiro día, busco aprender e mellorar sempre. Estou namorado deste oficio e creo que hai que tomalo máis en serio. Falando da familia, teño que dar as grazas o apoio que sempre me brindaron tanto os meus pais, como a miña muller Tere. Moitas grazas por todo, Esteban.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XXVII

VAL MIÑOR gONdOMAR

NigRáN

Gondomar insta á Xunta para que inicie o expediente sancionador a empresa Melytour por incumplimento de horarios e itinerario

Unha vintena de empresas optan a reformar o pavillón de Panxón e medio cento a realizar as obras de abastecemento de auga a Parada O Concello ten acelerado os trámites para que ambos traballos, de máis de 400.000 euros respectivamente e con cargo ao remanente de 2015, arranquen antes de remataro o ano Os sobres coa documentación administrativa serán abertos este mércores e os que conteñen a proposta económica o vindeiro

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira instou a Xunta para que inicie expediente sancionador a empresa Melytour dado que esta, dende fai días négase a realizar o transporte de viaxeiros dende Gondomar ata as parroquias de Chain e Morgadans.

O argumento alegado pola empresa para o incumplimento do servizo son as obras que manteñen cortada a rúa Emigrante, pretexto que o goberno municipal considera inxustificado o ser habilitada unha vía alternativa pola rúa As Pereiras, que fai que o tráfico de vehículos destas características quede totalmente normalizado. De feito, esta vía alternativa é a usada polos outros transportes pesados e de viaxeiros como o transporte de escolares que realizan Galisur, Autos Grova, etc. Segundo Ferreira: “esto non deixa de ser un pretexto que a empresa esgrime para refusar o ter que realizar dito servizo as parroquias de Chain e Morgadans”. Por elo hoxe mesmo requeriuse novamente a empresa para que restitua inmediatamente o servizo. Así, como a Xunta de Galicia que ten a competencia para que se inicie un expediente informativo e que obligue a concesionaria Melytour a restituir e cumprir o servizo establecido para Gondomar o cen por cen.

Un total de 19 empresas optan a realizar a reforma interior do Pavillón Municipal de Panxón e 51 ás obras de abastecemento á parroquia de Parada. En ambas actuacións, con orzamentos base de 422.271 euros e 457.204 respectivamente, o Concello ten acelerado os trámites ao máximo para que os traballos arranquen antes de finalizar o ano con cargo ao remantente de tesourería de 2015 (tal e como se aprobou no pleno de xullo). Estos prazos a día de hoxe se cumplirían. "Estamos traballando duro para que as obras poidan empezan canto antes, o noso obxectivo é que sexa antes de decembro e polo momento os prazos para que así sexa son os axeitados. En calquera caso, son proxectos cruciais para o noso municipio cos que o goberno local está comprometido ao cen por cen, polo que dun xeito ou doutro se van realizar", incide Juan González, alcalde de Nigrán. O pavillón de Panxón, tras case trinta anos de vida e aínda que o seu estado de conservación é bo, presenta carencias relativas á normativa de se-

guridade e accesibilidade, mentras que, dende o punto de vista estético, a súa apariencia está anticuada e carente dun criterio homoxeneo tralas múltiples reformas que se lle foron facendo sen un nexo común. Unha das prioridades desta reforma que se vai a contratar é converter ao lugar nun espazo accesible para tódolos deportistas e visitantes, á marxe das súas capacidades psíquicas ou físicas e acorde así co proxecto de "Un Nigrán para todos" que serve de referencia para calquera intervanción. Para isto, entre outras medidas, eliminaranse os sobresaltos (converténdoos en ramplas accesibles), crearanse percorridos acondicionados e reformarase un dos locais para albergar os vestiarios adaptados. En prol da mellora da seguridade, limitarase o aforo e incorporaranse as instalacións contra incendios axeitadas. Ademais, sinalizaranse os percorridos de evacuación e reformaranse as saídas de emerxencia. Así mesmo, renovaranse as instalacións de fontanería e electricidade, introducirase un novo sistema de ventilación, colocaranse paneis solares para a produción

