PERSONAXES COS QUE “XOGAR” NO SAMAÍN O SACAÚNTOS O Sacaúntos é un personaxe “asustanenos”.Ao igual que o Home do Saco é un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama papón, en alusión a que pode papar (comer) a alguén, especialmente aos nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso coma os nenos. Tamén hai quen di que o Sacaúntos lle vende a graxa ao vellos do lugar, conseguindo así cartos para poder cambiar o seu sangue por un máis novo.