Skip to main content

A AVENTURA DE PABLO

Page 1

A AVENTURA DE PABLO Ana Piñeiro Suárez Beatriz Rivas López 2ª Ciclo de Primaria

1º premio do I Concurso Literario "Esther Dourado"


A AVENTURA DE PABLO Érase unha vez un neno chamado Pablo. Estaba nun colexio chamado Cadreche. Un día, no recreo, estaba xogando na súa cabana, que estaba feita de follas. De súpeto, tocou o timbre e veu unha cousa negra ao saír da cabana. El quixo saber que era, pero non podía porque non quería chegar tarde á clase. Ao seguinte día, no recreo, foi á cabana a averiguar o que era. Apartou unhas follas e descubriu… UN CLUB DE CABALOS LENDO! Un deles levaba unhas gafas de letura, outro estaba lendo un libro do profe Carlos, etc. Os cabalos eran graciosísimos!

Pablo quedou abraiado, e preguntoulles:


—Vós quen sodes? —Somos cabalos, —respondéronlle—. —Iso xa o sei!, —díxolles Pablo—. Pero de onde saíchedes? —Saímos dun país máxico. —Iso é mentira! —dixo Pablo—. —Que é mentira? Pois observa. Un cabalo fixo maxia cun paxaro que estaba nunha árbore: moveuno dunha árbore a outra. Pablo quedou coa boca aberta. Enton, os cabalos preguntáronlle a Pablo se quería ir con eles ao seu mundo, e este dixo que si. De súpeto, abriuse un portal e cruzaron ao outro lado. Alí apareceron moitísimos cabalos lendo todo tipo de libros. Pablo non daba crédito. Pero, ao pouco tempo, apareceu un xinete cun cabalo negro, e os cabalos e máis o neno fuxiron. Volveron a Cadreche correndo a través do portal máxico, porque o xinete era un cazador de cabalos moi malo que odiaba a letura e quería destruir todos os libros do mundo máxico.


Crían que estaban a salvo en Cadreche, pero o xinete apareceu tamén por alí. Intentou coller aos cabalos, pero deuse conta de que non tiña poderes maxicos, polo que se disfrazou de alumno para atrapalos. O xinete raptou aos cabalos e devolveunos ao mundo ao que pertencían. Pablo, que os botaba moito de menos, ía visitalos sempre que podía, levando consigo algún libro escondido para que os seus amigos puidesen seguir disfrutando co seu pasatempo favorito.

FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A AVENTURA DE PABLO by Xosé manuel Rivas Pérez - Issuu