de auga quente, dotaranse de nova iluminación, novos asentos no graderío... En canto á estética, para renovar a súa faciana e outorgarlle un aspecto de conxunto homoxéneo, entre outras intervencións, cambiaranse os pavimentos e carpinterías. "Todas estas actuacións redundarán na emenda das deficiencias que agora presentan as instalacións do edificio e dotarán ao polideportivo dunha estética conxunta e renovada, acorde cos usos e o momento actual", resume o alcade. Levar o abastecemento de auga á parroquia de Parada é outro dos obxectivos deste goberno, que no pleno do pasado mes de xullo decidiu asumir o custo das obras con cargo ao remanente de Tesourería tras ter revocado a Xunta unilateralmente o convenio (en contra de toda a corporación). O obxectivo é levar a agua a Parada polo barrio de A Carrasca para dar servizo aos barrios de Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa, xa que Aqualia e Concello están ultimando o proyecto que a leva a unha parte desta parroquia e de Camos a través de Nandín. Esta ampliación da rede de abastecemento que se vai contratar mediante a instalación dunha nova conducción beneficiará a preto de mil veciños residentes no entorno (na parroquia actualmente se surten mediante pozos ou traídas comunais). "O primordial é que se fagan as obras e con este obxectivo as contratamos íntegramente dende o Concello, xa que un dos nosos compromisos electorais é levar saneamento e abastecemento a tódalas parroquias", asegura González.


XXVIII FINAIS DE NOVEMBRO 2016

PUBLICIDADE


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XXIX

VAL MIÑOR gONdOMAR

O Concello de Nigrán recupera a figura mitolóxica do Apalpador cun certame de cartas dirixido aos escolares do municipio

O Concello de Nigrán, a través do recén creado Servizo de Normalización Lingüística, recupera para este Nadal a figura mitolóxica do "Apalpador" mediante un certame de cartas dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do municipio. O obxectivo é promocionar a cultura galega e o noso idioma, xa que consiste en propoñer palabras en galego relacionadas con esta época do ano. O prazo para participar arranca

este luns e finaliza o 20 de dec e m b r o , debendo os interesados depositar a súa carta no buzón habilitado para tal fin en cada centro educativo, na Casa do Concello ou na Biblioteca Municipal. Á volta das vacacións entregaranse os premios (un por categoría) e o Apalpador responderá a tódolos participantes entregándolles ademáis un pequeno agasallo.

"A través da Deputación de Pontevedra, no Concello de Nigrán dispomos por vez primeira na súa historia dun Servizo de Normalización Lingüística co que, con esta e outras iniciativas que

levaremos a cabo, pretendemos chegar a toda a veciñanza, neste caso impricando aos máis cativos, que son os máximos garantes do noso patrimonio oral", sinala o alcalde, Juan González.

O "Apalpador" e unha figura lendaria do interior de Galicia, trátase dun home de pelo vermello que durante todo o ano traballa de carboeiro e que, durante o Nadal, cando chega a noitiña, vai polas casas apalpando as barriguiñas dos nenos para ver se comeron ben durante todo o ano. Aos que teñen o bandullo cheo, por seren bos comedores entregalles un agasallo. Nesta ocasión, o Apalpador advirte de que tamén vai apalpar a cabeza dos nenos de Nigrán para saber cantas palabras coñecen en galego relacionadas co Nadal, porque ten a impresión de que son moi poucas. Por iso invita aos rapaces a que lle escriban unha carta na que recompilen estas verbas, podendo facer debuxos para ensinarlle mellor o significado.

Achégase a 8º Xeira Alén Miñor.

Aínda estás a tempo de reservar a túa praza

Aínda quedan prazas para a 8ª Xeira Alén Miñor que terá lugar por Terras de Covelo o vindeiro sábado 3 de decembro. Animádevos a compartila.

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE DATAS: 3 de Decembro (sábado) PREZO SOCIOS: 40 EUROS PREZO NON SOCIOS: 45 EUROS O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas co seguro, a comida, os guías, e as visitas. HORARIO: SAÍDA DO AUTOCAR : 8:15 de Gondomar, dende a explanada do pavillón de deportes.

9.30. En Paraños (Covelo) visitaremos o centro de interpretación, lagar da cera e eira da cera. 12.00 - Na Lamosa (Covelo) veremos o curadoiro das Brasileiras, lagar de cera e, se é posible a eira elevada e outros elementos existentes no lugar. 14.00 Xantar na Reitoral de Fofe (Covelo) 16.00 Visita dun Chozo da serra do Suído ou o Foxo do Lobo 18.30 Nas Neves degustaremos na Cooperativa Condado - Paradanta de requeixo e mel os produtos que nela se producen.

