Skip to main content

Revista Escolar 08-09

Page 1

Recimil.es

Nº 1

Agora que me tes nas túas mans,

comprenderás

que

non somos uns estraños. Xa

INDICE Limiar…….…....……pax 2

hai tempo que somos fieis a esta cita anual. Hoxe acudo

Ed. Infantil……….. pax 3-8

a ti con anovada ilusión.

1º ciclo……………pax 9-16

Convídoche, pois,

a que

2º ciclo ………….pax 17-18

debulles o cariño e o esforzo

Departamentos..…pax 19-27

colectivo que agochan cada

2º ciclo…………..pax 28-33

unha das miñas páxinas. Verás que, sen deixar de ser

3º ciclo…………..pax 34-43

o que sempre fun, hoxe quixeron que renacese para ti. Se moitas cousas vanche semellar novas, o que nunca mudará será a miña arela da túa

mirada

acariñando

agarimosa o

meu

corazonciño de papel que neste mesmo intre só para ti latexa.

Entra e verás!

2

CEIP RECIMIL - 2009


Recimil.es

Nยบ1

CEIP RECIMIL 2009

3


Recimil.es

4

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Nº1

Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009

5


Recimil.es

6

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

7


Recimil.es

8

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

9


Recimil.es

10

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

11


Recimil.es

12

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

EN SEGUNDO COIDAMOS VERMES DE SEDA…

CEIP RECIMIL – 2009

13


Recimil.es

14

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

15


Recimil.es

Nº 1

Dende principio de curso estamos realizando un intercambio cos alumnos e alumnas de 2º do CEIP de Ventín, no concello de Ames. Aínda que xa os coñeciamos por fotos e sabiamos moitas cousas deles, o martes 19 fixemos unha excursión a Santiago e aproveitamos para coñecelos.

Primeiro paramos en Santiago. Alí vimos a Nerea, unha profesora en prácticas, que estivo con nós no primeiro trimestre do curso.

Pasámolo estupendamente en Galicia Dixital. Miúda competición de carrilanas!

Ata nos marcamos uns pasos de baile ( a danza noruega) na praza da Quintana.

Despois comemos no cole de Ventín. Fíxemos xogos populares con todos os amigos de 2º. Tamén nos visitou o alcalde e regalounos unhas camisetas de gran colorido co lema “Falamos”

16

CEIP RECIMIL - 2009


Nº1

Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009

17


Recimil.es

18

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1 ANUNCIOS POR PALABRAS BÚSCANSE …. -Xente emprendedora. -Vitalista que conecte con todo tipo de idades. -Que ligue as tradicións ao noso tempo.

E así xurde un equipo de traballo de danzas multiculturais que amenizou o Entroido do colexio. A alegría dos nenos, as súas gañas de participar, a ilusión para ser os protagonistas nun día no que o cole está coas portas abertas aos pais e, que se o tempo o permite, e permitiuno a volta tradicional polo barrio. Tivémolo xenial. Puidemos engalanar o barrio con vistosos traxes e bandeiras, feitos con plásticos e outros materiais funxibles, pero dando imaxe ás danzas que íamos representar. Era a modesta homenaxe a eses nenos e nenas ¡¡Dezanove Nacionalidades!!, presentes no noso colexio. Montamos o “chiringuito” da música, fixemos o desfile polo barrio e a bailar!! Os neno de tres anos fixeron unha representación india.

ESTÁN PARA COMELOS!!

Os de catro un Carnavalito da zona do Altiplano.

CEIP RECIMIL – 2009

19


Recimil.es

Nº 1

Os de cinco anos A unha danza serbia e cinco anos B unha danza representativa de Francia.

Os nenos e nenas de 1º bailaron o Zapateiro Danés e 2º representou a Noruega coa danza “Sete pasos”

3º animouse coa danza alemana “Clap Dance” e os nenos e nenas de 4º bailaron un Break Mixer de Estados Unidos.

20

CEIP RECIMIL - 2009


Recimil.es

Nº1

5º representou ao noso país veciño, Portuga, con “O Malhâo” e 6º fixo unha danza israelí “Ma Navu”

Estos profes tan marchosos animáronse cunha danza de EEUU estilo anos vinte (Hiffi Mixer). VAIA SORPRESA!

Pasámolo moi ben bailando e acercándonos as diferentes cultural do noso mundo mundial. Despídese o grupo de traballo con… LORENNNNNNNNNNA CEIP RECIMIL – 2009

21


Recimil.es

Nº 1

Polo Entroido o equipo de normalización e dinamización lingüística tamén nos preparou unha sorpresa: un BOTEIRO. Os boteiros son propios de Vilariño de Conso e de Viana, vilas da provincia de Ourense A súa carauta está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro, con beizos vermellos e un amplo sorriso. Remata cunha figura xeométrica a modo de pantalla frontal por riba da cabeza. Pesa varios quilos. Os boteiros levan unha camisa bordada con anacos de fitas de colores formando figuras xeométricas.O pantalón, é do cor encarnada, con flocos de cores. Leva unha faixa con borlas e unhas polainas negras.

