Memoria actividades2017 a4 gallcomp

Page 1

MEMORIA 2 0 1 7 DE ACTIVIDADES


Memoria de Actividades 2017. AGAFAN Edición: AGAFAN Redacción: AGAFAN Deseño e Maquetación: AGAFAN Data: Febreiro 2018 AGAFAN C/Novoa Santos, 6-8 1º 15006 A Coruña C/San Francisco, 59. Local 1 Baixo 36202 Vigo T: 881 924 774 agafan@agafan.org www.agafan.net


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

ÍNDICE 1

Organigrama Xunta Directiva

Páx. 02

2

Carta do presidente

Páx. 03

3

Presentación de AGAFAN

Páx. 04

4

Masa social

Páx. 06

5

Web, App e redes sociais

Páx. 07

6

Actividades e eventos

Páx. 09

7

Institucións e partidos políticos

Páx. 17

8

Acordos privados

Páx. 20

9

Medios de comunicación

Páx. 28

1


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

2

1

ORGANIGRAMA DA XUNTA DIRECTIVA PRESIDENTE Luis Sánchez González VICEPRESIDENTE José Manuel Trigo Trigo VOGAL Vicente Domínguez Munáiz VOGAL María Abalo Martínez VOGAL Luis María Rodríguez Serrano VOGAL Juan José Arnoso Lores VOGAL José Ramón Millán Cidón


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

3 5

2

CARTA DO PRESIDENTE

Queridas familias: Quero compartir convosco esta memoria que recolle o traballo desenvolvido ao longo do ano 2017 a través da cal podedes coñecer máis o noso labor. En 2017 AGAFAN consolidase como a voceira de todas as familias numerosas de Galicia defendendo os seus intereses. Grazas ó movemento asociativo acadamos grandes avances ademáis de consolidar e ampliar beneficios. Destacamos a continuidade da dedución por familia numerosa no IRPF, ou o mantemento como beneficiarios do bono social da electricidade. En Galicia, o goberno da Xunta adoptou diversas medidas de apoio ás familias, nas que AGAFAN participou de forma activa. Medidas encamiñadas ó fomento á natalidade, como a ampliación ata os tres anos da “Tarxeta Benvida”, de apoio á conciliación, é o caso das “Casas Niño” ou o “Bono Coidado”. Un ano máis renovamos a colaboración coa Consellería de Política Social para a xestión do programa do “Carné Familiar” do que se benefician todas as familias numerosas de Galicia. A crise demográfica que está a sufrir a nosa comunidade fai que insistamos na nosa demanda dunha maior inversión en axudas familiares e por fillo a cargo, ademáis de bonificacións nas tasas fiscais e prezos municipais no concellos galegos.

Neste ano tamén celebramos o IX Congreso Galego de Familias Numerosas en Santiago de Compostela. O acto contou cunha ampla repercusión nos medios conseguindo facer máis visible o noso colectivo. A isto súmanse todas as actividades e servizos que habitualmente realizamos. Un ano máis crecemos en número de socios, o que permite unha maior profesionalización. Para mellorar ós nosos servizos e grazas á colaboración do concello de Vigo, conseguimos abrir unha delegación de AGAFAN na cidade, que permitirá unha atención máis directa ás familias do municipio e o sur de Galicia. Despidome non sen antes dar as grazas ás persoas e empresas que formades parte desta gran FAMILIA que é AGAFAN e pola vosa confianza, en nome de todo o equipo e no meu propio.

Luis Sánchez González Presidente de AGAFAN


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

4

3

PRESENTACIÓN

AGAFAN é unha entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1992, apolítica e aconfesional. A nosa principal misión é a protección e defensa da familia numerosa en todos os ámbitos.

Está integrada na Federación Española de Familias Numerosas, entidade declarada de utilidade pública no ano 2003, e con asociacións presentes en todas as Comunidades Autónomas.

Un dos principais servizos é ofrecer información e asesoramento sobre os dereitos e prestacións que lles son propios.

Con sede principal na Coruña, conta actualmente cunha delegación en Vigo e delegados nas principais cidades galegas: Ourense, Pontevedra, Santiago, O Salnés e Vigo.

MISIÓN E VISIÓN O obxectivo principal de AGAFAN é que toda a sociedade civil asuma que as familias en xeral e as numerosas en particular, son un ben universal que hai que valorar e protexer. As familias numerosas constituímos un colectivo de gran peso no conxunto da sociedade, tanto en termos cuantitativos, como pola súa achega económica e social. En España somos preto de medio millón de familias numerosas, recoñecidas oficialmente polo correspondente Título ou Carné de Familia Numerosa que expiden as Comunidades Autónomas.

Con 3 ou máis fillos, as nosas familias agrupan a un mínimo de 2,5 millóns de persoas. Somos as únicas que garantimos a substitución de poboación, para o que son necesarios 2,1 fillos por muller. Achegamos poboación activa e, polo tanto, contribuímos máis que ningún outro grupo a construír o futuro. Ademais somos grandes consumidores e actuamos como motor económico e social, en base o capital humano que achegamos, algo de vital importancia en moitos municipios galegos, ameazados por un grave despoboamento.