CHEGADA: Ao mesmo lugar de partida. Entre 21:00/22:00 GUÍA: Damián Copena (Investigador da Universidade de Vigo e estudoso do patrimonio apícola cereiro) Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00. Asignarase un número a cada inscrito, que deberá citarse cando se faga o ingreso bancario. Conta do IEM: ES 95 2080 5035 0730 4001 4164 de ABANCA Unha vez feito o ingreso, agradecemos envíen o xustificante ao correo electrónico oficina@iem.gal o antes posible.

O BNG denuncia o escurantismo do Goberno de Gondomar en relación á Ordenanza Reguladora de Participación Cidadá

A Asemblea Local do BNG infómanos da situación de opacidade na que se atopa o trámite do futuro Regulamento de Participación Veciñal. Así, o concelleiro desa área, esquecendo as promesas electorais a respecto do carácter aberto e participativo do proxecto, pretende aprobar definitivamente o texto sen comunicar explicitamente á veciñanza e aos seus colectivos que está aberto o período de exposición pública e de proposta de alegacións. A Ordenanza, publicada no BOP do 11 de Outubro, dispón dun prazo de trinta días hábiles para recibir reclamacións, prazo que remata a finais da vindeiro semana. O texto aprobado inicialmente, de difícil comprensión pola mala e revirada redacción, foi elaborado baseándose en regulamentos que levan anos funcionando noutros concellos, pero exclúe algunhas das cuestións máis participativas deses regulamentos que non aparecen recollidas no texto presentado polo Concello de Gondomar para a súa aprobación. Moi lonxe fican os foguetes do seu acordo de goberno, no que prometían “Artellar mecanismos para a participación e o control da acción do goberno por parte da veciñanza nas parroquias, a desenvolver polo regulamento de Participación Cidadá”. O BNG considera que a veciñanza, debe poder exercer o seu dereito a participar na mellora do documento, para que o Regulamento de Participación Veciñal sexa aprobado coa maior cantidade de achegas posíbel e non só coas fornecidas polo propio equipo de goberno. Trátase de non perder a excelente oportunidade de dispor dunha ferramenta de control do goberno e de participación activa na vida municipal, que tantas veces temos botado en falla.


XXX FINAIS DE NOVEMBRO 2016

VAL MIÑOR NigRáN

O Concello de Nigrán celebra co centro Juan María o Día Internacional da Discapacidade O Auditorio Municipal acollerá os diferentes actos dende o 30 de novembro ata o propio 3 de decembro Concello e Juan María conmemorán ao mesmo tempo un ano de traballo conxunto en "Un Nigrán para todos", proxecto pioneiro para mellorar a accesibilidade no municipio

O Concello de Nigrán celebra un ano máis co Centro de Educación Especial Juan María o Día Internacional da Discapacidade. Os actos, dende o 30 de novembro ao propio 3 de decembro no Auditorio Municipal, foron presentados no centro ubicado en Parada coa asistencia dos alcaldes de Nigrán e Baiona e a delegada territorial da Consellería de Política Social. Durante a presentación proxectouse en primicia o vídeo promocional deste ano, elaborado dende o centro cos usuarios como protagonistas (no mesmo participan os tres alcaldes da comarca, empresarios, asociacións...). Tódolos actos teñen como sede o Auditorio Municipal de Nigrán, permitindo conmemorar ao mesmo tempo un ano de traballo conxunto entre Centro Juan María e goberno local a través de "Un Nigrán para todos". Este é un proxecto pioneiro para mellorar a accesibilidade no municipio eliminando as barreiras físicas que impiden o acceso a determinados espazos, as sensoriais que impiden o acceso á información a través dos sentidos ou as

cognitivas que impiden a comprensión do entorno e os seus elementos. Ao longo deste ano, tódalas pautas nacidas neste grupo foron aplicadas a cada un dos novos espazos e, ademais, reformaronse outros. Coma exemplo: semáforos intelixentes para invidentes, reforma da pranta baixa do Concello (en obras actualmente), beirarrúas con rebaixes nos pasos de peóns... A programación especial arranca o 30 de novembro coa inauguración no Auditorio (19.00 horas) da mostra fotográfica sobre accesibilidade "Nos why not?". O día seguinte á mesma hora proxectarase "La historia de Jan", unha película que relata a superación e aceptación dun pequeno con síndrome de Down. O día 2 terá lugar unha xornada relativa ao décimo aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Na mesma intervirá o rexedor de Nigrán para abordar as actuacións de accesibilidade física e sensorial enmarcadas no proxecto "Un Nigrán para todos". Ademáis, haberá diferentes ponencias que tratarán dende o procedemento de incapacitación, a lectura fácil, a seguridade como dereito fundamental... Xa o Día Iternacional da Discapacidade, o 3 de decembro, haberá música en directo a partires das 17.00 horas, se lerá o manifesto e o Concello voltará a iluminarse de verde, cor que representa a plena inclusión.