Na man suxeitan un báculo con debuxos en espiral que ten no seu remate o rabo dunha raposa. E no cinto levan campaíñas do gando que van metendo ruído cando bailan ou botan.

Tamén tivemos unha LARDEIRA, bonecos tradicionais do Entroido da zona da Pobra de Trives e Manzaneda (Ourense). Antigamente, a semana antes do día das comadres, as mulleres roubábanlle aos homes do pobo algunhas das súas prendas de roupa preferidas e o xoves de compadres facían un boneco (o Lardeiro) con toda esa roupa para colgalo do pindirico da árbore máis alta do lugar. Cando o atopaban, os homes tiñan que argallar a mellor maneira de baixalo para recuperar as súas prendas.

Pero non queda aí a cousa... Á semana seguinte eran eles os que lle roubaban a roupa ás mulleres e lles devolvían a broma. O xoves de comadres era o día que aparecía a Lardeira nalgunha póla inaccesible.

22

CEIP RECIMIL - 2009


Nº1

Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009

23


Recimil.es

Nº 1

Benqueridos e benqueridas: O voso galo, Zongalo Quirico, quere facer a súa presenza neste xornal dunha maneira especial. O día, 23 de Abril, celebramos todo o colexio o Día do Libro. Fixemos unha marabillosa alfombra que poderiamos chamar “Alfombra máxica”. Nesta alfombra, cada curso, foi pegando unha cartolina onde aparecía o título dun libro, o seu autor e un fragmento que foi lido ou cantado por algúns alumnos e alumnas representantes de cada curso. Pero isto......... non remata así! Que se fixo con esa alfombra? Pois aquí tedes o resultado final do voso traballo.

Zongalo Quirico ZQ

24

CEIP RECIMIL - 2009


Recimil.es

Nº1

PROXECTO “BIBLIOTECA MÁXICA” No entorno onde proximamente se trasladará a Biblioteca a pintora Carmen Martín está a elaborar un mural onde quedará ilustrada a experiencia lectora dos alumnos deste Centro. Zongalo Quirico entrevistouna e velaí o que lle contou. Zongalo Q: ¿Que fai unha pintora profesional coma ti pintando de balde no noso cole? Carmen M: Ademais de pintora profesional son nai de dous nenos matriculados

neste cole. E como nai, quería aportar o meu “graíño de area”. Pensei que podía axudar a embelecer o cole xa que pintar é o que mellor sei facer. ZQ: ¿Como naceu en ti a idea dun mural para a Biblioteca do cole? CM:De súpeto veume á cabeza a imaxe de modificar o espazo dedicado á lectura. ZQ: ¿Que che gustaría que o mural nos aportase? CM:Este mural é unha invitación ao mundo sutil da arte e da lectura. Ou se se

quere, a facer calquera traballo con paixón. ZQ: Na túa opinión, ¿que destacarías como mais interesante do proceso de creación deste mural? CM:Pois facer copartícipes tanto aos nenos como aos pais e profes, xa que

quitando as incomodidades do andamio, ver como se vai desenvolvendo é o máis interesante da pintura mural. ZQ: Calificas á biblioteca no teu blogue como máxica. ¿Onde coidas que se atopa esa maxia? CM:A maxia está na pintura, no poder que ten de facermos ver libros onde non os

hai... ZQ: Logo dun proceso tan laborioso onde se procurou dar oportunidades de participación a toda a comunidade escolar, ¿como valoras esa participación? CM:Zongalo, ti que coñeces tanto aos nenos, sabes que son eles os que máis

participan. Pero eu quixera telo feito mellor para que todos comprenderan desde o principio que raios fago pintando no cole. ZQ: Para rematar, sabemos que es unha excelente pintora e gustaríanos saber se es tan boa lectora. CM:A min encántame ler, pero son da mesma opinión desta cita que trouxo un día

Ana, a profe de Ximnasia: “Se ha de leer mucho, pero no muchos libros; esta es una regla excelente. La lectura es como el alimento: el provecho no está en proporción de lo que se come, sino de lo que se digiere.” (Balmes)

CEIP RECIMIL – 2009

25


Recimil.es

Nº 1

Vaia, exposición!

A ponte pantasmólica Era unha muller que ía por unha ponte que non tiña nome. A muller ía coser á casa dunha amiga. Á muller, que se chamaba Catarina, non lle gustaba nada ir de noite pola ponte porque tiña medo a que o lobishome a comera. Ela non tiña caveiras, pero tiña un horto con cabazas. Un día se lle ocorreu unha idea. Despois de coser na casa da amiga foi para a casa, pechou todo moi ben e botouse a durmir. Pola mañá foi por unha cabaza e colleu unha culler e un garfo e baleirou a cabaza. Fíxolle ollos e boca para que parecera unha caveira. Ao día seguinte ocorréuselle levar a cabaza acesa e deixala na ponte. Así as noites estarían iluminadas e xa non tería medo. Desde entón o aspecto pantasmólico dos lobishomes xa non a asustaría, nunca máis. Nunca soubo se existían ou se o seu medo lle fixera imaxinalos.