AGAFAN - Memoria de actividades 2017 2015

5 5

SERVIZO ÁS FAMILIAS NUMEROSAS - Servizo de atención e asesoramento para dar resposta a todas as dúbidas sobre axudas, dereitos ou vantaxes, etc. en relación coa condición de familia numerosa. - Servizo de información e comunicación: persoal, telefónica, por correo electrónico, Whatsapp, redes sociais: Facebook, Twitter, Linkedin e Google +, Instagram. As familias atopan información actualizada na nosa web e App “Familias Numerosas” e enviamos newsletter semanal coas novedades e noticias de interese. - Organización de actividades: xornadas lúdicas en familia, concursos, sorteos, viaxes, etc. Charlas informativas e compartir experiencias con outras familias. - Servizos de formación, mediante congresos, ciclos formativos, charlas, sobre temas de interese para as familias, abertas ao conxunto da sociedade. - Servizo "T-Xestiono" polo que a Asociación tramita en representación dos socios diversas xestións administrativas en materia de familia. Servizo "Busco-Ofrezo", espazo na web onde se poñen en contacto os socios, que ofrecen ou

buscan calquera tipo de servizo ou material: libros de texto, vehículos, vivendas, mobiliarios, etc. - Plan de descontos para socios: AGAFAN conta con centos de acordos con empresas privadas para ofrecer prezos ou condicións especiais ás familias numerosas a través da nosa tarxeta Plan+Familia en todos os sectores de consumo: alimentación, carburantes, educación, hostalería, téxtil, lecer, saúde, etc. contribuíndo ao aforro familiar. Estes acordos se suman ós conseguido pola FEFN xa que o noso carné ten validez en toda España. - Representamos ás familias numerosas ante a Administración, Institucións, partidos políticos, e demáis sectores da sociedade, empresas e entidades sociais. Mantemos reunións cos seus representantes e ofrecemos asesoramento para sacar adiante políticas e impulsar iniciativas de carácter social de protección ás familias. - Somos interlocutores das familias numerosas cara os medios de comunicación. Emitimos comunicados, notas de prensa, concedemos entrevistas ós distintos medios: prensa escrita, dixital, radio, TV... os cales nos elixen a nós como a voz representativa do colectivo en Galicia.

CARNÉ DE SOCIO AGAFAN dispón dun carné que acredita ás familias asociadas, tamén dipoñible en formato dixital accesible a través da nosa App “Familias Numerosas”. Este carné é persoal e intransferible e da acceso a todas as vantaxes do Plan+Familia. Válido tamén no resto de España ao pertencer á Federación Española de Familias Numerosas (FEFN).


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

6

4

MASA SOCIAL SOCIOS POR ANO

SOCIOS POR PROVINCIAS

TOTAL SOCIOS 1667 1381 1157

1253

Por provincias, o maior número de socios pertencen á Coruña, seguido por Pontevedra, e máis lonxe por Lugo e Ourense.

1463

SOCIOS POR PROVINCIAS

1323

931 770 574

30,92%

368 250 195 138 73 15 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

59,03% 4,78% 5,27%

Dende a súa fundación en 1992 a asociación segue crecendo en número de socios. Finalizamos o ano 2017 con 1.667 familias numerosas asociadas, o que supón máis de 8.335 beneficiarios, tomando de media 5 membros por familia. Algo máis de 200 familias se sumaron neste ano á AGAFAN, preto de 1.000 persoas que atopan na asociación apoio e un referente en materia de familia.

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

NÚMERO DE ALTAS O número total de altas dende a fundación de AGAFAN, sempre contou cun saldo positivo.

Nº DE ALTAS 261 221

En 2017 somos 1.667 familias socias de AGAFAN.

219

128

196

186

182 144

99 15

59

75

60

97

72

2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

5

WEB, APP E REDES SOCIAIS VISITAS A NOSA WEB

Cada vez son máis os internautas que visitan a nosa web www.agafan.net. Nela teñen a súa disposición toda a información necesaria acerca dos seus dereitos e beneficios ademáis de noticias de actualidade en temas de familia. A través dela as familias poden tamén facer consultas, tramitar altas e outras xestións administrativas.

250.938 Usuarios en 2017

21.000 Media visitas ao mes

7


8

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

APP “Familias Numerosas” No ano 2017 sacamos adiante a App gratuíta “Familias Numerosas”, válida tanto en versión Android como IOS.

Conta tamén con todas as vantaxes do Plan+Familia, as empresas colaboradoras, os descontos e ofertas e un mapa de xeolocalización.

Con toda a información de interese, poñe a disposición dos socios o carné dixital que os acredita como tales e que substitúe ó carné físico.

1.819

525

Descargas en Android

Descargas en iOS

REDES SOCIAIS AGAFAN está presente nas redes sociais: Facebook, Twitter, Google plus, Linkedin ou Instagram, ademais dunha canle aberta en Youtube. Diariamente miles de familias acuden a elas para obter información inmediata acerca de todas as novidades en relación a súa condición de familia numerosa. Ademáis, a través delas podemos coñecer as súas inquietudes e preocupacións.

7.301 fans nas redes sociais

O longo dos anos o número de seguidores crece de forma continua. AGAFAN conta en 2017 cunha comunidade de máis de 7.300 fans entre todas as redes sociais, un incremento do 14% con respecto o ano anterior. En 2017 comprobamos a importante demanda do WhatsApp como medio para comunicar coas familias. Diariamente atendemos multitude de consultas e resolvemos dúbidas a través desta vía.

4.336 seguidores

2.076 seguidores


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

6

ACTIVIDADES E EVENTOS

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO AGAFAN ofrece un servizo integral de información e asesoramento a todas as familias, sexan ou non socios, sobre os dereitos, axudas ou bonificacións que lles corresponden. En 2017 atendemos centos de consultas de familias, as máis habituais as relativas ao dereito de axudas ou bonificacións, bono social da luz, descontos en empresas, recoñecemento da condición de familia numerosa ou requisitos para asociarse.

sorteo de cestas de Nadal

Este servizo préstanse a través das diferentes canles das que dispoñemos: whatsApp, teléfono, Web, newsletter semanal, e-mails, redes sociais ou de forma presencial nas nosas sedes de Vigo e A Coruña.