Gondomar oferta cursos de proxectos de tempo libre, manipulador de alimentos e ensino de inglés

O Centro de Información ás Mulleres de Gondomar (CIM), ten dispoñibles tres cursos de formación online, orientados as veciñas de Gondomar e alrededores interesadas en continuar formándose en actividades con grande demanda laboral. Os tres cursos impártense de maneira gratuita e a aprendizaxe realizase a través de plataforma online, unha vez concluida a formación as participantes reciben un diploma que certifica o seu rendemento no programa; dito certificado puntúa nos procesos de selección. Dous dos cursos ofertados están dirixidos a todas aquelas interesadas nas actividades educativas, xa que se trata de un curso para a creación de proxectos de tempo libre que entre outras cousas capacita para traballar en actividades de entretemento con nenos e mozos; o segundo tratase de un curso para a mellora de habilidades de educador, neste caso educación infantil da lingua inglesa. Por último ofertase o curso de manipulador de alimentos, esixido para traballar en hostelería. O Concello de Gondomar conta con unha rede Wifi gratuita na Casa da Cultura, onde as interesadas poderán levar a cabo a formación dividida en unha serie de horas de traballo;no caso do curso de elaboración de proxectos de tempo libre, tratase de 20h; para o curso de ensino do inglés será de 40 h e no caso do curso de manipulador de alimentos será de 5h. Escóllese este tipo de metodoloxía xa que é flexible e adaptase as rutinas diarias da estudante. Para poder realizar algun de estos cursos hai que formalizar a inscripción no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa de la Cultura de Gondomar

Restaurada a fonte de Praia América

O Concello de Nigrán está a levar adiante os traballos necesarios para restaurar por completo a fonte de Praia América e o seu entorno. A obra, financiada nun 90% pola Deputación de Pontevedra cun orzamento de 13.333,33 euros, se enmarca nun convenio co ente provincial para mellorar o Sendeiro Azul de Praia América e Panxón. O obxectivo final é adecentar o entorno da fonte e que luza o máis fiel posible ao proxecto orixinal de 1950. Paralelamente, restaurouse e reorientouse un reloxio solar labrado en pedra que ficaba prácticamente abandonado nesta misma área e que agora preside un espazo recén axardinado fronte a fonte. Ademáis, instalaranse catro novos bancos para facer do espazo un verdadeiro punto de descanso e de encontro entre os veciños. "Apostamos por recuperar o noso patrimonio e darlle o máximo valor, é unha magoa que a fonte levase tantos anos completamente descoidada sendo un emblema do municipio. Esta subvención da Deputación serve non so para manter mellor este espazo, se non tamén para dalo a coñecer, darlle máis publicidad e ofrecer unha imaxe mellor do municipio", sinala o rexedor, Juan González. A Deputación de Pontevedra ten en marcha un plan de acondicionamiento dos sendeiros azuis da provincia cun orzamento de 183.333,26 euros. O de Nigrán acadou este título en 2013 e se localiza nunha ensenada orientada cara o oeste entre Monteferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muiños dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América.

O Concello de Nigrán promove as actividades interxeneracionais cun obradoiro de cociña Na inscrición, que comeza mañá xoves e remata o 9 de decembro, terán preferencia as persas de diferentes xeraciós que se anoten xuntas

