Folleto Informativo “Recinova” Nº 23 EDLG DO CEIP RECIMIL
HISTORIA DO OLENTZERO Así como en Galicia, temos ao Apalpador, no País Vasco e Navarra teñen un personaxe de Nadal chamado OLENTZERO. Imos contarvos a súa historia: Nos bosques de Euskal Herria, hai moitísimos anos vivía unha fada moi guapa de cabelos loiros e ollos moi brillantes. Coma todas as fadas coidaba da xente e estaba acompañada por uns trasgos chamados Galtzagorri (que en vasco quere dicir pantalóns vermellos) que lle axudaban no seu traballo. Un día en que a fada e os Prakgorri andaban polo bosque descubriron un bebé abandonado. Puxéronlle de nome Olentzero, que quere dicir boa época . A fada fíxolle tres agasallos: forza, coraxe e amor para todo o tempo que vivise. Ademais decidiu levar o neno a unha casa vella ao límite do bosque onde vivían unha muller e un home que non tiñan fillos. Sabendo que estes serían moi felices coa criatura deixouno diante da porta para que así o encontraran. E así foi, cando o home se levantou para muxir as vacas encontrou o bebé e correndo chamou á súa muller. Moi contentos de ter recibido a ese neno déronlle de comer e o tomaron coma o seu fillo. A partires dese momento Olentzero medrou entre árbores e animais e convertiuse nun home forte, amable e saudable. Traballaba todos os días do ano facendo carbón e axudando ao seu pai. Mais o inevitable sucedeu e despois de moitos anos, os seus pais morreron e el quedou só na súa casa do bosque. Estaba moi triste e decidiu axudar a outras persoas necesitadas. Lembrou que no pobo había uns nenos que vivían sós e que carecían de moitas cousas. Como era moi hábil coas súas mans decidiu facer xoguetes para os nenos e darllos cando fose ao pobo a vender o seu carbón. Así o fixo e estes sentíronse moi felices. A verdade é que acabou facendo xoguetes para todos os nenos do pobo. Todos o querían moito. Un día houbo unha terrible tormenta no pobo. Tronos e lóstregos asustaban ata os máis maiores. Un daqueles lóstregos caeu nunha casa e deseguida empezou a arder. Dentro
Folleto Informativo “Recinova” Nº 23 estaban dous nenos que berraban pedindo axuda. Olentzero, que vira o que pasara , non o dubidou e foi salvalos. Entrou dentro e conseguiu salvar aos dous nenos tapándoos cunha manta e botándoos pola ventá do primeiro piso, pero el non tivo tanta sorte... Cando intentaba saír pola porta unha enorme viga do teito caulle encima e matouno. Cando se enteraron as persoas do pobo choraron polo acontecido dándose conta de que non había nada que eles puidesen facer. Pero, de súpeto, foron sorprendidos por unha luz brillante que saía da casa. Alí estaba a fada que atopara a Olentzero no bosque e que lle dicía: –
Olentzero, fuches un bo home, de bo corazón. Adicaches toda a túa vida a facer cousas polos demais e ata deches a túa vida por estes nenos. Polo tanto non quero que morras, quero que vivas para sempre. De agora en diante ti farás xoguetes e outro agasallos para os nenos de todos os rincóns de Euskal Herria.
Ao escoitar isto os Galtazgorris apuráronse a dicir que eles tamén axudarían. E así é como cada 24 de decembro, dende hai non se sabe cantos anos, e tras ter traballado durante todo o ano xunto cos Galtzagorris facendo agasallos, o Olentzero recorre todos os pobos e cidades do País Vasco e Navarra repartindo ledicia e ilusión a todos os nenos e nenas.
O Olentzero viste blusón e pantalón escuro. A boina é negra ou azul marino. Leva un pano de cadros no pescozo e unha boina negra na cabeza. Ás veces leva un farol para alumear o seu camiiño polo bosque. Vixía o comportamento dos nenos e nenas e acostuma a darlles consellos para que se porten ben.