SORTEOS Grazas ás empresas colaboradoras ao longo do ano 2017 fixemos varios sorteos con motivo da celebración de diferentes actividades. Así, na campaña de Nadal, ademais das tradicionais cestas, sorteáronse entradas para pistas de xeo en A Coruña e Vigo. Na celebración do Congreso e a Quedada Familiar en Mazaneda, sorteánse vales de compra en cadeas de alimentación e outros comercios, estancias en hoteis, e outros moitos agasallos.

sorteo Quedada Familiar Manzaneda

sorteo IX Congreso Galego de Familias Numerosas

9


10

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

PARTICIPACIÓN EN CONFERENCIAS E CICLOS FORMATIVOS Ó longo do ano 2017 AGAFAN foi convidado a participar en conferencias e ponencias para tratar o problema da demografía e protección ás familias, compartindo espacio con outros expertos e representantes políticos en materia social. A nosa participación, en calidade de ponente ou convidado, é de interloculor como representante das familias numerosas galegas. Achegamos propostas de apoio ó colectivo e defendemos a aportación das familias numerosas á recuperación da demografía galega .

CHARLAS INFORMATIVAS AGAFAN imparte charlas informativas abertas a todo o público para dar a coñecer de primeira man todos os dereitos e novidades que afectan ás familias numerosas. Atende persoalmente a todas as que necesiten información. En 2017 a Asociación trasladouse a Carballo, Cee, Muxía, para informar as familias en coordinación cos servizos sociais dos respectivos concellos. Tamén estivemos en Betanzos, Santiago, Arzúa, e Redondela.

Xornada na UIMP sobre “Políticas públicas de protección á familia”. Luis Sánchez, presidente de AGAFAN, Amparo González, Drta. Xeral de Familia e Victoria de Dios, profesora UDC.


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

XORNADAS FAMILIARES Cada ano organizamos diversas actividades nas que convidamos a participar a todas as familias nun ambiente festivo e solidario. Estas xornadas continúan sendo un marco inmellorable para dar a coñecer a situación,

necesidades e reivindicacións das familias numerosas ao resto da sociedade. Ademais, brinda a oportunidade de coñecernos máis entre as familias e compartir as nosas vivencias e experiencias.

Quedada Familiar en Manzaneda Como xa ven sendo tradición, no mes de Maio organizamos unha Quedada de fin de semana na Estación de Montaña de Manzaneda (Ourense) coa colaboración de Oca Hoteles. Un ano máis puidemos comprobar o éxito destas xornadas ás que cada vez se suman máis familias que viñeron de toda Galicia para gozar dun fin de semana cheo de actividades. Sendeirismo, tiro ao arco, piscina con circuito de spa, curso de supervivencia, e outras moitas máis actividades que compartiron tanto os pais como os máis pequenos.

11


12

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

Patinaxe sobre xeo Todos os anos por Nadal, coincidindo coas vacacións escolares, organizamos unhas xornadas de patinaxe sobre xeo para que toda a familia poda disfrutar desta actividade a precios especiais. Ademáis sorteamos entradas entre os nosos socios para que toda a familia puidera disfrutar dunha tarde patinando en pistas de xeo de A Coruña e Vigo.

FEFN E PLANS DE FORMACIÓN En AGAFAN estamos formandonos continuamente para poder ofrecer un mellor e máis completo servizo ás familias. AGAFAN, como integrante da Federación Española de Familias Numerosas (FEFN), asistiu a xornadas de formación e participa activamente das asambleas e Xuntas Directivas da que forma parte.

Asamblea FEFN.

Tamén estivemos convidados ao 50 aniversario da Federación Española de Familias Numerosas xunto co resto de asociacións de familias numerosas de toda España.

Xornadas de Xuntas Directivas da FEFN.

AGAFAN, representada polo noso presidente Luis Sánchez e vicepresidente, Jose Manuel Trigo, tivo un recoñecemento especial polo traballo desenvolvido en favor das familias numerosas galegas.

Acto de celebración do 50 aniversario da FEFN.

Presidentes das asociacións de familias numerosas de España.


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

AGAFAN EN REPRESENTACIÓN DAS FAMILIAS Representamos ás familias numerosas ante as institucións, partídos políticos, entidades sociais e empresariais. Mediamos ante eles en defensa dos dereitos de todas as familias numerosas.

Outro dos obxetivos fundamentais da asociación é concienciar á sociedade sobre a importancia das familias con fillos e fillas e a súa contribución á conservación do estado de benestar.

Mantemos comunicación continua co fin de acadar maior apoio, impulsar políticas sociais ou acordos en beneficio do noso colectivo.

Deste xeito fomos impulsores de campañas de sensibilización que transmitimos a través dos diferentes canles de comunicación dos que dispoñemos, para facernos máis visibles e nos teñan presentes nas axendas políticas, sociais e empresariais.

Mantemento do bono social da luz Defendimos ante o Goberno central que se mantivera o acceso universal ó bono social da luz ás familias numerosas e que se elevara o límite de consumo para non penalizar ás familias con máis fillos e fillas.