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza un obradoiro de cociña “Coas mans nos pucheiros” no marco do Programa Tecendo Lazos destinado a fomentar as relacións interxeracionais. Poden participar persoas de calqueira idade (con preferencia empadroados en Nigrán). O prazo de inscrición remata

o 09/12/2016, debendo facerse no Rexistro Xeral do Concello de 9.00 horas a 14.00 horas. Terán preferencia as persoas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeraciós (netas/os, avós/as, fillas/os, nais/ pais…..) As persoas interesadas deberán aportar a seguinte documentación: solicitude de inscrición na que deberán

constar todos os membros da familia, fotocopia do DNI das persoas participantes que se recollan na solicitude, autorización/compromiso de responsabilidade (só necesario para menores de 13 a 16 anos que acudan sós ao obradoiro, os de menos de 13 teñen que acudir sempre acompañados dunha persoa adulta) e volante de empadro-

namento das persoas inscritas. O obradoiro desenvolverase do 16 ao 28 de decembro no Colexio de Educación Especial de Panxón, os luns, mércores e venres, no horario de 17.00 horas a 19.00 horas cunha duración de 16 horas. As datas e horarios poden sofrir variacións.


FINAIS DE NOVEMBRO 2016

XXXI

LINGUA Kike Estévez Filólogo e regueifeiro

O brindo.

Un canto que esmorece nas montañas (segunda parte)

“Inda me vou defendendo, agora xa non queda ninguén na aldea pero ando co coche pa riba e pa baixo e vou tirando” “Da televisión é que non chaman para botar uns brindos” Antonio Río, O Ribeira de Louzarela, Louzarela, outono 2016

improvisadores poéticos é outro. Habería que contar como estes tesouros humanos que son os repentistas, noutros lugares do mundo son coidados, protexidos e promocionados por parte das institucións coa fin de que esta arte non esmoreza e de que a mocidade tome exemplo dos cantores (e das cantoras) máis vellos e experimentados. Casos como o bertsolarismo basco, as corrandas catalás ou mesmo o repentismo cubano e o seu afán por preservar, axudar, protexer e sobre todo documentar estes tesouros viventes deberán servir de exemplo ás nosas autoridades, ben sexan institucionais, catedráticas, lingüísticas, etnográficas, antropolóxicas...

Ao outro lado do fío, unha voz gastada polos anos contestou a nosa chamada. E detrás desa voz, a persoa, cansa pero forte, enxebre pero doce, coa sabedoría que da o paso do tempo e o contacto coa terra, coa natureza e coa transmisión oral “dun pobo que canta no fondo dos vales”. A nosa conversa non durou moito, a penas vinte minutos en que o grande improvisador se abriu ante nós e onde descubrimos que, por moito que pasen os anos, a arte que nace dentro deste home non se apagará até o derradeiro día da súa existencia. Falamos dos sus primeiros pasos, alá polos duros anos do comezo da Guerra Civil, en que a tradición dos cantos improvisados nas vodas campesiñas estaba nun momento de grande vitalidade, aínda que a lacra da emigración xa comezara a deixar o campo menos poboado cada día que pasaba. Daquela, contábanse por centos as vodas que se podían celebrar ao longo do ano nas comarcas montañesas da provincia de Lugo. Brindeiros e aloiadores eran participantes necesarios nesta caste de celebracións e algúns deles, nomeadamente o Ribeira de Louzarela, eran solicitados polas familias dos contraentes para defender a casa no día da voda. Isto fixo que a sona do Ribeira fose medrando ata tal punto que era reclamado en calquera voda que houbese en toda a comarca. Longas ladaíñas ten botado este gran

repentista que se prolongaron durante horas e mesmo días, xa que esta porfía dialéctica remataba cando só quedaba un improvisador a botar brindos, que habitualmente era o noso protagonista de hoxe.

E seguiunos contando como foron pasando os anos e a súa fama foi a máis. Convidado por asociacións de emigrantes puido levar os seus brindos por lugares como Barcelona ou Lausana. Tamén por diferentes lugares na Galiza, como foi a súa aparición no 1º Certame de Regueifas de Valadares, celebrado nos anos 90. Esta data foi clave na vida de Antonio Río, xa que, aínda un pouco máis, agrandou a súa fama e a súa figura debido á visibilidade que tivo o re-descubrimento desta arte repentística na Galiza no eido da nosa cultura. A partir desta data e da difusión, posta en valor e recuperación da arte do brindo e maila regueifa, levada ao cabo pola asociación ORAL; o Ribeira de Louzarela ten sido reclamado para moitas representacións como xantares brindeiros, reunións festivas como O Fiandón do Courel, e mesmo algún certame internacional celebrado en Valadares. E xa. Pouco máis. Se botamos un ollo a outras culturas próximas á nosa, decatarémonos axiña que o trato que nelas se lles dá aos seus

