Revista Arteficial 2015

Page 1


Logo de case unha década de andadura, o festival Arteficial vaise definindo cada vez máis sobre a idea de proxecto que a asociación tiña nos seus comezos. O festival sempre apostou polas actividades culturais que ano tras ano complementaban o apartado musical, obradoiros culturais que sempre versaron sobre a arte e todos os seus procesos. Isto posibilitou unha gran variedade de inicativas: musicoterapia, risoterapia, graffiti, banda deseñada, escultura, fotografía… que edición tras edición aportaron valor engadido e un selo de identidade ao noso festival. No presente ano 2015, para medrar como asociación e ter un papel máis activo, decidimos levar a cabo unha programación máis continua no tempo para, deste xeito, non saturar demasiado o festival, e máis ben centrarse na parte musical. Con isto expandimos o noso festival en datas, facendo a primeira edición do Colchoneta Film Festival no mes de abril, onde o cine social foi protagonista na capital do Ribeiro. Aínda así, isto non quere dicir que nesta nova edición o Arteficial só esté compos-

to de música, xa que haberá actividades coma un mercado, no que se poderán ver novos creadores e iniciativas parellas, exposicións de fotografía da man da Asociación de Fotógrafos do Ribeiro e outros artistas, e todo isto nun novo marco incomparable para o desenvolvemento da nosa iniciativa: a praza da Madalena no centro do casco antigo da vila. Así chegamos á nosa 9ª edición máis consolidados ca nunca tanto a nivel de festival coma de asociación, dirixíndonos cada vez a un público máis homoxéneo e fomentando a cultura máis vangardista dentro da nosa comarca. Ademais dun novo marco para o noso festival eliximos unha nova data: o 5 de setembro, acompañando o programa das festas patronais da vila de Ribadavia, en novo formato, romaría diúrna con música ao vivo dende aproximadamente as 12 da mañá do sábado ata o solpor. Nesta edición contamos con 9 bandas: Puma Punku, Jupiter Lion, Betunizer, Avecrem, Trilitrate, Músculo!, Cova, A Jigsaw e por último e máis destacada, a bilbaína Ainara Legardon.




A Jigsaw

é unha banda de blues-folk portuguesa formada en Coimbra polo trío: João Rui, Jorri e Susana Ribeiro. O seu son é caracteristicamente multi-instrumentista, podendo escoitar nas súas atmosferas unha guitarra e unha harmónica, un banxo e un contrabaixo ou unhas castañolas, un bombo tradicional ou un violín. A inspiración para o nome A Jigsaw vén da canción Jigsaw You, dos belgas dEUS; e en canto ás influencias que se poden percibir na súa música, nomes como Johnny Cash, Bob Dylan, Leonard Cohen ou Nick Cave.

ao máis alto da listas A3-30 da radio portuguesa Antena 3, sendo invitados para unha actuación en directo no programa de conmemoración dos 14 anos desta. En 2009 editan o álbum conceptual Like The Wolf. En 2011, lanzan o álbum Drunken Sailors & Happy Pirates, xerando a atención internacional, ao ser nomeados po revistas como a francesa Les Inrockuptibles, ou The Guardian e Ruta66, en España. En 2012, tocan no Festival para Xente Sentada ao lado de bandas como Tindersticks.

En 2011, lanzan o álbum Drunken Sailors & Happy Pirates, xerando a atención internacional, ao ser nomeados por revistas como a francesa Les Inrockuptibles, ou The Guardian e Ruta66, en España

MÚSICA

A banda xorde en 1999 e en 2004, ligada á editora Rewind Music, co EP From Underskin. En 2008 co singre “Lion’s Eyes Louder”, do seu primeiro álbum “Letters From The Boatman”, chegan



toria antes que ninguén, e comezou a auto-editarse a comezos de século. 4 discos máis tarde, co-editou os seus dous últimos discos con Aloud Music para editar “We once wished” (2011) e “Every minute” (2014), sen dúbida os seus discos máis eléctricos e viscerais. Armada cunha banda de nivel estratosférico (Rubén Martínez de Tokyo Sex Destruction ao baixo, Héctor Bardisa de FlyingPigMatanza á batería e Hannot Mintegia de Audience á guitarra), os seus vivos en festivais como o FIB, Primavera Sound, Monkey Week... deixaron un regueiro de bocas abertas e fixeron medrar o respecto e admiración que se sinte por ela. Poucas figuras na escena internacional conseguen transmitir tanto como Ainara

