16º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-xaneiro 2013

Page 1

WWW.15M-ACORuNA.COM/MONTEALTO

B

o i c o t

Dende o 15M de Monte Alto decidiuse levar a cabo un boicot ao grupo Inditex, que comezará cunha campaña de recollida de firmas, polo menos ata que cese nas prácticas que posteriormente se describen e que consideramos que somentes lles dan proveito ós seus directivos a costa do traballo e o consumo do pobo. Deséxase que dito boicot conte coa participación do maior número posible de movementos e colectivos sociais.Estamos fart@s de que o Grupo INDITEX sexa considerado polos medios e os gobernos galego e español coma exemplo de triunfo e desenvolvemento empresarial, e consideramos que

# # #

a

ASAMbLEAMONTEALTO@gMAIL.COM

i

n d i t e x

este logro se debe á explotación á que somete á súa forza de traballo e ós seus consumidores, non

mete á súa plantilla en España e a reducción desta a pesares do aumento dos seus beneficios, á súa política de subcontratas con empresas que non cumplen as mínimas condicións laborais tanto en España coma noutros países fundamentalmente Campaña contra a escravitude no Brasil de Asia, Sudamérica e África, chegando a acumular centos de denuncias por escravizar a mulleres e nen@s nestes casos, e o mal uso das subvencións estatais que recibe, non adicadas á creación de emprego e productos revertindo eses beneficios na socie- de calidade senón a consolida-la súa dade á que dí favorecer ofrecendo posición no mercado mediante a exsupostamente emprego digno e pro- plotación laboral a nivel global e ó fomento dun modelo de consumo dutos asequibles e de calidade. totalmente irresponsable en tódolos Queremos denunciar as pésimas aspectos. g condicións laborais ás que so-

Próximas convocatorias

O 20 DE NOvEMbRO APRObOuSE A LEI POLA QuE SE REguLAN DETERMINADAS TAXAS NA ADMINISTRACIóN DE XuSTIzA. Antes desta lei xa existían taxas xudiciais pero estaban re-

servadas a empresas cun nivel de facturación considerable.

O 20 de novembro aprobouse a Lei 10/2012 pola que se regulan determinadas taxas no ámbito da Administración de Xustiza e do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses. A parte que regula as taxas relativas á alta e modificación das fichas toxicolóxicas non causa grande alarma social, en cambio si que o fixo, e con razón, a reforma das taxas xudiciais. Antes desta lei xa existían taxas xudiciais pero estaban reservadas a empresas cun nivel de facturación considerable. Esta lei xeneraliza a esixencia de taxas para acceder á Xustiza á xeneralidade dos cidadáns no que supón unha restrición inédita do dereito constitucional á tutela xudicial efectiva, que se recolle no artigo 24.1 da Constitución Española do seguinte xeito: “Todas as persoas teñen dereito a obter a tutela efectiva dos xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos, sen que, en ningún caso, poida producirse indefensión". O feito de establecer unha taxa para o pagamento dos servizos xurídicos xa é en si moi discutible, pois é razoable entender que unha sensata interpretación da Constitución supón que a cobertura do gasto público correspondente á cobertura dun dereito fundamental básico ten que se realizar sobre a base de impostos xeralistas, non a taxas. As novas taxas xudiciais non supoñen un pagamento do acceso á Xustiza senón un "repagamento", pois o custo deste servizo esencial veuse financiando e ségueo sendo cos impostos de carácter xeral.

