Page 1

A Voz de

Xuve

nยบ 2


-2-


Edi torial Outro volver lar do cos de

todos os membros da comunidade educativa, para que este proxecto de xornal se fixese realidade.

ano máis, temos o gusto de a presentar o xornal escoCEIP Nosa Sra. de XuvenBoborás.

Nas páxinas que vos ofrecemos tratamos de facer como unha pequena memoria de todas aquelas actividades complementarias e extraescolares que fomos desenvolvendo ao longo do curso 2009/10. Dende o centro agradecemos o gran interese que presentaron

Esperamos e desexamos que volvades a gozar coa lectura do xornal e que lle deades a máxima difusión posible. Mestres e alumnos puxemos toda a ilusión neste traballo, por iso, perdoade os gazapos que atopedes nel,xa que non somos profesionais do xornalismo. En nome do alumnado e profesorado do centro dámosvos as grazas por lernos.

Ín dice Editorial Samaín Magosto Festival de Nadal Concurso postais Visita Papá Noel Murais de Nadal Día da Paz Deporte escolar Entroido Concurso de galego Día das Letras Galegas Letanía por Galicia Fotos dos Alumnos Adiviñas de Ed. Inf. Contacontos Cine e teatro Día Mundial do Libro E ti, para que les? Educación Vial Termas de Outariz English corner Andaina Moldes Recuncho do poeta Novas -3-

3 4 5 6 6 7 7 8 9 10 11 12 13 14 16 17 19 20 22 22 23 24 25 26 27


O samaín

A primeira festa que celebramos este curso foi a do Samaín a finais de outubro. A actividade que máis nos gustou foi a exposición de cabazas feitas polos alumnos e alumnas e o desfile que fixemos no partio do colexio. Para rematar a festa organizamos un baile de disfraces no que non paramos de movernos ao ritmo da música que nos pinchaban os profes de música e educación física.

Que ben o pasamos!!

-4-


O magosto No mes de novembro celebramos a festa do San Martiño no colexio. Durante toda a semana fixemos actividades relacionadas co magosto: murais, contos... e ao mesmo tempo fumos recollendo os materiais imprescindibles para poder realizar a actividade central desta festa: fixemos unha provisión de frouma para o lume e tamén de castanas para o postre. Foi unha festa moi divertida.

Pasámolo xenial!! , gosto s a n á e en v Refr o h c non agosto e S ai m h o, Martiñ non n a S Po l o e viño n a p s, castaña

Adiviña No alto estou cor de ouro teño por unha risada perdo canto teño

-5-


Nadal Nas vésperas das vacacións de Nadal ven sendo habitual que realicemos un festival de despedida do ano ao que está invitada toda a comunidade educativa. A asistencia de pais, nais e familiares foi moi grande e pensamos que gozaron coas nosas actuacións, só había que mirar para as súas caras. Participamos todos os alumnos e alumnas en máis dunha actuación... Se queredes ver os videos da nosas actuacións témolos colgados na páxina web do cole.

Concurso de postais Este ano tamén se convocou o concurso de postais de Nadal. Os traballos presentados polos alumnos e alumnas foron de moita calidade. As postais gañadoras foron utilizadas para felicitar a toda a comunidade educativa. Os gañadores foron:

Ed. Infantil:Adrián Glez 1º Ciclo:Alba Cabaleiro Julián Dobs 2º Ciclo:Gabriel Maía Fernando Martín 3º Ciclo:Érika Freire Juan Fdez

Postal de Juan Fdez Trigo

-6-


Visita de Papá Noel Como nos portamos ben e traballamos moito o señor Papá Noel acudiu a saudar aos cativos do cole. Algúns aproveitamos para recordarlle os nosos regalos e outros para saudalo e fotografiarnos con el. A verdade é que este ano debeu de facer algo máis de exercicio xa que perdeu un pouco de peso con respecto ao ano anterior.

Murais de Nadal No mes de decembro decoramos a nosas aulas e os corredores con motivos navideños.Fixemos varios murais e unha exposición coas postais gañadoras do concurso.

gañadoras as postais o c z a t r a C

-7-

Calendario de Nadal


Día da Paz O venres 29 de Xaneiro celebramos no centro o Día da Paz e da non violencia. Durante toda a semana estivemos preparando actividades relacionadas co tema en cuestión, converténdonos así nun instrumento de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. As accións foron diversas: recitamos poemas, pintamos pombas, fixemos xogos, adornamos as nosas cabezas con gorras de Paz. O que tentamos con todo isto non é outra cousa que a concienciación, de todos e todas, na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano.