LeGardon ao vivo. Experiencias case místicas nas que Ainara cautiva ó público a través das súas cancións, os seus xestos, a súa personalidade e unha enerxía que produce calafríos. Compositora de bandas sonoras xunto ao realizador Álvaro Sanz, comparte a súa carreira en solitario con proxectos que van dende a improvisación (Archipiel), á música experimental, colaboracións con colectivos ou participación en orquestras.

Ainara cautiva ó público a través das súas cancións, os seus xestos, a súa personalidade e unha enerxía que produce calafríos

MÚSICA

A xefa. Entendeu a his-



David naceu en Baltimo-

re e emigrou a Galicia despois dunha lesión de boneca que o obrigou a retirarse do baloncesto profesional. A fórmula negrata e un acento moi do este encontraron o seu sitio en Piñor, Ourense. Nesta cidade abre o garito El pueblo, centro de reunión de antisistemas e dexenerados varios que tiran a súa vida á merda.

porque comparten noiva. Ademais nunca ensaian e van aos bolos en metros diferentes. Chámanse Avecrem.

Juanjo é top, xente chunga de Hospitalet e os seus polígonos industriais. Pura raza da Avinguda Carrilet e as properas paradas, brillos guais nas bambas e móbiles como bates de béisbol. Agora traballa de teleoperador e vive cos seus pais.

Vese que de cando en vez quedan para tocar e se pelexan cada dous por tres porque comparten noiva

MÚSICA

Vese que de cando en vez quedan para tocar e se pelexan cada dous por tres



jo, Zener...), esténdese moito máis alá. Os seus máis de 300 concertos a nivel nacional e internacional son a proba irrefutable do valor da súa representación ao vivo.

Os seus máis de 300 concertos a nivel nacional e internacional son a proba irrefutable do valor da súa representación ao vivo

MÚSICA

O particular

estilo dos Betunizer apenas deixa espazo para a dúbida. Con tres discos na súa breve pero intensa traxectoria, os valencianos xa conseguiron labrarse un futuro máis alá da escena underground da súa cidade. O seu post-hardcore con trazas de punk de guitarras afiadas, ritmos únicos e retrousos repetidos ata a catarse preséntase en directo coa potencia axeitada: toda. A banda conta con apenas 6 anos de existencia; non obstante, a experiencia dos seus membros, cunha longa lista de bandas na que tocan ou tocaron (Colo, Jupiter Lion, A Veces Ciclón, Estratexia Lo Capto, Orquestra do Cabalo Gañador, Mentat, Rastre-



A banda

xurde cando varios excompoñentes de bandas referentes no Ribeiro deciden reavivar un oco que levaba anos valeiro dentro da escena underground máis agresiva. Nun primeiro momento a banda está formada por Manuel Araujo (Scronfill) á voz, Hugo Mojón (Ánima) guitarra e coros, Rubén Martínez “Potax” (Trut69) á batería e Carlos Conde (Scronfill) ao baixo. Dan o seu primeiro concerto no Localarte (espazo para bandas locais) do Arteficial 2013.

(Ánima, Johnny Cat & Poor Dogs) á batería. O son de Cova explora dende os sons máis melódicos e accesibles coas súas composicións vocais a pasaxes máis progresivas, sombrías e contundentes grazas aos riffs de guitarra e a súa demoledora sección rítmica. Agora, despois dun tempo pechados no local e no estudio, presentarán no Arteficial 2015 os seus novos temas: Cpricornio, Seres Libres, La Danza de los Enanos e Olvido, como única proposta local.

