Libro "Temos dereito"

Page 1

T

emos dereito IES Fontexería, de Muros

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, de Santa Comba CEIP Felipe de Castro, de Noia




Título: Temos dereito Coordinador@s: Pepe Cabido, Alicia Nimo, Maiuca Cortón Texto e ilustracións: Alumnado de 3º da ESO, materia Valores Éticos, IES Plurilingüe Fontexería Laura Bouzas, Sara Domínguez, Alba Expósito, Mariña Monteagudo, Ángel Romero e Luna Schenck 2º de Primaria, CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña Luana Calvo, Saúl Castro, Iker García, Álex Mariño, Diego García, Amalia Pensado, Noa Porteiro, Alba Porteiro, María Souto e Alberto Suárez 5ºB de Ed. Infantil, CEIP Felipe de Castro Beltrán Lago, Lucas Lorenzo, Alexandre Lustres, Claudia Moledo, Norah Ngon, Xan Penalta, Adela Pérez, Aitana Puga, Diego Quintáns, Alex Romero, Martina Ruiz, Uxía Santiago, Aroa Santos, Julio Seijas, Hugo Seijas, Izhan Siso, Noé Teira, Alicia Torres e Lena Tubío Licenza:


T

emos dereito IES Fontexería, de Muros

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, de Santa Comba CEIP Felipe de Castro, de Noia


I

sto que estás a ler é resultado do traballo de tres centros educativos galegos: o IES Fontexería, de Muros; o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, de Santa Comba e o CEIP Felipe de Castro, en Noia. O traballo das rapazas e un rapaz do Fontexería consistía en aprender que son os valores, como se fundamentan, cando e onde comezou o debate ético e que relación teñen as nosas normas morais coas normas políticas. Logo disto, tentar pasar de ser receptores do coñecemento a transmisores cos nosos amigos e amigas de Noia e Santa Comba, e que así eles colaboraran con nós mentres aprendían xogando. Como foi o proceso? Desde a clase de Valores Éticos do IES Fontexería propúñanse retos de coñecemento co obxectivo de investigar que é a Ética e a súa relación coa Política. A través de vídeos que se penduraban no blogue Atrevéndonos a valorar o valioso comezaba, nos tres centros, un intenso e emocionante proceso de aprendizaxe por descubrimento ampliando o horizonte do proposto nos retos. Todo o que íamos descubrindo recolliámolo nun vídeo de resposta como solución ao reto proposto. Sempre visionábamos os traballos de todos na aula con moita ilusión e emoción ao recibilos. Neste camiño aprendemos que son os valores éticos, o debate entre o universalismo e relativismo ético, a importancia da figura de Sócrates e a Maiéutica. E posteriormente coñecemos a ponte entre a Ética e a Política investigando códigos políticos como o Estatuto de Autonomía de Galicia, a Constitución Española e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. En todo este proceso non esquecemos que estudamos para transformar o mundo, polo que investigamos se algúns dos dereitos máis importantes como o dereito á vivenda, ao traballo e ao asilo son violados na nosa sociedade. Como comprobamos que en moitos casos estes dereitos non se cumpren marcámonos como obxectivo unha acción para colaborar no cumprimento universal dos mesmos. Este libro recolle un pouco todo o que traballamos este ano 2017, e ten como obxectivo facelo chegar ao Parlamento de Galiza a aqueles responsables políticos para que o teñan en conta á hora de aplicar as leis. Aprendemos que o coñecemento teórico debe ter un obxectivo práctico: facer un mundo mellor, máis xusto e máis feliz para todo ser humano. Mentres un ser humano estea excluído dalgún dereito non teremos conseguido o ideal de xustiza co que soñaban Sócrates e Platón e que se enuncian nos códigos políticos que temos construído.

“Nada se aprende tan ben como o que é descuberto” Sócrates Enlace ao blogue do traballo



Dereito รก vivenda


Baseándose... ...na Declaración dos Dereitos Humanos: Artigo 25.1 Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten asimesmo dereito aos seguros no caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade. ...na Constitución: Artigo 47 Todos os españois teñen dereito a disfrutar de unha vivienda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando o emprego do solo dacordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos. …no Estatuto de Autonomía: Artigo 4 Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos galegos son os establecidos na constitución. Corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.