AGAFAN ABRE UNHA SEDE EN VIGO

Reunímonos tamén co Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, o que lle presentamos unha proposta de modificación, baixo o asesoramento de expertos en enerxía, do borrador do Real Decreto do bono social que o Ministerio enviou ás comunidades autónomas para a súa consulta.

Luis Sánchez e o concelleiro de Participación Cidadá Angel Rivas.

Grazas á colaboración do concello de Vigo que nos cedeu un local, abrimos unha sede de AGAFAN. Esta nova sede permite mellorar a atención ás numerosas familias que residen no concello e do sur de Galicia.

13


14

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

IX CONGRESO GALEGO DE FAMILIAS NUMEROSAS En octubre celebramos o congreso rexional de familias numerosas. Nesta ocasión foi Santiago de Compostela a cidade anfitrioa. Nesta novena edición, baixo o lema “Familias Numerosas: a renovación de Galicia” tratamos o problema da demografía e políticas familiares en Galicia.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta no acto de inauguración.

Para falar sobre demografía e políticas sociais foron convidados Amparo González, directora xeral de Familia de la Xunta de Galicia, Santiago Lago, director do Foro Económico de Galicia e Luis Ayuso, do CIS.

Inaugurado por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, foi punto de encontro de familias de toda Galicia e plataforma para mostrar á sociedade a realidade do noso colectivo, mostrar o valor que temos no desenvolvemento económico e social e dar eco ás nosas reivindicacións. O Concello de Santiago tamén estivo representado pola súa concelleira de Política Social, Concepción Fernández así como a Federación Española de Familias Numerosas, a través da súa presidenta Eva Holgado.

O congreso tivo moita repercusión nos medios que fixeron eco das demandas do noso colectivo.

Tratamos outros temas de actualidade: o problema da conciliación e as familias numerosas nos medios de comunicación e redes sociais. Para falar deles acompañáronnos Fermín Cacho, campión olímpico de atletismo, Jose Mª Villalón xefe dos servizos médicos do Atlético de Madrid e Oscar Barreiro famoso blogger.


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

15 5

Premios AGAFAN Nesta edición os Premios Agafan foron a parar ás entidades que, previa votación dos socios e baixo a súa consideración, brindaron máis apoio ás familias numerosas nestes dous últimos anos. Os galardoados nesta edición foron: • A Asociación Cultural Turística e Deportiva para a Promoción do Turismo en Galicia (TURVEGAL) por contribuír á difusión e apoio ás familias numerosas en Galicia. • Vegalsa-Eroski na categoría de entidade privada polo apoio que brindan ás familias numerosas a través de descontos que aplican en virtude do acordo asinado con AGAFAN. • Concello de Vigo por apostar por unha política de apoio ás familias con fillos/as con bonificacións en taxas fiscais e prezos especiais en actividades educativas, culturais e deportivas municipais. • A Voz de Galicia na categoría de Medio de Comunicación por dar visibilidade ó noso colectivo.

José Arnoso, presidente de TURVEGAL recolle o premio de máns de Luis Sánchez, presidente de AGAFAN.

Joaquín González, director xeral de VEGALSA-EROSKI, recolle o premio de máns de Eva Holgado, presidenta da FEFN.

Carlos López Font, concelleiro de Seguridade de Vigo recolle o premio por parte de Concepción Fernández do Concello de Santiago.

Ignacio Carballo, delegado en Santiago de La Voz de Galicia recolle o premio que fai entrega o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.


16

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

II SALÓN DAS FAMILIAS Coincidindo coa celebración do IX Congreso e durante dous días organizamos o Salón das familias, neste caso era a súa segunda edición. Neste evento de carácter rexional, conseguimos reunir a grandes marcas de consumo: alimentación, coches, seguros, lecer, turismo e

moitas outras, que deron a coñecer as súas ofertas para as familias numerosas. O noso colectivo representa un segmento de mercado cun elevado nivel de consumo e unhas necesidades específicas polo noso tamaño e composición.

Alfonso Rueda inaugura o II Salón das Familias

Actividades para os máis pequenos e sorteo de agasallos Os máis pequenos tiveron o seu propio espazo con actividades especialmente pensadas para eles: inchables, manualidades, karaoke, videoconsolas, globoflexia, pintacaras e moitos máis.

As familias puideron gozar dun día completo con comida e sorteo de agasallos. Nesta ocasión, e grazas á xenerosidade das empresas colaboradoras, ningunha familia foise coas máns baleiras.


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

7

INSTITUCIÓNS E PARTIDOS POLÍTICOS

Dentro da nosa labor institucional, mantemos periódicamente reunións coas administracións: Xunta, Deputacións, Concellos e as diferentes forzas políticas, para dar voz ao colectivo e influír nas leis que se aproban en temas de familia.

En 2017 reunímonos cos seus principais representantes, ademais de entidades sociais que traballan en temas de infancia e familia cos que podemos sumar esforzos.

- Universidade de Santiago de Compostela. Reunión co vicerectorado para defender ás bonificacións en tasas universitarias ás familias numerosas e solicitar descontos en residencias universitarias da USC.

- Dirección Xeral de Familia. Xunta de Galicia. Reunións coa directora xeral de Familia para falar de proposta de mellora na atención ás famiilas numerosas e o programa de carné familiar galego .

- Deputación de Lugo. Reunión co vicepresidente da Deputación, para propoñer medidas de apoio ás familias numerosas e incentivar a natalidade na provincia . - Concello de Poio. Reunión co grupo municipal do PP de Poio para sacar adiante proposta de bonificación ás familias numerosas no IBI e outros impostos municipais. - Concello de Mos. Reunión coa alcaldesa para propoñer axudas a familias numerosas no concello.