Agora despois dun tempo pechados no local e no estudio presentarán no Arteficial 2015 os seus novos temas

MÚSICA

Logo de que dous dos seus compoñentes tiveran que deixar a banda por motivos persoais, entran nela para comezar unha nova etapa David Martinez “Kabrax” (Proxecto Barullo, Trut 69) ao baixo e nas tarefas de produción, e Paio Xosé



son de Valencia e viven no presente (mesmo ás veces no futuro), Jupiter Lion poderían encaixar perfectamente na Alemaña dos anos 70, cando bandas como Neu, Can ou Faust daban forma ao krautrock ou a tamén chamada komische musik. Cósmico é, de feito, un concepto que lles encaixa como unha luva: os seus desenvolvementos instrumentais hipnotizan a partir de sintetizadores repetitivos, estruturas en espiral e ritmos que se expanden cara a dimensións descoñecidas. Iso é precisamente o que acontece en “Brighter”, o seu último traballo, cuxas cancións crecen imparables mentres absorben polo camiño elementos da electrónica experimental, o rock progresivo, o minimal techno ou o transo. Jupiter Lion son José Guerrero (baixo, tamén en Betunizer e La Orquesta del

Caballo Ganador), Gonzo In Veigas (baterías) e Sais (sintetizadores, voces e programación). Dende o seu debut homónimo, publicado tamén en BCore en 2012, veñen demostrando a solidez dunha linguaxe que se sustenta na compenetración dos tres membros do grupo. Jupiter Lion non recorren a trucos doados ou a loops que lles permitan avanzar con seguridade. Ao contrario: buscan a combustión lenta, o dominio dos seus instrumentos e activar todos os sentidos do público sen artificios de ningún tipo.

Buscan a combustión lenta, o dominio dos seus instrumentos e activar todos os sentidos do público sen artificios de ningún tipo

MÚSICA

Aínda que



En xuño dese mesmo ano publican o seu primeiro EP “Selección Natural” con moi boa acollida por parte da crítica. Sen deixar de dar concertos en todo ese periodo, publican o seu segundo traballo “Vivac” cargado de ritmo e melodías brilantes. Deron o seu primeiro espectáculo ao vivo en febreiro do 2012 e dende entón a banda foi medrando e experimentando nos seus numerosos concertos.

Tocaron en festivais coma o Lets Festival (BCN), Festival do Norte o Matadero (MAD) entre outros; e foron teloneiros de bandas coma Is Tropical, Cansei de Ser Sexy o Schwarz. Este verán participarán en festivais tan importantes coma o BBK Live! en Bilbao ou Low en Benidorm.

Deron o seu primeiro espectáculo ao vivo en febreiro do 2012 e dende entón a banda foi medrando e experimentando nos seus numerosos concertos

MÚSICA

Músculo!

fórmanse en Valga (Pontevedra) en xaneiro de 2012. En marzo dese mesmo ano quedan semifinalistas no concurso “Proyecto Demo” do festival de Benicassim e Radio3 coa súa primeira maqueta.



encaixando así as pezas dun crebacabezas que soa á vez clásico e moderno, salpicado de guitarras que se entrelazan e voces que falan de mundos que non están neste. Os sons resultantes poden por momentos recordarnos a Deerhunter ou Brian Jonestwon Masacre, bandas referentes para os mozos galegos, xunto a indispensables como Pink Floyd, Neu!, Can ou King Crimson. “Is It In You?” é unha declaración de intencións que destila enerxía, ambición e inquietude, porque a experimentación está no ADN destes rapaces, cuxa xuventude é a antesala de algo máis grande que está por vir.

