EDUCACIÓN PRIMARIA
EDUCACIÓN PRIMARIA
2º CICLO En GALEGO:
3º CICLO En GALEGO:
“Contos de vento e de nunca acabar” (Ed. Galaxia)
“Historias e algún percance todas ditas en romance” (Ed. Galaxia)
AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO
Abride os ollos e aguzade o oído: imos contar un conto, sen principio nin fin... Rimas, brincadeiras, divertimentos, escenas cómicas, historietas absurdas, bromas en verso, enredos breves....Que máis nos contará o autor Antón Cortizas? .
“Ensalada de bruxas” (Ed. Galaxia) Rosa Serrano, amósanos unha receita para saberes de bruxas: unha pinga de aceite, un pouco de sal......e listo para ser lido. Que sabor terá esta ensalada?
En CASTELÁN:
Neste libro, Antón Cortizas, narra historias en forma de romance para atraer os novos lectores á poesía. Son vellos contos de humor e emoción nun mundo marabilloso e sempre vivo da poesía.
“Isha, nacida do corazón” (Ed. Rodeira). Isha é unha rapaza adoptada. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais, pero este feito provocaralle algunha dor de cabeza. Coa axuda de César, o seu pai, veredes un mundo máxico e de fantasía, nun lugar como a India.
“El pequeño Nicolás” (Ed. Alfaguara) Nicolás quere ser un rapaz moi obediente con seus pais e coa mestra, pero...... non sempre o acada. René Gosciny, cóntanos as travesuras cos compañeiros Godofredo, Eudes, Alcestes, Rufo, Clotorio e Agnan.
En CASTELÁN: “El bosque de los sueños”. (Ed. Anaya) Neste libro,Antonio Rodríguez escribe cinco contos, onde atoparemos personaxes máxicos, símbolos, soños, enigmas..... que nos falan ao corazón.
BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP RECIMIL
“Un esqueleto en el armario” ( Ed. Anaya) “El pirata Garrapata” (Ed. SM) A este home Garrapata, o máis terrorífico e feo de Londres, fanlle unha proposición. O xefe de policías e ladróns proponlle secuestrar un barco e facerse pirata.Acepta encantado. Aventuras divertidísimas que nos farán rir neste libro tan marabilloso.
Na época que se desenrola este relato non había televisión. As horas facíanse largas e a Daniel chéganlle uns cómics onde a protagonista é unha bruxa. Tedes que estar preparados e preparadas para este relato escalofriante de Manuel L. Alonso. Que máis nos contarán?
Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono/Fax 981 312846
ZONGALO QUIRICO deséxavos unhas boas vacacións de verán e por suposto tamén unhas boas lecturas. Agora que chega o tempo de descanso, despois de moito traballo e esforzo, hai que lembrar que hai uns amigos e amigas que están agardando a vosa visita. Quen son? OS LIBROS de ZONGALO QUIRICO Aquí tedes os libros que o voso galo vos recomenda. Son libros de: - Aventuras
- Rimas
- Sorpresas
- Xogos
- Animais
- Emocións
- Raíñas
- Hábitos e valores
- Humorísticos
- …...........
Zongalo Quirico, asesorado polos mestres e mestras do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Normalización Lingüística seleccionou algúns libros que vos poden interesar pero sen olvidar que sodes vós, lectores, os que decidides que queredes ler. Boas vacacións, boas lecturas e ata.......... o vindeiro curso! EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS
En CASTELÁN:
EDUCACIÓN PRIMARIA
“Colección Luciérnaga” (Ed.Edelvives)
1º CICLO
En GALEGO: “O lapis de Rosalía” (Ed. SM) 10 libros cun formato apaisado e de cartón, contan distintas historias de distintos autores e ilustradores. Repetitivas e acumulativas. Moi doadas de comprender e contan co factor sorpresa no desenlace final.
EDUCACIÓN INFANTIL 4-5 ANOS
Rosalía está moi contenta porque ten un lapis novo e especial para nenas de seis anos. Pero cando ten que escribir no colexio, o lapis non escribe o que dita a profesora, polo que recibe máis dunha rifa. Ata que a profesora se da conta de que o lapis é desobediente e a nena non.
En GALEGO: “Orellas de bolboreta” (Kalandraka) Mara é unha orelluda, ten pelo de estropallo, viste cun mantel, ten unha media rota,calza zapatos vellos......... Neste libro, Luisa Aguilar, nos sorprenderá con esta rapariga tan especial. “Avós”(Ed. Kalandraka)
“Quen me quere adoptar” (Ed. Xerais). Manuel, un mestre xubilado, sobráballe tempo e non sabía que facer con el. Da súa carteira, sacou un billete pequeño e botando a rir decidiu fabricar a felicidade. Con que final nos sorprenderá Fina Caslderrey?
En CASTELÁN: “Pablo Diablo”. Colección BV Azul.(Ed.SM) Neste libro, Chema Heras, cóntanos o enamorados que están Manuela e Manuel. Estes avós tan especiais toman a decisión de ir a unha festa que haberá no Campo da Feira. Manuel dille a Manuela: “e fai o favor de apurar, que temos que ir bailar!“
En CASTELÁN: Colección “ Esta es otra historia” (Ed. SM)
Francesca Simon cóntanos que este raparigo é un auténtico diaño. Un día tomou a decisión de ser un neno perfecto coma o ser irmán Roberto. Entón anótase a unha clase de danza. Será quen de conseguilo?.
En GALEGO: “Sopra neste furadiño” (Edicións Embora) Antón Cortizas amosa un conto pensado para que un adulto acompañe ao neno na lectura. En cada páxina, o neno debe soprar nun furado para que, na páxina seguinte, apareza o debuxo que se anuncia na anterior.
“Pablo Diablo y el ratón Pérez”. Colección BV Azul. (Ed.SM)
Oito adaptacións humorísticas de contos clásicos, escritos en rimas repetitivas que permiten ao neno anticiparse e xogar a adiviñar o relato. Ao final hai un cadro para que os adultos axuden ao neno a educar emocións, hábitos e valores.
Pablo está moi enfadado porque non lle caen os dentes. Finalmente cando o consigue ten a mala sorte de tragalo. Enfádase moito máis xa que o ratiño Pérez non pode visitalo........