SE EQUIVOCÓ LA PALOMA Se equivocó la paloma. Se equivocaba. Por ir al norte, fue al sur. Creyó que el trigo era agua, se equivocaba. Que las estrellas, rocío; que el calor, la nevada, se equivocaba. Que tu falda era su blusa; que tu corazón, su casa. Se equivocaba. Ella se durmió en la orilla. Tú, en la cumbre de una rama.

EL GRAN SUEÑO Ayer soñé que caminaba por verdes prados limpios. Ayer soñé que caminaba por verdes prados floridos. Soñé, soñé.......... Que la gente se quería que no existian las guerras que no existia el egoismo. Soñé un mundo perfecto por un mundo de maravillas. Soñé, soñé que soñaba

-8-


te r po e D

r a l o c es

G aña dores de Camp o a tra vés

Eq u ip o s d e A t l e ti s m o . O equipo de 2º ciclo foi o vencedor

Durante o curso 2009/2010 participamos na campaña de deporte escolar da Xunta de Galiza, Xogade, en varias modalidades deportivas:Fútbol sala; atletismo; campo a través e balonmán. En campo a través conseguimos varias medallas e en atletismo, na categoría de benxamíns,o equipo do noso cole quedou campión na 1ª edición desta proba da comarca do Carballiño. Sen dúbida, unha das mellores xornadas deportivas foi a xuntanza polideportivo-cultural que tivo lugar no colexio de Beariz, a que se uniu, tamén, o colexio de O Irixo.Para o próximo ano volverémola a realizar, sedo o noso centro o anfitrión e organizador.

E qu i po f e m in i n o d o c o l e

X un t an z a

e n Beari z

Eq u ip o T o r n e o d e ba l o n m án -9-


Entroido

COPLAS ENTROIDO 2010 Música: A saia da Carolina

No entroido 2010 fomos disfrazados do conto de O soldadiño de chumbo. Uns iamos de bailarinas e outros de soldadiños. Tamén construímos o noso barquiño de papel para o desfile, que realizamos polo pobo de Boborás, ao cal nos acompañaron bastantes familiares e amigos dos alumnos, moitos deles disfrazados. Como remate da festa, tivemos unha chocolatada no patio do colexio á que estaba invitada toda a comunidade educativa.É de agradecer a participación dos familiares dos alumnos e alumnas que acudiron a ver como ían disfrazados os seus cativos.

Chegou o entroido. Chegou o carnaval. E os nenos do concello vímosvos cantar. Vímosvos cantar vímosvos cantar. Chegou o entroido chegou o carnaval Aquí estamos outro ano con ledicia e ilusión, cun disfrace que nos levou esforzo e dedicación. Vimos vestidos dun conto que coñece todo o mundo. As nenas son bailarinas nós soldadiños de chumbo. Esperamos que vos guste e que nos acompañedes. O acabar o pasarúas chocolatiño teredes.

-10-

E xa para rematar desexamos que teñades un moi feliz carnaval e o ano que ven volvades.


lego a g e d o s r u Conc A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca do Arenteiro, á cal pertencemos, convocou un concurso de cartaces co lema de “Defensa e fomento do uso do Galego. A maioría do alumnado do centro participou no mesmo presentando traballos de moita calidade. Tres alumnos do noso centro resultaron gañadores do concurso nas

modalidades de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria. Os traballos gañadores de todas as categorías foron impresos en cartaces a gran tamaño para fomentar por toda a comarca o uso do noso idioma. Nós, ademais, temos unha exposición permanente cos traballos gañadores, no noso centro, para que a poidan ver todos os membros da comunidade educativa.

Exposición de traballos

Adrián de Ed. Infantil

Saray e María de Primeiro Ciclo

és l g n i en o r t a Te ,

-11-


Día das Letras Galegas Uxío Novoneyra

Este ano 2010 a Real Academia Galega adícalle o 17 de maio, Día das Letras Galegas, como recoñecemento ao seu traballo a prol da lingua e a cultura galega. Uxío Novoneyra, fillo de labregos, naceu o 19 de xaneiro de 1930 na pequena aldea de Parada de Moreda, en plenas montañas do Courel, en Lugo. Estudou o bacharelato na cidade de Lugo e posteriormente trasladouse a Madrid para comezar a carreira de Filosofía e Letras. E é nesta cidade onde publica os seus primeiros poemas, na revista universitaria Bengala. Estes primeiros poemas están escritos en castelán. No ano 1952 volta a Galicia e