“Is It In You?” é unha declaración de intencións que destila enerxía, ambición e inquietude, porque a experimentación está no ADN destes rapaces

MÚSICA

Moito

, e moi ben, leva falándose durante este último ano sobre Puma Pumku. Un nome tras o que se refuxian Amadeo Varela, Guillermo Cavero -Pamper-, Francisco Varela, Óscar Raña -Polbo- e Álvaro Dosil -Coque-. Cinco amigos que, tras tocar en diversas formacións, uniron os seus camiños a través dunha persoal visión da psicodelia, o dream pop, o space rock e a música experimental. Todos os elementos que agora coexisten en “Is It In You?” encontrábanse xa dalgún xeito no seu primeiro Ep, unha maqueta de nome homónimo (Puma Pumku, 2013) que facía presaxiar as dotes alquimistas da banda á hora de traballar os sons, coidar os matices e crear atmosferas tan desconcertantes como adictivas. A principios de 2014, mentres se curten con concertos por toda Galicia e Portugal, gravan o seu primeiro álbum con Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño (Triangulo de Amor Bizarro),



Trilitrate

é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como fin crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación; revelando influencias de estilos tan alonxados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademáis música étnica orixinal dentro dun universo propio. Esta atmósfera complétase mediante estímulos visuais xerados en tempo real.

na Vázquez (Orquestra Vigo 430, Suelen Estar Quartet), por Marcos Padrón ó acordeón (Orquestra de Música Espontanea de Galicia) e por Rubén Abad na guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera). Nese mesmo ano realizaron a súa primeira gravación. No 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde, coincidindo coa segunda grabación do grupo (Faláchesme na Man) que están presentando actualmente.

Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación

MÚSICA

Trilitrate formouse en Vigo no ano 2012 pola violinista Ele-


EXPO DE FOTO

FOTOFICIAL

Un ano máis en Arteficial non quixemos deixar de lado a arte da fotografía. Este ano buscamos chegar a un máximo público e para iso imos realizar unha exposición exterior de gran formato. Artistas do Ribeiro e arredores, moit@s deles integrantes da Asociación de Fotográfos do Ribeiro, son @s autor@s das imaxes que encherán de vida o noso festival e dicimos vida xa que a tématica elexida para este ano é a temática social, visións diferentes de persoas, lugares, feitos ou temas sociais que @s autor@s queren destacar en imaxes. A exposición poderase ver no recinto do festival, na Praza da Madalena e estará colocada o sábado 5 de setembro e uns cantos días máis, para engalanar o noso pobo como merece.


MASCOTAS PERDIDAS DO RIBEIRO

Somos un grupo de voluntarios residentes en Ribadavia que xunto coa colaboración e donación dos veciños do Ribeiro, coidamos e buscamos adopción ós animais recollidos polo concello de Ribadavia. En resumo, cubrimos o papel que o concello e as diferentes administracións deberían cumprir e non fan. O noso punto forte para chegar ós veciños é a traves da nosa páxina na rede social facebook onde na actualidade somos máis de mil persoas (practicamente toda xente do Ribeiro). Esta páxina é unha ferramenta de axuda ós animais da zona do Ribeiro, tanto domésticos, salvaxes ou de granxa. Axudamos a particulares resolvéndolle dubidas, dando consellos, difundindo ós seus animais por si precisan atoparlle un fogar, se lles extraviaron ou si os atoparon na rúa. E sobre todo serve para difundir os animais recollidos polo concello. Mentres estes animais están nas dependencias do concello encargámonos da alimentación, hixiene, coidados veterinarios e paseos dos animais (dúas veces ó día) mentres difundimos o seu caso mediante as redes sociais, radio, cartaces e prensa, para atopar ao propietario do

animal e en caso de abandono, atopar un adoptante. En ningún momento se meten nas dependencias do concello animais de particulares, animais recollidos por nós a título persoal, etc... só entran os animais recollidos polo GES. Todos os animais que foron dados en adopción dende a nosa chegada teñen un seguimento, entregáronse desparasitados interna e externamente, coa cartilla de vacinas ó día no caso dos cachorros, con medicación no caso de ter que seguir un tratamento, e moitos deles esterilizados, sen ningún tipo de compensación máis que o seu benestar. Tampouco se pide compensación monetaria para os cans que finalmente son recuperados polos seus donos, a pesar de recibir atención veterinaria, alimentación e desparasitación dende o momento que son recollidos.

