MODELO DE ACTIVIDADE CON ISSUU Título: TRAVEL MAGAZINE Nivel: A2, B1, B2 Recursos necesarios: Computador con conexión a internet, EDI, conta en Google Drive, Facebook e outra conta en Issuu. Os obxectivos desta actividade son, por un lado, crear unha revista online en Issuu relacionada coas viaxes que os alumnos levan a cabo a distintos países europeos dentro do programa Comenius ao longo de dous cursos, e por outro, traballar de forma colaborativa cos demais centros implicados no proxecto. Contidos: ∙ Criterios de búsqueda, selección e tratamento da información. ∙ O texto informativo: estrutura, características e conectores asociados. ∙ Contidos socioculturais relacionados con cada país. ∙ Vocabulario específico: comidas, lugares xeográficos, palabras de difícil traducción, etc. Procedemento: En primeiro lugar, o profesor poñerase en contacto cos coordinadores dos distintos países para propoñerlles a idea de crear conxuntamente unha revista que narre as experiencias vividas nas viaxes realizadas dentro do proxecto Comenius. Unha vez alcanzado un acordo sobre o reparto das tarefas correspondentes a cada centro, o seguinte paso será informar aos alumnos, en liñas xerais, dentro do grupo que hai creado para tal fin en Facebook. A idea é que cada país se ocupe de editar un número da revista que corresponda a unha viaxe en concreto. Chegado o noso turno, o profesor reunirase cos alumnos para proceder ao reparto de tarefas por grupos. Un grupo encargarase de informar sobre as incidencias da viaxe, outro sobre o aloxamento coas familias, un terceiro sobre as excursións programadas, outro sobre o centro educativo receptor… e así, sucesivamente. Os alumnos estarán en contacto permanente cos seus "partners" antes e despois da viaxe para aclararlles calquera dúbida. Ao rematar o prazo sinalado, cada grupo subirá a Google Drive a súa nova acompañada de fotos e calquera outro material complementario que considere oportuno: ligazóns, vídeos, mapas, etc. Finalmente, o profesor correxirá os traballos e subiraos a Issuu para darles o formato adecuado e poder compartilos cos demais centros.