entra en contacto con diferentes intelectuais galegos de Santiago de Compostela: Ramón Piñeiro,Otero Pedrayo, Manuel María... o que o leva a tomar conciencia galeguista e a escribir, xa a partir de entón, exclusivamente en idioma galego. Casou en 1973 con Elva Rei, á que coñeceu durante a súa estadía en Lugo, e coa que tivo tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. Durante un tempo vive entre Lugo e O Courel ata que se establece definitivamente, dez anos máis tarde, en Santiago de Compostela. É nesta cidade onde é elexido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que vai exercer ata a súa morte durante dezasete anos consecutivos. Uxío é autor de numerosos libros de poemas: Muller pra lonxe;Do Courel a Compostela; Poemas caligráficos..., sendo o máis coñecido e máis representativo da súa obra o que leva por título Os eidos, nos que recompila toda a súa poesía relacionada co Courel. Escribiu tamén tres contos para os máis pequenos: Gorgorín e Cabezón;Ilda,o lobo, o corzo e o xabarín e O cubil do xabarín. Faleceu en Santiago de Compostela un 30 de outubro de 1999. -11-


ma e o P L E TANIA DE G ALIC IA GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastros que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás nil toda recóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla dargola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa -13-


Alu mnos do colexio

Educa ció n Inf an t il

Arriba: Alberto, Noelia, Laura, Anxo, Eva, Roi, Adrián e Ana Abaixo: Daniel, Paula, Ilenia, Sofía, Alejandro e Saúl

Primeiro Ciclo de Ed . Primaria

Arriba: Javier, Julián, Alberto, Laura, Iván, Alex, Héctor e Carmela Abaixo: Miguel, María, Saray, Michael e Alba -14-


S e g un d o Ci c l o d e Ed . P r i ma r i a

Arriba: María, Álvaro, Manuel, Raúl, Soledad, Paula, Sara e Pilar Abaixo: Fernando, Alejandro, Amancio, Fernando, e Gabriel

T er c e i r o Ci c l o d e Ed . P r i ma r i a

Arriba: Mercedes, Luis, Abel, Teodoro, Érika, Daniel e Eladio Abaixo: Breixo, Aarón, Antonio, Juan e Melany -15-


Adiviñas de Ed. Infantil

Roi Brull Pagán

Laura González Nedler

Eva Fernández Trigo

Adrián González Díaz

-16-


C ontacontos... Este curso tivemos a ocasión de disfrutar de catro sesións se contacontos que nos fixeron pasar momentos moi divertidos.

Contos solidarios. O atrapacontos

xio collera a bicicleta, pero non estaba só, con el tamén trouxo os seus monicreques, uns simpáticos bonecos que le axudarían pouco a pouco a introducir aos nenos e as nenas no seu máxico mundo.

No mes de Outubro os alumnos do colexio de Boborás recibiron unha visita moi especial, pois alguén que se facía chamar O Atrapacontos ía facernos pasar uns intres moi agradables grazas os seus contos solidaOs monicreques tamén rios. tiñan a súa propia casa, un carriño chamado o lar Comezamos a actividade cos dos contos . Anxo comezou máis pequenos: os nenos de ensinándolles a figura coa infantil es os do primeiro que cada un deles na casa ciclo; despois continuarían podían tamén atrapar os os do segundo e terceiro seus propios contos. Expliciclo; con eles dirixímonos á coulles que debía ser unha aula de música e de súpeto árbore de madeira cun bualí estaba el. Era un home raco no medio e unhas forte, de pelo castaño e redes atravesándoo para que barba perfectamente coidada. cando na casa abriran as Chamábase Anxo e contouventás os contos quedaran nos que para vir ata o colepresos nas redes da árbore.

Contos de burros Na semana do día da poesía tivemos no centro unha sesión de contacontos moi especial: "Contos sobre burros". O alumnado e o profesorado non perderon detalle das representacións do artista que conseguiu un máximo de atencón e silencio nas diferentes fábulas que nos foi escenificando.

-17-


... máis contacontos Kalandraka O mércores 11 de marzo actuaron na aula de música do noso centro os contacontos enviados pola editorial Kalandraka. Fixeron unha representación espectacular de varios contos que temos na nosa biblioteca da editorial: Crocodrilo; Onde viven os monstruos; Onde?; No bosque... ...contos de burros... pero non aburridos...