facebook.com/mascotasperdidasnoribeiro

ACTIVIDADES PARALELAS

MERCADO DAS SEMENTES


IRMÁS CARTONÉ Irmás Cartoné é unha pequena editora independente creada por Carlos Valdés e Celia Recarey, dous seres con máis de cadansúa década de experiencia mercenaria no sector editorial e adicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal. * Entendendo por clásicos todos aqueles textos que aquí ás irmás nos parezan dignos de seren considerados como tales aínda que os canons os teñan, nalgún caso, esquecido.

www.irmascartone.com

EDITORIAL ELVIRA Editorial independente adicada á poesía, ao libro de artista e á literatura en xeral. A pedra angular do proceso de traballo é a relación entre autores e o equipo da editora traballando de forma conxunta para que a obra final respete e se corresponda coa idea orixinal. Conferimos vida propia a cada publicación mediante edicións traballadas de forma minuciosa e independente, poñendo especial coidado no deseño e a maquetación e desenvolvendo nos mesmos o proceso editorial íntegro, sen a intervención de terceiros. Paralelamente nace o Espacio Elvira, rincón concebido non só para a comercialización das nosas publicacións, se non que tamén como centro de divulgación e intercambio cultural. Proxeccións, coloquios ou, simplemente, a lectura e a charla acompañadas por un café teñen cabida neste espazo. www.editorialelvira.es


JULIA HUETE E OSCAR RAÑA

SANTIAGO PAREDES Nado en Tui en 1989, graduouse no 2011 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e terminou os seus estudos de Máster en Libro Ilustrado neste mesmo ano. Fortemente influenciado pola música punk, o cómic underground, a natureza e a historia da humanidade, centra o seu traballo como artista gráfico freelance en cartaces e portadas para bandas musicais, prensa e particulares. Ademáis participa de maneira habitual en fanzines como Firecream, Fanzinematones ou El Cosmonauta Tropical. Kakalake é o seu propio fanzine autoeditado no que recopila parte do seu traballo en diferentes medios. Durante 2013 comenzou a traballar coa galería de arte Combustión Espontánea coa que realizou varias exposicións coma: Rock & Animal, Wild Mansion ou Playdino e ten participado en feiras como Room Art Fair ou exposicións coletivas como Rock Around the Design.

En 2014 o seu traballo foi reseñado na primeira recopilación de ilustradores galegos Ilustradots: 50 ilustradores gallegos actuales publicado pola revista Dot. Actualmente atópase rematando o seu primero cómic de longa duración. Nesta mostra no ARTEFICIAL, poderanse atopar fanzines, camisolas, prints, chapas… é dicir, artefactos gráficos variados para aturdir ás masas. www.santiagoparedes.net

ACTIVIDADES PARALELAS

Óscar Raña e Julia Huete, graduados en Belas Artes, traballan xuntos dende fai casi dous anos. Publican o fanzine Drama Sureño, unha pequena publicación a toda cor. Traballan mesturando a súa afición polo tebeo e as artes plásticas máis diversas e están en contacto co mundo da autoedición e deseño musicais. www.huetix.tumblr.com www.oscaranha.tumblr.com


FOSFATINA Editora independente sita en Vigo orientada á vertente menos comercial do mundo gráfico, en todas as súas expresións, pero abertos a todo tipo de proxectos, de calquera índole, que nos poidan facer tilín. En setembro do 2013 comezamos a reunirnos con Andrés Magán para estudar a posibilidade de sacar un cómic con Editorial Elvira, editoria coa que colaboramos. A medida que o proceso avanzaba a idea de xerar unha plataforma que aglutinara a todos esos autores que admiramos foi collendo máis forza. O proxecto tal e como se desenvolve actualmente naceu en febreiro do 2014. En agosto do ano pasado iniciamos a nosa andaina co lanzamento de “Griza Zono” de Andrés Magán durante o festival No Tengo Mamá, de Seara Records. Posteriormente editamos INFRALUMINOSA / LAMINADA de Berto Fojo e Andrés Magán e pouco despois PERLAS DEL INFIERNO de Begoña García-Alén. O trimestre pasado lanzamos a nosa colección bimensual Fosfatina 2000 con Extrasolar de Roberto Massó e presentamos “Havarti Party” de Roberta Vázquez.

