5 minute read

Redondela

Advertisement

Formoso denuncia a “política desleal” da Xunta con Redondela

O secretario xeral do PSdeGPSOE, Valentín González Formoso denunciou a “deslealdade institu‐cional” da Xunta ao bloquear a mellora da avenida Mendiño, unha vía de comunicación fundamental para o concello de Redondela, en contra do acordo comprometido en 2019.

Acompañado pola alcaldesa de Redondela e secretaria xeral do PSOE redondelán, concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal Socialista e militantes percorreu un treito da Avenida Mendiño onde puido comprobar o seu “deplorable estado” sinalando que “os veciños e veciñas de Redondela merecen un respecto” e o cumpri‐mento dos acordos “sen mirar as cores políticas” do Concello.

A alcaldesa da localidade, Digna Rivas, agradeceu a visita de González Formoso a Redon‐dela para coñecer, sobre o terreo, “un dos máis flagrantes incumpri‐mentos da Xunta coas veciñas e veciñas de Redondela” en refe‐rencia ás obras da Avenida Men‐diño, anunciadas de “inicio inminente” polo PP nas vésperas das eleccións municipais e total‐mente esquecidas unha vez que perderon o Goberno redondelán.

Redondela recibe da Consellería de Sanidade a distinción de ouro do programa «Praias sen fume»

O Monte Real Club de Iates de Baiona foi o escenario escollido pola Consellería de Sanidade para facer entrega dos diplomas acre‐ditativos do programa sanitario «Praias sen fume» que fomenta os areais libres de tabaco. O Concello de Redondela, repre‐sentado polo concelleiro de Me‐dio Ambiente, Alberto Álvarez, recolleu o diploma con distinción de ouro, galardón que salienta que todos os areais do municipio están declarados como praias libres de fume.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu que por parte da Consellería se recoñeza un logro “que non é feito da casualidade, senón dunha plani‐ficación minuciosa por parte do Goberno local para que, os nosos areais, sexan saudables no máis amplo sentido do termo”.

Rivas lembrou que, amais dos beneficios que ten para a saúde e para a comodidade das familias que durante o verán gozan dos areais redondeláns, “declarar as praias sen fume é unha extraor‐dinaria contribución ao medio ambiente”. As veces, sinala a alcaldesa de Redondela, esque‐cémonos dun dato tan básico como alarmante que é o feito de que unha soa cabicha dun cigarro tarda ata 12 anos en desintegrarse e contamina ata 10 litros de auga mariña”. Se ese número o aplicamos aos centos de cabichas que eran deixadas nas praias, “estamos a falar dun elemento altamente contaminante que, afortunada‐mente, podemos solucionar con pequenos xestos”.

O Cemiterio dos Eidos candidato no concurso nacional

A Xunta elimina un punto de ver tedura de augas residuais ao río Maceiras

A Xunta vén de eliminar un punto de vertedura de augas residuais ao río Maceiras, no concello de Redondela.

O persoal inspector do Plan de Control de Verteduras, depen‐dente de Augas de Galicia, ob‐servou indicios de achegas conta‐minantes a través dun punto de evacuación ao río Maceiras da rede de augas pluviais.

Os técnicos realizaron unha campaña de seguimento ata detec‐tar a orixe da vertedura, que tiña lugar na existencia dunha filtra‐ción no colector da rúa Salgueiral.

Augas de Galicia comunicoulle esta situación ao Concello de Redondela e solicitoulle a adopción de medidas para acadar unha solución. Así, o ente municipal executou unha obra de reparación no colector de saneamento que presentaba a filtración.

Nunha inspección recente, os técnicos autonómicos constata‐ron o cese de contaminación microbiolóxica no efluente evacuado ao dominio público pola rede de pluviais.

O cemiterio de Eidos figura entre un dos sete camposantos candidatos do concurso Cemite‐rios de España convocado pola revista Adios Cultural, un certa‐me que, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas, busca poñer en valor “a importancia histórica, cultural, social, artística e patrimonial que teñen os cemiterios, elementos que concorren todos eles no cemiterio dos Eidos”.

Agora, os sete cemiterios finalistas poderán ser votados a través dunha consulta na rede as persoas que desexen participar tan só deberán darse de alta cun correo electrónico e un DNI. Na páxina existe un amplo dossier dos cemiterios finalistas, entre eles o redondelán dos Eidos.

Compre lembrar que o Go‐berno presidido por Digna Rivas rehabilitou por completo un espazo totalmente degradado, obxecto do máis absoluto dos abandonos por parte dos anterio‐res gobernos, devolvéndolle o seu esplendor e poñendo en valor a importancia que, dende o punto de vista histórico e patrimonial, ten este cemiterio, considerado como Cemiterio Histórico pola Deputación de Pontevedra e que aspira a entrar na lista de Ceme‐terios Singulares de Europa.

Para facilitar o proceso de votación, as persoas interesadas poderán dirixirse á Oficina de Turismo, nos baixos da Casa do Concello de Redondela, onde se lles informará sobre como facer a votación de xeito doado dende o seu teléfono ou dispo‐sitivo móbil.

Actividades de inverno dirixidas ás persoas maiores

A Concellería de Servizos Sociais e Persoas Maiores que xestiona a concelleira Iria Vilaboa, vén de anunciar a posta en marcha de dous programas, de carácter totalmente gratuíto, que buscan proporcionar ás persoas maiores das ferramentas precisas para coidar a súa saúde física e mental.

«Redondela Benestar» e «AxilMente» son, en palabras da alcaldesa Digna Rivas “un paso máis deste goberno para ofrecer aos nosos e nosas maiores, todas cantas activi‐dades poidan contribuír á mellora da súa calidade de vida”. Tanto a mente coma o corpo “precisan de coidados, exercicios e rutinas que contribúan ao seu mantemento e iso é o que se pretende con todos os programas que se poñen en marcha dende a Concellería de Servizos Sociais”, engade a alcaldesa de Redondela.

Finalmente, o Concello de Redondela, co cofinanciamento da Xunta de Galicia, colaborará na posta en marcha de outras dúas actividades, unha dirixida ás persoas maiores –Mantén activa a túa mente– e outro ás mulleres –Formación TIC Mulleres do Rural–para que poidan adquirir compe‐tencias dixitais tanto básicas como avanzadas e competencias dixitais para o emprego.

This article is from: