Skip to main content

Biografia de gandhi

Page 1

BIOGRAFÍA DE GANDHI 30 DE XANEIRO – DÍA DA PAZ


Mohandas Gandhi naceu o 26 de outubro de 1869 na India


A nai de Gandhi chamábase Putlibai e era a cuarta esposa do seu pai, Karamchand Gandhi.

Dende moi pequeno, Gandhi aprendeu a:  Non facer dano a ningún ser vivo. Dicir sempre a verdade. Non apropiarse de nada alleo. Ser tolerante con outras relixións.

Coa intención de purificar o seu corpo Gandhi converteuse en vexetariano.


Casou aos trece anos con Kasturbai, que tiĂąa a sĂşa mesma idade. Foi un matrimonio concertado seis anos antes polos seus pais.


Como nos seus estudos na India non era moi bo, a sĂşa familia decidiu envialo a Londres para cursar estudos de avogacĂ­a. Marchou cando tiĂąa dezanove anos. Acababa de ser pai por primeira vez.


En Londres, Gandhi transformouse nun verdadeiro cabaleiro inglés. Incluso quixo refinar o se comportamento tomando clases de baile e dicción. Tamén descobre dous libros que serán fundamentais na súa concepción da vida: a Biblia e o Bhagavad Gita (libro da filosofía e espiritualidade hindú)


O 10 de xullo de 1891 Gandhi consegue o título de avogado.

Pero como era moi tímido e non se atrevía a falar en público, a súa primeira actuación profesional foi un fracaso; quedouse mudo ao dirixirse ao tribunal e non puido continuar.


Así que cando unha empresa musulmán lle ofreceu un posto de consultor xurídico en África do Sur marchou para alí.


En África do Sur, Gandhi foi testemuña da discriminación racial que soportaban os seus compatriotas hindús. El mesmo foi expulsado violentamente dun tren cando se negou a mudarse da primeira clase á terceira clase, que era onde ía a xente de color.

Outro día foi golpeado por un condutor por non deixarlle o seu asento a un pasaxeiro de pel branca.

A pesares do seu título de avogado non se lle permitía a entrada en varios hoteis debido á súa raza.


Ante esta grave situación discriminatoria, Gandhi comezou a desenvolver unha gran actividade política e quedaría en África do Sur vinte e dous anos.

No 1894 funda o partido Natal Indian Congress e convértese no seu principal dirixente.


Cando estalou unha guerra civil entre británicos e colonos holandeses, Gandhi considerou que os hindús debían participar se querían ser considerados cidadáns con plenos dereitos. Así organizou un corpo de ambulancias atendido por voluntarios hindús que prestaba axuda aos británicos.


No ano 1906 un decreto esixiu a inscrición obrigatoria de todos os asiáticos nun rexistro especial, onte tiñan que marcar a pegada dos dez dedos.

Gandhi insistiu en que desafiaran abertamente, pero sen violencia, a lei promulgada, sufrindo o castigo que o goberno quixera impoñer.


Este desafío durou sete anos nos cales miles de hindús foron encadeados (incluíndo a Gandhi en varias ocasións), azoutados e incluso fusilados por protestar, refusar rexistrarse, queimar as súas tarxetas de rexistro e calquera outra forma de protesta non violenta.


No 1910, Gandhi abandona a sĂşa actividade como avogado e crea unha comunidade autosuficiente nunha granxa, ĂĄ que chamou Granxa Tolstoi.


Ao estalar a Primeira Guerra Mundial, Gandhi regresa á India disposto a poñer en práctica as súas ideas no seu propio país.

As masas tributáronlle un grande recibimento e empezaron a chamarlle Mahatma, que significa alma grande.


Gandhi fundou unha comunidade en Ahmadabad, onde estaban prohibidas as vestimentas estranxeiras e a propiedade privada. Os seus membros dedicábanse aos traballos materiais: a agricultura para obter sustento e o tecido a man para ter abrigo.

Na súa loita contra o sistema de castas da India, Gandhi decidiu admitir aos intocables (casta máis baixa e miserable) como membros da comunidade. As tarefas repartíanse por igual entre todos os membros.


Tras a primeira guerra mundial, os británicos reafirmaron o seu propósito de manter o dominio sobre a India. Axudado polo Partido do Congreso lanzou a súa campaña de desobediencia civil: non participar na vida pública, negarse a pagar os impostos e boicot aos produtos británicos.


En 1930 Gandhi convoca a Marcha do sal. Milleiros de persoas acompaĂąan a Gandhi ata o mar para recoller un puĂąado de sal. Este produto era a gran riqueza da India e estaba en poder dos britĂĄnicos que a gravaban con grandes impostos.


Esta campaña rematou cun pacto de compromiso entre Gandhi e o goberno británico: legalizouse a produción de sal y libéranse preto de 100.000 presos detidos durante as mobilizacións.


En numerosas ocasións Gandhi usou o xaxún como forma de protesta.

Estando na cárcere de Yervada iniciou un “xaxún ata a morte” en contra do tratamento político que se lle daba aos intocables. Conseguiu que estes non volvesen ser discriminados en cuestión electorais.


Cando no ano 1939 estala a Segunda Guerra Mundial, Gandhi escríbelle a Hitler esixíndolle que escolla os camiños da paz.

Gandhi oponse á intervención da India na guerra. Demanda a completa independencia do seu país.


En agosto de 1942 foi encadeado xunto coa súa dona Kasturbai e outros dirixentes do Partido do Congreso.

A súa muller morrerá en prisión e a el liberárano en 1944 por motivos de saúde.


Ao rematar a guerra, Gandhi oponse ao proxecto inglés de dividir a colonia británica en dous estados: India e Pakistán, que acollerá por separado ás comunidades hindú e musulmán.

Cando o 15 de agosto de 1947 se proclama a independencia de Pakistán e a India, Gandhi experimenta unha das decepcións máis grandes da súa vida.


O 30 de xaneiro de 1948, Gandhi dirixĂ­ase a rezar cando un fanĂĄtico, Hathuram Godse, lle dispara tres tiros.

O sorriso de Gandhi transfĂłrmase nun xesto de dor e antes de morrer bendice ao seu asasino.


A Asemblea das Nacións Unidas declarou días de loito e todos os países expresaron a súa dor.


Pola importancia de Gandhi no camiño ata un mundo mellor, a data da súa morte foi elixida polas Nacións Unidas como día mundial para conmemorar :

O DÍA DA PAZ

ENDL do CEIP Ibáñez Martín. Curso 2008-09


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Biografia de gandhi by ZONGALO QUIRICO - Issuu