A Nova Peneira. Finais de Setembro de 2018

Page 1

ANO 7 - Nº 99

Setembro 2018 - 2€

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

PSOE Mos

GañaMós

NIN CIDADE DEPORTIVA NIN CENTRO COMERCIAL. NON Á ESPECULACIÓN COS MONTES DE MOS

BNG Mós

PÁXINAS 10 E 11

Xabier Pérez Iglesias candidato do BNG de Vigo ás Municipais de 2019

ENTREVISTA

Entrevista co actor Antonio Durán ‘Morris’

41

XXIV E XXV

Reportaxe memoría histórica "O asesinato de Juana Capdevielle"

XVIII E XIX

Ponteareas Investirá 235.865 € en formación

O Concello de Tomiño celebra o seu cuarto BioMercado 24

34


[ 2] Setembro 2018

N

TINO LAGO Director de A Nova Peneira

o ano 2009 a CIG de Vigo celebraba un tenso congreso comarcal no que se disputaban a secretaría xeral da central sindical, na comarca viguesa, a máis importante do país galego, dúas figuras relevantes no sindicalismo nacionalista; Serafín Otero e Chelo Martínez. Naquel momento eu, un humilde afiliado de base da federación de químicas, apoiei a candidatura que encabezaba a sindicalista de Povisa, Chelo Martínez. E a verdade aquela decisión miña, foi desas cousas que un fai ás veces na vida sen saber explicar moi ben as motivacións que as impulsan, porque, entre outras cousas, apenas coñecía a Serafín fora dalgún saúdo cortés cando nos cruzabamos polos corredores do local que a CIG ten na rúa Gregorio Espiño.

SERAFÍN

Aquel congreso do que xa pasaron nove anos foi precedido dunha etapa de esaxerada tensión interna entre distintos colectivos que conviven no seo da CIG. Non quixera entrar a valorar as razóns nin dos uns nin dos outros, xa que seguramente todos terían parte de razón e tamén parte de responsabilidade nos erros cometidos. Afortunadamente aquela etapa de tensións esvaeceuse, como se esvaecen no ar as pompas de xabón, en boa medida polo traballo de Serafín, que gañou a secretaría comarcal e fixo unha xestión máis que notable, baseada no consenso e na xenerosidade nas relacións internas e no rigor inquebrantable á hora de defender con intensidade os intereses das clases traballadoras e os alicerces que sustentan con firmeza

á central sindical ;Galicia é a nosa nación e os intereses das clases traballadoras do pobo galego, deféndeos as clases traballadoras do pobo galego. Os anos nos que Serafín mantivo a responsabilidade da secretaría comarcal tiven a oportunidade de coñecelo ben. Entrevisteino varias veces e puiden escoitalo en numerosas ocasións, tanto en distancia longa como curta. E sen pretender a construción de ningún tipo de relato haxiográfico podo dicir que Serafín é dos homes que paga a

EDITORIAL

pena ter a carón dun para camiñar cóbado con cóbado canda el. Serafín é desas persoas coas que te podes sentar unha e mil veces, e faite sentir en paz unha e mil veces. Non existe ningún tipo de violencia ao seu redor, como cando un se senta en harmonía a contemplar un fermoso solpor e non sente outra cousa máis ca tranquilidade. Nun dos momentos máis difíciles na recente historia do nacionalismo galego, Serafín aceptou ser o candidato do BNG ao concello de Vigo. Malia a ter realizado un traballo inxente, os resultados foron moi malos e o bloque por vez primeira en moitos anos quedaba fora da corporación viguesa. Recentemente Serafín anunciou que non repetiría como cabeza do cartel do nacionalismo en Vigo. Cando este xornal estea nas súas mans o BNG de Vigo xa terá decidido quen será o seu candidato. Agardo que acerten, desexo que acerten, necesito que acerten, porque unha das cidades máis importantes do país non pode estar sen o nacionalismo no seu concello. Sirva este pequeno artigo para homenaxear a un home bo, que sempre deu o mellor que tiña na procura dunha Galicia mellor e dun mundo máis xusto.


Setembro 2018 [ 3]

OPINIÓN

BALDOMERO IGLESIAS Mero

NOVOS hORIzONTES L

in, o outro día nun xornal, acertadas verbas sobre o devalo ou morte do galego, a perda de falantes. Somos a única lingua do estado que perde presenza e falantes. Os datos están aí, aí estamos todos evadindo responsabilidades gozando dun desequilibrio xurídico evidente. Nos anos do PP, a Lingua veu a menos. Os últimos da fazaña son lagos, ruedas, garcías, lorenzos e vázqueces en múltiples e amalgamados feixes de feixóns raxoidos, que algo terán que dicir. Se non se responsabilizan, quizais dar explicación. Falan o galego con certa solvencia, pero sen afectos. Na Nosa Lingua, este código nativo, a expresión é algo que se ve, que se nota na honra de quen fala e a emprega. Carecen desa honra, deses matices que, lonxe de ser arquetípicos de referencia, son constatadores efectivos e afectivos que se volven constritores e menten amparo nunha normativización excluínte e forzada na que se manexan cando lles parece, mentres voan milleiros de soños navegando estruturas moito máis básicas e fundamentais do entendemento, levadas moi lonxe dos camiños abertos de conciliación. O da perda de falantes, é unha derrota enorme. Fracaso deles e doutros políticos que consenten “o reparto do roubo” e que quedaron como momias mirando pampos, algúns aínda hoxe sen dicir nada. A cualificación equiparada da Nosa malferida Lingua con outras dúas que se disputan a primacía -español e inglés- é un abuso. Ao final vencerá o inglés, e entón, estes irresponsables

aos que eu culpo e sinalo, saberán o que é sentirse ninguneados, arredados ao silencio, saberán o que é defenderse para sobrevivir e que, de paso, te chamen terrorista. Comprenderán o atropelo. É un desengano de co-responsabilidade tamén, para aquelas persoas que os votaron, son culpables da malversación. Si, é un naufraxio imposible de dilixencia e honradez, de ausencia de políticas dignas a cambio de restritivas formas que só pretenderon foramos belicosas e impositivos. A razón da Nosa Lingua nunca, enténdano ben todos, nunca xamais foi impositiva por moito que hoxe os mesmos crápulas de sempre queiran facelo constar. Non, mentiron; e menten tamén os da Galicia Bilingüe e os da Trilingüe e os de “hablemos español”. Pobriños, porque se algo hai en Galiza son camiños, sobre todo camiños para “saír”, para fuxir e alá lonxe, conseguir dunha vez sexan felices. Pero a frustración tamén é nosa, tamén é miña. Entre todos matamos esta Lingua, única e dona de seu nesta Terra. Estamos no tempo dunha liturxia defensiva do Noso, de nós. O día que non teñamos o noso, non seremos nós. Tampouco é tempo de seguir sinalando culpables, somos moitos. Todos e todas temos responsabilidade, algúns tamén culpa. Anque máis cá nós, son aqueles que, tendo algún tipo de poder non o asumen para poñer couto á maldade, á falta de entrañas. Porque o que nos pasa é funesto, renarte, mordaz, malévolo, perverso, ruín, cruel, e será a nosa maior desgraza,

faranos escravos e anónimos, inimigos de nós mesmos que globalizamos a estupidez no canto da tenrura. O que nos pasa coa Lingua é maldade, duns cantos descerebrados que aínda pensan que lle pertence ás esquerdas ou ás dereitas, aos nacionalistas ou desnacionalizados. Novamente mentira! A Lingua, a Cultura é dos que teñen amor por ela, amor polo seu, por si mesmos, e se reconfortan na orixe. Os que non, pobriños, aquela xente que non se deu conta a tempo de que a procedencia dalgún xeito nos contén. Temos “ese dentro” de afectos ao noso, de orgullo ao noso, á nosa contorna, á memoria. Emocións e sentimentos que desde hai séculos quixeron roubar con cualificativos como “pailán, bruto”. Novamente mentiras. Estamos fundamentados en mentiras desde hai tempo, e morremos na nosa fala. Galiza morre nas mans dos seus fillos (D. Castro). De nada valen as palabras advertidas da Academia, C. da Cultura, Museos, RTVG, xacobeos, mauso-

leos en cidades, colectivos de actores, literatura, artes varias, músicos e cantoras, politólogas e danzantes. Palabras, nada máis. O que fan falta, a tal momento, son activos, exercer a nosa Lingua en toda comunicación e feitos. Con urxencia e para evitar este novo suicidio meduliano. Feitos de humanidade e de amor, tenrura e comprensión, defensa do máis débil, orgullo e honra que distan moito deste odio que, moitos inconscientes, amosan cando, por exemplo, se esforzan en provocar dándolle vida a San Ginés, alí a carón de New Port, chegando a Puentevedra. Madia leva se non levamos perdido, tamén, o respecto e os principios desa humanidade que evocamos! Aí nace a miña vergoña. Por outra banda, estou certo que “xuntos” podemos recuperarnos, que temos que construír outra realidade lonxe desta corrupción e lixo que tamén aquí nos envolve. Aínda é posible recuperar a honra de ser quen somos. Esa é a chave que abrirá novos aconteceres e horizontes.


[ 4] Setembro 2018 OPINIÓN / A LOURIÑA LUIS GONZALO SEGURA Ex Tenente do exército español

ESPAñA CONTINúA A CRIMINAL VENDA DE ARMAS A ARAbIA SAUDITA A

s 400 bombas intelixentes que España decidiu vender a Arabia Saudita o son tanto que non matarán civís, non caerán sobre mercados, colexios, hospitais ou campamentos escolares. Esa foi a argumentación empregada por Isabel Celaá, portavoz do Goberno de España. Non foi o único disparate escoitado nestes días, pois a ministra de defensa, Margarita Carballos, aseverou que Arabia Saudita é un país serio e que España cumpriría coa regulación da ONU. Ao tétrico monólogo sumouse o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, con aquilo de non ser responsable do que Arabia Saudita fixese coas bombas, incluso a Esquerda se solidarizou coa morte cun arrepiante “traballo é traballo”. Mentres España obtén valiosos beneficios con tan infame negocio, Arabia Saudita non cesa na súa salvaxe campaña de bombardeos a civís: máis de 17.000 mortos, máis de 10.000 feridos e máis de 20 millóns de persoas en risco de fame negra, difteria e cólera no que cons-

titúe, sen ningún xénero de dúbidas, a maior catástrofe humanitaria do planeta a día de hoxe. Pero xa saben, traballo é traballo, negocio é negocio e xa que logo o Congreso español continúa vetando calquera investigación sobre o rei Emérito Juan Carlos I, os seus amantes e as intermediacións realizadas en Arabia Saudita e en moitos outros países. Por suposto, opacidade absoluta en canto á orixe da fortuna do rei Emérito español que “The New York Times” cifra en 1.800 millóns de euros. Porque España duplicou a súa venda de armas en canto a guerra en Iemen continuaba e continua arrasando o país e o futuro. Mentres os sauditas seguían e seguen golpeando con dureza aos civís, ás mulleres, aos anciáns e á infancia nunha guerra que pretenden gañar por exterminio. Mostra diso é o inhumano bombardeo sobre autobuses escolares do pasado mes de agosto que causou a morte de entre 25 e 40 nenos dun total de 50 mortos e 77 feridos. Esas tamén eran bombas de precisión, xa

o creo que foron precisas, xa o creo que acabaron xustamente no lugar no que os pilotos sauditas, adestrados por certo en España, desexaban. Pero todo iso é negocio e traballo para o Goberno de España, para a oposición, para Navantia, para os sindicatos e para a industria do armamento. Un negocio que se achega a 1.000 millóns de euros se temos en conta o exportado a Arabia Saudita nos últimos anos ou a 270 millóns só o ano pasado, e que suma 1.200 millóns de euros en material bélico a todos os países da coalición árabe que están masacrando Iemen. Un traballo para 6.000 persoas en canto constrúen cinco fragatas máis para que os sauditas continúen coa masacre por un total de 2.000 millóns de euros. Un negocio, un traballo e unhas armas que introducen a España na criminalidade que supón subministrar armas ao maior xenocida do Planeta a día de hoxe. Un negocio, un traballo e unhas armas que escriben unha das páxinas máis negras da “Historia de España”.

Comunicado de CxG pola visita ‘esteril’ de Carmen Calvo SANTIAGO.

Reproducimos o comunicado: A proposta de inicio de curso de PSdG-PSOE ven a demostra a súa aposta centralista e nada galeguista para a acción política en Galicia. No afán de saír na foto e na necesidade de contrarrestar ó outro partido estatal o secretario xeral do PSOE galego tirou de vicepresidenta para non aportar nada a Galicia. Foi un acto desilusionante incluso para os propios cadros do PSOE de Galicia, xa que Carmen Calvo non lles concedeu ningunha ferramenta de acción política, simplemente se limitou a elevar a imaxe do Presidente “modelo” e a falar de Catalunya. Quedan lonxe os actos onde os cargos falaban de inversións e transferencias, o que ás claras demostra, o nulo peso de Gonzalo Caballero na política do Estado. Nin unha mención ó autogoberno nin a autonomía local en ano de eleccións, triste vagaxe político. Máis penosa aínda, foi a intervención do líder galego dos socialistas, na que non foi quen de reclamar en presenza da Vicepresidenta nin un só euro para o noso País, nin de asegurar temas importantes como o AVE, as F-110 en Ferrol, o aumento de competencias ou a defensa dun marco laboral galego igualitario ó do resto do estado. A política de servizo a Ferraz está hoxe máis asentada nos burgueses de esquerdas do PSOE galego.


Setembro 2018 [ 5]

OPINIÓN / A LOURIÑA VICTORIA ALONSO Secretaria local do PSOE de Mos

O PP QUERE ENGANARNOS, OUTRA VEz A

alcaldesa, Nidia Arévalo, recrimináballe no pleno a nosa concelleira, Patricia Pérez, que estaba enganando a veciñanza nas reunións parroquiais que fixo o Partido Socialista, que estaba dando información errónea sobra a débeda. Que o Partido Popular mosense nos diga iso, non vos parece o colmo dos colmos? É que debe ser que o ladrón pensa que todos son da súa condición. Cando dicimos que a débeda supera os 10.500.000 euros no cerre de exercicio a 31 de decembro, non estamos sacando a cifra da manga, hai informes que nos avalan. Non é unha cifra que nos guste dicir nin coa que nos sentimos cómodos porque ter un concello tan endebedado prexudica a todas e todos os mosenses. Pensa o Partido Popular que queremos difamar cando en realidade queremos destapar unha mala xestión. Leva anos botándolle a culpa a débeda do goberno bipartito que se atopou trala moción de censura, pero tras dúas lexislaturas e media aínda non foi quen de acabar con aquela débeda senón que a triplicou. Esta é unha boa forma de xestión? Elevan os impostos os niveis máis altos e aínda así a débeda segue crecendo, que fan co noso diñeiro? En que se inviste o presuposto municipal? Xa sabemos que na actualidade a mei-

rande parte das obras que se fan son con cartos doutras administración, pero entón onde vai parar a recadación municipal? Somos conscientes dos importantes despilfarros que se fan neste concello. Pero e que é máis vistoso unha tirada de fogos de cores que aumentar as axudas escolares por exemplo. As eleccións din que se gañan con festa e asfalto, pois xa sabedes veciñas e veciños o que nos toca neste último ano... que viva a festa e que viva o asfalto de dubidosa calidade. Di Nidia Arévalo que a débeda municipal so é a débeda bancaria e que enganamos a veciñanza cando incluímos as facturas pendentes de pago. Se as facturas pendentes de pago non son débeda, que son? Deberíamos facer un bote e comprar uns cadernos rubio porque alguén suspendeu en calculo. As empresas reclaman o seus importes, as facturas non deixan de entrar e resulta que esas obrigas deixámolas no limbo porque como segundo din non son débeda, non temos que pagalas. Eses autónomos seguro que lle sobran os cartos e é un agasallo que lle queren facer o concello. Achéganse as eleccións e achegase o momento das promesas, pero que facemos coas promesas incumpridas desta lexislatura? Acumúlanse

as que vamos a escoitar a partir de agora ou perdoámolas? Esquecemos o prometido e poñemos o contador a cero ou reclamamos todo aquilo co que conseguiron gañar? Eles o teñen claro, esquecer e prometer novamente é máis doado. A que ía ser a lexislatura das persoas estase a converter na lexislatura de Mouriño e na dor de cabeza da veciñanza que non para de abrir a carteira para soltar impostos sen recibir case ningunha compensación. Pero paradoxos da vida, di sentirse orgullosa do súa labor. Temos que entender entón que está orgullosa de ter un concello endebedado en máis de 10.500.000 de euros, de ter que recorrer a outras administración para lograr sacar algunha obra adiante, non lograr facer fronte o desemprego, as axudas escolares son insuficientes, servicios sociais necesita aumentar o seu presuposto, non e quen de mediar para dotar o ambulatorio de máis servizos médicos e un sen fin de cousas máis. Pero aínda que a situación real sexa esa non pasa nada, no que queda de lexislatura ata maio centraranse en dicir que mentimos, sorrir e volver prometer. Vender fume vai ser o lema central e cruzarán os dedos para a veciñanza volva crer nas súas mentiras.

En Marea, PSOE e bNG poñen en marcha a comisión de investigación das mortes na sanidade SANTIAGO.

En Marea, PSOE e BNG puxeron en marcha a comisión de investigación sobre as mortes na sanidade galega, a primeira que crea desde a oposición desde a posta en marcha do Parlamento de Galicia. Luís Villares, Xaquín F. Leiceaga e Ana Pontón coincidiron en explicar a necesidade desta comisión ante a grave situación que padece a sanidade en Galicia e tralos casos das vacinas denegadas da hepatite C e a morte dun paciente no pack de A Estrada que non recibiu atención por falta de facultativos. O voceiro de En Marea, Luís Villares, sinalou na súa intervención ante os medios que esta comisión estaba suficientemente xustificada polos graves sucesos dos últimos tempos na sanidade galega, "sabemos que a morte da Estrada non foi a primeira, pero queremos esta comisión para que sexa a última". Villares apuntou algúns dos argumentos que poñen en marcha esta comisión de carácter extraordinario "o falecemento de José María Rey Brea o pasado agosto no PAC de A Estrada é a gota que reborda o vaso, sabemos que non foi o primeiro, pero nos gustaría que fose o último morto da sanidade galega por falta de recursos suficientes para ser atendidos con dignidade".


[ 6] Setembro 2018 A LORIÑA

bAR CARbALLO EN PETELOS

UN ENTRAñAbLE RECUNChO PARA O ACOUGO E O LECER A

carón do Concello de Mos, está o bar Carballo do noso amigo Manolo, un magnífico conversador co que é un pracer partillar unha e mil charlas, desas que converten as horas en minutos e os minutos en segundos. Manolo canto tempo levas co bar? Pois pouco falta para as 3 décadas, xa levo 28 anos. O bar non o abrín eu, xa tiña unha propietaria anterior. E cantos anos de vida ten o local? Non o sei con seguridade, pero penso que pasa dos 50 anos Ti, que xa levas tanto tempo detrás desta barra, xa tiñas antecedentes no mundo da hostelería? Non. Eu traballaba como técnico de máquinas recreativas, pero a vida dá moitas voltas e ás veces non sabes a onde te van levar os seus camiños. Con

motivo dun problema laboral, non me quedou máis remedio que coller un negocio..e fíxate, xa case 30 anos con el¡¡ Que te gusta máis a vida de empregado, ou a hostelería? A min este mundo gústame moito. Tratar coa xente, escoitalos, coñecelos fai que se cren lazos afectivos moi intensos cos clientes máis fieis. Ten tamén cousas malas, claro, especialmente a gran cantidade de horas que hai que dedicarlle, pero en liñas xerais estou moi satisfeito.

Cando colliches o negocio aínda non estaba a autovía non? Non, foi pouco tempo despois cando comezou a funcionar. E ti como a valoras? Eu positivamente, para min foi unha mellora substancial. Cando a muller e ti non esteades, os fillos seguirán con este negocio? Non o sei, de momento moito pola labor non parece que estean. E a ti que che gustaría? A min gustaríame moito que isto seguira aberto, o leve quen o leve. Despois de tantos anos téñolle moitísimo cariño, tanto ao local como á zona de Petelos. E encantaríame, unha vez xubilado, vir tomar un vaso de cando en vez ao Carballo e conversar cos que máis que os meus clientes, para min son os meus amigos e case case a miña familia.

16 de Outubro Asemblea Aberta de GañaMós no Pazo de Mos MOS.

GañaMós comeza con forza o novo curso político e despois da súa asemblea aberta en setembro na parroquia de Dornela, celebrará o vindeiro xoves 16 de outubro outra xuntanza coa veciñanza na parroquia de Mos, no salón de actos do Pazo de Mos ás 20:30h. Para GañaMós é fundamental escoitar ás veciña e veciños para as politicas a de-

senvolver sexan axeitadas para mellorar a calidade de vida da veciñanza, ademais como nas anteriores asembleas falarase sobre asuntos tan importantes como o desastre da xestión económica do Partido Popular, a posibilidade de reducir o IBI, os problemas sen resolver da A55 ou o pelotazo urbanístico e espolio do ben común que protagoniza Arévalo e compañia.

Charla sobre “Os timos no recibo da luz e a pobreza enerxética" MOS.

Esta charla celebrase o xoves 4 de outubro ás 20h celebraremos no Pazo de Mos, participará o deputado nacional de En Marea, Pancho Casa,l que será presentado por Aurora Giráldez, concelleira de GañaMós. Na charla amosarase como aforrar cartos no recibo da luz con accións moi sinxelas, para isto é importante que os asistentes traian o seu último recibo da luz. Tamén

abordarase as razóns da pobreza enerxética e do impacto na saúde da poboación, explicando as propostas de En Marea para remediar este despropósito no que converteuse a enerxia eléctrica no noso país. Falarase tamén das cooperativas de enerxia verde e de algo tan importante como é o novo bono social eléctrico, dos requisitos para acollerse a él e dos descontos aos que se pode acceder a través de dito bono.


Setembro 2018 [ 7]

OPINIÓN / A LOURIÑA ROMÁN GONZÁLEZ Membro de GañaMós Asemblea Veciñal

A AbSTENCIÓN NON É UNhA OPCIÓN

T

odas e todos sabemos que estamos ás portas dunhas novas eleccións municipais, algo que, baixo a miña opinión, debería ser un motivo para que toda a sociedade fixera unha pequena pero profunda reflexión e preguntarnos: ¿En que estado se atopan as nosas institucións?, ¿Estamos satisfeitos cos nosos representantes políticos? e o máis importante, ¿Dende a nosa posición podemos mellorar a situación política?. Como vedes, son varios os motivos que nos invitan a facer ese exercicio de reflexivo de cara a Maio do 2019 e eu trato de plasmar nestas liñas a miña reflexión persoal. Eu son unha persoa que creo firmemente que a situación dunha institución pública, como pode ser o noso concello, afecta directamente na vida dos habitantes do mesmo. Cando dita institución atópase nun estado calamitoso e a piques da quebra económica, o resultado para as veciñas e veciños pode ser catastrófico. Eu xa falei publicamente sobre este tema, non me vou a repetir agora. Iso sí, atopámonos cun concello nun estado preocupantemente calamitoso. Que dicir das e dos nosos representantes políticos, penso que temos unha oposición que, facendo autocrítica, está bastante dividida e iso só lle favorce ao goberno actual, do que xa é coñecida a miña opinión. Penso que os grupos que conformamos a oposición municipal estamos condeados a entendernos e a unirnos

Concerto:

para crear e conseguir unha fronte común en favor de todas as veciñas e veciños de Mos. Penso que, se de verdade queremos ser unha alternativa real e forte fronte ao despropósito que é o Partido Popular, os tres grupos da oposición debemos sentarnos a dialogar e consensuar esa fronte común tan necesaria para Mos e así poder conseguir o tan ansiado e necesario cambio político no noso concello. Estamos nunha posición inmellorable para acadar un goberno que estea de verdade ao servizo das veciñas e veciños, e na miña cabeza non está outra cousa que conseguir un concello próspero, igualitario, solidario, saneado, libre de corrupción e libre de especulación. Todos estes adxetivos teñen un análise moi amplo, irémolos desgranando pouco a pouco, agora ben, todo isto non será posible si non xuntamos as nosas forzas e pensamos no ben para toda a veciñanza, en vez de seguir pensando no propio ego ou nos intereses partidistas. Lembrade tamén que isto é cousa de todas e de todos nós, das e dos políticos pero tamén das veciñas e veciños. A min retórcenseme as entrañas cando escoito á sociedade en xeral avogando pola abstención nas votacións. Estamos nun estado de represión social e cultural que está a alcanzar uns límites inimaxinables, onde, por exemplo, cando imoslle pedir explicacións á clase política de porqué atacan as nosas pensións, eles respostan sacandonos de diante con violencia.

VENRES 5/10 ÁS 23,00H

“VOLTA E DALLE”

MÚSICA TRADICIONAL

Pois ante todo isto, nós como sociedade, temos a obriga, agora máis que nunca, de darlle uso as ferramentas que temos nas nosas mans para demostrar que de verdade queremos darlle un xiro a esta sociedade, e unha desas ferramentas, e quizais a máis poderosa é o voto. Ca forza do voto poderemos empezar a mudar as cousas dende abaixo, dende o noso concello. Participando nas votacións conseguiremos dicirlle alto e claro a esta clase política convencional que esta sociedade esta farta de ser tratada como inorante, como as ovellas do rebaño guiadas por un pastor. Temos unha oportunidade única e histórica para todas e todos nós nas próximas eleccións municipais. Debemos amosar o noso descontento e insatisfacción no resultado desas votacións, a sociedade ten que participar masivamente para que estes políticos que nos levan ao desastre económico e social saian dunha vez por todas das nosas institucións. Eu loito día a día para ofrecerlle as veciñas e veciños de Mos un goberno municipal creado por veciñas e veciños e que estea creado para cumprir cos intereses de toda a veciñanza, sexan da cor que sexan. Estou seguro de que conseguiremos os nosos obxetivos, xa que non lle rendimos pleitesía a ningunhas siglas, tan só as veciñas e veciños de Mos. Lembrade, para mudar as cousas é necesario a participación do voto, a abstención non é unha opción.

O bNG de Mos denuncia a falta de mantenemento da beirarrúa e mobiliario da zona de Puxeiros

MOS.

Hai pouco tempo asistimos á inauguración da humanización dunha parte do vial de Puxeiros, a antiga N 120. Calquera humanización está ben, aínda que sempre se poida mellorar o proxecto, o Bng non se vai mostrar en contra. Pero o problema e que por moito que fagas cousas, se logo non as mantés, acaban deteriorándose e non hai que esquecer que é diñeiro público, que co paso do tempo hai que voltar a investir. Pois esto é o que acontece na zona que leva anos urbanizada en Puxeiros, e é só un exemplo, as baldosas están fóra do sitio, supondo un perigo evidente para os viandantes, e esto sucede en bastantes zonas da beirarrúa. Ademais os bancos están sen mantenemento, necesitan imperiosamente una man de berniz, e eso que se lle advertíu ao goberno nun pleno e nin caso fixeron. Hai que facer un seguimento as beirarrúas e mobiliario para que deixen de deteriorarse, por suposto está ben inaugurar, pero non se poden esquecer das cousas que xa están feitas. Esperemos que a febre electoralista que invade ao goberno deixe un oco á cordura.


[ 8] Setembro 2018 OPINIÓN

AURORA GIRÁLDEZ

ROBERTO RODRÍGUEZ DASILVA

Concelleira de GañaMós

Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

O PARTIDO POPULAR, DESIDIA E A POLÍTICA DE INCAPACIDADE A PARTES IGUAIS CALEIDOSCOPPIO

U

nha tras outra se acumulan as mostras da incapacidade do Partido Popular para incumprir os acordos aos que se compromete tanto coa veciñanza como en sesión plenaria co resto das forzas políticas. Nesta ocasión, a súa incapacidade ou desidia resulta venenosa, xa que estamos falando dun produto catalogado como cancerixeno. Podería ser a gota que colmase o vaso pero é que hai tempo que Arévalo e compañia desbordaron e romperon o vaso da decencia política, da ética do servizo público. Imos co sucedido: Hai case dous anos aprobouse por unanimidade unha moción do grupo municipal GañaMós prohibir o uso dos herbicidas que conteñen glifosato. Un composto que según denuncia a Organización Mundial da Saúde provoca cancro nas persoas e máis recentemente hai tribunais que dictaron sentenzas contra o fabricante deste produto condeándono a indemnizacións por provocar cancro. O Partido Popular acordou desfacerse dos bidóns de glifosato almacenados nas dependencias municipais, pero despois de case dous anos visita-

mos ditas dependecias e atopámonos que aínda hai dous bidóns. O cal fainos sospeitar que non só non se desfixeron do produto entregándolo a un xestor de residuos senón que seguiron utilizandoo irresponsablemente. Asáltannos as preguntas: Por que hai glifosato almacenado nas dependencias municipais cando hai xa dous anos quen se aprobou no pleno desfacerse de el e non usalo máis? Por que só hai dous bidóns que pasou co resto? Si se desfixeron do resto por que deixaron dous sen entregar a un manipulador de residuos?. Trasladámoslles estas preguntas no pasado pleno pero a bancada do Partido Popular no acadau articular resposta algunha mentres os seus rostros se ian parecendo cada vez máis aos dos nenos cando son pillados in fraganti. Esta política ponzoñosa que practica o Partido Popular ten un coste para a veciñanza, a veces só pagamos un prezo cuantificable por telos desgobernando Mos, pero noutras, como neste caso, o coste vai a cargo da nosa saúde e iso non ten nin prezo nin perdón.

