Bases concurso Podcast

Page 1

Bases do I Concurso de Podcast 1. DO CONCURSO O ENDL do IES San Paio convoca o I Concurso de Podcast para fomentar o emprego do galego nas novas tecnoloxías e potenciar a creatividade do alumnado a través deste recurso artístico e pedagóxico. 2. CATEGORÍAS Establecemos dúas categorías: 1.- Tui e a contorna 2.- A lingua galega 3. PARTICIPANTES Poderá participar o alumnado matriculado no IES San Paio no curso 2008-09. A participación realizarase mediante a gravación de voz en arquivos de audio e enviarase ao e-mail: ies.sanpaio@edu.xunta.es, indicando no asunto: “concurso podcast”. O e-mail debe incluir un pequeno texto (non superior a 100 palabras) con o nome ou nomes dos realizadores e unha breve explicación do contido. O arquivo debe ter extensión .mp3 ou .mp4. Os arquivos de vídeo deberán gardarse coa extensión .mp4 ou .mov e enviaranse polo mesmo procedemento. A lingua que se empregará para facer o podcast será o galego. A duración do podcast non poderá ser superior aos 5 minutos. Non serán considerados os podcast que superen esta duración. A limitación por envío é de 10 Mb. Os podcasts serán orixinais, inéditos e non estarán comprometidos con dereitos de autor. Cada concursante pode enviar un máximo de 3 traballos para cada categoría.


4. PRAZO Os podcasts poderanse facer chegar até o día 31 de Maio de 2009. Os gañadores daranse a coñecer 4 de Xuño. Poderanse presentar os podcasts desde o momento da publicación da convocatoria e os presentados iranse subindo ao portal http://centros.edu.xunta.es/iessanpaio a medida que vaian chegando e unha vez comprobado que se adecúan ás bases. 5.- XURADO O xurado estará composto: Un membro do ENDL. Varios profesores de Tecnoloxía, Educación Plástica e Lingua Galega do IES San Paio. Un alumno. As decisións do xurado son inapelables, incluso se decide deixar deserta algunha categoría. A Comunicación aos gañadores farase por correo electrónico. Así mesmo serán publicados os nomes na web do IES San Paio. 6.- PREMIOS Haberá un premio por categoría que consistirá un iPod nano 4 G. Os premios non serán substituíbles por diñeiro. A participación neste concurso supón a aceptación das bases e, no caso de dúbidas na interpretación das mesmas, prevalecerá o criterio da organización.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.