MEDUSA BISUTERÍA Medusa nace da necesidade de ordear a cabeciña e manter a serenidade. En principio foi un pasatempo que co tempo, o boca a boca e a “crise” converteuse nun modo divertido de axudar á economía. A inspiración dos pendentes xurdiu ollando uns agasallos da miña avoa feitos de xeito irregular. O meu gusto polas pedras semipreciosas e polo cristal fixo o resto. Ningunha peza é igual á outra e todas están feitas con todo o coidado para que cores e formas deixen un fermoso acabado.

As nosas últimas edicións son “El Matatenias” de Pepa Prieto Puy dentro de Fosfatina 2000 e “El Jardín Devastado / Los Incapcaces” de Julia Huete e Óscar Raña, dentro da colección SPLIT. www.fosfatinaediciones.tumblr.com www.fosfatina.tictail.com


VALIS ATTITUDE Conxunto artístico formado por Abelo Valis e Mars Valis, ambolos dous de orixe galega. Os seus proxectos de diferente índole, abarcan eidos coma a fotografía, o video, a instalación e a música.

Outro dos seus temas recurrentes é a creación do mundo onírico que lles rodea, dende calquera dos seus ámbitos, empregando escenarios ou diferentes atrezzos crean este espazo recargado de cores ou completamente obsoleto para transmitir mensaxes subconscentes. facebook.com/valisattitude

FLOR & NATA A marca Flor & Nara foi creada no 2013 por dous mozos santiagueses, Mar Suárez e Brais Albor. A idea desta marca alternativa e só de venda on-line é a reutilización dos texidos e deseños de calidade antigos para crear algo actual que sexa único e cun coste moi reducido. Destaca polo emprego de marcas coñecidas como Levis’s, Moschino, Burberry, etc. O tratamento da roupa realízase por eles mesmos, así coma o deseño gráfico e as fotografías, isto fai que sexa máis familiar e orixinario da súa terra. Empregar o vintage para crear algo novo, este é o seu lema. Están a prol das vellas modistas que realizaban pezas de deseño nas súas casas e a baixo prezo, acabar co mercado serializado e apostar polo deseño exclusivo, as pezas están cosidas a man e cada unha delas é única. facebook.com/FloryNataShop

ACTIVIDADES PARALELAS

Entre os seus temas máis habituais caberían destacar a difusión do ego na rede, sempre tratado dende o amorodio, xa que os dous son uns profundos amantes de si mesmos.


ORO NEGRO Oro Negro nace no 2013 en Santiago de Compostela, unha particular tenda vintage na que os productos están seleccionados a man, un a un, con procedencias de diferentes países como U.S.A ou Francia, contan con prendas para todolas idades e gustos, se queres vestir orixinal e con roupa de primeira calidade, é a túa tenda. Facendo aínda máis particular esta tenda, contan con roupa de novos deseñadores e marcas novedosas a parte da súa propia marca “Oro Negro”. No último ano, esta tenda foi recoñecida en diferentes medios e proclamada unha das mellores tendas vintage en Galicia, así como ben coñecida no mundo vintage a nivel español. Se queredes visitar a tenda podedes atopala na rúa Alfredo Brañas nº21 Santiago ou seguilos na súa páxina de facebook: facebook.com/OroNegroVintage

CRISTIAN FOJÓN CARUNCHO Autor de banda deseñada. Nacín en Vidueiros, unha aldea das montañas do Orteghal e no 2010 saquei o primeiro num. do meu fanzine Historias de Regho Torto. Pódese dicir que Regho Torto é a típica aldeíña galega, pero poboada de personaxes non tan típicas (dende bandas organizadas de porcos bravos ladróns de patacas a cowboys algo perdididiños). Regho Torto bebe do rock Bravú, do seu esprito rebelde e da súa forza e estima da cultura propia, sen complexos. Bebe tamén do cine de Tarantino e desa estética violenta, ou de Peckinpah e o western crepuscular, comparando a fin do salvaxe oeste co cambio de vida ,cara un camiño incerto, nunha terra tamén brava como é o rural de GZ. Bebe de Ásterix e desa unión dun pobo pra se defender dos invasores ou da tolemia colectiva de Dr.Slump. E bebe tamén (por qué