P

ara o pleno de setembro imos presentar de novo a nosa moción para a liberación dos peaxes da AP-9 Vigo-TUI. Esta proposta xa a presentamos hai máis dun ano pero daquela Arévalo e o Partido Popular a rexeitaron, agora despois das últimas declaracións públicas, en prensa e radio, tanto de Arévalo como do Partido Popular a nivel provincial pregonando a imperiosa necesidade da gratuidade deste tramo da AP-9 entendemos que desta vez vai contar co seu respaldo. Eso si, sempre que a moción chegue ao pleno porque a mitade da mocións que presentamos son vetadas por Arévalo e non van nin sequera a debate ás comisións previas aos plenos. É sorpresiva a politica de caleidoscopio que practica o Partido Popular que según a posición do seu partido presentan as cousas dunha cor ou doutra. Cando gobernaba o seu partido en Madrird era un absurdo e un despropósito a nosa proposta e agora resulta que se presentan como os primeiros valedores da supresión dos peaxes. En GañaMós non rendimos pleitesia a nadie e por iso mante-

mos coherentemente as propostas para mellorara a calidade de vida da veciñanza goberne quen goberne nas outras administracións do estado, co respecto institucional debido pero sen restarlle un ápice as nosas esixencias. Por sorte, agora nonn comezamos de cero, xa que grazas ao noso traballo conxunto coas compañeiras deputadas de En_Marea no Congreso dos Deputados aprobouse,a finais do ano pasado, unha moción nosa para a liberación deste tramo da AP-9 que contou co voto favorable do Psoe e de C´s pero non do Partido Popular. Sabemos que é imposible levala acabo cuns Orzamentos Estatais herdados do Partido Popular que ninguneaban a Galicia. Pero seguro que para os próximo orzamento acadaremos que se inclúa está e algunha outra proposta nosa para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de Mos. Veremos para esa de que color pinta o Partido Popular pero neste pleno agardamos que manteñan a coherencia aínda que só sexa durante unhas horas. Tampouco imos a pedir imposibles.

MIGUEL A. RODRÍGUEZ ALONSO Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

O

OUTRA RACIÓN DA DESFEITA PúbLICA DA SRA. ARÉVALO

Departamento de Intervención Municipal insta a Arévalo á reducción e contención do gasto corrente que non sea absolutamente imprescindible para mantemento dos servicios básicos municipais ante a desastrosa situación económica na que se atopa o Concello de Mos. Pero, lonxe de rectificar, mes tras mes Arévalo agasállanos cunha ración da súa mala xestión económica. Voltamos do verán, iniciamos o curso político e atopámonos co enésimo Expediente de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito. Cantos van neste ano? E outra vez aproban o expediente na escuridade das Xuntas de Goberno, en vez de levalo a pleno e dar as pertinentes explicacións. Un novo expediente que carece de partida orzamentaria e descadra o orzamento deste ano, e que se fai para

tranquilizar aos provedores que ameazan con cortar os suministros e servizos ó Concello e con demandar xudicialmente ante os reiterados impagos. Un novo expediente que ven a deixar máis obsoleto se cabe ese gruyere que é o Orzamento de 2018. O goberno municipal do PP foise de vacacións sen deixar feito un novo Plan de Axuste Económico e comeza este novo curso político sen visos de que teñan nin capacidade nin intención de facelo. Prefiren ir amañando traspasos dunhas partidas a outras a salto de mata, improvisando para ir tapando os buracos e que as veciñas e veciños non se enteren do descalabro económico que lle están ocasionando ó Concello de Mos. Pero a realidade que evidencia a Interventora Municipal na Liquidación do Orzamento do 2017 é

contundente, o Concello adeuda 2.932.893,71€ á acreedores, quedaron 1.268.448,21€ gastos xerais sen pagar do ano 2017 e rematouse o ano pasado cun saldo negativo de tesoureria de 1.283.718,81 €. A Arévalo e compañia só lles importa perpetuarse no poder e fanlle caso omiso ás reiteradas advertencias da Interventora Municipal subraiando a gravedade de este tipo de contratacións ou gastos carentes de todo tipo de fiscalización previa que non teñen cobertura orzamentaria e non poden ser abonados en tanto non se habilite crédito para elo. A isto hai que sumar o incumprimento sistemático das normas de contratación pública por parte do goberno do Partido Popular da Sra. Nidia Arévalo. Un exemplo disto é a contratación do servizo de transporte munici-

pal, que foi concesionado en outubro de 2016 á empresa de transporte de viaxeiros "Servicio de Autobuses Lar, S.L", por prazo dun ano, e a pesares de transcurrir case outro ano dende que se extinguíu dita concesión, aínda non se voltou a licitar. A pesares de lles refrescar a memoria os membros do partido popular sobre este asunto no último pleno municipal celebrado o día 27 de agosto, e de lles preguntar cando pensaban sacar de novo a concurso a concesión do servizo de transporte público municipal, a día de hoxe aínda non temos reposta. Esa é a tónica do Goberno de Nidia Arévalo: abusar da súa maioría absoluta no goberno, desprezar ós partidos da oposición e incumprir sistematicamente as normas de contratación pública e orzamentarias.


Setembro 2018 [ 9]

A LOURIÑA

GañaMós presenta unha moción en apoio ás/os traballadores da CRTVG MOS.

Partido Socialista de Mos declárase en contra da area comercial do Celta MOS.

O pasado xoves 23 de agosto o PSOE de Mos celebrou unha asemblea local na que se debateu o proxecto da Cidade deportiva do Celta en Mos. Ata o de agora o Partido Socialista mantivérase o marxe das negociacións xa que entendía que era o momento de que as partes afectadas, comunidades de augas e montes principalmente, falasen. Tras diversas reunións coas comunidades, co Celta e o Concello a executiva local decidiu facer unha asemblea cos militantes na que a voceira socialista,

Patricia Pérez, comunicase a información recollida ata a data, para así poder concluír cunha posición o respecto. Tras valorar os impactos medio ambientais, o prexuízo que lle vai supoñer o pequeno comercio da contorna, que unha comunidade de montes propietaria duns terreos teña que vendelos para un uso privado coma sería un centro comercial, que haxa que recalificar unha zona catalogada fai escasos anos coma forestal protexida para uso comercial e os escasos beneficios para a veciñanza, a militancia socialista decidiu posi-

BAR FAQUIÑA

cionarse en contra da construción dun centro comercial no monte de Tameiga Victoria Alonso di non comprender a teima da rexedora Arévalo cun proxecto que non atende as necesidades da veciñanza e que só beneficia a unha persoa. Recórdalle que coa débeda que atravesa o concello en vez de estar presionando a veciñanza para que apoien o proxecto debería estar vixiando a boa xestión do concello e a os que pídenlle que defenda o noso monte fronte a especulación urbanística.

Tapas, bocatas e menú do día AVDA. DE PUXEIROS, 28

Tanto dende GañaMós como dende En Marea apoian á plataforma “Defende a Galega” que no marco destas protestas denominadas "Venres Negros" ven defendendo dende entón a súa imparcialidade política e o seu único interese en reivindicar uns medios públicos que defendan as galegas e os galegos, destacando como principal demanda a creación do Consello de Informativos tal e como estabrece a Lei, e que nunca chegou a ser posto en funcionamento, como unha ferramenta fundamental que garanta o traballo independiente das e dos profesionais que travallan na TVG e na RG. Un dos pasos máis recentes, e que por primeira vez organizan conxuntamente os comités de empresa da CRTVG e CRTVEGalicia, foi a celebración da manifestación pola dignidade dos medios públicos o pasado 8 de setembro en Compostela. Un acto de reivindicación conxunto

das traballadoras e traballadores de ambas entidades que visibilizou as protestas e denuncias ante a falta de imparcialidade e obxetividade provocadas pola inxerencia do Goberno da Xunta. Un acto no que estivemos presentes as forzas do cambio. Mediante esta moción o Grupo Municipal GañaMós solicitará ao pleno de Mos que se adopten os seguintes acordos: - Instar ao Goberno da Xunta de Galicia ao cumprimento integro da Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisuales de Galicia, garantindo a creación do Consello de Informativos tal como recolle dita lei. - Manifestar o apoio do Concello de Mos á plataforma “Defende a Galega” e as/os profesionais de CRTVG e CRTVEGalicia nas súas reivindicacións por un traballo libre e independente. - Dar traslado dos acordos ao Goberno da Xunta e a plataforma “Defende a Galega”.

BAR BUGA

PIZZAS, BOCATAS E MENU DO DÍA

EN PUXEIROS


[ 10] Setembro 2018 ENTREVISTA

TAMEIGA DI NON Á ESPECULACIÓN COS SEUS MONTES. TAMEIGA DI SI Á VIDA. TAMEIGA DI SI AO FUTURO PARA OS SEUS FILLOS E FILLAS. TAMEIGA DI NON AO CENTRO COMERCIAL. O pasado dous de setembro centos de veciñas e veciños da parroquia de Tameiga congregábanse no monte das Pedriñas para celebraren a súa festa anual. Acompañados por destacadas figuras do panorama político galego como Eva Solla, Carmen Santos, Abel Losada, Antón Sánchez, Paula Quinteiro e Julia Torregrosa... o berro de unidade e oposición conxunta ao proxecto que o nefasto goberno do Concello de Mos pretende levar nos monte da súa parroquia foi clamoroso. As emocións agromaban en cada curruncho do recinto da festa, no medio dunha abafante calor o sentimento de estar sendo asoballados pola alcaldesa que di defender os intereses de Mos era xeneral, alén da vontade colectiva de loitar ata o final para evitar que o PP consume a falcatruada. Como non podía ser doutra maneira A Nova Peneira estivo alí e ao igual que fixemos en Baredo e faremos sempre que a nosa conciencia nolo dite sumamos a nosa voz e a nosa alma ás voces a e ás almas das veciñas e veciños de Tameiga para berrar con eles NON AO CENTRO COMERCIAL EN TAMEIGA. Ao remataren a comida entrevistamos ao presidente de GañaMos, CRISTOBAL LÓPEZ PAZO. O domingo 2 de setembro celebrouse a festa do monte de Tameiga, e a verdade quedei sorprendido da gran cantidade de veciñas e veciños que reivindicaban con contundencia a súa oposición ao proxecto do PP de Mos de arrasar con vosos montes para construír un centro comercial? Si a verdade é que había moitísima xente malia que fixo moita calor e o tempo convidaba a ir á praia. De feito distribuíronse nas semanas previas centos e centos de camisolas a moitísimas persoas que se suman á marea verde.

A posición da comunidade de montes de Tameiga, radicalmente contraria ao proxecto do PP, ao teu xuízo é unánime? Con total certeza si, por se fai falta precisar, recordemos que a decisión foi tomada por aclamación. Cómpre engadir tamén que no caso das comunidade de augas hóuboas que votaron 100% en contra, outras 90%. En definitiva, pódese asegurar que a oposición da veciñanza de Tameiga a ese disparate do PP, é abafadora.

Pódese tamén cualificar como unánime a posición contraria de todos os partidos políticos da oposición municipal? GañaMós posicionóuse desde o principio radicalmente en contra desta tolemia. Tiñamos moi claro que é un proxecto especulativo de manual, pero de ABC da especulación vaia. Mercar barato para logo vender caro. Deixar á veciñanza sen os seus montes para enriquecer a catro especuladores, apoiados polos políticos de sempre, que lles de-

bería dar vergonza dicir en público que defenden os intereses da veciñanza de Mos. O PSdG e o BNG sumáronse tamén á defender a única posición ética posible. Nós dámoslle, como non podía ser doutra maneira, a máis cordial benvida. Todos e todas somos necesari@s na loita contra o indecente abuso que quere perpetrar o goberno do PP de Mos, contra os seus propios veciños e veciñas. Ben, semella claro que a veciñanza de Tameiga está moi maioritaria-


Setembro 2018 [ 11]

ENTREVISTA mente en contra deste proxecto. Que sentimento pulsa GañaMos polo resto de parroquias de Mos? É complicado de saber. Desde logo nos pretendemos facer asembleas informativas en todos os lugares posibles do noso concello para que cada veciña e cada veciño coñeza o atropelo que o goberno do PP pretende facer con Tameiga. Hoxe tocoulle a esta parroquia, pero mañá pode ser Louredo, ou Torroso ou Dornelas...A solidariedade contra a inxustiza cando non nos afecta a nós, senón aos outros, é o único camiño para que algún día recibamos o mesmo, se mañá somos nós os asoballados. Agardo que o conxunto da veciñanza do noso Concello tome conciencia. Ao teu xuízo hai forma de concretar o centro comercial se non se dá a expropiación forzosa? Non, non a hai. Se se fai o Centro Comercial, que eu agardo que non, terán que proceder á expropiación forzosa. Contemplades a posibilidade de que se concrete a cidade deportiva en Pereiras e non o centro comercial en Tameiga? Eu creo que non. Nin sequera contemplo que o celta vaia para Pereiras se non hai centro comercial. Por que cres que está tan interesado o PP de Mos en levar este tema adiante? Eu penso que son varias as razóns. Inflúe a batalla tan cruenta que teñen con Caballero, logo que temos a unha alcaldesa á que lle queda pequeno

Mos, e pretende utilizar este proxecto a modo de trampolín no seu propio partido. Asemade este mandato foi total e absolutamente valeiro, non ten nada que ofrecer, pero nada de nada, e consideramos que pretende vender este proxecto faraónico a modo de suposto éxito da súa xestión. E por último a súa falsa fama de boa xestora, pero que para calquera observador imparcial está claramente desmontada. A ruína económica na que está sumido o concello de Mos, é responsabilidade do goberno do PP en xeral e de Nidia Arévalo en particular, e o asunto do celta é unha clara cortina de fume que pretende agochala. Se eu fose veciño de Mos e tivera dúbidas sobre se este proxecto sería positivo ou negativo para o conxunto do Concello, que argumentos empregarías para convencerme? A modo de síntese os seguintes: -Ocasionaría moi graves problemas de auga-

MARGA

Suporía un brutal aumento do volume de tráfico, para o que non estamos preparados, alén de converter o que agora é unha tranquila zona rural nun arrabalde de Vigo.-Arrasaría cun dos principais pulmóns verdes non só do noso concello senón de toda a comarca privando de futuro aos nosos fillos e fillas-Destruiría o tecido do comercio tradicional. Isto sería especialmente grave no caso dos numerosísimos establecementos de hostelería da zona que dan de comer e postos de traballo a tantos veciños e veciñas. E os supostos beneficios que traería? Non hai beneficios Tino, en verdade que non os hai. En Galicia hai unha sobre oferta de macro centros comerciais, na nosa comarca non hai mercado para outro. Os supostos postos de traballo que traería son outra mentira. Este tipo de instalacións non crean emprego, trasládano, pois

REPARACIÓN DE CALZADO

o que xeran resulta de moita peor calidade cós empregos que xa existen no comercio tradicional. No que respecta aos ingresos tributarios, por experiencia doutras zonas sabemos que as grandes multinacionais só acceden a vir a cambio de substanciosas exencións fiscais. Que saída lle ves á situación? Eu creo que todo dependerá do resultado das próximas eleccións. Non creo que o PP faga nada relevante ata esa data pois supoño que terán medo a non poder asumir o custo electoral. Mira por exemplo o que pasou en Baiona, onde o PP retirou o infausto proxecto de facer un campo de golf na serra da Groba, entendemos nós que por cálculo electoral. Porén se por desgraza para Mos, este goberno volve ter maioría absoluta pensamos que vai ir a morte, sen importarlles nada a opinión da veciñanza de Tameiga. Nesta hipótese tería que falar a xustiza claro.

Se afilan cuchillos y tijeras. Duplicado de llaves. “Reparación de alforjas de moto y monturas de caballo”

De lunes a viernes de 9:30 a 13h e de 16 a 19h. Sábados de 10 a 13:30h. R./ Ludeiro - Puxeiros. Tameiga (Mos) 986 488 533


[ 12] Setembro 2018 ENTREVISTA

ALWAYS T.M. SANGUIñEDA,

O PARAÍSO DO TENIS DE MESA A CARÓN DA NOSA CASA

Na mesma rotonda de Sanguiñeda, xusto fronte ao supermercado Gadis que marca a fronteira entre O Porriño e Mos, abriu as súas portas, o pasado 14 de setembro, ALWAYS T.M, unha espectacular instalación na que se pode practicar e ou recibir cursos de formación de tenis de mesa. Samuel Pereiro, un adestrador de Tenis de Mesa de máximo nivel, é o responsable deste espazo, que xestiona axudado polo seu pai Manuel. A Nova Peneira achegouse ata alí a conversar con Manuel para coñecer mellor ALWAYS T.M. Hai pouco que inauguramos non Manuel? Si, comezamos a funcionar este mes de setembro, e a inauguración oficial foi o pasado día 14,coa asistencia das autoridades municipais de Mos, de responsables das federacións galega e española de Tenis de Mesa. Cóntanos a historia da túa relación co Tenis de Mesa? Pois xa é unha relación moi longa e intensa. Comezamos hai 22 anos como unha pequena actividade extra escolar no colexio público de Vincios. O club que agora se chama A.D Vincios chegou á máxima categoría española, e o meu fillo Samuel que estivo implicadísimo desde o principio fíxose adestrador nacional de primeiro nivel, e é o responsable deste marabilloso proxecto. Quen lle meteu a afección a Samuel? Un dos seus tíos. Por que motivo decidistes montar ALWAYS T.M en Sanguiñeda? Consideramos que danse todas as condicións para o que nós buscabamos, por unha banda a nave reúne as características idóneas para a práctica deste deporte nas

MANUEL PEREIRO. ALWAYS TENIS DE MESA.

mellores condicións posibles, e por outra a situación xeográfica é axeitada xa que está a moi pouca distancia de todos os núcleos de poboación importantes da contorna. As instalación son espectaculares, quedo realmente impresionado da súa calidade. Moitas grazas. A verdade é que leva moitísimo esforzo detrás, pero estamos seguros de que unha aposta tan forte como fixemos por este marabilloso deporte ben que paga a pena. Son 500 metros cadrados de piso especial para tenis de mesa, un robot de axuda, e 8 mesas de xogo. Non hai, a verdade, en toda Galicia, un espazo como este. Cales son os servizos que ofrecedes? Aquí pódense recibir tanto cursos de formación cun adestrador persoal, que te atenderá de maneira individualizada, como alugar mesas para vir gozar do deporte cos teus amigos. A metade das mesas son para cursos e outra metade para alugueres. Tamén temos a opción de que clubs de Galicia e Portugal poidan vir a utilizar as nosas instalacións. O próximo mes oferta-

remos as nosas instalacións a centros que traballen con persoas con problemas tanto de mobilidade como de Alzheimer. Este é un deporte estupendo para que o practiquen e posibilitar a mellora das súas condicións de vida. Este deporte, polo menos na miña xeración, tiña sona de ser de xente de pasta. ALWAYS T.M está ao alcance de calquera economía? Por suposto que si. Considero que puxemos uns prezos moi módicos, porque queremos que o tenis de mesa sexa accesible para todo tipo de petos. A partir de que idade é aconsellable que unha nena ou un neno se inicien no Tenis de Mesa? Nos temos sesións de aprendizaxe para nenas e nenos a partir xa dos 3 anos. Que horario de traballo tedes? De 10,00 a 14,00 e de 15,00 a 23,00 h Que nivel ten o Tenis de Mesa Galego? Fíxate, de 12 clubs que hai na máxima categoría estatal, 5 son da provincia de Pontevedra. A nosa contorna está a un nivel altísimo en relación non xa con Galicia senón con todo o estado. No que respecta á canteira a situación no é tan boa. En gran medida pola falta de instalacións adecuadas. E iso é o que tentamos facer nós, ofrecer un espazo para que os nenas e nenos que o desexen poidan practicar e ou aprender Tenis de Mesa. Que tal se está a portar o concello de Mos con vós? Ben, polo momento a recepción que nos fixeron foi moi agradable. Iso está moi ben, pero xa concretaron algún tipo de axuda ou colaboración? De momento só foron boas palabras e non hai ningún compromiso firme por parte deles, pero pensamos que si que chegaremos a acordos. Moitas grazas e moita sorte.


Setembro 2018 [ 13]

A LOURIÑA

Os traballos de asfaltado desenvolveranse nos vindeiros días para mellorar 9.000 m2 da estrada

A Deputación mellora o firme da estrada provincial EP-2601 mos-puxeiros dentro do concello de mos MOS.

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, está a realizar a rehabilitación do firme da estrada provincial EP-2601 entre Mos e Puxeiros, dentro do termo municipal de Mos. A actuación, segundo explica o deputado Uxío Benítez, supón a mellora duns 9.000 metros cadrados ao longo de diferentes treitos da estrada, e está enmarcada dentro do Plan de Conservación de Firmes que a institución provincial estreou este ano para mellorar a rede provincial. As obras nesta vía, segundo explica Benítez, débense á solicitude de mellora por parte dos grupos municipais do concello

e a que os vixiantes da equipa técnica da Deputación da zona constataron a existencia de aglomerado en mal estado en lugares puntuais. En calquera caso, esta mellora realizase de maneira preventiva para o mantemento da estrada mentres o departamento estuda a posibilidade de elaborar un proxecto de mellora global. Estes traballos na mellora, que rematarán de maneira inminente nos vindeiros días, están incluídos no novo contrato marco para firmes do departamento de Mobilidade. Nalgunhas zonas necesitarase dun fresado da calzada, para posteriormente repoñer a capa de rodadura e aplicar capas de tratamento antiesco-

Esta fórmula supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias. Os proxectos de actuación dentro do contrato marco son acoutados e en ningún caso se mellora a totalidade da lonxitude e sección dunha estrada, xa que unha actuación desas características requiriría dun proxecto completo e específico para cada vía.

Calmado de tráfico

rregadizo. Unha vez estendida a capa de aglomerado acometerase tamén a nova sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, cebreados, símbolos e frechas). Na contorna da comarca do Louriña son varias as estradas

que se están a rehabilitar na batida de renovación da rede viaria a través do novo contrato marco do Plan de Conservación, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para todas as estradas da provincia.

Por outra banda, a estrada Mos-Puxeiros tamén está incluída no Plan Móvese 2 da Deputación, e contará con tres novos elementos de calmado de tráfico. Así, instalaranse dous pasos de peóns sobreelevados nos puntos quilométricos 0+330 e 0+410.


[ 14] Setembro 2018 A LORIÑA

O Concello de Salceda apoia os Venres Negros da CRTVG e CRTVE-Galicia SALCEDA DE CASELAS.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou, cos votos a favor de Movemento Salceda e do PSOE e coa abstención do Partido Popular, a moción presentada polo grupo de goberno en apoio ás reivindicacións que dende fai meses veñen mantendo os empregados e empregadas da CRTVG e de CRTVE-Galicia na defensa duns medios de comunicación públicos imparciais e transparentes, e en contra da manipulación informativa. Lamentan dende o equipo de goberno que o PP non quixese unirse á moción e que polo tanto non puidese ser aprobada de xeito unánime. Un dos pasos máis recentes, e que por vez primeira organizan conxuntamente os comités de empresa da CRTVG e de CRTVE-Galicia, é a convocatoria da manifestación pola dignidade dos medios públicos de comunicación o vindeiro 8 de setembro en Compostela, que suporá un acto de reivindicación

O bNG de Mos presenta una moción para modificar o plan xeral e correxir os seus erros MOS.

conxunto dos empregados e empregadas de ámbalas dúas entidades, e que percorrerá o camiño entre as sedes dos dous medios en San Marcos ata rematar na Praza das Praterías, que dará sen dúbida unha maior visibilación ás protestas e reclamacións dos e das progfesionais que forman ámbolos dous medios. A moción aprobada polo Pleno de Salceda de Caselas recolle tamén o apoio a dita manifestación, na que por parte do Goberno Municipal participarán o Alcalde Marcos Besada e a Tenente de Alcalde, Loli Castiñeira.

No ano 2011 aprobouse a Lei 9/2011, de 9 de novembro dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia para garantir, entre outras cousas, a pluralidade obxectividade dos medios audiovisuais en Galicia. A lei recolle no seu artigo 4 “A obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa, así como o respecto á liberdade de expresión e á formación dunha opinión pública plural” para a CRTVG” no artigo 36. Sen embargo, sete anos despois a realidade é ben diferente.

O plan xeral dun municipio é unha ferramenta importantísima de desenvolvemento, non tan só no ámbito do urbanismo, se non coma guía para mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns do concello. E en todo este proceso os políticos son os que marcan as directrices que debe seguir o plan, podendo por suposto, resultar moi distintos plans dependendo de quen goberne. E esto foi o que aconteceu en Mos. Unha vez aprobado o plan xeral, e tras obviar durante o seu trámite algunhas propostas tanto de AAVV coma de partidos políticos, dito plan comeza a amosar as carencias das que adolece. Algunhas xa avisadas nas alegacións e outras que son sobrevenidas. O Bng leva a pleno a proposta, en forma de moción, para a modificación do plan xeral debido aos erros que contén, así coma para que se actualice.

Sería conveniente actualizalo á Lei do Solo de 19 de marzo 2016, así coma ao recentemente publicado Plan Básico Autonómico que complementa o plan actualmente en vigor. Os erros que habería que subsanar serían entre outros: As alineacións e anchos de viais, non permitindo anchos inferiores a 8 metros en ningún caso nos viais menos importantes e non permitindo anchos inferiores a 10 nos viais normais. E sempre aumentando ditos anchos, non se debe aspirar a un futuro de rúas estreitas. Complementar o plan actual co inventario de camiños, depurando os erros que se atopen ( hai casos de viais privados que aparecen con alineacións no plan xeral) Utilizar as normas subsidiarias para estudar o que sería de aplicación neste plan,( non todo era malo nas normas subsidiarias). Estudar as ordenanzas, sobre todo a 2 ( residencial mixto) e a 5 ( industrial), revisando aproveitamentos e alturas. Realizar estudo apantallamento radioeléctrico e outros, con éstos acortariamos o proceso das licencias que non terían que ser remitidas a AESA ( Axencia Estatal de Seguridade Aérea). Hai que lembrar que o noso concello está moi afectado por este tipo de afeccións.


Setembro 2018 [ 15]


[ 16] Setembro 2018 ENTREVISTA

O NACIONALISMO NA LOURIÑA (II). O BNG DE PORRIÑO

PEDRO PEREIRA

Continuamos a xeira que iniciamos o pasado mes analizando a situación do nacionalismo na comarca da Louriña. Desta volta conversamos co voceiro do bloque no Porriño, Pedro Pereira. Pedro é un veciño de Atios, que leva moitos anos vinculado ao tecido asociativo da súa comarca e que gaña moito nas distancias curtas. Non me cabe dúbida que se todas e todos os veciños de O Porriño tiveran a oportunidade de coñecelo persoalmente o Bloque melloraría substancialmente os seus resultados electorais na localidade. Cando falamos en Marzo Pedro, comentábasme que estabas moi satisfeito da saúde interna do BNG do Porriño. A un ano das próximas eleccións como está esta situación? A situación non mudou, o grupo de persoas que hai activas no BNG está coordinado e funciona. Hai cuestións que hai que mellorar pero o activismo segue estando aí e estamos moi satisfeitos. Xa está definido que vai a ser o próximo candidato do BNG ao Concello de Porriño? A día de hoxe non se descarta ningunha opción, poderá haber un candidato ou candidata pero teremos que tentar resolvelo neste mes de setembro. Vas ser ti? De momento non hai nada que indique que vou a ser eu. Eu podo ser unha persoa, pero pode haber un relevo. A túa vontade é selo? A vontade miña a día de hoxe e que o BNG ofreza o mellor candidatura posible. E se nesa candidatura e necesario un cambio de candidato-candidata non vou ser eu un problema para iso. Pero entón, a pulsión que percibes nos teus compañeiros e compañeiras e a vontade dun cambio? Non, digo que eu persoalmente non descarto esa cuestión, inclusive por iniciativa propia. Eu vexo cal pode ser o contexto que se poida dar en maio do ano que ven, e se a postura é un cambio de candidato eu non vou a ser o problema.

Si vale pero a túa intención e ser candidato ou non? Como dixen, sempre estou a disposición do que a organización acorde ou non, eu vou pór enriba da mesa tódalas opcións e unha vai a ser esa. Non vou a auto descartarme de inicio pero quero que se varasen tódalas opcións para que o partido presente a mellor candidatura. A mellor candidatura para que, cales son as aspiracións reais do BNG? En primeiro lugar é que non goberne a dereita no Concello de Porriño. A dereita non ten un proxecto para o concello que creemos que debe ter, está nas antípodas do que nós podemos expor. Estamos falando do PP? Non só o PP, non descartamos que haxa máis candidaturas de dereitas. Tamén somos conscientes de que non estamos nada contentos cunha alternativa que se vendeu como esquerda que non foi real. Polo tanto nós queremos facer unha alternativa a unha parte e a outra. Eva é unha alcaldesa de esquerdas? Coa xestión de goberno destes catro anos non o demostrou. En que non demostrou ser unha alcaldesa de esquerdas? Por desgracia case non hai ningunha opción, sacando pinceladas pequenas pero non na súa totalidade en política social, no resto fixo a mesma política que o PP. O BNG que alternativas ofrece aos cidadáns para mellorar as súas condicións de vida?

Ter un proxecto de pobo, o PP non o ten e o PSOE demostrou que tampouco. Hai que gañar espazo para a poboación urbana, hai que facer un plan xeral de ordenación que está paralizado polo goberno do PP desde o 2009. E é fundamental que haxa un programa claro en políticas sociais e de emprego; claro e en coordinación con tódalas empresas de Porriño. E non o hai? Agora o que hai é con cargo a subvencións a programas de emprego e nada máis. Iso hai que resolvelo, hai falta de planificación. Tamén temos que avanzar en recuperar a xestión directa dos servicios públicos. Está o tema en precario da piscina, a xestión nos servicios de xardinería e nos servicios do lixo. Está externalizado no consorcio e temos que abordar todo o tema da auga no seu ciclo completo, tanto en xestión, depuración e sumidoiros. Hai en moitas cousa que avanzar cun programa claro e de criterio en xestión municipal directa.. Cando se aprobaron os orzamentos coa túa abstención, estabas satisfeito das achegas do BNG. A día de hoxe estás satisfeito coa súa execución? Moi insatisfeito. A día de hoxe a corporación municipal non foi quen de facer un envorcado das novas partidas

aprobadas a finais de marzo nos orzamentos. Cal é o estado de execución de partida por partida? a día de hoxe non se sabe. E isto é por falta de vontade ou por ineptitude? Isto é por falta de dirección política deste concello por parte do goberno actual. Estamos moi insatisfeitos porque na hora da execución dos acordos pactados con nós, a día de hoxe non se cumpriu ningún. Chegamos á conclusión que a alcaldía o que buscaba era unha aprobación duns orzamentos para dar a sensación de que saben negociar e chegar a acordos. Pero iso de que sirve se logo non os cumpren. Outra cousa moi clara, o que se non ocultou no seu momento. Se nos dixo que o concello tiña superávit e non ía ser necesario entrar nun plan financeiro, a día de hoxe sabemos que o concello incumpre as regras de gasto e o período medio de pago; resulta que ten que elaborar un plan financeiro. Mentres non se resolva esta cuestión non podemos facer investimentos con cargo a partida de remanente positivo. No tema do lindano, fíxose algo? Si se fixo algo pero a remolque e houbo falta de transparencia. Tamén ten que quedar claro que non é un problema que xurdiu onte e atribuíble á xestión deste goberno. Este goberno tratou de asumir unha bandeira sacándolle as competencias que ten medio ambiente. Retiroulle as competencias neste tema ao concelleiro Marcelino Coto, coido que por falta de confianza da alcaldesa no seu concelleiro.. Á alcaldesa dámoslle na xestión deste tema un aprobado pola mínima. No que se refire a Torneiros, Eva sempre dixo que é unha zona susceptible de realizar moitas accións e criticaba ao PP por non telas feito. Este goberno desenvolveu algunha actuación relevante en Torneiros? A día de hoxe en Torneiros fixéronse obras imprescindibles de mantemento. Obras de infraestrutura de certo calado están planificadas pero non se fixo nada.

RÚA CASTELAO Nº 33 - SALVATERRA


Setembro 2018 [ 17]

ENTREVISTA Rematando e sendo realistas, é posible conformar unha alternativa que dea un goberno de esquerdas no Porriño? Alternativas pódeas haber, agora eu persoalmente e o Bloque, temos moi claro que un goberno de esquerdas con alternativa á dereita só pode habelo sempre e cando se fale de programas e proxectos políticos, non de números. Si se da a situación aritmética que posibilite unha maioría alternativa de esquerdas o BNG vai estra aí? O BNG inicialmente sentarase a analizar os resultados electorais que

se dean coas súas alternativas. Vai a estar aí, agora que iso poda frutificar ou non depende das opcións reais dun acordo de investidura e dun programa, non só de buscar unha alcaldía como fixo o PSOE hai catro anos. O único que fixo foi garantir durante esta lexislatura que non houbese unha moción de censura entrando no abrazo da dereita de Marcelino Coto e Manuel Carrera, agora sufre as consecuencias da xestión dese goberno con catro anos bastante malos. Moitas grazas Pedro.

JOSÉ LUIS TEIXEIRA RODRÍGUEZ DELEGADO Rúa Redondela Nº 1 Baixo Ponteareas


[ 18] Setembro 2018 (Primeira edición)

AS ENTREVISTAS DE VERÓNICA (IX)

O FUTURO DO SOCIALISMO NA COMARCA DA LOURIÑA

ALEX FIGUEROA. SX DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE MOS

“A ESQUERDA DE MOS TEN QUE SER QUEN DE TRAbALLAR CÓbADO CON CÓbADO PARA MUDAR O NEFASTO GObERNO QUE PADECE O NOSO PObO” Unha nova xeración de mozas e mozos semella que agroma no socialismo de Mos, con folgos de poñer a o mellor de si para ofrecer á veciñanza do seu pobo unha alternativa fresca e honrada ao goberno da dereita de sempre. A dereita que practica o modus operandi que leva padecendo Galicia desde a noite dos tempos. Á moza de Torroso Vitoria Alonso, Secretaria Local, coñecémola ben pois é articulista habitual de A Nova Peneira. Hoxe imos achegarmos á figura de Alex, veciño de Cela, e SX das mocidades socialistas de Mos. Poderiamos ter descrito o seu sorriso, ou preguntarlle cantas veces se namorou, ou a que xogaba de neno...., pero como somos un xornal serio, non lacaio de ninguén, e absolutamente independente, imos falar de política seria con el... O vindeiro 26 de Xaneiro celebraremos no Porriño a III Gala de entrega de premios de comunicación A NOVA PENEIRA. Dáte por convidado. Agardo que poidamos contar contigo. Por suposto podedes contar comigo, sempre é moi agradable asistir a un acto así. Cóntanos de maneira sintética a túa historial persoal. Cando iniciaches a túa actividade política, e como chegaches á situación actual da túa responsabilidade orgánica? Pois pódese dicir que empecei dende cativo. Sempre me considerei un idealista, e con doce ou trece anos xa me gustaba estar ao tanto da actualidade política. Logo todo foi progresivo, coma

a vida mesma, vas querendo saber mais e polo tanto ao final queres formar parte para pór en practica todo aquelo que xe remove por dentro, e poder contribuír a cambiar e mellorar a cousas. Por outra banda teño tradición familiar de compromiso coas ideas de esquerda. Logo de un ano indo á sede, unha serie de compañeiras e compañeiros decidimos formar as xuventudes socialistas. Por que escolliches o PSOE? Non me gustan a diferencias sociais e desexo un mundo onde na medida do posible todas as persoas teñamos as mesmas oportunidades sociais e persoais. E considero que o PSdG é a mellor ferramenta que hai na actualidade para que, sendo consciente da dificultade, o real e o ideal estean o máis preto posible. Ás persoas da túa xeración Alex, interésalles a política?. A miña sensación é que non.. que nos di un SX dunha agrupación xuvenil dun dos partidos máis importantes do estado? Eu quero pensar que si as hai, mozas e mozos con vontade para comprometerse e tentar facer un mundo máis xusto. .... pero a xuventude está desmotivada e decepcionada con todo o que pasa o noso redor. E por outra banda, ao meu xuízo, hai unha clara intención sistémica de que as persoas máis novas non pensen, que centren as pulsións contestatarias e de rebeldía inherentes á mocidade en estupideces, e esquezan o verdadeiramente importante; a xustiza e a igualdade. Como valoras ao goberno de Mos e por que? Un goberno nefasto, que se preocupa por cuestións estéticas e obvia os máis elementais principios éticos. O goberno do PP de Mos, divide á sociedade en

dous ; os que están con el son os seus amigos e os que non, os seus inimigos. Mos non pode soportar máis tempo un goberno decimonónico como este, que ten sumido ao pobo na ruína económica máis absoluta. Esta pregunta tes que contestarma con precisión, non vale unha resposta ambigua. A Secretaria xeral vosa Victoria Alonso, vai ser a candidata do PSdG á Alcaldía? Non o sei.... Alex confesa, confesa Alex Ha ha ha ha. Prométoche Verónica que está aínda sen definir. Se nas eleccións de maio do ano que ven a suma de todas as concelleiras e concelleiros da oposición dá 9 ou máis, sexa a distribución aritmética que sexa, o PSdG comprométese a formar un goberno de coalición para desaloxar democraticamente á dereita do concello de Mos? Esta pregunta só cha podo contestar dándoche a miña opinión persoal que é un rotundo SI. A esquerda de Mos temos que ser quen de traballar cóbado

con cóbado para mudar o nefasto goberno que padece o noso concello. O PSdG estivo o 2 de setembro en Tameiga reivindicando voso non ao centro comercial. Como credes que evolucionarán os acontecementos neste asunto? Agardo que xa sexa por un repentino aceno de cordura xa sexa por puro interese electoralista o goberno do PP de Mos pare esta auténtica aberración. O voso deputado Abel Losada, estivo con vós en Tameiga. Ides desenvolver algún tipo de iniciativa parlamentar en apoio da veciñanza de Tameiga? Si claro, xa estivemos reunidos coa veciñanza de Tameiga, Pereiras con todas a que comunidades augas. O PSdG vai traballar coa máxima intensidade no parlamento de Galicia para que se impida a especulación cos montes de Mos, a especulación co futuro das xeracións posteriores. Debémosllo aos que xa non están e traballaron para deixarnos o inmenso patrimonio natural que agora está en perigo, e debémosllo aos que veñen detrás.


Setembro 2018 (Primeira edición) [ 19]

Se se amosa que a Pablo Casado agasalláronlle o seu máster por ser quen é debe dimitir? Por suposto debe facelo e xa vai tardando. E se Pedro Sánchez plaxiou a súa tese tamén? A ministra Montón xa dimitiu, e o ministro Huerta tamén. Exemplos notorios de que o compromiso ético do PSOE está a kilómetros de distancia do que supostamente poida ter o PP. Non creo, en verdade cho digo, que Pedro Sánchez plaxiara nada. Pero se estou equivocado teño a certeza de que o meu partido saberá estar á altura. Nas primarias do PSdG ti apoiaches a Gonzalo ou a Villoslada? Eu votei a Villoslada. Non cres que Gonzalo Caballero estase equivocando en non entrar no parlamento para acadar un maior grado de visualización? Eu creo que o fará no momento que a executiva nacional do PSdG con-

sidere politicamente máis oportuno para nós. Como valoras a acción política do goberno do estado? ESTUPENDA !!! A verdade é que con 100 dias que leva está facendo moito a pesar de ter todo en contra... eu síntome feliz por ter este goberno e sendo sincero foi autenticamente unha sorpresa moi agradable. Dá algún exemplo de por que a consideras estupenda? Por primeira vez, algo tan relevante como o traspaso da AP9 a Galicia, vaise debater no parlamento do estado. Iso lévame a expresar dúas reflexións : a actitude miserable e hipócrita do PP que cando gobernan eles miran para outro lado, e cando gobernamos nós exixen o que eles non fan, a sensibilidade do goberno socialista fronte a un tema capital para Galicia. Por outra parte semella que por fin as constantes e criminais subas do recibo da luz, que converten

a un ben de primeira necesidade, case nun produto de luxo están sendo abordadas con intención real de contrarrestalas. Tamén quixera destacar a diferente maneira de abordar un problema tan grave como o catalán. O goberno do PP quería solucionalo coa razón da forza, mentres que o goberno de Pedro Sánchez esta actuando como debe, coa forza e firmeza da razón.

MINHOTOLDOS

Rematamos Álex agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última cuestión. As túas aspiracións políticas persoais cínguense a Mos, ou algún día verémoste voar máis alto? Pois non penso en iso gústame o que fago o levo dentro xa dende cativo e xa veremos onde me levarán os camiños da vida.

Lugar da Barca, Lodeira Monçao +351 251 651 661

OFERTAS EN ROUPA INTERIOR E DE NENOS

Rúa Rosalía de Castro, 6 Baixo - A Cañiza

“HELADOS ECOLÓGICOS VEGANOS Y SIN GLUTEN, GRANIZADOS Y MUCHO MÁS.."


[ 20] Setembro 2018 O CONDADO

A Concellería de Cultura solicita a Patrimonio a súa catalogación

Ponteareas redescubre un petroglifo esquecido dende hai 80 anos

pola profundidade do sulco. Incluso indican a técnica: “grabada a pico”, metálico moi probablemente. Este achádego non se atopa rexistrado nin catalogado tanto en Patrimonio como no propio Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), motivo polo que Bautista procederá a tramitación oportuna para a súa posta en valor dentro do conxunto do Castro de Troña.

PONTEAREAS.

A concellería de Cultura do concello de Ponteareas solicitará a Patrimonio a catalogación dun petroglifo atopado no castro de Troña entre o ano 1932 e o 1934 polo investigador Xurxo Lorenzo. Tras oitenta e un anos no esquecemento, o estudoso Xoan Carnero “Perico” en colaboración coa concellería de Cultura localiza e redescubre este petroglifo serpentiforme disposto horizontalmente nunha rocha do Castro de Troña. Naqueles anos Cuevillas e Xaquín Lorenzo, irmán de Xurxo Lorenzo recollen e divulgan no Boletín 321-326 de 1957 da Real Academia Galega a observación de observan dúas serpes, unha maior e outra menor que, baixo o titulo de “Unha nova inscultura serpentiforme na citania de Troña”, escrito por Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo Fernández, se ben este xa aparecía mencionado nun artigo de Xaquín Lorenzo en 1945 “Un petroglifo inédito de Troña”. “Dito achádego permaneceu no

esquecemento e dado por desaparecido ata este pasado mes de agosto que o estudoso e fotógrafo Xoán Carnero, Perico”, explica a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista. A este petróglifo perdéraselle a pista e tras os incendios o tamén fotógrafo, Perico, localízao e pono en coñecemento da concelleira de cultura, Hortensia Bautista. No primeiro artigo os propios autores indican que o novo petróglifo descuberto con forma de serpe é unha posible imitación feita tardiamente, apuntando como data máis antiga o ano do abandono do castro (século I d. C.), algo que resulta evidente

As Orixes

O Castro de Troña foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de monumento polo decreto 403/2009 do 22 de outubro. Nel tiveron lugar diversas intervencións arqueolóxicas durante case a totalidade do século XX. Iniciou estas intervencións Enrique Peinador Vela. Dun xeito máis científico interviron Florentino López Cuevillas e Luís Pericot desde 1927, ademais das investigacións de Xurxo Lorenzo. En 1964 voltou escavar Manuel Fernández Rodríguez e entre os anos 80 intervén Hidalgo Cuñarro, Rodríguez Puentes, Abad Gallego, Torres Bravo e Perles Fontao.

Arranca a renovación do Paseo Matutino ponteareán PONTEAREAS.

O goberno de Ponteareas comeza a renovación do Paseo Matutino e marcará con esta obra a liña a seguir no futuro de Ponteareas. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde e Concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitaron hoxe as obras que contan cun prazo de mes e medio de execución a partir do pasado mércores 12 de setembro, día no que se asinou a acta de replanteo. Alcalde e Tenente de Alcalde agardan que estas obras ocasionen as menores molestias posibles e informan á cidadanía que o tráfico deberá circular pola rúa dos Carballos que conectará co seguinte tramo do Paseo Matutino ao cambiarse o sentido desta rúa dende o cruce con Feliciano Barrera ata a rúa Castañal. O goberno acordou comezar as obras nestas datas nun encontro mantido coa hostelería,comercio e comunidades de propietarios da zona que sinalaron esta data despois das festas dos

Remedios como a máis idónea. A actuación no primeiro tramo conta cun orzamento de 178.000€ e comprende unha completa reforma da rúa dende o cruce coa Avda de Galicia con Rogelio Groba ao cruce coa rúa Castañal. O novo proxecto de reforma para o primeiro tramo do Paseo Matutino actuará sobre toda a plataforma e non só as beirarrúas e tamén contempla obras no alumeado público da zona así como a separación de pluviais das augas residuais. “Esta transformación radical suporá unha modernización que beneficiará aos veciños e negocios. A rúa quedará toda ao mesmo nivel, en plataforma única que permitirá o paso de vehículos, e primará o tránsito peonil con amplias beirarrúas. Será un espazo agradable seguindo as premisas prantexadas no estudo de Mobilidade e de acorde ás liñas marcadas pola estratexia Ponteareas Hábitat Saudable”, explica o Alcalde.


Setembro 2018 [ 21]

O CONDADO

Axuda de 20.000€ para redactar o Plan Xose Manuel Rodríguez Méndez volverá ser candidato de Accesibilidade e Mobilidade PONTEAREAS.

O goberno de Ponteareas da un paso máis na mellora do futuro de Ponteareas ao lograr unha axuda de 20.000€ da Deputación de Pontevedra para redactar o Plan de Accesibilidade e Mobilidade Sustentable. Para lograr esta axuda, o goberno presidido por Xosé Represas, acolleuse ás bases de axudas convocadas pola institución provincial para esta finalidade por parte do departamento de mobilidade que dirixe o nacionalista, Uxío Benitez.

Esta subvención impulsa a planificación estratéxica de Ponteareas que, por vez primeira, medrará de xeito organizado e sostible grazas a un plan no que se contemplará o acceso universal das persoas aos servizos e equipacións da súa cidade. O plan de mobilidade sustentable de Ponteareas será unha ferramenta na que se preverán as necesidades sobre a rede de estradas e espazos públicos optimizando os recursos municipais realizando previamente un diagnóstico da mobilidade urbana.

Ademais, este plan de mobilidade abrirá as portas para acadar novos fondos europeos de mobilidade sustentable e fixará as actuacións para mellorar o transporte público coas parroquias. En definitiva, o plan de accesibilidade e mobilidade marcará as propostas concretas de actuación para os vindeiros anos nos espazos públicos, edificios municipais e nas vías de comunicación para mellorar a súa calidade e priorizar ás persoas.

Cafetería & Tapería

ROBERT y BRAIS Rúa Redondela, 16 - Ponteareas

do bNG á alcaldía das Neves AS NEVES.

A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego das Neves ven de decidir que Xose Manuel Rodríguez Méndez se presente para ser elixido novamente Alcalde do Concello nevés ou nevense. A xuntanza da tarde noite do venres no local do BNG escolleu por unanimidade o candidato a alcaldía e tamén preveu posibilidades para os seguintes postos na futura candidatura as eleccións que se van celebrar na primavera de 2019.

O Responsable Local do partido, Oscar González, indica que a Asemblea foi moi fructífera servindo para a citada escolla pero tamén para a posta en común do traballo e proxectos.


[ 22] Setembro 2018 O CONDADO

Xornada de convivencia de portas abertas na escola unitaria de San Mateo PONTEAREAS.

A escola unitaria de San Mateo comezará o curso escolar 2018/2019 cunha xornada de convivencia na que participará o alumnado de todas as escolas unitarias do Centro Rural Agrupado (CRA) A Picaraña. Nesta xornada de convivencia, que arranca ás 09:00 horas, poderán participar todos os membros da comunidade educativa que queiran apoiar a permanencia da escola de San Mateo e que desexen reivindicar o dereito ao ensino público no rural de Galicia. Monitores de tempo libre

facilitados polo concello de Ponteareas entreterán con divertidas actividades lúdicodidácticas aos pequenos e pequenas que se dean cita mañá na escola de San Mateo. A concelleira de ensino Cristina Fernández adianta que mañá mércores terá lugar un pleno extraordinario no que, entre outro puntos, se abordará unha declaración de apoio á esta escola unitaria para que a Xunta de Galicia a manteña aberta logo de ter acadado as nais e pais o mínimo de alumnado matriculado esixido pola Xunta. “A Consellería de Edu-

cación comprometeuse a manter aberta a escola unitaria se no día de comezo de curso acadaban o mínimo esixido, as nais e pais conseguiron esas matrículas e terán todo o apoio do goberno para manter este servizo básico activo”, explica a concelleira. Segundo adiantan os representantes das nais e pais afectados, esta mesma tarde terán unha reunión coas ANPAS, coa FANPO e coas nais e pais en xeral no centro cultural de Xinzo ás 20:15 horas no que pecharán o calendario de accións reinvidicativas en defensa do ensino en San Mateo.

TABERNA

CASA FARRAPEIRA ESPECIALISTAS EN COCIÑA DE MERCADO

UN PRACER PARA OS SENTIDOS. COÑÉCENOS

EN RIBADETEA - PONTEAREAS

II Concurso Nacional de Piano mestre soutullo PONTEAREAS.

A Fundación Reveriano Soutullo Otero informa que o II Concurso Nacional de piano Mestre Soutullo celebrarase entre os días 1 ao 4 de novembro do presente ano, no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas. Os obxectivos do devandito concurso son divulgar e fomentar o coñecemento da obra de piano do mestre Soutullo e motivar nos seus estudos aos alumnos que se atopan cursando grao elemental ou profesional de piano. As bases foron enviadas a todos os

Conservatorios e Escolas de Música de España. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 17 de outubro inclusive. As obras obrigadas pertencen aos álbums de piano de Soutullo Na praia e En noite de lúa, editadas por Dous Acordes. Para calquera información poden poñerse en contacto coa Fundación no correo fundacionsoutullo@hotmail.com Ou ben chamar ao teléfono 611 02 99 28. A Fundación conta co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Ponteareas.


Setembro 2018 (Primeira edición) [ 23]

O CONDADO

ENTREVERbAS 2018

“A PALAbRA É TAN LIbRE QUE DÁ PÁNICO…” A linguaxe é un instrumento poderosísimo, pode ferir con tanta intensidade como o gume de calquera coitelo, porén pode servir tamén para amar, acougar, perdoar, compartir, xogar, empatizar, perdoar, ensinar, comprender, gozar...Ao fin e ao cabo, non hai pracer máis grande ca unha conversa no momento que quen fala ten gañas de falar e quen escoita ten gañas de escoitar. Desde A Nova Peneira, como non podía ser doutra maneira, saúdamos con afecto e interese a IV edición do Festival ENTRE VERBAS. Este evento naceu no ano 2.015 en Cabreira, unha parroquia de Salvaterra, por iniciativa da AVV Xerme. Entreverbas é un acto literario e musical, un encontro coa palabra. Entreverbas nace coa intención de achegar a palabra, a música, a poesía á xente do rural, xa que a maior parte destes festivais desenvólvense en espazos urbanos. De seguido ofrecémoslles a programación deste ano, e rematamos este pequeno traballo anunciando para A Peneira de Outubro unha entrevista en profundidade cos seus organizadores.

XOVES 27 DE SETEMBRO - 20:30 h. Casa do Conde de Salvaterra. Charla con BRANCA NOVONEYRA, “Uxío Novoneyra, pai e poeta”.

VENRES 28 DE SETEMBRO - 20:30 h. Carpintería Acuña, Cabreira. Proxección do filme “Mulleres da raia” e posterior coloquio coa directora DIANA GONÇALVES.

SÁBADO 29 DE SETEMBRO - 19:00 h. Centro Cultural Xerme de Cabreira. Recital coa participación de: - XOSÉ IGLESIAS - ANTÍA OTERO - DIEGO ALFONSÍN X.M XESPI(UN DOS ORGANIZADORES DE ENTREVERBAS).IMAXE XENTILEZA DE LÚA.

Peche musical coa actuación de: - SONIA LEBEDINSKY

Lugar da Gandra, Monçao 961 852 708 - 964 383 778 00351-926 374 842 lagoaverderestaurante@gmail.com


[ 24] Setembro 2018 (Primeira edición) O CONDADO

Ponteareas inviste 253.865€ en formación PONTEAREAS.

O goberno de Ponteareas logra unha subvención da Xunta de Galicia por valor de 253.865, 43€ para pór en marcha un plan de formación que facilitará a inserción e reinserción laboral das persoas traballadoras desempregadas naqueles empregos que máis require o sistema produtivo. Esta iniciativa da área de emprego que dirixe o Alcalde Xosé Represas, súmase ás accións de fomento da creación de emprego realizadas nestes anos polo actual goberno de Ponteareas como os obradoiros de emprego ou as axudas destinadas a estabilización de contratos e creación de emprego. Xerar emprego é unha das

prioridades deste goberno que dende a súa entrada traballa na liña da inserción e reinserción laboral, grazas a este esforzo realizado chega agora este importante investimento en formación. Ponteareas consegue esta subvención tras ter presentado un bo proxecto que pretende completar a formación das persoas traballadoras en situación de desemprego para facilitar a inserción e ser ter un currículum máis competitivo e atrativo para o mercado laboral. Estas accións formativas diferenciaránse en distintos niveis de formación e certificados de profesionalidade. Para acceder a elas é necesario posuir o nivel

formativo requerido en cada certificado de profesionalidade ou competencia clave e estar inscrito na oficina de emprego como desempregado con anterioridade ao inicio do curso. Os e as interesadas deberán manifestar na oficina de emprego o seu interés en participar no proceso selectivo da especialidade que desexe. O concello seleccionará ao alumnado en base á listaxe facilitada pola oficina de emprego de Ponteareas ubicada na rúa dos Carballos, número 10. Ponteareas ofrecerá ás persoas desempregadas certificados de profesionalidade en mercadotecnia e compravenda internacional con 788 horas, xestión administrativa cunha formación

de 708 horas e creación e xestión de microempresas con 538 horas. Por outro lado, as accións de formación en competencias de distintos niveis serán a de comunicación en linguas estranxeiras (inglés), galego, castelán e matemáticas. O Alcalde de

Ponteareas salienta a importancia da formación continua ao longo da vida nun mundo cambiante en canto os perfís demandados para ter coñecementos actualizados e demandados polas empresas e insiste na prioridade do fomento do emprego entre os obxectivos deste goberno.


Setembro 2018 (Primeira edición) [ 25]

O CONDADO

Chus Garrote esíxelle aJeijóo que deixe de desmantelar o rural de Ponteareas PONTEAREAS.

A tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, Chus Garrote, alerta sobre a política de desmantelamento do rural que está levando a cabo a Xunta de Galicia e o Partido Popular en Ponteareas con resultados nefastos para a vila do Tea. A edil socialista denuncia que a Xunta de Galicia está recortando servizos básicos no rural como o transporte ou o ensino. “Vimos como recortaron máis do 70% liñas de bus ao Hospital Álvaro Cunqueiro e o estamos sufrindo agora tamén coa eliminación das escolas públicas do rural como a de San Mateo” denuncia a Secretaria Xeral do PSOE ponteareán, Chus Garrote. O PSOE ponteareán explica que os recortes de servizos e desmantelamento do rural da Xunta obedecen a un plan de axuste do gasto ante a grave problemática de avellentamento da poboación

galega e crecemento vexetativo negativo. “O goberno de Alberto Núñez Feijóo está empregando Ponteareas como o seu particular laboratorio de experimentos” Así mesmo, a tenente de alcalde Chus Garrote acusa directamente a Belén Villar de traizoar os intereses dos ponteareáns. “Belén Villar demostrou preferir quedar ben ante o seu xefe para ascender no PP, que traballar polo ben de Ponteareas” sentencia Chus Garrote. A responsable do PSdeGPSOE de Ponteareas esíxelle ao Presidente da Xunta de Galicia, o popular Alberto Núñez Feijóo, rectificar nas súas políticas no rural ponteareá e garantir condicións de repoboamento efectivos devolvendo servizos como o de transporte e o de educación así como un política de natalidade efectiva para corrixir a longo prazo o grave problema que está sufrindo Galicia.

As amazonas do Club hípico ChAR destacan no concurso de salto 2 Estrelas PONTEAREAS.

Lucía Campos Cora e Lucía Oterino Alonso, xinetes do Club Hípico CHAR de Ponteareas, participaron no Concurso Nacional 2 Estrelas de Salto. As amazonas ponteareás conseguiron boas clasificacións nesta proba celebrada en Mondariz; en concreto Lucía Oterino participou na modalidade de 0,50 e quedou segunda no último día co seu cabalo “Flaubert Deval”, e Lucía Campos, que participou en 0,80, quedou cuarta no segundo día co seu cabalo “Guerreiro” cedido ás instalacións do Club Hípico CHAR

por Purada (Asociación Cabalo Galego). Dirixidas polo seu

adestrador de equitación, Isidro Calvo, participarán a fin de semana do 6 e 7 de outubro no Club Casasnovas en Arteixo no concurso territorial de salto no que tamén participarán as súas compañeiras de club, Lía Senra, Inés Sánchez e María Artepazo. A esta última proba irán acompañadas tamén da adestradora Nerea Muíño. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, animaron ás deportistas ponteareás polos seus postos e desexáronlle sorte nas sucesivas competicions.

A cantante SÉS volve a Ponteareas o 30 de setembro para o peche das festas

PONTEAREAS.

O concello de Ponteareas anuncia a actuación o vindeiro día 30 de setembro da cantante galega Sés que volverá visitar a cidade coincidindo co peche das festas para ofrecer un concerto ao aire libre ao terse que trasladar o concerto programado

para o pasado sábado día 8 ao auditorio municipal por mor das inclemencias meteorolóxicas. Atendendo ás demandas da veciñanza e a toda a xente que ese día non puido desfrutar, o concello de Ponteareas volverá traer á cantate Sés para que to-

dos os que non puideron desfrutar da súa actuación o pasado sábado poidan ter unha nova oportunidade de desfrutar das súas letras e da súa potente voz. Días antes do concerto o concello informará da hora e do lugar no que se celebrará, sempre de balde.


[ 26] Setembro 2018 (Primeira edición)

BAR A FOUTEZA

Rúa Rosalía de Castro 128, Baixo. SALVATERRA


Setembro 2018 [ 27]

O CONDADO

O goberno ponteareán aclara a orixe das multas polos vertidos ao río Tea PONTEAREAS

O concello de Ponteareas aclara ao grupo ecoloxista Adenco que as multas administrativas non axilizan o proceso de mellora dos vertidos ao río Tea e tan só supoñen un gasto e unha entrega de cartos á adminstración, cartos que poderían ser derivados a outros servizos en beneficio da cidadanía e do mediambiente. O Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Represas, explica que as sucesivas multas teñen unha orixe que ven de moitos anos atrás, máis de vinte anos, cando anteriores gobernos do PP decidiron instalar unha depuradora insuficiente para o caudal que recibiría e que ademais non tiña en conta a previsión de crecemento da cidade. Este erro e falta de pre-

visión provoca agora que reciba máis caudal do que debe tratar e que a través do aliviadeiro se produzan vertidos. Represas explica que aínda que agora se producen moitas multas non é precisamente porque se deba a un aumento dos vertidos, simplemente é froito da dunha maior “preocupación” de Adenco e do seu responsable,

Anxo Saborido, por denunciar con relación á épocas anteriores con gobernos do Partido Popular. O Alcalde asegura que o río agora non está peor, o mellor exemplo río é que a praia de San Roque que durante décadas non era apta para o baño, dende hai dous anos si o é por eliminar or vertidos de regato da Venda.

