Page 1

MULTICULTURALIDADE Tod@s sabedes que o voso galo.......... estivo a viaxar polo mundo. Os vosos debuxos foron de gran axuda para que Zongalo Quirico decidira a súa aventura viaxeira. Nunha das súas visitas deixounos, na biblioteca, obxectos e libros representativos dos países percorridos para que vos puiderades valorar a cultura doutros pobos. Pero isto non remata aquí......... a Zongalo gústalle moito, moito, moito...viaxar. Polo tanto, tomou a decisión de coñecer novos territorios, civilizacións, tradicións, paisaxes xentes e culturas. Nesta segunda viaxe trouxonos esas fermosas láminas que estivestes a pintar e a decorar. De aí saiu a montaxe para a exposición ubicada ao lado da biblioteca. Deixo un pequeno concurso. Se atopades as respostas, teredes que vir no recreo á biblioteca. Os cinco primeiros un agasallo recibirán. En que continente están os seguintes lugares? Rocha Ayer; Mesquita de Djenné; Rocha sagrada; Discóbolo; Pirámide de Chichen Itza. Veña, detectives, a investigar.

Viaxando, viaxando, Zongalo Quirico atopouse cun escritor. Quen será? Pois por suposto, DANIEL NESQUENS. O noso galo, convidouno para vir á nosa biblioteca. E......cal foi a súa resposta?

SIIIIIIII...........Os rapaces e rapazas de 5º e 6º como se riron coas súas parrafadas. Aquí tedes unha mostra deses fantásticos momentos.


Para rematar.......... remataremos coa nosa fermosa flor do DÍA DO LIBRO. Atopades o pétalo que é da vosa clase? Pois a buscar.

Zongalo Quirico recomenda visitar o blog da biblioteca. Así poderedes ver fotos destas e outras actividades feitas no noso colexio. Aquí tedes

zongalo. blogspot.com

EQUIPO DE BIBLIOTECA E........ZQ

Letras Galegas  

Revista Escolar

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you