CEIP Recimil: Suxestións ZQ - Nadal 2016

Page 1

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA

3º – 4º Ed. Primaria

5º – 6º Ed. Primaria

En GALEGO:

En GALEGO:

“No corazón do bosque”( (Ed.Xerais)

“Esmeraldina, a pequena defunta.” ( Ed. Xerais)

Agustín Fernández Paz Raquel ,unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Aquela será unha excursión inesquecible: a viaxe en autobús, a fraga inmensa, o vello mosteiro...e ,sobre todo, o descubrimento ao chegar á casa dun estraño personaxe no interior da súa mochila .

“A praia da esperanza” ( (Ed.Xerais) Agustín Fernández Paz Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afundimento de petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas.

En CASTELÁN: “Querida Blanca” (Editorial Anaya) ,Carles Cano Non sabemos que pasa tras o punto final dos contos de fadas. Que hai máis alá do “foron felices e comeron perdices”? Pois no caso de Brancaneves hai un matrimonio con altibaixos que coñeceremos a través da súa correspondencia co ananiño sabio. Todo con moito humor e ironía. “Desafío lunar” (Editorial Anaya) Lucas, o neno superheroe, enfróntase nunha nova e sorprendente aventura: a superheroína Leonor encóntrase prisioneira na Lúa e Lucas debe ir a rescatala. Neste libro de Ana Alonso aprenderás as fases da Lúa e a súa relación coa rotación da Terra.

AS SUXESTIÓNS DE ZONGALO QUIRICO

Ledicia Costas O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa, A Tremenda ,unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se convertirá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

En CASTELÁN: “El misterio de la pirámide” ( Editorial Anaya) Ana Alonso Víctor acompaña aos seus pais, que son arqueólogos, á escavación dunha nova pirámide atopada en Exipto. Yasmine, filla do dono do pequeno hostal onde se aloxan, mostraralle as sombras dunhas estrañas criaturas con cabezas de animais que aparecen pola noite. As sombras guiaranos ata o outro lado do tempo, onde coñecerán a Ahmes, o fillo do arquitecto que deseñou a pirámide que agora está sendo escavada. Ademais de gozar coa lectura, os rapaces aprenderán sobre o cálculo da área dunha pirámide e sobre a relixión e a arte do Antigo Exipto.

Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 881930312 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil

BIBLIOTECA E EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP RECIMIL


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.