A estrada EP-5005 entre A Cañiza e Pousa será reformado A CAÑIZA

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto de execución da reforma da estrada provincial EP-5005 Cañiza –Pousa (Po400), dentro do termo municipal de A Cañiza. Esta actuación do departamento provincial de Mobilidade ten un orzamento que supera os 578.000 euros e un prazo de execución de catro meses, segundo explica o deputado Uxío Benítez. Unha vez aprobado o proxecto este venres iniciaranse os trámites da contratación, pasando á fase de licitación. As empresas interesadas en realizar a obra poderán presentar as súas ofertas e o persoal técnico provincial valorará cal é a mellor oferta económica e técnica para a adxudicación, que se poderá apro-

bar a finais deste ano se non se producen contratempos administrativos. Unha vez estean solucionados todos os trámites a duración dos traballos será de catro meses dende o seu inicio. O nacionalista Uxío Benítez explica que a intención deste proxecto, que abrangue 12,3 quilómetros de vía, dende o punto quilométrico 1+100 ata o 13+400, é mellorar a seguranza viaria e peonil, salvagardando a prestación de servizo público. As obras mellorarán a plataforma da vía coa pavimentación da traza existente, dentro do dominio público viario e sen ocupar outro tipo de terreos: levantarase todo o firme actual en mal estado. Así mesmo, mellorarase a drenaxe da estrada, instalando tubaxes nas correspondentes beiravías.

"comida caseira, saudable, vexetariana e para levar" Planta superior Plaza de Abastos de Ponteareas 886 099 357 600 043 274 www.alpuntoponteareas.es

BODEGÓN

O CASTRO

TAPAS VIÑOS, BACALLAU Á PORTUGUESA E BOCATAS

Rúa Rosalía de Castro 43 A Cañiza


[ 28] Setembro 2018 O CONDADO / VAL MIÑOR

30 ofertas para a realización dos proxectos de sendeiros en crecente, Arbo e As Neves ARBO.

A Deputación de Pontevedra recibiu un total de 33 ofertas para a realización dos proxectos de ampliación e mellora dos sendeiros tradicionais de pescadores nos concellos de Arbo, As Neves e Crecente. Estas tres primeiras actuacións supoñen os primeiros pasos para a creación dun gran anel verde de sendeiros que percorrerá todo o litoral do sur da provincia e que se comunicará cos sendeiros portugueses da outra beira do río Miño a través dunha ponte peonil internacional, dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza Visit Río Miño.

Unha vez recibidas as ofertas, son agora os servizos técnicos da Deputación quen debe analizar nos vindeiros días a documentación presentada polas empresas e facer unha proposta de adxudicación. Os traballos no concello de As Neves consistirán na ampliación e adecuación do tramo que vai dende o límite entre Arbo e As Neves (no antigo viaduto) ata a capela de San Manuel (no lugar de Vide), que actualmente se atopa nunhas condicións deficientes. Asemade, o proxecto recollerá a realización dun miradoiro en madeira tratada para favorecer o achegamento de persoas que percorren a ruta e a

contemplación da paisaxe en condicións de seguridade. Pola súa banda, as actuacións no concello de Arbo centraranse no acondicionamento, ampliación e melloras no Sendeiro do Río Deva, afluente do Miño, entre a área recreativa de San Xoán e a área de baño de Barcia – Mouretán, o que supón unha intervención nun tramo de 4,3 km. Por último, as actuacións en Crecente afectarán ao correspondente Sendeiro dos Pescadores, no tramo do río Miño entre Pousa e Cequeliños. Neste caso o proxecto inclúe o deseño dun novo trazado, aproveitando tramos xa existentes e habilitando outros novos.

Persoal axilizar para Nigrán NIGRÁN

O Concello de Nigrán contará antes de final de ano con novo persoal para as áreas de Contratación, Biblioteca, Urbanismo e Tesourería despois de que o goberno local e BNG aprobaran hoxe no pleno extraordinario dúas modificacións de crédito por importe total de 88.400 € destinadas a este fin (PP se abstivo e Nigrán Decide e UCN votaron en contra). "Con estas incorporacións propostas dende o goberno queremos reforzar departamentos que actualmente teñen moita carga de traballo debido a, entre outras cousas, novas competencias que deben asumir os Concellos. O obxectivo final é axilizar ao máximo as xestións mu-

"Especialistas en repostería creativa100% Diseños personalizados para tu boda, cumpleaños o evento.

Tú lo imaginas, nosotras lo horneamos

nicipais, feito que repercutirá directamente en beneficio de todos", asegura o alcalde, Juan González. En concreto, 45.771 destinaranse a dous programas temporais de emprego de como máximo 3 anos de duración que permitirán a contratación de un enxeñeiro e dous administrativos (para a área de Contratación) e un auxiliar administrativo (para a área Económica). Estes postos serán cubertos por persoal funcionario interino mentras non se aproba a Oferta Pública de Emprego que permitirá cubrir definitivamente as prazas. Por outra banda, a proposta do PP, o goberno decidiu deixar sobre a mesa a modificación orzamentaria de 236.076 € para presentala no vindeiro pleno.

artesanal

Infórmate en el 986 182 166 o en nuestra página web www.midulceeli.com

Avda. Castelao 57, bajo 36860 - Ponteareas


Setembro 2018 [ 29]

VAL MIÑOR

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo GONDOMAR.

O xurado do certame poético Victoriano Taibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba. O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo. Laura é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI. A entrega do premio será o día 17 de novembro.

Operarios municipais están a desbrozar os camiños que levan a 86 lavadoiros e fontes públicas

Nigrán emprende a mellora do acceso a tódalas fontes e lavadoiros do municipio

NIGRÁN

O Concello de Nigrán emprendeu esta semana o seu plan de mellora dos accesos ás fontes e lavadoiros do municipio mediante o desbroce dos camiños por parte de operarios municipais, un traballo que se repite periodicamente ao longo do ano. En total, trátase de 86 fontes e lavadoiros públicos das sete parroquias e estarán a punto ao longo da semana. Asemesmo, o Concello realizará no mes de outubro as novas análises semestrais de potabilidade, cuxos resultados constarán en cada manancial. "A posta en valor destes elementos e o coidado e mantemento

da zona na que se atopan é primordial para o goberno. As fontes forman parte do noso patrimonio etnográfico e como tal debemos conservalo", sinala o alcalde, Juan González, alcalde de Nigrán. No ano 2017 o Concello de Nigrán restaurou oito fontes municipais a través dunha subvención de 10.960,78 euros concedida pola Deputación de Pontevedra para a rehabilitación do patrimonio histórico cultural. Concretamente, foron a fonte da Cruz e Pereiro en Camos, a da Estación en Panxón, a do Castro e Igrexa en Parada, a da Coba en Priegue e, finalmente, as de Cabreira e Pías na Ramallosa.


[ 30] Setembro 2018 ENTREVISTA

XABIER RODRÍGUEZ. BNG DE NIGRÁN

“A ACCIÓN POLÍTICA DESTE GObERNO É DEFICIENTE E PUSILÁNIME” A militancia do BNG de Nigrán ven de escoller ao veciño da vila, e histórico militante nacionalista, Xabier Rodríguez, como o seu candidato á alcaldía, nas eleccións que se celebrarán en maio do vindeiro ano. Xabier traballa nun museo, e, a verdade, o seu perfil encaixa como unha luva na súa profesión, pois unha conversa con Xabier inspira paz, harmonía e serenidade, como a inspira perderse polos corredores do máis fermoso dos museos de calquera parte do mundo. Sen dúbida un excelente candidato co que os nacionalistas aspiran a aumentar significativamente os seus apoios neste concello miñorano. Fuches escollido pola militancia do BNG de Nigrán candidato á alcaldía nas eleccións que terán lugar en Maio do ano próximo? Si, correcto. Cóntanos a túa traxectoria política.

Como te iniciaches no nacionalismo e como chegaches ata aquí? Xa choveu desde os meus comezos no nacionalismo. Fíxate estou a piques de cumprir 50 anos, e eu veño de Galiza Nova e dos CAEF. Por que motivo chegaches ao nacionalismo? No meu caso persoal foi un proceso de reflexión íntima, que xa ven desde o instituto e que se foi afortalando co paso do tempo e os contactos que un fai na vida. Eu penso que para as persoas que temos conciencia de país non queda outra ca sermos nacionalistas. Conciencia que non todos teñen? Por desgraza, é así. Ti xa encabezaches a candidatura do BNG no ano 2015.C omo valoras aqueles resultados? Malia que só conseguimos manter a representación que tiñamos,1 concelleiro, nós naquel momento consideramos que foron uns resultados aceptables, non satisfactorios pero si aceptables. Non debemos esquecer que estabamos no medio dunha das peores crises da historia do nacionalismo. Estes anos estivestes na oposición malia que tedes pactado algún orzamento co goberno do PSOE? Si pero non creas que eses pactos son por convicción nin por vontade de consenso do goberno municipal. Son porque lles obriga a súa situación aritmética. E nós chegamos a acordos con eles para aprobarlles dous orzamentos, xa que neste período non foron capaces de presentar máis ca dous presupostos. Como valorarías a acción do goberno municipal de Nigrán? Unha xestión manifestamente deficiente, un exemplo notorio é o tema dos orzamentos que che comentei antes. Só foron quen de presentar dous

en catro anos. E unha acción política pusilánime que lle falta capacidade. Unha preocupación excesiva polas fotos e unha escasa vontade de resolver os problemas reais. Algún veciño de Panxón, queixouse a este xornal dos servizos de Praia América. Que opina o BNG? É certo que estes servizos sempre xeran polémica, xa que é un entorno moi grande e require un esforzo moi importante. Ás veces si pode haber cousas que non funcionen da maneira debida. Na presentación da túa candidatura mencionaches que os festivais de música sempre se orientan aos mesmos estilos artísticos. Aclárame iso?

RÚA ROMANA BAIXA Nº 3

Nós entendemos que a programación de ocio non está pensada para a veciñanza de Nigrán, senón só para un tipo de turismo masivo. Así pois, agora mesmo tanto no entorno de Lourido como no centro de Nigrán hai veciños recollendo sinaturas para queixarse dos concertos programados. O BNG considera que si se deben ofrecer concertos e festivais, claro que si, pero nin concentralos todos nos mesmos sitios nin facelos todos dos mesmos estilos artísticos. Ao noso xuízo, na nosa contorna existen moitos artistas de música tradicional galega aos que non se lles ten en conta. Como está, para vós, a saúde do polígono industrial de Porto do Molle? O que se pretende vender é que ten unha saúde excelente pero o que constatamos, porque non hai máis que ir alí e velo, é que está medio baleiro. Cales son as expectativas reais que ten o BNG de Nigrán para as eleccións do ano que ven? Nós aspiramos a ter toda a forza posible. Cun só concelleiro de 17 conseguimos, dígoo con humildade, cousas moi importantes para Nigrán. Por exemplo, cales? A creación dun servizo de normalización lingüística por primeira vez na historia deste concello. A defensa activa do público e das condicións dos seus traballadores e traballadoras como o servizo de axuda no fogar, a recollida de lixo, ou no servizo da piscina mancomunada. Se eu fose un veciño de Nigrán por que motivo debera confiar no BNG? Con absoluta humildade digo que entre todo o abano de candidaturas, a do BNG é a mellor garantía de protección e defensa da eficiencia dos servizos públicos. Moitas grazas.


Setembro 2018 [ 31]

VAL MIÑOR

Reacíivase o departamento de normalización lingüística de Nigrán coa contratación dun técnico superior NIGRÁN.

Pintado de aulas, axardinamentos ou renovación de peches perimetrais, entre os traballos que se está a emprender

55.000 euros para amellora nos colexios públicos de Nigrán NIGRÁN.

O Concello de Nigrán investirá 55.000 euros en actuacións de mellora en seis centros públicos do municipio (CEIP Casares de Vilariño, CEIP Mallón de San Pedro, CPI Dunas de Gaifar de Panxón, CEIP da Cruz en Camos e CEIP Humberto Juanes en Nigrán) co obxectivo de que boa parte das obras estén rematadas cando se inicie o curso en setembro. O goberno esgotará a partida de 30.000 € adicada a este fin e, a maiores, levará a Pleno unha modificación de crédito de 25.000 euros ao detectarse novas necesidades nos centros educativos. Estas actuacións nos colexios públicos de Infantil e Primaria do municipio foron levadas a cabo na súa maioría

por operarios municipais e beneficiarán a máis de 2.000 alumnos. "En tódolos casos se trata de reformas moi necesarias que se reclaman dende a propia dirección dos centros e que, na medida do posible, se realizan durante o verán co obxectivo de non entorpecer para nada o curso escolar. Cando arrancamos este goberno a partida era de 5.000 euros que nos fomos multiplicando exponencialmente ano a ano ", explica o alcalde, Juan A.González. Así, no CEIP da Cruz (Camos) contémplase pintado de aulas, reparación do peche perimetral e sustitución das canaletas de recollida de augas. A parte contratouse o axardinamento e acondicionamento de boa parte do patio exterior.

O Concello de Nigrán, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a dinamización lingüística, reactivará o Servizo de Normalización Lingüística creado por vez primeira na súa historia no 2016 para facer do galego un vehículo de comunicación común no consistorio. Así, a súa incorporación permitirá asesorar á administración en todo o relativo á política lingüística, fixar criterios, resolver dúbidas, propoñer programas dinamizadores, difundir materiais... "Como entidade pública temos un compromiso total coa promoción e uso correcto e xeral do galego nas nosas comunicacións para reforzar a nosa lingua propia, por iso é moi imporante para nos este servizo que iniciamos no 2016", destaca Juan González, alcalde de Nigrán. Así, ao abeiro desta subvención o Concello creará un posto de técnico su-

perior que desenvolverá tarefas de asesorarmento en todo o relacionado coa política lingüística, mellorando a nosa calidade comunicativa, planificando, xestionando, executando e avaliando accións a prol da lingüa galega e facendo un seguimento do cumprimento da lexislación vixente nesta materia, para velar polos dereitos lingüísticos da cidadanía. O prazo de presentación de solicitudes a través do Rexistro Municipal comeza este luns 27 de agosto e finaliza o 4 de setembro. A duración do contrato é de 12 meses cunha xornada de 18,5 horas semanais e un salario acorde ao Convenio Colectivo de Oficinas e Despachos. As titulacións válidas son licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica (sección galego-portugués), grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega.

- Salón de billar y dardos - cafetería - bocatería - tapería - bocatas y hamburguesas caseras XXL

A RAMALLOSA - NIGRÁN 986 387 156


[ 32] Setembro 2018 BAIXO MIÑO

O investimento provincial en dispositivos de calmado de tráfico na comarca supera os 510.000 euros

O Val Miñor contará con 31 novos ‘lombos’ nas súas estradas provinciais BAIONA.

A Deputación de Pontevedra, ao abeiro do novo Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (Plan MÓVESE 2) do departamento de Mobilidade, vai instalar 31 novos lombos nas estradas provinciais do Val Miñor. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, os novos dispositivos de calmado de tráfico situaranse en seis vías elixidas polos concellos de Baiona e Gondomar en treitos onde é preciso aumentar a seguranza viaria. Segundo destacou Benítez, o investimento total na comarca do Val Miñor por parte da Deputación no Plan MÓVESE ascende a 510.628,54 euros entre as dúas fases, acadando no actual proxecto –que está en fase de

contratación- os case 120.000 euros. Hai que lembrar que o gasto total nesta liña de prevención da violencia viaria supera os 4.567.000 euros entre todos os concellos da provincia nos últimos dous anos. O Concello de Baiona é municipio o que máis dispositivos solicitou nesta ocasión dentro da comarca, cun total de 17, sendo trece deles redutores físicos (RF) e outros catro pasos de peóns sobreelevados (PPS)

ubicados en tres estradas: na Baiona-Loureza haberá un RF e tres pasos sobreelevados; na estrada que vai de Baredo á EP2202 haberá outros dous RF, e finalmente haberá dez redutores e un PPS en todo o longo da estrada Sabarís-Belesar. Deste xeito, nas estradas da Deputación Baiona contará con 25 dispositivos e un investimento de case 114.600 euros. O Concello de Gondomar, pola súa banda, solicitou nesta fase do Plan Móvese 14 dispositivos para tres estradas. Construirase un novo redutor de velocidade na estrada GondomarPeitieiros, outros dous RV e un PPS na Donas-Mañufe, e outros sete redutores e tres PPS na Tomiño-Sabarís.

Transporte público para o alumnado rosaleiro do IES A Sangriña O ROSAL.

No pleno de setembro de 2015 aprobouse por unanimidade unha proposta do BNG no Rosal na que se instaba ao Concello a solicitar un servizo de transporte público para o alumnado do Rosal que estuda no IES A Sangriña. "Levamos insistindo nada menos que tres anos para que o goberno local do PP entenda que o que hai que facer é solicitar formalmente da Xunta de Galicia o establecemento dunha liña de transporte público que coincida cos horarios de entrada e saída do Instituto da Guarda", afirma Ánxela Fernández, portavoz do BNG do Rosal. Para nós, o Rosal precisa, unha mellora xeral do servizo de transporte público.

Ademáis do autobús do IES A Sangriña, as nosas propostas son: -Unha liña directa co Hospital Álvaro Cunqueiro -Recuperar a liña que comunicaba coa Universidade de Vigo. -Un servizo de transporte público que comunique as parroquias e barrios co Calvario. Desde o BNG do Rosal seguiremos defendendo a necesidade de mellorar o transporte público no noso Concello, apunta a portavoz municipal do BNG. "A cuestión é se a alcaldesa do Rosal, Mari Carmen Alonso, está disposta a defender e loitar polos intereses da veciñanza do Rosal diante do Goberno do PP da Xunta de Galiza," comenta Ánxela Fernández.

Para encontrar a mellor vivenda coa máxima satisfacción

AVENIDA DA CONCORDIA, 28 - TUI


Setembro 2018 [ 33]

BAIXO MIÑO

Tomiño formará auxiliares socio-sanitarios A Policía Local de Tui precinta para ampliar o Servizo de Axuda no Fogar a pirotécnia La Gallega

TOMIÑO.

Tomiño ten na actualidade 34 auxiliares de axuda no fogar que atenden unha media de 100 persoas maiores, dependentes ou enfermas, distribuídas por todo o termo municipal. Ante a previsión de que a Xunta de Galicia aumente 900 horas máis para usuarios/as con dependencia, co que a demanda de man de obra, será moito maior, o Concello de Tomiño organiza un curso gratuíto para formarse coma auxiliar socio-sanitaria/o, e poder ampliar logo o Servizo de Axuda no Fogar. Trátase dunha acción formativa, de balde e cun compromiso de contratación de polo menos o 40% dos participantes, denominado “O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional”, e organizado en co-

laboración coa empresa “Idades S.L.”, especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria. O curso, dunha duración de 140h, foi presentado o pasado venres no Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa, Sandra González; a concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez e dous representantes da empresa Idades, Esteban Feteira (responsable principal) e Paula Morais (coordinadora). A alcaldesa de Tomiño salientou a disposición do Concello a continuar organizando accións formativas deste tipo, xa que ao mesmo tempo que ofrecen unha formación especializada, dan resposta á demanda actual en diferentes sectores do mercado laboral. O

curso realizarase en Tomiño durante os meses de outubro e novembro deste ano, e estará dirixido tanto a persoas desempregadas, como a traballadoras en activo; familiares de dependentes ou persoas interesadas en formarse para poder traballar logo no sector da atención socio-sanitaria. Paula Morais indicou que das 140 horas totais, 100 adicaranse á realización de prácticas, acompañando a un traballador/a con experiencia. As clases teórico-prácticas estarán a cargo dunha traballadora social e docente experta en atención socio-sanitaria. As persoas interesadas deberán estar en posesión do Título de Graduado Escolar e o número de prazas dispoñibles é de 15.

TUI.

Tal como estaba previsto, a Policia Local de Tui acompañada de técnicos municipais e en presenza da Guarda Civil de Tui, o Grupo de intervención de Arma e explosivos de Pontevedra ademáis da propiedade e a súa representación legal, personouse na instalacións de pirotecnia La Gallega S.L. para proceder ao seu precintado. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, acompañado polo concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro, desprazáronse tamén até Baldráns, lugar onde está situada a empresa pirotécnica. Despois de realizar unha visita ao interior da empresa, tomouse decisión de non realizar o levantamento topo-

gráfico xa que no interior da factoría aínda se almacena material pirotécnico, inmediatamente despois a Policía Local procedeu ao seu precinto. A visita e o precintado se fixeron baixo a supervisión do edil de seguridade Antonio Castro Negro. O alcalde recordou que hai unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do ano 2015, que el leva no cargo solo 10 meses pero que é vontade do concello cumprir esa sentenza, como demostra o precinto. No interior dalgunhas casetas había material cuxa retirada está sendo tramitada pola empresa propietaria e que debe ser retirado antes de calquera actuación no interior da pirotecnia.

Rúa do Porto, 56 - A Guarda - 986 614 571 www.arruaz.com reservas@arruaz.com

Cociña galega. Postres exclusivos e caseiros. Gran bodega de viños galegos, riberas, somontanos, rioxas...

Luns e martes de 7 a 12 da noite. De xoves a domingo de 12 a 4 e de 7 a 12 da noite. Mércores pechado por descanso.


[ 34] Setembro 2018 BAIXO MIÑO

ACUBAM aposta pola comunicación dixital das empresa do rural

TOMIÑO.

No contexto de globalización mundial no que nos atopamos, asegurar a competitividade das empresas pasa por ser visible no mundo 2.0. Así pois, dispor dunha boa estratexia de comunicación e dotala de contido de calidade e creativo, é básico para asegurar o posicionamento e así contribuír a incrementar os beneficios da actividade empresarial. Así é que pensa acuBam, a Asociación de Cultivos Baixo Miño quen, en colaboración con

ABANCA, VEMARGALICIA, Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra, organizou a Xornada “A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas”. Así pois, neste foro se traballaron aspectos tales como: O valor da comunicación realizada polas persoas: como comunicar de forma efectiva A Comunicación Dixital en Estratexias Empresariais como factor de diferenciación: “A importancia da presenza

online para as empresas” A xornada deu comezo coa benvida da Alcaldesa de Tomiño, Dª Sandra González, quen apoiou de maneira continua ao sector agro da comarca nos últimos anos, e resaltou a importancia do traballo conxunto das empresas asociadas a acuBam e felicitou polo bo facer dende a asociación. Presidiu a xornada a Presidenta da Deputación de Pontevedra quen animou ás empresas do sector a adentrarse neste mundo dixital.

A Praza do Seixo acollerá varias decenas de postos

Tomiño celebra o seu cuarto BioMercado con alimentos saudables

TOMIÑO.

A praza do Seixo de Tomiño acollerá o domingo 30 de setembro, a cuarta edición do BioMercado, na moitos postos estarán dedicados á alimentación saudable, produtos ecolóxicos e naturais. Ademais, a feira contará con diferentes actividades como charlas, obradoiros e conferencias. O Biomercado vén deste xeito a consolidarse coma un evento anual que ten coma finalidade pór en valor e dinamizar o comercio local, fomentar a produción ecolóxica, a biocultura e o mercado de proximidade. A programación iniciarase pola mañá coa apertura dos postos ás 11.00, e ao longo do día (até as 21.00) desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e formativas; obradoiros relacionados coa cociña e a gastronomía, como a elaboración de doces, extracción de mel e comida vegana. Ademais, os asistentes poderán asistir a charlas sobre di-

ferentes temas biosaudables, ou actividades lúdicas con música en directo, xogos e unha ampla oferta de degustación gastronómica. Todas as propostas terán lugar na praza do Seixo, dentro do mercado municipal ou na Casa do Concello.

EN REBORDÁNS, TUI


Setembro 2018 [ 35]

BAIXO MIÑO

O bNG critica a xestión do governo de Tui ante a catástrofe de Paramos TUI.

A portavoz municipal do BNG en Tui, Carme Núñez, criticou a xestión que o Concello de Tui está a facer da catástrofe de Paramos e considera que non se deberían escatimar esforzos para conseguir que as veciñas e veciños afectados-as recuperen a normalidade canto antes e reciban toda a atención que precisan. "O Goberno de Tui sostido polo PP non está levando a cabo unha actuación “á altura” da gravidade da catástrofe", salientou a portavoz municipal. Xa non se está prestar atención psicolóxica ás persoas afectadas no centro de saúde de Tui, pese a que 35 familias solicitaron esta atención en proximidade; de facto, a dia de hoxe unhas

25 persoas que foron avaliadas seguen precisando desta atención. É evidente a falta de sensibilidade por parte da Xunta de Galiza, máis, hipocritamente, o governo do PP tudense, tras unha xuntanza do alcalde de Tui co presidente da Xunta de Galiza "amosase satisfeito en liñas xerais". O BNG considera que non pon nada da súa parte para esixir aos seus socios de governo que se restableza este servizo de atención en Tui mentras haxa veciñas e veciños que o precisen. "Despois da traxedia ocorrida coa explosión de material pirotécnico almacenado de xeito totalmente irregular, é preciso prestar á máxima atención ás persoas afectadas. Esta atención debe cubrir aspectos materiais, físicos, socias, mais tamén emocionais

OS CASQUEIROS

CARME NÚÑEZ, PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG EN TUI

e psicolóxicos", apuntou Carme Núñez. Así pois o BNG vai esixir no vindeiro pleno que se retome o servizo de atención psicolóxica no centro de saúde de Tui para todas as afectadas e afectados que o solicitaron.

Adrián Millán campión de tiro con arco na Liga Galega

TOMIÑO.

Adrián Millán Figueroa é un mozo tomiñés que dende hai un par de anos compite a nivel galego na modalidade deportiva de tiro con arco Sub/14, cos mellores resultados. Neste verán participou na 3ª tirada da liga galega 3D de bosque, que se celebrou na comarca coruñesa de Oza-Cesures, o pasado 28 de xullo, proclamándose campión, ao obter 291 puntos; 27 máis que o segundo concursante. No que vai de ano resultou xa 1º clasificado en As Somozas (A Coruña) no CAMPIONATO GALEGO DE SALA; 1º clasificado en Valadouro (Lugo) no TROFEO FEDERACION XUNTA DE GALICIA, ao aire libre; 1º clasificado en SILLEDA, na categoría BOSQUE 3D; e 1º clasificado en A Devesa (Pon-

tevedra), no CAMPIONATO GALEGO AO AIRE LIBRE. Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, o concelleiro Ismael Troncoso quere facer chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e polo seu esforzo e constante afán de superación, que lle permiten estar hoxe entre os primeiros arqueiros galegos da súa categoría.

BOC & PIX

RÚA BAIONA, 5 A GUARDA

NA PRAZA DO SEIXO - Tomiño

A melhor cozinha regional

RÚA QUEIRÓS RIBEIRO, 76 - VILA NOVA DE CERVEIRA 251 795 335 - 965 175 778


[ 36] Setembro 2018 BAIXO MIÑO

O bNG acusa ao alcalde da Guarda de xogar coa veciñanza da Cruzada A GUARDA.

O BNG quere denunciar o escurantismo que o grupo de goberno do PSOE mantén con esta formación política ao negarlle o aceso a este expediente como ten acontecido con outros anteriormente. “ O aceso a este tipo de información e un dereito que como representantes dos veciños temos para a fiscalización do traballo do goberno. Un dereito que dende vai anos se los está negando. A pregunta é: por que se non se nos permite acceder ao proxecto de obra?”, comenta Anxo Baz, portavoz municipal do BNG. O BNG non entende o desprezo co que o goberno do PSOE trata ao barrio da Cruzada, tendo en conta a falta de investimentos nesta zona da

Guarda dende hai moitos anos. “Incomprensíbel o estado de abandono ao que está sometido o espazo da capela de San Caetano, un dos miradoiros máis emblemáticos da vila xunto cos de Santa Trega”, subliña o BNG. Para o BNG queda claro que o abandono ao que está sometido este barrio tradúcese en continuas roturas no saneamento publico, en insoportables filtracións nas vivendas que levaron á desesperación e mobilización das veciñas e veciños do barrio, á recollida de máis de 500 sinaturas e á presenza física no pleno onde se debatía a moción para a humanización urxente da rúa. O BNG esixe a reforma integral da rúa San Caetanoe non nunha reforma parcial,como así foi acordado en pleno.

O BNG quere denunciar o escurantismo que o grupo de goberno do PSOE mantén con esta formación política ao negarlle o aceso a este expediente como ten acontecido con outros anteriormente. “ O aceso a este tipo de información e un dereito que como representantes dos veciños temos para a fiscalización do traballo do goberno. Un dereito que dende vai anos se los está negando. A pregunta é: por que se non se nos permite acceder ao proxecto de obra?”,comenta Anxo Baz, portavoz municipal do BNG. O BNG non entende o desprezo co que o goberno do PSOE trata ao barrio da Cruzada, tendo en conta a falta de investimentos nesta zona da Guarda dende hai moitos anos.

"ESPECIALIDADE EN PULPO, PEIXES E CARNES"

O Rosal en contra dos recortes no servizo da atención primaria O ROSAL.

Os concelleiros do BNG do Rosal veñen de presentar, o día 12 de setembro, polo Portelo no Concello do Rosal un total de 1.000 sinaturas da veciñanza Rosaleira dirixidas á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e ó SERGAS expresando e esixindo a reposición e mantemento do servizo médico completo da atención

primaria no Concello. É inxustificable por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a existencia de calquera tipo de recorte (temporal ou permanente) da Atención Primaria no noso Concello. Falamos de saúde e de sanidade, un dereito fundamental e, para nós tamén unha prioridade, afirma Ánxela Fernández.

Novo Rueiro de Tui TUI.

