EDUCACIÓN PRIMARIA
EDUCACIÓN PRIMARIA
2º CICLO
3º CICLO
En GALEGO:
En GALEGO:
“Sempre tes que meter o nariz” (Editorial Xerais)
“ Hop Frog” (Editorial OQO)
Con esta apasionante historia de Víctor Raga, non só te divirtirás moito, senón que tamén aprenderás interesantes cousas sobre os sentidos, os ósos, os músculos... Anímate e coñece o teu corpo coa axuda do Sr. Viramontañas.
“Un furacán chamado Otilia” ( (Editorial Xerais) Helena e Martiño seguen a pelexar como o can e o gato. Por sorte o Sr.Viramontañas sabe como tratalos e xuntos aprenden moitas cousas sobre a atmosfera ata que chega un furacán chamado Otilia e pon todo patas arriba. Unha apasionante historia de Víctor Raga. En CASTELÁN: “Flipo y yo” (Editorial Anaya) Neste libro, Miguel A. Guelmí, preséntanos a Daniel. Este rapaz quere ter unha mascota, pero hai unha serie de probllemas: un can é moi grande para un piso; un gato rabuña todos os mobles.... polo tanto Daniel decide mercar un hámster e poñerlle de nome Flipo.
“Tino Calabacín” ( Editorial Anaya) Porque naceu dunha cabaza, por iso lle puxeron Tino Calabacín. Sempre que espirraba escupía as pepitas das cabazas. Unhas pebidas brancas e planas. Pero á hora da sesta as moscas acudían porque tiña sangue dulce.Nos sorprenderemos co final que nos ten preparado o seu autor, José A. Ramírez.
AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO
É esta unha das mellores obras de Edgar Allan Poe. Hop-Frog é o bufón do rei e recibe continuamente burlas da súa maxestade, pero un día decide vengarse... Seguro que che gustará esta obra traducida a varios idiomas e da que tamén se fixou unha versión cinematográfica.
“Xenaro e a hucha do Indiano” (Editorial Xerais) A Xenaro complicanselle moito as cousas desta volta. Resolver o misterio da Horta dos Reis será o de menos nesta aventura, onde nada é o que parece, nin sequera a hucha do indiano. Mar Guerra mantén o suspense ata a última liña do libro.
En CASTELÁN: “Hasta (casi) cien bichos”. (Editorial Anaya) Daniel Nesquens, o seu autor, sorprendenos esta vez cun libro cheo de xogos de palabras, de inxenio. Abella, águia, araña, asno, cabalo porco, formiga...... e moitos máis. Abre o libro, entra no mundo animal e pasarás un rato moi pero que moi agradable.
“Mi atlasLarousse de las maravillas del mundo” ( Editorial Larousse) Con este atlas viaxarás polo mundo nunha fabulosa viaxe e descubrirás os lugares máis fermosos do noso planeta. Atoparás mapas despregables de cada continente, ilustracións moi detalladas dos lugares máis espectaculares, recadros con informacións dos lugares máis insólitos e curiosos. Se queres viaxar, xa sabes o que tes que facer. Abre o libro e xa me contarás que tal che foi nesta aventura viaxeira.
BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP RECIMIL
Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 981 31 28 46 Fax: 981 32 77 77 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil