Como facer un traballo de investigación

Page 1

COMO FACER UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN Aquí tés algúns consellos útiles: 1º. Elixe un tema para a túa investigación: algo que che guste e che pareza interesante contar. Tómate o teu tempo e elixe un tema do que dispoñas de información ou saibas onde atopar algún dato que partir. 2º. Comeza a recoller información: busca en libros, revistas, enciclopedias, páxinas web, entrevístate con persoas especialistas no tema,…, etc. Toma algunhas notas, pero intenta non copiar ao pé da letra. 3º. Elabora un guión ou sumario do que será o teu traballo. Este traballo é fundamental, pois deberás seleccionar a información, quedarte co máis importante e ordenar e organizar o contido en capítulos ou apartados. Un bo guión garante un bo traballo. 4º. Elixe o formato. Neste paso tés que elixir entre papel ou dixital. Podes escribilo a man ou con ordenador, e entregalo en papel, nunha presentación de PowerPoint. Os dous formatos son igual de válidos e non están enfrontados o un co outro. O máis importante é o contido, pero a forma de presentalo tamén. Pensa se o teu traballo vai levar ilustracións, ou outros elementos multimedia, como audio ou vídeo. 5º. Escollas un ou outro formato, debes escribilo primeiro. Segue a orde do guión. Non te enrolles: busca explicacións sinxelas e fáciles e entender. Revisa a ortografía e coida as marxes. Numera todas as páxinas. Ao final inclúe unha bibliografía coas túas fontes de información: libros, artígos, webs,… 6º. Un bo traballo debe ter as seguintes partes: portada (co título, nome sa materia para a que é o traballo, nome do centro educativo e data), índice (no que aparecen todos os apartados do traballo; podes tamén poñer en que páxina empeza cada un), o corpo do traballo (que se compón dunha introdución na que se di sobre que vai ser o traballo, como se levará a cabo, etc; o desenvolvemento do traballo, no que aportas toda a información sobre o tema; podes incluír unha conclusión, na que se recolle a idea fundamental do traballo ou a túa opinión) e a bibliografía (para os libros, recolle apelidos e nome do autor, o título do libro subliñado e seguido dun punto, nome da editorial e o ano). 7º. Organiza o teu tempo para cumprir coa data de entrega. Podes pedir axuda aos teus pais ou familiares, pero recorda que se trata do teu

traballo,

non do seu

traballo. O importante non é só o resultado, senón todo o proceso: investigación, organización e elaboración do traballo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.