- Deputación de A Coruña. Reunión coa deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade e Xénero para presentar proposta de apoio ás familias numerosas e incentivar a natalidade na provincia. - Concello de Muxía. Reunión coa concelleira de Asuntos Sociais para propoñer axudas e beneficios para as familias numerosas no concello. - Concello de Cee. Reunión coa concelleira de Servicios Sociais para impulsar medidas de apoio ás familias numerosas.

Asociación Galega de Familias Numerosas

17


18

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos.

Angel Moldes, presidente do PP de Poio, Juan José Rodriguez, voceiro de Facenda do PP Poio, Iago Tomé, patrón maior da cofradía de Pescadores de Raxó.

Pilar Iglesias, concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego.


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

19 5

Goberno da Xunta de Galicia Reunímonos en xaneiro co Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Na reunión tivemos a ocasión de expoñer a problemática das familias numerosas galegas e a súas principais demandas. Tanto o presidente como o conselleiro mostráronse moi receptivos e

valoraron moi positivamente a aportación do noso colectivo á sociedade galega. Falamos tamén do problema demográfico en Galicia e sacamos o compromiso de adopción de medidas de urxencia para o fomento á natalidade e conciliación familiar, que complementen as xa adoptadas pola Xunta.

De esquerda a dereita: Jose Manuel Rey, conselleiro de Política Social, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, Luis Sánchez e Jose Manuel Trigo, presidente e vicepresidente de AGAFAN.

En 2017 renovamos a colaboración coa Xunta para seguir impulsando o programa do carné familiar galego. El conselleiro de Política social, José Manuel Rey e o p r e s i d e n t e d e A G A FA N , L u i s S á n c h e z , formalizaron un ano máis este acordo que ten por obxecto facilitar o acceso das familias numerosas a distintos bens e servizos mediante descontos ou outro tipo de vantaxes, ampliando os beneficios que outorga o título de familia numerosas.

Acto da firma de renovación do convenio Carné familiar galego, o conselleiro de Política Social xunto o presidente de AGAFAN.


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

20

8

ACORDOS PRIVADOS

Un dos servizos e vantaxes que ofrecemos aos nosos asociados é o Plan+Familia, un plan de descontos para familias. Buscamos mellorar a calidade de vida das familias poñendo ao alcance delas condicións especiais nunha ampla variedade de sectores de consumo e servizos. Con este fin mantemos reunións con empresas, comercios e establecementos de diferentes sectores para chegar a acordos cos que ofrecer condicións ou prezos especiais ás familias asociadas. No ano 2017 AGAFAN incorporou ao Plan+Familia, 47 novas empresas e melloramos convenio con moitas outras. Así, só en Galicia, contamos con máis de 1.000 establecementos asociados, correspondentes a máis de 450 entidades e empresas diferentes.

Estos beneficios se suman ós conseguidos pola Federación Española de Familias Numerosas (FEFN), xa que o noso carné ten validez en toda España. Todas as novidades do Plan+Familia publícanse diariamente nas nosas redes sociais, web e se envían ós socios a través do boletín semanal. Tamén se poden consultar a través da App “Familias numerosas” de forma rápida e sinxela. Esta aplicación ofrece toda a información segundo sector de consumo ou poboación. Conta ademáis cun servizo de xeolocalización o que permite obter a ubicación xeográfica real das empresas, moi práctico no caso de desprazamentos a outras localidades. Todas estas plataformas contribúen a dar difusión e publicidade ás empresas, moi importante para a App “Familias Numerosas” dinamización do comercio local, tan necesario de recursos.

En Galicia temos máis de 1.000 establecementos asociados pertencentes a máis de 450 entidades colaboradoras


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

21 5

AGAFAN e VEGALSA-EROSKI impulsan un convenio de colaboración para apoiar ás familias numerosas galegas En 2017 formalizamos un acordo de colaboración coa compañía de distribución alimentaria VegalsaEroski, que contribue á sustentabilidade da unidade familiar numerosa galega activando axudas de desconto nos establecementos comerciais da compañía. Grazas a este acordo, firmado no mes de febreiro, aplicaráselles un desconto directo nas compras a todos os socios de AGAFAN que se acrediten co seu carné en vigor “Plan+Familia”. Un 2,5% de rebaixa en todas as compras compatible coas ventaxas da tarxeta Eroski-Club.

Estos descontos son válidos en toda a rede de establecementos comerciais de Vegalsa-Eroski distribuidos por toda a xeografía galega. Inclúen: Ÿ Ÿ Ÿ Ÿ

Acto da firma na que participaron o director xeral de VegalsaEroski, Joaquín González e o presidente de AGAFAN, Luís Sánchez.

Eroski- Center (98 tendas), Eroski-City (32 tendas), Familia (54 tendas) e Hipermercados Eroski (4 tendas).


22

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

Outras empresas coas que asinamos ou melloramos acordos no ano 2017: XESTORIAS E AVOGADOS FIADEIRA LEGAL A Coruña. Consultas: 50 € (a descontar do prezo final do procedemento no caso de levalo). 25% dto sobre tarifa (baixo presuposto) en actuacións xudiciais ou extraxudiciais. C/Juan de la Cierva, 5. Tlf. 981 160 165 / 604027862. www.fiadeiralegal.com.

PROCURADORES GALICIA Lugo. 12% dto en servizos. Av/ Ramón Ferreiro, nº 22. 677 312 400/ 649 791 661. www.procuradoresgalicia.es

ALIMENTACIÓN FRUTEANDO Toda Galicia. 20% dto. Servizo gratuíto de envíos a toda a península. Funciona vía internet www.fruteando.com e telefónica 695 506 664.