non?) de Heidi e do amor polo rural e a naturaza. Todo envolto co ton enxebre das fotografías galegas de Ruth M. Anderson. Pois iso, Regho Torto é unha mestura, a aldea galega na que Heidi se atopa con Peckinpah. Dentro deste fanzine levo autoeditado Os Marcos (2010), Construcción en Rego Torto (2010), Salustio en Norteamérica (2011), O home que liberou a fraga (2011), Salustio e a “Festa Nacional” (2012), O asubío das fouces (2013), Por un saco de patacas (2014) e O voo da vacaloura (2015).


SANTI ZUBIZARRETA Ilustrador e musico de Vigo. Debuxante de comics e autor de Cara de Parvo, Mcfly la mosca alcohica, etc.

Forma parte do colectivo SearaRecords facendo deseños para portadas de discos e cartaces dos eventos e co seu grupo “Los Locos Hongos” e o seu novo proxecto en solitario Anti S. Vende láminas, merchandising coma camisetas cos seus deseños, bolsos de tela, pegatas e máis.

CESTOLA NA CACHOLA Cestola na Cachola é unha cooperativa galega que nace en 2013 combinando proxectos ligados á pintura e á economía social e solidaria, como resposta a unha necesidade común de autoemprego e as gañas de desenvolver proxectos innovadores en eidos aparentemente dispares. Somos 3 persoas socias-traballadoras con experiencia nos eidos da pintura, a ilustración, o muralismo, a educación para o desenvolvemento e o asesoramento cooperativo; como iniciativa de autoemprego colectivo, utilizamos a nosa empresa como ferramenta para pensar de xeito democrático, colaborativo e transparente.

ACTIVIDADES PARALELAS

Participa en fanzines como Kovra, Que Suerte!, funda xunto a Andrés Magán e Begoña Garcia Alén o fanzine Firecream...ou o seu novo fanzine individual “Weirz” impreso en Medalariso, Fattbottom Barcelona.


MÁIS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN ARTEFICIAL

COLCHONETA FILM FESTIVAL (CFF) Unha nova iniciativa do grupo xuvenil ARTESOCIAL (a banda máis xuvenil de Arteficial) na que proxectamos pezas audiovisuais, documentais e curtas de ficción de temática social de toda Galicia. A proxección foi seguida dunha mesa redonda onde responsables relacionados coas proxeccións falaron do mundo audiovisual en Galicia e a temática social nesta área artística. O obxectivo desta actividade é fomentar un lecer comprometido e crítico a través da visualización de documentais e fomentar a participación creando ambientes de debate acerca de diferentes temáticas. O éxito da primeira edición e o bo sabor de boca que tivemos ao rematar a actividade impulsounos a continuar co CFF e propoñer unha segunda edición da que teredes máis novas proximamente.

graffiti nas aulas O grupo xuvenil Artesocial está a realizar unha serie de grafitis en colaboración coa dirección do CPI Tomás de Lemos. Esta actividade está destinada a todo o alumnado deste instituto, así coma a todos aqueles que se queiran achegar durante a creación dos graffitis. Séguenos nas redes e entérate das creacións deste 2015.


JAM SESSION A JAM ROCK ARTEFICIAL ten como obxecto dar a oportunidade aos músicos da comarca do Ribeiro de misturarse para despregar ao vivo temas propios ou versións de grupos máis recoñecidos para goce do público asistente e tamén para poñer en valor aos músicos da nosa terra. Arteficial sempre pretende incluír bandas locais no seu cartaz, máis cando isto non é posíbel a Jam é un perfecto evento para conseguires estes obxectivos.

E NON PODEMOS MARCHAR SEN ANTES AGRADECER A COLABORACIÓN / patrocinio DE:



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.