A principios de setembro tivo lugar a presentación do Novo Rueiro de Tui, foi ás 12h na oficina de Turismo do Concello de Tui, na praza de San Fernando, a cargo do alcalde de Tui. A proposta pretende destacar a importancia dunha das principais fontes de riqueza da cidade, que

é o turismo, e pon en valor o seu patrimonio histórico a través dun deseño máis moderno que intuitivo que o anterior. Realizouse unha primeira tirada de 10.000 exemplares deste novo rueiro que se distribuirá polos establecementos hoteleiros de Tui ademáis da Oficina de Turismo.


Setembro 2018 [ 37]

BAIXO MIÑO

O alcalde preguntou ao presidente polas obras que se están realizando ou están próximas a súa realización en Tui e solicitou novas actuacións

O alcalde de Tui reuniuse co presidente a Xunta para tratar temas do Concello TUI.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín reuniuse en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para tratar diversos asuntos relacionados cos investimentos e obras no Concello de Tui ademais de repasar diversos temas de importancia para Tui, entre eles, a situación dos veciños afectados pola explosión de Paramos. Trataron nun primeiro momento das obras que xa se están licitadas no Concello de Tui como

a rotonda de Guillarei, obra que xa está licitada e que debería comezar no primeiro trimestre de 2019, tamén falaron da rotonda de Areas na P0 552 unha obra que está previsto de licitarse no primeiro trimestre de 2019. Tamén nos primeiros seis meses do ano 2019 debería licitarse o aceso da autovía ao polígono de Areas, obra de gran importancia para as empresas situadas nese polígono comercial e no que xa comezou o proceso de expropiación, e

que está contemplada nos orzamentos da Xunta para 2019. Tamén repasaron o estado das obras dos novos xulgados, obras que xa se están realizando no edificio do antigo centro de saúde. O alcalde de Tui aproveitou a visita para realizar unha serie de peticións ao presidente da Xunta, entre elas, unha actuación de seguridade vial na PO 404 a altura da escola unitaria do colexio O Pelouro e a estación de ADIF, na parroquia de Caldelas

para a que xa existe un proxecto e que serviría para reforzar a seguridade na entrada e saída dos colexios. Aproveitaba tamén Carlos Vázquez Padín para falar do futuro do centro interfederado de Remo e Piragüismo co fin darlle contido a esta instalación deportiva, unhas instalacións recoñecidas polo Consello Superior de Deportes como centro espe-

BAR PUENTE

cializado en tecnificación deportiva de remo e piragüismo. A idea é xerar un fluxo turístico ó redor da utilización destas instalacións xa que traerían até a Tui a deportistas de elite destes dous deportes. Na conversa falouse tamén de Paramos e da situación dos afectados, así o alcalde mostrouse satisfeito en liñas xerais coa actuación da Xunta de Galicia.

CIGUÑEIRAS 26 - TUI - GUILLAREI


[ 38] Setembro 2018 BAIXO MIÑO

Tomiño distingue á Verónica Vicente, gañadora da XX bienal de Cerveira TOMIÑO.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada da concelleira de Cultura, Cristina Martínez, recibiron onte no Concello, a Verónica Vicente, a artista visual tomiñesa, que se fixo cun dos primeiros premios de adquisición da XX Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira. A alcaldesa felicitou a Verónica polo seu excelente traballo, ofrecéndose a poñela en contacto con outros artistas da vila e colaborar para a difusión da súa obra. “Eu sempre digo que en Tomiño estamos rodeados de talento, e este é un exemplo

máis; queremos potenciar e acompañar aos nosos artistas, pondo en valor o seu traballo”, explicou a rexedora. Verónica Vicente, pola súa banda, agradeceu o recoñecemento do Concello e confesou estar sorprendida polo premio que lle concedeu a Bienal de Cerveira, aínda que non é a primeira vez que se presenta a este xa famoso certame. A súa videoperformance "Figuras decorativas" pasará a formar parte deste modo, da colección permanente da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, e poderase visitar até o 23 de setembro na localidade fronteiriza

MERCA VICENTE

Rúa Concepción Arenal, 53 - Baixo A Guarda

(http://bienaldecerveira.org/xxbienal/). Verónica Vicente naceu en Tomiño en 1988. Licénciase en Belas Artes na Universidade de Vigo. Realizou un máster en Arte, Museología e Crítica Contemporáneas, na Universidade de Santiago de Compostela, e outro de Fotografía en EFTI, en Madrid. Vén de recibir un dos premios de adquisición da XX Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira; un proxecto que cumpre 40 años, sendo a bienal máis antiga de Portugal. A súa obra formou parte de exposicións colectivas no Auditorio de Galicia.

Rematan as obras de pavimento dunha pista no Monte das Penizas

TUI.

O Concello de Tui vén de rematar as obras de mellora da pavimentación do camiño de acceso ao monte das Penizas en Paramos cun investimento total de 46.058€ dos que 38.065€ foron con cargo ao plan de me-

llora de camiños de titularidade municipal 2017/2018 dependente da Consellería de Medio Rural e os 8.000€ restantes aportados polo Concello de Tui. As obras consistiron no asfaltado dunha pista de terra e na canalización de augas pluviais.

Tomiño retira 50 de niños de vespa asiática en dous meses TOMIÑO.

O Concello de Tomiño ten que facer fronte aos numerosos casos de niños de vespa velutina localizados no municipio. O Concello ten que empregarse a fondo para poder retirar esta cantidade de niños, utilizando

persoal municipal e de Protección Civil, tendo incluso que adquirir traxes especiais para esta tarefas, pértegas con bomba e produtos para a eliminación dos niños, cun desembolso importante para as arcas municipais.


Setembro 2018 [ 39]

15 prazas para formarse coma auxiliar do Servizo de Axuda no Foga

TOMIÑO.

O Concello de Tomiño obre o prazo de inscrición para o curso gratuíto e con compromiso de contratación, denominado “O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional”, organizado en colaboración coa empresa “Idades”, especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria. O curso, cunha duración de 140h, realizarase en Tomiño durante os meses de outubro e novembro deste ano. As persoas interesadas deberán estar en posesión do Título de Graduado Escolar e

o número de prazas dispoñibles é de 15. O prazo de inscrición estará aberto desde o día 17 ao 21 de setembro. As persoas interesadas deberán enviar o seu currículum ao seguinte enderezo electrónico: ana.sanchez@concellotomino.gal, indicando no asunto CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA. Duración: 140h (40h teóricas, 100 prácticas) Datas: Parte teórica: do 8 ao 29 de outubro 2018 os luns, mércores e venres de 16:30h a 20:30h. Prácticas (non remuneradas): do 5 ao 30 de novembro de 2018. Centro: Escola Obradoiro O Regatiño, Goián (Tomiño).

Comenzan as obras na rúa Concepción Areal de A Guarda

A GUARDA.

As obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda xa están en marcha. A empresa ‘Obras, Reformas e Saneamentos SL’ está xa a traballar no proxecto de ‘Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na EP-3401 de acceso ao porto’ que está a desenvolver o departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, as obras durarán uns oito meses e nestas primeiras semanas centraranse na renovación do saneamento, o abaste-

cemento e nas canalizacións de pluviais na praza Avelino Vicente. No día de hoxe asinouse formalmente a acta de replantexamento do proxecto, para logo iniciar os traballos directamente na rúa, co marcado das canalizacións e a instalación da sinalización vertical e horizontal de obra. Nos vindeiros días comezarase a ver maquinaria pesada, xa levantando o firme da praza Avelino Vicente, coa idea de que quede cos servizos instalados, totalmente pavimentada e cos bolardos colocados dentro duns dous meses.


[ 40] Setembro 2018

OS SITIOS MÁIS CURIOSOS DO MUNDO (XV) POR G. FIGUEIREDO

AS CATACUMbAS DE PARÍS A

Desta volta imos falar das Catacumbas de París, un dos cemiterios máis famosos de Europa que conta con 300km de túneles baixo a cidade con máis de seis millóns de esqueletos no seu interior.

historia das catacumbas comeza cando estas aínda non eran tales. Nun inicio estes túneles serviron como canteiras de pedra calcaria para construír gran parte dos monumentos e edificacións que se poden visitar na actualidade por París. Nesta época os túneles chamábanse Les Carrières de París, as canteiras de París. Foi en 1786, para combater as epidemias e enfermidades que arrasaban á poboación polo manexo pouco axeitado destes cadáveres e mailo exceso de restos humanos que enchían os cemiterios da cidade decidiuse trasladar os cadáveres e ósos de distintos cemiterios da cidade ás catacumbas, decisión tomada por

Charles- Axel Guillaumot, Inspector Xeral de Canteiras. Neste ano comezaron co traslado dos restos óseos do cemiterio dos Santos Inocentes, e así inaugurábanse as Catacumbas de París. Restos provenientes do cemiterio Saint Nicolas deas Champs foron os seguintes en ser trasladados. Os cadáveres das mortes causadas por desordes en Place de Grève, o Hôtel de Brienne e Rue Meslée, foron postos nas catacumbas o 28 e 29 de agosto de 1788. Aproximadamente 15 meses foron necesarios para trasladar millóns de ósos provenientes de multitude de cemiterios, o cal levaba a cabo durante as noites, cruzando a cidade en carretas, acumulando os restos de aproximadamente 6 millóns de parisienses. Entre eles, os de famosos como Charles Perrault, Jean da Fontaine, Lavoisier, Danton ou Robespierre. As paredes das catacumbas están cubertas por grafitis, que datan desde o século XVIII en diante. En 1871 a comuna de París asasinou a un grupo de monárquicos nunha das cámaras. Durante a Segunda Guerra Mundial membros parisienses da Resistencia francesa utilizaron este sistema de túneles. De igual ma-

COMIENZO EN OCTUBRE

neira, durante este período, soldados alemáns estableceron un búnker subterráneo nas catacumbas, debaixo de Lycée Montaigne, unha escola secundaria no sexto arrondissement. As Catacumbas de París foron acondicionadas para a súa visita no afastado 1814. Os ósos, almacenados ata entón de forma caótica, clasificáronse, ordenaron e recolocaron durante varios anos para ser mostrados ao público. O percorrido turístico é de 1,5km, dos cales 300 m pertencen á zona do osario, o resto transcorre por túneles normais. O sistema de túneles é demasiado complexo e malia que estes posúen placas para identificar baixo que rúa atópase o visitante, é moi fácil perderse no traxecto. Hai pasadizos demasiado estreitos e baixos, algúns dos cales se alagan fa-

- Técnicas HIPOPRESIVAS - Entrenamiento ALTA INTENSIDAD, ZHUMBA y ZHUMBA KIDS

C/ Manuel Álvarez, nº8 A GUARDA - Teléfono 98661604

cilmente, por esta razón, os visitantes deben contar coa axuda dun guía. Con todo, existen entradas secretas ao longo de París, o que permite ingresar ás catacumbas por medio dos sumidoiros ou o metro. Aínda que o acceso ao interior dos túneles está prohibido desde 1955, cada ano centenares de persoas utilizan as entradas secretas para explorar as pasaxes máis recónditas, organizar festas, montar exposicións de arte, realizar rituais satánicos, bañarse nas pozas e canles mergullados ou mesmo gravar películas porno. As historias sobre misteriosas desaparicións son incontables e algunhas delas foron virais, como a do home que, supostamente, abandonou a súa cámara en metade da exploración das galerías ao ver algo estraño. Máis aló destas lendas, o certo é que baixo terra hai moita actividade. De feito, existe un termo para os amantes das catacumbas: catáfilos. Algúns deles formaron unha especie de sociedade secreta, “Lles UX“, dedicada entre outras cousas á organización de eventos subterráneos, ao parecer chegaron a ter incluso un cinema e un restaurante. Mesmo existe unha sección da policía dedicada á vixilancia das catacumbas, cuxa intervención foi vital no achado dos dous adolescentes perdidos durante 3 días en 2017 ou dos tres mozos que se extraviaron tras unha festa en 2011. Aínda que a visitalas catacumbas poda ser algo "tenebroso", resulta curioso este sitio e contemplar os infinitos ósos humanos e caveiras agrupados formando extensas construcións pode ter un atractivo algo arrepiante.


Setembro 2018 [ 41]

VIGO

A Sala Iguana de Vigo presenta o espectacular grupo Lakuta

Xabier Pérez Igrexas encabezará a candidatura do bNG ao concello de Vigo nas Municipais de 2019

O vindeiro día 12 de outubro cómpre achegarse á sala IGUANA de Vigo a gozar da música de: LAKUTA. fai referencia a unha ampla gama de xéneros nos seus escritos, combinando instrumentos tradicionais cun son moderno e contundente. Dirixido pola vocalista Siggi Mwasote e o percusionista latino Cicely Taylor, o grupo recorre a influencias do jazz, o funk, o soul e a música tropical. A cantante de Tanzania / Quenia, Siggi Mwasote, xerou o seu propio estilo lírico único, dando un novo toque funk-soul á estética africana tradicional. Moitas das letras están escritas nunha mestura de swahili e inglés e a única perspectiva dirixida por mulleres comunícase apaixonadamente a través da música. Isto reflíctese particularmente na súa canción ” Yansan”, escrita sobre o destino das mulleres e os nenos na Liberia de Charles Taylor. O álbum de 10 cancións ” BROTHERS & SISTERS”,

Xabier Pérez Igrexas foi electo pola militancia do BNG de Vigo para encabezar a candidatura nacionalista ás eleccións municipais de 2019. Igrexas resultou electo nun proceso interno de debate e posta en común dos retos que o BNG se marca nun novo tempo en Vigo, marcado por unha grande participación e nun clima interno de cohesión. Igrexas, quen agradeceu en primeiro lugar a confianza da militancia nacionalista nel depositada, afirmou que o obxectivo do BNG en Vigo é recuperar unha presenza determinante no concello de Vigo porque “o BNG sempre fixo avanzar o noso concello con coherencia, con políticas nacionalistas e de esquerdas e sempre ao servizo da veciñanza ”, afirmou. Igrexas defendeu que o BNG pulará por unha “cidade como algo máis que un espazo, como unha verdadeira comunidade, coas persoas no centro das políticas” e recalcou que o BNG

VIGO.

realizado en colaboración co recoñecido produtor Nick Faber, lanzouse en Tru Thoughts o 12 de agosto. Recibiu exclusivas de FIP (Radio France) con airplay en 6 Music de Lauren Laverne e BBC Radio 2 de Huey Morgan e Alex Lester. Houbo boas críticas da revista Blues & Soul, The Guardian e The Independent. Lakuta foi galardoado pola crítica no Reino Unido e internacionalmente, particularmente en América, Australia e Xapón, onde o álbum foi número uno nas listas de Oricon Internacional. O vídeo para Bata Boy estreouse en AFROPUNK e a banda apareceu na lista de reprodución semanal de Spotify USA e Bandcamp USA Weekly Radio.

VIGO.

situará o foco nos problemas e nas necesidades reais da veciñanza “para converter Vigo nunha cidade que xere oportunidades” afirmou o candidato nacionalista á alcaldía de Vigo, quen se comprometeu a traballar “desde as institucións e desde as rúas polo emprego digno e con dereitos para todas e todos, para que Vigo volva ser cidade de oportunidades, o pulmón industrial do país e a capital galega da innovación”. Ademais apostou en facer de Vigo o motor dunha nova Galiza, “fronte a quen quere reducirnos a unha ‘minicidade Estado’ illada á talla do seu ego, nós apostamos por ser o motor de todo un País”. Neste sentido, o cabeza de lista acredita en que a cidade ten que “seguir a construírse e avanzar a partir das súas enormes potencialidades e non desde o enfrontamento estéril con outros”. Entre os obxectivos prioritarios do BNG enunciados polo candidato na Asemblea Local nacionalista salientan “a vontade

de traballar por unha cidade nova para a veciñanza, xusta e igualitaria, como territorio libre de recortes e humanizado de verdade. Un Vigo e unha Galiza libre de todas as violencias machistas” e afirmou que “fai falla pór o urbanismo para as persoas, vertebrando e impulsando Vigo desde os barrios”. Xabier P. Igrexas agradeceu o traballo e dedicación do anterior candidato e actual responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, “baixo cuxo liderádego o BNG recuperou en Vigo apoio social, afiliación e simpatizantes no último período que permiten encarar con novos folgos os vindeiro retos políticos” O propio Serafín Otero salientou de Xabier P. Igrexas que se trata dun “compañeiro con amplísimo coñecemento da vida municipal, colaborador coa prensa escrita e dixital, activista nos movementos sociais e sindicais da cidade” e engadiu que Igrexas é unha persoa “coas ideas claras e é sabedor que para o BNG de Vigo as eleccións municipais


[ 42] Setembro 2018 VIGO

O bNG ve “indecente” que o Concello gaste máis no Nadal que no Plan de Emprego VIGO.

“É indecente que se vaian destinar máis de 1 millón e medio de euros a alumeado e ornamentos de nadal nun contexto no que millares de familias viguesas atravesan situacións de pobreza”. Así valorou o candidato do BNG ás próximas eleccións municipais, Xabier P. Igrexas, as informacións publicadas nas que se revelaba que aos 800 mil destinados a alumeado de nadal se engadirán outros 760 mil euros máis para a instalación de “figuras decorativas”. Pérez Igrexas cargou contra a “total falla de sentido da realidade” do actual Goberno municipal, lembrando que na cidade segundo datos oficiais hai 65 mil de persoas en risco de pobreza. “Con máis de 22 mil persoas no desemprego na nosa cidade resulta intolerábel que o Concello de Vigo dedique máis recursos a ornamentos que a políticas de emprego”. Neste sentido, o candidato nacionalista denunciou que mentres o Plan Municipal de Emprego (PME), que lembrou foi posto en marcha hai varios anos a iniciativa do BNG, ten unha

partida de 1 millón 200 mil euros, o Goberno municipal vai dedicar máis de 1,5 millóns a “adornos”, un 25% máis. Gastos aos que ademais hai que engadir o custe da factura eléctrica “que pagaremos todos os vigueses e todas as viguesas, non Abel Caballero”, nunha cidade na que hai moitos fogares con pobreza enerxética. O BNG xa demandara no debate dos orzamentos municipais, a través dunha emenda, que se aumentara até os 3 millóns de euros a partida do PME, proposta que foi rexeitada pola maioría absoluta do PSOE. “Hai un ano o PSOE negouse a incrementar os recursos destinados ao principal problema social da cidade, que é o desemprego e precariedade, pero non ten reparos nin vergoña en dilapidar recursos públicos en frivolidades”, cargou Pérez Igrexas.

A cidade son as persoas

Desde a fronte nacionalista entenden que esta cuestión volve poñer de relevo a ausencia dunha verdadeira “política de cidade”, comentou Pérez Igrexas.

CxG sinala que o orzamento para o alumeado de Nadal é claramente insuficiente

VIGO.

Desde Compromiso piden ao alcalde de Vigo que o alumeado de nadal chegue a todos os barrios e parroquias de Vigo. para o que piden un aumento da partida nos orzamentos municipais xa que consideran a mesma como claramente insuficiente, e é que segundo os seus cálculos, aproximados, deberia chegar ata os 6 millóns de euros anuais, ou 7 ou 9, o que mellor veña. Entenden desde os galeguistas que as necesidades da nosa cidade pasan inescusablemente por ter todas as ruas alumeadas de festa e suficientemente adornadas nesta época festiva onde celebramos o antigo rito de saturnalia. O secretario local, Cortés Alonso di: “o alcalde quere fazer as cousas a medias, así non é maneira!!”,.... Vigo ben merece moitas mais luces, a nosa proposta incluso vai mais alá, deberiamos pedir ao alcalde que poña adornos e luces en toda a ria e que a pagaran a resto de concellos e tamén a Xunta. Hoxe coñecimos que as persoas de Vigo vamos a gastar mais de 1'5 millóns de

euros, isto é un novo engano para a cidade, Vigo ben merece moito mais, que moito mais? infinito!!!”. Informan os galeguistas, que non entenden como o alcalde non exise tamén ao ministerio de Medio Ambiente que engalane as Illas Cies para que foran contempladas desde toda a ria de Vigo engalanadas para a ocasión con millóns de luzes led´s. Recordan desde Compromiso que as Illas Cies son parte do noso concello e nunca nelas se chegou a fazer ningunha inversión dirixida a esta via de adorno de nadal. Neste sentido, os galeguistas estarian dispostos a aprobar unha liña de crédito especial para chegar a solucionar o grave problema que para a cidadania viguesa supón o alumeado de nadal, problema que entenden os galeguistas como unha das herdanzas do mandato en maioria absoluta de Abel Caballero e que o alcalde nunca foi quen de resolver, xa que nunca gastou os cartos necesarios neste ambito e asi nunca vai chegar a ser o mellor alcalde da historia de Vigo.

Causa Galiza pide unha resposta “de país” ante o 40º aniversario da Constitución

VIGO.

A organización independentista convidou recentemente a máis de 50 organizacións políticas, sindicais, xuvenís, feministas e socioculturais para estudar a articulación dunha resposta -que propoñen ''de país'' e ''suprapartidaria''- á celebración do 40º aniversario da Constitución de 1978. Segundo Causa Galiza, ''é imposíbel asumir o carácter democrátic do actual réxime político cando nega o dereito de autodeterminación de Galiza e a condición do pobo galego como suxeito político de pleno dereito''. BNG, CIG, Anova, CUT, centros sociais, SLG, etc. figuran na extensa nónima de entidades convidadas a este encontro onde se estudarán a posíbeis opcións para contestar coa mobilización a unha constitución que definen como ''antidemocrática'', ''estranxeira'' e ''feita á medida dos intereses da oligarquía española en Galiza''. ''A Constitución española garante a continuidade dos principios esenciais do réxime de 1936 ata o presente: unidade estatal, posición de privilexio da oligarquía e monarquía franquista'', dixeron


Setembro 2018 [ 43]

O FIO DA NAVALLA

KIKE ESTÉVEZ FILÓLOGO E REGUEIFEIRO

REGUEIFA DE NADAL EN SETEMbRO

O tal alcalde de Vigo O seu nome nunca lembro Agora vai comezare O Nadal xa en setembro Quere poñer moitas luces Por algo aquí se empeza Ten que poñelas na rúa Pois lle faltan na cabeza Unha cousa está clara Xa o dicía a tía Tati Que o carallo do alcalde Évos un illuminati

Gastar millóns de euros niso Évos o que máis lle mola Pero nada para o albergue Para iso só unha esmola

Porque aquí o que lle importa O que para el é un reto Que nunca se quede calvo O lombo de dinoseto! Non importan os servizos Nin o Marco, nin cultura Para que se no Nadale Hai bombillas a fartura? E no tema Marisquiño En palabras é moi parco

O importante para Vigo Que os Magos veñan en Barco!

Como estamos en setembro Todo o mundo está alterado Inda comezou o cole xa queremos os regalos!

As rapazas e os rapaces Do Calvario ou de Teis En vez de facer deberes Tan facendo a carta aos reis

Eu non sei que hei facere Teño moita confusión Non sei se comer castañas Ou poñerme co turrón

Isto é un descontrole É como pegarlle ao costo O Nadal vén en setembro En decembro o magosto

Tampouco che estou seguro Se comer caldo con pan Ou se ir comprando as uvas E unha caixa de champán

Non sei se ir aos cogomelos Agora é a ocasión! Ou poñerme ás uvas pasas E ir mercando os polvoróns!

O outro día pola tele Ao poñer en Televigo Que xeitoso o noso alcalde! Xa estaba cos vilancicos!

E se regalos os Reises Non traen a esta ciudá A culpa é da marea Do pepé ou do benegá

Porque a vila de Vigo Non precisa papanoel Xa temos o noso alcalde Que caga e mexa por el

E para o Nadal que vén Non imos corrrer o pano Imos deixar nosas luces Postas para todo o ano!

Como di o antedito Isto vai ser o mellor Rite de París ou London E rite ti de New York

Xa estou en modo Nadal Inda que falten tres meses Vou mercando xa os regalos Así logo, fóra estreses!

Fago como o rexidore Neste Nadal non arrisco

"GOZA DE BOL TODO O FÚT CON NÓS"

Como estamos en setembro Xa vou mercando o marisco!

É que todo son vantaxes Canta felicidá teño! De setembro ata decembro Co esprito navideño!

Vou facer unha proposta Que non vos pareza mal Dende xaneiro a decembro Doce meses de Nadal!

Voume ir poñendo o traxe O alcalde merece loa Cando menos ti o esperas Xa estamos en Noiteboa!

E para este fin de ano Este dato xa elucubro

En vez de ser en decembro Cambiarémolo pra outubro

E se alguén non lle gusta O que fai o noso Imán Que marche para Redondela Ou senón para Nigrán

Xa damos a despedida Xa está montado o Belén Que vos vai ser a envexa Do que hai en Xerusalén

E xa me vou retirando Nin Noel nin Palpador O que nos regala en Vigo É o noso Emperador!


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L.

Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662 187 102

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos,

Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida, Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso. Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


Nº 69 (PRIMEIRA EDICIÓN)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

Setembro 2018 - 2€

CRÓNICA DUNhA VIAXE A PALESTINA POR XURXO AGRA E LUCÍA SANTOS

WAKE CLUB FORNELOS

PÁXINA XI

"O PARAISO ESTÁ EN FORNELOS DE MONTES

635 622 354


[ II] Setembro 2018 OPINIÓN MONCHO LAREU Membro de Anova e do CC da FPG

ÁNGEL PÉREZ FERNÁNDES Profesor de filosofía

CATALUNYA NA ENCRUCILLADA

1

. No proceso independentista de Catalunya colocar o extremo da creba co EIE como finalidade política é o que maior potencia rupturista comporta actualmente, pero isto non supón que o desenvolvemento presente do proceso evolúa cara un necesario panorama de ruptura: – O proceso soberanista parte dunha contradición: a República independente non é viábel sen unha verdadeira revolución política, pero os responsábeis do procesismo (JxCat e ERC) non queren que o exercicio do dereito a decidir implique unha transformación nas estruturas de poder. – Explicítase un movemento no que o procesismo quere canalizar a mobilización popular cara a suma de forzas para unha negociación co EIE que teña como propósito máximo un referendum pactado e como propósito mínimo unha simple reforma territorial. – A negociación que quere iniciar o procesismo tería como obxectivo unha consulta pactada de autodeterminación pero, nin as posicións do Estado Imperialista Español (EIE) nin as da UE, son de suficiente fraqueza ou desunión como para forzar tal consulta. – A acumulación de sinerxías faríase a partir da instrumentalización política das mobilizacións populares, investíndoas tamén para implementar unha presión que evite calquera discrepancia dentro da propia esquerda independentista (CUP) coa estratexia procesista.

2. A teima do EIE pola ofensiva xudicial e represiva como camiño de derrotar o proceso pretende afondar nas dúbidas dos líderes soberanistas na disxuntiva legalidade ou desobediencia, polo cal o Estado Imperialista contempla dous escenarios: – que o procesismo, atrapado na contradición legalidade/desobediencia, faga o que o EIE agarda: non saír dos límites férreos da legalidade e entrar nunha xeira de impotencia/desmoralización propia, e de demonización/culpabilización da esquerda independentista. – que a esquerda independentista (EI) se sitúe en tácticas legalistas para que caia na espiral da contradición eterna/infinita de querer exercer un dereito a decidir ou de autodeterminación que esa mesma legalidade estática/caduca impide pola súa propia razón de ser. 3. A encrucillada ou o qué facer: – Ás cúpulas do procesismo tan só lles restaría a opción de aumentar a suma de forzas cara a crise política permanente empregando esa presión política nunha improvábel reforma do EIE que favorecería os intereses da burguesía rexional. – A opción que permitiría á EI gañar este embate pasa por non abandonar as posicións anticapitalistas e sumar sinerxías pola esquerda (Comúns e Alternativa) forzando así o procesismo para exercer a República á marxe dos marcos legais do moribundo Réxime.

CENTRO CULTURAL VILAR DE INFESTA

bICENTENARIO N

este ano celébrase o bicentenario do nacemento de Karl Marx. O escaso eco que tiveron o ano pasado os cento cincuenta anos da publicación de O Capital presaxiaba algo parecido. Os artigos dos irredutibles nas revistas que editan para un público minoritario, case para os colegas, e pouco máis. Pero este ano non está a suceder así. O movemento editorial e a organización de eventos sobre a figura e o pensamento de Marx mostra que o vello espectro, tantas veces dado por morto, está de volta. Hai aproximacións de todo tipo. Algunhas empeñadas nunha revisión completa do mito Marx, como é o caso do historiador inglés, ex althusseriano, Gareth Stedman Jones, nun libro próximo ás novecentas páxinas. Outras, máis modestas, para vincular o nome do “pequeno xabarín”,como lle chamaba a súa muller,Jenny, á insostibilidade física do capitalismo nun excelente artigo de apenas vinte páxinas, editado en castelán por Sin Permiso, do economista e físico Erald Karasi. Para este autor todo sistema económico debe cumprir o que chama “imperativo entrópico”. O sistema aliméntase da enerxía que obtén do medio natural. Convértea na electricidade e no traballo mecánico a empregar na produción. Pero, non transforma en traballo útil máis que unha parte da que extrae da natureza. Esa porcentaxe mide a eficiencia enerxética do sistema económico.O resto pérdese ou disípase. Pois ben, o imperativo entrópico afirma que a eficiencia da máquina capitalista tropeza con límites absolutos impostos polas

leis da termodinámica. Ningún desenvolvemento científico ou tecnolóxico pode evitalas. Así resulta sorprendente que a eficiencia conseguida despois de tres séculos de industrialización apenas incrementa dun 20 a un 30% á do sistema económico dos nosos antepasados cazadores baseado na forza muscular. O que si ten cambiado é a cantidade de enerxía consumida. Os cazadores 5 mil kilocalorías por día, fronte ás 250 mil que se consumen na actualidade. Por tanto, todos os días disípase unha gran cantidade de enerxía no medio natural. Os economistas aquí falan de “externalidades”. O prezo a pagar pola nosa forma de vida, din. Agora ben, beneficien ou prexudiquen a terceiros, esas externalidades, a enerxía disipada,ten efectos no medio natural. Os máis visibles son o quentamento da atmósfera e o cambio da química dos océanos. O capitalismo admite iso. Recoñece que o sistema económico vai cara o desastre ecolóxico. Fantasea con que inda está a tempo de remedialo. Espera que a enxeñería desenvolva unha nova tecnoloxía compatible coa ilimitada necesidade de ganancias do sistema. Mesmo admite o paradoxo de que as melloras de eficiencia acaban por aumentar o gasto de enerxía. As luces LED consumen menos, por iso Caballero vai poñer millóns no próximo nadal. Pero, o capitalismo, en ningún caso, pode imaxinar que a única alternativa que hai, na opinión dos científicos de mais de 180 países reunidos en 2017, pasa pola “ruptura das estruturas do capitalismo”. Aquí era onde nos esperaba Karl Marx.