SILVINA MUÑOZ. ARTESANÍA EN POSTRES Camariñas (A Coruña). 10% dto en compras superiores a 20€. 5% dto tartas personalizadas. 10% dto pastelería de mar. 8% dto pastelería especial para intolerancias. Promocións 2x1 e combos familiares con dtos. Tlf. 657 115 372. silvinamuñoz.com

AUTOMÓBILES E TALLERES CITROEN A nivel nacional. 1.000 € dto nos modelos C4 Picasso, Space Tourer e Berlingo Multispace, e no resto de modelos, 500€ de dto. www.citroen.es.

DEMARKA RECAMBIOS Toda Galicia. 3% dto en todos os productos web. www.demarkarecambios.es.

986 21 32 05, whatsapp 696 97 67 54.

PSA RETAIL Vigo, Oleiros e Ourense. 15% dto en man de obra, 20% en pezas de desgaste, 10% outras operacións (excepto motor, caixa de cambio e carrocería). Tlf. 986 27 7700. www.psaretail.es.

TALLERES RODOSA Cangas, Nigrán e Vigo. (Pontevedra). 15% dto en reparacións en man de obra de taller e materiais para as intervencións de mantemento fóra de servizos Renault Minuto. Vehículo de substitución gratuíto. RODOSA custease a cota da asociación do seguinte ano para o socio que adquira un vehículo nas nosas instalacións. Descontos segundo modelo en vehículos novos e usados. Tlf. 986251088. www.rodosa.com


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

23 5

YAÑEZ Santiago. 1,5% dto adicional ao ofrecido pola marca para a compra de Caravelle, Transporter e California. Taller: 15% dto en man de obra. 50% dto s/ PVPE Aceite Castrol. Escobillas:25% dto s/ PVPE. Outros recambios: 10% dto s/ PVPE (en función da peza). Motores e Grupos mecánicos: Someterase a consulta de desconto. Rodas: Sempre dispoñible mínimo un xogo de recambio en stock. 25% de dto mínimo s/ PVPE en pneumáticos CONTINENTAL e DUNLOP. Viaduto da Rocha, 30. Tlf. 981260633. www.yanez.es.

EDUCACIÓN A CASA DAS LINGUAS Santiago y Ames. 10% dto para o 2º membro da familia matriculado e o 3º membro un 50%. Se son máis de tres cada seguinte terá o 50%. Desconto para os cursos en grupos, non a clases individuais. C/Luís Freire, 2 (Conxo). Tlf. 981 524 633 /652 440 618. www.acasadaslinguas.com.

ACADEMIA ENSINO ENGLISHCOOL Vigo. 5% dto en tarifas para o primeiro inscrito e 10% dto para 2º e máis. Rúa Bailén, 2 Bajo izq. Tlf. 639983135. www.englishcool.eu.

NENOOS OURENSE Ourense. Abono de matrícula única por familia nos programas de ritmo escolares e un desconto do 20% sobre o importe da actividade concreta, no resto de programas Nenoos. C/Pura y Dora Vázquez, 23 Bajo 1. Tlf. 988782178 - 687285913. www.nenoos.es.

UNICAE SOLUTIONS Toda Galicia. 15% dto sobre as tarifas de Unicae Servicios Educativos. Tlf. +44 (0) 79 01 311 814/+34 637 71 43 84. www.unicaesolutions.com

ESL IDIOMAS A nivel nacional. Exentos custos de inscrición no "Programa Familias". 5% dto en prezos de cursos do "Programa de Adultos" e 60€ dto nos "Programas Junior". Oferta especial JUNIOR' S mes de marzo. www.eslidiomas.com.

DEPORTE BM LINEA 21 A Coruña. 20% dto en todos os seus servizos. Avda. Novo Mesoiro, 16-8ºC. Tlf. 620 604 560. bmlinea21.es

PADDLE SURF BASTI SURF Oleiros (A Coruña). 20 % dto en curso de iniciación ao Pádel Surf (inclúe monitor +aluguer). 10% dto en aluguer Paddel Surf (inclúe táboa , remo, trouxen e lycra). Avda. Ernesto Che Guevara 83 B (Sta. Cristina). Tlf. 619 100 370 /881940072. www.bastisurf.es


24

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

PADDLE SURF CEDEIRA Cedeira (A Coruña). 20 % dto en curso de iniciación ao Pádel Surf (inclúe monitor +aluguer). 10% dto en aluguer Paddel Surf (inclúe táboa, remo, traxe e lycra). Playa de la Magdalena. Tlf. 619 100 370. www.bastisurf.es.

LIBRERIAS ESPAZO LECTOR NOBEL BOIRO Boiro (A Coruña). 5% dto en libros, agás libro de texto (desconto máximo permitido pola lei) e 10% en papelería e xogo (non acumulables a outras promocións ou rebaixa). R/Poeta Manuel María, 10 baixo. Tlf. 981844206. www.libreriasnobel.es.

INFORMÁTICA ARUME DESENVOLVEMENTOS INFORMATICOS Toda Galicia. 10% dto nos servizos desenvolvidos integramente en Arume (deseño e desenvolvemento). Tlf. 6255196 94. www.arumeinformatica.es.

MODA E COMPLEMENTOS ANDREA MILANO Pontevedra. 10% dto en Téxtil e Calzado, excepto complementos, rebaixas e artigos promocionados. C/Benito Corbal, 53 Baixo Dcha. Tlf. 886 21 29 53. www.andreamilano.es.

