CEIP Recimil. Tríptico biblioteca verán 2016.

Page 1

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA

3º – 4º

5º-6º

En GALEGO:

En GALEGO:

“Alba, unha aprendiza de meiga” (Ed. Tambre)

“ Moito morro corporation, Sociedade ilimitada” (Ed. Galaxia)

Alba ten doce anos. É unha rapaza coma todos os rapaces e rapazas da súa idade: xoga, estuda, pasea, baila… Se algunha característica especial ten Alba, quizais sexa a de saber utilizar as súas calidades naturais para facer cousas que parecen extraordinarias.

“Zoa e Azor” ( (Editorial Tambre) Para a xente da súa aldea, Silvano é un neno raro: gústalle escribir poesías. Coñece a Omar, dono dunha compañía de teatro ambulante que lle confía o coidado dos seus cabalos, Zoa e Azor, pero o seu curmán Tomás e os seus amigos non paran de facerlle sabotaxes. Unha historia emocionante de An Alfaya.

En CASTELÁN:

”Un tirón de la cola”” (Editorial Vicens Vives) Mary Hoffman preséntanos once historias divertidas de animais nas que os lectores descubriremos que se nos pasamos de listos, somos demasiado avariciosos ou algo fanfarróns, podemos acabar moi malparados.

“Anaconda” ( Editorial Vicens Vives) Aínda que os humanos invadimos ás veces o hábitat dalgúns animais, e poñemos en perigo a súa supervivencia, outras veces convivimos en harmonía. Este libro de Horacio Quiroga narra con humor e tenrura historias que protagonizamos.

AS SUXESTIÓNS DE ZONGALO QUIRICO

Trátase dunha historia moi divertida onde unha compañía de pallasos, trapecistas e domadores demostrarán aos pequenos e pequenas lectoras que poden achegarse a eles porque o circo é “o maior espectáculo do mundo”. Con esta obra de teatro Carlos Labraña gañou o concurso de Teatro infantil O Facho, na convocatoria de 2014.

“Descenso ao barranco do Demo” (Ed. Xerais) O señor Viramontañas cóntalles a Martiño e a Helena a viaxe que, cincuenta anos atrás, fixo co seu curmán: desde os mananciais do río ata a desembocadura no mar e o perigoso descenso polo barranco do Demo. Divertido e didáctico libro da colección “O club da ciencia”.

En CASTELÁN: “La herencia de Pedro” (Editorial Anaya) En plena Idade Media, Pedro é un rapaz orfo que medrou nun mosteiro e non sabe nada do mundo. Pero, o seu destino cambia cando se ve obrigado a abandonar a abadía para se converter en cabaleiro... Unha emocionante historia de Ana Alonso que nos leva nunha interesante aventura pola Idade Media.

“ El diario de Cristina” (Editorial Anaya) O día do seu cumpreanos, as xemelgas Eva e Raquel reciben un agasallo misterioso: un vello caderno que pertenceu a unha xove chamada Cristina. Alí encontrarán unha historia de amor entre Cristina e un gaditano que terá que partir á guerra na época das Cortes Constitucionais de Cádiz. Unha historia maxistral da man de Ana Alonso.

BIBLIOTECA E EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 981 31 28 46 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.