Setembro 2018 [ III]

Á

CARLOS MÉIXOME Historiador

s veces un ten a sensación de que xa todo está nos libros. Mesmo aquilo que aínda non aconteceu: “… crean con présa, con todo tipo de anacos e recortes mal arranxados, o seu propio simbolismo e ritual, as súas propias simboloxías e os seus credos claramente relixiosos e máxicos. Un deles convértese na encarnación da divindade aria, o outro colócase sen vergoña os loureiros dos antigos emperadores romanos na súa propia cabeza…” escribiu Bronislaw Malinowsky en 19371. Quen anos despois estudaría os argonautas do Pacífico2 intuía a enfermiza poética do colosal que agochaban os ególatras que nos anos trinta enchouparían en sangue as terras de Europa. Cando escribe o antropólogo, aquel xeneral mozo que se sumou á sublevación a última hora e con garantías acadara, en poucos meses, o mando supremo. Era o xeneralísimo. Un “dictator” que gustaba de se equiparar aos seus grandes colegas de Berlín e Roma. Tan perverso que valoraba o seu trunfo sobre todo pola desfeita do inimigo, ou era quen de obsesionarse, en plena batalla, con engrandecer a milleiros de mortos para a súa propia exaltación fúnebre, cando menos tan grandiosa como a de Keops, tan eterna como aquela. Como os señores da guerra prometía monumentos á vitoria. Como Filipe II o Escorial por armar a de San Quintin. Ben preto os dous. O 1º de abril de 1940 publica o decreto de creación do Val dos Caídos. O preámbulo non ten desperdicio: “la dimensión de nuestra Cruzada, los heroicos sacrificios que la victoria encierra y la

OPINIÓN A PIRÁMIDE DE FRANCO E A TRANSUBSTANCIACIÓN DE CUELGAMUROS

trascendencia que ha tesubstanciación. Ben saben, nido para el futuro de o que lle acontece ao pan España esta epopeya (… e ao viño que de súpeto se ). Es necesario que las transforman en carne e piedras que se levanten sangue de Cristo. Xa non tengan la grandeza de era “el templo grandioso los monumentos antide nuestros muertos” erguos, que desafíen al guido por miles de presos tiempo y al olvido …”. que en condicións miserá“A estos fines responde beis mudaban tempo de la elección de un lugar pena por traballo, senón, retirado donde se lesegundo o decreto de creavante el templo granción da “Fundación de la dioso de nuestros muerSanta Cruz del Valle de los UNHA DAS TRECE ESTAMPAS tos, (…) por los que Caídos”, a esta corresponDA TRAIZÓN DE LUÍS SEOANE cayeron en el camino de díalle: “laborar por el coDios y de la Patria. Lugar perenne de nocimiento e implantación de la paz enperegrinación en que lo grandioso de la tre los hombres, sobre la base de la naturaleza ponga un digno marco al justicia social cristiana”. campo en que reposen los héroes y márA segunda transubstanciación contires de la Cruzada.” sumouse en forma de desmemoria transEse mesmo día, despois de presidir accional dunha transición controlada poo desfile na Castellana e o xantar no Palos “lexítimos” herdeiros do franquismo. lacio de Oriente, flanqueado polas esMais xa todo está nos libros. En 1993, posas dos embaixadores de Alemaña e Benedict Anderson escribiu: “No deceItalia, mestres estes emparedaban a dona nio de 1930, persoas de moitas nacionaCarme, subiu cos seus ata a cima do lidades foron combater na península ibéGuadarrama, ata Cuelgamuros, e prerica porque a consideraban a area na que sentoulles a idea que levaba elaborando estaban en xogo forzas e causas mundende o inicio da guerra. Nun ano terdiais. Cando o duradeiro réxime de minaríase a cripta; en cinco remataríase Franco construíu o Val dos Caídos, lia gran ofrenda aos heroes da Cruzada. mitou a admisión nesa sombría necróMais a “pandereta” impúxose. Ata vinte pole aos que, aos seus ollos, morreran anos despois non se inaugurou. Quen na loita mundial contra o bolchevismo e queira saber disto pode consultar o libro o ateísmo. Pero, nas marxes do Estado, do xornalista galego Daniel Sueiro: La xa estaba xurdindo un “recordo” dunha verdadera historia del Valle de los CaíGuerra Civil “española”. Só despois da dos.3 morte do hábil tirano, e a ulterior e notaNaquela altura, 1º de abril de 1959, blemente fácil transición á democracia en Cuelgamuros ocorreu a primeira tranburguesa -na cal desempeñou un papel

decisivo- este “recordo” volveuse oficial” 4. A terceira transubstanciación. Premidos polas pantasmas do nacionalismo español, católico e monárquico, que seguen a aferrollar a sociedade hispana, un comité de expertos, ao abeiro da Lei da Memoria Histórica do goberno Zapatero, concluíu que Cuelgamuros “era un lugar para la memoria de víctimas y muertos de la Guerra Civil”. Vítimas sen verdugos? Ou vítimas humilladas e verdugos con honores remexidos e co xefe destes empoleirado, como un Papa, ante o altar maior da basílica? Algúns tumores destrutivos permanecen activos na sociedade española cando corenta anos despois, a retirada dos restos do “caudillo verdugo” provoca tensións. Ou será, xustamente, polas catro décadas de atraso? Ou será unha prevención ante a ferida de Meirás? A deslexitimación social do franquismo posibilita a revisión de centos e centos de roubos de propiedades e capitais. E iso aféctalle ás elites xestadas no franquismo, sexa cal sexa a súa cor actual e, como non, ao seu herdeiro legal máis directo: o réxime monárquico. 1- Citado por David Cannadine en Contexto, representación y significación del ritual: la monarquía británica y la “invención de la tradición” en La invención de la tradición en E. Hobsbawn e T. Ranger (editores). Crítica, 2002 2- Malinowsky, B.: Los argonautas del Pacífico Occidental. Ediciones Península. 3- Sedmay, Madrid, 1976. Pódese consultar en http://www.maalla.es/Libros/La%20verdadera%20historia%20del%20Valle%20de%20l os%20Caidos.pdf 4- Anderson, B.: Comunidades imaxinadas, FCE, México, 1993

TAPERIA TABERNA GALEGA

TROPA DO CARALLO AS MELLORES TORTILLAS DA COMARCA A CARÓN DA PRAZA DE FORNELOS

Na Pantalla Cesantes

682 152 025 - 886 310 577


[ IV] Setembro 2018 ENTREVISTA POR XOÁN ALONSO (PIPA)

JUAN JOSÉ SOLLA AGUIAR, PREPARADOR FÍSICO DO WARTFORD FOOTbALL CLUb Hoxe, o noso veciño e amigo, Juan José Solla Aguiar, preparador físico do Wartford Football Club, polo de agora, vainos falar dende a entraña do vestiario do seu traballo e do sorprendente comezo dos Hornets, as avespas, na Premier League.

Moi boas Solla. Antes de nada, os nosos parabéns polo voso arranque de tempada e que dure moito este doce sabor do mel da vitoria. Moitas gracias a vós por querer contar coa miña experiencia para a vosa publicación. Que hai detrás de toda esta ledicia, traballo ou sorte? Pódoche dicir que en calquera faceta da vida pode haber parte das dúas. Un ten que estar preparado para a oportunidade, e se aparece non soltala. Traballar e demostrar o nivel para o que estas preparado. Sen ningunha de esas dúas penso que o éxito e efémero. Na sociedade de hoxe en día estamos afeitos á cultura do pelotazo. Temos moitos adestradores de twitter e xente que pretende chegar, coma sexa, sen pagar o prezo do traballo e a paciencia. O camiño rápido de apartar a todo o que se lle poña no camiño. Eu podo dicir, con moito orgullo, que esa non foi a base da mina traxectoria. Que expectativas ten o club e vós de cara a esta tempada que non fixo máis que comezar? Dende o primeiro intre o obxectivo é manterse na premier para o ano que ven.

Non sei realmente o que pensa o club pero nós temos claro que o obxectivo segue sendo o mesmo. Por persoal, por presuposto, e por cantidade de inversión estamos entre os últimos da Premier. Doutra banda, non descartamos nada e veremos co tempo cara onde leva a competición. O obxectivo é gañar sempre o seguinte partido. Con que ferramentas afronta un club “modesto” coma o Watford a tempada no berce do fútbol? As nosas armas son a fortaleza de grupo. Fortaleza ca que non contabamos no intre da nosa chegada hai un ano. A falla de incorporacións e de saídas converteuse na nosa mellor ferramenta. A posibilidade de adestrar seis semanas co mesmo grupo fixo que puideramos construír un grupo forte, agora si, xa veremos coma se desencadean os partidos neste longo camiño onde sempre hai moitas incidencias que tentaremos solucionar de algún xeito. É a Premier League unha das competicións máis esixentes nas que tes traballado? Aquí, a dificultade é operativizar e organizar a cantidade de xente que aparece ó redor do equipo. Ás veces, complícase o funcionamento do día a día.

Porén, para min e o meu traballo a liga máis esixente foi a rusa, por cultura, por idioma, clima… Son moitos condicionantes que fan moi dura tanto a vida como a organización dos adestramentos ou mesmo a xestión do grupo. Que ten de especial a Premier League? O volume de información que xera a repercusión a nivel mundial. A cantidade de ingresos que se moven no fútbol neste país é abraiante. Por outra beira, os afeccionados xeran unha atmosfera moi especial nos estadios, aínda que teñan menos capacidade que en calquera club na primeira división española. Aquí protéxese a asistencia ó estadio, de feito, hai una franxa horaria na que se xogan a maioría dos partidos e non se televisa ningún deles por ningunha

canle. Resumindo, o máis especial é o ambiente no día do partido. No teu mundo, que é o máis importante, os goles ou o xogo? Este é un dilema habitual dos afeccionados, para iso, compre definir que é xogar ben. Para min podería ser xogar máis horizontal e combinar con maior número de pases. O certo é que os equipos que xogan ben, defenden ben e atacan ben nunha liga son os que están arriba na clasificación. Aínda que en ocasións o afeccionado non a perciba, hai unha clara relación, outra cousa é o estilo que se empregue. En definitiva no fútbol, goles e xogo. Cal é o traballo do preparador físico? Pois no meu caso érgome as 7 para chegar as 7.30 a cidade deportiva e a partir de aí organizar todo o referente


Setembro 2018 [ V]

REDONDELA ao adestramento, valorar o informe médico do estado de xogadores, dispoñibilidade, peso, dirixir o adestramento na parte que me toca directamente e colaborar nas partes que son directamente responsabilidade do adestrador. Ao rematar analizamos os datos que se xeran de carga (gps,fc..) e co equipo médico para organizamos na alimentación, suplementación, revisión da evolución dos lesionados nos adestramentos complementarios, reunión co adestrador e o resto do equipo para organizar o adestramento do día seguinte, deseño de tarefas e outros aspectos referente ao adestramento, análise de datos de partido e contextualizalos, organización do contido da semana e dinámicas de carga e unhas cantas máis que se me escapan. Noutra etapa tamén colaboraba no análise do rival e propio, mais nesta, coa chegada de máis xente ó staff estou máis liberado. Finalmente, a volta a casa sobre as seis da tarde en función do traballo e do día. 11 anos traballando e formando parte do equipo de Javi Gracia, coma se fai para que unha relación neste mundo tolo do fútbol dure tanto tempo? Si, once anos son realmente moitos. Eu o relaciono coa vida de parella, nos que hai momentos mellores e peores. Pasar por tantos momentos coma polos que pasamos Javi e máis eu, a relación afiánzase e existe una maior complicidade polo que o día a día é máis doado. Solla, ti viviches o fútbol coma xogador e coma preparador, como evolucionou este mundo? Podo dicir, sempre dende a experiencia, que o cambio é enorme. Levo 23 anos adestrando, pasando por tódalas categorías de formación dende 5 anos ata filiais, pasando por tódalas categorías dende 1 re-

xional a 1 división e pódovos asegurar que o cambio e moi grande. Dunha banda, os sistemas de adestramento están adaptados ó xogo e parte de situacións do xogo. Hai anos facíanse adestramentos moi descontextualizados, íase correr ó monte e listo. Da outra, os xogadores a nivel profesional teñen unha preparación impensable hai anos. Só temos que comparar os perfís físicos dos mellores xogadores 30 anos atrás cos mellores xogadores dos nosos días. Cales son os puntos febles da túa paixón convertida en traballo? Sen ningunha dúbida e ter que estar lonxe da familia, dos amigos e non ter fins de semanas para descansar. Meterte nunha roda cando empeza a tempada e non saír ata que remata o derradeiro partido de liga. É un entorno de moita presión no que cada resultado condiciona o estado de ánimo do entorno durante toda a semana. Ben podo dicir que a inestabilidade nesta profesión é o peor de todo. Pasas de gañar e ser un fenómeno a perder en ter dúbidas sobre o teu traballo. Que oferta non poderías rexeitar? Non puidera rexeitar calquera oferta que me fixera un pouco mais feliz, e iso moitas veces non ten que ver co traballo, nin con cousas materiais. Para rematar, estimado colega, imos facer unha aposta, botando por fóra. Apostamos que o ano que ven xogades a liga de Campións? e non me veñas co discurso de que hai que ir amodo!!! Unha aperta e moitas grazas a Juan José Solla Aguiar, Solla para os amigos, polo seu tempo e a súa amizade. Que os triunfos te acompañen! Jajaja…Moitas gracias a vós, e agardo a vosa visita. Unha aperta.

O PSdeG-Redondela denuncia a falta de xestión do Goberno Municipal na Alameda REDONDELA.

A Alameda de Redondela leva pechada todo o verán por mor das obras, durante estas últimas semanas calquera persoas puido ver como non se está a realizar ningún traballo neste espazo. A colación disto, o PSdeG-Redondela solicitou información sobre o estado da obra, obtendo por resposta que a obra de colocación dos bordos de pedra estaba recepcionada, é dicir, a obra realizada por unha empresa privada está rematada segundo o proxecto e xustificada polos servizos técnicos

do Concello. A pesar disto, resulta evidente o estado de non finalizada da obra debido a falta de xabre. “Parece que a este paso o Goberno Municipal do PP pensa abrir a Alameda ou a xa coñecida `obra do Escorial´ cando comecen as choivas ou a recta final para a campaña electoral das municipais” continúan os socialistas “os populares buscan a fotografía de campaña pagada por todos e todas, unha imaxe que non desfrute porque a reforma da Alameda alonxa ás persoas dos espazos verdes metendo pedra de por medio”.

O bNG considera como “anuncio eleitoral”, a proposta de Javier bas sobre o traslado da depuradora REDONDELA.

A visita realizada polo “séquito da Xunta e do Parlamento Galego a Redondela” enmárcano dende a organización nacionalista como “campaña de mellora de imaxe do alcalde de Redondela”. Segundo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González “a proposta do alcalde de Redondela de traslado da depuradora dende o casco urbán a algunha das parroquias, enmarcámolo nun anuncio eleitoral en plena precampaña, nun momento no que non goza de moitos apoios

entre a veciñanza. Os recortes do seu partido no ensino público exemplificado na eliminación dun mestre/a en 6º no colexio de Cedeira, ou a problemática dos contedores de Rande, forzaron a esta visita protocolaria”. Rexeita frontalmente o edil do BNG, que se estea a xogar cos veciños e veciñas, afectados por esta problemática “únicamente por intereses eleitoralistas”. Afirma que Javier Bas tén na súa man a posibilidade de concretar en que lugar quere construír esta infraestructura.


[ VI] Setembro 2018 REDONDELA

o cambio de emprazamento motivado polas obras da alameda foi o desencadeante para renovar a feira e dar paso a un novo concepto

VIII Feira anual de oportunidades chega a Redondela chea de novidades REDONDELA.

As oportunidades seguiran tendo nesta Feira un papel protagonistas xa que todos os establecemento, especialmente moda e calzado, terán unha sección outlet, pero tamén se abre a calquera outro tipo de establecemento comercial ou de servizos que queira mostrar ou promocionar na feira os seus produtos ou servizos. Os stands cambian totalmente a súa imaxe e dan paso a un espazo individualizado para cada establecemento concibe e organiza o espazo segundo as necesidades de cada produto e no que o cliente poderá interactuar de forma máis directa ao poder ter ao seu alcance todos os pro-

dutos. A moda e complemento seguen a apostar de forma decidida por participar neste eventos máis do 60% dos establecementos participantes pertencen a este sector. O número de participantes quedou condicionado polas limitacións de espazo polo que para vindeiras edicións se buscarán formulas que permitan non limitar a inscrición e que poidan participar todos os establecementos que o desexen. Aínda que o principal atractivo para o consumidor está en poder encontrar artigos de primeira calidade aos mellores prezos a feira ofrece a clientela moitas outras opcións para converter a compra nunha expe-

riencia atractiva e entretida. Os mais cativos terán múltiples zonas de xogos distribuídas por idades ao longo de todo o espazo da feira. Os stands, que contarán cunha imaxe totalmente renovada ocuparán as rúas Ribeira e Xeral Rubín, e os espazos de ocio e entremento estarán nas prazas anexas a esta zona: praza do Concello, Praza da Constitución e Praza de Santiago. Para facer máis grata a estancia o tráfico cortarase nestas rúas nos tramos horarios de apertura da feira. A feira celebrase os días 29 e 30 de setembro en horario continuado de 10:0022:00h o sábado e de 11:00 a 20:00h o domingo.

AER denuncia as deficiencias das obras de asfaltado entre Reboreda e Ventosela REDONDELA.

Despois de que veciñas de Reboreda e Ventosela deran conta á Agrupación de Electores de Redondela da situación en que se estaban desenvolvendo as obras de asfaltado da estrada provincial que une Reboreda con Ventosela, constatando na prensa os cruces de acusacións entre PP e BNG, AER comprobou in situ a situación na que se atopa na actualidade esta estrada. Efectivamente, tal e como nos comentaron algunhas veciñas, a Deputación contratou o asfaltado desta vía, pero o que se observa pódese considerar de sorprendente. As obras de asfaltado leváronse a cabo sen realizar unha limpeza previa da vía, sen eliminar as herbas que se atopan nas beirarrúas. O pro-

duto que se esparexeu foi un produto bituminoso sobre o que se botou grava miúda, quedando parte dela solta, o que propicia facilmente salpicaduras aos vehículos e peóns. Este “asfaltado” non foi de toda a estrada, senón dunha parte dela; parando á entrada da parroquia de Ventosela. A capa resultante é de apenas de un centímetro, que en algunhas zonas non cubre todo o asfalto antigo; co que o deterioro será inminente, circunstancia que mesmo xa se pode apreciar en certos tramos. Á AER tamén lle sorprendeu que, en contra da filosofía que noutras estradas a Deputación está levando a cabo sobre seguridade viaria, de primar ao peón sobre o vehículo, etc.

Os venres karaoke¡¡¡


Setembro 2018 [ VII]


[ VIII] Setembro 2018 ENTREVISTA

O FúTbOL EN REDONDELA:

O CD ChOCO

Despois de termos feito reportaxes ao Arcade, a Manolo “Casa Paco” e ao Atlético Villar, xa tocaba que falaramos do Choco nesta sección do fútbol redondelán. Este equipo foi fundado en 1953, malia que xa hai antecedentes moi importantes de equipos de fútbol na vila dos viadutos desde principios do século XX, como por exemplo o Redondela Football Club ou o Científico Deportivo de Redondela. O C D Choco, é unha moi importante sinal de identidade da nosa vila. Milleiros de redondeláns gozan e sofren cada fin de semana coas vitorias ou coas derrotas do noso equipo de referencia. Nós quixemos coñecelos un pouco mellor, e para elo conversamos co seu presidente, un mozo da vila que sinte paixón polo seu equipo.

IVÁN CRESPO

Iván o primeiro que me chama a atención é a túa idade. Ti pareces moi novo para ser presidente dun club coa dimensión do Choco? Ben teño 37 anos, e xa levo 7 temporadas consecutivas como presidente 7 anos xa¡¡ Mi ma que novo comezaches. E cun equipo de colaboradores moi compacto. A base coa que comezamos, con algunha incorporación a maiores é practicamente a mesma. Pero imos ver, ti con 30 anos tiñas idade para ser xogador, non foi un pouco cedo cando accediches á presidencia? Eu xa non estaba en condicións de xogar. Fun xogador do choco desde moi cativo ata o primeiro equipo, pero con 21 anos por unha lesión no xeonllo non me quedou máis remedio que deixalo. E desde os 21 que deixaches a práctica activa do fútbol ata os 30 que chegaches á presidencia, seguiches vinculado co

mundo do fútbol? Si, nunca perdín a conexión con este deporte. De feito estiven de delegado e de adestrador dalgún equipo local. Tamén era socio deses que non se perde un partido nin en casa nin fóra. E unha vez un grupo de persoas falaron comigo e pedíronme que collera o club, fixen un equipo de traballo e decidimos collelo por un ano. E xa levas 7. Si. Non pretenderás ser un presidente deses tipo Santiago Bernabeu que está toda a vida e que logo lle poñan o teu nome ao campo, non? Non ohh, non teñas medo. De feito xa intentei deixalo, pero non hai maneira de que outra xente colla o club. En que posto xogabas ti? De defensa central. E eras dos que dabas estopa, ou dos centrais que se levan agora deses que sacan

TAPERIA

O MUELLE Cesantes Avda. Mendiño. 76

"SENTIMOS PAIXÓN POLO NOSO TRABALLO.PROBA O MELLOR CHURRASCO DE REDONDELA" Nova Xerencia. Coñécenos.

o balón xogado desde atrás? Eu era dos que daba estopa. Expulsáronche algunha vez? Si, algunha si. Merecida ou inmerecida? Ha ha ha, ben podemos dicir que houbo de todo. A que te dedicas ti Iván? Ben temos unha pequena empresa familiar, e tamén levo unha representación dunha marca deportiva. Vaia, pois se lle sumamos o tempo que lle dedicas ao Choco, agora se me dis que tes familia e fillos xa me deixas absolutamente abraiado e xa me explicarás de onde sacas o tempo? Si que teño familia e fillos, e o do tempo é un problema de verdade. Ás veces non queda máis remedio que sacarllo ás horas do sono, porque senón non dá. Este ano non comezamos moi ben a liga? Ben, imos ao ritmo doutros anos. Nós soemos ir de menos a máis, e a verdade non estamos preocupados. Que expectativas deportivas, realistas tedes este ano? Como sempre, para nós o prioritario e salvar a categoría na que estamos. Despois se chegando ao final estamos en disposición de pelexar por un obxectivo máis ambicioso, pois desde logo que non nos imos pór límites.

Esta temporada temos equipo para pelexar polo play off? Hai equipos moi fortes na categoría o Ferrol, o Bergantiños o Compostela... pero nós, como sempre, daremos todo o que teñamos para algún día poder repetir esas eliminatorias tan bonitas. Redondela, con 30.000 habitantes, ten potencial para ter un equipo en 2ºB? Eu creo que ten potencial para polo menos competir sempre na elite da 3º división, pero facía falta, penso eu, maior cohesión entre os distintos núcleos de Redondela. Nós, por exemplo en Chapela temos poucos socios, malia que queremos representar a toda a vila no seu conxunto por igual. Que tal se porta o Concello de Redondela con vós? O alcalde e o equipo de goberno, son sensibles ás nosas necesidades. Escóitannos e tratan de darnos solucións aos nosos problemas, malia que ás veces creo que non nos dan todo cariño que precisamos. Javier ven ao campo a ver os partidos? El é socio. Non ven sempre pero de cando en vez si. E a DEP que tal se porta? Debían de portarse mellor. E a Xunta? O mesmo que a Deputación, debían de axudarnos máis.


Setembro 2018 [ IX]

ENTREVISTA

XXIII EDICIÓN DA FESTA DA MAzÁ DE SANTO ESTEVO DE NEGROS O primeiro fin de semana de outubro a parroquia redondelá de Santo Estevo de Negros, vivirá unha nova edición da súa festa da mazá. Malia que no noso país abondan as festas gastronómicas, esta é unha das máis espectaculares pola enorme calidade dos pratos ofertados e pola paixon coa que toda a parroquia vive a súa organización. A Nova Peneira achegouse ata Negros e conversou con 3 das persoas que se encargan da organización da festa: Emilio, Fina e Fita Pronto teremos unha nova edición da marabillosa festa da mazá de Negros Efectivamente e xa é a XIII edición Ininterrompida, ou algún ano deixou de celebrarse? Celebrouse todos e cada un dos anos desde a primeira edición. Que datas temos este ano? Como sempre, celebrarémola a primeira fin de semana de outubro. Por que motivo se vos deu por organizar unha festa da mazá? Na nosa parroquia había moitas persoas que vivían da mazá, de feito hai moitísimas maceiras, e como seguro sabes ese é o nome do río que pasa por Santo Estevo de Negros. Durante moitos anos moitas veciñas de Negros apañaban as cestas ateigadas de mazás e ían vendelas a Vigo. Ata que nunha xuntanza da AVV decidiuse que cumpría potenciar a nosa parroquia, e que mellor forma de facelo que organizar unha festa gastronómica para homenaxear ao noso produto estrela. Como valorades a implicación das veciñas e veciños de Negros na organización da festa? Mellor imposible. A festa da mazá é o orgullo da totalidade da veciñanza da parroquia, e todas e todos, sen excepción,

poñen o mellor que teñen para que cada ano saia mellor có anterior. Eu hai un par de anos que non podo ir, teño intención de subir este ano, pero supoño que seguiredes tendo o exquisito bacallau con mazás? Desde logo que si, ese é un dos nosos pratos estrelas. Algún prato novo? O ano pasado estramos o xamón con mazás e foi un éxito total, este ano repetirémolo. Caramba que ben soa...vou ter problemas para elixir menú

Pois xa sabes o que che toca, vir coa familia e escoller un pouco de todo. Así é como fai moitísima xente. Tamén teremos costela con mazá,l omo con mazá, peituga con mazá, chourizo á sidra....alén de todo tipo de sobremesas; tarta de mazá, biscoito de mazás...En definitiva por variedade non vai ser. E todo, absolutamente todo estará elaborado por nós. E de prezos como andamos? Vamos procurar manter os do ano pasado. Se hai algunha suba, será moi pequena.

A comida pódese degustar no recinto da festa ou levar para casa non? Si, por suposto. Quen vai ser o pregoeiro? Isi, o monologuista da TVG, xa estivo con nós no ano 2001. Que expectativas de asistencia manexades? As habituais, entre 1.500 e 2.000 persoas. Que barbaridade ¡¡ e non haberá problemas cos aparcadoiros? Non, dispomos de prazas suficientes para o número de visitantes. Que tal se porta o Concello de Redondela con vós? De marabilla. E o anterior goberno que tal? Portábase ben, pero non tan ben como se porta Javier Bas. O alcalde achégase pola festa? Creo que só fallou un ano por un problema persoal, pero sempre que pode si que está con nós. Véxovos moi ilusionados e teño a sensación de que esta é unha festa con expectativas de futuro Si a verdade é que estamos moi orgullosos e orgullosas da nosa festa e pretendemos que sexa un dos sinais de identidade permanentes da nosa parroquia. Agora ben, tede claro que isto leva moitísimo traballo e de moita xente detrás. Ben rematamos dándovos as grazas pola atención e cunha última cuestión. Supoño que cando fagamos os 25 anos teremos que facer algo especial non? Si ohh algo faremos. Xa estamos matinando algunha cousa bonita...


[ X] Setembro 2018 REDONDELA

O bNG demanda maior seguridade viaria no entorno de Cidadelle

REDONDELA.

O tráfico pesado cara ás obras de urbanización do novo colexio en Chapela, levaron ao concelleiro do BNG, a solicitar ao goberno municipal que melloren as condicións de seguridade viaria para os peóns. “A empresa constructora debe facer unha limpeza constante dos viais con fin de evitar arrastres de áridos aos regatos”. As obras de urbanización da “Finca Ginaria” para a construcción

do novo colexio, “non facilitan o paso para os e as viandantes que por esta zoa se desprazan a cotío”, segundo o edil nacionalista. O vial de Subida a Cidadelle, ata o Camiño da Bruxa, discurre por unha zoa dun importante desnivel. “Neste treito deberíase sinalizar un roteiro máis seguro para os peóns, pois teñen que esquivar á maquinaria e aos coches particulares que por el se circulan”, afirma.

