Folleto Informativo “Recinova” Nº 25 EDLG DO CEIP RECIMIL
FEBREIRO 2014
OS VERGALLEIROS Os Vergalleiros somos os entroidos típicos de Sarreaus, unha vila da provincia de Ourense. Levamos na man un vergallo, que é unha especie de corno co que imos chamando á xente para a festa. De aí vén o noso nome. O Domingo de Entroido é o día máis importante en Sarreaus. Cando remata o desfile, participantes e público participamos nunha comida típica.
A nosa carauta é de madeira e vai pintada de branco cun amplo sorriso vermello e un longo nariz. A mitra semella dous gorros superpostos acabados en punta. Está adornada con campaíñas. A camisa e o pantalón son de cor branco con tres fitas de cores entrelazadas. Vestimos chaleco de feltro negro e polainas negras con