PERO ESTE DEREITO CÚMPRESE REALMENTE? Cantas veces te fixaches en alguén pedindo esmola nunha esquina? Viches persoas arrastrando carriños cheos de chatarra? E durmindo baixo uns cartóns nun banco ou á entrada dun caixeiro automático? Son persoas sin fogar, que forman parte do triste paisaxe en moitas cidades españolas e engordan unha estatística desastrosa. Segundo Cáritas Española xa serían 40.000 as personas sin teito, en contraposición ás 23.000 que recoñece o Instituto Nacional de Estadística. Barcelona sería a cidade con máis persoas sen fogar e a única que recoñece aos seus inmigrantes.



…ao mesmo tempO


Ata cando imos seguir vendo estas imaxes?


Así que…



Dereito ao traballo


Baseándose... ...na Declaración dos Dereitos Humanos: Artigo 25.1 Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten asimesmo dereito aos seguros no caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade. ...na Constitución: Artigo 35 Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia, sin que en ningún caso poda facerse discriminación por razón de sexo. …no Estatuto de Autonomía: Artigo 4 Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos galegos son os establecidos na Constitución. Corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.


PERO ESTE DEREITO CÚMPRESE REALMENTE? O dereito ó traballo, recoñecido na constitución española de 1978 está sendio violado a día de hoxe, no 2017, con máis de 5 millóns de parados en España, situando en febreiro de 2013, no seu punto máis alxido. Moit@s cidadáns/cidadás de este país carecen dun traballo e moitas outras que si o teñen non gozan dunhas condicións aceptables, con soldos por debaixo do permitido, sen contrato e traballando durante horas cun soldo miserable.



e iso ten consecuencias‌



ademais…

traballo e mulleres Este artículo da Constitución NON se cumpre en varios aspectos. Outro deles ten que ver coa discriminación de sexo que sofre a muller con respecto ao soldo en comparación cos homes e nun mesmo oficio. Na seguinte gráfica podemos observar como o sexo masculino se ve claramente beneficiado en comparación co sexo feminino:





Dereito ao asilo


Baseándose... ...na Declaración dos Dereitos Humanos: Artigo 14 Toda persoa ten o dereito de buscar e recibir asilo en territorio estranxeiro, en caso de persecución que non sexa motivada por delitos de dereito común e dacordo coa lexislación de cada país e cos convenios internacionais. Toda persoa ten o dereito de buscar e recibir asilo en territorio estranxeiro en caso de persecución por delictos políticos ou comúns conexos cos políticos e dacordo coa lexislación de cada Estado e os convenios internacionais. ...na Constitución: Artigo 13 Os estranxeiros gozarán en España das liberdades públicas que garante o presente título nos termos que establezan os tratados e mais a lei. … A lei establecerá os termos en que os cidadáns doutros países e mais os apátridas poderán gozar do dereito de asilo en España.

…no Estatuto de Autonomía: Artigo 4 Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos galegos son os establecidos na constitución. Corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.


PERO ESTE DEREITO CÚMPRESE REALMENTE? Dacordo coa maioría de reportaxes sobre os refuxiados sirios neste pasado 2016 e no que levamos de 2017, este dereito universal non se cumpre. Como por exemplo aquela reportaxe sobre a valla con cuchillas que se levantou no sur de España para impedir o paso dos refuxiados fuxidos da guerra e da fame no seu país e o gran numero de forzas armadas vixiando para que saltasen. Despois, os políticos do noso país lévanse as mans á cabeza cando escoitan falar de Donald Trump e o seu tamén famoso muro. Ambas constucións violan os mesmos dereitos: o dereito ao asilo; a liberdade de circulación, que é o dereito polo cal toda persoa ten dereito a moverse libremente dentro ou fora do seu país (art. 13 na declaración dos dereitos humanos); entre outros. Isto, por suposto, trae consecuencias negativas aos refuxiados, debido a que os que non morren no traxecto intentando alcanzar a liberdade, que xa son un gran numero; morren de fame ou enfermidades esperando a oportunidade de facerse un oco na fronteira para poder entrar no país que desexan.Tamén chegan centenares a outras partes de Europa, principalmente a áreas do Mediterráneo, en pateras, onde é menos probable chegar, que non facelo.




Chegan 1600 refuxiados a España

4.000.000 de refuxiados

Farían falta 2500 países para acollel@s a tod@s!!





Gracias a todas as nenas e nenos que puxeron todo o seu entusiasmo e corazรณn neste traballo. Sodes moi grandes!




Traballo realizado no marco do proxecto “Atrevéndonos a valorar o valioso” levado a cabo por: IES Fontexería, de Muros CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, de Santa Comba CEIP Felipe de Castro, de Noia CURSO 2016 - 2017 Enlace ao blogue do traballo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.