Codigo Cero - número 123 - Ano 13

Page 16

| Galicia, eixe de investigación | | ACORDO DE COLABORACIÓN PARA IMPULSAL A TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA |

I+D para as empresas Gradiant e o Cluster TIC de Galicia selan unha alianza para impulsar a transferencia tecnolóxica

O

Clúster TIC de Galicia e a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) oficializaron o pasado 15 de outubro en Santiago un acordo de colaboración para impulsar e fomentar o que se coñece como transferencia tecnolóxica, que non é outra cousa que o fluxo de coñecemento (aplicacións, experiencias, plataformas, sistemas para seren aplicados e mellorados e obter rendibilidade no mercado) dende os centros tecnolóxicos ao tecido produtivo da súa contorna. Neste caso concreto, do centro Gradiant ás empresas que constitúen o Clúster TIC. O acordo foi asinado na sede do IGAPE polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e polo director xeral de Gradiant, Fernando Pérez González. Segundo fixeron saber en detalle, encamíñase a xerar máis marxe de colaboración para facilitar o fluxo de tecnoloxía. Basicamente, estariamos ante unha nova e interesante oportunidade para tirarlle partido ao importante coñecemento xerado polos investigadores de Gradiant. Ao mesmo tempo, o acordo permitirá que o centro tecnolóxico con sede no campus de Vigo estea puntualmente informado sobre as necesidades do sector TIC galego en materia de I+D+i, e facilitarase

 Acordo entre Gradiant e o Cluster TIC celebrado en Santiago, na sede do IGAPE ademais o desenvolvemento de actividades conxuntas para a promoción e a realización de proxectos no ámbito da I+D+i A sinatura contou ademais coa presenza do director do IGAPE, Javier Aguilera, e máis do director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, que salientaron o potencial deste achegamento para avanzar na transferencia da innovación e o coñecemento como unha das claves para garantir a mellora da competitividade das empresas galegas. Asemade, lembraron o papel despregado pola Consellería de Economía (da que dependen ámbolos organismos) no pulo recente aos clústers galegos, aos que consideran “pancas para a dinamización da economía”. 

Reconto de actividade na iniciativa europea LIFTGATE O proxecto LIFTGATE (Lifting Up the Research Potential of the Galician Telecomms Center) é unha iniciativa dirixida a pór o noso potencial investigador, no eido das novas tecnoloxías da información e das telecomunicacións, o máis preto posíbel de Europa. Máis en concreto, este proxecto financiado pola Comisión Europea a través do VII Programa Marco (o Programa de Capacidades-RegPot), encamíñase a aumentar a competitividade do centro Gradiant como centro tecnolóxico a nivel europeo. A este respecto, trátase dunha iniciativa viva que cada pouco estreita ligazóns entre Gradiant e o tecido innovador internacional. De feito, a sede do centro galego foi o escenario recente da segunda xuntanza do comité consultivo de LIFTGATE. O obxectivo foi revisar a intensa actividade que Gradiant mantivo dentro de LIFTGATE durante os dous primeiros anos de actividade, os resultados que se obtiveron e as previsións para o terceiro ano do proxecto, que comeza agora. A reunión pechouse cunha mesa redonda na que os membros do comité debateron ideas que servirán para facer aínda máis intenso o impacto de LIFTGATE en Gradiant e no ecosistema de innovación galego. Por certo que o comité está presidido 16 | Código Cero

polo director xeral de Gradiant, Fernando Pérez González, e conta con representantes dos tres ámbitos implicados na innovación: a industria, a Administración a través da Axencia Galega de Innovación, e as tres Universidades galegas. Ademais, no devandito equipo tamén hai dous representantes de Technicolor e Telecom Bretagne, dúas das entidades francesas coas que Gradiant mantivo intercambios de persoal investigador durante o proxecto. A función do comité consultivo é avaliar a orientación do proxecto, a súa execución e os resultados obtidos. Segundo informa o centro galego, LIFTGATE seguirá a xerar actividade na súa sede en Vigo. De feito, poucos

días despois da devandita xuntanza celebrouse alí unha xornada formativa (o 18 de outubro) titulada Mercadotecnia e comercialización de propiedade intelectual e tecnoloxía. Esta reunión, orientada ao persoal interno do centro, contou coas intervencións de Angela Zennaro, (competence coach en transferencia tecnolóxica de KIMbcn), Carmen Casteras (responsábel de IP en KIMbcn) e Jordi Ilario (director de Licensing & Marketing en Fractus). Durante as oito horas de xornada, o case medio centenar de asistentes familiarizouse cos conceptos básicos sobre xeración, xestión e comercialización da propiedade intelectual por parte dun centro tecnolóxico. Fíxose especial fincapé na xeración de retorno económico do I+D, así como no modelo de protección da propiedade intelectual máis acorde con cada modelo de negocio. Ademais, estudáronse casos prácticos de licenzas de patentes e os diferentes modelos de negociacións en canto a transferencia tecnolóxica e comercialización de propiedade intelectual. Número 123


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.