Constitución Española (galego)

Page 22

4.  Os deputados e senadores percibirán unha asignación que será fixada polas respectivas cámaras. Artigo 72 1.  As cámaras establecen os seus propios regulamentos, aproban autonomamente os seus orzamentos e, de común acordo, regulan o estatuto do persoal das Cortes Xerais. Os regulamentos e a súa reforma serán sometidos a unha votación final sobre a súa totalidade, que requirirá a maioría absoluta. 2.  As cámaras elixen os seus respectivos presidentes e os demais membros das súas mesas. As sesións conxuntas serán presididas polo presidente do Congreso e rexeranse por un regulamento das Cortes Xerais aprobado por maioría absoluta de cada cámara. 3.  Os presidentes das cámaras exercen en nome delas todos os poderes administrativos e facultades de policía no interior das súas respectivas sedes.

Regulamentos das cámaras

Artigo 73 1.  As cámaras reuniranse anualmente en dous períodos ordinarios de sesións: o primeiro, de setembro a decembro, e o segundo, de febreiro a xuño. 2.  As cámaras poderán reunirse en sesións extraordinarias por petición do Goberno, da Deputación Permanente ou da maioría absoluta dos membros de calquera das cámaras. As sesións extraordinarias deberanse convocar sobre unha orde do día determinada e serán clausuradas unha vez que esta se esgote.

Sesións das cámaras

Artigo 74 1.  As cámaras reuniranse en sesión conxunta para o exercicio das competencias non lexislativas que o título II lles atribúe expresamente ás Cortes Xerais. 2.  As decisións das Cortes Xerais previstas nos artigos 94.1, 145.2 e 158.2 adoptaranse por maioría de cada unha das cámaras. No primeiro caso, o procedemento iniciarao o Congreso, e nos outros dous, o Senado. En ambos os casos, se non houbera acordo entre Senado e Congreso, intentarase obter por unha comisión mixta composta de igual número de deputados e senadores. A comisión presentará un texto, que será votado por ambas as cámaras. Se non se aproba na forma establecida decidirá o Congreso por maioría absoluta. Artigo 75 1.  As cámaras funcionarán en pleno e por comisións. 2.  As cámaras poderán delegar nas comisións lexislativas permanentes a aprobación de proxectos ou proposicións de lei. O Pleno poderá, con todo, reclamar en calquera momento o debate e votación de calquera proxecto ou proposición de lei que xa fora obxecto desta delegación. 3.  Quedan exceptuados do disposto no número anterior a reforma constitucional, as cuestións internacionais, as leis orgánicas e de bases e os orzamentos xerais do Estado.

Sesións conxuntas das cámaras

O pleno e as comisións das cámaras

25


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.