Se queres escribir unha carta, artigo, opinión... coa intención de que sexa publicada, ponte en contacto connosco en asambleamontealto@gmail.com

NON ME TIRES cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. PÁSAME.. FA C E B O O K : 1 5 M A S A M B L E A P O P U LA R D E M O N T E A LTO

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 16 - xaneiro 2013

#

T W I TT E R : 1 5 M m o n t e a l t o

Pero non é só que a idea de financiar a administración de Xustiza mediante unha taxa sexa rexeitable senón que a elevada contía destas taxas supón establecer unha auténtica barreira para o acceso á Xustiza que producirá indefensión. A contía das taxas establécese sumando unha cota fixa para cada tipo de asunto e unha cota variable consistente nunha porcentaxe da contía do asunto. A porcentaxe variable é

dun 0,5% para as contías ata un millón de euros e de 0,25% para as contías superiores a esa cantidade. Algúns exemplos da cota fixa, que se suma á anterior para determinar o importe da taxa, son: para un xuízo verbal ou cambiario 150€, para un xuízo ordinario 300€, para un monitorio 100€, para unha execución dun título executivo non-xudicial 200€, recurso de apelación 800€, recurso de casación 1.200€, recurso de suplicación na orde social 500€, recurso de casación na orde social 750€. O efecto barreira destas taxas é especialmente grave en reclamacións en que a contía do asunto é moi alta. Supostos como poden ser a reclamación dunha incapacidade laboral, reclamacións de defectos de construción ou danos nunha vivenda, reclamacións de responsabilidade civil por mortes en accidente, acción de restitución de cantidades investidas en participacións prefe-

W W W. 1 5 M -A C O R U N A . C O M / M O N T E A LTO

#

rentes, por neglixencias médicas, herdanzas, etc. Outro gran prexudicado vai ser o colectivo de avogados, un colectivo que xa viña sufrindo un forte proceso se precarización e proletarización e que agora vai ver reducirse o volume total da súa actividade. Tamén vai quedar gravemente minguada a capacidade dos pequenos comerciantes e industriais de responder fronte aos impagos. A suma dos gastos da taxa, do avogado e o procurador, xunto ao risco de que o debedor sexa insolvente e non chegue a cobrar nada, disuadirá moitos autónomos e pequenas sociedades de reclamar as súas débedas, aumentará a desconfianza no tráfico mercantil e beneficiará aos profesionais máis desaprehensivos. Este efecto de barreira das taxas maniféstase especialmente

A S A M B L E A M O N T E A LTO @ G M A I L . C O M


WWW.15M-ACORuNA.COM/MONTEALTO nas reclamacións derivadas do exercicio dos dereitos dos consumidores nas que a enorme diferenza en poder económico das partes enfrontadas unida ao efecto disuasorio das taxas aumentará a indefensión do consumidor fortalecendo as grandes empresas. Máis aínda, a maior dificultade no acceso á vía xudicial para os consumidores fai que a submisión a arbitraxe sexa menos interesante para as empresas, que ata agora podían ver na arbitraxe unha opción máis barata de facer fronte a reclamacións de clientes que a falta de arbitraxe lle reclamarían en vía xudicial. Ao ver agora fortalecerse a súa posición na vía xudicial pode animar a quen ata agora si aceptaban as arbitraxes a non os aceptar. Na argumentación das bondades da lei de taxas, os seus defensores aludiron a que servirá para potenciar a mediación como alternativa á resolución xudicial de conflitos. Alúdese a que noutros países europeos a xente recorre moito máis á mediación esquecendo que en moitos deles existen servizos de mediación gratuítos. A mediación no Estado Español non é gratuíta e xestiónase por servizos privados, de maneira que esta xustiza privatizada que se quere promover para os cidadáns modestos non é tan barata, sobre todo porque ningunha das partes en conflito ten que conformarse co ditame do mediador e o custo da mediación pode engadirse ao do procedemento xudicial posterior. Ademais a mediación, en combinación coas taxas xudiciais, supón unha desvantaxe de partida na mediación para a parte máis débil economicamente, pois o maior interese en evitar os gastos dun xuízo pódelle predispoñer a ceder máis que a parte máis podente para lograr un acordo de mediación. As taxas xudiciais establecen un principio de desigualdade por motivos económicos nas posibilidades de acceso á xustiza. As persoas de alto nivel de renda seguirán esixindo os seus dereitos ante os tribunais con facilidade mentres que as persoas de economía media tenderán a renunciar á defensa dos seus lexítimos intereses xurídicos polo efecto disuasorio das taxas. Sen dúbida esa maior facilidade da clase alta para defender os seus intereses contribuirá a unha maior desigualdade social e a reforzar as relacións de dominio entre cla-