Repostería creativa Panadería Lambonadas Xeados

Peixes e mariscos da Ría de Vigo

Menú do día R/ Isidoro Queimaliños, 41 Redondela - 986 401 194


Setembro 2018 [ XI]

REPORTAXE

POR LUCÍA SANTOS OMIL E XURXO AGRA DO PAZO

CRÓNICA DUNhA VIAXE A PALESTINA V isitar Palestina e presenciar a triste realidade á que fai fronte o pobo palestino desde 1948, ano de constitución do Estado de Israel, co que se procuraba solucionar o problema xudeo ao remate da II Guerra Mundial, é algo que dificilmente se pode expresar con palabras. Non é preciso moito tempo para constatar o forte peso que a relixión ten na sociedade e no Estado de Israel. A comunidade ultra ortodoxa faise presente en cada recuncho do país, as kipás e a vestimenta decorosa inunda as rúas e o Sabbath paraliza o país. Malia existir no Estado de Israel un certo movemento progresista a sociedade israelí é conservadora, e a tendencia é que se vaia incrementando debido a unha cuestión demográfica: a comunidade ultra ortodoxa ten unha taxa de natalidade moito máis elevada que o resto da sociedade israelí. Xerusalén é unha cidade dunha gran importancia para as tres grandes relixións monoteístas (cristiá, musulmana e xudea). Penetrarse no casco histórico, onde os lugares sagrados están separados apenas por uns escasos metros, supón introducirse nas raíces dun conflito que se percibe con claridade, malia a aparente calma e simulada indiferenza, a través da infinidade de cámaras, a gran presenza militar e os fortes controis para acceder aos lugares sagrados. Malia saber da existencia do muro que engaiola á poboación palestina en Cisxordania, percorrer o muro en Belén resulta unha experiencia demoledora que provoca unha fonda indignación. Son continuos, e fermosos, os murais contra

o valado e a ocupación israelí, e as torres de vixilancia emerxen ennegrecidas polo lanzamento de artefactos incendiarios. Despois de 70 anos, nos campos de refuxiados/as, conformados por vivendas como as de calquera outro barrio, mantense firme o obxectivo do retorno. Hebrón, a cidade pantasma, é a comunidade onde o conflito está máis presente. Aquí atópase a tumba de Abrahám (xudaísmo) ou Ibrahim (islam), un lugar de gran importancia para as dúas relixións, onde poboación xudea vive no centro da cidade. A tensión pálpase en cada recuncho do casco vello e os/as palestinos/as soportan o continuo acoso dos/as xudeos/as que, co lanzamento de pedras, de lixo, de urina… contra as vivendas e comercios, intentan botalos/as. Moitas familias non o soportaron, como se aprecia no importante número de comercios pechados no casco vello, e con máis claridade aínda na parte da cidade que semella un escenario de guerra, onde a poboación palestina foi expulsada, as casas permanecen baleiras e os baixos que nalgún momento albergaron un comercio pechados. O único que se pode ver nesta área son os militares israelís fortemente armados apostados en cada esquina. Para chegar a Ramallah, a capital administrativa de Palestina e o lugar onde se atopa o mausoleo de Yaser Arafat, o autobús ten que atravesar o muro e os controis israelís. A forte presenza do exército israelí faise notar tamén nas estradas de Cisxordania, onde permanecen para protexer os asentamentos xudeus. Voltar a Xerusalén desde Cisxordania

Café - Bar

REDONDELA. Ao lado do parque do Salgueiral

supón afrontar os fortes controis militares, con solicitude de documentación incluída, e nos que non resulta estraño que obriguen a baixar do autobús a algún/ha pasaxeiro/a e o/a reteñan impedíndolle continuar a viaxe. As consecuencias da ocupación israelí percíbense tamén nos Estados veciños, como en Xordania, onde a porcentaxe de poboación palestina en Xordania é importantísima como conse-

cuencia dos sucesivos éxodos forzosos, e nas rúas de Ammán abundan os vendedores ambulantes palestinos. Viaxar a Palestina é unha experiencia única, onde malia todas as dificultades e a humillación permanente por parte de Israel, coa complicidade da comunidade internacional, a xente agradece a visita de estranxeiros/as e nunca deixará de reclamar o seu dereito a vivir con dignidade na súa terra.

Tapería Patri

Carretera de Vigo, 40 Redondela 659 405 116 taperiapatri


[ XII] Setembro 2018 REDONDELA

O PP solicita polo plan concellos da Deputación obras que incluíra no seu remanente de 2016 REDONDELA.

O pasado 7 de agosto a páxina do Facebook do Concello de Redondela publicou unha serie de obras e subministros incluídos no Plan Concellos 2018, acusando á Deputación de Pontevedra da demora das mesmas. Curiosamente entre as obras solicitadas atópanse as mencionadas anteriormente e incluídas na modificación de crédito do remanente. Ademais da reprochable utilización de xeito partidista da páxina do

Concello de Redondela por parte do PP, sorpréndenos que o Partido Popular solicite á Deputación unhas obras para as cales o equipo de goberno xa tiña crédito dispoñible dende xullo do 2017. O goberno local puido facer estas obras, e por outro lado, puido ter pedido outras actuacións (para as que non houbese xa partida asignada) ao Plan Concellos da Deputación. A demora nestas catro obras non se poden achacar máis que ao equipo de goberno, co alcalde e

deputado provincial Javier Bas á cabeza. Sorpréndenos tamén que esta acusación do PP á Deputación, vía páxina de Facebook do Concello de Redondela, non tivera resposta por parte do PSdeG-PSOE de Redondela. Ninguén no PSOE se deu conta que estas 4 obras solicitadas á Deputación xa estaban incluídas na incorporación de remanente aprobada coa súa abstención incondicional? Javier Bas (PP) e Digna Rivas (PSOE) deputa-

Bar

Novo Piti

Galerías do Doutor Touriño MARÍN

dos por Redondela, tampouco se percataron desta duplicidade? Estes cargos públicos están a cobrar na Deputación como representantes de Redondela, pero parece que lles interesan máis as loitas partidistas que o pobo ao que representan. E por certo, cando van a facer públicos Javier Bas e Digna Rivas os cartos que reciben da Deputación na páxina de transparencia do Concello tal como se aprobou por unanimidade na moción de AER no pleno do 6 de xuño do 2013?


Setembro 2018 [ XIII]

O MORRAZO

A antiga casa unitaria de Cabalo xa conta con parque infantil

BUEU.

O Concello de Bueu continúa co avance nas obras para dotar de parques infantís a varias zonas do municipio, así como remodelar outros que se atopan en mal estado. No marco do proxecto, financiado con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, xa está rematado o da Antiga Escola Unitaria de Cabalo, en Beluso, que esta mañá visitaron o alcalde da vila, Félix Juncal, así como Fidel Castro, concelleiro de obras e servizos, Silvia Carballo, edil de promoción económica e turismo, e Alfredo de la Campa, arquitecto técnico municipal. Durante a visita, o rexedor anunciou que hoxe se procedeu a retirar o pavimento e os aparatos do parque da Praza do Concello para a súa substitución por un novo chan e xogos, e nos vindeiros días comezarán os traballos no do Outeiro. En canto ao da Casa da Aldea de Meiro, que estaba programado

bueu insiste na mala xestión da vespa velutina por parte da Xunta de Galicia BUEU.

para comezar estes días, decidiu atrasarse debido a que o Concello valorou unha actuación de mellora no propio recinto e esta debe realizarse antes do parque, tal e como xa se lle comunicou aos representantes da Asociación Veciñal da Morada. Así mesmo, tamén se renovaron os parques de María Eugenia e Sanamedio, e as tres zonas de biosaudables no Parque Ramal dos Galos, Pescadoira e no paseo de Agrelo – Portomaior. Por último, no proxecto está contemplada a instalación dun novo módulo no skate park das Lagoas.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, entregou esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, un oficio no que se alerta da mala xestión da vespa velutina por parte do ente autonómico. Así, xunto ao escrito, acompáñanse varias instancias de veciños e veciñas alertando deste problema. O Concello solicita que por parte

da Consellería de Medio Rural se asuman as competencias en materia de retirada da vespa velutina e se comprometa unha loita máis eficaz contra esta problemática socio-ambiental. Así mesmo, incídese en que a Xunta debería levar a cabo unha campaña máis incisiva e global, e realizar unha xestión máis eficiente dadas as dimensións desta lacra.

ARIZAGA

TROFEOS - GRABACIONES

Echegaray, 21 Marín 682 24 46 62

C/ AUGUSTO MIRANDA, 5 986 882 089 - MARÍN

RESTAURANTE PORTOCELO

Aberto todo o ano

NA PRAIA DE PORTOCELO - MARÍN

Rúa Almuiña, 4 MARÍN - 986 882 417 SERVICIO A DOMICILIO


[ XIV] Setembro 2018 O MORRAZO / OPINIÓN

Nova Figura en Briz MARÍN.

Briz segue sendo unha aposta firme do Concello de Marín e un referente nos parques de toda Galicia. Presentouse unha nova figura de talla en madeira realizada polo artista e carpinteiro de Marín Santi Castro Soage, á que acudiu a Concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, acompañada dos responsables da fundación Juan XXIII. O proxecto da talla de madeira en Briz, xurdiu no ano 2015, despois de ver a necesidade de eliminar especies invasoras, como as acacias, e aproveitar a madeira e sobre todo os tocóns que se deixaban e afeaban o entorno. De ahí que se pensara en reutilizar eses tocóns para facer figuras de madeira serviran como elementos decorativos. O que comezou sendo unha idea, é hoxe unha realidade, que fai que as árbores, a pesar de ser invasoras, se lles de unha segunda vida. A figura que se presentou é a número 16 e é unha preciosa ardilla, situada a poucos metros da lechuza realizada no mes de abril.

PEDRO CORTEGOSO CN de Marín

EN MARÍN “PAN E CIRCO” V

iaxar serve para coñecer, comparar realidades e dármonos conta do que temos e do que poderíamos ter. Tamén para descubrir a realidade virtual na que levamos os últimos oito anos en Marín onde a política de “Pan e Circo” fainos esquecer a inmobilidade do noso concello. Estamos estancados e non nós damos conta, non pasa nada, non hai conflitividade, temos a “Pax Romana” ou máis ben a “Pax Ramallo”. Se deixamos Marín e nós encamiñamos a outras vilas e cidades de Europa descubrimos un mundo novo na xestión do urbanismo onde a prioridade son as persoas e facilitar a súa mobilidade reducindo o impacto ambiental. A cidade sueca de Malmö, hoxe un referente de deseño funcional e moderno ao servizo da poboación, xa ten previsto o seu desenvolvemento urbanístico até o 2100. Tampouco temos que ir moi lonxe para comprobar como se transforma unha cidade, Pontevedra é un bo exemplo a seguir. Marín ten un PXOM do século pasado, propio dos tempos da burbulla inmobiliaria, que non é posíbel desenvolver por estar deseñado con criterios de especulación urbanística. Non ten en conta as necesidades das persoas no século XXI, non ten previstos equipamentos culturais, non existen as vivendas sociais, non hai un transporte público que integre o concello e o comunique co Morrazo, Pontevedra e Vigo. É un PXOM con moitos ladrillos e

polígonos industriais; o sitio onde ninguén desexaría vivir. Nesta viaxe tamén nós daremos conta da existencia de países que contan cun transporte público de verdade que chega a todas partes. Onde o autobús, o metro, o tren e os aeroportos están conectados e coordenados e non é necesario coller o coche para ir a traballar ou desprazarnos a calquera parte. A política de transporte público que o Partido Popular impón desde a Xunta consiste en reducir, aínda máis, a liñas de autobús deixando a rural galego incomunicado, e apostar por un AVE que só ten dirección Madrid. Volvemos ao século XIX nesta lexislatura que o Sr. Feixoo anunciou como a do Rural. Se preguntamos como é o sistema educativo en países como Suecia ou Dinamarca porásenos cara de parvos cando nós contesten que estudar nas súas universidades públicas non só é gratis, senón que o alumnado recibe un salario por estudar. En Galiza o PP desde a súa chegada ao goberno adicouse a desmantelar o noso sistema educativo público para desviar os recursos ao ensino privado. En Marín tamén se lles quitou unidades educativas aos centros públicos para darllo aos privados do nacional-catolicismo. En Marín pouco pan e moito circo. Mentres o resto do mundo evoluciona Marín continúa na súa parálise adormecida pola propaganda de destrución masiva duns

CASA CASA DOS DOS DRUIDAS DRUIDAS

medios controlados e financiados polo poder político e económico. Neste ano electoral estivemos cheos de actividades lúdico festivas como non se fixeron en anos anteriores, fagocitando as propostas e iniciativas do asociacionismo marinense e deixando a nosa cultura nun posto secundario. Co apoio incondicional do concello multiplicáronse as festas gastronómicas até o absurdo. Somos o concello galego con maior número de festas deste tipo: da cigala, da berza, do lirio, do galo de curral, do polbo,. .. calquera día sorpréndennos coa festa da “Lata de Patajullos”. Vai sendo hora de pedirlle contas a quen nós goberna por ternos oito anos inmobilizados e atrasados, deixando a nosa vila fóra da roda da evolución. Debemos reflexionar e despois da resaca da festa pirata temos que darnos conta que necesitamos en Marín un transporte público en condicións e non ter que sofrer os caprichos de Mombus. Necesitamos que se aposte por un urbanismo ao noso servizo e non da especulación. Necesitamos un sistema educativo moderno e público que non dependa de ningunha relixión. Necesitamos unha saída para que os nosos e as nosas universitarias non teñan que marchar a eses países modernos onde coidan o medio ambiente e o urbanismo e ademais hai futuro laboral. Necesitamos non seguir perdendo ano tras ano poboación. Vai sendo hora de rematar coa Pax Romana, que veñan os Suevos!

Acuña Vilaboa

Carnes á brasa (porco / terneira) - Picantones Picaña de criollos - Polbo - Brochetas de Rape e marisco - Cataplanas de Rape e marisco - Gambas Rape - Navallas - Espada - Langostinos - Merluza...

A Xunqueira, 4 - Moaña - Telf.: 986 310 000


Setembro 2018 [ XV]

O MORRAZO

Actuación para selar as gretas na Lagoa de Castiñeiras MARÍN.

Comezaron os traballos para selar as gretas do Lago de Castiñeiras. A concelleira de Medio Ambiente, acompañada polo técnico municipal, trasladouse ata alí, para ver os traballos de evacuación das especies animais que habitan nela, e os inicios da obra de selado das grietas. O primeiro foi vaciar a lagoa de peixes e outras especies, para así evitar o seu sufrimento o quedar sen auga, polo que na tarde de onte se procedeu por parte do Servizo de Conservación da Xunta de Galicia de Pontevedra a realización de pesca eléctrica e se recolleron preto de 50 quilos de especies exóticas e invasoras, coma o cangrexo

americano, carpíns e carpas, e tamén 48 troitas do país. Na mañá de hoxe, unha vez que o nivel de auga e a altura do lodo, non permitiu xa traballar con pesca eléctrica, comezouse por debaixo da presa, a facer tres filtros con redes para poder coller as especies que saían polo propio desaugadoiro para o seu traslado. As especies exóticas ou invasoras serán eutanasiadas para evitar que sexan verquidas noutros regatos e provoquen catástrofes naturais, mentres que as troitas do país están sendo trasladadas ao río Loira e outras serán gardas para repoboar a Lagoa de Castiñeiras unha vez rematen as obras, e así poder volver a ter un coto de pesca

nun período breve de tempo. Mentres tanto xa se está comezando cos traballos do muro, facendo unha gabia perimetral á zapata para formigonar e tentar evitar as fugas que se producen e así frear as fisuras. O Concello de Marín, co visto bo das CCMM de San Xulián e Santomé, é o encargado de desenvolver as obras, que contan co informe favorable de Augas de Galicia. O lago Castiñeiras é un lago artificial, feito nos anos 50, realizando un pequeno encoro con pedras unidas con algún tipo de conglomerante; dita represa non se puido inspeccionar ó estar totalmente cuberta por unha estrada local aglomerada,

polo que as fugas ou desaugadoiro de fondo incontrolados entre as pedras da base da represa, son as que ata agora deixaban o Lago sen apenas capa de auga cada verán. As obras consisten no picado do morteiro das xuntas de pedras e retirada de entullos a vertedoiro controlado, limpeza do lodo do fondo a 2 m. do muro para poder realizar o selado da zapata, chorreo do muro con auga a presión, escavación de gabia nas dúas cabezas onde remata o muro de contención e o formigonado das ditas gabias coa correspondente armadura para a construción do muro de formigón, acaroado ó muro de pedra existente. Estes traballos durarán sobre dúas semanas, polo que a urxencia das obras é realizala xusto antes de que comecen as choivas.


[ XVI] Setembro 2018 O MORRAZO CELSO MILLEIRO Investigador

P

PASAIA, UN ANACO DE MARÍN EN EUSKADI

asaia e un concello pertencente a provincia de Guipúscoa (Euskadi) situado arredor da ría de idéntico nome. Entre 1916 e 1936 produciuse un gran desenrolo da súa industria pesqueira chegando a converterse nun dos portos mais importantes de España. A historia moderna de Pasaia comezou coa decisión dos armadores de trasladar aquí a frota pesqueira arrastreira que ata entón estaba en San Sebastián. Os armadores necesitan gran cantidade de man de obra e ante a resistencia das confrarías a empregar os novos e destrutivos sistemas de pesca viñeron a Galicia a buscala. Deste xeito centos de galegos trasladáronse a este concello e se instalaron sobre todo nas vivendas que comezaron a construírse arredor do caserío Trintxer, xermolo do barrio de Trintxerpe, que chegou a ser coñecido como a quinta provincia galega. En 1927 comezou a funcionar a principal empresa dedicada a pesca do bacallau de España a PYSBE (Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España), cuxos peiraos e

factorías estaban situados no barrio Biscaia de Pasai Donibane; para traballar nela desprazáronse a Pasaia numerosos galegos. Así cara 1935 a frota estaba constituída por 127 bous e parellas arrastreiro e 6 grandes trawlers bacallaeiros que superaban as mil TRB. A eles había que engadir os arrastreiros procedentes de Xixón ou de Vigo – Bouzas que recalaban temporalmente no porto. Esta frota era tripulada por arredor de 2.500 – 3.000 mariñeiros, fogueiros e patróns e sobre 500 homes e mulleres en terra dedicados a traballos de redería. i Tras o comezo da guerra civil constituiuse no concello unha Xunta de Defensa e o 30 de xullo un Comité da Fronte Popular. No mes de xullo tres columnas partiron de Pamplona por flancos distintos para conseguir ocupar Guipúscoa. A que ocuparía Pasaia, o mando do coronel Beorlegui, partiu o día 20 en dirección a Bera. O 23 dirixiuse cara Peñas de Aya pero atopouse cun forte despregue de forzas republicanas polo que o avance quedou

C/ Fonte do Unicornio, 4 Moaña

LA MARINA Montero Ríos, 51 - Bueu

CAFÉ BAR

paralizado. O 27 entraron en Oiartzun para a continuación dirixirse a atacar Errentería. O primeiro ataque resultou infrutuoso e a fronte estabilizouse nos arredores desta vila. Na súa defensa participaron case exclusivamente milicianos do sindicato “Avance Marítimo” de Donostia e Trintxerpe. O longo do mes de agosto a inactividade nesta fronte foi case total, trasladándonse os sublevados cara Irún. Os mariñeiros de Trintxerpe volveron as súas casas pois Segundo eles mesmos confesaban “non estaban preparados para andar pola montaña”. Tras a toma de Irún os sublevados desprazáronse pouco a pouco cara San Sebastián pero tiveron que enfrontarse as forzas que desde Santiagomendi e os fortes de San Marcos e Txoriotokieta controlaban o acceso a cidade. Tras a toma de Santiagomendi as tropas que controlaban os fortes abandonáronos deixando o paso libre os sublevados. Ante o avance dos sublevados días antes da ocupación de Pasaia a frota pes-

queira refuxiouse no porto de Bilbao, unicamente permaneceron no porto os buques que estaban en construción ou en reparación. A poboación foi evacuada de xeito organizado cara esta cidade. Finalmente os sublevados ocupárona o 13 de setembro de 1936 as nove e media da mañá. Os marinenses en Euskadi van traballar loitando nas milicias da CNT, da UGT, no propio exército regular republicano na Mariña Auxiliar de Euskadi ou mesmo nos barcos mercantes para aprovisionar Euskadi de alimentos e armamentos. Co avance do exército sublevado moitos quedarían apreixados e levados a Campos de Traballadores, os que fuxen a Francia acaban en campos de concentracións, outros pasan a territorio republicano pasando a Francia para seguir combatendo. Os mais afortunados acabarían no exilio en Inglaterra, México ou Chile. A día de hoxe é imposíbel establecer o número de marinenses que participaron en Euskadi defendo a II República Española. As cifras oficiais dadas no proxecto Nomes e Voces hai 10 anos falaban de 60 marinenses, mais hoxe en día esa cifra estaría perto xa do centenar.


Setembro 2018 [ XVII]

O MORRAZO

Ábrese o prazo para A praia de Portomaior rexistra o maior preinscribirse no obradoiro de emprego forestal número de incidencias este verán Séguenlle o areal de Lapamán, Area de Bon e Lago

CANGAS.

BUEU.

A piques de rematar a tempada estival, as analíticas elaboradas polos servizos de socorrismo nas praias de Bandeira Azul demostran que o areal de Portomaior rexistra o maior número de incidencias durante este verán, con 380 avisos. Deles, as incidencias máis habituais son as feridas (172), seguidas das picaduras de avespa (58), e da de faneca (51). Séguelle o próximo areal de Lapamán, no que se rexistraron 334 incidencias, das cales 121 corresponden a picaduras de fanecas, 97 a feridas e 43 a picaduras de avespas. A continuación sitúase Area de Bon, na que os socorristas detectaron 160 avisos, dos cales os máis habituais

foron os de feridas (72), picadura de faneca (19) e de ourizo (16). Por último atópase Lagos, con 113 incidencias, das cales 69 equivalen a feridas, 19 a picaduras de insectos e 14 a picaduras de ourizo. Así mesmo, en todos os areais se rexistraron outros avisos de menor importancia como os de picaduras de ourizos, re-

accións alérxicas, contusión, queimaduras, medusas no areal, mareos, avisos a cans, pescadores, nenos/as perdidos, dor de ciática ou cólico. Observando as estatísticas, o mes de xullo é o de maior actividade, seguido de agosto e, en menor medida a primeira quincena de setembro, que coincide coa baixada no número de bañistas.

A Concellería de Emprego do Concello de Cangas informa de que esta semana ábrese o prazo para que as persoas interesadas podan preinscribirse na Oficina de Emprego de Cangas como alumnastraballadoras do Obradoiro Dual de Emprego que promove o Concello de Cangas. Na próxima semana a Oficina de Emprego de Cangas realizará a sondaxe e preselección do persoal docente e de coordinación que vai contratar o Concello para desenvolver o proxecto, formado por un total de 4 traballadores/as. A novidade deste Obradoiro Dual de Emprego, denominado Granxa da Rúa VIII, radica en que as especialidades que o

compoñen son todas do ámbito Forestal, impartíndose concretamente os certificados de profesionalidade seguintes: - Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, nos que participarán 10 alumnos/as traballadores/as. - Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, no que participarán 10 alumnos/as traballadores/as. A Concelleira de Emprego de Cangas destaca o feito de que estes proxectos de formación e emprego fan posible que se poida contratar a persoas en situación de desemprego.

Aenida de Ourense, S/N Marín 622 52 19 86

Toys Maniatic

Xoguetería

“As rebaixas en xoguetes” Avda. Ourense, 32- MARÍN


[ XVIII] Setembro 2018

AS REPORTAXES DE G. FIGUEIREDO (X)

O ASASINATO DE JUANA CAPDEVIELLE Juana Capdevielle, foi unha muller culta, progresista, activa e brillante. Juana foi unha intelectual republicana paseada e fusilada no 1936 polas bestas fascistas. Juana era luz fronte á tenebrosa escuridade que representan os miserables que a asasinaron, os miserables que lle deron “sustento ideolóxico aos asasinos” e os miserables que hoxe minimizan ou miran para outro lado ante a barbarie asasina do nacional catolicismo franquista.

J

uana Capdevielle San Martín naceu en Madrid o 12 de agosto de 1905 no seo dunha familia de pai francés. Cursou os estudos secundarios en Pamplona, onde destacou xa pola súa intelixencia, para logo licenciarse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, onde tivo como profesor a José Ortega e Gasset e a María Zambrano como compañeira. Como bibliotecaria universitaria gozou dunha licenza de estudos para pasar catro meses en Francia, Bélxica, Suíza e Alemaña, onde ampliou os seus estudos. O 9 de xullo de 1930 Juana Capdevielle ingresou no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, primeiro adscrita á Biblioteca Nacional e, desde xullo de 1931, á Biblioteca da Facultade de Filosofía

e Letras da Universidade de Madrid, universidade onde estudiara. Xa como xefa desta unidade, en 1933 coordinaría o traslado de importantes fondos dispersos noutras dependencias da universidade ás novas instalacións na Cidade Universitaria. Nese mesmo ano, Juana Capdevielle, conseguiu tamén o posto de xefe técnico dunha das mellores bibliotecas privadas do país: a do Ateneo de Madrid. Participou nas “Primeras Jornadas Eugénicas Españolas de Genética, Eugenesia y Pedagogía Sexual”, que tiveron lugar en Madrid en 1934 e contaron con intelectuais como Roberto Nóvoa Santos, Pío Baroja, Ramón J. Sender ou Hildegart. A súa conferencia versou sobre o problema do amor no ambiente universitario e nela rebateu as teorías de Nóvoa

Restaurante

LA FÁBRICA

Abelendo, 16

La Guía, 21 - Meira - Moaña

Restaurante

Marusia

Avenida José Costa Alonso, 96 Moaña


Setembro 2018 [ XIX]

O MORRAZO Santos e Sender, ao tempo que expuxo unha concepción do amor asentada sobre os postulados da valentía e da sinceridade, da liberdade e da consciencia que caracterizan a súa sinxela e forte personalidade. O título da súa conferencia foi “O problema do amor no ambiente universitario”. Con esta traxectoria de muller culta e progresista, casa polo civil en Madrid o 23 de marzo de 1936 con Francisco Pérez Carballo, brillante profesor universitario, avogado e político de “Esquerda Republicana”. Ao mes seguinte o seu home foi nomeado gobernador civil da Coruña e o matrimonio trasladouse a Galicia. Tras a vitoria da Fronte Popular no levantamento militar en xullo do 1936 que deu lugar á Guerra Civil o 18 de xullo, o seu marido, o día 20 se prepara para unha digna resistencia do goberno civil, ela permaneceu ao seu carón ata ese día, pois estaba embarazada e cando comeza a resistencia refuxiouse na casa de López Abente, onde a manteñen incomunicada co exterior. O 24 de xullo foi asasinado o gobernador e, con posterioridade e

sen ter coñecemento do feito, chamou ao goberno civil para ter noticias súas, facilitando deste modo ao inimigo o seu enderezo baixo o engano de que a irían buscar para levala xunto ao seu home. Con este engano foi detida e encarcerada, coñecendo no calabozo a noticia da morte do seu marido. Non lle entregaron as pertenzas persoais do seu home. Só chegou a ela unha breve e emotiva carta de amor de despedida, conservada pola familia: « Juana: Fuches o máis fermoso da miña vida. Onde estea e en canto poida pensar, pensarei en ti. Será coma se esteamos xuntos. Bico o teu anel unha vez cada día. Quérote. Paco. Para Juana Capdevielle, a miña querida esposa. Venres, 24 de xullo de 1936, cinco da madrugada». Despois deste duro golpe, Juana foi Liberada a primeiros de agosto, séndolle prohibida a residencia na capital da provincia, refuxiouse en Vilaboa, Culleredo, en casa do deputado de Esquerda Republicana, Victorino Veiga. Aí recibiu o 18 de agosto a orde de de-

portación que non lle deu tempo a cumprir, pois esa mesma noite foi buscala a Garda Civil e á mañá seguinte apareceu o seu cadáver no Km. 526 da estrada Madrid-A Coruña, no Monte da Gándara, ás aforas de Rábade, provincia de Lugo. Como recoñecemento á vida desta incrible muller, na Universidade da Coruña un edificio dedicado á sala de estudos leva o seu nome.

Un poema atribuído a Luis Pimentel chamado “Cunetas” do auq amosamos algún dos seus versos menciona a Juana: Porque onde estivo un corpo estivo a vida e onde estivo a vida están os versos para sempre convertidos en cunetas. Acaso non se fixo a cuneta para a auga senón a auga para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para o home senón o home para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para a muller senón a muller para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para o silencio

senón o silencio para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para a morte senón a morte para a cuneta. No lugar onde medran as silveiras e discorre a auga pola estrada houbo antes un suco de sangue inzando de nomes as cunetas: A cuneta Camilo Díaz Baliño segundo se vén de Santiago. A cuneta Juana Capdevielle segundo se vén dende A Coruña. A cuneta do paseado anónimo saíndo de Lugo a todas partes. Así se fixo o Plan Nacional de Estradas de mil novecentos trinta e seis: Onde a silva medraba con máis arte, metralla. Onde o amor era libre polas curvas, metralla. Onde a verba se elevaba na rasante, metralla, metralla, metralla.

Deixando a vida polos sucos. Outra morte máis que non tiña que ter pasado, outro asasinato incomprensible dun réxime ditatorial sen escrúpulos e asasino que perdurou durante corenta anos na historia da nosa vida.

