PROXECTO EDUCATIVO CEIP RECIMIL
CEIP RECIMIL
Aspiramos a converter o centro nun espazo para a práctica dos valores democráticos de convivencia, de respecto á diversidade, de solidariedade e de paz. A acción educativa está orientada a desenvolver a formación integral dos nosos alumnos/as. Estamos comprometidos en desenvolver as habilidades de interacción social e o fomento da participación. Promovemos os principios dunha educación cooperativa que fomente a participación, a responsabilidade e a creatividade. Fomentamos a innovación educativa. Promovemos a participación da comunidade escolar na vida organizativa do centro. Fomentamos o coñecemento e uso da lingua inglesa desde os 3 anos de idade.
Enderezo: Vivendas Protexidas s/n 15403 FERROL Teléfonos: 981312846 / 661280763 Fax: 981327777 Email: ceiprecimil@edu.xunta.es Sitio web: http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil
Un cole de TODOS e para TODOS
G U ÍA I N F O RM ATI VA EXPERIENCIA + INNOVACIÓN =
CALIDADE EDUCATIVA http://edu.xunta.es/centros/ceiprecimil
OFERTA EDUCATIVA
*O CEIP Recimil dispón de de 450 prazas escolares (300 de EP e 1 50 de EI) * Contamos con profesorado de apoio para a atención de alumnado con necesidades educativas especiais. * Desenvolvemos programas específicos de reforzo educativo e de apoio á lectoescritura. * Promovemos o uso das novas tecnoloxías. * Fomentamos o uso da lingua galega e sensibilizamos á comunidade educativa das vantaxes de contar cunha lingua propia.
SERVIZOS E RECURSOS + Servizo de orientación escolar. + Educación compensatoria e apoio escolar a cargo de profesorado especializado: 3 profesores/as especialistas de Pedagoxía Terapéutica, 1 profesora especialista de Audición e Linguaxe e 1 profesora de Educación Compensatoria + Servizo de almorzo e xantar. + Ampla oferta de actividades extraescolares gratuitas que se desenvolven entre as 1 6:00 e as 1 8:00 horas. + Biblioteca con equipamento informático e conexión a internet a disposición dos usuarios. + Aulas de informática, de audiovisuais e de educación musical. + Ximnasio e Salón de actos. + Patio con parque infantil. + 1 7 profesores/as xeneralistas. + 3 profesores especialistas de Lingua Estranxeira. + 2 profesoras especialistas en Educación Física. + 1 profesora de Educación Musical. + 1 profesora de Relixión e Moral Católica.
BIBLIOTECA A Biblioteca está dotada con máis de 3000 libros e revistas, ademáis de variado material audiovisual. Está integrada na rede de bibliotecas de Galicia. A xestión está informatizada mediante o programa MEIGA. Funciona o servizo de préstamo e lectura nos recreos e de 1 7:00 a 1 8:00 horas.
COMEDOR Dispoñemos dun moderno comedor para 1 20 comensais. - Almorzo de 7:30 a 9:00 horas - Xantar de 1 4:00 a 1 6:00.
A.N.P.A. Contamos cunha asociación de pais e nais moi implicada na vida escolar do centro.