# # #

ASAMbLEAMONTEALTO@gMAIL.COM

ses sociais. É especialmente grave o alto custo das taxas da segunda instancia, dos recursos: as apelacións 800 € mínimo, as casacións a partir dos 1.200 €. A suplicación en vía laboral 500 € e a casación 750 €. Estes fortes gastos na segunda instancia reforzan a desigualdade social na capacidade de defender xudicialmente os dereitos de cada un. Nun conflito entre unha empresa e un cliente modesto ou un traballador, a parte economicamente débil pensarao moi moito antes de recorrer unha sentenza desfavorable na primeira instancia, de maneira que o condenado podente dispoñerá da segunda oportunidade que supón o recurso mentres que o condenado modesto verase empurrado a conformarse coa sentenza en primeira instancia.

presas ante a xurisdición social ao ampliar os supostos de despedimento obxectivo e ao eliminar os salarios de tramitación na maior parte dos supostos, de maneira que o traballador en mala situación económica agora séntese máis premido a aceptar un acordo lesivo para os seus intereses en vez de recorrer á vía xudicial e a empresa pode enfrontar unha demanda de despedimento con moita máis tranquilidade e con moito menos interese de ceder

Da obriga de pagar as taxas xudiciais están excluídas as persoas con dereito á asistencia xurídica gratuíta, que son as persoas cuxa unidade familiar ten ingresos inferiores ao dobre do IPREM, é dicir, 1.065 euros ao mes segundo o IPREM fixado para o ano 2013 e que é o mesmo que nos anos anteriores a pesar do incremento dos prezos e é moi probable que se manteña conxelado en anos sucesivos. O límite de ingresos é por unidade familiar, indistintamente que estea integrada por unha soa persoa que vive soa ou alguén cuxo cónxuxe non traballa e con nenos a cargo, así

TAXAS XUDICIAIS

NON ÁS

algo mediante acordo. Ao establecerse fortes taxas para os recursos fronte ás sentenzas dos xulgados do social, dificúltase os traballadores o acceso ao recurso deixando expedita esa segunda oportunidade para as empresas podentes, de maneira que se produce un desequilibrio de posibilidades procesuais en favor do empregador. Coa imposición das taxas xudiciais saen gañando os cidadáns máis podentes e as empresas fortes. Por un lado verán fortalecida a súa posición xurídica nas súas relacións con pequenas empresas e cidadáns modestos, que tenderán a asumir abusos para evitar incorrer en gastos xudiciais mentres que os podentes sentiranse libres de reclamar todos os seus dereitos. Así por exemplo as empresas de subministracións (enerxéticos e de telecomunicacións) estarán moito máis a salvo de reclamacións que lles poidan presentar os consumidores mentres que estas empresas, se queren por exemplo reclamar impa-

que a lei de taxas é unha lei hostil á familia. Tamén se exclúe da obriga de pagar taxas xudiciais ás administracións públicas, fortalecéndose así a súa posición xurídica fronte aos particulares, pois estes si que terán que pagar taxas nos preitos que teñan coas administracións. Por outra parte as taxas xudiciais reforzan o carácter regresivo, de favorecemento da posición xurídica dos patróns, da reforma laboral. A reforma laboral xa fortalecía ás em-