GRUPO CABO SPORT Cee e Fisterra (A Coruña). 10% dto en todo o que non está suxeito a promocións especiais ou artigos xa rebaixados. Fisterra: C/Cial Finisterrae, 1ª planta local 2. Cee: Avda Lino Rodríguez y c/Fernando Ávila 7.

LA TIENDA DE MARIA Santiago. A Coruña. 10% dto en Moda e Complementos de paseo (non acumulable a outras ofertas/rebaixas). C/San Pedro de Mezonzo, 24. Tlf. 981 59 78 08. www.latiendademaria.es

MAM’APPOLA Toda Galicia. On line. 10% dto para socios. Tlf. 616 82 66 73. www.mamappola.com.

RALPY UNIFORMES A Coruña. 5% dto excepto en promocións. C/Ramón y Cajal, 31. Tlf. 981111326. www.ralpy.com.

SHOESLAND Toda Galicia. On line. 10% dto. Non acumulable a rebaixas nin zona outlet. C/Celso Emilio Ferreiro, 31. Tlf. 988605016. www.shoesland.es.


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

25 5

SEGUROS DAS A nivel nacional. Condicións especiais para contratación do seguro de Avogado Persoal Todo Risco en conflitos coa vivenda, consumo, laborais ou relacionados con accidentes e reclamación de lesións. Bonificacións ata 20% en caso de contratación conxunta dos módulos. www.familiamassegura.com

VACACIÓNS HOTEL AUGUSTA SPA RESORT Sanxenxo (A Coruña). 7% dto en todas as tarifas públicas dispoñibles no motor de reservas da web. C/Padriñán, 25. Tlf. 986727 878. Whatsapp: 607344509. www.augustasparesort.com.

HOTEL DUERMING ALDEADUERO e HOTEL OCA ALDEADUERO(Saucelle. Salamanca), HOTEL DUERMING JUSTO e HOTEL OCA VERMAR (Sanxenxo), HOTEL DUERMING SAN VICENTE (O Grove), HOTEL DUERMING VILLA DE SARRIA (Sarria), HOTEL OCA AUGAS SANTAS BALNEARIO e GOLF RESORT (Pantón), HOTEL OCA INSUA COSTA DA MORTE (Cee), HOTEL OCA PUERTA DEL CAMINO (Santiago). 12% dto sobre tarifas de aloxamento en todos os establecementos da cadea a través da páxina web www.ocahotels.com.

SIENTE GALICIA A nivel Galicia. 5% dto en toda a web. Tlf. 982226865. www.sientegalicia.com.

XOGUETERÍA E CELEBRACIÓNS IMAGINARIUM A nivel nacional. Promocións exclusivas para socios. www.imaginarium.es.

MARINOLANDIA Narón (A Coruña). 10% dto en aniversarios e en entradas, 25% ao 2ª fillo e gratis para os seguintes. Avda. del Mar, 130. Tlf. 981102863. www.marinolandia.es.

PERRUQUERÍA JOOPI KIDS CORUÑA A Coruña. 11% dto nos seus tratamentos de eliminación de piollos e servizos de barbería e 5% adicional a familias de 6 membros ou máis. Avda de Finisterre, 53. Tlf 981073804. www.joopikids.es.

SIN MAS PIOJITOS Vigo, Pontevedra e A Coruña. 15% en calquera dos seus servizos: tratamentos, produtos preventivos e bonos de mantemento e AGASALLO dun dos seus produtos preventivos ao contratar os seus servizos. Vigo: C/Fernando Conde, 13. Tlf. 986494949. Pontevedra: C/Cruz Roja, 24. Tlf. 886204144. A Coruña: Pza A Gaiteira, 2 - Local 4A. Tlf. 881104727. www.sinmaspiojitos.com. www.coruna.sinmaspiojitos.com.


26

AGAFAN - Memoria de actividades 2017

SAÚDE ABC CLINICA DENTAL Vigo e Ponteareas. 15% dto en todos os tratamentos, incluso en implantoloxía e prótesis. Vigo: C/López Mora, 94. Tlf. 986 161611, C/ Urzáiz, 117. Tlf. 986411313. Ponteareas: C/Reveriano Soutullo. Tlf. 986660859.

ALECRIN Narón (A Coruña). 10% dto en avaliación + 1ª sesión gratis. Crta. de Castela, 834 Baixo (Xubia). Tlf. 881953748. www.alecrinnaron.es.

AUDIAS A Coruña. 20% dto sobre lista de prezos oficial PVP en audifonos e proteccións de oidos en todas as gamas. Avda. Finisterre, 290. Tlf. 982 92 53 67. www.audias.es.

FISIOTERAPIA CIAN Lugo. 20% dto a aplicar sobre a tarifa habitual da sesión de Fisioterapia. Plaza Augas Ferreas, 8 Local 2. Tlf. 982801909/604009912. www.fisioterapiacian.com.

CLEPIO A nivel nacional. Acceso a promocións e premios especiais nos sorteos de familias numerosas. https://clep.io/.

CLINICA LOGON Sada (A Coruña). 10% dto nos seus servizos. Avda. República Argentina, 10 Bajo. Tlf. 695195125/656622015.

