Recomendacións Nadal

Page 1

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA

2º CICLO En GALEGO:

3º CICLO En GALEGO:

“28 historias para rir” (Editorial Kalandraka) Son 28 historias que relatan o comportamento de estranos e simpáticos personaxes. Por exemplo, uns touros presuntuosos que aburren ás vacas, un home con tanta présa que xa non sabe nin onde vai, un neno que non mete o dedo no nariz porque quere ser o máis educado........ Que ben se pode pasar......... co libro desta autora chamada Úrsula Wölfel.

“O nacemento de Nunavut” (Editorial Xerais) Xoán Abeleira, o seu autor, preséntanos a Nunavut, a nena protagonista, que pertence a un dos pobos máis lendarios da terra, os esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións no Círculo Polar Ártico. Que lle pasará a esta rapariga ?

En CASTELÁN: “Sabe salado” (Editorial primerapersona) Loly Singer e Fernando Alonso fixeron este libro, onde Tareq, o protagonista, vive no deserto. Tareq convence ao seu dromedario de emprender unha aventura en busca dese mar do que tanto oiu falar aos nómadas. Conseguirá chegar ao seu destino?

“Mi primer atlas del mundo” (Editorial Espasa) Aquí tedes este marabilloso atlas do mundo. Non só con mapas senon tamén con crocodilos, desertos, osos polares,...Tamén hai unha torre que, a pesares de inclinarse, non se cae... Pódela descubrir?.

“A boneca e a castiñeira” (Editorial OQO)

AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO

Marcela vive coa súa avoa, a castiñeira, e máis unha boneca de trapo gastado polo tempo. Un día a avoa atopa unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba...... Que final nos terá preparado os seus autores Roberto Aliaga e Maja Celija?

“Isha, nacida do corazón” (Editorial Rodeira). Isha é unha rapaza adoptada. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais, pero este feito provocaralle algunha dor de cabeza. Coa axuda de César, o seu pai, veredes un mundo máxico e de fantasía, nun lugar como a India.

En CASTELÁN: “Los niños responden”. (Editorial Oniro) Neste libro,Beatrix Schnippenkoetter, fálanos dunha viaxe a través de todos os continente. Por exemplo: Awa, de Malí, gustaríalle ser unha galiña; Jamil, de Singapur, é feliz porque pode xogar ao fútbol......

BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO

“Dora, la hija del sol” ( Editorial Anaya) Dora, unha nena mulata, e o seu avó viven na casa da Viúva sen Corazón. Dita viúva ten un loro chamado Rigoletto. Fanlles a vida un pouco díficil, pero coa axuda de Liang, unha cociñeira chinesa, Dora conseguirá ter unha vida un pouco máis doada. Que final nos terá preparado a escritora Carmen F. Villalba?

CEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono 981 312846 http://centros.edu.xunta.es/ceiprecimil/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.