FACEbOOK: 15M ASAMbLEA POPuLAR DE MONTEALTO

#

TWITTER: 15Mmontealto

FACEbOOK: 15M ASAMbLEA POPuLAR DE MONTEALTO gos dos seus clientes, só terán que esperar a que se acumulen uns poucos meses de non pagamentos para que as taxas pola reclamación xudicial das cantidades debidas polo consumidor lles resulten doadamente asumibles. As persoas adiñeiradas e as grandes empresas veranse tamén beneficiadas polas taxas xudiciais porque, ao disuadir aos cidadáns de economías modestas de presentar moitas reclamacións xudiciais, reducirase a carga de traballo dos xulgados, estes resolverán máis rápido e as clases podentes go-

t

mos un mercadiño de troco no centro da cidade como forma de respostar ás dinámicas consumistas que se impoñen durante o Nadal. Pese a que a forte choiva e o vento obrigáronnos a adaptarnos ás circunstancias, puidemos realizar esta actividade coa que queriamos reivindicar a necesidade dun consumo máis responsable. A idea inicial era repetir a actividade que fixéramos o ano pasado xunto a outras asembleas do 15M: un mercadiño de troco no Obelisco durante todo o día no que a xente se puidese achegar e cambiar as súas cousas por outras que lles interesaran traídas por outras persoas. Na nosa asemblea, dende que comezamos a funcionar, impulsamos a realización dun troco mensual no barrio como un xeito práctico e moi útil de modificar o noso sistema de valores, dei-

TWITTER: 15Mmontealto

zarán dunha xustiza máis rápida, a costa claro da desprotección dos cidadáns de economía modesta.

como deputados no Congreso e tamén no Consello Xeral do Poder Xudicial.

Detrás desta reforma podería estar a potente influencia das grandes empresas de avogacía que defenden os intereses dos seus clientes, as grandes empresas e grandes fortunas, mediante a súa potente actividade de lobby. Estas grandes empresas de avogacía (chamalos grandes despachos é quedarse curto)) teñen algúns dos seus membros sentados

Podemos resumir os efectos das taxas xudiciais dicindo que con elas teremos un sistema de xustiza aínda máis eficiente protexendo os intereses dos ricos fronte aos dos pobres e menos propicio para protexer os intereses dos pobres fronte aos ricos, un mecanismo de afondamento e consolidación das diferenzas sociais. g

r o c o

O pasado 15 de Decembro realiza-

#

d e

n

a d a l

xando a un lado o valor económico (o prezo) para primar o libre intercambio, a solidariedade e a posta en común. Unha forma de pensar que se ve especialmente atacada nestas datas do ano, nas que todo está enfocado a incentivar o gasto (dende os anuncios publicitarios ata o alumeado público), sexa necesario ou non. Este ano, sen embargo, tivemos que enfrontarnos ás adversas condicións meteorolóxicas, obrigándonos a cambiar o lugar do troco (pasamos ó Palco da Música, que está un pouco máis cuberto), a utilizar lonas para impedir a entrada da choiva e, finalmente, a dar por rematada a actividade ó chegar o mediodía, en vista de que a cousa non melloraba e do esgotamento acumulado durante a mañá. Pese ás adversidades, non todo foi malo, ben ó contrario: trocáronse varias cousas, moita xente se achegou pese á choiva e puidemos disfrutar

WWW.15M-ACORuNA.COM/MONTEALTO

# # #

dun fantástico concerto co que amablemente nos agasallou o grupo de pandereteiras As Chivinhas. Aproveitamos para volver agradecerlles a súa colaboración, a súa música e o seu bó humor a pesares das circunstancias, que nos axudou a tomar a cousa con alegría mentres disfrutabamos do seu concerto e, ó mesmo tempo, loitabamos contra o vento. Non tivemos ocasión de facer o taller de xoguetes con material reutilizado que tiñamos pensado realizar pola tarde, unha forma máis de axudarnos a ver que a vida útil das cousas que nos rodean vai moito máis aló do que nos marcan as pautas productivas e que basta cun pouco de imaxinación. Pero é unha actividade que temos moitas ganas de facer e á que tarde ou cedo lle atoparemos un oco. Así que xa sabedes: vémonos no próximo troco! g

ASAMbLEAMONTEALTO@gMAIL.COM


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.