CEIP RECIMIL - Dirección Ferrol, 3 de xuño de 2013 O DOG do día 31 de maio, publica a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en educación primaria, ESO e en educación especial no curso escolar 2013-2014. Para ser beneficiario destas axudas é requisito imprescindible ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. As persoas interesadas en optar a estas axudas poden pasar pola secretaría do centro en horario de oficina para obter máis información e recoller os impresos de solicitude. O prazo para entregar estes impresos cumprimentados e a documentación complementaria requerida finaliza o día 3 de xullo.