Carlota 4ºA 26

CEIP RECIMIL - 2009


Recimil.es

Nº1

A viaxe do padriño a San Andrés de Teixido. Ocorreu no monte de Ancos. A miña bisavoa Aurora tiña un padriño chamado Luís. Luís nunca fora a San Andrés de Teixido. Cando morreu Luís, outro dos seus afillados, chamado Antón, decidiu levar a súa alma ao santuario e dixo: -Vou levar a Luís a San Andrés de Teixido. -Pero que dis?-dixo Aurora -Estás tolo? - Pois si –dixo el – Como di o refrán “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non vai de vivo”. Antón chegou ao cemiterio e buscou a tumba de Luís. -Veña, Luís- díxolle Antón- Levántate, ímonos a San Andrés de Teixido. Antón semellou coller o espírito de Luís e foron a San Andrés de Teixido, os dous da man. -Salta o charco!-indicaba Antón, dando instrucións precisas para percorrer o camiño. - Para! Que hai un cabalo… Coidado!, que vén un tractor…Ollo con ese toxo!.. Así foron os dous a San Andrés de Teixido, un de morto e outro de vivo. Sabela 5ºB

Mariamanta Nunha casa había unha nena que sempre se portaba mal. Nun colgadoiro había unha manta que nunca se usaba. Pero un día a nena quixo collela e de súpeto apareceu... Mariamanta! A nena tivo medo e berrou: - Aaaaaaaa! Pero Mariamanta colleuna e ninguén a volveu ver. Adriana 2ºA

CEIP RECIMIL – 2009

27


Recimil.es

28

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

Había unha vez un loro que non paraba de falar. O seu dono, canso de escoitalo, díxolle: -Sen non calas métote no microondas ! Como non calaba o dono meteuno no microondas e o loro púxose a cantar: -Un raio de sol….. Como non calaba o dono meteuno na neveira e o loro púxose a cantar: -“Navidad, Navidad, dulce Navidad…” Como non calaba o dono cortoulle a cabeza, mais a cabeza púxose a cantar: -“Devuélveme la vida que me has robado…” Sergio e Andrés

Este é un español, un cigano e un xaponés. O español empurra ao cigano, o cigano ao xaponés e este berra: “Help”. Entón o español di: “Non teño “gel”, se queres déixoche xampú. Miriam

Están dous rapaces dentro dun coche. O dono non sabía se funcionaban ou non os intermitentes e dille ao compañeiro: -Mira se funcionan os intermitentes. O compañeiro sae, mira e contesta: -Agora si, agora non, agora si, agora non… Paloma

CEIP RECIMIL – 2009

29


Recimil.es

30

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

31


Recimil.es

32

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Nº1

Recimil.es

CEIP RECIMIL – 2009

33


Recimil.es

34

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

35


Recimil.es

36

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

37


Recimil.es

Nº 1

UNHA DESPEDIDA

A maioría de nós empezamos neste cole ( antes Ibáñez Martín e agora Recimil) no ano 2000, con so tres anos. A nosa vida escolar comezou con Olga, que foi a nosa profe durante os tres cursos de Educación Infantil e á que lle tiñamos moito cariño. Por iso cando pasamos a 1º de Primaria, no tempo do noso recreo, iamos visitala na súa aula. Despois tivemos outras titoras: Paula, Ana Belén, Rosa, María e Constanza, ademais doutros profes. Nestes anos que pasamos no cole fixemos moitas cousas, unhas máis divertidas cas outras.Entre as divertidas lembramos: As festas dos nosos aniversarios que celebrábamos en párvulos. As excursións que fixemos a Marcelle, ó Acuario da Coruña, Lugo, Santiago… Os partidos de fútbol que gañábamos aos maiores. Os vídeos que nos poñían os venres… Tamén esperamos con moita ilusión a excursión de fin de etapa que imos facer a Cabárceno (Santander) no mes de xuño. Pero o mellor destes anos foi poder coñecer aos nenos e nenas da nosa clase que agora ademais de compañeir@s son amig@s. A maioría seguiremos xuntos pois o próximo curso iremos ao Marqués.

Un saúdo para todos de 6º A Emilio, Julián, Inés, Carlos, Elina, Nerea, Alicia, Pablo, Gabriel, Kevin, Bruno, Francisco, Sergio, Samuel, Cristina, Miguel, José Manuel, Simón, Carla, Alejandro, Arantxa, Sergi, Santiago, Melodi eYan Jing.

38

CEIP RECIMIL - 2009


Recimil.es

Nº1

CEIP RECIMIL – 2009

39


Recimil.es

40

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nยบ1

CEIP RECIMIL - 2009

41


Recimil.es

42

CEIP RECIMIL - 2009

Nยบ 1


Recimil.es

Nº1

Javier: Esperamos que sigas cos triunfos nos tríatlons de todo o mundo. Moita sorte!! Querémoste ver no primeiro posto do podio das olimpíadas de 2012. Merécelo! Moitos bicos de: ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP RECIMIL

CEIP RECIMIL – 2009

43


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Revista Escolar 08-09 by ZONGALO QUIRICO - Issuu