ENTRENAMIENTO Y SALUD CORUÑA. CENTRO FISIOACTIVE Y CENTRO FITNESS A Coruña. Centro Fisioactive: 15% dto en servizos (E. P; Grupos de adestramento; Nutrición; Coaching), 20% dto a partir do 2º membro. Sesión de adestramento persoal gratuíta. C/Doantes de Sangue, 1 Baixo. Tlf. 687294087. Centro Fitness: 10€ dto na cota de adestramento persoal 2 ou 3 días á semana, 2 x 1 no adestramento persoal. Tarifa Fitness + nutrición: 20€ de dto a partir do 2º membro e sucesivos. C/ Enrique Mariñas Romeu, 34 - Hotel Attica. www.entrenamientoysaludcoruna.com.

Centros Dentales HÖLLENBACK Vigo. Condicións especiais para os seus tratamentos. C/García Barbón, 81. Tlf. 986113030. C/Gran Vía, 116. Tlf. 986132030. C/Fragoso, 45. Tlf. 986238363. C/Urzaiz, 168. Tlf. 986122636. www.hollenback.es.

MEDALTER (Medicina Alternativa) Ferrol (A Coruña). 15% dto en todas sesións de medicina alternativa. C/Río de Bellón, 2 Bajo D. Tlf. 881946463/666838676. www.medalter.wix.com


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

27 5

CLINICA DENTAL DELIA LAMAS Mugardos (A Coruña). 10% dto en todos sus tratamientos. Rúa Os Corzás, 6. Tlf. 981470182

CENTRO ORIENTA Ferrol (A Coruña). 15% en evalución ou 2 sesións gratuítas. C/María, 210 4º A. Tlf. 605 40 31 56. www.orientacentro.es

PUNTO Y APARTE Vigo. 20% dto en todos vos seus servizos de psicoloxía infantil, adultos, familiar, logopedia infantil e adultos, pedagoxía e atención temperá. Tamén en formacións a pais (educación emocional para pais, disciplina positiva, etc) e a nenos (talleres de Intelixencia Emocional, estimulación da linguaxe, Mindfulness, técnicas de estudo, etc). C/Venezuela, 42-3ºA.Tlf:644727654. www.puntoyapartevigo.com

SERVIZOS E OUTROS

CENTRO YOGA INTEGRAL MAHASHAKTI A Coruña. 5€ dto por persoa sobre a tarifa normal, se asisten ás clases como mínimo 2 membros da mesma familia socios de AGAFAN. Tlf. 981 150 291. www.centromahashakti.com.

IBIDEM GROUP A nivel nacional. 10% dto para Traducións Oficiais Xuradas, traducións certificadas, asinadas e seladas por un Tradutor Xurado autorizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores (MAE) e con plena validez xurídica. Válido para traducións entre Castelán, Catalán, Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués. Tlf. 902995020. www.ibidemgroup.com.

LA FAMILIA Serv. Sociales A Coruña e concellos limítrofes . 10% dto nos seus servizos para socios. C/Voluntariado, nº 3 -1º izq. ofic. 3. Tlf. 981204792. www.lafamilia.es.

NUNU TE CUIDA A Coruña. 10% dto nas súas tarifas de babysitter (canguro) e un 20% en espazos infantils de animación de vodas e comuñóns. Tlf. 604028808. www.nunutecuida.com.

ORIGINAL PEOPLE A nivel nacional. 18% dto para familias numerosas asociadas. Tlf.881924774. Whatsapp:664771402. www.originalpeople.com

STUCK ON YOU A nivel nacional. 15% dto permanente nos seus produtos. www.stuckonyou.es.


AGAFAN - Memoria de actividades 2017

28

9

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

En AGAFAN somos interlocutores do colectivo para os medios de comunicación, os cales nos elixen para informarse acerca de todas as novidades e noticias de interés relacionadas coas familias con fillos e fillas, e especialmente das numerosas. En Agafan temos unha posición activa cara os medios. Emitimos comunicados, notas de prensa, artígos de opinión e ofrecemos información contrastada sempre que nola solicitan. Tamén concedemos entrevistas e participamos en debates nos distintos medios de comunicación: prensa escrita, radio, TV e dixital. O 2017 foi un ano de grande actividade en política de familia, quedando reflectida en multitude de espazos nos diferentes medios de comunicación nos que quedou patente a nosa participación. Moita cobertura dedicámola ao problema demográfico. A constante perda de poboación en Galicia alarma ós responsables políticos que empezan a ver a importancia de aplicar máis políticas de apoio ás familias, ampliar as axudas á conciliación laboral e familiar e a incentivar a natalidade.

AGAFAN foi parte activa na formulación destas propostas, facendo máis visible a realidade do noso colectivo, e trasladando as nosas reivindicacións. Estas reivindicacións tamén as facemos chegar a través doutros canles que tamén conta coa correspondente difusión, é o caso das: reunións coas institucións, xornadas Familiares, organización de charlas nos concellos, campañas de vídeos reivindicativos, etc. Ao longo do ano 2017 contamos con moitas intervencións e mencións nos diferentes medios de comunicación, tanto de ámbito local como autonómico, especialmente con motivo da celebración do IX Congreso Galego de Familias Numerosas. O noso obxectivo para o próximo ano é incrementar a nosa participación nos medios e ser cada vez máis un referente en temas de familia. Neste apartado intentamos mostrar algunhas das noticias en prensa onde a asociación participou de forma activa.


AGAFAN - Memoria de actividades 2015 2017

29 5


30

AGAFAN - Memoria de actividades 2017



Asociación Galega de Familias Numerosas C/Novoa Santos, 6-8 1º. 15006 A Coruña C/San Francisco, 59. Local 1 Baixo. 36202 Vigo T: 881 924 774 agafan@agafan.org www.agafan.net


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.