Contos do Camiño de Santiago O venres 30 de abril tivemos a visita dun contacontos moi especial, Mario Tomás, do Consorcio Editorial Galego que fixo as delicias dos cativos, e non tan cativos. Os contos fundamentados en historias de galegos perseguían traballar a imaxinación do público. Tamén representou unha obra de monicreques titulada "O rei e as tres princesas"...Pero o personaxe que máis nos gustou foi o avó pato que animou a sesión de contacontos.

Máquina da imaxinación...

O rei e as tres princesas

-18-

Contos solidarios


Cine: “Avatar” En febreiro os alumnos e alumnas do C.E.I.P Nosa Señora de Xuvencos, así coma varios mestres e mestras do centro, acudimos ao mesmo corazón do Ribeiro para ver a última película do director de orixe canadense James Cameron. Estamos a falar de Avatar, a longametraxe de maior recadación na historia do cine. A proxección tivo

lugar na sala Novocine Leiro. Esta sala é a única na provincia de Ourense dotada con sistema 3D. Nenos e maiores gozamos deste filme de ciencia-ficción que nos tivo pegadiños ás nosas cadeiras durante mais de dúas horas. Foi unha divertida mañá na que abraiados, contemplamos coma os personaxes parecían saíren da pantalla.

Teatro: “O verme que quería voar” O día da excursión ás termas de Outariz os máis pequenos fomos ao teatro no auditorio de Ourense para ver O verme que quería voar. Gordiño é un verme de seda. El aínda non sabe que algún día chegará a voar e iso é o que máis desexa. Dende a súa folla, coñecerá a fermosa bolboreta, a simpática xoaniña Lola, a sabia cigarra que toca a guitarra, o traballador escaravello peloteiro coa gran súa bóla de caca e as presumidas eirugas e seu eiruguiño. Con todos estes personaxes fará o camiño que o levará a conseguir o seu soño: voar...

-19-


Dí a Mu ndial do L ibro Taller de plástica:Debuxando a Xuve

Xuve, coloreado polos alumnos de Educación Infantil

Durante a semana do Día Mundial do Libro ralizamos varias actividades dinamizadoras encamiñadas a fomentar o uso da lectura, entre as que podemos destacar: Taller de Plástica; taller de escritura; taller de banda deseñada; exposición E ti para que les; cartaces conmemorativos; recitaxe de poemas sobre o libro...

Taller de escritura: Aventuras de Xuve O primeiro bros que lles gusten a todos os día de colenenos. xio de Xuve foi moi especial. -- Eu coñezo uns libros moi diCando saíu da casa viu que ían vertidos. moitos nenos á desgana porque -- Onde están?. non lles gusta o colexio, pero -- Están na biblioteca do coleXuve fixouse nun neno que si xio. quería ir ao colexio e pregun-- Pois… alá imos!! toulle. Cando entraron viron montóns -- Ti sabes por que os outros de libros: de historia, de avennenos non queren ir ao coleturas, de ciencias, pero foron á xio? zona para nenos e viron os li-- Porque teñen que ler e non bros de nenas e nenos, collérolles gusta, pero a min si. E a nos e leváronllos aos outros ti? nenos. -- A min encántame ler. Agora, a eses nenos, lles en-- Temos que facer algo pra que canta ir ao colexio e ler na bios nenos lean máis. blioteca. Breixo Valcárcel -- Si, temos que coller uns li- -20-


... Dí a Mundial do Li bro Taller de banda deseñada: Aventuras de Xuve

Antonioo Ramírez

-21-

Juan Fernández


E ti para que les? Participamos na actividade de fomento da lectura que se organizou desde o grupo do PLAMBE E ti para que les? Cada neno escribiu a súa resposta nun pequeno cartaz. Con todas as respostas fixemos un mural...

Aarón

Educación vial

O venres, 14 de maio, asistimos a ExpoOurense para participar no programa de Educación Vial do concello de Ourense. Foi unha xornada moi especial, porque ademais de aprender cousas sobre

Breixo

as normas de circulación: sinais, semáforos, condución... practicamos no circuíto con bicicletas e coches de karts eléctricos.Foi unha experiencia fenomenal que esperamos repetir para o próximo ano.

