EDUCACIÓN PRIMARIA
EDUCACIÓN PRIMARIA
3º-4º CURSO
5º-6º CURSO
En GALEGO:
En GALEGO:
“Bruxa e familia” (Ed. OQUELEO) Paula Carballeira Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos.Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido senón que o queren coñecer. En CASTELÁN:
AS SUXESTIÓNS DE ZONGALO QUIRICO
“Conta nove estrelas” (Ed. XERAIS) Andrea Maceiras Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o observatorio interestelar, os vixiantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós , malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela En CASTELÁN:
“La curiosidad de Leonardo” (Ed. ANAYA) Núria Moms Leonardo da Vinci foi un artista excepcional. Un home do Renacimiento que se adiantou á sua época, un xenio. Pintor, científico, inventor, non paraba de facerse preguntas e de pensar no porqué das cousas. Descubre neste libro quen era Leonardo da Vinci e a enorme curiosidade que tiña por todo o que o rodeaba.
“Los tres peregrinos” (Ed. ANAYA) Ana Alonso Hana, unha nena palestina,Ezra, un neno israelita e Diego, un neno español, participan nun programa cultural para percorrer en grupo o camiño de Santiago como peregrinos. Pero en León, unha misteriosa muller failles entrega dun obxecto que transformará a viaxe nunha aventura.
CEIP RECIMIL BIBLIOTECA E EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 881 193312 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceip recimil/
ZONGALO QUIRICO deséxavos unhas boas vacacións de NADAL 2019/2020 e, por suposto, tamén unhas boas lecturas. Coma sempre, a vosa mascota, lémbravos que todos os libros que aquí vos presenta, son moi, pero que moi especiais e interesantes. Zongalo Quirico desexa que nestas vacacións aproveitedes para descansar, pero tamén para disfrutar destes marabillosos libros. Buscade un ratiño do voso tempo e metédevos nestas historias tan especiais. O voso galo recomendavos libros de: - Aventuras
- Animais
- Lugares
- Culturas
- Viaxes
- Humorísticos
- Didácticos
- Cómics
EDUCACIÓN INFANTIL
1º-2º CURSO En GALEGO: “Libro de contar” (Ed. OQO) Pep Bruno, Mariona Cabassa Hai moitas formas de contar, pódense contar as nubes deitado na herba, pódense contar as formigas que saen dun formigueiro, pódense contar as papoulas do campo... En CASTELÁN:
Zongalo Quirico, asesorado polas mestras e mestres do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, seleccionou algúns libros que vos poden interesar pero sen esquecer que sodes vós, queridos lectores, os que decidides que queredes ler.
Boas vacacións, boas lecturas, bo NADAL e feliz aninovo!!!!!
EDUCACIÓN PRIMARIA
“Todos juntos” ( Ed. ANAYA) Daniela Kulot Un libro de rimas para avanzar todos xuntos, desde as nosas similitudes e as nosas diferenzas.
En GALEGO: “Feliz Feroz. O lobo riquiño” (Ed. XERAIS) El Hematocrítico A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: É boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertilo nun lobo de verdade. En CASTELÁN: “Mi primer libro sobre Velázquez” (Ed. ANAYA) Eliacer Cansino Diego Velázquez é un dos pintores máis importantes que existíu. Dende pequeno, xa lle encantaba pintar e destacaba polo ben que o facía. Velázquez foi pintor da Casa Real e retratou a toda a familia e a xente importante do momento, pero tamén pintou personaxes populares dun xeito moi real. O seu modo de entender a pintura cambiou para sempre a historia.