Cómpre, pois, poñerse mans á obra e recoller, recompilar e analizar a obra deste referente, desta xoia en vida que temos na montaña luguesa e que tan desleixado está da man institucional. A apatía das nosas autoridades cara ao noso, o estado subalterno ao que se leva considerando a improvisación poética dende sempre e máis o propio abandono do rural galego e todo o que tiña que ver con el, provocaron o progresivo acantoamento de artistas coma o Ribeira. E non só el, os brindeiros de Forgas, os irmáns Pepe e Álvaro; ou Angelita do Baño, Sisto de Rexoá ou Bautista Campo Celeiro son outros dos representantes desta arte que andan todos ao redor dos 90 anos (ou que faleceron recentemente), e que xa non teñen os folgos suficientes para botar os seus brindos habitualmente.

E a nosa conversa continuou, falando dunhas cousas e doutras, como as anédotas do seu encontro cos regueifeiros de Bergantiños, de que non garda moi bo recordo debido á linguaxe máis dura e obscena empregada polos mestres do norte. Segundo nos contou, volvérono chamar para ir con eles por Galiza adiante pero el negouse porque “non me gustaba ir con eles porque esas cousas (os insultos) non lle interesan á xente...”; debido a que, segundo sempre di, el nunca botara un brindo que ofendese a ninguén. O del era a retranca, a ironía, o humor... nunca a falta de respecto, o insulto, o trato despectivo. Tamén nos contou

como para el, isto da improvisación era algo natural e algo polo que nunca cobrara na súa vida (a non ser os gastos de desprazamento), xa que o facía porque lle prestaba, polo simple feito do pracer persoal e de continuar coa arte que lle aprenderan os vellos cando aínda era un neno.

E así seguimos á parola durante uns minutos en que, alén de contarnos moitas cousas, como que para el “hai que nacer con esta arte; esto non se pode aprender”; o maior improvisador que deu esta terra comezou unha tanda duns vinte brindos, sen petición pola nosa parte, e que nos deixou coa boca aberta. Puidemos comprobar como o paso do tempo non diminuiu en nada a capacidade repentística do Ribeira e que está, aos seus case 90 anos, en moi boa forma. Dende o noso punto de vista, é unha verdadeira mágoa que as institucións non se impliquen máis á hora de promocionar e de difundir a arte deste home, xa que, como el mesmo di, aínda se move para riba e para abaixo co seu automóbil e ten absolutamente todas as capacidades aptas para a arte repentística. Agora a vida pasa lentamente no Cebreiro. Louzarela, unha aldea vizosa en tempos, esmorece entre as montañas. O seu único habitante, ve pasar a vida polos seus ollos coas lembranzas duns cantos que xa non se escoitan no ar montañeiro. As cabras silandeiras entre as xestas e os toxos sen rozar avalan o lento devagar dos días acompañadas polo aturuxo eterno da curuxa e do cuco que canta, como dicía Novoneyra, “medindo o tempo quedo que se para no cor...”.

Agardemos que ao fin, as nosas institucións políticas e académicas tomen partido xa na posta en valor de tesouros viventes coma o Ribeira, xa que o brindo, o canto que esmorece nas montañas luguesas, coma calquera tradición popular de noso, é unha arte merecedora de tal atención e xa vai sendo hora de facer algo por ela, xa que como nos dixo Antonio nesta última entrevista “Da televisión é que non chaman pra botar uns brindos”.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Adrián Solovio, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Paramos, Lucia Santos, Santiago Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Baldomero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero. Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149

Depósito Legal: VG-195-2011

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

MIRADAS: FLORA E FAUNA O noso amigo e colaborador vasco Juan Karlos Pérez envíanos esta fermosa estampa do ¨Mirador de los chopos¨ de Getxo (á esquerda). Un dos imprescindibles desta sección, José Manuel Durán, mándanos o resto. As tres de abaixo, da fauna que nos podemos topar por Redondela. Grazas aos dous! Gústache a fotografía? Esta sección está feita para tí! Podes enviarnos as túas fotos a anovapeneira@gmail.com

Profile for A Nova Peneira

A Nova Peneira 74. Finais de novembro 2016  

A Nova Peneira e Hermes&Atenea de finais de novembro do 2016

A Nova Peneira 74. Finais de novembro 2016  

A Nova Peneira e Hermes&Atenea de finais de novembro do 2016

Advertisement