-22-


Termas de Ourense O venres 21 de maio fixemos unha excursión a Ourense para relalizar unha andaina visitando as diferentes termas que se encontran na ribeira do Miño. Comezamos a andaina na Ponte Romana e rematamos nas termas públicas de Outariz, disfrutando das súas augas todo o alumnado e profesorado. Estes foron os espacios termais cos que nos atopamos: CHAVASQUEIRA Situada na marxe dereita do río Miño no Campo da feira cunha temperatura de 63º, estas augas están recomendadas para enfermidades da pel... Dividida en dous sectores: unhas pequenas piscinas termais abertas e outras pechadas cunha entrada por un Zen xaponés de madeira. TINTEIRO Fonte de augas termais. Este manantial atrae a

agüistas de toda España e de Portugal. Recomendado para enfermidades de la pel e cicatrices. BURGA DO MUÍÑO Gran piscina termal ao aire libre, sita xunto ao Muíño da Veiga nunha gran área recreativa, na zona de Quintela de Canedo. A dous quilómetros do Tinteiro polo paseo asfaltado da marxe dereita do Río Miño. OUTARIZ O entorno de Outariz é agora o maior espazo público da capital. Ademais

Fernando Carrete

-23-

das antigas catro pozas reincorporáronse outras sete denominadas as Burgas de Canedo. Desde aquí pódese volver en tren ou regresar polo Paseo das Ninfas, na outra marxe, cruzando a pasarela. Nestas pozas foi nas que nos bañamos nós.Como podedes observar nas imaxes, pasámolo xenial!!! Para o próximo curso temos que volver...

Que rico!!


Vo

ca

bu

lar

y

My amazing animal

-24-

En gl is h co

rn

er


Andaina a Moldes

No mes de maio fixemos outra andaina ata o pobo de Moldes. Fomos camiñando os máis de tres quilómetros que separan o colexio da área recreativa de Moldes. Unha vez alí, participamos en moitas actividades deportivas das que organizaron os nosos profes: bolos, baloncesto... sen esquecernos do fantástico

partido de fútbol que desputamos entre mestres e alumnos, todos mesturados. Os máis cativos, e non tan cativos, disfrutaron dos culumpios e da área de exercios ximnásticos. Despois de xantar descansamos unpouco e realizamos o camiño de volta ao centro cunha compañía inesperada: A chuvia!!

,

-25-

Sofía Bogdan, EI


Recuncho do poeta

Adrián

Na seman a do Día d a poesía r do centro. ealizamos Alba Algúns do un taller s poemas de poesía creados po con todos o dédelos ler s alumnos a continu ación:

Saray

Álvaro

Tedy

Alberto

-26-

Érika


No

Páxina web do cole Recordámosvos que a web do colexio está a funcionar como un lugar de información para toda a comunidade educativa. Animámosvos a que a visitedes con frecuencia, xa que nela podedes atopar todas as novas relacionadas co colexio e a educación dos vosos fillos e fillas.

vas

http://centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos

A b i bl i ot e ca Este ano o noso proxecto de bilioteca foi seleccionado para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Grazas aos recursos económicos recibidos foinos posible realizar importantes melloras no espazo da biblioteca e na súa dotación de fondos de lectura. Visto o éxito de funcionamento da biblioteca solicitamos participar na convocatoria do curso que vén. Blog da biblioteca: http://biblioxuvencos.wordpress.com

Obras A Consellería de Educación ten aprobadas unha serie de actuacións, encamiñadas a mellorar as instalacións do noso centro, que se realizarán antes do comezo do pró-

ximo curso. Podemos destacar as seguintes: Remodelación dos servizos do alumnado do patio exterior; reparación dos baños do interior; pin-

tura e reparación do comedor escolar; reposición da alarma do colexio; acondicionamento do chan da biblioteca e zona de lectura informal.

Agradecement o s Queremos agradecer a toda a comunidade educativa, especialmente pais, nais e titores, a súa boa disposición cara o centro ao longo do curso. Tamén agradecemos ao Concello de Boborás a colaboración prestada naquelas actividades nas que se lle solicitou axuda: Pago de transporte nas excursións realizadas e dotación do escenario para a realización dos festivais de teatro. -27-

Novo escenario do colexio


CEIP N OSA SEテ前RA DE XUVEN COS Ev arist o Rian de S/N 3 25 14 -B o bo rテ。s Te f . / F ax 98 84 02 02 2 Correo: c eip .nosa senh ora.xuvenc os@ edu.xunta .es W E B: h t tp :// cent r os. edu . xu nt a. es/ cei pnos ase nhor a dexu venc os/ B l o g: ht tp :// bib l io x uv e n co s .w o r d p r e ss .c o m /

Profile for Lagoas3

A Voz de Xuve  

Xornal escolar do CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás

A Voz de Xuve  

Xornal escolar do CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás

Profile for xuvencos
Advertisement