O Buraquiño Bar - Restaurante

986 302 530 - 616 005 531 info@floristeriafreesia.es

BAR

TROPICANA

Palmás, 84 - Domaio

Pintés, 48 - 986 328 546 - Hio - Cangas

Palmás, 80 A Bajo DOMAIO Moaña 986 326 221


[ XX] Setembro 2018 O MORRAZO

DOMAIO, TERRA DE MÁXICAS LENDAS D

omaio é unha parroquia do concello de Moaña. Está situado na cara norte da ría de Vigo, na península do Morrazo e ocupa toda a ladeira meridional do monte Faro, desde o cume, que ten 628 metros, ata o litoral, nunha costa baixa e areosa. A parte baixa e costeira da parroquia está ocupada por fértiles cultivos e unha elevada densidade de poboación distribuída en sete barrios: Domaio, Palmás, Calvar, Verdeal, Costa, San Lourenzo e Carballido. A parte alta destes barrios está ocupada por empinadas costas que soben ata o cume do monte Faro de onde emerxe un pequeno río chamado Río Muíño, este precipítase cara o Estreito de Rande nun descenso vertixinoso, pois o seu pequeno percorrido descende case 500 m en tan só 3 km. Na súa zona máis

vertical conta cunha caída de 200 m. Isto fai que se formen belas fervenzas e pozas como a Poza da Moura. Esta fórmase pola fervenza que verte as augas sobre a poza que se converte nun “ jacuzzi” natural con vistas á Ría. Un máxico lugar que está rodeado dunha

misteriosa lenda. Conta esta lenda que vai de “ mouros e mouras”, que: “a este monte do Faro chegou un mouro coa súa fermosa filla, a cal se namorou dun campesiño. O pai, contrario a esta relación deu morte ao campesiño moi preto da poza. A filla, chea de dor, afundiuse na poza para sempre. Desde entón, dise que polas noites véselle na beira, peiteando os seus longos cabelos. Tamén din que nas noites máxicas como na de San Xoán, os seus queixumes escóitanse nos arredores." Hai outra lenda sobre esta parroquia situada ao pé da Ponte de Rande que trata sobre a Batalla naval de 1702. Como ben sabedes aquí foi o escenario desta batalla chamada “Batalla de Rande” que se librou no estreito de Rande e

dentro da enseada de San Simón, onde hoxe se sitúa a ponte de Rande, no interior da ría de Vigo. Produciuse o 23 de outubro de 1702 e enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, no contexto da Guerra de Sucesión Española. “A lenda di que do resultado desa batalla na que gañaron os ingleses quedan tesouros, cobizas, corsarios e galeóns asolagados debaixo da Ponte de Rande” e por este motivo diversas empresas viñeron solicitando na procura e extracción do suposto tesouro e dos galeóns como a empresa alemá San Simon GmbHi Gr, que ofreceu á Xunta de Galicia trescentos dez millóns de euros a cambio do permiso para explorar a zona, e o préstamo a longo prazo de tres galeóns que se mostrarían en museos de Moscova, Berlín e Rostock (Alemaña). Tamén o gran novelista e escritor, pai da chamada ciencia ficción “Xulio Verne” escribiu sobre este tema e localizou no escenario desta batalla a fonte de aprovisionamento de ouro do “Nautilus” e “O Capitán Nemo” na súa novela “20.000 leguas de viaxe submarina”. Como vedes Domaio e terra de lendas máxicas e conta cunha contorna natural impresionante para dar uns fermosos paseos e gozar dunhas incribles vistas da Ría de Vigo e a Ponte de Rande.

PASEO DA PRAIA Nº 7 - MOAÑA

DISTRIBUIDOR EXCLUSIVO

Avenida de Ourense, 50 - Marín Telf. tienda: 986 88 39 31 - Fax: 986 88 00 95 Telf nave: 986 70 32 14 - Móvil 666 45 00 95 gonbelventas@gonbelmar.es www.gonbelmar.com


Setembro 2018 [ XXI]

O MORRAZO

Redescubrindo as paisaxes de Berobreo CANGAS.

A iniciativa “Redescubrindo as paisaxes de Berobreo” xurde no ano 2017 cando a Concellería de Desenvolvemento Local ten coñecemento deste proxecto de posta en valor do patrimonio cultural e natural do entorno do Monte do Facho. Convencidos da importancia do valioso patrimonio histórico local, e da necesidade de recuperar e recoñecer a riqueza do noso pasado en común e convertelo nun polo de desenvolvemento para Cangas, dende a área traballouse para buscar a necesaria financiación para levar a cabo dito proxecto. En setembro de 2017 recibimos a confirmación de subvención do Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo. Mediante estes fondos europeos xestionados por AGADER (Axencia Galega de De-

senvolvemento Rural), xunto coa aportación de fondos propios municipais do Concello de Cangas, no ano 2018 danse as condicións para licitar o proxecto “Redescubrindo as paisaxes de Berobreo”. O proxecto consistiu principalmente na posta en valor da corredoira empedrada de subida ó Santuario de Berobreo no Monte do Facho, e dos achados de varios petróglifos neste camiño; tamén na rehabilitación e dignificación da aldea medieval de Punxeiro, onde os devanceiros da zona de Donón viviron entre os séculos XVI e XIX. Esta posta en valor, xunto con as recentes excavacións do poboado castrexo no monte do Facho, abre múltiples oportunidades para o desenvolvemento de novas actividades profesionais vinculadas á di-

namización cultural, ó ocio e ó turismo sustentable, e supón unha forte aposta pola divulgación e conservación do patrimonio cultural local, que integre á comunidade e evite a situación de abandono no que se atopaba a zona. Este proxecto de desenvolvemento logrou conectar e implicar á comunidade local. As conversas coa xente maior de Donón, confirman as hipóteses sobre os costumes e actividade da aldea medieval de Punxeiro. Tamén a colaboración de entidades como Pouso da Serra, cooperativa galega xuvenil, que co seu traballo diario de pastoreo co gando caprino axudou de forma crucial no desbroce de certas áreas, fomentando a biodiversidade e a recuperación dos usos tradicionais do monte.

Restaurante

ADEGA DO PESCADOR En Domaio, moi pretiño da rotonda de entrada á ponte de Rande está A Adega do pescador, un auténtico templo da gastronomía atendido por profesionais que levan toda unha vida de experiencia en dar satisfacción e servizo de primeira calidade a xeracións e xeracións de clientes. Permitímonos recomendar a visita a todas e todos os nosos lectores, pois alí poderán atopar as mellores carne e os peixes máis frescos, cociñados por mans expertas, e servidos con agarimo para facernos sentir como se estiveramos na nosa propia casa.

ADEGA DO PESCADOR . DOMAIO . VERDEAL 43 . 986326696


[ XXII] Setembro 2018 O MORRAZO

A actividade servirá ademais como impulso para a creación do Mercado Social Galego

Benmercado.gal, primeira web de venda en liña da economía social e solidaria, presentarase na ‘I Mostra do Posible

CANGAS.

Os produtos éticos de Galicia terán o seu propio espazo en Internet no que os consumidores poderemos acceder a bens e servizos coa garantía de que respectan ao medioambiente e os dereitos das persoas. Entre as características definitorias do proxecto, destacan as seguintes: Benmercado.gal é unha inciativa pioneira a nivel estatal. “O Amazon da economía social e solidaria” segundo resume Ana Lorenzo, responsable do proxecto. Existen outras propostas que buscan aproveitar a rede para visibilizar o consumo ético

e os produtos da economía social e solidaria, mais benmercado.gal é a primeira plataforma creada especificamente para potenciar e canalizar a venda en liña de produtos éticos. A web está dirixida ao mercado galego. Garante que os

produtos que ofrece son de proximidade e están feitos por empresas comprometidas coa creación dunha sociedade máis xusta e sostible. Ademáis facilita o contacto directo entre empresas produtoras e o consumidor que busca produtos e servizos acordes

coas súas ideas e valores. Non todas as empresas poden facer uso desta plataforma, benmercado.gal está dirixida a aquelas empresas galegas que funcionan con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios. Benmercado.gal pode ser a pedra angular sobre a que se articule o futuro Mercado Social Galego. O Mercado Social é xa unha realidade noutras comunidades do estado como as Illas Baleares, Aragón, Cataluña, Navarra, Euskadi ou Madrid, mais ainda está por configurarse en Galicia. O Mercado Social pretende satisfacer unha parte sig-

Tapería

Buxaina Avenida de Vigo, 103 - Galería 2, Local 9 - Cangas

David Cal, 16 Vilariño Hio

nificativa das necesidades dos participantes dentro da rede de entidades, colectivos e persoas que conforman a economía social e solidaria. O Mercado Social está cimentado nas alianzas entre produtores, distribuidores e consumidores que comparten unha mesma visión da economía. No Mercado Social existen ferramentas que permiten visibilizar o esforzo colectivo e fortalecer as alianzas, como descontos, a utilización de moedas complementarias ou a realización dunha auditoría social. O sábado 6 de outubro ás 11:00 da mañá presentarase a iniciativa do Mercado Social Galego e poderase coñecer de primeira man o funcionamento de Benmercado.gal no marco da Mostra do Posible na Alameda Nova de Cangas do Morrazo. En caso de chuvia as actividades trasladaranse á Casa da Cultura. A Mostra do Posible é un encontro de Movementos Sociais e empresas de Economía Solidaria que terá lugar en Cangas do Morrazo o 6 e o 7 de outubro. A Mostra do Posible, que aglutina gran parte do tecido social galego, pretende visibilizar que son moitas as entidades que realizan propostas prácticas que permiten construír unha sociedade máis xusta.


Setembro 2018 [ XXIII]

O MORRAZO

FESTA SAN MIGUELEIRO MARÍN

Nesta vila mariñeira chamada Marín é situada na beira meridional da ría de Pontevedra, na comarca do Morrazo, vaise celebrar o vindeiro 29 de setembro a súa tradicional festa, a “Festa de San Miguel” e a xa arraigada festa de amigos “San Migueleiro”. G. FIGUEIREDO. O sábado 29 de setembro celebrarase en Marín a festividade de San Miguel. Como todos os anos, a celebración faise ao redor da Danza de Espadas, unha festa declarada de interese turístico de Galicia e que para a súa protección, investigación e difusión conta co Padroado de Mareantes de San Miguel que na actualidade é o órgano que a rexe e trata de transmitir as novas xeracións a necesidade do mantemento desta tradicional herdanza. Por este motivo o Concello colocou para este día de troula, igual que o ano pasado, 75 lonas con momentos destacados desta festa na se conta a traxectoria da súa tradición.

No mesmo día tamén se celebra a XXVIII festa de "San Migheleiro", que en principio foi unha festa para xente nova, pero que cos anos foi evolucionando e agora atrae a familias enteiras ataviadas coas tradicionais camisetas de raias. Numerosos grupos de amigos tomarán as rúas de Marín para celebrar un ano máis a festa máis buliciosa da vila e os miles de participantes vestiranse principalmente con camisetas de raias, que é unha dos sinais de distinción desta particular celebración dos veciños de Marín. Para animar a festa, alén de música os locais da vila encheran as terrazas e zonas públicas con barras especiais nas rúa da vila. A diversión prolongarase ata alta horas da madrugada e porá o broche á programación oficial de San Miguel. O

Concello colabora coa carteleiría e a animación musical durante todo o día que contará con charangas e concertos. Ben seguro que esta é a máis ruidosa e festiva das propostas do outono. De seguido déixovos a lista provisional de

locais que participaran nesta peculiar pero máis que atractiva festa: E se non era suficiente, o deporte tamén quere o seu oco, así que se celebrará a XXI milla urbana, organizada polo club San Miguel para tratar de combinar o lecer e o deporte. Como vedes un día repleto de música, ocio, danzas milenarias, procesións, comida, bebida é deporte. Unha interesante xornada festiva na vila de Marín para o primeiro fin de semana do outono deste ano.


[ XXIV] Setembro 2018 ENTREVISTA POR MARCOS SANTOS

ANTONIO DURÁN MOREIRAS ‘MORRIS’ “AGARDO QUE ChEGUE O DÍA NO QUE A GALICIA LLE GUSTE GALICIA”

De onde ven o MORRIS? Pois xa ven do colexio, da miña etapa no colexio Labor de Vigo. Ti es de Teis verdade? Efectivamente e fun moi feliz alí. Crieime fronte a praza de abastos, e os recordos da miña vida alí son marabillosos. De feito eu reivindícome como natural de Teis. Malia que acabas de ter un papel importantísimo no súper éxito de Fariña, a túa traxectoria no mundo da interpretación é moi longa. Cóntanos como comezou? Eu comecei no ano 1979 con ARTE-

LLO, bautizámonos con aqueles famosos “celtas sen filtro”, ben realmente comecei no instituto, a interpretar, cunha profesora de francés o día das letras galegas, e alí creo que me descubrín. A túa vocación non era ser actor? Pois a esas idades en verdade eu non sabía que quería ser. Daquela podiades gañar a vida co teatro? Ben, podo dicir que o noso ser profesionais era máis ben conceptual ca real. Despois de distintos traballos en gran medida relacionados coa TVG podemos dicir que o teu salto á

A PINCHOTECA

RÚA JOSÉ COSTA ALONSO 72. MOAÑA

Os Tonios na Universidade.

fama é en “PRATOS COMBINADOS”? A verdade é que tivo un éxito enorme, na rúa arrasaba. Tamén fixen cousas que tiveron moita popularidade como por exemplo cando fixen parella con Manquiña. Cantos anos durou pratos combinados? Once anos, que para min foron unha gran tranquilidade porque me permitiron ser actor profesional, alén de darme a posibilidade de combinalo co teatro. Alí fixeches famosa aquela “cuñao pon unhas necoriñas...” Ha ha ha ha. Si co grande Ernesto Chao. Ás veces, penso eu que somos un país moi irrespetuoso, que nos negamos a recoñecer a grandeza da nosa xente. Un país ten que enorgullecerse da súa xente importante e Ernesto está sen dúbida entre eles. Xa gañaches o premio Mestre Mateo 5 veces en categorías diversas? Si, sempre con películas. Son premios

complicados xa que compiten cine e tv. É un debate en certo modo pendente, pero claro entendo que hai pouca produción como para dedicarlle premios ao cine e a TV. Ti nunca te encasillaches nun papel tipo. Ten algo que ver que fixeras teatro? Si, si que ten que ver. Tamén que tiven a sorte de que despois de pratos enseguida me ofreceran outras cousas diferentes. Falemos de Fariña. Liches o libro? Si, claro. Non sei, dicíao porque co do seu secuestro se cadra non tiveras a oportunidade de mercalo. Si, si que tiven a oportunidade. Xusto unha semana despois de cortar o libro sae a serie. Si, pero xa estaba gravada, Gravámola hai arredor dun ano, pero parecía que querían promocionala. Que paradoxa que este traballo que ten que ver coa operación nécora sexa para quen fixo famosa aquela

HUMOR: MARCOS ESCUDERO http://cousasdebuxo.blogspot.com.es

FOTO: VITOR FUENTES

O grande actor británico Ian Mckellen decía que adoraba interpretar porque “interpretar está na alma do ser humano”, sen dúbida de deixar o alma o corazón e a pel en cada papel que interpreta, sabe moito o protagonista da entrevista de hoxe, Antonio Durán, Morris, un dos mellores actores da historia de Galicia, que atendeu moi amablemente a A Nova Peneira. Velai vai o que deu de si a nosa entrevista.


Setembro 2018 [ XXV]

frase das nécoras da que antes falabamos. Si que ten graza si, fíxate non me dera de conta. Ademais tamén poderiamos abranguer a Ernesto, que como sabes en Fariña facía de Fernández Albor. Faime lembrar unha broma moi cachonda que vin no facebook, de alguén que puxo a miña foto e a de Ernesto caracterizados como Charlín e Albor e co titular “Capos combinados”. Creo que ti tes parte de pasado real de contrabandista non? Ha ha ha ha. Si podería dicirse que si. Supoño que te referirás a aquela época da miña nenez, na que ía ás praias de Teis e Chapela a apañar ameixas, daquela había montes e moreas, e logo vendíaas na praza. En certo modo en Galicia todos temos algo de “contrabandistas”. Malia que es moi coñecido por Fariña xa tes varios traballos na ficción estatal.

Si, fixen moitos “Hospital Central”, “Los Hombres de Paco...” As historias de aquí, expórtanse ben fora de Galicia? Non, a verdade e que non e se nos preocupásemos máis de facelo mellor, sería enormemente positivo para o audiovisual galego. Madrid, Barcelona e medio mundo están cheos de grandes directores e intérpretes galegos., que por desgraza tiveron que saír fóra a buscarse a vida. Galicia é un país que castra moito porque nos maltratamos moito a nós mesmos. O orgullo nacional en Galicia, non o temos a diario. Ás veces a xente pregúntame que me parece que Galicia teña tanto atractivo para os que son de fóra, e eu respondo, porque así o sinto, que agardo que chegue o día que a Galicia lle guste Galicia no que nos queiramos máis e que nos sintamos orgullosos de nós mesmos. Moitas grazas.

PIPA&POPE PERRUQUERÍA CANINA

Perruquería e tenda de complementos caninos e felinos

AVENIDA OURENSE, 69 - MARÍN TELF:605601523


[ XXVI] Setembro 2018 PONTE CALDELAS / OPINIÓN

O Goberno local lembra que Augas de Galicia malgastou 150.000 euros na redacción dun proxecto contraditorio

Ponte Caldelas celebra a rectificación da Xunta polo transvase do Verdugo

PONTE CALDELAS.

Unha rectificación en toda regra. Así resume o Concello de Ponte Caldelas o radical cambio de postura da Consellería de Medio Ambiente sobre o transvasamento do río Verdugo na xuntanza mantida onte entre a conselleira, Beatriz Mato, e o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para analizar as opcións de reforzo para o abastecemento a Vigo e a súa área. A Xunta de Galicia, ata o de agora firme partidaria de transvasar dende o río Verdugo en contra do estudo técnico de Augas de Galicia elaborado no ano 2011, pasou onte a defender oficialmente

o transvase dende o río Miño en liña co defendido nese estudo. Un documento que Augas de Galicia agochou durante meses ata que foi desvelado polo Concello de Ponte Caldelas o pasado mes de marzo. O Goberno local caldelán (PSdeGPSOE, AVP e BNG) asume hoxe como unha vitoria esta rectificación oficial da Consellería de Medio Ambiente, despois de case un ano de batalla administrativa e social contra a ocorrencia do transvasamento do río Verdugo. Un proxecto que se quixo tramitar pola vía de emerxencia, saltándose todas as garantías, e cuxa redacción, encargada “a dedo” a unha consultora por Augas de Galicia.

Aposta por transmitir as cantigas e bailes populares ás novas xeracións

PONTE CALDELAS.

O Concello de Ponte Caldelas celebra un obradoiro, dentro do programa Tecendo Lazos, da Deputación Provincial, para contribuír a recuperar e promocionar a música popular. A actividade, que leva por título “Cantigas e Bailes de Sempre” celebrarase no mes de outubro. Hai un total de 30 prazas que se cubrirán por orde de presentación das solicitudes de inscrición no Rexistro municipal. O prazo de presentación remata o día 21 deste mes de setembro.

O horario será, entre o 3 de outubro e o 21 de novembro, de 18 a 20 horas tódolos mércores. A actividade está dirixida a familias, é dicir avós, pais e netos, que queiran ocupar unhas horas de lecer xuntos compartindo os bailes e as cancións típicas de Ponte Caldelas. Terán preferencia ás inscricións familiares que agrupen a persoas de distintas xeracións porque o espírito do programa consiste na transmisión interxeracional das tradicións. Os membros dunha mesma familia entregarán unha única solicitude.

Plaza de Cotobade, 8 Ponte Caldelas

COMPRA-VENTA / MECÁNICA / ALQUILER / GRÚA Ponte Caldelas, 13A Pazos

www.autoscastineira.es contacto@autoscastineira.es

XOÁN ALONSO Corresponsal en Euskadi de A Nova Peneira

O RAPAS QUE ChEIRAbA A bISCOITO

A

casa do Fonso e o Fonso sempre cheiraban a tortilla e biscoito. A biscoito polas mañás e a tortilla o resto do día. Ás veces un tiña ganas de trabarlle nun brazo ou nunha perna para saber de que estaba feito aquel rapas. Seus pais viñeran de Fornelos de Montes ca idea de atopar o traballo que non había na aldea. A mediados do século vinte, Redondela e súa producción textil despuntaban no mapa coma un referente de progreso e oportunidades. Daquela, por en marcha unha taberna podería ser sinónimo de cartos e abundanza. Eso sí, o sacrificio de levar adiante un negocio destas características é inconfensable. Un ten que nacer para isto, aínda que veñas da aldea. Un ten que saber ser o seu propio escravo sen rosmar. Un ten que saber tratar ca xente, aínda que teñas un mal día. Un ten que sacrificar a súa parella e, sobre todo, un ten que afastar aos seu fillos lonxe deste traballo. As únicas lembranzas que Fonso ten do seu pai son sempre detrás da barra do bar. Unha barra anti-cativos de un metro cincuenta, que máis ca unha barra aquilo era un mostrador no que un podería durmir ou facer o amor se medo a cair ao chan. Cumpría traballar a reo sen días de descanso e loitar ca competencia que, por aquel tempo, era moi variada e exótica. Exótica en canto ao nome, porque o que abofé triunfaba en termos culinarios eran a tortilla de patacas, o xamón, o chourizo e viño da casa. Nada de caralladas coma a nova

cociña de deseño. ¡Mira ti que hai que ser paspán para deconstruir un ovo fritido. O pai do Fonso, Alfonso, pasou a ser o Portugués de Fornelos, polo simple feito de que o bar se chamaba Lisboa. Lisboa porque o antigo propietario, o Manolo, casara cunha portuguesa de Lisboa e como a quería moito púxolle ese nome para que a muller non lle andivera a chorar e a escoitar fados todo o santo día. O Fonso cumpría anos arrodeado daquel arrecendo rico, agarimoso e nostálxico que tiña o Lisboa. Unha mestura de inverno, outono e viño que se che metía nos miolos polos furados do naris. Pola mañá a biscoito e o resto do día a tortilla. Unha tortilla imperial, feita por Blasinda, a nai, de catro palmos de altura, que coroaba aquel mostrador de madeira contrachapada coma se fose un trofeo. O segredo daquela construcción gastronónima que desafiaba as leis da gravidade, eran os ingredientes. Aquelas patacas sabíana pataca, a terra, porque antes as patacas saían da terra ca suor dos derradeiros vellos que traballaron as leiras galegas. Agora, nos días que corren, as patacas veñen de non sei onde carallo que non saben a pataca, como os ovos que medran nas estanterías dos supermercados. O Fonso medrou, moito, e tamén aprendeu a cantar coma cantaban os vellos que ateigaban as tabernas onde as mulleres, que só entraban os Domingos, os homes e os nenos mexaban de pé. “Fun a taberna do meu compadre, fun polo vento, e vin polo aire.”


Setembro 2018 [ XXVII]

PARROQUIA A PARROQUIA

POR G. FIGUEIREDO

O CONCELLO DE A LAMA A

Lama e unha vila interior situada no nordés da provincia de Pontevedra e é eminentemente rural, con moitos lugares de interese e espazos naturais de extraordinaria beleza que a fan propicia para o turismo rural. Ten unha extensión de 111,76 km² nos que residen aproximadamente 3.000 habitantes, distribuídos nun total de dez parroquias: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta. A distancia á capital da provincia de Pontevedra é de 31 km e a Vigo de 50 km.

A Natureza na Lama:

A Lama é un lugar privilexiado para gozar da natureza e facer sendeirismo. Os ríos que discorren o concello de a Lama son o Verdugo e o Oitavén, formando un gran val e constituíndo un espazo ecolóxico e turístico moi interesante. Estes ofrecen espectaculares saltos de auga cristalina situados entre frondosas paisaxes. Entre os mais coñecidos está Ablelaído en Antas, Liñares en Xesta, A Fírveda en Covelo ou Cachón en Verducido. No lugar da Xesta, o río Verdugo crea nesta zona unha fermosa praia fluvial, é un lugar perfecto para gozar de vexetación, sol e auga. A partir desta zona sae un bonito paseo que acompaña ao río Verdugo no seu percorrido para pasear e gozar da súa paisaxe. Os espazos naturais do municipio son fermosos, as altas e agrestes serras do Cando e do Suído acollen interesantes especies de fauna e flora. O Cando que está formado por cumes de formas redondeadas, ten o seu punto mais alto no monte do Seixo con 900 m de altitude. É unha zona media con superficies de matogueira e pequena extensión de carballeiras e bosques de ribeira. A serra do Suído fai límite natural con Ourense e o punto mais alto é O Coto dá Puza con 1035 m de altura, ten gran valor ecolóxico e é unha das poucas zonas de Galicia onde aínda podemos

ver lobos. Desde a alta serra do Suído podemos observar as tres rías: Pontevedra, Vigo e Villagarcía de Arousa. Con bo tempo desde o monte do Seixo ven as rías de Pontevedra e Vigo e desde o monte do Castro divísase a vila da Lama e parte de concellos limítrofes. O concello da Lama pertence á rede Natura 2000. Do mesmo xeito que os concellos limítrofes de Beariz, Cerdedo, Cotobade e Forcarei é considerada área natural de alto valor ecolóxico a nivel europeo sobre a conservación de hábitat natural, fauna e flora silvestre. Polo percorrido dos seus monten podemos atopar diversas “Rutas de Senderismo” como Tralos pasos do río Xesta, Tralos pasos do Lobo, Tralos pasos do Camiño Real, Barbeira ou ruta da liberdade, Cultural e ambiental Verducido e de Escuadra. Todas elas cunha duración de entre dúas e catro horas e cunha dificultade de entre baixa e media. Desde logo que llas recomendo ao amantes da natureza, pois o esforzo do paseo ben paga a pena.

As Festas, ferias e Romerías na Lama:

En cada unha das parroquias da vila celébranse festas e romarías ao longo de todo o ano. Entre as máis populares destacan: o Santo Cristo de Xende en Xende, a Virxe dos Remedios en Xesta, a Festa do Viño do Pelete en Covelo, San Cristóbal na Lama, San Benito en Verducido, San Joaquín e Santa Ana na Lama, a Virxe de Guadalupe nos Prados, a Virxe de Lourdes en Barbeira, Santiago Apóstolo en Antas, A Virxe do Rosario en Gaxate, San Lourenzo en Liñares, Los Ángeles no Peso, a Virxe da Saleta en Cambeses, Santa Ana na Barcia, A Virxe das Ermidas en Antas, San Lourenzo en Escuadra, San Bartolome en Seixido, e algunha máis. Así mesmo todos os anos celébrase a festa gastronómica do codillo na mesma parroquia da Lama e no verán a Semana Cultural.

Antigüidades en A lama:

A Lama ofrece varias mostras milenarias de poboacións antigas. Conta cunha paisaxe de serras, vales e ríos fértiles para a agricultura e a gandería, terras que estiveron poboadas por vellas culturas megalíticas, entre os anos 4000 e 2000 a. c. Desa época consérvanse algúns restos funerarios ou mámoas, en Portela da Cruz, O Suído, O Seixo e Antas. Da Idade de Bronce atopáronse utensilios, como unha espada de tipo argárico que se expón no Museo de Pontevedra. Pódense observar tamén os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro, Val do Gato ou Laxa dás Puzas. A riqueza ancestral deste municipio complétase cos castros identificados en Monte do Castro, en Gaxate, Monte do Castro, en A Lama e Xende. Existen numerosos restos de cultura megalítica como mámoas, túmulos ou os coñecidos petróglifos nas parroquias de Escuadra e Verducido, atopamos castros nos montes de Gaxate ou A Lama, unha calzada romana, pontes, etc.

Destaca o petróglifo A Laxe dás Puzas localizado no lugar de Porto, Verducido, a base de círculos concéntricos cunha cova no centro, Os motivos rupestres que predominan no municipio son gravados con motivos de figuras xeométricas: pías, pequenas cazoletas e combinacións circulares. En Val de Gato, en Verducido, atopamos A pedra dá tartaruga, unha roca con forma de tartaruga. O xacemento de Outeiro Seixiño sitúase a unha altitude de 565m.. Do mesmo xeito que ocorre en toda Galicia, na Lama é común atopar agrupacións de hórreos de uso común, a maioría das vivendas posúen un. Os muíños son xunto aos hórreos una das riquezas etnográficas mais importantes e significativas da arquitectura popular lamense. A tradición de moer nesta zona como no resto de Galicia é moi antiga. Hai de muíños á beira dos rios que dan carácter e definen a este fermosos concello de interior do que recomendo a visita en calquera momento do ano.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662 187 102

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida e Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso.

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

Depósito Legal: VG-195-2011

A parroquia caldelá celebrou un ano máis unha tradición popular que entronca coas “danzas brancas”

Anceu homenaxea a Domingo Lopo, mordomo da súa centenaria Danza Celta

PONTE CALDELAS.

A parroquia de Anceu celebrou a súa tradicional Danza Celta, un dos eventos culturais máis singulares de Ponte Caldelas, cuxa orixe pérdese nos tempos e que entronca directamente coas danzas brancas doutros puntos

restaurante

de Galicia. A Danza de Anceu, que leva máis dun século (ninguén sabe exactamente dende cando) transmitíndose de xeración en xeración, celébrase coa interpretación de distintas pezas coreagrafiadas nas que os danzantes van intercambiando vimbios, paus,

Pelete

Pelete, 4 - A LAMA

Praza Pedreira, 5 986 768 046 671 472 290 A Lama

1 Carne

uido S o d 00%

castañolas e cintas. A de onte foi unha edición moi especial, pois serviu para homenaxear a Domingo González Lopo, veciño da parroquia e catedrático de Historia na Universidade de Santiago, ou sexa o mordomo que, dende hai 40 anos, encárgase da organización. A comisión de festas entregoulle un agasallo conmemorativo. Na súa intervención, Lopo animou a manter viva a Danza, que reivindicou como unha obriga, unha mostra de respecto polas xeracións anteriores e as tradicións máis apegadas á terra. “O millo seméntase nas veigas, pero isto hai que sementalo tódolos días nas casas”, afirmou. De antigo, a Danza Celta estaba a cargo dun grupo só masculino. As mulleres incorporáronse, segundo a do-

cumentación dispoñible, en torno aos anos 30. Ademais, co tempo foi cambiando o traxe dos danzantes, que antes levaban tamén un mandil e un pucho coroado pola “flor da Danza”, unha especie hoxe desaparecida dos montes da zona. En puridade o nome correcto é Danza de Anceu, aínda que dende hai algúns anos coñécese como Danza Celta. O Concello iniciou neste mandato unha colaboración estable coas Festas de Anceu que consiste na contratación do grupo de gaiteiros, Os Alegres, que levan xa 41 anos interpretando as pezas.

Pedreira, 7 Baixo A Lama

986 768 261

Cafetería do Cárcere

Menú do día e comidas por encargo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.